ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Acta de sesión 2015-10-28_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/2.2015-10-28_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2015-10-28_Extraordinaria

  • Data(s) 2015-10-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria de outubro, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 28 de outubro do 2015 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas e vinte minutos do día vinte e oito de outubro do ano dous mil quince, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (Coalición Electoral SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria de outubro, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten a Sra. Deputada Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP) nin o Sr. Deputado Don Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Sra. Presidenta.- Bos días a todas e a todos. Iniciamos a reunión do Pleno extraordinario da Deputación Provincial do día 28 de outubro de 2015. Antes de iniciar a Orde do día do Pleno hai solicitadas catro intervencións por distintos colectivos que van intervir por orden de chegada da súa petición de intervención. Eu teño o nome das persoas que plantexaron que van a intervir, si nalgún caso hai algún cambio, por favor, cando inicien a intervención o comunican. Sr. Figueroa Vila.- Decía que quería comparecer e manifestar a nosa opinión sobre unha cuestión de orden da convocatoria do Pleno extraordinario que se vai a celebrar hoxe, que sería o ordinario do próximo venres e como creo que hai unhas interpretacións distintas coas manifestacións de cada un dos grupos políticos eu quixera pór, manifestar a nosa opinión ó que sucedeu con esta cuestión, é dicir, hai un compañeiro, Santos Héctor que nunha xuntanza da Xerencia de urbanismo en Vigo me fixo, bueno, pois, me comentou a posibilidade de cambiar o Pleno ordinario para extraordinario e, bueno, eu lle dixen que se puxera en contacto co noso voceiro e que se vería se era posible ou non. Ben, iso se cambiou do xoves para o mércores, en calquera cuestión, eu o que quero é que quede claro que pola nosa parte temos dous voceiros e a partir de agora para que non haxa ningún tipo de malos entendidos que se dirixan sempre ós voceiros ou a través da Secretaría, porque claro, a Secretaría tamén entendeu que había unha xunta de voceiros, que non se celebrou tal xunta de voceiros, polo tanto, para que non haxa malas interpretacións eu creo que a partir de agora, pois, se fagan esas manifestacións directamente e así evitamos calquera tipo de dúbida. Sra. Presidenta.- Así se fará Sr. Figueroa. Me parece ademais que a súa intervención é adecuada e así o faremos. En todo caso, eu tamén quero dicir que esto é habitual, ocurriu en moitísimas ocasións, esta misma forma e xeito, pero bueno, agora parece que se esixe a esta Deputación moito máis do que se esixía cando o Presidente era o Sr. Louzán. En todo caso, como creo que vostede o que plantexa é moi razonable, non teña dúbida que atendendo a ese razonamento serio e rigoroso que vostede fai así se fará. Gracias. Finalizado o tempo de intervención dos colectivos que o solicitaron pasamos xa á Orden do día do Pleno da sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria de outubro, do Pleno da Deputación Provincial deste 28 de outubro de 2015. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.6667.- ACTA ANTERIOR Sra. Presidenta.- Na Orde do día, no primeiro punto, aprobación do borrador da Acta anterior sesión ordinaria do día 25 de setembro de 2015. ¿Hai?, pois se non hai observacións a votamos por unanimidade. Queda aprobada por unanimidade. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de setembro de 2015. A) Parte resolutiva: 2.6668.- RENUNCIA Ó CARGO DE DEPUTADO PROVINCIAL PRESENTADA POR DON JESÚS VÁZQUEZ ALMUÍÑA Sra. Presidenta.- Pasando á parte resolutiva do Pleno, no punto 2, renuncia ó cargo de Deputado provincial presentado por Don Jesús Vázquez Almuíña. Tense presentado a súa renuncia por converterse en Conselleiro de Sanidade, de aquí da Deputación, como compañeiro, que foi Deputado de todas e de todos nós, lle damos a noraboa polo seu nombramento como Conselleiro de Sanidade e desexamos que sexa unha, que funcione ben a Consellería e que para el sexa un bo nombramento porque será bo para todas as cidadáns e cidadás si así ocurre. Polo tanto, procedemos a tomar conta desta renuncia do Sr. Jesús Vázquez Almuíña. Dada conta do escrito presentado con data 5 de outubro de 2015 (con rexistro de entrada nº 2015103736) por Don Jesús Vázquez Almuíña, Deputado Provincial polo Partido Popular elixido en representación do Partido Xudicial de Vigo nas eleccións celebradas no ano 2015, polo que renuncia ó cargo de Deputado Provincial. Resultando que a Xunta Electoral de Zona de Vigo proclamou no seu momento Deputados Provinciais suplentes do Partido Xudicial de Vigo en representación do Partido Popular a Don Javier Bas Corugeira, Don Severino Reguera Varela e Don Alberto Valverde Pérez, respectivamente e pola orde indicada. Considerando o disposto nos artigos 9,4 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 73.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 208 da Lei Orgánica 5/1985, de 9 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, así como a Instrución da Xunta Electoral Central de 10 de xullo de 2003. O Pleno toma recoñecemento da renuncia ó cargo de Deputado Provincial presentada por Don Jesús Vázquez Almuíña, remitindo certificación acreditativa do presente acordo á Xunta Electoral Central, con indicación de que a xuízo da Corporación Provincial e á vista da acta da Xunta Electoral de Zona de Vigo corresponde cubrir a vacante a Don Javier Bas Corugeira. 3.6669.- DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE SE ATOPEN PENDENTES DE COBRO NA TESOURERÍA DO CONCELLO DE AGOLADA Sra. Presidenta.- No punto 3. Delegación na Deputación de Pontevedra das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopan pendentes de cobro na Tesourería do concello de Agolada. Se non hai observacións pasamos á votación. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por unanimidade. O Pleno do concello de Agolada na sesión celebrada o día 31 de agosto de 2015 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na tesourería do concello. Considerando o previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime interior, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a delegación, que en materia de xestión de recursos locais efectuou, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, na Deputación Provincial de Pontevedra o concello de Agolada, segundo se detalla: Concello de Agolada: acéptase a delegación efectuada por acordo do Pleno municipal, adoptado na sesión que tivo lugar o 31 de agosto de 2015, nos seguintes termos: aceptar a delegación das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello, asumindo a Deputación Provincial a competencia para ditar os actos correspondentes ás competencias delegadas, incluída a emisión da correspondente providencia de prema, así como os medios de revisión tributarios. 2.- Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación de Pontevedra. O concello deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do concello e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial porá a disposición do concello os medios necesarios para o subministro da colaboración e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. A representación e defensa polos letrados do ORAL-Deputación de Pontevedra nos procesos xudiciais consecuencia do exercicio das facultades delegadas ou encomendadas será gratuíta para as entidades delegantes ou encomendantes. Os gastos de procurador, cando fora necesario, serán asumidos polo ORAL- Deputación de Pontevedra. O importe da condena en costas das partes contrarias nun proceso constituirán un ingreso na Tesourería da Deputación de Pontevedra-ORAL. En caso de condena en costas do ORAL- Deputación de Pontevedra, o importe da minuta será asumida pola Deputación salvo que a condena en costas fose consecuencia de sentenza desfavorable que teña a súa orixe en trámites, accións ou omisións causadas pola entidade delegante ou encomendante, suposto no que será asumido por dita entidade. As delegacións sométense ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/1992, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 31/10/2014, na Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, á normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3.- Facultar á Sra. Presidenta para que formalice o correspondente convenio co concello así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Agolada publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. 4.6670.- DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE SE ATOPEN PENDENTES DE COBRO NA TESOURERÍA DO CONCELLO DE DOZÓN Sra. Presidenta.- No punto 5, revogación, ah, si, perdón, 4. Delegación na Deputación de Pontevedra das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello de Dozón. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por unanimidade. O Pleno do concello de Dozón na sesión celebrada o día 31 de agosto de 2015 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na tesourería do concello. Considerando o previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime interior, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, na Deputación Provincial de Pontevedra o concello de Dozón, segundo se detalla: Concello de Dozón: acéptase a delegación efectuada por acordo do Pleno municipal, adoptado na sesión que tivo lugar o 31 de agosto de 2015, nos seguintes termos: aceptar a delegación das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello, asumindo a Deputación Provincial a competencia para ditar os actos correspondentes ás competencias delegadas, incluída a emisión da correspondente providencia de prema, así como os medios de revisión tributarios. 2.- Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación de Pontevedra. O concello deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do concello e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial porá a disposición do concello os medios necesarios para o subministro da colaboración e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. A representación e defensa polos letrados do ORAL-Deputación de Pontevedra nos procesos xudiciais consecuencia do exercicio das facultades delegadas ou encomendadas será gratuíta para as entidades delegantes ou encomendantes. Os gastos de procurador, cando fora necesario, serán asumidos polo ORAL- Deputación de Pontevedra. O importe da condena en costas das partes contrarias nun proceso constituirán un ingreso na Tesourería da Deputación de Pontevedra-ORAL. En caso de condena en costas do ORAL- Deputación de Pontevedra, o importe da minuta será asumida pola Deputación salvo que a condena en costas fose consecuencia de sentenza desfavorable que teña a súa orixe en trámites, accións ou omisións causadas pola entidade delegante ou encomendante, suposto no que será asumido por dita entidade. As delegacións sométense ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/1992, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 31/10/2014, a Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, á normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3.- Facultar á Sra. Presidenta para que formalice o correspondente convenio co concello así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Dozón publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. 5.6671.- REVOGACIÓN DA DELEGACIÓN DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES (IBI) E DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA (IIVTNU) DO CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO Sra. Presidenta.- Agora si, punto 5. Revogación da delegación do imposto sobre bens inmobles (IBI) e do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de naturaleza urbana do concello de Cangas de Morrazo. Neste punto lles informo que se retira da Orde do día pola Presidenta, xa que así o solicitou, según o procedemento legal establecido, o Alcalde de Cangas. Simplemente é informarlles de que se retira este punto da Orde do día. Retírase da orde do día asunto relativo á revogación da delegación do imposto sobre bens inmobles (IBI) e do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU) do concello de Cangas do Morrazo. 6.6672.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) RELATIVA Á REGULARIZACIÓN DA FISCALIDADE DAS PENSIÓNS DOS EMIGRANTES RETORNADOS Sra. Presidenta.- No punto 6, pasamos xa ás mocións. Moción do Grupo Provincial Socialista PSdeG-PSOE relativa á regularización da fiscalidade das pensións dos emigrantes retornados. Para a súa defensa ten a palabra o Sr. González Pérez. Sr. González Pérez.- Bueno, bos días a todos e a todas. Xa escoitamos hoxe á portavoz das Plataformas dos emigrantes retornados, á portavoz das familias de emigrantes retornados e, como ela dicía, tampouco xa é a primeira vez que as escoitamos porque, de feito, levan tres anos loitando contra as administracións, sobre todo contra a administración do Estado, levan tres anos loitando nos Tribunales e levan tres anos loitando na rúa. E, e todos sabemos perfectamente que non se trata nin de defraudadores nin de especuladores, como tamén ela dicía. Creo que ninguén, ninguén dos que estamos aquí, ninguén pode pór en dúbida que quen emigrou e quen aínda hoxe emigra o fixo, o fai porque na súa terra non tuvo a oportunidade nin laboral nin económica para sacar as súas familias adiante. É de todos coñecida a labor e a importancia que supuxo a emigración no Estado español, por suposto, pero en Galicia, neste caso, os que estamos na Deputación de Pontevedra na provincia de Pontevedra. Non só foron quen de que as súas remesas de cartos serviran para desenvolver a un pobo con gravísimos problemas económicos senón que tamén foron fundamentales na introdución de novas ideas, de progreso e de modernidade e na creación da Galicia e da Pontevedra que hoxe disfrutamos e, xa non digamos, da importancia nas inversións e na modernización da educación en Galicia no século pasado. A emigración, os emigrantes son un dos maiores activos que posúe e que posee Galicia e Pontevedra, por suposto, e así debemos recoñecelos. Nos últimos anos o Goberno do Estado leva tomando medidas, entre comillas, podemos dicir pouco afortunadas pero a verdade é que podíamos dicir absolutamente desafortunadas en relación cos nosos emigrantes, e cremos que xa é hora de que nos deixemos de remendos e de aí a proposta desta moción que creo que é contundente e que é clara e que paso a ler a moción en si, non a exposición de motivos senón os puntos que vamos a tratar. A moción di que o Grupo Provincial do Partido Socialista propón para a súa aprobación a seguinte moción: “Punto 1, que se realice unha equiparación das condicións fiscais para o colectivo de emigrantes xubilados retornados coa das persoas xubiladas nacionais poñendo en marcha unha fiscalidade propia para pensións do estranxeiro. Punto 2, que se anule a retroactividade do IRPF e se proceda á devolución das cantidades aboadas polo colectivo de pensionistas retornados períodos 2008-2012 por descoñecemento por parte deste colectivo da obriga de tributación das pensións do estranxeiro e empecen a tributar dende o ano que tiveron a información que foi no ano 2013. Punto 3, que a Axencia Tributaria devolva a totalidade do cobrado en materia de sancións, recargos e intereses, realizando de oficio todas aquelas devolucións que non fosen tramitadas ó finalizar o prazo establecido. Punto 4, que se realice unha campaña informativa por parte da Axencia Tributaria sobre a regularización destas rendas e a condonación das sancións, recargos e xuros de demora xa pagados. Esta campaña debe servir, tamén, para reparar o dano moral causado ó colectivo de emigrantes retornados. Punto 5º, que se aplique o convenio hispano-alemán finalizado o 31 de decembro de 2012, aceptando as sentenzas do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia nas que se recoñece a non tributación das pensións de Alemaña ata o 31 de decembro de 2012 e, proceder á devolución de oficio das cantidades ingresadas en concepto de IRPF dende o ano 2008 ata o 2012. Punto 6º, que se acepten as sentenzas do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia recoñecendo a non tributación das pensións percibidas por incapacidades absolutas do estranxeiro, que se manteñan os graos de incapacidade e se proceda á devolución de oficio das cantidades ingresadas en concepto de IRPF. No último punto, punto 7º, que se actúe de oficio coas incapacidades recoñecidas polos distintos países, manténdose os graos xa determinados no estranxeiro. Claro, me gustaría, nos gustaría a todos os emigrantes pero tamén a todos nós que fora aprobada esta moción por unanimidade, e creo que así debería ser. Pero tamén é certo, como dixo a portavoz das persoas emigradas, é que é pouco lóxico que se apoien estas mocións en concellos, que se apoien estas mocións en diputacións, incluso no Parlamento de Galicia e que despois eses mesmos grupos que as apoian lle dean a espalda no Parlamento español ou no Goberno de España e tamén é certo que temos unha oportunidade única de cambiar as cousas porque o vinte de decembro hai eleccións xerais e, por suposto, que non teño ningunha dúbida que o novo Presidente do Goberno, será o socialista Pedro Sánchez, tomará as decisións necesarias e inmediatas para que os emigrantes non sigan sendo nin perseguidos nin criminalizados. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. ¿Grupos que queiran intervir? Sr. Jácome Enríquez.- Bo día a todas e a todos e unicamente expresar que facemos nós a intervención da representante dos emigrantes retornados e, por suposto, dende a coalición SON, apoiaremos os acordos contidos nesta moción. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Ten a palabra agora o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta, bos días a todos e a todas. Este asunto foi tratado aquí xa no seu momento e foi aprobado por unanimidade, co cal agardo que neste caso se repita, vamos, a votación, sen entrar en matices sobre, se é adaptar fiscalidade ou se hai que cambiar a lei ou o que sexa, que son cousas técnicas que creo que non nos corresponden aquí, o que si quería deixar claro é que, bueno, nós presentamos unha moción aquí, defendémola no Parlamento galego e defendemos o mesmo no Parlamento do Estado, exactamente o mesmo, porque parece que sobrevoa aquí unha certa, ¿non?, diferencia de criterio, pode ser que a teñamos noutras cousas, en concreto nesta non, en ningún momento e con ningún matiz. E dito isto pois non creo que sexa cuestión de repetir a inxustiza, ¿non?, e a falcatruada que se está cometendo coa fiscalidade das pensións percibidas de estados estranxeiros e, polo tanto, vamos a votar a favor, de feito, a moción que viñera aquí hai moitos meses, pois, e fora a proposta nosa, máis ou menos está vai na mesma liña, por desgraza hai que seguir nesta batalla, e seguiremos, desde logo nós vamos a manter a posición e vámola a levar a todos os sitios nos que poidamos facer oír a nosa voz e aquí, en concreto, vamos a votar a favor nesta ocasión. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Sra. Muñoz ten a palabra. Sra. Muñoz Fonteriz.- Moitas grazas Presidenta, bos días a todos. Quero saudar tamén moi especialmente ós representantes dos emigrantes retornados que están hoxe aquí, e cos que tiven a oportunidade de estar en bastantes ocasións nestes últimos anos, e eu quero dicir que, en primeiro lugar, que, bueno, eu creo que o Deputado socialista ó final lle traicionou o inconsciente e o que me temo é que unha vez máis esta situación que é unha situación, dende logo, que nós dende o primeiro momento recoñecemos e traballamos para solucionala, para nós é un problema de persoas non un problema de votos e non vamos a utilizar esa situación como unha oportunidade política en ningún caso, o que vamos é traballar para solucionalo. En calquera caso tiveron oito anos de goberno de España, oito anos nos que non modificaron unha lei que precisamente é a que está neste momento traendo como consecuencia esta situación, polo tanto, desperdiciaron oitos anos e non fixeron vostedes absolutamente nada. Pero nós si que estamos pensando na problemática que teñen realmente os emigrantes retornados, desde o primeiro momento no que se dirixiron ó Partido Popular se lles escoitou e se escoitou a súa problemática, porque ademais esa problemática é en Galicia moito peor que en calquera outro sitio de España, porque para nós os emigrantes retornados significan moito e fixeron moito pola nosa comunidade autónoma. Se foron fóra da nosa terra para traballar fóra con moito esforzo e con moito traballo e agora voltan tamén seguindo aportando para todos nós e, polo tanto, creíamos que era necesario, primeiro, escoitar esa problemática e eses problemas que estaban tendo e tamén, despois, non só escoitar e falar e levar mocións e levar propostas senón tamén traballar para intentar solucionalas. Nesas reunións e neses contactos que tiveron todos os representantes do Partido Popular con estas plataformas, dende logo, se nos trasladou, primeiro, primeiro unha cuestión que era incluso máis sentimental que económica, e que era, non querían ser tratados en ningún caso como defraudadores, porque eles descoñecían que tiñan, a gran maioría deles descoñecían que tiñan que cumprir esas obrigas, descoñecían que tiñan, que a lei ditaminaba o que ditaminaba e, polo tanto, non quixeron incumprir en ningún caso e non poderían ser tratados como defraudadores e, polo tanto, non ser multados nin sancionados por esta cuestión, digo, esta era unha das cuestións. A segunda cuestión, era o problema do Convenio con Alemania, efectivamente, as sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia lles estaban dando a razón e era lóxico que pediran que a Axencia Tributaria Estatal actuara en consecuencia. En terceiro lugar, o problema das incapacidades, do recoñecemento das incapacidades. Como dicía, dende o primeiro momento escoitando esas demandas que nos parecían lóxicas e nos parecían, dende logo, razonables nos puxemos a traballar, a traballar, que é o que adoita facer o Partido Popular. E, en primeiro lugar, trasladando ó Goberno de España porque non é unha competencia da comunidade autónoma de Galicia, precisamente este tema, trasladando ó Goberno de España esa problemática, e foi grazas ó traballo do Goberno de España e do Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia que se conseguiu que o Goberno de España modificara unha lei, nunha modificación dunha lei que é algo absolutamente insólito na nosa normativa, que se faga unha modificación dunha lei para eliminar sancións, recargos e intereses de demora. Polo tanto, algo si que se conseguiu, todavía hai que traballar moito pero eu penso que non se pode, que non se pode dicir que non conseguimos nada, conseguimos algo moi importante e algo que non se tiña conseguido nunca, é que se condonaran os recargos e intereses e as sancións e os intereses de demora, e que afectaron a 32.414 persoas en toda España que solicitaron esas devolucións e que, en concreto en Galicia, se atenderon a 11.228 emigrantes que solicitaron esas devolucións e a todos eles se lles están devolvendo esas cantidades que pagaron e que nós entendemos que estaban pagadas absolutamente indebidamente, e estamos falando xa de devoltos pola Axencia Tributaria Estatal, 13.000.000€. Polo tanto, se está traballando, se traballou nese sentido e recoñecerá Sr. Deputado que iso, polo menos, si que se conseguiu, suficiente non, para nós tampouco é suficiente porque seguen habendo cousas que hai que modificar e seguiremos traballando. En primeiro lugar, polas pensións recibidas no estranxeiro procedentes de Alemaña, se trasladou ó propio Goberno do Estado e á propia Axencia Tributaria Estatal que non parecía lóxico que despois de ter sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia se seguiran practicando liquidacións, e se lle está pedindo, e se insistirá en pedilo, que non se practiquen novas liquidacións que se revoquen as sancións impostas e que se devolvan as cantidades liquidadas e ingresadas por estes emigrantes retornados. E tamén, outra cuestión que, evidentemente, nós pensamos que está pendente de resolver e que é o tema das incapacidades. É verdade que se firmou un convenio para facilitar ós emigrantes retornados, entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria e o Instituto Nacional da Seguridade Social, para facilitar eses trámites de recoñecemento de incapacidade, é verdade tamén, que se reforzou por parte da Xunta de Galicia o persoal que está destinado á declaración das incapacidades, co que se estima baixar un 85% os expedientes que neste momento están pendentes, pero é verdade que todavía hai cousas que solucionar e hai pasos que seguir dando. Dende logo nós pensamos que hai que traballar para seguir resolvendo estes temas que todavía están pendentes e así o seguiremos dicindo ó Goberno de España. Como digo, se conseguiron cousas pero hai que seguir traballando, porque estamos a favor das persoas e porque estamos a favor da situación deste colectivo, por iso traballamos nestes últimos anos e por iso seguiremos traballando e, dende logo, vamos a apoiar a moción que hoxe se presenta neste Pleno, pero indo máis alá, máis aló, eu creo que temos que ir todos de acordo coas nosas responsabilidades de presentar ou apoiar ou non mocións. Temos que seguir traballando para que a este colectivo se lle recoñezan todavía as cousas que están pendentes. Dende logo, dende o Grupo Popular e dende o Partido Popular seguiremos traballando e apoiándoos. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Prégolle ós Sres. Deputados que intenten circunscribirse ós cinco minutos que pactáramos por intervención, aínda que vou ser flexible intenten … Sr. González ten a palabra. Sr. González Pérez.- Nada, para rematar, simplemente creo que non só os emigrantes retornados senón que xa a maioría da población, e así nolo fai saber a cada un de nós, esta farta de “y tu más”, creo que xa non fai falta que volvamos a falar “y tu más, la culpa es tuya, la culpa es mía y la culpa la tuviste tú antes y yo la tengo después”. Aquí o compromiso é aprobar non só esta moción, por unanimidade neste Pleno, que parece ser que así vai a ser, ¿non?, polo que dixeron os portavoces, senón que nos comprometamos todos e cada un de nós dende a responsabilidade política que temos, ou que teremos, ou que vaiamos a ter, de recompoñer esta situación de inxusticia e que se resolva da forma máis inmediata posible. Repito, eu creo que dentro de dous meses hai unha gran oportunidade política para facelo. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. En todo caso eu non vou ter a costumbre de pechar os debates, aínda que a Presidenta ten esa potestade, pero neste caso é que como eu fun Deputada da provincia de Pontevedra, Secretaria segunda da Mesa do Congreso, ata fai moi pouco tempo, vivín en primeira liña os debates sobre todas as demandas que fan os emigrantes retornados. E eu quero recordar que si que había unha lei, é certo Sra. Muñoz, que a había, pero nunca se aplicou, porque era unha lei inxusta, e como era unha lei inxusta nunca se aplicou, se comenzou a aplicar co Goberno do Presidente do Goberno de España, o Sr. Rajoy. Houbo que ter moitos, moitísimos debates, porque presentou iniciativas o Bloque Nacionalista Galego no Congreso e no Senado, o Partido Socialista no Congreso e no Senado, Esquerda Unida no Congreso e no Senado, os grupos nacionalistas PNV, Convergència i Unió, tamén apoiaban as demandas do colectivo de emigrantes retornados, houbo que debatir moito no Congreso dos Deputados de España e no Senado para que se aprobaran algunhas melloras, pero queda moito por facer como vostede decía, Sra. Muñoz, e o teñen moi fácil, porque creo recordar que o Sr. Rajoy ten maioría absolutísima no Congreso dos Deputados, polo tanto, era moi fácil modificala. Polo tanto, eu tamén me sumo á petición que facía a representante dos emigrantes retornados, que presionen ós seus compañeiros de Goberno, que son do Partido Popular, para que modifiquen todas aquelas demandas que hoxe aquí se plantearon. En todo caso, é unha boa noticia, e eu a celebro e a aplaudo, que aquí se vaia a aprobar por unanimidade esta moción, pero sempre é bo poñer as cousas no seu sitio e que todas as informacións queden claras para que non haxa lugar a engaños. As responsabilidades son de aqueles que toman decisións, non son de aqueles que non as toman, e que nunca puxeron en marcha medidas para cumprimentar esa lei, que ten vostede razón, que hai que modificar de forma inmediata, houbo tres anos para facelo e non se fixo. Polo tanto, simplemente, que quede esta reflexión. E agora si, poñemos a votación a moción, non, como vostede sabe moi ben, Sra. Muñoz, non hai turno de réplica, pecha a Presidenta e dou por pechado este debate e eu … Sra. Muñoz, Sra. Muñoz, espero que vostede non queira transmitir a esta Institución o comportamento de confrontación, ruído, á que vostede está acostumbrada noutras institucións. Sra. Muñoz, pero de verdade, vostede ten que facer unha reflexión profunda, ¿por que non mira vostede para o resto dos seus compañeiros e ten o mesmo comportamento?, xa non digo para alí, mire para os seus, e teña o comportamento … Fai moi ben en non falar máis porque non ten o turno de palabra como está regulamentado, de verdade, xa está ben, xa está ben, vaia forma de facer política. Ben, poñemos a votación a moción do Grupo Provincial Socialista PSdeG-PSOE relativa á regularización da fiscalidade das pensións dos emigrantes retornados. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por unanimidade. Escóitanse aplausos. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Benestar Social, acorda por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) relativa á regularización da fiscalidade das pensións dos emigrantes retornados. Dita Moción é como segue: “O Grupo Provincial Socialista na Deputación de Pontevedra comparece e como mellor proceda di: Que ó abeiro do disposto nos artigos 97 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, Lei de Administración Local de Galicia, 91,4 e 97 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 46.2 da Lei 11/1999, do 21 de abril, Lei de modificación da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local e outras medidas, presenta á consideración do Pleno da Corporación Provincial: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O goberno español abriu o prazo para regularizar a situación das pensións dos emigrantes retornados, introducindo esta posibilidade na Lei de Reforma Fiscal. Nesta lei recoñecéronse os erros cometidos, que tantas veces se denunciaron nas rúas, coas galegas e galegos emigrantes, colectivo de especial relevancia na nosa provincia e na nosa comunidade. Este cambio de criterio do goberno coincide con parte das reclamacións formuladas no Congreso dos Deputados, no Senado e no Parlamento galego polos grupos da oposición. Foron as súas demandas e a presión social, quen obrigou a cambiar a súa actitude, aínda que agora queiran presentalo como un proxecto propio. Aproveitando a tramitación da Lei de Reforma Fiscal, o goberno recoñeceu o erro no trato que mantivo con este colectivo tan vulnerable, ó revogar as sancións, recargos e os seus xuros. Ó mesmo tempo abriu un prazo, que xa rematou, para que todas as persoas afectadas puideran regularizar unha situación promovida polo propio Ministerio de Facenda. Malia que deberíamos celebrar esta rectificación do goberno nacional, o certo é que consideramos que non é suficiente e que é, novamente, inxusta. É evidente que ó revogar as sancións, o goberno recoñece que non houbo mala fe por parte do colectivo de emigrantes retornados, e que a non declaración tributaria debeuse, non a unha intencionalidade por parte destes contribuíntes, senón a unha manifesta falta de información da que o único culpable é o goberno central. O goberno, máis alá de rectificar parcialmente os seus erros, debe buscar unha solución global, xusta e racional a esta situación. Unha solución que evite os agravios comparativos e promova o tratamento fiscal igualitario co resto das persoas xubiladas deste país. Así, para que as súas obrigacións fiscais se equiparen debería establecerse o carácter irretroactivo da norma e devolverlles, ademais das sancións, as cantidades aboadas dos anos non prescritos. Ademais, o goberno nacional debe recoñecer que é improcedente que, outra vez, sexa a cidadanía afectada a que teña que asumir como propios os erros do goberno. Así, mentres este non se encarga das devolucións de sancións, recargos e xuros de oficio, son estas persoas as que se ven obrigadas a facer a oportuna reclamación. Esquece, unha vez máis o goberno, que está ante un colectivo especialmente vulnerable, ó que os trámites administrativos lle resultan complicados, obrigándolles, a maiores, a acudir a xestores, co custo que lles supón á súa economía. Tamén obviou o goberno que a día de hoxe non existe unha regulación que permita a homologación das retribucións por invalidez deste colectivo, o que provoca unha importante disparidade de criterios entre os países. E, unha vez máis, a proposta que fai o goberno non evita os problemas, polo que cómpre poñer en marcha convenios de regulación cos organismos públicos correspondentes, que eviten que os grados de invalidez aprobados no país de orixe laboral non se vexan reducidos ó retornar. Por último, tampouco deberíamos esquecer que estas persoas foron tratadas como defraudadoras, de forma totalmente inxusta, por culpa dun cambio de interpretación por parte do goberno de España. A inexistente comunicación por parte do goberno central co colectivo de emigrantes retornados, debe ser paliada a través de medidas que lles compensen moralmente polo trato recibido. Polo anteriormente exposto, o Grupo provincial do PSdeG-PSOE propón para a súa aprobación a seguinte: MOCIÓN 1.- Que se realice unha equiparación das condicións fiscais para o colectivo de emigrantes xubilados retornados coa das persoas xubiladas nacionais, poñendo en marcha unha fiscalidade propia para pensións do estranxeiro. 2.- Que se anule a retroactividade de IRPF e se proceda á devolución das cantidades aboadas polo colectivo de pensionistas retornados (períodos 2008-2012) por descoñecemento, por parte deste colectivo, da obriga de tributación das pensións do estranxeiro, e que empecen a tributar dende o ano da información (2013). 3.- Que a Axencia Tributaria devolva a totalidade do cobrado en materia de sancións, recargos e intereses, realizando de oficio todas aquelas devolucións que non fosen tramitadas ó finalizar o prazo establecido. 4.- Que se realice unha campaña informativa pola Axencia Tributaria sobre a regularización destas rendas e a condonación das sancións, recargos e xuros de demora pagados. Esta campaña debe servir, tamén, para reparar o dano moral causado ó colectivo de emigrantes retornados. 5.- Que se aplique o convenio hispano-alemán con finalización no 31 de decembro de 2012, aceptando as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nas que se recoñece a non tributación das pensións de Alemaña ata o 31 de decembro de 2012, e proceder á devolución de oficio das cantidades ingresadas en concepto de IRPF dende o ano 2008 ata o 2012. 6.- Que se acepten as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recoñecendo a non tributación das pensións percibidas por incapacidades absolutas do estranxeiro, que se manteñan os graos de incapacidade e se proceda á devolución de oficio das cantidades ingresadas en concepto de IRPF. 7.- Que se actúe de oficio coas incapacidades recoñecidas polos distintos países, manténdose os graos xa determinados no estranxeiro.” 7.6673.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BNG SOBRE PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR, DE MEDIDAS PARA GARANTIR A ENERXÍA COMO SERVIZO PÚBLICO E CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA Sra. Presidenta.- Seguindo coa Orden do día pasamos ó punto 7. Moción do Grupo do BNG sobre proposición de lei por iniciativa lexislativa popular de medidas para garantir a enerxía como servicio público e contra a pobreza enerxética. Para defender esta moción ten a palabra a Sra. Villaverde. Sra. Villaverde Pego.- Moi bo día a todos e a todas. A moción que hoxe trae aquí o Bloque Nacionalista Galego responde a unha campaña que a CIGA está a impulsar por todo o país sobre unha iniciativa lexislativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética. A intención é levar este debate ó Parlamento de Galicia, coñecedores da necesidade que temos dunha tarifa propia galega e de ter en conta nesta mesma lexislación o concepto de pobreza enerxética desde unha perspectiva tanto industrial como doméstica. Como ben sabedes todos e todas Galiza é un país produtor de electricidade, produtor e excedentario, en todo o Estado español, o que supón que temos que asumir uns elevados custos tanto sociais como medioambientais, custos que sen embargo non son compensados en ningún momento. Máis alá, na factura eléctrica hai unha serie de incrementos que veñen dado, por un lado, polo famoso déficit tarifario que marca a propia industria, que a día de hoxe ninguén é capaz de aclararnos, pero tamén por unha serie de variables que teñen que ver co transporte e os custos de extrapeninsularidade ou incluso a compensación co carbón español. Pero, como por norma se estableceu homoxeneizar a tarifa eléctrica, esto supón que nós temos que ser solidarios con todos aqueles territorios que non son produtores pero non recibimos ningún beneficio a cambio. Por outra banda, atopámonos, ó mesmo tempo, con que un 18% da poboación galega, o que supón arredor de 100.000 fogares galegos, teñen problemas para chegaren a fin de mes, teñen problemas para pagar a súa factura da luz e unha luz que, por certo, non sempre é prestada nas condicións máis desexables. E tamén nos atopamos con que os nosos sectores produtivos, nos nosos sectores produtivos, hai actividade empresarial con altos consumos enerxéticos, que dependen case en exclusiva da factura eléctrica para poder garantir beneficios e en consecuencia poder conservar un elevado número de postos de traballo, tristemente coñecido é por todos o caso neste momento o de Alcoa. Unha tarifa eléctrica, entendemos desde o BNG, que permitiría abaratar o prezo da electricidade tanto para o consumo industrial como para o consumo doméstico e, polo tanto, favorecería o desenvolvemento económico do noso país, beneficiaría ós nosos sectores produtivos e permitiría loitar contra a pobreza enerxética. Na moción, na súa exposición de motivos vén recollida toda a ILP que presenta a CIGA e que pretende levar a debate ó Parlamento galego, pero no acordo o único que pretendemos é que esta Institución apoie a ILP e anime á veciñanza da provincia a asinar, xa que son necesarias 10.000 sinaturas para poder presentala no Parlamento de Galicia. Polo tanto, dada a importancia que este sector ten para nós consideramos que, cando menos, deberiamos de sacar ese mínimo acordo deste plenario hoxe. Moitas grazas. Sr. Jácome Enríquez.- Bo día a todas e a todos, como íba dicindo. A Coalición SON vai apoiar en todo o posible a ILP que hoxe se presenta aquí. Sen dúbida o sector enerxético é dun valor estratéxico non só para Galiza senón para o conxunto do Estado. A necesaria solidariedade entre as distintas nacionalidades do Estado español é, nin máis nin menos, o que se pide nesta proposta, sen o aproveitamento das diferentes capacidades produtivas dos diferentes pobos do noso estado, malamente acadaremos o desenvolvemento xusto, eficaz e solidario que desexamos non só para Galiza senón para tódolos pobos que sobreviven neste estado fallido no que convivimos. No marco legal actual, que nós rexeitamos e desexamos cambiar, apoiamos firmemente as medidas que se expoñen no documento presentado hoxe aquí. A participación da Xunta de forma directa, preferiblemente ou a través de empresas mixtas, son medidas que coa necesaria vontade política poderían ser postas en marcha dunha maneira rápida e eficaz. Isto, a curto e medio prazo, mais indo devagar, porque queremos chegar lonxe, penso que vai, pensamos, que xa vai sendo hora de poñer no debate político a nacionalización. No ano 97, arrancou con forza o proceso de privatización do sector eléctrico, e a día de hoxe a situación é límite, tal e como se expresa na ILP, somos o terceiro país máis caro en consumo doméstico de electricidade, o oitavo en consumo industrial, estamos entre as tarifas máis caras nunha comparativa de trinta estados europeos. E, como xa expresou a compañeira do Bloque Nacionalista Galego, sempre, según as empresas, temos un enorme de tarifa. Coa escusa deste déficit se introduciron no estado medidas como a eliminación das primas ás renovables, que impide, de feito, o autoabastecemento de enerxía, é dicir, por un lado, apelamos ó libre mercado e ós supostos beneficios que traerá para o consumidor a privatización e a suposta libre competencia no sector, mentes coa outra man impedimos esa mesma competencia, asegurando os beneficios dun réxime oligopólico que controla a produción, a distribución e as propias poxas de enerxía. Non é casualidade que xigantes internacionais de enerxía como Gaz de France tivera que poñer á venta as súas centrais de gas en España por non poder competir con empresas españolas, e digo españolas moi entre aspas. A privatización do sector eléctrico é unha estafa na que o Estado cedeu o seu control a empresas privadas, que actúan como unha banda organizada que expulsa á competencia do seu territorio sen que o poder político faga nada por evitalo, antes o contrario, o Estado garante os beneficios desas empresas. Apoiamos as medidas contidas neste documento mais traballaremos polos cambios lexislativos necesarios para que o Estado recupere o control deste sector estratéxico. Moitas grazas. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- ¿Algunha intervención máis?. Sr. Moldes Martínez.- Si, vamos a ver, nós o que queríamos en este caso é como salientar, como salientaba a compañeira do BNG, é que realmente o que, á parte das empresas e demais que estamos pagando, pois, neste caso, unha cantidade importante na facturación da nosa enerxía, pero sobre todo nos tempos actuais o que realmente nos importa son as familias e as persoas. E nós entendemos que por parte da Xunta xa se están creando medidas para protexer ós máis desfavorecidos e esperemos que se siga nese camiño para que sobre todo, todas aquelas persoas e sobre todo, en estas épocas que nos vamos enfrontar agora que, como é o inverno e demais, que tódalas persoas pois poidan ter, neste caso, ese subministro tan necesario nestes momentos. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Moldes. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. Bo día a todos e a todas. Simplemente ratificarnos no que expuxo a Deputada en nome do goberno e o Grupo Provincial Socialista pois apoiamos esta moción. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Santos Héctor. Por parte da proproñente … Bueno, entonces, rematado o debate procedemos á votación. ¿Votos en contra?, ningún. ¿Abstencións?, ningunha. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade dos Deputados e Deputadas presentes. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa do Medio e Desenvolvemento Sostible, acorda por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial do BNG sobre proposición de lei, por iniciativa lexislativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética. Dita Moción é como segue: “O Grupo provincial do BNG na Deputación de Pontevedra presenta a seguinte moción urxente para o seu debate en Pleno, sobre a proposición de Lei, por iniciativa lexislativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética. O texto é o presentado pola CIG no Rexistro da Deputación Provincial. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O sector enerxético ten para Galiza un valor estratéxico, polo que representa no seu produto interior bruto e por ser un factor relevante para a produción industrial. A pesar desa importancia, Galiza apenas contou con capacidade para deseñar e aplicar unha estratexia enerxética propia, orientada a un aproveitamento endóxeno dos seus recursos enerxéticos. Ó longo de anos, por decisións políticas, Galiza foise especializando na xeración de electricidade. Dese xeito, desempeñou un papel de subministrador de enerxía eléctrica para o resto do Estado español, con base no seu potencial hidroeléctrico e nos xacementos de carbón, acrecentado posteriormente co desenvolvemento do aproveitamento eólico e biomasa, e tamén coa construción de dous ciclos combinados de gas natural. Porén, e a pesar de que a xeración eléctrica leva aparellados uns moi importantes custos sociais e medioambientais, Galiza non tirou proveito desta actividade económica. Ó contrario, ó estar sometida a un marco regulatorio e tarifaría común en todo o Estado español e ás decisións adoptadas polas empresas eléctricas que actúan en réxime de oligopolio a través dos seus centros de decisión afastados de Galiza, nunca recibiu vantaxes do aproveitamento dos seus recursos, e mesmo sofre en amplas zonas do país unha deficiente calidade da subministración eléctrica. No Estado español impúxose o criterio dun sistema eléctrico único e de tarifa única, prexudicial para Galiza ó tratar por igual os consumidores dos diferentes territorios, sen ter en conta a súa achega como produtores de enerxía. Cabe salientar que as tarifas eléctricas no Estado español son as terceiras máis caras para o consumo doméstico e as oitavas para o industrial, segundo unha comparativa de Eurostat sobre trinta estados europeos. É posíbel a concreción dunha tarifa máis baixa, para que realmente exista un beneficio económico para o proio país, para favorecer o consumo doméstico dunha poboación que ten as pensións e os salarios entre os máis baixos do Estado español e para posibilitar o seu crecemento industrial. Así, nesta Lei, no capítulo I, concrétase o desenvolvemento dunha política enerxética, baseada no papel protagonista da Administración galega, na necesidade para o país de dotármonos dunha tarifa eléctrica específica, fundamentada na nosa condición excedentaria na produción eléctrica, da análise das perdas no transporte e distribución, así como das diferentes peaxes do sistema que atenden ás singularidades de determinados territorios: extrapeninsulares, comarcas do carbón español, comunidades que son moi deficitarias na xeración eléctrica, etc. Por iso, concretamos que para Galiza a tarifa debería recoller unha bonificación dun 30% nas peaxes. A Lei pretende tamén impulsar o crecemento das enerxías renovábeis, as medidas de aforro e eficiencia enerxética e a inclusión de Galiza no actual Plano Estatal do Carbón. Por último, proponse a creación dunha tarifa industrial estábel e predicíbel que favoreza a localización e desenvolvemento industrial. O sector empresarial galego, e nomeadamente a súa industria, precisa gañar competitividade pola vía da correcta xestión dos seus custos. Na actualidade, os custos enerxéticos representan a segunda categoría de custo máis importante despois dos correspondentes ó persoal. En 2012, o prezo da electricidade para clientes industriais era no conxunto do Estado español un 10% superior ó custo medio da Unión Europea. Obviamente, cómpre avanzarmos nas políticas orientadas a conseguir maiores graos de eficiencia enerxética para reducir a intensidade enerxética. Porén, tamén é necesario que se actúe de maneira decidida sobre os custos enerxéticos que teñen que soportar as empresas no desenvolvemento da súa actividade. Neste sentido, Galiza acolle no seu territorio factorías que desenvolven procesos produtivos intensivos no uso de enerxía (aluminio, aliaxes de ferro, etc.). Por tal motivo, a continuidade destas actividades -coa conservación do emprego e a xeración de riqueza vinculado a elas- está estreitamente vencellada a disparen de electricidade a uns prezos que respondan á realidade dos custos relativos á súa produción, transporte e distribución. Desta medida veríanse beneficiadas non só esas factorías de referencia, senón o conxunto dos sectores produtivos galegos, que lograrían un abaratamento evidente da súa factura enerxética incrementando así a súa competitividade. Sen a lousa dunha estrutura de prezos eléctricos artificiosamente agrandada por uns cálculos de custos de transporte e distribución realizados cunha lóxica de Estado, mais que non corresponden á realidade do noso país, incrementaríase o atractivo de Galiza como territorio para a implantación empresarial. Dado que o obxectivo do sistema eléctrico é fornecer electricidade con maior nivel de calidade, ó menor custo posíbel e con respecto ás cuestións ambientais, parece evidente que se necesita de maneira inadiábel que a través dos mecanismos gobernativos oportunos se garanta que un territorio como o galego, que conta cunha grande capacidade de transformación de enerxía primaria en enerxía apta para o consumo, dispoña dun prezo da electricidade que constitúa unha vantaxe competitiva para as empresas que nel están localizadas. Os custos de transporte e distribución desde as instalacións de produción localizadas en territorio galego até os centros de consumo industrial en Galiza deberían ser inferiores ós que se recollen na actual estrutura de peaxes e cargas que está vixente para todo o Estado, dada a proximidade espacial entre unhas e outros. Adaptar estes conceptos regulados á singularidade propia de Galiza permitiría explotar unha vantaxe comparativa do noso país para xerar riqueza e emprego a través da produción industrial. O capítulo II desta Lei recolle unha concepción da enerxía como un dereito universal de todas as persoas. Para tal fin, concrétase a definición da pobreza enerxética e articúlanse varias medidas para a defensa das persoas consumidoras en situación de pobreza enerxética, ó ser un problema de cada vez maior importancia na sociedade galega. Moitas persoas e familias non poden pagar as facturas do subministro enerxético, eléctrico e de gas, especialmente durante os meses de inverno nos cales, polas condicións climatolóxicas, o seu consumo é imprescindíbel. Segundo datos recentes en Galiza, cerca de 187.000 persoas, o 18% do total da poboación, teñen dificultades para aboaren as súas facturas enerxéticas (gas, auga, electricidade, calefacción, etc.), situación que resulta intolerábel nunha sociedade socialmente avanzada. Capítulo I. Medidas para garantir a enerxía como servizo público para o desenvolvemento económico e industrial de Galiza. Artigo 1. Política enerxética. A Xunta de Galiza porá en práctica no ámbito das súas competencias e promoverá e defenderá nos órganos de cooperación entre o Estado e as Comunidades Autónomas medidas encamiñadas a: a) A participación da Xunta de Galiza directamente ou a través de empresas mixtas, para o aproveitamento público de todos os recursos enerxéticos, así como de todas as instalacións de produción, distribución e transporte existentes en Galiza. b) A implantación dunha tarifa eléctrica máis baixa para Galiza, partindo dunha redución do 30% das peaxes do sistema eléctrico. c) A diversificación das fontes de enerxía e recuperación das primas para permitir o desenvolvemento das enerxías renovábeis. d) A aprobación dun plano de medidas para o fomento do aforro e da eficiencia no consumo enerxético. e) A esixencia da inclusión da Galiza no actual Plano Estatal de Carbón. f) A creación dunha tarifa industrial estábel, con variacións predicíbeis, á que se poidan acoller os grandes consumidores baixo o cumprimento dunha serie de requisitos de consumo, potencia contratada e dispoñibilidade de interrupción do subministro se for preciso para a xestión do sistema eléctrico. Capítulo II. A enerxía como dereito universal de todas as persoas ó benestar social. Artigo 2. Concepto de pobreza enerxética. Unha unidade de convivencia está en situación de pobreza enerxética cando ten que destinar máis do 10% dos seus ingresos para satisfacer as súas necesidades enerxéticas (gas e electricidade) da súa vivenda. Para o cálculo anterior, consideraranse os gastos teóricos de enerxía para manter a temperatura da vivenda entre 18ºC e 21ºC. Artigo 3. Medidas para erradicar a pobreza enerxética. 1. A Xunta de Galiza asumirá o custo das facturas de gas e electricidade das persoas consumidoras vulnerábeis en risco de pobreza enerxética. 2. Para os efectos de dar cumprimento ó anterior, as persoas que se encontren en situación de pobreza enerxética, nos termos do artigo 2 desta Lei, poderán solicitar da Administración, ó recibiren o aviso de interrupción do subministro de electricidade ou gas, que se faga cargo das súas facturas de gas e electricidade. 3. Para demostrar a situación de pobreza enerxética, os interesados deberán achegar coa súa solicitude un informe dos servizos sociais sobre a situación da unidade de convivencia. Este informe, que as administracións públicas competentes deberán emitir no prazo máximo de quince días desde que sexa requirido, acreditará o cumprimento dos requisitos do artigo 2 desta Lei cunha vixencia de seis meses, sen prexuízo da súa renovación. 4. A Xunta de Galiza acordará coas empresas subministradoras dos servizos básicos de electricidade e gas os mecanismos de intercambio de información e de prezos sociais, co obxectivo de mellorar a prevención e a planificación das actuacións públicas. 5. A Xunta de Galiza acordará coas empresas subministradoras os mecanismos de información necesarios para que poñan en coñecemento dos servizos sociais e das persoas usuarias a información existente e actualizada sobre as tarifas sociais e as axudas e medidas previstas para frear a pobreza enerxética. Por todos estes motivos, o Grupo Provincial do BNG solicita do Pleno da Corporación Provincial a adopción do seguinte ACORDO Primeiro.- Manifestar o apoio da Corporación Provincial á proposición de lei de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética que está a impulsar por iniciativa lexislativa popular a Confederación Intersindical Galega e dar traslado do mesmo á presidencia do Parlamento de Galiza, portavoces parlamentarios e Presidente da Xunta de Galiza. Segundo.- Animar á veciñanza da provincia de Pontevedra a apoiar esta iniciativa lexislativa popular. Terceiro.- Dar traslado do presente acordo á Confederación Sindical Galega (CIG).” 8.6674.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL POPULAR (PP) PARA RESPECTAR O PROXECTO DE URBANIZACIÓN DA ESTRADA PROVINCIAL DE CAMPELO, CONCELLO DE POIO Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Pasamos ó punto 8. Moción do Grupo Provincial Popular para respectar o proxecto de urbanización da estrada provincial de Campelo, concello de Poio. Hai unha …, na Comisión propúxose unha transacción que aceptada, que era, que di o seguinte, digo para coñecemento do público: A Deputación de Pontevedra asume como actuación prioritaria a mellora da estrada de Campelo e comprométese a negociar e consensuar co concello de Poio as solucións de mobilidade e seguranza viaria a aplicar. Ese é, digamos, o que vamos a debatir e o que vamos a votar. Sr. Moldes, ten a palabra como propoñente. Sr. Moldes Martínez.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Vamos a ver, desde o Grupo Provincial Popular, nós, cando presentamos esta moción, entendíamos que non era unha moción nin para a confrontación nin tan sequera para utilizar como estratexia política. Nós realmente presentamos esta moción coa única intención de que nos próximos presupostos se teña en conta a construción dun viario da, neste caso, da Deputación provincial para facer esta infraestrutura tan importante. A partires de aí, por iso aceptamos, neste caso, a emenda presentada polo BNG porque para nós o prioritario non é o debate senón que se fagan estas aceras. Dito esto nós, neste caso, o que si queremos recordar coa anterior Corporación había un, neste caso, houbo unha mesa de traballo onde estábamos representados tódolos grupos locais e a propia Asociación de veciños que hoxe está aquí, e nunha mesa de traballo coa anterior Corporación, pois se chegou a un principio de acordo donde, neste caso, a Deputación provincial, pois poñía o 70% e o que era o Goberno de Poio poñía o 30%. Aquí hai un documento, que nós temos, donde, neste caso, pois se remite unha carta firmada polo Alcalde de Poio donde eses trescentos sesenta e pico mil euros, pois, se envía unha solicitude renunciando a eles porque entendían que non podían facer todo o que lle demandaba para firmar ese acordo. Logo nós, neste caso, o que entendemos e o que nos importa é que se fagan esas beirarrúas e que se dote desa seguridade viaria tan importante neste caso na parroquia de Campelo. Como ben dicía o Presidente, na parroquia de Campelo son máis de 2.000 persoas, é unha das parroquias máis puxantes que ten agora mesmo o concello de Poio, que preto dela hai un colexio público, hai un centro de saúde e un entorno donde hai unha iglesia, unha plaza e demais, e donde conviven persoas, vehículos e demais usuarios. Logo nós, neste caso, o que entendemos é que había ese compromiso mínimo dun 70 e un 30 e que o concello poñía a disposición os terreos da Deputación, nós non vamos a entrar en ningún tipo de conflito, nos dá igual, neste caso, que sea o 70, que sea 80 ou que sexa o 100%, nós, simplemente presentamos esta moción para que nos próximos presupostos se teña en conta e que sea prioritario unha actuación nesta carretera de ámbito, neste caso, provincial e tan importante para Poio e sobre todo, particularmente, para os veciños de Campelo. Moitas gracias. Escóitanse aplausos. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Sr. Benítez. Sr. Benítez Fernández.- Bos días a todos e a todas. E eu me alegro que o Partido Popular, pois, veña aquí a reivindicar unha actuación na liña dun eixo estratéxico que ten manifestado este novo goberno da Deputación, que consideramos que á parte ten que ser unha prioridade nas distintas actuacións que desenvolva a Deputación ó longo dos próximos catro anos. Nese sentido o que é a seguranza viaria e o que é a priorización da mobilidade peonil por riba da mobilidade dos vehículos, vai ser unha prioridade de actuación nestes próximos catro anos, e nos alegramos que o Partido Popular o faga, porque durante todos os anos que gobernou a Deputación de Pontevedra pois non foi así, ¿non?. E eu tamén quero remarcar e pór en valor, tomando a palabra do Deputado, o que falamos na Comisión, que vamos a distinguir o realmente importante, e o realmente importante aquí é a vontade de solucionar o problema, pero como vostede tomou o turno da palabra e dixo algunha cousa que é incorrecta, eu quería aclarar que na Deputación de Pontevedra eu non sei cantos compromisos verbais ou compromisos fixo o anterior Presidente da Deputación cos distintos concellos, pero na Deputación de Pontevedra non existe proxecto sobre a estrada de Campelo e non existe ningún acordo por escrito, ningún convenio por escrito entre a Deputación e o concello de Poio, e non existe a posta en disposición dos terreos, cousa fundamental para poder acometer calquera obra. Entón, o único que existe é unha vontade, un compromiso verbal, que no seu momento se mantería, e o que vostede acaba de dicir, simplemente, é unha comunicación do concello de Poio á Deputación de que non tiña ese diñeiro para acometer a súa parte. Pero non existe ningún convenio asinado, xuridicamente non existe nada, non existe ningún compromiso, entón, volvo a dicir, quero aclarar iso, deixalo suficientemente claro de que non existe nada por escrito aquí na Deputación, pero o que si existe é a vontade, que creo que é común, a vontade creo que é común de todos os grupos, de poder darvos unha solución e que, ademais, non vai ser só a solución para os veciños de Campelo, vai ser a solución para moitas parroquias e núcleos rurais que teñen este mismo problema porque entendemos que hai moitos problemas de seguranza viaria nas distintas parroquias e distintos concellos desta provincia. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Por parte do público xa se tivo a oportunidade de intervir e agora non están no uso da palabra. Prégolles que manteñamos unha situación de respecto ás normas, xa tiveron a oportunidade de intervenir cousa que non tiña ocurrido ata o de agora, lles quero recordar que levamos cen días gobernando e que este é un tema de moitos, moitos, moitos anos e que o goberno está plantexando que hai un acordo de todos os grupos para que se poña en marcha o procedemento. Prégolles, por favor, que non interrumpan o debate porque agora estamos noutro momento e non sei se algún Deputado máis quere intervir. Sra. Besada, ten a palabra. Sra. Besada Lores.- Si, moitas gracias Sra. Presidenta. Bo día a todos e a todas. Eu, como primeiro Teniente-alcalde de Poio e concelleira de obras e servizos estou encantadísima, por suposto, de que esta moción se aprobe por unanimidade. Pero tamén me gusta facer un pouquiño de recordatorio de todo o proceso que se levou a cabo con esta carretera. Tuven a oportunidade, a honra de empezar a gobernar, a co-gobernar en Poio no ano 2007 e dende o 2007 o goberno de Poio estuvo solicitando entrevistas e reunións ó anterior Presidente da Deputación, o Sr. Louzán, e conseguimos ter a reunión no ano 2009, unha primeira reunión, o sea, creo que é patente a diferencia, aquí podemos intervir os representantes das Asociacións de veciños que o solicitan dun mes para o outro e nós tuvemos que estar solicitando durante dous anos unha reunión. Ó cabo deses dous anos o Sr. Presidente da Deputación, nesa reunión, nos dixo que tiña que o concello de Poio redactar o proxecto deste vial. Así se fixo, encargouse a redacción dese proxecto que, por certo, lle costou ó concello de Poio 47.000€. Cando tíñamos redacta ese proxecto porque nos dixera o Sr. Louzán que cando o tuvéramos que nos volvéramos a poñer en contacto con el, volvemos a solicitar esa reunión que tardou outros catro anos en concedernos. Fai tres anos, cando tivemos a suerte de que nos recibira o Sr. Louzán, en esta Institución, xunto co Sr. Moldes e o Presidente da Asociación de veciños de Campelo, efectivamente, dixo que se podía facer un convenio donde pagaba a Deputación o 70%, o que pon a moción, e o 30% o tendría que aportar o concello de Poio. Por certo, eu lle trouxen recortes de prensa en donde outros concellos solo tiñan que aportar o 10% e o 20%, e que me explicara con que criterio ó concello de Poio lle aplicaba o 30% pero non o supen nin o sei aínda hoxe os criterios que aplicaba. Ben, efectivamente temos que poñer os terreos a disposición e se estuvo traballando en elo, hoxe en día aínda non os temos e vamos a seguir traballando, pero houbo moita necesidade de facer esta carretera que, efectivamente, é necesaria, pero non é necesaria nestes últimos cen días, esta carretera era necesaria dende fai moitos anos, porque está nun estado lamentable e porque, efectivamente, non ten nin arcéns para os peóns e aí hai un centro de saúde por donde teñen que transitar os cidadáns de Campelo e de Poio. E bueno, eu, repito, estou encantada de que se aprobara por unanimidade e, dende logo, este goberno vai a priorizar as necesidades dos concellos, este equipo de goberno sin ver os gobernos que poden estar en cada concello, o sea, vai a priorizar as necesidades de todos os municipios. E tamén me gusta resaltar eso, a facilidade que se está tendo, a democracia, a maneira de gobernar dun goberno, destacar a maneira de gobernar democrática desta Corporación donde todos os Presidentes que o soliciten poden intervir, eu creo que queda patente a diferencia e a maneira de gobernar duns gobernos e doutros. Moitas gracias Presidenta. Sra. Presidenta.- Gracias Sra. Besada. Ten a palabra o Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Moitas gracias Sra. Presidenta, respecto ó compañeiro do BNG eu creo que, me alegro que a súa compañeira de goberno, neste caso a Sra. Besada, é unha pena que ó mellor non falaran antes do Pleno e, seguramente, o fixo sen ningún tipo de, pois, de maldade nin nada, pero eu creo ela mesma lle corrixiu cando lle di que si existe un proxecto que pagou o propio concello e, neste caso, foi o concello quen remitiu ese proxecto aquí á Deputación e como ben dicía, que neste caso, pois isto non é culpa nin agora da Deputación, presidida por un bipartito nin antes do Partido Popular, senón que faltan eses terreos que poñen a disposición. Cando se fala de democracia, eu creo que aquí temos presentes unha asociación de veciños, e parece que coa chegada do bipartito á Deputación que cambio todo pero eu creo que ó final a Deputación está no mesmo sitio, e eu creo que aí están, neste caso, os representantes da Asociación de veciños de Campelo e poden dicir eles que cando eles solicitaron unha reunión co Presidente foron recibidos máis dunha vez, ou incluso, con Deputados para saber, neste caso, como estaba este proxecto. A contestación sempre foi a mesma, que neste caso non se podía firmar o convenio que existía do 70-30 porque, neste caso, faltaban a disposición dos terreos. Nós, desde o Grupo Provincial do Partido Popular non nos vamos a meter no Convenio por iso aprobamos a emenda do BNG, non nos vamos a meter no que vostedes negocien, vostede criticaba que antes nalgún concello era 70-20, 70-30, 50-50, a nós si vostedes na Deputación logran que sexa totalmente gratuíto para o concello de Poio eu sería o primeiro en aplaudir, pero vostedes agora teñen a oportunidade máis que criticar, como forman parte do goberno, en conseguir o seu peso político e que nos salga ós veciños de Poio a cero euros. E, tamén, se quere, vostedes poden xestionar doutra maneira, como vostede anunciou nalgunha reunión, que sexa a Deputación a que expropie os terreos, nós neso non nos vamos a meter, sólo o que pide o Grupo Popular é que se fagan as aceras, pero agora, o que vostede antes criticaba, agora vostede é protagonista principal, forma goberno, ten a oportunidade de mellorar todo o que criticou ata o de agora. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Sr. Moldes, eu quero agradecerlle a enorme confianza que hoxe plantexa aquí na Deputación de Pontevedra, no novo goberno da Deputación. Vostede está dicindo hoxe aquí que vostede confía que nós en tres meses sexamos capaces de arreglar o que o goberno do Partido Popular, presidido polo Sr. Louzán, non foi capaz de solventar en moitísimos anos. Polo tanto, eu lle agradezo que vostede poña esa confianza neste goberno, llo agradezo moitísimo, me parece que está moi ben que os grupos políticos da oposición poñan unha enorme confianza no novo goberno, é de agradecer e eu llo teño que agradecer publicamente. Como hai un acordo da Comisión Informativa de que se ía aprobar por unanimidade, dou por feito que aprobamos por unanimidade a moción, pois queda aprobada por unanimidade polo tanto. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas, acorda por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial Popular (PP) para respectar o proxecto de urbanización da estrada provincial de Campelo, concello de Poio, coa incorporación dunha nova proposta de acordo consensuada entre todos os grupos políticos. Dita Moción é como segue: “O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Ángel Moldes Martínez, abaixo asinante, en nome propio e no do grupo, presenta ó Pleno, para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte Moción para respectar o proxecto de urbanización da estrada provincial de Campelo, Poio. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A estrada provincial de Campelo, en Poio, é unha estrada moi transitada, pola que transcorren a diario usuarios do centro de saúde, do colexio ou da igrexa, que se ven expostos ó perigo que supón camiñar por unha vía na que en moitos puntos non hai nin arcén para protexerse da circulación rodada. Por ese motivo, consideramos que garantir a seguridade vial coa construción de beirarrúas debe seguir sendo unha prioridade para este bipartito, do mesmo xeito que foi para o anterior goberno, que chegou a un acordo co concello de Poio e a Asociación de Veciños de Campelo para investir 1,7 millóns de euros na urbanización da estrada. A través deste acordo, a Deputación de Pontevedra comprometíase a financiar o 70% das obras e o concello de Poio asumiría o 30% restante. Incluso, fíxose unha proposta á administración local para adiantarlle o 30% do orzamento que tiña que asumir sen intereses, e a devolver no prazo que estimase oportuno. A única condición que tiña o concello era que debía xestionar a cesión gratuíta dos terreos precisos para acometer a obra. O proxecto contempla o ancheamento da plataforma da estrada desde os 6-7 metros actuais ata os 12,6 metros. Dotaríase así de dúas beirarrúas, unha a cada marxe da estrada, e unha franxa de aparcadoiro, ademais de todos os servizos necesarios, coma o saneamento e abastecemento de auga e as canalizacións de telefonía e electricidade, entre outros. Desde o Grupo Popular entendemos que é de urxencia dar unha resposta a este problema grave que hai en Campelo e que afecta a 2.000 veciños que a día de hoxe non teñen por onde andar, e que esta resposta a ten que liderar e ofrecer a Deputación de Pontevedra. Por este motivo, solicitamos que se adopte o seguinte ACORDO A Deputación de Pontevedra asume como actuación prioritaria a mellora da estrada de Campelo e comprométese a negociar e consensuar co concello de Poio as solucións de mobilidade e seguranza viaria a aplicar.” 9.6675.- MOCIÓN DOS GRUPOS PROVINCIAIS DO PSdeG-PSOE E DO BNG RELATIVA Á MARCHA ESTATAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS DO 7 DE NOVEMBRO DE 2015 Sra. Presidenta.- Pasamos agora ó punto 9. Moción do Grupo Provincial do PSdeG e do BNG, relativa á marcha estatal contra a violencia machista do 7 de novembro de 2015, que informaba ó principio do Pleno que se transforma nunha declaración que vai ser apoiada e rubricada polos catorce Diputados e Diputadas. Dou paso á lectura desta declaración que é unha declaración conxunta de toda a Corporación da Deputación provincial: “O 7 de novembro de 2015, confluiremos en Madrid miles de persoas de todo o Estado convocadas polo movemento feminista para manifestarnos contra as violencias machistas. Todas as persoas e entidades, especialmente as públicas, estamos emprazadas non só a manifestarnos e contribuír a esta acción cidadá senón a reactivar e mellorar a prevención e a resposta á subsistencia da violencia machista evidenciada nos casos gravísimos deste verán. Dez anos despois da Lei integral contra a violencia de xénero de 2004, das numerosas leis autonómicas e un ano despois da ratificación do Convenio de Istambul, que se incumpren substancialmente en canto á prevención no ámbito educativo, que só dá protección laboral ou económica ó 1% das 126.742 denunciantes, ou de vivenda, mentres medra a desigualdade que é o caldo de cultivo da violencia. A administración local, como a institución máis próxima, son imprescindibles para a prevención e a atención social, xurídica e psicolóxica que establece o artigo 19 da Lei estatal de 2004. Con todo, o artigo 27.3,c da Lei de réxime local reformada pola Lei 27/2013, di que os concellos só poderán prestar servizos sociais de promoción da igualdade de oportunidades e de prevención da violencia contra a muller por delegación do Estado ou das Comunidades Autónomas financiada ó 100%. Que, en absoluto, cobren os 6.000.000 da partida 45 do Programa 232,c de violencia de xénero no proxecto de Orzamentos do Estado 2016. Por iso, a Deputación provincial de Pontevedra acorda: “Colocar o 7 de novembro de 2015 na fachada de todos os concellos e deputacións unha pancarta violeta co lema «Contra as violencias machistas». Facelo igualmente cada ano o 25 de novembro “Día internacional contra a violencia cara as mulleres”. Promover a participación cidadana na marcha contra as violencias machistas o 7 de novembro en Madrid, así como naquelas iniciativas contra a violencia machista do feminismo a nivel galego. Soster e incrementar na medida do posible os recursos persoais, materiais e políticos para a igualdade e para a prevención da violencia machista, cumprindo o artigo 19 da Lei orgánica 1/2004, establecendo un sistema estable de financiamento estatal, autonómico e local a longo prazo. Colaborar cos concellos da provincia para acadar unha atención estable e de calidade, en condición de ampla accesibilidade, confidencialidade, protección e anonimato, que inclúa a rehabilitación, avaliación e seguimento, o que leva á xestión pública e directa dos servicios para a igualdade contra a violencia de xénero. Contribuír á promoción da igualdade e contra a violencia de xénero en todos os centros e en todas as etapas educativas, cooperando coa comunidade escolar. Fomentar a sensibilización contra o sexismo na actividade cultural, de organización de festexos, de seguridade e convivencia e todas as actuacións e servicios de competencia da Deputación provincial de Pontevedra. Erradicar o sexismo, a segregación, o acoso e os estereotipos sexuais en todas as nosas actuacións e servicios. Promover a participación da sociedade civil, en particular, as organizacións feministas. Instar a todas as Administracións, entidades con competencia directas na materia, a mellorar os servicios de atención psicolóxica, información e inserción laboral, recollidos na Lei 11/2007, de 27 de xuño, galega, para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero. Instar a tódalas administracións a iniciar os traballos para modificar a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega, para prevención e tratamento integral de violencia de xénero para incluír o termo “feminicidio”, así nas consideracións necesarias ó respecto. Enviar este acordo á Delegación do Goberno para a violencia de xénero para que no seu seguimento e informes ó GREVIO para a aplicación do convenio de Istambul que establece o seu artículo 68, inclúa, conforme ós artículos 7.3 e 18.2, as actuacións da administración local”. Esta é a declaración que subscribimos todas e todos os Deputados. Escóitanse aplausos. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Benestar Social, acorda por unanimidade, aprobar a Moción dos Grupos Provinciais do PSdeG-PSOE e do BNG relativa á Marcha estatal contra as violencias machistas do 7 de novembro de 2015, coas modificacións subscritas por todos os grupos políticos. Dita Moción é como segue: “O 7 de novembro de 2015 confluiremos en Madrid miles de persoas de todo o Estado, convocadas polo Movemento Feminista, para manifestarnos contra as violencias machistas. Todas as persoas e entidades, especialmente as públicas, estamos emprazadas non só a manifestarnos e contribuír a esta acción cidadá, senón a reactivar e mellorar a prevención e a resposta á subsistencia da violencia machista evidenciada nos casos gravísimos deste verán, dez anos despois da Lei integral contra a violencia de xénero de 2004, das numerosas leis autonómicas e un ano despois da ratificación do Convenio de Istambul (BOE do 06.06.14), que se incumpren substancialmente en canto a prevención no ámbito educativo, que só dan protección laboral ou económica ó 1% das 126.742 denunciantes, ou de vivenda, mentres medra a desigualdade que é o caldo de cultivo da violencia. A Administración local, como a institución máis próxima, son imprescindibles para a prevención e a atención social, xurídica e psicolóxica que establece o artigo 19 da Lei estatal de 2004. Con todo, o artigo 27.3 c) da Lei de Réxime Local reformado pola Lei 27/2013 di que os concellos só poderán prestar servizos sociais, de promoción da igualdade de oportunidades e de prevención da violencia contra a muller por delegación do Estado ou da Comunidade Autónoma financiada ó 100%, que en absoluto cobren os 6 millóns da partida 45 do programa 232C de Violencia de Xénero no Proxecto de Orzamentos do Estado 2016. Por iso, a Deputación Provincial de Pontevedra acorda: • Colocar o 7 de novembro de 2015 na fachada de todos os concellos e deputacións unha pancarta violeta co lema “Contra as Violencias Machistas”. Facelo igualmente cada ano o 25 de novembro, Día internacional contra a violencia cara as mulleres. • Promover a participación cidadá na “Marcha contra as Violencias Machistas” o 7N en Madrid, así como naquelas iniciativas contra a violencia machista do feminismo a nivel galego. • Soster e incrementar na medida do posible os recursos persoais, materiais e políticos para a igualdade e para a prevención da violencia machista, cumprindo o art. 19 da Lei Orgánica 1/2004, establecendo un sistema estable de financiamento estatal, autonómico e local a longo prazo. • Colaborar cos concellos da provincia para acadar unha atención estable e de calidade, en condición de ampla accesibilidade, confidencialidade, protección e anonimato, que inclúa a rehabilitación, avaliación e seguimento, o que leva á xestión pública directa dos servizos para a igualdade e contra a violencia de xénero. • Contribuír á promoción da igualdade e contra a violencia de xénero en todos os centros e en todas as etapas educativas, cooperando coa comunidade escolar. • Fomentar a sensibilización contra o sexismo na actividade cultural, de organización de festexos, de seguridade e convivencia e todas as actuacións e servizos de competencia da Deputación Provincial de Pontevedra. • Erradicar o sexismo, a segregación, o acoso e os estereotipos sexuais en todas as nosas actuacións e servizos. • Promover a participación da sociedade civil, en particular as organizacións feministas. • Instar a todas as administracións, entidades con competencias directas na materia, a mellorar os servizos de atención psicolóxica, información e inserción laboral recollidos na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e tratamento integral de violencia de xénero. • Instar a todas as administracións a iniciar os traballos para modificar a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e tratamento integral de violencia de xénero para incluír o termo Feminicidio así nas consideracións necesarias ó respecto. Enviar este acordo á Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, para que no seu seguimento e informes ó GREVIO para a aplicación do Convenio de Istambul que establece o seu artigo 68 inclúa, conforme ós artigos 7.3 e 18.2, as actuacións da administración local.” 10.6676.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) SOBRE CUESTIÓNS RELACIONADAS CO SERVIZO DE EXTINCIÓN E PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS DE GALICIA Sra. Presidenta.- Pasamos xa ó punto 10. Moción do Grupo Provincial Socialista PSdeG-PSOE sobre cuestións relacionadas co Servizo de extinción e prevención de incendios forestais de Galicia. Ten a palabra o Sr. López Font. Sr. López Font.- Gracias Presidenta. Bos días a todas e todos. Yo tamén quero iniciar co agradecemento ó representante do colectivo que falou anteriormente, quero felicitarle por la forma de plantexar o problema, por la forma y por el contido en que lo ha planteado, y tamén quero felicitarlle porque consiguió, no sé cal será o resultado da votación, pero consiguió el aplauso de una Deputada do Grupo Provincial do PP, con lo cuál creo que lo hizo, en ese sentido, bastante ben, y por lo tanto entendo que eso significa un apoyo a lo que se planteó. A mi me pareció, pareceume una enmienda á totalidade da política do PP en materia de incendios forestais, porque creo que debemos ter unha preocupación honda e importante por los incendios forestais, debe ser permanente esta preocupación. A prevención e a extinción no deben de ser unos deberes previos ó verán y en ese sentido se trasladó una preocupación pola política do PP de fragmentación, e se dixo moi claro a través dun entramado de organismos que significan a disgregación do servicio. E tamén se trasladó y de forma muy contundente una política de privatizacións que está rompendo coa eficacia que tiña este servicio. Todo lo anterior cuestiona, evidentemente, a eficacia, una eficacia que fue recoñecida en tempos anteriores polo Ministerio de Medio Ambiente, e que hoxe transita esta eficacia por muy mal camino, e por eso, obviamente, é motivo de preocupación. Algúns dos testimonios que manifestaba o representante son certamente preocupantes, en un tema tan delicado como es os incendios forestais, como é apagar a lume y, evidentemente, por parte de la Xunta debe de haber dos pilares fundamentales, un servicio único, galego, eficaz e verdadeiro; y el otro pilar, outro pilar é os traballadores dese servicio. Por eso, aquí, nuestra moción o que pretende é, claramente, buscar o compromiso decidido da Xunta de Galicia. É por iso polo que plantexamos cuestións muy concretas, y en primer lugar, no primeiro lugar, é instar á Xunta de Galicia ó mantenemento dun verdadeiro Servicio de prevención e extinción de incendios forestais, integrando ós profesionais necesarios con garantías de sustentabilidade, eficacia e seguridade. En segundo lugar, instar á Xunta de Galicia a garantir a estabilidade laboral e profesional do propio servizo. En terceiro lugar, instar á Xunta de Galicia ó recoñecemento da categoría profesional de bombeiro forestal que, como ben se dixo aquí, é incomprensible que o propio Partido Popular esté defendendo en outras comunidades autónomas como Andalucía y Extremadura este mismo reconocimiento y aquí haya sido votado negativamente no Parlamento de Galicia. É por iso que manifestamos, que proponemos ó Pleno la moción que relataba, anteriormente, con el cuarto acuerdo de trasladar este acordo á Presidenta, á Presidencia da Xunta de Galicia e á Consellería do Medio Rural. Estamos ante un tema moi importante que debe de ser tomado en consideración por esta Deputación, e, dende logo, desde o Grupo Provincial Socialista, trasladamos todo el apoyo a lo manifestado por el representante en su intervención y apoyamos todas y cada una de las cuestiones que se plantearon porque creemos que contribuirá a una política eficaz en materia de incendios forestales. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Diputado. Ten agora a palabra o Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Nós, dende a Coalición SON, despois de consultar no día de onte ós Sindicatos de Bombeiros sobre esta moción e escoitar a intervención de hoxe ó respecto, apoiaremos todos os acordos contidos nesta moción. Grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias. Vamos a votar a favor. Sr. Moldes Martínez.- Gracias Sra. Presidenta. Eu, en primeiro lugar, en primeira persoa quería felicitar e agradecer o traballo destas persoas que hoxe se atopan aquí, porque eu, por sorte, a moitos os podo coñecer en primeira persoa, a outros os vin traballar e a outros sei que levan anos xa con esto, e sobre todo sei que moitos deles elixiron este camiño por vocación, porque teño a sorte de coñecelos en primeira persoa. A partires de aí, dicirlles que este grupo entende, apoia e agradece o traballo porque ó final vós poñedes en risco as vosas vidas. Nós podemos estar aquí hoxe debatindo, tú más, tú menos, tal, pero ó final quen estades enfrente ó lume sodes vós, quen ó final estades, quen estades aí, para salvar vidas, para salvar vivendas sodes vós, non somos nós, nós, ó mellor queda aquí nun debate político, nunha confrontación, pero salimos por aí e todos somos compañeiros, pero ó final a vosa labor é extraordinaria. Dito isto, a nós nos alegra que o Partido Socialista veña hoxe aquí e alabe a labor desa xente. Eu sei que despois non vou tempo a rebatirlle o que vostede me poida dicir, pero lle vou falar con feitos. Non se pode vir aquí a defender a labor destas persoas, que todos coñecemos e grandes profesionais, e despois presentar unha emenda nos Presupostos do 2015 dicindo que hai que rebaixar o que a Xunta invirte en prevención, non pode ser, non pode ser. Vostede dicía que nós lle tíñamos que transmitir en Madrid co problema dos emigrantes retornados, eu lle digo a vostede que lle diga ós seus Diputados na Xunta que non se pode dicir que hai que invertir menos en “escaparate con falsas brigadas” ou que presenten emendas nos Presupostos dicindo que neste caso que hai que invertir menos. Non, hai que invertir máis en prevención, hai que invertir máis en equipos de extinción de incendios, que o seu Portavoz Socialista se queixaba nos últimos Presupostos o gasto que facía a Xunta na compra de material na prevención de incendios e para sofocar incendios, logo, para nós é importantísimo. E por iso vamos apoiar a moción que presentan hoxe aquí estes bombeiros porque eles en primeira persoa son os que teñen que defender eses lumes forestais, pero non vamos a caer na súa manipulación política nin vamos a caer nese voto para que vostedes, neste caso, veñan aquí hoxe de defensores destas brigadas, oxalá así sea, pero tamén lle pedimos que lle transmitan ós seus compañeiros no Parlamento de Galicia que non presenten emendas donde se recorta o que se invirte no traballo destas persoas. Desde aquí, repito, o importante hoxe aquí non somos nós senón que son vostedes e desde o Grupo Popular, na miña palabra e representando ós meus compañeiros con toda a sinceridade do mundo lle agradecemos e felicitámolos polo seu traballo porque salvan vidas que realmente iso é o importante. Moitas gracias e que sepan que vamos apoiar o que vostedes piden. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Moldes. Para pechar o debate ten a palabra o Sr. López Font. Sr. López Font.- Manera ciertamente sorprendente la del Sr. Moldes de apoiar a este colectivo. A declaración inicial está moi ben pero de lo que se trata é de que ese grupo lle traslade ó Presidente da Xunta e ós Deputados no Parlamento de Galicia a aprobación de lo que ellos plantean y eso con los feitos no se demuestra, y lo peor es que este canto a no hacer demagogia, precisamente sea usted el que más demagogia fai con relación a este tema. Porque miren, las enmiendas que presenta el Grupo Socialista son para evitar sus privatizaciones, son para evitar esos gastos que se consideran absolutamente innecesarios, y que cuando un portavoz del colectivo dice que se está fragmentando, que en una actuación de incendio actúan ocho empresas diferentes, ¡hombre!, venir a decir aquí fuera de contexto sobre unas enmiendas presentadas resulta sorprendente. Mire, si yo fuera una persona de ese colectivo, no consideraría sincero su apoyo, no lo consideraría, no me extraña que alguna Diputada aplaudiera la intervención anterior. Pero mire, Sr. Moldes, los feitos son os que valen, os que valen, efectivamente, e vostedes están llevando a cabo un servicio absolutamente fragmentado, un servicio privatizado, adquiriendo elementos que a juzgar por ellos no son necesarios y que son un auténtico gasto supérfluo. Creo que atendió, no de forma muy atenta la intervención que hizo el representante, nosotros nos mantenemos y lo sorprendente, lo sorprendente, con esa cara de muy bueno que usted les ha expuesto es que no les contesté a una de sus reivindicaciones principales, y es a la condición de bomberos forestales. No ha dicho nada, ha tenido su tiempo, me puede enseñar el papel que quiera, pero resulta sorprendente que en un apoyo tan decidido que usted manifiesta aquí no lo haga. Nosotros, en el Parlamento de Galicia, mi compañero Diputado Pablo, ¿no?, Pablo López, perdón, Pablo López, defendeu un servicio único, un servicio profesional y todo el apoyo a las reivindicaciones que el colectivo manifestaba, lo suyo hoy, a mi modesto entender, ha sido salir del paso, me encanta, me encanta que ustedes apoyen esta moción, pero lo que si es cierto es que en ese concepto que me pide de trasladar, ojalá, lo que usted ha manifestado aquí o lo que parece que ha manifestado mañana sea apoyado por el Presidente de la Xunta de Galicia, por la Conselleira y el colectivo se sienta eficazmente atendido. Nosotros mantenemos el texto de la moción y nos agrada que ustedes la voten a favor pero, ojalá, ojalá, os feitos tamén o demostren. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias, e para que conste, ós medios de comunicación, porque me parece que a verdade sempre é importante que sexa coñecida, as emendas presentadas polo Grupo Socialista no Parlamento galego foron acordadas cos responsables, coas persoas que hoxe están intervindo aquí, foron acordadas esas emendas en defensa dun servicio público. Polo tanto, tamén que se saiba, que esas emendas ó que responden é á defensa dun modelo totalmente distinto ó que existe, simplemente, simplemente para que se teña coñecemento desta cuestión que é importante, ademais de que o Sr. Font o explicou claramente. Bueno, finalizada a parte resolutiva, ¡ah, perdón, si!, como dábamos por feito que …. ¿Votos a favor da moción?. ¿En contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobada por unanimidade. Escóitanse aplausos. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, acorda por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) sobre cuestións relacionadas co Servizo de extinción e prevención de incendios forestais de Galicia. Dita Moción é como segue: “Santos Héctor Rodríguez, voceiro e deputado do Grupo Provincial Socialista na Deputación Provincial de Pontevedra ó abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte Moción ó Pleno: O Servizo de extinción e prevención de incendios forestais de Galicia está a padecer unha situación de fragmentación o través dun complexo entramado de organismos, empresas e institucións que está prexudicando a eficiencia do que sempre foi un servizo de contrastada eficacia. Unha eficacia que se reflexa nos datos do propio Ministerio de Medio Ambiente que sinala a taxa de eficiencia do servizo galego, ten unha superficie media por incendio de 2,8 hectáreas por lume, mentras que por exemplo a taxa de eficiencia dos bombeiros forestais extremeños foi de 11,04 hectáreas por lume. A política de disgregación dunha parte do dispositivo e a privatización dos servizos está a comprometer o traballo dos profesionais na defensa contra o lume. Ademais a negativa a recoñecer o labor destes traballadores como bombeiros forestais e a precarización das súas condicións laborais xunto coa temporalidade do seu traballo ó non garantir a estabilidade laboral, pon ó Servizo menos eficiente e cuns custes de explotación maiores. En consecuencia, propoñemos ó Pleno a seguinte Moción: 1.- Instar á Xunta de Galicia ó mantemento dun verdadeiro servizo de prevención e extinción de incendios forestais (SPDCIF) integrando os profesionais necesarios con garantías de substentabilidade, eficacia e seguridade. 2.- Instar á Xunta de Galicia a garantir a estabilidade laboral e profesional do propio servizo. 3.- Instar á Xunta de Galicia ó recoñecemento da categoría profesional de bombeiro forestal. 4.- Trasladar este acordo á presidencia da Xunta de Galicia e a Consellería de Medio Rural.” Sra. Presidenta.- Ben, finalizada a parte resolutiva, pasamos á parte de información e control. B) Parte de información e control: 11.6677.- DAR CONTA DO INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE SETEMBRO DE 2015 Sra. Presidenta.- No punto 11. Dar conta do Informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de setembro de 2015. ¿Observacións?. Queda dada conta. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevé na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de setembro de 2015, que se expón a continuación: PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES SETEMBRO 2015 Entidade Mes Ratio operacións pagadas Importe pagos realizados Ratio operacións pendentes Importe pagos pendentes Período medio de pago Deputación de Pontevedra Setembro -11,4211995239 5.045.370,28 60,9580203202 534.442,38 -4,488615068 Escola de Enfermería Setembro 17,3177228537 1.811,39 0,0000000000 0,00 17,31772285 Consorcio de Incendios e Salvamento Setembro -3,0000000000 219.368,11 0,0000000000 0,00 -3 TOTAL 5.266.549,78 534.442,38 -4,425513025 O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de setembro de 2015 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, en relación ó disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. 12.6678.- DAR CONTA DO INFORME DE CUMPRIMENTO DURANTE O 3º TRIMESTRE DO 2015 DOS PRAZOS DE PAGO DE OBRIGAS EN RELACIÓN CO DISPOSTO NA LEI 15/2010 POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 12. Dar conta do Informe de cumprimento, durante o terceiro trimestre de 2015, dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na Lei 15/2010, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. ¿Observacións?. Queda dada conta. A Lei 15/2010 de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais establece no seu artigo 4º que as corporacións locais elaborarán un informe trimestral sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigas, previstos en dita lei, informe que debe remitirse ós órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda, e, no seu respectivo ámbito territorial ós das Comunidades Autónomas que teñan atribuída a tutela financeira das entidades locais. Dita información poderá ser utilizada polas administracións receptoras para a elaboración dun informe periódico e de carácter público sobre o cumprimento de prazos para o pago por parte das Administracións Públicas. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe de cumprimento pola Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento dos prazos para o pago das obrigas correspondente ó 3º trimestre de 2015, que se expón a continuación: INFORME DE CUMPRIMENTO DE PRAZOS PARA O PAGO DE OBRIGAS CORRESPONDENTE Ó 3º TRIMESTRE DE 2015 1. Con referencia á data de rexistro da factura.  Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio Pago (PMP) (días) Período Medio de Pago Excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe total Deputación de Pontevedra 31 20 3.572 8.678.279,78€ 840 6.533.372,32€ Escola de Enfermería 35 11 1 1.787,41€ 7 5.775,51€ Consorcio de Bombeiros 21 11 737.458,13€  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio Pendente Pago (PMPP) (días) Período Medio Pendente Pago Excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº opera-cións Importe total Nº opera-cións Importe Total Deputación de Pontevedra 49 95 589 3.338.424,30€ 111 2.269.840,07€ Escola de Enfermería 19 5 3.891,61€ Consorcio de Bombeiros 24 2 219.401,37€ 2. Con referencia á data da factura.  Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio Pago (PMP) (días) Período Medio Pago Excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe total Deputación de Pontevedra 48 57 2.368 3.936.404,61€ 2.051 11.277.536,73€ Escola de Enfermería 37 43 1 1.787,41€ 7 5.775,51€ Consorcio de Bombeiros 27 62 8 678.137,77€ 3 59.320,36€  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio pendente pago (PMPP) (días) Período Medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº operac. Importe total Nº operac. Importe total Deputación de Pontevedra 53 111 804 4.732.694,93€ 221 3.019.306,34€ Escola de Enfermería 14 7 5.830,57€ Consorcio de Bombeiros 30 2 219.401,37€ 3 59.320,36€ 3. Intereses de demora pagados. Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación de Pontevedra 0 0,00€ Escola de Enfermería 0 0,00€ Consorcio de Bombeiros 0 0,00€ 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga. Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período medio de operacións pendentes de recoñecemento da obriga(PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 0 0 0,00€ Escola de Enfermería 0 0 0,00€ Consorcio de Bombeiros 0 0 0,00€ O Pleno queda enterado do contido do informe de cumprimento, pola Deputación de Pontevedra, a Escola Universitaria de Enfermería e o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, durante o 3º trimestre de 2015 dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na Lei 15/2010 de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. 13.6679.- DAR CONTA DO INFORME DE AVALIACIÓN DO CUMPRIMENTO DA ESTABILIDADE ORZAMENTARIA, REGRA DO GASTO E LÍMITE DA DÉBEDA DA UNIDADE INSTITUCIONAL DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CORRESPONDENTE Ó 3º TRIMESTRE DO EXERCICIO 2015 Sra. Presidenta.- No punto 13. Dar conta do Informe de avaliación do cumprimento de estabilidade orzamentaria, regra do gasto e límite da débeda da unidade institucional Deputación de Pontevedra correspondente ó terceiro trimestre do exercicio 2015. ¿Observacións?. Queda dada conta. O 14 de outubro de 2015 o servizo de Intervención emite informe da avaliación do cumprimento da Estabilidade Orzamentaria, Regra de gasto e Límite de débeda da unidade institucional “Deputación de Pontevedra” correspondente á execución do 3º trimestre de 2015 co seguinte resultado: - Capacidade de financiamento, “superávit non financeiro”=+11.665.337,23€. - “Regra de gasto”, cunha marxe de AUMENTO do gasto non financeiro computable de +4.261.002,19€. - Cumpre co principio de sustentabilidade financeira na dobre vertente: Límite de débeda sobre ingresos correntes liquidados no exercicio anterior=25,39%, por debaixo do 110%; e período medio de pago a provedores cun rateo de -4,426 días no mes de setembro. - O resultado da avaliación: CUMPRE COS OBXECTIVOS SINALADOS NA EXECUCIÓN ORZAMENTARIA NO 3º TRIMESTRE DE 2015. O Pleno queda enterado do contido do informe de avaliación do cumprimento do Obxectivo de Estabilidade Orzamentaria, Regra de gasto e Límite de débeda na liquidación dos Orzamentos Xerais da unidade institucional “Deputación de Pontevedra” correspondente á execución do 3º trimestre de 2015. 14.6680.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 14. Dar conta da Resolucións Presidenciais. ¿Observacións?. Queda dada conta. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 22 de setembro e 22 de outubro do ano 2015 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial, de data 1 de outubro de 2015, en relación con avocación de competencias de D. Uxío Benítez Fernández e delegación en D. Cesáreo Mosquera Lorenzo, por período vacacional durante os días 2 ó 18 de outubro, volvendo a ostentala unha vez rematado dito período. C) De Resolución Presidencial, de data 6 de outubro de 2015, delegando a asistencia da Presidencia ó Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, SA, no deputado D. David Regades Fernández. D) Resolución Presidencial, de data 6 de outubro de 2015, delegando a asistencia da Presidencia á Xunta Xeral de Accionistas de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, SA, no deputado D. David Regades Fernández. 15.6681.- ROGOS E PREGUNTAS Sra. Presidenta.- E xa no punto 15, Rogos e preguntas. Hai unha pregunta presentada por parte do Partido Popular na que se plantexa, ¿cales son os pasos que se deu na Deputación de Pontevedra con respecto ó Proxecto Pousadas?, desde o 17 de xullo ata a data, e dous, ¿que ten pensado facer o bipartito coas catro Pousadas do Salnés?. Paso a responder a esta pregunta rexistrada polo Grupo Provincial do Partido Popular. Trala toma de posesión do novo goberno da Deputación e a posta en funcionamento, o 24 de xullo comeza unha serie de solicitudes urxentes do Servizo de Turismo sobre tramitacións pendentes nas Pousadas do Salnés. Lembrar que os edificios estaban rematados en 2012, ou sexa, fai catro anos, a súa explotación comezou a xestionarse dous anos despois, en febreiro de 2014, con concursos que foron quedando desertos hasta maio que se adxudica. Dende abril de 2015 ata a actualidade, as disputas entre empresa adxudicataria e a Deputación son constantes, non se entregan as Pousadas e a concesionaria non asinou xamais un programa de explotación das mesmas nin as actas de inicio de posta en funcionamento, repito, estou falando de abril de 2015, gobernaba o Partido Popular e era Presidente o Sr. Louzán. Polo tanto, o goberno anterior foi incapaz de xestionar dende 2009, que comezou o programa, a xestión das catro Pousadas do Salnés. Foi incapaz de conquerir a súa adxudicación ata este ano, e fala de retrasos na motivación e nas roldas de prensa que ten dado o Sr. Moldes, que é o que demanda información. Polo tanto, chama moito a atención esta petición de explicacións á Deputación de Pontevedra gobernada polo novo goberno. Así que foi incapaz de conquerir o anterior goberno a súa adxudicación ata este ano como dicía e, polo tanto, resulta, cando menos, intolerable, cando menos. A situación das Pousadas en xullo de 2015 era a seguinte, relato: “As Pousadas non tiñan licencias de primeira ocupación nin activade solicitadas no mes de maio de 2015. Ningunha das Pousadas tiña seguro para as instalacións. O subministro eléctrico había esgotado o presuposto e a Pousada de Meaño non tiña dado de alta o consumo eléctrico e ademais, precisaba dun transformador. As Pousadas tamén carecían de vixilancia e seguridade en xullo de 2015, estando en funcións o anterior Presidente, o Sr. Louzán. O prazo para a presentación do Plan de explotación dos concesionarios remataba o 10 de agosto e a empresa se negaba a presentalo. Sobre un presupuesto inicial de 9.000.000 a Deputación recibiu un total de 6.626.995,1€, debería poñer 3.000.000, e na data de xullo de 2015, escoiten ben, levaba gastados 20.118.279€, 3.000.000 era o que estaba previsto e o que estaba gastado 20.118.279€. O presuposto inicial, habíase case triplicado e a aportación da Deputación multiplicouse por cinco, nestes momentos é maior aínda por ter que realizarse todos os pagos que o anterior Presidente deixou pendentes. A situación era tan precaria que a Xefa de Servicio solicitou o 25 de agosto unha transferencia de crédito de 38.000€ para abonar os gastos de electricidade das Pousadas do Salnés porque non se habían pagado as facturas de xuño, gobernaba o anterior Presidente da Deputación, o Sr. Louzán, e podería perigar o subministro xa que no crédito dispoñible no proxecto Pousadas quedaban só 861,16€. A maiores, solicitábase a contratación dun sistema de vixiancia por importe de 31.000€, a xestión do proxecto das Pousadas estaba paralizada dende o 2014 e agora os novos responsables, a partir do 17 de xullo tíñamos que facer frente a unha xestión caótica, por ser amable na calificación, outras responsabilidades xa as delimitará quen corresponda. Ademais de todo esto teño que decirlles tamén que as posibles irregularidades na xestión do Proxecto xa foron obxecto de preguntas parlamentarias en Europa en decembro de 2013, gobernaba o anterior goberno do Partido Popular e era Presidente o Sr. Louzán, e de denuncia ante a oficina europea de loita contra o fraude, a OLAF, en abril de 2014, gobernaba o anterior goberno do Partido Popular e era Presidente o Sr. Louzán. En só dous meses fronte a seis anos contratouse o seguro das instalacións, 11.000€, pagáronse as facturas de subministro, 28.000€, do 2015. Dotouse de transformador a Meaño que carecía del e estase rematando a contratación para vixiancia dos catro edificios, 31.000€. Axilizouse o tema da concesión de licencias que non estaban dadas, Armenteira ten licencia xa, en Ribadumia pagáronse as taxas, 31.000€, que non se tiñan pagado, e na Lanzada complementouse a documentación solicitada polo concello para continuar a tramitación da licencia, cuestión que non fixera o anterior goberno. Coa concesionaria estase a desenvolver un grupo de traballo para subsanar os moitos puntos de diverxencia que existen, puntos de diverxencia que non teñen nada que ver coa xestión do actual goberno da Deputación senón co anterior goberno do Partido Popular e do seu Presidente, o Sr. Louzán. En dous meses fíxose máis que nos catro anos anteriores para intentar dar solución a un problema creado, aparcado, non xestionado adecuadamente e ruinoso, ideado polo goberno anterior sendo Presidente o Sr. Louzán. Ademais, estase preparando toda a documentación, tarefa que non foi fácil polo tempo transcurrido e as dimensións dos expedientes, para enviar tamén estes expedientes á fiscalía xa que se detectaron irregularidades na tramitación e os pagos que podían xerar a necesidade de profundizar na súa legalidade. Con isto respondo á primeira pregunta feita polo Grupo Popular que preguntaba cales son os pasos que se deron na Deputación de Pontevedra con respecto ó Proxecto Pousadas desde o 17 de xullo ata a data. O segundo punto da pregunta plantexa: ¿que ten pensado facer o bipartito coas catro Pousadas do Salnés?. A resposta é: en primeiro lugar, investigar todas as irregularidades, que son moitas e graves; en segundo lugar, dar solución a unha xestión catastrófica. Resulta incomprensible que o Partido Popular pida explicacións a este goberno porque deberían pedirllas ó Sr. Louzán, por iso eu, nesta resposta a este segundo punto lles vou facer unha petición, lles propoño que inviten ó Sr. Louzán a dar explicacións públicas para que todas e todos nós, os Deputados, os catorce Deputados se vostedes non teñen coñecemento do que aconteceu durante todos estes anos de xestión catastrófica, todos poidamos ter información clara e poder saber de que estamos a falar e tamén sobre de todo e o máis importante para que a cidadanía teña coñecemento do acontecido con respecto ás Pousadas. Eu, realmente estou moi preocupada polo que ten acontecido, creo que o relato é claro, é un relato obxectivo, con datos obxectivos do acontecido e, sinceramente, si que creo que o Sr. Louzán debería dar explicacións públicas, as debería dar. Nós, desde logo, imos seguir adiante intentando dar unha solución a unha cuestión moi complexa e moi preocupante, e moi preocupante, porque se pode xestionar mal pero non se pode xestionar peor do que xestionaron as Pousadas. Así que eu tamén o que lles pido ós membros do Grupo Popular é que teñan sentido da responsabilidade, sentido da responsabilidade, hoxe a min me obrigan a responder a estas preguntas publicamente, publicamente e creo que é un gravísimo erro do Partido Popular, é un gravísimo erro do Partido Popular, porque se fixo moi mal e temos heredado unha situación moi complexa. Así que a partires de agora, vostedes, antes de facer este tipo de preguntas, que teñen que teñen todo o dereito do mundo a preguntar todo o que consideren, antes de facelo, pensen porque lle están facendo moito dano ós seus dirixentes que son os responsables de toda esta barbaridade de xestión, porque non se lle pode dar outro calificativo. Dou por pechada e a resposta porque isto era unha pregunta que se presentara por escrita e eu a respondo no Pleno da Deputación. Se non hai máis Rogos e preguntas, que entendo que non, porque antes o preguntei e ninguén, eu preguntei. Sr. Crespo, eu preguntei no punto 15, Rogos e preguntas, non houbo, rogos e …, lla vou dar, ¡eh!, lle vou permitir que faga pregunta, que faga algunha pregunta pero, tamén lles digo, que cando estemos nun punto da Orden do día e eu o abra, vostedes o fagan no momento que corresponde, non había, non había petición feita e eu contestei a unha pregunta escrita. Ten a palabra Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Si. Ben. Eu, cando vostede abreu o punto eu pisei aquí o aparello este, se non funciona ben pois non o sei, ás veces funciona ben e ás veces non, eu pisar piseino, asegúrollo. Ben, é con respecto á visita que fixo a Lalín a Presidenta da Deputación, onde afirmou que eu, pois, que non existía un convenio a catro bandas entre a Deputación, a Xunta, Fomento e máis o concello, e, eu o que lle pregunto, catro preguntas con respecto á súa visita a Lalín. ¿Coñece ou coñecía a Presidenta ese día o acordo da Xunta de Goberno desta casa, do día 24 de abril de 2015, onde se lle concede ó concello de Lalín a cantidade de 199.300€ correspondentes ó POSP 2015 para o proxecto “Obras de acondicionamento da ronda Este e Norte”, e onde, posteriormente no mesmo acordo, se fala claramente da existencia dese convenio e quen vai ter a responsabilidade de adxudicalo?. Dous, falaba a Presidenta en dita rolda de prensa que lle iba conceder ó concello de Lalín 300.000 € para dito fin, pregunto, ¿eses 300.000 € incluían os que xa ten concedidos ó concello e que son do concello non da Deputación?, para ese plan seu, é dicir, 199.300, non 200.000, ¿ou serán a maiores eses 300.000 que dicía a Presidenta?. O terceiro é, a terceira cousa que pregunto é, ¿cando se van a conceder?. E o cuarto é, unha vez visto o acordo da Xunta de Goberno de 24 de abril deste ano, ¿segue mantendo a Presidenta que eu faltaba á verdade con respecto á existencia dese convenio?. Gracias. Sra. Presidenta.- Me encanta que me faga esta pregunta, de verdade llo digo, estou encantada de que ma faga. E, quero comezar decíndolle que eu lle prego que vostede lea con profundidade o que aparece nos medios de comunicación de cando eu fago declaracións ou dou roldas de prensa, porque todas estas preguntas que vostede está plantexando eu as contestei en rolda de prensa con toda claridade, quedou claramente establecido o que era a cuestión da rolda Leste de Lalín, pero as volvo a repetir exactamente igual que as dixen na rolda de prensa que din na visita que fixen ó concello de Lalín acompañada polo alcalde deste concello. En primeiro lugar, si, eu coñezo, cando vou ós concellos eu teño un problema e é que estudio, nunca vou a ningún sitio sin saber con profundidade cales son todas as cuestións das que vou tratar, polo tanto, coñecía perfectamente todos os puntos que teñen que ver cos proxectos de Lalín, absolutamente todos, Sr. Crespo, creo que ademais é unha obriga dos políticos que estudiemos e sepamos de que falamos, eu intento facelo. Mire, eu alí, o que dixen é que no POSP de 2015 había 200.000, non falei de 199, exactitude, porque redondeei á alza uns euros, que había 200.000 no POSP de 2015 para a ronda Leste, o que dixen que non existía eran os outros 200.000 que eran necesarios, porque o compromiso que tiña adquirido o anterior Presidente da Deputación de Pontevedra, o Sr. Louzán, eran 400.000€, 400.000, e o único que estaban comprometidos eran 200.000, o que falta hasta 400.000, que son 200.000, iso non estaba comprometido en ningún sitio, polo tanto, era unha falsedade o que tiña afirmado o Sr. Louzán de que había 400.000, había 200.000 e o dixen, así, coa mesma claridade co que estou dicindo aquí, así, coa mesma claridade, eu intento sempre non faltar á verdade como tamén son capaz de recoñecer cando alguén fai algo e o fai ben, este non é o caso e, polo tanto, o dixen con toda claridade, comprometidos 400.000 e solo estaban 200.000 do POSP, por certo, que eran os de libre concurrencia, eran os de libre concurrencia, solo 200.000, non 400.000, había 200.000 que non estaban en ningún sitio, iso é o que dixen alí. En segundo lugar, eu tamén expliquei e o alcalde tamén e con toda a claridade, Sr. Crespo, que a eses 200.000 que estaban comprometidos no POSP se ían sumar 100.000 do outro proxecto que o alcalde de Lalín plantexaba que non se levara a cabo e que se sumaran á rolda Leste. Polo tanto, en lugar de haber 200.000 exclusivamente do POSP de 2015, se van a sumar estes 100.000, 200.000 máis 100.000 son 300.000, isto se dixo así con toda claridade, con toda claridade. E, eu o único que dixen é que se falta á verdade cando se dice que estaban comprometidos 400.000€, non soamente iso, tamén dixen que tamén era falso, que tamén se faltaba á verdade, por non dicir que se mentía, cando se falaba dun compromiso de Fomento, porque, e non son eu quen digo que era falsa esa promesa tamén feita e posta en boca do Sr. Louzán, porque foi a propia Ministra a que dixo que non había nin un euro comprometido para a rolda Leste de Lalín, entre outras cousas, porque non é competencia de Fomento e é difícil. Iso foi o que dixen na rolda de prensa, ¿cando se van a poñer estes 300.000€ para a rolda Leste?, no mesmo momento no que o concello de Lalín pida o cambio deses 100.000 para poder ter os 300.000 e poñelo en marcha. Como vostede sabe, ademais, hai de prazo hasta decembro de 2016, porque vostede é unha persoa que coñece perfectamente como funciona a Deputación por ende foi Vicepresidente desta casa. Polo tanto, hoxe, eu aquí, estou dicindo exactamente o mesmo, exactamente o mesmo que dixen na rolda, que dixen en Lalín na rolda de prensa, exactamente o mesmo, exactamente. É que as hemerotecas e as gravacións, alí había periodistas gravando, poden dar fe delo, polo tanto, isto é o que é. Creo que ten unha pregunta a Sra. María Luisa Piñeiro. Sra. Peña Muñiz.- No, Salomé Peña. Sra. Presidenta.- Si. Sra. Peña Muñiz.- Si. Bos días. Eu quería saber en que situación se atopa… Sra. Presidenta.- Non, está mal …, imos corrixir …, non, non. Sra. Peña Muñiz.- Dice, porque estou sentada creo que no sitio de … Eu quería facer a seguinte pregunta que é ¿en que situación se atopa un proxecto aprobado polo anterior goberno que é mellora da seguridade vial no tramo de Coirón-Ribadumia-Leiro, no lugar de Castaños, onde xa había a disposición do terreno por parte dos veciños?. Sra. Presidenta.- Contestarei por escrito. Sra. Peña Muñiz.- Moitas gracias. Sr. Alén Montes.- Hola, bos días. Gracias Presidenta. Eu teño aquí dous rogos sobre dúas estradas provinciais, o primeiro é sobre a EP-4401, que, digamos, vai de Mondariz-Balneario, Mondariz-Ponteareas, para que se faga unha idea é unha estrada intermunicipal e que está sen limpar, sen desbrozar, tan pronto se poida, por favor, que se vaia alí, estamos case xa no mes de novembro, non sei que pasou, este ano quizá fora tamén polo tema do cambio, é que a verdade é que está sen limpar. E en segundo lugar, outro rogo da EP-4306, tamén unha estrada interprovincial, chámanlle Pontedoval-Sabaxáns-Barciademera e une, comunica, mellor dito, Mondariz e Covelo, o rogo é tamén o mesmo, é que se limpe, que se desbrocen o que son as cunetas e, ¿cal é o problema deste caso?, incido neste caso, é que é tremendamente estreita, é dicir, a outra carretera, a primeira que dixen, bueno, pois é unha carretera ancha e bueno, non é moi perigosa, neste caso, repito, se pode ser urxente mellor porque están pasando autobuses escolares diariamente e hai que recordar que esa carretera, esa estrada nalgúns lugares ou na maioría ten somentes 5 metros de ancho, entonces, tan pronto se poida, mellor antes que tarde, mandedes por alí as máquinas. Graciñas. Sra. Presidenta.- Daremos conta do seu rogo. Ten a palabra. Sr. Aragunde Aragunde.- Un rogo. Gracias Presidenta. Bos días, bos días a todos e a todas. Eu solicito que dende a Deputación de Pontevedra se lle reclame á empresa adxudicataria da reforma do polideportivo do Instituto Ramón Cabanillas en Cambados, xa que xa se entregou esa obra e presenta deficiencias na cuberta, hai goteiras, e imposibilita a práctica deportiva. Sra. Presidenta.- Estamos nelo, Sr. Diputado. O certo é que é verdade que o anterior goberno da Deputación non facía un seguimento serio das obras e pasan estas cousas, ¿verdade?, porque as contrataron, remataron, bueno, e máis se foi inaugurar por parte do anterior Presidente da Deputación esta obra, e sería bo que ademais de ir a inaugurala antes de ter rematado a obra tamén fixera un seguimento de como se finaliza, pero non se preocupe, estamos en elo xa. Sr. Moldes ten a palabra. Sr. Moldes Martínez.- Si, para rematar, Presidenta gracias. ¡Ah, no!, me refiero cos rogos e … Sra. Presidenta.- Sra. Abelairas, non ten a palabra, tena o Sr. Moldes, ¡eh!. Sr. Moldes Martínez.- Vamos a ver. Nós mantuvemos unha reunión, o Grupo provincial, con varios colectivos que utilizan o que son as instalacións de Príncipe Felipe, concretamente o campo sintético e demais, que bueno, que por sorte vén a demostrar que é un equipamento que, neste caso, era necesario pola súa utilidade e lle trasladamos unha petición, neste caso, dos directivos dos clubes e dalgúns pais, que a ver, que neste caso como é unha instalación que se está utilizando moito ó fin de semana, nos pedían que a ver si nas inmediacións ou preto se podía, ou ben construír unha instalación dunha pequena ou dun pequeno quiosco ou senón, incluso, a instalación de máquinas expendedoras e demais, porque, neste caso, botan alí bastantes horas durante todo o fin de semana e realmente, pois, o teñen bastante lexos para poder tomar un café ou o que sea. Logo, nós neste caso o que queremos é que por parte do equipo de goberno se estudie a posibilidade de dotar a esta instalación, pois, ou ben desas máquinas expendedoras ou doutro tipo de dotación que poida dar este servicio. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Tomamos conta do seu rogo e mire, valoro positivamente que fagan propostas en positivo, iso é bo para todos, toma conta do rogo. Se non hai máis rogos nin preguntas levantamos a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as catorce horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición