Fondos
2015-11-27_Ordinaria. Acta de sesión 2015-11-27_Ordinaria
Acta de sesión 2015-11-27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/2.2015-11-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2015-11-27_Ordinaria
Data(s) 2015-11-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 27 de novembro do 2015 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas e vinte minutos do día vinte e sete de novembro do ano dous mil quince, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Sra. Presidenta.- Bos días a todas e a todos. Iniciamos o Pleno ordinario de 27 de novembro de 2015, antes de inicialo no nome de toda a Corporación provincial, dos 27 Diputados e Diputadas, imos facer un minuto de silencio polo falecemento de Neira Vilas, escritor, intelectual galego, home comprometido co seu tempo e o seu país, Medalla de ouro da provincia, un dos máis importantes representantes intelectuais da nosa comunidade. Neira Vilas era un home comprometido coa educación, creía que a educación era o método, instrumento, para a igualdade de todas as persoas, para facer que a nosa comunidade, que é Galicia, puidera ter o pulo que o noso país merece. Hoxe, no nome de todos os grupos políticos desta Deputación queremos facerlle unha homenaxe, hoxe, aquí, entre nós, camiña Balbino de “Memorias dun neno galego”. A emoción por este falecemento está en todos os corazóns de todas as galegas e de todos os galegos, así que imos facer ese minuto de silencio. Gárdase un minuto de silencio polo falecemento do escritor galego Xosé Neira Vilas e posteriormente escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Antes de iniciar a Orden do día do Pleno ordinario deste 27 de novembro de 2015, hai tres intervencións solicitadas, imos proceder ó seu desenvolvemento. En primeiro lugar, intervirá o Presidente do Comité de Empresa Elnosa, o Sr. Avelino García Martínez. Nestes intres prodúcense as distintas intervencións. Sra. Presidenta.- Pasamos xa á Orden do día do Pleno ordinario do 27 de novembro de 2015. Antes de comenzar recordar que tíñamos acordado que as intervencións das Mocións foran por cinco minutos con peche posterior por parte do propoñente, pero que por parte do Grupo do Partido Popular, solicítase o cumprimento do ROF, que é un reglamento antigo, que imos elaborar para traer un novo reglamento aquí, que é unha intervención de dez minutos e, polo tanto, como hai unha petición dun grupo, simplemente coa que houbera de unha Deputada ou un Deputado tamén se faría porque así o establece o ROF. As intervencións serán por dez minutos en cada uns dos puntos de intervención que hoxe están na Orden do día do Pleno, para o seu coñecemento. Como poden vostedes ver, señoras e señores Deputados, hai unhas pantallas colocadas no Pleno, haberá dez minutos e serán dez minutos os que teñamos cada un. Eu cortarei a palabra unha vez que se remate ese turno de palabra, lles pido a todos que cumpran, unha certa flexibilidade sempre se pode ter, pero lles pido, por favor, que cumpran con eses dez minutos que establece o regulamento, xa que facemos a petición de que sexa así, me parece que é o adecuado. Sra. Arévalo, parece que está pedindo a palabra. Sra. Arévalo Gómez.- Bos días, gracias. Eu lle solicitaría que hai un punto aquí, creo que é o primeiro que, bueno, pois é o asunto máis importante ó final do ano, ¿non?, que é o orzamento do ano dezaseis, lle rogaría se pudésemos ampliar o turno de intervención en este punto. Sra. Presidenta.- Si, Sra. Arévalo, eu tiña pensado, de feito dar quince minutos, pero como vostede solicitou que se cumplira o regulamento que dice dez minutos, en todo caso, me parece que si que o orzamento de calquera administración é o debate máis importante que se ten anual, polo tanto, o ampliaremos a quince minutos de intervención. Bien, acordado que haberá un tempo de quince minutos e que nas Mocións haberá dez minutos, iniciamos xa a Orden do día do Pleno ordinario do 27 de novembro de 2015. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.6682.- ACTAS ANTERIORES Sra. Presidenta.- No punto un, aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións extraordinarias, dos días 4 de setembro e 28 de outubro de 2015. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 15 votos a favor e 12 abstencións. Hai unha sola, ¡ah!, perdón, perdón, vale, vale, queda aprobada por 26 votos a favor e 1 abstención da Sra. Arévalo porque non estaba presente neses debates. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da sesión extraordinaria de 4 de setembro de 2015, e por maioría, coa abstención de Dona Nidia María Arévalo Gómez, por atoparse en dita data de baixa médica, aprobar o borrador da acta da sesión extraordinaria do 28 de outubro de 2015. 2.6683.- TOMA DE POSESIÓN DE DON JAVIER BAS CORUGEIRA COMO DEPUTADO PROVINCIAL Sra. Presidenta.- No punto dous, pasamos a un acto importante desta Corporación como é sempre a toma de posesión dun novo Deputado e, polo tanto, toma de posesión do Sr. D. Javier Bas Corugeira como Deputado provincial. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Toma de posesión de Don Javier Bas Corugeira como Deputado Provincial. Recibiuse da Xunta Electoral Central a credencial de Deputado Provincial a favor de Don Javier Bas Corugeira e toda vez que presentou na Secretaría Xeral a declaración de bens patrimoniais, declaración de causas de posible incompatibilidade, así como a liquidación do imposto sobre a renda, non hai, pois, obstáculo legal para a súa toma de posesión. Sr. Bas Corugeira.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sra. Presidenta.- Noraboa Sr. Bas Corugeira. Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Logo da toma de posesión do Sr. D. Javier Bas Corugeira quero transmitirlle en nome dos 27 Deputados e Deputadas a nosa noraboa pola toma de posesión neste cargo de Deputado provincial e desexarlle un bo traballo en representación das nosas veciñas e dos nosos veciños. Pasamos xa á parte resolutiva deste Pleno. A) Parte resolutiva: 3.6684.- APROBACIÓN DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, FUNDACIÓN DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA, ORZAMENTO CONSOLIDADO E ORZAMENTO DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO PARA O EXERCICIO 2016 Sra. Presidenta.- No punto tres, aprobación do Orzamento xeral da Deputación provincial de Pontevedra, Fundación da Escola universitaria de enfermería, Orzamento consolidado e Orzamento do Consorcio provincial contraincendios e salvamento para o exercicio 2016. Para a súa defensa ten a palabra o Sr. Carlos López Font. Sr. López Font.- Muchas gracias Presidenta. Buenos días a todos. La política tiene grandes momentos, momentos históricos que definen una institución, en este caso, la Diputación provincial de Pontevedra. En esta Institución en poco tiempo, solo en cuatro meses y en diez días, con este, estamos viviendo dos momentos históricos, y repito, en cuatro meses y diez días, porque escuchaba a algún Diputado ou Diputada recientemente que llevábamos seis meses gobernando, y quiero recordar que los seis meses se cumplen el 17 de xaneiro, y que todavía estamos a 29 de noviembre. Hacía mención a dos momentos, el primero, la toma de posesión de los Diputados de este gobierno y de la Presidenta y su discurso en nombre del acuerdo de gobierno de dos formaciones, Partido Socialista de Galicia y Bloque Nacionalista Galego. Fue un momento ciertamente histórico, un cambio, después de 36 años de gobiernos guiados por el caciquismo y guiados por la política de partido. El segundo momento importante es esta aprobación de presupuestos. Presidenta, Vicepresidente, compañeros de gobierno, es esta una sesión histórica como lo fue la del 17 de julio, porque cuatro meses y diez días después cambiamos el acumulado de 36 años, 36 años como decía anteriormente, de gobiernos de tono claramente partidista y de discriminación para ayuntamientos, alcaldes y territorios. Pero, en esos 36 años los 12 últimos han sido especialmente negativos, nefastos para esta Institución. Esta sesión también es un homenaje y un reconocimiento a los que lucharon durante todos esos años desde la oposición, pero algo más importante es el mandato de los ciudadanos del 24 de mayo. El 24 de mayo nos dijeron terminen ustedes con 36 años de caciquismo, estamos ante un presupuesto, como decía, histórico, un presupuesto, yendo a los números, de 152.000.000€, que es un 2,4% más que el anterior. Y este es el presupuesto que rompe con la arbitrariedad, este es el presupuesto que rompe con esas políticas que siempre hemos denunciado de la libre disposición, de la libre asignación y de la falta de respeto al resto de los ayuntamientos. Y es el presupuesto, precisamente por eso, del reconocimiento de los territorios, de la igualdad de los territorios, también de la igualdad de todos los alcaldes y alcaldesas que representan a un territorio. Es muy fácil decir que es el fin de la libre disposición, parece fácil decirlo, pero esto, ciertamente, es histórico, marcará un antes y un después en esta Institución, y algo muy importante, ya no habrá camino de retorno a esa política caciquil que se ha practicado. Cinco ejes políticos fundamentales tiene este Presupuesto, todos centrados en los concellos, y fíjense los ejes políticos que les voy a mencionar: empleo, territorio, igualdad, cohesión social y juventud. Para llevar a cabo estos cinco ejes políticos los instrumentos en este Presupuesto son muy nítidos y muy concisos, en concreto, y frente a las mentiras del Partido Popular, 47,5 millones para los concellos, está en la Memoria de Intervención, no se lo inventa ningún Diputado, ni el que les habla. Y estos 47,5 millones para los concellos se desglosan y se articulan en un Plan directo a los concellos de 40 millones, frente a los 30 del año anterior, pero también una asistencia técnica y jurídica a los concellos, protección del medio natural y programas sociales. Se puede afirmar categóricamente que nunca hubo un presupuesto como este, con líneas concretas, muy definidas y desde la igualdad de los territorios, las personas y los agentes sociales, a los que también va dirigido, aunque alguna Diputada se haya leído de forma muy tergiversada este Presupuesto y su Memoria. El Plan Concellos 2016 es una parte fundamental en estos ejes que mencionaba, son 40.000.000 concretos para 60 concellos y directamente a ellos, es, le recuerdo, el 26% del Presupuesto de gastos, enfatizo, el 26% de todo el Presupuesto va dirigido directamente a los concellos, y es un 33% más que en el 2015, precisamente, este Plan Concellos es el Plan que termina con la discriminación, con el clientelismo y con esa humillación, ¿por qué no decirlo?, y a las cosas hay que llamarlas por su nombre, de los alcaldes y alcaldesas para conseguir las subvenciones, las ayudas y las asignaciones directas por parte del anterior Presidente que actuaba como un Rey Midas. Ya no es necesario ser próximo ni ser próximo políticamente ni de la misma formación política, ni de la Presidenta, ni del Vicepresidente, ni de este gobierno, todos los ayuntamientos, otra mentira del Partido Popular, incrementan sus asignaciones, lo que ocurre es que antes de hacer declaraciones hay que leerse detalladamente los números, y lo peor de todo es que ustedes, los Diputados del Partido Popular lo saben, que todos los ayuntamientos incrementan, Mos un 28%, Moraña un 26,5%, Forcarei un 34% y así podría continuar pero no merece la pena que relate todos, sus alcaldes, Diputados del Partido Popular, están encantados. Otra cuestión muy diferente es la sonrisa de la Portavoz, la obediencia ciega a Núñez Feijoo y la coyuntura electoral que, evidentemente, les nubla la vista a la hora de leer el Presupuesto pero también la razón en defensa de sus territorios. Bien, frente a lo que he manifestado y que es el documento que aquí se presenta, ¿cuál es la respuesta del Partido Popular?. Pues fíjense, una de las mayores mentiras que yo he podido ver en política, porque es inconcebible que a la hora de dar argumentos se omite una parte, y lo peor no es decirlo aquí, lo peor no es decirlo en una rueda de prensa, lo peor es que cada uno de los Diputados y, sobre todo, cada uno de los alcaldes y alcaldesas están engañando a sus ciudadanos, aquellos que les votaron, aquellos que hicieron posible que ustedes fuesen alcaldes o alcaldesas, porque hacen unas cuentas sesgadas y omiten que al plan que me referí anteriormente se suman subvenciones, pero claro, aquí llega la diferencia importante, las subvenciones son por libre concurrencia y ustedes no están acostumbrados a esto, ustedes estaban acostumbrados a lo nominativo, a lo directo y por eso tiene toda lógica el escrito que ha presentado esta mañana la Sra. Arévalo como Portavoz del Partido Popular. Y ahí es donde está, en la libre concurrencia, lo importante, ahí es donde está el derecho de todos, ahí es donde duele precisamente al Partido Popular porque lo fácil era que le dieran a uno directamente, y esta libre concurrencia, y también se lo digo para su conocimiento, es la misma que se practica en el Concello de Vigo, Diputados y Diputadas del Partido Popular, idéntica. Bien, la gran mentira se articula en los datos que voy a dar a continuación, a los 47,5 millones directos a los ayuntamientos hay que sumarle, Sra. Arévalo, y hay que leer todo y profundizar, las siguientes partidas: prácticas laborales y empleo, 4.000.000, apoyo empresas pymes, 1.000.000, apertura viveros Barro-Meis-Lalín, 1,4 millones, Infraestructuras y accesibilidad, 16,1 millones, actividades turísticas, 3,5 millones, creación del Servicio de igualdad, 650.000€, apoyo impulso servicios municipales, 3.000.000, juventud, 1.000.000, colectivos sociales, 1.000.000, política cultural y lingüística, 5.000.000, bibliotecas públicas y archivos 1,6 millones, museo 4,3 millones, Plan estratégico deporte, 3.000.000 y Príncipe Felipe, que era una parte de este engaño al que ustedes tenían sometidos en el Presupuesto, 10,4 millones, pero en este Presupuesto a las cosas les llamamos por su nombre. Dicho esto, cuál es el resumen de la gran mentira del Partido Popular en su crítica, a los concellos directamente, 47,5 millones, el 30% más que en el Presupuesto anterior. A empleo, Sra. Arévalo, preste atención por favor, 15,3 millones de euros, el 20% más que en años anteriores, y todavía nos sorprendemos con que en su Presupuesto, en su propuesta pretenden reducir esta partida a 10.000.000€. Entre la confusión de los números y entre la tendenciosidad política, ciertamente, deben de saber los ciudadanos que ustedes pretenden que haya menos partidas para empleo, y a cohesión social, 29,4 millones de euros que es el 20% del Presupuesto, englobando aquí cohesión social, cultura, juventud, deportes e igualdad. Esta es la nueva Diputación, esta es la transparencia terminando con la humillante libre asignación y, algo muy importante, este Presupuesto que presentamos cumple escrupulosamente y si no les invito a que vuelvan a releer el discurso de toma de posesión de la Presidenta en nombre del gobierno, cumple todos y cada uno de los compromisos que habíamos adquirido políticamente. La verdad es que personalmente lo llevo fatal con ustedes, cada día me levanto más apenado por su forma de hacer política, todo son chillidos, insultos, descalificaciones. Y hoy peor todavía porque presentan un documento, y hoy me siento más apenado, en el que proponen reducir el empleo, en el que hablan de que abandonamos determinados colectivos cuando no tienen en cuenta las asignaciones que se realizan. Miren, Diputadas y Diputados del Partido Popular, unos, este gobierno, hemos venido a hacer política para las personas, ustedes, a destruir solo pensando en la política de partido, como llevan haciendo mucho tiempo, y en la utilización de las Instituciones, algo todavía mucho peor, y se lo decía con anterioridad, traicionando a sus propios ciudadanos, no son ustedes, los alcaldes, ni los Diputados de todos, de todos los ciudadanos, no se comportan así. Le reto, Sra. Arévalo, a tres cosas, una vez ejecutado el Presupuesto, a que hagamos un balance del mismo, le aseguro que todos, todos los alcaldes estarán encantados, usted también. Le reto, la verdad lo tenía previsto pero ya veo que ha cometido ese tremendo error, a que ponga por escrito usted y sus Diputados que quieren mantener la misma política que antes, porque cuando ustedes hablan en el documento de asignaciones y de subvenciones, lo que están proponiendo es hacerlo igual que antes y ahí es donde, como le decía al principio, les duele la libre concurrencia y además, les recuerdo, ningún alcalde suyo pidió el que volviéramos al sistema anterior, pero también le reto a algo muy significativo, que leyendo estos días en los medios de comunicación he podido comprobar. Le reto a que usted y yo y el alcalde de Vilanova vayamos juntos a la Xunta a reclamar lo que reclama su alcalde de Vilanova, que reconoce que paga las facturas en 169 días y reconoce que todo esto es culpa de la Xunta por no rectificar su política, dice más, si se cumpliera la Ley, es decir, si la Administración Autonómica asumiera la financiación del mantenimiento de los colegios, de las guarderías y demás, le reto a todo esto. Y finalmente… Sra. Presidenta.- Quedan ocho minutos Sr. Font. Sr. López Font.- Voy a concluir, sí. Y finalmente, Diputados y Diputadas del Partido Popular, una vez que este Presupuesto se publique en el Boletín Oficial de la Provincia, todos ustedes, todos tendremos derechos, los derechos de los ciudadanos y así se ejecutará este Presupuesto después de 36 años, como decía anteriormente, de caciquismo, votar en contra de este Presupuesto es traicionar a los electores, al territorio, y aquí es donde se demuestra quien es dignamente alcalde de su localidad. Gracias. Sra. Presidenta.- Moitas gracias señor Deputado. Lle recordo que as intervencións agora son de menor a maior, aqueles Deputados dos distintos grupos que queiran solicitar intervir que o fagan. Sr. Mosquera, ten vostede a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas grazas, Presidenta. Bos días, bos días a todos e a todas. Ben, como creo que é coñecido hoxe, onte chegamos de unha serie de visitas entre elas, unha delas foi á Deputación de Barcelona e, ¿por que?, porque bueno, nos convidaron por un lado pero, por outro lado, en todos os manuais de xestión das Deputacións aparece como unha que ten avanzado moitísimo e ten unha xestión nada conflitiva e moi transparente e moi equitativa, ¿verdade?. Ben, sen ter recabado esa información nós acordamos no Pacto de goberno ir avanzando na liña de que todas as actividades, fundamentalmente, foran canalizadas a través dos concellos, cousa que podo dicir, por exemplo, que a Deputación de Pontevedra, nestes momentos, ou de Barcelona, directamente o que é asociacións e clubs e demais practicamente non ten xa nada e, por certo, con gran éxito e beneficio de case todo o mundo. Bueno, hai que aprender de todos lados e vindo aquí á Deputación de Pontevedra, pois, cando houbo o cambio de goberno estendeuse certo medo de que puidera manterse a discriminación pero invertida, ¿non?, ou sexa, así antes se discriminaban os concellos no que os seus votantes puxeran un goberno que non era o mesmo co da Deputación, pois eses cidadáns, eses concellos saían prexudicados e beneficiados os outros e temíase que se fixera exactamente o contrario. Esa suposición non foi certa, como vostedes ven, non foi certa para nada, e tamén había unha suposición de que ía ser imposíbel, ¿verdade?, facer un fondo agora, na aprobación inicial do Orzamento, non despois cos remanentes, senón agora, nas cifras en que anunciamos no Pacto de goberno, pois tampouco foi certo, tampouco foi certo, logramos sacar esa cifra co que supón de que practicamente vai quedar para sempre, ou sexa, os concellos nestes momentos van a saber canto van a recibir, xa o saben, cousa que antes sabíano en xaneiro, en marzo, en abril ou en calquera momento e á parte de sabelo, pois, moi dificilmente se vai a variar. E había tamén unha terceira esperanza ou suposición, que era que ó ser un goberno de coalición, pois as dificultades internas pois levaran a que fose moi difícil elaborar un Orzamento. Síntoo, síntoo para aqueles que podían ter esa esperanza, esa ilusión para poder repetir hasta a saciedade ese tranganillo de bigobernos, bipartitos, non se poñen de acordo e demais, síntoo. Pero, nesa situación, pois, chegamos a que en tempo e forma e de maneira acelerada, pois, fóramos adoptando medidas e chegamos a ter uns Orzamentos que responden, por primeira vez, a un programa público, e publicado, escrito, e que avanza nunha liña radicalmente diferente ó que nesta Deputación se estivo facendo durante moitos anos. Francamente, a nós gustaríanos que a Deputación se colocara no seu sitio, e este é un chamamento ó Partido Popular, que se colocara no seu sitio, nós actuaramos como Deputación, fundamentalmente a través dos concellos, hai concellos de todo signo, e que se puidera ver unha interlocución razoábel, cousa que sucede, e non quero repetilo máis, na Deputación de Barcelona, hai vicepresidentes que non están no goberno, para negociar e chegar a acordos sobre como se reparten os fondos ós concellos, e non converter isto en, unha parte da Corporación, a que ostentamos o goberno, intentando modernizar esta Institución e transmitir ou transferir ós concellos o máximo de fondos para que teñan a súa autonomía e o Partido Popular, pois, saíndonos por peteneras, ¿verdade?, a maioría delas francamente, francamente ridículas, que non conducen a nada salvo intentar crear unhas polémicas que non existen, con erros extraordinariamente graves, extraordinariamente graves, ou sexa, dicir que Pontevedra haberá 10.000.000 nos catro anos, nos catro anos, ¡home, non nun ano!, nos catro anos. Ou que Vigo non sabe que vai levar …, bueno, hai que escoitar cada cousa, hai que escoitar cada cousa, de verdade que … Escóitanse berros do público. Sr. Mosquera Lorenzo.- Hai que escoitar cada cousa que, Sra. Presidenta, é dicir, eu, francamente, son partidario de toda a liberdade de expresión pero os argumentos “ad hominem” me parecen o último que se pode usar. Entonces, supoño que si nos presentamos cun programa o que hai que discutir é se o cumprimos ou non e non dedicarse a dar berridos. Ben, continúo, miren, o acordo, a proposta que fan ustedes se o fixera unha forza política que non ten responsabilidades de goberno, que non tuvo responsabilidades de goberno nunca aquí, podíamos hasta entendelo, agora, que propoñan, exactamente o que propoñen é 36,6 millóns máis de gasto a cambio de reducir 300 ou 400 mil, ou sexa, a multiplicación dos pans e dos peixes. Escóitanse berros do público. Sra. Presidenta.- Perdone, Sr. Mosquera, que así se lle parece deixamos que desaloxen o … Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Presidenta. Repito, 36,6 millóns que propoñen máis de gasto e din que se recorte en publicidade como se os medios de comunicación non tiveran que vir pero, vaia, aínda recortando o que se queira podíase baixar 600.000, ou 300.000, non se sabe canto, esa é a multiplicación dos pans e dos peixes, home, repito, que o faga alguén que nunca tuvo que gobernar unha institución nin ten, vamos, ou non conoce uns Orzamentos ou o que sexa, vale, pero que o fagan vostedes, non sei, se queren que lle demos á maquinilla de producir, de fabricar euros, que paguemos con follatos, é difícil, é difícil, ¡ai, por favor!, sexan un pouquiño serios, teñen unha actitude, ou sexa, ustedes non creron que este goberno fora capaz a gobernar, a tomar decisións nunha liña publicada, pública e coñecida ó ritmo ó que o estamos facendo e nin que fóramos capaces a chegar a estes orzamentos, e toman unha liña, é dicir, como todas as nosas previsións fallan, entonces, bumba, metemos o pitón, pero terá que ser cara algún lado, digo eu, terá que ser cara algún lado, ¿non?. Cando entramos na Comisión, eu supoño que algún de vostedes escoitaría, é dicir, non sei se facer esta gamberrada, presentar unha emenda ás bases do Plan de reparto, é dicir, que os concellos que queiran acollerse ano por ano, ou sexa, o que levaron o 2012, para o ano que vén, no trece, para o dezasete, no catorce para o dezaoito, ¿verdade?, e o que levaron no quince, para o ¿dezanove?, para a ver se algún concello seu se acollía a iso, estamos abertos a facelo, cando chegue o do Plan se queren propoñemos iso, ¿verdade?, o que levan según os plans, ¿eh?, ¿vale?, estamos abertos, pero por favor, negar a evidencia, de que é a primeira vez que hai un plan antes de final de ano que se sabe a cantidade, que ten uns criterios de reparto obxectivos, que non hai o 20%, ¡home, por favor!, pero, ¿por que teñen que meterse nese patacal?, e que é algo francamente, é algo francamente increíbel o que están a facer. Logo non vou a entrar a desglosar todas as partidas, teñen, vamos, están aí, pois, publicaranse, colgaranse na páxina web e faise moi, moi insoportábel, ¿non?, os plenos dos orzamentos cando se convirten nunha ensalada de cifras, nunha ensalada de cifras e demais. Vostedes non saben, por exemplo, que o Museo tiña un millón máis porque era para unhas obras, se se acabaron as obras, que quere, ¿inventamos outras obras para ter un millón máis?. Pode ser, collemos e dicimos “vamos a facer unhas obras”, ¿e son necesarias?, non, pero facémolas para que non baixe o orzamento, ou Mouriscade igual, é un novo laboratorio, que está acabado, entonces baixou un millón, claro, era o que había para as obras, ¿inventamos outras obras?, bueno, pois, ala, facemos unhas obras máis, ¿por que non?, de verdade, é que, repito, parece mentira que estiveran gobernando hasta hai catro meses, parece mentira, e cambien un pouquiño de actitude que podemos levar a Deputación en ben de todos, obviamente, os que temos a maioría temos un criterios, pero estamos dispostos a negocialos con vostedes, a negocialos, deixen de tomar guindillas pola mañán e despois botar lume pola boca, pensen un pouco, que nós estamos dispostos a pensalo, á parte, conócenos, xa hai Deputados aí nesas bancadas que nos conocen hai tempo, saben como funcionamos, non sería tan difícil chegar a acordos, incluso tal. Para nós sería o ideal, francamente, ¿por que?, porque entendemos as Deputacións para o que son, para suplir certas necesidades dos concellos, ¿vale?, e, polo tanto, vostedes teñen concellos, nós temos outro tente, polo tanto, podemos poñernos de acordo polo menos no fundamental, polo menos en isto. Entonces, ¿como era?, incluso len mal o tal, é dicir, que non se quiten as axudas ás confrarías e non sei que, se subiron, subiron, pero non indiscriminadas para resíduos, pero van ser para eles, van ser para eles, están sumadas as que levaban e subeuse non sei se 100.000€ para os mismos sectores, pero léanse un pouquiño o presuposto, caramba, lean ou pregunten, a verdade é que eu estuven fóra e igual non mo podían preguntar, pero vamos, pero igual mo puderon preguntar antes ou o que sexa, pero non salir así, de repente, na suposición. Eu creo que debían, traslucen demasiado, demasiado, que supoñían dúas cousas, unha, que isto era eterno para ustedes, o goberno da Deputación, e dúas, que este goberno se iba a esnafrar ou, polo menos, ter dificultades, iban ter carnaza, pois non, pois non, entonces, adáptense á realidade, adáptense, porque é moi, moi estraño, quero dicir, eu desde logo estaría abochornado e dígoo sinceramente abochornado de ter presentado unha proposta deste tipo, francamente, cando entrei aquí no noventa e un, pois, podía facer estas cousas e hasta, ¡vah!, parecería o normal pero conocendo como funciona esta Institución, conocendo de onde veñen os cartos e como se repartían ata agora, pois, sería, vamos, está fóra de lugar unha proposta, unha proposta deste tipo. Creo, creo e convídovos, que sería moi bo para vostedes e moi sano para esta Institución que votaran a favor dos presupostos, ¡eh!, creo, ou sexa, ustedes partían, os alcaldes e alcaldesas que están aí e os seus que están fóra, partían de que íamos a ter 20, ou 4, 8, ou 10 millóns que íamos a repartir a dedo como se facía antes, etc., e tiñan medo de que iso fora a suceder, pois non vai suceder, non vai suceder, só por iso, ¡caramba!, só por iso, e claro, partían da hipótesis de que se repartían a dedo vostedes non iban levar nada, bueno, como iso non se vai poder verificar, por que non se vai repartir nada a dedo, só por iso creo que debían ser un pouquiño máis serios e votar a favor dos Orzamentos, en todo caso, alá vostedes, cada un é libre pero creo que se están equivocando profundamente. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. ¿Algunha palabra máis?. Sra. Arévalo ten a palabra por quince minutos. Sra. Arévalo Gómez.- Moitas gracias. Moi bos días de novo a todos. Utilizando este pouco tempo que teño para poder intervir, e digo pouco tempo porque eu chamei a Secretaría solicitando que non foran cinco minutos senón que fose polo menos o tempo que había no regulamento orgánico, así que, Sra. Presidenta, non é que eu lle solicite solo os dez minutos, como mínimo. Dende logo, é un momento histórico, si que é histórico, nunca na historia desta Institución hubo estas pantallas, hubo este recorte no uso da palabra, aquí, interviñan os grupos as veces que querían e o tempo que querían e non se lle cortaba a nadie a posibilidade de poder intervir porque é a nosa obrigación, é enriquecedor ademais o debate neste Pleno. Aquí está prohibido utilizar a Sala de Prensa e esta prohibido utilizar todas as salas, temos todo prohibido, ese é o momento histórico que estamos a vivir, ese é o momento histórico que estamos a vivir, e resulta que teño que escoitar ó Sr. López Font decir … Estou no uso da palabra, por favor, … Estou asustada, escoitando ó Sr. López Font, de que aquí hubo chillidos e aquí hubo insultos, mire, Sr. Font, os únicos insultos que houbo son os que onte, na tarde de onte, tuven que escoitar de Santos Héctor, chamarnos rastreros, e me gustaría que me conteste por que somos rastreros, por falar, por defender o que nos corresponde, porque reclamamos uns orzamentos, porque defendemos ós traballadores de Ence, é bastante lamentable. Pero o máis lamentable aínda é cando vostede utilizou todo o tempo que lle correspondía en falar do Sr. Louzán, en falar da anterior lexislatura e das outras de atrás, en vez de falarnos do Orzamento. Dende logo que teñen un problema, un problema vostede, un problema a Presidenta que foi ó Parlamento de Galicia a falar do Sr. Louzán, única e exclusivamente, hasta os Deputados de AGE tuveron que dicirlle que falase algo do Orzamento da Deputación de Pontevedra, pero hoxe se repite outra vez, o mesmo que aconteceu no Parlamento de Galicia. Eu lle vou a ler algo que dice: “Queremos unha provincia donde as pontevedresas e pontevedreses se sintan parte dun territorio común onde se compare un modelo de sociedade igualitaria, de progreso económico e social, unha provincia heteroxénea”, etc., etc., etc., que vén decindo ó final, “… remando todos nunha dirección”. Sra. Presidenta, esto non o digo eu, esto o dice vostede. Pero a realidade é ben distinta, a pesares de que aquí nos queiran dicir unha cousa, vostedes fan outra e a realidade é que os veciños reman nunha dirección e a Presidenta e o goberno rema en outra. ¿Como me poden dicir que os concellos son o eixo destes Orzamentos?, por certo, Orzamentos que non concretan nada, como un vehículo sen motor, non concretan nada, todo é xenérico, xenérico, xenérico, obviamente sabemos para o que, para facer a política realmente que saben facer, que é a política de partidismo, e claro que acepto o seu reto, Sr. Font, e para, ó terminar o ano vamos a falar vostede máis eu de como foi ese reparto de fondos, acepto encantada ese reto, Sr. López Font. Pero por iso, como non se recibe o que se recibía antes, pois por iso, maioritariamente é o motivo polo que nós non estamos a favor, porque os concellos perden 20.000.000€, porque desaparecen as axudas nominativas a todos os colectivos deportivos e culturais, porque se rebaixan as partidas de benestar social, de cultura ou de turismo, e ademais, quero decirlle, Sr. Mosquera, por moito que vostede se ruborice cando falan, porque parece que lle molesta o que dice a oposición, e teñen que escoitarnos, e teñen que lernos nos medios, porque pensan que non dándonos a Sala de Prensa non vamos a falar, están moi equivocados, somos o grupo maioritario e non deberían de burlarse, como o están a facer continuamente, do que está a decir este grupo de Deputados. Lle decía a improvisación, desde que tomaron posesión é a súa tónica, improvisar co mini Plan de emprego, improvisar coas bases, improvisar co Orzamento, é todo unha auténtica improvisación, por iso estamos a ver, cando non somos capaces aínda a día de hoxe, os alcaldes e alcaldesas de saber que quere dicir con esas bases, pero falaremos deso máis adiante. En todo caso, vostedes queren que falemos de cifras que non están no Orzamento, que imaxinemos o futurible ou o remanente, nós falámoslle das cifras que están o Orzamento e nas cifras que temos de tódolos interventores que pudemos conseguir, como dice vostede, do caso de Mos, lle podo falar de Poio, lle pode falar de Cerdedo, de Forcarei e de moitos concellos, que non o dice nin a Sra. Presidenta, nin o digo eu, o dice o interventor do concello, que certifica que as cantidades non son as que vostedes lle queren vender á sociedade pontevedresa. Pero, en xeral, quero decir que temos un Orzamento con 4.000.000€ máis, gracias á xestión económica que se está facendo desde Madrid en este país, e tamén gracias á xestión do goberno anterior teñen un remanente de 20.000.000€. Pero, desde logo, que eses números ós concellos non nos dan, e iso é o principal problema deste Orzamento, non nos dan, Sr. Mosquera, non nos dan, Sr. López Font, non nos dan, Sra. Presidenta. Desde logo, non vamos a resolver nada con esas cifras que nos dan e o que é máis grave é que eses 40.000.000€ vostedes os quitan de benestar social, de cultura e deportes, de mellora de infraestruturas, de melloras de estruturas agropecuarias, de actuacións en agricultura e promoción turística, en comercio, en pequenas e medianas empresas, en estradas, en actuacións veciñais e en infraestruturas. Así que non vamos apoiar nunca uns Orzamentos que deducen o apoio ás familias, que deducen ós clubs de deportivas, que lle deducen o apoio ás asociacións culturais, ós conservatorios de música e ás escolas de música e a todos os sectores produtivos desta provincia. E vou seguir lendo cuestións interesantes, Sra. Presidenta, vostede decía que vivimos nunha provincia heteroxénea, diversa e que conta cun importante sector primario, agrario, pesqueiro, que debe ter o apoio das institucións, tampouco o dixen eu que o dixo vostede, pero a realidade destes Orzamentos é que aquí hai veciños de primeira e de segunda, aquí, hai unha diferencia clara entre o rural e o urbano. ¿Como é posible que vostedes, dun plumazo, saquen as subvencións nominativas porque dicen que son ilegais?, pero, sen embargo, no concello de Vigo, donde vostedes gobernan, a maioría dos que están aí, ben que as dan, ben que as aproban, pero ¿como é posible?, deme unha explicación de como é posible dicir unha cousa en Pontevedra e outra en Vigo. Pero xa o que é máis alarmante e máis, non sei como denominalo, que falen de caciquismo e de clientelismo, por un 20% que tiña o anterior Presidente, Presidente, por suposto, que deixou esta casa, bueno, eu creo que aí están as contas, de forma clara, de forma clara están as contas, que deixou unha xestión impecable, que apoiou como ninguén ós colectivos culturais, sociais e deportivos e, por suposto, a tódolos sectores desta provincia. Un Presidente que co 20% de libre disposición lle daba a todos os concellos da provincia, como por exemplo, o concello que máis levou que foi a Illa de Arousa, que foron case 2.000.000€, lle falaría de Catoira, de Poio e de moitísimos máis que teño aquí. Pero vostedes si que fan política clientelar e partidista, cando dicen un cheque infinito para Vigo, ¿como se chama a eso?, como se chama a un cheque infinito sen cantidade, mire, ¿sabe unha cousa?, eso é unha cacicada de dimensión estratosférica, así o tildo eu, ¿eso non é clientelismo, Sr. López Font?, ou os 10.000.000 do Sr. Mosquera que di que son para catro anos. Mire, eu lle digo o que teño diante, igual que os Orzamentos, que vostede, entre que nolos deron fai catro días e que vostede se foi de viaxe, perdone pero eu teño que redactar unhas alegacións co que teño aquí e o que teño aquí é o que se vai a aprobar, non me veña con contos Sr. Mosquera, vamos a falar do que está no papel e o que está no papel é o que lles estou a decir, así que creo que de demagoxia xa chega ben, unha Presidenta, que en catro meses, que tanto cambian as cousas, visitou 30 concellos e, ¿que casualidade que do PP solo foi a 4 ou a 5?, ¿que casualidade?, ¿eso non é partidismo?, eso non é partidismo, ¿verdade?, non, eso non. Unha Presidenta que non sabe que o Partido Popular goberna en 30 concellos da provincia e como mínimo, nesas visitas, que houbera visitado pois, como mínimo a metade, pero claro, é que nos olvidamos, cando falamos das cousas, nos olvidamos do que levamos feito en catro meses que, por certo, non son seis meses son catro meses, pois xa veremos que pasa dentro de seis porque o que pasa hasta os catro é para escapar Sr. López Font. E claro que lle vou a falar de emprego, claro que lle vou a falar de emprego e lle vou a falar de emprego tamén alto e claro, porque no 2015 se destinaban 4.000.000€ para bolseiros e se reduce a dous millóns e medio, que se garantían 1.500 postos de traballo coa contratación dese Plan, que tamén lle falarei despois, que tanto criticaban e agora non hai ningunha planificación, como ningunha planificación hai en ningún apartado do Orzamento, eso é así. Volvo a insistir, a falta de concreción e eso é a improvisación, a improvisación de estar quince días antes preguntando polo Orzamento, que non se sepa nada, que os alcaldes reciban unha carta hoxe e outra mañán, sen concretar, cheas de dúbidas. Aquí chamaron interventores, deputados, concelleiros, ós servicios, a todos os servicios, e non houbo ninguén que lle pudera contestar a tantas preguntas, que todavía están hoxe encima da mesa. E mire, pode decirme o que queira do Museo pero a realidade é que se rebaixa o Museo, por suposto, en un 1.000.000€, se rebaixa en 1.000.000€, vostede dice que é para obras e agora, pois non hai obras, eu lle digo que falta un 1.000.000€, eso é o que eu lle digo, igual que faltan 300.000€ para os conservatorios e para as bandas de música, eso son os números que eu lle vou a dar, igual que faltan 50.000€ para as escolas de música a maiores, 600.000€ para actividades, para instrumentos das bandas de música desta provincia, porque vostedes se cargan a esencia desta provincia en tódolos aspectos, así que o que están facendo con este Orzamento é poñer en risco o futuro desta provincia. Sra. Presidenta, eu lle pido é un pouco de respecto e que, por favor, me atenda en vez de estar vendo o móbil, porque esta mañán non me deu nin os bos días, pero esto xa era o que faltaba, a falla de respecto que ten hacia esta, hacia estos Deputados. Así que non vamos, non vamos a aprobar un Orzamento que pon en risco o futuro das asociacións, dos clubes deportivos, ¿a ver que lle van a decir vostedes?, quero saber o que lle van a decir vostedes. Dende logo, aí están os números, se reducen as axudas a clubs, a metade a clubs e deportes náuticos, 400.000€ na partida de escolas deportivas, de axudas a clubes deportivos ou as axudas nominativas que tanto dicen que son ilegais. Desaparecen os convenios do Celta de Vigo, do Coruxo, do Pontevedra, eu me imaxino que aquí o que saldrá perdendo será o Pontevedra Club de Fútbol porque os outros dous están no concello de Vigo que eso é, pois, o que a vostedes lles interesa, porque aquí a metade dos deputados fan o que dice o Sr. Caballero e a outra metade calan e otorgan, esa é a realidade da bancada que temos enfrente. Señores e señoras Deputados, seguimos explicándolles porque estamos en contra deste Orzamento porque ademais falan de que o medio ambiente, bueno, pois parece que esto é a “madre del cordero”, agora, o medio ambiente é a golosina de Mosquera, nada máis, é a golosina de Mosquera, que Mosquera, pois ten aí un montón de recursos, por certo, que costa máis o composteiro e todo ese tenderete que ten vostede montado que a acción social, mire vostede do que estamos falando. Pero desaparecen as axudas ás cooperativas agrarias, si que desaparecen, igual que ó sector vitivinícola e igual que ás cofradías. E outra cuestión máis, á parte de todo o que se rebaixa e de todo o que se pode correr o risco como estábamos a falar, pois, hai buques insignia desta casa que tanto fan por esta provincia, como é o turismo, e como é o turismo tamén digo o Museo, ou como é todo o que se fai desde Príncipe Felipe ou desde o Parque de Maquinaria, que sei que vostedes non teñen ningunhas ganas de seguir traballando con el. A verdade é que sebemos que o BNG está en contra das Deputacións para o que lle convén, porque para sumarse a gobernar están sempre a punto, aquí e en Pontevedra, en Pontevedra, en Ourense, na Coruña e en Lugo, en todas. En Ourense, desde logo, non gobernan pero si puderan gobernar serían os primeiros en facer un pacto co Partido Socialista. Pero aquí, en catro meses, estamos asustados de ver como vostedes pretenden desmantelar esta casa, e non llo digo eu, senón que tamén llo dicen os traballadores, os traballadores desta casa. Así que esta é a nova Deputación a que non axuda ós pequenos e medianos concellos, a que ten un cheque infinito para Vigo, eso si que é algo insólito, a que non está ó lado dos sectores produtivos, nin ó do deporte, nin da cultura pero, sobre todo, que desmantela algo que adelgaza e que elimina, algo tan importante como é Príncipe Felipe, o Parque de Maquinaria, o Museo ou as Fincas de Mouriscade ou Areeiro. Queridos e queridas Deputados e Deputadas, é a primeira vez nesta casa que os traballadores se sentan co goberno e lle dan un carpetazo e tamén a primeira vez, Partido Socialista, a primeira vez, é o que lle acabo de decir do desmantelamento non o digo, o dicen eles tamén, a preocupación de, ¿que vai a pasar con moitos dos Servicios que lle estou a mencionar?. Pero, dende logo, eu lle chamo ó diálogo, é que sempre hai un intento de consenso entre os traballadores e o goberno e sempre o houbo, está claro que eles piden, ás veces, moitas cousas que son inviables pero sempre se chega a un acordo co goberno, hasta que chegou este goberno bipartito, como lle chaman vostedes, “das portas abertas”, que, por certo, desde que son o goberno sempre que hai Pleno están pechadas e non o digo eu, senón que poden baixar e poden velo. Polo tanto, concluíndo xa esta intervención porque vexo que se me está rematando o tempo, se esta é a nova Deputación, pois, apaga e vámonos, apaga e vámonos, este é un Orzamento, como lle dicía, xenérico, cheo de lagunas porque, Sra. Presidenta, a vostede lle queda moi grande esto, entre o concello de Vigo e esta Institución estamos vendo as consecuencias de que lle quede grande a vostede o que ten entre mans. A verdade é que levan catro meses, como vostedes decían, pero son os primeiros Presupostos e, dende logo, non van a ter o noso apoio de ningunha das maneiras. Eu si que lle reto a que acepten as emendas que lle estamos a poñer encima da mesa, lle reto a que pensen o que vai a pasar con tódalas asociacións e clubes, con tódolos edificios e tódolos servicios que pensa, que ten esta casa e que tan ben funcionaron hasta agora, con tódolos sectores desta provincia e, sobre todo, lle reto a que os concellos de Pontevedra no ano dezaseis teñan 60.000.000€ como tiñan ata agora, máis nada, moitas gracias. Sra. Presidenta.- Dispulpe Sr. Font, antes de darlle a vostede a palabra para pechar este turno, coa tranquilidade que dá crer que a política non é o lugar do ruído, dos chillidos, do insulto e da descalificación, quero dicir que poden ustedes crer que me calo moitas veces só porque non respondo ás súas provocacións. Pero eu lles digo que donde a ignorancia fala, a intelixencia cala, e non o digo eu, xa o decía Thomas Fuller que decía que, “o home sabio, a muller sabia incluso cando cala dice máis que o necio cando fala”, pero non só o decía Thomas Fuller, tamén o decía Aristóteles, que decía que, “o ignorante afirma o sabio dubida e reflexiona”. Hoxe, aquí, os cidadáns xa escoitaron que oposición teñen e de que forma falan, cal é o modelo que empregan, certamente, moi triste para a política, moi triste para o futuro, moi triste para o respecto que lle debemos á cidadanía. Eu non teño nada máis que decir porque eu non podería decir peor que o que ten falado hoxe aquí a oposición, xa falaron por si mesmos, así vamos mal, así vamos moi mal e si xa en maio falaron os cidadáns, con este modo de facer política de descalificación, de cuestionar a capacidade das mulleres que hoxe se ten escoitado aquí, que me parece gravísimo, os cidadáns xa saberán hoxe o que teñen que facer e agora, non lle vou dar a palabra, Sra. Arévalo, que o sepan os medios de comunicación … Sra. Arévalo Gómez.- Eu non lla pedín … Sra. Presidenta.- … que non lle vou a dar a palabra… Sra. Arévalo Gómez.- .. eu non lla … Sra. Presidenta.- … á Sra. Arévalo, Sr. Font, ten vostede a palabra para pechar esto, repito, cando a ignorancia fala a intelixencia cala. Sr. López Font.- Gracias Presidenta. Y muy bien esa intervención porque, ciertamente, a todo lo que le conteste Sra. Arévalo será desde el punto de vista político nunca, por supuesto, desde el punto de vista personal, pero a la Presidenta la eligieron los ciudadanos de esta provincia, el cargo le viene muy bien y lo está desempeñando a criterio de los concellos de forma muy digna. Mire, lamentable su intervención, desde el punto de vista político porque usted está actuando ciertamente como partido y traicionando a los que le votaron, y menciona el que hacemos alusión a gobiernos anteriores, ¡claro que sí, Sra. Arévalo, claro que sí!, porque era un modelo de hacer política totalmente diferente al de ahora. Mire, lo peor del escrito que ha presentado usted y el Sr. Moldes, de alegaciones, es que de su puño y letra salga la denominación de que este Presupuesto es una ruptura de la solidaridad pero, ¿cuándo han practicado ustedes la solidaridad?, en ningún momento. Mire, el Sr. Louzán, como dijo usted, y el anterior gobierno se reservaban un 20% de libre designación, y a usted le parece normal, solo el 0,001 de libre designación debería dar vergüenza desde el punto de vista político. Pero es que el Sr. Louzán dijo que la deuda cero en este ayuntamiento iba a estar en el 2018, y era mentira, en el mejor de los casos, con la situación económica que han dejado ustedes lo estará en el 2023. Por lo tanto, claro que este Presupuesto es totalmente diferente, claro que este Presupuesto hace historia, Sra. Arévalo, claro que lo hace porque rompe totalmente con lo que han hecho ustedes y con lo que usted escribe, usted enumera una serie de partidas que las recuerda muy bien porque se corresponden con unas entidades a las que ustedes le daban directamente y en libre concurren… y sin libre concurrencia, por designación, como le decía anteriormente del gobierno anterior, de forma directa y no, está confundida, en Vigo, todo es por libre concurrencia por acuerdos y por convenios, le informan muy mal, por mucho que se ría, le informan muy mal, Sra. Arévalo, le informan muy mal y le recomiendo, y le recomiendo que lo lea. Y luego, mire, demagogia la justa, porque aquí no ha llamado ni ningún secretario ni ningún interventor, es muy fácil querer que nos escuchen y decir llamaron, cualquiera que le oiga a usted parece que han llamado decenas de interventores y de secretarios, no ha llamado nadie, y lo que es peor, a ustedes se les invitó a que hicieran propuestas por escrito en relación con este Presupuesto hace una semana y ustedes no hicieron ninguna aportación, sí, yo comprendo su cara de sorpresa porque no sabe la cara que ponerme, porque no necesita usted estar mirando el móvil para no prestarme atención como no me la prestó. He hablado mucho de Presupuesto y esta es la realidad del Presupuesto por mucho que usted hable de partidas, esta es la realidad, entre el azul y el rojo, y cuando mencionamos las transferencias a otras administraciones, ésta es la diferencia, Sra. Arévalo, con los datos que le daba anteriormente, el resto del Presupuesto está absolutamente equilibrado, absolutamente equilibrado, y son los concellos los principales protagonistas de esta actuación, porque esta es la realidad, a usted le duele mucho, pero el concello de Mos tenía 690.000€ y tiene 888.000, ¿cómo es posible decir aquí que no se conocen las cantidades?, ¿cómo es posible trasladar un mensaje de incertidumbre sobre los concellos si es al contrario?. Lo que pasa es que a usted le gustaba el sistema anterior, la certificación que a usted le podrá dar el Interventor es la mejor prueba del caciquismo porque la diferencia entre lo que le correspondía al ayuntamiento de Mos y lo que usted consiguiera, esa es la diferencia del anterior gobierno y del Sr. Louzán, efectivamente, y yo le podría mencionar muchos ayuntamientos en los que no gobernaba el Partido Popular que de libre designación llevaron cero euros, Sra. Arévalo, usted aplaude este comportamiento político, es evidente. Mire, concluyo, posiblemente la portada de este Presupuesto como documento oficial sea más, menos esta, posiblemente, pero mire, el cambio histórico es este, esta es la portada que tendrían que tener los Presupuestos, democracia, igualdad y dignidad para los ciudadanos, para los alcaldes y alcaldesas como usted y una nueva Diputación, no tenga ninguna duda … Sra. Presidenta.- Remató su tiempo, Sr. Font. Sr. López Font.- … y hoy, concluyo, con el Presupuesto que hemos traído es el mejor ejemplo, lo único que usted ha defendido es la vuelta atrás y la vuelta atrás, ya le dijeron los ciudadanos el 24 de mayo, que naranjas de la China. Gracias. Sra. Presidenta.- Finalizado o debate do punto tres da parte resolutiva do Pleno ordinario, aprobación do Orzamento xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, Fundación da Escola Universitaria de Enfermería, Orzamento consolidado e Orzamento do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento para o exercicio 2016. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 14 votos a favor, 1 abstención e 12 votos en contra. Visto o expediente incoado para a aprobación do Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, Fundación da Escola Universitaria de Enfermería, Orzamento consolidado e Orzamento do Consorcio Provincial contraincendios e salvamento para o exercicio 2016. Considerando o ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, de data 27 de novembro de 2015. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos en contra do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON, a aprobación inicial do Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2016 que comprende: - O Orzamento da Deputación, por importe de 151.968.300 euros. - O Orzamento da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería, por importe de 497.637 euros. - O Orzamento xeral consolidado, por importe de 152.096.300€, tanto en ingresos como en gastos. - As Bases de execución do Orzamento Xeral da Deputación e as específicas da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería. - Os cadros de funcionarios, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral e eventual da Deputación e da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería. - O Anexo de investimentos para o exercicio 2016. - O plan (marco) presupostario a medio prazo 2016-2019. - O límite do gasto non financeiro para o período 2016-2019. Apróbanse os resumos por capítulos dos Estados de Gastos e Ingresos dos orzamentos indicados, que son os seguintes: A. ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES: CAPÍTULO 1º GASTOS DE PERSOAL 42.669.750,00 € CAPÍTULO 2º GASTOS CORRENTES E SERVIZOS 25.403.542,00 € CAPÍTULO 3º GASTOS FINANCEIROS 548.222,00 € CAPÍTULO 4º TRANSFERENCIAS CORRENTES 27.390.113,00 € CAPÍTULO 5º FONDO DE CONTINXENCIA E OUTROS IMPREVISTOS 1.000.000,00 € TOTAL GASTOS CORRENTES 97.011.627,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL: CAPÍTULO 6º INVESTIMENTOS REAIS 9.618.474,00 € CAPÍTULO 7º TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 31.076.492 ,00 € CAPÍTULO 8º ACTIVOS FINANCEIROS 372.404,00 € CAPÍTULO 9º PASIVOS FINANCEIROS 13.889.303,00 € TOTAL OPERACIÓNS DE CAPITAL 54.956.673,00 € TOTAL ORZAMENTO GASTOS 151.968.300,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES CAPÍTULO 1º IMPOSTOS DIRECTOS 12.170.533,00 € CAPÍTULO 2º IMPOSTOS INDIRECTOS 11.849.322,00 € CAPÍTULO 3º TAXAS E OUTROS INGRESOS 9.888.605,00 € CAPÍTULO 4º TRANSFERENCIAS CORRENTES 114.738.539,00 € CAPÍTULO 5º INGRESOS PATRIMONIAIS 1.452.751,00 € TOTAL INGRESOS CORRENTES 150.099.750,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL CAPÍTULO 6º ALLEAMENTO DE INVESTIMENTOS REAIS 300.500,00 € CAPÍTULO 7º TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 260.599,00 € CAPÍTULO 8º ACTIVOS FINANCEIROS 1.307.451,00 € CAPÍTULO 9º PASIVOS FINANCEIROS 0,00 € TOTAL OPERACIÓNS DE CAPITAL 1.868.550,00 € TOTAL ORZAMENTO DE INGRESOS 151.968.300,00 € B. ORZAMENTO DA FUNDACIÓN ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 GASTOS DE PERSOAL 447.637,00 € 2 GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS 48.900,00 € 3 GASTOS FINANCEIROS 100,00 € Total Operacións Correntes 496.637,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 INVESTIMENTOS REAIS 1.000,00 € Total Operacións de Capital 1.000,00 € TOTAL ORZAMENTO 497.637,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES 3 TAXAS, PREZOS PÚBLICOS E OUTROS INGRESOS 125.000,00 € 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 368.637,00 € 5 INGRESOS PATRIMONIAIS 3.000,00 € Total Operacións Correntes 496.637,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 1.000,00 € Total Operacións de Capital 1.000,00 € TOTAL ORZAMENTO 497.637,00 € C. ORZAMENTO CONSOLIDADO ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 GASTOS DE PERSOAL 43.117.387,00 € 2 GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS 25.452.442,00 € 3 GASTOS FINANCEIROS 548.322,00 € 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 27.021.476,00 € 5 FONDO DE CONTINXENCIA E OUTROS IMPREVISTOS 1.000.000,00 € Total Operacións Correntes 97.139.627,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 INVESTIMENTOS REAIS 9.619.474,00 € 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 31.075.492,00 € 8 ACTIVOS FINANCEIROS 372.404,00 € 9 PASIVOS FINANCEIROS 13.889.303,00 € Total Operacións de Capital 54.956.673,00 € TOTAL ORZAMENTO 152.096.300,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 IMPOSTOS DIRECTOS 12.170.533,00 € 2 IMPOSTOS INDIRECTOS 11.849.322,00 € 3 TAXAS, PREZOS PÚBLICOS E OUTROS INGRESOS 10.013.605,00 € 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 114.738.539,00 € 5 INGRESOS PATRIMONIAIS 1.455.751,00 € Total Operacións Correntes 150.227.750,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 ALLEAMENTO DE INVESTIMENTOS REAIS 300.500,00 € 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 260.599,00 € 8 ACTIVOS FINANCEIROS 1.307.451,00 € Total Operacións de Capital 1.868.550,00 € TOTAL ORZAMENTO 152.096.300,00 € D. ORZAMENTO DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 GASTOS DE PERSOAL 59.500,00 € 2 GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS 2.774.600,00 € 3 GASTOS FINANCEIROS 0,00 € 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 1.000,00 € 5 FONDO DE CONTINXENCIA E OUTROS IMPREVISTOS 3.000,00 € Total Operacións Correntes 2.838.100,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 INVESTIMENTOS REAIS 375.000,00 € Total Operacións de Capital 375.000,00 € TOTAL ORZAMENTO 3.213.100,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES 3 TAXAS, PREZOS PÚBLICOS E OUTROS INGRESOS 1.530.600,00 € 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 1.680.000,00 € 5 INGRESOS PATRIMONIAIS 2.500,00 € Total Operacións de Capital 3.213.100,00 € TOTAL ORZAMENTO 3.213.100,00 € Ditos orzamentos exporanse ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobados no caso de non producirse estas. 4.6685.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE O NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE DA CORPORACIÓN PARA O CLUB FINANCEIRO DE VIGO Sra. Presidenta.- Pasamos ó segundo punto da Orde do día. Moción da Presidencia sobre o nomeamento de representante da Corporación para o Club Financieiro de Vigo. Se propón ao Sr. Carlos López Font. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 14 votos a favor e 13 abstencións. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG e coas abstencións do PP e de Coalición Electoral SON, aprobar a Moción da Presidencia sobre o nomeamento de representante da Corporación para o Club Financeiro de Vigo. Dita moción é como segue: “Dada conta da comunicación do Club Financeiro de Vigo pola que se adxunta convocatoria da Xunta Xeral extraordinaria de accionistas da citada entidade que terá lugar o próximo 13 decembro de 2015. Resultando que esta Deputación provincial mediante acordo de Xunta de Goberno de 2 de novembro de 1995 subscribiu unha acción do capital social da mesma. Considerando que o art. 58 c) do R.d. 2568/86, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Vistos os Estatutos da citada entidade, A Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte ACORDO: “Desígnase representante da Deputación Provincial de Pontevedra no Club Financeiro de Vigo S.A. ó deputado Don Carlos López Font”. 5.6686.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO SINDICATO CSI-F Ó “PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS HUMANOS, MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE PERSOAL LABORAL FIXO E CREACIÓN DE DOUS NOVOS SERVIZOS” Sra. Presidenta.- No punto cinco da Orde do día, Resolución das alegacións presentadas polo Sindicato CSI-F ó Plan de ordenación de recursos humanos, modificación da relación de postos de traballo de persoal laboral fixo e creación de dous novos servicios. ¿Quere algún grupo intervir neste punto?. Sr. López Font.- Muchas gracias Presidenta. Bueno, efectivamente, se resuelve un recurso presentado por el Sindicato CSI-F, debo decir, lo primero, que en un seguimiento escrupuloso de la legalidad en relación con este tema. Ciertamente, se realizó una propuesta de un plan de recursos humanos a este Pleno, en el Pleno de setiembre, y para información de algún Diputado que va a intervenir y que me remitió mensajes a través de los medios de comunicación, le debo decir que vea los antecedentes y que compruebe que la mesa de negociación con los sindicatos se celebró el día 15 de septiembre, si no recuerdo mal y de memoria, pero siempre antes de este Pleno. Se celebró la Mesa de negociación, por parte de este Diputado se explicó ampliamente, primero, cual era la situación de los recursos humanos con la que nos habíamos encontrado; segundo, las necesidades que teníamos para adaptar la estructura administrativa a las nuevas delegaciones y a la estructura política, y todo esto figura en Acta, y efectivamente, y yo lo reconozco, cualquier sindicato que esté en la Mesa de negociación, evidentemente, puede plantear los recursos que estime. Lo que ocurre es que yo quiero mencionar aquí que la propuesta que se realizó es una propuesta no avalada por los técnicos sino que es una propuesta técnica desde el Departamento de Recursos Humanos que daba cobertura, que daba cobertura legal a la propuesta política que hacíamos. Por lo tanto, el cumplimiento de la legalidad y el derecho que todos tienen a reclamar está ciertamente contemplado aquí y, desde luego, seré yo, cuando menos, el que el más absoluto respeto manifieste por esta cuestión. Lo que ocurre es que aquí lo que traemos son fundamentaciones jurídicas sobre lo que presentamos y esas fundamentaciones jurídicas son concluyentes, hay que leer los informes y no es una intervención política ni que haga yo, ni que haga ningún otro Diputado o Diputada. Por lo tanto, Sr. Moldes, estos mensajes que usted, entiendo que cariñosamente me envió a través de los medios de comunicación, de mentir y que debía disculparme, lo rechazo totalmente porque usted hace una tergiversación absoluta de lo que yo dije en este Pleno, que voy a leer ahora!, no se preocupe que se lo voy a leer, y por lo tanto, ni mentí ni tengo que pedir disculpas absolutamente a nadie sino, precisamente, mantenerme en el respeto absoluto. Y me ratifico en todo lo que dije, en todo lo que dije en Mesa de negociación con los sindicatos, en todo lo que dije aquí y, efectivamente, le dije a usted que cogemos la chuleta de la demagogia y tiramos ampliamente, bueno, la practica usted, lo practica la Sra. Arévalo y demás, y es evidente que sí, pero claro, me encuentro con la sorpresa de que dice usted y parece mi gran mentira el que dije textualmente: “Mire, diálogo con los sindicatos absolutamente todo”, ¡claro que sí, claro que sí!. Y aprovecho, y por falta de tiempo pero tiene que ver con esto que anteriormente no me dio tiempo, fíjese, en contestación a lo que antes se planteaba, si tenemos toda la interlocución con los sindicatos, que este miércoles día 2 de diciembre, se abre una mesa de negociación, la primera vez en esta Diputación para hablar absolutamente de todos los temas, por lo tanto, como gobierno formalizamos una Mesa de negociación, dialogamos, intentamos convencer y, efectivamente, las mesas de negociación, Sr. Moldes, se cierran con acuerdo, con desacuerdo parcial o con las puntualizaciones que cada uno quiera hacer. Por lo tanto, sí me ratifico pero no sólo me ratifico sino que lo voy a ejercitar, en tanto ostente la delegación relativa a personal de la Diputación provincial, en la oferta de diálogo con los sindicatos y una oferta sincera. Y hacía usted mención en, ya digo, en los medios de comunicación, y yo le voy a decir porque le dije demagogia, primero, porque el procedimiento que utilizamos para este Plan de recursos humanos es el que siempre se utilizó en esta Institución, y fíjese, 36 años llevaban ustedes gobernando; y segundo, porque la parte política que sí me correspondía más allá de la técnica, es que traíamos un plan de recursos humanos donde fijábamos unos puestos de trabajo, no de personas, que es el juego de palabras que usted quiso hacer, que si nombrábamos a alguien o que si dejábamos de nombrar. Y algo que me preocupa ciertamente en su condición de Diputado y que no tuvo en cuenta en esa intervención. Mire, se dice en las argumentaciones jurídicas, si usted no reconoce la capacidad de autoorganización que tiene este gobierno o el gobierno que estuviera, mal vamos, Sr. Moldes. Si me quiere mezclar la política, si me quiere mezclar absolutamente todo con el rechazo y con querer coartarle a este gobierno la capacidad de autoorganización, mal vamos, porque claro, ¿qué ocurre?, que con lo que traíamos aquí la estructura es transparente, se saben los puestos, se convocan los puestos cuando proceda, inclusive, su desempeño provisional y se hace la cobertura oficialmente. Claro, esto, yo, en el poco tiempo que llevo de Diputado ya veo, como decía anteriormente, que es que a ustedes les duelen muchas cosas, porque ustedes estaban en una estructura funcionarial de solapamiento de funcionarios con realización de actividades políticas y eso no vale, Sr. Moldes y Diputados y Diputadas del Partido Popular, eso no vale. La transparencia en la ejecución de las políticas de recursos humanos debe de ser total, por lo tanto, ustedes en lo que estaban era en la perversión de la función pública. Yo concluyo, porque poco tiempo necesito más, el que lea los informes que este Diputado conforma llegará a la conclusión de que el procedimiento fue legal, que a la CSI-F, Sindicato, le asistía el derecho a presentar un recurso y que la resolución a este recurso, nuevamente se realiza, no desde el ámbito político sino desde el ámbito jurídico con las máximas garantías, por lo tanto, yo, mire, me pasó en el ayuntamiento de Vigo, a mí me molesta mucho cuando un político interviene y actúa en contra de los funcionarios, me molesta enormemente, a lo mejor porque soy funcionario, pero ustedes lo practican habitualmente, lo practicaron sus compañeros en el ayuntamiento de Vigo. Y, cuando aquí se trae un tema jurídico que tiene un arranque con un informe del técnico que sea, de esta casa, me da lo mismo que sea de lo relativos a mi delegación o que sea de cualquiera otro de mis compañeros, y ustedes para mezclar la política andan en ese cuestionamiento con aquel técnico que propone, y no tengo que defender a nadie, pero sí reconocer el trabajo que se hace, malo es. Creo que deben de practicar el respeto a los funcionarios y esto no es de boquilla, porque alguna vez en Vigo, cuando dije esto, me contestaron de aquella manera, no, hay que ejercitarlo como tal. Y, aquí hemos presentado un plan que era legal, un plan que estaba avalado legalmente y hemos contestado desde el ámbito de argumentaciones jurídicas a ese recurso, y creo que mezclarlo con la política y con otras consideraciones malo es, pero ya veo y va a ser una tortura estos cuatro años por donde van ustedes. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font. Sr. Moldes, tiene usted la palabra. Sr. Moldes Martínez.- Muchas gracias, Sra. Presidenta. Sr. Font, como vostede ben dixo, desde o cariño que lle poida ter, politicamente, e con todo o meu respecto, e como sempre bota a man ós seus documentos, só lle faltou ler unha cousa que foi o que eu lle dixen nese Pleno, vostede xa puxo a venda antes da ferida porque xa sabía que eu iba coller, neste caso, a acta, logo, cando hai documentos as palabras sobran, e eu ese día no Pleno lle dixen e lle anunciei que seguramente iba ter un recurso, vostede dixo que eso era demagoxia que nós, incluso que mentíamos cando decíamos eso, pero mire, non llo di o Partido Popular, llo di, neste caso, os traballadores desta casa, porque vostede fala moi ben, fala de intencións e demais, pero os feitos son que aquí hai unha carta dun sindicato, que vostede sempre bota a man de documentos, que me parece moi ben, que di: “Que resulta evidente que se ha producido una vulneración de los principios básicos de igualdad, mérito y capacidad de acceso a la función pública”. Esta carta tamén nos di, que vulnera os principios básicos de igualdade, de mérito e de capacidade. Logo, Sr. Font, eu sei que seguramente non vamos a chegar a un acordo político, seguramente, pero o que non lle vamos a consentir é que cando nós dicimos unha cousa e a anunciamos, é que diga que é demagoxia, cando despois co paso do tempo se demostra que os sindicatos presentan recursos. Vostede nos pode falar que existe moito diálogo e eu lle anunciei ese día que vostedes estaban actuando de espaldas ós sindicatos, aquí está ese recurso. Ten unha proposta de Comisións Obreiras dos Presupostos que pasaron anteriormente que non aceptaron ningunha das súas propostas que, por primeira vez nesta casa, por moito que vostede anuncie que parece que aquí antes eran os que estaban aquí, que era o coco, ¡non, non, non, home!, antes, cando os sindicatos presentaban propostas, algunhas se lle aceptaban, pero, por primeira vez na historia, nesta “nueva Diputación”, pois non se lle aceptou ningunha proposta. Logo, Sr. Font, despois ten que ter moito coidado coas acusacións que fai, pero vostede sabrá, vostede sabrá, pero non poña na nosa palabra, en este caso na nosa boca, palabras que nós non dixemos, logo, por moito que vostede fale de respecto, intente practicalo, vostede se agocha detrás de grandes titulares, pero o que lle din os traballadores, non o Partido Popular, ¡eh!, o que lle din os traballadores, e por iso, cando vostede fale teña coidado porque esa resposta non lla está dando o Partido Popular, porque eu o que lle lin foi unha carta dos traballadores, logo, cada insulto que nos envía a nós, llo está insultando ós traballadores, está insultando ós sindicatos, logo aquí, falamos dunha acta, eu, hoxe aquí non inventei ningunhas palabras senón que lle dixen o que falamos nese Pleno. Nese Pleno lle anunciamos que iba a haber un recurso, vostede nos chamou mentireiros, dixo que collíamos, en este caso, falábamos de demagoxia pero, claro, apareceu o recurso, e o recurso di que vostedes vulneran os dereitos dos traballadores desta casa, non llo di o Partido Popular, llo din os traballadores, logo, cando vostede nos resposta e cando vostede quere contestar a estas afirmacións que non son do Partido Popular que son dos traballadores, pois, teña coidado porque a nós non nos vai insultar, nin o que nos chame vostede nin que o Sr. Héctor nos chame rastreros, non nos vai afectar, pero teña coidado porque está respondendo ós traballadores. ¿Que nos insulta ó Partido Popular?, xa estamos acostumados, pero teña coidado coa súa resposta porque vai insultar ós funcionarios desta casa que, por certo, para nós son grandes funcionarios, por moito que teñan que sufrir, e neste caso acusacións directas ou indirectas, para nós son grandes traballadores. Logo, Sr. Font, non lle mandamos recados pola prensa, vostede colla a carta que lle envían os sindicatos que fala de vulneración dos dereitos dos traballadores, lea esa carta, non lea as notas de prensa que poida facer o Partido Popular, vostede lea esa carta donde lle alegan e donde fan un recurso por vulnerar, eses traballadores, por falta de valorar a capacidade, o mérito dos traballadores. Logo, Sr. Font, vostede nos pode calificar do que queira, nos pode decir que houbo un gran cambio, pero lle recordo que o partido maioritario nesta casa e o que quixeron os cidadáns coa suma dos seus votos é que fose o Partido Popular. Outra cousa é, que atendendo ós xogos da democracia que nós respectamos, vostedes fixeron un pacto co Bloque Nacionalista Galego, pero os votos, os votos non foron, neste caso, para a Presidenta, todo o meu respecto para a Presidenta, os votos foron para concelleiros do Partido Popular que son o partido maioritario nesta provincia, non se olvide deso, non invente vostede datos, os datos son que o Partido Popular é o partido maioritario desta provincia. E, repito, nos pode insultar, pode facer o que queira pero a quen está insultando coa súa resposta é ós traballadores, non se disfrace de político, aquí está falando dun recurso de traballadores, donde lle di que vostedes vulneran dereitos e como ben dixen ó principio de forma moi cariñosa, intente respectar, a nós xa nos dá igual que non nos respecten, estamos acostumados a escoitar de todo, pero intente respectar ós traballadores desta casa, que seguiron, neste caso, vostede e máis eu, pasaremos por aquí, tres, catro, cinco ou seis anos, os que sexan pero os traballadores desta casa van a seguir e son o gran pilar e o gran valor desta casa. E repito, estas palabras non llas di o Partido Popular, dillas un sindicato, logo, intente respectar, e eso que presume tanto, de humildade, intente aplicalo, ó mellor os que somos de parroquia ou de pueblo, non somos con tanta capacidade como vostede, pero neste caso, lle repito, que o que ten que facer vostede é respectar ós traballadores, inténteo, e cando nos insulta, hoxe nesta intervención non está insultando ó Partido Popular, está insultando ós traballadores, e lle repito o que lle din nun recurso, que vulnera os dereitos de capacidade deses traballadores. Moitas gracias Sr. Font. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Moldes. Sr. Font, ten a palabra. Sr. López Font.- Muchísimas gracias Presidenta. A ver por donde empiezo, Sr. Moldes. Yo, yo no he insultado absolutamente a nadie, no he insultado a nadie. Comprendo que a lo mejor mis argumentaciones le resultan complicadas de rebatir, pero mire, llevan cuatro meses ustedes descalificando, de cada una de las intervenciones que consten en las actas de estos Plenos, podría sacar una descalificación de ustedes, y usted nos viene a dar lecciones ahora de que insulto, de que tengo que respetar, mire, lo primero ya, oír hablar al Partido Popular de los trabajadores y en defensa de los trabajadores, tiene que permitirme desde el punto de vista político, que me sonría y que me cause ironía, porque, de verdad, es el mundo al revés. Ustedes son el Gobierno a nivel estatal y se mencionaba antes, de los recortes, ustedes se están cargando la sanidad en Galicia, se han cargado la Ley de dependencia, ¿y usted habla en nombre de los trabajadores?. Bueno, esto no deja de ser un poquito esperpéntico. Mire, Sr. Moldes, yo respeto el recurso de la CSI-F pero usted, de la misma forma que respeta el recurso de la CSI-F y que lee parte de la opinión de la CSI-F, debería de leer de la misma forma lo que dice la Técnica de administración xeral de esta Diputación, ese es el respeto a los funcionarios. No, usted no está respetando a los funcionarios, usted en un tema que se debe de dirimir jurídicamente y que cada parte tiene sus argumentaciones, ha omitido la correspondiente, a la técnico de esta casa, tan digna como cualquier otros técnicos. Me encantaría que esas argumentaciones que libremente da el Sindicato CSI-F, usted fuera a las argumentaciones jurídicas de la responsable de Recursos Humanos y leyera, “no, no, no, hipocresía no”, aquí hay grandes funcionarios, pero a los grandes funcionarios de aquí y a los funcionarios de la casa les defiende este gobierno frente a Diputados como usted, si, si, los defendemos, y usted no lo ha hecho, no, esa es una parte, saque la otra parte del expediente, saque la parte del concurso. Mire, yo, Sr. Moldes, creo, lo decía anteriormente, que quien lea el expediente sabe perfectamente que estamos dentro de la legalidad. En materia de recursos humanos en esta casa, el primer paso que se ha dado, y también en eso es histórico, es la reunión que vamos a mantener el próximo miércoles para negociar absolutamente todo, absolutamente todo, porque ustedes dejaron la estructura de recursos humanos, la estructura salarial de tal calibre que no hay persona humana que en cuatro meses y diez días sea capaz de racionalizar esto. Por lo tanto, se va a llevar usted una sorpresa tremenda a lo largo del 2016, cuando esto que enfatiza, de la primera vez, de los trabajadores, que siempre se aceptaba, se va a llevar una sorpresa cuando realmente se negocie con los sindicatos, porque, me lo voy a permitir, en la reunión en la que quedamos en que se negociase todo a partir del día 3, el Sindicato CSI-F me felicitó, y, ¿saben también lo que me dijo?, que ojalá, por primera vez, se negociase en esta casa realmente en una Mesa de negociación y no en el fondo, en un despacho, por lo tanto, la máxima legalidad. Y miren, dado que trata de darme lecciones y que ha repetido veinte veces que si insulto, que tenga respeto y demás, yo soy un Diputado que cumplo con mis obligaciones como Diputado, usted no, usted no cumple con sus obligaciones como Diputado. En el mes de agosto se constituyó la Mesa de negociación, importantísima, a la que ustedes antes no dejaban participar al resto de los grupos políticos, en el mayor alarde de transparencia hay una mesa de contratación que preside el que les habla en la que usted está designado por el Partido Popular, todavía es la primera vez para que usted venga a una reunión de mesa de contratación. ¿De qué me hablan luego?, grandilocuentemente, “nuestra tarea de oposición, facilitarnos”, no, no, tendría usted que estar en las mesas de contratación y no está, Sr. Moldes, por lo tanto, lecciones, las justas, porque yo me equivocaré pero cumplo con mis obligaciones y usted no. Vuelva a enseñarme el papel, lo que si que es evidente es, espero, desde luego, y esto se lo voy a decir finalmente muy cariñoso, espero no oír ninguna palabra de ningún Diputado o Diputada del Partido Popular haciendo mención a cómo es la contratación en esta Institución porque no asistiendo estamos haciendo una dejación de funciones, y a usted también le votaron para eso, para ir a las mesas de contratación, y usted está incumpliendo pero de forma muy grave a nivel político una obligación que tiene, que le asiste y de la que debería dar cuenta a los electores. Sra. Presidenta.- Resolución das alegacións presentada polo Sindicato CSI-F ó Plan de ordenación de recursos humanos, modificación da relación de postos de traballo de persoal laboral fixo e creación de dous novos servicios. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 14 votos a favor, 12 en contra e 1 abstención. Resolución das alegacións presentadas polo sindicato CSI-F ó “Plan de ordenación de recursos humanos, modificación da relación de postos de traballo de persoal laboral fixo e creación de dous novos servizos”. ANTECEDENTES 1º.- Mediante escrito presentado no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra o 26 de outubro de 2015 o Presidente da Central Sindical Independente e de Funcionarios CSI-F de Pontevedra formula, en tempo e forma, alegacións ó Plan de ordenación de recursos humanos, modificación da relación de postos de persoal funcionario e laboral fixo e creación de dous novos servizos, aprobado polo Pleno da Corporación Provincial en sesión celebrada o 25 de setembro de 2015. Nese escrito reitera o manifestado nas alegacións presentadas o 21 de setembro de 2015 á correspondente proposta de acordo, invocando: - Vulneración dos principios básicos constitucionalmente garantidos de igualdade, mérito e capacidade no acceso á función pública, así coma o principio de transparencia baixo a consideración de que se está a crear unha praza “ab personam”. - Promoción interna encuberta sen seguir o procedemento legalmente establecido. Así mesmo, solicita que se revoque a adxudicación do posto de Xefe de servizo de Igualdade e de Xefe de servizo de NN.TT. e se proceda á súa cobertura polo procedemento legalmente establecido. 2º.- No referido acordo plenario contémplase: - A creación de dous novos Servizos: Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local e Servizo de Igualdade. - A integración da Sede de Vigo en Secretaría Xeral por cambio de funcións. - A aprobación dun plan de ordenación de recursos humanos, que introduce na RPT da Deputación Provincial varias modificacións, por cambios de adscrición de postos de traballo, remocións de postos de libre designación, reasignacións, etc. 3º.- Estes cambios levaron consigo, entre outras: - A amortización dunha praza de técnico medio en educación do grupo A2, asociada a un posto de traballo de Educador do nivel 24, vacante no cadro de persoal do Príncipe Felipe, e a creación dunha praza do grupo A1 de técnico superior, asociada a un posto de Xefe de servizo do nivel 27 de complemento de destino. - A creación dunha praza de enxeñeiro superior do grupo A1, asociada ó posto traballo de Xefe de servizo do nivel 27 de complemento de destino, por reconversión e reubicación do funcionario removido en dito posto de traballo. 4º.- Este acordo en ningún caso implica a promoción inmediata ou reconversión dun funcionario do grupo A2 en grupo A1, por canto que a transformación afecta no caso do Servizo de Igualdade a unha praza vacante non ocupada por ningún empregado, e no Servizo de NN.TT. a unha praza de nova creación, non estando comprometidas ou reservadas a ningún funcionario. Esta situación tan só permite que, conforme ó establecido no Acordo Regulador, un funcionario do grupo A2 desempeñe provisionalmente un posto de traballo asociado a unha praza do grupo A1, en tanto non se cubra polas canles previstas regulamentariamente, seguindo o mesmo procedemento que ata agora se aplicou na Deputación para diferentes postos de traballo. Nestes supostos o funcionario que se adscriba temporalmente a un posto de superior categoría percibirá as retribucións básicas da praza á que pertence e as complementarias do posto de traballo que pasa a desempeñar, en tanto non se resolva o correspondente proceso selectivo. NORMATIVA APLICABLE 1º.- O apartado 3 do artigo 126 do Real decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local (TRRL), establece que a modificación do cadro de persoal durante a vixencia do orzamento requirirá o cumprimento dos trámites establecidos para a modificación de aquel, descritos no artigo 169 do Real decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, consistente na aprobación inicial, exposición ó público no BOPPO por prazo non inferior a vinte días hábiles para reclamacións (segundo o artigo 202 da Lei 2/2015, de 29 de abril, pola que se aproba a Lei do emprego público de Galicia), e aprobación definitiva e resolución de reclamacións se as houbera. 2º.- Con respecto á provisión de postos de traballo, o 168 do Texto refundido de Réxime Local (TRRL), aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, dispón que “a provisión de postos de traballo que, de conformidade coa relación aprobada, estean reservados ou poidan ser desempeñados por funcionarios de carreira, rexerase polas normas que, en desenvolvemento da lexislación básica en materia de función pública local, dite a Administración do Estado”. Por conseguinte, a normativa aplicable á provisión de postos de traballo do persoal ó servizo da administración local virá integrada polas normas que, en desenvolvemento da lexislación básica en materia de función pública local, dite a administración do Estado. Non habendo ditado o Estado normativa específica para a provisión de postos de traballo do persoal ó servizo da administración local, aplícase con carácter supletorio o Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da administración xeral do Estado. Neste senso, o artigo 3 do citado RD 364/1995, de 10 de marzo, sinala que os postos de traballo adscritos a funcionarios proveranse de acordo cos procedementos de concurso, que é o sistema normal de provisión, ou de libre designación de conformidade co que se determine nas relacións de postos de traballo en atención á natureza das súas funcións. Ademais, o apartado segundo de dito artigo indica que cando as necesidades do servizo o esixan, os postos de traballo poderán cubrirse mediante redistribución de efectivos ou por reasignación de efectivos como consecuencia dun Plan de Emprego. Engadindo, o apartado terceiro, que tamén poderán ser cubertos mediante comisión de servizos e adscrición provisional nos supostos previstos neste Regulamento. 3º.- En síntese cabe sinalar que os cambios introducidos no cadro de persoal encóntranse debidamente xustificados en virtude da potestade de autoorganización da Corporación Provincial, estando amparados nas seguintes consideracións: a) Creáronse dous postos de traballo de xefe de Servizo do grupo A1 27, con motivo do cambio de Corporación, a nova distribución de competencias por áreas de actuación e a consecuente modificación da estrutura organizativa. b) A provisión de ditos postos efectuarase polo procedemento regulamentario mediante convocatoria pública e a través do sistema de libre designación. c) Provisionalmente en tanto non se desenvolva o correspondente proceso selectivo poden cubrirse mediante comisión de servizos ou adscrición provisional conforme ó sinalado no Acordo Regulador. d) En caso de cobertura do posto mediante adscrición provisional ou comisión de servizos a persoa proposta percibirá as retribucións básicas da súa praza de orixe e as complementarias do posto que pase a desempeñar. e) En caso de que se decida cubrilo posto de forma definitiva poderá utilizarse calquera dos seguintes procedementos: - Convocatoria pública mediante sistema de concurso oposición libre. - Convocatoria pública mediante sistema de concurso oposición promoción interna vertical ou horizontal se afecta a prazas nas que se realicen actividades substancialmente coincidentes. - Convocatoria pública de provisión do posto de traballo entre funcionarios da Deputación do grupo A que reúnan os requisitos esixidos para o seu desempeño. 4º.- A contestación a estas alegacións corresponde ó Pleno da Corporación Provincial en virtude do indicado no artigo 126 do Real decreto 781/86, de 18 de abril. CONCLUSIÓN En base ós preceptos invocados e demais normas de xenérica e pertinente aplicación e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos en contra do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON, a desestimación das alegacións presentadas polo Presidente do Sindicato CSIF por entender que a creación da praza de técnico superior A1 e o posto de traballo de Xefe de Servizo de Igualdade, así como a creación do posto de traballo de NN.TT. non determinan a adxudicación directa da mesma a unha persoa determinada. 6.6687.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 Sra. Presidenta.- Pasamos xa ó punto sexto da Orde do día. Aprobación das bases reguladoras e convocatoria do Plan de obras e servicios 2016. ¿Algún Deputado quere intervir?. Sr. Regades Fernández.- Gracias Presidenta. Benvido a este Pleno Sr. Bas. E, a verdade, Presidenta temos que darlle as gracias por traer a esta Deputación ó século XXI, ó século da concorrencia, da transparencia, da igualdade. A algúns Deputados do Partido Popular dálle un pouco de vértigo, seguramente porque veñen do século XVI, naqueles séculos da Edad Media, onde a dereita decidía, ordenaba e facía saber, entonces, é normal que lle dea vértigo esta viaxe desta nova Deputación ó século XXI. Pero vimos aquí a falar deste Plan, dun plan que se incrementa en 40.000.000, un plan transparente, igualitario e xusto, un plan enfrentado a aquel que tiña o Partido Popular nesta provincia, caciquil, clientelar, para os seus amigos, pero incluso, para os seus amigos dentro do Partido Popular, porque non todos os alcaldes do Partido Popular tiñan dereito a este Plan, é un plan arbitrario. O novo Plan da Institución provincial destina ós concellos da provincia con poboación inferior ós 50.000 habitantes, máis de 40.000.000€, un incremento de 16.000.000€ co Plan do Partido Popular, co plan anterior. Este plan elimina a libre disposición que o anterior Presidente do Partido Popular empregaba como un instrumento de reparto arbitrario, un instrumento de reparto clientelar e un instrumento de reparto caciquil, duns recursos públicos, públicos con maiúsculas, que hai que repartir de forma responsable. O anterior goberno, o goberno do Partido Popular o repartía entre os seus amigos, todos eles gobernantes do Partido Popular na provincia de Pontevedra. O Plan concellos 2016 destina a aqueles concellos da provincia con población de ata 50.000 habitantes, un importe de 40.000.000€, 16.000.000 máis que durante o ano anterior, os concellos de Pontevedra e Vigo, por superar eses 50.000 habitantes non se beneficiarán deste plan senón que contarán de convenios propios para realizar os seus investimentos. O procedemento de otorgamento das subvencións están enmarcadas no Plan concello e o réxime de concurrencia, desaparecendo a libre disposición dos recursos con que contaba o anterior expresidente do Partido Popular, mediante o cual, de forma arbitraria, caciquil e clientelar, subvencionaba por decisión unipersonal ós concellos gobernados minoritariamente da provincia de Pontevedra, ós concellos gobernados polos amigos do Partido Popular. O Plan concellos está dotado por un importe de 40.000.000€, dos cuales 16.000.000 se repartirán de forma lineal entre os concellos da provincia, de xeito que a cada concello lle corresponderá 266.666,67 céntimos, a cantidade restante, 24.000.000€, repartirase basado en tres criterios: poboación, superficie e núcleos, así, os concellos con menos de 10.000 habitantes contarán con 7,2 millóns de euros, os que teñen entre 10.000 e 20.000 habitantes contarán con 9,6 millóns e os que teñen entre 20.000 e 50.000 habitantes recibirán 7,2 millóns de euros. Os concellos que xa coñecen estas cantidades que lles corresponden poderán libremente determinar a elección dos investimentos e actuacións que desexen realizar atendendo a catro liñas, agora, os protagonistas son os concellos, agora son os alcaldes, acabouse aqueles momentos nos que as inversións ós concellos as decidían dende as Deputacións. Os pobos, as cidadás e os cidadáns dos pobos son os que votaron ós seus alcaldes e eles decidirán entre as catro liñas onde queren invertir, como e cando. A liña un, de investimentos relacionados con materias, que os municipios han de exercer como competencias propias ou atribuídas por as delegacións, que poderán ser financiados na súa integridade pola Deputación de Pontevedra ou tamén ser cofinanciados polos concellos ou por outras administracións. Neste eido, non se subvencionarán investimentos con orzamentos inferiores ós 20.000€, agás subministracións que constitúan un investimento por si mesmas. A redacción dos proxectos deberá ser asumida polos concellos, de non poder asumilos terán que motivalo expresamente. Na línea dous, a línea é destinada a amortización, pagamento de deudas e gastos corrientes, nesta línea inclúense as amortizacións de débeda, as entidades financieiras, o pagamento de débedas a acredores de investimentos, ó pagamento de débedas a acredores de gastos correntes e ó gasto corrente novo. Unha terceira línea adicada ás actividades culturais, ás actividades deportivas, ás actividades sociais, ás actividades turísticas, ás actividades medioambientais que serán os concellos, novamente, quen decidan cales destas actividades hai que desarrollar nos seus pobos, nos seus concellos, nos concellos onde as cidadáns os votaron para representar e xestionar o seu futuro. A cuarta línea é a do emprego, ¡que importante é o emprego nestes momentos!, para conservación e funcionamiento de bens e servicios municipales, esta liña permite subvencionar a contratación de persoas desempregadas, en réxime de xornada parcial ou completa, segundo as necesidades de cada concello, non se limita nin o tempo nin a forma nin o lugar, que sean os alcaldes elexidos lexitimamente, os que decidan se prefiren que traballen todos no verán, se prefiren que traballen todos os invernos, que haxa máis traballadores, co cual, sexa a tempo parcial, ou que haxa menos e sexa a tempo completo, pero os concellos serán os que decidan, os concellos serán os que teñan que decidir o futuro destas catro líneas. Cada concello pode solicitar para a liña un, desde un mínimo de un 58,75% ata o 100% da contía máxima que lle corresponda como cargo ó Plan. Para as liñas dous, tres e catro, cada concello poderá destinar unha porcentaxe máxima sobre as contías individuais asinadas de forma que, na liña dous poderán destinar un 15%, na liña tres, ata un 3,75% e na liña catro, ata un 22,5%. No caso de que os concellos prefiran destinar á liña dúas, tres e catro a inversión, tamén poden facelo, teñen que solicitalo e todos aqueles concellos que prefiran inversión poderán facelo deste xeito. Por primeira vez, a Deputación de Pontevedra deu información ós 60 concellos da provincia de Pontevedra e tamén ós seus cidadáns de cada un dos proxectos en marcha e, en consecuencia, da posta en funcionamento deste Plan de Concellos 2016. Unha nova Deputación, unha nova forma, un plan máis transparente, un plan que incrementa o plan anterior en 16.000.000€ os fondos que recibían os municipios da provincia de Pontevedra neste mismo ano. Co obxecto de transmitir esta información, desde a Diputación provincial enviouse a todos os concellos información dos criterios de reparto do Plan Concellos 2016, coa finalidade de que se analicen as cifras que se adican e así, a caso, as alternativas ou modificacións que queiran empregar ou realizar cada un dos concellos, sen que ningún concello, nin sequera os gobernados polo Partido Popular, que agora cuestionan o Plan, enviaran nin suxerencia nin modificación a este Plan. Novamente e unha vez aprobado, desde a Institución provincial informouse a todos os concellos do investimento que recibían, en concorrencia, porque é o que ten que ser, concorrencia, que non un, por ser dun color político ou por ser máis ou menos amigo do Presidente, da Presidenta, do Vicepresidente ou da Vicepresidenta, leve ou acade máis e mellores proxectos, máis e mellores cantidades orzamentarias. Este novo Plan, un plan incrementado en 16.000.000€, está basado na transparencia, está basado na igualdade, está basado na justicia, na justicia que se vai implantar con esta nova Diputación en toda a provincia de Pontevedra. Adeus a aquel plan caciquil do Partido Popular, adeus a aquel plan clientelar e de amigos do Partido Popular e adeus a aquel plan do Partido Popular que era arbitrario. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Regades. Son. Si, o que pasa é que temos un problema de, perdón Nidia, temos un problema de orden porque iba intervir eu e entonces, … Si, vou intervir, moi brevemente. Primeiro, evidentemente, o Pleno é soberano e os Deputados son soberanos pero creo que nos está dando a sensación, á algúns, de que queremos facer aquí uns debates que pouco teñen que ver con esto, igual teñen moito que ver ca precampaña na campaña electoral e, a verdade, é que aquí non se vai convencer a ninguén, digo, por si pode haber algunha mesura e prudencia nas intervencións, porque vámonos ir ás tres ou ás catro da tarde e dunha maneira absolutamente inútil, inútil, porque non vai saír nada, e só hai que ver ós medios de comunicación, parece que están todos absolutamente preocupados polos carretes que lle estamos soltando, ¿non?, era simplemente unha … E despois, con respecto ás bases reguladoras, pouco hai que dicir, obviamente, sempre se pode discutir algún criterio, según que si se podía cargar máis esto, cargar máis no outro pero cremos que … Escóitase que alguén comenta algo. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- … ¡mellor, mellor!, así non hai problema e tal. Bueno, vamos a ver, con respecto ó Plan en si, sempre se pode discutir se algún criterio, que si había que afinar máis, darlle máis peso á poboación, darlle máis peso á extensión, darlle máis peso ós núcleos ou darlle máis peso ó que sexa. O que está claro é que miran cara adiante e son totalmente de nova planta, cousa que non é especialmente fácil porque todo o mundo, todos os concellos teñen algo que dicir, ou sexa, que se foi discriminado, que antes non recibía, que agora recibe, que si é turístico que si é interior ou o que sexa. Bueno, é de nova planta, son criterios ecuánimes e equilibrados en xeral e, polo tanto, pois cremos que nos debíamos alegrar todos de que haxa estes criterios. Pola nosa parte, cando menos, estamos dispostos a estudar algunhas variacións que poida haber para o ano que vén, tamén é certo que non se fixo ningunha suxerencia, ningunha aportación co cal é dicífil a posteriori, porque non é fácil facer todas as contas, facer uns criterios e despois resulta, non, agora non me gustan, agora non me gustan, agora me gustan, non, bueno, son os que están aí e cremos que son bastante lóxicos. Señora ... Sra. Arévalo Gómez.- Bueno, pois, a verdade é que vou a tomar a palabra vértigo, que dixo o Sr. Regades, porque, sinceramente, si que temos moito vértigo. Escóitase alguén dicindo que non funciona. Sra. Arévalo Gómez.- ¿Non funciona?, ¡Ah, o tempo!, o tempo, que me marquen o tempo. Bueno, pois que vértigo, efectivamente, é o que estamos a ver. Cando menos, sorpresa, Sr. Regades, pero non por vostede senón tamén polo Sr. Font e, por suposto, pola Presidenta. Dende logo que vamos moi mal, dicía ela, pois claro que vamos moi mal porque esto é a antítesis da democracia, totalmente antítesis da democracia. Sinceramente, penso que a miña intervención anterior, igual que outros plenos, desde o comezo ata o final, non descalifiquei a nadie, non lle faltei ó respecto a nadie, eso si, non lles aplaudín o seu orzamento, non lles aplaudín o seu discurso nin as súas propostas, pero eso é a democracia, pero a min si que se me descalificou, desde o outro día que se me chama rastrera e hoxe se me chamou ignorante, con dous narices, ignorante, con esa elegancia que ela cre que ten ó redor desa frase, pero se me chamou ignorante. Por eso esto me dá moito vértigo, porque miren, nos recortan o turno de palabra, practicamente non podemos intervir, no debate máis importante desta casa, deste ano, que é o Orzamento non podemos nin replicar, a Presidenta mentres estou intervindo está falando co móbil, fun respectuosa desde o comezo hasta o final e insisto, insisto que, por favor, vaian vostedes á Acta, cando remate este Pleno e nola entreguen, e díganme donde eu faltei ó respecto a algún Deputado ou a quen descalifiquei e, por suposto … Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Sra. Arévalo, atéñase ó punto do Orden do día. Sr. Arévalo Gómez.- Non, é que teño falar cando me deixan e cando me deixan é agora, eu o meu tempo interveño como queira, o tempo que me corresponde. Pero, sobre todo, pero sobre todo, por favor, pero sobre todo, o que é máis grave todavía, falando de democracia, Sr. Regades, Sr. López Font, que falan da liberdade dos concellos, da liberdade que se lle dá para decidir, a primeira liberdade que nos coartan é cando vimos aquí 30 alcaldes da provincia de Pontevedra e a Presidenta ten a osadía de decirlle a algún alcalde: “Por ese camiño van vostedes moi mal, estuvo moi mal o que vostedes fixeron na escalinata e, polo tanto, que sepan que lle vai a traer consecuencias”, esto é unha realidade o que estou dicindo, ¿como non me vai a dar vértigo o que está acontecendo nesta lexislatura?, ¿como non me vai a dar vértigo?. Por suposto que lle dicimos adeus a moitas cousas según o Sr. Regades, vamos a darlle a benvida ós macroconvenios, ós cheques infinitos, a esos si que lle vamos a dar a benvida. Miren, unha vez máis, seguimos falando do mismo, no Parlamento de Galicia no debate dos Orzamentos, e creo que vai a ser o que ocurra nesta casa os catro anos, o Sr. Louzán, o Sr. Louzán, o Sr. Louzán, deixen tranquilo ó Sr. Louzán, que bastante traballou xa por esta casa, que bastante defendeu esta casa e esta provincia, e se lle molesta que o defenda o vou a seguir defendendo, a súa política económica, cultural, deportiva e a política dos concellos, donde se invertiu máis que nunca a pesar de que os números que vostedes nos queren traer aquí, son completamente falsos. E miren, perdan o tempo, perdan o tempo en falar do Sr. Louzán, perdan o tempo, nos parece moi ben, Sr. Regades, pero nós vamos a falarlle do que traen aquí e o que traen aquí, o primeiro que traen aquí son unhas bases que é un corta e pega do que facía, precisamente, o equipo de goberno anterior ó que tanto critican. Falan de unha serie de criterios, si, si pero eu lle invito, eu lle invito a que as vexan porque as teño aquí, que as vexan, é un corta e pega as bases de reparto do que había antes, un corta e pega, ó único que ocurre aquí é que se reducen 20.000.000€, eso é o único que ocurre, a xusticia da que falan vostedes, ¿cal é?, ¿a xusticia do cheque infinito de Vigo?. Vostedes se cansan de falar do 20% de libre disposición, e lle volvo a insistir que libre disposición, donde se repartía en obras para todos os concellos, concellos do PP, do PSOE e do Bloque, e lle din aquí cifras da Illa de Arousa e lle podo dar de Caldas, lle podo dar de Catoira, lle podo dar de Poio, de Vilaboa, de Vigo e de Pontevedra ou de Silleda. Eso é a libre disposición do Presidente, pero vostedes fan un cheque infinito a Vigo, que non sabemos donde estará o fin e non sabemos nin sequera para que vai ser, esa é xusticia, Sr. Regades, da que vostede me fala, esa é a xusticia. Miren, e esto que traen aquí, simplemente é, pois, un montón de Plans que tiña esta Institución que defendían o deporte, que defendían a cultura, o turismo, as escolas de música, os conservatorios, as escolas deportivas, etc., etc., etc., pois vostedes o refunden en un solo plan donde ó final as contas son as que valen, e hai 20.000.000€ menos, Sr. Regades. Mire, me gustaría que aquelo que tanto falaban cando empezaba a lexislatura o fagan, aquí, pois, se falaba de consenso, de información ós concellos, desde aquela primeira reunión que se tivo cos concellos, que por certo, parecía que era algo insólito, aquí tódolos anos se reunía o Presidente cos concellos. Vostedes fixeron unha primeira xuntanza donde non houbo máis, donde tiñan que falar cos alcaldes, precisamente, de consenso, un cambio tan grande no que é na planificación dos fondos e no que é a forma de traballar, pois, que menos que contar cos alcaldes. Pero, daquela non se supo máis, nin o consenso, nin a comunicación, nin ter en conta, o mes de xullo pasou e o mes de agosto vacacións, o mes de setembro a Presidenta empezou esa ronda de visitas donde de 27 concellos, pois 5, solamente 5 do Partido Popular, esa é, esa é a forma de traballar da nova Presidenta, esa é a nova Deputación. O mes de outubro centrámonos nos composteiros, e chegamos ó mes de novembro e somentes 15 días antes de entregarnos o Orzamento empezan os alcaldes a recibir unha serie de cartas, que decir eso é non decir nada era o mesmo, a confusión de porcentaxes, a confusión dunha carta donde, a pesares de que digan aquí non chamou ninguén, aquí chamaron moitas persoas dos concellos, ademais de concelleiros e alcaldes chamaron funcionarios, e non se lles sabía contestar si entraban benestar social, emerxencia, o SAF, se non entraba, que iba a pasar finalmente con algún tipo de axuda, etc., etc., etc., etc., improvisación se lle chama a esto, improvisación. Despois nos demos conta de que faltaba benestar e sale Mosquera que 10.000.000€ máis, esto foi o que ocurriu durante todo o mes de novembro. E, nós o que lle reclamamos hoxe aquí, é que en próximas convocatorias porque esta xa está, fagan as cousas con tempo, fagan as cousas con consenso pero de verdade, non de decirlle ós medios de comunicación e, sobre todo, o que lle reclamamos aquí é ese importe porque a nós as contas non nos dan. ¿Quen perde hoxe aquí con este Orzamento?, ¿quen perde hoxe aquí con estas bases?, perden os concellos medianos e pequenos da provincia e, ¿quen gana hoxe aquí?, primeiro de todo, o concello de Vigo e segundo, o concello de Pontevedra. Esa non é a política que nós queremos, esa non é a Deputación que non queren os alcaldes da provincia, esa non é Sr. Regades. Nada máis, moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Si, Sra. Arévalo, agradézolle moitísimo ese tono porque como o cansancio da viaxe faime que, hoxe ese tono que usa, ese volumen, venme bárbaro para estar desperto. Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- A verdade, eu, ó primeiro, ¿non?, quería pedir disculpas, ¿non?, perdir disculpas, que eu cando decía que os Deputados do Partido Popular sentían vértigo por esta transformación, pois claro, eu non pensei que lles fose ofender, ser vertiginosos é un insulto pois, eu pido disculpas, ¿non?, porque en ningún momento nin nombrei ó Sr. Louzán, porque non é necesario, porque o Sr. Louzán nestes momentos dimitiu como Deputado co cual eu non o nombrei, é asesor desta casa porque vostedes o decidiron, eu non o comparto, eu non o faría nunca, pero non nombrei nunca aquí ó Sr. Louzán en toda a miña intervención, co cal lle invito, Sra. Arévalo, a que despois o miren, seguramente as añoranzas do pasado lle fai pensar que nós nos acordamos del pero nós non nos acordamos del e as cidadás e os cidadáns da provincia de Pontevedra se acordan del polo malo, do goberno da Deputación do Partido Popular se acordan polo malo non polo bo. Pero claro, a súa intervención, a verdade é que demostra moito, ¿non?, demostra que usted nos falou de escaleiras, nos falou de composteiros, nos falou de Vigo, nos falou de Pontevedra, das visitas dos alcaldes, se os alcaldes eran ou non eran, se un día veu aquí, se un día foi alá, non nos falou do plan, e a verdade, eu creo que a estes dous grupos políticos formamos o goberno e que fomos capaces a acadar uns Presupostos e acadar un Plan en escasos catro meses, nos ten bastante satisfechos e orgullosos, porque se o seu debate é outro e non é o debate do Plan, é o debate dos composteiros, das visitas, de Vigo, das escaleiras, de non sei que máis, pero adicoulle de toda a súa intervención o 3% a falar do Plan, o resto adicoullo a falar doutros temas, co cal hemos acertado, hemos feito un Plan moito, moito mellor. Eu, a verdade, cando a Presidenta lle decía que vamos mal, é un consello, vostedes van mal, van mal, é un consello, non unha descalificación, eu creo que é un consello que vós debedes de recoller e intentar usar para mellorar e para facer, o decía na primeira intervención o Vicepresidente, para facer desta Diputación un sitio das ideas, un sitio do encontro, a política non é un campo de batalla, Sra. Arévalo, eu entendo que vostede pensa que é un campo de batalla, pero non o é. A política é o campo das ideas, é o campo da transformación, por eso nós cremos nunha nova Diputación e queremos transformar esta Deputación. E transformando esta Diputación quixemos eliminar o 20% de libre disposición, porque a libre disposición non é facelo ben, a libre disposición é facelo mal, e ese é outro consello, porque cando ti tes o 20% de libre disposición é para os amigos non para todo o mundo, para os amigos do Partido Popular pero non para todos, solo para algúns, os que se levan ben conmigo, e eso de ter un 20% de libre disposición é un argumento caciquil, non é un argumento igualitario, non é un argumento para todos. As contas, decía vostede que non lle saen, ¿non?, a vostede non lle sairán pero ós concellos da provincia de Pontevedra, ás alcaldesas e ós alcaldes da provincia de Pontevedra as contas lle salen porque Agolada increméntase en 120.000€, Arbo en 90.000€, Baiona en 270.000€, Barro en 53.000€, Bueu en 136.000€, Caldas de Reis en 159.000€, Cambados en 299.000€, Campo Lameiro en 53.000€, Cangas en 82.000€, etc., etc., etc. A todos estos concellos as contas lles saen, ás cidadáns que viven nestes concellos as contas lle saen e o que están fartos é dos contos, dos contos do Partido Popular, dos contos que facían e decían nesta provincia, da arbitrariedade. Nós, hemos querido transformar toda esa arbitrariedade na igualdade, na transparencia, na concurrencia, que non importe do color político que sean os alcaldes, o que importa é traballar para todas as cidadáns da provincia de Pontevedra, de forma igual, se son amigos ou non o son, porque para nós, para o goberno da provincia de Pontevedra da Deputación, todos os cidadáns da provincia son amigos. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Diputado. Pasamos á votación do punto seis. Aprobación das Bases reguladoras e convocatoria do Plan de obras e servicios, Plan Concello 2016, que unha vez que sexa aprobado se remitirá inmediatamente a todos os alcaldes e as alcaldesas para que teñan coñecemento profundo aínda que xa se lles informou de cales son as liñas básicas deste Plan, cousa que como todos vostedes saben antes tampouco se facía. ¿Votos a favor do punto seis?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 4 votos a favor, 12 en contra e 1 abstención. Dada conta das “Bases Reguladoras e Convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016”. Considerando o establecido nos artigos 9.2 e 17 da Lei 38/2003, de 18 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o artigo 6.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG), sobre a esixencia dunhas bases reguladoras para o outorgamento de subvencións e do recollido nos artigos 9.3 e 23 da LXS e o 6.3 da LSG, que recollen a necesidade de proceder á súa convocatoria pública. Vista toda a documentación relativa ó citado plan que obra no expediente; vistos os informes da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial; e visto o ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno da Corporación Provincial acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos en contra do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON: 1º.- Aprobar, condicionadas á existencia de crédito suficiente logo da aprobación definitiva do Orzamento para o exercicio 2016 e á súa entrada en vigor, as Bases Reguladoras da Convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016”, cuxo teor literal di como segue: “BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN DE CONCELLOS) 2016 O Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016 é un plan propio da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2016 que se elabora no marco do previsto no artigo 36.2.a da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local, e nos artigos 32 e 33 do RDL 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, nas que se regula a obriga das deputacións de aprobar anualmente un Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal en cuxa elaboración deben participar os concellos da provincia. O Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016 elabórase nun momento de cambio do ciclo económico no que a Deputación quere colaborar cos concellos na prestación integral dos servizos públicos segundo o seu tamaño e a súa poboación. Trátase, polo tanto, de garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipal, asegurando para o conxunto dos veciños unha prestación axeitada e íntegra dos servizos de competencia municipal pero desde a base dunha maior eficacia, eficiencia e coordinación, tal e como se dispón na Lei 7/1985, de 2 de abril. Nesta nova etapa a Deputación de Pontevedra aposta por impulsar a xestión municipal, promovendo o desenvolvemento económico e a creación de emprego como bases fundamentais para o seu crecemento, especialmente dos máis pequenos, para o que é necesario garantir a sostibilidade financeira municipal para que poidan prestar os servizos e actividades da súa competencia, respectando o principio da autonomía local e concedendo unha ampla liberdade de decisión á hora de definir as prioridades de cada concello en función das súas necesidades reais e no marco xurídico competencial local. Por esta razón unifícanse os numerosos plans de subvencións existentes na Deputación de Pontevedra dirixidos a concellos, concedéndolles a flexibilidade suficiente para que sexan estes quen dispoñan, en base ás súas peculiaridades e necesidades, da capacidade de decisión necesaria para fixar as súas prioridades de financiamento e para destinar os recursos deste plan a paliar as necesidades máis urxentes, sen imposicións, aínda que con certas limitacións en aras dun mellor control e vixilancia do emprego dos recursos públicos. Polo tanto, a ampla marxe de decisión que se lle concede ás entidades locais beneficiarias das axudas pretende ser estritamente respectuosa coa autonomía local e fundaméntase de acordo ó establecido na Carta Europea de Autonomía Local, que establece no seu artigo 9.7 que “na medida do posible, as subvencións concedidas ás Entidades locais non deben ser destinadas ó financiamento de proxectos específicos” e continúa dicindo que “a concesión de subvencións non deberá causar prexuízo á liberdade fundamental da política das Entidades locais, no seu propio ámbito de competencia.” Por outra parte, o cambio de ciclo económico supuxo, entre outros aspectos, unha importante redución dos recursos económicos dos concellos, que nalgúns casos teñen serias dificultades para afrontar a realización de actividades e a prestación de servizos que, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións das súas comunidades veciñais, incluso en ocasións teñen serias dificultades para atender ós seus gastos correntes. Por iso, a finalidade do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016 debe ser tanto a de contribuír á realización dos investimentos e actividades necesarios para a efectiva prestación dos servizos municipais, favorecendo o crecemento económico e a creación de emprego, como axudar ó financiamento do gasto corrente no que incorren os concellos na súa actividade como xestores públicos. Por último, en congruencia co principio de autonomía municipal consagrado nos artigos 137 e 140 da Constitución e que a Deputación de Pontevedra promove nos límites das súas propias competencias, a prol dunha maior axilidade e eficacia na execución das actuacións e investimentos e sempre dentro da cobertura de legalidade que contén a normativa legal aplicable, a contratación das actuacións subvencionables corresponderalle ós concellos. En todo caso, corresponderalle á institución provincial a contratación dos investimentos, cando lle sexa solicitado por aquelas entidades que carezan de capacidade de xestión e medios técnicos para asumila. En relación ó exposto confecciónanse as seguintes bases reguladoras: CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS Primeira. Obxecto. Estas bases e a convocatoria teñen por obxecto regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nestas bases e terán que ser de competencia municipal. No marco destas bases, os concellos poderán libremente determinar a elección dos investimentos e actuacións subvencionables que desexen realizar, non obstante, se algún proxecto ou proposta de actuación non se axustase ó obxecto destas bases a Deputación poderá rexeitar dito proxecto. Nese caso, o concello poderá presentar unha nova proposta. As axudas e subvencións deste plan poderán destinarse ás seguintes liñas nos termos recollidos na base 8ª: Liña 1. Investimentos. Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes. Liña 3. Actividades culturais, deportivas, actividades sociais, turísticas e medioambientais. Liña 4. Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. Segunda. Natureza xurídica. As axudas que se concedan ó abeiro desta convocatoria teñen a natureza xurídica de subvencións, de acordo cos criterios establecidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (en adiante LXS), e na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en adiante LSG). O seu réxime xurídico adecuarase ó disposto nas anteriores normas, e no seu caso ó Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (en adiante TRLCSP); á Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (en adiante LRBRL); ó Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da LXS, (en adiante RLXS); á Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (en adiante LRXAP); ó Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (en adiante TRLRFL); Bases de execución orzamentarias vixentes en cada exercicio e demais normativa aplicable. Terceira. Aprobación das bases. De acordo co establecido na base 16.3 das de execución do orzamento para o 2015 e cumprindo o establecido no artigo 17 da LXS o órgano competente para a aprobación destas bases é o Pleno da Deputación. Cuarta. Beneficiarios. Poderán solicitar as axudas reguladas nestas bases os concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de dereito de ata 50.000 habitantes, segundo a correspondente certificación expedida polo Instituto Galego de Estatística (IGE) referida á última actualización do censo. A colaboración para os concellos de máis de 50.000 habitantes, non beneficiarios neste Plan, instrumentalizarase a través de convenios de colaboración, para o cal se dotará o orzamento na correspondente aplicación orzamentaria. Quinta. Financiamento e contía das subvencións. O Plan conta con catro liñas de subvención para os concellos que se financian con cargo ás dotacións orzamentarias das seguintes aplicacións: -16/942-9425-462.00 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Actividades). -16/942-9425-462.03 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos).. -16/942-9425-462.45 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Gastos correntes, amortización e pagamento de débedas). -16/942-9425-652.45 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Investimentos xestionados para concellos). -16/942-9425-762.45 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Investimentos). A contía que se destina para financiar o presente plan ascende a corenta millóns (40.000.000) de euros e a contía individual asignarase de conformidade cos criterios e ponderacións establecidos na base seguinte. Correspóndelle a cada concello libremente distribuír as contías individuais respectivas segundo as súas necesidades, con cargo ás distintas liñas de subvención e con respecto ós límites establecidos nestas bases. Para as liñas de subvención 2, 3 e 4, cada concello poderá destinar unha porcentaxe máxima sobre a contía individual asignada, consonte coa seguinte distribución: Liña de Subvención Porcentaxe máxima Límite máximo por liña LIÑA 2 15 % 6.000.000,00 € LIÑA 3 3,75 % 1.500.000,00 € LIÑA 4 22,50 % 9.000.000,00 € Da cantidade total que lle corresponda a cada concello poderán destinalo ás finalidades seguintes: Con cargo á liña 1 (Investimentos) ata o importe mínimo que resulte de aplicar a porcentaxe do 58,75% á cantidade total que lle corresponde ó concello. Con cargo á liña 2 (Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes), ata o importe máximo que resulte de aplicar a porcentaxe do 15% á cantidade total que lle corresponde ó concello. Con cargo á liña 3 (Actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas, medioambientais), ata o importe máximo que resulte de aplicar a porcentaxe do 3,75% á cantidade total que lle corresponde ó concello. Con cargo á liña 4 (Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais), ata o importe máximo que resulte de aplicar a porcentaxe do 22,50% á cantidade total que lle corresponde ó concello. As cantidades que os concellos non utilicen das liñas 2, 3 e 4, poderanas utilizar para facer investimentos (liña1). Sexta. Criterios obxectivos de outorgamento das subvencións e ponderación dos mesmos así como criterios para a determinación das contías individuais. O plan dótase cun importe fixo de corenta millóns (40.000.000) de euros, dos que dezaseis millóns (16.000.000) de euros repartiranse de forma lineal entre os concellos da provincia que se adhiran a este plan, correspondéndolle a cada un deles douscentos sesenta e seis mil seiscentos sesenta e seis con sesenta e sete euros (266.666,67) euros. A cantidade restante, vinte e catro millóns (24.000.000) de euros, repartirase da forma seguinte: Habitantes Grupo 1 0-10.000 Grupo 2 10.001-20.000 Grupo 3 20.001-50.000 Porcentaxe 30 % 40 % 30 % Cantidade por grupo 7.200.000 € 9.600.000 € 7.200.000 € Total 24.000.000 € Ó grupo 1, ata 10.000 habitantes, aplícaselle unha porcentaxe do 30%, polo que lle corresponden sete millóns douscentos mil (7.200.000) euros. Ó grupo 2, de 10.001 a 20.000 habitantes, aplícaselle unha porcentaxe do 40%, polo que lle corresponden nove millóns seiscentos mil (9.600.000) euros. Por último, ó grupo 3, formado por 7 concellos de entre 20.001 e 50.000 habitantes, aplícaselle unha porcentaxe do 30%, polo que lle corresponden sete millóns douscentos mil (7.200.000) euros. Estas cantidades repartiranse entre o número de concellos que forman o grupo en proporción ó 60% da poboación, 20% de núcleos de poboación e ó 20% da superficie. Para estes efectos a poboación do concello a considerar será a última publicada polo IGE na data de publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). En consecuencia, cada concello coñecerá as cantidades que lle corresponden dentro dos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación destas bases no BOPPO. Ademais de recibiren a correspondente notificación poderán ser informados dirixíndose ó Servizo de Cooperación. Sétima. Compensación de débedas. Xunto coa cantidade que lle corresponde a cada concello, a Deputación comunicaralle a relación de débedas que teña coa Deputación na data de publicación destas bases, co fin de que as que paguen antes de presentar as solicitudes; en caso de non facelo, os concellos solicitarán subvención polo importe neto, e a Deputación procederá de oficio á detracción das mesmas ata a totalidade da débeda. Oitava. Finalidades subvencionables. Os concellos presentarán as solicitudes de subvención para as distintas liñas acompañando para cada solicitude a documentación necesaria sinalada na base seguinte. Serán subvencionables as finalidades que se indican a continuación para cada unha das liñas seguintes: Liña 1. Investimentos Os investimentos subvencionables con cargo a esta liña poderán ser: Investimentos que teñan un orzamento igual ou superior a vinte mil (20.000,00) euros, incluído o IVE, agás no caso exclusivo de subministracións que constitúan un investimento por si mesmas, no que se admitirán orzamentos por un importe inferior. Estas subministracións poderán destinarse, entre outros a instrumentos musicais, material turístico, deportivo, cultural, desfibriladores e calquera outra clase de subministración. O resto das subministracións, que non constitúan un investimento por si mesmas, que supoña a mellora ou creación dun ben novo, deberán integrarse nun proxecto de investimento. Proxectos: Os concellos encargarán a redacción dos proxectos correspondéndolles asumir o seu custo. No caso de non poder sufragaren o seu custo con cargo ós seus fondos por motivos orzamentarios ou porque de asumilo lles causase un notorio prexuízo, poderán incluílos dentro dos gastos da inversión solicitada, sempre que se xustifique de maneira motivada e expresa. O contido dos proxectos deberase axustar ó establecido no artigo 123 do TRLCSP, debendo identificarse cada investimento cun proxecto técnico, do que presentarán o orixinal e unha copia en formato dixital, e que debe redactarse segundo o devandito artigo. Asemade deberán cumprir a normativa en materia de accesibilidade, seguridade viaria e calquera outra que lle sexa de aplicación. Na redacción dos proxectos de obra débese ter en conta que a porcentaxe de gastos xerais será do 13% e o beneficio industrial o 6%. Os autores do proxecto deberán ser técnicos competentes da materia obxecto do proxecto. No caso de tratarse dun contrato menor de obras deberase incluír o seu orzamento, sen prexuízo de que deba elaborarse un proxecto cando as normas específicas o requiran e de modo especial se afecta á estabilidade, seguridade ou estanquidade da obra (artigo 111 do TRLCSP). O concello poderá solicitar, sempre que cumpra os requisitos do TRLCSP, a execución da obra directamente polo sistema de administración. Neste caso o orzamento de execución do investimento será o de execución material e incrementarase, no seu caso, ata a porcentaxe necesaria para atender as percepcións que poidan ter lugar polo traballo ou xestión dos empresarios colaboradores, ás que se refire o artigo 176.1 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, incluíndo, como partida independente, o IVE que corresponda. A Deputación procederá, en todo caso, á supervisión e ó control dos proxectos, tendo especialmente en conta os prezos das distintas unidades. Aprobación dos proxectos e outorgamento de licenzas: Os proxectos deben ser aprobados polo órgano competente do concello. Se a obra necesitase, pola súa situación ou característica, permisos ou autorizacións doutros organismos, será o concello quen as solicite. No caso de subministracións achegarase memoria que describa con detalle os mesmos e inclúa uns pregos técnicos co fin de coñecer as características técnicas dos bens, así como un orzamento detallado, que inclúa entre outros, cantidades, prezos unitarios e IVE. Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes Serán subvencionables as seguintes tipoloxías de gasto: Amortización do endebedamento con entidades financeiras. Pagamento de débedas a acredores de investimentos. Pagamento de débedas a acredores de gastos correntes. Gasto corrente novo. Entre os gastos correntes subvencionables poderán incluírse os gastos de funcionamento dos servizos de subministración de auga potable, de rede de sumidoiros, limpeza viaria, recollida domiciliaria de lixo, iluminación pública, mantemento dos accesos ós núcleos de poboación, mantemento de parques públicos, conservatorios, escolas de música, e escolas deportivas de titularidade municipal, e aqueles outros que estean directamente asociados ó funcionamento dos servizos de competencia municipal. Concretamente poderán incluírse os gastos que de seguido se detallan: Bens e servizos correntes. Intereses de préstamos asociados directamente ó servizo. Achegas municipais a entes supramunicipais ou outros que realizan o servizo. Liña 3. Actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais Son subvencionables as actividades que realicen directamente os concellos, agás as subvencións, que se enmarquen nas seguintes tipoloxías, sempre e cando teñan un orzamento mínimo de mil (1.000,00) euros, IVE incluído, e que estea proxectado que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do exercicio 2016. o Liña 3.1. As que contribúan ó desenvolvemento cultural, educativo e social das persoas do municipio ou que teñan relación con estes. En xeral, o tipo de actividades susceptibles de subvención son as que deseguido se relacionan: I. De difusión cultural, favorecedoras da extensión e divulgación da cultura: proxeccións de cine e vídeo, representacións teatrais, música, folclore e tradición, viaxes estritamente culturais dun ou máis días de duración e outros eventos semellantes. II. Artísticas, favorecedoras da creatividade e da iniciativa cultural: fomento dos grupos de teatro e musicais, creacións literarias como revistas (culturais, científicas, etc.), recitais, concursos sobre literatura ou outras. III. Lúdicas, favorecedoras do esparexemento e do lecer: festexos tradicionais folclóricos ou semanas culturais, entre outras. IV. Formativas, favorecedoras da promoción educativa, cultural e profesional das persoas do municipio/entidade local: cursos de formación xeral, ciclos culturais, conferencias socioculturais, encontros e xornadas de estudo, entre outras. V. Gastos de funcionamento de conservatorios e escolas de música de titularidade municipal (gastos de funcionamento e profesorado). VI. Calquera outra actividade cultural semellante ás anteriores. o Liña 3.2. As que contribúan ó desenvolvemento e promoción do deporte dentro da provincia de Pontevedra. En xeral, o tipo de actividades que se detallan a continuación: I. Organizativas de eventos deportivos puntuais, como campionatos, ligas, e outras. II. Participativas en eventos deportivos, de carácter puntual e extraordinario. III. De fomento deportivo, sendo a súa finalidade a promoción, fomento e formación deportiva con carácter específico ou inespecífico. IV. Gastos de funcionamento de Escolas deportivas de titularidade municipal (gastos de funcionamento, monitores e profesorado). V. Calquera outra actividade deportiva semellante ás anteriores. o Liña 3.3. As que contribúan ó desenvolvemento no ámbito social, a paliar situacións de emerxencia social e á mellora dos servizos sociais comunitarios, básicos, específicos e especializados, poñendo especial atención na igualdade, na axuda no fogar, na loita contra a violencia de xénero, na inclusión social, na atención á dependencia, no voluntariado social, no apoio a colectivos e familias necesitadas, como nos discapacitados, nos nosos maiores, na infancia e na xuventude, en hábitos saudables e na loita contra as drogodependencias, na inmigración, en situacións de emerxencia social e, en xeral, calquera outra área ou sector de carácter social que teña cabida dentro do concepto de servizos sociais. En xeral, o tipo de actividades susceptibles de subvención son as que deseguido se relacionan: I. As dirixidas a persoas en risco de exclusión social: inmigrantes, discapacitados, persoas maiores, vítimas da violencia de xénero, infancia e xuventude ou outros. II. As destinadas a promover hábitos saudables e a prevención, o tratamento e a reinserción das drogodependencias e toxicomanías. III. As que teñan por obxecto a valoración e a detección dunha situación de emerxencia social ou de urxentes necesidades sociais, así como a prestación de servizos de orientación, asesoramento e/ou asistencia para paliar os seus efectos. IV. As formativas, divulgativas e/ou de promoción de carácter social. V. Calquera outra actividade de carácter social semellante ás anteriores que teña por obxecto desenvolver servizos sociais comunitarios, básicos ou específicos, e/ou especializados. o Liña 3.4. As que contribúan ó desenvolvemento turístico do municipio beneficiario, dos seus recursos turísticos ou que teñan relación con estes. De modo xeral actividades que contribúan á promoción turística na provincia, e entre outras: I. De promoción turística, favorecedoras da extensión e divulgación do turismo: mostras ou feiras de turismo, participación en eventos divulgativos en medios de comunicación, ou congresos e exposicións. II. De promoción mediante a elaboración de materiais gráficos, audiovisuais, guías, revistas, folletos, libros ou similares. III. Festas de interese turístico, carácter histórico ou singular, e en xeral manifestacións de carácter cultural como instrumento de promoción turística. IV. Calquera outra actividade de promoción turística semellante ás anteriores. o Liña 3.5. Actividades que contribúan ó desenvolvemento e sensibilización medioambiental e educativo das persoas do municipio ou que teñan relación con estes. En xeral, o tipo de actividades susceptibles de subvención que deseguido se relacionan: I. De difusión dos valores e da educación medioambiental: proxeccións de cine e vídeo, conferencias, exposicións, congresos, e similares. II. Obradoiros, cursos, programas educativos, en xeral actividades que favorezan o coñecemento e a relación co medio natural. III. De difusión dos valores medioambientais mediante a elaboración de materiais gráficos, audiovisuais, guías, revistas, folletos, libros ou similares. IV. Actividades de sendeirismo, itinerarios medioambientais, recuperación de espazos naturais, e en xeral actividades relacionadas desenvolvidas no exterior. V. Calquera outra actividade de sensibilización ou educación medioambiental semellante ás anteriores. As solicitudes presentadas concretarán a tipoloxía das actividades a desenvolver, accións individuais que as integren, características e custes. A estes efectos serán subvencionables os gastos en subministracións, servizos ou persoal externo ós concellos necesarios para o desenvolvemento das actividades. Liña 4. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. Será subvencionable a contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos mínimos de competencia municipal, de interese xeral e social, tendo en conta a normativa aplicable, sempre que cumpran os seguintes requisitos: a) Ser prestados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa. b) Favorecer na súa execución ou prestación a formación e as prácticas profesionais das persoas desempregadas que se van contratar. c) Ser prestados ou executados no ámbito municipal. d) Responder a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das súas funcións ou o desempeño das súas competencias en termos razoables de eficacia e tendo en conta a crise económica. e) Que esas necesidades afecten a sectores, funcións ou categorías profesionais prioritarios indispensables para poder satisfacer as necesidades básicas da vida persoal ou social dos particulares, de acordo coas circunstancias de cada momento ou lugar, ou necesarios para o benestar dos veciños e, tamén, os que permitan asegurar o funcionamento regular da propia entidade e dos seus órganos de goberno. O número máximo de traballadores cuxa contratación é subvencionable con cargo a esta liña vén definida pola seguinte táboa: Número de habitantes Grupo 1 De 0 a 2.000 Grupo 2 De 2.001 a 5.000 Grupo 3 De 5.001 a 10.000 Grupo 4 De 10.001 a 20.000 Grupo 5 De 20.001 a 50.000 Número de traballadores 14 20 24 30 34 As mencionadas axudas ou subvencións irán destinadas a financiar a contratación laboral, en réxime de xornada parcial ou completa segundo as necesidades da contratación que determine cada concello. As axudas comprenden o custo salarial e a cotización á Seguridade Social, de persoas desempregados (calquera que sexa a categoría profesional) que reúnan os requisitos establecidos no parágrafo seguinte destas bases, co límite máximo do Salario Mínimo Interprofesional por traballador (importe proporcional ás horas traballadas). Os concellos poderán, no seu caso, complementar a cantidade que sexa necesaria ata acadar os salarios que correspondan por categoría profesional. Os traballadores que sexan contratados para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros), inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato. Os concellos beneficiarios da subvención solicitarán ós traballadores que necesiten mediante a presentación da correspondente oferta na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir as persoas que sexan contratadas para o adecuado desempeño das funcións inherentes ós postos de traballo ofertados, debendo presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación. Para a xestión das ofertas establécese como ámbito de busca de emprego o municipio do concello solicitante. O concello beneficiario será quen realice a selección definitiva dos candidatos, de conformidade coa normativa aplicable, na forma prevista e segundo os criterios sinalados a continuación; tendo en conta que, en todo caso, os contratos deberán formalizarse no prazo e nos termos establecidos na resolución na que se concede a subvención. Para a selección daráselle preferencia por esta orde ós seguintes criterios: a) As vítimas de violencia de xénero. b) Os candidatos maiores de 45 anos. c) Os candidatos que formen unha familia monoparental con fillos ó seu cargo. d) Os candidatos con niveis de renda máis baixa. e) Os candidatos con cargas familiares. As entidades darán de alta na Seguridade Social as persoas contratadas no código de conta de cotización que corresponda. No caso de que algún dos traballadores contratados renuncie ó contrato antes da súa finalización o concello poderá formalizar un novo contrato para substituír o anterior polo tempo restante. Todos os contratos deben iniciarse a partir do 1 de xaneiro de 2016 e finalizar como máximo o 31 de decembro de 2016, sen que en ningún caso a subvencionabilidade dos contratos poida exceder este período. A relación laboral xurdida entre a entidade beneficiaria e o traballador non vinculará á Deputación de Pontevedra. CAPÍTULO II. PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN Novena. Procedemento de concesión. O procedemento de concesión das subvencións previstas nestas bases é o de réxime de concorrencia non competitiva. Décima. Solicitudes e documentación. As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación en Pontevedra, na súa sede de Vigo, no Servizo de Cooperación ou na páxina web www.depo.es. As solicitudes deberán subscribilas o Alcalde ou Concelleiro Delegado, asumindo o compromiso de cumprir as condicións da subvención. A estes efectos achegarase certificado do secretario relativo ó cargo que desempeña. As solicitudes presentaranse correctamente cubertas, unha por cada petición individual, especificando a súa denominación concreta, orzamento e importe da subvención solicitada. Cando se trate de subministracións inferiores a 20.000€ e natureza similar deberán solicitarse conxuntamente. As solicitudes deberán ser aprobadas por acordo do órgano competente do concello, que indique expresamente a finalidade concreta e a cantidade que se solicita, achegándose este acordo ou unha certificación acreditativa do acordo de aprobación. A tal efecto, nun único acordo poderanse aprobar varias solicitudes, achegando nese caso unha copia por cada solicitude. Calquera falsidade nos datos presentados dará lugar á perda da subvención concedida, ademais doutras medidas que para o caso poida arbitrar o organismo provincial. No caso de defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base ou de incumprimento do previsto no artigo 70 da LRXAP, requiriráselle ó interesado que emende as faltas ou omisións no prazo máximo de 10 días hábiles, indicándolle que, de non o facer, se terá por desistido da súa solicitude, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada LRXAP. Cando exista documentación que por algunha causa razoable e xustificada non poida ser achegada coa solicitude (por precisárense autorizacións sectoriais ou estar pendente de resolución cuestións relativas a augas, servidumes, etc.) presentarase, a ser posible, antes de que remate o procedemento de concesión de subvencións ou, necesariamente, antes de iniciar o trámite de xustificación da axuda económica concedida. Non se concederán subvencións se non obran no expediente de concesión todos os formularios e documentos preceptivos que se contemplan nas presentes bases. Para cada unha das liñas de subvención deberá achegarse a seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada: Liña 1. Investimentos: Proxecto técnico da actuación que se pretende levar a cabo (un exemplar en formato papel e outro en formato dixital, sendo responsable o solicitante da equivalencia entre ambos os documentos). o Se a obra non require proxecto achegarase un documento técnico que conteña como mínimo: - 1.Unha memoria detallada que describa claramente a actuación. - 2.Un plano de situación e plano detallado da actuación. - 3.As medicións e o orzamento da actuación. o En caso de que o investimento non sexa unha obra os concellos deberán presentar unha memoria cuns pregos técnicos e un orzamento co IVE incluído e detallado. Replanteo do proxecto e certificación da dispoñibilidade dos terreos precisos para a súa normal execución. Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar (Anexo I): o Que a finalidade subvencionable é competencia municipal (artigo 7 LRBRL). o Que se o concello obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención que financien o investimento. o Que non consta ningunha resolución ou acordo de que o concello está incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas públicas. Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar (Anexo II) o acordo do órgano competente do concello da aprobación da solicitude. Cando participe outra Administración pública no financiamento da actuación a entidade subvencionada presentará un certificado expedido polo funcionario público competente, no que se indiquen as achegas concedidas polo resto de organismos. No caso de actuacións proxectadas sobre edificacións ou instalacións deberase acreditar a titularidade ou a cesión do ben en cuestión, achegando certificación en relación ó inventario ou mediante calquera outro documento con valor probatorio que acredite a titularidade ou a cesión do ben. A cesión terá que ser por dez anos se se trata dun ben que debe inscribirse no rexistro público correspondente, e de cinco nos demais casos. No suposto de investimento de competencia municipal realizado en estradas de titularidade doutra administración deberá contar coa autorización da correspondente administración ou ben tela solicitada. Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar (Anexo I): o Que a finalidade subvencionable é competencia municipal (artigo 7 LRBRL). o Que se o concello obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención que financien o investimento. o Que non consta ningunha resolución ou acordo de que o concello está incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas públicas. Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar (Anexo II) o acordo do órgano competente do concello da aprobación da solicitude. Asemade, en función da finalidade concreta solicitada dentro desta liña achegarase tamén: • Amortización de débeda con entidades financeiras Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar: o Que se a cantidade que se solicita ten débeda pendente de amortizar, indicando a entidade financeira e demais características da operación de crédito/préstamo cuxa débeda, total ou parcial, se pretende amortizar. o Que a cantidade que se pretende amortizar é a que ten condicións económicas máis gravosas para o concello en termos económicos (comisións, tipos de xuros, etc.), e polo tanto resulta máis vantaxosa amortizala primeiro. • Pagamento de acredores de investimentos Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar: o A relación de acredores, indicando a súa correcta identificación e tamén a identificación das certificacións (facturas), expresando a data de expedición e a data de rexistro, número, resumo dos conceptos e importe coa repercusión do IVE no seu caso. Tamén se indicará o órgano que aprobou cada factura ou xustificante de gasto, así como que están pendente de pagamento. o Que non existen ata o momento outros acredores que teñan preferencia para o pagamento das súas débedas. • Pagamento de acredores de gasto corrente Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar: o A relación de acredores, na que se indique a súa correcta identificación e tamén a identificación das certificacións (facturas) e se exprese a data de expedición e a de rexistro, o número, o resumo dos conceptos e o importe coa repercusión do IVE, no seu caso. Tamén se indicará o órgano que aprobou cada factura ou xustificante de gasto, xunto coa data dos mencionados acordos. o Que as débedas que se relacionan están pendentes de aboamento. Así mesmo, acreditarase que non existen, na data de expedición da certificación, outros acredores que teñan preferencia para o pagamento das súas débedas. • Gasto corrente novo Memoria descritiva e valorada dos gastos que se pretenden financiar, identificando a natureza do gasto de acordo co previsto na base oitava. Liña 3. Actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais Memoria explicativa da actividade a desenvolver, debidamente asinada polo representante, na que se especifique as accións concretas a desenvolver, medios e prazos para a súa execución. No caso de Conservatorios ou Escolas de Música achegarase ademais Relación de persoal docente e non docente e Declaración do número de alumnos matriculados no curso 2015-2016, detallado por especialidades ou materias. Orzamento da actividade a realizar reflectindo o IVE, detallado por conceptos e debidamente asinado polo representante. Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar (Anexo I): o Que a finalidade subvencionable é competencia municipal (artigo 7 LRBRL). o Que se o concello obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención que financien o investimento. o Que non consta ningunha resolución ou acordo de que o concello está incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas públicas. Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar (Anexo II) o acordo do órgano competente do concello da aprobación da solicitude. Liña 4. Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais Memoria global dos servizos que se van desenvolver, indicando o perfil e nº das persoas desempregadas que se van contratar, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros). Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar (Anexo I): o Que a finalidade subvencionable é competencia municipal (artigo 7 LRBRL). o Que se o concello obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención que financien o investimento. o Que non consta ningunha resolución ou acordo de que o concello está incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas públicas. Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar: o O acordo do órgano competente do concello da aprobación da solicitude no que se determine o nº das persoas desempregadas que se van contratar e se solicite a subvención para a súa realización. Declaración responsable de que as contratacións de persoal se destinan a servizos de competencia municipal e que cumpren os requisitos esixidos nestas bases en canto á súa capacidade técnica e de xestión. Undécima. Lugar e prazo de presentación O prazo de presentación das solicitudes de subvencións que se acollan a este programa é: De tres meses, se se trata da Liña 1, investimentos. Dun mes, se se trata das Liña 2 Amortización, Pagamento de débedas e gastos correntes, Liña 3 Actividades Culturais, Deportivas, Sociais, Turísticas e Medioambientais; e Liña 4 Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. Estes prazos contaranse desde o seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). As solicitudes irán dirixidas á Presidencia da Deputación e presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, no da súa sede de Vigo, nos rexistros do ORAL ou a través de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da LRXAP. No caso de presentarse a solicitude nun rexistro distinto da Deputación remitirase por fax copia da solicitude unha vez rexistrada onde conste data e lugar de presentación. Décima segunda. Compatibilidade. As axudas serán compatibles con outras para a mesma finalidade, tendo en conta que o importe da subvención, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, supere o custo da finalidade subvencionada, de acordo co previsto no artigo 19.3 da LXS. Para estes efectos, e de conformidade co disposto no artigo 14.1.d) da LXS e no artigo 33 do RLXS, unha das obrigas do beneficiario é a de lle comunicar á Deputación a obtención doutras subvencións ou axudas que financien as finalidades subvencionadas. Todas as alteracións das condicións que se tiveron en conta para a concesión e, en todo caso, a concesión concorrente de axudas por calquera entidade pública ou privada, nacional ou internacional, poderá dar lugar á modificación da subvención outorgada. Décimo terceira. Ordenación, instrución, procedemento e resolución. A instrución do procedemento de concesión de subvencións, que é o de concorrencia non competitiva, correspóndelle ó Servizo de Cooperación, quen realizará de oficio as actuacións que estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos expedientes. Asemade o órgano instrutor poderá solicitar todos os informes que considere convenientes e/ou necesarios para o correcto outorgamento das subvencións. Unha vez efectuado o estudo de cada solicitude recibida, e en función da información dispoñible, elaborarase unha proposta de concesión da subvención para someter á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación segundo a natureza do investimento, no seu caso, e da fiscalización do Servizo de Intervención. Décimo cuarta. Modificacións das resolucións de concesión das subvencións. Unha vez recaída a resolución de concesión, antes de que conclúa o prazo para a realización das actividades obxecto de subvencións e sempre e cando non se prexudiquen intereses de terceiros, poderase solicitar o cambio ou a modificación do seu contido se concorren circunstancias excepcionais, xustificando por escrito as causas que a fundamentan e axeitándose ó establecido nas distintas normas desta convocatoria. As circunstancias excepcionais que xustifican a modificación da concesión da subvención unicamente poden ser as seguintes: Falta de permisos, licenzas e autorizacións necesarias segundo a normativa aplicable en cada caso. Recibir anteriormente axudas ou subvencións doutros organismos públicos ou privados que cubran o importe total ou parcial do gasto subvencionado. Ter prioridade o financiamento doutro gasto urxente e non contar con crédito suficiente para levalo a cabo. Algún impedimento que non permita a súa realización, sempre que se deba a circunstancias sobrevidas e non previsibles no momento de solicitude da subvención. CAPÍTULO III. CUMPRIMENTO E XUSTIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES SUBVENCIONADAS POLOS BENEFICIARIOS Décimo quinta. Obrigas dos beneficiarios. Os concellos beneficiarios de conformidade co disposto nestas bases estarán obrigados a cumprir coas obrigas que establece o artigo 11 da LSG, e en particular: A destinar o importe das subvencións outorgadas ó cumprimento total das finalidades que fundamentan a concesión das subvencións. A realizar as actuacións que fundamentan a concesión das subvencións nos prazos sinalados nestas bases. A someterse as actuacións de comprobación e control financeiro que determine a Deputación de Pontevedra, achegando canta información lle sexa requirida no prazo que estableza a Deputación. A designar o director das obras cando o concello sexa a entidade contratante, dándolle conta á Deputación. Calquera cambio de director técnico seralle igualmente comunicado a esta no momento de presentar a correspondente documentación xustificativa da subvención. O aboamento ás persoas contratadas dos salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e asumir a diferenza entre a cantidade subvencionada e os custos salariais e de Seguridade Social totais, de aplicarse o convenio colectivo propio do concello. A comunicación á Deputación das modificacións substantivas que afecten á realización da actividade que vaian desenvolver os traballadores contratados, así como das renuncias e novos contratos polo tempo restante, co obxecto de que poida valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións que se tiveron en conta para a concesión da subvención. A comunicación á Deputación da obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional. A cumprir as obrigas de publicidade que serán as seguintes: o Darlle a adecuada publicidade ó financiamento por parte da Deputación para as actuacións subvencionadas. o Facer constar en todas as accións de comunicación ou publicidade (carteis, folletos, programas, placas, cartas ou páxina web, entre outras) o apoio que dá a Deputación. Isto farase incluíndo o seu logotipo nun lugar visible. o Acreditar a publicidade xunto coa primeira certificación, indicando as accións de comunicación realizadas, fotos e demais documentación que se considere necesaria. o Incluír no prego de cláusulas ou documentación que rexe a contratación unha na que conste a obriga do contratista de poñer, desde o inicio das obras ata a súa total terminación, un cartel informativo indicando que se trata dunha obra subvencionada pola Deputación. o Facerse cargo dos carteis das obras que se realicen. Debe darse o tratamento que lle corresponda á comunicación institucional da Deputación, a estes efectos na páxina web www.depo.es atópase o exemplo de tratamento que se lle debe dar á imaxe institucional da Deputación. Para dúbidas e/ou aclaracións poderase contactar co Servizo de Comunicación Institucional do organismo provincial a través do correo electrónico comunicacion@depo.es ou do teléfono 986 804 100. O incumprimento destas obrigas será causa de reintegro das subvencións concedidas con cargo a estas bases. Décimo sexta. Subcontratación. A subcontratación prodúcese cando o beneficiario concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada. Permítese que se subcontrate a totalidade das actividades subvencionadas. Décimo sétima. Aplicación de baixas e modificación do proxecto. De producirse baixas na adxudicación dos contratos o concello beneficiario deberallo comunicar á Deputación antes da súa aplicación. A existencia e importe da baixa determinarase coa certificación final. A baixa poderá aplicarse en calquera investimento, con independencia do seu importe. Para a tramitación da baixa esixirase un proxecto ou memoria detallada no que se describa con claridade a actuación que se realizará, ademais do acordo correspondente. A súa tramitación realizarase conforme ó procedemento legalmente establecido. Se durante a execución das obras xurde a necesidade de modificar o proxecto da obra o concello deberá tramitar o correspondente expediente de acordo co establecido na normativa de contratación, e redactar un proxecto modificado que deberá ser aprobado polo concello e pola Deputación. Non obstante, só se admitirán a trámite modificacións que se poidan financiar co importe das baixas de adxudicación. As revisións de prezos, cando supoñan un incremento dos custos, correrán a cargo do crédito do concello, do mesmo xeito que os maiores custos que poidan xerar as prórrogas e suspensións temporais na execución dos contratos. Décimo oitava. Xustificación da subvención. Todas as finalidades subvencionadas deben xustificarse totalmente antes das datas sinaladas segundo a natureza das distintas liñas de subvención, conforme se dispón nestas bases. A xustificación da subvención realizarase, no seu caso mediante conta xustificativa, con achega de xustificantes de gasto, certificacións, facturas e demais documentación xustificativa, con arranxo ó previsto nesta bases. O pagamento das subvencións efectuarase previa comprobación por parte dos servizos de Cooperación e Intervención, e servizos técnicos provinciais, no caso de proceder, de que se realizou o gasto para o fin e polo importe subvencionado e, ademais, de que se cumpriu coa finalidade e o obxecto da subvención, emitindo como resultado un informe con carácter previo á proposta de aprobación da xustificación. Así mesmo, poderanse solicitar informes a outros servizos da Deputación competentes en razón da materia. As facturas deberán cumprir as esixencias establecidas na normativa vixente en cada momento, e de modo particular o disposto no Real Decreto 1619/2012, de 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación. A documentación xustificativa que se debe achegar é a detallada a continuación: Liña 1. Investimentos Os investimentos, incluídos aqueles que se produzan como consecuencia da aplicación das baixas, deberán estar executados e xustificados, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2017. Os concellos remitirán as certificacións de obras aprobadas polo órgano competente. Non se tramitará ningunha certificación se non consta nesta Deputación toda a documentación necesaria relacionada deseguido: A certificación do acordo ou resolución de adxudicación do contrato. Nos casos nos que sexa obrigatorio, o contrato. O proxecto (soamente nos casos nos que a concesión da subvención se realice en base a unha memoria, anteproxecto, documento técnico e sexa necesaria a redacción dun proxecto construtivo completo conforme ás disposicións contempladas no artigo 123 do TRLCSP). O nomeamento do director técnico. A acta de replanteo, un certificado sobre a dispoñibilidade dos terreos e un certificado relativo á aprobación do proxecto (soamente naqueles casos nos que esta documentación non obre no expediente de concesión ó estar pendente a resolución de permisos, licenzas, servidumes, augas ou autorizacións sectoriais, etc. por parte doutra Administración). A acta de comprobación de replanteo, no caso de que sexa necesaria. Acordo municipal de aprobación da certificación de obra correspondente. As certificacións de obras serán comprobadas polos servizos de Cooperación, Infraestruturas e Intervención da institución provincial. Coa primeira e a última certificacións deberá acreditarse que o investimento se financia con fondos provinciais, mediante fotografías ou calquera outra proba gráfica que acredite a difusión. Ó remate da obra e coa última certificación achegarase a correspondente acta de recepción no modelo normalizado que se atopa na páxina web desta Deputación e que se axustará ó disposto nos artigos 52 e 235 do TRLCSP, debendo estar os asinantes debidamente identificados. Na acta de recepción debe figurar a identificación de quen a asina, coa expresión do seu cargo. Tamén se deberá acreditar que o concello non percibiu ningunha subvención doutras entidades para o financiamento do investimento ou, en caso de que existan axudas ou subvencións concorrentes para a súa execución, indicar o detalle de cada unha delas, certificando que a suma total non supera o 100% do seu importe. En todo caso, a Deputación, en virtude das facultades que ten atribuídas, resérvase as facultades de inspección e comprobación das obras. Nos casos nos que contrate a Deputación, unha vez recibidas as obras e redactada a correspondente acta cederáselles o seu uso ós concellos respectivos, que se farán cargo dos gastos de explotación. Mediante resolución presidencial ordenarase a entrega da acta de recepción dos investimentos ós concellos, xa que supón a saída do inmobilizado da esfera xurídico patrimonial da Deputación (pagamento da subvención), remitíndoa á Intervención para contabilizar a baixa no inmobilizado da institución provincial e ós concellos para que poidan contabilizar a entrada do seu inmobilizado. Na resolución presidencial deberanse facer constar os datos cuantitativos para a correcta contabilización da baixa na contabilidade da Deputación e a alta na contabilidade dos concellos (custo, dimensións e características, entre outras). Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes Para a xustificación das axudas concedidas con cargo a esta liña achegarase certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar: Que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou, no caso de recibilas, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. Que se realizou a finalidade para a que se concedeu a subvención. Que se lle deu difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación, indicando os medios onde se lle deu publicidade, e achegando no seu caso acreditación gráfica. A este respecto a Deputación poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non se procederá ó libramento desta. Asemade, en función da modalidade concreta dentro desta liña de subvención para a que solicitou a axuda, achegarase tamén: Amortización de débeda con entidades financeiras O pagamento farase anticipadamente unha vez que se aprobe a concesión da subvención. Posteriormente, deberase xustificar, no prazo dun mes, dende o cobro da subvención, e en todo caso antes do mes de decembro de 2016, a realización do referido pago mediante: Certificación do funcionario competente que acredite o pagamento da débeda. Pagamento de acredores de investimentos Tratándose dun gasto realizado, a subvención aboarase anticipadamente unha vez que se aprobe a súa concesión. Posteriormente, no prazo dun mes, dende o cobro da subvención, e en todo caso antes do mes de decembro de 2016, deberase xustificar a realización do pagamento a través de: Certificación do funcionario público competente que acredite a amortización ou pagamento realizado ós acredores, indicando a data de pago. Certificado expedido polo funcionario público competente de que a subvención se aplicou á finalidade proposta, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. Pagamento a acredores de gasto corrente O pago farase anticipadamente unha vez que se aprobe a súa concesión. Posteriormente, no prazo dun mes, dende o cobro da subvención, e en todo caso antes do mes de decembro de 2016, a realización do pagamento a través de: Resolución ou certificación do acordo do órgano competente aprobando os pagamentos realizados ós acredores, indicando a data de pago. Certificado expedido polo funcionario público competente da aplicación á finalidade subvencionada, quedando a disposición da institución provincial para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. Gasto corrente novo No caso do gasto corrente novo só procederá pagar a subvención despois de presentar a xustificación, que deberá achegarse antes do 31 de marzo de 2017, tal e como se establece deseguido: Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando acredor e documento, importe, data de emisión e, se é posible, a data na que se pagou). Certificado expedido polo funcionario público competente, de que os gastos que figuran na conta xustificativa se realizaron e se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando a disposición do organismo provincial para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. Liña 3. Actividades culturais, educativas e sociais, actividades deportivas e actividades sociais Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizada a actividade os beneficiarios deberán xustificalas no prazo de tres meses e, en todo caso, antes do día 31 de marzo do 2017. Esixirase a xustificación do 100% do orzamento presentado para recibir a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do orzamento subvencionado aboarase a parte proporcional da subvención. Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar directamente na institución provincial os seguintes documentos: Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, identificando acredor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou e información, no seu caso, das desviacións con relación ó orzamento que serviu de base á concesión (anexo conta xustificativa). Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade da actividade, con expresa mención dos resultados obtidos, debidamente asinada polo representante. Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar: o Que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou, no caso de recibilas, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. o Que se realizou a actividade de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención e que os gastos que figuran na conta xustificativa se realizaron e se aplicaron á actividade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. o Que se lle deu difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación, indicando os medios onde se lle deu publicidade, e achegando no seu caso acreditación gráfica. A este respecto a Deputación poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non se procederá ó libramento desta. O aboamento da subvención practicarase directamente á entidade local beneficiaria da subvención. Liña 4. Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais O pagamento da subvención farase efectivo da seguinte forma: O 50 % ó inicio da actividade (ou servizo), que se acreditará co documento acreditativo expedido polo órgano ou empregado público competente. Aboarase segundo o número de contratos formalizados ata esa data. O 50 % restante ó finalizar a metade do prazo de duración do contrato, previa achega de documento acreditativo expedido polo órgano ou empregado público competente sobre a continuidade da actividade na que se fagan constar o comezo, a identificación dos traballadores e as datas de inicio e fin do contrato. Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos subvencionados a entidade beneficiaria, ademais do anterior, deberá presentar a través do Rexistro xeral da institución provincial a seguinte documentación xustificativa no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da finalización da actividade realizada: Memoria final sobre as actividades realizadas e práctica profesional adquirida polos traballadores contratados. Certificación de fin de servizo. Certificación expedida polo funcionario público competente, de que os gastos se realizaron e se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando á disposición da Deputación para o seu exame os xustificantes correspondentes. Nesta certificación deberanse concretar as cantidades aboadas en concepto de salario e cotización empresarial á Seguridade Social e as cantidades deducidas na liquidación de cotas a ese mesmo organismo (modelo TC1), en concepto de incapacidade temporal dos traballadores contratados con cargo a esta subvención, cuxa contía deberá excluírse do cálculo do gasto total elixible realizado polo concello e que, no seu caso, dará lugar á obriga de reintegro á institución provincial. CAPÍTULO IV. REINTEGRO Décimo novena. Reintegro. Procederase ó reintegro das subvencións outorgadas de conformidade con estas bases nos termos fixados na normativa de subvencións e, de modo particular nos artigos 32 e seguintes da LXS. CAPÍTULO V. RECURSOS. Vixésima. Recursos Contra o acordo da aprobación destas bases, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da LRXAP ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo perante o correspondente xulgado de Pontevedra segundo o disposto no artigo 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, todo isto no prazo establecido no artigo 46 da citada lei, sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que se estime conveniente. Anexos da convocatoria e modelos de presentación de documentación Todos os anexos referidos nestas bases e os modelos normalizados para as solicitudes destas subvencións facilitaranse no Rexistro xeral desta Deputación, no Servizo de Cooperación ou a través da páxina web www.depo.es.” 2º.- Ordenar a publicación destas Bases e Convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na web da Deputación de Pontevedra www.depo.es. 7.6688.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO (COALICIÓN ELECTORAL SON) RELATIVA ÓS TERREOS DA XUNQUEIRA DE ALBA Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto sete. Moción do Grupo Mixto (Coalición electoral SON) relativa ós terreos da Xunqueira … Sr. Jácome Enríquez.- Bo día a todas e todos. Tal como informamos en Comisións Informativas a seguinte moción é presentada no nome da Marea de Pontevedra, o hábitat conformado polo espazo marítimo intermareal da Ría de Pontevedra, non debe seguir sendo agredido nin urbanista, nin urbanística, nin paisaxística, nin ambientalmente. Dado o seu valor como rexenerador natural da contorna, non debe manterse por máis tempo as agresións que sofre, contaminación da auga, especulación urbanística, e tamén a presión de múltiples infraestruturas. Estas últimas son agresións que ata agora contan co consentimento, cando non coa participación, de todas as administracións. Parte da solución a esta desfeita pasa por mudar a unha mentalidade localista, tamén e principalmente no ámbito ambiental, xa que a natureza non entende nin de lindes administrativos nin de fronteiras. Neste sentido, propoñemos impulsar no seo da Deputación un compromiso ambiental eficaz e real, deseñando unha planificación comarcal que dea respostas coordinadas a desafíos inviables senón se acometen dende esta colaboración. As Xunqueiras teñen un valor ambiental determinante para a depuración natural das augas e máis por ser o hábitat dunha fauna moi rica e a referencia nas migracións de moitas aves. Entendemos que non pode repetirse o que se fixo coa Xunqueira do Lérez, desecada e edificada tras sometela a recheos que ocuparon 3/4 partes da súa superficie, é vital, xa que logo, entender a Xunqueira do Alba como un todo superior ós 483.000 m2 polos que actualmente se estenden as súas marismas. E esa superficie debe ser ampliada cos 170.000 m2 que aínda ocupan naves e instalacións das distintas administracións, que deben dar exemplo trasladándose a lugares máis axeitados. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Presidenta. Telegráfico, está transaccionada e acordada na Comisión e incluso a súa execución está en marcha, no Protocolo co concello de Pontevedra figura expresamente a, vamos, esa decisión, ¿non?, de intentar recuperar todo o que se poida, cando menos o que depende da Deputación. É un asunto que vén, que vén de antigo, que está bastante enfocado e a Moción vén a abundar na mesma liña co axuste ese da, vamos, da transacción que é o que se somete a votación. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Non hai máis intervencións, entendo. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días. Por parte do Grupo Popular, decir que antes de proceder a que se desmantele todo o que alí hai, pois, parece lóxico que houbera unha alternativa, no seu momento na Comisión Informativa, creo que o Bloque apuntou un pouco nese sentido, en todo caso, nós somos partidarios de, desde o punto de vista medioambiental, favorecer que aquela zona teña a mellor relación posible cos tempos que corren, pero non cabe dúbida que as infraestruturas que hai alí, necesarias, pois haberá que albergalas nalgún sitio previamente. Polo tanto, fará falta un plan, nós ímonos abster, simplemente, nesta moción, en aras de que a ver o que se fai cara o futuro. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Crespo. Procedemos, pois, á votación desta Moción do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), relativas ós terreos da Xunqueira de Alba. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobada a transaccional acordada por 14, perdón, por 15 votos a favor e 12 abstencións. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE, do BNG e de Coalición Electoral SON, e coas abstencións do PP, aprobar a Moción do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON) relativa ós terreos da Xunqueira de Alba, modificada coa proposta de transacción do Vicepresidente responsable de Medio e Desenvolvemento Sostible, D. Cesáreo Mosquera Lorenzo. Dita Moción é como segue: “Xosé Lois Jácome Enríquez, Deputado do Grupo Mixo (Coalición Son), no seu nome propio e en nome da Marea de Pontevedra, presenta a seguinte moción para o seu debate e aprobación, se procede, no Pleno da Deputación de Pontevedra. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O grande hábitat conformado polo espazo marítimo intermareal da Ría de Pontevedra non pode seguir sendo agredido nin urbanística nin paisaxística nin ambientalmente. Dado o seu valor como gran xenerador natural da contorna, non poden manterse por máis tempo as agresións que sofre: a contaminación da auga, a especulación urbanística e, tamén si, a presión de múltiples infraestruturas. Estas últimas son agresións que ata agora contan co consentimento, cando non coa participación directa, de todas as administracións (Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello de Pontevedra). Parte da solución a esta grave desfeita pasa, en primeiro lugar, por mudar a mentalidade estritamente localista, tamén e principalmente no ámbito ambiental, xa que a natureza non entende de lindes administrativos nin de fronteiras. Neste sentido, propoñemos impulsar no seo da Deputación un compromiso ambiental eficaz e real, deseñando unha planificación comarcal que dea respostas coordinadas a desafíos inviables se non se acometen desde a colaboración. É evidente que as xunqueiras teñen un valor ambiental determinante para a depuración natural das augas e máis por ser o hábitat dunha fauna moi rica e a referencia nas migracións de moitas aves. Entendemos que non pode repetirse o que se fixo coa Xunqueira do Lérez, desecada e edificada tras sometela a recheos que ocuparon tres cuartas partes da súa superficie (zona escolar, recinto feiral). É vital, xa que logo, entender a Xunqueira de Alba como un todo superior aos 483.000 metros cadrados polos que actualmente se estenden as súas marismas, e esa superficie debe ser ampliada cos 170.000 metros cadrados que aínda ocupan naves e instalacións das distintas administracións (Imprenta provincial, Parque de Maquinaria da Deputación, Parque móbil de ministerios, Xefatura de Tráfico …), que debían dar exemplo trasladándose a lugares máis axeitados. PROPOSICIÓN 1- A Deputación renuncia expresamente a pedir unha prórroga das concesións dos terreos que actualmente ocupan a Imprenta Provincial e o Parque de Maquinaria do organismo provincial. 2- A Deputación comprométese a desmantelar esas instalacións e estudar o seu traslado a un lugar menos daniño ambientalmente, así como valorar o destino das edificacións existentes. 3- A Deputación colaborará co Concello de Pontevedra no deseño e desenvolvemento dun plan que permita ampliar os 483.000 metros cadrados polos que se estende a Xunqueira de Alba coa suma dos 170.000 metros cadrados ocupados por concesións públicas.” 8.6689.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA ANULAR O ACORDO SOBRE ENCE E ELNOSA APROBADO EN XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN E APOIAR ÓS TRABALLADORES DAS SÚAS FACTORÍAS Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto oito da orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para anular o acordo sobre Ence e Elnosa aprobado en Xunta de Goberno da Deputación e apoiar ós traballadores das súas factorías. Ten a palabra o Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Bos días. Nada, nós o único que pedimos nesta moción son dúas cousas, por un lado é que se anule o acordo que vostedes tomaron en Comisión de Goberno, primeiro porque fora anunciado no seu día que se iba a tratar en Pleno este tema e nós entendemos que ningún tipo de institución debe instar a ningunha outra a que faga informes pois, neste caso, sean favorables ou desfavorables, nós entendemos que deberían ser informes que cumpran os requisitos, neste caso, técnicos, tanto medioambientais como económicos e demais, logo, nós, o que entendemos é que nadie lle podemos pedir a ningunha Institución que faga un informe según mellor nos conveña senón que o normal é que siga e se faga ese informe respectando unha serie de parámetros. E a partir de aí, o seguinte punto, o único que pedimos é que se apoie de xeito incondicional ós traballadores das dúas factorías, esto, vemos hoxe en día nos medios o que está pasando nestes últimos días, como distintas factorías pois, por outras, neste caso, problemáticas, pois pechan e demais e como os seus representantes políticos pois se volcan con estas industrias. Logo, nós o que pedimos aquí, coa importancia que para nós teñen estas dúas industrias, tanto Ence como Elnosa, en toda a comarca, en toda a provincia, pois, o que pedimos neste caso é que desde esta casa, pois teñamos un apoio incondicional con estes traballadores porque, en definitiva, son os grandes prexudicados neste tema porque, ó final, si estas industrias pechan aquí, van abrir noutros lados e os empresarios seguirán, pois, gañando cartos sen ningún tipo de problema. Logo, nós aquí o que pedimos é ese apoio incondicional para os traballadores porque entendemos que ó final son veciños desta provincia e serán os grandes prexudicados si estas dúas industrias chegan a pechar. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Ten a palabra o Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Bueno, imos obviar a exposición de motivos e centrarnos nos acordos. Piden vostedes que se debata no Pleno e os grupos fixen postura sobre Ence, nisto, por suposto, estamos de acordo. Os debates deberían servir non só para fixar as posturas senón tamén para chegar a acordos, inda que temos serias dúbidas de que actualmente sirvan para este obxectivo. Estamos de acordo en debater sobre Ence, tamén estamos de acordo en debater sobre o futuro dos postos de traballo, inda que non estamos de acordo en que sexa o mesmo debate, porque o punto que nos chama a atención da súa moción é, apoiar de xeito incondicional as traballadoras e traballadores das factorías, e fan vostedes unha asimilación das e dos traballadores coa propia empresa que a nós na nosa praxis política resúltanos profundamente desacertada. Nada ten que ver o apoio incondicional á clase traballadora que mantén o noso grupo co apoio nin a esta empresa privada nin a ningunha outra. Por suposto que apoiamos ás traballadoras e traballadores das factorías e eses postos de traballo, máis o apoio incondicional que vostedes piden é unha simplificación e vostedes o saben. Entón, nesta moción imos absternos porque tampouco é que esteamos en desacordo a pesar da simplificación que está facendo o seu grupo. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Sr. Mosquera, ten vostede a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente, moi brevemente. Hai un acordo da Xunta de Goberno polo momento procesal que existe, pódese discutir se tiña que vir a Pleno ou non, pero o que lle molesta profundamente ó Partido Popular é que ese acordo sexa a favor de que se recupere a ría e salgan de aí Ence e Elnosa. E, o que pretenden, nin máis nin menos, é que os grupos que o adoptamos, clara, nítida e demais, pois que agora nos volvamos atrás, ou sexa, non sei exactamente que é o que lle pasa pola cabeza, porque ¿que pasa?, tomámolo precipitadamente, non sabíamos o que facíamos ou tocou un día de agosto que era así, de verdade, é unha oportunidade para meter, o que vostedes están presentando aquí é se a Deputación apoia a continuidade de Ence e Elnosa ou non e, obviamente, a maioría di que non, e sin grandes alaracas, non vamos a consellos de administracións, como iba o anterior Presidente, simplemente acordamos na Xunta de Goberno e mantemos o acordo, obviamente, vamos a votar que non. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Moldes, pulse. Sr. Moldes Martínez.- Gracias, moi brevemente. Nada, simplemente ó compañeiro de Marea, pois, dicirlle que, neste caso, sin industria xa non hai traballadores, simplemente eso. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Moldes. Procedemos, pois, á votación do punto oito. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para anular o acordo sobre Ence e Elnosa aprobado en Xunta de Goberno da Deputación e apoiar ós traballadores da súas factorías. ¿Votos a favor da moción?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada con 14 votos en contra, 12 a favor e 1 abstención. O Pleno acorda por maioría, cos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para anular o acordo sobre Ence e Elnosa aprobado en Xunta de Goberno da Deputación e apoiar ós traballadores das súas factorías. 9.6690.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA RETOMAR O PROXECTO DE ENSANCHE E MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL EP-4306 ENTRE O PK 2+600 ATA O PK 4+100 (MONDARIZ) Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto nove da orden do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para retomar o proxecto de ensanche e mellora da estrada provincial EP-4306 entre o p.k. 2+600 ata o 4+100 en Mondariz. Para a súa defensa ten a palabra o Sr. Alén. Sr. Alén Montes.- Gracias Presidenta. Bos días a todos. Vou ser moi breve porque vamos mal de tempo, como ben dicía antes Mosquera, xa o falamos na Comisión Informativa, e como parece que estamos todos de acordo, que foi o que se ditaminou nesa Comisión, solamente facer un brevísimo resumo. Se trata dunha carretera, en concreto a 4306, estrada provincial, desde Ponte do Val, Cernadela, Sabaxáns, Barciademera. É unha carretera intermunicipal, une dous concellos, Mondariz e Covelo, e se pide aquí que se siga, digamos, mellorando e se pide a quinta fase, o que sería a quinta fase. Se fixeron catro fases ata o de agora e agora se pide a quinta fase, en concreto é desde a Ponte do Río Furafollas, onde remata a Cernadela hasta o Barrio do Coto en Sabaxáns. E o que se pide, en concreto, é solicitar á Deputación de Pontevedra a que retome e acometa o proxecto de ensanche e mellora da estrada provincial 4306, entre eses dous puntos quilométricos, e que se contemple nos Orzamentos de 2016. E o segundo punto que se pide, o segundo punto, é instar ó concello de Mondariz a que poña a disposición da Deputación de Pontevedra de forma gratuíta e coa máxima urxencia os terreos necesarios para acometer esta actuación. Nada máis, moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias, Sr. Alén, ten a palabra o Sr. Benítez. Sr. Benítez Fernández.- Bos días a todos e a todas, simplemente, xa o comentábamos na Comisión e simplemente comentar de que, xa no anterior Pleno se propuxo e falou dunha estrada, neste e na outra, o que debatimos na Comisión foi, precisamente, de que o criterio de actuación nas distintas estradas vaise facer dun xeito planificado en función de criterios técnicos e criterios obxectivos e non en función de que tivera habido fases, ou tuvera habido demandas de certos colectivos ou certas persoas, ¿non?. Nese sentido, o que se acordou, a transacción que se acordou entre o propoñente e o goberno foi de que o Pleno da Corporación vai instar, este Pleno da Corporación insta ó goberno a tomar en consideración a mellora desta estrada, e no marco dese Plan provincial de mobilidade 2016-2020 que pretendemos elaborar. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Un segundo Sr. Alén. Non hai ningún outro grupo que queira intervir. Ten vostede a palabra Sr. Alén. Sr. Alén Montes.- Gracias Presidenta. Solamente dicir que se pode ser neses criterios que vades ter, ¿non?, en Infraestruturas, pois, a ver se pode estar algún membro do Partido Popular tamén, no Grupo, pois, para que poidamos aportar a nosa proposta. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Alén. Entendo que esta moción a aprobamos por unanimidade, entón, pois, queda aprobada por unanimidade. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas, acorda por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para retomar o proxecto de ensanche e mellora da estrada provincial EP-4306 entre o p.k. 2+600 ata o p.k. 4+100 (Mondariz). Dita Moción é como segue: “O deputado do Grupo Provincial do Partido Popular, Julio Alén Montes, abaixo asinante, en nome propio e no do grupo, presenta ó Pleno, para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte Moción. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A estrada provincial EP-4306 que une Ponte do Val (Mondariz) e Barcia de Mera (Covelo) é un vial que nos últimos anos contou con varias melloras en diferentes tramos, 4 exactamente, conseguindo rematar na súa totalidade o Barrio de Cernadela (Riofrío) e que se asumiron a través de convenios entre a Deputación Provincial e o Concello de Mondariz. Agora tócalle á parroquia de Sabaxáns, que ten tramos moi estreitos con curvas pechadas que precisan unha mellora urxente, dado que se trata dunha estrada intermunicipal pola que circulan a diario autobuses escolares e de liña entre os dous concellos afectados. A Deputación de Pontevedra conta xa cun proxecto, pagado xa pola institución provincial para a mellora e o ensanche desta estrada por un importe de 592.769,44 euros. Por tanto, dado o estado no que se atopa esta estrada provincial na parroquia de Sabaxáns, propoño á corporación da Deputación Provincial de Pontevedra a aprobación dos seguintes ACORDOS Primeiro: Solicitar á Deputación de Pontevedra a que retome e acometa o proxecto de ensanche e mellora da estrada provincial 4306 entre os PK 2+600 ata o PK 4+100 e que así o contemple nos orzamentos de 2016. Segundo: Instar ó concello de Mondariz a que poña a disposición da Deputación de Pontevedra, de forma gratuíta e coa máxima urxencia, os terreos necesarios para acometer esta actuación.” 10.6691.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) PARA A DEFENSA DA FROTA DO CERCO GALEGO Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto dez. Moción do Grupo Provincial Socialista para a defensa da Frota do cerco galego. Rivas, ten vostede a palabra. Sra. Rivas Gómez.- Moitas gracias Presidenta. Moi bos días a todas e a todos. Non corren bos tempos para os nosos cerqueiros, profundamente discriminados nos repartos de todas e cada unha das especies peláxicas, profundamente discriminados no Plan de xestión da sardiña e sen ningunha alternativa para poder seguir desenvolvendo a actividade pesqueira con garantías. Á falla de posibilidades de pesca nas súas especies hai que sumarlles nos últimos tempos a enorme presión inspectora que sofren, tratados moitas veces como delincuentes e non como traballadores profesionais. A Xunta de Galicia renuncia a defender un sector que está a ser maltratado na nosa comunidade, con un modelo de reparto que non sirve e que obriga ós mariñeiros a mirar pasar o peixe, a cabala, o bocarte, ou mesmo o xurelo, sen poder capturalo na xusta medida. Se non se toman medidas, estas empresas que alimentan directamente a unha media de nove familias por embarcación, vense condenadas a desaparecer e desfacer os barcos. Tamén debemos ter en conta que a pesca de baixura move moitos postos de traballos indirectos que completan o sistema produtivo e comercial. Para facer un resumen, os problemas que están a sufrir neste intre a flota galega, é decir, que os barcos galegos traballan 208 días mentres que outros como a flota vasca 260, máis días de traballos, maior explotación e máis peixes. O cerco galego non quere privar de nada a outras flotas, queren un reparto máis xusto para que todos poidan desenvolver as súas empresas, é dicir, os galegos teñen límites, outros non. O reparto real do ano 2014 queda así, Galicia conta con 155 barcos e correspóndelle o 21% da cuota de España, e outras como o País Vasco con 49 barcos correspóndelle o 45% da cuota española, para rematar, que é o que están a reclamar o cerco galego é que se faga un reparto asignado a cada barco, unha cuota fixa dependendo do número de tripulantes, asignando unha cantidade a cada mariñeiro, independentemente de que sea galego, vasco ou andaluz, de esta forma, aseguramos a igualdade, a equidade e sostenibilidade de toda a flota española. Sra. Presidenta.- Gracias Sra. Rivas. Ten a palabra o Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Imos a votar a favor dos acordos que contén esta moción, habería moito que dicir sobre a estrutura profundamente antidemocrática que a Unión Europea, e se podemos ter soberanía sobre este tema ou calquera outro dunha mínima importancia dentro dela. Pero no marco actual apoiamos estes acordos. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. ¿Non hai máis intervencións?. Sr. Arangure, ten vostede a palabra. Sr. Aragunde Aragunde.- Bos días todos e a todas. Ben, pois a pesca é un sector estratéxico de Galicia e fundamentalmente o cerco na provincia de Pontevedra. Por suposto que temos que apoiar ó sector do cerco e así o imos a facer, nós imos a estar, estamos de acordo con esta moción, imos apoiar a favor desta moción, pero tamén hai que decir que temos varios problemas, non solo o problema das cuotas, ou da tonelaxe que nos corresponde, senón que o propio sector, aquí hai que facer un profundo estudio do sector xa que o propio sector, ás veces, non ten claro cal é o sistema de reparto que quere. E, poño por exemplo, pois o noso o concello, no concello de Cambados hai barcos que están de acordo co reparto individual, por tripulante, pero hai barcos que non. Polo tanto, ese sistema que se está a propoñer, insisto, en que hai unha gran parte da flota que non está de acordo con ese sistema, polo tanto, creo que é importante, sobre todo, facer ese estudio en profundidade, sentarse e que o sector nos diga que criterios lle interesa, que criterios xerais lle interesa que apliquemos para facer ese reparto, porque por moito cuota que consigamos, que hai que intentar conseguir e hai que intentar negociar máis cuota, por moita cuota que consigamos, se non temos claro o sistema de reparto, sempre vai haber unha parte do sector que estea en contra. Hai que dicir, ademais, que non estamos discriminados en tódalas especies, en absoluto, da 9ªA, que é de Fisterra para sur temos 86% do xurel, e hai que recordar que as embarcacións de cerco de Pontevedra, da provincia de Pontevedra, fundamentalmente viven do xurel, evidentemente, temos que negociar, temos que intentar conquerir máis tonelaxe en especies como a xarda, como o bocarte ou como a sardiña, pero, fundamentalmente, a nosa flota vive do xurel, e a 9ªA para sur, como dicía, de Fisterra para sur, temos 86% da cuota do xurel. Hai que reconocer que estamos na Unión Europea, cando entramos na Unión Europea, bueno, pois, asumimos uns acordos, que ás veces nos benefician e outras veces nos benefician menos e esa Unión Europea foi a que nos subvencionou e financiou a renovación da flota, hasta un 80% ás veces, de moitas embarcacións, donde se investiron cantidades importantes para a renovación e mellora dos nosos portos, polo tanto, pois, esa misma Unión Europea é a que nos obriga a negociar as cuotas ano tras ano. Este é un cúmulo de negociacións, primeiro en Europa, un acordo co resto dos países, posteriormente en España, a nivel estatal hai que negociar cos representantes das diferentes asociacións, federacións de cofradías, etc., etc., e logo, incluso, pois na nosa comunidade autónoma tamén temos que negociar ese reparto. Falan vostedes de, tamén, na súa moción, de controles desmesurados, evidentemente as cousas non teñen que ser blancas ou negras e se hai algún caso desmesurado pois haberá que actuar contra eses inspectores, haberá que denuncia algo contra eses inspectores, esa actuación, ó mellor esaxerada. Pero si é certo que hoxe en día estamos a pagar un exceso de pesca do 2009 e 2010 cando gobernaba o Partido Socialista en Madrid, se se houberan levado algúns controles mellor do que se levaron non estaríamos pagando hoxe en día esa sobrepesca. ¿Como se paga a sobrepesca?. Nos restan toneladas nos exercicios posteriores e hoxe en día temos menos tonelaxe do que nos corresponde por culpa de haber feito os controles que había que facer no 2009 e no 2010 cando o Partido Socialista gobernaba en Madrid. Pero, o primeiro obxectivo, o obxectivo fundamental, é apoiar ó sector do cerco que é un sector importantísimo para esta provincia. Necesitamos conseguir máis cuotas de moitas especies, podendo ser do maior número de especies posibles, pero tamén hai que decir que temos asignaturas pendientes e non lle estou botando, en absoluto, a culpa ó sector, temos que sentarnos a administración, o sector, os comercializadores porque o que non podemos é vender unha caixa de peixe a 2€ a caixa. E digo isto porque está directamente relacionado co beneficio ou co rendimento das nosas embarcacións, e por moita cuota que queiramos acadar non podemos despois, vender o peixe desa maneira e desvalorizar deste xeito o noso produto, un produto de altísima calidade. Polo tanto, no fundamental da moción, no acordo, imos apoiar, cremos ademais que o maior favor que podemos facerlle ó noso sector é que todos os partidos políticos que formamos esta Deputación provincial, pois, nos unamos para defender a un sector, insisto, tan importante, como é o sector do cerco en Pontevedra. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Sra. Rivas ten a palabra para pechar o debate. Sra. Rivas Gómez.- Non pensaba intervir nesta segunda pero visto o que di o Deputado do Partido Popular estou na obligación en contestar. Vou a facer un pequeno resumen para explicar como se chegou, non como di vostede, a esta situación que actualmente está a sufrir o cerco galego. Galicia ten 1.498 km. de costa, barcos de cerco galego son 123, é dicir, 1.273 mariñeiros, 5.000 postos de traballo en total, incluído os derivados. En 1982 Galicia estableceu unha regulación da flota do cerco, con 4 días de traballo por semana, sen ter en conta que haxa temporales, reparacións en asteleiros, e supoñendo traballar todo o ano serían 208 días ó ano, cupos diarios máximos de 6 toneladas de xurelo, 7 toneladas de sardiña, 10 de cabala e 10 do resto. Por exemplo, a flota vasca, 260 días ó ano, é dicir, 52 días máis cos galegos e sen límite de pesca, en 2012, entra en vigor o reparto de cuotas á Unión Europea, Europa dá unha cuota e cada país reparte entre a súa flota. Primeiro, o sistema de reparto de TACs entre países da Unión Europea. Reparto basado en históricos, basado na cantidade de peixe capturado por un barco nos últimos 10 anos, 2002-2012, aquí é donde os gobernos entenden que quen máis peixe capturou, máis peixe necesita para sobrevivir. Este sistema, ¿a quen beneficia?, beneficia ós que máis queimaron o mar e perxudica a quen o preservou mediante cupos. Non teño nada máis que dicir. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sra. Rivas. Escóitanse falar a un tempo a distintos Sres. Deputados. Sra. Presidenta.- Señores, señores Diputados, Sr. Santos Héctor, Santos … Segue a escoitarse falar a un tempo a distintos Sres. Deputados. Sra. Presidenta.- Sr. Santos Héctor, le ruego, le ruego que no conteste, deixe que chillen eles, que o están vendo os cidadáns, están vendo que é unha oposición que solo sabe chillar, gritar moi alto. Non dicen nada, déixenllos, deixen, grite, grite, ¿acabou de gritar?, ¿acabou de gritar?, ¿rematou de gritar?. Moi ben, rematado de gritar o Sr. Deputado do Partido Popular procedemos á votación da Moción do Grupo Provincial Socialista para a defensa da Frota do cerco galego. ¿Votos a favor da moción?. Queda aprobada por unanimidade. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa do Medio e Desenvolvemento Sostible, acorda por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) para a defensa da frota do cerco galego. Dita Moción é como segue: “Santos Héctor Rodríguez, voceiro e deputado do Grupo Provincial Socialista na Deputación Provincial de Pontevedra (PSdeG-PSOE) ó abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte Moción: A situación da flota do cerco galega é practicamente insostible principalmente polas medidas que durante os últimos anos vén implementando o Goberno do estado coa connivencia do Goberno galego, coa aposta feita. Non corren bos tempos para os nosos cerqueiros, profundamente discriminados nos repartos de todas e cada unha das especies peláxicas, profundamente discriminados no Plan de xestión da sardiña e sen ningunha alternativa para poder seguir desenvolvendo a actividade pesqueira con garantías. Á falla de posibilidades de pesca nas súas especies obxectivo hai que sumarlle, nos últimos tempos, a enorme presión inspectora que sofren, tratados moitas veces como delincuentes e non como traballadores profesionais. Fai unhas semanas saía á luz pública unha desmedida actuación inspectora contra un barco do cerco, ó que lle foi prohibido desembarcar as súas capturas nun porto galego que tan só estaba a unhas poucas millas da súa posición de pesca e foi escoltado ata o porto da Coruña onde sufriu unha fonda inspección que rematou nunha infracción sen motivo aparente algún. Ademais as embarcacións do cerco galegas veñen de recibir nos últimos días un novo revés en forma de peche da pesquería de xurelo na zona IX A. Os 120 buques afectados son os mesmos que viron como se lles prohibía pescar bocarte na mesma zona dende o mes de febreiro, unha especie que permanece pechada na VIII C dende comezos de agosto e o xurelo dende o 15 de setembro. O Goberno galego permanece impasible diante destas actuacións que moitas veces rozan o abuso de autoridade, e mira para outro lado á hora de defender a viabilidade das empresas pesqueiras, sen manifestar a posibilidade de ir a un cambio de modelo que desde hai tempo veñen reclamando os propios profesionais. Faise necesario que de xeito inmediato se troque o modelo de reparto que establece a Unión Europea dos Topes Autorizados de Captura (TAC), por outro máis acorde coa realidade galega, que permita un reparto lineal proporcional ó número de embarcacións, onde se prime o número de tripulantes e sen que as capturas históricas teñan un maior peso no reparto. E esta esixencia correspóndelle ó Goberno de España facela, no canto de outorgar, co apoio velado do Goberno de Galicia, canto lle indican dende Europea sen contravilo con criterios razoados. Por todo iso o Grupo Socialista formula os seguintes acordos para a súa aprobación pola corporación da Deputación Provincial de Pontevedra: 1º) Manifestar o apoio dende a Deputación de Pontevedra á flota do cerco e artesanal nas súas reclamacións de reparto xusto das cotas de captura das distintas especies sometidas a TACs. 2º) Instar ó Goberno da Xunta para que reclame un cambio de modelo na xestión e no reparto das posibilidades de pesca das especies peláxicas que afecta á flota do cerco galega e a de artes menores, solicitando un reparto lineal e xusto baseado en criterios socioeconómicos (núm. tripulantes …) que permitan ós barcos da Comunidade Galega acceder ó recurso en igualdade de condicións. 3º) Instar ó Goberno da Xunta a que defenda ós profesionais do mar ante as decisións do Goberno central de ordenar actuacións inspectoras desproporcionadas. 4º) Trasladar este acordo ó Presidente da Xunta de Galicia, ó Presidente do Goberno de España e ó Presidente do Parlamento Europeo.” 11.6692.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) RELATIVA Á MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS EDUCATIVAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto once. Moción do Grupo Provincial Socialista relativa á mellora das infraestruturas educativas na provincia de Pontevedra. Para a súa defensa ten a palabra o Sr. González Pérez. Sr. González Pérez.- Bos días. Melloras das Infraestruturas Educativas na provincia de Pontevedra. Bueno, esta moción que presenta o Partido Socialista e que, loxicamente, gustaríame que fose aprobada por unanimidade, porque sei que todos os que aquí estamos defendemos a educación e, por suposto, defendemos tamén a educación pública. E todos nós que somos alcaldes e alcaldesas, concelleiras ou concelleiros, somos sabedores das moitas dificultades que temos desde as administracións, a administración local, para que os nosos centros educativos estén á altura do que os nenos e nenas da provincia de Pontevedra precisan. E tamén somos sabedores de que quen realmente ten as competencias en educación, pois, é a Xunta de Galicia, sen embargo, a Xunta de Galicia non sempre, non sempre escoita ós concellos, non sempre escoita a todos os concellos da provincia de Pontevedra e por iso presentamos esta moción que se defende agora e que, bueno, que defende a todos e cada un dos concellos da provincia de Pontevedra, e por iso, é polo que pido, é polo que creo que debería ser apoiado por unanimidade. A moción dice no seu texto: “Instar á Xunta de Galicia a asumir as súas competencias para a mellora das infraestruturas educativas da provincia, actuando de xeito inmediato naqueles centros cuxa situación impida o desenvolvemento das clases en garantías tanto de seguridade como de confort”; “e realizar…”, un segundo punto, “… con cargo ós Orzamentos da Xunta de Galicia, todas as obras e inversións precisas nos centros educativos da provincia sen esixir ós concellos un copago das mesmas a través de convenios”. Fai uns días, facía esta mesma reclamación o alcalde de Vilanova, que está aquí presente, ademais, e polo tanto, o saludamos desde a Corporación, e hoxe mismo se fai tamén desde o concello de Mos, a alcaldesa e a concelleira de educación, pois, solicita tamén un convenio coa Xunta de Galicia para que solucione os problemas que desde os concellos non somos capaces, porque non son solo eles senón todos os concellos, no de Nigrán tamén, por suposto, de solucionar os problemas dos nosos centros educativos. Iso é o que, simplemente, se propón desde esta moción e que non temos que desde os concellos aportar todo, polo tanto, eu creo que é unha moción que os que somos alcaldes, alcaldesas, concelleiros e concelleiras, teremos que estar totalmente de acordo en que teríamos que apoiar. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Diputado. Ten a palabra a Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Si, bueno, pois gracias, Sr. Deputado. Efectivamente, é algo que nos preocupa tremendamente a todos, sobre todo ós alcaldes e alcaldesas que vemos, ás veces, como non somos capaces directamente de solucionar algúns problemas e facemos chamamentos a donde sexa necesario, ¿non?. É certo, que ó final a administración máis cercana á escola é o concello e por ser así, ó final sempre acaba sendo o concello, pois, buscando de onde non ten, moitas veces, solucionando os problemas máis inmediatos ou máis urxentes. É por eso que en este sentido tamén presentábamos o outro día unha emenda, que foi rexeitada, non con ánimo de ofender a ninguén, nin de instar a ninguén, senón que sendo conscientes, efectivamente, de que a Xunta de Galicia é a que ten o 100% das competencias, sendo conscientes ademais de que houbo moitas dificultades económicas, non é que non escoiten ós alcaldes, pero é que ás veces as dificultades económicas polas que pasamos, pois non fan posible que a Xunta poida acudir de forma urxente a tódalas escolas de Pontevedra que, neste caso, necesitan a súa inversión. E, por eso, pois pedíamos que tamén esta Deputación tivese unha partida, pois, para este tipo de cousas, incluso para algunha cuestión urxente que puidese acontecer en algunha escola. Eu, dende logo, como alcaldesa o agradecería e estou segura que vostede tamén, creo que non hai debate en algo tan sensible e en algo tan coherente como é que todo é pouco para poder ter as escolas dos nosos concellos o mellor posible. Dende logo, vamos a votar a favor, porque nos parece razonable, pero tamén nos gustaría que vostedes considerasen de ter unha partida económica para calquera urxencia que poida haber nunha escola da provincia. Gracias. Sra. Presidenta.- Sen máis palabras, procedemos á votación. Entendo que, ¿aprobamos por unanimidade?. Queda aprobada por unanimidade a Moción do Grupo Provincial Socialista relativa á mellora das infraestruturas educativas na provincia de Pontevedra. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, acorda por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) relativa á mellora das infraestruturas educativas na provincia de Pontevedra. Dita Moción é como segue: “Santos Héctor Rodríguez, voceiro e deputado do Grupo Provincial Socialista na Deputación Provincial de Pontevedra (PSdeG-PSOE) ó abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte Moción ó Pleno sobre a mellora das infraestruturas educativas na provincia de Pontevedra: Sexa cal sexa a realidade económica e social dos concellos desta Provincia, o certo é, que os alcaldes e alcaldesas se teñen comprometido máis aló das súas competencias obrigatorias con algo tan importante como a educación, porque todos eles e elas, saben que sen educación non temos futuro. Nesa convicción teñen adicado moitos recursos, esforzos e ilusión a mellorar no seu concello todo o relacionado coa educación, a través de cursos, xornadas ou actividades culturais. Pero o certo é que temen, á marxe das súas competencias, se están vendo obrigados a asumir os custos de contratación de conserxes, ó pagamento do gasoil da calefacción e traballos de mantemento dos edificios educativos dos seus términos municipais, e nos que en moitas ocasións teñen que facer incluso investimentos, para mellorar a situación estrutural ou de confort dos inmobles, pola desidia do goberno galego que se está a esquecer das súas obrigas. Son moitos os alcaldes e alcaldesas que están a reclamar que a Xunta interveña nos centros educativos onde as inversións a realizar superan as pequenas labores de mantemento que poden asumir. Cubertas que meten auga, sistemas de calefacción que non funcionan, carpinterías exteriores que non cumpren coas mínimas garantías de estanquidade, son a día de hoxe a realidade de moitos centros educativos da provincia que non son atendidos pola Xunta de Galicia. Pero ademais diso, os alcaldes e alcaldesas están denunciando que ante as demandas, por parte dos colectivos de pais e nais ou directamente dos centros educativos, de realización de novos investimentos como patios cubertos ou novas instalacións, a única resposta que están a recibir da Consellería de Educación é a obriga a asinar convenios de co-financiación en obras que van moito máis alá de pequenas labores de mantemento. É dicir, estamos ante unha administración, a autonómica, que ademais de non asumir as súas competencias, intenta volcar as súas responsabilidades nos concellos pontevedreses, e todo iso a pesar do acordo subscrito no ano 2006 entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). En consecuencia, propoñemos ó Pleno a seguinte Moción: Instar á Xunta de Galicia, e en concreto á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a: 1º) Asumir as súas competencias para a mellora das infraestruturas educativas da provincia, actuando de xeito inmediato naqueles centros cuxa situación impida o desenvolvemento das clases en garantías, tanto de seguridade como de confort. 2º) Realizar con cargo ó orzamento da Xunta de Galicia todas as obras e inversións precisas nos centros educativos da provincia sen esixir ós concellos un copago das mesmas a través de convenios.” 12.6693.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) PARA A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL MONTECELO COMO HOSPITAL PÚBLICO DE REFERENCIA Sra. Presidenta.- No punto doce. Moción do Grupo Provincial Socialista para a ampliación do Hospital Montecelo como hospital público de referencia. Para a súa defensa ten a palabra a Sra. Besada. Sra. Besada Lores.- Gracias Presidenta. Bos días a todos e a todas. Como é sabido o Grupo Socialista sempre defendeu e así o demostrou, nos seus gobernos, a sanidade pública, por iso o motivo de presentar esta moción. A sanidade é un dereito universal que vén sendo recortado nos últimos anos polas medidas adoptadas polo goberno do Estado e da Xunta de Galicia. No noso caso, o de Pontevedra, os gobernos de Núñez Feijoo paralizaron o proxecto de ampliación do Hospital de Montecelo e, anunciaron a construción dun novo hospital en Montecarrasco, co mesmo sistema de concesión a unha empresa privada para a súa construción e posterior explotación. Como se puido comprobar co proxecto do novo hospital de Vigo, que seguiu o mesmo sistema, de concesión privada. Os problemas derivados da posta en marcha do centro foron e seguen sendo moi numerosos, cunha merma na calidade asistencial e na seguridade dos doentes, por eso aquí, neste punto, gustaríame facer un pouquiño de historia. No ano 70, construeuse o Hospital de Montecelo, a mediados do 90 aprobouse un Plan director de obras para Montecelo que contempla catro fases. Ó mismo tempo, a Deputación de Pontevedra transfire ó Sergas o Hospital Provincial. A finales do 90, ante a enorme disfuncionalidade que supuña os dous hospitales, distintos e distantes, con varios servicios duplicados e cun contido traslado de pacientes e persoal dun edificio para o outro, prodúxose unha gran mobilización, tanto de profesionales como de cidadáns, pedindo un único e novo hospital para a área de Pontevedra. No 2001 o concello de Pontevedra ofreceulle á Xunta terreos suficientes para a construción do Hospital que se demandaba. Pero a Consellería de Sanidade, gobernada polo Partido Popular, opúxose frontalmente a esta proposta argumentando que en Montecelo xa se realizaran as dúas primeiras fases do Plan director cun coste total de 24.000.000€. No 2004 o novo Conselleiro de sanidade, tamén do Partido Popular, dá un novo empuxe ó proxecto de reforma e ampliación de Montecelo e o concello de Pontevedra ó ver que non existe outra alternativa realista, decide apoiar o proxecto e firma coa Consellería un convenio de cooperación para darlle viabilidade. A mediados do 2005 cambia o goberno da Xunta, sendo Presidente Emilio Pérez Touriño e Conselleira Mª José Rubio Vidal, ambos socialistas e a pesar de que xa se invirtiran 51.000.000€, terminando a 3ª fase do Plan director de obras de Montecelo, coa reforma total do edificio principal e a construción dun novo edificio anexo de cinco plantas, o goberno encarga un estudio para decidir si continúa co proxecto de ampliación de Montecelo ou se opta por construír un novo. A opción de construír un hospital novo desestímase porque supondría un coste estimado de 291.00.000€ e retrasaría uns tres anos máis a ampliación e perder 51.000.000 en investimentos que xa se fixeran en Montecelo. Polo que se opta, responsablemente, por continuar co proxecto anterior heredado do goberno Popular, pero dotando de todos os servicios á nova reforma, radioterapia, psiquiatría, ampliación de urxencias, etc. Pero para eso tuveron que elaborar e aprobar un Plan funcional que recollera as necesidades asistenciales presentes e futuras da área norte de Pontevedra, elaborar e aprobar un proxecto arquitectónico básico e de execución para acoller este plan funcional, elaborar e aprobar un proxecto sectorial de incidencias supramunicipal para a xestión do terreo, subscribir un novo convenio con concello de Pontevedra e coa Deputación para a expropiación de terreos, previsión de terreos adicionales para posibles e futuras ampliacións, urbanización, accesos e infraestruturas. Elaborar un plan económico e financiero a través da Sociedad Pública de Investimentos, o sea, o SPI. Deste modo aprobouse un proxecto de ampliación de Montecelo con un Presupuesto de licitación 33.000.000€, financiados a través das aportacións da SPI según acuerdo firmado polo Presidente desta sociedad pública e a Conselleira de sanidade, o 18 de febreiro de 2009. As obras deberían estar rematadas no ano 2013 e para entonces o Hospital único de Montecelo dispondría de 711 camas, 107 máis que as que tiña e 136 prazas de hospital de día, máis que na actualidade, 110 máis que na actualidade. Por unha parte, o concello de Pontevedra executou o disposto no novo convenio facendo unha reserva de 350.000 m2 no PXOM, para futuras ampliacións, e realizando as melloras do abastecemento de agua e nos accesos ó distinto hospital. En marzo do 2009 volve a gañar as eleccións o Partido Popular, e diversos dirixentes do Partido Popular fan declaracións contraditorias sobre o futuro de Montecelo, sendo o propio xerente do CHOP, que xa era tamén do Partido Popular, o que defende a ampliación como única opción razonable, pero pouco a pouco vaise consolidando a opción do PP que mantiña Telmo Martín. E a finales do 2009 o Partido Popular xa tiña claro o que quería, abandonar o proxecto de ampliación de Montecelo sin importarlle os 57.000.000€, que xa se invertiran, e decide construír un novo hospital en Montecarrasco, ubicación que non conta nin con viales nin con servizos, alcantarillado, agua, bueno, tódolos servizos, ¿non?, que retrasarían en moitísimos anos a súa execución. Advirtéuselle de todo, de estos inconvintes, tanto polo Partido Socialista, por tódolos grupos políticos de esquerdas, como polos colectivos cidadáns, pero o Partido Popular fixo caso omiso de estas advertencias, e ante as protestas xeneralizadas pola decisión adoptada pola Consellería de sanidade, o 27 do 12 do ano 2010, en un masivo acto público e ante unha maqueta, o Presidente Feijoo dixo, solemnemente, en Pontevedra, “que o proxecto de Montecarrasco é irrenunciable e estará terminado e funcionando antes de terminar o 2014”. Estamos a finales do ano 2015 e que sepamos, aínda non se fixeron nin as cimentacións, o cal, nos alegramos porque sería un hospital como o que construíron en Vigo, o Álvaro Cunqueiro, que sacou a máis de 300.000 persoas á calle, á rúa, porque as condicións en que se fixeron e como está ese hospital son lamentables. Todo esto supón que o pueblo, a cidadanía da nosa provincia de Pontevedra, da área norte, esté sufrindo unhas consecuencias duns hospitales que están obsoletos practicamente, polo menos, parte de Montecelo e todo o hospital provincial, e que teñamos que estar padecendo o desprazamento de arriba para abaixo, as persoas que sufren, desgraciadamente, cáncer e que teñen que levar radioterapias están indo a Santiago, foi algo que vostedes fixeron tamén, que estaban levando radioterapia no Hospital de Vigo. Eu creo, sinceramente, o Grupo Socialista cree que a cidadanía de Pontevedra non se merece este trato e, polo tanto, pediríalles que votaran a favor, que se votara por unanimidade, dunha vez por todas, a ampliación do Hospital Montecelo, e leo os acuerdos da moción: “Instar á Xunta de Galicia a levar adiante o Proxecto de ampliación do Hospital de Montecelo. Instar ó Presidente da Xunta de Galicia a anular o proxecto de Hospital de Montecarrasco ante a inviabilidade da súa posta en marcha nos prazos previstos”, e, “Instar ó novo Conselleiro de sanidade a garantir o sistema público de servicio sanitario coa adopción dos medios económicos necesarios”. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sra. Deputada. Ten a palabra o Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Nada, unicamente expresar que facemos nosa a postura de SOS Sanidade e, dende o noso grupo queremos darlle os parabéns a esta Plataforma porque realmente eles si que están facendo auténtica política. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Ten a palabra a Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Si, moitas gracias. Sra. Besada falaba vostede de maquetas e de maquetas lle vou a falar eu támen, porque hai un presidente das maquetas e o presidente se chama o Sr. Touriño, o que foi Presidente do Partido Socialista. Ese foi o Presidente que, solamente, foi capaz de ir a Vigo, unha, dúas e moitísimas veces a falar de proxectos e de maquetas pero que non foi quen de poñer en marcha a realidade sanitaria máis importante da historia da zona sur de Pontevedra, que vostede non coñece e eu si, que temos hoxe en día. ¿Como é posible que diga algo así como, “un hospital en condicións lamentables”, Sra. Besada, ¿vostede visitou o hospital Álvaro Cunqueiro?, como se nota que non foi alí e que non é usuaria de alí, nin defende ós veciños, por favor, estou no uso da palabra, pido respecto, pido respecto. Así que, leva vostede unha intervención de dez minutos donde nombrou ó Partido Popular non sei cantas veces e, desde logo, pois, queren facernos culpables do que non sae ben e, dende logo, que aquí está claro que quen deu pasos firmes na Sanidade foi o Sr. Núñez Feijoo, o cual vamos a defender desde esta bancada. Mire, nós non somos nadie para instar ó Presidente da Xunta a …, ¿a que?. Mire, eu teño aquí un informe da Consellería que tendrá vostede tamén, supoño, para falar como fala, a Deputación de Pontevedra, ¿que datos ten para instar ó Sr. Núñez Feijoo?, pero non porque el sexa o Presidente senón a Sanidade galega, os técnicos galegos, de urbanismo de Galicia, instar a cambiar un hospital para aquí ou para alá por unha cantidade de motivos que vostede mencionou, mire, que ningún é de peso. Eu teño aquí unha cantidade de motivos que un dice, a ampliación de Montecelo presenta incertezas na viabilidade de construción, na inviabilidade de custos, a dificultade da convivencia, que dicen os técnicos do Sergas e máis da Xunta de Galicia, de Urbanismo, de poder conviviren un hospital en funcionamento e un hospital en obras. A superficie a construír en Montecarrasco son 150.000 m2 e a ampliación de Montecelo serían solamente 90.000, en Montecarrasco caberían 723 camas e en Montecelo 648. Por suposto que a ubicación ten características favorables, como é a topografía, a ausencia da protección especial do plan xeral, a facilidade de dotación de servizos, a conexión definitiva e directa dende a estrada de Ourense á PO-542, e, por suposto, que os tribunais non lle deron a razón ó concello de Pontevedra, pero digo, pero, ¿como se poden opoñer vostedes á construción dun novo hospital?, un hospital público como é o Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo. Mire, mire Sra. Besada, mire Sra. Besada, temos no sur de Pontevedra unha infraestrutura que dá cobertura a 600.000 persoas, Sra. Besada, temos unha infraestrutura de características únicas en Galicia e en España, da que todos deberíamos presumir. Pero, a realidade é ben distinta, a realidade é que a algúns lles interesa manipular, confundir, esa é a realidade, a realidade é que hai un alcalde en Vigo, que a súa maior noticia de tristeza foi que o hospital hoxe estea en funcionamento. Miren, primeiro se dedicou a obstaculizar o hospital, igual que pasa en Pontevedra, por eso me dice que non pasou de maquetas, como vai a pasar de maquetas en Pontevedra se hai un alcalde que lle pon atrancos a un hospital, como aconteceu en Vigo, e ¿saben o que aconteceu en Vigo?, que para poder sortear todos os obstáculos, isto é algo insólito, eu creo que en ningún lugar de España pode ocurrir algo así, que un alcalde se poña en contra dos intereses xerais da cidadanía, e que un alcalde se poña en contra dun hospital, oiga, por favor, estou no uso da palabra. Por favor. Sra. Presidenta.- Descúlpenme, a ver, un segundo. Sr. Font, le ruego que no interrumpa, lo mejor que esta ocurriendo hoy es esa televisión que está gravando esto, dejen, dejen que continue. Sra. Arévalo Gómez.- Gracias Presidenta. Pois como lle decía, como lle decía, un alcalde que solamente soubo poñer atrancos a ese hospital. Calquera alcalde de España estaría encantado de que na súa cidade lle fixeran un hospital, coma o que se fixo, chamado Alvaro Cunqueiro, polo Presidente Núñez Feijoo. Iso é o que lle pasa ó Sr. Caballero, que cando hai noticias boas para Vigo, que non son del, que son da Xunta de Galicia ou do Estado, busca a forma de darlle a volta e poñer a cidadanía en contra. E xa estamos cansos os cidadáns do sur de Pontevedra de este señor, e só faltaba que veña vostede aquí a nombrar este episodio, episodio que conozco con detalle, e que estamos cansos da manipulación, de non poder usar o transporte metropolitano para ir ata o hospital, de que este señor nos boicotee todo aquelo que dependa da Xunta de Galicia ou que dependa dos concellos que estamos ó lado. Así que vamos a defendelo, hoxe maña e sempre, esa gran infraestrutura, que o único problema que ten para vostedes, é que foi capaz facela o Sr. Núñez Feijoo. Mire, aquí teño un recorte de prensa, porque resulta que nos antecedentes hai moitas persoas do goberno de Vigo involucradas, á parte do Alcalde, que o único que fixo foi poñer atrancos, e que a Xunta o sorteou comprando os terrenos, expropiando os terrenos, buscando a forma de dar servicios de saneamento, de auga, de electricidade e os accesos rodados, porque non había outra, ou o facía todo a Xunta de Galicia ou non había hospital. Mire, aquí está o Sr. Cayetano, cando traballaba no Sergas como cargo político, e dicía, dicía o Partido Socialista, “la Xunta abre la puerta a la participación privada para financiar el nuevo hospital”. Isto non o digo eu, o di o Sr. Cayetano cando tiña un cargo na Xunta de Galicia co Sr. Touriño. E por suposto, e por suposto que este goberno da Xunta de Galicia fixo unha financiación privada para reducir tempo, Sra. Besada, para abaratar custes, Sr. Besada, pero é un hospital público 100% público, que ten como calquera hospital privatizados unha serie de servicios, como tiña o Xeral Cíes, ou como tiña Povisa ou como ten Povisa, ou como ten o Meixoeiro. E diso seille moito eu, Sra. Besada, o problema é todo o que se fixo en torno ó parking e o transporte, pois claro que hai que mellorar o parking, claro que había que mellorar o servizo de transporte, un servicio de transporte que se mellorou gracias á Xunta de Galicia e á colaboración dos concellos, excepto a do concello de Vigo. Un parking que agora, pois o alcalde de Vigo di que quere ampliar e facer un parking gratuito, ¡bienvenido Sr. Abel Caballero!, ¡bienvenido al hospital Álvaro Cunqueiro!. Pero como o del é estar na prensa, continuamente, provocando e increpando, porque cree que é a forma de facer política, pois resulta que agora o problema é que a Xunta de Galicia lle bloquea o parking que quere facer o alcalde. Mire, isto é unha cantidade de despropósitos que poderíamos estar nun pleno extraordinario falando única e exclusivamente do hospital de Vigo. ¿Pero saben o que é mellor?, Sras. Sres. Deputados, o mellor é que a cidadanía está vendo a realidade, e toda a manipulación que houbo se está terminando, porque a cidadanía vai ó hospital, utiliza o hospital, disfruta do hospital, e se hai que asumir que trasladar tres ou catro centros a un tivo dificultades, se hai que asumir que se puido haber planificado mellor, pois se hai que asumir se asume, pero iso non ten nada que ver co que vostedes levan dito que é moi grave e moi serio. E, polo tanto, que me veñan a comparar esta Moción que queren falar da defensa da ampliación de Montecelo para non ter un Álvaro Cunqueiro en Pontevedra, apaga e vámonos. E desde esta bancada queremos un novo hospital para Pontevedra como o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Por suposto, me imaxino que non vou a poder seguir intervindo, porque esta é a nova Deputación e esta é democracia que utiliza a Presidenta, agora intervirá vostede, a Presidenta e cantos queiran, porque o Partido Popular só ten unha opción a falar. E, dende logo, se foran demócratas poderíamos debatir sobre este asunto as veces que fora necesario, como se facía antigamente. Eu recordo debates enriquecedores sempre, de moito tempo, pero a nova Deputación nos corta o tempo, nos corta a palabra, non podemos utilizar ningunha instalación. E por iso se algo hoxe podemos celebrar, é que os cidadáns de toda provincia poden ver este pleno, poden ver como nos trata o Partido Socialista, a nova Deputación, e, sobre todo quero defender alto e claro, para que me escoiten ben os cidadáns de Pontevedra, o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Moitisimas gracias. Sra. Presidenta.- Es tristísimo, de verdad, é dunha tristeza o que estamos vivindo neste pleno, repetindo cuestións que son de libro, que esta mañán, parece ser, eu teño entendido que o Sr. Feijoo lle deu á oposición da Deputación un argumentario onde había que dicir coarenta mil veces “a nova Deputación”. Si, somos unha extraordinaria nova Deputación, transparente, que mira para as persoas, que cree na xente, que cree que é posible facer política doutra forma, sen descalificar, sen insultar, sen faltar ó respecto, sen chillar, sen repetir continuamente cuestións que nada ten que ver coa realidade. Pero, sobor de todo, unha nova Deputación que non minte, porque permítanme, eu son, ademais da Presidente da Deputación, a primeira tenente alcalde do concello de Vigo, coñezo perfectamente o Álvaro Cunqueiro, o hospital do negocio, o hospital de vergonza, o hospital privatizado para enriquecer a unha empresa. Pero non o digo eu, cada día, cada día hai dimisións dos responsables sanitarios do hospital, da dirección de ese hospital; roldas de prensa, dos médicos, enfermeiras, celadores, ciruxanos, dicindo que é unha vergonza como se atopa ese hospital, que non ten material sanitario adecuado, nin sequera vendas, así de grave, é a situación, cunha alimentación tan deficitaria, tan deficitaria que vai en contra do mínimo imprescindible para garantir a saúde dos enfermos, dos enfermos. Problemas gravísimos coa seguridade sanitaria, tanto é así que non se están a realizar moitas operacións, porque os quirófanos non cumpren coas medidas mínimas de garantía e control. Falta de material, non só sanitario, tamén clínico, eu escoitei á xefa de enfermeiras dicir como nunha operación, como non tiñan material suficiente para operar un cerebro, tiveron que facelo a man, porque non tiñan o material, non o digo eu, o dixo unha enfermeira. Gravísimo. Esa persoa así operada vai a sufrir toda a vida, toda a vida, é gravísimo. E aqueles que se rien desto lle están faltando ó respecto ós enfermos, pero gravisimamente, gravisimamente, o din os ciruxanos, os médicos, as enfermeiras, os celadores. Si isto non fora suficiente, un laboratorio, non ten laboratorio central, e se pon ás persoas en risco a súa vida, e non o di a Presidenta da Deputación, non, non o di a Presidenta da Deputación, o din os responsables do laboratorio. Por certo, unha delas, unha delas militante do Partido Popular, militante do Partido Popular, que saíu á rúa a denuncialo. Se non fora suficiente, unha aparcadoiro de pago, que é un copago terrible, hai xente que ten que pagar 80 euros por aparcamento, 80 euros, gravísimo, gravísimo. ¿Pero como é posible isto?. Pero o máis grave de todo, é que á rúa saíron 200.000 persoas, moitos eran veciños e veciñas de Mos, que portaban unha pancarta dicindo que queren sanidade pública e de garantía. É gravísimo. E eu quero que os cidadáns de Pontevedra saiban que o Partido Popular hoxe quere traer para Pontevedra o desastre, a vergonza, o hospital do negocio que construíron en Vigo e que é “privado, privado, privado”, e quero que quede moi claro que isto é así. E tamén quero que quede moi claro, moi claro, que nunca neste pleno se permitiu tanta capacidade de actuación á oposición como o de agora. Pero en vista do que está a ocorrer, creo Vicepresidente que nos temos que replantexar moitas cousas, e o vou a facer, llo aseguro. Sr. Mosquera, ten vostede a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Presidenta. Está claro, reitero, reitero absolutamente o que dixen antes, que estamos en modo mitin. Eu comprendo que é difícil pasar de modo pleno a modo mitin, e tal, igual falla o conmutador, entón estamos en modo mitin. ¿Non?. Eu non estou aínda en modo mitin, seguramente sexa un problema grave, e sexamos nós os que estamos fóra de lugar. Con respecto ó asunto, pois case, case, de Montecelo e do Hospital de Pontevedra foi do que menos se falou, tivemos aquí un profundo debate sobre o Álvaro Cunqueiro. En todo caso, eu o que quero dicir, creo que o Alcalde de Pontevedra e máis eu debemos de ser os únicos que dende o ano 99 seguimos ó detalle todos os vericuetos. Me parece que na historia estase contando con tan profusos detalles, bastante, bastantes incorreccións. Pero, non creo que sexa o momento, logo ás tres e dez da tarde ou ás tres e vinte non creo que sexa o momento como para poñerse a matizar esta historia, estes precedentes, que, basicamente, basicamente, moi resumidamente, é que dende o ano 2004 o Sergas ten decidido que non vai a facer nada en Pontevedra. Entón, empezamos a marear, a marear, ó Sr. Feijoo, estando o Alcalde e máis eu directamente con el no ano 2009, acababa de tomar posesión, díxome, é que non vou a ter cartos, ou sexa nin Montecarrasco nin monte non sei que, agora, dou, 6 anos dando voltas e demais. Bueno, esa é a crúa realidade, a triste realidade do asunto. Seguramente, cando haxa vontade e cartos para facelo, seguramente se volva a facer en Montecelo, case seguro, case seguro. Agora, o de Montecarrasco, obviamente, era unha patada a seguir para non facelo, estaba claro. Pero bueno, non vou a alargar máis a historia e vamos a votar a favor da moción. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Sra. Besada, ten vostede a palabra para pechar o debate. Sra. Besada Lores.- Vale. Moitas gracias Presidenta. Si, dicía a Sra. Arévalo que estaban cansados en Vigo e que sabían moito en Vigo das maquetas que levaba o Sr. Touriño. Mire, o Sr. Touriño gobernou durante 4 anos, vostedes levan na Xunta de Galicia dende a democracia e pretendían que o Sr. Touriño fixera en 4 anos o que vostedes non foron capaces de facer neses 30, ou non sei xusto agora cantos anos levan. Toda a vida. Dice tamén, que a que vén, como van a votar a favor desta moción pedíndolle ó seu Presidente que faga un hospital público e de calidade para os cidadáns, e lle reprochan á Presidenta que presente esta moción. Sra. Arévalo, vostede é alcaldesa, nós somos concelleiros, e hai máis concelleiros, e agora temos a sorte de ser deputados. ¿Pois sabe que lle digo?. Estamos aquí para defender ós nosos cidadáns, non para antepor o noso cor político ante os nosos cidadáns, hai que defender ós cidadáns. E cando un goberno se equivoca, pois hai que recoñecer os erros e rectificar é de sabios, así que poderían volver ó hospital único de calidade e público. Porque mire, eu non quixen prolongar máis a intervención, pero teño aquí datos, datos suficientes para estar aquí ata as 4 da tarde, ou ata as 5, para a privatización do hospital. E é certo que tiven sorte de non ir ó Álvaro Cunqueiro, pero coñezo cantidade de persoal que traballa nese Álvaro Cunqueiro, en ese fantabuloso hospital que vostedes dicen que fixeron aí. E da vergoña, eu sentiría vergoña de pertencer a un partido político que fixera semellante hospital, sentiría vergoña. Pero bueno, para sentila hai que tela, claro. Por outra parte dicen, bueno, e que dixo tantas barbaridades que xa non sei xusto canto, pero bueno, para rematar, para rematar xa, porque ten razón o Sr. Mosquera que é moi tarde. ¡Ah, é verdade! Presidenta, dicía que no Álvaro Cunqueiro non hai material, pero iso pasa en todos os hospitales da nosa provincia de Pontevedra, en Montecelo non hai material, no hospital provincial non hai material, nos ambulatorios non hai material, é deprimente a maneira de gobernar do Partido Popular, é deprimente. Eu espero que o 20 de decembro no estado español gobernemos os Socialistas de novo, e dentro dun ano volvamos a gobernar Galicia tamén, polo ben de todos os galegos e galegas. E, Sra. Arévalo, non antepoña o seu partido político ante os cidadáns de Mos, porque en Vigo había cantidade de cidadáns de Mos na manifestación, e estes plenos agora parece que se están grabando e os seus cidadáns de Mos van a saber como os defende vostede en Mos. Sra. Presidenta.- Finalizado o debate poñemos a votación a Moción do Grupo Provincial Socialista para a ampliación do hospital Montecelo como hospital público de referencia. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. Queda aprobado por 15 votos e 12 en contra. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Benestar Social, acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE, do BNG e de Coalición Electoral SON, e cos votos en contra do PP, aprobar a Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) para a ampliación do Hospital Montecelo como Hospital público de referencia. Dita Moción é como segue: “Santos Héctor Rodríguez, voceiro e deputado do Grupo Provincial Socialista na Deputación Provincial de Pontevedra (PSdeG-PSOE) ó abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte Moción ó Pleno sobre o Hospital público de Montecelo: A sanidade é un dereito universal que vén sendo recortado nos últimos anos polas medidas adoptadas polo Goberno do Estado e da Xunta de Galicia. No caso de Pontevedra, os gobernos de Núñez Feijoo, paralizaron o proxecto de ampliación do Hospital de Montecelo, e anunciaron a construción dun novo hospital en Monte Carrasco co mesmo sistema de concesión a unha empresa privada para a súa construción e posterior explotación. Como se puido comprobar co proxecto do novo hospital de Vigo, que seguiu o mesmo sistema de concesión privada, os problemas derivados da posta en marcha do centro foron e seguen sendo moi numerosos, cunha merma na calidade asistencial e na seguridade dos doentes. A ampliación do actual Hospital de Montecelo vén do goberno de Emilio Pérez Touriño, quen conscente da necesidade de mellorar as actuais instalacións e previndo as necesidades futuras de crecemento da poboación da área sanitaria do Norte da provincia, planificara un crecemento das instalacións que deran o servizo necesario, incorporando ademais outros servizos dos cales carecía. Nembargantes todo o proxecto quedou paralizado e anunciouse a construción dun novo hospital que segundo o seu cronograma debería comezar a estar operativo o ano próximo. A realidade é que agora non hai ampliación do centro de Montecelo nin tampouco outra alternativa. Dende a Plataforma Sanidade Pública seguimos a considerar o máis útil a ampliación de Montecelo como a mellor resposta para as necesidades da área sanitaria de Pontevedra, cun custe menor, e coas garantías necesarias para seguir a prestar un servizo público e de calidade. Por todo iso, o Grupo Socialista formula os seguintes acordos para a súa aprobación pola corporación da Deputación Provincial de Pontevedra: 1º Instar á Xunta de Galicia a levar adiante o proxecto de ampliación do hospital de Montecelo. 2º Instar ó Presidente da Xunta de Galicia a anular o proxecto de hospital de Monte Carrasco ante a inviabilidade da súa posta en marcha nos prazos previstos. 3º Instar ó novo conselleiro de Sanidade a garantir o sistema público do servizo sanitario coa dotación dos medios económicos necesarios.” 13.6694.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA A) MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL POPULAR (PP) EN RELACIÓN COA SOLICITUDE DE ANULACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO SOBRE A SUSPENSIÓN DO CONTRATO COA EMPRESA ADXUDICATARIA DA OBRA PARA A CREACIÓN DO AUDITORIO DE VILANOVA DE AROUSA Sra. Presidenta.- Pasamos xa ó asunto número 13. Asunto fóra da orde do día. O Grupo Popular ten presentado unha moción de urxencia en relación coa solicitude de anulación do acordo da Xunta de Goberno, sobre a suspensión do contrato coa empresa adxudicataria da obra para a creación do auditorio de Vilanova de Arousa. Tal e como recolle o ROF, imos dar un minuto para explicar a urxencia, non para entrar no debate da moción, para explicar a urxencia se así o quere o Partido Popular. ¿Sr. Moldes pediu a palabra?. ¿Si?. Sr. Aranguren, ten vostede a palabra un minuto para explicar a urxencia deste moción. Sr. Aragunde Aragunde.- Gracias. A urxencia é motivada, pois claramente, porque está nun proceso esta obra á que se fai referencia, o auditorio no concello de Vilanova de Arousa, esa obra está parada, e non ten teito neste momento, hai unhas obras xa realizadas, está máis do 40% da obra realizada, e se se para neste momento esa obra se vai a deteriorar esas instalacións. Polo tanto, entendemos que isto hai que tratalo agora, é urxente ademais convocar á comisión de seguimento, hai un convenio firmado entre concello … Sra. Presidenta.- Sr. Aranguren ten a palabra para explicar a urxencia, non para entrar no contido. Sr. Aragunde Aragunde.- Estou explicando a urxencia. Sra. Presidenta.- Só para a urxencia. Sr. Aragunde Aragunde.- Estou explicando a urxencia. No convenio firmado entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilanova de Arousa hai un apartado onde se cita unha comisión de seguimento, que hai que convocar en caso de que ocorra calquera imprevisto ou calquera dúbida. Estamos precisamente neste momento solicitando, se solicitou dúas veces por escrito, a reunión e a convocatoria desa comisión, e non se fixo todavía, e estamos todavía en prazo de convocala, por iso entendemos e motivamos a urxencia de tratar hoxe aquí esta moción. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Aranguren. Sr. Aragunde Aragunde.- Aragunde. Sra. Presidenta.- Vostede sabe perfectamente, senón non lle informaron ben, de que xa está convocada a comisión de seguimento. En todo caso, imos votar a urxencia. ¿Votos a favor da urxencia?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada a urxencia por 14 votos a favor, perdón 14 votos en contra, 12 a favor e 1 abstención. Polo tanto, non se debate a moción. Acórdase por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON, rexeitar a urxencia da Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) en relación coa solicitude de anulación do acordo da Xunta de Goberno sobre a suspensión do contrato coa empresa adxudicataria da obra para a creación do auditorio de Vilanova de Arousa. B) Parte de información e control: 14.6695.- DAR CONTA DO INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE OUTUBRO DE 2015 Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto, á parte de información e control, no punto 14. Dar conta do informe do período medio de pago á provedores correspondente ó mes de outubro de 2015. Queda dada conta. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior: Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de outubro de 2015, que se expón a continuación: Entidade Mes Ratio operacións pagadas Importe pagos realizados Ratio operacións pendentes Importe pagos pendentes Período medio de pago Deputación de Pontevedra Outubro -11,9796580534 3.114.489,54 65,2091310247 290.032,29 -5,403920732 Escola de Enfermería Outubro 0,5806062054 6.111,13 0,0000000000 0,00 0,580606205 Consorcio de Incendios e Salvamento Outubro -5,9989388398 219.401,37 0,0000000000 0,00 -5,99893884 TOTAL 3.340.002,04 290.032,29 -5,429809073 O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de outubro de 2015 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, en relación ó disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Presupostaria e Sostibilidade Financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. 15.6696.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 15. Dar conta das Resolucións Presidenciais. Queda dada conta. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 23 de outubro e o 23 de novembro do ano 2015 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial, de data 4 de novembro, designando representantes da Deputación no Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia a Don Carlos López Font e Don Francisco Javier Dios Pomares. C) De Resolución Presidencial, de data 4 de novembro, designando representantes no Padroado de honor da Fundación Laxeiro a Don David Regades Fernández e do Padroado da Fundación Laxeiro a Don Santos Héctor Rodríguez Díaz. 16.6697.- ROGOS E PREGUNTAS Sra. Presidenta.- No punto 16. Rogos e Preguntas. Hai unha presentada por escrito polo Sr. D. Xosé Luis Jácome Enríquez en relación a sobre o número de animais do centro de recollida de animais da provincia de Pontevedra. E, unha segunda, sobre a estratexia provincial para previr abandono e maltrato de animais que será respondida por escrito, Sr. Jácome, no mellor prazo de tempo, para que vostede teña esa información. ¿Hai algunha pregunta ou rogo máis?. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, o noso grupo quixera facer un rogo, sobre todo, porque nos últimos días houbo unha gala sobre Estrela Michelín, que é un recoñecemento e mérito de todos os cociñeiros da nosa provincia, e nos gustaría facer un rogo a esta corporación, que se lle trasladase o recoñecemento desta corporación a esas persoas que teñen esa distinción, que hoxe é complicado e difícil acadar unha distinción desa magnitude, e sobre todo dun sector turístico que esta casa traballou, e creo que traballou moi ben e, polo tanto, nos gustaría que houbese unha continuidade nese traballo e que estas persoas, uns que seguen mantendo a Estrela Michelín e outro que, aínda que o restaurante está en Santiago, pero tamén é da nosa provincia como é Casa Marcelo, e ademais que é un veciño da provincia, pois loxicamente, pois ese recoñecemento de todos os membros da corporación e que se lles faga dunha maneira expresa. Sra. Presidenta.- Non dubide Sr. Figueroa que lle faremos chegar esa felicitación no nome de toda a Corporación da Deputación de Pontevedra. Sr. Alén Montes. Sr. Alén Montes.- Ola. Gracias Presidenta. O meu rogo é sobre a carretera que falei antes de Sabaxáns que, efectivamente, xa están limpando, teño que felicitar ós responsables porque fixen un rogo fai un mes e xa están limpando. Ata aí todo ben, o único problema que hai, as cunetas por certo están quedando moi ben, o único problema, a ver se pode pintar dúas liñas laterais o antes posible porque é tan estreita e houbo esta fin de semana varias saídas, porque é tremendamente estreitiña, entón, pintar esas, que parece ser que os técnicos que anduveron por alí algo dixeron de pintar as liñas, repito, que van pegadas ó borde da cuneta, pa que se vexa, porque de noite coa chuvia, estamos en Galicia, se mira moi pouquiño. Moitisimas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Alén polo recoñecemento e tomamos conta do do seu rogo. Así si. Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Gracias Sra. Presidenta. Dúas cousas solo. Primeiro, unha pregunta, o outro día salía un titular de prensa, que nos imaxinamos que, como non houbo rectificación, que será verdade, onde dicían que neste caso para Vigo se firmaba un cheque en blanco e inversións infinitas cando, se pode ser, nos poden transmitir a información das cantidades, pois nos gustaría. E despois, por outro lado, pois dende o Grupo Popular queremos, nese caso, felicitar o funcionario desta casa, ó Sr. Fidel, que me parece que é o último pleno hoxe aquí, pois darlle a nosa despedida por parte do Grupo Popular e desexarlle o mellor para a súa vida na súa xubilación. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Facemos de todos a felicitación ó Sr. Fidel, e dende logo, o goberno, así como fará con todos os que chegan á idade da xubilación, lle fará o seu recoñecemento xusto, porque é certo que os servidores públicos os temos todos que recoñecer conxuntamente, polo tanto facemos extensible esa felicitación que me parece ademais acertada. No tema de Vigo, o protocolo é coñecido, recoñecido, público e, polo tanto, o que aparece no protocolo é o acordo que firmaron a Deputación de Pontevedra e o concello de Vigo. De todos modos aquí hai algún concelleiro de Vigo, a ver se lles dicen a vostedes que non ataquen tanto a Vigo, porque tiveron 17, nós tivemos 17 concelleiros e vostedes baixaron de 13 a 7, como sigan así vanse quedar sen ningún. O protocolo, exactamente o que pon. ¿Nada máis? Se levanta a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as quince horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota