Fondos
41.444/1. Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 30 (1959)
Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 30 (1959)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.444/1
Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 30 (1959)
Data(s) 1959 (Creación)
Volume e soporte 1 libro. 88 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 30 (01-01-1959 / 31-01-1959). Recortes de Prensa. Contén: - O Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez foi cumprimentado polas autoridades, xerarquías e representacións da capital e da provincia no fin de ano - 6.316 Animais vacinados contra a glosopeda - Despedida do ano vello e entrada de 1959, celebrado con moita animación nas sociedades recreativas - Prezos de venda de distintas clases de aceite - Inauguración de luz eléctrica en varias parroquias da Estrada - Saída da Cabalgata de Reis do barrio do Burgo - Sancións do Goberno Civil por escándalos no mercado - Preparativos en Pontevedra para celebrar en agosto do IV Centenario do Templo de Santa María a Maior - Solemnes actos en Guláns (Ponteareas) polas festas de San Xulián Patrón da parroquia - Extraordinaria animación na noite de Reis - Concesión da Cruz do Mérito Militar ao Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez - Brillante recepción con motivo da Pascua Militar no Pazo Municipal - Imposición de Condecoracións no Concello - Prezos de abastecementos para a semana - Condecoracións do Mérito Militar a Xerarquías do Movemento - Inaugurados dous Grupos Escolares en Guláns (Ponteareas) coincidindo coa festa patronal - A choiva desluce a Festividade dos Reis Magos - Imposición de condecoracións no Concello aos señores Mariño Lago, Durán Gómez e Álvarez García con asistencia de varias autoridades e presidido polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez - Xeneroso donativo dun fillo de Guláns (Ponteareas) Feliciano Barrera Fernández para o Grupo Escolar - O Gobernador Civil impuxo a Orde do Mérito Civil ao Ex-presidente da Deputación Señor Rocafort Martínez - Profundo sentimento pola catástrofe de Ribadelago en Zamora - Reunión da Comisión Permanente do Consello Provincial do Movemento baixo a presidencia de Rafael Fernández Martínez Gobernador Civil e Xefe Provincial do mesmo - Audiencias do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez - O Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez deulle posesión aos novos delegados de Prensa, Propaganda e Radio García Cernuda, Jiménez e Puig Gaite (José) - Veterinario suspendido nas súas funcións. Traficantes de gando sancionados - Importantes acordos da Xunta Provincial de loita contra a Glosopeda - Novo Servizo de vixiantes de transportes por Estradas - Prezos de abastecementos para a semana - XXII Aniversario da saída ao fronte da II Bandeira da FET de Pontevedra - Autorización do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez á Casa de Zamora para unha subscrición pola traxedia de Ribadelago - Condolencia das autoridades portuguesas pola traxedia de Ribadelago en Zamora - Glosario pontevedrés. “Martes e trece”, por Lois - Reunión do Consello de pais e alumnos do Instituto de Pontevedra baixo a presidencia de Rafael Fernández Martínez, Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento - Celebración dunha importante reunión do Consello Provincial do Movemento presidido por Alberto Varela Grandal - Regreso de Madrid de Rafael Fernández Martínez Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento - Inauguración dunha nova ponte na estrada de Vigo - Volven as feiras e mercados en varios Concellos - Audiencia en Vigo do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez - Recorte de prensa sobre expediente de pensión do Goberno Civil - Acto de inauguración da nova ponte sobre o ferrocarril na estrada de Vigo, presidido polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez - Ofrecemento dun matrimonio de Tomiño para a adopción dun dos orfos da traxedia de Ribadelago en Zamora - Glosario pontevedrés. “Outra inauguración”, por Lois - Sancións do Goberno Civil - Balance Artístico-Cultural de Vigo en 1958, por Manuel de la Fuente - Constitución da Xunta para a participación da provincia na Feira Internacional do Campo - Declárase extinguida a Glosopeda en toda a provincia, mantendo as medidas de control - Pontevedra mellora as súas comunicación con Vigo - A nova directiva do Liceo Casino Cesáreo Novoa Valencia cumprimentou ao Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez e a o Alcalde Prudencio Landín Carrasco - Denuncias ao Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez - Importante sesión do Consello Provincial do Movemento polas variantes do ferrocarril de Chapela ao porto de Vigo e Pontevedra con supresión de pasos a nivel - A Nova Xunta do Honorable Corpo Consular cumprimentou ao Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martinez y a o Alcalde Prudencio Landín Carrasco - Sancións Gobernativas por infrinxir as disposicións da loita contra a Glosopeda - Mil alumnos poderán estudar no Centro de Formación Profesional de Vigo. En Pontevedra crearase unha Escola de Mestría con quince especialidades - Unha escola de Formación Profesional en Pontevedra, tamén vai ser construída unha granxa escola en Ponteareas - Homenaxe a memoria de Prudencio Landín Tobío - Numerosas sancións por infraccións contra as disposicións da vacinación da Glosopeda - Glosario pontevedrés, “A provincia en marcha”, por Lois - Nota de prensa da Casa de Zamora en Vigo - Comentarios a unha conferencia sobre unha nova Rama Xurídica de excepcional interés - Os xornalistas vigueses celebran algúns actos polo seu Patrón San Francisco de Sales - Glosario pontevedrés. “Emoción e lembranza”, por Lois - Dan o nome de Prudencio Landín Tobío, cronista da cidade a unha rúa de Pontevedra - Brillante conferencia do Profesor José Gil Pelaez , presidida polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez e o Alcalde de Vigo Tomás Pérez Lorente - O Cardeal-Arcebispo Dr. Quiroga Palacios oficiará na Escola de Mestría e visitará San Bartolomeu
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)