Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2015-12-11_Ordinaria. Acta de sesión 2015/12/11_Ordinaria
Acta de sesión 2015/12/11_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.836/1.2015-12-11_Ordinaria
Título Acta de sesión 2015/12/11_Ordinaria
Data(s) 2015 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 62 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e cinco minutos do día once de decembro do ano dous mil quince, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto Dna. Sonia Mateos Escudero, Secretaria Acctal., e está presente o Sr. Interventor Acctal., D.Julio Souto Diz. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23970.- ADDENDA DE PRÓRROGA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O ARCEBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O CONCELLO DE MEIS PARA LEVAR A CABO AS OBRAS DE RESTAURACIÓN DA IGREXA DE SANTA MARÍA DO MOSTEIRO A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria do día 8 de maio de 2015, aprobou o “Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, o Arcebispado de Santiago de Compostela e o Concello de Meis para levar a cabo as obras de restauración da Igrexa de Santa María do Mosteiro.” (exp. 2015013980), que se asinou polas partes o día 13 de maio de 2015. O importe das actuacións previstas neste Convenio ascende á contía de 250.000,00 €, IVE incluído, financiada pola Deputación, con cargo a aplicación orzamentaria 15/330.3360.658.02 do vixente Orzamento provincial. De conformidade coa súa cláusula sétima, o devandito Convenio entrou en vigor na data da súa sinatura e ten vixencia ata o 31 de decembro de 2015, pudendo prorrogarse, coa conformidade expresa das partes intervenientes, no caso de que non se rematasen as obras previstas nel. Para o desenvolvemento do obxecto deste Convenio, esta Deputación encargouse do proxecto de “Restauración da Igrexa de Santa María do Mosteiro (Meis)”, que foi redactado polo arquitecto D. Mauro Lomba Martínez, e aprobado mediante Resolución Presidencial de data 9 de xullo de 2015 (Rexistro saída núm. 2015018712, de data 10/07/2015). Resultando que, de conformidade co informe do xefe do Servizo de Contratación de 10 de novembro de 2015, que conta co visto e prace do xefe do Servizo de Cultura, aínda non se concedeu a licenza municipal para a realización destas obras, solicitada pola Deputación Provincial mediante escrito de data 6 de xullo de 2015 (Rexistro saída 2015018163, de data 06/07/2015), polo que é necesario a aprobación dunha Addenda de prórroga deste Convenio ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2016, que permita realizar as actuacións previstas. Resultando que, con data de 9 de novembro de 2015 (Rexistro de entrada núm.2015115838, de 12/11/2015), o Concello de Meis solicita a prórroga deste Convenio ata o 31 de decembro de 2016. Resultando que, con data de 11 de novembro de 2015 (Rexistro saída núm. 2015026341, de 13/11/2015), se solicita ó órgano competente do Concello de Meis e do Arcebispado de Santiago de Compostela que manifesten a súa conformidade expresa coa devandita prórroga. Resultando que, con data de 24 de novembro de 2015 (Rexistro entrada núm. 2015119714, de 25/11/2015), o Concello de Meis presta a súa conformidade expresa á prórroga do convenio de colaboración ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2016. Resultando que, con data 27 de novembro de 2015, o Arcebispado de Santiago de Compostela mostra a súa conformidade expresa á prórroga do convenio de colaboración ata o 31 de decembro de 2016. Resultando que, con data de 13 de novembro de 2015, o Sr. Secretario Xeral emite informe favorable da Addenda de prórroga deste Convenio. Resultando que, con data de 19 de novembro de 2015, se emite informe favorable do Servizo de Intervención en relación a esta Addenda de prórroga, no que se sinala que na cláusula terceira da Addenda debería reflectirse a aplicación orzamentaria na que se imputará o gasto, que será, no seu caso, a 16/330.3360.658.02.2015. Considerando que, de conformidade coas Bases de Execución do Orzamento provincial, concretamente coa base 16.2.c), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a Addenda de prórroga ó Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, o Arcebispado de Santiago de Compostela e o Concello de Meis para levar a cabo as obras de restauración da Igrexa de Santa María do Mosteiro. 2. Facultar á Sra. Presidenta da Deputación para a formalización da devandita Addenda de Prórroga mediante a súa sinatura. O texto da referida Addenda é o seguinte: “ADENDA DE PRÓRROGA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O ARCEBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O CONCELLO DE MEIS PARA LEVAR A CABO AS OBRAS DE RESTAURACIÓN DA IGREXA DE SANTA MARÍA DO MOSTEIRO No Pazo Provincial, a ….. de …. de 2015. REUNIDOS A Sra. Dª María del Carmen Silva Rego, na súa condición de Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Rvdo. Sr. D. Dictino Maceira Fernández, Ecónomo Diocesano do Arcebispado de Santiago de Compostela, con domicilio para os efectos de notificación na praza da Inmaculada, 1, na cidade de Santiago de Compostela, actuando en nome e representación do Excmo. Sr. Arcebispo D. Julián Barrio Barrio, por delegación expresa de data 28 de abril de 2015. O Sr. D. José Luis Pérez Estévez, na súa condición de Alcalde-Presidente do Concello de Meis, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. As partes recoñécense coa capacidade para formalizar a presente addenda ó convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que con data de 13 de maio de 2015 asinouse o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, o Arcebispado de Santiago de Compostela e o Concello de Meis para levar a cabo as obras de restauración da Igrexa de Santa María do Mosteiro. II.- Que na cláusula sétima do devandito Convenio, as partes asinantes acordaron que entraría en vigor na data da súa sinatura e tería vixencia ata o 31 de decembro de 2015, pudendo prorrogarse, coa conformidade expresa das partes intervenientes, no caso de que non se rematasen as obras previstas nel. III.- Que as obrigacións asumidas entre as partes asinantes do devandito Convenio, enténdense vixentes desde a data da súa sinatura ata a data da súa extinción. IV.- Que é previsible que as obras contempladas no referido Convenio non se atopen rematadas ó tempo previsto para o seu vencemento, por estar pendentes da correspondente licenza municipal. V.- Que coa finalidade de dar continuidade á prestación obxecto do devandito Convenio, as partes asinantes desta Addenda de Prórroga estiman necesario continuar coa devandita colaboración ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2016, de conformidade coas seguintes CLÁUSULAS Primeira.- As partes asinantes acordan a prórroga ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2016, do Convenio de Colaboración subscrito con data de 13 de maio de 2015 entre a Deputación Provincial de Pontevedra, o Arcebispado de Santiago de Compostela e o Concello de Meis. Polo tanto, os efectos da presente Addenda a este Convenio de Colaboración, estenderanse, como máximo, ata o 31 de decembro de 2016. Segunda.- As obrigas asumidas entre as partes asinantes entenderanse vixentes ata a extinción do Acordo de Prórroga polo transcurso dos prazos. Terceira.- As achegas das partes asinantes na anualidade 2016 faranse con cargo ás aplicacións correspondentes dos seus respectivos orzamentos para ese ano, sendo para a Deputación a 16/330.3360.658.02.2015. E en proba de conformidade, e para que conste ós efectos oportunos, as partes asinan todas as follas por duplicado do presente Acordo de Prórroga, no lugar e data indicados no seu encabezamento. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, O Ecónomo Diocesano do Arcebispado de Santiago de Compostela, O Alcalde do Concello de Meis, Sra. Dª María del Carmen Silva Rego Rvdo. Sr. D. Dictino Maceira Fernández Sr. D. José Luis Pérez Estévez” 2.23971.- ADDENDA DE PRÓRROGA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE RIBADUMIA PARA LEVAR A CABO A REALIZACIÓN DO PROXECTO “EDIFICIO DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE RIBADUMIA” A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria do día 24 de outubro de 2014, aprobou o “Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Ribadumia para levar a cabo a realización do proxecto Edificio de servizos complementarios no pavillón polideportivo de Ribadumia” (exp. 2014017134), que se asinou por ambas as dúas partes o día 18 de novembro de 2014. O importe das actuacións previstas neste Convenio ascende á contía de 179.500,00 €, IVE incluído, que a Deputación de Pontevedra financia integramente, con cargo á aplicación orzamentaria 14/922.342.652.00. De conformidade coa súa cláusula sétima, o devandito Convenio entrou en vigor na data da súa sinatura e ten vixencia ata o 31 de decembro de 2015, pudendo prorrogarse, coa conformidade expresa das partes intervenientes, no caso de que non se rematasen as obras previstas nel. Para o desenvolvemento do obxecto desta Convenio, a Deputación de Pontevedra, mediante Resolución Presidencial de 23 de decembro de 2014 (Rexistro saída núm. 2014037605, de 30712/2014), aprobou o expediente de contratación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra “Edificio de servizos complementarios no pavillón polideportivo de Ribadumia” (exp. 2014019428). O devandito contrato adxudicouse, mediante Resolución Presidencial de 10 de marzo de 2015 (Rexistro saída núm. 2015007029, de 17/03/2015), á empresa Construccións, Obras Públicas e Viais, S.A. (CIF: A36008886), cun prazo de execución de dous meses e medio. A acta de comprobación do replanteo asinouse o 27 de xullo de 2015, se ben a Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 9 de outubro de 2015 (Rexistro saída núm. 2015024399, do 15/10/2015), concedeu unha prórroga dun mes e medio, establecendo como data para a finalización da obra o día 27 de novembro de 2015. Resultando que, de conformidade co informe do xefe do Servizo de Contratación de 19 de novembro de 2015, con data de 13 de novembro de 2015 asinouse un acta de paralización das obras (Rexistro entrada núm. 2015116553, de 16/11/2015), motivada pola licitación por parte do Concello de Ribadumia dun proxecto de obras no mesmo edificio, que require modificar a súa estrutura e cuberta, polo que é necesario a aprobación dunha Addenda de prórroga deste Convenio ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2016, que permita realizar as actuacións previstas. Resultando que, con data de 24 de novembro de 2015 (Rexistro entrada núm. 2015119263, de 24/11/2015), o Concello de Ribadumia solicita a concesión dunha prórroga do convenio de colaboración. Resultando que, con data 1 de decembro de 2015, o Sr. Secretario Xeral emite informe favorable da Addenda de prórroga deste Convenio. Resultando que, con data de 3 de decembro de 2015, se emite informe de fiscalización desta Addenda de prórroga, no que o Servizo de Intervención sinala que na cláusula terceira da Addenda debería reflectirse a aplicación orzamentaria na que se imputará o gasto, que será, no seu caso, a 16/922.3420.652.00.2015. Considerando que, de conformidade coas Bases de Execución do Orzamento Provincial, concretamente coa base 16.2.c), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a Addenda de Prórroga ó Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Ribadumia para levar a cabo a realización do proxecto Edificio de servizos complementarios no pavillón polideportivo de Ribadumia. 2. Facultar á Sra. Presidenta da Deputación para a formalización da devandita Addenda de Prórroga mediante a súa sinatura. O texto da referida Addenda é o seguinte: “ADDENDA DE PRÓRROGA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE RIBADUMIA PARA LEVAR A CABO A REALIZACIÓN DO PROXECTO “EDIFICIO DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOSNO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE RIBADUMIA” No Pazo Provincial, a ….. de …. de 2015. REUNIDOS A Sra. Dª María del Carmen Silva Rego, na súa condición de Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Sr. D. David Castro Mougán, na súa condición de Alcalde-Presidente do Concello de Ribadumia, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Ambas partes recoñécense coa capacidade para formalizar a presente addenda ó convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que con data de 18 de novembro de 2014 asinouse o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ribadumia para a realización do proxecto “Edificio de servizos complementarios no pavillón polideportivo de Ribadumia”. II.- Que na cláusula sétima do devandito Convenio, as partes asinantes acordaron que entraría en vigor na data da súa sinatura e tería vixencia ata o 31 de decembro de 2015, pudendo prorrogarse, coa conformidade expresa das partes intervenientes, no caso de que non se rematasen as obras previstas nel. III.- Que as obrigacións asumidas entre as partes asinantes do devandito Convenio, enténdense vixentes desde a data da súa sinatura ata a data da súa extinción. IV.- Que é previsible que as obras contempladas no referido Convenio non se atopen rematadas ó tempo previsto para o seu vencemento. V.- Que coa finalidade de dar continuidade á prestación obxecto do devandito Convenio, as partes asinantes desta Addenda de Prórroga estiman necesario continuar coa devandita colaboración ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2016, de conformidade coas seguintes CLÁUSULAS Primeira.- As partes asinantes acordan a prórroga ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2016, do Convenio de Colaboración subscrito con data de 18 de novembro de 2014 entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ribadumia. Polo tanto, os efectos da presente Addenda a este Convenio de Colaboración, estenderanse, como máximo, ata o 31 de decembro de 2016. Segunda.- As obrigas asumidas entre as partes asinantes entenderanse vixentes ata a extinción do Acordo de Prórroga polo transcurso dos prazos. Terceira.- As achega da Deputación na anualidade 2016 farase con cargo á aplicación correspondente do seu respectivo orzamento para ese ano. E en proba de conformidade, e para que conste ós efectos oportunos, as partes asinan todas as follas por duplicado do presente Acordo de Prórroga, no lugar e data indicados no seu encabezamento. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Alcalde-Presidente do Concello de Ribadumia, María del Carmen Silva Rego. David Castro Mougán.” 3.23972.- ADDENDA DE PRÓRROGA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DA ESTRADA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORA DE TRAZADO E SEGURIDADE VIAL NA E.P. 7017 CALLOBRE– PONTE LEDESMA (A ESTRADA). TRAMO RIOBÓ – OCA P.K. 7+107 Ó P.K. 8+400.” A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria do día 13 de febreiro de 2015, aprobou o “Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello da Estrada para a execución da obra Mellora de trazado e seguridade vial na E.P. 7017 Callobre-Ponte Ledesma (A Estrada). Tramo Riobó-Oca P.K. 7+107 ó P.K. 8+400” (exp.2015003451), que se asinou por ambas as dúas partes o día 23 de febreiro de 2015. O importe das actuacións previstas neste Convenio ascende á contía de 749.919,61 €, IVE incluído. Desta cantidade, corresponde ó Concello da Estrada a achega de 250.000,00 €, e á Deputación de Pontevedra a achega de 499.919,61 €, con cargo á aplicación orzamentaria 15/456.4530.612.02 do vixente Orzamento provincial. De conformidade coa súa cláusula oitava, o devandito Convenio entrou en vigor na data da súa sinatura e ten vixencia ata o 31 de decembro de 2015, pudendo prorrogarse, coa conformidade expresa das partes intervenientes, no caso de que non se rematasen as obras previstas nel. Para o desenvolvemento do obxecto desta Convenio, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria do día 27 de marzo de 2015, aprobou o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra “Mellora de trazado e seguridade vial na E.P. 7017 Callobre-Ponte Ledesma. Tramo Riobó-Oca P.K. 7+107 ó P.K. 8+400. A Estrada” (exp. 2015005726), no que se establece un prazo máximo para a execución da obra de oito meses, contado desde o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo. O devandito contrato adxudicouse pola Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 3 de xullo de 2015, á empresa Narom, S.L. (CIF: B36163418), cun prazo de execución de catro meses e medio. Resultando que, de conformidade co informe do xefe do Servizo de Contratación de 10 de novembro de 2015, que conta co visto e prace do director do Servizo de Infraestruturas, adxudicado o contrato, as obras non se puideron iniciar pola falta de dispoñibilidade da totalidade dos terreos, como se fixo constar nun acta de comprobación do replanteo negativa, asinada o 21 de setembro de 2015, polo que é necesario a aprobación dunha Addenda de prórroga deste Convenio ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2016, que permita realizar as actuacións previstas. Resultando que, con data de 11 de novembro de 2015 (Rexistro saída núm. 2015026343, de 13/11/2015), se solicita ó órgano competente do Concello de A Estrada que manifeste a súa conformidade expresa coa devandita prórroga. Resultando que, con data de 24 de novembro de 2015 (Rexistro entrada núm. 2015121271, de 01/12/2015), o Concello da Estrada mostra a súa conformidade expresa coa prórroga do convenio de colaboración ata a liquidación do contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2016. Resultando que, con data de 13 de novembro de 2015, o Sr. Secretario Xeral emite informe favorable da Addenda de prórroga deste Convenio. Resultando que, con data de 19 de novembro de 2015, se emite informe favorable do Servizo de Intervención en relación a esta Addenda de prórroga, no que se sinala que na cláusula terceira da Addenda debería reflectirse a aplicación orzamentaria na que se imputará o gasto, que será, no seu caso, a 16/456.4530.612.02.2015. Considerando que, de conformidade coas Bases de Execución do Orzamento provincial, concretamente coa base 16.2.c), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a Addenda de Prórroga ó Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello da Estrada para a execución da obra “Mellora de trazado e seguridade vial na E.P. 7017 Callobre-Ponte Ledesma (A Estrada). Tramo Riobó-Oca P.K. 7+107 ó P.K. 8+400.” 2. Facultar á Sra. Presidenta da Deputación para a formalización da devandita Addenda de Prórroga mediante a súa sinatura. O texto da referida Addenda é o seguinte: “ADENDA DE PRÓRROGA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DA ESTRADA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORA DE TRAZADO E SEGURIDADE VIAL NA E.P. 7017 CALLOBRE – PONTE LEDESMA (A ESTRADA). TRAMO RIOBÓ – OCA P.K. 7+107 Ó P.K. 8+400. No Pazo Provincial, a ….. de …. de 2015 REUNIDOS A Sra. Dª María del Carmen Silva Rego, na súa condición de Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Sr. D. José Carlos López Campos, Alcalde-Presidente do Concello da Estrada, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense coa capacidade para formalizar a presente addenda ó convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que con data de 23 de febreiro de 2015 asinouse o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello da Estrada para a execución da obra Mellora de trazado e seguridade vial na E.P. 7017 Callobre-Ponte Ledesma (A Estrada). Tramo Riobó-Oca P.K. 7+107 ó P.K. 8+400. II.- Que na cláusula oitava do devandito convenio, as partes asinantes acordaron que entraría en vigor na data da súa sinatura e tería vixencia ata o 31 de decembro de 2015, pudendo prorrogarse, coa conformidade expresa das partes intervenientes, no caso de que non se rematasen as obras obxecto del. III.- Que as obrigacións asumidas entre as partes asinantes do devandito Convenio, enténdense vixentes desde a data da súa sinatura ata a data da súa extinción. IV.- Que é previsible que as obras contempladas no referido Convenio non se atopen rematadas ó tempo previsto para o seu vencemento, polos problemas xurdidos coa dispoñibilidade dos terreos. V.- Que coa finalidade de dar continuidade á prestación obxecto do devandito Convenio, as partes asinantes desta Addenda de Prórroga estiman necesario continuar coa devandita colaboración ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2016, de conformidade coas seguintes CLÁUSULAS Primeira.- As partes asinantes acordan a prórroga ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2016, do Convenio de Colaboración subscrito con data de 23 de febreiro de 2015 entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello da Estrada. Polo tanto, os efectos da presente Addenda a este Convenio de Colaboración, estenderanse, como máximo, ata o 31 de decembro de 2016. Segunda.- As obrigas asumidas entre as partes asinantes entenderanse vixentes ata a extinción do Acordo de Prórroga polo transcurso dos prazos. Terceira.- As achegas das partes asinantes na anualidade 2016 faranse con cargo ás aplicacións correspondentes dos seus respectivos orzamentos para ese ano, sendo para a Deputación a 16/456.4530.612.02.2015. E en proba de conformidade, e para que conste ós efectos oportunos, as partes asinan todas as follas por duplicado do presente Acordo de Prórroga, no lugar e data indicados no seu encabezamento. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, O Alcalde-Presidente do Concello da Estrada, Sra. Dª María del Carmen Silva Rego Sr. D. José Carlos López Campos” 4.23973.- IMPOSICIÓN DE PENALIDADES POR INCUMPRIMENTO CONTRACTUAL Á EMPRESA UTE BARTOMEU LÓPEZ SLU – ACADEMIA POSTAL UNO SL, NA EXECUCIÓN DO CONTRATO PARA IMPARTICIÓN DO CURSO DE FORMACIÓN INCLUÍDO NO PROXECTO AQUELANDO3, COFINANCIADO NUN 80% POLO FSE, (3ª quenda), LOTE 3: “SSCS0208 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS”(PONTEVEDRA (2), CAMBADOS, VALGA, PONTEAREAS E CUNTIS) Con data 28 de marzo de 2014 a Xunta de Goberno aprobou o expediente para a contratación mediante procedemento aberto da impartición da formación do proxecto Aquelando 3 (3ª quenda) cofinanciado nun 80% polo FSE, dividido en seis lotes de acordo co seguinte detalle: Nº Lote Curso Lugares de impartición nº de edicións Lote 1 SSCM0108 Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais Pontevedra e O Grove 2 SSCI0109 Emprego doméstico Pontevedra e Ponteareas 2 HOTR0108 Operacións básicas de cociña O Porriño 1 Lote 2 SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio Pontevedra, Moaña, Ponteareas, O Porriño, Valga e Cuntis 6 Lote 3 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais Pontevedra (2), Cambados, Valga, Ponteareas e Cuntis 6 Lote 4 SSCG0111 Xestión de chamadas de teleasistencia Pontevedra 1 Lote 5 SSCB0209 Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil Pontevedra 1 AFDA0211 Animación físico deportiva e recreativa Pontevedra 1 Lote 6 SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Pontevedra e O Grove 2 SSCB0109 Dinamización comunitaria Valga 1 SSCG0109 Inserción laboral de persoas con discapacidade Pontevedra 1 Con data 9 de xullo de 2014, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria adoptou o acordo de adxudicación, mediante procedemento aberto, da impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto aQuelando3, (Terceira quenda), cofinanciado nun 80% polo FSE, resultando adxudicataria do Lote nº 3 correspondente, ó curso, “SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” a empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623), de acordo co seguinte detalle: Nº Lote Empresa adxudicataria Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe de licitación Lote 3 UTE Bartomeu López, S.L.U. (CIF:B.15.218.712) – Academia Postal Uno, S.L. (CIF: B-32.201.477) SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais Pontevedra (2), Cambados, Valga, Ponteareas e Cuntis 6 116.268,75€ TOTAL 116.268,75€ Nº Lote Acción formativa Duración do contrato en semanas Lote 3 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Pontevedra) 75 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Pontevedra) 75 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Cambados) 40 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Valga) 20 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Ponteareas) 40 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Cuntis) 20 Total Media Aritmética= (Suma de semanas ofertadas para cada curso /6) 45 Vistos os seguintes antecedentes: 1º.-Incumprimento da empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623), respecto o curso de formación “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Pontevedra. Resultando que con data 7 de xullo de 2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe relativo o citado incumprimento contractual no que se pon de manifesto o seguinte: “Con data 16 de febreiro de 2015 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como se indica nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 16 de abril de 2015. Con data 25 de marzo de 2015 a empresa remite un escrito solicitando unha prórroga no prazo de execución co fin de acadar a inserción laboral comprometida. Con data 15 de maio de 2015 a Xunta de Goberno desta Deputación acorda conceder a prórroga solicitada pola empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) estipulando a data límite no 16 de xuño de 2015. Con data 16 de xuño de 2015 a citada UTE achega a memoria xustificativa do remate da acción formativa incluíndo entre outra documentación a inserción acadada. Tal e como se indica no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexe a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (3ª quenda). “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …” Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3., “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 9 persoas”. A empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623), ofertou no sobre B de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 75 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3….” Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a 9 demandantes de emprego cunha duración de 75 semanas cada demandante), considérase o seguinte: Detéctase que a empresa indica que inserta a dúas persoas das cales non se poder verificar o tempo de contratación, xa que solo achega un contrato e este non ten data de remate. Así mesmo achega dúas renuncias a sendas ofertas onde o lugar de traballo dista 120 km do domicilio das persoas ofertantes e cunha xornada laboral de catro horas de duración , unha delas en horario partido, polo que por parte do equipo técnico do proxecto Aquelando 3 se consideran ofertas inviables. Das persoas restantes que participaron no curso, indícase na memoria que cinco delas renuncian a ofertas sen ter xustificante da causa da renuncia e polo tanto, non se poden valorar a idoneidade das ofertas e das outras cinco persoas non se achega ningunha documentación que verifique o intento de inserción. Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 100,00% do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) acada unha valoración da porcentaxe de inserción de 11,25 puntos, o que supón o 75% da valoración total do criterio de inserción. (15 puntos). - Se a empresa incorre nun 100% de grado de incumprimento de inserción e trasladamos esta porcentaxe ó peso global do contrato (12,33 %), cantidade que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción en relación coa puntuación global obtida pola empresa (91,25 puntos) resulta un grado de incumprimento global do contrato de 12,33 %.” Mediante os datos de incumprimento indicados anteriormente obtense a valoración da contía da penalidade a aplicar polo incumprimento respecto o contrato para a impartición do curso SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Pontevedra incluído no proxecto Aquelando 3 (3ª quenda).- Lote 3 , que sería a seguinte: Prezo curso 19.378,12 € x 12,33 % = 2.389,32 € Dito importe, supera o 10 % máximo penalizable polo que a cantidade a penalizar sería a que resultara de aplicar ese 10% o prezo do contrato: Prezo curso 19.378,12 € x 10,00 % = 1.937,81 € Resultando.- Que en base o citado informe do Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe , concedeuse a empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por convenientes. Resultando.- Que con data 11 de setembro de 2015 tivo entrada no rexistro xeral desta Deputación de Pontevedra escrito de alegacións da empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) respecto o citado incumprimento contractual. Resultando.- Que con data 24 de setembro de 2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe en relación as alegacións efectuadas pola empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) respecto o incumprimento contractual na impartición do citado curso no que se pon de manifesto o seguinte: ANTECEDENTES Con data 31 de agosto de 2015, foille notificada á UTE BARTUMEU LOPEZ, SLU – ACADEMIA POSTAL UNO, SL o incumprimento respecto ó contrato para a impartición do curso de formación “SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Pontevedra, incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (3ª quenda), lote 3. Con data 11 de setembro de 2015 a empresa Norformación, SL emite documento de alegacións contra a notificación de dito incumprimento contractual. FEITOS Primeiro.- A empresa UTE BARTUMEU LOPEZ, SLU – ACADEMIA POSTAL UNO, SL alega que se teña en conta os contratos achegados na documentación que aporta, as ofertas de traballo rexeitadas mediante xustificantes das mesmas, os rexeitamentos verbais dos que non se aporta documento asinado polo alumnado e as xestións non acreditadas documentalmente a data de peche do curso, para a inserción do alumnado. Apórtase a prórroga do contrato da alumna Beatriz Núñez Novo, que non cubre as 75 semanas de inserción comprometidas pola citada UTE na súa oferta aportada no sobre C do expediente de contratación para a impartición da formación do proxecto aQuelando3. Unha vez verificada coa alumna a súa situación detéctase que o seu contrato podería cubrir nun futuro, como máximo, 52 semanas, que distan cinco meses das 75 ofertadas, polo tanto non se pode dar como alumna inserida nas condicións ofertadas pola citada UTE. En canto a alumna María Aroa Outeiral Carro a empresa aporta un mail solicitando que se lle achegue o mesmo para xustificar a súa contratación, sen conseguilo, pero a mesma UTE afirma que a data 02/09/2015 xa non está a traballar. De esta situación pódese deducir que aínda que a alumna aportara o seu contrato, o tempo do mesmo non superaría as 75 semanas comprometidas na oferta aportada no sobre C deste expediente de contratación. Considerando os rexeitamentos asinados aportados nesta documentación de alegacións pola citada UTE, a xuízo do equipo técnico do proxecto aquelando3, tal e como se indica no apartado B2 dos pregos técnicos que rexen esta contratación, non se poden considerar as non insercións como causa imputable ó alumnado dada a condición da oferta xa esgrimida no informe de penalidades recibido pola empresa en data 31 de agosto de 2015. En canto as ofertas de traballo rexeitadas polo alumnado, non aportadas polo mesmo, o equipo técnico do proxecto aQuelando3 considera que ditas ofertas deberían de ser plasmadas neste documento de alegacións coas súas características para valorar as condicións das mesmas. De tódolos xeitos e aínda que non son funcións deste equipo indagar as condicións das mesmas e o porqué do seu rexeitamento, en aras de esclarecer e emitir un informe o mais acorde a realidade posible, verifícanse as mesmas co alumnado e se detraen as conseguintes conclusións: - Victoria Eugenia Oya Oya, non recibiu ningunha oferta relacionada coa súa cualificación profesional e tal e como se indican no apartado B2 dos pregos que rexen este expediente de contratación, solo serán computables os contratos relacionados coas competencias profesionais acadas polo alumnado, engadindo ademais que alumna non recibiu oferta concreta, polo tanto non se considera imputable á alumna a non inserción. - Clara Liviano Rodríguez e Beatriz García Sánchez non recibiron ningunha oferta do centro de día Saraiva, se non, que foi dunha persoa particular para coidar a un dependente sen que mediara contrato por medio, nin alta na ss..etc. Na actualidade están as dúas a traballar en Geriatros Ribadumia e Vigo, (traballo conseguido sen que mediara a UTE), e teñen un contrato de tres meses renovable a nove, momento que causarán cese na empresa sen renovación. Polo tanto non supera as 75 semanas comprometidas pola citada UTE. - Mª del Carmen Alonso Rodríguez e Paula Durán Sánchez recibiron as mesmas ofertas coas características, xa comentadas no informe de penalidades recibido pola UTE con data 31 de agosto de 2015 e consideradas polo equipo técnico aQuelando3 non viables polas súas características. En canto as alegacións presentadas pola UTE das xestións realizadas, non acreditadas documentalmente a data de peche do informe do curso, para a inserción do alumnado, considerar ó respecto que se valora positivamente o esforzo realizado pola UTE para acadar a inserción do resto do alumnado, pero que esta, desgraciadamente, foi sen éxito e polo tanto o feito de intermediar laboralmente resulta unha labor intrínseca ó compromiso acadado por contrato coa Deputación de Pontevedra, pero non medible en resultados positivos. O feito de que o alumnado acudira a entrevistas de traballo sen conseguir a inserción non é unha causa imputable ó mesmo. CONCLUSIÓN A xuízo do que subscribe, valóranse positivamente as actuacións levadas a cabo pola UTE BARTUMEU LOPEZ, SLU – ACADEMIA POSTAL UNO, SL para a consecución, tanto do obxectivo da capacitación do alumnado, como para a consecución do obxectivo da inserción comprometida, se ben este último non se materializou, sendo un dos piares fundamentais para o proxecto aQuelando3 a consecución da inserción das persoas usuarias deste proxecto. En resumen, considero non executado o contrato correctamente no que respecta á inserción ofertada e mantense os mesmos incumprimentos, xa esgrimidos no informe recibido pola UTE BARTUMEU LOPEZ, SLU – ACADEMIA POSTAL UNO, SL Resultando que mediante Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015022842 se acorda o seguinte: Aprobar o recoñecemento da obriga e ordenar o pago da factura nº 8 de data 02/09/2015 presentada pola empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) por importe de 4.844,53 € en concepto de honorarios correspondentes o 25 % pola impartición práctica da acción formativa “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Pontevedra)” incluído no proxecto Aquelando3 cofinanciado nun 80% polo FSE correspondente ó terceiro quenda lote 3 e declarar de abono o importe de 2.906,72 € unha vez deducida a cantidade de 1.937,81 € a que ascendería o importe da sanción proposta en concepto de penalidade por incumprimento contractual. 2º.- Incumprimento da empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) respecto o curso de formación “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Ponteareas. Con data 8 de xullo de 2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe en relación o citado incumprimento no que pon de manifesto o seguinte: Con data 5 de febreiro de 2015 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como se indica nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 5 de abril de 2015. Con data 25 de marzo de 2015 a empresa remite un escrito solicitando unha prórroga no prazo de execución co fin de acadar a inserción laboral comprometida. Con data 15 de maio de 2015 a Xunta de Goberno desta Deputación acorda conceder a prórroga solicitada pola empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623), estipulando a data límite no 5 de xuño de 2015. Con data 5 de xuño de 2015 a citada UTE achega a memoria xustificativa do remate da acción formativa, incluíndo entre outra documentación a inserción acadada. Tal e como se indica no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexe a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (3ª quenda), “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …” Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3., “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 9 persoas” A empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623), ofertou no sobre B de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 40 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3….” Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a 9 demandantes de emprego cunha duración de 40 semanas cada demandante), considérase o seguinte: A empresa presenta na memoria xustificativa catro contratos nos que en tres deles non se cumpre o tempo de inserción de 40 semanas e noutro non figura a data de remate polo tanto non se pode avaliar a súa duración. Unha usuaria está inserida no servizo de xardinería do concello de Crecente pero a súa inserción non ten relación coas unidades de competencia da acción formativa. Preséntanse cinco renuncias a ofertas realizadas pola empresa das que catro son ofertas a media xornada na localidade de Quiroga e Vilamartín de Valdeorras, moi distante do domicilio do alumnado e polo tanto inviables para os mesmos. A quinta oferta considérase que é viable para o alumnado. Das catro persoas restantes que participaron na formación non se aporta ningunha xustificación que verifique o intento de inserción. Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 100,00 % do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623), acada unha valoración da porcentaxe de inserción de 11,25 puntos, o que supón o 75% da valoración total do criterio de inserción. (15 puntos). - Se a empresa incorre nun 100% de grado de incumprimento de inserción e trasladamos esta porcentaxe ó peso global do contrato (12,33 %) , cantidade que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción en relación coa puntuación global obtida pola empresa (91,25 puntos) resulta un grado de incumprimento global do contrato de 12,33 %.” Mediante os datos de incumprimento indicados anteriormente obtense a valoración da contía da penalidade a aplicar polo incumprimento respecto o contrato para a impartición do curso SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Ponteareas incluído no proxecto Aquelando 3 (3ª quenda ).- Lote 3, que sería a seguinte: Prezo curso 19.378, € x 12,33 % = 2.389,32 € Dito importe, supera o 10 % máximo penalizable polo que a cantidade a penalizar sería a que resultara de aplicar ese 10% o prezo: Prezo curso 19.378,12 € x 10,00 % = 1.937,81 € Resultando.- Que en base os citados informe do Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse a empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por convintes. Resultando.- Que con data 11 de setembro de 2015 tivo entrada no rexistro xeral desta Deputación de Pontevedra escrito de alegacións da empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) respecto o citado incumprimento contractual. Resultando.- Que con data 24 de setembro de 2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe en relación as alegacións efectuadas pola empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) respecto o incumprimento contractual na impartición do citado curso no que se pon de manifesto o seguinte: ANTECEDENTES Con data 31 de agosto de 2015, foille notificada á UTE BARTUMEU LOPEZ, SLU – ACADEMIA POSTAL UNO, SL o incumprimento respecto ó contrato para a impartición do curso de formación “SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Ponteareas, incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (3ª quenda), lote 3. Con data 11 de setembro de 2015 a UTE BARTUMEU LOPEZ, SLU – ACADEMIA POSTAL UNO, SL emite documento de alegacións contra a notificación de dito incumprimento contractual. FEITOS Primeiro.- A empresa UTE BARTUMEU LOPEZ, SLU– ACADEMIA POSTAL UNO, SL alega que se teña en conta os contratos achegados na documentación que aporta, as ofertas de traballo rexeitadas mediante xustificantes das mesmas, os rexeitamentos verbais dos que non se aporta documento asinado polo alumnado e as xestións non acreditadas documentalmente a data de peche do curso, para a inserción do alumnado. Apórtase a prórroga do contrato do alumno Nicola Dragonetti, que cubre as 40 semanas de inserción comprometidas pola citada UTE na súa oferta aportada no sobre C do expediente de contratación para a impartición da formación do proxecto aQuelando3. Unha vez verificada co alumno esta situación consideramos que a UTE cumpre coa inserción comprometida para este alumno. Apórtase renuncia da alumna María Carmen Fernández Vaqueiro que por problemas de saúde non pode aceptar unha prórroga do contrato que suporía a súa inserción por un período superior a 40 semanas. Considérase que a non inserción é unha causa imputable á alumna. Isto non exime á UTE a cumprir o compromiso de contratación do resto do alumnado susceptible da mesma. Apórtase prórroga do contrato da alumna Isabel Gómez Pérez. Unha vez verificada a situación laboral da alumna a data 30 de setembro volven a realizar unha segunda prórroga que supón que supere as 40 semanas de inserción comprometida pola UTE. Polo tanto considérase que a empresa cumpriu o compromiso de contratación acadado por contrato. Apórtase prórroga do contrato da alumna Carmen Lorenzo Cayetano. Unha vez verificada a situación laboral da alumna, confírmase que sumado o tempo do contrato inicial xunto coa prórroga, o tempo de contratación supera as 40 semanas de inserción comprometidas pola UTE e se considera cumprido o compromiso de inserción. En canto a alumna Ilda Moure da Silva considérase que o incumprimento de contratación non é imputable á UTE, xa que a alumna acadou un contrato polos seus medios noutro sector. Isto non exime a UTE a cumprir o compromiso de contratación do resto do alumnado susceptible de contratación. No apartado que alega a UTE, en canto as ofertas de traballo rexeitadas polo alumnado, das que se achegan escritos de renuncia asinados por estes, considérase a xuízo do equipo técnico do proxecto aquelando3, tal e como se indica no apartado B2 dos pregos técnicos que rexen esta contratación, que non se poden considerar as non insercións como causa imputable ó alumnado dada a condición da oferta xa esgrimida no informe de penalidades recibido pola empresa en data 31 de agosto de 2015, salvo o da alumna Manuela Campos por cuestións de saúde, que non exime a UTE de cumprir o compromiso de contratación do resto do alumnado susceptible de contratación. En canto as alegacións presentadas pola UTE das xestións realizadas, non acreditadas documentalmente a data de peche do informe do curso, para a inserción do alumnado, considerar ó respecto que se valora positivamente o esforzo realizado pola UTE para acadar a inserción do resto do alumnado, pero que esta, desgraciadamente, foi sen éxito e polo tanto o feito de intermediar laboralmente resulta unha labor intrínseca ó compromiso acadado por contrato coa Deputación de Pontevedra, pero non medible en resultados positivos. O feito de que o alumnado acudira a entrevistas de traballo sen conseguir a inserción non é unha causa imputable ó mesmo. CONCLUSIÓN 1º. Efectúase unha contratación de 3 persoas, de acordo co compromiso de contratación ofertado pola UTE. 2º Tres persoas non poden ser inseridas por causas alleas a citada UTE. 3ª O resto do alumnado susceptible de ser inserido, pese a intermediación realizada pola UTE, non se formalizou ningún contrato con éxito. A xuízo do que subscribe, valóranse positivamente as actuacións levadas a cabo pola UTE BARTUMEU LOPEZ, SLU – ACADEMIA POSTAL UNO, SL para a consecución, tanto do obxectivo da capacitación do alumnado, como para a consecución do obxectivo da inserción comprometida, se ben este último solo se materializou parcialmente, sendo un dos piares fundamentais para o proxecto aQuelando3 a consecución da inserción das persoas usuarias deste proxecto. En resumen, considero executado parcialmente o contrato no que respecta á inserción ofertada e modifícase o importe económico da penalidade comunicada con data 31 de agosto de 2015, tal e como se indica a continuación: Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 66,67% do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa UTE Bartomeu, SLU-Academia Postal Uno, SL, acada una valoración do prezo de 34,54 e unha valoración da porcentaxe de inserción ofertado de 11,25 o que supón un 75% da valoración total do criterio de inserción. (15). - Se a empresa incorre nun 66,67% de grado de incumprimento de inserción e trasladamos este porcentaxe ó peso global do contrato que supón a puntuación acadada pola oferta de semanas de inserción (12,33%), cifra que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción (11,25) en relación coa puntuación global obtida de 91.25, resulta un grado de incumprimento global do contrato de 8,22%. Mediante os datos obtidos anteriormente obtense a valoración da contía da penalización a aplicar: Prezo do contrato 19.378,12€ x 8,22% = 1.592,88 € Resultando que mediante Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015022838 se acorda o seguinte: Aprobar o recoñecemento da obriga e ordenar o pago da factura nº 7 de data 02/09/2015 presentada pola empresa UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) por importe de 4.844,53 € en concepto de honorarios correspondentes o 25 % pola impartición práctica da acción formativa “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” (Pontevedra)” incluído no proxecto Aquelando3 cofinanciado nun 80% polo FSE correspondente á terceira quenda lote 3 e declarar de abono o importe de 2.906,72 € unha vez deducida a cantidade de 1.937,81 € a que ascendería o importe da sanción proposta en concepto de penalidade por incumprimento contractual. Resultando que finalmente a penalidade a aplicar é de 1.592,88 €, procedería o abono a UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) por importe de 344,93 €. 3º.- “Incumprimento da empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) respecto o curso de formación “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Valga. Con data 14 de agosto de 2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe en relación o citado incumprimento no que pon de manifesto o seguinte: Con data 8 de maio de 2015 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como se indica nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 30 de maio de 2015. Con data 25 de marzo de 2015 a empresa UTE Bartomeu López SLU-Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623),, solicita unha prórroga ata o 31 de agosto de 2015, na execución do contrato para acadar o obxectivo de inserción comprometida. Con data 15 de maio de 2015 a Xunta de Goberno acorda a concesión dunha prórroga no prazo de execución do citado contrato ata o día 31 de xullo de 2015. Con data 30 de xullo de 2015 a citada UTE achega a memoria xustificativa do citado curso onde se inclúen os resultados acadados na inserción do alumnado. Tal e como se indica no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexen a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (3ª quenda), “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …” Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3, “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 9 persoas” A empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623), ofertou no sobre B de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 20 semanas de contrato por persoa. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3….” Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a 9 demandantes de emprego cunha duración de 20 semanas cada demandante), considérase o seguinte: Na memoria de avaliación final da inserción laboral a empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623), consegue a inserción efectiva de cinco das nove persoas comprometidas , pero solo unha supera as 20 semanas comprometidas por contrato. No informe de inserción aportado pola empresa figuran cinco persoas que xa acadaron a inserción laboral pola súa conta ou que renuncian motivadamente as ofertas da empresa, polo tanto non se teñen en conta a efectos de incumprimento xa que se considera, tal e como se indica nos pregos que a súa non inserción é imputable ó alumno e non a empresa. Do resto das quince persoas que remataron o curso, (cinco) non se especifica na memoria que tiveran algunha contratación ou rexeitaran algunha oferta. Despois de analizar estes feitos o equipo técnico do proxecto Aquelando 3 considera que solo efectuou a inserción dunha das nove persoas comprometidas axustándose os criterios estipulados por contrato entre a citada UTE e a Deputación de Pontevedra. Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 88,89% do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623), acada unha valoración da porcentaxe de inserción de 11,25 puntos, o que supón o 75% da valoración total do criterio de inserción. (15 puntos). - Se a empresa incorre nun 88,89 % do grado de incumprimento de inserción e trasladamos esta porcentaxe ó peso global do contrato (12,33 %) , cantidade que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción en relación coa puntuación global obtida pola empresa (91,25 puntos) resulta un grado de incumprimento global do contrato de 10,96 %.” Mediante os datos de incumprimento indicados anteriormente obtense a valoración da contía da penalidade a aplicar polo incumprimento respecto a impartición do curso SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Valga incluído no proxecto Aquelando 3 (3ª quenda).- Lote 3, que sería a seguinte: Prezo do curso: 19.378,12 € x 10,96% = 2.123,84 € Como esta cantidade supera o 10 % máximo penalizable a cantidade a penalizar sería a que resultara de aplicar o 10 % o prezo do curso.: 19.378,13x10% = 1.937,82 €. Resultando.- Que en base o citado informe do Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse a empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por convintes. Resultando.- Que con data 11 de setembro de 2015 tivo entrada no rexistro xeral desta Deputación de Pontevedra escrito de alegacións da empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) respecto o citado incumprimento contractual. Resultando.- Que con data 30 de setembro de 2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe en relación as alegacións efectuadas pola empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) respecto o incumprimento contractual na impartición do citado curso no que se pon de manifesto o seguinte: ANTECEDENTES Con data 31 de agosto de 2015, foille notificada á UTE BARTUMEU LOPEZ, S.L.U. – ACADEMIA POSTAL UNO, S.L. o incumprimento respecto ó contrato para a impartición do curso de formación “SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Valga, incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (3ª quenda), lote 3. Con data 11 de setembro de 2015 a UTE BARTUMEU LOPEZ, S.L.U. – ACADEMIA POSTAL UNO, S.L. emite documento de alegacións contra a notificación de dito incumprimento contractual. FEITOS Primeiro.- A empresa UTE BARTUMEU LOPEZ, S.L.U. – ACADEMIA POSTAL UNO, S.L. alega que se teña en conta os contratos achegados na documentación que aporta, as ofertas de traballo rexeitadas mediante xustificantes das mesmas, os rexeitamentos verbais dos que non se aporta documento asinado polo alumnado e as xestións non acreditadas documentalmente a data de peche do curso, para a inserción do alumnado. A UTE aporta vida laboral da alumna Sonia Clemente Cabo, na que figura que traballou en Clece, S.A. en días soltos. Unha vez verificada a situación laboral actual da alumna, a 30 de setembro de 2015, remata contrato que tiña dende o 1 de agosto de 2015 e comeza un certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio. Considérase que o traballo realizado non cumpre no tempo as 20 semanas de inserción comprometida pola UTE e que a alumna no segue traballando para poder facer o citado curso, polo tanto o equipo técnico do proxecto aQuelando3 considera que a non continuidade no traballo é causa imputable á alumna. Isto non exime á UTE a cumprir o compromiso de contratación do resto do alumnado susceptible da mesma. A UTE, en relación a Juan Carlos Gil Canabal, alega que o alumno foi contratado pola Fundación San Rosendo durante mais de 20 semanas e que polo tanto cumpre co compromiso de contratación ofertado pola UTE para este curso. Verificada esta situación, o alumno foi inserido tal e como indica a UTE, e polo tanto considérase que houbo cumprimento da inserción. En relación á alumna Cristina Núñez Sayáns, a UTE aporta comunicación da prórroga do contrato de tres meses que iniciou con data 12 de maio de 2015, estendéndose ata o 11 de febreiro de 2016, polo tanto alega que a súa duración é superior ás 20 semanas mínimas comprometidas de inserción. Unha vez verificada esta situación, enténdese que a UTE cumpre co compromiso de inserción de 20 semanas de duración comprometida para esta alumna. A citada UTE aporta copia do contrato da alumna Margarita Caldelas González que foi contratada por unha duración dun ano nunha empresa do sector de servizos sociais. Verificada esta situación, enténdese que a UTE cumpre co compromiso de inserción de 20 semanas de duración comprometida para esta alumna. Con respecto á alumna Mª Carmen Balado Agrafojo, a UTE alega que a alumna foi contratada durante un mes pola empresa Terapias Agadea con posibilidades de prórroga. Unha vez verificada, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3 a situación laboral de dita alumna, confírmase que está a traballar na citada empresa ata o 13 de outubro, pero non pode indicar canto será o tempo da prórroga, polo tanto considérase que sen ese dato, na actualidade non se pode confirmar que a empresa cumprira o compromiso comprometido de inserir a esta alumna durante 20 semanas. En canto as alegacións presentadas pola UTE das xestións realizadas, non acreditadas documentalmente a data de peche do informe do curso, para a inserción do alumnado, considerar ó respecto que se valora positivamente o esforzo realizado pola UTE para acadar a inserción do resto do alumnado, pero que esta, desgraciadamente, foi sen éxito e polo tanto o feito de intermediar laboralmente resulta unha labor intrínseca ó compromiso acadado por contrato coa Deputación de Pontevedra, pero non medible en resultados positivos. O feito de que o alumnado acudira a entrevistas de traballo sen conseguir a inserción non é unha causa imputable ó mesmo. CONCLUSIÓN 1º Efectúase unha contratación de catro persoas, de acordo co compromiso de contratación ofertado pola UTE (tres persoas xustificadas tralo escrito de alegacións emitido pola UTE e unha persoa xustificada no informe emitido pola UTE ó remate da acción formativa). 2º Unha persoa non poden ser inserida por causas alleas a citada UTE. 3º Dúas persoas son inseridas pero non superan as 20 semanas comprometidas pola UTE. 4º O resto do alumnado susceptible de ser inserido, pese a intermediación realizada pola UTE, non se formalizou ningún contrato con éxito. A xuízo do que subscribe, valóranse positivamente as actuacións levadas a cabo pola UTE BARTUMEU LOPEZ, SLU – ACADEMIA POSTAL UNO, SL para a consecución, tanto do obxectivo da capacitación do alumnado, como para a consecución do obxectivo da inserción comprometida, se ben este último solo se materializou parcialmente, sendo un dos piares fundamentais para o proxecto aQuelando3 a consecución da inserción das persoas usuarias deste proxecto. En resumen, considero executado parcialmente o contrato no que respecta á inserción ofertada e modifícase o importe económico da penalidade comunicada con data 31 de agosto de 2015, tal e como se indica a continuación: Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 55,57 % do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa UTE Bartomeu, SLU.-Academia Postal Uno, SL, acada una valoración do prezo de 34,54 e unha valoración da porcentaxe de inserción ofertado de 11,25 o que supón un 75% da valoración total do criterio de inserción. (15) - Se a empresa incorre nun 66,67% de grado de incumprimento de inserción e trasladamos esta porcentaxe ó peso global do contrato que supón a puntuación acadada pola oferta de semanas de inserción (12,33%), cifra que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción (11,25) en relación coa puntuación global obtida de 91.25, resulta un grado de incumprimento global do contrato de 6,85 %. Mediante os datos obtidos anteriormente obtense a valoración da contía da penalización a aplicar: Prezo do contrato 19.378,12€ x 6,85% = 1.327,40 € Resultando que mediante Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015022841 se acorda o seguinte: Aprobar o recoñecemento da obriga e ordenar o pago da factura nº 12 de data 08/09/2015 presentada pola empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) por importe de 4.844,53 € en concepto de honorarios correspondentes o 25 % pola impartición práctica da acción formativa “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” (Valga)” incluído no proxecto Aquelando3 cofinanciado nun 80% polo FSE correspondente á terceira quenda lote 3 e declarar de abono o importe de 2.906,72 € unha vez deducida a cantidade de 1.937,81 € a que ascendería o importe da sanción proposta en concepto de penalidade por incumprimento contractual. Resultando que finalmente a penalidade a aplicar é de 1.327,40 €, procedería o abono a UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) por importe de 610,42 €. 4º.- Incumprimento da empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) respecto o curso de formación “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Cambados. Con data 17 de agosto de 2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe en relación o citado incumprimento no que pon de manifesto o seguinte: Con data 30 de abril de 2015 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como se indica nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 30 de xuño de 2015. Con data 25 de marzo de 2015 a empresa UTE Bartomeu López SLU-Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623),, solicita unha prórroga ata o 31 de agosto de 2015, na execución do contrato para acadar o obxectivo de inserción comprometida. Con data 15 de maio de 2015 a Xunta de Goberno acorda a concesión dunha prórroga no prazo de execución do citado contrato ata o día 31 de xullo de 2015. Con data 30 de xullo de 2015 a citada UTE achega a memoria xustificativa do citado curso onde se inclúen os resultados acadados na inserción do alumnado. Tal e como se indica no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexen a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (3ª quenda), “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos…” Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3., “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 9 persoas” A empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL , ofertou no sobre B de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 40 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3….” Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a 9 demandantes de emprego cunha duración de 40 semanas cada demandante), considérase o seguinte: Na memoria de avaliación final da inserción laboral a empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623), consegue a inserción efectiva de cinco das nove persoas comprometidas , pero solo unha supera as 40 semanas comprometidas por contrato. Do resto das quince persoas que remataron o curso (dez) non se especifica na memoria que tiveran algunha contratación ou que rexeitaran algunha oferta. Despois de analizar estes feitos o equipo técnico do proxecto Aquelando 3 considera que solo efectuou a inserción dunha das nove persoas comprometidas axustándose os criterios estipulados por contrato entre a citada UTE e a Deputación de Pontevedra . Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 88,89% do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623), acada unha valoración da porcentaxe de inserción de 11,25 puntos, o que supón o 75% da valoración total do criterio de inserción. (15 puntos). - Se a empresa incorre nun 88,89 % de grado de incumprimento de inserción e trasladamos esta porcentaxe ó peso global do contrato (12,33 %) , cantidade que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción en relación coa puntuación global obtida pola empresa (91,25 puntos) resulta un grado de incumprimento global do contrato de 10,96 %.” Mediante os datos de incumprimento indicados anteriormente obtense a valoración da contía da penalidade a aplicar polo incumprimento respecto o contrato para a impartición do curso SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Cambados incluído no proxecto Aquelando 3 (3ª quenda ).- Lote 3, que sería a seguinte: Prezo curso 19.378,12 € x 10,96 % = 2.123,84 € Dito importe, supera o 10 % máximo penalizable polo que a cantidade a penalizar sería a que resultara de aplicar ese 10% o prezo do contrato: Prezo curso 19.378,12 € x 10,00 % = 1.937,81 € Resultando.- Que en base o citado informe do Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse a empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por convenientes. Resultando.- Que con data 11 de setembro de 2015 tivo entrada no rexistro xeral desta Deputación de Pontevedra escrito de alegacións da empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) respecto o citado incumprimento contractual. Resultando.- Que con data 30 de setembro de 2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe en relación as alegacións efectuadas pola empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) respecto o incumprimento contractual na impartición do citado curso no que se pon de manifesto o seguinte: ANTECEDENTES Con data 31 de agosto de 2015, foille notificada á UTE BARTUMEU LOPEZ, S.L.U. – ACADEMIA POSTAL UNO, S.L. o incumprimento respecto ó contrato para a impartición do curso de formación “SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Cambados, incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (3ª quenda), lote 3. Con data 11 de setembro de 2015 a UTE BARTUMEU LOPEZ, S.L.U. – ACADEMIA POSTAL UNO, S.L. emite documento de alegacións contra a notificación de dito incumprimento contractual. FEITOS Primeiro.- A empresa UTE BARTUMEU LOPEZ, S.L.U. – ACADEMIA POSTAL UNO, S.L. alega que se teña en conta os contratos achegados na documentación que aporta, as ofertas de traballo rexeitadas mediante xustificantes das mesmas, os rexeitamentos verbais dos que non se aporta documento asinado polo alumnado e as xestións non acreditadas documentalmente a data de peche do curso, para a inserción do alumnado. A UTE aporta renovación do contrato da alumna Isabel Otero Meis, alegando que coa mesma cumpre o compromiso adquirido de inserila por 43 semanas. Unha vez verificada esta situación polo equipo técnico de aQuelando3, verifícase que a inserción é de 40 semanas, cumprindo así o compromiso de inserción da citada alumna, pola UTE. En canto á alumna Mª del Carmen Rey Miguens, a UTE alega que, a mesma está contratada en dúas empresas e que sumando a duración do contrato entre as dúas, supera as 40 semanas mínimas de inserción. Unha vez verificada a situación laboral da alumna polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, considérase que a mesma supera as 40 semanas mínimas de inserción comprometidas, xa que traballaría dende o 12 de xuño de 2015 ata o 21 de marzo de 2016, polo tanto a empresa cumpre o compromiso de inserción comprometido. A UTE alega no seu informe que a alumna Mª del Carmen Mateo Gutiérrez estivo traballando na empresa Sacendi, S.L. ata o 10 de xullo de 2015 e que a volverían a contratar en outubro. Unha vez verificado este dato polo equipo técnico de aQuelando3, a alumna traballou dende o 4 de xuño ata o 10 de xullo de 2015 en non foi contratada, nin ten previsto contratación en meses posteriores á elaboración deste informe de contestación ás alegacións presentadas pola UTE, polo que se considera que non se cumpriu o compromiso adquirido pola cita UTE cara a inserción da alumna por 40 semanas. En canto as alegacións presentadas pola UTE das xestións realizadas, non acreditadas documentalmente a data de peche do informe do curso, para a inserción do alumnado, considerar ó respecto que se valora positivamente o esforzo realizado pola UTE para acadar a inserción do resto do alumnado, pero que esta, desgraciadamente, foi sen éxito e polo tanto o feito de intermediar laboralmente resulta unha labor intrínseca ó compromiso acadado por contrato coa Deputación de Pontevedra, pero non medible en resultados positivos. O feito de que o alumnado acudira a entrevistas de traballo sen conseguir a inserción non é unha causa imputable ó mesmo. CONCLUSIÓN 1º Tras a avaliación deste informe de alegacións, dúas persoas cumpren co compromiso de inserción de 40 semanas e outra persoa xa a cumprira na primeira memoria xustificativa presentada pola UTE. Polo tanto son tres persoas as que cumpren o compromiso de inserción de acordo co ofertado pola UTE. 2º Unha persoa, aínda que foi inserida non supera as 40 semanas de contrato. 3ª O resto do alumnado susceptible de ser inserido, pese a intermediación realizada pola UTE, non se formalizou ningún contrato con éxito. A xuízo do que subscribe, valóranse positivamente as actuacións levadas a cabo pola UTE BARTUMEU LOPEZ, S.L.U. – ACADEMIA POSTAL UNO, S.L. para a consecución, tanto do obxectivo da capacitación do alumnado, como para a consecución do obxectivo da inserción comprometida, se ben este último solo se materializou parcialmente, sendo un dos piares fundamentais para o proxecto aQuelando3 a consecución da inserción das persoas usuarias deste proxecto. En resumen, considero executado parcialmente o contrato no que respecta á inserción ofertada e modifícase o importe económico da penalidade comunicada con data 31 de agosto de 2015, tal e como se indica a continuación: Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 66,67% do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa UTE Bartomeu, SLU.-Academia Postal Uno, SL, acada una valoración do prezo de 34,54 e unha valoración da porcentaxe de inserción ofertado de 11,25 o que supón un 75% da valoración total do criterio de inserción. (15) - Se a empresa incorre nun 66,67% de grado de incumprimento de inserción e trasladamos este porcentaxe ó peso global do contrato que supón a puntuación acadada pola oferta de semanas de inserción (12,33%), cifra que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción (11,25) en relación coa puntuación global obtida de 91.25, resulta un grado de incumprimento global do contrato de 8,22%. Mediante os datos obtidos anteriormente obtense a valoración da contía da penalización a aplicar: Prezo do contrato 19.378,12€ x 8,22% = 1.592,88 € Resultando que mediante Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015022843 se acorda o seguinte: Aprobar o recoñecemento da obriga e ordenar o pago da factura nº 10 de data 02/09/2015 presentada pola empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) por importe de 4.844,53 € en concepto de honorarios correspondentes o 25 % pola impartición práctica da acción formativa “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” (Pontevedra)” incluído no proxecto Aquelando3 cofinanciado nun 80% polo FSE correspondente á terceira quenda lote 3 e declarar de abono o importe de 2.906,72 € unha vez deducida a cantidade de 1.937,81 € a que ascendería o importe da sanción proposta en concepto de penalidade por incumprimento contractual. Resultando que finalmente a penalidade a aplicar é de 1.592,88 €, procedería o abono a UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) por importe de 344,93 €. 5º.- Incumprimento da empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) respecto o curso de formación “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Cuntis. Con data 17 de agosto de 2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe emite informe en relación o no que pon de manifesto o seguinte: Con data 30 de marzo de 2015 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como se indica nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 30 de maio de 2015. Con data 25 de marzo de 2015 a empresa UTE Bartomeu López SLU-Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623),, solicita unha prórroga ata o 31 de agosto de 2015, na execución do contrato para acadar o obxectivo de inserción comprometida. Con data 15 de maio de 2015 a Xunta de Goberno acorda a concesión dunha prórroga no prazo de execución do citado contrato ata o día 30 de xullo de 2015. Con data 30 de xullo de 2015 a citada UTE achega a memoria xustificativa do citado curso onde se inclúen os resultados acadados na inserción do alumnado. Tal e como se indica no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexen a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (3ª quenda), “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …” Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3., “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 9 persoas” A empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623), ofertou no sobre B de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 20 semanas de contrato por persoa. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3….” Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a 9 demandantes de emprego cunha duración de 20 semanas cada demandante), considérase o seguinte: 1º. Na memoria de avaliación final da inserción laboral a empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623), consegue a inserción efectiva de cinco das nove persoas comprometidas , pero solo dúas superan as 20 semanas comprometidas por contrato. Do resto das quince persoas que remataron o curso, de nove non se especifican nin se aportan renuncias ou algunha outra documentación e de unha se indica que presta servizos de forma voluntaria nunha empresa. Despois de analizar estes feitos o equipo técnico do proxecto Aquelando 3 considera que solo efectuou a inserción de dúas das nove persoas comprometidas axustándose os criterios estipulados por contrato entre a citada UTE e a Deputación de Pontevedra. Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 77,78% do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623), acada unha valoración da porcentaxe de inserción de 11,25 puntos, o que supón o 75% da valoración total do criterio de inserción. (15 puntos). - Se a empresa incorre nun 77,78 % do grado de incumprimento de inserción e trasladamos esta porcentaxe ó peso global do contrato (12,33 %) , cantidade que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción en relación coa puntuación global obtida pola empresa (91,25 puntos) resulta un grado de incumprimento global do contrato de 9,59 %.” Mediante os datos de incumprimento indicados anteriormente obtense a valoración da contía da penalidade a aplicar polo incumprimento respecto a impartición do curso SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Cuntis incluído no proxecto Aquelando 3 (3ª quenda).- Lote 3, que sería a seguinte: Prezo do curso: 19.378,12 € x 9,59 % = 1.858,36 € Resultando.- Que en base os citados informe do Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse a empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por convenientes. Resultando.- Que con data 11 de setembro de 2015 tivo entrada no rexistro xeral desta Deputación de Pontevedra escrito de alegacións da empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) respecto o citado incumprimento contractual. Resultando.- Que con data 24 de setembro de 2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe en relación as alegacións efectuadas pola empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) respecto o incumprimento contractual na impartición do citado curso no que se pon de manifesto o seguinte: ANTECEDENTES Con data 31 de agosto de 2015, foille notificada á UTE BARTUMEU LOPEZ, SLU – ACADEMIA POSTAL UNO, SL o incumprimento respecto ó contrato para a impartición do curso de formación “SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Cuntis, incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (3ª quenda), lote 3. Con data 11 de setembro de 2015 a UTE BARTUMEU LOPEZ, S.L.U. – ACADEMIA POSTAL UNO, S.L. emite documento de alegacións contra a notificación de dito incumprimento contractual. FEITOS Primeiro.- A empresa UTE BARTUMEU LOPEZ, S.L.U. – ACADEMIA POSTAL UNO, S.L. alega que se teña en conta os contratos achegados na documentación que aporta, as ofertas de traballo rexeitadas mediante xustificantes das mesmas, os rexeitamentos verbais dos que non se aporta documento asinado polo alumnado e as xestións non acreditadas documentalmente a data de peche do curso, para a inserción do alumnado. A UTE aporta contrato sen data de finalización do mesmo e e-mail solicitando a vida laboral da alumna Lorena Domínguez Costa que traballa na empresa Servizos Sociasi Ulla-Star, S.L., alegando que está a traballar dende o 8 de maio de 2015 ata a actualidade e polo tanto que cumpre o compromiso adquirido de inserila por 20 semanas. Unha vez verificada esta situación polo equipo técnico de aQuelando3, verifícase que a inserción é de mais de 20 semanas, cumprindo así o compromiso de inserción da citada alumna, pola UTE. En canto á alumna Mónica Fernández Barros, a UTE alega que, a mesma está contratada dende o 15 de xuño de 2015 ata 15 de setembro de 2015, achegando o contrato e que descoñece se ampliará o seu contrato por mais tempo. Unha vez verificada a situación laboral da alumna polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, considérase que a mesma non supera as 20 semanas mínimas de inserción comprometidas, xa que non lle foi renovado o seu contrato polo tanto a empresa incumpre o compromiso de inserción comprometido. A UTE alega no seu informe que a alumna Susana Bugallo Fuentes está a traballar dende o 29 de xuño de 2915 ata o 30 de setembro de 2015, data na que se espera que se lle prorrogue, aportando contrato de 13 semanas de duración. Unha vez verificado este dato polo equipo técnico de aQuelando3, á alumna foille renovado o contrato ata xuño de 2016, polo que se considera que a UTE cumpre o compromiso de inserción da alumna por 20 semanas. A UTE achega a renuncia da alumna Mª Dolores Salgado Lamas que rexeita un posto de traballo por non posuír vehículo para desprazarse ó lugar de traballo. Considérase que a non inserción desta alumna é debida a causas non imputables a citada UTE. En canto as alegacións presentadas pola UTE das xestións realizadas, non acreditadas documentalmente a data de peche do informe do curso, para a inserción do alumnado, considerar ó respecto que se valora positivamente o esforzo realizado pola UTE para acadar a inserción do resto do alumnado, pero que esta, desgraciadamente, foi sen éxito e polo tanto o feito de intermediar laboralmente resulta unha labor intrínseca ó compromiso acadado por contrato coa Deputación de Pontevedra, pero non medible en resultados positivos. O feito de que o alumnado acudira a entrevistas de traballo sen conseguir a inserción non é unha causa imputable ó mesmo. CONCLUSIÓN 1º Tras a avaliación deste informe de alegacións, dúas persoas cumpren co compromiso de inserción de 20 semanas e outras dúas persoas xa a cumpriran na primeira memoria xustificativa presentada pola UTE. Polo tanto son catro as persoas as que cumpren o compromiso de inserción de acordo co ofertado pola UTE. 2º Unha persoa, aínda que foi inserida non supera as 40 semanas de contrato. 3ª O resto do alumnado susceptible de ser inserido, pese a intermediación realizada pola UTE, non se formalizou ningún contrato con éxito. A xuízo do que subscribe, valóranse positivamente as actuacións levadas a cabo pola UTE BARTUMEU LOPEZ, S.L.U. – ACADEMIA POSTAL UNO, S.L. para a consecución, tanto do obxectivo da capacitación do alumnado, como para a consecución do obxectivo da inserción comprometida, se ben este último solo se materializou parcialmente, sendo un dos piares fundamentais para o proxecto aQuelando3 a consecución da inserción das persoas usuarias deste proxecto. En resumen, considero executado parcialmente o contrato no que respecta á inserción ofertada e modifícase o importe económico da penalidade comunicada con data 31 de agosto de 2015, tal e como se indica a continuación: Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 55,56 % do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa UTE Bartomeu, S.L.U.-Academia Postal Uno, S.L., acada una valoración do prezo de 34,54 e unha valoración da porcentaxe de inserción ofertado de 11,25 o que supón un 75% da valoración total do criterio de inserción. (15) - Se a empresa incorre nun 55,56% de grado de incumprimento de inserción e trasladamos este porcentaxe ó peso global do contrato que supón a puntuación acadada pola oferta de semanas de inserción (12,33%), cifra que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción (11,25) en relación coa puntuación global obtida de 91.25, resulta un grado de incumprimento global do contrato de 6,85%. Mediante os datos obtidos anteriormente obtense a valoración da contía da penalización a aplicar: Prezo do contrato 19.378,12€ x 6,85% = 1.327,40 € Resultando que mediante Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015023018 se acorda o seguinte: Aprobar o recoñecemento da obriga e ordenar o pago da factura nº 9 de data 02/09/2015 presentada pola empresa UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) por importe de 4.844,53 € en concepto de honorarios correspondentes o 25 % pola impartición práctica da acción formativa “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Cuntis)” incluído no proxecto Aquelando3 cofinanciado nun 80% polo FSE correspondente á terceira quenda lote 3 e declarar de abono o importe de 2.986,17 € unha vez deducida a cantidade de 1.858,36 € a que ascendería o importe da sanción proposta en concepto de penalidade por incumprimento contractual. Resultando que finalmente a penalidade a aplicar é de 1.327,40 €, procedería o abono a UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) por importe de 530,96 €. 6º.- Incumprimento da empresa UTE Bartomeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) respecto o curso de formación “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Pontevedra (2). Con data 11 de setembro de 2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe emite informe en relación o incumprimento no que pon de manifesto o seguinte: “Con data 29 de xuño de 2015 a empresa remata a totalidade da formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais e tal como reza nos pregos de prescricións técnicas desta contratación, no seu apartado I) e O), tiña dous meses a partir da data de remate para achegar ó proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa do curso que incluía a porcentaxe de inserción acadada. Concretamente a data límite de achega da memoria correspondía ó dia 29 de agosto de 2015. Con data 25 de marzo de 2015 a empresa remite un escrito solicitando que se lle conceda unha prórroga no remate do mesmo, co motivo de acadar a inserción laboral comprometida. Con data 15 de maio de 2015, a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial acorda non conceder unha prórroga do prazo de execución do contrato formalizado coa UTE Bartomeu, SLU-Academia Postal Uno, SL, xa que a data solicitada supera o límite establecido polo proxecto aQuelando3, para a xustificación do curso. Con data 28 de agosto de 2015, a citada UTE achega a memoria xustificativa do remate da acción formativa incluíndo, entre outra documentación, a inserción acadada. Tal e como reza no apartado B.2 dos pregos de prescricións técnicas particulares que rexe a contratación por procedemento aberto da formación no proxecto aQuelando3 (3ª quenda), “As ofertas, deberán complementarse de maneira obrigatoria, cun compromiso de contratación do alumnado, por parte da entidade que a presente ou outras coas que chegara a acordo, establecéndose coma inserción mínima obrigatoria, a establecida nas condicións particulares de cada unha das accións formativas, recollidas nos presentes pregos …” . Nas condicións particulares deste curso, concretamente no apartado 3., “a inserción mínima a acadar durante a realización do presente programa formativo é de 9 persoas”. A empresa UTE Bartomeu, SLU-Academia Postal Uno, SL, ofertou no sobre C de licitación, a inserción mínima establecida cunha duración de 75 semanas de contrato. “A valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo/a Adxudicatario/a ó proxecto aQuelando3….” Unha vez avaliadas, polo equipo técnico do proxecto aQuelando3, a memoria xustificativa e o informe final do compromiso de inserción acadado por contrato (obrigatoriedade de inserir a 9 demandantes de emprego cunha duración de 75 semanas cada demandante), considérase o seguinte: 1º. Tres participantes no citado curso insírense en empresas de distinto sector de atención sociosanitaria (hostalería, autopistas e no Sergas). 2º. Outros tres participantes son inseridos no sector sociosanitario pero non superan as 75 semanas de inserción comprometidas pola empresa adxudicataria e unha vez contactadas telefónicamnete indícanos que os contratos que actualmente teñen ou terán non superaran ese tempo. 3º. Unha persoa que está contratada na empresa Saraiva de Marín, contratada temporalmente, procedéuselle a facer un contrato indefinido, polo tanto tense en conta á hora do cumprimento parcial da inserción comprometida pola empresa adxudicataria. 4º. Das oito persoas restantes que participaron na acción formativa, unha delas renuncia a unha oferta de traballo na empresa Galeón, polo tanto non se ten en conta para incumprimento, pero as demais non foron inseridas nin se aportan renuncias. Estes datos supoñen un grado de incumprimento do 88,89 % do compromiso de inserción adquirido. A porcentaxe/grado de incumprimento que este supón, respecto á totalidade do contrato, obtense dos seguintes datos: - O valor dos criterios avaliables do sobre C supón 51 puntos. Este valor divídese en 36 puntos para o prezo e 15 para a inserción. A empresa UTE Bartomeu, S.L.U.-Academia Postal Uno, S.L., acada una valoración do prezo de 34,54 e unha valoración da porcentaxe de inserción ofertado de 11,25 o que supón un 75% da valoración total do criterio de inserción. (15). - Se a empresa incorre nun 88,89% de grado de incumprimento de inserción e trasladamos este porcentaxe ó peso global do contrato que supón a puntuación acadada pola oferta de semanas de inserción (12,33%), cifra que resulta de calcular o peso da puntuación da inserción (11,25) en relación coa puntuación global obtida de 91.25, resulta un grado de incumprimento global do contrato de 10,96 %. Mediante os datos obtidos anteriormente obtense a valoración da contía da penalización a aplicar: Prezo do contrato 19.378,12€ x 10,96% = 2,123,84 € Como esta cantidade supera o 10% máximo penalizable, a cantidade a penalizar sería a que resultara de aplicar ese 10% do prezo do contrato, (19.378,12€ x 10%= 1.937,81€).” Resultando.- Que en base os citados informe do Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe, concedeuse a empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que tivera por convintes. Resultando.- Que con data 20 de outubro de 2015 tivo entrada no rexistro xeral desta Deputación de Pontevedra escrito de alegacións da empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) respecto o citado incumprimento contractual. Resultando.- Que con data 11 de novembro de 2015 o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe emite informe en relación as alegacións efectuadas pola empresa UTE Bartomeu López SLU - Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) respecto o incumprimento contractual na impartición do citado curso no que se pon de manifesto o seguinte: Con data 14 de outubro de 2015, foille notificada á UTE BARTUMEU LOPEZ, SLU – ACADEMIA POSTAL UNO, SL o incumprimento respecto ó contrato para a impartición do curso de formación “SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Pontevedra2, incluído no Proxecto aQuelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, (3ª quenda), lote 3. Con data 26 de outubro de 2015 a UTE BARTUMEU LOPEZ, SLU – ACADEMIA POSTAL UNO, SL emite documento de alegacións contra a notificación de dito incumprimento contractual. FEITOS Primeiro.- A empresa UTE BARTUMEU LOPEZ, S.L.U. – ACADEMIA POSTAL UNO, S.L. alega que se teña en conta os contratos achegados na documentación que aporta, as ofertas de traballo rexeitadas mediante xustificantes das mesmas, os rexeitamentos verbais dos que non se aporta documento asinado polo alumnado e as xestións non acreditadas documentalmente na data de peche do curso, para a inserción do alumnado. A UTE aporta contrato de traballo de Sergio Castro Mouriño, que traballa en Geriatros dende o 1 de xullo de 2015 ata 31 de marzo de 2016. Verificada esta situación laboral do alumno e coa empresa Geriatros, non hai posibilidades de renovación do contrato polo tanto considérase que non se cumpre o compromiso de contratación de 75 semanas ofertado pola UTE. Apórtase contrato de Mª Pilar Mariño Viñas na empresa Residencia Nueva Vida, SA de dous meses de duración. A alumna sería renovada por seis meses mais pero renuncia a esta renovación por problemas de saúde, polo tanto o equipo técnico do proxecto aQuelando3 considera que a non continuidade no traballo é causa imputable á alumna. Isto non exime á UTE a cumprir o compromiso de contratación do resto do alumnado susceptible da mesma. En canto a situación laboral de Roberto Díaz Robles, traballou dende o 1 de xullo de 2015 ata o 15 de setembro de 2015, cubrindo unha baixa na Residencia Geriatros de Aldán. Actualmente atópase en desemprego e non traballou dende aquela, polo tanto, unha vez verificada a situación laboral do alumno, o equipo técnico do proxecto aQuelando3 considera que non se cumpre o compromiso de contratación de 75 semanas ofertado pola UTE. A UTE aporta contrato de Yana Yakovenko que presta servizos na empresa Sacendi, SL e aínda que o contrato ten duración determinada ata o día 19 de outubro de 2015, unha vez verificada a situación laboral da alumna, confírmase que a contratación xa é indefinida e polo tanto, tal e como se indicaba no informe de penalizacións remitido á UTE con data 14 de outubro, a UTE cumpre, no relativo a esta alumna, co compromiso de contratación de 75 semanas ofertado pola empresa. A alumna Sandra Rúa Martínez, segundo contrato aportado pola UTE traballou no Camping Miami de San Vicente de O Grove polo tanto o equipo técnico do proxecto aQuelando3 considera que aínda que foi inserida, non o foi no sector relacionado coas competencias acadadas no curso, polo tanto non se pode considerar inserción efectiva, pero si que a causa da súa non inserción no sector correspondente ó curso é causa imputable á alumna. Isto non exime á UTE a cumprir o compromiso de contratación do resto do alumnado susceptible da mesma. A UTE aporta contrato da alumna María Rosario Chantada Rodríguez, que traballou na empresa Flexiplan, SA ETT para realizar labores na Autopista del Atlántico S.A., tamén aporta mail onde a alumna expón que na actualidade permanece nas listas de contratación da citada empresa e que está a facer un curso online de AFAGA. polo tanto o equipo técnico do proxecto aQuelando3 considera que aínda que foi inserida, non o foi no sector relacionado coas competencias acadadas no curso, polo tanto non se pode considerar inserción efectiva e ademais está a asistir a un curso. Enténdese que a causa da súa non inserción no sector correspondente ó curso é causa imputable á alumna. Isto non exime á UTE a cumprir o compromiso de contratación do resto do alumnado susceptible da mesma. En canto ó alumno Georges Gizow, traballou tres días na empresa Sacendi, S.L., tal e como consta na vida laboral de data 13 de outubro de 2015. Polo tanto non se cumpre co compromiso de inserción de 75 semanas ofertado pola UTE. O recorrido laboral da alumna María Dolores Torres Gago é o seguinte: primeiro rexeitou unha oferta da empresa Galeón por incompatibilidade horaria, despois comezou a traballar na empresa Talleres Ribadulla é á vez aceptou unha oferta da empresa Clece na que estivo un mes e deixou voluntariamente por incompatibilidade horaria coas labores que está a realizar en Talleres Ribadulla, empresa na que sigue traballando. Enténdese que a causa da súa non inserción no sector correspondente ó curso é causa imputable á alumna. Isto non exime á UTE a cumprir o compromiso de contratación do resto do alumnado susceptible da mesma. CONCLUSIÓN 1º Efectúase unha contratación dunha persoa de acordo co compromiso de contratación ofertado pola UTE, (esta contratación xa foi xustificada no informe emitido pola UTE ó remate da acción formativa). 2º Catro persoas non pode ser inseridas por causas alleas á citada UTE. (outros contratos, cursos..etc) 3º Tres persoas son inseridas pero non superan as 75 semanas comprometidas pola UTE. 4º O resto do alumnado susceptible de ser inserido, pese a intermediación realizada pola UTE, non se formalizou ningún contrato con éxito. A xuízo do que subscribe, valóranse positivamente as actuacións levadas a cabo pola UTE BARTUMEU LOPEZ, SLU – ACADEMIA POSTAL UNO, SL para a consecución, tanto do obxectivo da capacitación do alumnado, como para a consecución do obxectivo da inserción comprometida, se ben este último solo se materializou parcialmente, sendo un dos piares fundamentais para o proxecto aQuelando3 a consecución da inserción das persoas usuarias deste proxecto. En resumen, considero executado parcialmente o contrato no que respecta á inserción ofertada e non se modifica o importe económico da proposta de penalidade comunicada con data 14 de outubro 2015. Resultando que mediante Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015022840 se acorda o seguinte: Aprobar o recoñecemento da obriga e ordenar o pago da factura nº 12 de data 08/09/2015 presentada pola empresa UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) por importe de 4.844,53 € en concepto de honorarios correspondentes o 25 % pola impartición práctica da acción formativa “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” (Pontevedra 2)” incluído no proxecto Aquelando3 cofinanciado nun 80% polo FSE correspondente á terceira quenda lote 3 e declarar de abono o importe de 2.906,72 € unha vez deducida a cantidade de 1.937,81 € a que ascendería o importe da sanción proposta en concepto de penalidade por incumprimento contractual. Considerando.- Que o artigo 212 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), establece que “os pregos ou o documento contractual poderán prever penalidades para o caso de cumprimento defectuoso da prestación obxecto do mesmo …” “Estas penalidades deberán ser proporcionais a gravidade do incumprimento e a súa contía non poderá ser superior ó 10% do presuposto do contrato”. Considerando.- Que o apartado 8 do artigo 212 do TRLCSP establece que “ As penalidades se imporán por acordo do órgano de contratación, aprobado a proposta do responsable do contrato se se tivese designado, que será inmediatamente executivo e se farán efectivas mediante dedución das cantidades que, en concepto de pago total ou parcial, deban pagarse o contratista ou sobre a garantia que, no seu caso, se tivese constituído, cando non poidan deducirse das mencionadas certificacións.” Visto os informes emitidos polo Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe e o informe emitido polo Xefe do Servizo de contratación. Visto así mesmo o informe de fiscalización emitido polo Servizo de Intervención. Considerando.- Que a Disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011 no se apartado 1 faculta ó Ilmo Sr Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento rovincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete a Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.- En relación o incumprimento contractual correspondente a impartición do curso incluído no Proxecto Aquelando 3, 3ª quenda lote 3 “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Pontevedra: - Desestimar a alegación presentada e impoñer a UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) unha penalidade polo incumprimento contractual polo importe de 1.937,81 €. Dito importe xa foi deducido da factura nº 8 emitida pola empresa correspondentes o 25% da impartición práctica da citada acción formativa de conformidade coa Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015022842 antes sinalada. 2º En relación o incumprimento contractual correspondente a impartición do curso incluído no Proxecto Aquelando 3, 3ª quenda lote 3 “SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Ponteareas: - Estimar en parte a alegación presentada pola UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) referente o incumprimento contractual e modificar o importe da penalidade por incumprimento contractual que corresponde impoñer que terá un importe de 1.592,88 €. - Declarar de aboo a UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) a cantidade de 344,93 €, que resulta da diferenza entre a penalidade que lle foi deducida a empresa na factura nº7 por importe de 1.937,81 € (segundo acordo adoptado por Resolución Presidencial 2015022838 antes sinalada) e a que corresponde aplicar por importe de 1.592,88 €. 3º.- En relación o incumprimento contractual correspondente a impartición do curso incluído no Proxecto Aquelando 3, 3ª quenda lote 3 SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Valga: - Estimar en parte a alegación presentada polo UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) referente o incumprimento contractual e modificar o importe da penalidade por incumprimento contractual que corresponde impoñer que terá un importe de 1.327,40 €. - Declarar de aboo a UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) a cantidade de 610,42 €, que resulta da diferenza entre a penalidade que lle foi deducida a empresa na factura nº 12 por importe de 1.937,81 € (segundo acordo adoptado por Resolución Presidencial 2015022841 antes sinalada) e a que corresponde aplicar por importe de 1.327,40 €. 4º En relación o incumprimento contractual correspondente a impartición do curso incluído no Proxecto Aquelando 3, 3ª quenda lote 3 SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Cambados: - Estimar en parte a alegación presentada polo UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) referente o incumprimento contractual e modificar o importe da penalidade por incumprimento contractual que corresponde impoñer que terá un importe de 1.592,88 €. - Declarar de aboo a UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) a cantidade de 344,93 €, que resulta da diferenza entre a penalidade que lle foi deducida a empresa na factura nº 10 por importe de 1.937,81 € (segundo acordo adoptado por Resolución Presidencial 2015022843 antes sinalada) e a que corresponde aplicar por importe de 1.592,88 €. 5º.- En relación o incumprimento contractual correspondente a impartición do curso incluído no Proxecto Aquelando 3, 3ª quenda lote 3 SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en Cuntis: - Estimar en parte a alegación presentada polo UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) referente o incumprimento contractual e modificar o importe da penalidade por incumprimento contractual que corresponde impoñer que terá un importe de 1.327,40 €. - Declarar de aboo a UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF.U.32.453.623) a cantidade de 530,96 €, que resulta da diferenza entre a penalidade que lle foi deducida a empresa na factura nº 9 por importe de 1.858,36 € (segundo acordo adoptado por Resolución Presidencial 2015023018 antes sinalada) e a que corresponde aplicar por importe de 1.327,40 €. 6º.- En relación o incumprimento contractual correspondente a impartición do curso incluído no Proxecto Aquelando 3, 3ª quenda lote 3 SSCS0208 Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”en Pontevedra (2): - Desestimar a alegación presentada e impoñer a UTE Bartumeu López SLU –Academia Postal Uno SL (CIF U-32.453.623) unha penalidade polo incumprimento contractual polo importe de 1.937,81 €. Dito importe xa foi deducido da factura nº 12 emitida pola empresa correspondentes o 25% da impartición práctica da citada acción formativa de conformidade coa Resolución Presidencial con numero de rexistro 2015022840 antes sinalada. 5.23974.- MINORACIÓN DA CANTIDADE COMPROMETIDA PARA O CONTRATO DE MATERIAL DE OFICINA (CON FINALIZACIÓN 31/12/2015) PARA DESTINALO A GASTOS DA VINCULACIÓN XURÍDICA 922.92.22 A Xunta de Goberno aprobou en data 24/07/2014 a prórroga do contrato de subministro de material de oficina da Deputación de Pontevedra coa empresa Office Depot, S.L., para o período comprendido entre o 01/08/2014 ata o 31/12/2015, e autorizou o gasto que leva consigo dita prórroga ata un máximo de 78.493,19 € anuais en base ós prezos unitarios ofertados pola empresa. O importe do gasto foi calculado en base ás previsións de gasto de exercicios anteriores, sendo o gasto real executado durante o período da prórroga inferior ás previsións iniciais, figurando a data de hoxe un importe pendente de execución neste contrato de 43.571,47€. Tendo en contra que o gasto mensual aproximado de material de oficina é de 4.000,00€ - 5.000,00€, quedando só pendentes de pago as facturas correspondentes ó mes de novembro e decembro de 2015, e dado que este servizo precisa de crédito noutras aplicación para facer fronte a outras necesidades do servizo, considérase oportuno liberar parte do crédito dispoñible por un importe total de 30.000,00€. Visto o informe favorable do Servizo de Intervención relativo á minoración da adxudicación sinalada, de acordo coa proposta do Xefe do Servizo de Contratación e Patrimonio, e sempre que sexa aprobada polo órgano de contratación, neste caso a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial. Considerando que a disposición adicional segunda do R.d.l. 3/2011 no seu apartado 1 faculta ó Ilmo Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en contra o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na autorización Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Minorar a cantidade de 30.000,00 € da cantidade comprometida para gastos do contrato de material de oficina que se extingue a 31 de decembro, para que se destine a gastos da vinculación xurídica 922.92.22. 6.23975.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CALDAS DE REIS CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DA OBRA “PROXECTO DE EXECUCIÓN DE POZAS DE 8 E 2 METROS NA FINCA A TAFONA” Ó ABEIRO DO PPOS/15 POLO PROCEDEMENTO DE CONCORRENCIA O Pleno da Deputación, na súa sesión de 30 de decembro de 2014, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS/15), que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 02/01/2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos. Se ben se debe ter en conta a modificación do dito plan aprobado mediante acordo plenario do 27 de febreiro de 2015, publicado no BOPPO núm. 41, do 02/03/2015. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do PPOS/15, elaborouse un reparto do crédito reservado á concorrencia que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPP. En data 09/04/2015, dentro do prazo fixado na segunda convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do PPOS/15, petición do Concello de Caldas de Reis na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto por concorrencia unha subvención por importe de 140.905,23 € con destino o financiamento da actuación “Proxecto de execución de pozas de 8 e 2 metros na finca A Tafona”. O Concello, no momento de achegar a solicitude, tiña pendente de resolución as correspondentes autorizacións sectoriais, razón pola cal non dilixenciou a correspondente acta de replanteo. O Concello de Caldas de Reis,finalmente, obtén as correspondentes licenzas e dilixencia a acta de replanteo facendo constar a dispoñibilidade dos terreos para a normal execución do investimento e comprobación da realidade xeométrica das obras proxectadas, tendo en conta, asemade, que o proxecto obxecto de subvención intégrase na construción dun complexo termal no lugar de A Tafona. Non obstante, o proxecto está pendente de aprobación polo órgano competente do Concello polo que a efectividade da concesión quedará condicionada a este pormenor. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do PPOS/15. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2015. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 10ª do PPOS/15, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle a xefa do servizo de cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Asemade, establécese que procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2015, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 10ª do PPOS/15, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá el procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2015 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Base reguladora 1ª do PPOS/15 que define a tipoloxía dos investimentos que poden ser obxecto de subvención. Bases reguladoras 7ª e 8ª do PPOS/15 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Na citada base 7ª se dispón que no caso de que haxa documentación que non poida ser achegada, esta deberá aportarse antes do 31 de decembro de 2015 e, no seu caso e necesariamente, antes do prazo de xustificación. Base 16ª do PPOS/15 que dispón que as axudas concedidas o abeiro deste plan deben estar concedidas na súa totalidade a 31 de decembro de 2015. Conclusións: A solicitude do Concello de Caldas relativa ó financiamento de actuación “Proxecto de execución de pozas de 8 e 2 metros na finca A Tafona” foi presentada dentro do prazo recollido na base 7ª do PPOS/15; xunta a documentación precisa para a válida concesión dunha subvención por importe de 140.905,23€ sendo o seu obxecto é subvencionable conforme do disposto na base 1ª. Pola súa banda, a Dirección de infraestruturas emitiu informe favorable de supervisión e control do proxecto achegado con data 4 de decembro de 2015. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente o expediente do Concello de Caldas e propoño que lle sexa concedida unha subvención por importe de 140.905,23 € con destino o financiamento da obra “Proxecto de execución de pozas de 8 e 2 metros na finca A Tafona”. A concesión realizarase contra a aplicación 2015/942.9420.762.45 do vixente Orzamento provincial. O proxecto debe ser aprobado polo órgano competente do Concello polo que a efectividade da concesión quedará condicionada a este pormenor. Réxime Competencial: En virtude do establecido na base 16ª das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno Local. Este informe no ten carácter vinculante, de feito que o órgano concedinte co seu superior criterio decidirá. Tendo en conta o exposto, e visto o informe de Intervención no que se condiciona á aprobación do proxecto polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade. Conceder, con cargo ó crédito dispoñible na concorrencia, ó Concello de Caldas, CIF.:P3600500G, a cantidade de 140.905,23 €, para a realización do investimento “Proxecto de execución de pozas de 8 e 2 metros na finca A Tafona” (Ref.:PPOS/15/00896/201500454) cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, 140.905,23 €. Non obstante, o proxecto achegado está pendente de aprobación polo órgano competente do Concello polo que a eficacia da concesión queda condicionada a este pormenor. Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 2015/942.9420.762.45 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas por acordo plenario o 30 de decembro de 2014 e publicadas no BOPPO núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PPOS/15, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. Darlle traslado da presente resolución ó Concello de Caldas de Reis, á Intervención, á Infraestruturas, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 7.23976.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Ó CONCELLO DE O PORRIÑO, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “NOVO RAMAL DE ABASTECEMENTO EN A DEVESA-A CHAN. BUDIÑO” ACOLLIDOS Ó PPOS/15 POLO PROCEDEMENTO DE CONCORRENCIA O Pleno da Deputación, na súa sesión de 30 de decembro de 2014, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15), que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 2 de xaneiro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos. Se ben se debe ter en conta a modificación do dito plan aprobado mediante acordo plenario do 27 de febreiro de 2015, publicado no BOPPO núm. 41, do 2 de marzo de 2015. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do PPOS/15, elaborouse un reparto do crédito reservado á concorrencia que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. Dentro do prazo fixado nas convocatorias (inicial e ampliación), consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do PPOS/15, solicitudes de subvención do Concello de O Porriño con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto por concorrencia (615.385,68 €) e que se detallan na seguinte táboa. Investimento Subvención Solicitada Substitución e traslado da Ponte das Améndoas 246.154,27 € Mellora da seguridade no vial sur de As Gándaras (Ampliación PPOS/15) 16.394,18 € Mellora do entorno do polígono III en Torneiros (Ampliación PPOS/15) 77.981,58 € Dotación de beirarrúas no tramo Madera Iglesias-San Campio (AMPLIACIÓN PPOS/15) 274.855,65 € TOTAL 615.385,68 € 1. Con data 12/08/2015 nº rexistro 2015087382 e data 14/09/2015 nº rexistro 2015097235, o Concello do Porriño solicita modificación das solicitudes realizadas dentro do PPOS/15. Quedando segundo a seguinte táboa: Investimento Subvención Solicitada Mellora da seguridade vial sur das Gándaras Fase II, O Porriño 93.355,43 € Novo ramal abastecemento na Devesa-Chan, Budiño 93.762,03 € Conexión de varias redes de saneamento na Vacaría, Budiño 75.237,97 € Dotación de beirarrúas no tramo Maderas Iglesias-San Campio 274.855,65 € Mellora do entorno do polígono III en Torneiros 77.981,58 € TOTAL 615.192,66 € 2. A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión do día 9 de outubro de 2015 acorda a concesión de subvención ó Concello do Porriño para a realización dos investimentos polos orzamentos e importes recollidos na táboa que se inxire a continuación: Investimento Orzamento Subvención Dotación de beirarrúas no tramo Maderas iglesias-San Campio 274.855,65€ 274.855,65€ Mellora do entorno do polígono III en Torneiros 77.981,58€ 77.981,58 € Mellora da seguridade vial sur das Gándaras. Fase II 93.355,43€ 93.355,43 € 3. En data 30/11/2015, ten entrada no rexistro desta Deputación Provincial a documentación esixida na base sétima do PPOS/15, relativa a o investimento “Novo ramal de abastecemento en A Devesa-A Chan. Budiño” con un orzamento por importe de 93.762,03 € sobre o cal solicitan subvención polo mesmo importe. 4. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpren os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do PPOS/15, constando informe favorable do Servizo de Infraestruturas de data 02/12/2015. 5. A concesión desta subvención efectúase contra a aplicación orzamentaria 15/942.9420.762.45 con cargo á cantidade reservada para a súa concesión polo procedemento de concorrencia, sen que dita modificación altere a cantidade global asignada ó Concello de O Porriño por este procedemento. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2015. Consideracións Xurídicas 1.- Instrución do expediente: Base reguladora 10ª do PPOS/15, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle a xefa do servizo de cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Asemade, establécese que procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia. 2.- Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2015, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 10ª do PPOS/15, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe de fiscalización do Servizo de Intervención. 3.- Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá el procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2015 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Base reguladora 1ª do PPOS/15 que define a tipoloxía dos investimentos que poden ser obxecto de subvención. Bases reguladoras 7ª e 8ª do PPOS/15 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Base 16ª do PPOS/15 que dispón que as axudas concedidas o abeiro deste plan deben estar concedidas na súa totalidade a 31 de decembro de 2015. Conclusións: A solicitude do Concello do Porriño relativa o financiamento da actuación “Novo ramal de abastecemento en A Devesa-A Chan.Budiño” polo que solicita subvención por importe de 93.762,03 €, xunta a documentación precisa para a válida concesión da subvención solicitada. O obxecto do investimento adecúase a tipoloxía que se regula na base 1ª: investimentos municipais dentro do marco das súas competencias que executará o Concello financiados integramente pola Deputación Provincial. Asemade, a Dirección de Infraestruturas emitiu informe favorable de supervisión e control do proxecto técnico achegado. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente o expediente do Concello de O Porriño e propoño que lle sexa concedida subvencións por importe de 93.762,03 € para a realización do investimento “Novo ramal de abastecemento en A Devesa – A Chan. Budiño”, cun orzamento polo mesmo importe (93.762,03€) A concesión realizarase contra a aplicación 2015/942.9420.762.45 do vixente Orzamento provincial. Este informe no ten carácter vinculante, de feito que o órgano concedinte co seu superior criterio decidirá. Réxime Competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Por todo o exposto e a vista do informe de intervención, en consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de O Porriño con CIF núm. P3603900F, a cantidade de 93.762,03 €, para a realización do investimento (Ref,: PPOS/15/00794/201500453), denominado “Novo ramal de abastecemento en A Devesa – A Chan. Budiño”, cun orzamento polo mesmo importe (93.762,03 €). - Convén lembrar a obriga dos concellos de posuír as licenzas e os permisos sectoriais necesarios para a normal execución dos investimentos; de feito esta concesión non exime das autorizacións sectoriais oportunas e do cumprimento da normativa urbanística vixente. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2015/942.9420.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2015. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas en acordo plenario o 28 de novembro de 2014 e publicadas no BOP núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PPOS/15, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación das subvencións concedidas. 8.23977.- INADMISIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D.JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ PÉREZ POR DANOS EN VEHÍCULO NO CONCELLO DE PONTEVEDRA Dada conta que con data de rexistro de entrada 11/02/2015 (rex. núm. 2015018979) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por D. José Manuel González Pérez (s/ref. 481001803) por danos en vehículo a consecuencia da existencia dunha tapa de saneamento mal colocada na E.P. 0019 Figueirido-Marín, no Concello de Pontevedra, o día 22/12/2014 e que cuantificou economicamente en 193,85 €. Resultando.- Que con datas 18/03/2015 e 30/04/2015, solicitouse á Garda Civil o informe fotográfico elaborado por mor do sinistro, remitindo o mesmo o día 02/06/2015 Resultando.- Que con data 10/03/2015 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2.568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, remitindo posteriormente, o día 4 de xuño, a reportaxe fotográfica realizada pola Agrupación de Tráfico de Pontevedra para que puideran localizar a arqueta en cuestión, emitindo o informe solicitado o día 22/06/2015 coa seguinte literalidade: “Primeiro.- En relación co expediente de responsabilidade patrimonial subscrito por J. Manuel González Pérez por danos en vehículo como consecuencia dunha tapa de saneamento mal colocada na E.P. 0019 Figueirido-Marín, xirada visita de inspección por parte do vixiante de estradas da zona, se constata que no p.k. referido e no seu entorno non existe ningún pozo de saneamento nin de pluviais. Segundo.- Xunto co presente informe remitimos fotografías do lugar sinalado así como informe da visita de inspección do vixiante”. Pontevedra, 22 de xuño de 2015 A Xefa dos Servizos Administrativos de Infraestruturas. Sonia Mateos Escudero ___________________________________________” Resultando.- Que con data 27/07/2015 compareceu nas dependencias da Asesoría Xurídica da Deputación, D. Manuel Mougán Rey, vixilante adscrito ó Servizo de Infraestruturas para informar dos seguintes feitos: - Que a requirimento da Asesoría Xurídica efectuou desprazamento á estrada provincial 0019 Figueirido-Marín, a fin de determinar a existencia dun pozo de saneamento no punto quilométrico 1,900, con tapa metálica, susceptible de producir o accidente obxecto da reclamación, coa seguinte conclusión: que no citado punto quilométrico non existe ningún pozo de saneamento. Resultando.- Que na data 28/07/2015, e a fin de aclarar a discrepancia existente entre o informado polo Servizo de Infraestruturas e o consignado no Informe Arena do Subsector de Pontevedra, solicitouse informe complementario e aclaratorio á Garda Civil respecto da existencia da tapa solta da rede de saneamento no citado punto quilométrico, informando na data 29/09/15 o seguinte: “El Guardia Civil titular de la T.I.P. número P-97858-W, perteneciente a la Plana Mayor, Atestados, de este Subsector de Tráfico, y que instruyó en su día el referido informa Arena, aclara que el lugar del accidente se ubica a la altura del punto kilométrico 1,900 dela citada E.P. 0019 (Marín-Figueirido), concretamente a esa misma altura se ubica la nave industrial numerada como “Pardavila 21-D Vistalegre-Antiguo Reiciño”. Resultando.- Que o día 08/10/2015 e coa mesma finalidade de aclarar a citada discrepancia, trasladouse o informado polo Subsector de Pontevedra ó Servizo de Infraestruturas, comparecendo na Asesoría Xurídica da Deputación o día 14/10/2015, D.Manuel Mougán Rey, para manifestar o seguinte: “Realizadas las comprobaciones oportunas en el lugar descrito por la Guardia Civil, a cuya altura se ubica la nave industrial “Pardavila 21-D Vistalegre-Antigo Reiciño”, dicho lugar no se encuentra en la E.P. 0019 Figueirido-Marín, quedando pendiente la emisión de informe por parte del Servicio de Infraestructuras en el cual se determine la titularidad de la vía”. Resultando.- Que con data 16/10/2015 solicitouse o citado informe ó Servizo de Infraestruturas, emitindo o mesmo o día 28/10/2015, coa seguinte literalidade: “Desde este Servicio se procede a la ratificación de lo informado en fecha 22 de junio de 2015 ya que, según los datos aportados entonces así era, en el P.K. señalado no se ubica ningún pozo de saneamiento. Reiteramos y ratificamos, de igual manera, el contenido de lo declarado por el vigilante de zona, Manuel Mougán, en su comparecencia en el Servicio de Asesoría Jurídica con fecha 27 de julio al respecto. Una vez examinada la última información aportada por el subsector de Pontevedra de la Guardia Civil de fecha 29 de septiembre de 2015, el vigilante de zona, Manuel Mougán, constata que se produce un error en la referencia del Informe Arena inicial ya que se parte de una medición errónea al situar los puntos kilométricos en sentido inverso. Realizada una nueva inspección sobre esta base, se concluye que el lugar del accidente referenciado como “Pardavila 21-D Vistalegre-Antiguo Reiciño” se ubica fuera de la red provincial y no en el P.K. 1,9 de la E.P. 0019.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1 b) da Lei 30/92, en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. Considerando.- Que, así mesmo, o apartado 4 do artigo 89 da Lei 30/92 establece que “En ningún caso podrá la Administración abstenerse de resolver so pretexto de silencio, oscuridad o insuficiencia de los preceptos legales aplicables al caso, aunque PODRÁ RESOLVER LA INADMISIÓN DE LAS SOLICITUDES (…) MANIFIESTAMENTE CARENTES DE FUNDAMENTO”. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita solicitude de indemnización. 9.23978.- APROBACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA DE SEIS BOLSAS DE LICENCIADO OU GRADUADO EN HISTORIA OU EN INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN, CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Vista a proposta da directora do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico de data 3 de decembro de 2015, solicitando a convocatoria de seis bolsas de Licenciado ou Graduado en Historia ou en Información e Documentación para realizar traballos de arquivística, inventariado e catalogación de arquivos municipais, no arquivo da Deputación Provincial e nos arquivos municipais da provincia, con fundamento no artigo 35.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril , reguladora das bases de réxime local e en virtude do disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro , xeral de subvencións e Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da referida Lei, considerando o informe de intervención de data 4 de decembro de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases que regulan a convocatoria de seis bolsas de Licenciado ou Graduado en Historia ou en información e Documentación con destino nó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra, que se rexerá polas bases que se achegan a este informe. Estas bolsas terán unha asignación mensual de 800,00 €/mes por beneficiario, sendo o custe da seguridade social a cota que se fixe na Orde de Cotización a Seguridade Social para o ano 2016, estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 332.3300.481.01, e 332.3300.160.03 do Orzamento provincial. Outorgaranse con efectos da data da adxudicación (data prevista 01/02/2016) e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por un único período de seis meses, unha vez emitido informe favorable da directora do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e acordo da Xunta de Goberno. Ditas bases son como seguen: “BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE SEIS BOLSAS DE LICENCIATURA OU GRAO EN HISTORIA OU EN INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN, CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Primeira. Obxecto: Estas bases regulan o procedemento que se seguirá para a concesión de seis bolsas de licenciatura ou grao en Historia ou en Información e Documentación co fin de realizar tarefas relacionadas coa arquivística, inventariado e catalogación de arquivos municipais. Segunda. Condicións das persoas aspirantes: Beneficiaranse destas bolsas as persoas físicas que, ademais de ter plena capacidade de obrar e sen estaren inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Ter a nacionalidade española ou dunha dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título de licenciatura ou grao en Historia ou en Información e Documentación, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. c) Non ter feitos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non ter incapacidade física nin padecer ningunha enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. e) Non beneficiarse anteriormente dunha bolsa de duración superior a seis meses na Deputación de Pontevedra ou nos seus organismos autónomos. f) Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por isto que non tivese contrato dependente dos grupos de cotización correspondentes aos niveis formativos da titulación esixida nin de alta como persoal autónomo por un período de tempo superior a seis meses. g) Inscribirse con anterioridade nalgunha oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante de emprego ou en mellora de emprego. h) Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV. i) Ter a disposición de asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino. j) Non incorrer nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS). Terceira. Dotación económica: A dotación económica das bolsas será de 800 € ao mes por persoa beneficiaria, cantidade que se imputará á aplicación 332.3300.481.01 do Orzamento provincial. O pagamento das bolsas, por mensualidades completas ou por fraccións, realizarase a partir da incorporación das persoas beneficiarias e será proporcional ao tempo que dure o contrato para os casos nos que se inicie ou finalice a súa relación nunha data que non coincida co mes natural. Esta cantidade será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir do momento en que sexa concedida. Cuarta. Presentación de solicitudes: As solicitudes realizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación en Pontevedra (avda. Montero Ríos, s/n, de luns a sábado), no da súa sede de Vigo (rúa Oporto, 3, de luns a venres) ou na páxina web www.depo.es, e entregaranse nos lugares físicos mencionados ou a través de calquera dos medios previstos no art. 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP/PAC). As solicitudes que se presenten a través da oficina de Correos deberán entregarse nun sobre aberto para seren seladas e datadas pola funcionaria ou funcionario correspondente antes de seren certificadas. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Coa solicitude (anexo I) entregarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do documento nacional de identidade en vigor ou de calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo da titulación esixida ou de estar en condicións de obtela na data na que finalice o prazo para presentar as solicitudes. c) Certificado do expediente académico no que conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R. d. 1125/03, de 5 de setembro, para a súa valoración na fase de concurso. d) Certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV. e) Currículo e documentación acreditativa deste. f) Fotocopia da tarxeta de demanda de emprego ou mellora de emprego. g) Certificado de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social actualizado, con data posterior ao día da publicación desta convocatoria (entregar todas as páxinas). h) Declaracións xuradas de (ver modelo): • Non ter incapacidade física nin padecer ningunha enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa. • Que a persoa interesada se compromete a renunciar, en caso de ser seleccionada, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa. • Non ser beneficiaria con anterioridade de ningunha outra bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra, nin nos seus extinguidos organismos autónomos, tal e como se establece nas bases. • De ter a disposición de asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino. Para a presentación das solicitudes as persoas interesadas estarán ao disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da LXS, en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula. Quinta. Emendas: Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes a institución provincial ditará unha resolución na que declare aprobada a lista de persoas admitidas e excluídas, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, e será publicada na súa páxina web. As persoas aspirantes excluídas ou omitidas disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a súa exclusión. No suposto de producírense reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas e aprobando a lista definitiva, que se publicará na web do organismo provincial. Sexta. Comisión de selección: Para a selección das persoas bolseiras constituirase unha comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros: - Presidencia: a xefatura do Servizo ou Centro ou membro do funcionariado en quen delegue. - Vogalía: un membro do funcionariado técnico superior da Deputación. - Secretaría: o secretario da Deputación ou un membro do funcionariado de carreira con titulación superior en quen delegue. Sétima. Selección das persoas bolseiras: 1. O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. A primeira, de concurso e valoración da documentación presentada polas persoas aspirantes admitidas e, a segunda, de entrevista persoal. 2. Primeira fase: baremo de méritos. Os méritos acreditados polas persoas interesadas valoraranse conforme aos seguintes criterios: a) Expediente académico: ata un máximo de 4,00 puntos segundo a nota media calculada para as titulacións universitarias tal como se establece no R. d. 1125/03, de 5 de setembro. No caso de que algunha das titulacións convocadas non estea calculada pola referida norma, ou esta non se especifique, valorarase con 0,00 puntos. b) Por ter un doutoramento relacionado co contido da bolsa: 2 puntos. c) Por cada máster universitario relacionado co contido da bolsa: 0,50 puntos, ata un máximo de 2 puntos. d) Se transcorreron catro ou máis anos desde a finalización dos estudos universitarios: 1 punto. e) Se transcorreron entre tres e catro anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,90 puntos. f) Se transcorreron entre dous e tres anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,80 puntos. g) Se transcorreron menos de dous anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,70 puntos. h) Se transcorreu menos dun ano desde a finalización dos estudos universitarios: 0,60 puntos. i) Por posuír unha titulación académica distinta e relacionada coas prácticas que se van desenvolver, de nivel igual ou superior á esixida na convocatoria da bolsa á que opta, 0,50 puntos por título, ata un máximo de 1 punto (neste apartado non se terán en conta as titulacións de nivel inferior que sexan necesarias para a obtención doutras de nivel superior). As puntuacións outorgadas publicaranse na páxina web, cando menos con tres días hábiles de antelación á data en que se realizará a entrevista. 3. Segunda fase: entrevista persoal. A entrevista terá lugar unha vez concluída a valoración de méritos e realizarase unicamente coas candidaturas que acaden a maior puntuación total na fase de concurso e nunha porcentaxe que garanta un mínimo de tres persoas candidatas por bolsa, porcentaxe que se poderá ampliar de estimarse conveniente. Por Resolución da Presidencia convocarase ás persoas candidatas para a entrevista persoal nun único chamamento, quedando decaídas no seu dereito aquelas que non comparezan no lugar e día sinalados. A entrevista versará sobre o seu currículo, obxectivos profesionais, dispoñibilidade e outros, e permitirá comprobar a preparación das persoas candidatas en materias correspondentes á súa titulación. A entrevista valorarase de 0 a 2 puntos. En caso de empate, nas puntuacións das persoas aspirantes a orde de prelación determinarase pola maior puntuación acadada na nota media global do expediente académico. 4. Despois de rematar as entrevistas, e no prazo máximo de 10 días hábiles, a comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da institución provincial as puntuacións outorgadas e a proposta de adxudicación, na que se indicarán as candidaturas seleccionadas e as correspondentes suplencias. Oitava. Adxudicación das bolsas: O Servizo de Recursos Humanos e Formación, á vista da acta da Comisión seleccionadora, formularalle a proposta de adxudicación das bolsas convocadas á Xunta de Goberno da Deputación a favor das persoas aspirantes que considere máis idóneas e que acadasen a máxima puntuación, na que se indicarán as candidaturas suplentes para os casos de renuncia, incumprimento de obrigas, incapacidade sobrevida ou calquera outra causa que implique a perda da condición de persoa bolseira. Contra este acordo poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición, de conformidade co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXAP/PAC, ou, directamente, un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación da Resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da referida xurisdición. Novena. Condicións xerais: Establécense as seguintes condicións xerais: a) As bolsas terán unha duración de seis meses, contados desde a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable da responsable do Servizo e por acordo da Xunta de Goberno. b) As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, fose cal for a súa natureza. c) As persoas beneficiarias das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina do Servizo co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro. d) O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non establece ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación, polo que non implica, en consecuencia, ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación da persoa bolseira a este organismo. e) O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R. d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas, así como na orde ESS/562013, de 28 de xaneiro, pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización á Seguridade Social para o ano 2014. Décima. Xustificación e renovación da bolsa: Antes de que transcorran os últimos quince días do quinto mes do período de duración da bolsa, a persoa beneficiaria estará obrigada a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. A titora ou titor, á vista da memoria presentada, emitirá un informe de avaliación e proposta de prórroga, se procede, do que dará traslado ao Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación para a súa tramitación e cun mes de antelación á data prevista de finalización. A Xunta de Goberno, previo informe da xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación, resolverá esta solicitude tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e o aproveitamento demostrado pola persoa bolseira. Décimo primeira. Revogación e reintegro da bolsa: En calquera momento a Xunta de Goberno poderá, a proposta da xefa do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e mediante resolución motivada, revogarlle a bolsa á persoa adxudicataria que non cumpra debidamente as condicións esixidas nestas bases ou as normas xerais de funcionamento do Servizo, aténdose ao establecido nos artigos 36 e seguintes da LXS, e suspendendo o aboamento da bolsa. Neste senso, daranse por finalizadas as prácticas da persoa bolseira cando concorran algunha das seguintes causas: 1. Renuncia voluntaria, que implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puidesen corresponderlle. 2. Baixa por incapacidade temporal de duración superior a 30 días. De concorrer algunha das causas previstas no artigo 37 da LXS poderá esixirse o reintegro total cando a persoa beneficiaria incumpra total e absolutamente as condicións impostas para a concesión e a execución da bolsa. Décimo segunda. Suspensión: En caso de enfermidade ou accidente a persoa bolseira percibirá a prestación correspondente da Seguridade Social. Neste caso a Deputación non complementará ningunha cantidade adicional á citada prestación. Esta situación non ocasionará a finalización das prácticas, agás cando a ausencia exceda os 30 días. No suposto de que se supere este prazo o organismo provincial poderá dar por concluída a práctica laboral. Décimo terceira. Renuncia: No caso de que a persoa bolseira renuncie antes da finalización do período de prácticas, deberá presentar no Rexistro xeral da Deputación a correspondente solicitude dirixida ao Servizo de Recursos Humanos e Formación e informar previamente ao seu titor ou titora. En tal situación o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico poderá solicitar que se cubra a bolsa que queda vacante polo tempo restante cunha candidatura suplente, seguindo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. Décimo cuarta. Obrigas e dereitos da persoa bolseira: Obrigas das persoas bolseiras: 1. Incorporarse na data sinalada. 2. Respectar, en todo momento, a normativa do Servizo. 3. Desenvolver unha actitude favorable para a súa integración no Centro e aplicarase con total dilixencia e aproveitamento. 4. Observar e cumprir o horario das prácticas co fin de non entorpecer o labor do persoal do Centro. 5. Cumprir as medidas de prevención que en cada caso se deban adoptar pola súa propia seguridade e saúde e pola de aquelas persoas ás que lles poida afectar a súa actividade, a causa dos seus actos ou omisións. 6. Utilizar correctamente os medios e equipos de protección facilitados pola empresa, de acordo coas instrucións recibidas. 7. Manter absoluta reserva sobre as actividades e a información intercambiada durante o seu período de prácticas, de maneira que se compromete a non revelar, descubrir ou comunicar, de forma directa ou indirecta, a calquera persoa que non estea autorizada a información recibida durante este período. 8. Devolver ao Servizo todo o material e a documentación que se lle subministre para a realización desta actividade, salvo que fosen destruídos por necesidades de calquera das partes responsables ou que non se estimase necesaria, de forma expresa, a súa devolución. 9. Manter absoluta reserva sobre os acontecementos, documentos e información de carácter sensible aos que teña acceso como consecuencia da súa formación en calquera das institucións ou actividades que se realicen. 10. Non transferir, duplicar ou reproducir toda ou parte da información subministrada polo Servizo sen a súa previa autorización por escrito. 11. Recoñecer expresamente, conforme á Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e demais normativa concordante, que este tipo de datos, proporcionados para a realización das actividades formadoras, son da exclusiva propiedade da institución e, polo tanto, non poderá aplicalos ou utilizalos con fins distintos aos previstos nin llelos ceder baixo ningún concepto a persoas ou entidades alleas, nin sequera para a súa conservación. 12. Gardar segredo profesional respecto de todos os datos de carácter persoal que coñeza e aos que teña acceso durante a realización das prácticas. 13. Asistir ás accións formativas relacionadas co contido da bolsa que organice o Centro dentro da xornada laboral. 14. En caso de enfermidade ou accidente a persoa bolseira deberá comunicar a súa situación ao Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación e presentará o oportuno parte médico xustificativo. 15. En caso de renuncia a persoa bolseira quedará obrigada a comunicarllo ao Servizo ao que figura adscrito e ao Servizo de Recursos Humanos e Formación do organismo provincial con 3 días hábiles de antelación. 16. Achegar á institución provincial unha copia da vida laboral actualizada transcorridos tres meses desde a finalización das prácticas. Dereitos das persoas bolseiras: 1. Ser informadas sobre a forma de proceder en caso de emerxencia, primeiros auxilios ou evacuación. 2. Recibir formación en materia preventiva e sobre as instalación nas que se desenvolven as prácticas. 3. Gozar do permiso necesario para a realización de exames de carácter oficial, para o que se achegará a correspondente xustificación. 4. Gozar dun permiso de dous días hábiles de descanso por mes de prácticas, que se poderán solicitar por meses ou de forma acumulada antes de finalizalas, con independencia dos períodos mínimos de descanso semanal. Décimo quinta. Responsabilidades: As persoas beneficiarias destas bolsas someteranse ás responsabilidades e ao réxime sancionador que, sobre infraccións administrativas en materia de subvencións, establecen os artigos 52 a 69 da LXS. Décimo sexta. Devolución de documentación: Transcorridos tres meses desde o final do proceso selectivo a documentación presentada, excepto a instancia, destruirase, polo que se lles recomenda ás persoas interesadas que a retiren no referido prazo. Décimo sétima. Dereitos supletorios: A convocatoria, a selección das persoas bolseiras e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas suxeitaranse ao previsto nestas bases, á LXS e á LRXAP/PAC.” 10.23979.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA NO CONCELLO DA ESTRADA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2014/2015 Por Acordo nº 14.22923 adoptado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión celebrada o 19 de decembro de 2014, aprobouse o Plan de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014-2015. Dito plan desenvolveuse en dúas fases, na primeira mediante escrito convocouse ós concellos e ós servizos da deputación a participar no plan, e na segunda fase convocouse e seleccionouse ós bolseiros. No Boletín Oficial da Provincia nº 246, do 22 de decembro de 2014, publicouse a convocatoria e as bases de selección de 198 bolsas de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014-2015 dirixidas a mozos titulados universitarios ou de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación o mercado laboral. Dita convocatoria foi modificada por acordos número 21.23075, 16.23182 ,15.23181 e 17.23221 aprobados en Xunta de Goberno de 13 de febreiro, 13 de marzo e 27 de marzo de 2015, por cambio de titulacións solicitadas polos concellos e servizos da Deputación e ampliación do número de bolsas de 198 a 212. Por Resolución Presidencial nº 2015025342, de data 26 de outubro de 2015, ratificada en Xunta de Goberno en sesión celebrada o 6 de novembro de 2015, adxudicouse unha bolsa que quedou vacante por renuncia no Concello de A Estrada, para a Licenciatura/grao en Ciencias Políticas e da Administración do expediente D57, a Santiago Faíña Puig polo tempo restante do 1 de novembro de 2015 e ata o 17 de decembro de 2015, podendo ser prorrogada por seis meses máis cumprindo co establecido na base décima. Na base décima da convocatoria establécese que para tramitar a prórroga é necesario presentar no Rexistro Xeral da Deputación, cun mes de antelación a data prevista da finalización, a memoria do bolseiro ou bolseira sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados é o informe de avaliación da persoa titora no que deberá indicarse si procede ou non a prórroga. Mediante informe de avaliación e a vista da memoria presentada o titor considera que procede prorrogar a bolsa. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 4 de decembro, considerando o informe de intervención de data 4 de decembro de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, prorrogar a bolsa concedida a Santiago Faíña Puig no Concello da Estrada, con efectos de 18 de decembro de 2015 ata o 17 de xuño de 2016. A dotación económica da bolsa determinada polo nivel de titulación ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario para os titulados universitarios, o que supón para o ano 2015, un total de 373,33 € sendo o custe da seguridade social de 34,89 €/mes por beneficiario, xa previsto na adxudicación inicial da bolsa por ter a consideración de cota única mensual de conformidade co previsto no art. 44 da Orden ESS/86/2015, de 30 de xaneiro de 2015. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 15/921.2410.481.47 e 15/921.2410.160.03. 11.23980.- COMUNICACIÓNS Non houbo 12.23981.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e vinte e cinco do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, A Secretaria Acctal.,
Ãrea de notas
Nota