ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2015/12/17_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.836/1.2015-12-17_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2015/12/17_Ordinaria

  • Data(s) 2015 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 48 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e trinta minutos do día dezasete de decembro do ano dous mil quince, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asiste o D. Juan Antonio González Pérez e D. Uxío Benítez Fernández. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23982.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das sesións ordinarias dos días 4 e 11 de decembro de 2015, respectivamente. 2.23983.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A UNIVERSIDADE DE VIGO, COMO ENTIDADE COLABORADORA, PARA A PROMOCIÓN DA MOBILIDADE DOS SEUS ESTUDANTES, DOS CAMPUS DE PONTEVEDRA E VIGO, PARTICIPANTES NO PROGRAMA ERASMUS+ Vista a solicitude de a Universidade de Vigo de data 4 de decembro de 2015, referente a petición de axuda económica por importe de 150.000,00 € para completar o gasto de 150 mobilidades de alumnos universitarios, dos campos de Vigo e Pontevedra, con menos recursos económicos que sexan seleccionados nas convocatorias de Erasmus+ de estudos e practicas durante os cursos 2015-2016 e 2016-2017. Visto o informe do xefe de servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local de data 7 de decembro do 2.015 no que determina que a achega económica pode concederse a través de un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, como entidade colaboradora; e segundo o art. 22.2.c da lei 38/2003, de 17 de novembro, poderá facerse de forma directa xa que esta iniciativa contribúe a mellorar a empregabilidade do emprego e a formación dos titulados universitarios pontevedreses de cara a súa futura integración laboral e de forma indirecta ó desenvolvemento económico da nosa provincia. Ademais, hai que ter en conta que na nosa provincia so existe unha universidade pública polo que a universidade de Vigo é a única entidade que pode levalo a cabo. Visto o informe da secretaria accidental de data 10 de decembro de 2015 no que se establece que o texto do convenio considérase correcto xuridicamente para os fins previstos. Visto o informe favorable de Intervención de data 14 de decembro de 2015 no que, entre outros, precisa que a aprobación do convenio quedará condicionada a aprobación do expediente de modificación de crédito que incorporará á aplicación orzamentaria 15/420.2410.481.02 o importe que cubra a anualidade do 2015. E que a anualidade de 2016, que ascende a 60.000,00 €, contabilizarase con cargo a aplicación orzamentaria correspondente do seu orzamento, quedando condicionada a aprobación do mesmo. Por todo o anteriormente exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, como entidade colaboradora, nos campus de Pontevedra e Vigo, para ou outorgamento de 150 bolsas por importe de 1.000,00€ cada unha (90 bolsas no ano académico 2015-2016 e outras 60 bolsas no 2016-2017) para a promoción da mobilidade de estudantes da convocatoria de Erasmus+ estudos (que facilita a realización de estudos en diferentes universidades europeas), e da convocatoria Erasmus+ para prácticas formativas en empresas e institucións doutros países europeos, ao abeiro das distintas convocatorias existentes no programa Erasmus+, de xeito que redunde en beneficio da sociedade e do interese xeral da provincia de Pontevedra e dos seus habitantes; así como o texto do mesmo, cuxo tenor literal e o seguinte: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A UNIVERSIDADE DE VIGO, COMO ENTIDADE COLABORADORA, PARA A PROMOCIÓN DA MOBILIDADE DOS SEUS ESTUDANTES, DOS CAMPUS DE PONTEVEDRA E VIGO, PARTICIPANTES NO PROGRAMA ERASMUS+ En Pontevedra a … de novembro de 2015 REUNIDOS Dunha parte, Dª. María del Carmen Silva Rego, quen actúa no nome e representación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do seu cargo como Presidenta do devandito Organismo e en función das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. E doutra, o Excmo. Sr. D. Salustiano Mato de la Iglesia, Reitor Magnífico de la Universidade de Vigo, nomeado segundo o Decreto da Comunidade Autónoma de Galicia núm. 47/2014, do 24 de abril, publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 79, do 25 de abril de 2014, de acordo coas competencias que lle otorga o artigo 20 de la Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, e o artigo 58 dos Estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro e publicados no DOG nº. 21, do 2 de febreiro de 2010 (BOE nº 69 de 20 de marzo de 2010), con enderezo en Campus universitario, 36310 Vigo. Ante o secretario desta Deputación Provincial de Pontevedra, D. Carlos Cuadrado Romay, que da fe deste acto, ambas as partes recoñécense entre si a capacidade xurídica suficiente e poder bastante para obrigarse neste convenio de colaboración e, a tal efecto, EXPOÑEN 1.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra é a entidade de goberno e administración autónoma da provincia, dentro da esfera das súas competencias, sendo os seus fins propios e específicos garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipais, asegurando a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos básicos e o fomento e administración dos intereses da provincia, entre eles as oportunidades de acceso a una maior cualificación profesional dos xóvenes. 2.- Que a Universidade de Vigo, creada pola Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, é unha institución de dereito público á que lle corresponde, no ámbito das súas competencias, o servizo público de educación superior. Está dotada de personalidade xurídica e patrimonio propios, e como organización pública que é, está ao Servizo da sociedade, constituíndo unha das súas actividades a participación en programas de mobilidade nacional e internacional na que poida participar a comunidade universitaria. 3.- Que a Universidade de Vigo, como titular “Erasmus Charter for higher Education” que lle faculta para participar no programas Erasmus+, leva varios anos sendo beneficiaria de axudas do programa Erasmus+, tanto na convocatoria de Erasmus+ estudos (facilitando a realización de estudos en diferentes universidades europeas), como na convocatoria Erasmus+ para prácticas formativas en empresas e institucións doutros países europeos. 4.-Que ambas partes, coa posta en marcha das diversas convocatorias de mobilidade dentro do programa Erasmus+, queren promover á participación do alumnado universitario coa finalidade de contribuír á formación integral do estudantado e a súa adaptación as esixencias do mercado laboral a escala comunitaria. De acordo co indicado, as partes asinantes formalizan o presente convenio de colaboración, con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS PRIMERA.- Obxecto do convenio: Establecer as bases de colaboración entre a Universidade de Vigo, como entidade colaboradora, nos campus de Pontevedra e Vigo, e a Deputación Provincial de Pontevedra para ou outorgamento de 150 bolsas por importe de 1.000€ cada unha (90 bolsas no ano académico 2015-2016 e outras 60 bolsas no 2016-2017) para a promoción da mobilidade de estudantes da convocatoria de Erasmus+ estudos (que facilita a realización de estudos en diferentes universidades europeas), e da convocatoria Erasmus+ para prácticas formativas en empresas e institucións doutros países europeos, ao abeiro das distintas convocatorias existentes no programa Erasmus+, de xeito que redunde en beneficio da sociedade e do interese xeral da provincia de Pontevedra e dos seus habitantes. SEGUNDA.- Obrigas da Deputación de Pontevedra: Son obrigas da Deputación de Pontevedra: Transferirlle á Universidade de Vigo para potenciar a mobilidade no cadro do programa Erasmus + a achega económica máxima de 150.000 europeas para o financiamento de axudas complementarias destinadas aos bolseiros Erasmus da Universidade (Estudos e Prácticas) seleccionados nos centros de Pontevedra e Vigo. TERCEIRA.- Obrigas dos alumnos beneficiarios: Son obrigas do beneficiario: a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención. b) Xustificar ante entidade colaboradora o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade que determine a concesión e goce da subvención, nos termos establecidos nas respectivas convocatorias dos programas Erasmus+ que se desenvolvan dende a universidade de Vigo. CUARTA.- Obrigas da entidade colaboradora: Son obrigas da entidade colaboradora: a) Entregarlle os beneficiarios os fondos recibidos de acordo cos criterios establecidos no presente convenio. b) Comprobar, no seu caso, o cumprimento das condicións ou requisitos determinantes para o seu otorgamento, así como a realización da actividade que determine a concesión da subvención. c) Xustificar a entrega dos fondos percibidos ante a Deputación de Pontevedra. d) Publicar as convocatorias para a selección de estudantes participantes nos programas de estudos e prácticas en empresa no marco programa Erasmus+, así como de solicitar a financiación europea perante o Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE). e) Asumir a organización, desenvolvemento e xustificación das actividades de mobilidade de estudantes referidas nesta cláusula. f) Comunicar á Deputación Provincial de Pontevedra a relación de estudantes beneficiarios, así como das contías individuais asignadas a estes ao abeiro do presente convenio de colaboración. g) Presentar declaración responsable de non estar incurso en ningún dos supostos de prohibición para percibir subvención. QUINTA.- financiamento: Para formalizar este convenio existe consignación orzamentaria na aplicación 15/240-2410-481.02 do orzamento de gastos da Deputación Provincial de Pontevedra para o financiamento da primeira achega de 90.000,00 € dos gastos sinalados na cláusula SEGUNDA, e para a anualidade de 2016, que ascende a 60.000,00 €, contabilizarase con cargo a aplicación orzamentaria correspondente do seu orzamento. SEXTA.- Pagamento e xustificación: A Deputación de Pontevedra achegará a Universidade de Vigo o 60% da contía total deste convenio (90.000,00€) no momento da súa sinatura, unha vez xustificada o inicio da execución do programa dentro do ano 2015, e o 40% restante (60.000,00€) despois da presentación da xustificación das mobilidades finalizadas durante o ano académico 2015-2016 ata chegar a contía percibida e a xustificación do inicio da execución das mobilidades do curso 2016-2017. Asemade, deberá presentar a xustificación desta última achega, unha vez finalizadas as mobilidades realizadas durante o ano académico 2016-2017. Así, a universidade de Vigo deberá xustificar perante a Deputación Provincial de Pontevedra o importe individual de cada bolsa concedida especificando o programa, estudos ou prácticas, o nome, apelidos e DNI do beneficiario/a, a duración da estadía financiada e o país de destino. Esta xustificación farase ao remate da mobilidade tendo como data límite a data establecida para a xustificación das mobilidades Erasmus+ perante o SEPIE e, en todo caso, antes do 31 de outubro de 2017. Asemade, a Universidade de Vigo deberá xustificar o financiamento recibido como achega complementaria perante o SEPIE. SÉTIMA.- Publicidade: As partes asinantes obríganse, coa formalización deste convenio, a facer públicos os datos relativos á achega económica outorgada por medio deste convenio. OITAVA. Causas de resolución: Serán causas de resolución deste convenio: a. O incumprimento total ou parcial das súas cláusulas. b. O mutuo acordo das partes. NOVENA.- Duración do convenio: Este convenio entrará en vigor o día de a súa sinatura e o seu período de vixencia rematará o 31 de outubro de 2017, sen prexuízo da posibilidade de prorrogar, de forma expresa, dito período en virtude de causa debidamente xustificada. DÉCIMA.- Comisión de seguimento: Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio constituirase unha comisión mixta integrada por dous representantes de cada unha das partes asinantes, á que lle corresponderá a interpretación do convenio e a resolución de controversias que se poidan xerar na súa execución. UNDÉCIMA.- Natureza do convenio: Este convenio ten natureza administrativa, sendo competente para entender dos litixios que puidesen xurdir respecto da súa interpretación e execución a xurisdición contencioso-administrativa. Baixo os termos referenciados e en proba de conformidade, asinan e rubrican as partes este convenio, no lugar e data indicados no encabezamento. Pola Universidade de Vigo Asdo.- D. Salustiano Mato de la Iglesia Reitor Pola Deputación Provincial de Pontevedra Asdo.- María del Carmen Silva Rego Presidenta” 3.23984.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE CANGAS E O ALONDRAS CLUB DE FÚTBOL PARA O REMATE DA OBRA DE NOVA GRADA NO CAMPO DO ALONDRAS CLUB DE FÚTBOL Con data de 29 de xullo de 2014, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Cangas e o Alondras Club de Fútbol asinaron un Convenio de colaboración para a execución da obra de nova grada no campo de Alondras Club de Fútbol, con vixencia ata o 31/12/2014. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria celebrada o día 19/12/2014, adxudicou á empresa Unika Proyectos y Obras, S.A.U., a execución da obra “Nova bancada do campo de fútbol do Alondras C.F. (Cangas)” por importe de 508.349,56€, IVE incluído, e con un prazo de execución de cinco meses. O contrato administrativo formalizouse na data 15/01/2015, asinándose acta de comprobación de replanteo negativa, ante a imposibilidade de comezar as obras debido ó gran volume de actividades deportivas existentes que impedían calquera tipo de traballo sen causar prexuízos graves ós clubs que desenrolaban ás súas actividades. Con data 22/05/2015, procedeuse á formalización de acta de comprobación de replanteo positiva, establecéndose nese intre como data na que debe estar finalizada a obra o día 22/10/2015. Resultando que con data 02/06/2015 asinouse unha acta de paralización das obras. Resultando que, de conformidade co informe do xefe do Servizo de Infraestruturas de 24 de setembro de 2015, as obras aínda están en fase de execución e o prazo de vixencia do anterior convenio xa venceu, polo que é necesario a aprobación dun novo convenio entre as tres partes que englobe o período de execución da obra “Nova bancada do campo de fútbol do Alondras (Cangas)” para así poder rematar a mesma. Resultando que, con data de 17 de novembro de 2015 (Rexistro saída núm. 2015026704, de 20/11/2015), se solicita ó órgano competente do Concello de Cangas que manifeste a súa conformidade expresa coa sinatura dun novo convenio de colaboración. Resultando que, con data de 17 de novembro de 2015 (Rexistro saída núm. 2015026737, de 20/11/2015), se solicita ó órgano competente da Entidade Deportiva Alondras C.F. que manifeste a súa conformidade expresa coa sinatura dun novo convenio de colaboración. Resultando que, con data de 28 de outubro de 2015, se emite informe favorable do Servizo de Intervención en relación a este Convenio, no que se sinala que existe crédito autorizado e comprometido na aplicación 15/922.3420.652.00.2014 recollida no texto do convenio. Resultando que, con data de 30 de novembro de 2015 (Rexistro entrada núm. 2015121503, de 01/12/2015), a Entidade Deportiva Alondras C.F. manifesta a súa conformidade expresa á sinatura dun novo convenio. Resultando que, con data de 7 de decembro de 2015, o Sr. Secretario Xeral emite informe favorable do Convenio de colaboración. Resultando que, con data de 7 de decembro de 2015, o Concello de Cangas manifesta a súa conformidade expresa á sinatura dun novo convenio. Considerando que, de conformidade coas Bases de Execución do Orzamento Provincial, concretamente coa base 16.2.c), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Cangas e o Alondras Club de Fútbol para a execución da obra “Nova bancada no campo de fútbol do Alondras Club de Fútbol (Cangas).” 2. Facultar á Sra. Presidenta da Deputación para a formalización do devandito Convenio mediante a súa sinatura. O texto do referido Convenio é o seguinte: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE CANGAS E O ALONDRAS CLUBE DE FÚTBOL PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “NOVA BANCADA NO CAMPO DE FUTBOL DO ALONDRAS CLUBE DE FÚTBOL (CANGAS)” No Pazo Provincial, a de de 2015. REUNIDOS Dª María del Carmen Silva Rego, na súa condición de Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Xosé Manuel Pazos Varela, Alcalde-Presidente do Concello de Cangas, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Luis Guimeráns Currá, con DNI 35.301.773-Q, actuando en nome e representación da Entidade Deportiva Alondras Clube de Fútbol, como Presidente da mesma. As partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- A Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Cangas e o Alondras Clube de Fútbol asinaron, con data 29 de xullo de 2014 un convenio de colaboración para levar a cabo a obra “Nova bancada no campo de fútbol do Alondras C.F. (Cangas)”, con vixencia ata o 31/12/2014. II.- A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria celebrada o día 19/12/2014, adxudicou á empresa UNIKA PROYECTOS Y OBRAS, S.A.U., a execución da obra “Nova bancada do campo de fútbol do Alondras C.F. (Cangas)” por importe de 508.349,56 €, IVE engadido, e con un prazo de execución de cinco meses. III.- O contrato administrativo formalizouse na data 15/01/2015, asinándose acta de comprobación de raplanteo negativa, ante a imposibilidade de comezar as obras debido ó gran volume de actividades deportivas existentes que impedían calquera tipo de traballo sen causar prexuízos graves ós clubes que desenrolaban ás súas actividades. IV.- Con data 22/05/15, procedeuse á formalización de acta de comprobación de replanteo positiva, establecéndose nese intre como data na que debe estar finalizada a obra o día 22/10/2015. V.- Que se fai necesario asinar un novo convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra, o Concello de Cangas e o Alondras C.F., que englobe o período de execución da obra “Nova bancada do campo de fútbol do Alondras (Cangas)” para así poder rematar a mesma. VI.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, as partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto: O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Cangas e a Entidade Deportiva Alondras Club de Fútbol é dar, por unha banda, cobertura a todas as actuacións realizadas dende a data de finalización do convenio inicial, e por outra, o remate da obra “Nova grada do Alondras C.F.”, que se atopa actualmente en fase de execución. Segunda.- Importe, financiamento e obrigas: Este convenio rexerase no referente o importe, financiamento e obrigas das partes, polo establecido no convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra, o Concello de Cangas e entidade Alondras Club de fútbol na data 29/07/14, para levar a cabo a obra “Nova bancada no campo de fútbol do Alondras C.F. (Cangas)”. A achega da Deputación farase con cargo á consignación orzamentaria 15/922.3420.658.00.2014. Terceira.- Modificacións do proxecto: Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación do proxecto, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo, será financiado por ambas Institucións na proporción recollida no convenio inicial (75 % Deputación, 25 % Concello de Cangas). Cuarta.- Comisión de seguimento e control: Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen, e un Técnico de cada entidade. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Quinta.- Acta de recepción: Correspóndelle á Deputación como órgano de contratación, a recepción das obras, comprometéndose o Concello de Cangas como responsable das instalacións dende ese intre, a facer fronte a todos os gastos derivados da mesma. Sexta.- Entrada en vigor: O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata a data de entrega da obra, en todo caso ata o 31 de decembro de 2016. Sétima.- Causas de resolución: Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Oitava.- Natureza do contrato: O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, o RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polas restantes normas de dereito administrativo. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por triplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra Polo Concello de Cangas Asdo. Dª Mª del Carmen Silva Rego Asdo. D. Xosé Manuel Pazos Polo Alondras C.F. Asdo. D. Luis Guimeráns Currá” 4.23985.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITO 58/15 A xefa de servizo de Recursos Humanos e Formación e o xefe de Promoción de Emprego informan en data 07/12/2015 que debido á necesidade de realizar un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo para o outorgamento de 150 bolsas destinadas a facilitar a mobilidade dos alumnos dos campus de Vigo e Pontevedra, debe realizarse a seguinte transferencia de crédito: Aplicacións que aumentan crédito: CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 15/240-2410-481.02 A familias, bolsas e pensións de estudo e investigación – universitarios (promoción de emprego) 150.000,00 € TOTAL 150.000,00 € Aplicacións que minoran crédito: CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 15/921-2410-481.47 A familias, bolsas e pensións de estudo e investigación – bolseiros empresas (recursos humanos) 150.000,00 € TOTAL 150.000,00 € Visto o informe de Intervención de data 07/12/2015 no que se informa que a proposta que efectúa a responsable do centro xestor cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable, Visto os documento de retención de crédito RC nº operación 201500191187 cuxo crédito minórase. Considerando o establecido nos artigos 179, 180 e concordantes do R.d.l. 2/2004 de 5 de marzo (TRLRHL), os artigos 40,41, 42 e concordantes do R.d. 500/90 de 20 de abril (R.P.) e as Bases nº 7 e 10 de execución do vixente Orzamento provincial. Considerando que o órgano competente para aprobar do expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de crédito pertencente a distintos centros xestores (Base 10ª apdo. 3.b). A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de transferencia de crédito número 58/15 por importe total de 150.000,00 €, minorando crédito nos importes e as aplicacións orzamentarias que se indica e incrementando crédito polos importes e nas aplicacións orzamentarias que se detallan a continuación: Aplicacións que aumentan crédito: CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 15/240-2410-481.02 A familias, bolsas e pensións de estudo e investigación – universitarios (promoción de emprego) 150.000,00 € TOTAL 150.000,00 € Aplicacións que minoran crédito: CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 15/921-2410-481.47 A familias, bolsas e pensións de estudo e investigación – bolseiros empresas (recursos humanos) 150.000,00 € TOTAL 150.000,00 € 5.23986.- DESESTIMACIÓN DE SOLICITUDE DE SUSPENSIÓN FORMULADA POLA EMPRESA CONSTRUCCIONES VILA RIO MIÑO, S.A. DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 06/11/2015 RELATIVO Á SUSPENSIÓN DA EXECUCIÓN DA OBRA “REFORMA DA CASA DA CULTURA DE VILANOVA DE AROUSA PARA AUDITORIO E MULTIUSOS” (expte. nº2014013840) Dada conta que con data 20/11/2015 tivo entrada nesta Deputación, escrito de D. José Villamor Fandiño, en representación da mercantil Construcciones Vila Rio Miño, S.A. (CIF.A.27.106.160) solicitando a suspensión do acordo adoptado pola Xunta de Goberno da Deputación na súa sesión celebrada o día 6 de novembro de 2015, sobre suspensión da execución da obra “Reforma da casa da cultura de Vilanova de Arousa para Auditorio Multiusos”. Resultando.- Que Xunta de Goberno da Deputación na súa sesión ordinaria celebrada o día 6 de novembro de 2015, acordou suspender totalmente a execución da obra “Reforma da casa da cultura para auditorio e multiusos (Vilanova de Arousa)” e iniciar un procedemento de resolución do contrato. Resultando.- Que con data 20/11/2015 tivo entrada nesta Deputación escrito da mercantil Construcciones Vila Río Miño, S.A., adxudicataria das obras, solicitando que se suspenda o acordo adoptado pola Xunta de Goberno da Deputación anteriormente citado, acordando se paralice parcialmente a obra na zona afectada, caixa e auditorio, e a continuidade das mesmas no resto da construción proxectada mentres non se resolva de forma definitiva o expediente. Resultando.- Que con data 10/12/2015 o Servizo de Contratación emitiu informe co seguinte contido: “...1.- Non existe causa motivada con orixe na propia actividade que deba provocar a suspensión total da construción como consta na resolución. Tendo en conta que o prazo foi un elemento fundamental para que a empresa resultara adxudicataria da citada obra, ofertando para a execución da obra un prazo de SEIS (6) MESES, solicitando unha prorroga de UN (1) ANO, vinte días antes da finalización do contrato. Ante esta circunstancia cabe ter en conta os seguintes aspectos legais que impiden que o contrato se siga executando:´ O artigo 49 da Lei 30/92 de 26 de novembro recolle que a Administración poderá conceder unha ampliación dos prazos establecidos, que non exceda da metade dos mesmos, antes do vencimento do prazo de que se trate. En ningún caso poderá ser obxecto de ampliación un prazo xa vencido. O artigo 100.1 do Real Decreto 1098/2001 de 12 de outubro polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administración Públicas establece que “ A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días dende aquel en que se produza a causa orixinaria do mesmo...” O director de obra recolle no seu informe de data 08/09/15, que foi o principio da execución da obra cando se detectou a imposibilidade de levar a cabo a mesma nas circunstancias recollidas no proxecto, debido a existencia de liña de alta tensión, polo que debería ter sido nese intre cando a citada incidencia debería terse comunicado o órgano de contratación, e non como se fixo a piques de rematar o prazo de execución. O artigo 82 da Lei 30/92 de 26 de novembro establece que “ A efectos da resolución do procedemento, se solicitarán aqueles informes que sexan preceptivos por disposicións legais e os que xe xulguen necesarios para resolver...” O artigo 100.1 parágrafo segundo do mesmo texto legal recolle que “Se a petición do contratista se formulara no último mes da execución do contrato, a Administración deberá resolver sobre dia petición antes dos quince días seguintes á terminación do mesmo. Durante este prazo de quince días, non poderá continuar a execución do contrato, o cal se entenderá extinguido o día que expiraba o prazo previsto se a Administración denegara a prórroga solicitada, ou non resolvera sobre ela..” A estes efectos, solicitáronse os informes preceptivos determinantes para a resolución da solicitude de prórroga, estimándose, en base eles, iniciar un expediente de resolución de contrato ó considerar o mesmo extinguido, debéndose polo tanto ordenar expresamente a suspensión da execución das obras. 2.- Constancia no expediente administrativo que a realización das obras necesarias xurdidas en relación coa liña de alta tensión constan permitidas polo Servizo Provincial de Costas de Pontevedra e contratadas polo contratista a Unión Fenosa Distribución, S.A., estando na actualidade para o seu inicio de execución. Esta é unha afirmación sorprendente, xa que no expediente de contratación non consta documento algún por parte da empresa, no que se comunicara ó órgano de contratación tal circunstancia, ata a remisión do escrito de alegacións formulada por esa mercantil de data 20/11/15. Esta afirmación pon de manifesto a existencia de novos elementos que deben ser aclarados a efecto de determinar se foron vulnerados os acordos entre as partes e os principios de confianza lexítima e boa fe, polo que para un mellor estudo e reflexión sobre o expediente iniciado para a posible resolución do contrato, faríase necesario requirir a CONSTRUCCIONES VILA MIÑO, S.A., os efectos de incorporar ó expediente de contratación todos os documentos relativos o soterramento da liña de alta tensión tramitados co Concello de Vilanova de Arousa o Servizo Provincial de Costas e Unión Fenosa Distribución. 3- Non se debe provocar unha imposibilidade de continuar coas obras senón só unha paralización parcial da obra na zona afectada, caixa de auditorio. Polo recollido anteriormente, o contrato enténdese extinguido polo que non cabe continuar co mesmo, mais cando existe un impedimento nunha parte da obra que provoca que non se poda executar o proxecto tal e como estaba previsto, non existindo con respecto á parte da obra non afectada pola liña de alta tensión, motivo para que non se cumprira o prazo establecido no contrato. O incumprimento dos prazos de execución totais e parciais por parte do contratista, son causa de resolución do contrato segundo o establecido, na cláusula vinte e oito do prego de cláusulas economico-administrativas particulares, no propio contrato administrativo, na súa cláusula quinta e no artigo 223.d) do TRLCSP. Esta circunstancia motiva o acordo adoptado polo órgano de contratación de suspender a execución total do contrato, ata que a Administración teña todos os elementos de xuízo necesarios para acordar ou non a súa resolución a través da tramitación do expediente iniciado ó efecto. Esta cuestión xa está establecida de facto pola Lei ó non prorrogar o contrato ó consideralo extinguido. A elo cabe engadirlle que no escrito de alegacións presentado polo contratista, non se aportan datos, documentos ou alegacións que desvirtúen o acordo adoptado pola Xunta de Goberno. O único que fixo a Administración foi acordar de maneira expresa o recollido na Lei, e polo tanto cumpriría desestimar a solicitude...” Considerando.- Que a suspensión fundamentouse nos informes emitidos polo Servizo de Contratación e de Intervención desta Deputación. Considerando.- Que no escrito de alegacións presentado polo contratista, non se achegan datos, documentos ou alegacións que desvirtúen o acordo adoptado pola Xunta de Goberno. Considerando.- Que o artigo 111.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, establece que: “....A interposición de calquera recurso, excepto nos casos en que unha disposición estableza o contrario, non suspenderá a execución do acto impugnado...” Considerando.- Os preceptos invocados e demais de xenérica e pertinente aplicación. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado Rd.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Desestimar a solicitude de suspensión do acordo adoptado pola Xunta de Goberno sobre a suspensión da execución da obra “Reforma da casa da cultura para auditorio e multiusos (Vilanova de Arousa)”. 2. Requirir a Construcciones Vila Río Miño, S.A., para que no prazo improrrogable de cinco (5) días dende o día seguinte á notificación do presente acordo, comunique cando se iniciou o expediente de intervención da liña de alta tensión, cando se iniciaron as conversas con Unión Fenosa Distribución, S.A. e achegue todos os documentos relativos o soterramento da liña de alta tensión tramitados co Concello de Vilanova de Arousa o Servizo Provincial de Costas e Unión Fenosa Distribución. 6.23987.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS a)Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (COVSA) A empresa Construcións, obras e viais, S.A.- COVSA (CIF A 36.008.886), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de MILLENNIUM INSURANCE, por importe de cincuenta e sete mil novecentos setenta e dous euros con sesenta e catro céntimos (57.972,64 €), para responder do contrato relativo á obra “Trazado e mellora da seguridade viaria na E.P. 7017, tramo Callobre Balboa (A Estrada)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/01/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400008051, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de AMTRUST EUROPE, por importe de seis mil cento cinco euros con cincuenta céntimos (6.105,50 €), para responder do contrato relativo á obra “Dotación de servizos básicos a núcleos rurais (Bueu)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300140071, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de AMTRUST EUROPE, por importe de seis mil catrocentos trinta e oito euros con cincuenta céntimos (6.438,50 €), para responder do contrato relativo á obra “Mellora da pavimentación do camiño dos Santos Reis, dos Pozos do Monte e Camiño de Seixo (Mos)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300140073, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de dous mil oitocentos corenta e catro euros con cincuenta céntimos (2.844,50 €), para responder do contrato relativo á obra “Ampliación da rede municipal de saneamento en Curra (Vilaboa)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300126623, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. b)Devolución de garantías definitivas á empresa Narom, S.L. A empresa Narom, S.L. (CIF B 36.163.418), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato da obra “Ampliación da rede de sumidoiros en Bugariña e renovación da rodaxe na zona afectada”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de catro mil douscentos dezanove euros con un céntimo (4.219,01 €), para responder do contrato relativo á obra “Ampliación da rede de sumidoiros en Bugariña e renovación da rodaxe na zona afectada”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300141238, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. c)Devolución de garantías definitivas á empresa Oreco, S.A. A empresa Oreco, S.A. (CIF A 36.614.691), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de cincuenta e sete mil setecentos oitenta e sete euros con corenta e seis céntimos (57.787,46 €), para responder do contrato relativo á obra “Campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 6/08/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000006741, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de cincuenta e cinco mil catrocentos cincuenta e seis euros con setenta e oito céntimos (55.456,78 €), para responder do contrato relativo á obra “Dotación de servizos básicos a núcleos rurais (Bueu)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300140071, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. d)Devolución de garantías definitivas á empresa Claro Sol Cleaning, S.L. A empresa Claro Sol Cleaning, S.L. (CIF B 87.087.847) “Anteriormente denominada Claro Sol, S.A.”, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de vinte e tres mil sesenta e oito euros con sesenta e sete céntimos (23.068,67 €), para responder do contrato relativo ao “Servizo de limpeza de diversas dependencias do Pazo Provincial, das instalacións da antiga Sede de Educación e da Finca Areeiro”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/09/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900076006, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de mil cincocentos sesenta e cinco euros con dezanove céntimos (1.565,19 €), para responder do contrato relativo ao “Servizo de limpeza das instalacións od Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/04/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100028086, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. e)Devolución de garantías definitivas á empresa Magnafor Qualitas, S.L. A empresa Magnafor Qualitas, S.L. (CIF B 36.565.679), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato da obra “Organización e impartición das actividades formativas do programa social «Ti Tamén Contas 2014»”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de oito mil douscentos sesenta e catro euros con corenta e seis céntimos (8.264,46 €), para responder do contrato relativo á “Organización e impartición das actividades formativas do programa social «Ti Tamén Contas 2014»”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/06/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400070098. 7.23988.- ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA PARA LEVAR A CABO O PROXECTO “REFORMA DA CASA DA CULTURA PARA AUDITORIO E MULTIUSOS” De acordo co Convenio de colaboración entre o Concello de Vilanova de Arousa e a Deputación de Pontevedra, asinado o 25 de agosto de 2014, que contempla as actuacións necesarias para levar a cabo o proxecto “Reforma da Casa da Cultura para auditorio e multiusos”, a súa vixencia poderá ser prorrogada coa conformidade expresa das partes intervenientes. De acordo coa proposta da comisión de seguimento e control, e como resultado da avaliación do estado do investimento, esta considerou a imposibilidade de execución en prazo das obras inicialmente previstas por mor de dificultades que non se puideron prever na redacción dos correspondentes proxectos. Á vista do anterior a comisión estima necesario prorrogar a súa vixencia e realizar os axustes orzamentarios necesarios para manter os compromisos adquiridos. Dada conta da proposta de Addenda ó Convenio de colaboración, e visto o informe da xefa do Servizo de Cooperación, e mais os informes de Secretaría Xeral e do Servizo de Intervención, e en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, o 30 do R.d.l. 781/1986, de 18 de abril, e o 16.2 das Bases de execución do Orzamento provincial e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a Addenda ó Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vilanova de Arousa para levar a cabo o proxecto “Reforma da Casa da Cultura para auditorio e multiusos”; cuxo texto di: “ADDENDA POLA QUE SE PRORROGA O CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA PARA LEVAR A CABO O PROXECTO “REFORMA DA CASA DA CULTURA PARA AUDITORIO E MULTIUSOS” En Vilanova de Arousa, a __ de ___ de 201_ REUNIDOS Dunha parte, Dª María del Carmen Silva Rego, na súa condición de presidenta da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local. Doutra parte, D. Gonzalo Durán Hermida, alcalde-presidente do Concello de Vilanova de Arousa, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local. Ambas partes recoñécense a capacidade legal necesaria para subscribir a presente addenda e, con tal fin. MANIFESTAN I.- Que con data de 25/08/2014 foi asinado o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vilanova de Arousa para levar a cabo o proxecto “Reforma da Casa da Cultura para auditorio e multiusos”. II.- De conformidade co previsto na súa cláusula 9ª, o convenio está en vigor desde o día da súa sinatura ata o remate das obras obxecto do convenio e fixa un prazo máximo de execución ata o 31/12/2015. Asemade, a citada cláusula recolle a posibilidade de prorrogar a vixencia do convenio coa conformidade expresa das partes. III.- Durante a execución das obras púxose de manifesto a imposibilidade de rematar en prazo a reforma da Casa da Cultura, por mor de causas que non puideron ser previstas no momento de asinar o Convenio de Colaboración. A aparición de imprevistos de carácter técnico fixo necesario a paralización parcial das obras de reforma, mentres se acometen as obras precisas para resolvelos, e asemade provocaron a ralentización da parte das obras non afectadas pola paralización. Estas circunstancias impiden o remate das obras no prazo previsto inicialmente, polo que resulta necesario unha ampliación dos prazos de execución. IV.- Que co fin de darlle continuidade as actuacións iniciadas ao abeiro do antedito convenio, resulta necesaria a sinatura dunha addenda para a prórroga da vixencia do convenio asinado con data de 25/08/2014, permitindo a finalización das obras de reforma da Casa da Cultura obxecto deste antes do 31/08/2016. Con fundamento en canto queda exposto, ámbalas dúas partes acordan subscribir unha Addenda ao Convenio, de conformidade coas seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto: A presente addenda ten por obxecto dar continuidade ás actuacións iniciadas mediante o Convenio de Colaboración asinado o 25/08/2014 entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilanova de Arousa para levar a cabo o proxecto “Reforma da Casa da Cultura para auditorio e multiusos”. Segunda.- Vixencia: As partes ao abeiro da cláusula 9ª do convenio, acordan prorrogar a súa vixencia ata o 31/08/2016, co fin de dar cumprimento ó seu obxecto. A presente addenda entrará en vigor no momento da súa sinatura. Terceira.- Financiamento: As partes co fin de garantir os compromisos de financiamento inicial, acordan incorporar os créditos comprometidos para o financiamento das actuacións obxecto do convenio ós seus respectivos orzamentos para o exercicio 2016. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e na data sinalados no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo Concello de Vilanova de Arousa María del Carmen Silva Rego Gonzalo Durán Hermida” 2. Facultar á presidenta para formalizar a devandita Addenda mediante a súa sinatura. 8.23989.- ADDENDA DE PRÓRROGA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS COMPRENDIDAS NO PROXECTO “MELLORA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO IES DE BEADE (VIGO)” A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria do día 3 de xullo de 2015, aprobou o “Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a realización das obras comprendidas no proxecto Mellora das instalacións deportivas no IES de Beade, Vigo” (exp.2015028248), que se asinou por ambas as dúas partes na mesma data. O importe das actuacións previstas neste Convenio ascende á contía de 154.000,00 €, IVE incluído, en concepto de investimento nestas instalacións de titularidade da Xunta de Galicia. Desta cantidade, 4.000,00 € corresponden ó custo de redacción do proxecto, financiado pola Consellería, e 150.000,00 € corresponden á execución da obra, financiada pola Deputación, con cargo a aplicación orzamentaria 15/922.3420.655.00 do vixente Orzamento provincial. De conformidade coa súa cláusula oitava, o devandito Convenio entrou en vigor na data da súa sinatura e ten vixencia ata o 31 de decembro de 2015, pudendo prorrogarse, coa conformidade expresa das partes intervenientes, no caso de que non se rematasen as obras previstas nel. Para o desenvolvemento do obxecto deste Convenio, a Deputación de Pontevedra, mediante Resolución Presidencial de data 15 de xullo de 2015 (Rexistro saída núm. 2015019370, de 16/07/2015), aprobou o proxecto de “Reforma de vestiarios do pavillón polideportivo do IES de Beade (Vigo)”, que contempla un prazo de execución dun mes. Resultando que, de conformidade co informe do xefe do Servizo de Contratación de 10 de novembro de 2015, aínda non se aprobou o correspondente expediente de contratación para a adxudicación das referidas obras, polo que é necesario a aprobación dunha Addenda de prórroga deste Convenio ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2016, que permita realizar as actuacións previstas. Resultando que, con data de 11 de novembro de 2015 (Rexistro saída núm. 2015026344, de 13/11/2015), se solicita ó órgano competente da Consellería de Cultura, educación e ordenación Universitaria que manifeste a súa conformidade expresa coa devandita prórroga. Resultando que, con data de 10 de decembro de 2015, a Consellería de Cultura, educación e ordenación Universitaria mostra a súa conformidade expresa coa prórroga. Resultando que, con data de 13 de novembro de 2015, o Sr. Secretario Xeral emite informe favorable da Addenda de prórroga deste Convenio. Resultando que, con data de 19 de novembro de 2015, se emite informe favorable do Servizo de Intervención en relación a esta Addenda de prórroga, no que se sinala que na cláusula terceira da Addenda debería reflectirse a aplicación orzamentaria na que se imputará o gasto, que será, no seu caso, a 16/922.3420.655.00.2015. Considerando que, de conformidade coas Bases de Execución do Orzamento provincial, concretamente coa base 16.2.c), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a Addenda de Prórroga ó Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a realización das obras comprendidas no proxecto Mellora das instalacións deportivas no IES de Beade, Vigo. 2. Facultar á Sra. Presidenta da Deputación para a formalización da devandita Addenda de Prórroga mediante a súa sinatura. O texto da referida Addenda é o seguinte: “ADENDA DE PRÓRROGA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS COMPRENDIDAS NO PROXECTO “MELLORA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO IES DE BEADE (VIGO)” No Pazo Provincial, a ….. de …. de 2015 REUNIDOS O Sr. D. Román Rodríguez González, na súa condición de Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do seu nomeamento mediante o Decreto 15/2015, do 09 de febreiro, no exercicio das atribucións que lle confire o artigo 34 a Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e a súa Presidencia, e o artigo 3 do Decreto 472013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A Sra. Dª. María del Carmen Silva Rego, na súa condición de Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense coa capacidade para formalizar a presente addenda ó convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que con data de 3 de xullo de 2015 asinouse o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización das obras comprendidas no proxecto Mellora das instalacións deportivas no IES de Beade (Vigo)”. II.- Que na cláusula oitava do devandito convenio, as partes asinantes acordaron que entraría en vigor na data da súa sinatura e tería vixencia ata o 31 de decembro de 2015, pudendo prorrogarse, coa conformidade expresa das partes intervenientes, no caso de que non se rematasen as obras previstas nel. III.- Que as obrigacións asumidas entre as partes asinantes do devandito Convenio, enténdense vixentes desde a data da súa sinatura ata a data da súa extinción. IV.- Que é previsible que as obras contempladas no referido Convenio non se atopen rematadas ó tempo previsto para o seu vencemento, debido a que aínda non se aprobou o respectivo expediente de contratación. V.- Que coa finalidade de dar continuidade á prestación obxecto do devandito Convenio, as partes asinantes desta Addenda de Prórroga estiman necesario continuar coa devandita colaboración ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2016, de conformidade coas seguintes CLÁUSULAS Primeira.- As partes asinantes acordan a prórroga ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2016, do Convenio de Colaboración subscrito con data de 3 de xullo de 2015 entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Polo tanto, os efectos da presente Addenda a este Convenio de Colaboración, estenderanse, como máximo, ata o 31 de decembro de 2016. Segunda.- As obrigas asumidas entre as partes asinantes entenderanse vixentes ata a extinción do Acordo de Prórroga polo transcurso dos prazos. Terceira.- As achegas das partes asinantes na anualidade 2016 faranse con cargo ás aplicacións correspondentes dos seus respectivos orzamentos para ese ano, sendo para a Deputación a 16/922.3420.655.00.2015. E en proba de conformidade, e para que conste ós efectos oportunos, as partes asinan todas as follas por duplicado do presente Acordo de Prórroga, no lugar e data indicados no seu encabezamento. O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Sr. D. Román Rodríguez González Sra. Dª María del Carmen Silva Rego” 9.23990.- ADDENDA PARA O DESENVOLVEMENTO DAS ACTUACIÓNS DERIVADAS DA SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE VIGO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE MANTEMENTO, REPARACIÓN E CONSERVACIÓN NOS CAMPOS DE FÚTBOL DO TERMO MUNICIPAL DE VIGO De acordo co Convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, asinado o 8 de xullo de 2015, que contempla as actuacións necesarias para levar a cabo obras de mantemento, reparación e conservación nos campos de fútbol do termo municipal de Vigo, a súa vixencia poderá ser prorrogada de mediar algunha causa que o xustifique, logo da tramitación do oportuno expediente administrativo. De acordo coa proposta da comisión paritaria de seguimento do convenio, e como resultado da avaliación do estado do plan de actuación, esta considerou a imposibilidade de execución en prazo das obras inicialmente previstas por mor de dificultades que non se puideron prever na redacción dos correspondentes proxectos, e asemade valorou novas propostas de actuación e a inclusión un novo campo no seu ámbito. A vista do anterior a comisión estima necesario prorrogar a súa vixencia, realizar os axustes orzamentarios necesarios para manter os compromisos adquiridos e valorar as novas propostas de actuación. Dada conta da proposta de Addenda ó Convenio de colaboración, e visto o informe da xefa do Servizo de Cooperación, e mais os informes de Secretaría Xeral e do Servizo de Intervención, e en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, o 30 do R.d.l. 781/1986, de 18 de abril, e o 16.2 das Bases de execución do Orzamento provincial e a restante normativa local vixente. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a Addenda ó Convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra para a realización de obras de mantemento, reparación e conservación nos campos de fútbol do termo municipal de Vigo; cuxo texto di: “ADDENDA PARA O DESENVOLVEMENTO DAS ACTUACIÓNS DERIVADAS DA SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O EXCMO. CONCELLO DE VIGO E A EXCMA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE MANTEMENTO, REPARACIÓN E CONSERVACIÓN NOS CAMPOS DE FÚTBOL DO TERMO MUNICIPAL DE VIGO Pontevedra, a ___ de ________ de 201__ REUNIDOS Dunha parte, Don Abel Caballero Álvarez, Alcalde-Presidente do Concello de Vigo, na representación do Concello de Vigo que lle atribúe o artigo 124.4.a) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Doutra parte, Dona María del Carmen Silva Rego, na súa condición de Presidenta da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. As partes recoñécense mutuamente plena lexitimación, representación e a capacidade legal necesaria para subscribir a presente addenda ó convenio de colaboración e, con tal fin EXPOÑEN I.- Que con data de 08/07/2015 foi asinado o Convenio de Colaboración entre o Excmo. Concello de Vigo e a Excma. Deputación de Pontevedra para a realización de obras de mantemento, reparación e conservación nos campos de fútbol do termo municipal de Vigo. II.- Que o convenio segundo o seu pacto 1º ten por obxecto a realización de obras de mantemento e actualización dos campos de fútbol do termo municipal de Vigo, incluídos no anexo I do convenio. Segundo o pacto 2º correspóndelle ó Concello de Vigo a coordinación da definición definitiva do plan de actuación para os diversos campos de fútbol no termo municipal de Vigo relacionados no Anexo I do convenio. Segundo o pacto 4º os proxectos que conforman as distintas actuacións redactaranse por técnicos da Deputación de Pontevedra, sen prexuízo da colaboración dos técnicos do Concello de Vigo e acordo ás propostas que se acorden pola Comisión de Seguimento de ser o caso. De conformidade co previsto no seu pacto 11º, o convenio está en vigor desde o día da súa sinatura, estendendo a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2015, podendo ser prorrogado de mediar algunha causa que o xustifique, logo da tramitación do oportuno expediente administrativo. III.- Comprobado o estado actual da execución das actuacións previstas no convenio, foi adxudicado un contrato menor para a realización das obras de mantemento correspondentes ós campos de Sárdoma, As Relfas, A Bouza, A Guía e Santa Mariña. Asemade atópanse en tramitación os expedientes relativos á execución das obras de mantemento e reparación nos campos de San Andrés de Comesaña e O Meixoeiro, estando ambos pendentes de licitación. IV.- Que o pacto 10º do convenio prevé unha comisión paritaria de seguimento da execución do convenio, aprobación dos plans de execución das obras previstas así como a resolución das dúbidas que a súa interpretación poida motivar. A comisión á vista do estado do plan de actuación e da imposibilidade de execución das obras inicialmente previstas por mor de dificultades que non se puideron prever na redacción dos correspondentes proxectos, e tendo en conta a necesidade de avaliar a situación actual dos campos incluídos no ámbito do convenio, estima necesario prorrogar a súa vixencia así como realizar os axustes orzamentarios necesarios para manter os compromisos adquiridos. Asemade como resultado da avaliación estima necesario valorar novas propostas de actuación nos campos de As Relfas e San Andrés de Comesaña, e incluír no seu ámbito de actuación o campo de fútbol de Castrelos (Monte da Mina). V.- Que o pacto 8º do convenio estipula que as modificacións que se fagan, sempre dentro do importe definitivo que corresponda, deberán dar lugar a tramitación de addendas ó convenio. VI.- Por todo o anteriormente exposto, ambas as partes manifestan expresamente o seu desexo de asinar unha addenda ó convenio de colaboración co obxecto de prorrogar a súa vixencia para dar continuidade as actuacións iniciadas, incluír novas propostas de actuación acordes coa situación actual dos campos, así como incluír un novo campo no seu ámbito de actuación, cos seguintes PACTOS PRIMEIRO: A presente addenda asínase ao abeiro do pacto 8º do Convenio de Colaboración asinado o 8 de xullo de 2015 entre o Excmo. Concello de Vigo e a Excma. Deputación de Pontevedra para a realización de obras de mantemento, reparación e conservación nos campos de fútbol do termo municipal de Vigo, polo que as modificacións que se fagan, sempre dentro do importe definitivo que corresponda, deberán dar lugar a tramitación de addendas ó convenio. A Addenda ten por obxecto dar continuidade ás actuacións iniciadas, prorrogar a súa vixencia e introducir modificacións no Convenio de Colaboración asinado o 8 de xullo de 2015 entre o Excmo. Concello de Vigo e a Excma. Deputación de Pontevedra para a realización de obras de mantemento, reparación e conservación nos campos de fútbol do termo municipal de Vigo. SEGUNDO: As partes comprométense a realizar os axustes orzamentarios necesarios para manter os compromisos económicos establecidos no convenio, en relación ó novo período de vixencia. As novas actuacións previstas nesta addenda, non incluídas inicialmente no convenio, non alteran os límites máximos das obrigas económicas das partes previstas no convenio, o 50% para cada parte, do importe total das actuacións derivadas do convenio. Asemade estas novas actuacións non alteran o importe total das actuacións recollidas no convenio, 579.720,00 €. As partes co fin de garantir o compromiso de estabilidade do financiamento inicial, acordan aplicar as baixas que xa se produciron na data da sinatura desta addenda, así como as que se produzan con posterioridade, a financiar as actuacións pendentes de execución, así como as novas modificacións introducidas. Asemade as partes comprométense a manter o resto de obrigas derivadas do convenio. TERCEIRO: Ós efectos do seu ámbito de aplicación, á presente addenda axúntase un novo ANEXO I no que se relacionan os campos de fútbol sobre os que se executarán as actuacións de mantemento e conservación, actualizado coas modificacións derivadas desta addenda; quedando sen vigor o ANEXO I inicialmente axuntado ó convenio. CUARTO: De acordo co previsto no pacto 4º do convenio correspóndelle á Deputación de Pontevedra, mediante os técnicos da área de Cooperación Municipal, a redacción das novas propostas técnicas incluídas no ANEXO I axuntado a esta addenda, sen prexuízo da colaboración que presten os técnicos da Concellería de Deportes do Concello de Vigo. A valoración das novas propostas de actuación, así como a actualización das xa incluídas inicialmente, unha vez executadas ou adxudicadas, tras a proposta da comisión de seguimento, efectuarase con posterioridade á sinatura desta addenda, coa participación dos técnicos da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo. A nova valoración, incluídas as novas actuacións e as actualizacións das existentes, en ningún caso poderá supoñer un incremento para o importe total consignado no convenio, 579.720,00 euros. Ós efecto de servir como documento de referencia axúntase a esta addenda un Anexo II no que se recolle un resumen das obras en execución ou en fase de licitación coas seus importes inicialmente comprometidos, así como unha estimación das novas actuacións propostas. QUINTO: A vixencia do convenio, prevista dende a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2015, prorrógase ata o 31 de outubro de 2016. A presente addenda entrará en vigor na data da súa sinatura. E para que así conste, en proba de conformidade, as partes asinan a presente addenda e a un só efecto no lugar e data sinalados no seu encabezamento. O Alcalde-Presidente do Concello de Vigo Asdo.: Abel Caballero Álvarez A Presidenta da Deputación de Pontevedra Asdo.: María del Carmen Silva Rego O Secretario do Concello de Vigo, O Secretario da Deputación de Pontevedra, Asdo.: Carlos Cuadrado Romay” Ditos anexos son como seguen: ANEXO I Relación de campos de fútbol sobre os que se executarán as actuacións de mantemento e conservación (financiadas ó 50% polo Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra): Campo de fútbol As Relfas (Sárdoma-Moledo): • Obra de reparación do desprendemento dunha parte da parcela do campo: • Reparacións de roturas en zoas do campo. • Reparacións de zoas fundidas no campo. • Reparación de liñas de xogo. • Descompactación do caucho do campo. • Cepillado da totalidade do campo. • Subministro de caucho. • Reparación do sistema de rego. • Reparación do marcador electrónico. • Reparación dos sistemas de iluminación. • Outras actuacións complementarias no equipamento do campo. • Instalación dunha zoa complementaria para adestramento na área detrás da portería sur • Realizar unha mellora no modulo de vestiarios desta instalación. Campo de fútbol San Andrés de Comesaña: • Obra de reparación do afundimento da canaleta dun lateral do campo e reparación das zoas afectadas, torreta de iluminación, peche perimetral, etc. • Reparación de liñas de xogo. • Descompactación do caucho do campo. • Cepillado da totalidade do campo • Subministro de caucho. • Reparación do sistema de rego. • Reparación do marcador electrónico. • Reparación dos sistemas de iluminación. • Outras actuacións complementarias no equipamento do campo. • Substitución de terreo de xogo pola instalación dun novo pavimento de herba sintética. Campo de fútbol do Meixoeiro: • Obra de reparación do afundimento dunha parte da parcela do campo: • Reparación de liñas de xogo. • Descompactación do caucho do campo. • Cepillado da totalidade do campo. • Subministro de caucho. • Reparación do sistema de rego. • Reparación do marcador electrónico. • Reparación dos sistemas de iluminación. • Outras actuacións complementarias no equipamento do campo. Campo de fútbol da Bouza: • Reparación de liñas de xogo. • Descompactación do caucho do campo. • Cepillado da totalidade do campo. • Subministro de caucho. • Reparación do sistema de rego. • Reparación do marcador electrónico. • Reparación dos sistemas de iluminación. • Outras actuacións complementarias no equipamento do campo. Campo de fútbol A Guía: • Reparación de liñas de xogo. • Descompactación do caucho do campo. • Cepillado da totalidade do campo. • Subministro de caucho. • Reparación do sistema de rego. • Reparación do marcador electrónico. • Reparación dos sistemas de iluminación. • Outras actuacións complementarias no equipamento do campo. • Limpeza perimetral da vexetación. Campo nº 1 nas instalacións de fútbol Sta Mariña (Cotogrande-Cabral): • Reparación de liñas de xogo. • Descompactación do caucho do campo. • Cepillado da totalidade do campo. • Subministro de caucho. • Reparación do sistema de rego. • Reparación do marcador electrónico. • Reparación dos sistemas de iluminación. • Outras actuacións complementarias no equipamento do campo. Campo de fútbol municipal de Castrelos (Monte da Mina): • Substitución de terreo de xogo pola instalación dun novo pavimento de herba sintética INVESTIMENTO TOTAL 579.720,00 € ANEXO II Resumen inicial da previsión económica para as actuacións recollidas nesta addenda: EXPEDIENTES EN EXECUCIÓN: Importe Expediente 14406/333. Contrato menor obras mantemento dos campos de fútbol de herba artificial A Bouza, Santa Mariña, Sárdoma, A Guía. 50.820,00 € (adxudicado) Expediente: 14634-333. Aprobación do proxecto para a execución de obras de mantemento e reparación no campo de fútbol de San Andrés de Comesaña. 78.582,65 € (en tramitación) Expediente: 14636-333. Aprobación do proxecto para a execución de obras de mantemento e reparación no campo de fútbol do Meixoeiro. 52.990,39 € (en tramitación) Importe inicialmente comprometido en execución de obras: 182.393,04 € Importe pendente en relación as obrigas económicas do convenio 397.326,96 € ESTIMACIÓN DAS NOVAS ACTUACIÓNS PROPOSTAS Importe Sobre o Campo de fútbol As Relfas (Sárdoma-Moledo), valorar a actuación de instalación dunha zoa complementaria para adestramento na area anexa a porteria sur. 49.000,00€ Campo de fútbol San Andrés de Comesaña, valorar a actuación de substitución do terreo de xogo pola instalación dun novo pavimento de herba sintética e reparación do base asfáltica. 183.326,96€ Incluír no ámbito da actuación o campo de fútbol Municipal de Castrelos (Monte da Mina), no cal se valorará a actuación de substitución do terreo de xogo pola instalación dun novo pavimento de herba sintética. 165.000,00€ Importe total para as novas propostas 397.326.96€ 2. Facultar á presidenta para formalizar a devandita Addenda mediante a súa sinatura. 10.23991.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Ó CONCELLO DE O PORRIÑO, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “CONEXIÓN DE VARIAS REDES DE SANEAMENTO EN VACARIA-BUDIÑO”, ACOLLIDO Ó PPOS/15 POLO PROCEDEMENTO DE CONCORRENCIA O Pleno da Deputación, na súa sesión de 30 de decembro de 2014, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15), que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 2 de xaneiro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos. Se ben se debe ter en conta a modificación do dito plan aprobado mediante acordo plenario do 27 de febreiro de 2015, publicado no BOPPO núm. 41, do 2 de marzo de 2015. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do PPOS/15, elaborouse un reparto do crédito reservado á concorrencia que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. Dentro do prazo fixado nas convocatorias (inicial e ampliación), consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do PPOS/15, solicitudes de subvención do Concello de O Porriño con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto por concorrencia (615.385,68 €) e que se detallan na seguinte táboa: Investimento Subvención solicitada Substitución e traslado da Ponte das Améndoas 246.154,27€ Mellora da seguridade no vial sur de As Gándaras (Ampliación PPOS/15) 16.394,18 € Mellora do entorno do polígono III en Torneiros (Ampliación PPOS/15) 77.981,58 € Dotación de beirarrúas no tramo Madera Iglesias-San Campio (Ampliación PPOS/15) 274.855,65€ TOTAL 615.385,68€ Con data 12/08/2015 nº rexistro 2015087382 e data 14/09/2015 nº rexistro 2015097235, o Concello do Porriño solicita modificación das solicitudes realizadas dentro do PPOS/15. Quedando segundo a seguinte táboa: Investimento Subvención solicitada Mellora da seguridade vial sur das Gándaras Fase II, O Porriño 93.355,43 € Novo ramal abastecemento na Devesa-Chan, Budiño 93.762,03 € Conexión de varias redes de saneamento na Vacaría, Budiño 75.237,97 € Dotación de beirarrúas no tramo Maderas Iglesias-San Campio 274.855,65 € Mellora do entorno do polígono III en Torneiros 77.981,58 € TOTAL 615.192,66 € A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión do día 9 de outubro de 2015 acorda a concesión de subvención ó Concello do Porriño para a realización dos investimentos polos orzamentos e importes recollidos na táboa que se inxire a continuación: Investimento Orzamento Subvención Dotación de beirarrúas no tramo Maderas iglesias-San Campio 274.855,65 € 274.855,65 € Mellora do entorno do polígono III en Torneiros 77.981,58 € 77.981,58 € Mellora da seguridade vial sur das Gándaras. Fase II 93.355,43 € 93.355,43 € A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión do día 11 de decembro de 2015 acorda conceder ó Concello de Porriño, a cantidade de 93.762,03 €, para a realización do investimento “Novo ramal de abastecemento en A Devesa – A Chan-Budiño”. En data 30/11/2015, ten entrada no rexistro desta Deputación Provincial a documentación esixida na base sétima do PPOS/15, relativa a o investimento “Conexión de varias redes de saneamento en Vacaría-Budiño” con un orzamento por importe de 75.237,97 € sobre o cal solicitan subvención polo mesmo importe. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpren os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do PPOS/15, constando informe favorable do Servizo de Infraestruturas de data 10/12/2015. A concesión desta subvención efectúase contra a aplicación orzamentaria 15/942.9420.762.45 con cargo á cantidade reservada para a súa concesión polo procedemento de concorrencia, sen que dita modificación altere a cantidade global asignada ó Concello de O Porriño por este procedemento. Fundamentos xurídicos: Réxime Xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL).  Bases reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2015. Consideracións Xurídicas: 1.- Instrución do expediente:  Base reguladora 10ª do PPOS/15, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle a xefa do servizo de cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Asemade, establécese que procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia. 2.- Petición e evacuación de informes:  Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes.  Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma.  Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención.  Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2015, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar esta función.  Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención.  Base reguladora 10ª do PPOS/15, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe de fiscalización do Servizo de Intervención. 3.- Resolución do expediente:  Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedente a través do órgano instrutor.  Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá el procedimiento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención  Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios  Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto.  Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2015 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención.  Base reguladora 1ª do PPOS/15 que define a tipoloxía dos investimentos que poden ser obxecto de subvención.  Bases reguladoras 7ª e 8ª do PPOS/15 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación.  Base 16ª do PPOS/15 que dispón que as axudas concedidas o abeiro deste plan deben estar concedidas na súa totalidade a 31 de decembro de 2015. Conclusións: A solicitude do Concello do Porriño relativa o financiamento da actuación “Conexión de varias redes de saneamento en Vacaria-Budiño” polo que solicita subvención por importe de 75.237,97 €, xunta a documentación precisa para a válida concesión da subvención solicitada. O obxecto do investimento adecúase a tipoloxía que se regula na base 1ª: investimentos municipais dentro do marco das súas competencias que executará o Concello financiados integramente pola Deputación Provincial. Asemade, a Dirección de Infraestruturas emitiu informe favorable de supervisión e control do proxecto técnico achegado. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente o expediente do Concello de O Porriño e propoño que lle sexa concedida subvencións por importe de 75.237,97 € para a realización do investimento “Conexión de varias redes de saneamento en Vacaria-Budiño”, cun orzamento polo mesmo importe (75.237,97€). A concesión realizarase contra a aplicación 2015/942.9420.762.45 do vixente Orzamento provincial. Este informe no ten carácter vinculante, de feito que o órgano concedinte co seu superior criterio decidirá. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Por todo o exposto e a vista do informe de intervención, en consecuencia, Xunta de Goberno acorda por unanimidade:  Conceder ó Concello de O Porriño con CIF núm. P3603900F, a cantidade de 75.237,97 €, para a realización do investimento (Ref,: PPOS/15/00794/201500456), denominado “Conexión de varias redes de saneamento en Vacaría-Budiño”, cun orzamento polo mesmo importe (75.237,97 €).  Convén lembrar a obriga dos concellos de posuír as licenzas e os permisos sectoriais necesarios para a normal execución dos investimentos; de feito esta concesión non exime das autorizacións sectoriais oportunas e do cumprimento da normativa urbanística vixente.  Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2015/942.9420.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2015.  A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas en acordo plenario o 28 de novembro de 2014 e publicadas no BOP núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións.  Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PPOS/15, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación das subvencións concedidas. 11.23992.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “CONECTADAS 2016” A Deputación de Pontevedra convoca para o ano 2016 unha edición do novo programa “Conectadas”, que ten por finalidade contribuír a mellora da empleabilidade das mulleres e o seu mantemento no mercado de traballo, superar os malestares das mulleres derivados da desigualdade de xénero, e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías como ferramenta de uso na vida cotiá. Para levar a cabo este programa o Servizo de Igualdade elaborou unhas bases para regular a concesión de axudas que van destinadas a asociacións e federacións sen animo de lucro e fundacións que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o desenrolo das mesmas e da súa actuación, o empoderamento das mulleres e do seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de mulleres e homes. Resultando que con data do 09/12/2015 a Sra. Secretaria accidental, Sonia Mateos Escudero, informa favorablemente as bases reguladoras do programa Conectadas para o exercicio 2016. Resultando que con data do 11 de decembro a xefa do servizo de fiscalización emite informe sobre a tramitación do expediente para a aprobación de ditas bases, deixando constancia dunha serie de observacións, así como de que a aplicación orzamentaria proposta 16/250.2315.227.07, considerase correcta, quedando condicionada a existencia de crédito, por importe de 321.433,00€, á aprobación definitiva do orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2016. Considerando que o órgano competente para a aprobación das bases reguladoras do Programa Conectadas para o exercicio 2016, e a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado nas bases de execución do orzamento provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar as bases reguladoras do Programa “Conectadas” para o exercicio 2016. 2. Que a eficacia deste acordo quede condicionada a aprobación definitiva do orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2016 e a existencia de crédito na aplicación orzamentaria 16/250.2315.227.07, por importe de 321.433,00€ para facer fronte ás obrigas recollidas nas bases reguladoras do programa “Conectadas” para o exercicio 2016. Estas bases son as seguintes: “BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “CONECTADAS 2016” A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Igualdade, quere potenciar a participación e promoción das mulleres e favorecer as relacións interpersoais en igualdade, impulsando accións formativas e incorporando de maneira transversal os principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar. A igualdade como dereito está recollida nos artigos 9.2 e 14 da Constitución española, co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis democrática, xusta e solidaria. O principio de igualdade de trato entre mulleres e homes supón a ausencia de calquera discriminación, directa ou indirecta, por razón de sexo en todos os ámbitos da vida, e singularmente nas áreas económicas, sociais, laborais, culturais e educativas. No artigo 2 da Lei orgánica 3/2007, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, establécese que todas as persoas gozarán dos dereitos derivados do principio de igualdade de trato e da prohibición de discriminación por razón de sexo. Os poderes públicos deben adoptar as medidas oportunas para garantir o exercicio efectivo por parte de mulleres e homes en condicións de igualdade. Cando se fala de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes faise referencia á necesidade de garantir o acceso de todos os membros da sociedade, mulleres e homes, a participar nas distintas esferas e actividades: económica, política, de participación social, de educación, de formación, de emprego, entre outras, sobre as bases da igualdade. Para que esta igualdade sexa real e efectiva a formación é un instrumento imprescindible. Un dos cambios mais destacados que experimentou a sociedade galega nos últimos anos foi no tocante á situación das mulleres. O seu nivel de formación constitúe un activo importantísimo para si mesmas, para as empresas e para a sociedade no seu conxunto. BASES Primeira. Obxecto: Constitúe o obxecto destas bases a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación relativa ao programa “Conectadas”, que ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías. Segunda. Entidades destinatarias: A Deputación considera necesario favorecer o asociacionismo entre as mulleres xa que, precisamente, son as asociacións, federacións e fundacións que traballan no eido da muller as que teñen por obxecto a súa promoción, as que coas súas actividades poden incidir de forma directa na participación e promoción das mulleres na sociedade pontevedresa. Este programa irá destinado a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e actuación, o empoderamento das mulleres, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de mulleres e homes. Quedarán excluídas desta convocatoria as entidades de maiores, pensionistas ou xubilados, entre outros (independentemente das súas vogalías), xa que existe un programa específico para este colectivo. As accións formativas estarán abertas a toda a poboación da provincia de Pontevedra, mais as mulleres terán preferencia, reservándose só o 25 % do total das prazas para homes, agás no bloque de contidos “Súmate ao cambio”, no que a participación pode ser mixta, xa que se cubrirán as prazas ao 50 % (en caso de existiren vacantes poderá ampliarse esta porcentaxe). Terceira. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral ou en calquera das oficinas de rexistro da institución provincial que se detallan na seguinte táboa: Denominación Enderezo Horario Rexistro xeral Pazo provincial - Avda. de Montero Ríos, s/n Pontevedra De luns a venres,de 8:30 a 14:30h e de 17:30 a 19 h Sábados, de 9 a 13 h Rexistro da oficina de Vigo Rúa Oporto, nº 3 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Pontevedra Avda. de Marín, nº 9, baixo De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Arbo Rúa Luís Cubelas, nº 2 Mércores, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Bueu Eduardo Vicenti, nº 8 Luns e xoves, de 8:30 a 14:30 h Rexistro do ORAL en Caldas de Reis Rúa José Salgado, nº 19 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Cambados Rúa Ourense, nº 8 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Cangas Rúa Castelao, s/n, edificio do concello De luns a venres,de 8:30 a 14:30h Rexistro do ORAL na Cañiza Rúa Progreso, edificio dos xulgados Martes e xoves, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Covelo Praza do Mestre Cerviño, nº 2 Luns, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL na comarca de Deza Praza de Galicia, nº 1, edificio Castro Tecnolóxico Lalín De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL na comarca do Val Miñor Rúa Damas Apostólicas, nº 1 Nigrán De luns a venres,de 8:30 a 14:30h Rexistro do ORAL na Estrada Avda. Benito Vigo, nº 47, baixo De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Moaña Rúa Almansa, nº 7 De luns a venres,de 8:30 a 14:30h Rexistro do ORAL nas Neves Praza da Cristiandade, nº 1 Venres, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Ponteareas Rúa Daniel Ojea, baixo De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Ponte Caldelas Avda. de Galicia, nº 17, edificio do concello Venres, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL no Porriño Rúa O Pinar, nº 5 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL no Rosal Praza do Calvario, nº 1, edificio do concello Martes e xoves, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Sanxenxo Rúa Carlos Casas, nº 8 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Tomiño Praza do Seixo, s/n Primeiro e último mércores de mes, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Tui Rúa Coruña, nº 26 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Vilanova de Arousa Rúa Cruceiro, nº 26 De luns a venres, de 9 a 14 h O prazo de inscrición será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). As solicitudes tamén se poderán presentar a través de calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. En caso de que se envíen mediante correo postal (ao Rexistro da Deputación), este deberá ser certificado co selo de Correos no formulario de solicitude para garantir que a data de remisión está incluída no prazo de presentación de solicitudes da orde da convocatoria. Cuarta. Documentación: As solicitudes formularanse seguindo o modelo que se facilitará no Rexistro xeral da Deputación, no Rexistro da súa sede de Vigo ou na páxina web da institución provincial (www.depo.es). A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:  Copia do DNI da presidenta/e da entidade.  Copia do CIF da entidade.  Certificado de acreditación do cargo.  Memoria de actividades do ano 2015. Quinta. Condicións do programa: As accións formativas terán unha duración de 35 horas, repartidas entre dúas e tres horas semanais, e a entidade solicitante poderá escoller se estas se realizan no mesmo día ou en días alternos, dependendo das necesidades das persoas participantes. Ademais, poderán incrementarse as horas semanais ata un máximo de 4 horas en caso de se considerar oportuno pola actividade que se vaia desenvolver. En todas as accións formativas deberá incluírse de forma transversal nos seus contidos o tratamento da igualdade efectiva entre mulleres e homes. Ademais, impartirase un módulo de sensibilización en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, de cinco horas de duración. O número máximo de prazas por cada acción formativa virá establecido no catálogo segundo a especialidade e poderá variar entre as 20 e 25. Para levar a cabo calquera acción formativa será necesario reunir un mínimo de 15 persoas. De non ser así a entidade deberá poñerse en contacto coa persoa técnica responsable do programa desde o organismo provincial e procurar así as opcións existentes antes da anulación do curso. En caso de que as prazas se queiran ampliar debido á elevada demanda a entidade poderá solicitarllo á Deputación, sempre que as instalacións e o tipo de obradoiro o permitan. A institución provincial levará a cabo estas accións formativas a través dunha empresa especializada na materia, responsable da execución, da coordinación e da avaliación do programa. Os obradoiros deberán rematar antes do 31 de decembro de 2016. Sexta. Entidades participantes: Cada entidade poderá escoller unha acción formativa do catálogo ofertado e aceptará as obrigas que correspondan para cada unha delas: - Características da aula (de non cumprirse deberán escoller outro obradoiro). - Material do que se debe dispoñer (acondicionamento mínimo). - Material que debe ter o alumnado (ver catálogo). - Coñecementos mínimos (ver catálogo). Na elección da acción formativa deben terse en conta as instalacións con que conta a entidade, os equipamentos de que dispón e as súas características específicas, ademais do material que deberá levar o alumnado, tendo en conta o que recolle o catálogo para cada acción formativa. Débese utilizar unha aula-obradoiro con espazo suficiente para a realización de actividades prácticas ou tarefas manuais, que estea debidamente acondicionada, con ventilación natural, iluminación suficiente, electricidade e toma de auga. Esta aula deberá estar equipada, ademais, con mobiliario (mesas e cadeiras) para a persoa docente e as persoas participantes no obradoiro. A entidade solicitante autoriza a Deputación, ao se adherir a este programa, a publicar os datos de contacto e o lugar no que se levará a cabo o obradoiro na páxina web e a incorporar a relación de persoas participantes aos ficheiros informáticos da institución provincial. Os datos persoais recollidos serán incorporados e tratados en ficheiros inscritos na Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de conter os datos das persoas que participan nos programas financiados pola Deputación. Así mesmo, as entidades participantes autorizan a obtención de imaxes das instalacións onde se levará a cabo a acción formativa escollida, á fin de poder verificar que o local recolle as condicións óptimas para o correcto desenvolvemento do obradoiro. Calquera anomalía que se advirta sobre o bo desenvolvemento do obradoiro deberá comunicárselle inmediatamente ó Servizo de Igualdade da institución provincial, para así poder emendalo. As entidades participantes no programa non poderán esixir ningunha cota ou calquera outra contía maior de 6 euros, estipulada nestas bases, ás persoas que realicen a acción formativa. En caso de reclamación ou queixa por este motivo, as entidades poden ser penalizadas coa non participación en sucesivas edicións. Unha vez concedida a acción formativa e establecida a data do seu inicio a entidade solicitante deberá enviar a relación definitiva das persoas participantes á empresa adxudicataria, como mínimo cunha semana de antelación ao día de comezo marcado. Nesta relación figurarán os nomes e apelidos, o número de DNI e mais o teléfono de contacto de cada participante. Sétima. Obrigas das persoas participantes: As persoas participantes de cada obradoiro deberán aboar a cantidade de 6 euros e serán responsables de levar os materiais esixidos se así fose preciso (ver catálogo). Esta cantidade non se devolverá a non ser que a baixa na acción formativa sexa por causas de forza maior. O primeiro día a persoa responsable ou representante da empresa adxudicataria será a encargada de recoller o depósito dos cartos das persoas que fixesen a entrega previamente na entidade, así como de requirírllelo ás persoas que por diversos motivos non o realizasen con anterioridade, entregándolles a todas elas o xustificante correspondente. Unha vez comezado o curso será cada participante quen decida se quere ou non asinar a cesión de dereitos de imaxe, permitindo así a obtención de fotos durante a execución dos obradoiros para a difusión e a promoción do programa. O alumnado deberá levar o material requirido no catálogo para a acción formativa escollida, polo que é importante, á hora de elixir, ter en conta de qué materiais deben dispoñer. Unha vez rematada a acción formativa faráselles entrega dun diploma acreditativo de boa execución e das horas de formación recibidas ás persoas participantes que cumprisen os requisitos de asistencia e fixeran entrega do DNI. Esta entrega poderá realizarse ao remate de cada acción ou á finalización do programa. Neste último caso realizarase unha clausura e entrega conxunta dos diplomas ás diferentes entidades participantes. Para a obtención do diploma non se poderá superar o 15 % de faltas inxustificadas nin o 25 % de faltas xustificadas. Oitava. Da empresa adxudicataria: A Deputación levará a cabo as accións formativas a través dunha empresa especializada na materia, responsable da execución, coordinación e avaliación do programa. A empresa adxudicataria achegará en cada acción formativa o seguinte: • Persoal docente coa titulación regulamentaria, con experiencia suficiente para a categoría profesional. • Os materiais precisos para a boa execución da actividade (ver catálogo). • Unha carpeta co programa, folios e un bolígrafo para cada participante. • Os manuais coa parte teórica. • Copia da póliza do seguro de responsabilidade civil. • Polo xeral as aulas deberán contar, segundo a acción formativa escollida, con equipos audiovisuais, informáticos ou cociñas completas. En caso de non contar con todo o equipamento mencionado achegarao a empresa adxudicataria, sempre e cando exista a posibilidade de que permaneza instalado na aula durante o tempo que dure a actividade sen risco de que sexa manipulado por persoas alleas. A empresa adxudicataria será a responsable de coordinar coa presidencia da entidade o lugar de impartición da acción formativa do que deberá dispoñer a asociación. Tamén se encargará de solicitar a relación definitiva de persoas participantes e de realizar as comunicacións precisas para informar do día, da hora e do lugar de realización. Novena. Procedemento de concesión: O órgano instrutor dos expedientes será, de acordo coa competencia para coñecer e resolver as solicitudes, o Servizo de Igualdade, e a adxudicación dependerá da Xunta de Goberno. No caso de que o número de solicitudes exceda o número de accións formativas ofertadas terase en conta o rexistro de entrada das solicitudes debidamente cubertas e tamén que acheguen a documen¬tación esixida no prazo estipulado. En caso de a solicitude non estar debidamente cuberta ou de que non se achegase a documentación esixida requiriráselle á entidade interesada que, nun prazo máximo e improrrogable de dez (10) días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos coa advertencia de que, se non o fixer, se considerará desistida da súa petición. Décima. Orzamento: A contía consignada para o programa “Conectadas”, que se regula nesta orde, ascende para o ano 2016 a trescentos vinte e un mil catrocentos trinta e tres (321.433,00) euros, con cargo á aplicación orzamentaria 16/250.2315.227.07 do Orzamento ordinario da Deputación, sen prexuízo de que este crédito se amplíe. A institución provincial establece a convocatoria das accións formativas do programa “Conectadas”, no marco de actividades para mulleres, ofertando inicialmente un total de 267, que poderán incrementarse en base ao prezo definitivo da empresa adxudicataria. No suposto de que as accións ofertadas nesta convocatoria non quedasen cubertas o organismo provincial poderá abrir unha nova convocatoria. Décimo primeira. Publicidade: Débese facer constar a organización e a colaboración da Deputación de Pontevedra mediante a inclusión da súa imaxe institucional en toda a publicidade que se elabore, de conformidade co artigo 31 do Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións (RLXS). Para as posibles consultas relacionadas con este tema está dispoñible o seguinte enderezo de correo electrónico comunicación@depo.es. Décimo segunda. Prazo de vixencia: As bases que regulan este programa terán vixencia ata o 31 de decembro de 2016. Décimo terceira. Lexislación aplicable: • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. • Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións. • Lei orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. • Lei orgánica 3/2007, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. • Lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. • Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. • Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. • Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. • Bases de execución do vixente Orzamento provincial.” 12.23993.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PLAN “PONTEGAL 2016” A Deputación de Pontevedra pon en marcha o Pontegal 2016, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría así como visto o informe favorable de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán o citado Plan e que son do seguinte teor: “PONTEGAL 2016 BASES 1. Obxecto: A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cultura e Lingua Galega, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular en lingua galega nas múltiples e variadas expresións artísticas e en colaboración cos concellos, as agrupacións, as entidades e as asociacións culturais, pon en marcha o Pontegal 2016. A través deste Plan retribuiráselles aos grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ao longo do ano 2016 no ámbito territorial da provincia de Pontevedra coas contías establecidas para este fin na base 6ª e que se imputarán con cargo á aplicación 16/330.3340.226.29 do Orzamento provincial. Poderán solicitar a inclusión neste Plan as bandas de música, masas corais, os grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas, agrupacións de música tradicional, de música clásica ou de teatro, entre outros, co fin de contribuír a difundir e promover a música, o folclore, o teatro, a danza, o audiovisual e as demais manifestacións artísticas. 2. Lugar e prazo de presentación: As solicitudes formalizaranse no modelo normalizado que se facilita no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura e Lingua Galega ou na web www.depo.es, e presentaranse, xunto coa documentación prevista na base 3ª, no Rexistro xeral da institución provincial:  Sede de Pontevedra: avda. de Montero Ríos, s/n (de luns a sábado)  Sede de Vigo: rúa Oporto, núm. 3 (de luns a venres) Tamén se poden presentar en calquera dos demais rexistros que figuran no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP/PAC). O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará o 1 de febreiro de 2016. As agrupacións sen CIF achegarán unha acta de constitución asinada polas persoas que a compoñen na que consten a designación da persoa representante e a certificación da conta bancaria aberta a nome do grupo. 3. Documentación: Para seren incluídas neste Plan as agrupacións interesadas presentarán a seguinte documentación: a. Fotocopia do CIF da entidade. b. Certificación da conta bancaria. c. Relación nominal de compoñentes co seu núm. de DNI. d. Fotografía da agrupación en soporte dixital con formato JPG. e. Declaración asinada na que se comprometen a empregar a lingua galega e a linguaxe non sexista no desenvolvemento das súas actuacións. f. Memoria explicativa da actividade que desenvolven, na que se incluirán as necesidades técnicas precisas e a contía económica de cada actuación (caché). O caché estará suxeito a que o comproben os órganos competentes desta Deputación. De conformidade co establecido no art. 35.f da LRXAP/PAC, a documentación sinalada nos apartados a, b, c e d non terá que presentarse se xa se entregou no Servizo de Cultura desta Deputación nos últimos dous anos, sempre que durante ese período non se producise nela ningunha modificación. 4. Clasificación: As agrupacións incluídas no Plan clasificaranse en: 1.) Bandas de música, as que teñan: a) un mínimo de 65 membros e unha escola de música b) un mínimo de 50 membros c) un mínimo de 35 membros Ademais da documentación requirida na base 3ª deberán presentar a relación do alumnado e a do profesorado da escola de música, facendo constar, se procede, o seu recoñecemento oficial. 2. Masas corais, as que teñan: a. un mínimo de 50 membros b. un mínimo de 30 membros 3. Grupos folclóricos, os que teñan: a. 30 membros, grupo instrumental propio e escola de baile e que acrediten mediante un documento que realizan actividades de investigación ou etnografía, entre outras b. 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile c. 16 membros e grupo instrumental propio Ademais da documentación requirida na base 3ª deberán presentar:  a relación nominal das persoas que compoñen o grupo folclórico co seu núm. de DNI.  a relación nominal das persoas que compoñen o grupo instrumental co seu núm. de DNI.  a relación do alumnado da escola de baile. 4. Grupos de teatro: Para seren incluídos nesta epígrafe, ademais da documentación requirida na base 3ª, deberán presentar unha proposta de programación e o custo da montaxe. Valorarase: - O caché do grupo. - A escenografía. - O número de compoñentes. - A relación de obras representadas nos últimos tres anos acreditando con documentación a súa posta en escena. - O custo da montaxe. 5. Música clásica: a. Grupo A: grupos de cámara b. Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos c. Orquestras: as que teñan a distribución instrumental orquestral (corda e vento) 6. Música tradicional e outros: Bandas de gaitas, grupos de gaitas, grupos folk, rondallas, pandeireteiras, animación infantil, baile moderno, humoristas, poetas ou audiovisuais, entre outros. 5. Selección: A selección e a inclusión dos grupos solicitantes levaraas a cabo o Servizo de Cultura e Lingua Galega, que poderá asesorarse a través dos informes tanto do persoal técnico coma de profesionais expertos en cada unha das materias que avalían os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ao órgano competente a súa aprobación definitiva. 6. Retribución: A Deputación de Pontevedra retribuirá cada actuación cos seguintes importes e o resto do importe do caché, de ser o caso, aboarao a entidade solicitante: Tipo de grupo Importe Tipo de grupo Importe Bandas de música (a) 600,00 € Grupos folk 270,00 € Bandas de música (b) 500,00 € Pandeireteiras 240,00 € Bandas de música (c) 450,00 € Rondallas 240,00 € Masas corais (a) 270,00 € Outros grupos: Masas corais (b) 240,00 € Animación infantil 210,00 € Grupos folclóricos (a) 270,00 € Baile moderno 210,00 € Grupos folclóricos (b) 240,00 € Ballet 240,00 € Grupos folclóricos (c) 200,00 € Cantautores 210,00 € Grupos de teatro (a) 500,00 € Grupos de playback 210,00 € Grupos de teatro (b) 375,00 € Grupos músico-vocais 210,00 € Maxia 300,00 € Humoristas 210,00 € Clásicos (a) 240,00 € Majorettes 210,00 € Clásicos (b) 210,00 € Outros folclores 210,00 € Orquestras clásicas 340,00 € Poetas 210,00 € Bandas de gaitas 240,00 € Grupos de pop-rock 210,00 € Grupos de gaitas 200,00 € Audiovisuais 210,00 € 7. Solicitudes das actuacións: As entidades solicitantes poderán ser concellos e asociacións sen ánimo de lucro. Como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto coas agrupacións acollidas a este Plan para concretar a data da actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou a escenificación da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado para que poidan efectuar a súa actuación sen ningún impedimento. As solicitudes para as actuacións destes grupos presentaranse cunha antelación superior aos 45 días da data da súa realización e deberán vir cunha copia do número do DNI da persoa que representa a entidade, excepto no caso das entidades locais. O Servizo de Cultura e Lingua Galega comprométese a informar da autorización do evento cunha antelación mínima de 30 días. As entidades ás que se lles autoricen actuacións con cargo a este Plan están obrigadas a facer a publicidade das actividades en lingua galega,empregar a linguaxe non sexista e introducir o logo do Pontegal 2016-Deputación de Pontevedra nun lugar visible; de non figurar este quedarían excluídas da axuda. 8. Obrigas das agrupacións: As agrupacións seleccionadas comprométense a desenvolver as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia e, soamente nos casos de forza maior debidamente xustificados, quedarán exentas de as realizar. Tamén se comprometen a velar por que as entidades solicitantes inclúan a publicidade das actividades en lingua galega, empregando linguaxe non sexista e co logo do Pontegal 2016-Deputación de Pontevedra nun lugar visible. 9. Pagamento: O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura, facilitado polo Servizo de Cultura e Lingua Galega, debidamente cuberto e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días, contados desde a data de comunicación da autorización da actuación. Ademais da correspondente factura deberá incluírse unha copia do cartel da actividade ou unha captura de pantalla se é en formato dixital para comprobar a súa realización e a correcta publicidade do evento. Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións estas deberá emitilas a persoa titular que figura no CIF facilitado pola Axencia Estatal de Administración Tributaria e deberán vir asinadas pola persoa que solicitou a actuación ou pola persoa representante da entidade solicitante, debidamente acreditada. As e os solistas e mais as agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente (R.d.l. 3/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas) e a lexislación de desenvolvemento. 10. Adxudicación das actuacións: A adxudicación das actuacións apostará polo equilibrio territorial no reparto de fondos e determinarase aplicando os seguintes criterios e porcentaxes:  Dinamización da lingua galega 30 %  Incursión das actuacións en programación de carácter social 30 %  Adecuación da actuación ao interese supramunicipal 20 %  Número posible de beneficiarios do evento 20 % O importe total das actuacións autorizadas para un mesmo evento non poderá superar os 1.200,00 €. 11. Vixencia: Este Plan terá vixencia durante todo o ano 2016 e estará condicionado á existencia de consignación orzamentaria. 12. Normativa supletoria: Para o non establecido nas presentes bases teranse en conta as bases de execución do Orzamento provincial.” 13.23994.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL A BURACA DO CONCELLO DE VIGO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O “II CERTAME DE CANCIÓNS DAS NOSAS TABERNAS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 02/10/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 02/10/2015 unha subvención a favor da Asoc. Cultural A Buraca con CIF: G-27.815.562, do Concello de Vigo, por un importe de 1.251,00 €, para o “II Certame de cancións das nosas tabernas” con cargo á aplicación 15/330.3340.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 01/12/2015 da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 14.23995.- ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS DE FORMACIÓN, UNHA PARA TÉCNICOS SUPERIORES EN SAÚDE AMBIENTAL E OUTRA PARA TÉCNICOS SUPERIORES EN LABORATORIO DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO, CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO De conformidade coa proposta de adxudicación da comisión seleccionadora de dúas bolsas de formación, unha para técnicos superiores en saúde ambiental e outra para técnicos superiores en laboratorio clínico e biomédico ou en laboratorio de diagnóstico clínico, con destino ó servizo Estación Fitopatolóxica do Areeiro da Deputación, para realizar tarefas de investigación e apoio nas áreas de Química Analítica e Microbioloxía, que ten por obxecto a determinación e o estudo dos patóxenos que xeran pragas e enfermidades agrícolas e forestais, así coma o desenvolvemento de métodos eficaces de loita contra elas, que requiren a realización de tarefas de mostras de campo, preparación de mostras para a súa análise no laboratorio, ensaios de control, e a detección e diagnóstico de axentes fitopatóxenos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, adxudicar as dúas bolsas ás candidatas propostas pola Comisión Seleccionadora que acadaron a maior puntuación para cada un dos procesos e que se relacionan a continuación, cos efectos do 1 de xaneiro de 2016 e por un período dun ano, podendo ser prorrogadas por un único período dun ano: Apelidos e Nome Bolsa Efectos 1 Soto Baz, Lúa Técnico Superior en Saúde Ambiental 01/01/2016 2 Verde Baz, Andrea Técnico Superior en Laboratorio Clínico e Biomédico ou en Laboratorio de Diagnóstico Clínico 01/01/2016 A dotación económica das bolsas ascende a un total de 700,00 €/mes por beneficiaria sendo o custe da seguridade social a cota que se fixe na Orde de Cotización a Seguridade Social para o ano 2016, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 15/413.4123.481.01 e 15/413.4123.160.03. De conformidade coa proposta da comisión seleccionadora, no caso de renuncia, propóñense como suplentes os/as seguintes candidatos/as, no orden que se indica segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección: n º Bolsa Técnico Superior en Saúde Ambiental Bolsa Técnico Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico 1º Rey Patiño, Antón Rubio Seoane, Andrea 2º Vila Gómez, Iria Pousa Fernández, Pedro 3º García Rodríguez, Asunción Arias Sánchez, Sara A aceptación e disfrute destas Bolsas non establece relación laboral ni funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación dos/as bolseiros/as a esta Institución. 15.23996.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS Tendo en conta o informe de Intervención, de data 9 de novembro de 2015, relativo a certificación Final (liquidación) presentada pola empresa Construcciones Obras y Viales SA, correspondente a obra “Ensanche E.P. 2906 Os Valos–Guizán, P.K. 1+140 a 2+620 (Redondela)”, Convenio 2013005590, cuxo importe ascende a 75.128,96 €, no que se pon de manifesto a existencia de crédito suficiente na aplicación 15/456-4530-612.02.2013, para facer fronte ó gasto, procede o recoñecemento extraxudicial da obriga, e de conformidade coa base 17ª.1.a) da execución do Orzamento Provincial de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: Empresa CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES SA CIF A36008886 Aplicación orzamentaria 15/456.4530.612.02.2013 Importe 75.128,96 € Taxa dirección de obra (4% PEM) 2.087,06 € Control de calidade (3% PEM) 1.565,30 € Seguridade e saúde (0,50€ PEM) 206,88 € Líquido a percibir 71.215,72 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 16.23997.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 17.23998.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as doce horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición