Fondos
41.458/1. Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 10 (1966)
Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 10 (1966)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.458/1
Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 10 (1966)
Data(s) 1966 (Creación)
Volume e soporte 1 libro
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra
Prensa. Tomo 10 (01-01-1966 / 30-04-1966)
Contén:
- Unha importante realidade en marcha. Solar onde se construirá a Escola de Mestría Industrial e o colexio menor da Caixa de Aforros
- Sesión Ordinaria da Deputación Provincial
- Pleno da Deputación Provincial. O Plan de obras en camiños e vías provinciais importa máis de sete millóns de pesetas
- Asemblea provincial de Turismo no Teatro Principal
- Gráfica de Ramón Encinas Diéguez, Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra
- Pío Cabanillas Gallas, fillo predilecto da Provincia de Pontevedra
- Manuel Fraga Iribarne, fillo adoptivo da Provincia de Pontevedra
- Recorte de prensa sobre o ano 1965
- Gráfica da Virxe da Peregrina padroa do Ano Santo, proclamada polo Cardeal Quiroga Palacios
- O Servizo de Cooperación da Deputación Provincial nos municipios. Orzamento de obras 131.787.639 pesetas; Aportación Provincial 54.355.075 pesetas
- O Padroado do Museo acordou a celebración do Coloquio Luso-Galaico de Historia Medieval
- Entrega de aguinaldos ós pensionistas da Administración Local
- Regreso de Ramón Encinas Diéguez, Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra, de Madrid
- Gráfica do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra, Ramón Encinas Diéguez, facendo entrega dos aguinaldos ós pensionistas da Mutualidade da Administración Local
- Reunión plenaria do Consello Provincial de Urbanismo, Arquitectura e Vivenda. Acordouse a nova estruturación e o Plan de Traballo
- A Lei de Prensa nas Cortes baixo a presidencia dos señores Abellá Martín e Sánchez Juliá
- As Cortes españolas estudan a Lei de Prensa
- Inauguración do Centro Comercial “Estanislao Durán” coa asistencia do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra Ramón Encinas Diéguez, o do Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo e o Excmo. Rvmo. Frei José López Ortiz Bispo de Tui
- O Fogar Provincial acolle un total de 360 nenos. Recibíndose peticións de toda España que desexan adoptar fillos sen familia
- Celebración dun Pleno Extraordinario da Deputación Provincial
- Gráfica da Festividade de San Raimundo de Peñafort do Colexio de Avogados de Vigo
- Gráfica do Presidente da Deputación de Bata e Enrique Gori Molubela, que ostenta igual cargo na de Fernando Poo, defensores dos proxectos de Lei sobre Orzamentos e réxime tributario de Guinea co Ministro Secretario Xeral do Movemento
- Proxección Turística de Vigo. Cervos no outro lado da Ría
- Ampla potenciación da provincia de Pontevedra. Preto de dous mil millóns de pesetas o orzamento para o Plan a desenrolar durante o ano
- Gráfica do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez no importante discurso sobre as realizacións de 1965 e as inversións en 1966
- Reunión conxunta do Consello do Movemento e da Comisión de Servizos Técnicos. Transcendencia e resultados do programa de inversións en 1965. Totalizaron 733.889.244 pesetas, destacando as realizadas en Transportes, Comunicacións e Turismo
- As Festas Patronais dos Xornalistas na honra de San Francisco de Sales
- Pleno da Corporación Provincial de Pontevedra presidido polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez
- Bendicido polo Bispo de Tui Frei José López Ortiz o “Marcelina de Ciriza” pesqueiro conxelador construído nos estaleiros “Vulcano” en Vigo
- Reunión Plenaria da Deputación presidida polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra Ramón Encinas Diéguez, dando conta das realizacións do ano anterior que ascenderon a máis de 100.000.000 de pesetas
- Gráfica cun anuncio dun diálogo conciliar cos medios de comunicación
- Recorte de prensa sobre a exposición, ante o Consello Provincial do Movemento e no seu diálogo cos directores de Prensa que o Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez, fixo sobre a importancia dos produtos conxelados
- No Calvario solemne inauguración do “Posto Piloto Núm. 3”. Está destinado a venda de pescado conxelado, carne, legumes e outros artigos en réxime de supermercado
- Recorte de prensa sobre o Ano Santo Xacobeo en Pontevedra
- Quedou inaugurado o II concurso-Exposición Internacional da Camelia polo Alcalde Sr. Portanet
- Solemne clausura do II Concurso-Exposición da Camelia. Gráficas nas que se pode ver ó Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento, Ramón Encinas Diéguez, entregando o premio da “Camelia de Ouro” doada por Dona Carmen Polo de Franco
- Clausura da exposición de Xohan Piñeiro. As obras pasarán, en depósito ó Museo de Pontevedra
- Solemne entrega dunha placa de prata e esmalte ó Ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga Iribarne, no seu nomeamento coma “Fillo Adoptivo da Provincia de Pontevedra”
- Sesión Ordinaria do Pleno da Corporación Provincial presidida polo Presidente Enrique Lorenzo Docampo
- Sesión Plenaria da Comisión de Servizos Técnicos presidida polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez
- 31.000.000 de pesetas importa o Plan Provincial de Cooperación. Proxecto de reforma do Hospital
- O Ministro da Mariña, Almirante Pedro Nieto Antúnez, presidiu os funerais polas vítimas dos recentes naufraxios de pesqueiros marinenses
- Polos seus comportamentos no salvamento da tripulación do “Ariete”, o Ministro de Mariña Almirante Pedro Nieto Antúnez, expresou a súa gratitude ós pescadores de Lira, Muros, Louro e Lariño
- Festa patronal da Policía. O Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra Ramón Encinas Diéguez, presidiu os actos na honra do Santo Anxo da Guarda no templo de San Francisco
- Imposición da medalla ó mérito policial o Comisario Xefe da Policía de Vigo
- Don Antonio Puig Gaite, novo Delegado de Información e Turismo en Pontevedra
- O Director Xeral de Loterías en Pontevedra convocou unha roda de prensa no Parador Nacional de Turismo
- Gráfica do Sorteo da Camelia, que se celebrou o 5 de marzo a unha da tarde
- Sorteo da Lotería Nacional, televisado y retransmitido a toda España
- Primeira visita oficial do Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar, Sr. Carmona y Pérez de Vera. Foi cumprimentado polas autoridades pontevedresas e o Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra, Ramón Encinas Diéguez, ofreceulle un almorzo
- O Círculo Mercantil e Industrial de Vigo celebra solemnemente o 75 aniversario da súa fundación
- Recorte de prensa sobre a toma de posesión do novo Delegado Provincial de Información e Turismo e o Delegado Adxunto, Antonio Puig Gaite e José Antonio Campo Borrego, respectivamente
- Celebración en Vilagarcía de Arousa da conmemoración do XXXI Aniversario das Falanxes Galegas e do discurso de José Antonio Primo de Rivera
- Discurso do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra Ramón Encinas Diéguez “Estamos unidos todos na obriga inextinguible de facer a nosa revolución”
- Gráficas da Toma de Posesión, do novo Delegado Provincial de Información e Turismo e Delegado adxunto Antonio Puig Gaite e Jose Antonio Campo Borrego respectivamente, presidida pol Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra Ramón Encinas Diéguez
- Pleno da Mancomunidade de Deputacións en Réxime Común presidida polo Presidente da Deputación de Madrid e da Mancomunidade Sr. González Bueno
- Gandería e diálogo. Cesión de sementais selectos de oito touros ó Centro Primario de Inseminación Artificial e a diversos paradistas
- Carta do Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo a cidade de Vigo co gallo da Reconquista
- Pleno da Comisión de Servicios Técnicos baixo a presidencia do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra Ramón Encinas Diéguez. Dezasete mil millóns de pesetas investidos no presente mes. Preocupación polo suposto descenso do tráfico de mercancías no porto de Vigo
- Ás oito da noite do 27 de marzo de 1809 iniciouse o asalto a Cidade de Vigo
- Gráficas sobre a idea de Benito Malvar de crear unha zona comercial de altos vós
- O Concello de Vigo levou a cabo unha serie de inauguracións conmemorativas da reconquista. A inauguración do Monumento a Don Bosco e a do Parque Infantil de Bouzas, feitos destacados na brillante xornada
- Inauguración no Polo do Desenrolo da factoría de “Productos Conxelados”
- As industrias do Polo de Desenrolo en marcha. Chegada a Vigo de parte da maquinaria para unha factoría en Coruxo, valorada en máis de 300 millóns de pesetas
- O Polo de Desenrolo en Vigo inaugura a súa primeira gran factoría “PROCSA” producirá 25.000 racións diarias de pratos precociñados e conxelados
- Sesión Plenaria da Deputación de Pontevedra. 60 millóns de pesetas para camiños, aprobación do proxecto de reforma do hospital e obras nas estradas para o C.I.R. Núm. 13
- O Polo de Vigo en marcha espectacular
- Gráfica do Presidente de “PROCSA” explicando os propósitos da Empresa agradecendo a presenza ó acto das autoridades asistentes
- Recorte de prensa sobre las industria “PROCSA”, “Productos Congelados, S.A”
- O Delegado de Información e Turismo Antonio Puig Gaite no Diario de Pontevedra
- Relevo na administración do hospital provincial. O Sr. Castro-Rial Canosa substitúe a Bernardo Salom de la Huz
- Inicio do coloquio luso-galaico de historia medieval. O Sr. Filgueira Valverde disertou sobre “O significado histórico da paz do Lérez”
- Inauguración dunha sala de Arte Moderno no Museo de Pontevedra
- Presentación en Vigo das películas premiadas no XII Festival Internacional de Cine Publicitario
- Recepción a bordo do buque Británico “Hecate” atracado na dársena da Laxe
- O Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez visitou o Colexio-Fogar da Caixa de Aforros Municipal. Acompañábano o Presidente da Deputación, Enrique Lorenzo Docampo, e o Director da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra
- Conferencia de D. Gonzalo Torrente Ballester no Círculo Mercantil “Eses nenos que se acochan”
- Conferencia. A Glosopeda problema da rutina diaria. O Dr. Campos Onetti, pronunciando a súa conferencia, dentro do programa de Extensión Gandeira
- A Corporación provincial tributou unha homenaxe de despedida ó Deputado Provincial Sr. Fernández Alonso, en presenza de autoridades e Corporación Provincial
- Pleno da Deputación. Adhesión á proposta que incorpora a Santiago a Facultade de Ciencias Económicas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)