ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2016/12/23_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.840/1.2016-12-23_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2016/12/23_Ordinaria

  • Data(s) 2016 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 90 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e tres de decembro do ano dous mil dezaseis, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, Dna.Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asiste o D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, D. Uxío Benítez Fernández, D.Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, xustificando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.25038.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das sesións do día 12 (extraordinaria) e 16 (ordinaria) de decembro de 2016, respectivamente. 2.25039.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PLAN “PONTEGAL 2017” A Deputación de Pontevedra pon en marcha o “Pontegal 2017”, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría así como visto o informe favorable de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán o citado Plan e que son do seguinte teor: “BASES REGULADORAS DO PONTEGAL 2017 Primeira. Obxecto: A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cultura e Lingua, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular en lingua galega nas múltiples e variadas expresións artísticas e en colaboración cos concellos, as agrupacións, as entidades e as asociacións culturais, pon en marcha o Pontegal 2017. A través deste programa serán retribuídos os grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ao longo do ano 2017 no ámbito territorial da provincia de Pontevedra coas contías establecidas para este fin na base 6.ª e que se imputarán con cargo á aplicación 17/330.3340.226.29 do Orzamento provincial. Poderán solicitar a inclusión no Pontegal as bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas, agrupacións de música tradicional, de música clásica ou de teatro, entre outros, co fin de contribuír a difundir e promover a música, o folclore, o teatro, a danza, o audiovisual e as demais manifestacións artísticas. Segunda. Lugar e prazo de presentación: As solicitudes formalizaranse no modelo normalizado que se facilita no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura e Lingua ou na web www.depo.es, e presentaranse, xunto coa documentación prevista na base 3.ª, no Rexistro xeral da institución provincial: - Sede de Pontevedra: avda. de Montero Ríos, s/n (de luns a venres) - Sede de Vigo: rúa Oporto, núm. 3 (de luns a venres) Ou a través de calquera das formas previstas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 2 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPACAP). A presentación da solicitude implicará que se autoriza á institución provincial para o tratamento automatizado de todos os datos contidos nela. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará o 1 de febreiro de 2017. As agrupacións sen CIF achegarán unha acta de constitución, asinada polas persoas que a compoñen e na que constará a designación da persoa representante, ademais da certificación da conta bancaria aberta a nome do grupo. Terceira. Clasificación: As agrupacións incluídas no Pontegal clasificaranse en: 1. Bandas de música, as que teñan: a) un mínimo de 65 membros e escola de música b) un mínimo de 50 membros c) un mínimo de 35 membros ou bandas das escolas de música oficiais 2. Masas corais, as que teñan: a) un mínimo de 50 membros b) un mínimo de 30 membros 3. Grupos folclóricos, os que teñan: a) 30 membros, grupo instrumental propio e escola de baile e que acrediten documentalmente que realizan actividades de investigación ou etnografía, entre outras b) 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile c) 16 membros e grupo instrumental propio. 4. Teatro: a) Compañías profesionais que cumpran co I Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia (grupo A) b) Compañías profesionais que cumpran co I Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia (grupo B) c) Compañías non profesionais (grupo C) 5. Música clásica : a) Grupo A: grupos de cámara b) Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos c) Bandas de jazz d) Orquestras clásicas 6. Música tradicional e outros: Bandas de gaitas, grupos de gaitas, grupos folk, rondallas, pandeireteiras, animación infantil, baile moderno, humoristas, conferenciantes, poetas ou audiovisuais, entre outros. Cuarta. Documentación: Para seren incluídas neste programa as agrupacións interesadas presentarán a seguinte documentación: ▪Documentación xeral: a. Fotocopia do CIF da entidade. b. Certificación da conta bancaria. c. Relación nominal de compoñentes co seu número de DNI. d. Fotografía da agrupación en soporte dixital con formato JPG. e. Declaración asinada na que se comprometen a empregar a lingua galega e unha linguaxe non sexista no desenvolvemento das súas actuacións. f. Memoria explicativa da actividade que desenvolven, na que se incluirán as necesidades técnicas precisas e a contía económica de cada actuación (caché). O caché estará suxeito a que o comproben os órganos competentes desta Deputación. En conformidade co establecido no art. 53.1.d da LPACAP, a documentación sinalada nos apartados a, b, c e d non terá que presentarse se xa se entregou no Servizo de Cultura e Lingua desta institución provincial nos últimos dous anos, sempre que durante ese período non se producise nela ningunha modificación. ▪ Documentación específica: - Bandas de música: • A relación do alumnado e a do profesorado da escola de música. - Grupos folclóricos: • A relación nominal das persoas que compoñen o grupo folclórico co seu número de DNI. • A relación nominal das persoas que compoñen o grupo instrumental co seu número de DNI. • A relación do alumnado da escola de baile. - Teatro: • Copia dos documentos acreditativos de alta na epígrafe correspondente do IAE e da Seguridade Social. • Memoria para ser valorada, que incluirá: o O caché do grupo, que se valorará ata un máximo de 30 puntos. o O custo da montaxe, que se valorará ata un máximo de 30 puntos. o Unha proposta da programación (obras para representar), que se valorará ata un máximo de 10 puntos. o A relación de altas de actores e actrices así como o equipo técnico, que se valorará ata un máximo de 30 puntos. • Declaración xurada de cumprimento co establecido no I Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia. A Deputación poderá adoptar as medidas oportunas de comprobación e auditoría dos datos achegados: - Conferenciantes: • Fotocopia do título acreditativo da materia que se vai impartir. • Fotocopia do DNI. • Unha memoria explicativa das materias sobre as que pode impartir as conferencias, que deberán estar relacionadas coa titulación e coas publicacións, tendo en conta que para seren incluídas nesta epígrafe as persoas interesadas deberán contar con titulación media ou superior e teren publicacións, bibliográficas e/ou audiovisuais, sobre a temática en revistas científicas, o que se deberá acreditar documentalmente. As temáticas admitidas son memoria histórica, historia, etnografía, sociolingüística e arte (música, pintura, escultura, literatura, arquitectura, danza, teatro, cinema, audiovisual e banda deseñada). Quinta. Selección: O Servizo de Cultura e Lingua levará a cabo a selección e a inclusión dos grupos solicitantes. Este servizo poderá asesorarse a través dos informes tanto do persoal técnico coma de profesionais especialistas en cada unha das materias que avalían os expedientes para os efectos de clasificación, propoñéndolle ao órgano competente a súa aprobación definitiva. Sexta. Retribución: A Deputación retribuirá cada actuación cos seguintes importes e o resto do importe do caché, de ser o caso, aboarao a entidade solicitante: Tipo de grupo Importe Tipo de grupo Importe Animación infantil 210,00 € Grupos folclóricos (c) 200,00 € Audiovisuais 240,00 € Grupos de folk 300,00 € Baile moderno 210,00 € Grupos músico-vocais 210,00 € Ballet 240,00 € Humoristas 210,00 € Bandas de gaitas 270,00 € Majorettes 210,00 € Bandas de jazz 300,00 € Masas corais (a) 270,00 € Bandas de música (a) 600,00 € Masas corais (b) 240,00 € Bandas de música (b) 500,00 € Maxia 300,00 € Bandas de música (c) 450,00 € Orquestras clásicas 350,00 € Cantautoras/es 210,00 € Outros folclores 210,00 € Charangas 210,00 € Pandeireteiras 240,00 € Clásicos (a) 240,00 € Poetas 210,00 € Clásicos (b) 210,00 € Pop-rock 300,00 € Conferenciantes 150,00 € Rondallas 240,00 € Grupos de gaitas 200,00 € Teatro (Grupo A) 800,00 € Grupos de playback 210,00 € Teatro (Grupo B) 500,00 € Grupos folclóricos (a) 270,00 € Teatro (Grupo C) 375,00 € Grupos folclóricos (b) 240,00 € Sétima. Solicitudes das actuacións: As entidades solicitantes poderán ser concellos e asociacións sen ánimo de lucro. Como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto coas agrupacións acollidas a este programa para concretar a data da actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou a escenificación da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado para que poidan efectuar a súa actuación sen ningún impedimento. As solicitudes para as actuacións destes grupos presentaranse cunha antelación de máis de 45 días con respecto á data da súa realización e deberán vir cunha copia do DNI da persoa que representa a entidade, excepto no caso das entidades locais. O Servizo de Cultura e Lingua comprométese a informar da autorización do evento cunha antelación mínima de 30 días. As entidades ás que se lles autoricen actuacións con cargo a Pontegal están obrigadas a facer a publicidade das actividades en lingua galega, empregar unha linguaxe non sexista e introducir o logo do Pontegal 2017-Deputación de Pontevedra nun lugar visible; de non ser así quedarían excluídas da axuda. Tamén será responsabilidade das entidades solicitantes a obtención de toda clase de permisos e autorizacións necesarias para o bo desenvolvemento da actuación, así como o aboamento das taxas da SGAE, cando corresponda. Oitava. Obrigas das agrupacións: As agrupacións seleccionadas comprométense a desenvolver as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia, e soamente nos casos de forza maior debidamente xustificados quedarán exentas de realizalas. Tamén se comprometen a velar por que as entidades solicitantes inclúan a publicidade das actividades en lingua galega, empregando linguaxe non sexista e co logo do Pontegal 2017-Deputación de Pontevedra nun lugar visible. Novena. Pagamento: O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura, facilitado polo Servizo de Cultura e Lingua, debidamente cuberto e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria. A factura presentarase no prazo máximo de 30 días, contados a partir da data da súa realización ou da data da comunicación da autorización da actuación, se xa foi realizada. Ademais da correspondente factura deberá incluírse unha copia do cartel da actividade ou unha captura de pantalla, se é en formato dixital, para comprobar a súa realización e a correcta publicidade do evento. Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións estas deberá emitilas a persoa titular que figura no CIF facilitado pola Axencia Estatal de Administración Tributaria e deberán vir asinadas pola persoa que solicitou a actuación ou pola persoa representante da entidade solicitante, debidamente acreditada. As e os solistas e mais as agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente (R.d.l. 3/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas) e a lexislación de desenvolvemento. Décima. Adxudicación das actuacións: A adxudicación das actuacións apostará polo equilibrio territorial na repartición de fondos e determinarase aplicando os seguintes criterios e porcentaxes: - Dinamización da lingua galega 30 % - Incursión das actuacións en programacións de carácter social 30 % - Adecuación da actuación ao interese supramunicipal 20 % - Número posible de persoas beneficiarias do evento 20 % O importe total das actuacións autorizadas para un mesmo evento non poderá superar os 1.500 €. Décimo primeira. Vixencia: O Pontegal terá vixencia durante todo o ano 2017 e estará condicionado á existencia de consignación orzamentaria. Décimo segunda. Normativa supletoria: Para o non establecido nestas bases teranse en conta as de execución do Orzamento provincial.” 3.25040.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DERIVADO Á EMPRESA CHRONORENT, S.L., ADXUDICATARIA DO ACORDO MARCO RELATIVO Á SUBMINISTRACIÓN DE VEHÍCULOS EN RÉXIME DE ALUGAMENTO PARA O SERVIZO DE MOBILIDADE (Expte. nº 2016008846) A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do día 12/08/2016 acordou formalizar o Acordo Marco que rexerá na subministración de vehículos en réxime de alugamento para o servizo de Mobilidade á empresa Chronorent, S.L. (CIF:B95.701.843). Resultando que o Acordo Marco formalizado trátase dun “Tipo 3” denominado “Contratos Marco por Homologación” e por tanto as condicións se atopan perfectamente determinadas coa formalización do mesmo e non precisa máis que efectuar os correspondentes pedidos. Neste tipo de contratos non se procederá a unha segunda fase competitiva pero si a adxudicación do correspondente contrato derivado relativo a cada petición que se realice ao provedor adxudicatario. Os contratos derivados só se poderán celebrar coa empresa que orixinariamente forma parte do acordo marco. Vista a petición de contrato derivado emitida pola xefa do servizos administrativos do servizo de Mobilidade con data 5 de decembro de 2016 co visto e prace do deputado delegado de área. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado RDL 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratacións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Dispoñer e comprometer o gasto por importe de 94.562,95€ con cargo á aplicación orzamentaria 17/456.4532.204.00 do Orzamento provincial. 2.- Adxudicar o contrato derivado á empresa Chronorent, S.L. (CIF: B-95.701.843) que foi adxudicataria do Acordo Marco relativo á subministración de vehículos en réxime de alugamento para o servizo de Mobilidade, de acordo ao seguinte detalle: DS Descrición Prezo Mensual Vehículo (Sen IVE) Prezo Mensual Flota Prezo Anual 2017 7 Furgoneta 5 prazas 495,20€ 3.466,40€ 41.596,80€ 4 Furgoneta 5 prazas con gancho de remolque 498,80€ 1995,20€ 23.942,40€ 2 Turismo 5 prazas 525,50€ 1.051,00€ 12.612,00€ TOTAL SEN IVE 6.512,60€ 78.151,20€ IVE (21%) 1.367,64€ 16.411,75€ IMPORTE TOTAL IVE INCLUÍDO 7.880,24€ 94.562,95€ - O período de aluguer dos vehículos terá efectos dende o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do ano 2017 e será de forma continua e permanente ao longo deste período para a totalidade da flota alugada. - As obrigas correspondentes ao presente contrato derivado quedarán condicionadas a existencia de crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria 456.4530.204.00 do exercicio correspondente ao orzamento do ano 2017. 3.- Lugar de presentación e forma da factura: As facturas de importe superior a 5.000,00€ deberán ser presentadas polo adxudicatario en formato electrónico a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra (sede.depo.es) en tempo e forma aos efectos de que o órgano administrativo ao que corresponda, proceda a súa tramitación. Más información en https://sede.depo.es/ Nas facturas deberase indicar os código DIR 3 que identifican o procedemento, o CIF e número de expediente que se relacionan a continuación: Administración: L02000036 (CIF: P3600000H) Órgano Xestor: LA0006123; Unidade Tramitadora: LA0006135; Oficina Contable: LA0006135. Nº Expediente: 2016008846 Se xunto coa factura o adxudicatario ten que presentar outros documentos xustificativos do traballo realizado, farao axuntando os documentos xustificativos a través do sistema de facturación da Deputación de Pontevedra. 4.25041.- ADDENDA DE PRÓRROGA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CANGAS PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO “PAVIMENTACIÓN E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA E.P. 1005 VISO-HÍO, P.K. 0+000 A P.K. 1+000 CANGAS” Resultando.- Que con data 28 de abril de 2015, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Cangas asinaron o convenio de colaboración para a realización do proxecto “Pavimentación e dotación de servizos na E.P. 1005 Viso-Hio, p.k. 0+000 a p.k. 1+000 (Cangas)” Resultando.- Que o custo total do convenio ascende a 1.050.958,27 €, correspondendo achegar 200.000,00 € ó Concello de Cangas e 850.958,27 € á Deputación de Pontevedra. Resultando.- Que na actualidade non se executou na súa totalidade a finalidade pola que se asinou o convenio, polo que é previsible que as obras non se atopen rematadas no tempo de finalización da vixencia deste acordo. Resultando.- Que a cláusula oitava do citado convenio recolle que a vixencia do devandito acordo, esténdese dende a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2016, pudendo prorrogarse, no caso de que non se rematasen as actuacións obxecto do mesmo. Resultando.- Que con data 28/11/2016 o xefe do Servizo de Contratación emitiu informe co seguinte contido: “...O prazo de vixencia deste convenio está a piques de rematar. Debido a que non se executou na súa totalidade o obxecto recollido neste convenio, é previsible que as obras non se atopen rematadas o día 31/12/16, polo que, co obxecto de ter tempo suficiente para rematar as accións previstas sen que se produza a extinción do convenio, faise necesario prorrogar o mesmo ata a data de liquidación do correspondente contrato de obras, ou en todo caso ata o 31/12/2017...” Resultando.- Que con data 30/11/2016 o Secretario da Deputación emitiu informe co seguinte contido: “...En relación coa petición de informe do Xefe do Servizo de Contratación sobre a addenda de prórroga do “convenio de colaboración para a realización do proxecto “Pavimentación e dotación de servizos na E.P. 1005 Viso-Hio, p.k. 0+000 a p.k. 1+000 (Cangas)” maniféstase que, toda vez que está vixente o convenio, infórmase favorablemente da mesma...” Considerando.- Que con data 02/12/2016 tivo entrada nesta Deputación certificación do Secretario de Concello de Cangas, de acordo da Xunta de Goberno do Concello de Cangas da súa sesión do día 20/11/2016, na que se acordou manifestar a conformidade expresa do concello co mantemento de colaboración obxecto do convenio ata a liquidación do correspondente contrato de obras, e en todo caso ata o 31/12/2017. Considerando.- Que o artigo 49.h.2º) da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, establece no que se refire ó prazo de vixencia dos convenios, o seguinte: “…2.º En cualquier momento antes de la finalización del plazo previsto en el apartado anterior, los firmantes del convenio podrán acordar unánimemente su prórroga por un periodo de hasta cuatro años adicionales o su extinción….” Considerando.- Que o artigo 51 do mesmo texto legal, recolle que é causa de extinción dos convenios o transcurso do prazo de vixencia do mesmo sen acordase a súa prórroga. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de obras, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 c). A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a Addenda de prórroga do convenio de colaboración para a realización do proxecto “Pavimentación e dotación de servizos na E.P. 1005 Viso-Hio, p.k. 0+000 a p.k. 1+000 (Cangas)”. 2. Facultar á Sra. Presidenta da Deputación para a formalización da devandita Addenda de Prórroga mediante a súa sinatura. O texto da referida Addenda é o seguinte: “ADDENDA DE PRÓRROGA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE ESTA DEPUTACIÓN E O CONCELLO DE CANGAS PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO “PAVIMENTACIÓN E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA E.P. 1005 VISO-HIO, P.K. 0+000 A P.K. 1+000 (CANGAS)” No Pazo Provincial, a … de …. de 2016. REUNIDOS A Sra. Dª. María del Carmen Silva Rego, na súa condición de Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Sr. D. Xosé Manuel Pazos Varela, na súa condición de Alcalde-Presidente do Concello de Cangas, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. As partes recoñécense coa capacidade para formalizar a presente addenda ó convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que con data de 28 de abril de 2015 asinouse o convenio de colaboración para a realización do proxecto “Pavimentación e dotación de servizos na E.P. 1005 Viso-Hio, p.k. 0+000 a p.k. 1+000 (Cangas)”. II.- Que a cláusula oitava deste convenio, recolle que a vixencia do devandito acordo esténdese dende a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2016, pudendo prorrogarse, no caso de que non se rematasen as actuacións obxecto do mesmo. III.- Que as obrigacións asumidas entre as partes asinantes do devandito Convenio, enténdense vixentes desde a data da súa sinatura ata a data da súa extinción. IV.- Que é previsible que as obras contempladas no referido Convenio non se atopen rematadas ó tempo previsto para o seu vencemento, por estar pendentes da correspondente licenza municipal. V.- Que coa finalidade de dar continuidade á prestación obxecto do devandito convenio, as partes asinantes desta Addenda de Prórroga estiman necesario continuar coa devandita colaboración ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2017, de conformidade coas seguintes CLÁUSULAS Primeira.- Subscribir a addenda de prórroga do convenio de colaboración para a realización do proxecto “Pavimentación e dotación de servizos na E.P. 1005 Viso-Hio, p.k. 0+000 a p.k. 1+000 (Cangas)”,co obxecto de prorrogar a vixencia do convenio prevista na súa cláusula sétima. Segunda.- As partes asinantes acordan a prórroga ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2017, do Convenio de Colaboración subscrito con data de 28 de abril de 2015 entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Cangas. Polo tanto, os efectos da presente Addenda a este Convenio de Colaboración, estenderanse, como máximo, ata o 31 de decembro de 2017. Terceira.- O resto do convenio permanecerá inalterable no seu clausulado, mentres non supoña contradición co disposto nesta addenda. E en proba de conformidade, e para que conste ós efectos oportunos, as partes asinan todas as follas por duplicado do presente Acordo de Prórroga, no lugar e data indicados no seu encabezamento. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, O Alcalde do Concello de Cangas Sra. Dª María del Carmen Silva Rego. Sr. D. Xosé Manuel Pazos Varela” 5.25042.- ADDENDA DE PRÓRROGA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS “PROXECTO DE MELLORA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO IES DE BEADE (VIGO)” Resultando.- Que con data 3 de xullo de 2015 asinouse o Convenio de colaboración entre a Deputación de Provincial de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización das obras comprendidas no proxecto “Mellora das instalacións deportivas no IES de Beade (Vigo)”. Resultando.- Que o custo total do convenio ascende a 154.000,00 €, en concepto de inestimento nestas instalacións titularidade da Xunta de Galicia. Desta cantidade 4.000,00 € corresponden ó custo de redacción do proxecto, financiado pola Consellería e 150.000,00 € corresponden á execución da obra, financiado pola Deputación. Resultando.- Que na actualidade non se executou na súa totalidade a finalidade pola que se asinou o convenio, polo que é previsible que as obras non se atopen rematadas no tempo de finalización da vixencia deste acordo. Resultando.- Que a cláusula oitava deste convenio, recolle que a vixencia do devandito acordo esténdese dende a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2015, pudendo prorrogarse, no caso de que non se rematasen as actuacións obxecto do mesmo. Asemade a Deputación e a Consellería asinaron unha addenda de prórroga a este convenio con vixencia ata o 31/12/2016. Resultando.- Que con data 28/11/2016 o Xefe do Servizo de Contratación emitiu informe co seguinte contido: “...O prazo de vixencia deste convenio está a piques de rematar. Debido a que non se executou na súa totalidade o obxecto recollido neste convenio, é previsible que as obras non se atopen rematadas o día 31/12/16, polo que, co obxecto de ter tempo suficiente para rematar as accións previstas sen que se produza a extinción do convenio, faise necesario prorrogar o mesmo ata a data de liquidación do correspondente contrato de obras, ou en todo caso ata o 31/12/2017...” Resultando.- Que con data 30/11/2016 o Secretario da Deputación emitiu informe co seguinte contido: “...En relación coa petición de informe do Xefe do Servizo de Contratación sobre a addenda de prórroga do “Convenio de colaboración entre esta Deputación e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para a realización das obras comprendidas no proxecto mellora das instalacións de portivas no IES de Beade (Vigo), maniféstase que, toda vez que está vixente o convenio, infórmase favorablemente da mesma...” Considerando.- Que o artigo 49.h.2º) da Lei 40/2015 de 1 de outubro de Réxime Xurídico do Sector Público, establece no que se refire ó prazo de vixencia dos convenios, o seguinte: “…2.º En cualquier momento antes de la finalización del plazo previsto en el apartado anterior, los firmantes del convenio podrán acordar unánimemente su prórroga por un periodo de hasta cuatro años adicionales o su extinción….” Considerando.- Que o artigo 51 do mesmo texto legal, recolle que é causa de extinción dos convenios o transcurso do prazo de vixencia do mesmo sen acordase a súa prórroga. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de obras, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 c). A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a Addenda de prórroga do convenio de colaboración entre a Deputación de Provincial de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización das obras comprendidas no proxecto “Mellora das instalacións deportivas no IES de Beade (Vigo)”. 2. Facultar á Sra. Presidenta da Deputación para a formalización da devandita Addenda de Prórroga mediante a súa sinatura. O texto da referida Addenda é o seguinte: “ADDENDA DE PRÓRROGA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA DE CULTURA EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS “PROXECTO DE MELLORA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO IES DE BEADE (VIGO) No Pazo Provincial, a ….. de …. de 2016. REUNIDOS Dunha parte Dª. María del Carmen Silva Rego, na súa condición de Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E doutra D. Román Rodríguez González, na súa condición de Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do seu nomeamento mediante o Decreto 148/20216 de 13 de novembro,, no exercicio que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983 de 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e a súa Presidencia, e o artigo 3 do Decreto 47/2013 do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As partes recoñécense coa capacidade para formalizar a presente addenda ó convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que con data 3 de xullo de 2015 asinouse o Convenio de colaboración entre a Deputación de Provincial de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización das obras comprendidas no proxecto "Mellora das instalacións deportivas no IES de Beade (Vigo)". II.- Que a cláusula oitava deste convenio, recolle que a vixencia do devandito acordo esténdese dende a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2015, pudendo prorrogarse, no caso de que non se rematasen as actuacións obxecto do mesmo. Asemade a Deputación e a Consellería asinaron unha addenda de prórroga a este convenio con vixencia ata o 31/12/2016. III.- Que as obrigacións asumidas entre as partes asinantes do devandito Convenio, enténdense vixentes desde a data da súa sinatura ata a data da súa extinción. IV.- Que é previsible que as obras contempladas no referido Convenio non se atopen rematadas ó tempo previsto para o seu vencemento, por estar pendentes da correspondente licenza municipal. V.- Que coa finalidade de dar continuidade á prestación obxecto do devandito convenio, as partes asinantes desta Addenda de Prórroga estiman necesario continuar coa devandita colaboración ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2017, de conformidade coas seguintes CLÁUSULAS Primeira.- Subscribir a addenda de prórroga do “Convenio de colaboración entre a Deputación de Provincial de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización das obras comprendidas no proxecto "Mellora das instalacións deportivas no IES de Beade (Vigo)" co obxecto de prorrogar a vixencia do convenio prevista na súa cláusula sétima. Segunda.- As partes asinantes acordan a prórroga ata a liquidación do correspondente contrato de obras e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2017, do Convenio de Colaboración subscrito con data de 24 de xuño de 2015 entre a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Polo tanto, os efectos da presente Addenda a este Convenio de Colaboración, estenderanse, como máximo, ata o 31 de decembro de 2017. Terceira.- O resto do convenio permanecerá inalterable no seu clausulado, mentres non supoña contradición co disposto nesta addenda. E en proba de conformidade, e para que conste ós efectos oportunos, as partes asinan todas as follas por duplicado do presente Acordo de Prórroga, no lugar e data indicados no seu encabezamento. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Sra. Dª María del Carmen Silva Rego. Sr. D. Román Rodríguez González” 6.25043.- ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO O ACCESO A PRÍNCIPE FELIPE-MONTECELO DENDE A PO-542 NO LUGAR DO MARCO Resultando.- Que con data 15 de abril de 2013, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, asinaron un “Convenio de colaboración para levar a cabo o acceso a Príncipe Felipe-Montecelo, dende a PO-542 no lugar do Marco”. Resultando.- Que o custo total do convenio ascende a 2.420.000,00 € comprendendo os gastos que derivan da obra a realizar, así como os das expropiacións correspondentes, incluídos os gastos de dirección da obra e seguridade e saúde, así como os da redacción do proxecto. No financiamento da execución da obra correspóndelle achegar á Deputación de Pontevedra e ó Concello de Pontevedra 900.000,00 €, respectivamente. Resultando.- Que na actualidade non se executou na súa totalidade a finalidade pola que se asinou o convenio, polo que é previsible que as obras non se atopen rematadas no tempo de finalización da vixencia deste acordo. Resultando.- Que a cláusula oitava deste convenio, recolle que a vixencia do devandito acordo esténdese dende a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2015, pudendo prorrogarse, no caso de que non se rematasen as actuacións obxecto do mesmo. Asemade a Deputación e o Concello de Pontevedra asinaron unha addenda de prórroga a este convenio con vixencia ata o 31/12/2016. Resultando.- Que con data 28/11/2016 o Xefe do Servizo de Contratación emitiu informe co seguinte contido: “...O prazo de vixencia deste convenio está a piques de rematar. Debido a que non se executou na súa totalidade o obxecto recollido neste convenio, é previsible que as obras non se atopen rematadas o día 31/12/16, polo que, co obxecto de ter tempo suficiente para rematar as accións previstas sen que se produza a extinción do convenio, faise necesario prorrogar o mesmo ata a data de liquidación do correspondente contrato de obras, ou en todo caso ata o 31/12/2017....” Resultando.- Que con data 30/11/2016 o Secretario da Deputación emitiu informe co seguinte contido: “...En relación coa petición de informe do Xefe do Servizo de Contratación sobre a addenda de prórroga do “Convenio de colaboración entre esta Deputación e o Concello de Pontevedra, para levar a cabo o acceso a Príncipe Felipe-Montecelo, dende a PO-542 no Lugar do Marco, maniféstase que, toda vez que está vixente o convenio, infórmase favorablemente da mesma...” Resultando.- Que con data 9 de decembro de 2016 recibiuse nesta Deputación escrito do Alcalde do Concello de Pontevedra co seguinte contido: “...Tendo en conta a necesidade de prorrogar a vixencia do convenio para garantir o remate da infraestrutura viaria pactada e dar cumprimento ao acordado no seu día polas dúas institucións en relación coa tramitación dunha addenda que permitise axustar as anualidades previstas no convenio, é polo que dispoño: Primeiro: amosar a conformidade do Concello para prorrogar a vixencia do “Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra para levar a cabo o acceso a Príncipe Felipe-Montecelo dende a PO-542 no lugar de O Marco”, mediante a aprobación e sinatura dunha addenda na que se axuste o financiamento comprometido ao ritmo de execución das obras e se estenda a vixencia do pactado ata o 31/12/2017. Segundo.- dispoñer a tramitación polos servizos municipais da addenda subliñada, co obxecto de poder asinar o dito documento á maior brevidade posible, e en todo caso antes da finalización deste ano 2016, axustando os prazos previstos no convenio inicial ao ritmo de execución das obras coa seguinte distribución: 2012 2013 2014 2015 2016 TOTAL CONCELLO DE PONTEVEDRA 500.000,00 € --- --- 226.089,96 € 173.913,04 € 900.000,00 € ...” Resultando.- Que con data 14/12/2016 o Servizo de Intervención emitiu informe favorable á addenda do convenio referido. Considerando.- Que o artigo 49.h.2º) da Lei 40/2015 de 1 de outubro de Réxime Xurídico do Sector Público, establece no que se refire ó prazo de vixencia dos convenios, o seguinte: “…2.º En cualquier momento antes de la finalización del plazo previsto en el apartado anterior, los firmantes del convenio podrán acordar unánimemente su prórroga por un periodo de hasta cuatro años adicionales o su extinción….” Considerando.- Que o artigo 51 do mesmo texto legal, recolle que é causa de extinción dos convenios o transcurso do prazo de vixencia do mesmo sen acordase a súa prórroga. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de obras, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 c). A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a Addenda do “Convenio de colaboración para levar a cabo o acceso a Príncipe Felipe-Montecelo, dende a PO-542 no lugar do Marco”. 2. Facultar á Sra. Presidenta da Deputación para a formalización da devandita Addenda mediante a súa sinatura. O texto da referida Addenda é o seguinte: “ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO O ACCESO A PRINCIPE FELIPEA-MONTECELO DENDE A PO-542 NO LUGAR DO MARCO En Pontevedra, a de de 2016 Dunha parte, Dª. María del Carmen Silva Rego, na súa condición de Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local. E doutra parte, D. Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde-Presidente do Concello de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 124.1 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das bases de Réxime Local. As partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- A Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, asinaron con data 15 de abril de 2013, o convenio de colaboración para levar a cabo o “Acceso a Príncipe Felipe-Montecelo dente a PO-542 no Lugar do Marco)”. II.- A cláusula oitava deste convenio, recolle que a vixencia do devandito acordo esténdese dende a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2015, pudendo prorrogarse, no caso de que non se rematasen as actuacións obxecto do mesmo. Asemade a Deputación e o Concello de Pontevedra asinaron unha addenda de prórroga a este convenio con vixencia ata o 31/12/16. III.- Que o prazo de vixencia deste convenio está a piques de rematar. Debido a que non se executou na súa totalidade o obxecto recollido neste convenio, é previsible que as obras non se atopen rematadas o día 31/12/16, polo que, co obxecto de ter tempo suficiente para rematar as accións previstas sen que se produza a extinción do convenio, faise necesario prorrogar o mesmo ata a data de liquidación do correspondente contrato de obras, ou en todo caso ata o 31/12/17. IV.- Que vista polas partes a necesidade de prorrogar este convenio, o Concello de Pontevedra para axustar as anualidades prevista no convenio inicial ó ritmo de execución das obras, propón variar súa financiación. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, as partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Subscribir a Addenda ao “Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra para levar a cabo o acceso a Príncipe Felipe - Montecelo dende a PO-542 no lugar do Marco” co obxecto de reaxustar o cadro de financiamento da cláusula terceira e a vixencia do convenio previsto na cláusula oitava, que quedan redactadas nos seguintes termos: Cláusula Terceira.- Financiamento: Mantén a súa vixencia o convenio orixinal, coas seguintes modificacións: “O financiamento da execución da obra realizarase do seguinte xeito: 2012 2013 2014 2015 2016 TOTAL DEPUTACION DE PONTEVEDRA CONCELLO DE PONTEVEDRA 500.000,00 € --- ------ 226.089,96 € 173.913,04 900.000,00 € Cláusula oitava.- Entrada en vigor Mantén a súa vixencia o convenio orixinal, coas seguintes modificacións: “O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2017. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes, no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo”: O resto do convenio permanecerá inalterable no seu clausulado, mentres non supoña contradición co disposto nesta addenda. En proba de conformidade, as partes asinan a presente addenda, por duplicado exemplar e a un só efecto, no lugar e data ao principio indicados, quedando un exemplar en poder de cada unha delas. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, O Alcalde-Presidente do Concello de Pontevedra, Asdo. Dª María del Carmen Silva Rego Asdo. D. Miguel Anxo Fernández Lores” 7.25044.- APROBACIÓN DA SEGUNDA PRÓRROGA DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA GAS NATURAL COMERCIALIZADORA,S.A. PARA A SUBMINISTRACIÓN DE ENERXÍA ELÉCTRICA ÓS CENTROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión celebrada o día 3 de maio de 2013 adxudicou o contrato de subministración de enerxía eléctrica nos Centros da Deputación de Pontevedra á empresa Unión Fenosa Comercial SL entrando en vigor o día 6 de maio de 2013 e cunha duración inicial de dous anos, ata o 5 de maio de 2015 polos seguintes prezos: Subministro en baixa tensión 0,134056 €/kw/h (sen IVE) Subministro en media tensión 0,128479 €/kw/h (sen IVE) A Xunta de Goberno en sesión do día 9 de agosto de 2013 acordou subrogar o citado contrato na empresa Gas Natural Comercializadora SA., quedando subrogada dita empresa desde o día 1 de xuño de 2013 en todos os dereitos e obrigacións dimanantes do contrato de subministración de enerxía eléctrica nos centros da Deputación de Pontevedra que foi adxudicado á empresa Unión Fenosa Comercial SL. O prego de condicións económico administrativas desta contratación establece que a vixencia do contrato poderá ser prorrogada por mutuo acordo das partes antes da finalización da mesma, sen que a duración total do contrato incluídas as posibles prórrogas expresas- poida exceder de catro anos, en consecuencia a Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 17 de abril de 2015 acordou a prórroga do contrato coa empresa Gas Natural Comercializadora SA (CIF A-61797536) por un período comprendido desde o 6 de maio de 2015 ata o 31 de decembro de 2016. Dada a proximidade da data de vencemento desta primeira prórroga do contrato (31/12/2016) e dado que actualmente atópase en trámite o expediente de contratación para a adxudicación dun novo contrato de subministración de enerxía eléctrica, e visto o escrito de conformidade da empresa Gas Natural Comercializadora SA (CIF A-61797536), infórmase positivamente a sinatura dunha segunda prórroga do contrato para a subministración de enerxía eléctrica para os centros da Deputación de Pontevedra, desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a formalización do novo contrato, sendo o prazo máximo de duración da prórroga ata o 5 de maio de 2017, nas mesmas condicións que as establecidas no contrato inicial. Visto o informe emitido polo xefe do Servizo de Contratación, de data 14 de decembro de 2016 e vistos os informes do Secretario Xeral e da Intervención de datas 15 e 16 de decembro de 2016 respectivamente. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado RDL 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Acordar unha segunda prórroga do contrato para a subministración de enerxía eléctrica para os centros da Deputación de Pontevedra, coa empresa Gas Natural Comercializadora SA (CIF A-61797536), desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a formalización do novo contrato, sendo o prazo máximo de duración da prórroga ata o 5 de maio de 2017, nas mesmas condicións que as establecidas no contrato inicial e polo seguinte prezo: Subministro en baixa tensión 0,134056 €/kw/h (sen IVE) Subministro en media tensión 0,128479 €/kw/h (sen IVE) 2.-Autorizar o gasto que leva consigo esta prórroga con cargo ás aplicacións orzamentarias do exercicio 2017 dos diferentes centros xestores que se detallan a continuación: CENTRO APLICACIÓN Pazo Provincial 17/920.9200.221.00 Centro A Lanzada 17/232.3370.221.00 Sede Deputación en Vigo 17/925.9200.221.00 Castelo de Soutomaior 17/433.3360.221.00 Parque de maquinaria 17/456.4530.221.00 Comunicación Institucional 17/924.9240.221.00 Estación Fitopatolóxica do Areeiro 17/413.4123.221.00 Finca de Mouriscade 17/411.4120.221.00 Museo Provincial de Pontevedra 17/333.3330.221.00 Turismo Rías Baixas 17/433.4320.221.00 Escola de Canteiros 17/324.3243.221.00 ORAL 17/932.9320.221.00 O pago do prezo deste contrato efectuarase no exercicio 2017 contra a presentación das correspondentes facturas, con cargo ás aplicacións orzamentarias indicadas. O gasto para financiar as obrigas derivadas desta prórroga durante o exercicio 2017 queda condicionado á aprobación do respectivo orzamento provincial, e á existencia de crédito adecuado e suficiente nas aplicacións orzamentarias respectivas dos orzamentos de dito exercicio para facer fronte a ditos pagos. 8.25045.- NON AUTORIZACIÓN DE PRÓRROGA DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L. DE XESTIÓN, DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DO PROGRAMA CONECTADAS 2016 (Expte. nº2015043317) A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 29 de abril de 2016 adxudicou a empresa Formagal, Formación y Servicios SL o contrato de xestión, desenvolvemento e execución do programa Conectadas 2016, de acordo co seguinte detalle: Prezo unitario por acción formativa: Prezo sen IVE: 735,00 € /curso IVE (21%): 154,35 €/curso Prezo total IVE incluído: 889,35 €/curso O número de accións formativas que se levarán a cabo é de 332. Importe total do programa (para 332 accións formativas): Prezo sen IVE 244.020,00 € IVE (21%) 51.244,20 € Total 295.264,20 € O número de accións formativas que se levarán a cabo correspóndese co número de solicitudes presentadas e aceptadas, de conformidade co informe da Xefa do Servizo de Igualdade de 22 de abril de 2016. A Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 17 de xuño de 2016 acordou ampliar a 337 o número de accións formativas do programa Conectadas 2016 de conformidade coa adxudicación do contrato acordado pola Xunta de Goberno en sesión do día 29 de abril de 2016: Con data 12 de decembro de 2016 tivo entrada no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra escrito da empresa Formagal, Formación y Servicios SL solicitando a prórroga do citado contrato debido a que a día 12 de decembro ten executados 329 cursos, pero existen 8 asociacións que non poden iniciar as accións formativas con tempo suficiente para a súa finalización antes do 31 de decembro de 2016, que é a data máxima de finalización do programa Conectadas 2016. Visto o informe emitido polo xefe do Servizo de Contratación, de data 15 de decembro de 2016, mediante o que se informa negativamente a autorización da citada prórroga indicando o seguinte “Na cláusula 1.4 do prego de prescricións técnicas se establece que o prazo de execución do contrato será desde a súa formalizacion ata o 31 de decembro de 2016 e así mesmo o Informe do procedemento emitido polo xefe do Servizo de Contratación de data 30 de novembro de 2015 no que se indica que o contrato non admite prórroga.” Vistos así mesmo o informe emitido pola xefa do Servizo de Igualdade, no que se reitera o establecido no informe emitido polo xefe do Servizo de contratación. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado RDL 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Non autorizar a prórroga do contrato para a prestación do Servizo de xestión, desenvolvemento e execución do programa Conectadas 2016 solicitada pola empresa Formagal, Formación y Servicios SL (CIF B-36.477.577). 9.25046.- DESESTIMENTO DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA A CONSTITUCIÓN DUN ACORDO MARCO QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE REDACCIÓN DE PROXECTOS DE URBANIZACIÓN, ACCESIBILIDADE E RECUPERACIÓN DOS ESPAZOS PÚBLICOS NA REDE DE ESTRADAS PROVINCIAIS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (Expte. nº2016027923) Entre as competencias propias da Deputación Provincial, recollidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, atópanse o asegurar a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal, así coma a mellora substancial das infraestruturas da provincia. O servizo de Mobilidade prevé, dentro dos seus obxectivos, dar un impulso a recuperación dos espazos públicos, accesibilidade, mobilidade e seguridade viaria na Rede de Estradas Provinciais de Pontevedra. A Xefatura dos servizos administrativos de Mobilidade, co conforme do Deputado Delegado, informou que para a realización deste impulso é preciso redactar proxectos técnicos para proceder posteriormente a súa execución. Estes labores requiren dun gran esforzo por parte do persoal deste servizo, que dada a insuficiencia de persoal asignado ás devanditas funcións, resulta necesario contratar asistencias técnicas co obxecto de colaborar neste tipo de traballos. Polo xefe do Servizo de Contratación, emitiuse informe do procedemento a seguir no cal, determinou, a natureza xurídica do contrato, e o cualificou coma un contrato administrativo de servizos. No dito informe xustifica a elección do procedemento aberto mediante multicriterio. Asemade, ao non ser precisado o número de traballos a realizar, senón que irá en función das necesidades do servizo, se propuxo a celebración dun acordo marco con varios empresarios. O orzamento estimado para o Acordo Marco foi de 500.000,00€ e os prezos máximo por tipo de proxecto, a efectos de prezos de licitación, foron os seguintes: TIPO DE PROXECTO PREZO ESTIMADO (SEN IVE) IVE (21%) PREZO TOTAL (IVE INCLUÍDO) Proxectos tipo I (PEM estimado ata 200.000,00€, Impostos incluídos) 13.223,14€ 2.776,86€ 16.000,00€ Proxectos tipo II (PEM estimado ata 600.000,00€, Impostos incluídos) 29.752,07€ 6.247,93€ 36.000,00€ Proxectos tipo III (PEM estimado ata 1.000.000,00€, Impostos incluídos) 41.322,31€ 8.677,69€ 50.000,00€ Proxectos tipo IV (PEM estimado ata 2.000.000,00€, Impostos incluídos) 66.115,70€ 13.884,30€ 80.000,00€ Para a adxudicación das as empresas que constituirían o dito acordo, teríase en conta o prezo medio ofertado por tipo de proxecto. Realizados os trámites, a Xunta de Goberno, na sesión de data 12 de agosto de 2016, aprobou o mencionado expediente que se corresponde co número 2016027923, procedemento iníciase o 17 de agosto de 2016 co envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) e cos publicación dos correspondentes anuncios no Boletín Oficial do Estado núm. 203, de 23 de agosto, e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 163, de 26 de agosto de 2016. Resultando que se reciben varias consultas, por parte dos licitadores interesados no procedemento de referencia, relativas aos criterios de solvencia establecidos nos pregos. En concreto ao importe económico esixido de solvencia económica e aos medios humanos esixidos na solvencia técnica. Nos ditos pregos, establecíanse as seguintes indicacións e requisitos: - Valor estimado para un ano de contrato (a efectos informativos): Importe estimado (Sen IVE): 413.223,14€ IVE (21%): 86.776,86€ Prezo total estimado (IVE incluído): 500.000,00€ - Solvencia económica - financeira: Acreditar un volume anual de negocios referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos por un importe mínimo dunha vez e media do valor estimado do contrato. - Solvencia Técnico – profesional: a) O importe dos contratos xustificados no ano de maior execución (sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido) debe ser igual ou superior ao 70% do valor estimado do contrato, o da súa anualidade media se esta é inferior ao valor estimado do contrato. b) Equipo humano que se poñerá a disposición do contrato e que como mínimo contará cos seguintes perfís:  1 Arquitecto ou Enxeñeiro Superior con unha experiencia mínima de 8 anos en funcións de Director Técnico. Será o delegado contratista consultor.  1 Arquitecto ou Enxeñeiro Superior con unha experiencia mínima de 5 anos en funcións de redacción de proxectos de infraestruturas, edificación e obra civil. Será o responsable de proxectos de infraestruturas, edificación e obra civil.  1 Arquitecto Técnico ou Enxeñeiro Técnico de obras públicas con experiencia mínima de 3 anos en instalacións urbanas, canalizacións e obra civil e redacción de proxectos de redes de comunicación, medicións e orzamentos. Será o responsable de instalacións urbanas, canalizacións e obra civil, redes de comunicación, medicións e orzamentos.  1 Delineante, Topógrafo con experiencia mínima de 2 anos en funcións de delineación e topografía. Será o responsable do control e seguimento xeométrico. Polo que, a vista dos requisitos establecidos, os licitadores deberían acreditar para a solvencia económica un importe mínimo de 619.834,71€ (sen IVE), no ano de maior volume de negocio dentro dos tres últimos exercicios concluídos; para a solvencia técnica un importe mínimo de 289.256,20€ (sen IVE), para os traballos relacionados co obxecto do contrato no ano de maior execución dentro dos cinco últimos anos e o equipo humano relacionado anteriormente. Polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, (CIF: Q-286710-G) interponse un recurso, en data 9 de setembro de 2016, contra os pregos que rexen a contratación con motivo da solvencia técnico – profesional esixida ao considerala que é excesivamente restritiva e que os perfís humanos que se requiren, exclúense novas titulacións que son igualmente válidas para a execución dos traballos esixidos nos pregos. Asemade no dito recurso fai referencia ao mal uso da denominación de “Enxeñeiro superior” ao considerala que non se corresponde coas denominacións actuais do sistema educativo. Resultando que trasladadas as consultas realizadas polos licitadores así como o posto de manifesto no recurso interposto, ao servizo xestor, pola Técnico de Proxectos do Servizo de Mobilidade, indícase, mediante informe emitido con data 12 de setembro de 2016, que se pode considerar excesiva a solvencia que inicialmente foi solicitada tendo como resultado a exclusión das Pymes da presentación ao dito procedemento. Polo que, ao non poder determinar a un importe económico exacto, considérase axeitado coller de referencia, como resultado do cálculo dunha vez e media, o importe do proxecto tipo IV e establecer como importe mínimo para acreditar tanto a solvencia económica como técnica o de 99.173,55€ (sen IVE). No relativo aos seguintes perfís de equipo humano “1 Arquitecto ou Enxeñeiro Superior con unha experiencia mínima de 8 anos en funcións de Director Técnico. Será o delegado contratista consultor; 1 Arquitecto ou Enxeñeiro Superior con unha experiencia mínima de 5 anos en funcións de redacción de proxectos de infraestruturas, edificación e obra civil. Será o responsable de proxectos de infraestruturas, edificación e obra civil e 1 Arquitecto Técnico ou Enxeñeiro Técnico de obras públicas con experiencia mínima de 3 anos en instalacións urbanas, canalizacións e obra civil e redacción de proxectos de redes de comunicacións, medicións e orzamento, terase en conta o indicado polo Colexio de Enxeñeiros para o cal se utilizarán as denominacións correctas a fin de non causar confusión aos posibles licitadores. O 30 de setembro de 2016, o Servizo de Contratación remite ao Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, o recurso interposto polo Ilustre Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas xunto cunha copia de documentación do expediente. A Xunta de Goberno, na sesión ordinaria do día 16 de setembro de 2016, acorda a rectificación do prego de cláusulas administrativas, concedendo un novo prazo de presentación das proposicións de 52 días, desde o envío da rectificación ao DOUE. No dito acordo rectificouse o seguinte: “A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar un volume anual de negocios referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos por un importe mínimo de 99.173,55€ (IVE excluído).” (…..) “O importe destes contratos xustificados no ano de maior execución (sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido) debe ser igual ou superior a 99.173,55€. B) O Anexo I- Solvencia económica, financeira e técnica. Equipo humano:  1 Arquitecto ou Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos (ou Máster ECCP) cunha experiencia mínima de 8 anos en funcións de Director Técnico. Será o delegado contratista consultor.  1 Arquitecto ou Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos (ou Máster ECCP) cunha experiencia mínima de 5 anos en funcións de redacción de proxectos de infraestruturas, edificación e obra civil. Será o responsable de proxectos de infraestruturas, edificación e obra civil.  1 Arquitecto Técnico ou Enxeñeiro Técnico de obras públicas (ou Graduados en enxeñería civil) con experiencia mínima de 3 anos en instalacións urbanas, canalizacións e obra civil e redacción de proxectos de redes de comunicación, medicións e orzamentos. Será o responsable de instalacións urbanas, canalizacións e obra civil, redes de comunicación, medicións e orzamentos.  1 Delineante, Topógrafo con experiencia mínima de 2 anos en funcións de delineación. O procedemento de contratación iniciouse novamente co envío do anuncio de rectificación ao Diario Oficial da Unión Europea, en data 16 de setembro de 2016, e coa publicación dos correspondentes anuncios no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 183, do 23 de setembro de 2016, e do Boletín Oficial do Estado núm. 257, do 24 de outubro de 2016. Resultando que, con data 28 de setembro de 2016, recíbese escrito mediante o cal o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia interpón recurso contra o anuncio de licitación e os pregos que rexen o procedemento ao considerar que se limita a competencia ao excluír do equipo humano que conforma a solvencia técnica aos Enxeñeiros Industriais do dito Colexio. O Recurso interposto remítese ao Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais para a súa resolución. Con data 17 de outubro de 2016, o Servizo de Contratación recibe escrito do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia mediante o cal interpón recurso contra os pregos rectificados que rexen neste procedemento, ao considerar que é competencia exclusiva destes Enxeñeiros a execución dos traballos a realizar obxecto do Acordo Marco. O recurso interposto remítese ao Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais xunto coa documentación do expediente para a súa resolución. O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, mediante resolucións emitidas, unha con data 25 de outubro de 2016, Resolución nº 860/2016, e outra en data 16 de novembro de 2016, Resolución 931/2016, relativas aos recursos interpostos, no primeiro caso polo Ilustre Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas e, no segundo caso, a relativa ao recurso interposto polo Ilustre Colexio de Enxeñeiros de Canais e Portos de Galicia, resolve desestimar os ditos recursos ao consideralos extemporáneos. No obstante, no relativo ao recurso interposto polo Ilustre Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais emite Resolución nº 925/2016 mediante a cal acorda estimar o recurso interposto polo dito colexio ao considerar que os Enxeñeiros Industriais teñen entre as competencias recollidas no Decreto de 19 de outubro de 1961 (Publicado no Boletín Oficial do Estado de 25 de outubro de 1961) as suficientes para levar a cabo os traballos que comprenden o obxecto do contrato. A vista do exposto, se propón ao órgano de contratación o desistimento do procedemento contractual iniciado no expediente de contratación número 2016027923 para proceder a realizar as revisión oportunas nos pregos que rexerán unha nova contratación. Para o desistimento do contrato estarase ao disposto no artigo 155.4 do TRLCSP. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Desistir do procedemento aberto convocado para a constitución dun Acordo Marco que rexerá na contratación da redacción de proxectos de urbanización, accesibilidade e recuperación dos espazos públicos na rede de estradas provinciais de Pontevedra (Exp. 2016027923), como consecuencia da Resolución nº 925/2016 emitida polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, mediante a cal acorda estimar o recurso interposto polo dito colexio ao considerar que os Enxeñeiros Industriais teñen entre as competencias recollidas no Decreto de 19 de outubro de 1961 (Publicado no Boletín Oficial do Estado de 25 de outubro de 1961) as suficientes competencias para levar a cabo os traballos que comprenden o obxecto do contrato e polo tanto deben ser incluídos dentro do equipo humano requirido para a execución dos ditos traballos, e como consecuencia, proceder polo servizo xestor a redacción dun novo prego de prescricións técnicas. No caso de que o Servizo de Mobilidade considere oportuno proceder a unha nova contratación, deberase incoar un novo procedemento. 10.25047.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS. a)Devolución de garantías definitivas á empresa Construccións, Obras e Viais, S.A. (COVSA) A empresa Construccións, Obras e Viais, S.A. (COVSA) (CIF A.36.008886), mediante escrito presentado polo Servizo de Contratación perante esta Deputación, solicita a devolución da fianza definitiva constituída para responder do contrato de “Saneamento nos lugares de Cernadas e Casal de Eirigo (Valga)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo de Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval do BANCO POPULAR, por importe de oito mil catrocentos dezaseis euros con corenta e tres céntimos (8.416,43 €), para responder do contrato relativo á obra “Saneamento nos lugares de Cernadas e Casal de Eirigo (Valga)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/07/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300093649. b)Devolución de garantías definitivas á empresa Pavimentos de Meaño, S.L. A empresa Pavimentos de Meaño, S.L. (CIF B.36239945), mediante escrito presentado polo Servizo de Contratación perante esta Deputación, solicita a devolución da fianza definitiva constituída para responder do contrato de “Saneamento nos lugares de Cosoirado e Teixugueiras en Moraña”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo de Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de sete mil oitocentos dezanove euros (7.819,00 €), para responder do contrato relativo á obra “Saneamento nos lugares de Cosoirado e Teixugueiras en Moraña”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/04/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000032276. 11.25048.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DA I EDICIÓN DOS PREMIOS SOFÍA NOVOA ORTÍZ A Deputación de Pontevedra, dentro das súas múltiples liñas de actuación no eido da igualdade, quere potenciar a realización de traballos de fin de grao e fin de máster realizados na Universidade de Vigo, nos campus de Vigo e de Pontevedra nos que se integre unha perspectiva de xénero. A deputada delegada na Área de Igualdade desta Deputación, mediante resolución presidencial núm. 2016018474, de 4 de outubro de 2016, aprobou as bases reguladoras da I edición dos premios Sofía Novoa Ortiz á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e fin de máster. Resultando que con data 7 de outubro de 2016 se publican no BOPPO nº193 as bases desta I edición dos Premios Sofía Novoa Ortiz, presentándose a dita convocatoria un total de 11 traballos de fin de grado e 11 traballos de fin de máster. De conformidade coa cláusula quinta das bases reguladoras da I edición dos premios Sofía Novoa Ortiz, nomease mediante resolución presidencial núm. 2016021626 de 22 de novembro de 2016, as persoas integrantes do xurado encargado de emitir o fallo. Dito xurado reúnese o 16 de decembro de 2016 co obxectivo de seleccionar os traballos presentados ós premios convocados, e deliberar os premiados da I edición dos premios Sofía Novoa Ortiz á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e fin de máster. Polo exposto a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Quedar enterada do contido da Acta do xurado seleccionador da I edición dos premios Sofía Novoa Ortiz á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e fin de máster, despois da reunión mantida o pasado 16 de decembro que é o seguinte teor: “ACTA DO XURADO DA I EDICIÓN DOS PREMIOS SOFÍA NOVOA ORTIZ Na sala de Comisións desta Deputación Provincial, ás 9:30 h do día 16 de decembro de 2016, reúnense as persoas integrantes do xurado nomeado para emitir o fallo da I Edición dos Premios Sofía Novoa Ortiz á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e fin de máster, presidido por Mª Isaura Abelairas Rodríguez, deputada delegada de Igualdade da Deputación de Pontevedra; vogais: Mª Montserrat Magallanes Álvarez, deputada delegada de Emprego da Deputación de Pontevedra; Purificación Mayobre Rodríguez, profesora de filosofía na Facultade das Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, campus Ourense; María M. Álvarez Lires, didáctica das ciencias experimentais na Facultade das Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, campus de Pontevedra; Ana Isabel Amoedo Garrido, técnica do Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra e actuando como secretaria Lucia Muradas Arcay, xefa do Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra. Co obxectivo de seleccionar os traballos presentados ós premios convocados, previa deliberación e informe por parte das persoas integrantes do xurado, acórdase a concesión dos seguintes premios: TRABALLOS DE FIN DE GRADO APELIDOS E NOME DNI TITULO PREMIO Laura Serén García 77465392N A asemblea como recurso educativo para fomentar a igualdade entre os sexos na educación primaria 1.000 € Cristina Gandón Villar 53611503K El lenguaje icónico en los libros de texto desde una perspectiva de género y su evolución desde EGB hasta Primaria 1.000 € Carla Novo Salomón 39469094J Impacto psicosocial en la mujer mastectomizada: rol de enfermería 600 € TRABALLOS DE FIN DE MÁSTER APELIDOS E NOME DNI TITULO PREMIO Lucia Pereyra García 77404726C Evolución da linguaxe non sexista e papel da muller en dous libros de texto de historia (1989 e 2015) 1.000 € Isabela Andrés Alonso 44485724K There are no ugly women, only lazy ones 1.000 € Andrea Álvarez Rodríguez 35576337Y “Igualdad de género: un análisis longitudinal de las imágenes en los libros de enseñanza secundaria obligatoria y el bachillerato unificado polivalente” 600 € Sen máis asuntos que tratar dáse por concluída a reunión ás 11:15 horas do día indicado, do que eu,como secretaria, dou fe.” 2. Ditos premios achegaranse con cargo á aplicación 16/250.2315.480.00 do Orzamento provincial. 12.25049.- ADXUDICACIÓN DE PRAZAS Á ENTIDADE “ANPA COLEXIO DE FONTES BAIÑA”, E “ANPA SAN MARTIÑO DE SOBRÁN” E Á ENTIDADE “ANPA SAN ROQUE DE CORÓN” NO MARCO DO PROGRAMA EN RUTA COA DEPO 2016 1º.- A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, convoca o programa “En ruta coa Depo 2016” e oferta 18.705 prazas a entidades sociais da provincia para que poidan pasar un día de convivencia realizando unha ruta, co xantar e o transporte incluídos, pola provincia de Pontevedra, acompañadas dun guía habilitado especializado en Galicia. 2º.- A Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria que tivo lugar o día 8 de xullo de 2016 adoptou entre outros, a aprobación das bases do programa en ruta coa DEPO 2016, aparecendo estas, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 145, do 1 de agosto de 2016. 3º.- Que este programa pretende crear espazos de unión e convivencia para as diferentes entidades participantes, promovendo a igualdade de acceso aos recursos, especialmente a aquelas persoas con diversidade funcional, así como actividades alternativas de lecer e tempo libre para a mocidade, fomentando o asociacionismo xuvenil, o lecer dinámico e saudable, e impulsando a conciliación familiar e laboral durante as fins de semana ou estancias estivais. 4º.- A convocatoria do programa “En ruta coa Depo 2016”, conta cun gasto autorizado por importe de 238.500,00 €, con cargo a aplicación orzamentaria 16/231.2311.227.07, suficientes para atender ata 18.705 prazas. 5º.- Na Xunta de Goberno do día 9 de setembro de 2016, aprobase a adxudicación de 18.676 prazas do programa En ruta coa Depo 2016. 6º.- Dende o Servizo de Cohesión Social e Xuventude, remitíronse á empresa adxudicataria os listados das entidades admitidas e o numero de prazas adxudicadas segundo o aprobado en Xunta de Goberno. 7º.- Aprobouse en Xunta de Goberno de 21 outubro 2016 a resignación de 255 prazas adxudicadas atendendo ás prazas vacantes á entidades en lista de agarda. 8º.- Aprobouse en Xunta de Goberno de 25 novembro 2016 a resignación de 50 prazas adxudicadas atendendo ás prazas vacantes á entidades en lista de agarda. 9º.- Aprobouse en Xunta de Goberno de 2 decembro 2016 a resignación de 105 prazas adxudicadas atendendo ás prazas vacantes á entidades en lista de agarda. 10º.- Aprobouse en Xunta de Goberno de 12 decembro 2016 a resignación de 106 prazas adxudicadas atendendo ás prazas vacantes á entidades en lista de agarda. 11º.- Un total de 102 entidades que xa disfrutaron do programa o longo do mes de setembro e outubro, non cubriron a totalidade das prazas que lle foran adxudicadas, quedando vacantes a data de hoxe un total de 398 prazas. 12º.- As primeiras entidades na lista de agarda e o número de prazas adxudicadas é a seguinte: ASOCIACIÓN CONCELLO PAX Anpa colexio publico de Fontes Baíña Baiona 100 Anpa San Martiño de Sobran Vilagarcía de Arousa 108 Anpa San Roque de Coron Vilanova de Arousa 100 TOTAL 308 Normativa Aplicable: a) Artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. b) Artigo 109.1 b) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia c) Artigo 63 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. d) Artigo 31 do decreto 99/2012, modificado polo Decreto 148/2014, de 6 de novembro, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. e) Orzamento provincial 2016. De conformidade có exposto e de acordo co establecido nas Bases reguladoras do programa “En Ruta coa Depo”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A Adxudicación de 308 prazas das 398 que quedaron vacantes para dar resposta ás seguintes entidades por orde de prelación da lista de reserva: Asociación Concello Pax Anpa colexio publico de Fontes Baiña Baiona 100 Anpa San Martiño de Sobran Vilagarcía de Arousa 108 Anpa San Roque de Coron Vilanova de Arousa 100 Total 308 13.25050.- AMPLIACIÓN PRAZO IMPARTICIÓN DOS OBRADOIROS DO PROGRAMA “TECENDO LAZOS2016” E CONCESIÓN DE SEGUNDOS OBRADOIROS 1º.- A Xunta de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 6 de outubro de 2016, aprobou as bases reguladoras do programa “Tecendo Lazos” do ano 2016, que teñen como obxecto: “Desenvolver obradoiros interxeneracionais, no ámbito do lecer e do tempo libre, a través dos que se pretenden crear estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro, a sensibilización, a promoción do apoio social e o intercambio recíproco, intencionado, comprometido e voluntario de recursos, aprendizaxes, ideas e valores encamiñados a producir entre as distintas xeracións lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias. Fomentarase nas persoas maiores o envellecemento activo, mellorando a súa actividade física, cognitiva e social, e nas persoas máis novas melloraranse as súas habilidades sociais e a empatía cara ao resto das xeracións. Todos os obradoiros contarán, ademais, cun módulo denominado “A historia do meu concello”, a través do cal se tratarán de recompilar as historias, lendas, contos, fotografías… dos concellos que se adhiran, co fin de publicar a información e documentación recollidas.” 2º.- No programa “Tecendo Lazos” para o ano 2016, poderán adherirse os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes. Cada concello pode escoller unha actividade das que figuran no catálogo publicado na páxina web da Deputación de Pontevedra, divididas nas seguintes áreas: 1. Risos en familia 2. Coas mans nos pucheiros 3. Álbum familiar 4. Brincadeiras de sempre 5. O noso son Cada unha delas terá unha duración de 16 horas e ofertaranse a través dunha empresa especializada na materia, responsable da execución, coordinación e avaliación do programa. O prazo fixado nas bases para a impartición de estes obradoiros deberá rematar antes do 31 de decembro de 2016, existindo previa solicitude por parte do Concello adherido e co informe favorable do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, a posibilidade dunha prórroga de 15 días naturais. 3º.- Unha vez finalizado o prazo establecido nas Bases do programa “Tecendo Lazos 2016” publicadas no Boletín oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 192 de data 6 de outubro de 2016, a Xunta de Goberno na súa sesión do venres 11 de novembro de 2016 aproba a adhesión dos seguintes Concellos: Concello Obradoiro escollido 1 Agolada Brincadeiras de sempre 2 Arbo Brincadeiras de sempre 3 Baiona Risos en familia 4 Barro Brincadeiras de sempre 5 Bueu Coas mans nos pucheiros 6 Caldas de Reis Coas mans nos pucheiros 7 Cambados Risos en familia 8 Cotobade Coas mans nos pucheiros 9 Cuntis Coas mans nos pucheiros 10 Fornelos de Montes Brincadeiras de sempre 11 Gondomar Risos en familia 12 Grove, O Coas mans nos pucheiros 13 Guarda, A Brincadeiras de sempre 14 Illa de Arousa, A Risos en familia 15 Lama, A Coas mans nos pucheiros 16 Meaño Brincadeiras de sempre 17 Meis O noso son 18 Moaña Risos en familia 19 Mondariz Brincadeiras de sempre 20 Mondariz-Balneario Risos en familia 21 Moraña Coas mans nos pucheiros 22 Mos Coas mans nos pucheiros 23 Neves, As Brincadeiras de sempre 24 Nigrán Coas mans nos pucheiros 25 Oia Brincadeiras de sempre 26 Pazos de Borbén Coas mans nos pucheiros 27 Poio Brincadeiras de sempre 28 Ponte Caldelas O noso son 29 Pontecesures Coas mans nos pucheiros 30 Porriño Brincadeiras de sempre 31 Portas Álbum familiar 32 Ribadumia Album familiar 33 Rodeiro Brincadeiras de sempre 34 Rosal, O Coas mans nos pucheiros 35 Salceda de Caselas Coas mans nos pucheiros 36 Salvaterra de Miño Coas mans nos pucheiros 37 Sanxenxo Risos en familia 38 Silleda O noso son 39 Soutomaior Risos en familia 40 Tomiño Coas mans nos pucheiros 41 Tui Brincadeiras de sempre 42 Valga Brincadeiras de sempre 43 Vila de Cruces Risos en familia 44 Vilaboa Brincadeiras de sempre 4º.- Nas bases reguladoras do programa, en concreto na base oitava: Condicións do programa, se recolle no último parágrafo da mesma que os obradoiros deberán rematar antes do 31 de decembro de 2016; existindo a posibilidade, previa solicitude por parte do Concello adherido a posibilidade dunha prórroga de 15 días naturais. 5º.- A base décimo primeira recolle no último parágrafo o seguinte: “No suposto de que o número total de obradoiros ofertados nesta convocatoria non quedase cuberto, esta institución resérvase o dereito a cubrilos con Concellos que teñan a suficiente demanda para realizar un segundo obradoiro a través dunha petición motivada dirixida á deputada de Cohesión Social e Xuventude”. Normativa aplicable: a) Artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. b) Artigo 109.1 b) da Lei 5/1997 de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. c) Artigo 63 da Lei 13/2008 de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. d) Orzamento provincial 2016. Bases Execución do Orzamento. e) Convocatoria e Bases do programa Tecendo Lazos 2016 (BOPPO nº192 do 6 de outubro 2016). De acordo con todo o exposto anteriormente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Á ampliación do prazo para a impartición dos obradoiros do programa “Tecendo Lazos 2016” ata o 15 de xaneiro para os Concellos que así o solicitaron que son os que relacionamos a continuación: Concello 1 Arbo 2 Baiona 3 Barro 4 Cerdedo 5 Fornelos de Montes 6 Gondomar 7 Illa de Arousa 8 Moaña 9 Mondariz 10 Nigrán 11 Ponte Caldelas 12 Pontecesures 13 Rodeiro 14 Soutomaior 15 Valga 16 Vilaboa 2. A concesión dun segundo obradoiro aos seguintes Concellos debido a que teñen suficiente demanda para a realización dos mesmos e que son os que se relacionan a continuación: Concello 1 Cerdedo 2 Nigrán 3 O Rosal 14.25051.- APROBACIÓN DA ADDENDA PARA PRORROGAR AS ACTUACIÓNS DERIVADAS DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MARÍN PARA LEVAR A CABO O PROXECTO “REFORMA DA RÚA ALCALDE JOSÉ DEL RÍO” No desenrolo do convenio de colaboración, asinado o 22 de xuño de 2015, entre o Concello de Marín e a Deputación Provincial de Pontevedra para executar a obra “Reforma da rúa Alcalde José del Río”, ambas administracións consideran de mutuo interese estender a vixencia do convenio ata o 31 de decembro de 2017. A Deputación de Pontevedra e o Concello de Marín asinaron, na data arriba sinalada, un convenio para levar a cabo a obra denominada “Reforma da rúa Alcalde José del Río” co gallo de executar toda unha serie de actuacións necesarias para renovar a rede de saneamento, alumeado e mellora da pavimentación e mobilidade na referida rúa. O orzamento do proxecto a executar ascendía a 240.548,20 €; correspondendo achegar á Deputación Provincial 120.548,40 € e o Concello de Marín 120.000,00 € e con cargo á subvención concedida no Plan de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15). A Deputación de Pontevedra é titular da totalidade do citado viario denominado estrada provincial E.P 1201 Marín-Penizas, cuxo trazado transcorre polo Concello de Marín. As obras obxecto de convenio, a data de hoxe, no se puideron licitar dado que se están estudando diversas alternativas para que o proxecto de obra cumpra cos criterios de actuacións nas estradas provinciais, polo que resulta imposible a súa execución e remate no prazo estipulado no pacto sétimo do convenio. Fundamentos xurídicos: Lexislación aplicable: - Normativa reguladora da contratación das Corporacións locais, constituída polo RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público e RD 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de Contratos. - Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. - Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público. - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladoras das Bases do Réxime Local. - Lei 5/1997, de 22 xullo, de Administración Local de Galicia. - RDL 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local. - RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladoras das Facendas Locais. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e o RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións. - Lei 9/2003, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia. - Bases de execución do orzamento provincial para o exercicio 2016. Procedencia da Addenda ó convenio: O artigo 25 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, baixo a rúbrica de liberdade de pactos, permite que nos contratos do sector público se inclúa calquera pacto, cláusula ou condición, sempre que non sexan contrarios ó interese público, ó ordenamento xurídico e ós principios de boa administración. Nesta mesma liña se pronuncian, os artigos 1255 do Código Civil e 111 do Texto Refundido das disposicións vixentes na materia de réxime local, aprobado polo RDL 781/1986, de 18 de abril, e 310 da LALG, resultando de aplicación o disposto no artigo 86.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, cando estipula que as administracións públicas poderán celebrar contratos administrativos, pactos, convenios ou contratos con persoas tanto de dereito público como privado, sempre que non sexan contrarios ó ordenamento xurídico nin versen sobre materias de transacción e teñan por obxecto satisfacer o interese público que teñen encomendado, co alcance, efectos e réxime xurídico específico que en cada caso prevea a disposición reguladora. O interese xeral e a conveniencia na sinatura da addenda se refire nos antecedentes da presente e nos informes que se xuntan. De acordo co disposto nos mesmos, trátase estender a vixencia do convenio para permitir a execución e remate da obra “Reforma da rúa Alcalde José del Río” cumprindo, a súa vez, cos requisitos de mobilidade das estradas provinciais. A este respecto sinalar que parte do financiamento do convenio provén dunha subvención outorgada ó abeiro do PPOS/15; plan do que se está a tramitar unha prórroga, polo que a presente addenda deberá quedar condicionada á aprobación da mesma. En canto ó contido da Addenda, axustado á lexislación vixente, sinálase no informe da secretaria xeral obrante no expediente. Tendo en conta todo o que antecede, dada conta da proposta de Addenda, visto o informe da xefa do servizo de cooperación, de data 5 de decembro de 2016, e vistos os informes da Secretaría Xeral da mesma data e da Intervención Provincial, de 13 de decembro de 2016, E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do RDL 781/1986, de 18 de abril e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a addenda para prorrogar as actuacións derivadas da sinatura do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Marín para levar a cabo o proxecto reforma da rúa Alcalde José del Río, cuxo texto di como segue: “ADDENDA PARA PRORROGAR AS ACTUACIÓNS DERIVADAS DA SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MARIN PARA LEVAR A CABO O PROXECTO DE REFORMA DA RUA ALCALDE JOSÉ DEL RÍO En Pontevedra ,xx de decembro de 2016 REUNIDOS Dunha parte, Dona María del Carmen Silva Rego, na súa condición de Presidenta da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Doutra parte, Dona María Ramallo Vázquez, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Marín, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. E actuando Dona Paula Costas Romero, en calidade de secretaria do Concello de Marín, e Don Carlos Cuadrado Romay en calidade de secretario xeral da Deputación de Pontevedra, dando fe do acto que se celebra. As partes recoñécense mutuamente plena lexitimación, representación e a capacidade legal necesaria para subscribir a presente addenda ó convenio de colaboración e, con tal fin EXPOÑEN I.- Que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na súa sesión ordinaria do día 19 de xuño de 2015, mediante acordo núm. 13.23572, aprobou o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Marín para a execución do proxecto “Reforma da rúa Alcalde José del Río (Marín)”, por un importe total de 240.548,20 euros; correspondendo achegar á Deputación Provincial 120.548,40 euros e o Concello de Marín 120.000,00 euros. O convenio foi asinado en data de 22 de xuño 2015. II.- Que a Deputación de Pontevedra é titular da totalidade do citado viario denominado estrada provincial E.P 1201 Marín-Penizas cuxo trazado transcorre polo Concello de Marín. III.- Que as obras obxecto de convenio, a data de hoxe, no se puideron licitar dado que se están estudando diversas alternativas para que o proxecto de obra cumpra cos criterios de actuacións nas estradas provinciais, conformando unha estrada na que as mobilidades peonil e ciclista sexan prioritarias con respecto ás mobilidades motorizadas e mellorando a seguranza viaria a través de medidas de calmado do tránsito e redución da velocidade de vehículos. Este retraso na licitación do investimento, como consecuencia da reformulación do proxecto, fai imposible executar e rematar o investimento para a “Reforma da rúa Alcalde José del Río” no prazo estipulado no pacto sétimo convenio, polo que estímase conveniente estender a súa vixencia ata 31 de decembro de 2017. IV.- Por todo o anteriormente exposto, as partes manifestan expresamente o seu desexo de asinar unha addenda ó convenio de colaboración co obxecto de prorrogar a súa vixencia para dar continuidade ás actuacións administrativas iniciadas tendentes a execución da obra “Reforma da rúa Alcalde del Río”, co seguinte PACTO UNICO.- As partes, co obxecto dar continuidade ás actuacións administrativas iniciadas, acordan estender a vixencia do “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MARÍN PARA LEVAR A CABO O PROXECTO REFORMA DA RÚA ALCALDE JOSÉ DEL RÍO ”, ata o remate das obras obxecto do convenio sen exceder, en todo caso, a data de 31 de decembro de 2017. A presente addenda entrará en vigor na data da súa sinatura. As partes comprométense a realizar os axustes orzamentarios necesarios para manter os compromisos económicos establecidos no convenio, en relación ó novo período de vixencia. E para que así conste, en proba de conformidade, as partes asinan a presente addenda e a un só efecto no lugar e data sinalados no seu encabezamento. A Presidenta de Deputación Provincial de Pontevedra, Asdo.: Mª del Carmen Silva Rego A Alcaldesa-Presidenta do Concello de Marín, Asdo: María Ramallo Vázquez O Secretario Xeral da Deputación de Pontevedra, Asdo.: Carlos Cuadrado Romay A Secretaria do Concello de Marín, Asdo.: Paula Costas Romero” Condicionar a efectividade do presente acordo á aprobación da prórroga do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15), dado que parte do financiamento provén dunha subvención outorgada con cargo ó devandito programa. Facultar á Presidenta da Deputación para formalizar a presente Addenda mediante a súa sinatura. 15.25052.- APROBACIÓN DA ADDENDA PARA PRORROGAR AS ACTUACIÓNS DERIVADAS DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEAÑO PARA LEVAR A CABO O PROXECTO “CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE SINTÉTICO E URBANIZACIÓN DE ACCESOS EN MEAÑO” No desenrolo do convenio de colaboración, asinado o 25 de xuño de 2015, entre o Concello de Meaño e a Deputación Provincial de Pontevedra para executar a obra “Campo de céspede sintético e urbanización de accesos en Meaño”, ambas administracións consideran de mutuo interese estender a vixencia do convenio ata o 31 de decembro de 2017. A Deputación de Pontevedra e o Concello de Meaño asinaron, na data arriba sinalada, un convenio para levar a cabo a obra denominada “Campo de fútbol de céspede sintético en Meaño”, cun importe de 438.477,36 €. No curso do procedemento detectouse que o proxecto obxecto do convenio non contemplaba diversas unidades de obra que se estimaban necesarias para procurar unha execución completa do investimento. Por esta razón, en data 23 de setembro de 2016, subscríbese unha primeira addenda ó convenio de colaboración que modifica os expositivos primeiro, segundo e terceiro. De acordo con esta primeira addenda, o proxecto, que pasa a denominarse “Campo de fútbol céspede sintético e urbanización de accesos en Meaño” e incrementa o seu custe pasando de 438.477,36 € a 674.911,17 €. Este incremento é asumido integramente pola entidade municipal, permanecendo inalterables tanto a achega da Deputación Provincial ó investimento, como a axuda económica concedida ó Concello de Meaño con cargo ó Plan de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15). Na data actual ,a obra obxecto do convenio atópase na fase de licitación polo que resulta imposible a súa execución e remate no prazo estipulado no pacto oitavo do convenio. Fundamentos Xurídicos: Lexislación aplicable: - Normativa reguladora da contratación das Corporacións locais, constituída polo RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público e RD 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de Contratos. - Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. - Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público. - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladoras das Bases do Réxime Local. - Lei 5/1997, de 22 xullo, de Administración Local de Galicia. - RDL 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local. - RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladoras das Facendas Locais. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e o RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións. - Lei 9/2003, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia. - Bases de execución do orzamento provincial para o exercicio 2016. Procedencia da Addenda ó convenio: O artigo 25 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, baixo a rúbrica de liberdade de pactos, permite que nos contratos do sector público se inclúa calquera pacto, cláusula ou condición, sempre que non sexan contrarios ó interese público, ó ordenamento xurídico e ós principios de boa administración. Nesta mesma liña se pronuncian, os artigos 1255 do Código Civil e 111 do Texto Refundido das disposicións vixentes na materia de réxime local, aprobado polo RDL 781/1986, de 18 de abril, e 310 da LALG, resultando de aplicación o disposto no artigo 86.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, cando estipula que as administracións públicas poderán celebrar contratos administrativos, pactos, convenios ou contratos con persoas tanto de dereito público como privado, sempre que non sexan contrarios ó ordenamento xurídico nin versen sobre materias de transacción e teñan por obxecto satisfacer o interese público que teñen encomendado, co alcance, efectos e réxime xurídico específico que en cada caso prevea a disposición reguladora. O interese xeral e a conveniencia na sinatura da addenda se refire nos antecedentes da presente e nos informes que se xuntan. De acordo co disposto nos mesmos, trátase estender a vixencia do convenio para permitir a execución e remate da obra “Campo de fútbol de céspede sintético e urbanización de accesos en Meaño”. A este respecto sinalar que parte do financiamento do convenio provén dunha subvención outorgada ó abeiro do PPOS/15; plan do que se está a tramitar unha prórroga, polo que a presente addenda deberá quedar condicionada á aprobación da mesma. En canto ó contido da Addenda, axustado á lexislación vixente, sinálase no informe da secretaria xeral obrante no expediente. Tendo en conta todo o que antecede, dada conta da proposta de Addenda , visto o informe da xefa do servizo de cooperación, de data 5 de decembro de 2016, e vistos os informes da Secretaría Xeral da mesma data e da Intervención Provincial, de 12 decembro de 2016. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do RDL 781/1986, de 18 de abril e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a addenda para prorrogar as actuacións derivadas da sinatura do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Meaño para levar a cabo o proxecto campo de fútbol de céspede sintético e urbanización de accesos en Meaño, cuxo texto di como segue: “ADDENDA PARA PRORROGAR AS ACTUACIÓNS DERIVADAS DA SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEAÑO PARA LEVAR A CABO O PROXECTO CAMPO DE FUTBOL DE CÉSPEDE SINTÉTICO E URBANIZACIÓN DE ACCESOS EN MEAÑO En Pontevedra ,xx de decembro de 2016 REUNIDOS Dunha parte, Dona María del Carmen Silva Rego, na súa condición de Presidenta da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Doutra parte, Dona María Lourdes Ucha Varela, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Meaño, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. E actuando Dona María Teresa Escudero Barral, en calidade de secretaria do Concello de Meaño, e Don Carlos Cuadrado Romay en calidade de secretario xeral da Deputación de Pontevedra, dando fe do acto que se celebra. As partes recoñécense mutuamente plena lexitimación, representación e a capacidade legal necesaria para subscribir a presente addenda ó convenio de colaboración e, con tal fin EXPOÑEN I.- Que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na súa sesión ordinaria do día 12 de xuño de 2015, mediante acordo núm. 41.23577, aprobou o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Meaño para a execución do investimento “Campo de fútbol de céspede sintético en Meaño”, por un importe total de 438.477,36 euros; correspondendo achegar á Deputación Provincial 154.907,04 euros (aplicación 2016/342.3420.652.00.2015) e o Concello de Meaño 283.570,32 euros, dos cales 145.092,96 euros proviñan da subvención outorgada con cargo ó crédito reservado na concesión directa no PPOS/15 (aplicación 2016/942.9420.652.45.2015). O convenio foi asinado en data de 25 de xuño 2015. II.- Que a Xunta de Goberno da Deputación na súa sesión ordinaria de 12 de agosto de 2016, mediante acordo núm. 20.24723, aproba unha primeira addenda ó convenio referido para ampliar o alcance da súa cobertura. Con este fin se modifican os pactos primeiro, segundo e terceiro; de feito que a actuación pasa a denominarse “CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE SINTÉTICO E URBANIZACIÓN DE ACCESOS EN MEAÑO” cun orzamento de 674.911,17 euros, dos cales o Concello de Meaño achegará o importe de 374.911,17 euros con cargo ós seus fondos propios, permanecendo invariables tanto a achega da Deputación coma a subvención concedida con cargo o PPOS/15. Esta addenda foi asinada o 23 de setembro de 2016. III.- Que as obras obxecto de convenio, a data de hoxe, atópanse na fase de licitación polo que resulta imposible a súa execución e remate no prazo estipulado no pacto oitavo do convenio, razón pola que se estima conveniente estender a súa vixencia ata 31 de decembro de 2017. IV.- Por todo o anteriormente exposto, as partes manifestan expresamente o seu desexo de asinar unha addenda ó convenio de colaboración co obxecto de prorrogar a súa vixencia para dar continuidade ás actuacións administrativas iniciadas tendentes a execución da obra “Campo de céspede sintético e urbanización de accesos en Meaño”, co seguinte PACTO UNICO.- As partes, co obxecto dar continuidade ás actuacións administrativas iniciadas, acordan estender a vixencia do “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEAÑO PARA LEVAR A CABO O PROXECTO CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE SINTÉTICO E URBANIZACIÓN DE ACCESOS EN MEAÑO ”, ata o remate das actuacións que se recollen no proxecto técnico sen exceder, en todo caso, a data de 31 de decembro de 2017. A presente addenda entrará en vigor na data da súa sinatura. As partes comprométense a realizar os axustes orzamentarios necesarios para manter os compromisos económicos establecidos no convenio, en relación ó novo período de vixencia. E para que así conste, en proba de conformidade, as partes asinan a presente addenda e a un só efecto no lugar e data sinalados no seu encabezamento. A Presidenta de Deputación Provincial de Pontevedra, Asdo.: Mª del Carmen Silva Rego A Alcaldesa-Presidenta do Concello de Meaño, Asdo: María Lourdes Ucha Varela O Secretario Xeral da Deputación de Pontevedra, Asdo.: Carlos Cuadrado Romay A Secretaria do Concello de Meaño, Asdo.: María Teresa Escudero Barral” Condicionar a efectividade do presente acordo á aprobación da prórroga do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15), dado que parte do financiamento provén dunha subvención outorgada con cargo ó devandito programa. Facultar a Presidenta da Deputación para formalizar a presente Addenda mediante a súa sinatura. 16.25053.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CATOIRA NO PICEI 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “ACONDICIONAMENTO CASA DO CONCELLO, FASE II” A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión de 25/11/2016, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Investimentos en Equipamentos e Infraestruturas para Concellos de menos de 20.000 habitantes (PICEI) 2016; sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases, delimitadas polo marco competencial dos Concellos. En data 02/12/2016 publicouse o extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), núm. 231, que fixa un prazo para a presentación de solicitudes de 5 días hábiles dende o seguinte ó da súa publicación. Asemade, promoveuse a difusión da convocatoria a través da páxina web da Deputación, facilitándose a presentación a través do Rexistro xeral da Deputación, no da súa sede de Vigo, nos rexistros da ORAL ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. En data 05/12/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do PICEI 2016, petición do Concello de Catoira na que solicita unha subvención por importe de 125.000,00 € con destino ó financiamento do investimento “Acondicionamento da casa do concello, Fase II”, cun orzamento polo mesmo importe. Débese salientar que, a pesares de que a denominación dada o investimento é practicamente coincidente cunha actuación tramitada ó abeiro do PUSIM/14, os facultativos técnicos de cooperación, unha vez supervisados ambos proxectos, que se axuntan o presente, en data 15 de decembro de 2016 emiten un informe no que se indica que se trata de investimentos totalmente diferenciados non existindo duplicidade ou similitude en unidades de obra. A estes efectos o concello achega declaración do alcalde no que se pon de manifesto nos mesmos termos, que o novo proxecto ó abeiro da convocatoria do PICEI 2016, “Acondicionamento da casa do concello, Fase II”, non coincide nin duplica unidades de obra do presentado no seu momento ó abeiro do PUSIM/14, “Acondicionamento da nova casa consistorial (FASE II)”. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do PICEI 2016. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL).  Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (PICEI 2016).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 7ª do PICEI 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Petición e evacuación de informes: - Artigos 79 e 80 da LPAC sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 88.6 da LPAC, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 7ª do PICEI 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 2ª e 5ª do PICEI 2016 que definen o ámbito de actuación e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Base reguladora 6ª do PICEI 2016, que recolle a necesaria documentación que se deberá axuntar cada investimento para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do Enxeñeiro Xefe e da Xefa do servizo de Cooperación de data 12/12/2016 e 19/12/2016 respectivamente, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 19/12/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder unha subvención ó Concello de Catoira, NIF P3601000G, por importe de 125.000,00 €, para a realización do investimento “Acondicionamento casa do concello, Fase II” (exp.: 20160043998), cun orzamento polo mesmo importe, 125.000,00 €. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9420.762.10 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das actuacións ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PICEI 2016, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno de 25/11/2016 (dispoñibles na web www.depo.es) e cuxo extracto da convocatoria foi publicado no BOPPO núm. 231 de 02/12/2016, e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017 cos requisitos e a documentación requirida ó abeiro da base 10ª do PICEI 2016. Non obstante e previa solicitude, este prazo poderá ser prorrogado por causas debidamente xustificadas ata o 30 de xuño de 2018. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 17.25054.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE FORCAREI NO PICEI 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “SINALIZACIÓN VERTICAL NÚCLEOS RURAIS E URBANOS” A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión de 25/11/2016, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Investimentos en Equipamentos e Infraestruturas para Concellos de menos de 20.000 habitantes (PICEI) 2016; sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases, delimitadas polo marco competencial dos Concellos. En data 02/12/2016 publicouse o extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), núm. 231, que fixa un prazo para a presentación de solicitudes de 5 días hábiles dende o seguinte ó da súa publicación. Asemade, promoveuse a difusión da convocatoria a través da páxina web da Deputación, facilitándose a presentación a través do Rexistro xeral da Deputación, no da súa sede de Vigo, nos rexistros da ORAL ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas En data 13/12/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do PICEI 2016, petición do Concello de Forcarei na que solicita unha subvención por importe de 90.000,00 € con destino ó financiamento do investimento “Sinalización vertical núcleos rurais e urbanos”, cun orzamento que ascende a 100.000,00 €, polo que o Concello asume o compromiso de achegar o importe restante, é dicir, 10.000,00 €. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do PICEI 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime Xurídico: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). - Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). - Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (PICEI 2016). - Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 7ª do PICEI 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Petición e evacuación de informes: - Artigos 79 e 80 da LPAC sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 88.6 da LPAC, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 7ª do PICEI 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 2ª e 5ª do PICEI 2016 que definen o ámbito de actuación e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Base reguladora 6ª do PICEI 2016, que recolle a necesaria documentación que se deberá axuntar cada investimento para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do Enxeñeiro Xefe e da Xefa do servizo de Cooperación de data 19/12/2016 que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 19/12/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder unha subvención ó Concello de Forcarei, NIF P3601800J, por importe de 90.000,00 €, para a realización do investimento “Sinalización vertical núcleos rurais e urbanos” (exp.: 2016044249), cuxo orzamento ascende a 100.000,00 €, polo que o Concello asume o compromiso de achegar o importe restante ata completar a totalidade do orzamento, é dicir, 10.000,00 €. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9420.762.10 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das actuacións ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PICEI 2016, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno de 25/11/2016 (dispoñibles na web www.depo.es) e cuxo extracto da convocatoria foi publicado no BOPPO núm. 231 de 02/12/2016, e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017 cos requisitos e a documentación requirida ó abeiro da base 10ª do PICEI 2016. Non obstante e previa solicitude, este prazo poderá ser prorrogado por causas debidamente xustificadas ata o 30 de xuño de 2018. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 18.25055.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES NO PICEI 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “REFORMA DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE FORNELOS DE MONTES” A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión de 25/11/2016, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Investimentos en Equipamentos e Infraestruturas para Concellos de menos de 20.000 habitantes (PICEI) 2016; sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases, delimitadas polo marco competencial dos Concellos. En data 02/12/2016 publicouse o extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), núm. 231, que fixa un prazo para a presentación de solicitudes de 5 días hábiles dende o seguinte ó da súa publicación. Asemade, promoveuse a difusión da convocatoria a través da páxina web da Deputación, facilitándose a presentación a través do Rexistro xeral da Deputación, no da súa sede de Vigo, nos rexistros da ORAL ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas En data 05/12/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do PICEI 2016, petición do Concello de Fornelos de Montes na que solicita unha subvención por importe de 145.000,00 € con destino ó financiamento do investimento “Reforma do pavillón municipal de Fornelos de Montes”, cun orzamento polo mesmo importe. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do PICEI 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL).  Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (PICEI 2016).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 7ª do PICEI 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Petición e evacuación de informes: - Artigos 79 e 80 da LPAC sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 88.6 da LPAC, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 7ª do PICEI 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 2ª e 5ª do PICEI 2016 que definen o ámbito de actuación e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Base reguladora 6ª do PICEI 2016, que recolle a necesaria documentación que se deberá axuntar cada investimento para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do Enxeñeiro Xefe e da Xefa do servizo de Cooperación de data 09/12/2016 e 12/12/2016 respectivamente, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 12/12/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder unha subvención ó Concello de Fornelos de Montes, NIF:P3601900H, por importe de 145.000,00 €, para a realización do investimento “Reforma do pavillón municipal de Fornelos de Montes” (exp.: 2016043799), cun orzamento polo mesmo importe, 145.000,00 €. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9420.762.10 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das actuacións ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PICEI 2016, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno de 25/11/2016 (dispoñibles na web www.depo.es) e cuxo extracto da convocatoria foi publicado no BOPPO núm. 231 de 02/12/2016, e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017 cos requisitos e a documentación requirida ó abeiro da base 10ª do PICEI 2016. Non obstante e previa solicitude, este prazo poderá ser prorrogado por causas debidamente xustificadas ata o 30 de xuño de 2018. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 19.25056.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DA LAMA NO PICEI 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO PROXECTO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA: “REFORMA DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR NA PARROQUIA DE COVELO, CONCELLO DA LAMA, NOS LUGARES DE LAGEDO, GATEIRA, FÍRVEDA, FORNÓN E PERDIZ E COLOCACIÓN DE TRES LUMINARIAS NO BARRIO DE PELETE” A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión de 25/11/2016, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Investimentos en Equipamentos e Infraestruturas para Concellos de menos de 20.000 habitantes (PICEI) 2016; sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases, delimitadas polo marco competencial dos Concellos. En data 02/12/2016 publicouse o extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), núm. 231, que fixa un prazo para a presentación de solicitudes de 5 días hábiles dende o seguinte ó da súa publicación. Asemade, promoveuse a difusión da convocatoria a través da páxina web da Deputación, facilitándose a presentación a través do Rexistro xeral da Deputación, no da súa sede de Vigo, nos rexistros da ORAL ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas En data 12/12/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do PICEI 2016, petición do Concello de A Lama na que solicita unha subvención por importe de 78.856,12 € con destino ó financiamento do investimento “Proxecto de eficiencia iluminación pública: reforma das instalacións de iluminación pública exterior na parroquia de Covelo, Concello de A Lama, nos lugares de Lagedo, Gateira, Fírveda, Fornón e Perdiz, e a colocación de tres luminarias no barrio de Pelete”, cun orzamento polo mesmo importe. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do PICEI 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL).  Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (PICEI 2016).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 7ª do PICEI 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Petición e evacuación de informes: - Artigos 79 e 80 da LPAC sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 88.6 da LPAC, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 7ª do PICEI 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 2ª e 5ª do PICEI 2016 que definen o ámbito de actuación e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Base reguladora 6ª do PICEI 2016, que recolle a necesaria documentación que se deberá axuntar cada investimento para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do Enxeñeiro Xefe e da Xefa do servizo de Cooperación, de data 13/12/2016, que conclúen favorablemente a concesión da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 14/12/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade:  Conceder unha subvención ó Concello da Lama, NIF P3602500E por importe de 78.856,12 €, para a realización do investimento “Proxecto de eficiencia iluminación pública: reforma das instalacións de iluminación pública exterior na parroquia de Covelo, concello de a lama, nos lugares de Lagedo, Gateira, Fírveda, Fornón e Perdiz, e a colocación de tres luminarias no barrio de Pelete” (exp.: 2016043982), cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, 78.856,12 €.  Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9420.762.10 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto.  Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das actuacións ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan.  A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PICEI 2016, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno de 25/11/2016 (dispoñibles na web www.depo.es) e cuxo extracto da convocatoria foi publicado no BOPPO núm. 231 de 02/12/2016, e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións.  Asemade o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017 cos requisitos e a documentación requirida ó abeiro da base 10ª do PICEI 2016. Non obstante e previa solicitude, este prazo poderá ser prorrogado por causas debidamente xustificadas ata o 30 de xuño de 2018. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 20.25057.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DAS NEVES NO PICEI 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “MELLORA E CONEXIÓN DAS CAPTACIÓNS DE ABASTECEMENTO DE AUGA NAS NEVES” A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión de 25/11/2016, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Investimentos en Equipamentos e Infraestruturas para Concellos de menos de 20.000 habitantes (PICEI) 2016; sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases, delimitadas polo marco competencial dos Concellos. En data 02/12/2016 publicouse o extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), núm. 231, que fixa un prazo para a presentación de solicitudes de 5 días hábiles dende o seguinte ó da súa publicación. Asemade, promoveuse a difusión da convocatoria a través da páxina web da Deputación, facilitándose a presentación a través do Rexistro xeral da Deputación, no da súa sede de Vigo, nos rexistros da ORAL ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. En data 05/12/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do PICEI 2016, petición do Concello das Neves na que solicita unha subvención por importe de 70.000,00 € con destino ó financiamento do investimento “Mellora e conexión das captacións de abastecemento de auga nas neves”, cuxo orzamento ascende a 81.865,80 €, polo que o Concello asume o compromiso de cofinanciar o importe restante, é dicir, 11.865,80 €. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do PICEI 2016, agás no relativo a dispoñibilidade das autorizacións sectoriais necesarias para a normal execución investimento; asumindo o concello o compromiso, segundo se desprende do certificado do acordo adoptado pola xunta de goberno local, de remitir esta documentación antes da licitación do investimento ou, en todo caso, antes de iniciar o trámite de xustificación da axuda económica concedida. Fundamentos xurídicos: Réxime Xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL).  Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (PICEI 2016).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016 Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 7ª do PICEI 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Petición e evacuación de informes: - Artigos 79 e 80 da LPAC sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 88.6 da LPAC, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 7ª do PICEI 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 2ª e 5ª do PICEI 2016 que definen o ámbito de actuación e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Base reguladora 6ª do PICEI 2016, que recolle a necesaria documentación que se deberá axuntar cada investimento para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do Enxeñeiro Xefe e da Xefa do servizo de Cooperación, de datas 12 e 13 de decembro de 2016 respectivamente, que conclúen favorablemente a concesión da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 14/12/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade:  Conceder unha subvención ó Concello de as Neves NIF P3603400G por importe de 70.000,00 €, para a realización do investimento “mellora E conexión das captacións de auga nas Neves (exp.: 2016044009), cuxo orzamento ascende a 81.865,80 €, polo que o concello se compromete a achegar o importe restante, é dicir, 11.865,80 euros. Non obstante a efectividade do presente acordo condiciónase a que o Concello das Neves acredite que posúe as autorizacións sectoriais preceptivas e necesarias para a normal execución da actuación antes da licitación do investimento ou, en todo caso, antes do inicio do procedemento de xustificación da axuda económica concedida.  Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9420.762.10 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto.  A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PICEI 2016, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno de 25/11/2016 (dispoñibles na web www.depo.es) e cuxo extracto da convocatoria foi publicado no BOPPO núm. 231 de 02/12/2016, e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións.  Asemade o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017 cos requisitos e a documentación requirida ó abeiro da base 10ª do PICEI 2016. Non obstante e previa solicitude, este prazo poderá ser prorrogado por causas debidamente xustificadas ata o 30 de xuño de 2018. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 21.25058.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SILLEDA NO PICEI 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “DOTACIÓN DE HERBA SINTÉTICA CAMPO DE FÚTBOL DE A GANDEIRA-BANDEIRA, FASE I” A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión de 25/11/2016, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Investimentos en Equipamentos e Infraestruturas para Concellos de menos de 20.000 habitantes (PICEI) 2016; sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases, delimitadas polo marco competencial dos Concellos. En data 02/12/2016 publicouse o extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), núm. 231, que fixa un prazo para a presentación de solicitudes de 5 días hábiles dende o seguinte ó da súa publicación. Asemade, promoveuse a difusión da convocatoria a través da páxina web da Deputación, facilitándose a presentación a través do Rexistro xeral da Deputación, no da súa sede de Vigo, nos rexistros da ORAL ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. En data 05/12/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do PICEI 2016, petición do Concello de Silleda na que solicita unha subvención por importe de 438.778,07 € con destino ó financiamento do investimento “Dotación de herba sintética campo de fútbol A Gandeira-Bandeira, FASE I”. Nesta primeira fase, segundo o documento técnico achegado, se realizarán soamente actuacións sobre o campo de xogo. En data 19/12/2016 ten entrada no Rexistro da Deputación informe da alcaldía de Silleda en relación ó proxecto do investimento que se salienta ut supra no que se manifesta a disposición dun proxecto técnico, o que se achegou en data 05/12/2016, pero subordinándose o desenvolvemento do proxecto de execución á resolución favorable das autorizacións sectoriais que procedan legalmente. Na mesma data, o enxeñeiro xefe de cooperación emite informe favorable de supervisión ó considerar que o proxecto técnico remitido cumpre cos contidos mínimos esixidos nas bases ós efectos da concesión da subvención. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do PICEI 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL).  Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (PICEI 2016).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 7ª do PICEI 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Petición e evacuación de informes: - Artigos 79 e 80 da LPAC sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 88.6 da LPAC, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 7ª do PICEI 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 2ª e 5ª do PICEI 2016 que definen o ámbito de actuación e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Base reguladora 6ª do PICEI 2016, que recolle a necesaria documentación que se deberá axuntar cada investimento para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do Enxeñeiro Xefe e da Xefa do servizo de Cooperación de data 19/12/2016, e visto o informe da Intervención Provincial, da mesma data, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade:  Conceder unha subvención ó Concello de Silleda, NIF P3605200I, por importe de 438.778,07 €, para a realización do investimento “Dotación DE herba sintética campo de fútbol de A Gandeira-Bandeira, Fase I” (exp.: 2016044806), cun orzamento polo mesmo importe, 438.778,07 €. A presente concesión, tal e como se desprende do informe da intervención provincial, queda condicionado a que o concello achegue, antes da licitación do investimento, o proxecto de execución da obra salientada ut supra e acredite a obtención das preceptivas autorizacións sectoriais necesarias para a súa normal execución.  Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9420.762.10 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto.  A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PICEI 2016, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno de 25/11/2016 (dispoñibles na web www.depo.es) e cuxo extracto da convocatoria foi publicado no BOPPO núm. 231 de 02/12/2016, e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións.  Asemade o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017 cos requisitos e a documentación requirida ó abeiro da base 10ª do PICEI 2016. Non obstante e previa solicitude, este prazo poderá ser prorrogado por causas debidamente xustificadas ata o 30 de xuño de 2018. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 22.25059.- APROBACIÓN DUNHA PRÓRROGA NA DISPOSICIÓN DO PRÉSTAMO NÚM. 886/14 DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO A Xunta de Goberno, na sesión ordinaria celebrada o día 01/08/2014 e polo procedemento de concorrencia competitiva, acordou concederlle ó Concello de Salvaterra de Miño, CIF.: P3605000C, un préstamo sen xuros por importe de 167.670,00€, contra a aplicación 942.9420.821.20, con destino á “Adquisición dun camión de bacheo”. O concello efectuou o pagamento dos gastos de administración, que ascenderon a 3.353,40€ e, en data 16/09/2014, procedeuse a sinatura do contrato , sendo o prazo de disposición de 2 anos dende a sinatura. En data 22/12/2015, o Concello de Salvaterra de Miño, formalmente e por escrito, solicita un aprazamento no pagamento da primeira cota de amortización e a adaptación do cadro do amortización ó non dispor do importe concedido por retrasos na licitación do investimento. A Xunta de Goberno, mediante acordo núm. 13.24086 do 05/02/2016, autoriza o aprazamento no pagamento da primeira cota de amortización e a adaptación do cadro de amortización. En data 06/09/2016, o concello achega unha certificación do acordo plenario mediante o cal se solicita unha prórroga na disposición do préstamo núm. 886/14, dado que por diversos motivos de funcionamento estímase que a empresa adxudicataria non vai facer entrega do camión de bacheo antes de rematar o presente exercicio. Fundamentación xurídica: Normativa examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPACAP). - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do Sector Público. - Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria. - Bases de execución do Orzamento Provincial para o ano 2016. - Bases reguladoras de concesión de anticipos a municipios da provincia. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 10ª de concesión de anticipos, relativa á instrución, valoración e resolución, que indica que correspóndelle ao Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Petición e evacuación de informes: - Artigos 79 e 80 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 88.6 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Procedencia da prórroga: - Base 13ª das reguladoras de concesión de anticipos, no seu último parágrafo, dispón que o prazo de disposición do anticipo será de dous anos dende a sinatura do contrato, e en casos especiais debidamente xustificados se poderá prorrogar por un período máximo dun ano. - Bases 25ª.5ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regula as obrigas dos beneficiarios en relación co disposto no artigo 14 da LXS, de xeito que estes quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida coa subvención, co obxecto de que, se sé estiman con suficiente anterioridade, poida procederse á modificación tanto do contido e contía do programa a subvencionar coma da súa forma e prazos de execución e xustificación dos correspondentes gastos. Tendo en conta todo o que antecede, visto o informe da xefa do servizo de cooperación, de data 7 de decembro de 2016, e da Intervención Provincial, de 13 decembro de 2016, E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 30 do RDL 781/1986, de 18 de abril e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Salvaterra de Miño unha prórroga ata o 31 de marzo de 2017 na disposición do préstamo núm. 886/14. 23.25060.- CAMBIO DE FINALIDADE SOLICITADO POLO CONCELLO DE CAMBADOS CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DE DIVERSOS INVESTIMENTOS COMO CONSECUENCIA DA DESISTENCIA DA ENTIDADE A EXECUTAR A OBRA “REFORMA DA PRAZA DE ABASTOS E LONXA VELLA DE CAMBADOS”, INCLUÍDA NO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) O Pleno da Deputación, na súa sesión de 30 de decembro de 2014, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15), que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 2 de xaneiro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos. Se ben se debe ter en conta a modificación do dito plan aprobado mediante acordo plenario do 27 de febreiro de 2015, publicado no BOPPO núm. 41, do 2 de marzo de 2015. Mediante acordo da xunta de goberno núm. 11.23151, do 6 de marzo de 2015, e resolución presidencial núm. 2015010917, do 24 de abril de 2015, concédense, ao abeiro do PPOS/15 e da súa ampliación e polo procedemento de concorrencia, sendas subvencións por importe de 185.869,20 € e 32.810,80 € con destino ó financiamento do investimento “Remodelación da praza de abastos e lonxa vella de Cambados”. As subvencións referidas no parágrafo anterior foron difundidas no BOPPO núm. 72 de 17 de abril de 2015 e núm. 112 de 15 de xuño de 2015, sucesivamente. En data 02/12/2016 consta entrada no rexistro co núm. 2016122380, petición do Concello de Cambados mediante o cal desiste á execución do investimento “Remodelación da praza de abastos e lonxa vella de cambados” e solicita que o crédito dispoñible por mor da desistencia se aplique ó financiamento de diversos investimentos de maior relevancia, nestes momentos, para os intereses para o Concello. A desistencia se motiva no feito de que a obra “Remodelación da praza de abastos e lonxa vella de Cambados” sufrirá un retraso considerable ata que se aprobe definitivamente o Plan Especial do Porto de Cambados-Tragove que está a tramitar o ente público Portos de Galicia. Fundamentos xurídicos:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL).  Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente:  Base reguladora 10ª do PPOS/15, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Petición e evacuación de informes:  Artigos 80 da LPACAP sobre a petición e a evacuación de informes.  Artigo 88.6 da LPACAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma.  Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Procedencia da desistencia:  O artigo 94 da LPACAP que establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude e, cando non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar ós seus dereitos. Asemade, nos seus punto 3º e 4º, establécese que tanto o desistencia como a renuncia poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia, e en principio, a administración as aceptará de plano e declarará concluso o procedemento, salvo que, persoandose no mesmo terceiros interesados, estes insten a súa continuación no prazo de dez días dende que foron notificados da desistencia ou da renuncia.  Base 11ª das reguladoras do PPOS/2015 que dispón que os beneficiarios poderán solicitar un cambio de finalidade ou aplicación, antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade e sempre a cando non se prexudiquen dereitos de terceiros, cando algún impedimento administrativo ou doutro tipo impida a execución do investimento obxecto de subvención.  Bases 25ª.5ª de execución do orzamento provincial que regula as obrigas dos beneficiarios en relación co disposto no artigo 14 da LXS, de xeito que estes quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida coa subvención, co obxecto de que, se sé estiman con suficiente anterioridade, poida procederse á modificación tanto do contido e contía do programa a subvencionar coma da súa forma e prazos de execución e xustificación dos correspondentes gastos. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes favorables do enxeñeiro xefe de cooperación, de data 9 de decembro de 2016; visto o informe da xefa do servizo de cooperación, de data 12 de decembro de 2016, que conclúe favorablemente a aceptación da desistencia e o cambio de finalidade e visto o informe da intervención provincial, de data 14 de decembro de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aceptar a desistencia formulada polo Concello de Cambados á execución do investimento “Remodelación da praza da abastos e lonxa vella de Cambados” (Ref.:PPOS/15/00608/201500054 e 201500225), que foi subvencionado cunha axuda económica da Deputación con cargo ó Plan do Obras e Servizos 2015 (PPOS/15), aplicación 2016/942.9420.762.45.2015, por importe de 218.680,00 €. - Declarar concluso o expediente e proceder ó seu arquivo. - Autorizar o cambio de finalidade de feito que o crédito dispoñible por mor da desistencia se aplique o financiamento dos investimentos que se reflicten na seguinte táboa: Mellora do parque móbil municipal (coche policia local e furgoneta volquete) (Ref: PPOS/15/00608/201500499) 32.481,43€ Dotación de infraestruturas no T.M de Cambados (Blanco Amor, A Mariña e Trav. EP 9004) (Ref: PPOS/15/00608/201500500) 32.525,90€ Renovación e adaptación á eficiencia enerxética alumeado Avda. Castelao(Ref: PPOS/15/00608/201500501) 32.688,88€ Mellora do parque móbil municipal (furgoneta, camión grúa e barredora) (Ref: PPOS/15/00608/201500502) 33.437,70€ Dotación de infraestruturas no T.M. de Cambados (A Modia, Lourido e Covas de lobos) (Ref: PPOS/15/00608/201500503) 42.360,66€ Dotación de infraestruturas no T.M. DE Cambados (A Pedreira, Redutores e Covas de lobos 2) 45.185,42€ TOTAL 218.679,99 € A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas por acordo plenario o 30 de decembro de 2014 e publicadas no BOPPO núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións; Plan do que se está a tramitar a prórroga na súa vixencia ata o 31 de decembro de 2017, polo que a efectividade do presente acordo quedará condicionado a efectiva aprobación da prórroga do PPOS/15. - Darlle traslado do acordo á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación, á Presidencia e ó Concello de Cambados. 24.25061.- INICIO DO PROCEDEMENTO DE DECLARACIÓN DE PERDA DO DEREITO Ó COBRO DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), PARA O ANO 2015 A Xunta de Goberno, na súa sesión celebrada o 19 de decembro de 2014, aprobou as Bases Reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC), para o ano 2015. Ditas bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) de 2 de xaneiro de 2015. A Xunta de Goberno, na súa sesión celebrada o 3 de xullo de 2015, aprobou a concesión ás asociacións/agrupacións que se detalla na táboa anexa dunha axuda económica con destino ó financiamento das actuacións (que se relacionan), incluídas no Programa de Acción Comunitaria (PAC), para o ano 2015. A concesión das subvencións quedan sometidas, entre outras, o cumprimento das seguintes condicións: o investimento deberá estar executado, na súa totalidade, a 30 de xuño de 2016, e presentar a xustificación do gasto realizado con data límite o día 30 de setembro de 2016. O 5 de maio de 2016, desde o Servizo de Cooperación remíteselle ós interesados un oficio-recordatorio dos prazos de xustificación da dita subvención do PAC/2015, lembrándoselles, asemade, que de non poder presentar en prazo a xustificación poderá solicitar unha ampliación do prazo establecido, se ben a solicitude de prórroga debería obrar no rexistro xeral da Deputación con data límite de 10 de xuño de 2016. Vencido o prazo sinalado para a xustificación, e non sendo posible practicar as notificacións requiríndolle a cada beneficiario, para que no prazo de 15 días hábiles presenten a correspondente documentación xustificativa coa advertencia expresa de que, unha vez transcorrido o prazo anterior, procederase de oficio a iniciar o procedemento de decaemento no seu dereito ó cobro da subvención concedida, e despois de realizarse os intentos de notificación exixidos (arts. 42 e 44 de Lei 39/2015, de 1 de outubro) procedeuse a notificar por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE nº 289 do 30 de novembro) e adicionalmente no Boletín Oficial da Provincia (BOPO nº 226 do 25 de novembro). Transcorrido o prazo de 15 días establecido non consta a presentación en prazo e forma da documentación requirida. As circunstancias de feito referidas constitúen causa de perda do dereito ó cobro da axuda económica concedida polo que se eleva a proposta de resolución de inicio de procedemento de perda do dereito ó cobro da subvención. Fundamentos xurídicos: Normativa examinada: a. Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). b. Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). c. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). d. Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. e. Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais (ROFRXEL). f. Bases de execución do Orzamento provincial. g. Bases reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC), para o ano 2015, aprobadas pola Xunta de Goberno provincial do 19/12/2014 e publicadas no BOPPO de 02/01/2015. consideracións xurídicas: a. Artigos 41 e ss da LXS sobre o procedemento de reintegro b. Artigo 42 da LRXAP, sobre a obriga de resolver todos os procedementos calquera que fora a forma de iniciación, que relaciona o contido da resolución no caso de desistimento: declaración das circunstancias concorrentes e indicación dos feitos e normas aplicables. c. Artigos 30.2 da LXS e 28.2 da LSG, que indican que a xustificación constitúe un acto obrigatorio do beneficiario, e que o seu o prazo ven determinado polas correspondentes bases reguladoras. d. Artigo 34.3 da LXS, que indica que producirá a perda do dereito ó cobro total ou parcial da subvención o suposto da ausencia de xustificación ou da concorrencia de algunha das causas prevista no artigo 37 da devandita Lei. e. Artigo 37 da LXS, que regula toda unha serie de supostos que operan como causa de reintegro ou de perda do dereito ó cobro total ou parcial da axuda económica concedida por producirse, neste caso o incumprimento con anterioridade o cobro da subvención. Entre estes supostos atópase o incumprimento da obriga de presentar a xustificación no prazo sinalado nas bases reguladoras ou de habela presentado incompleta, incorrecta ou de forma insuficiente. f. Artigo 92 do RLXS que establece que cando transcorrido o prazo outorgado para a presentación da xustificación, esta non se efectuara, acordarase o reintegro da subvención, previo requirimento establecido no apartado 3 do artigo 70 do RLXS g. Bases 14ª do PAC/2015 que relaciona os requisitos da xustificación e aboamento da subvencións. h. Base 15ª do PAC/2015 na que sinala o procedemento de reintegro e as causas de devolución e reintegro da subvención. Conclusións: Visto que a xustificación das subvencións é un trámite necesario e imprescindible para o pagamento destas subvencións, cómpre que os beneficiarios presenten a documentación requirida e no prazo previsto nas bases reguladoras. Visto que, a pesar dos requirimentos efectuados, unha vez transcorrido sobradamente o prazo concedido, os beneficiarios non presentaron documentación xustificativa algunha. Vistos os antecedentes e a motivación legal exposta, informo favorablemente que se inicie o procedemento para declarar a perda do dereito de cobro das subvencións ás asociacións/agrupacións que se detallan na táboa anexa e se arquiven os expedientes, por incumprimento das condicións relativas á xustificación, ó abeiro do PAC/2015. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime Competencial - En virtude das competencias recollidas no artigo 34.1 da LRBRL, no artigo 41 da LXS, nos artigos 61 e 63 do ROFRXEL, na base de execución 16ª.2ª.b) dos orzamentos provinciais e demais lexislación de aplicación, correspóndelle á Xunta de Goberno a competencia para iniciar o procedemento de reintegro para declarar a perda das subvencións previamente outorgadas, por incumprimento das condicións esixidas nas súas bases reguladoras e, en concreto das obrigas de xustificación. En consecuencia, visto o informe-proposta da xefa do Servizo de Cooperación e a restante documentación que obra no expediente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º Iniciar o procedemento para declarar a perda do dereito ó cobro das subvencións ás asociacións/agrupacións que se detallan na táboa anexa na que se indica: CIF, Cód. expediente, concello, terceiro, obxecto da subvención e importe da subvención, incluídas no PAC/2015, por incumprimento das condicións esixidas nas súas bases reguladoras e, en concreto das obrigas de xustificación. 2º Conceder un prazo de quince días hábiles para que os beneficiarios poidan realizar cantas alegacións estimen oportunas. 3º No caso de non realizar alegacións no período sinalado no parágrafo anterior, este acordo elevarase a automaticamente a definitivo, polo que transcorrido o dito prazo, levará consigo a perda da subvención referida de xeito definitivo e procederase ó arquivo do expediente, sen prexuízo da posibilidade de interposición dos recursos pertinentes contra actos administrativos que poñen fin á vía administrativa. 4º Notificar esta resolución aos beneficiarios, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete da Presidencia. COMUNICACIÓN FIN PRAZO XUSTIFICACIÓN PAC-2015 CIF/NIF Cód. expediente Concello Terceiro Obxecto da subvención Importe V36516441 2015005693 Cotobade Comunidade de Usuarios Fonte Grande “Reposición Tubería da traída de augas” 3.737,00 € G36143246 2015005243 Cotobade Comunidade Aguas de Xanique y Val do Fento “Substitución de tubería de traída de augas nos lugares: Outeiral, Piñeiro e Torrevella” 3.933,00 € G36681708 2015005779 Vigo Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao “Investimento en locais” 5.310,00 € 25.25062.- DESESTIMACIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D.CARLOS PARADA RODRÍGUEZ POR CAÍDA NA BEIRARRÚA DA E.P. 1003 NO CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO Dada conta que con data de rexistro 18/12/2015 (rex. núm. 2015126916) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por D. Carlos Parada Rodríguez, por lesións e danos materiais padecidos a consecuencia dunha caída na beirarrúa, ó enganchar o seu pantalón nunha das valas que delimitaban unhas obras de canalización na estrada E.P. 1003 Rodeira – Boubeta, no Concello de Cangas, e que -segundo di- non estaba correctamente suxeita, o día 16/08/2015, e que cuantificou economicamente en 3.444,61 €. Resultando.- Que con data 03/02/2016 en con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Mobilidade da Deputación, que o emitiu na data 06/04/2016 co seguinte contido literal: “PRIMEIRO.- A estrada E.P. 1003 RODEIRA - BOUBETA pertence á rede provincial de estradas. SEGUNDO.- As obras que se estaban a executar corresponden coa autorización emitida a GAS GALICIA SDG para a canalización de gas en Espírito Santo, E.P. 1003 RODEIRA – BOUBETA, no termo municipal de Cangas (achégase copia da mesma. TERCEIRO.- No punto número 5 das condicións enumeradas na autorización se sinala expresamente que a sinalización ten que cumprir co Regulamento Xeral de Circulación. Segundo aparece nas fotos que se achegan coa reclamación, as obras estarían convenientemente sinalizadas. Asemade, o vixiante deste organismo que fai as obras de inspección e vixilancia non presentou requirimento ningún á empresa polo incumprimento deste punto. CUARTO.- Non consta ningún incidente similar nese treito ao longo de todo o ano 2015. OUTROS.- No punto número 10 da autorización emitida por este organismo, declárase expresamente que será por conta do peticionario todos os gastos de reparación dos danos e prexuízos que poidan producirse. Pontevedra, 6 de abril de 2016 Enxeñeira de Mobilidade Belén Pampín Camino------------------------------------------------------------------------------------------------ Resultando.- Que con datas 15/04/2016 e 24/05/2016, e con fundamento no artigo 31.1, apartados “b” e “c”, da Lei 30/92, e 79.1 da mesma Lei, emprazouse a Gas Galicia SDG para que puidera comparecer como interesada e facer as alegacións que tivera por convenientes, contestando na data 30/05/2016 o seguinte: “Elecnor es el subcontratista principal de la obra y tiene un seguro de responsabilidad civil para este tipo de situaciones, además de la responsabilidad directa sobre lo que ocurre en la obra. Tienen la voluntad de hablar con el afectado para tratar de llegar a un acuerdo pero en los documentos que nos remiten no consta el teléfono de contacto. Dado que Elecnor es una empresa activa y solvente ruego les remitan el expediente a ellos para su resolución en primera instancia. Gas Natural Galicia tiene una responsabilidad subsidiaria al ser el promotor de la misma y responderá en todo caso si el contratista principal no lo hiciera, pero se debe agotar primero esta vía”. Resultando.- Que con data 01/06/2016, e a medio de correo electrónico, remitiuse a Elecnor o teléfono de contacto do reclamante rogando, asemade, que informase á Asesoría Xurídica da Deputación das xestións realizadas para a resolución da reclamación, informando na data 06/06/2016 o seguinte: “Esta reclamación está siendo atendida por la compañía de seguros AXA (…) La obra civil de esta obra nos la hacía CCS (Canalizaciones y Construcciones Salnés) que dio parte a su seguro cuando recibimos el escrito. Te mantendré informado, están en fase de recopilación de información (testigos, etc.) y ya les hemos pasado el contacto directo del afectado por si no lo tenían”. Resultando.- Que con data 13/06/2016, e a medio de correo electrónico, solicitouse de Elecnor información sobre o estado da tramitación do sinistro, contestando nesa mesma data o seguinte: “Nos hacemos cargo del asunto pero en conformidad con lo que diga la aseguradora, no es que vayamos a atender al 100 % de las reclamaciones si la seguradora no está de acuerdo”. Resultando.- Que coa mesma data, infórmase a Elecnor de que se procede a ampliación do prazo para resolver a reclamación, xa que a mesma se atopa en negociacións entre a aseguradora da empresa e o afectado, quedando esta de informar á Asesoría Xurídica da Deputación en canto se resolvera o asunto. Resultando.- Que mediante Resolución Presidencial nº 2016012443, de data 20/06/2016, e en virtude dos artigos 49.1 e 49.3 da Lei 30/92, ampliouse o prazo para resolver a solicitude de indemnización debido á necesidade de solicitar unha serie de informes necesarios para a resolución do procedemento, o que aconsellou dita ampliación de prazo. Resultando.- Que con data 08/07/2016, e ante a falta de noticias solicitouse de Elecnor algunha xestión en relación coa tramitación da reclamación, contestando na data 11/08/2016 que a aseguradora, en principio, non se facía cargo dos danos e xuntando o escrito remitido pola aseguradora AXA co seguinte contido: “(...) Una vez analizada toda la documentación e información que obra en nuestro poder relativo a las causas y circunstancias del presente asunto, les informamos que el accidente sufrido deriva de un hecho fortuito conforme se contempla en el artículo 1105 CC, todo ello avalado por la reiterada jurisprudencia de nuestro Tribunal Supremo donde se excluye del ámbito del artículo 1902 CC, todos aquellos riesgos generales y/o no cualificados que la vida nos obliga a soportar en los diferentes ámbitos y actividades cotidianas. En base a tal circunstancia no podemos asumir las consecuencias económicas del accidente fortuito sufrido por el reclamante, al no existir causa imputable a efectos de responsabilidad civil en contra de Canalizaciones y Construcciones Salnés. No obstante, quedamos a su entera disposición para la valoración y análisis del presente asunto, si por parte del reclamante se nos aportan pruebas concluyentes que justifiquen la existencia de nexo causal y que acrediten un juicio diferente al aquí señalado y que avalen la existencia de responsabilidad civil directa del asegurado en este desafortunado accidente, conforme a las garantías de la póliza suscrita con esta entidad”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31.1 a) e 142.5 da Lei 30/92 (normativa aplicable no momento de presentarse a reclamación e que agora procede invocar con fundamento na Disposición Transitoria Terceira da Lei 39/2015). Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a forza causacional débese única e exclusivamente á actitude tórpida do accidentado, que posuíndo o control da situación no foi quen de evitar da caída. Así, do expediente despréndese o seguinte: Segundo o informado polo Servizo de Mobilidade, á vista das fotografías aportadas polo reclamante, as obras estarían convenientemente sinalizadas e non consta requirimento presentado á empresa por parte do vixiante dese organismo encargado da inspección e vixilancia polo incumprimento deste punto. - As obras de canalización e a súa sinalización eran perfectamente visibles, polo que o reclamante debeu extremar as precaucións e presumir que dita zona en obras podería supoñer algún perigo, sendo deber das persoas a deambulación dilixente. - Nas fotografías aportadas polo reclamante obsérvase a existencia na beirarrúa de espazo suficiente para pasar a carón das valas que delimitaban as obras. - Segundo manifesta a aseguradora da empresa subcontratista da obra, o accidente deriva dun feito fortuíto, excluíndo reiterada xurisprudencia do Tribunal Supremo do ámbito do artigo 1902 CC os riscos xerais que a vida nos obriga a soportar nos diferentes ámbitos e actividades cotiás. - Non se produciron mais caídas pola mesma causa. Nesta liña argumental entendérono precedentes similares, como os que se citan “ad exemplum”: “… El comportamiento humano implica soportar los pequeños riesgos que una eventual falta de cuidado y atención comporta…” Sentencia de 2 de marzo de 2006 da Sala Primeira (do Civil) do T.S., LA LEY JURIS 11410/2006; e na mesma liña: - Sentenza do 9 de maio de 2000 do T.S. - Sentenza do 26 de marzo de 2004 do T.S.X.G. - Sentenza do 10 de marzo de 2005 da Sala do Contencioso-Administrativo do T.S.J. de Canarias. - Sentenza do 30 de novembro de 2005, da Sección 14ª da Audiencia Provincial de Barcelona. - Sentenza do 23 de decembro de 2005 da Sala do Contencioso-Admistrativo, Sección 2ª, do T.S.J. de Castilla y León. - Sentenza do 3 de marzo de 2006 da Sala Primeira (do Civil) do T.S. - Sentenza do 9 de marzo de 2006, da Sección 1ª do T.S.J. de Andalucía. - Sentenza do 6 de abril de 2006, da Sección 3ª do T.S.J. de Andalucía. - Ditame do Consello Consultivo de Galicia 877/06. - Sentenza 262/2011 do Xulgado de Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra. - Sentenza 156/2010 do Xulgado do Contencioso-Adminstrativo nº 3 de Pontevedra: “…aún en el caso de reconocer ese déficit en las medidas, sea de seguridad sea de vigilancia, a adoptar respecto a la zona en obras, tampoco sería posible hablar de nexo casual directo (…). Al contrario, todo parece indicar que fue una desatención por parte del peatón en las condiciones de la vía la que originó el siniestro…” - Sentenza 20/2012 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra: “Por tanto, ni el estado de la acera en ese punto puede considerarse sorpresivo para el peatón, ni se puede considerar que fuese un obstáculo imprevisible e inevitable, pues se aprecia claramente por una persona con diligencia media con un deambular normal, existiendo más espacio en la acera para pasar, de forma que ha de considerarse que Dª. Victoria iba distraída y perdió el equilibrio cayendo en la acera (…) Se acredita la causa de exoneración consistente en culpa de la víctima, pues a esta tambien le es exigible la deambulación diligente, sin que quepa hacer del carácter objetivo de la responsabilidad patrimonial de la Administración Pública una especie de aseguradora universal de todos los daños que se produzcan…” - Sentenza 252/13 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo: “…el daño ha de imputarse a la falta de atención y cuidado del peatón, daño que tenía el deber jurídico de soportar y que desde esta perspectiva, no puede calificarse como de antijurídico…” - Sentenza 150/16 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra: “…Es exigible a cualquier viandante una mínima diligencia y cuidado cuando transita, que se concreta lógicamente en un deber de atención y cuidado”. - Sentenza 210/2016 do Xulgado Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra: “(…) Eventual falta de atención, comportamiento desatento, o falta de diligencia básica debida en el actuar de la peatón lesionada. Sumado a la evidente dificultad para mantener en un impecabilísimo estado de conservación todas las aceras y vías públicas … y a la falta de demostración de que Mª. Dolores sufriera algún tipo de dolencia, enfermedad o discapacidad física, que le impidiera asegurar el paso en términos más o menos razonables, así como de que en ese mismo lugar hubiera sufrido otra caída algún otro viandante en fechas cercanas, así como a la condición del punto concreto donde se encontraba el desnivel de zona por la que no tiene que transitar el peatón, en tanto se encuentra dentro del alcorque instalado para un árbol y en una acera de considerables dimensiones (lo cual dejaba un muy buen espacio libre para la deambulación de la peatón aquí lesionada) entiendo que impide tener por cierta la acreditación suficiente para este supuesto de la existencia de un nexo causal eficiente, directo, entre daño o lesión por el que se reclama y el funcionamiento de un servicio público municipal. Por lo dicho procede la desestimación del presente recurso”. Considerando.- Que en supostos con identidade de razón, caídas que tiveron lugar no Palacete das Mendoza, nas inmediacións do Sexto Edificio do Museo ou en diferentes beirarrúas, foron desestimadas as solicitudes de indemnización, sen que os reclamantes tiveran acudido á vía xudicial, conscientes de que hai accidentes que dependen unicamente da dilixencia na deambulación de quen os sufre, e que, atendendo á fundamentación e razoamentos do acordo notificado, declinaron interpoñer, xa non recurso na vía administrativa, senón nin sequera na orde contenciosa. Considerando.- Que non se produciron outras caídas na beirarrúa, o que incide nun comportamento tórpido do accidentado, o que permite facer descansar, racional e razoablemente e de xeito exclusivo, a responsabilidade no reclamante. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1 b) da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a solicitude. 26.25063.- DESESTIMACIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D.MIGUEL ESTEBAN LÓPEZ DE QUINTANA EN REPRESENTACIÓN DE D. HIPÓLITO PÉREZ RODRÍGUEZ Y MAPFRE FAMILIAR, S.A. POR LESIÓNS E DANOS EN VEHÍCULO NO BARRIO DE LOURIDO (CONCELLO DE GONDOMAR) Dada conta que con data de rexistro 26/01/2016 (rex. núm. 2016005993) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por D. Miguel Esteban López de Quintana en representación de D. Hipólito Pérez Rodríguez y Mapfre Familiar, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., con domicilio a efectos de notificacións na rúa Eduardo Iglesias nº 4 Bis – 3º B de Vigo, por lesións e danos en vehículo padecidos en accidente de circulación que tivo lugar a consecuencia do derrube da calzada no Barrio de Lourido, no Concello Gondomar, o día 26/08/2015 e que cuantificou economicamente en 10.814,24 €. Resultando.- Que con data 03/03/2016 (por erro aparece como data da solicitude o día 03/02/2016) e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Mobilidade, que o emitiu na data 23/03/2016 co seguinte contido: “…PRIMEIRO.- O vial descrito no atestado como estrada local del Barrio de Lourido de la parroquia de Vilaza (Gondomar) non pertence á rede provincial. SEGUNDO.- Non foron executadas obras nese vial por parte do Servizo de Infraestruturas. TERCEIRO.- A obra: “SANEAMENTO DE LOURIDO, PARROQUIA DE VILAZA, CONCELLO DE GONDOMAR” está incluída na relación das obras do PUSIN (CLAVE 69/14) xestionado a través do Servizo de Cooperación. Todas as obras dos Plans PID, POSP, etc., independentemente de que as licite e adxudique a Deputación Provincial, teñen as seguintes características: Os proxectos redáctanos os Concellos. a) Os sistemas construtivos defíneos o proxecto. b) A dirección da obra corre a cargo dos propios redactores dos proxectos. c) A Deputación aboa as certificacións de obra. d) Se a obra necesitase, pola súa situación ou característica, permisos ou autorizacións doutros organismos ou particulares, será o concello ou, no seu caso, a entidade local que as solicite. Por tanto o sistema construtivo e a execución da obra non é responsabilidade da Deputación senón da propia empresa adxudicataria e do director da obra. Existe un informe do Director da Obra nomeado como responsable das obras onde indica que estaba convenientemente sinalizada segundo o contemplado no Plan de Seguridade e Saúde supervisado por unha empresa externa contratada en esta materia. CUARTO.- Por non pertencer á rede viaria provincial non temos rexistrado ningún dato deste vial. En Pontevedra, a 23 de marzo de 2016 A Enxeñeira de Mobilidade Belén Pampín Camino”------------------------------------------------------------------------------------------ Resultando.- Que con datas 01/04/2016 e 03/05/2016, e con fundamento nos artigos 31.1 “b” e “c” e 79.1 da Lei 30/92, déuselle traslado da reclamación ó Concello de Gondomar para que puidera comparecer como interesado e facer as alegacións que tivera por convenientes, facendo as mesmas en escrito de data de rexistro de entrada nesta Deputación o día 22/07/2016 o seguinte: “En relación co expediente de reclamación patrimonial núm. 7/16, de Mapfre Familiar Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A. e D. Hipólito Pérez Rodríguez e, en relación co requirimento de audiencia feito polo servizo xurídico desa Deputación, teño a ben remitir, en relación co devandito expediente a documentación que de seguido se relaciona: Copia informe da Policía Local de data 01/03/2015. Copia do capataz de obras de data 02/03/2016. Copia do informe técnico da data 15/03/2016. O que lle traslado ós efectos oportunos. Gondomar, 14 de xullo de 2016 O Alcalde, Juan Francisco Ferreira González”--------------------------------------------------------------------------- Informe da Policía local achegado: “El que suscribe, Oficial de la Policía Local de este Ayuntamiento, con nº profesional 114006, por medio del presente hace constar: Que en relación al requerimiento de informe con número 07/16, sobre una reclamación patrimonial por unos daños en el vehículo matrícula 1724DXK en el barrio de Lourido en la parroquia de Villaza. Que se adjunta Atestado nº 110/15 sobre este tema. Lo que se traslada a Ud. para su conocimiento y efectos. Gondomar, a 1 de marzo de 2016 El Oficial 114006.”--------------------------------------------------------------------------------------------- Informe do Capataz de Obras do Concello de Gondomar: “José Antonio Misa Rodríguez, capataz de Obras do Concello de Gondomar, en relación coa emisión de informe sobre reclamación patrimonial núm. 7/26 de Mapfre Familiar Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A. e de D. Hipólito Pérez Rodríguez, teño a ben emitir o seguinte INFORME Que no devandito barrio de Lourido estábanse facendo obras de saneamento, a empresa Construcciones Fechi SLU tiña vallado a zona. Indicando que había que ter precaución ao seu paso cos vehículos, entendendo o que suscribe que non debería ter perigo para cair; en todo caso considero que se debe dirixir a reclamación á empresa que realizaba as obras. Isto é todo canto teño a ben informar, en Gondomar a 2 de marzo de 2016.”----------------------- Informe Técnico: “1. Solicitante: MAPFRE FAMILIAR COMPAÑÍA DE SEGUROS E REASEGUROS S.A. E HIPÓLITO PÉREZ RODRÍGUEZ 2. Asunto: Reclamación patrimonial Exp.: RP 7/16. 3. Situación: O Barreiro-Vilaza. Gondomar. 4. Informe Segundo Resolución de Alcaldía onde se require informe sobre a titularidade do ben onde se produciron os feitos faise constar que: - O vial onde se produciron os feitos é de titularidade municipal, segundo se desprende dos datos do Inventario Municipal de Bens e denomínase “tramo C-D do camiño Barreiro-Rochela”. Observacións: Segundo se desprende dos informes obrantes no expediente da Policía Local e das reportaxes fotográficas incluídas neles, non aparenta causa eficiente para a precipitación do vehículo por defecto imputable soio polas deficiencias de execución ou sinalización de obras e restriccións de paso polo vial. Gondomar, 15 de marzo de 2016. O arquitecto técnico municipal, Asdo.: Alfonso Soliño Troncoso.”----------------------------------------------------------------------------- Resultando.- Que con data de entrada 10/08/2016, o Concello de Gondomar presenta escrito co seguinte contido literal: “Poño no seu coñecemento que o Sr. Alcalde D. Juan Francisco Ferreira González, con data de hoxe mesmo, ditou a resolución que copiada literalmente di: ASUNTO: PERSOAMENTO NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Vista a comunicación da Deputación Provincial de Pontevedra, relativa á indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por Miguel Esteban López de Quintana en representación de D. Hipólito Pérez Rodríguez, en relación a danos e lesións en vehículo por accidente de circulación en barrio de Lourido, Vilaza. Teño a ben resolver: PERSOARSE no procedemento de referencia aos efectos de que se entendan co letrado D. Ramón Amoedo na representación deste Concello, todos e cada un dos trámites pertinentes. Gondomar, 2 de agosto de 2016. O Secretario Acctal. Manuel Soliño Troncoso.”--------------------------------------------------------------------------------------- Resultando.- Que con datas 19/08/2016 e 17/11/2016 e de conformidade co establecido no artigo 4.1 c) da Lei 30/92, solicitouse o atestado instruído por mor deste sinistro ó Destacamento da Garda Civil de O Porriño, contestando o día 21/11/2016 por correo electrónico o seguinte: “En relación a la conversación telefónica mantenida en relación con el accidente en el que intervino el vehículo matrícula 1724DXK conducido por D. Hipólito Pérez Rodríguez el pasado día 26/08/2015 se informa que efectivamente se personaron dos agentes de esta Unidad, reclamados por la Central Operativa de Servicio, personándose en el lugar y al ser este accidente dentro de la demarcación de la Policía Local, señalizaron el lugar y le comentaron a la persona implicada en el accidente que se personara en Dependencias de la Policía Local para presentar la correspondiente denuncia. Se adjunta comentario que se halla en el reverso de la hoja de servicio de los agentes con TIP números R-22942 y Y-50721-Q”. Resultando.- Que con data 19/08/2016 e con fundamento no artigo 4.1 c) da Lei 30/92, solicitouse a reportaxe fotográfica realizada á Policía Local de Gondomar, remitindo a mesma por correo electrónico o día 24/08/2016. Resultando.- Que con data 25/08/2016, e con fundamento nos artigos 31.1 “b” e “c” e 79.1 da Lei 30/92, déuselle traslado da reclamación á empresa Fechi Rai Arquitecto para que puidera comparecer como interesada e facer as alegacións que tivera por convenientes, facendo as mesmas en escrito de data de rexistro de entrada nesta Deputación o día 12/09/16 co seguinte contido literal: “D. HIGINIO SENRA ROLAN, mayor de edad, vecino de Lg/ Lago Figueró nº 7, Tomiño, con DNI 35.546.695-B, en representación de la mercantil CONSTRUCCIONES FECHI, S.L.U., con domicilio social en B/ Lago Figueró 34 Tomiño, 36740 y CIF B-36258861, EXPONE: PRIMERO.- Que en fecha 01 de septiembre de 2016, esta parte recibe notificación de la Diputación de Pontevedra, departamento de Asesoría Jurídica en la que se nos comunica la presentación por parte de D. Hipólito Pérez Rodríguez y Mapfre Familiar de una reclamación de responsabilidad patrimonial por los hechos acaecidos el 26 de agosto de 2015, concretamente “por lesiones y daños en vehículos padecidos en accidente de circulación que tuvo lugar a consecuencia del derrumbe de la calzada en el barrio de Lourido, parroquia de Vilaza, Concello de Gondomar. SEGUNDO.- Que si bien es cierto y como según consta en las diligencias policiales la obra ha sido realizada por esta parte, consistente en “Obra de Saneamiento en Lourido, Vilaza”, en virtud de procedimiento negociado y notificado en febrero de 2015, y que las mismas han estado paralizadas varios meses por discordancias entre vecinos. Se acompaña como documento nº 1 Notificación de Adjudicación del Ayuntamiento de Gondomar. Esta parte procedió a comunicar la apertura del centro de trabajo el 23 de marzo de 2015, habiendo un período de tres meses donde la obra estuvo paralizada por discordancias entre los vecinos y siendo de fecha de terminación de las obras en el mes de noviembre. Las zonas concretas de ejecución, por donde discurre la obra se reflejan en el siguiente plano, que comprenden: - Calzada en el barrio de Lourido, parroquia de Vilaza, Concello de Gondomar. De acuerdo a la normativa vigente de señalización de obras y durante todo el período de ejecución, se ha dispuesto de la señalización requerida por la normativa vigente y que se detalla en el plan de seguridad, como queda contrastado en el Plan de Seguridad y Salud del informe emitido por el Coordinador de Seguridad y Salud en la obra D. Tomás Pérez Viverido. TERCERO.- Sin embargo nos sorprende la declaración del denunciante D. Hipólito Pérez respecto de la señalización de la obra ya que preguntado si había presentado alguna queja sobre la falta de señalización y ante quién, dice que sí, de palabra al alcalde y concejales, añadiendo que algún vecino presentó por escrito una queja al Ayuntamiento, no aportando prueba alguna de dicha afirmación. Ante tal manifestación y en base al atestado policial, fotografías del mismo y el informe del Ingeniero Técnico Tomás Pérez Viverido, consideramos que ha quedado suficientemente acreditado que la zona de obras estaba perfectamente señalizada, actuando CONSTRUCCIONES FECHI, S.L.U. con la diligencia debida y según el Plan de Seguridad y Salud de las obras. Como se puede observar en el atestado, las fotografías nº 4, nº 3 y nº 8 dejan constancia de la señalización de la obra, puesto que además de los conos, vallas y cinta de señalización que hay en la calzada, hay otra valla caída en la zona de desnivel que debió ser por el impacto del vehículo siniestrado. También la fotografía nº 7, 9 y 10 indican la señalización comunicando la existencia de obras, así como el estrechamiento de la calzada y acceso limitado a residentes. Además en el informe emitido por D. Tomás Pérez Viverido se expone que “para la protección, tanto del personal de obra como de las personas y o vehículos que circulan por dicho camino, se ha instalado, desde el comienzo de los trabajos, un vallado perimetral, complementado con la señalización correspondiente, permitiendo la circulación por el camino y al mismo tiempo impide la circulación por el borde del talud, tanto del personal de obra como de personas o vehículos ajenos a la misma” quedando justificada la señalización por parte de Construcciones Fechi, S.L.U., colocándose las señales reglamentarias, así como carteles indicativos, señales de desvío necesarias y también vallas, cintas de balizamiento… Sin embargo, resulta al menos curioso que el perjudicado, D. Hipólito, teniendo conocimiento de las obras realizadas y de la señalización de la zona, puesto que vive en la zona, según relata en el Atestado, el día de los hechos circulaba él sólo por la vía y no se cruzó con nadie, cómo es posible que existiendo espacio suficiente para pasar en cualquiera de los puntos de la vía y conociendo la zona y existencia de obras, se obligue a ceñirse a su margen derecho. En el mismo sentido apunta la fuerza actuante argumentando que existen ciertas incongruencias y cosas ilógicas, como la producción de un agujero en la puerta trasera izquierda por incrustación de la pata de una valla, cuando según manifestación el vehículo cae por desprendimiento del terreno por su parte delantera, por lo que se deduce que el lateral que golpearía contra el suelo sería el derecho en primera instancia. Por todo lo expuesto, solicitamos se tengan en cuenta tales manifestaciones a los efectos de acreditar que CONSTRUCCIONES FECHI, S.L.U. actuó, desde la comunicación de inicio de obras, conforme al Plan de Seguridad y Salud en el trabajo, señalizando toda la zona de forma reglamentaria y adoptando las medidas de seguridad oportunas”. Resultando.- Que mediante Resolución Presidencial nº 2016013977 de data 21/07/2016, e en virtude dos artigos 49.1 e 49.3, en relación co artigo 42.5 da Lei 30/92, ampliouse o prazo para resolver a solicitude de indemnización, pois o retraso por parte do Concello de Gondomar en realizar as alegacións nos emprazamentos realizados a este como interesado no procedemento, fixo que non fose factible resolver a reclamación en prazo. Resultando.- Que con data 19/09/2016, D. Ramón Pérez Amoedo, actuando en nome do Concello de Gondomar, presenta escrito no que relata o seguinte: “Que por parte de D. Hipólito Pérez Rodríguez, se ha presentado por medio de su letrado D. Miguel Esteban, escrito en solicitud de responsabilidad patrimonial por lesiones y daños ocurridos el 26 de agosto de 2015 en Gondomar. Acompaño copia de dicha reclamación. Que sobre estos hechos, el Concello de Gondomar ha presentado denuncia ante los Juzgados de Vigo, por la presunta comisión de estafa procesal y denuncia falsa contra el Sr. Pérez Rodríguez, habiéndose incoado Diligencias previas 2160/2016 ante el Juzgado de Instrucción nº 5 de Vigo. Ello en base al Informe emitido por la Policía Local de Gondomar que acompañamos. Todo ello se pone en conocimiento de este Excma. Diputación a fin de que se deje en suspenso este procedimiento y se nos tenga por PERSONADOS en el mismo”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93, en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92 (normativa vixente no momento de presentarse a reclamación e que agora procede invocar con fundamento na Disposición Transitoria Terceira da Lei 39/2015). Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, apoiando tal conclusión nos seguintes argumentos: 1. Segundo o manifestado polo Capataz de obras do Concello de Gondomar, D. José Antonio Misa Rodríguez, en informe de data 02/03/2016, a empresa Construcciones Fechi S.L.U. tiña valada a zona, indicando que había que ter precaución ao seu paso cos vehículos, entendendo este que non debería ter perigo para caer. 2. Segundo o manifestado polo arquitecto técnico municipal, D. Alfonso Soliño Troncoso, no seu informe de data 15/03/16, non aparenta causa eficiente para a precipitación do vehículo por defecto imputable solo polas deficiencias de execución ou sinalización de obras e restricións de paso polo vial. 3. A empresa Construcciones Fechi S.L.U. manifesta, no escrito de alegacións aportado na data 12/09/16, que quedou suficientemente acreditado, á vista do atestado policial, que a zona de obras estaba perfectamente sinalizada durante todo o período de execución das mesmas, actuando a citada empresa coa dilixencia debida e segundo o Plan de Seguridade e Saúde das obras. Relaciona, asemade, as fotografías do atestado nas que se pode ver a sinalización da obra (conos, vallas, cinta de sinalización, así como outra valla caída na zona de desnivel que debeu ser polo impacto do vehículo sinistrado), sinal de existencia de obras, de estreitamento da calzada, de acceso limitado a residentes, etc. 4. Segundo o relatado polo Director de Obra, D. Tomás Pérez Viverido, no seu informe de data 09/09/15, instalouse dende o comezo dos traballos, para a protección tanto do persoal de obra como de persoas ou vehículos, alleos á mesma, un valado perimetral separado do borde do noiro, complementado coa sinalización de obra correspondente, que permite a circulación polo camiño e ó mesmo tempo impide a circulación polo borde do noiro (cabeza do noiro). Dita protección mediante valado figura descrita detalladamente no Plan de Seguridade e Saúde das obras. 5. O prexudicado manifesta en declaración tomada polo Grupo de Investigación e Análise de Tráfico na data 16/06/15 ser plenamente coñecedor da existencia das obras posto que vive a uns 80 metros do lugar do accidente. 6. Non se produciron mais accidentes pola mesma causa. 7. A Policía Local manifesta nas dilixencias que despois da inspección ocular realizada no lugar e do estudio das fotografías realizadas ó terreo e ó vehículo, se desprenden varias incongruencias ou cousas ilóxicas que detallan en ditas dilixencias policiais, como son as seguintes: - A existencia de espazo suficiente para pasar en calquera dos puntos sen necesidade de aproximarse á marxe dereita, téndose feito sen motivo aparente, xa que manifesta o accidentado que non se cruzou con ningún turismo ou viandante. - Resulta estraño que coas medicións realizadas sobre o terreo e a velocidade manifestada, o vehículo de unha volta completa de tonel y quede sobre as súas catro rodas. - Totalmente incongruentes e inexplicables varios detalles sobre as huellas e vestixios do vehículo, como poden ser a rotura da ventanilla dianteira do lado esquerdo, traseira do mesmo lado e a dianteira dereita e so existan restos de cristais sobre o terreo ó lado esquerdo do vehículo, debaixo dunha valla sobre a que cae o mesmo, procedentes da ventanilla traseira esquerda, sendo inexplicable a rotura da luna traseira do vehículo (…) sendo chamativa a non rotura do espello retrovisor dereito (encontrándose intacto) e si o cristal e a maneta de apertura da porta dianteira dereita. - Incomprensión por parte desta Policía en canto á produción dun burato na porta traseira esquerda por incrustación da pata dunha valla, cando o vehículo cae por desprendemento do terreo pola súa parte dianteira dereita, polo que se deduce que o lateral que golpearía contra o chan sería o dereito en primeira instancia. 8. O Concello de Gondomar presentou denuncia perante os xulgados de Vigo contra o reclamante pola presunta comisión de estafa procesual e denuncia falsa con base no informe emitido pola Policía Local de Gondomar. Considerando.- A maiores, que o accidente tivo lugar a escasos 80 metros do domicilio do reclamante, sendo este plenamente coñecedor de que se estaban a realizar as obras e da sinalización das mesmas, polo que de terse adecuado a velocidade ás circunstancias esixidas pola vía, ó accidente non se tería producido, o que fai descansar a responsabilidade no condutor do vehículo. Así, segundo recolle o artigo 45 do R.d. 1428/03, de 21 de novembro, que aprobou o Regulamento Xeral de Circulación, “todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, A FIN DE ADECUAR LA VELOCIDAD DE SU VEHÍCULO A LAS MISMAS, DE MANERA QUE SIEMPRE PUEDA DETENERLO DENTRO DE LOS LÍMITES DE SU CAMPO DE VISIÓN Y ANTE CUALQUIER OBSTÁCULO QUE PUEDA PRESENTARSE”. Asemade, o artigo 46 do citado Regulamento sinala que: “1. Se circulará a velocidad moderada y, si fuera preciso, se detendrá el vehículo cuando las circunstancias lo exijan, especialmente en los casos siguientes: h) Al aproximarse (…) a estrechamientos”. Polo seu lado, a Lei 18/1989, de 25 de xullo, de Bases sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial, no artigo 3.3 da base cuarta recolle o seguinte: “…Los conductores quedarán especialmente obligados a circular de manera diligente…” En idénticos termos se expresa o xa referido R.d. 1428/2003 de 21 de novembro polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación, que no seu articulado recolle: Artigo 3.1 “…Se deberá conducir con la diligencia y precaución necesarias para evitar todo daño propio o ajeno, cuidando de no poner en peligro, tanto al mismo conductor…” Artigo 18.1: “…El conductor de un vehículo está obligado a mantener su propia libertad de movimientos, el campo necesario de visión y la atención permanente a la conducción, que garanticen su propia seguridad…” Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar dita reclamación. 27.25064.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS a) Vista a relación de facturas con número 2016045062, que contén nove facturas e por un importe de 32.054,86 €, correspondendo a primeira á empresa Telefónica Móviles España, S.A., por importe de 19,36€, e a derradeira a Distribuciones Froiz, S.A., por importe de 3.926,46 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 19 de decembro de 2016, e os xefes de servizo ou responsables dos centros Xestores no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas, e que necesitan a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 32.054,86 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 32.054,86 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. b) Vista a relación de facturas con número 2016045063, que contén unha factura e por un importe de 5.888,73 €, correspondendo á empresa Excavaciones Expano, S.A., e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 19 de decembro de 2016, e os xefes de servizo ou responsables dos centros Xestores, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a anulabilidade das obrigas, e que necesitan a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 4.866,72 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 1.022,01 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 5.888,73 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. c) En data 7/12/2016, recíbese no servizo de Turismo a certificación nº1 “Instalacións e actuacións complementarias na Pousada de Meaño”, levada a cabo polo empresa Oreco S.A. (A-36614691), por importe de 368.786,90 € de data de 25/11/2016. En data 9 de decembro de 2016 a xefa do Servizo de Turismo, informa da recepción da certificación e da aprobación de sendas transferencias de crédito con data 02/12/2016 pola Xunta de Goberno, e mediante Resolución presidencial o día 30 de novembro, que dotan de orzamento as aplicacións correspondentes ó proxecto de gasto Pousadas. Polo que solicita a súa tramitación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito da factura 16E/27 emitida por Oreco S.A. que deberá ser aboada con cargo á aplicación orzamentaria 16/433.4321.622.01 (Edificios e outras construcións). Visto o informe de intervención de data 13/12/2016, en relación coa certificación nº 1 “Instalacións e actuacións complementarias na Pousada de Meaño”, e tendo o conta as súas observacións: Esta obra non seguiu ningún tipo de procedemento, nin tampouco achega a acta de comprobación de trazado. Ademais so retén un 1% no control de calidade, se temos en conta que na obra D11/0103 “Pousada do Salnés” (Meaño), practicábase unha retención a mesma empresa dun 3 % por ese concepto. E a súa conclusión: “Non obstante, como as unidades de obra que se certifican se executaron, procede a aprobación desta, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial”, que de acordo co establecido na base 17.1 aprobadas para a execución do Orzamento provincial de 2016 a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: A certificación nº 1-final, da empresa Oreco S.A. (A-36614691) importe de 368.786,90 € correspondente á obra “Instalacións e actuacións complementarias na pousada de Meaño”, con arranxo ao seguinte detalle: Oreco S.A. (A-36614691) Subtotal 368.786,90€ Taxa dirección de obra (4%) 10.244.79€ Control de Calidade (1%) 2.561,20€ Seguridade e saúde (0,50%) 1.280,62€ Total descontos 14.086,61€ Importe líquido a percibir pola empresa 354.700,29€ O pagamento da certificacións realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 16/433.4321.622.01. Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 28.25065.- ASIGNACIÓN DUNHA BOLSA VACANTE NO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS 2016 DA TITULACIÓN LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS Á EMPRESA OCCE&AS, S.L. 1º.- Con fundamento no artigo 35.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL), a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 08/04/2016 , acorda aprobar a convocatoria do Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra 2016 destinada ás empresas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra, que se rexerá conforme ás bases publicadas no BOPPO nº 71 de data 14 de abril de 2016 (con rectificación publicada no BOPPO nº 85 de data 4 de maio de 2016). A finalidade de dito plan é a de seleccionar ás empresas ou entidades que se atopen nas mellores condicións para engadirlle valor á formación académica e profesional das persoas beneficiarias das 400 bolsas que se van a convocar. 2º.- Dito plan desenvólvese en dúas fases, a primeira de convocatoria e selección das empresas do sector privado, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais onde se levará a cabo a práctica laboral e a segunda de convocatoria e selección e distribución das persoas bolseiras entre ditas entidades. 3º.- No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 71 de data 14/04/2016 publicouse a convocatoria e bases de selección das empresas privadas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra para participar no Plan de práctica laboral na Deputación de Pontevedra 2016. 4º.- Para a selección das empresas privadas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais, conforme o previsto na base cuarta da convocatoria, constituirase unha Comisión de avaliación (designada por Resolución Presidencial de data 20 de xuño de 2016) que está integrada pola deputada delegada en materia de Emprego, o xefe do Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local, un representante do sector empresarial da provincia de Pontevedra e un representante da Universidade de Vigo. 5º.-Por acordo adoptado na Xunta de Goberno nº 14.24696, en sesión celebrada o 04/08/2016 apróbase a distribución , asignación e determinación das bolsas a convocar dentro do plan de práctica laboral da Deputación de Pontevedra 2016 en empresas privadas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra. Ditas bolsas distribuíronse en dous grupos, no grupo 1 distribuíronse 360 bolsas que se asignaron a empresas privadas e no grupo 2 distribuíronse 40 bolsas que se asignaron a corporacións locais e organizacións non gobernamentais. 6º.- No acordo de distribución das bolsas asignouse unha bolsa do expediente 2016E062 Licenciatura/Grao en Administración e Dirección de Empresas á empresa Cabaleiro Nogueira, S.L., con localización do centro de traballo en O Porriño. A empresa mediante escrito de data 11 de novembro comunicou a súa renuncia á bolsa adxudicada por considerar que a persoa bolseira non se axusta ó perfil requirido. 7º.- Segundo o disposto na base quinta punto sete da convocatoria dita bolsa poderá concederse a outra empresa, que figure na lista (grupo 1), por orde de puntuación, e que solicitase a mesma titulación. 8º.- Entre as empresas suplentes que solicitan a referida titulación hai un empate na puntuación entre as empresas OCCE&AS ,S.L. e Osfor Disttribuidora de Formación, S.L. e dado que a localización do centro de traballo destas empresas é en Vigo, non se pode dirimir o empate en base ó criterio establecido pola Comisión Avaliadora, en reunión do 24 de outubro de 2016, que establece que se lle adxudicará á empresa que coincida coa localización da empresa que renuncia. 9º.- Mediante correo electrónico de data 24 de novembro (en base ó establecido no artigo 17 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público referente a convocatorias e sesión), vólvese a reunir á Comisión Avaliadora, a cal decide que os criterios e a orde de prelación destes para os casos de empate na suplencia de empresas, serán: 1) Elixir á empresa que teña a mesma localización que a que renuncia. 2) Para os casos en que ningunha das empresas teña a mesma localización que a empresa que renuncia, será a persoa bolseira a que elixa á empresa seleccionada. 10º.- A persoa bolseira elixiu á empresa OCCE& AS, S.L. con CIF B27814730. Considerando os antecedentes e as consideracións normativas citadas anteriormente, e de conformidade co previsto nas bases da convocatoria de empresas e o disposto no capítulo II da lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, Real Decreto 887/2006, de21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade asignar a bolsa vacante da titulación Licenciatura/Grao en Administración e Dirección de Empresas á empresa OCCE& AS, S.L. con CIF B27814730. 29.25066.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA DESPRAZAMENTOS E ASISTENCIA A CURSOS 1º.- Mediante escrito de data 24/11/2016 con número de rexistro de entrada 2016119731 o Director do Museo, D. Carlos Valle Pérez, informa que os días 11, 12 e 13 de decembro de 2016 celébrase en Madrid un curso sobre “Novas posibilidades dos sistemas acuosos nos tratamentos de restauración. Retos e Estratexias”, impartido polo Dr. Richard Wolbers da Universidade de Delawere-USA, sobre actualizar e profundar no uso de sistemas acuosos e disolventes na conservación-restauración de bens culturais, organizado polo Instituto do Patrimonio Cultural de España (IPCE) do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, a celebrar no Auditorio San Marcos, o día 12, de 9:00 a 20:00, polo que propón que asista en Comisión de Servizos Dna. Sonia Briones Vázquez, conservadora restauradora, laboral fixa, adscrita ao Museo Provincial, por estar directamente relacionado co posto de traballo que desempeña. 2º.- Solicítase a autorización para a súa asistencia en comisión de servizos, así como o aboo dos gastos ocasionados en concepto de desprazamentos, dietas por manutención e inscrición. 3º.- A solicitude está conformada polo Deputado Delegado. 4º.- A efectos de fiscalización económica cuantifícase o importe total do gasto en 221,10 €, en concepto de desprazamentos, dietas e inscrición, cantidades que se imputasen ás aplicacións orzamentarias 333.3330.231.20 de locomoción, 333.3330.230.20 de dietas e 921.2210.162.00 de inscrición, conforme ao seguinte detalle: Locomoción: Tren/Metro/Bus, etc ………… 150,00€ Total…… 150,00€ Dietas: 1/2 Manutención - Grupo I (Día 11/12/2016) 18,70€ 1 Manutención - Grupo I ( Día 12/12/2016) 37,40€ Total…… 56,10€ Inscrición 15,00€ 5º.- Respecto dos gastos de inscrición, que ascenden a 15,00 €, faise constar que como a petición atópase conformada polo Deputado Delegado de persoal para asistir en comisión de servizos procede o pago da cantidade total solicitada por este concepto. 6º.- Para ese efecto, remítese o expediente a Intervención para informe sobre a existencia de consignación orzamentaria. Normativa Aplicable: - RD 462/02 do 24 de maio sobre indemnizacións por Razón do Servizo. - Orde do 8 de novembro de 1994, sobre xustificación das Indemnizacións por razón do servizo dos funcionarios públicos. - Bases de aplicación de retribucións do orzamento provincial e I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial. - Artigo 61.12 do ROF e artigo 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Admón Local de Galicia, polas que se atribúen á Presidencia a competencia neste materia. - Resolución da Presidencia de data 22/07/15 pola que se delega no Deputado as competencias en materia de persoal. Conclusión: En base aos antecedentes e consideracións normativas citadas anteriormente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade autorizar o desprazamento da traballadora citada anteriormente, así como o aboo dos gastos ocasionados, por razón do servizo, que ascenden a un importe total de 221,10 €, cantidade que se imputase ás aplicacións orzamentarias 333.3330.231.20 de locomoción, 333.3330.230.20 de dietas e 921.2210.162.00 de inscrición. Unha vez finalizado a viaxe, a interesada deberá presentar no Servizo de Recursos Humanos e Formación, no prazo de 10 días hábiles, a conta xustificativa de gastos para a correspondente tramitación do expediente, co obxecto de que se lle abonen os gastos que se puidesen xerar en concepto de desprazamento, dietas e inscrición, conforme ao disposto no apartado 2.2.1 da Orde do 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. Así mesmo, deberá achegar billete ou algún documento acreditativo onde se especifique os horarios da viaxe. Así mesmo, e, de conformidade coa normativa 11ª do Acordo nº 9.14880 de data 9 de setembro de 2011, especifícase que non se aboasen os gastos de desprazamento en taxi entre o lugar de aloxamento e o Centro onde se imparte o curso, xornada, congreso, reunión ou seminario, debendo utilizarse as liñas de transporte regular (autobús, metro..). 30.25067.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL RELATIVA Á ADXUDICACIÓN DE 3 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PO RENUNCIA DOS SEUS TITULARES (RP Nº 2016022174) De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de práctica laboral empresas 2016 a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar a seguinte Resolución Presidencial: Por Resolución Presidencial nº 2016022174 de data 01/12/2016, resólvese adxudicar as bolsas que se relacionan a continuación por renuncia dos seus titulares, seguindo a orde de puntuación, por número de expediente, titulación, importe e centro de destino, coa data de efectos especificada no seguinte cadro e coa posibilidade de prorrogar por seis meses máis: EXP. TITULACIÓN 1º Apelido 2º Apelido Nome Destino Data de efectos Importe 2016E031 Diplomatura/Grao en Relacións Laborais e RR.HH. Rodríguez Castro Marcos Norgestión asesores, S.L. 04/12/2016 800 €/mes 2016E050 Grao en Arquitectura/ Arquitectura Janeiro Rama Aida Promove areas de negocio ,S.L. 01/12/2016 800 €/mes 2016E094 Ciclo Superior de Integración Social Soto Hermida Laura Asociación xaruma 01/12/2016 700 €/mes 31.25068.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL RELATIVA Á FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS 2016 POR RENUNCIA DA BOLSEIRA ADXUDICATARIA (RP Nº 2016022532) De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de práctica laboral empresas 2016 a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar as seguintes Resolucións Presidenciais: - Por Resolución Presidencial nº 201602532 de data 09/12/2016, resólvese dar por finalizada as a bolsa concedida Rocío Vilas Piñeiro na Asociación par ao Desenvolvemento Social da Comarca do Deza con efectos do 05/12/2016. 32.25069.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL RELATIVA Á FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESA 2016 POR RENUNCIA DO BOLSEIRO ADXUDICATARIO (RP Nº2016022949) De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de práctica laboral empresas 2016 a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar as seguintes Resolucións Presidenciais: - Por Resolución Presidencial nº 2016022949 de data 13 de decembro de 2016, resólvese dar por finalizada a bolsa concedida a Roberto Lamas Soto na empresa Teswater Global S.L.U. con efectos do 12 de decembro de 2016. 33.25070.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL RELATIVA Á FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS 2016 POR RENUNCIA DA BOLSEIRA ADXUDICATARIA (RP Nº 2016023289) De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de práctica laboral empresas 2016 a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar as seguintes Resolucións Presidenciais: - Por Resolución Presidencial nº 2016023289 de data 19 de decembro de 2016, resólvese dar por finalizada a bolsa concedida a Noelia Blanco Mourelle na empresa Centro Médico Sans, S.L. con efectos do 22 de decembro de 2016. 34.25071.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO 2.24979 ADOPTADO POLA XUNTA DE GOBERNO NA SESIÓN ORDINARIA DO DÍA 02/12/2016 A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 2 de decembro de 2016, adoptou o acordo de adxudicar a Sivsa, Soluciones Informáticas SAU (CIF A-36.646.685) o contrato do servizo de mantemento, evolución e migración dos portais web da Deputación de Pontevedra de acordo co seguinte detalle: Prezo para o dous ano de duración de contrato: Importe sen IVE: 166.230,00€ IVE 21%: 34.927,20€ Importe IVE incluído: 201.247,20€ Advertido un erro nos importes correspondentes as distintas anualidades e no importe de adxudicación sen IVE, e tendo en conta o establecido no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, as Administración Públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o acordo nº 2.24979 adoptado na Xunta de Goberno, en sesión 2 de decembro de 2016, no seguinte senso: Onde di: “1.- Adxudicar o contrato do servizo de mantemento, evolución e migración dos portais web da Deputación de Pontevedra, á empresa SIVSA, SOLUCIONES INFORMATICAS, S.A.U. (CIF:A.36.646.685), de acordo co seguinte detalle: Prezo para os dous anos de duración do contrato: Importe sen IVE: 166.230,00€ IVE (21%): 34.927,20€ Importe IVE incluído: 201.247,20€ 2.- As obrigas derivadas do presente contrato, por importe máximo, para o ano 2016, de 43.560,00€ serán financiadas con cargo a aplicación orzamentaria 16/926.9260.227.23 do vixente orzamento provincial. Os importes correspondentes para os anos 2017, de 130.680,00€, e 2018 de 87.120,00€, quedarán condicionados a aprobación dos respectivos orzamentos e a existencia de crédito adecuado e suficiente na correspondente aplicación orzamentaria.” Debe dicir: “1.- Adxudicar o contrato do servizo de mantemento, evolución e migración dos portais web da Deputación de Pontevedra, á empresa SIVSA, Soluciones Informaticas, SAU(CIF: A.36.646.685), de acordo co seguinte detalle: Prezo para os dous anos de duración do contrato: Importe sen IVE:166.320,00€ IVE (21%): 34.927,20€ Importe IVE incluído:201.247,20€ 2.- As obrigas derivadas do presente contrato, por importe máximo, para o ano 2016, de 33.541,20€ serán financiadas con cargo a aplicación orzamentaria 16/926.9260.227.23 do vixente orzamento provincial. Os importes correspondentes para os anos 2017, de 100.623,60€, e 2018 de 67.082,40€, quedarán condicionados a aprobación dos respectivos orzamentos e a existencia de crédito adecuado e suficiente na correspondente aplicación orzamentaria” 35.25072.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 36.25073.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición