ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.874
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2008/09/12_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/2.2008-09-12_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/09/12_Extraordinaria

  • Data(s) 2008-09-12 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 27 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 12 de setembro de 2008 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e catorce minutos do día doce de setembro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1. 5723.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Bos días. Vamos a dar comezo a esta convocatoria de Pleno extraordinario da Corporación Provincial. Primeiro punto. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 27 de xuño e 23 de xullo de 2008. Apróbanse. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 27 de xuño e 23 de xullo, de 2008. 2. 5724.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN PROVISIONAL DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E DA TAXA POR LICENZA URBANÍSTICA, ASÍ COMO A EMISIÓN E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DE CADA UN DESTES TRIBUTOS Sr. Presidente.- Punto número 2. Delegación de competencias do concello de Salvaterra do Miño a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos, que sería, se podemos votar conxuntamente, sería o punto número 3, exactamente igual, que sería, “Delegación de competencias tamén do concello de Caldas de Reis a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección da liquidación do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un dos mesmos”. ¿Votamos os puntos 2 e 3 xuntos?. O que pasa que como son xa doutros tributos, pero se queredes 4 e 5 incluso, que é o 4, “Delegación de competencias do concello de Vilanova a favor do ORAL para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados”. E no caso do punto 5, “Delegación de competencias do concello de Pontecesures a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da emisión e recadación da liquidación definitiva deste tributo”. Entón, votamos os puntos 2, 3, 4 e 5. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Salvaterra de Miño na sesión celebrada o día 24 de xuño de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 18 de xullo de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Salvaterra de Miño, para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Salvaterra de Miño, por acordo do Pleno de data 24 de xuño de 2008 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as seguintes facultades: - A inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. A citada delegación que será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.5725.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN PROVISIONAL DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E DA TAXA POR LICENZA URBANÍSTICA, ASÍ COMO A EMISIÓN E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DE CADA UN DESTES TRIBUTOS O Pleno do concello de Caldas de Reis na sesión celebrada o día 30 de maio de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 18 de xullo de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Caldas de Reis, para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Caldas de Reis, por acordo do Pleno de data 30 de maio de 2008 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as seguintes facultades: - A inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva de cada un destes tributos. A citada delegación que será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.5726.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE NON SE ATOPEN XA DELEGADOS O Pleno do concello de Vilanova de Arousa na sesión celebrada o día 26 de maio de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 18 de xullo de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Vilanova de Arousa, para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non estaban xa delegados. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Vilanova de Arousa, por acordo do Pleno de data 26 de maio de 2008 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que aínda non estaban delegados polo concello de Vilanova de Arousa nesta Deputación. A citada delegación que será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.5727.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE PONTECESURES A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN PROVISIONAL DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E DA EMISIÓN E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DESTE TRIBUTO O Pleno do concello de Pontecesures na sesión celebrada o día 26 de maio de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da emisión e recadación da liquidación definitiva deste tributo. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 18 de xullo de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Pontecesures, para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da emisión e recadación da liquidación definitiva deste tributo. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Pontecesures, por acordo do Pleno de data 26 de maio de 2008 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as seguintes facultades: - A inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da emisión e recadación da liquidación definitiva deste tributo. A citada delegación que será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 6.5728.- CAMBIO DE TITULARIDADE E POSTERIOR ENTREGA Ó CONCELLO DE BUEU DA ESTRADA PROVINCIAL 1310 “RÚA RAMÓN BARES” Sr. Presidente.- Punto número 6. Cambio de titularidade e posterior entrega ó concello de Bueu, da estrada provincial 1310 “Rúa Ramón Bares”, que está ademais en pleno casco urbano de Bueu, para transferir ó concello. ¿Algunha intervención?. Pois non habendo ningunha intervención procedemos á votación de transferir este tramo de vía provincial ó concello de Bueu. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o escrito remitido dende o concello de Bueu -que tivo entrada no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra o 16 de xuño de 2008- a través do cal solicita á Deputación Provincial de Pontevedra o cambio de titularidade e posterior entrega da estrada provincial 1310 “Rúa Ramón Bares” que ten unha lonxitude de 900 metros. Visto o informe emitido o 12 de agosto de 2008 polo Director de Infraestruturas, favorable ó cambio de titularidade solicitado polo concello de Bueu xa que a EP 1310 “Rúa Ramón Bares” adquiriu características netamente urbanas, coa existencia de beirarrúas, edificacións consolidadas a ámbalas marxes do viario e servizos urbanos, tendo en conta ademais que a citada estrada discorre integramente por solo cualificado como urbano polo correspondente instrumento de ordenación urbanística, notas todas elas que aconsellan o cambio de titularidade a favor do concello de Bueu de acordo co disposto nos artigos 52.2 e 54 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia e artigo 2 da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais. Considerando que de acordo co disposto no artigo 70.14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, correspóndelle ó Pleno a adquisición de bens e toda transacción sobre os mesmos, así como o seu alleamento e calquera outro acto de disposición, o Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: 1. O cambio de titularidade da estrada provincial 1310 “Rúa Ramón Bares” na súa total lonxitude- 900 metros- a favor do concello de Bueu. A estrada incorporarase á relación de estradas de titularidade do concello de Bueu como sinala o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de Estradas de Galicia. Correspóndelle ó concello de Bueu, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía; así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova administración titular da estrada. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura da acta de entrega que con tal fin se elabore. 7.5729.- CAMBIO DE TITULARIDADE E POSTERIOR ENTREGA Ó CONCELLO DE DOZÓN DUN TRAMO DA ESTRADA PROVINCIAL 6101, VIDUEIRO-AMEDO Sr. Presidente.- Punto número 7. Cambio de titularidade e posterior entrega ó concello de Dozón dun tramo da estrada provincial 6101, Vidueiro-Amedo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o escrito remitido dende o concello de Dozón -que tivo entrada no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra o 4 de agosto de 2008- a través do cal solicita á Deputación Provincial de Pontevedra o cambio de titularidade e posterior entrega dun tramo da estrada provincial 6101 Vidueiro- Amedo, á altura do p.k. 5+000. Visto o informe emitido o 7 de agosto de 2008 polo Director de Infraestruturas favorable ó cambio de titularidade solicitado polo concello de Dozón xa que, unha vez xirada visita de inspección ó vial de referencia, puídose comprobar como a cesión solicitada afecta a un tramo antigo da citada estrada provincial na que se realizou unha variante de trazado e que é susceptible de ser transferido por non dar continuidade ó itinerario actual do vial provincial 6101, notas todas elas que aconsellan o cambio de titularidade a favor do concello de Dozón de acordo co disposto nos artigos 54 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia e 2 da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais. Considerando que de acordo co disposto no artigo 70.14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, correspóndelle ó Pleno a adquisición de bens e toda transacción sobre os mesmos, así como o seu alleamento e calquera outro acto de disposición, o Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: 1. O cambio de titularidade a favor do concello de Dozón do tramo da estrada provincial 6101 Vidueiro-Amedo comprendido entre o p.k 5+000 e o 5+050. Dito tramo de estrada incorporarase á relación de estradas de titularidade do concello de Dozón como sinala o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de Estradas de Galicia. Correspóndelle ó concello de Dozón, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía; así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova administración titular da estrada. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura da acta de entrega que con tal fin se elabore. 8.5730.- CAMBIO DE TITULARIDADE E POSTERIOR ENTREGA Ó CONCELLO DE BARRO DE VARIOS TRAMOS DE ESTRADAS PROVINCIAIS Sr. Presidente.- Punto número 8. Tamén cambio de titularidade e posterior entrega ó concello de Barro de varios tramos de estradas provinciais. Aquí neste caso son tres, que é o enlace coa N-550, estrada provincial PO-2026 no lugar de Porráns, tamén no mesmo enlace coa N-550, estrada provincial 9407, no Carballal, e tamén a estrada provincial 0506, tamén no propio enlace N-550, que se transfiren estes tramos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o escrito remitido dende o concello de Barro -que tivo entrada no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra o 28 de xullo de 2008- a través do cal solicita á Deputación Provincial de Pontevedra o cambio de titularidade e posterior entrega das seguintes estradas: 1.- Tramo da estrada provincial PO-226, preto do enlace coa N-550, lugar de Porráns. 2.- Tramo da EP-9407, preto do enlace coa N-550, no Carballal. 3.- Tramo da EP-0506, preto do enlace coa N-550 (Casa Florita). Visto o informe emitido o 7 de agosto de 2008 polo Director de Infraestruturas favorable ó cambio de titularidade solicitado polo concello de Barro xa que, unha vez xirada visita de inspección ós viais de referencia, pódese comprobar como a cesión solicitada afecta a tramos antigos de estradas provinciais nos que se realizaron variantes de trazado e que unicamente dan servizo ás propiedades lindantes e ademais, desta forma, o concello de Barro podería garantir o seu mantemento e levar un control máis directo para evitar posibles ocupacións indebidas do dominio público, notas todas elas que aconsellan o cambio de titularidade a favor do concello de Barro de acordo co disposto nos artigos 54 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia e 2 da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais. Considerando que de acordo co disposto no artigo 70.14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, correspóndelle ó Pleno a adquisición de bens e toda transacción sobre os mesmos, así como o seu alleamento e calquera outro acto de disposición, o Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: 1. O cambio de titularidade a favor do concello de Barro dos seguintes tramos de estradas provinciais: - Tramo da estrada provincial PO-226, preto do enlace coa N-550, lugar de Porráns. - Tramo da EP-9407, preto do enlace coa N-550, no Carballal. - Tramo da EP-0506, preto do enlace coa N-550 (Casa Florita). Ditos tramos de estradas incorporaranse á relación de estradas de titularidade do concello de Barro como sinala o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de Estradas de Galicia. Correspóndelle ó concello de Barro, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía; así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova administración titular da estrada. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura da acta de entrega que con tal fin se elabore. 9.5731.- APROBACIÓN DO ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA OBRA “ACCESO OESTE A MONTECELO. TRAMO I: PO-223 Á AVDA. DE BOS AIRES”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DESTE Sr. Presidente.- Punto número 9. Aprobación do estudo de impacto ambiental da obra “Acceso oeste a Montecelo, tramo I da PO, carretera provincial, 203”, así como a exposición pública deste. D. Xosé Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, trátase da aprobación do estudo de impacto ambiental desta obra de acceso oeste a Montecelo, e aquí hai que corrixir na orde do día, hai que corrixir aquí, porque se produciu un erro administrativo, o tramo II, é dicir, o que se vai aprobar é o estudo do impacto ambiental do tramo I e o tramo II que é un anaco pequerrechiño, aproximadamente uns 300 metros estámolo facendo, entón virá probablemente ó seguinte Pleno. Como digo son aproximadamente uns 300 metros e no Pleno ordinario do mes de setembro con case total seguridade xa o teremos. Están traballando os servizos para poñelo en marcha, obviamente sabedes que isto veu motivado porque fixemos un concurso xeral de proxecto e obra, co cal había que facelo da forma que había que facelo, pero o impacto ambiental, que podía estar tramitado todo xunto, falta este tramo. En todo caso con respecto á Consellería pois levará a diferenza esa de quince días que tampouco non debe ser causa importante ningunha. Polo tanto sería aprobar o tramo I e deixar o tramo II pendente como digo para o próximo Pleno. Sr. Presidente.- Si, bueno, engadir que este tramo II a previsión tal e como figura ademais no convenio estaría para licitar, que por iso evidentemente non está metido aquí, para o ano 2009, por iso que en principio non hai ningún tipo de variación máis que poder levalo xa incluso canto antes, tamén porque así xa están os dous e van un acompañado doutro. ¿Algunha intervención?. Pois senón hai intervencións procedemos á votación do mesmo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto "Acceso oeste a Montecelo. Tramo I: PO-223 á Avda. de Bos Aires. Tramo II: PO-223 Porta do Sol N-550 Avda. Médico Ballina", que está dotado dun orzamento de 4.773.140,98 euros para o primeiro tramo e de 1.000.000,00 euros para o segundo, foi aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación Provincial o 30 de novembro de 2007. A posta en marcha deste acceso, que leva consigo a execución dun vial no que é necesaria a construción dunha nova ponte sobre o río Lérez e a urxencia da cal fora manifestada polo concello de Pontevedra, requiriu a cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra ó exceder a súa execución as posibilidades municipais, para o cal se articulou un convenio de colaboración aprobado polas respectivas Corporacións, sendo incluída a devandita obra dentro de plan de vías provinciais -período 2007/2011-. O proxecto ten por obxecto definir as obras necesarias para habilitar un acceso ó complexo hospitalario de Montecelo de maneira que se evite a conxestión actual dos viais existentes e se estruture un complemento á rede viaria da cidade de Pontevedra, xa que existen movementos nos itinerarios dos cales é necesario optimizar. Tendo en conta que a localización da nova ponte está incluída na Rede Natura como Lugar de Interese Comunitario, redactouse -por parte da empresa adxudicataria das obras tal e como constaba no prego de condicións- un estudo de impacto ambiental (que foi supervisado por técnicos desta Administración) e que é conforme coa normativa comunitaria, estatal e autonómica aplicable Directiva 92/43/CEE, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, a Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real Decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, Lei 9/2001, de Conservación da Natureza, a Lei 1/1995, de Protección Ambiental de Galicia e os Decretos 442/1990 do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, e 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia-. A finalidade do devandito estudo é a realización dunha avaliación de impacto ambiental que recolla a influencia do futuro proxecto sobre o medio (flora, fauna, xeoloxía, infraestruturas existentes, medio social, patrimonio cultural, etc.), co fin de establecer as medidas correctoras, protectoras ou conservadoras que procedan co fin de compatibilizar a futura infraestrutura co medio. Así mesmo o estudo analiza o procedemento construtivo ó obxecto de garantir que o mesmo non afecte de forma negativa ó medio ambiente. En consecuencia e ó obxecto de continuar a tramitación administrativa xerada polo proxecto de referencia, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: 1. Aprobar o estudo de impacto ambiental da obra "ACCESO OESTE A MONTECELO. TRAMO I: PO-223 Á AVDA. DE BOS AIRES.” 2. Someter o devandito estudo de impacto ambiental ó trámite de información pública, durante 30 días hábiles, logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia. 10.5732.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE POLÍTICAS DE AUSTERIDADE NAS CORPORACIÓNS LOCAIS Sr. Presidente.- Punto número 10. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre políticas de austeridade nas Corporacións Locais. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días. O Grupo Provincial do Partido Popular presenta a este Pleno unha moción onde consideramos que debido á situación económica de crise que se está vivindo neste país pois as institucións, os entes públicos debemos de ser sensibles e sobre todo adoptar medidas para que poidamos entre todos axudar a paliar esta situación, e, loxicamente, este é o momento, porque estamos na elaboración ou confección de presupostos e de políticas de cara ó próximo ano 2009. Nós entendemos que debemos de cumprir unha serie de requisitos, unha serie de requisitos que xa en moitas institucións se están tomando eses acordos e que loxicamente dende esta Corporación pois debemos recomendar e por suposto creo que nós tamén levar a cabo á hora da elaboración dos nosos presupostos. E hai unha serie de medidas ou criterios que nós intentamos resaltar nesta moción para que loxicamente pois sirvan de cumprimento á hora de tomar estas decisións. Vou a resumir en seis apartados pois as recomendacións destes cumprimentos, que sería, primeiro, a conxelación de todos os soldos dos cargos públicos, alcaldes, concelleiros e asesores; así mesmo a consideración das retribucións en concepto de dietas e asistencias a órganos colexiados, así como tamén das asignacións para o funcionamento dos grupos municipais. Segundo, redución dos gastos de protocolo e representación. Terceiro, a elaboración dun plan de axuste do gasto corrente co obxectivo de canto menos conxelar o importe destes capítulos e co horizonte xa de acadar ata un 10% de aforro, para iso farase un especial fincapé na redución de gastos de materiais, subministros, consumibles, etc. Cuarto, presupostación dos ingresos baixo os criterios de máximo rigor e prudencia, realizando un seguimento constante da súa evolución ó longo do exercicio para poder adaptarte ás previsións e á realidade de feito permanente. O presuposto de gastos non medrará por riba do incremento que rexistre o PIB nominal, en todo caso calquera variación das previsións dos ingresos esixirá a inmediata adopción dos correspondentes axustes no orzamento de gastos. Quinto, revisión da necesidade e oportunidade das liñas de subvención previstas, realizando os axustes que sexan viables. En ningún caso se recortarán subvencións de carácter social nin aquelas que incentiven de xeito directo a actividade económica. Nos restantes casos considerarase o importe das subvencións de gasto corrente ou no seu defecto minoraranse na mesma porcentaxe na que teñan diminuído os ingresos correntes con que estas se poidan estar financiando. E sexto, non se recortarán en ningún caso as partidas orzamentarias destinadas a atender gastos sociais. Estas son as propostas que nós facemos para que se leven e se cumpran nos presupostos, nos orzamentos para o ano 2009. Nos parece que como institucións públicas debemos dar exemplo e este exemplo loxicamente debemos trasladalo á cidadanía para que esta tamén teña pois a confianza suficiente para que debido ás dificultades que cada un poida pasar particularmente, tanto a nivel individual como colectivo, empresarial, pois evidentemente entre todos poñamos o noso gran de area para, bueno, pois esta situación que esperemos que sexa o máis curta posible, pois podamos todos aportar, volvo a repetir, o noso gran de area, a nosa participación para saír canto antes da situación económica, da situación de crise que estamos a vivir. Estas son as propostas que facemos e que poñemos a votación deste Pleno. Sr. Presidente.- Bueno, ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Está claro que as vacacións non lle sentaron ben a esta maquinaria administrativa e de confianza da Deputación, porque se no punto anterior case aprobamos un estudo de impacto ambiental que non existía, e afortunadamente subsanado, nestes momentos pois estamos nunha situación moi simpática porque nos acaban de pasar unha moción que parece que é a redacción definitiva, polo menos o Sr. Figueroa así a leu, que se refire única e exclusivamente ós grupos municipais, non di nada da Deputación, cando, mire, mire, mire, por todo isto o Grupo Popular do concello de, presenta para a súa aprobación polo Pleno o seguinte acordo, “na elaboración dos tal, conxelación de todos os cargos públicos e demais”, e tal, ou sexa, municipais, única e exclusivamente municipais, cando a que tiñan o outro día, esta se nos trouxo como ocasión definitiva. Parece que non lle sentaron ben, hai certos desaxustes e os recados van un tanto, ou están preocupados por outras cousas. Pero bueno, quitando esta incidencia o que é obvio, incidencia moi significativa, é dicir, que é unha moción circular, que polo tanto é unha tirita para poñer tanto a un cancro como a un rasguño, pois vamos a entrar no fondo da cuestión. É obvio, é obvio, que calquera axente, axente que mova algo na economía, sexa institución, sexa empresa, sexa familia, sexa individuo, reacciona ou debe reaccionar salvo que sexa absolutamente temerario, e estea fóra de lugar e así poder arruinarse ou calquera problema grave, a cal é a coxuntura económica, é obvio. Evidentemente unha institución na medida das súas posibilidades, calquera, ten que facer o mesmo, ten que facer o mesmo. O que non é xa tan obvio é que todo o mundo teña que aplicar a mesma receita, entre outras cousas porque caeríamos en bastantes ridiculeces, ridiculeces bastante serias. Explícome: nunha institución na que o montante total é a asignación individual dos cargos públicos, alcaldes, concelleiros, asesores ou o que sexa, pois, realmente están moi ben pagados pois parece razoable que nunha situación destas o conxelen. Nun concello, por exemplo, no que hai, que os hai na provincia, en que o Alcalde ten, ou Alcaldesa, ten dedicación exclusiva pois 24.000 euros, 26, e hai concellos con exclusiva de 15.000, a verdade é que parece sangrante cando ten se cadra catro funcionarios que cobran o dobre que el. En todo caso é unha cuestión simbólica, política de fondo, nesta Corporación, nesta Institución, por cada punto de subida vai a supoñer uns 15.000 euros, ou sexa, que se a subida por exemplo xeral para os funcionarios é do 3%, supoñamos, axustar as asignacións ó 3% suporía uns 45.000 euros sobre un orzamento de 160 millóns. Ben, é simbólica, vámola aceptar, non hai ningún problema e demais, pero que quede claro que é profundamente simbólica, nada máis que simbólica, nada máis pero é así, profundamente simbólica. A redución dos gastos de protocolo e representación, eu creo que a metade dos concellos da provincia non teñen, ou sexa, difícil vai ser que se lle reduza cando non teñen, debe ser 0, se ten que dar unha chapa o alcalde debe andar por alí buscando, ou a alcaldesa de turno, debe andar buscando por alí a ver se lla regala alguén, unha empresa ou o que queira ou busca por alí, rapuña de onde sexa porque igual tivo unha baixa dun funcionario para buscar 100 euros para un chapa, entón mandarlle a todos os concellos que digan iso pois parece fóra de lugar. Eu vexo a moción, e dígoo porque se vai presentar nos concellos, reaxústena, reaxústena, porque dicirlle que os gastos de materiais, subministros e consumibles non afectan a actividade económica, home, que eu saiba, se non se compran folios pois a librería reséntese e senón se tal, ou sexa, bueno, o que se entende por fomentar a actividade económica pode ter moitisimas lecturas. Remato porque isto tampouco dá especialmente para máis. Si o que nos estamos referindo, e me parece que vostedes aquí se mandan esta moción ós concellos están escorregando seriamente, se o que nos estamos referindo é a esta casa, a esta casa, estamos de acordo, estamos de acordo. Agora recomendarlle a todos os concellos pequenos e grandes, home, que cada un a faga, e volvo ó inicio, faga a súa previsión. Hai concellos que teñen o gasto corrente moi axustado, outros téñeno absolutamente despendolado, depende, hai concellos que teñen as retribucións altísimas, outros téñenas ridículas, entón dependerá de cada sitio, de cada lugar. O que si se podía facer é unha recomendación a todos os concellos, non sei porque hai que facerlla, pero bueno, de que, de que reaccionen como toda institución, individuo, empresa, o que sexa, ante esta situación e elaboren os seus, o seu tipo de intervención de maneira xenerosa. Poño por exemplo, se esta casa, esta casa evidentemente ten, está na situación económica que está, non vamos a entrar a discutila, se esta casa puidera inxectar na economía provincial un plan de 200 millóns de euros probablemente fora moito máis eficaz que todo isto, seguramente fora moito máis eficaz á hora da verdade, pegar un estire e dicir, bueno, vamos a facer un investimento para subir ós concellos e adxudicar obra por 200 millóns de euros. Evidentemente sería infinitamente máis eficaz e todos o sabemos que sería moito máis eficaz. Ben, vostedes optan por esta liña que tal e como está a economía da Deputación e a situación probablemente sexa a máis razoable e por iso vamos a votar, pero vamos a votar para aquí, para esta Deputación e neste asunto concreto, porque o outro pois realmente non ten moito sentido, o que si hai, e creo que si debería saír de aquí e das organizacións políticas, é que cada administración onde haxa incidencia, cada concello, si se estruje o miolo e que vexa como pode reaccionar para activar, para fomentar a economía e para non crear máis estrangules, iso si que é necesario, e en función de como estea cada un, pois que reaccione da mellor maneira que entendan e demais. Agora, estas medidas así, aplicadas en plan xeral para a maioría dos concellos non teñen sentido, incluso poden ser contrarias ó que realmente, en fin, polo tanto repito, si, e así entendemos e o resto vámolo obviar, que se está para os concellos ou non está, se o que se pretende é aplicar a reacción da Deputación para axustar á crise e é esta que está aquí paréceme ben, porque aínda que non o di supoño que, suponse obviamente que vai a liberar fondos para investimentos e para outras cousas, o cal vai a, creo que é unha liña correcta. Polo tanto vamos a votar a favor no entendemento, dicimos de que é, as medidas que este goberno provincial ou esta corporación vai a aplicar para os próximos orzamentos. Se o asunto se pretende que vaia a todos os Concellos aí teríamos que entrar en miles de matices porque, e podíamos sacar exemplos en que sería un dislate, sería un dislate porque non hai nin asignacións a grupos nin hai cargos en exclusiva, nin hai protocolo, non hai nada, ou sexa, non hai nada, é dicirlle ó concello que non faga nada e si tería que facer, aínda que teña poucos recursos si tería que facer algo e debía intentar facelo por outras, polos recursos que teña, polas vías que teña. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, bos días. O Grupo Socialista vai a votar a favor desta iniciativa porque é certo que é unha iniciativa que se está presentando en diferentes institucións, por parte de diferentes grupos tamén, o que si ocorre é que vén diante dunha situación económica como a que estamos vivindo nós entendemos que temos que manifestarnos no que nos atañe que é a Deputación Provincial. É certo que hai un principio que é o principio da autonomía municipal que se dende aquí xa lle estamos dicindo ós concellos que teñen que facer isto ou o outro, pois un pouco nos estamos inmiscuindo na vida propia de cada concello, polo tanto nós si votamos a favor pero solicitaríamos do Grupo Popular que alá en cada concello cada concello sexa quen de facer o que crea conveniente, pero non que se lle indique dende aquí. E outra recomendación que si faríamos tamén é que tendo en conta o acordo que estamos adoptando agora mesmo e de cara ó ano 2009 queda un trimestre aínda e probablemente haxa cuestións que no próximo expediente de modificación de crédito para este trimestre que queda podamos incorporar dende xa, polo tanto é unha recomendación que lle faríamos ó Grupo Popular, dúas concretamente, unha que sexa un acordo da Deputación para a Deputación, e despois cada concello que se defina no que crea conveniente; e segunda cuestión, é dicir, queda un trimestre, pode facerse unha modificación de crédito e alí no que sexa posible adaptalo este acordo non só para 2009 senón para o último trimestre deste ano. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Eu creo que no fondo do tema estamos todos de acordo. Nós cando plantexamos esta moción que é unha moción que dende o noso partido evidentemente a estudamos e se tomou esa decisión de presentala en todas as institucións, como non pode ser doutra maneira, é dicir, non hai nada malo, todo ó contrario, é dicir, é unha liña política marcada polo noso partido, fixémola co espírito evidentemente de que cada un o adaptase ás súas circunstancias, agora o que non vamos a poñer aquí é as circunstancias de cada un, claro que coincidimos todos, hai concellos que teñen unhas características, outros teñen outras, e evidentemente este está dentro dese espírito, o espírito é que nesta casa se leve a cabo, evidentemente, e que a partir de aí, pois se vostedes queren entender que sexa unha recomendación e que cada un o adapte ás súas circunstancias, pois evidentemente que ese é o espírito, non vamos todos, ata aí chegamos, que os 62 concellos cada un ten as súas características, uns están mellor, outros peor, outros cobran, outros non cobran, outros cobran dietas, outros cobran soldos altos outros menos altos, bueno, pois eu creo que a situación é un espírito de recomendación a todos e evidentemente de implantación nesta casa, eu creo que polo tanto vamos a aceptar esas suxerencias dentro desa filosofía polo que se plantexou esta moción. Sr. Presidente.- Entón queda en principio aprobada tendo en conta ese comentario que facían os dous grupos en relación á escrita, á propia Corporación Provincial. ¿Estamos de acordo entón co tema de que sexa a Corporación Provincial?, e recomendación, evidentemente trasladable ós concellos, cada un evidentemente ten a súa propia autonomía e polo tanto ese sería o contido da mesma. Polo tanto ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, o Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre políticas de austeridade nas Corporacións Locais. Dita Moción é como segue: “O Grupo Provincial do Partido Popular, ó amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Provincial esta Moción, con base nos motivos e consideracións desenvolvidas na seguinte Exposición de motivos: Galicia padece unha situación de crise económica caracterizada por unha caída moi rápida do crecemento económico. En só 9 meses pasamos de crecer cerca dun 4% a practicamente a metade: o 2,4%. Ó frearse a actividade económica aumentan o número de despidos e diminúen as contratacións. A maior perda de benestar para as familias provén da perda dun soldo, que en ningún caso se compensa co seguro de desemprego. E nestes últimos 12 meses en Galicia o número de parados aumentou en case 13.000 persoas. Así mesmo, a calidade de vida de moitas familias galegas empeorou considerablemente nos últimos anos, debido á suba –case continua desde finais de 2005- dos tipos de interese das hipotecas, a suba dos alimentos de primeira necesidade, e doutros produtos básicos como a electricidade ou o petróleo. Ante esta situación de crise económica, as entidades locais, como administración máis cercana ó cidadán, non poden recortar os gastos sociais, pero si poden aplicar medidas de aforro e austeridade nas partidas orzamentarias relativas ós soldos e dietas dos cargos públicos, ós gastos correntes, así como axustar e revisar a oportunidade das liñas de subvención aprobadas nestes últimos anos. Por todo isto, o Grupo Provincial do Partido Popular presenta para a súa aprobación polo Pleno, o seguinte acordo: Na elaboración do proxecto de Orzamentos para o exercicio 2009 cumpriranse os seguintes criterios: 1. Conxelación de todos os soldos dos cargos públicos da Deputación: deputados e asesores. Así mesmo, conxelación das retribucións en concepto de dietas e asistencias a órganos colexiados, así como das asignacións para o funcionamento dos grupos provinciais. 2. Redución dos gastos de protocolo e representación. 3. Elaboración dun Plan de Axuste do Gasto Corrente, co obxectivo de, cando menos, conxelar o importe destes capítulos e co horizonte desexable de acadar ata o 10% de aforro, para iso farase un especial fincapé na redución dos gastos de materiais, subministros, consumibles, etc. ... 4. Presupostación dos ingresos baixo os criterios de máximo rigor e prudencia, realizando un seguimento constante da súa evolución ó longo do exercicio, para poder adaptar as previsións á realidade de xeito permanente. O orzamento de gastos non medrará por riba do incremento que rexistre o PIB nominal. En todo caso, calquera variación das previsións dos ingresos esixirá a inmediata adopción dos correspondentes axustes nos orzamentos de gastos. 5. Revisión da necesidade e oportunidade das liñas de subvención previstas, realizando os axustes que sexan viables. En ningún caso se recortarán subvencións de carácter social nin aquelas que incentiven de xeito directo a actividade económica. Nos restantes casos, conxelarase o importe das subvencións de gasto corrente ou, no seu defecto, minoraranse na mesma porcentaxe na que teñan diminuído os ingresos correntes cos que estas se poidan estar financiando. 6. Non se recortarán, en ningún caso, as partidas orzamentarias destinadas a atender gastos sociais.” Este acordo transmitirase ós concellos como recomendación. 11.5733.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE O RECOÑECEMENTO E INCLUSIÓN DO CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA NAS CAMPAÑAS DE DIVULGACIÓN E PROGRAMAS CULTURAIS DA XUNTA DE GALICIA Sr. Presidente.- Punto número 11 da orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre o recoñecemento e inclusión do camiño portugués pola costa nas campañas de divulgación e programas culturais da Xunta de Galicia. Ten a palabra D. Jesús Vázquez Almuiña. Sr. Vázquez Almuiña.- Gracias Presidente. Bos días a todos os Deputados. Dende fai anos hai iniciativas de diferentes asociacións, de asociacións de amigos dos Pazos, concellos, estamentos culturais, que tratan de potenciar diferentes liñas do que é o camiño a Santiago na Ruta Xacobea. Concretamente o que é camiño portugués pola costa empezou a estudarse en profundidade a partir do ano 92 coa asociación do ano Santo de dito ano. Diferentes concellos, entre eles o concello de Oia no ano 2000, unha iniciativa do Deputado Sr. Olmedo, no 2001 o concello de A Guarda, e nestes momentos os concellos integrantes do que é esta ruta do camiño portugués, que na parte española A Guarda, Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Vigo están tratando de levar esta iniciativa que como figura na moción, aínda que traída aquí polo Partido Popular, conta creo co consenso dos diferentes grupos en todos estes concellos. Así queríamos sinalar na exposición de motivos que o vindeiro ano 2010 será declarado Ano Santo de peregrinación xacobea, esta circunstancia como vén sucedendo tradicionalmente terá grande repercusión no incremento de peregrinos por Galicia e no propio incremento de visitantes e turistas á nosa Comunidade Autónoma que neste caso estímase nun 50% máis respecto ó anterior xacobeo do 2004. Neste vindeiro Ano Santo 2010 ó ser o camiño de Santiago un produto turístico, cultural, medioambiental e recreativo, cada vez máis internacional, será unha boa oportunidade para ofrecer a mellor cara de Galicia e proxectar nacional e internacionalmente a súa imaxe dunha comunidade moderna, avanzada e ben dotada de infraestruturas e servizos. Os camiños de Santiago viñeron sendo obxecto nas últimas décadas de evidentes melloras e dotacións e dun importante impulso, tanto dende o punto de vista de promoción e divulgación do patrimonio e dos atractivos das rutas por onde pasan, por ende, como punto de vista da difusión do camiño como vía de peregrinación. Os camiños portugueses a Santiago xogaron tradicionalmente na actualidade un papel moi destacado na ruta xacobea a Compostela. Dentro deles dende fai anos, como dicía antes, os expertos incluíron o camiño portugués pola costa. Esta era a ruta que seguían os peregrinos procedentes das terras máis occidentais de Portugal, nun camiño que está perfectamente documentado, sinalado e identificado, que partindo de Porto enlazaba as vilas mariñeiras de Vila do Conde, Póvoa de Varzim, Esposende, Viana do Castelo, chegando a Caminha atravesaba o río Miño nunha barca coñecida coma do corpo santo precisamente, e se dirixía hacia Camposancos en A Guarda, seguía polo Rosal, pola vía romana “per loca marítima”, que comunicaba A Guarda con Baiona, despois de pasar por Oia continuaba hacia Nigrán e Vigo e chegaba a Redondela, onde se fundía coa ruta do camiño portugués procedente de Tui. Debido pois loxicamente á importancia que a Deputación ten como entidade supramunicipal da provincia de Pontevedra, facendo digamos unha petición por parte dos concellos integrantes, que a Deputación e máis o Pleno poida facer tamén incidencia en que se quere promocionar unha ruta, como dicía anteriormente cultural, pero tamén histórica e turística e que como vimos no punto anterior pode axudar a que unha zona importante do noso territorio pois esta crise económica a poida afrontar de diferente maneira. Por iso pedimos instar dende aquí, dende a Corporación Provincial á Xunta de Galicia, a que o camiño portugués pola costa sexa recoñecido e que se inclúa dentro das campañas de promoción e divulgación, así como nos programas culturais que se poidan realizar dende a institución autonómica. Remitir este acordo á Presidencia da Xunta de Galicia e ás Consellerías de Cultura e Industria e Innovación, así como ás Direccións Xerais de Turismo e de Promoción do Xacobeo. Como dicía anteriormente esta é unha iniciativa do grupo de concellos antes sinalado, onde teñen unha moción similar xa aprobada polos Plenos da Guarda, do Rosal, de Oia, de Baiona, nos próximos días será tamén levado ó Pleno en Nigrán, e tamén será remitido a Vigo para que poida levalo e aprobalo desa forma. Polo tanto, o que pedimos dende aquí representando un pouco eu creo que o sentir de todos estes concellos, é o apoio da Deputación Provincial para chegar a dar a coñecer o noso camiño, esta parte importante do noso patrimonio. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Jesús. ¿Algunha intervención?. D. José Antonio Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- Si, Sr. Presidente, señoras e señores Deputados, bos días. O noso grupo vai a votar a favor desa iniciativa porque consideramos que non debemos levar ningún tipo de contraria con respecto á disposición que se fixo en cada un dos concellos polos que atravesa a ruta. Eu creo que é un tema de consenso como se demostra no senso de que en case todas as corporacións municipais ou en todas diría eu, non contou con ningún voto en contra de ningún dos grupos representados nos distintos concellos. Como ben sinalou o Deputado Sr. Vázquez Almuiña esta é unha iniciativa que vén de lonxe, vén case dende o ano 99-2000, cun estudo previo efectivamente da Asociación Amigos dos Pazos, e que pretende incorporar, creo que non somos os únicos que o estamos facendo neste momento en Galicia, pois unha presunta ou previsible variante do camiño portugués que é o que se considera ruta monacal da costa, que non é exactamente a consideración que se lle dá na moción, a do camiño portugués pola costa en realidade, que como ben se expresa na publicación que fai a Asociación de amigos dos Pazos a denominación que se lle pretende dar é a da ruta monacal da costa. E á parte de estar de acordo en que sería moi importante para o conxunto dos concellos polos que transcorre a ruta do aproveitamento e da promoción que dá a marcha xacobea e concretamente o camiño de Santiago, eu creo que tamén habería que trasladar ós distintos concellos dúas cuestións que ó meu xuízo, ó xuízo do meu grupo son importantes ou relativamente importantes, que son, vamos ir por orde, primeiro, que nalgún dos concellos esta ruta nin sequera está considerada como vial público, co cal eu creo que tiñamos que facer un exercicio nos distintos planeamentos urbanísticos dos concellos e normas subsidiarias, de que esta ruta fose incluída polo menos como vial público, a partir desta primeira consideración eu diría máis, é dicir, temos dous documentos importantes, que nos podían axudar a recoller realmente a totalidade desta ruta, que son o catastro do Marqués de Ensenada e o catastro de 1954-56, que recolle sen ningún tipo de erro realmente o percorrido legal desta ruta. A segunda cuestión, eu creo que se debería ou se podía empezar tamén por firmar algún tipo de convenio ou algún tipo de manifesto coas comunidades de montes polas que discorre esta ruta, porque en principio non supón ningún impedimento que o roteiro que discorre polas comunidades de montes sexa consolidado xa para convertelo tamén nun espazo interurbano. A terceira cuestión, que se podía plantexar é que se erramos na aspiración de que esta variante do camiño portugués se considera oficialmente coma un camiño de peregrinación a Santiago, tampouco estaría demais que o conxunto de concellos polos que discorre esta ruta se plantexase coma un camiño interurbano, coma unha vía interurbana, de paseo ou de sendeirismo. E a cuarta cuestión que plantexamos é que á parte de votar a favor esta iniciativa pensamos que se debe complementar ou implementar un pouquiño máis o expediente que vén a este Pleno. Eu supoño que en datas posteriores teremos algunha documentación máis relativa a por onde discorre esta ruta e polo menos documentalmente. Eu creo que hai que dicir pouco máis con respecto a esta cuestión, que estamos absolutamente de acordo e espero que iso se reflicta tamén no interese da Consellería de Cultura e incluso eu creo que en certa parte da ruta do Ministerio de Medio Ambiente, xa que tamén teremos que contar con eles porque parte da ruta ou gran parte discorre polo dominio marítimo terrestre. Moitas gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. José Antonio Olmedo. Ten a palabra D. Jesús Vázquez Almuiña. Sr. Vázquez Almuiña.- Si, agradecer ó Sr. Olmedo do Grupo Socialista por ese apoio. Creo que si, creo que todo o que comentaba José Antonio estamos niso e loxicamente onte produciuse a primeira reunión efectiva dos alcaldes de todos estes concellos, xa temos documentación importante, que non aportamos aquí pero que a temos presente e que vamos a seguir insistindo. Así mesmo o acordo que tivemos nesa reunión onte, primeiro foi pedir, solicitar unha cita xa á Consellería de Cultura, un pouco para ir avanzando e estamos de acordo que non vai ser un camiño curto nin fácil, pero entendemos que o fundamental é ter interese e como dicía anteriormente o Sr. Olmedo, en todos os concellos isto se aprobou, foi un voto unánime de todos os grupos, polo tanto, creo que si, que merece a pena, creo que é unha aposta importante por poñer en valor a nosa historia e os nosos, todo o que ó longo deste camiño durante séculos se foi construíndo, hai varios hospitais de caridade que estaban aí presentes, o que é a vía en si, que tamén ten eu creo que unha importancia medio ambiental, e o tema do nome que, a verdade é que podemos chegar a acordo sen dúbida, pero os especialistas marcan incluso que as dúas condicións máis importantes que ten este camiño, esta variante, é que é marítima e que é internacional, non, porque á parte da zona do norte de Portugal se dan as condicionantes de que o porto, concretamente o de Baiona, en toda a Idade Media, era un porto importantisimo, comercial con Europa, con toda Europa, e con grande parte de España, de feito que a parte de Andalucía, e a parte occidental de Andalucía, hai constancia dos achazgos que se atoparon nas obras recentes do porto de Baiona, de que o comercio era intenso con todas estas partes. E se aproveitaba os puntos de atraque de embarcacións de toda Europa, como dicía, tamén a parte sur, occidental de España, para enriquecer e chegar a Compostela a través. Entón eu creo que si, que é un tema importante, é unha aposta de todos os concellos por aparecer no mapa, e sinceiramente eu creo que como ruta é unha das rutas máis bonitas, máis agradables por todo o que supón ese cruce entre o, a montaña, esa media montaña que temos na zona e o mar, o Océano Atlántico. Por tanto creo que si, que isto vai ser unha iniciativa que vai ter moito futuro e que vai colaborar a que toda esta zona sexa máis coñecida aínda. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Jesús Vázquez Almuiña pola iniciativa, gracias tamén neste caso a D. José Antonio Olmedo pola súa aportación, e ó mesmo tempo engadir que esta Institución pon a disposición dos concellos pois os servizos desta casa para tamén traballar nese tema, creo que é algo que é necesario aínda agrandar para que sexa realmente efectivo e que poidamos velo coma unha realidade nun tempo relativamente curto. Polo tanto esta casa se pon tamén á disposición para colaborar. Pide a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Só é para anunciar o noso voto favorable. Nada máis. Sr. Presidente.- Pois gracias neste caso ós, si, D. Jesús. Sr. Vázquez Almuiña.- Para agradecer ó Bloque Nacionalista Galego, porque antes o fixen ó Partido Socialista e evidentemente, á parte estivemos conversando o outro día trala Comisión Informativa e creo que todos podemos enriquecer esta moción e incluso animando ós compañeiros de Vigo para que dean un empurrón dende alí, que Vigo non pode quedar fóra, Vigo é a cidade máis importante de Galicia e dentro desta ruta dende logo ten unha importancia fundamental a nivel do que queremos facer, que é esa promoción cultural e histórica de toda a zona. Moitas gracias de verdade a todos os grupos. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Jesús. Pois adiante con esta iniciativa e dende aquí como digo reiteramos a nosa mellor disposición para colaborar. Polo tanto votamos todos os grupos a favor da mesma e non habendo máis asuntos que tratar nesta sesión extraordinaria pois levántase a sesión. Moi bos días e moitas gracias. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cultura o Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre o recoñecemento e inclusión do camiño portugués pola costa nas campañas de divulgación e programas culturais da Xunta de Galicia. Dita moción é como segue: “O Grupo Provincial do Partido Popular (PP) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta Moción relativa ó camiño de peregrinación xacobea, denominado Camiño Portugués, de acordo ás seguintes Exposición de motivos 1.- O vindeiro ano 2010 será declarado Ano Santo de Peregrinación Xacobea. Esta circunstancia, como vén sucedendo tradicionalmente, terá grande repercusión no incremento de peregrinos por Galicia e no propio incremento de visitantes e turistas á nosa Comunidade Autónoma que, neste caso, estímase nun 50% máis respecto ó anterior Ano Xacobeo de 2004. 2.- O vindeiro Ano Santo de 2010, ó ser o Camiño de Santiago un produto turístico, cultural, medioambiental e recreativo cada vez máis internacional, será unha boa oportunidade para ofrecer a mellor cara de Galicia e proxectar, nacional e internacionalmente, a súa imaxe dunha Comunidade moderna, avanzada e ben dotada de infraestruturas e servizos. 3.- Os Camiños de Santiago viñeron sendo obxecto, nas últimas décadas, de evidentes melloras e dotacións, e dun importante impulso tanto dende o punto de vista de promoción e divulgación do Patrimonio e dos atractivos das rutas por onde pasa, como dende o punto de vista da difusión do Camiño como vía de peregrinación. 4.- Os Camiños Portugueses a Santiago xogaron, tradicionalmente e na actualidade, un papel moi destacado na ruta xacobea a Compostela. Dentro deles, dende fai anos, os expertos incluíron o Camiño Portugués pola Costa. Esta era a ruta que seguían os peregrinos procedentes das terras máis occidentais de Portugal, nun Camiño que está perfectamente documentado, sinalado e identificado. Partía dende Porto, enlazaba as vilas mariñeiras de Vila do Conde, Póvoa de Varzim, Esposende e Viana do Castelo, chegaba a Caminha, atravesaba o río Miño en barca e dirixíase hacia Camposancos, en A Guarda, seguía polo Rosal pola vía romana que comunicaba A Guarda con Baiona, despois de pasar por Oia, continuaba hacia Nigrán e Vigo e chegaba a Redondela onde se fundía coa ruta do Camiño Portugués procedente de Tui. Polas anteditas razóns, sometemos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción, para que se adopten os seguintes ACORDOS: 1.- Instar á Xunta de Galicia a que o Camiño Portugués pola Costa sexa recoñecido e que se inclúa dentro das campañas de promoción e divulgación así como nos programas culturais que se poidan realizar dende a institución autonómica. 2.- Remitir este acordo ó Presidente da Xunta de Galicia, ás consellerías de Cultura e Industria e Innovación así como ás Direccións xerais de Turismo e de Promoción do Xacobeo.” E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e cincuenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición