Fondos
41.469/1. Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 44 (1972)
Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 44 (1972)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.469/1
Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 44 (1972)
Data(s) 1972 (Creación)
Volume e soporte 1 libro
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación Provincial. Prensa. Tomo 44. Outubro 1972 Contén: - Xuntanza dos Presidentes das catro Deputacións Provinciais Galegas. Temática principal en torno ós plans que se ocupan da situación sanitaria psiquiátrica - Catro millóns e medio de pesetas para vehículos e material do Parque Provincial - “BERNARDUS” e a Ponte de Catoira. COUSELO - Solemne recepción no Goberno Civil, co gallo do “Día do Caudillo” - Solemne xornada conmemorativa do XXXVI Aniversario da exaltación de Franco á Xefatura do Estado - Unha Unidade de Intensificación de Imaxe para o Hospital cun custo de 2.650.000 pesetas - No Pazo Provincial. Será inaugurado oficialmente o novo curso académico do Hospital - Parques comarcais de maquinaria en Lalín e Vilagarcía - Novo material para os talleres do Fogar Provincial - A Festa da Hispanidade terá a máxima brillantez - Concurso para adquisición de vehículos e maquinaria para o parque móbil provincial. Orzamento total: 4.425.646 pesetas - O Curso Académico 1972-73 do Hospital Provincial. Conferencia inaugural a cargo do Profesor López Ibor - A Festa da Hispanidade celebrarase o día 12. A Ofrenda Floral nos Xardíns de Vicenti será ás doce menos cuarto - Deputación Provincial. Anuncio de concurso para adquisición de Maquinaria - Mañá dará comezo o curso académico no Hospital. A conferencia maxistral, sobre “Angustia e Depresión”, a cargo do Dr. López Ibor, desenrolarase no salón de actos do Pazo Provincial - Imporante intervención cirúrxica no Hospital. Trátase dunha extirpación total de páncreas - No pazo provincial. Ó seu regreso de Canarias, os alumnos do Fogar acudiron a testemuñar a súa gratitude ó Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra Sr. Peláez Casalderrey - 2.348 millóns de pesetas. Destacada labor da Comisión de Cultura do Hospital. 609 millóns de pesetas, para obras urxentes de abastecementos de augas - Pontevedra. López Ibor pronunciou a conferencia inaugura do curso no Hospital. Presidiu o Gobernador Civil e outras autoridades da provincia - Parques Comarcais de Maquinaria de Lalín e Vilagarcía de Arousa - Máis de 10 millóns para construír cinco camiños veciñais. Poxa das obras, anunciada polos Servizos Técnicos - O 12, Día da Hispanidade. Xornada conmemorativa de gran relevo. O profesor Filgueira Valverde falará sobre “O P. Sarmiento, pontevedrés universal” - Suplemento de crédito da Deputación - Nos actos conmemorativos da Festa da Hispanidade. “O Pai Sarmiento, pontevedrés universal”, tema da conferencia de Filgueira Valverde - Inauguración do curso académico do Hospital Provincial. O Profesor López Ibor pronunciou a conferencia maxistral, ilustrada cunha película. Entrega de diplomas a estudantes bolseiros e de carnés ás damas auxiliares da Cruz Vermella - Máis de dous mil millóns importa o Plan de Infraestrutura Sanitaria da Provincia - Pedro Rial López, distinguido coa Orde Civil do Mérito Agrícola - O Gobernador Civil presidiu a Sesión da Comisión de Servizos Técnicos. Obras por un importe de 28.155.886 pesetas, adxudicadas definitivamente. Tamén se acordou anunciar a poxa de outras por máis de trece millóns - Día da Hispanidade. Mañá, relevantes actos conmemorativos - Proxectos de obras da Deputación - Pazo Provincial. Exposición de proxectos - Festa da Hispanidade - Bolsas convocadas pola Deputación Provincial - Primeira sesión clínica do curso, con intervención do Doutor Fontoira Surís - Díptico da invitación, do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento, Presidente da Deputación Provincial e Alcalde de Pontevedra, para o Día da Hispanidade - Tarxeta de invitación ó Día da Hispanidade, do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento, Presidente da Deputación Provincial e alcalde de Pontevedra, para o Corpo Consular - Publicación conmemorativa do Día da Hispanidade - Gráfica do decano do Corpo Consular no discurso do Día da Hispanidade - Gráfica da Misa en Santa María co gallo do Día da Hispanidade - Conmemoración do Día da Hispanidade, Misa na Basílica de Santa María e Ofrenda Floral no Pazo Provincial - Campaña pro-asilo de Pontevedra - Sesión Clínica no Hospital Provincial - O Doutor Castro Rial, a Dinamarca e Suecia - Trece bolsas para estudos en distintas especialidades. Foron anunciadas a concurso pola Deputación Provincial - Primeira sesión clínica no Hospital. Sobre “Corpos estraños bronquiais” disertou o Doutor Fontoira Peón - No Hospital Provincial. “Primeiro fin de Semana Otorrinolaringolóxico” - A X Festa de exaltación do marisco, no Grove, foi unha edición brillante e chea de emotividade, presidida polo monumento á familia mariscadora - Máis de catro millóns para o recheo da marisma do Vao - O Sábado, no Salón de Actos do Hospital. “Mesa redonda” con intervención de destacados espec9ialistas da rexión. Conferencia maxistral a cargo do Doutor Prades Pla - O Xeneral Gobernador Militar, Carlos Valdés Pando, cumprimentou ás demais primeiras autoridades pontevedresas - No Hospital Provincial. Primeiro fin de semana otorrinolaringolóxico - Vacante de taquimecanógrafa na Deputación. Foi anunciada a oposición - No Hospital Provincial “Fin de semana otorrinolaringolóxico”. Mesa redonda e conferencia sobre “Vértigos” - Noticiario do Museo - Numerosos profesionais asistiron ó “Fin de Semana Otorrinolaringolóxico” no Hospital Provincial - Estancia do Director Xeral de Arquivos e Bibliotecas, Luis Sánchez Belda. Visitou os terreos para a Casa da Cultura - A Deputación coruñesa colabora cun 25 por cento, na financiación da ponte interprovincial de Catoira - O sábado Sesión Clínica no Hospital Provincial. Intervirán os Doutores Castro Rial e Canosa Ruiz - Vacante de limpadora no Pazo Provincial. Anunciada a concurso-oposición pola Deputación - O Director Xeral de Arquivos e Bibliotecas, Sr. Sánchez Belda, inaugurou a Biblioteca Municipal de Marín - Pío Cabanillas, académico de Xurisprudencia e Lexislación. Foi elixido en Madrid - O cine español, responde. Revista Oral na Residencia de Estudantes da Caixa de Aforros de Pontevedra. Intervirán María Medina, Ramón Torrado, Alfredo Maio, Fernando Sancho e José Suárez - Uns centro corenta millóns de pesetas para a Mancomunidade do Umia. Serán investidos na obra preferente de condución cara a Vilagarcía - Sesión Clínica no Hospital provincial. Disertará o Doutor Conesa Ruiz sobre o tema “Acalasia de esófago” - Gráfica do Doutor Conesa Ruiz na Sesión Clínica do Hospital Provincial - Na Residencia de Estudantes. Brillante conmemoración do discurso fundacional da Falanxe. Palabras do Xefe Provincial e conferencia de Alcocer María
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)