ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.838
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2016-01-29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/3.2016-01-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2016-01-29_Ordinaria

  • Data(s) 2016-01-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 29 de xaneiro do 2016 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas do día vinte e nove de xaneiro do ano dous mil dezaseis, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sra. Presidenta.- Comezamos o Pleno da Deputación de Pontevedra do venres, 29 de xaneiro, do ano 2016. 1.6711.- ACTA ANTERIOR Sra. Presidenta.- No primeiro punto da orden do día. Aprobación do borrador da acta anterior sesión extraordinaria, do día 29 de decembro de 2015. ¿Observacións?. Queda aprobado por unanimidade. Pasamos á parte resolutiva. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 29 de decembro de 2015. a) Parte resolutiva: 2.6712.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL SOBRE O ANTEPROXECTO DE LEI DE ACUICULTURA DE GALICIA Sra. Presidenta.- No punto 2. Declaración institucional sobre o Anteproxecto de lei de acuicultura de Galicia. Inda que onte o Presidente da Xunta de Galicia anunciou a paralización da tramitación, os representantes do sector plantexan a súa retirada e, polo tanto, imos leer esa declaración que foi aprobada e apoiada polos 27 membros da corporación, por todos os deputados e por todas as deputadas, por todos os grupos políticos presentes nesta corporación. Declaración institucional sobre o Anteproxecto de lei de acuicultura: “O sector dos cultivos mariños é estratéxico na provincia de Pontevedra polo seu efecto socioeconómico en moitas das poboacións costeiras. As rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, son as principais produtoras de moluscos e de peixes de cultivo de toda Galicia, concentrándose en elas a maioría das Pemes deste sector. De feito, máis do 70% da produción de mexillón de toda Galicia procede dos viveiros instalados nas tres rías da provincia, o valor da produción do marisqueo a pé e a frote supera os 1,5 millóns de euros anuais na primeira venda nas lonxas da provincia, e nas marxes das rías se instalan a maioría das cectáreas e centros de expedición de moluscos e peixes. Ademais a incidencia no emprego é básico en moitas das localidades costeiras da provincia, como A Illa, Cambados, Vilanova, Arcade, entre outras. A súa característica é de pequenos produtores, que contan coa autorización administrativa da Xunta de Galicia para a explotación das praias, ou de bateeiros individuais que traballan no seu viveiro flotante. Por elo a influencia socioeconómica nas poboacións costeiras deste sector pesqueiro é moi importante na provincia de Pontevedra, e calquera cambio normativo afecta a un número moi amplo de cidadáns desta provincia. A finais do ano pasado a Xunta de Galicia, sen diálogo previo cos sectores produtivos do mar, publica no Diario oficial de Galicia un anteproxecto de lei para o que dá a penas un mes para presentar alegacións. Posteriormente, dado o número de reclamacións presentadas, tivo que voltar a ampliar o prazo de alegacións. Neste proxecto de lei o actual goberno do Partido Popular quería sentar as bases do futuro dos cultivos mariños, simplemente, como un modelo rendible e permitindo expropiacións de concesións pola ausencia de beneficios, sen ter en conta a situación real do sector. Ó mesmo tempo, permitía a conversión das zonas de libre marisqueo en parques de cultivo colectivo e individual permitindo a tecnificación para primar a rendibilidade eliminando o modelo tradicional de explotación das nosas praias. Incluía tamén, entre outras novidades, unha forte aposta polo engorde intensivo de peixes con aproveitamento dos actuais parques de cultivo para a colocación de gaiolas en altura con varias especies ó mesmo tempo. Ademais, somerxe nun proceso normativo moi farragoso e complicado ó sector, añadindo unha maior complicación para a súa xestión diaria. É dicir, o Goberno da Xunta pretendía con este anteproxecto de lei de acuicultura non diversificar e reforzar o actual modelo garantindo un maior reparto da riqueza, e garantir un maior emprego con ingresos dignos, senón a achega doutros capitais para aproveitar os nosos recursos. Entendemos que un proxecto de lei ten que ser consensuado co sector moito antes da súa publicación no Diario oficial de Galicia, algo que neste caso non se fixo, inda que agora si se plantexa por parte do goberno da Xunta. De feito, as protestas da maioría das cofradías de pescadores, das asociacións de bateeiros e dos mariscadores, están sendo constantes ó longo destes últimos meses. É máis, a maioría dos alcaldes e alcaldesas das nosas zonas costeiras veñen de manifestarse en contra deste anteproxecto de lei pedindo a súa retirada e a negociación co sector afectado. Por todo elo, o pleno da Deputación de Pontevedra quere expresar o seu rexeitamento ó anteproxecto de lei de acuicultura presentando pola Xunta de Galicia, e esixir, que ademais da apertura de negociación e diálogo co sector, que se ten anunciado, este anteproxecto de lei sexa retirado. Finalizada esta Declaración Institucional que, repito, é compartida polos 27 deputados e deputadas provinciais,… O Pleno acorda, por unanimidade, aprobar Declaración Institucional sobre o anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia. Dita Declaración é como segue: “O sector dos cultivos mariños é estratéxico na provincia de Pontevedra polo seu efecto socioeconómico en moitas das poboacións costeiras. As rías de Vigo, Pontevedra e Arousa son as principais produtoras de moluscos e de peixes de cultivo de toda Galicia, concentrándose nelas a maioría das Pemes deste sector. De feito, máis do 70% da produción de mexillón de toda Galicia procede dos viveiros instalados nas tres rías da provincia, o valor da produción do marisqueo a pé e a frote supera os 1,5 millóns de euros anuais na primeira venda nas lonxas da provincia, e nas marxes das rías se instalan a maioría das cetáreas e centros de expedición de moluscos e peixes. Ademais a incidencia no emprego é básico en moitas das localidades costeiras da provincia, como A Illa, Cambados, Vilanova, Arcade, etc. A súa característica é de pequenos produtores, que contan coa autorización administrativa da Xunta de Galicia, para a explotación das praias ou de bateeiros individuais que traballan no seu viveiro flotante. Por iso a influencia socioeconómica nas poboacións costeiras deste sector pesqueiro é moi importante na provincia de Pontevedra e calquera cambio normativo afecta a un número moi amplo de cidadáns desta provincia. A finais do ano pasado a Xunta de Galicia, sen diálogo previo cos sectores produtivos do mar, publica no Diario Oficial de Galicia un anteproxecto de lei para o que dá apenas un mes para presentar alegacións. Posteriormente dado o número de reclamacións presentadas tivo que voltar a ampliar o prazo de alegacións. Neste proxecto de lei o actual goberno do Partido Popular quere sentar as bases do futuro dos cultivos mariños simplemente como un modelo rendible e permitindo expropiacións de concesións pola ausencia de beneficios sen ter en conta a situación real do sector. Ó mesmo tempo, permite a conversión das zonas de libre marisqueo en parques de cultivo colectivo ou individual permitindo a tecnificación para primar a rendibilidade eliminando o modelo tradicional de explotación das nosas praias. Inclúe tamén, entre outras novidades, unha forte aposta polo engorde intensivo de peixes con aproveitamento dos actuais parques de cultivo para a colocación de gaiolas en altura con varias especies ó mesmo tempo. Ademais somerxe nun proceso normativo moi farragoso e complicado ó sector añadindo unha maior complicación para a súa xestión diaria. É dicir, o Goberno da Xunta pretende con este anteproxecto de lei de acuicultura non diversificar e reforzar o actual modelo garantindo un maior reparto da riqueza e garantir un mellor emprego con ingresos dignos, senón a achega doutros capitais para aproveitar os nosos recursos. Entendemos que un proxecto de lei ten que ser consensuado co sector moito antes da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, algo que neste caso non se fixo. De feito, as protestas da maioría das confrarías de pescadores, das asociacións de bateeiros e dos mariscadores están sendo constantes ó longo destes últimos meses. É máis, a maioría dos alcaldes e alcaldesas das zonas costeiras veñen de manifestarse en contra deste anteproxecto de lei pedindo a súa retirada e a negociación co sector afectado. Por todo iso, o Pleno da Deputación de Pontevedra, quere expresar o seu rexeitamento ó anteproxecto de Lei de Acuicultura presentado pola Xunta de Galicia e esixir a súa retirada inmediata.” 3.6713.- DELEGACIÓN DA RECADACIÓN DAS MULTAS DE TRÁFICO DO CONCELLO DE CATOIRA E ENCOMENDA DA XESTIÓN DA COLABORACIÓN NA TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES SANCIONADORES EN MATERIA DE MULTAS DE TRÁFICO Sra. Presidenta.- Pasamos o terceiro punto da orden do día. Delegación da recadación das multas de tráfico do concello de Catoira e encomenda da xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de multas de tráfico. ¿Hai algunha observación?. ¿Votos a favor?. Queda aprobado por unanimidade. O Pleno do concello de Catoira na sesión celebrada o día 30 de novembro de 2015, acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de recadación das multas de tráfico e a encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de multas de tráfico, dende o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recaudatorio. Considerando o previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime interior, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, na Deputación Provincial de Pontevedra o concello de Catoira, segundo se detalla, debéndose proceder, unha vez aceptada a delegación polo Pleno Provincial, á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina dito art. 7.2 "in fine." Concello de Catoira: Acéptase a delegación e a encomenda de xestión efectuada por acordo do Pleno municipal, adoptado na sesión que tivo lugar o 30 de novembro de 2015, nos seguintes termos: Aceptar a delegación das facultades de recadación das multas de tráfico e a encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de multas de tráfico, dende o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio. Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas ou encomendadas na Deputación de Pontevedra. O concello deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do concello e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial porá a disposición do concello os medios necesarios para o subministro da colaboración e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. Respecto á encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores, ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa reguladora, fundamentalmente as contidas no Regulamento do Servizo de Colaboración nas Sancións de Tráfico (BOP de Pontevedra nº 118, de 23 de xuño de 2010). En especial, a asunción por parte do ORAL-Deputación de Pontevedra da defensa e representación ante os órganos xurisdicionais, tanto por actos ditados en vía disciplinaria como recadatoria, así como o mantemento e, no seu caso, dotación dos medios técnico-informáticos (aplicación informática, DMD, etc,) que permitan tramitar o procedemento cunha maior eficiencia, eficacia e seguridade; e, por parte do concello, o compromiso de cumprir cos prazos establecidos no Regulamento citado, relativos á gravación das denuncias e devolución da documentación trasladada polo ORAL, así como proporcionarlle ó ORAL-Deputación os instrumentos necesarios, entre os que destaca o de subscrición, para facilitar a tramitación da documentación que sustenta o procedemento sancionador en materia de tráfico. A representación e defensa polos Letrados do ORAL-Deputación de Pontevedra nos procesos xudiciais consecuencia do exercicio das facultades delegadas ou encomendadas será gratuíta para as entidades delegantes ou encomendantes. Os gastos de Procurador, cando fora necesario, serán asumidos polo ORAL-Deputación de Pontevedra. O importe da condena en costas das partes contrarias nun proceso constituirá un ingresado na Tesourería da Deputación de Pontevedra-ORAL En caso de condena en costas do ORAL-Deputación de Pontevedra, o importe da minuta será asumido pola Deputación salvo que a condena en costas fose consecuencia de sentenza desfavorable que teña a súa orixe en trámites, accións ou omisións causadas pola entidade delegante ou encomendante, suposto no que será asumido por dita entidade. A delegación e a encomenda sométense ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 31/10/2014, no Regulamento do Servizo de Colaboración na Xestión das Sancións de Tráfico aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 26/03/2010, na Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, a normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. Facúltase á Sra. Presidenta para que formalice o correspondente convenio co concello así coma os demais documentos que procedan. A delegación e encomenda de xestión efectuada polo Pleno do concello de Catoira publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.6714.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE A LAMA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL SUBSCRITO ENTRE A SECRETARÍA DE ESTADO DE FACENDA (DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA O 13 DE XUÑO DE 2001 Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 4. Adhesión do concello de A Lama ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación provincial de Pontevedra o 13 de xuño de 2001. ¿Observacións?. ¿Aprobamos por unanimidade?. Queda aprobado por unanimidade. O Pleno do concello da Lama na sesión que tivo lugar o día 25 de novembro de 2015, acordou adherirse ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. Resultando que o concello da Lama delegou na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión do Imposto sobre Bens Inmobles, delegación que foi aceptada polo Pleno desta Corporación Provincial. Resultando que a cláusula 15ª do mencionado convenio de colaboración en materia de xestión catastral determina que, unha vez levada a cabo a delegación da xestión do Imposto sobre Bens Inmobles na Deputación Provincial de Pontevedra, entenderase que o concello delegante atópase dentro do ámbito de aplicación do convenio. Resultando que a adhesión se atopa dentro dos servizos que o artigo 2 da vixente ordenanza fiscal reguladora da taxa polos servizos de xestión, inspección e recadación que foi aprobada polo Pleno da Deputación provincial o 31/10/2014. Visto o informe de data 04/01/16 do xefe do servizo de xestión tributaria e catastral do IBI (ORAL) da Deputación de Pontevedra polo que se presta conformidade á adhesión do concello da Lama ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra. Visto o informe de data 11/01/16 do xefe do servizo xurídico de xestión tributaria e catastral (ORAL) da Deputación, e o informe de fiscalización da xefa do servizo de xestión orzamentaria e contabilidade de data 15/01/16, nos que se informa favorablemente a adhesión. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo acorda, por unanimidade, aceptar a adhesión do concello da Lama, acordada no Pleno municipal do día 25 de novembro de 2015, ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. 5.6715.- APROBACIÓN DOS ANTICIPOS MENSUAIS DE RECADACIÓN ÓS CONCELLOS PARA O ANO 2016 Sra. Presidenta.- No punto 5. Aprobación dos anticipos mensuais de recadación ós concellos para o ano 2016. ¿Observacións?. Queda aprobado por unanimidade. A Deputación provincial de Pontevedra, en virtude das delegacións en materia de xestión tributaria e recadatoria realizadas polos concellos do seu ámbito territorial, e co fin de colaborar na súa xestión económico financeira, arbitra anualmente un sistema de anticipos mensuais de recadación, recollido na Base 13 da disposición adicional IV das Bases de execución do orzamento da Deputación Provincial para 2015: “As entregas a conta da recadación e a correspondente transferencia de fondos ós concellos e entidades delegantes, así como as operacións de tesourería que se realizasen para facilitar os pagos a conta, realizaranse ó amparo do disposto no artigo 149.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004. O ORAL realizará entregas a conta da recadación polos padróns de IBI, IVTM e IAE de cada exercicio dos tributos que se deleguen, con periodicidade mensual a partir do mes de xaneiro e ata a liquidación definitiva do correspondente padrón e como máximo en 10 mensualidades. O importe a anticipar calcúlase sobre o 100% da recadación do exercicio inmediatamente anterior polos tributos anteriormente citados”. Á vista do sinalado, tomarase como base de cálculo as recadacións obtidas en período voluntario de cobro durante 2015 dos impostos IBI (Imposto de bens inmobles de natureza urbana e de características especiais), IAE (Imposto de actividades económicas) e IVTM (Imposto de vehículos de tracción mecánica), dividindo en doce partes o 100% recadado de cada concepto e para cada un dos concellos que teñen delegado na Deputación os impostos mencionados. Segundo a información de detalle que se achega nos anexos que acompañan esta proposta, o resultado do cálculo para os anticipos mensuais de 2016 á conta das recadacións definitivas dos impostos mencionados é como segue: ANTICIPOS xaneiro-xullo O importe total de cada mensualidade de xaneiro a xullo ascenderá a 5.952.347,90€ para os impostos IBI (urbana e de características especiais), IAE e IVTM. O total a anticipar durante este período alcanzará 41.666.435,30€. ANTICIPOS agosto-outubro Finalizado o período voluntario de cobro do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica e practicada a correspondente liquidación, minorarase a contía mensual no importe referido ó anticipo de IVTM a partires do mes de agosto, resultando entregas mensuais unicamente polos conceptos de IBI (urbana e de características especiais) e IAE. Para o mes de agosto e seguintes, ata como máximo o mes de outubro, os anticipos ascenderán mensualmente a 4.873.974,37€, sendo o acumulado total previsto para este período 14.621.923,11€. A partires do mes de outubro xa non se practicarán máis anticipos pero os concellos poderán solicitar expresamente entregas parciais da recadación provisional existente de IBI e IAE ata o momento da liquidación definitiva dos padróns, detraídos xa os anticipos efectuados. O montante total previsto anticipar ós concellos durante todo o exercicio 2016 ascenderá a 56.288.358,41€ co seguinte detalle: 2015 2016 % incremento XANEIRO – XULLO 40.438.370,53 41.666.435,30 3,04% AGOSTO – OUTUBRO 14.169.188,41 14.621.923,11 3,20% TOTAL ANTICIPOS 54.607.558,94 56.288.358,41 3,08% A situación de dependencia doutras administracións, que desenvolven a xestión censual destes impostos, implica un certo grao de incertidumbre de cara a evaluar con antelación e exactitude os padróns municipais que xestionará a Deputación no vindeiro ano. As modificacións producidas coa incorporación de novas altas ou regularizacións nos padróns de IBI para o ano 2016 ou, no seu caso, variacións censuais no IAE poderían modificar o cálculo de anticipos en maior ou menor importe. Ademais, no ano 2016 deixará de aplicarse o incremento nos tipos de gravame derivado do RD Lei 20/2011, de 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público. Isto implicará unha minoración no tipo de gravame a aplicar nas bases impoñibles en aqueles concellos que manteñan o tipo aplicable no ano 2011 e consecuentemente unha baixada nas cotas tributarias a recadar. Tamén con respecto ó IBI, a entrada en vigor da Lei 13/2015, de 24 de xuño, de reforma da lei hipotecaria e do texto refundido da lei de catastro inmobiliario, implica un novo tratamento dos solos urbanizables, variable en función da existencia ou non dun instrumento urbanístico de desenvolvemento (plan parcial, plan sectorial ou figura equivalente). Os solos urbanizables sen ordenación detallada pasarán a tributar como rústica, e os urbanizables con ordenación detallada pero sen proxecto de urbanización tributará como IBI urbana pero cunha valoración inferior adaptada ós prezos de mercado inmobiliario. Derivado de todos estes condicionantes, singularizados para o ano 2016, a Deputación, unha vez recibida e procesada a información censual procedente da AEAT e da xerencia do Catastro, deberá revisar o cálculo destes anticipos e, se procede, facer unha nova proposta reflectindo as variacións en máis ou en menos detectadas. En virtude do exposto, o Pleno acorda, por unanimidade, o seguinte: 1.- Aceptar a proposta sobre os anticipos ordinarios de recadación mensuais ós concellos para o exercicio 2016 coa desagregación e distribución que se achega na documentación e anexos que se acompañan, tendo en conta as variables estimadas para o seu cálculo. Os importes mensuais individualizados por concellos, son os que se indican: CONCELLOS ANTICIPOS XANEIRO-XULLO ANTICIPOS AGOSTO-OUTUBRO TOTAL ANUAL ARBO 294.795,06 105.055,05 399.850,11 BARRO 365.943,41 114.899,34 480.842,75 BAIONA 1.831.766,16 684.645,24 2.516.411,40 CALDAS DE REIS 1.083.101,18 367.465,41 1.450.566,59 CAMBADOS 1.107.407,35 349.190,22 1.456.597,57 CAMPO LAMEIRO 179.247,67 57.162,06 236.409,73 CANGAS 1.667.734,53 714.743,37 2.382.477,90 CAÑIZA (A) 548.627,52 201.885,03 750.512,55 CATOIRA 346.441,69 119.101,35 465.543,04 CERDEDO 133.796,88 43.670,85 177.467,73 COTOBADE 290.911,25 85.808,13 376.719,38 COVELO (O) 324.859,64 118.387,47 443.247,11 CRECENTE 129.829,63 40.508,40 170.338,03 CUNTIS 339.504,13 104.818,89 444.323,02 DOZÓN 70.223,09 20.807,94 91.031,03 ESTRADA (A) 1.761.847,29 551.118,06 2.312.965,35 AGOLADA 212.033,92 70.658,58 282.692,50 GONDOMAR 1.578.934,98 558.377,55 2.137.312,53 LALÍN 2.552.204,76 926.074,14 3.478.278,90 LAMA (A) 219.758,77 74.561,70 294.320,47 MEAÑO 462.894,74 152.107,20 615.001,94 MEIS 442.572,27 135.034,86 577.607,13 MOAÑA 1.573.164,46 523.544,34 2.096.708,80 MONDARIZ 398.312,81 125.865,57 524.178,38 MONDARIZ-BALNEARIO 126.421,82 48.394,68 174.816,50 MORAÑA 359.798,11 119.739,12 479.537,23 MOS 1.017.616,18 436.121,22 1.453.737,40 NEVES (AS) 276.933,79 80.400,06 357.333,85 NIGRÁN 2.258.075,40 967.746,60 3.225.822,00 OIA 154.271,18 41.734,44 196.005,62 PAZOS DE BORBÉN 217.732,06 68.059,65 285.791,71 PORRIÑO 2.676.810,01 983.867,64 3.660.677,65 PORTAS 171.041,50 41.679,93 212.721,43 POIO 1.809.246,88 647.368,47 2.456.615,35 PONTEAREAS 1.958.275,27 616.345,89 2.574.621,16 PONTE-CALDELAS 518.701,47 174.334,17 693.035,64 PONTECESURES 351.846,04 128.889,87 480.735,91 RIBADUMIA 552.575,73 194.611,50 747.187,23 RODEIRO 294.912,73 99.344,82 394.257,55 ROSAL (O) 519.656,27 167.106,27 686.762,54 SALCEDA DE CASELAS 643.440,98 197.918,19 841.359,17 SALVATERRA DE MIÑO 806.902,67 257.437,08 1.064.339,75 SANXENXO 3.336.516,19 1.283.776,89 4.620.293,08 SILLEDA 832.064,94 263.504,46 1.095.569,40 SOUTOMAIOR 416.724,35 127.454,40 544.178,75 TOMIÑO 1.218.310,59 410.096,52 1.628.407,11 TUI 1.246.688,52 383.461,41 1.630.149,93 VALGA 366.830,03 108.797,31 475.627,34 VILABOA 244.385,89 104.736,81 349.122,70 VILA DE CRUCES 548.331,56 175.190,82 723.522,38 VILANOVA DE AROUSA 826.411,95 248.314,14 1.074.726,09 TOTAL 41.666.435,30 14.621.923,11 56.288.358,41 No caso de que as recadacións definitivas en período voluntario non resultaran suficientes para compensar o anticipado, detraerase o exceso na liquidación de executiva e liquidacións directas inmediatamente posterior. 2.- Co fin de axilizar a operatividade e inmediatez debida na colaboración ó financiamento mensual dos concellos, autorízase á Presidencia, previo informe da Tesourería, a: a) Se durante o ano 2016 se aceptasen novas delegacións de impostos, non incluídas no cálculo destes anticipos, autorizar o incremento proporcional no importe correspondente a cada concello e imposto incorporado. b) Unha vez recibida e procesada a información censual do 2016 procedente da AEAT e da xerencia do Catastro, e revisados os cálculos, farase nova proposta cos incrementos ou diminucións correspondentes. c) Autorizar o incremento nos anticipos relativos ó IBI para aqueles concellos que xustifiquen a incorporación no padrón de 2016 de novas altas e consecuentemente incrementos previsibles na recadación. A Presidencia informará das resolucións adoptadas na Comisión de Economía e Pleno que se celebren inmediatamente despois. 6.6716.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FGAMP) E AS DEPUTACIÓNS PROVINCIAIS EN MATERIA DE EMERXENCIAS E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS PARA A CREACIÓN E IMPLANTACIÓN DOS GRUPOS DE EMERXENCIA SUPRAMUNICIPAIS (GES) Sra. Presidenta.- No punto 6. Aprobación do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FGAMP) e as deputacións provinciais en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais para a creación e implantación dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES). ¿Observacións?. ¿Queda aprobado por unanimidade?. Apróbase por unanimidade. Visto o informe-proposta do Xefe do Servizo de Asistencia Intermunicipal, de data 12 de xaneiro de 2016, que é do seguinte teor literal: “O técnico que subscribe, en uso das competencias que ten asignadas e de acordo co disposto no artigo 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, eleva a seguinte proposta: OBXECTO A presente proposta, de carácter administrativo, ten por obxecto emitir unha declaración de xuízo sobre a idoneidade de renovar o Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Deputación de Pontevedra, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos grupos de emerxencia supramunicipais. ANTECEDENTES DE FEITO Primeiro. O Pleno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria celebrada o día 31 de maio do ano 2013, aprobou o Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), e as Deputacións Provinciais, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos grupos de emerxencia supramunicipais, GES. Segundo. Con data 9 de xaneiro de 2014, apróbase por Resolución Presidencial (núm. 2014000390), unha Addenda ó citado convenio de colaboración motivada pola supresión dos grupos de emerxencias previstos inicialmente para os concellos de Pontecaldelas e Redondela e a creación dun novo grupo no concello de Valga, de xeito que a aportación da Deputación para o financiamento dos GES pasaba dos 316.666,60 € previstos inicialmente ós 266.666,60 € establecidos en dita addenda. O Convenio actual, xunto á súa addenda, teñen un período de vixencia dende o ano 2013 ata o ano 2015. Terceiro. O 8 de xaneiro de 2016 ten entrada no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (nº de rexistro 2016001010) escrito da Consellería do Medio Rural a través do cal remiten o documento denominado “Addenda de modificación do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as Deputacións Provinciais, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos grupos de emerxencia supramunicipal”, asinado por todas as partes o 29 de decembro de 2015, co fin de manter o obxecto e fins do Convenio ampliando o período de prestación dos servizos dados polo grupos de emerxencia supramunicipal (GES) durante tres anos máis (2016-2018). Cuarto. Sen embargo, dado que o Convenio orixinal tiña vixencia ata o 31 de decembro de 2015, faise necesario tramitar un novo expediente administrativo para a aprobación da renovación do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as Deputacións Provinciais, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos grupos de emerxencia supramunicipal, xa que logo na addenda remitida pola Consellería de Medio Rural intégranse as distintas modificacións operadas no Convenio orixinal nun texto refundido que substitúe ós anteriores e que debe ser obxecto de aprobación. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da LBRL e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia, os municipios deberán prestar á súa cidadanía os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños, entre os que se atopan a seguridade en lugares públicos e a protección civil e extinción de incendios, polo que teñen necesidade de contar con medios para poder facer fronte ás súas competencias, compartidas e concorrentes, en materia de protección civil e emerxencias. Nesta mesma liña, a Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia no seu artigo 1.2 define a protección civil como “un servizo público esencial organizado nun sistema integrado de actuación para lles facer fronte ós riscos ordinarios e a riscos graves coa participación das distintas administracións públicas, baixo a coordinación e a dirección da Xunta de Galicia e coa colaboración cidadá.” E coa mesma consideración, a Constitución Española, o Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei 2/1985 de protección civil e as sentenzas 123/1984, do 18 de decembro, e 133/1990, do 19 de xullo, do Tribunal Constitucional coinciden no carácter de servizo público esencial deste servizo. Segundo. En relación co anterior, as Deputacións Provinciais, en canto órganos de goberno da Provincia, deben prestar asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica ós concellos, para garantir a prestación integral e adecuada dos servizos públicos, no territorio da súa competencia, e, en particular, participar na coordinación da administración local coa da Comunidade Autónoma co fin de garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipal. Neste sentido o artigo 36.1.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LBRL) establece como competencia propia das Deputacións a prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal e, no seu caso, supracomarcal e o fomento ou, no seu caso, coordinación da prestación unificada de servizos dos municipios do seu respectivo ámbito territorial. En particular, asumirá a prestación dos servizos de prevención e extinción de incendios nos municipios de menos de 20.000 habitantes, cando estes non procedan a súa prestación. Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 26 da Lei 5/ 2007, do 7 de maio, de Emerxencias de Galicia, as Deputacións exercerán as súas competencias en materia de protección civil e xestión de emerxencias de acordo co previsto nesa lei, na lexislación galega de réxime local e na normativa estatal aplicable, correspondendo a estes garantir a prestación do servizo de protección civil e xestión de emerxencias, incluídos os servizos contra incendios e de salvamento, naqueles municipios que non conten con servizos propios, por non resultaren obrigados ou por teren obtida a dispensa deles. Terceiro. Pola súa banda, conforme ó disposto no artigo 23 do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se aproban as medidas de coordinación da protección civil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, (DOG nº 62, do 29 de marzo de 2000), modificado polo Decreto 109/2004, do 27 de maio (DOG nº 108, do 7 de xuño de 2004) a Xunta de Galicia poderá establecer acordos, convenios e protocolos de colaboración e cooperación cos entes que integran a Administración local de Galicia para unha mellor e máis efectiva coordinación interadministrativa, tanto na fase preventiva coma na operativa, colaborando coa dotación de medios e recursos necesarios. Cuarto. Para dar cumprimento ó manifestado, a Xunta de Galicia e a FEGAMP acordaron a creación dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) que complementarán a atención das emerxencias e extinción de incendios forestais, xunto cos parques de bombeiros municipais e os parques de bombeiros comarcais, de forma que cubrirán zonas desprovistas de servizos de emerxencia, co ámbito de atención superior ó municipal, sen que os límites administrativos das provincias supoñan cortapisas á hora de intervir en zonas perimetrais as sedes de localización dos ditos grupos. Do mesmo xeito, ditos grupos participarán en labores de prevención de incendios.Ordinariamente os GES desenvolverán as súas funcións no ámbito de actuación adscrito ós mesmos, e soamente con carácter excepcional e debidamente xustificado, realizarán as súas tarefas fóra do ámbito territorial que se lles foi asignado. Quinto. Na provincia de Pontevedra o ámbito de actuación e cobertura a nivel provincial dos GES é a seguinte (en negriña concello sede): Zona Manc.Val Miñor Zona Baixo Miño Zona Ponteareas Zona Valga Subzona 1 Tabeiros Terra de Montes Subzona 2 Deza Zona Sanxenxo Baiona A Guarda Ponteareas Valga A Estrada Lalín Sanxenxo Gondomar O Rosal A Cañiza Pontecesures Campo Lameiro Vila de Cruces O Grove Nigrán Oia Arbo Catoira Cerdedo Agolada Meaño Tomiño As Neves Caldas de Reis Cuntis Rodeiro Poio Crecente Portas Forcarei Dozón Mondariz Balneario Teo Mondariz Vedra Salvaterra de Miño Moraña Ó igual que no anterior Convenio, dos grupos da provincia de Pontevedra tres están formados por 12 membros (A Guarda, Valga e Val Miñor), un (A Estrada/Lalín) con 16 membros (10/6) e dous aproveitarán os servizos municipais existentes (Ponteareas/Sanxenxo). Segundo o establecido na cláusula novena do Convenio, o custo dos GES de 12 membros é de 169.000,00 euros cada un, o de 16 membros ten un custo de 252.333,00 euros e os dos servizos municipais 125.000,00 euros cada un, incluída nesa cantidade o reparto dos custos da prevención de incendios. Tendo en conta o mapa dos GES da provincia de Pontevedra a aportación da Deputación, ó igual que no anterior Convenio, sería a seguinte: Concello Membros GES Custo total GES Achega Deputación A Estrada 10 252.333,00 € 66.666,60 € Lalín 6 A Guarda 12 169.000,00 € 50.000,00 € Mancomunidade Val Miñor 12 169.000,00 € 50.000,00 € Valga 12 169.000,00 € 50.000,00 € Ponteareas Serv. Municipal 125.000,00 € 25.000,00 € Sanxenxo Serv. Municipal 125.000,00 € 25.000,00 € TOTAL 266.666,60 € Sexto. En canto á periodicidade das aportacións e co fin de dotar de liquidez ós Concellos, o Convenio establece que no 2016 a Deputación realizará un adianto do 50% da súa achega no momento da sinatura do Convenio, o 25% no mes de setembro e o restante 25% no momento final de xustificación; nas vindeiras anualidades o 50% no primeiro trimestre do exercicio correspondente, o 25% no mes de setembro e o restante no momento final segundo o seguinte detalle: CONCELLO SEDE APORTACIÓN DEPUTA-CIÓN POR ANO ACHEGA DO 50% NO 1ER TRIMESTRE ACHEGA DO 25 % NO MES DE SETEMBRO ACHEGA DO 25 % RESTANTE NO MOMENTO FINAL DE XUSTIFICACIÓN Mancomunidade do Val Miñor 50.000 € 25.000 € 12.500 € 12.500 € A Guarda 50.000 € 25.000 € 12.500 € 12.500 € Valga 50.000 € 25.000 € 12.500 € 12.500 € A Estrada 41.666,60 € 20.833,30 € 10.416,65 € 10.416,65 € Lalín 25.000 € 12.500 € 6.250 € 6.250 € Sanxenxo 25.000 € 12.500 € 6.250 € 6.250 € Ponteareas 25.000 €- 12.500 € 6.250 € 6.250 € TOTAL 266.666,60 € 133.333,30 € 66.666,65 € 66.666,65 € No caso da Deputación de Pontevedra estas cantidades serán aboadas á FEGAMP como entidade colaboradora a diferenza co anterior Convenio no que as cantidades ingresábanse directamente ós Concellos sede. Sétimo. O Convenio obxecto de informe estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2018. Ó termo de cada anualidade calquera das partes poderá denunciar o convenio cunha antelación mínima dun mes. Oitavo. O financiamento das aportacións que no ano 2016 lle corresponden á Deputación Provincial de Pontevedra farase con cargo á aplicación 16/923.1360.462.05 do vixente Orzamento Provincial. Para as anualidades 2017 e 2018 este compromiso subordinarase ó crédito que para cada exercicio se consigne nos respectivos orzamentos. CONCLUSIÓN Á vista do exposto proponse a renovación do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Deputación de Pontevedra, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos grupos de emerxencia supramunicipais”. Visto o informe xurídico da Secretaría Xeral, de data 18 de xaneiro de 2016, favorable á tramitación da renovación do Convenio, e o informe da Intervención Xeral, de data 20 de xaneiro de 2016, no que se fan unha serie de observacións e se reflicte que na aplicación 16/923.1360.462.05 do vixente Orzamento Provincial existe crédito suficiente para facer fronte ás aportacións que no ano 2016 (266.666,60 euros) lle corresponden á Deputación Provincial de Pontevedra; e que as anualidades de 2017 e 2018 contabilizaranse con cargo ás aplicacións correspondentes dos seus respectivos orzamentos, quedando condicionadas á aprobación dos mesmos. Visto, así mesmo, o ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación adoptado na sesión celebrada o 22 de xaneiro de 2016. Por todo o exposto, sendo o Pleno o órgano competente para aprobar o presente Convenio en aplicación das bases aprobadas para a execución do orzamento acórdase, por unanimidade, aprobar o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Deputación de Pontevedra, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos grupos de emerxencia supramunicipais. Así mesmo facúltase á Presidenta da Deputación de Pontevedra para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura e para a aprobación de cantos outros documentos garden relación co mesmo. O texto do Convenio é o seguinte: “ADDENDA DE MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS E AS DEPUTACIÓNS PROVINCIAIS, EN MATERIA DE EMERXENCIAS E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, PARA A CREACIÓN E IMPLANTACIÓN DOS GRUPOS DE EMERXENCIA SUPRAMUNICIPAIS. Santiago de Compostela, REUNIDOS Pola Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira do Medio Rural, en exercicio das atribucións conferidas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia. Pola Deputación Provincial da Coruña, o seu presidente, Valentín González Formoso, que actúa en nome e representación daquela, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 106 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia e concordantes da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Pola Deputación Provincial de Lugo, o seu presidente, Darío Campos Conde, que actúa en nome e representación daquela, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 106 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia e concordantes da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Pola Deputación Provincial de Ourense, o seu presidente, José Manuel Baltar Blanco, que actúa en nome e representación daquela, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 106 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia e concordantes da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, a súa presidenta, María del Carmen Silva Rego, que actúa en nome e representación daquela, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 106 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia e concordantes da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Pola Federación Galega de Municipios e Provincias, o seu presidente, Alfredo L. García Rodríguez, que actúa en nome e representación daquela, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 46.1º.b) dos seus estatutos. Todos os intervenientes actúan coa representación que legal e regulamentariamente teñen conferida. EXPOÑEN PRIMEIRO.- O día 10 de maio de 2013 o Consello da Xunta de Galicia autorizou a subscrición do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (en adiante FEGAMP) e as deputacións provinciais, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos grupos de emerxencia supramunicipais, que contén unha autorización de gasto de carácter plurianual, abranguendo dende o ano 2013 ata o ano 2015. O día 13 de maio de 2013 asinouse polas partes o referido convenio de colaboración, que ten por obxecto a colaboración das distintas institucións participantes en orde a completar o mapa de emerxencias de Galicia mediante a implantación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), como grupos operativos en emerxencias de ámbito supramunicipal, para a realización das funcións previstas na cláusula terceira do propio convenio. SEGUNDO.- O día 3 de decembro de 2013 asinouse unha primeira addenda ó devandito convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e as deputacións provinciais, co obxecto de introducir algunhas modificacións ó clausurado. No convenio establecíase a creación de 25 grupos de emerxencias supramunicipais e completábase a nova rede de emerxencias cos servizos municipais de Ponteareas, Sanxenxo e Terras de Celanova. En virtude da citada addenda e logo da renuncia á creación do seu respectivo grupo presentada polos concellos de Ponte Caldelas e Redondela en Pontevedra e de Baños de Molgas en Ourense, pretendeuse a constitución doutros tres grupos que virían a substituír ós citados. Estes novos grupos son os dos concellos de Valga en Pontevedra e de Maceda e Pereiro de Aguiar en Ourense. Os GES de Valga e de Pereiro de Aguiar constituíronse e están en funcionamento. O Concello de Maceda non foi capaz de constituír o seu GES polo que foi necesaria e conveniente unha nova reestruturación do ámbito de actuación e cobertura dos GES que posibilite a aplicación dos recursos públicos destinados a este fin e dar servizo ás zonas que o precisan. TERCEIRO.- Como consecuencia da non constitución do GES Maceda tramitouse unha segunda addenda, incluíndose a compartimentación do GES da Gudiña, mediante o establecemento dunha subsede en Laza, e o aumento do número de efectivos totais deste GES que pasaba dos 12 membros a 18 membros, polo incremento de 6 efectivos máis con base en Laza. E ampliábanse en 3 novos efectivos os grupos de Ribadavia/Avión e Lobios/Muíños ata acadar os 19 compoñentes. Así mesmo, procedeuse a detallar o financiamento dos servizos municipais, para aclarar a distribución das achegas que deben realizar a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, cada un dos concellos sede ou subsede e, de ser o caso, a respectiva deputación provincial, así como a natureza e distribución dos gastos de funcionamento dos GES que financia a Dirección Xeral de Administración Local. CUARTO.- O convenio actual, xunto ás súas addendas, ten un período de vixencia dende o ano 2013 ata o ano 2015. Xa que dito convenio remata o 31/12/2015, enténdese necesario tramitar a presente addenda ó fin de manter o obxecto e fins da súa sinatura ampliando o período de prestación de servizo dado polos grupos de emerxencia supramunicipal (GES) outros tres anos (2016-2018), prorrogando así o período do actual convenio. Doutra banda e como consecuencia da experiencia acadada na execución do convenio introdúcense determinadas modificacións co gallo esencial de ampliar os terreos onde se pode actuar así como o repertorio de posibles actuacións en materia de prevención de incendios facendo máis eficaz este labor e, en adición, modifícase o reparto dos fondos dedicados a prevención contra incendios, toda vez que o GES Maceda non se constituíu finalmente. Esencialmente proponse introducir as seguintes modificacións: • Variación no reparto dos fondos dedicados á prevención contra incendios establecendo unha axuda máxima de 81.000 € ano/GES tal como estaba, pero excepciónanse os GES Laza/A Gudiña (121.500 €) o GES Avión/Ribadavia e GES Lobios/Muíños (101.250 €) con contías máximas diferentes (que se introducen no anexo IV). • Amplíanse as actuacións elixibles en materia de prevención contra incendios, tanto na superficie obxecto de actuación como nas posibles actividades, onde xuntamente ós desbroces preventivos actuais, se inclúe a investigación da propiedade e valoración in situ da biomasa forestal das redes secundarias de faixas de biomasa así como a eliminación e retirada de niños de avespa asiática (Vespa velutina) ( cláusula quinta do convenio). • Simplifícase a redacción de determinadas cláusulas do convenio orixinario, así como a súa orde cara a facilitar a súa aplicación. • Introdúcense determinadas esixencias derivadas da aprobación dun novo PDR 2014/2020 por decisión de execución da Comisión C (2015) 8144 do 18 de novembro de 2015 no que toca ás exixencias formais e materiais (publicidades, porcentaxe de participación, programa de actuacións preventivas, contabilidade, custes de referencia, plan de controis). Polas razóns expostas considérase necesario tramitar unha nova addenda ó convenio que incorpore as modificacións aludidas. Ó respecto e co fin de evitar as dúbidas de interpretación que puideran derivarse da dispersión de textos do convenio e das sucesivas addendas óptase por integrar as modificacións a realizar mediante esta addenda, xunto ás anteriores addendas nun texto refundido do convenio que substitúe ós anteriores de forma que o seu clausulado pasa a ser o que segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS E AS DEPUTACIÓNS PROVINCIAIS, EN MATERIA DE EMERXENCIAS E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, PARA A CREACIÓN E IMPLANTACIÓN DOS GRUPOS DE EMERXENCIA SUPRAMUNICIPAIS. PRIMEIRO.-Que entre as competencias que, no que toca ás relacións coas entidades locais galegas, corresponden á Xunta de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 194 e 195 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, está a de cooperación e colaboración, podéndose levar a cabo mediante a subscrición de convenios. Así mesmo a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza conforme ó disposto no Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia e o Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, é o departamento encargado de xestionar as competencias que en materia de protección civil e emerxencias ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia, e máis especificamente a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior encadrada na súa estrutura. Pola súa parte a Consellería do Medio Rural, conforme o disposto no Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a súa estrutura orgánica, é o departamento encargado de xestionar as competencias inherentes ás medidas de prevención e defensa contra os incendios forestais. SEGUNDO.- Ás deputacións provinciais, como órgano de goberno da Provincia, correspóndelle a asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica ós concellos, para garantir a prestación integral e adecuada dos servizos públicos, no territorio da súa competencia, e, en particular, participar na coordinación da administración local coa da Comunidade Autónoma co fin de garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipal. Así mesmo, de acordo co previsto na Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, os órganos de goberno provinciais exercerán as súas competencias en materia de protección civil e xestión de emerxencias de acordo co previsto nesta lei, na lexislación galega de réxime local e na normativa estatal aplicable, correspondendo a estes, garantir a prestación do servizo de protección civil e xestión de emerxencias, incluídos os servizos contra incendios e de salvamento, naqueles municipios que non conten con servizos propios, por non resultaren obrigados ou por teren obtida a dispensa deles. TERCEIRO.- Entre os fins da FEGAMP, de acordo co establecido no artigo 2 dos seus Estatutos, figura a representación e defensa das actividades locais, a promoción das competencias locais e calquera outro fin que afecte ou incida de xeito directo ou indirecto nos seus asociados. Con esta finalidade goza de plena capacidade para subscribir convenios e contraer compromisos e obrigas segundo o artigo 8 dos seus Estatutos. Que conforme ó disposto no artigo 23 do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se aproban as medidas de coordinación da protección civil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, (DOG núm. 62, do 29 de marzo de 2000), modificado polo Decreto 109/2004, do 27 de maio (DOG núm.108, do 7 de xuño de 2004) a Xunta de Galicia poderá establecer acordos, convenios e protocolos de colaboración e cooperación cos entes que integran a Administración local de Galicia para unha mellor e máis efectiva coordinación interadministrativa, tanto na fase preventiva coma na operativa, colaborando coa dotación de medios e recursos necesarios. CUARTO.- Que, segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, os municipios deberán prestar á súa cidadanía os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños, entre os que se atopan a seguridade en lugares públicos e a protección civil e extinción de incendios, polo que teñen necesidade de contar con medios para poder facer fronte ás súas competencias, compartidas e concorrentes, en materia de protección civil e emerxencias. Nesta mesma liña, a Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia no seu artigo 1.2 define a protección civil como “un servizo público esencial organizado nun sistema integrado de actuación para lles facer fronte ós riscos ordinarios e a riscos graves coa participación das distintas administracións públicas, baixo a coordinación e a dirección da Xunta de Galicia e coa colaboración cidadá.” E coa mesma consideración, a Constitución Española, o Estatuto de autonomía de Galicia e a Lei 17/2015, de 9 de xullo, do sistema nacional de protección civil coinciden no carácter de servizo público esencial deste servizo. QUINTO.- Por outra parte, os incendios forestais son unha ameaza que afecta hoxe en día, de xeito xeral, non só ó patrimonio forestal público e privado (tanto montes de particulares, montes veciñais en man común e montes de varas), senón tamén ós recursos naturais e ó mantemento e desenvolvemento da actividade humana no medio rural. Cómpre, pois, un enfoque global na actuación preventiva ante os incendios forestais, de xeito que as medidas que se implementen abrangan todo o territorio aínda que, para unha maior eficacia do uso dos recursos, hai que priorizar as zonas clasificadas polo Goberno galego como de alto risco de acordo cos seus plans de prevención e defensa contra incendios forestais. A ditos efectos, cómpre lembrar que todos os concellos de Galicia, segundo o disposto na Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal, están declarados de alto ou medio risco de incendio, polo que poden ser obxecto de financiamento con FEADER. SEXTO.- As accións en materia prevención dos danos causados ós bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes son accións previstas pola normativa europea de axuda ó desenvolvemento rural. En concreto están previstas nas seguintes normas: • Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013 polo que se establecen disposicións comúns relativas ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ó Fondo Social Europeo, ó Fondo de Cohesión, ó Fondo Europeo Agrícola de desenvolvemento Rural e ó Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ó Fondo Social Europeo, ó Fondo de Cohesión e ó Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello. • Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ó desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). • Regulamento (UE) núm. 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013 sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os Regulamentos (CE) n.º 352/78, (CE) n.º 165/94, (CE) núm. 2799/98, (CE) núm. 814/2000, (CE) núm. 1290/2005 e (CE) núm. 485/2008 do Consello. • Regulamento de execución (UE) núm. 809/2014 da Comisión do 17 de xullo de 2014 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ó sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade. SÉTIMO.- Que para dar cumprimento ó manifestado, a Xunta de Galicia e a FEGAMP acordan apoiar o funcionamento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) que complementarán a atención das emerxencias e extinción de incendios forestais, xunto cos parques de bombeiros municipais e os parques de bombeiros comarcais, de forma que cubrirán zonas desprovistas de servizos de emerxencia, cun ámbito de actuación superior ó municipal, sen que os límites administrativos das provincias supoñan molestias á hora de intervir en zonas perimetrais ás sedes de localización dos ditos grupos. Do mesmo xeito, ditos grupos participarán en labores de prevención de incendios. Ordinariamente os GES desenvolverán as súas funcións no ámbito de actuación adscrito ós mesmos, e soamente con carácter excepcional e debidamente xustificado, realizarán as súas tarefas fóra do ámbito territorial que lles foi asignado. Que coa finalidade de simplificar e axilizar as tramitacións administrativas necesarias para alcanzar a colaboración pretendida, asínase este convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e a Consellería do Medio Rural; as Deputacións Provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e a FEGAMP. Ó abeiro do anteriormente exposto, as partes asinantes coincidindo en que a iniciativa obxecto de colaboración é de común interese para ambas e harmoniza cos fins dunhas e outras asinan o presente convenio, que se rexera polas seguintes CLÁUSULAS: PRIMEIRA.- OBXECTO. O presente convenio ten por obxecto colaborar para completar o mapa de emerxencias de Galicia mediante a implantación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), como grupos operativos en emerxencias de ámbito supramunicipal. SEGUNDA.- LOCALIZACIÓN. Os Grupos de Emerxencias Supramunicipais sitúanse estratexicamente en 24 localidades, que por ter carácter supramunicipal permiten ofrecer cobertura, xunto cos demais servizos de emerxencia, a un total do 90-97% da poboación. Os criterios determinantes da distribución dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais foron: • A non existencia de Servizo contra incendios e salvamento, xa sexa comarcal ou municipal. • Poboación atendida, xa que existen zonas de alta concentración de poboación con mala ou nula cobertura actual por parte dos servizos contra incendios e salvamento. • Distribución uniforme. • Preferencia daquelas mancomunidades ou consorcios de concellos con prestación mancomunada no campo da protección civil. • Localizacións en zonas de montaña, con moi mala accesibilidade, onde os dispositivos de Protección Civil teñen tempos de chegada máis alongados. • Localizacións en zonas con riscos potenciais. • Situación estratéxica en canto a vías de comunicación, co fin de axilizar o proceso de despregue e intervención nas emerxencias. • A existencia de medios e recursos municipais e estrutura organizativa de emerxencias e con experiencia e recursos humanos con formación en emerxencias. TERCEIRA.- COMPOSICIÓN. Con carácter xeral cada GES estará composto por 12 efectivos. Naqueles casos en que o GES teña unha base compartida, poderá estar integrado por 16, 18 ou 19 efectivos. En todos os casos, cada GES contará cunha estrutura profesionalizada e de carácter permanente, que dea cobertura a toda a zona de actuación do grupo conforme ó Anexo I, no que se recolle tamén a súa sede. Cada GES contará cos medios materiais que se especifican no anexo III. No tocante á selección, formación e operatividade dos compoñentes destes grupos estarase ó disposto no Anexo VII. CUARTA.- FUNCIÓNS DOS GRUPOS DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS. Os GES poderán exercer as seguintes funcións: • Intervir en incendios forestais e urbanos no ámbito territorial da súa demarcación. No caso de que na súa demarcación exista parque comarcal de bombeiros, a actuación en incendios urbanos realizarase de xeito coordinado con este. • Definir redes de faixas de xestión da biomasa de prevención e defensa contra os incendios forestais. • Investigar a propiedade das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa forestal en aplicación da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. • Prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, para crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal, mediante rozas en terreos forestais ou de influencia forestal da titularidade dos concellos ou de propietario descoñecido e perímetros e parcelas declaradas como abandonadas segundo a Lei 6/2011. • Realizar actuacións de prevención de pragas, entre elas de prevención da praga da avespa velutina, tales como control e retirada de niños, entre outras actuacións que contribúan á súa prevención. • Intervir en situación de risco e de emerxencia para manter a rede de estradas, e sen ser responsables do seu mantemento, mediante a súa limpeza e retirada de obxectos, especialmente no caso de accidente, utilizando para elo os materiais e medios que se requiran. A responsabilidade derivada das reclamacións patrimoniais que poidan xurdir, será da administración titular da vía na que se produza o sinistro. • Intervir en situacións derivadas de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos, derrubamentos, corrementos de terra, situacións de seca, así como actividades de prevención e control fronte a pragas e doenzas forestais. • Colaborar, e no seu caso, intervir en situacións derivadas de riscos inducidos polo home. • Colaborar coas autoridades competentes en materia de protección civil en casos de aglomeracións de persoas en lugares e momentos determinados. As actuacións serán obxectivamente analizadas polo concello sede. • Colaborar e apoio en calquera situación que implique riscos para persoas, bens ou medio ambiente. • Colaborar nas funcións correspondentes dos grupos de acción establecidos nos plans de emerxencia municipal (PEMUS), plans de actuación municipal (PAM), e nos diferentes plans de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, previstos na normativa legal vixente. • Realizar actividades e, no seu caso, establecer medidas preventivas que diminúan ou minimicen as situacións de riscos indicados nos apartados anteriores. • Calquera outra en materia de protección civil, emerxencias e medio ambiente, servizos sociais, sanidade, culturais, educativos e deportivos. QUINTA.- ACTUACIÓNS DOS GES EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS. O abano de actuacións subvencionables que serán obxecto de axuda consonte ó PDR do 2014-2020, aprobado por Decisión de Execución da Comisión C (2015) 8144 do 18 de novembro de 2015, pódense agrupar en: • Submedida 8.3 do PDR Medidas preventivas contra incendios forestais, onde se inclúe a redacción de estudos e proxectos relacionados con esta necesaria prevención así como prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, para crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal • Submedida 8.4 do PDR Restauración do dano causado por incendios, desastres naturais e catástrofes, na que se inclúe a loita contra pragas e enfermidades. a) Actuacións de definición das redes de faixas de xestión da biomasa e investigación da propiedade e estado da biomasa (submedida 8.3), que poderá incluír: • Identificación das referencias catastrais ou códigos de parcela SIXPAC das parcelas incluídas nas redes de faixas secundarias de xestión da biomasa, así como da rede das pistas, vías, camiños, estradas e montes de titularidade municipal. • Investigación da propiedade das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa forestal e redacción de informe de xestión de biomasa consonte ó establecido na normativa autonómica de prevención de incendios forestais. b) Actuacións de silvicultura preventiva (submedida 8.3): Prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, para crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal, mediante rozas en terreos da titularidade municipal ou de propietario descoñecido. Para os efectos deste convenio as actuacións en materia de desbroces limitaranse a: • Vías e camiños forestais, áreas cortalumes ou nas súas faixas de xestión da biomasa de titularidade municipal. • Camiños reais e históricos. • Superficies sobre as cales a entidade local teña cesión de aproveitamento, uso e/ou desfrute realizada por parte das persoas responsables de acordo co artigo 21 ter da lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. • Superficies de propietario descoñecido, previa acreditación de dita condición. • Zonas de servidume de camiños e valgadas dentro das zonas de xestión de biomasa. c) Prevención do dano causado por pragas (submedida 8.3), mediante as actuacións de prevención da praga da avespa asiática (Vespa velutina) en terreos forestais ou zonas de influencia forestal tales como a eliminación de niños. Os prezos unitarios por actuación e o importe máximo a subvencionar por GES de prevención inclúense no Anexo IV. Os traballos a realizar deberán planificaranse previamente á súa execución, a través dun Programa de Actuacións Preventivas a presentar pola entidade local cos contidos recollidos no Anexo V. Elaborado o Programa de Actuacións Preventivas presentarase para a súa revisión no Distrito Forestal. Dada a natureza preventiva dos traballos contemplados na presente cláusula, farase unha inspección previa á iniciación da obra por persoal funcionario da Consellería do Medio Rural para verificar as superficies e a viabilidade dos traballos e emitirase un informe. De ser favorable o informe emitido, o Programa de Actuacións Preventivas será aprobado pola Comisión de Seguimento do GES. Unha vez que se aproba por dita Comisión o Programa de Actuacións Preventivas, a entidade local achegará unha comunicación de inicio dos mesmos ó Distrito Forestal. Con carácter xeral deberá terse en conta o disposto no Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ó desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). O beneficiario destas axudas serán os concellos sede que compoñen os GES (ver Anexo I). No caso de que o GES posúa dúas sedes, inicialmente farase un reparto paritario da axuda, pero en calquera caso dito reparto inicial poderá ser obxecto de modificación ó abeiro do Programa de Actuacións presentado así como na posterior xustificación dos traballos, pero en ningún caso excederá a axuda máxima por GES establecida no Anexo IV. En todo caso, son gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada neste convenio. En calquera caso estarase ó exposto no artigo 69.3 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, que recolle entre os custos non subvencionables a través dos fondos EIE, o Imposto sobre o Valor Engadido, excepto cando non sexa recuperable conforme á lexislación nacional sobre o IVE; SEXTA.- COORDINACIÓN DOS GES. Os GES dependerán tanto xurídica como organicamente do ente local polo que foron contratados, e en ningún caso os seus integrantes terán vínculo laboral coa Administración xeral da comunidade autónoma. Segundo as características da emerxencia ou actividade preventiva ou extintiva que realicen, os GES coordináranse tecnicamente cos servizos contra incendios, cos distritos forestais e/ou coa Central de atencións ás emerxencias 112-Galicia. A coordinación ordinaria dos GES corresponde ó concello no que se sitúe a base do grupo, tendo presente sempre o seu carácter supramunicipal. No caso de actuacións conxuntas en emerxencias de calquera tipo, cos efectivos dos parques de bombeiros comarcais, o mando e coordinación das mesmas, en cumprimento do principio de mando único, corresponde ó xefe da unidade do parque comarcal de bombeiros. O concello sede aportará unha instalación-base adecuada para a prestación do servizo de emerxencias. A Central de atención ás emerxencias 112-Galicia, conectará co grupo de emerxencia a través dun sistema remoto de xestión das emerxencias, cargando os programas informáticos no terminal dotado de liña de datos e de voz co que estará equipada a sede. SÉTIMA.- FINANCIACIÓN EN MATERIA DE PREVENCION DE INCENDIOS FORESTAIS. A Consellería do Medio Rural para a realización das actuacións en materia de prevención de incendios forestais aporta ó presente convenio dous millóns vinte e cinco mil euros (2.025.000,00€) para o ano 2016, dous millóns vinte e cinco mil euros (2.025.000,00€) para o ano 2017 e dous millóns vinte e cinco mil euros (2.025.000,00€) para o ano 2018, que serán cofinanciados con fondos FEADER, con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.551.B.760.0. A porcentaxe a subvencionar será do 100% do investimento elixible ou subvencionable, sometida a unha cofinanciación do 75% de fondo FEADER, dun 7,5 % pola Administración Xeral do Estado (AXE) e nun 17,50% pola Xunta de Galicia. Os gastos non elixibles serán soportados polo concello sede do GES. As actuacións e xustificación das mesmas realizarase consonte o Anexo V e VI. OITAVA.- FINANCIAMENTO DOS GES E SERVIZOS MUNICIPAIS EN MATERIA DE EMERXENCIAS E EXTINCION DE INCENDIOS FORESTAIS. 1-Os Grupos de emerxencias supramunicipais financiaranse polas seguintes partes asinantes do convenio: -A Xunta de Galicia, a través de Vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Medio Rural. -As deputacións provinciais. -Entidades locais que se adhiran a este convenio. 2- A contribución ó financiamento da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en materia de emerxencias fixase en: • Para o financiamento dos tres servizos municipais: trescentos mil euros (300.000,00€) para o ano 2016, trescentos mil (300.000,00 €) para o ano 2017 e trescentos mil (300.000,00 €) para o ano 2018, financiándose con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta cantidade será financiada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, con cargo á aplicación orzamentaria 05.25.212.A.460.1. • Para o financiamento dos GES e servizos municipais cinco centos sesenta mil euros (560.000,00 €) para o ano 2016, cincocentos sesenta mil euros (560.000,00 €) para o ano 2017 e cincocentos sesenta mil euros (560.000,00 €) para o ano 2018. Esta cantidade será financiada pola Dirección Xeral de Administración Local con cargo ás aplicacións orzamentarias 05.23.141.A.461.0 e 05.23.141.A.461.1. 3- A contribución ó financiamento da Consellería de do Medio Rural en materia de extinción de incendios fíxase en un millón oitocentos mil euros (1.800.000,00 €) para o ano 2016, un millón oitocentos mil euros (1.800.000,00 €) para o ano 2017 e un millón oitocentos mil euros (1.800.000,00 €) para o ano 2018, financiándose con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta cantidade será financiada pola Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.551.B.760.0. 4- A contribución ó financiamento por parte das entidades locais será efectuada directamente por cada entidade local ós traballadores contratados, con cargo ós seus respectivos orzamentos na contía que lle corresponde, segundo o anexo II ascende a un total de 1.374.995,51 €. 5- A contribución ó financiamento das deputacións é a que sigue: Deputación Composición grupos 12/16/18/19 GES Servizos municipais A Coruña 7/0/0/0 350.000,00 € - Lugo 7/0/0/0 350.000,00 € - Ourense 3/0/1/2 383.333,20 € 25.000,00 € Pontevedra 3/1/0/0 216.666,60 € 50.000,00 € TOTAL 1.374.999,80 € Este financiamento distribuirase da seguinte maneira: un adianto do 50% da achega no momento da sinatura do convenio, o 25% no mes de setembro e o restante 25% no momento final de xustificación. Nas vindeiras anualidades o 50% no primeiro trimestre do exercicio correspondente, o 25% no mes de setembro e o restante no momento final. Estas cantidades serán aboadas á Fegamp. Durante o primeiro ano de vixencia do convenio o financiamento correspondente prorratearase segundo á data da sinatura do convenio. NOVENA.- CUSTO EN MATERIA DE EMERXENCIAS E EXTINCIÓN DE INCENDIOS. Dos 24 Grupos de Emerxencias Supramunicipais, o custo dos GES de 12 membros é de 169.000,00 €, o custo de cada GES de 16 membros é de 252.333,00 €, o custo de cada GES de 18 é de 253.500,00 € e o custe de cada GES de 19 membros é de 294.583,00 €. Para completar a rede de emerxencias aproveitáronse os recursos dispoñibles dos servizos municipais de Ponteareas e Sanxenxo e o de Terras de Celanova, cun custo de 125.000,00 € ano cadanseu. O CUSTE TOTAL ANUAL do presente convenio é de: 5.409.999,00 €, fixándose os custes totais por GES no anexo II. DÉCIMA.- COMPROMISOS DAS PARTES. A) Pola Xunta de Galicia, a través de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería do Medio Rural, o compromiso é: • Financiamento: A Vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a do Medio Rural colaborarán no financiamento dos custos que se deriven da operatividade dos GES, cunha achega a ingresar na conta da FEGAMP como entidade colaboradora na sinatura deste convenio. • Dirección e coordinación: ambas consellerías a través dos seus órganos directivos, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, e a Dirección xeral de Ordenación e Produción Forestal respectivamente, ostentaran a dirección e coordinación operativas destes grupos cando fora solicitada a súa colaboración en emerxencias ou activación de Plans, de competencia dun ou ambos órganos directivos. B) Polas deputacións provinciais: Financiamento: As deputacións provinciais colaborarán no financiamento cunha achega a ingresar na conta da FEGAMP como entidade colaboradora. C) Pola FEGAMP: • Colaboración no pago: noméase á FEGAMP entidade colaboradora, ós efectos de recibir os fondos e transferilos en nome e por conta da Xunta de Galicia e das deputacións ós concellos destinatarios sedes dos grupos, comprometéndose a facer constar expresamente a súa procedencia, así como a finalidade do seu traspaso. • Difusión: a FEGAMP difundirá a actuación entre os concellos e os informará das condicións do convenio e do tipo de gastos para os que se realiza a transmisión das cantidades previstas. • Entregar os fondos ós concellos sedes destinatarios. • Distribuír os fondos de forma igualitaria entre os concellos indicados no anexo I. • Xustificar a entrega dos fondos percibidos. • Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro de ditos fondos que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto estatais coma comunitarios, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións. • Levar un sistema de contabilidade específica FEADER ou ben un código contable axeitado onde se rexistren as transaccións relativas á operación, tal e como esixe o artigo 75.1.c) i) do regulamento (CE) 1698/2005. • Mediación entre a Xunta, deputacións e os concellos contratantes dos GES, e polo tanto: o Recadar toda a documentación acreditativa do cumprimento das actuación por parte dos concellos sedes. o Presentar as declaración de axudas solicitadas ou concedidas en cada concello para esta mesma finalidade e, en caso de non ter ningunha axuda, a presentación dunha declaración de que só se percibe este importe para esta finalidade. • Comprobar, no seu caso, o incumprimento e efectividade das condicións ou requisitos determinantes para o seu outorgamento, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce da subvención. A FEGAMP como entidade colaboradora que recibe os fondos das axudas e distribúe os mesmos ós beneficiarios, deberá respectar o disposto no artigo 9 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en ningún caso considerará os fondos recibidos como integrantes do seu patrimonio. D) Polos Concellos sede dos GES: • Deberán aportar as cantidades consignadas no anexo II. • Deberán achegar unhas instalacións-base adecuadas para a prestación do servizo de emerxencias, permitindo a localización dos recursos humanos e materiais propios do servizo. • Deberán atender de forma permanente as chamadas de emerxencia, de xeito que a non resposta as chamadas de emerxencia de forma continuada dará lugar por parte dos concellos sede, a non percepción da axuda, salvo causa xustificada, e previa audiencia ó concello implicado. • Deberán cumprir coa normativa vixente de prevención de riscos laborais para a realización dos traballos ós que se refire o presente convenio, asumindo as responsabilidades derivadas do incumprimento desta cláusula. • Deberán acreditar a prestación do servizo, mediante os informes ou memorias técnicas emitidas polos responsables dos GES nos concellos sede, coa finalidade de percibir as achegas da Xunta de Galicia e as deputacións. • Comprométense a conservar os medios e recursos de intervención de Galicia. O deterioro non xustificado polo uso que sufran os equipos será responsabilidade do concello. • Dado o carácter supramunicipal dos GES, os concellos incluídos na área de actuación correspondente, segundo o Anexo I, poderán por a disposición destes os medios materiais de protección civil dos que dispoñan para atender as emerxencias, ou ben cedelos de forma permanente. • Levar un sistema de contabilidade específica FEADER ou ben un código contable axeitado onde se rexistren as transaccións relativas á operación, tal e como esixe o artigo 66.1.c) do Regulamento (UE) 1305/2013. • Respecto daquelas actuacións financiadas ó abeiro de fondos FEADER o concello informará ó público da axuda obtida presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, en caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, en proporción ó nivel da axuda, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión, tal como establece o anexo III do Regulamento de Execución (UE) 808/2014, da Comisión do 17 de xullo de 2014 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ó desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). UNDÉCIMA.- LIBRAMENTO DE FONDOS DA XUNTA Á FEGAMP. O libramento dos fondos á Federación Galega de Municipios e Provincias pola Xunta de Galicia realizarase de conformidade co previsto no Anexo VI e VII. DÉCIMO SEGUNDA.- LIBRAMENTO DE FONDOS POLA FEGAMP ÓS BENEFICIARIOS FINAIS. Unha vez recibidos os fondos da Xunta de Galicia pola FEGAMP, esta transferirá ós beneficiarios finais participantes do proxecto a cantidade que lle corresponda, no prazo máximo de 45 días dende a súa recepción. A FEGAMP acreditará ante a Dirección Xeral de Emerxencia e Interior, a Dirección Xeral de Administración Local e a Dirección xeral de Ordenación e Produción forestal, a entrega dos fondos ós beneficiarios finais mediante xustificante de pagamentos válidos (extractos ou certificación bancaria debidamente identificados). Os beneficiarios finais deste convenio están obrigados a facilitar toda a información que lle sexan requirida pola Intervención Xeral e o Consello de Contas da Comunidade Autónoma, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como ós controis que poidan realizar as institucións comunitarias, tendo en conta que se trata de actuacións cofinanciadas con fondos comunitarios. A participación no presente convenio suporalles, tanto á entidade colaboradora coma ós beneficiarios finais, o consentimento expreso á administración para incluír e facer públicos os datos referidos ó convenio nos rexistros públicos da Xunta de Galicia, creados nos artigos 44 e 45 da lei 7/2005, do 29 de novembro e decreto 126/2006, do 20 de xullo. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión destas axudas e, en todo caso, a obtención de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións, entes públicos ou privados para o mesmo fin, poderá dar lugar, si con isto se alterase os obxectivos deste convenio, á modificación da resolución da concesión. O incumprimento dalgunha das obrigas recollidas neste convenio dará lugar ó reintegro total ou parcial das axudas recibidas e o xuro de demora correspondente de acordo co establecido no disposto no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo onde os intereses se calcularán en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pago para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución. DÉCIMO TERCEIRA.- XURISDICIÓN E NORMATIVA APLICABLE. O presente convenio de colaboración ten natureza administrativa. Para a interpretación de dúbidas e controversias que xurdan na interpretación deste convenio estarase ó disposto nas cláusulas deste e, subsidiariamente, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no decreto 11/2009. de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da lei 9/2007, do 13 de xuño, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e ós principios establecidos na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. As partes quedan suxeitas á xurisdición contencioso-administrativa para a resolución de calquera conflito que puidera xurdir na aplicación do mesmo. DÉCIMO CUARTA.- COMISIÓN MIXTA DE SEGUIMENTO DO CONVENIO. Para o seguimento e coordinación das accións previstas no presente convenio, créase unha Comisión Mixta e paritaria na que estarán representadas a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería do Medio Rural, as deputacións e a FEGAMP. Son funcións desta comisión de seguimento: • Velar polo cumprimento do convenio. • Propoñer as medidas necesarias para garantir o exercicio coordinado das competencias de cada unha das partes. • En xeral, resolver os problemas de interpretación e cumprimento que podan xurdir na aplicación deste convenio. • Certificar a efectiva realización das actuacións descritas no convenio, consonte ó presente clausurado e dando cumprimento ós fins establecidos. Esta comisión solicitará ó remate da vixencia do convenio á Federación Galega de Municipios e Provincias un informe técnico correspondente ó grao de cumprimento dos obxectivos programados, e relación detallada dos pagos efectuados por cada concello, correspondentes ós meses de vixencia do convenio ós efectos, no seu caso, do reintegro dos importes non liquidados. Para resolver as cuestións ordinarias que se presenten na execución do presente convenio crearase un grupo de traballo, de carácter técnico, e composición paritaria, no que a comisión de seguimento poderá delegar, por acordo expreso, as súas atribucións. A composición deste grupo será determinada pola comisión mixta de seguimento do convenio. DÉCIMO QUINTA.-VIXENCIA. O presente Convenio estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2018. Ó termo de cada anualidade calquera das partes poderá denunciar o convenio, cunha antelación mínima dun mes. Os concellos adhírense ó presente convenio coa sinatura do correspondente anexo de adhesión. En proba de conformidade, as partes asinan por triplicado na data e lugar ó inicio mencionados. Alfonso Rueda Valenzuela Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Ángeles Vázquez Mejuto Conselleira do Medio Rural Valentín González Formoso Presidente da Deputación Provincial da Coruña Darío Campos Conde Presidente da Deputación Provincial de Lugo José Manuel Baltar Blanco Presidente da Deputación Provincial de Ourense Mª del Carmen Silva Rego Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra Alfredo L. García Rodríguez Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias ANEXOS ANEXO I: SEDE, ÁMBITO DE ACTUACIÓN E COBERTURA A NIVEL PROVINCIAL DOS GES. A CORUÑA LUGO Zona Sede/s Zona Sede/s Zona de Ortegal e Ferrol Ortigueira Zona da Fonsagrada e Meira A Fonsagrada Zona de Bergantiños Ponteceso Zona da Terra Cha - Lugo Guitiriz Zona de Muros, Xallas e Noia Muros Zona dos Ancares, Lugo e Sarria Becerreá Zona de Ferrol-Eume Mugardos Zona da Mariña Central e Oriental A Pontenova Zona de Betanzos, Terra de Melide e Ordes Curtis Zona de Quiroga e Terra de Lemos Quiroga/Folgoso Zona do Sar e Caldas Padrón Zona da Ulloa, Lugo e Chantada Monterroso Zona Santiago, Noia e A Barcala Brión Zona da Mariña Central e Occidental Cervo OURENSE PONTEVEDRA Zona Sede/s Zona Sede/s Zona de Terras de Caldelas e Terras de Trives Castro Caldelas Zona da Mancomunidade do Val Miñor Mancomunidade Zona de Viana e Verín A Gudiña/Laza Zona do Baixo Miño A Guarda Zona da Baixa Limia Lobios/Muíños Zona de Valga Valga Zona do Ribeiro Ribadavia/Avión Zona de Tabeirós, Terra de Montes e Deza A Estrada/Lalín Zona de Valdeorras O Barco de Valdeorras Zona do Pereiro de Aguiar O Pereiro de Aguiar Provincia da Coruña: Zona Ortegal-Ferrol Zona Ferrol-Eume Zona Bergantiños Zona Muros-Xallas Zona Betanzos, Terra de Melide e Ordes Zona O Sar-Caldas Zona Santiago, Noia e A Barcala Cariño Mugardos Cabana de Bergantiños Outes Curtis Padrón, Brión Cerdido Ares Laxe Carnota Sobrado Rois Ames Cedeira Cabanas Malpica de Bergantiños Mazaricos Vilasantar Dodro Negreira Mañón Fene Ponteceso Muros Mesía Lousame Ortigueira Neda Coristanco Cesuras Noia Somozas Valdoviño Oza dos Ríos Moeche Aranga Provincia de Lugo: Zona A Fonsagrada-Meira Zona Terra Cha-Lugo Zona Os Ancares, Lugo e Sarria Zona Mariña Central e Oriental Zona Quiroga e Terra de Lemos Zona A Ulloa, Lugo e Chantada Zona Mariña Central e Occidental Baleira Begonte Baralla A Pontenova Folgoso do Courel Antas de Ulla Cervo Fonsagrada Friol Becerreá Trabada Quiroga Guntín Xove Negueira de Muñíz Guitiriz Cervantes Riotorto Ribas de Sil Monterroso Burela Ribeira de Piquín Xermade Navia de Suarna Lourenzá Pobra de Brollón Palas de Rei O Valadouro As Nogais Meira Portomarín Foz Triacastela Pol Taboada Alfoz Pedrafita do Cebreiro Castroverde Provincia de Ourense: Zona Terras de Caldelas e Trives Zona Verín - Viana Zona O Pereiro de Aguiar Zona Baixa Limia Subzona O Ribeiro Subzona O Ribeiro - Avión Zona Valdeorras Zona Terras de Celanova Castro Caldelas A Gudiña Pereiro de Aguiar Lobeira Ribadavia Avión O Barco de Valdeorras Cartelle Montede-rramo Laza Coles Lobios Arnoia Beariz Carballeda de Valdeorras Celanova Parada de Sil Riós Nogueira de Ramuín Muíños Beade Boborás Petín Gomesende A Teixeira Viana do Bolo Esgos Entrimo Castrelo de Miño Leiro Rubiá Quintela de Leirado San Xoán de Río Vilariño de Conso Paderne de Allariz Bande Cenlle A Veiga Ramirás Manzaneda Castrelo do Val San Cibrao Cortegada Vilamartín de Valdeorras Verea A Pobra de Trives Vilar de Barrio Taboadela Melón Larouco Pontedeva Sarreaus Barbadás Carballeda de Avia O Bolo A Bola Chandrexa de Queixa Toén A Rúa Padrenda A Mezquita A Merca Provincia de Pontevedra: Zona Mancomunidade do Val Miñor Zona Baixo Miño Zona Ponteareas Zona Valga Subzona Tabeirós- Terra de Montes Subzona Deza Zona Sanxenxo Baiona A Guarda Arbo Valga A Estrada Lalín O Grove Gondomar O Rosal A Cañiza Pontecesures Campo Lameiro Vila de Cruces Sanxenxo Nigrán Oia Crecente Catoira Cerdedo Agolada Meaño Tomiño Mondariz Balneario Caldas de Reis Cuntis Rodeiro Poio Mondariz Portas Forcarei Dozón As Neves Teo Ponteareas Vedra Salvaterra de Miño Moraña ANEXO II: CUSTO TOTAL DOS GES. PROVINCIA DA CORUÑA CONCELLO Nº compoñentes GES CMR EXTINCIÓN DEPUTA-CIÓN CONCE- LLOS CUSTO TOTAL/GES 1 BRIÓN 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € 2 CURTIS 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € 3 MUGARDOS 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € 4 MUROS 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € 5 ORTIGUEIRA 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € 6 PADRÓN 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € 7 PONTECESO 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € TOTAL 462.805,00 € 350.000,00 € 370.195,00 € 1.183.000,00 € PROVINCIA DE LUGO CONCELLO Nº compo-ñentes GES CMR EXTIN-CIÓN DEPUTA-CIÓN CONCE-LLOS CUSTO TOTAL/-GES 8 BECERREÁ 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € 9 CERVO 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € 10 FONSAGRA-DA (A) 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € 11 GUITIRIZ 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € 12 MONTERROSO 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € 13 PONTENO-VA (A) 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € 14 QUIROGA 6 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € FOLGOSO DO COUREL 6 TOTAL 462.805,00 € 350.000,00 € 370.195,00 € 1.183.000,00€ PROVINCIA DE OURENSE CONCELLO Nº compo-ñentes GES CMR EXTIN-CIÓN DEPUTA-CIÓN CONCELLOS CUSTO TOTAL/ GES 15 BARCO (O) 12 66.115,00€ 50.000,00€ 52.885,00€ 169.000,00€ 16 CASTRO CALDELAS 12 66.115,00€ 50.000,00€ 52.885,00€ 169.000,00€ 17 GUDIÑA (A) 12 99.172,50€ 75.000,00€ 79.327,50€ 253.500,00€ LAZA* 6 18 LOBIOS 10 131.685,42€ 79.166,60€ 83.730,98€ 294.583,00€ MUIÑOS* 9 19 RIBADAVIA 10 131.685,42€ 79.166,60€ 83.730,98€ 294.583,00€ AVIÓN* 9 20 PEREIRO DE AGUIAR 12 66.115,00€ 50.000,00€ 52.885,00€ 169.000,00€ TOTAL 560.888,34€ 383.333,20€ 405.444,46€ 1.349.666,00€ PROVINCIA DE PONTEVEDRA CONCELLO Nº compoñentes GES CMR EXTINCIÓN DEPUTA-CIÓN CONCE-LLOS CUSTO TOTAL/ GES 21 ESTRADA (A) 10 115.156,66 € 66.666,60 € 70.509,74 € 252.333,00 € LALÍN 6 22 GUARDA 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € 23 VAL MIÑOR 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € 24 VALGA 12 66.115,00 € 50.000,00 € 52.885,00 € 169.000,00 € TOTAL 313.501,66 € 216.666,60 € 229.164,74 € 759.333,00 € TOTAL CMRM EXTINCIÓN DEPUTACIÓN CONCELLOS CUSTO TOTAL 24 GES 1.800.000,00€ 1.299.999,80€ 1.374.999,20€ 4.474.999,00€ SERVIZOS MUNICIPAIS SERVIZO MUNICIPAL PROVINCIA Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Dirección Xeral de Emerxencias e Interior) DEPUTACIÓN CONCELLOS CUSTO TOTAL/ SERVIZO 1 TERRAS DE CELANOVA OURENSE 100.000,00€ 25.000,00€ 0,00 125.000,00€ 2 PONTEAREAS PONTEVEDRA 100.000,00€ 25.000,00€ 0,00 125.000,00€ 3 SANXENXO PONTEVEDRA 100.000,00e 25.000,00€ 0,00 125.000,00€ 300.000,00€ 75.000,00€ 0,00 375.000,00€ FUNCIONAMENTO DOS GES E SERVIZOS MUNICIPAIS: Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza 560.000,00€. ANEXO III: MEDIOS MATERIAIS. Co fin de proporcionar un servizo de calidade, axustado ás tarefas encomendadas, cada GES contará con: • Un vehículo todoterreo que permanecerá en perfectas condicións mecánicas e de dotación e estará ó corrente en toda a documentación obrigatoria do mesmo, cumprindo coas obrigas administrativas que leva aparelladas en materia de inspección técnica (ITV), pólizas de seguro, impostos, etc. • Batelumes, ferramentas e equipos de protección individuais (EPIs) necesarios para realizar a súa función. As características técnicas mínimas dos EPIs serán as marcadas polo “Comité de Loita contra Incendios Forestais” (CLIF) e polo Plan de Incendios Forestais de Galicia (Pladiga). • Os vehículos de extinción dispoñibles de acordo coa súa operatividade. En canto a roupa de traballo, os membros dos GES vestirán un uniforme axeitado ás características do seu traballo, na que figurará de forma visible a denominación “GES” e a zona de intervención, segundo o modelo definido pola Xunta de Galicia. Para a extinción de incendios forestais os equipos de protección individual (EPIs) terán as características definidas polo Comité de Loita contra os Incendios Forestales do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (ver http://www.magrama.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/politica-forestal/incendios-forestales/seguridad/equipos_de_proteccion.aspx) e o Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais – PLADIGA (ver http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/forestal/incendios_forestais/pladiga_2015/) ANEXO IV: PREZOS UNITARIOS POR ACTUACIÓNS DE PREVENCIÓN E ORZAMENTOS PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS POR CONCELLO. PREZOS UNITARIOS POR ACTUACIÓNS DE PREVENCIÓN. CÓD. TARIFA DESCRICIÓN PREZO UNITARIO Ud de Definición das redes de faixas de xestión da biomasa. Identificación das referencias catastrais ou códigos de parcela SIXPAC das parcelas incluídas nas redes de faixas secundarias de xestión da biomasa. Tamén se incluirán a rede das pistas, vías, camiños, estradas e montes de titularidade municipal. 9.000,00€/ud Ud de investigación de titularidade de parcela e redacción de informe de xestión de biomasa consonte ó establecido na normativa autonómica de prevención de incendios forestais 12,00€/parcela TS0001 Roza manual dunha hectárea de matogueira con diámetro basal igual ou inferior a 3cm, en pendentes inferiores ó 50%, e cunha superficie cuberta do 100%, empregando motorrozadora, e respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. 1.121,10 €/ha TS0002 Roza manual dunha hectárea de matogueira con diámetro basal igual ou inferior a 3cm, en pendentes superiores ó 50%, e cunha superficie cuberta do 100%, empregando motorrozadora, e respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. 1.195,840€/ha TS0003 Roza manual dunha hectárea de matogueira con diámetro basal comprendido entre 3 e 6 cm. en pendentes inferiores ó 50%, e cunha superficie cuberta do 100%, empregando motorrozadora, e respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. 1.464,904€/ha TS0004 Roza manual dunha hectárea de matogueira con diámetro basal comprendido entre 3 e 6 cm. en pendentes superiores ó 50%, e cunha superficie cuberta do 100%, empregando motorrozadora, e respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. 1.793,760€/ha TS0005 Roza mecanizada dunha hectárea de matogueiral, con rozadora de cadeas ou similar en zonas de pendente escasa ou nula (pdte.< 10%) e cunha superficie cuberta de matogueira do 100%. 343,440 €/ha Unidade eliminada de niños secundarios de avespa asiática (Vespa velutina) 50,00 €/ud ORZAMENTOS PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS. PROVINCIA DA CORUÑA CONCELLO Nº compoñentes GES CMR PREVENCIÓN 1 BRIÓN 12 81.000,00 € 2 CURTIS 12 81.000,00 € 3 MUGARDOS 12 81.000,00 € 4 MUROS 12 81.000,00 € 5 ORTIGUEIRA 12 81.000,00 € 6 PADRÓN 12 81.000,00 € 7 PONTECESO 12 81.000,00 € PROVINCIA DE LUGO CONCELLO Nº compoñentes GES CMR PREVENCIÓN 8 BECERREÁ 12 81.000,00 € 9 CERVO 12 81.000,00 € 10 FONSAGRADA (A) 12 81.000,00 € 11 GUITIRIZ 12 81.000,00 € 12 MONTERROSO 12 81.000,00 € 13 PONTENOVA (A) 12 81.000,00 € 14 QUIROGA 6 81.000,00 € FOLGOSO DO COUREL 6 PROVINCIA DE OURENSE CONCELLO Nº compoñentes GES CMR PREVENCIÓN 15 BARCO (O) 12 81.000,00 € 16 CASTRO CALDELAS 12 81.000,00 € 17 GUDIÑA (A) 12 121.500,00 € LAZA* 6 18 LOBIOS 10 101.250,00 € MUIÑOS* 9 19 RIBADAVIA 10 101.250,00 € AVIÓN* 9 20 PEREIRO DE AGUIAR 12 81.000,00 € PROVINCIA DE PONTEVEDRA CONCELLO Nº compoñentes GES CMR PREVENCIÓN 21 ESTRADA (A) 10 81.000,00 € LALÍN 6 22 GUARDA 12 81.000,00 € 23 VAL MIÑOR 12 81.000,00 € 24 VALGA 12 81.000,00 € ANEXO V: PROGRAMA DE ACTUACIÓNS PREVENTIVAS. Os contidos mínimos do Programa de Actuacións Preventivas serán os seguintes: A) Ámbito de actuación das actuacións preventivas. B) Tipos de traballo obxecto de axuda. C) Xustificación das superficies obxecto de actuación: As actuacións a realizar atenderán ó previsto na planificación do Distrito Forestal en materia preventiva, e deberán estar en concordancia co Plan de Prevención do Distrito Forestal e Municipal, de existir estes (e tamén co PLADIGA). Debe existir unha xustificación, que amose criterios obxectivos na selección das parcelas propostas de actuación e teña como obxectivo fundamental a redución e descontinuidade do combustible mediante tratamentos silvícolas preventivos. D) Táboa resumo de superficies obxecto de actuación en materia de planeamento, silvicultura preventiva ou do potencial forestal danado por pragas: Deberá incluírse unha táboa resumo coas superficies de actuación proposta en hectáreas desagregando segundo os tipos de traballos incluídos no convenio. Localización das parcelas ou vías de actuación preventiva coa descrición, cando menos, da parroquia e lugar (potestativamente ref. catastrais ou parcelas SIXPAC). E) Cartografía: Cartografía con planos sobre mapas oficiais, preferentemente a escala 1:5:000, ou no seu defecto 1:25:000 no que se reflictan as actuacións preventivas propostas. A escala desta documentación non terá que verse alterada por ampliacións ou reducións de fotocopiado. Asemade a cartografía remitirase en formato vectorial, tipo shapefile en Datum ETRS 89 e fuso 29N, ou documento análogo. ANEXO VI: XUSTIFICACIÓN DOS TRABALLOS E LIBRAMENTO DE FONDOS DA XUNTA Á FEGAMP. A documentación xustificativa deberá estar en poder da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Dirección xeral de Ordenación e Produción Forestal e da Dirección Xeral de Administración Local antes do 5 de decembro de cada ano. Non obstante, polo que se refire ós gastos de persoal, a documentación xustificativa deberá estar en poder da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, antes do 28 de decembro de cada ano. 1.O libramento dos fondos á Federación Galega de Municipios e Provincias pola Xunta de Galicia, someterase ó seguinte réxime de pago: a) Polo que respecta a Consellería do Medio Rural, librarase en cada anualidade un pago anticipado do 100% da anualidade correspondente, de acordo ó establecido no artigo 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. No ano 2016 este pagamento efectuarase á sinatura do convenio e as restantes anualidades no primeiro trimestre de cada ano. Este anticipo farase con cargo ós fondos propios libres do código de proxecto: 2011.00771. b) Polo que respecta á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, librarase en cada anualidade un pago anticipado do 50% da anualidade correspondente, de acordo ó establecido no artigo 63.1 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro. No ano 2016 este pagamento efectuarase á sinatura do convenio e as restantes anualidades no primeiro trimestre de cada ano. c) Polo que respecta á Dirección Xeral de Administración Local, librarase en cada anualidade un pago anticipado do 50% da anualidade correspondente, de acordo ó establecido no artigo 63.1 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro. No ano 2016 este pagamento efectuarase á sinatura do convenio e as restantes anualidades no primeiro trimestre de cada ano. 2.Para a xustificación das actuacións subvencionadas ó abeiro deste convenio, a Fegamp, como entidade colaboradora, remitirá á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, á Dirección Xeral de Administración Local e á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal respecto ós gastos en materia de vixilancia e extinción de incendios forestais, a documentación seguinte, en exemplar orixinal ou copia debidamente compulsada: -Certificación do secretario da Federación Galega de Municipios e Provincias, co visto e prace do seu presidente, do cumprimento do obxecto do presente convenio, que se emitirá con base nas certificacións emitidas polas intervencións municipais ou órganos que teñan atribuídas as facultades de control contable nos concellos sede ou subsede do GES. Na certificación emitida para a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e para a Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, detallarase que se efectuaron as contratacións e as altas na Seguridade Social dos/as traballadores/as que forman parte da estrutura do GES en cada un dos concellos implicados. -Certificacións emitidas polas intervencións municipais ou órganos que teñan atribuídas as facultades de control contable no concello sede ou subsdede do GES, na que se indique o cumprimento do obxecto do convenio e o pagamento efectivo do gasto realizado. Nas certificacións que se emitan para a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e para a Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, indicaranse as contratacións e altas na seguridade social dos/as traballadores/as que forman parte do GES. -Declaración de axudas solicitadas ou concedidas para esta mesma finalidade, asinada polo representante do concello sede ou subsede do GES. Na declaración de axudas que se emita para a Dirección Xeral de Administración Local debe facerse constar se o concello sede ou subsede percibiu algunha outra axuda, aínda que sexa no marco do propio convenio, procedente de calquera das administracións ou órganos que financian as actuacións, para os gastos subvencionados por este centro directivo, é dicir, aqueles financiables con cargo ao capítulo II, gastos correntes en bens e servizos, incorporados na relación clasificada de gastos da conta xustificativa. -Certificación expedida pola secretaría do concello sede ou subsede, co visto e prace do/a alcalde/sa, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención na que se inclúa unha relación clasificada dos gastos imputables á actuación subvencionada. A certificación emitida para a Dirección Xeral de Administración Local referirase á conta xustificativa dos gastos subvencionados por este centro directivo, é dicir, aqueles financiables con cargo ó capítulo II, gastos correntes en bens e servizos. -Documentos xustificativos de gastos e de pagamentos: Os gastos acreditaranse mediante facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa. Para os efectos da súa consideración como gasto subvencionable, os correspondentes pagamentos deberán estar realizados con anterioridade á finalización do período de xustificación e acreditaranse mediante extractos de conta, certificacións bancarias ou xustificantes de transferencia bancaria, debidamente identificados e selados pola entidade financeira. Porén, coa finalidade de poder acreditar o gasto da nómina do persoal correspondente ó mes de decembro de cada ano e para estes efectos, serán suficientes, para a súa consideración como gasto subvencionable, as certificacións emitidas polas intervencións municipais ou órganos que teñan atribuídas as facultades de control contable no concello sede ou subsdede do GES, nas que se indiquen que están contabilizados e fiscalizados os ditos pagos. No suposto de que o pagamento se realice mediante banca electrónica, o xustificante da transferencia bancaria deberá presentarse asinado e selado pola persoa representante da entidade beneficiaria das subvencións. -Declaración responsable da persoa representante do concello sede ou subsede do GES conforme este concello, como entidade beneficiaria dunha subvención, non está incursa en ningún dos supostos do artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Na documentación que se remita á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e para a Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal incluirase unha relación nominal dos compoñentes do GES, con especificación da persoa responsable do grupo e un número de teléfono de contacto. No caso de existir fondos remanentes, logo da xustificación dos concellos, serán devoltos pola FEGAMP ó Tesouro da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo dun mes a contar dende que remata o prazo para transferir as axudas por parte da FEGAMP ós concellos. ANEXO VII: ACREDITACIÓN DE GASTOS EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTÁIS. Para a xustificación das actuacións subvencionadas materia de prevención de incendios forestais, a FEGAMP , como entidade colaboradora, remitirá á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, antes do 31 de outubro, en relación coa actuación de cada GES a documentación seguinte, en exemplar orixinal ou copia debidamente compulsada: -Certificación do secretario da Federación Galega de Municipios e Provincias, co visto e prace do seu presidente, do cumprimento do obxecto do presente convenio, que se emitirá con base nas certificacións emitidas polas intervencións municipais ou órganos que teñan atribuídas as facultades de control contable nos concellos sede ou subsede do GES. -Certificacións emitidas polas intervencións municipais ou órganos que teñan atribuídas as facultades de control contable no concello sede ou subsdede do GES, na que se indique o cumprimento do obxecto do convenio e o pagamento efectivo do gasto realizado. -Declaración de axudas solicitadas ou concedidas para esta mesma finalidade, asinada polo representante do concello sede ou subsede do GES. -Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións do convenio, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos. Dita memoria asinada polo Alcalde correspondente deberá dar conta dos traballos xustificados, sexa: • Definición das redes de faixas de xestión da biomasa. • Investigación da propiedade das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa forestal. • Redacción de informe de xestión de biomasa. • Número de niños de vespa velutina eliminados e xustificación de outras actuacións de prevención realizadas. -Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes extremos: • - Acreditación sobre o número de unidades físicas consideradas como módulo. • - Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos nesta subvención. -Certificación expedida pola secretaría do concello sede ou subsede, co visto e prace do/a alcalde/sa, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención na que se inclúa unha relación clasificada dos gastos imputables á actuación subvencionada. Mediante sistema contable diferenciado por ser fondos FEADER. -Documentos xustificativos de gastos e de pagamentos: Os gastos acreditaranse mediante facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa. Para os efectos da súa consideración como gasto subvencionable, os correspondentes pagamentos deberán estar deberán estar realizados con anterioridade á finalización do período de xustificación e acreditaranse mediante extractos de conta, certificacións bancarias ou xustificantes de transferencia bancaria, debidamente identificados e selados pola entidade financeira. No suposto de que o pagamento se realice mediante banca electrónica, o xustificante da transferencia bancaria deberá presentarse asinado e selado pola persoa representante da entidade beneficiaria das subvencións. -Declaración responsable da persoa representante do concello sede ou subsede do GES conforme este concello, como entidade beneficiaria dunha subvención, non está incursa en ningún dos supostos do artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Todo elo consonte ó establecido na normativa autonómica de prevención de incendios forestais e dando, en calquera caso, cumprimento ás cláusulas e fins establecidos no presente convenio. Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 62.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderán realizarse pagos fraccionados que responderán ó ritmo de execución das accións subvencionadas sen que, conxuntamente cos pagamentos anticipados, superen o 80% da porcentaxe subvencionada correspondente ós pagamentos xustificados. Os importes dispostos no Anexo IV terán a consideración de custos de referencia que suporán límites máximos admisibles para algúns tipos de gastos, consonte o establecido no artigo 67.1.a) do Regulamento (UE) 1303/2014. Por esta razón, esixirase ós beneficiarios da axuda que presente xunto coa solicitude de pago facturas ou documentos de valor probatorio equivalente e xustificante de pago. No caso de que existan custos simplificados avalados por cálculos dos ditos custes e certificado asinado polo organismo independente, estes custes simplificados ou módulos terán a condición de baremos estándar de custes unitarios tal como contempla o artigo 67 do Regulamento (UE) 1303/2013. De aplicarse ditos custes non será necesario para realizar o pagamento en materia de prevención a presentación de facturas ou documentos de valor probatorio equivalente xuntamente ós xustificantes de pago. Por parte da Consellería do Medio Rural: Persoal funcionario desta Consellería expedirá certificación na cal se indique se as obras realizadas foron executadas conforme ó programa de actuación aprobado pola comisión de seguimento, especificando os lugares e número de hectáreas realizadas ou de actuacións de prevención de pragas realizadas. Con esta certificación poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que se realice un número menor de unidades de obra das aprobadas. A redución anterior virá incrementada gradualmente, farase un cálculo sobre a base do que se considera elixible. Cada unidade xestora determinará: a) O importe que se pode conceder ó beneficiario en función exclusivamente da solicitude de pagamento. A tal efecto tomaranse en consideración a suma dos importes de gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada. b) O importe que se pode conceder ó beneficiario logo de controlar a elixibilidade dos gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada. A cantidade a pagar ó beneficiario será a definida no importe b). Cando o importe a) supere ó importe b) en mais dun 10% a cantidade a pagar é igual ó importe b) menos a diferenza entre os dous importes. Esta redución non se aplica cando o beneficiario poida demostrar que non é responsable da inclusión do importe non elixible. -O órgano xestor poderá comprobar o valor de mercado dos gastos subvencionables conforme ó disposto no artigo 48 do Regulamento 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do regulamento (CE) 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ó sistema integrado de xestión e control, medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade e no artigo 30.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Emitirase certificación expedida na cal se indique se as obras realizadas foron executadas conforme ó programa de actuación aprobado pola comisión de seguimento, especificando os lugares e número de hectáreas realizadas. Teranse en conta os criterios xerais para a aplicación de reducións, sancións e exclusións ditados polo Fondo Español de Garantía Agraria a Circular de coordinación 23/2015 nas medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado do período 2014-2020. Igualmente tomarase en consideración a Circular de coordinación 22/2015 relativa ó Plan nacional de controis das medidas de desenvolvemento rural non establecidos no ámbito do sistema integrado do período 2014-2020. -A Consellería do Medio Rural resérvase o dereito de solicitar canta documentación considere precisa, en relación coa xustificación dos gastos. ANEXO VIII: MEDIOS PERSOAIS: CONTRATACIÓN, CAPACITACIÓN, BASES DE SELECCIÓN E FORMACIÓN DO PERSOAL DOS GES. O artigo 23.2 da Lei ..., de 27 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016 establece certas limitacións á hora de contratación de persoal temporal, en concreto preceptúa: que “Durante o ano 2016 non se procederá á contratación de persoal temporal, nin ó nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos salvo en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables que se restrinxirán ós sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren prioritarios ou que afecten ó funcionamento dos servizos públicos esenciais.” Non cabe dúbida que os servizos afectados por este convenio son servizos públicos esenciais e que o obxectivo da prestación deste servizo é velar pola protección das persoas, dos bens e do patrimonio colectivo ou ambiental. Ningún dos concellos onde se pode actuar contan con persoal contratado especializado ó respecto e o único servizo especializado nas comarcas para este tipo de intervencións están situados nos Parques comarcais de Bombeiros, o que supón un atraso na intervención por motivo de desprazamento, dependendo do lugar onde se teña que actuar. Ademais vaise intervir ante situacións de emerxencia que en moitas ocasións implican unha intervención inmediata, onde o concello non conta con persoal especializado para elo, e onde o esperar polo persoal do Parque Comarcal de Bombeiros agrava aínda máis a situación, xa que o factor tempo xoga un papel moi importante en determinadas situacións, téndose que minimizar en todo momento o tempo de chegada ó lugar de intervención e a excepcionalidade deriva da adopción dunha serie de medidas preventivas para velar pola protección das persoas e dos bens. O persoal que forme parte destes grupos deberá contar cunha formación e experiencia en traballos de protección civil, emerxencias, medio ambiente e prevención e defensa contra incendios forestais. A capacitación acreditarase coa formación impartida pola Academia Galega de Seguridade ou outros organismos públicos. A experiencia acreditarase a través de certificacións emitidas polos organismos correspondentes ós que pertenceran os servizos nos que estiveran inscritos e desenvolvendo as súas actividades. Os concellos sede serán os encargados de seleccionar ó persoal mediante un procedemento público de selección, na súa modalidade de concurso-oposición, entre aqueles que cumpran os requisitos previamente expostos. As bases das convocatorias son elaboradas pola Xunta de Galicia e comúns para todos os grupos e públicas. Todos aqueles concellos que á sinatura do correspondente convenio, dispoñan de persoal seleccionado consonte ós principios de publicidade, mérito e capacidade destinado a tarefas de atención ás emerxencias poderán adscribilos ó devandito servizo, e as que non resulten cubertas a través desta adscrición procederán a ser cubertas mediante a modalidade de concurso oposición. As bases axustaranse ó seguinte modelo: “CONCELLO DE ................... De conformidade co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o día D de XXX de 2016, faise pública a convocatoria para a provisión de DOCE prazas de persoal para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal polo sistema de concurso-oposición libre: BASES PARA A PROVISIÓN DE DOCE PRAZAS PERSOAL PARA O GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL (PERSOAL LABORAL) PRIMEIRA.-OBXECTO DA CONVOCATORIA É obxecto da presente convocatoria cubrir DOCE PRAZAS PERSOAL PARA O GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL (PERSOAL LABORAL) polo sistema de concurso-oposición libre. SEGUNDA.-REQUISITOS DOS ASPIRANTES 1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos: a) Ser español ou posuír a nacionalidade de calquera dos Estados membros da Unión Europea ou a dalgún dos Estados ós que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos definidos no Tratado Constitutivo da Unión Europea, en virtude dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, todo elo nos termos do artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público. b) Ter cumpridos os 18 anos da idade, e non superar a idade máxima de xubilación. c) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou graduado escolar ou equivalentes ós efectos laborais.(O certificado de escolaridade considérase equivalente ó Graduado Escolar segundo Orde de 20 de xuño pola que se establece a equivalencia do certificado de escolaridade e de outros estudos co título de graduado escolar regulado na Lei 14/1970, de 4 de agosto, xeral de Educación e financiamento da reforma educativa a efectos laborais). d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. e) Non ter sido separado do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado, por sentenza firme, para o exercicio de funcións públicas. f) Estar en posesión do permiso de conducir tipo C. 2. Todos os requisitos esixidos no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes no día de remate do prazo para a presentación de solicitudes e conservalos, ó menos, ata a data do seu nomeamento como persoal laboral, no seu caso. TERCEIRA.-SOLICITUDES 1. As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante instancia dirixida ó Sr. Alcalde do Excmo. Concello de .................. A instancia conterá, a lo menos, os datos persoais do solicitante coa súa dirección e a denominación da praza convocada á que opta e farase constar, expresamente, que se reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na Base segunda da convocatoria. Xunto coa instancia achegarase a documentación que o aspirante desexe que sexa tida en conta na fase de concurso, e conforme ó establecido nos apartados posteriores das presentes Bases. 2. O prazo mínimo para a presentación de solicitudes será de 7 días con publicación na WEB do concello e cando menos, nun dos diarios de maior difusión da provincia. 3. A presentación de solicitudes poderá facerse ben no Rexistro Xeral do Concello de ............. ou ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; as solicitudes que se presenten a través da Oficina de Correos deberán entregarse nun sobre aberto para ser selada e datada polo funcionario de correos antes de ser certificada. Neste caso os aspirantes deberá comunicalo mediante telegrama durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias. Actuarase de igual xeito, no caso de ser presentada a solicitude noutra Administración Pública. 4. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixeron constar na solicitude, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán subsanarse ou repararse en calquera momento ben de oficio, ben a instancia de parte. CUARTA.-ADMISIÓN DOS ASPIRANTES 1. Rematado o prazo dos 7 días fixado para a presentación de solicitudes a resolución da alcaldía acordará a aprobación da lista de admitidos e excluídos, con especificación, no seu caso, dos motivos de exclusión, a cal se publicará no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial. 2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 3 días, contados a partires do seguinte ó da publicación do acordo, para poder subsanar ou emendar, no seu caso, o defecto que houbera motivado a exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá tomarse novo acordo estimándoas ou desestimándoas con publicación da lista definitiva no Taboleiro de anuncios. No caso de non presentarse reclamacións polos aspirantes excluídos (de existir) a lista publicada terá carácter definitivo. QUINTA.-TRIBUNAL CUALIFICADOR O Tribunal cualificador deste concurso-oposición estará integrado polos membros que de seguido se relacionan: Presidente: - Titular: - Suplente: Vogais: - Titular: - Suplente:. - Titular - Suplente: - Titular: - Suplente: Secretario: - Titular: - Suplente: Todos os membros dos Tribunais, deberán posuír a titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada e terán voz e voto. Os membros dos Tribunais deberán absterse de intervir, comunicándoo ó Sr. Alcalde cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, así como cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo os aspirantes poderán recusar ós membros do Tribunal cando nos mesmos concorra algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92. Unha vez constituído o Tribunal tamén poderán incorporarse os outros vocais titulares que non concorreran á sesión constitutiva e, no seu caso, os suplentes. Os membros do Tribunal que asistan ás sesións do mesmo, percibirán dietas pola súa asistencia na contía legalmente establecida, sen prexuízo dos traballos previos de asistencia técnica que poidan realizar os asesores que tamén serán compensados na forma legalmente establecida. SEXTA.-COMEZO DOS EXERCICIOS 1. A data e hora na que deberá constituírse o Tribunal (ós efectos de valoración do concurso e elaboración das probas) será determinada pola Alcaldía mediante acordo, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e a data da celebración do primeiro exercicio, a cal publicarase mediante anuncio no taboleiro de anuncios do concello. 2. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, quedando decaídos no seu dereito os opositores que non compareceran a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados que serán resoltos motivadamente polo Tribunal. 3. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do Tribunal, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a práctica dos mesmos. SÉTIMA.-DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS DAS PROBAS SELECTIVAS 1. En calquera momento o Tribunal poderá requirir ós opositores para que acrediten a súa identidade. 2. A orde de actuación dos opositores para a realización daqueles exercicios que non poidan facerse de xeito simultáneo, comezará polos que o primeiro apelido corresponda coa letra que determine a Resolución da Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública para o ano de celebración dos exercicios. 3. Se en calquera momento do proceso selectivo chegara a coñecemento do Tribunal que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na respectiva convocatoria, previa audiencia do interesado, deberá propoñer ó Sr. Alcalde a súa exclusión indicando as inexactitudes ou falsidades observadas ós efectos procedentes. 4. Concluído cada un dos exercicios da oposición correspondente, o Tribunal fará pública, no Taboleiro de Anuncios, a relación de aspirantes que o superaran con indicación da puntuación obtida. Os opositores non incluídos na lista terán a consideración de non aptos. 5. A relación de aprobados en cada exercicio polo Tribunal deberá publicarse no taboleiro de anuncios, a lo menos con 12 horas de antelación, á nova reunión do Tribunal cando se trate do mesmo exercicio e con 24 horas de antelación cando se trate dun novo exercicio. 6. Dende o total remate dun exercicio ou proba ata o comezo do seguinte deberán transcorrer a lo menos 72 horas e un máximo de 45 días naturais. 7. Contra os acordos do Tribunal poderá interpoñerse recurso administrativo ante o órgano competente conforme ó previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. OITAVA.-COMEZO E DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS SELECTIVAS FASE DE CONCURSO FASE DE OPOSICIÓN: PRIMEIRO EXERCICIO DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test, ós efectos de dar cumprimento ó prevido no Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, de 50 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria, durante un período de 70 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, ós efectos da elaboración do mesmo. SEGUNDO EXERCICIO DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO Consistirá na realización dunha proba práctica sobre as funcións a desenvolver (primeiros auxilios, excarceración de vehículos, incendios, etc.), tendo en conta o temario que figura como Anexo I, e que será determinado polo Tribunal antes da súa realización. TERCEIRO-PROBA DE GALEGO O artigo 35 da Lei 2/2009, de 23 de xullo, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, establece: “...nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das Entidades Locais de Galicia incluirase un exame de galego agás para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente...” En cumprimento do sinalado os aspirantes deberán realizar unha proba que consistirá na tradución directa dun texto elixido polo tribunal do castelán ó galego sen axuda de dicionario nun tempo máximo de 30 minutos. Estarán exentos da realización da proba de galego os aspirantes que acrediten, antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes, posuír o Celga 2, curso de iniciación ou estudos equivalentes. Este exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio. FASE DE CONCURSO: O máximo de puntos que se pode obter na fase de concurso non poderá ser superior a 8,00. O tribunal valorará os méritos alegados e xustificados documentalmente polos aspirantes conforme ó seguinte baremo: 1. Méritos Profesionais. a) Por cada mes completo desempeñando un posto de traballo como persoal de GRUMIR ou nos Grupos Municipais de Emerxencias nos últimos catro anos 0,10 puntos ata un máximo de 3 puntos. b) Por cada mes completo prestando, nos últimos catro anos, servizos operativos de intervención directa en emerxencias, accidentes, incendio, e outras labores de salvamento, no ámbito da protección civil municipal ou Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de carácter público 0,10 puntos, ata un máximo de 2,5 puntos. c) Por ter prestados servizos en calquera das Administracións Públicas nos últimos catro anos en postos de traballo semellantes ós que se convocan 0,10 puntos por cada mes completo ata un máximo de 0,5 puntos. A estes efectos non se computarán servizos que fosen prestados simultaneamente con outros igualmente alegados e reduciranse proporcionalmente os prestados a tempo parcial ou en períodos de tempo menores ós sinalados. 2. Cursos, seminarios, congresos, xornadas. Participar en actividades formativas, sempre que se atopen relacionadas coas funcións a desenvolver e organizados, ben por unha Administración Pública, unha Universidade ou impartidos por empresas privadas homologados por unha Administración Pública): — Por cursos de 10 a 20 horas de duración: 0,10 puntos. — Por cursos de 21 a 40 horas de duración: 0,20 puntos. — Por cursos de 41 a 100 horas de duración: 0,30 puntos. — Por cursos de máis de 100 horas de duración: 0,50 puntos. Os cursos nos que non se exprese duración ningunha serán valorados coa puntuación mínima. Na acreditación de seminarios permanentes que duren un curso lectivo deberán especificarse o número de horas, no caso contrario valoraranse coa puntuación mínima. No suposto de que a duración do curso se exprese en días, establécese unha equivalencia de 5 horas por cada día de curso. A documentación que haberá de presentarse para xustificar os méritos que se alegan para a súa valoración conforme ó baremo indicado será a seguinte en cada caso: A experiencia profesional como persoal de GRUMIR, protección civil ou en praza ou posto de igual contido no ámbito da administración Pública xustificarase: Presentando certificación expedida pola Secretaría ou calquera outro órgano da Administración con competencias en materia de persoal, onde constarán os seguintes datos: —Denominación dos postos de traballo que desempeñaran con expresión do tempo que os ocupara. —Relación xurídica que mantivo ou mantén no desempeño dos postos coa Administración. Para acreditar que se ocupa ou se ocupou praza ou posto de igual ou similar contido, cando non coincidan a denominación dos que se ocuparan co da praza á que se opta, o interesado haberá de achegar certificado no que consten as funcións desenvolvidas. Para acreditar os méritos sinalados nos puntos 2 e 3 do baremo haberá de achegarse fotocopia compulsada dos documentos oficiais que os acrediten. Os puntos obtidos na fase de concurso sumaranse á puntuación obtida na fase de oposición ós efectos de establecer a orde definitiva de aprobados. Estes puntos non poderán ser aplicados para superar os exercicios da fase de oposición. A puntuación máxima a outorgar nos anteriores apartados, será a seguinte: — Méritos profesionais: Máximo 6,00 puntos. — Cursos e Seminarios, etc.: Máximo 2,00 puntos NOVENA.- CUALIFICACIÓN DOS EXERCICIOS DA OPOSICIÓN Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios, serán cualificados de 0 a 10 puntos, sendo necesario para aprobar cada un dos exercicios e acceder ó seguinte obter unha puntuación mínima de cinco puntos. A cualificación final virá determinada pola suma das cualificacións parciais obtidas polos aspirantes que foran superando todos e cada un dos sucesivos exercicios obrigatorios e eliminatorios, non computándose a fase de concurso a todos aqueles aspirantes que non superen a fase de oposición. DÉCIMA.- CUALIFICACIÓN FINAL E RELACIÓN DE APROBADOS 1. A cualificación final obterase sumando a puntuación obtida na fase de concurso e na fase de oposición. Determinada a cualificación final dos aspirantes o Tribunal fará pública a relación de aprobados por orde de puntuación no Taboleiro de Anuncios da Casa Consistorial. 2. O Tribunal, en ningún caso, poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ó das prazas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito. 3. Porén, o Tribunal ó cualificar cada un dos exercicios non terá en conta a limitación anterior, a cal só se terá en conta para formular á Alcaldía a proposta coa puntuación final, os cales nunca poderán superar o número de prazas convocadas. 4. No caso de empate nas puntuacións totais de dous ou máis aspirantes, este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida no primeiro exercicio e se isto non fora suficiente pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que o empate se resolva. De persistir o empate este resolverase mediante sorteo que se realizará en presenza dos interesados. DÉCIMO PRIMEIRA.- APORTACIÓN DE DOCUMENTOS POLOS ASPIRANTES PROPOSTOS, NOMEAMENTO E TOMA DE POSESIÓN Os aspirantes propostos presentarán, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partires da publicación da relación de aprobados, os documentos acreditativos de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. —Documento Nacional de Identidade mediante fotocopia compulsada por ambos os dous lados. —Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das Administracións Públicas e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente. —Certificado médico de non padecer enfermidade que inhabilite para o exercicio da función. —Fotocopia compulsada do carné de conducir esixido na convocatoria. Dentro do prazo indicado, e agás os casos de forza maior, os aspirantes propostos que non presenten a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser contratados e quedarán anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que incorrese por falsidade na instancia na que solicita tomar parte no concurso-oposición. DÉCIMO SEGUNDA.- CARÁCTER VINCULANTE DAS BASES As bases xerais e específicas desta convocatoria vinculan á Administración Municipal, ós Tribunais cualificadores e ós aspirantes que participen no proceso selectivo convocado. DÉCIMO TERCEIRA.- INCIDENCIAS O Tribunal deste proceso selectivo queda facultado para a interpretación das bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias produza a súa aplicación, a cuxo efecto poderá adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo. DÉCIMO CUARTA.-LISTA RESERVA Con todos aqueles aspirantes que non sexan propostos para a súa contratación, e superaran todos os exercicios, elaborarase unha lista reserva, por orde decrecente de puntuación, os cales poderán ser chamados para futuras contratacións, derivadas de baixas, substitucións, etc. A lista terá unha vixencia de ata o 31 de decembro de 2016. Se un aspirante renuncia á contratación será borrado da lista. Se presenta a súa renuncia durante a vixencia do contrato pasará a ocupar o último lugar da lista. Os aspirantes que estiveran contratados, unha vez rematado o período de contratación, volverán a ocupar o lugar que tiñan na lista por orde de puntuación. DÉCIMO QUINTA.-RECURSOS As presentes Bases e cantos actos administrativos se deriven delas, e da actuación do Tribunal, poderán ser impugnadas polos interesados ante o órgano da xurisdición contencioso-administrativa competente, conforme á Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, no prazo de dous meses, contados dende a data do día seguinte da última publicación destas. Así mesmo, poderá presentarse o recurso potestativo de reposición ante o Sr. Alcalde-Presidente, no prazo de un mes a contar dende a mencionada publicación, ou calquera outro recurso que se considere procedente, conforme ó establecido na Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. ANEXO I – TEMARIO 1. Protección civil. Funcións básicas e organización da protección civil en Galicia. Capítulos IV a VI do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia. 2. Planificación en protección civil: Plans de emerxencia municipal. 3. Incendios urbanos: teoría do lume, tipos de lumes, equipos e medios contra incendios 4. Incendios forestais: tipos de incendios forestais, comportamento do lume, actuacións de prevención, métodos e medios de extinción. 5. Accidentes de tráfico e excarceración. 6. Mercadorías perigosas: clasificación, principais riscos, identificación, transporte e intervención en accidentes con mercadorías perigosas. 7. Fundamentos de primeiros auxilios: conceptos e clases, soporte vital básico e atención inicial nas emerxencias. 8. Plans de autoprotección: contido mínimo dos plans de autoprotección (Decreto 171/2010, de 1 de outubro, sobre plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia). Unha vez superado o proceso de selección, e con carácter previo ó seu ingreso no grupo, os admitidos realizarán un curso de carácter teórico-práctico que se impartirá pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). O curso selectivo responde ó seguinte modelo: DATOS XERAIS DO CURSO 1. Familia Profesional: Seguridade e Medio Ambiente. Área Profesional: Protección Civil. 2. Denominación do curso: INTERVENCIÓN EN EMERXENCIA. 3. Código. 4. Tipo de curso: ESPECÍFICO. 5. Obxectivo xeral: Formación do persoal dos grupos de emerxencia supramunicipal para o exercicio da súa actividade laboral de intervención en incendios forestais e urbanos, accidentes de tráfico, situacións derivadas de riscos naturais e calquera outra tarefa en materia de protección civil e emerxencias. 6. Requisitos do profesorado: 6.1. Nivel académico: titulación universitaria, (preferentemente...) na súa falta, capacitación profesional equivalente na ocupación relacionado co curso. 6.2. Experiencia profesional:Deberá ter 2 anos de experiencia na ocupación. 6.3. Nivel pedagóxico: Formación metodolóxica, ou ben experiencia docente. 7. Requisitos de acceso do alumno: 7.1. Nivel académico ou de coñecementos xerais: * Estar en posesión de polo menos o título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou titulación equivalente. * Estar en posesión do carné de conducir da clase C. 7.2. Nivel profesional ou técnico: * Non se require. 7.3. Condicións físicas: Condicións físicas: carencia de afeccións, integridade física, resistencia física, forza, destreza manual, coordinación visión motora, rapidez de reflexos. “Aquelas que non impidan o normal desenvolvemento da profesión”. 8. Número de alumnos: 12 alumnos por edición, sen prexuízo de que por razóns operativas poida superarse este número ó realizar conxuntamente a formación de varios GES. 9. Relación secuencial de módulos formativos: • INCENDIOS URBANOS E INDUSTRIAIS (28 horas). • INCENDIOS FORESTAIS (14 horas). • ACCIDENTES DE TRÁFICO (21 horas). • PRIMEIROS AUXILIOS (7 horas). 10. Duración: Prácticas………………………………………………………...... 50 horas. Contidos teóricos……………………………………………….... 20 horas. Total……………………………………………………………... 70 horas. Dúas semanas en sesións de 7 horas/diarias de luns a venres. 11. Equipo, material. 11.1 Equipo e maquinaria. • Dotación completa de medios de protección contra incendios de tipo manual (extintores, mangueiras, batelumes, antorchas de goteo). • Paneis sinópticos explicativos do funcionamento do sistema de detección de incendios, alarma e extinción automática. • Radio transmisores. • Equipo de primeiros auxilios. • Equipo portátil de bombeo. • Grupos electróxenos. • Autobombas urbana e forestal. • Equipo de corte en frío (cizallas, radiais, etc.). 11.2. Material de consumo: • Folios. • Cadernos. • Bolígrafos. • Lapis. 11.3 Material didáctico. • Manual básico do curso. • Caderniño de ponencias. 11.4 Elementos de protección. No desenvolvemento das prácticas utilizaranse os medios necesarios de seguridade e saúde laboral e observaranse as normas legais ó respecto. DATOS ESPECÍFICOS do CURSO Denominación do módulo nº 1: INCENDIOS URBANOS E INDUSTRIAIS. Obxectivo do módulo: • IDENTIFICAR os tipos de combustión. • COÑECER os equipos de protección individual. • IDENTIFICAR tipos axentes extintores. • IDENTIFICAR tipos de instalacións de auga. • IDENTIFICAR tipos de bombas. • COÑECER a condución de vehículos de emerxencias e o seu posicionamento. • COÑECER os distintos tipos de bombas, o seu funcionamento, o seu uso e necesidades de mantementos. • COÑECER os procedementos de actuación en incendios urbanos e industriais. Duración do módulo: 28 horas. Contidos formativos do módulo. A) Prácticas • Prácticas de tendidos de mangueiras. • Prácticas de mantemento de bombas e impulsión. • Prácticas de condución e de posicionamento de vehículos. • Prácticas de desprazamento en lugares de visibilidade reducida. • Prácticas de extinción de vehículos. Prácticas de actuación en materias perigosas. • Prácticas de extinción de incendios de gases. B) Contidos teóricos • Tipos de combustión. • Equipos de protección individual. O traxe de intervención. El ERA: partes, uso e mantemento. • Axentes extintores: espumas, extintores portátiles, auga. • Instalacións de auga: mangueiras, hidrantes, columnas secas e BIE. • Traxes de aproximación e de penetración ó lume. Traxes NBQ. • Bombas, bombas de achique e turbobombas. Uso e mantemento. • Intervención con risco eléctrico. • A química do lume. • Axentes extintores. • Localización do foco. • Orientación, busca e rescate. • Equipos de respiración asistida. • Entradas forzosas. • Risco químico. Identificación de mercancías perigosas. Denominación do módulo nº 2: INCENDIOS FORESTAIS. Obxectivo do módulo: • IDENTIFICAR os factores que afectan ó comportamento dun lume forestal. • COÑECER os métodos e medios de prevención e extinción de incendios forestais. • COÑECER os procedementos de actuación en incendios forestais. • COÑECER as normas de seguridade na prevención e extinción de incendios forestais. Duración do módulo: 14 horas. Contidos formativos do módulo. A) Prácticas. • Prácticas de identificación das partes dun lume forestal. • Prácticas de extinción mediante ataque directo con ferramentas manuais. • Prácticas de extinción mediante ataque directo con liña de auga. • Prácticas de extinción mediante ataque indirecto: a queima do ensanche e o contralume. B) Contidos teóricos. • A prevención de incendios forestais: actuación sobre os combustibles forestais. • A detección de incendios forestais: o proceso de comunicación. • Medios para a extinción de incendios forestais. • Métodos de extinción de incendios forestais. • Organización do combate: etapas, primeiro ataque e ataque ampliado. • Situacións de perigo e normas de seguridade. Denominación do módulo nº 3: ACCIDENTES DE TRÁFICO. Obxectivo do módulo: COÑECER os procedementos de intervención en accidentes de tráfico. Duración do módulo: 21 horas. Contidos formativos do módulo. A) Prácticas. • Prácticas vehículos. • Desencarceración, excarceracións e simulacións. B) Contidos teóricos. • Introdución ós accidentes de tráfico. • Coordinación en accidentes de tráfico. • Seguridade pasiva. • Estabilización de vehículos. • Seguridade persoal en accidentes de tráfico. • Sistemática de intervención en accidentes de tráfico prácticas con vehículos. Denominación do módulo nº 4: PRIMEIROS AUXILIOS. Obxectivos do módulo: • COÑECER procedementos a seguir en primeiros auxilios. • IDENTIFICAR tipos de queimaduras. • IDENTIFICAR tipos de traumatismos. • IDENTIFICAR outros tipos de lesións e feridas. Duración do módulo: 7 horas. Contidos formativos do módulo. A) Prácticas. • Reanimación: tipos. • Rescates con feridas. • Rescates de interior de vehículos. • Desencarceración, excarceracións e simulacións. B) Contidos teóricos. • Queimaduras. • Alteracións eléctricas. • Afogamentos. • Traumatismos craneoencefálicos, médulas, torácico-abdominais. • Reanimación cardiopulmonar. • Feridas e hemorraxias. • Luxacións e contusións. • Torceduras. • Pautas de actuación en accidentes de tráfico. • Equipos de corte e separación. • Equipos hidráulicos. • Excarceracións. ANEXO IX: DOCUMENTO DE ADHESIÓN CONCELLOS. D./Dona _____________, en representación do Concello de __________. DECLARA: Que o Pleno (ou órgano competente) do Concello de______________acordou, con data de _____ do mes de ___ do ano ______ solicitar a adhesión ó Convenio de Colaboración subscrito entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería do Medio Rural, a FEGAMP e as deputacións provinciais para a creación e implantación dos grupos de emerxencias supramunicipais, e, en consecuencia, MANIFESTA: A vontade de adherirse formal e expresamente a todas e cada unha das cláusulas do convenio mencionado, asumindo as obrigas e compromisos derivados do mesmo e con suxeición plena a todas elas.” 7.6717.- APROBACIÓN DO DECÁLOGO DE CRITERIOS DE ACTUACIÓNS NAS VÍAS PROVINCIAIS Sra. Presidenta.- Punto 7. Aprobación do Decálogo de criterios de actuacións nas vías provinciais. ¿Observacións?. Sr. Mosquera, ten vostede a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sra. Presidenta. Bos días a todos e a todas da corporación e presentes na, entre o público, ¿non?, así como á prensa. Ben, estamos ante un punto que se chama, “aprobación do decálogo de criterios de actuación nas vías provinciais”. A Deputación de Pontevedra ten 1.700 km de vías para unha provincia relativamente pequena, catro mil e pico quilómetros cadrados, que a ten unha densidade alta de, da rede, da rede provincial, e ata agora viñamos funcionando con dous instrumentos, ¡eh¡, á hora de actuar para ter uns criterios ós que todos saber a que aternos, e actuando con dous instrumentos que era un, o primeiro, unha ordenanza aprobada no 2013, por unanimidade desta corporación, por unanimidade desta corporación, que se chama Ordenanza de seguridade viaria da Deputación provincial de Pontevedra, ordenanza pioneira naquel momento, que incluso recollía parte das determinacións que estaban no regulamento de, no borrador de regulamento de tráfico … e que recolle, bueno, toda unha serie de cuestións que supoño que serán coñecidas por todos os membros da corporación, ¿non?. Basicamente, estaba centrado, pois, en primar, esa ordenanza estaba centrada en primar ou ter en conta as mobilidades amables e a seguranza viaria que, como todo o mundo supoño que coñecerá, a provincia de Pontevedra vai mellorando, pero, durante moitos anos tivo o triste récord, a triste marca de ser a peor de Galicia, e a peor do Estado, en canto a seguranza viaria e, como consecuencia, tiñamos, bueno, en todos os aspectos, á parte dos mortos ou feridos ou accidentes, pois, os seguros máis caros de todo, de todo o Estado, ¿non?. Coas cifras en seguranza viaria pódense facer todas as trampas que se queiran, pódense recoller, como se, en fin, cambiando cifras, pero, as compañías de seguros si saben os accidentes que houbo, e na provincia de Pontevedra podía chegar a ser, pois, como un 40% máis caro o seguro ca de Ourense ou incluso o dobre que a de Madrid. E estamos actuando, tamén, cuns criterios non escritos acordados, senón me falla a memoria, no ano 96, no que, as e, cando se urbanizaba o se actuaba nunha, nunha vía provincial, pois, o que era, vamos, a plataforma, a vía máis as pluviais pagaba todo a Deputación, e o outro pagábase mitad e mitad, e os terreos poñíaos o concello a disposición, cousa que na práctica levou a certas, a certos desvíos, e a certas desigualdades entre concellos, en algúns concellos cando había que facer muros, ó expropiar, pagáballos a Deputación e en outros non. Ben, entonces o que se trata con este decálogo, ¡eh!, é afondar e deixar claro o que está aprobado, repito, por unanimidade desta corporación, e os criterios que xa existían, pero, digamos, en certo modo de palabra, non por escrito, ¿non?. Entonces que quede moi claro e que as normas queden, queden absolutamente clariñas para todos os, as, vamos, os axentes en este, fundamentalmente os concellos que poidan participar nas vías provinciais, ¿non?. Aclárase quen ten que poñer os terreos a disposición, aclárase quen ten, quen ten o sostenimento, ¿verdad?, chega ó extremo nas desigualdades, ¡eh!, entre concellos según o color que foran ou, en fin, a simpatía que tuveran, resulta que unha vía provincial que está urbanizada, que ten uns bancos, unhas farolas, o que sexa, había, había concellos nas que a Deputación se facía cargo delas, e en outros non se facía, tiñan que se facer o concello, cando é clarísimo, que o criterio era que os elementos de urbanización, ou reparar lousetas, o que sexa, pois ten que ser a, ten que ser o, vamos, o concello quen a, queda claro nestes criterios que ten que ser o concello, e teoricamente era así hasta ahora, quen o ten que facer. Estes criterios mandáronse a todos os concellos, non hai ningunha, en principio, chegou hoxe unha, vamos, totalmente incorrecta, dun dos concellos que era beneficiario de que a Deputación lle estaba facendo cousas que teoricamente non correspondían, pero, con respecto ó fondo non hai ningunha queixa dos, ¿non?, dos, ou ningunha aportación dos concellos que lle parezan, que lle parezan incorrectas, e, o que pretendemos é única e exclusivamente é que quede claro, definido, e que non poida haber por parte da Deputación actuacións diferentes, favorecedoras ou prexudicadoras, según situacións, según colores políticos, simpatías ou o que sexa, e as normas sexan, absolutamente, claras para todos e cada un dos concellos desta provincia. Á parte, si, con este decálogo aprobado, non hai marxe de maneobra para que nun caso se diga, “¡ai!, pois vamos a facerlle a beirarúa e pagar a Deputación”, ou noutro caso, noutro caso, pois, tena que pagar o concello. Queda clariño e transparente, obxectivo, ¿non?, sen ningunha marxe de discrecionalidade para ter un marco de xogo todos no que nos poidamos mover, e non haxa, digamos, dúbidas, nin haxa, vamos, ese, ese, ese marxe de discrecionalidade. Ós grupos políticos déuselle na Comisión de hai un mes, tiveron un mes para facelo, non temos ningunha aportación, ningunha suxerencia, ningunha modificación por escrito. Polo tanto, agardo que, si con esta toda tramitación, este todo funcionamento, sexan aprobadas por unanimidade. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- ¿Algunha palabra máis?. Pois, procedemos á votación. Non, que non a pediu. Ten vostede a palabra. Sr. Aragunde Aragunde.- Bos días, bos días a todas e a todos. Sra. Presidenta e Sr. Vicepresidente, vostedes son representantes dos concellos máis grandes da provincia, de Vigo e de Pontevedra, ben se nota. Porque, permítanlle, permítanme que lles diga, que nos transmiten que descoñecen a realidade da provincia, e sobre todo, do rural galego e das zonas interiores de Pontevedra. Seguen dándolle pouca importancia ós concellos pequenos, e non só polo cheque infinito para Vigo, ou convenios para Pontevedra, é que, ademais, dende o inicio desta lexislatura se retirou toda a maquinaria que estaba operando nos municipios pequenos da provincia, e nestes momentos, estaban prestando, ademais, uns servicios, pois, moi bos, e cumprindo cun dos obxectivos fundamentais da Deputación de Pontevedra que é colaborar cos concellos con menos recursos. E hoxe en día, si nos acercamos en este momento ó Parque de maquinaria veremos unha amplia flota, totalmente parada e condutores sen ningunha función. Polo tanto, esto o que fai é que os concellos pequenos teñan que endebedarse para manter en boas condicións as pistas e viais. Pero, entrando no decálogo, no punto 5 deste decálogo, é o que máis nos sorprende, porque din que as vías con menos de 3.000 vehículos día, a non ser en esas, non se realizará a ampliación de plataforma, nin modificación de trazado. A verdade, é que vostede ten que saber, coma nós, que son en moitos concellos, en moitas parroquias, vías fundamentais de conexión entre parroquias ou entre concellos, ás veces incluso sendo a única vía de comunicación. Polo tanto, con este decálogo e con este punto en concreto, o número cinco, vostedes condenan ó ostracismo algunhas parroquias e algúns concellos da provincia e, ademais, merman a capacidade destes municipios para desenvolverse, por exemplo, serían moitas as empresas que o pensarían dúas veces antes de instalarse en un destes municipios, destes municipios, senón teñen unha vía cómoda, segura e con boa conexión, entre outros, coa provincia. No punto 8 e 9 falan de cofinanciación, e falan do 70-30, falan dun 60-40, en casos de reurbanización, pero, coa obrigatoriedade de transferir esas vías ós concellos. Unha vez máis, esa capacidad poden tela concellos grandes, pero, ás veces, concellos pequenos non teñen esa capacidad de cofinanciación. Ademais, desa maneira, con esa transferencia, están asfixiando máis todavía, porque en mantenemento é onde máis gastan os concellos, están asfixiando máis as economías deses concellos pequenos. ¿Que pasa?. ¿Imos a crear ciudadanos de primeira e ciudadanos de segunda?. ¿É que os veciños e os ciudadanos do rural galego non teñen dereito a ter unhas boas comunicacións?. A verdade, é que, ademais, no decálogo se denota un afán importante pola transferencia ós concellos. En canto ó calmado do tráfico, que é outro dos puntos e dos criterios do decálogo, non entendemos as zonas, nós entendemos as zonas a trinta, a trinta quilómetros/hora e os badéns como medidas excepcionais, pero non como norma para utilizar sempre. Si é certo, tamén, que existen puntos ou criterios nos que estamos de acordo, e que nos parecen moi coherentes, pero, aquí se votará o decálogo en conxunto, non imos a votar punto por punto. Nós solicitámoslle a retirada do orden do día deste, deste decálogo, para crear unha comisión, unha comisión donde poidan participar tódolos concellos, ou unha representación dos concellos da provincia, de todas as cores, e donde se estudie e se analice, e se consensue este decálogo. Volvemos a facerlle este ofrecemento neste pleno, pero, tal cuál está ahora mismo o decálogo, e aínda compartindo moitos dos criterios, non podemos votar a favor, porque sería traicionar ós alcaldes, e sobre todo, ós veciños dos municipios máis pequenos. Pero, a verdade, é que mudou o concepto, ata aquí a Deputación estaba ó servicio dos concellos, con especial interese nos menores, agora xa non é así. En todo caso, queremos agradecerlle publicamente, Sr. Mosquera, esa invitación que nos fixo para reunirnos con vostede e aportar, que si aportamos en esa reunión, non por escrito, pero, si aportamos cambios en este decálogo, queremos agradecerlle esa reunión, aínda que en esta ocasión non chegásemos a un consenso. Sras. Diputadas, Sres. Diputados, queren aprobar a costa dos concellos pequenos estes 10 mandamientos, que se resumen en uno, “amarás a Vigo y Pontevedra sobre todas las cosas”. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Diputado. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moi, moi brevemente para, para rematar. Home, que teñamos que escoitar que o Parque de maquinaria que era o brazo armado, ¡eh!, do PP, durante moitísimos anos, que iba directamente polo, ¿non?, pola Presidencia, a quen se lle mandaba ese chapapote en frío, que non, que bueno, que era estar sempre no mesmo circuito que era, botábase un ano, a primeira chuvia levantábase e outro ano había que botalo, o sea, sempre estabamos dependendo deso, pois, francamente sorprende, francamente sorprende. Está claro, valorouse que capacidade tiña, e a capacidade hai que dedicala basicamente ás vías provinciais, e en eso, en eso estamos, ¿non?. Ben, en canto á transferencia ós concellos, é unha cousa moi sorprendente, porque xa estaba, outra cousa é que non se cumprira, pero xa estaba, e, non ten sentido que un vial urbanizado, estase falando de viais que se urbanicen e que a maioría págao a Deputación, pois, que non pase ós concellos. Curiosamente uns concellos si o estaban facendo, recepcionando os viais, e outros non, pero, a norma xa estaba, é moi sorprendente, francamente, porque os problemas que se lle está creando cunha vía de Deputación ós veciños é enorme, o sea, cando ten que pedir unha licenza pa pechar, permiso á Deputación, cando ten que pedir unha licenza de obra, permiso á Deputación, se se transfire ó concello todo eso desaparece, todo eso desaparece. E, o lóxico é que un vial urbanizado, porque é o propio concepto, urbanización municipal, concellos, e, se hai algún concepto básico é ese, polo tanto, e se estaba aplicando, outra cousa, nos convenios poñía que había que transferir, outra cousa é que despois non se fixera, que eso, precisamente, é o que daba lugar a, lugar á discrecionalidade. Con respecto ás, ás porcentaxes, é o que se estaba aplicando, é máis, por exemplo con Sanxenxo, como era un concello costeiro e demais foi 55-45, o concello fixo bastante máis, fixérono vostedes, iso quere dicir que é o mínimo, é lóxico se as beirarrúas, a iluminación os, bueno, pois, se hai bancos, o que sexa, é unha competencia típica municipal. Entonces, o lóxico é que o financie, xa a Deputación lle está pagando a mitad de eso, máis o total da vía, é o que se estaba aplicando, repito, é do ano 96, creo, senón me acordo mal. E xa, o que é moito máis sorprendente, francamente, é o das zonas 30 e demais, está nunha ordenanza que aprobamos aquí por unanimidade, está que todas as estradas da Deputación que pasen por tramos urbanos, ¡eh!, a máxima é 40, que se pode baixar cun acordo do titular da vía, e preferiblemente 30, depende das condicións, está, está, está na ordenanza que aprobaron ustedes, despois de meses e meses de estudo e darlle voltas. Entonces é francamente sorprendente, eu quédome coa sensación, e agradezo, vamos, que se teña en conta o esforzo que se fixo por parte do goberno para, para chegar a un acordo, quédome, quédome coa sensación de que non hai ningún argumento, pero, polo que sexa, por unha decisión política ou por contentar a alguén, pois, ustedes nono van a apoiar, cando na traxectoria que houbo cando xestionaban eso, obviamente, é esto, o sea, o único que cambia isto en relación o que había, o que había é que queda por escrito, transparente, claro, e igual para todos. E eso dos 3.000, non é o problema dos 3.000 ou non, a ver, é un problema de que estuvemos destrozando, e foi necesario, pero estivemos destrozando o territorio, tirando muros absolutamente irrecuperables para sempre, que hoxe non se poden construír porque serían carísimos, un artículo de luxo, afectando regatos, afectando zonas de evacuación de aguas, afectando zonas húmidas, e demais, veña, dalle, veña, refai, fai, refai, e demais, e a cantidade de veces si ningún obxectivo, non se ve para nada a mellora, non se ve, e os cartos públicos hai que, cada euro que se gasta hai que medilo ó máximo, e se en un sitio, que hai un problema de seguranza viaria, está no criterio anterior no 4 ou no 3, prioritario, que hai un problema de, prioritario. Ahora, simplemente pola comodidade de dicir, “é que aquí hai un sitio en que pasan 400 vehículos”, e poño un exemplo real, catrocentos vehículos ó día, o sea, un cada 5 ou 6 minutos, e resulta que hai un sitio onde non se cruzan dous camións, ¿verdad?, e para iso, pois, nos gastamos dous millóns de euros, ¡eh!, cando se resolve, pois, cun semáforo de botón, nun semáforo solar que pase un lado pa outro, ¿verdad?, catrocentos, estou poñendo exemplos deste tipo que son reais, ¡eh!. Bueno, eso nos parece que é algo que hai que pasar á historia, hai que pasar á historia porque nos metemos nuns gastos que hai moito máis que gastar, hai moita xente pasándoo mal que hai que axudarlle, e hai moitos sitios en … nun cruce, que hai, que hai que facelo, etc. Entonces, se hai perigo, actuase, prioritario, dio claramente, ahora, estar mellorando estradas, simplemente, para 200 habitantes, bueno, é certo que temos autovías con 1000, con 1000 coches ó día, claro, claro que as hai, disparates, creo que a día de hoxe iso non é defendible. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- … nos viais provinciais. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 15 votos a favor e 12 en contra. A rede provincial de estradas, con arredor de 1.700 quilómetros de lonxitude, supón o eixe principal das competencias da Deputación de Pontevedra en materia de infraestruturas e mobilidade ó abeiro do establecido na Lei 7/85 e máis na Lei de Estradas de Galicia 8/2013. Esta rede provincial sitúase na estrutura viaria global por detrás das estradas de competencia estatal e da Xunta de Galicia. De feito, a maioría das vías da rede provincial (deixando a un lado aquelas con funcionalidade e capacidade relativamente altas, que terán un tratamento específico) non posúen as características nin a vocación para converterse en vías con capacidade para competir ou servir de alternativas ás doutras administracións. Ampliar e modificar vías consolidadas adoita ser un proceso que precisa dun grande investimento económico e con graves afectacións tanto a bens coma ó patrimonio edificado e ó territorio. Ademais, as novas tendencias obrigan a ter en conta as necesidades das chamadas mobilidades amábeis. Por iso o novo goberno da Deputación de Pontevedra considera que é necesario un replaneamento profundo e conceptual das actuacións no viario provincial. Da case exclusiva política de actuación, mediante ampliacións, eliminación de curvas e dotación de beirarrúas mínimas, levada a cabo ata o de agora, o traballo do goberno provincial debe evolucionar cara unha política máis acorde coas demandas urbanísticas, medio ambientais e sociais de máximo respecto ó territorio e ó patrimonio construído e de proporcionalidade entre medios e fins. Débese ter moi en consideración o servizo que presta cada vía e as demandas reais e potenciais, facendo especial fincapé na protección dos colectivos máis vulnerables, peóns, ciclistas e persoas con mobilidade reducida. Por outro lado, os proxectos de urbanización das vías provinciais que atravesen zonas habitadas deberán ter en conta as tendencias máis avanzadas sobre a calidade de deseño, sobre todo no relativo a garantir que a mobilidade dos colectivos máis vulnerables, habitualmente mal resolta en canto a accesibilidade e comodidade, se faga coa máxima eficacia nun espazo continuo de seguranza viaria. Por último, é conveniente que as condicións nas que se executarán as actuacións mediante convenio cos concellos queden determinadas e fixadas con criterios claros, obxectivos e transparentes, ó abeiro da normativa vixente. En base ó exposto e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE, do BNG e de Coalición Electoral SON, e cos votos en contra do PP, aprobar o seguinte decálogo de criterios para as actuacións nas vías provinciais tanto de iniciativa provincial coma das executadas mediante convenios cos concellos: 1 A Deputación priorizará en todas as súas actuacións en materia viaria as necesidades dos sectores máis vulnerables. A xerarquía a seguir será 1º peón, 2º ciclista, 3º transporte público, 4º vehículo privado. En cada proxecto establecerase a fórmula para garantir unha convivencia harmónica das diferentes mobilidades de forma coherente (vías segregadas ou de uso compartido, mesmo ou diferente nivel...). 2 A Deputación centrará os seus esforzos na boa conservación do patrimonio viario provincial, en particular nas actuacións encamiñadas a aumentar a seguranza viaria para peóns e vehículos, tales como rozas e limpeza de cunetas, mellora do estado do firme, sinalización horizontal e vertical, balizamento ou iluminación, entre outras. Daráselles prioridade ás áreas sensibles: zonas habitadas, travesías ou interseccións. 3 Os tramos da rede provincial que presenten unha frecuencia de accidentes significativamente superior á media de tramos semellantes e nos que, xustificadamente, unha actuación na infraestrutura poida conducir a unha redución efectiva da accidentalidade, serán prioritarios á hora de redactar proxectos de actuación. 4 Unha redución efectiva da velocidade nas vías provinciais implica unha diminución drástica do número de accidentes polo que a Deputación fomentará as reducións mediante sinalización e a implantación de medidas de calmado do tráfico. As solucións propostas serán, preferentemente, zonas 30, pasos de peóns sobreelevados (PPS) e redutores físicos de velocidade de vehículos (RFVV), entre outras. 5 As actuacións de modificación de trazado e ampliación da plataforma realizaranse só en estradas cunha intensidade media diaria de vehículos superior a 3.000 vehículos/día, de non ser viables outras alternativas de menor impacto. 6 A Deputación daralles ás áreas de especial interese natural, paisaxístico, histórico, cultural e arquitectónico un tratamento e unha sinalización específicos nos seus proxectos. O obxectivo é protexer, potenciar, dinamizar e divulgar o patrimonio existente poñéndoo en valor e integrándoo en cada actuación. 7 Nos proxectos de urbanización ou reurbanización, as beirarrúas, no caso de existir e salvo excepcións puntuais xustificadas, terán rasantes continuas, un largo mínimo de 2,50 metros e cumprirán cos criterios de accesibilidade universal. Os distintos elementos do mobiliario urbano situaranse de forma que xeren un espazo peonil continuo de seguridade sen obstáculos. Caso de que esta solución sexa desaconsellable ou imposible a alternativa prioritaria será a plataforma única ó mesmo nivel coas medidas de redución e calmado de tráfico necesarias para protexer os colectivos máis vulnerables. 8 As actuacións de urbanización de vías provinciais serán cofinanciadas ó 70% pola Deputación e o 30% por cada concello. As reurbanizacións serán cofinanciadas ó 60% pola Deputación e o 40% por cada concello. A posta a disposición dos terreos, ante fedatario público, correrán a cargo do concello, agás se por razóns de interese xeral cómpre a incoación do procedemento expropiatorio, correndo o concello cos seus custos. 9 En todos os casos de urbanización ou reurbanización a actuación levará aparellada a transferencia ós concellos da titularidade da vía no tramo correspondente, que non ten por que estar circunscrito ó ámbito de actuación. Fomentarase a transferencia dos treitos urbanos que teñan inicio e final nun mesmo concello. 10 En todos os casos de vías provinciais nos que existan actualmente ou se doten no futuro de servizos urbanos: subministro de auga, fibra óptica, rede de esgotos, iluminación, beirarrúas, mobiliario urbano, limpeza viaria... o seu coidado e mantemento corresponderanlles ós concellos. Á Deputación corresponderanlle a conservación do firme, a sinalización horizontal e vertical e a rede de pluviais. A Presidencia ou deputado delegado ditará as resolucións e recomendacións necesarias para a concreción e aplicación deste decálogo en cada un dos proxectos tanto de iniciativa provincial como mediante convenio. 8.6718.- PROPOSTA DE ACORDO PARA A ADHESIÓN Á REDE ESTATAL DE ENTIDADES LOCAIS POLA COMPOSTAXE DOMÉSTICA E COMUNITARIA Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 8 da orde do día. Proposta de acordo para a adhesión á rede estatal de entidades locais pola compostaxe doméstica e comunitaria. Ten a palabra Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moi brevemente. Pido, vamos, esto si que non levou moito tempo de trámite, meteuse na Comisión para, con, digamos, por urxencia, bueno, pedín disculpas na Comisión e agradezo que toda a Corporación as aceptara. Trátase, basicamente, que hai unha serie de, vamos, de concellos e de deputacións, que queren intercambiar experiencias, montaron unha rede, que é o que consta no expediente e, bueno, como agora estamos na provincia de Pontevedra facendo estes esforzos colectivos que, que, en fin, que, tamén agradezo que sean aceptados, e que cada un colabore na medida da súa responsabilidade, pois incorporarnos co obxectivo, que anuncio xa, e agardo que se confirme, de que o próximo congreso de esta rede ó que asiste moitisima xente, pois se poida celebrar na provincia de Pontevedra, ¿non?. Entonces, é un paso necesario o de integrarse nesa rede para, despois, non vai celebrar a rede un congreso, que no último asistiron 800 persoas, que non é unha cousa pequena, pois, sin estar, sin ser socio. Entonces, por eso é necesario facelo agora e desta maneira que cremos que é un paso positivo, todas estas adhesións, como sempre, se chega un momento que non funcionan e se ven que non responden ás expectativas nin aporta esa, digamos, ese fluxo de información, intercambio de experiencias de alguén que fixo algo diferente ou que xa vai máis avanzado, pois, obviamente, sempre podremos, podremos retirarnos, pero nestes momentos cremos que é oportuno dar este paso e integrarnos nesta rede. Sra. Presidenta.- Moitas gracias. Non habendo máis intervencións procedemos á proposta de acordo para adhesión á rede estatal de entidades locais pola compostaxe doméstica e comunitaria. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobada por 15 votos a favor, e 12 abstencións. Visto o ditame da Comisión Informativa de Medio e Desenvolvemento Sostible do día 22 de xaneiro de 2016, no que se ditamina favorablemente o contido da proposta do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego para á adhesión á rede estatal de entidades locais pola compostaxe doméstica e comunitaria, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE, do BNG e de Coalición Electoral SON, e coas abstencións do PP, aprobar a proposta do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego nas seguintes condicións: 1. Acórdase a adhesión á Rede Estatal de Entidades Locais pola Compostaxe Doméstica e Comunitaria. 2. Compromiso de cumprir e facer cumprir os obxectivos da Rede, así como desenvolver políticas locais que impulsen a compostaxe doméstica e comunitaria, utilizando todos os medios posibles segundo as propias características e posibilidades. Estas políticas desenvolveranse a través de campañas educativas, informativas e divulgativas; establecemento de experiencias piloto e desenvolvemento de programas de investigación; programas de implantación directa entre a poboación; programas de axuda, apoio e asesoramento; así como calquera outra que persiga o obxectivo xeral da Rede. 3. Compromiso de incorporar as experiencias de compostaxe doméstica e/ou comunitario na política local de residuos. 4. Acepta as normas de funcionamento da Rede e asume as responsabilidades que se deriven do funcionamento da Rede, así como abonar as cotas correspondentes derivadas da pertenza na mesma. 5. Designar como representante legal na Rede a Don Cesáreo Mosquera Lorenzo (Vicepresidente da Deputación). O texto literal de dita proposta di como segue: “PROPOSTA PARA A ADHESIÓN Á REDE ESTATAL DE ENTIDADES LOCAIS POLA COMPOSTAXE DOMÉSTICA E COMUNITARIA. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O 26 de xuño de 2008, constitúese en Pamplona a Rede Estatal de Entidades Locais pola Compostaxe Doméstica e Comunitaria, unha asociación de municipios, mancomunidades e provincias axuntadas polo desenvolvemento de actuacións de redución de residuos a través da compostaxe descentralizada. A pesar do aumento significativo deste tipo de experiencias en todo o Estado, era patente a falta de información ou de referentes para a posta en marcha ou o desenvolvemento destes proxectos. A actividade da Rede Estatal de Entidades Locais pola Compostaxe Doméstica e Comunitaria está dirixida ó impulso, fomento e promoción das políticas públicas para a compostaxe doméstica e comunitaria, dado o importante papel que estas poden desempeñar na redución dos residuos orgánicos. Os gobernos locais, como nivel de goberno máis próximo ós cidadáns, teñen a responsabilidade de influír nos comportamentos individuais cara á sustentabilidade a través da educación e a concienciación. Neste sentido a Estratexia Española de Redución da Cantidade de Residuos Biodegradables Destinados ós Vertedoiros presentada no Plan Nacional Integrado de Residuos 2007-2015 recoñece que a compostaxe doméstica e comunitaria constitúe unha interesante modalidade para a redución destes residuos, sendo unha práctica pouco estendida en España e que por tanto sería necesario ampliala como complemento ás xa existentes. Desta forma a compostaxe doméstica e comunitaria, demostrando ser a ferramenta máis eficaz de redución en orixe dos residuos orgánicos, é, ademais, unha práctica útil para cumprir os obxectivos establecidos na citada Estratexia.” 9.6719.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA CONCRETAR OS INVESTIMENTOS QUE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA VAI REALIZAR NO CONCELLO DE VIGO E O SEU IMPORTE Sra. Presidenta.- Pasamos o punto 9 da orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para concretar os investimentos que a Deputación de Pontevedra vai realizar no concello de Vigo e o seu importe. Ten a palabra a Sra. Muñoz Fonteriz. Sra. Muñoz Fonteriz.- Muchas gracias Presidenta. Buenos días a todos y también a todos los que nos acompañan hoy aquí en este pleno. Yo para complementar las palabras de mi compañero del grupo provincial de, “amaras a Vigo y a Pontevedra sobre todas las cosas”, tengo que decir que parece que es sólo a Pontevedra, porque Vigo, desde luego, todavía está esperando a ver en que se materializan las actuaciones de la Diputación de Pontevedra en la ciudad, porque tenemos muchas palabras bonitas, grandilocuentes, eso sí, pero, desde luego, absolutamente ninguna concreción. Y ese es el motivo precisamente de esta moción que presentamos hoy en la Diputación de Pontevedra, moción que, por cierto, también se presentó en el pleno del concello de Vigo y que, en la que, desgraciadamente, no tuvimos absolutamente ninguna respuesta y ninguna concreción más que nuevas, más que meras vaguedades. Porque ya han pasado 6 meses, ya han pasado 6 meses, más de 6 meses del famoso cambio que iba a suponer una transformación para la ciudad de Vigo, como consecuencia del cambio en la Diputación de Pontevedra, y a día de hoy, y 6 meses después, pues, los vigueses no saben que es lo que se va invertir y, desde luego, tampoco lo saben el resto de pontevedreses. Porque están generando confusión con sus declaraciones, con esas declaraciones de infinito, de maravilloso, de extraordinario, de hacer justicia por fin con la ciudad de Vigo, parece que Vigo se va a llevar todo y realmente Vigo, desde luego, está con las manos vacías. Desde esa, desde esa voluntad de grandes manifestaciones asistimos en el mes de noviembre a una firma de un protocolo, un protocolo firmado a bombo y platillo, que desde luego hasta ahora se ha demostrado que solamente es papel mojado, una simple declaración de intenciones, pero, que no tiene absolutamente ninguna cifra, ni una sola actuación concreta. Y desde noviembre, han pasado los meses, esperábamos que se concretara por fin y, desde luego, no hemos tenido ninguna contestación. Yo creo, que este es el mejor momento, este es el sitio, este el pleno de la Diputación de Pontevedra, el mejor momento donde pueden aclarar, exactamente, qué es lo que van a hacer ustedes en la ciudad de Vigo, qué inversiones van a hacer y cuánto importe van a comprometer. Porque la verdad, es que no sé si no lo quieren decir porque tienen el listón muy alto, tienen ustedes el listón muy alto, porque la realidad es que en el período entre 2007 y 2015, la Diputación de Pontevedra, el anterior gobierno provincial, invirtió 90 millones de euros en Vigo, si, si, 90 millones de euros, y no en protocolos fantasmas ni en declaraciones, no, en cantidades concretas en los presupuestos, con cifras y con actuaciones concretas, que es como se hacen las cosas si se quieren hacer bien, 15 millones para Balaídos, 60 millones de euros en equipamientos y programas de acción social, cultural y deportiva, 15 millones más en infraestructuras y programas, como carreteras, obras públicas, etc., colaborando y ayudando activamente a más de 140 colectivos culturales de la ciudad, a más de 90 entidades deportivas con actuaciones y, deportivas en las que han participado más de 35.000 alumnos, y más de 50 colectivos sociales con los que se ha colaborado activamente para realizar actuaciones de interés social. En definitiva, cantidades concretas, actuaciones concretas, que se han realizado en la ciudad de Vigo. ¿Y qué nos encontramos en los presupuestos de la Diputación de Pontevedra para Vigo, en los presupuestos para el año 2016?. Pues, curiosamente, lo único que aparece y en el único momento en que aparece la Diputación de Pontevedra en esos, la ciudad de Vigo en esos presupuestos de la Diputación, es la reforma del estadio de Balaídos que ya había dejado firmado el anterior gobierno. Nada más, nada más, no han concretado ustedes, absolutamente nada más, y lo poco que han hecho, y ya se lo decía en el pleno del ayuntamiento de Vigo, ha sido, desde luego, lamentable y un desastre para muchos vigueses. Primero, decidieron de forma unilateral eliminar, cargarse literalmente, la Escuela de gaitas, sin aviso, con premeditación y alevosía, sin darles la oportunidad de organizarse ni buscar alternativas de financiación y, sobre todo, perjudicando a cientos de alumnos de la escuela que allí reciben, que allí recibían sus clases. Segundo, avanzaron con el despropósito de las rondallas, eliminando un concurso histórico que se desarrollaba en el IFEVI, y fue tal la contestación que tuvieron que medio rectificar y hacer un parche con el concello de Vigo en una especie de intento para tapar, desde luego, una nueva decisión bastante lamentable por su parte. Y, acaban de coronarlo con la más reciente decisión de negar el apoyo al Rallye Rías Baixas, en un acto que para nosotros es de sectarismo absoluto, sin ninguna explicación razonable ni convincente, despreciando a los miles de personas que participaban activamente en ese rallye, a los miles de personas que disfrutaban también del rallye todos los años, y despreciando a unos de los sectores más importantes para la provincia, al mundo del motor, que es uno de los pilares, desde luego, de la provincia de Pontevedra. En esa decisión absolutamente inexplicable y con excusas, además, de mal pagador, excusas que no se sostienen bajo ningún concepto, porque no tienen absolutamente ninguna justificación más que negarse, porque sí, a apoyar a este rallye, a la celebración de este rallye, y, además, acudiendo a esas justificaciones que, desde luego, a alguien que tenga un poquito de conocimiento de derecho administrativo, sinceramente, señores del gobierno provincial, sorprenden, y sorprenden, desde luego, muy seriamente, y deben de estar sorprendiendo, también, a los funcionarios, a los que tanto dicen respetar, de la Diputación que han estado, también, tramitando ese tipo de ayudas, y a los funcionarios, por cierto, tengo también que decirlo, del concello de Vigo que, también, tramitan día sí y día también, subvenciones nominativas para, en los presupuestos del concello. Porque, sí, dicen ustedes que es que las subvenciones nominativas son ilegales, pero, ¿ustedes se han leído la Ley 38/2003 de subvenciones, generales de subvenciones del Estado?, ¿realmente, se lo han leído ustedes?, o los muchos asesores que tienen tampoco han tenido tiempo de leer lo que dice la Ley de subvenciones. Mire, le voy a recordar, el artículo 22 de la Ley de Subvenciones, que habla de los procedimientos de concesión y que dice que; “las subvenciones nominativas son aquellas que se prevén, su dotación presupuestaria y el beneficiario en los estados de gastos del presupuesto”. Esa es una subvención nominativa, perfectamente legal, pero, hay que querer, y el problema que ustedes tienen es que no quieren, y no quieren subvencionar con transparencia y con publicidad a aquellos que no les rinden adecuada pleitesía. Y esa es la única excusa que ustedes tienen para denegar el apoyo a determinadas actuaciones y, en concreto, en este caso el apoyo al Rallye Rías Baixas. Pero, bueno, ya habrá tiempo de hablar de este tema en el pleno extraordinario que viene a continuación, porque, desde luego, pedimos explicaciones y, desde luego, pedimos que rectifiquen. Pero, con el mismo argumento se está empezando a generar una preocupación que también pido, que en su intervención, que nos aclaren, porque por el mismo razonamiento ustedes podrían negarse a financiar El Marisquiño, y me gustaría que respondieran aquí, claramente, rotundamente, ¿van a negar la financiación del Marisquiño este año 2016?, ¿se van a negar a apoyar al Marisquiño desde la Diputación de Pontevedra?. Sería un buen momento para que lo aclararan aquí y ahora, y para no dejar ninguna duda en el aire. Espero, sinceramente, que en esta contestación a esta moción se expliquen, que contesten a la moción, que digan de lo que presumen, que sean transparentes, que digan que es lo que va a hacer la Diputación de Pontevedra en Vigo en el año 2016, que digan las cifras, que digan las actuaciones, no se vayan por las ramas, no empiecen a criticar a los demás, no empiecen a echar balones fuera para evitar hablar de lo que realmente interesa, desde luego, y mucho, a todos los vigueses y a todos los pontevedreses. Les pedimos que concreten, ya sé que puede ser difícil, ese famoso infinito, pero, de momento lo que tenemos es cero y el infinito de cero es cero. Sean serios, por favor, les pedimos que concreten que respondan a lo que se les pregunta y que le digan a todos los ciudadanos exactamente lo que tienen previsto hacer y como lo van a hacer. Muchas gracias. Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Sr. Jácome tiene la palabra. Sr. Jácome Enríquez.- Bo día a todas e a todos. Ben, imos a votar a favor do acordo desta moción e gustaríanos que o equipo de goberno informase, coa maior aproximación posible, a data na que os investimentos serán concretados, e cando esta información estará dispoñible para os grupos da oposición. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Perdón, Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas. Eu teño que felicitar, xa felicitei no pleno pasado á Sra. Muñoz, porque capacidade de demagoxia ten moita, ¿non?, ese discurso. A ver se nos enteramos, estamos nun pleno dunha deputación, usted non ten experiencia aínda, non é un mitin, non é un mitin. Bueno, si resulta que nos mitins en Vigo lle iba pouca xente, non lle aplaudía, pois que quere suplilo aquí con dar un mitin pa que lle aplaudan, bueno, pois é lexítimo pero está bastante fóra do lugar, alá cada un, e irase moi contenta. Ahora, póñanse de acordo, ¡eh!, porque resulta que a Deputación ten cada ano de gasto que non sexa interno, Príncipe Felipe, etc., pois 60 millóns, ¡eh!, resulta que deses, o sea, que en tres anos poden ser 240, resulta que Vigo se levou 90, e o outro di que ahora vai levar máis e resulta que os pequenos salen perxudicados, desde logo, non o damos aclarado, é imposible, é imposible aclararnos, non dan as contas, non dan as contas. Pontevedra, tamén resulta que saía beneficiada, según dicían, tamén saía beneficiada, entonces, a ver de onde sale o resto, o sea, os outros concellos non levarían un duro, bueno, póñanse, póñanse de acordo. Ahora, traer aquí debates de Vigo, ou o que sea, obviamente, xa o dixemos e, por moito que o vista o non vista, a ver si nos poñemos, o entendemos, é dicir, esta Deputación quere respectar ó máximo a autonomía de cada concello, e desde logo, non andar, se un concello toma una decisión contrapesala aquí con outras, con outras cousas, ou cada concello ten autonomía para decidir o que ben entenda. Polo tanto, traer debates de Vigo, ou de aquí, non ten ningún sentido e faremos o mismo en todas as ocasións nas que, por si non queren ler ou queren interpretar mal, no Pleno dos orzamentos e, publicamente, xa se dixo, vai haber uns cartos que quedan pendientes dos remanentes, ustedes saben que á altura de xaneiro non están incorporados ós remanentes, entonces quérense adiantar para montar lío, a ver en concreto, en concreto será cando se incorpore os remanentes e se distribúan, xa está dito, entonces ustedes quérense adiantar, non vaia a ser que en febreiro xa traiamos, mire, vai haber tanto pa isto e tanto pa isto, entonces quérense adiantar para montar, miren, fagan, fagan o que lle dea a gana, creo que van moi mal por ese camiño. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Font. Sr. López Font.- Gracias Presidenta. Buenos días a todos y a todas. Resulta sorprendente su moción, Sra. Muñoz, y resulta sorprendente porque, efectivamente, trata de convertir esto en una prolongación del pleno de Vigo y, ciertamente, no es el lugar, como tampoco lo era, tal y como lo plantearon en el ayuntamiento de Vigo, la moción. Y, sinceramente, se lo digo de forma muy cariñosa, esta moción presentada por usted demuestra que usted no tiene ni idea de lo que ha ocurrido durante los ocho años anteriores, pero, ni idea, no sabe lo que se ha hecho en el ayuntamiento de Vigo, no sabe lo que ha hecho la Diputación Provincial de Pontevedra de ocho años últimos del gobierno del Sr. Louzán con la ciudad de Vigo, no tiene ni idea. El otro día relataba en el pleno de Vigo lo que habíamos solicitado desde el Grupo Socialista, lo relataba, pero, sin más contenido, y lo peor es que no nos ha escuchado a este gobierno, no ha escuchado todo lo que hemos dicho en esos, ahora sí, seis meses que llevamos de gobierno. Porque usted presenta dos mociones, pero dos mociones diferentes, que todos sabemos leer entre líneas, y le reconozco que en esta ocasión se ha esmerado al redactar entre líneas, y resulta sorprendente, usted que es tan puntillosa en quien debe de intervenir por parte del gobierno aquí, o en Vigo, resulta sorprendente que la moción de Vigo la presentara el viceportavoz de su grupo y la defendiera usted, ¿y sabe por qué hizo eso?, por lo que le dije el otro día, porque usted tiene dos discursos, uno es el discurso de Vigo, en que el infinito quiere usted aparentar que sea mucho, mucho para Vigo, mientras que cuando se debaten las cuestiones de Vigo aquí lo que hacen ustedes es mofarse e incitar a que parece que a Vigo se le va a dar mucho. Por lo tanto, en Vigo dicen una cosa y aquí dicen otra, y esto está incluido en la redacción. Mire, ya me hubiera gustado a mí, que en la moción que ustedes presentaron en el ayuntamiento de Vigo hubiese las expresiones de la Presidenta de la Diputación que usted incluye aquí, como que la Presidenta firmó que este protocolo devolverá a Vigo el lugar que le corresponde en justicia, un gran lugar, ya me hubiera gustado que en la moción que presentaran en Vigo hubieran dicho esto literalmente. Esto es un doble juego, y yo el otro día en un debate televisivo, en una televisión local de Vigo se lo decía, ya me gustaría a mí que los vigueses la vieran a usted actuar aquí. Mire, las dos mociones, de Vigo y la de aquí, lo que demuestra es lo preocupada que está usted, porque lo que manifestó la Presidenta se va a cumplir literalmente, y lo que figura en su moción, ya me gustaría a mí, usted está preocupada por muchas cosas, bueno, primero, evidentemente, por los resultados electorales que obtuvo que demuestran claramente su grado de conocimiento de la ciudad, y su grado de aceptación por parte de los vigueses. Mire, esta moción que usted ha presentado aquí debería de haber formado parte del presupuesto de la Diputación provincial durante los ocho últimos años, debería de haber formado parte. ¿Sabe cuál es la diferencia fundamental?. La diferencia fundamental que ustedes todavía no han entendido, y me hablaba, nos hablaba antes de cuestiones nominativas, es que antes aquí funcionaba el dedo, Sra. Muñoz, que aquí las cosas se daban porque tal y como entraban por la puerta eran amigos o enemigos, esa es la realidad, y esto ha cambiado. Mire, lo pone usted en su moción, un protocolo entre la Diputación y el ayuntamiento de Vigo, y le voy a leer textualmente lo que usted dice, “…melloras nas infraestruturas viarias, novas humanizacións das rúas, axudas para o deporte, a promoción económica e o emprego na cidade...”, ¿pero lle parece pouco Sra. Muñoz?, ¿le parece poco que en seis de gobierno seamos capaces de formalizar un protocolo que va a comprender absolutamente todo, lo que es un trato igualitario de los ayuntamientos pequeños con los ayuntamientos grandes?, ¿le parece poco este protocolo?. Lo que tiene que hacer es leerlo. Mire, yo le doy las gracias por el texto de sus dos mociones, porque demuestra claramente el cambio de lo que significa el gobierno, y el cambio de lo que nosotros estamos haciendo tanto desde este gobierno de la Diputación, como desde el ayuntamiento de Vigo. Y a mí me sorprende, sinceramente, que sabiendo usted que el presupuesto del 2015, el Sr. Louzán, lo dejó fundido, con partidas de 200 euros donde había 10 o 14 millones, venga con una tremenda celeridad de que esto hay que resolverlo. Estamos a día 29 de enero, Sra. Muñoz, por cierto, es mi cumpleaños y no van a conseguir enfadarme, y lo que sí es cierto, y lo que si es cierto … Escóitanse aplausos e gritos. Sr. López Font.- Y lo que sí es cierto, y lo que sí es cierto Sra. Muñoz, ¿sabe lo que ocurre?, ¿sabe lo que ocurre?, que llevamos sólo, llevamos sólo día, llevamos solamente 29 días de este año, y los protocolos los vamos a formalizar, los convenios se van a hacer públicos y se van a conocer, y no se preocupe, claro, yo comprendo que usted que es una persona capaz en una mañana de redactar un informe que convierta un hospital público, un hospital, perdón, privado en público, quiera que nosotros hagamos las cosas con mucha rapidez, pero, nosotros las hacemos con seriedad pensando en los ciudadanos y no pensando en los intereses a los que usted decía. Mire, le recomiendo que consulte el diccionario de la Real Academia Española y deje de reírse de la denominación infinito, porque infinito según el diccionario de la Real Academia Española es, “algo muy numeroso o enorme”, y esto es lo que se va a hacer en Vigo, pero, también tiene otra acepción en el diccionario y es, “valor mayor que cualquier cantidad asignable”, como la cantidad asignable del Sr. Louzán para el ayuntamiento de Vigo fue cero euros, por eso el alcalde de Vigo decía que era infinito y lo va a ser. Mire, esto rompe con 35 años de absoluto caciquismo, su moción, precisamente, es una moción de censura a todo lo que ha hecho el gobierno del Sr. Louzán con relación a Vigo. Y luego, de cuestiones que plantea usted, bueno, yo, de verdad, deben de ser los 90 millones más fantasmas que se han conocido en la historia de la democracia española, porque, de verdad, si mi partido, si mi administración hubiera invertido 90 millones en Vigo vendría aquí con la relación una por una, pero, no existen esos 90 millones, Sra. Muñoz, no existen, es absolutamente falso, ¿dígame donde están esos 90 millones?, porque ni mis compañeros que estuvieron en la oposición aquí durante cuatro años los han visto. Por lo tanto, y luego, le pido que deje de hacer demagogia. Escuela de gaitas, mire, nosotros no estamos para favorecer a los chiringuitos, nosotros no estamos, para los chiringuitos, si, dígaselo a sus compañeros, dígaselo, porque, mire, esta es la relación de subvenciones nominativas, 13 páginas de lo que era el gobierno del Sr. Louzán, esto sí que son nominativas, esto sí que son a dedo, cuando se hace un procedimiento transparente se hace una convocatoria, se tienen que presentar unos proyectos, tiene que haber informes técnicos, y todo lo que si tuviera tiempo le leería una por una las subvenciones, no tuvieron absolutamente nada de eso. Y, es evidente que difícilmente nos vamos a poner de acuerdo sobre lo que significa nominativa, y lo que significa una convocatoria, y lo que significa una convocatoria pública, porque dado que hace muchísima demagogia con el Rally Rías Baixas, nosotros hemos trasladado el apoyo al Rally Rías Baixas como a todo lo que se quiera, como a todo lo que se quiera hacer en esta provincia. Escóitanse gritos. Sr. López Font.- Pero si afirmo, pero si afirmo una cuestión, el Rally Rías Baixas no es ni más ni menos que nadie, y tiene que ir como el resto, como el resto de las asociaciones a un proceso de cobertura pública, que es lo que vamos hacer, y, efectivamente, ya tendremos ocasión de hablar. Por lo tanto, mire, el resumen, el resumen es muy sencillo, el resumen es muy sencillo, el desarrollo que hicieron ustedes durante cuatro años de las subvenciones, por mucho texto legal que sea, fue dársela al amigo, dársela al amigo en contra de aquella persona que también la pidió. Por lo tanto, Sra. Muñoz no se preocupe por Vigo, que yo se que está muy preocupada, a final de año tendrá que coger la calculadora de sus hijas y podrá ver la suma de los convenios, convenios públicos que se firmaron entre Diputación y concello de Vigo. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Portavoz. Escóitanse gritos. Sra. Muñoz Fonteriz.- Gracias, gracias Presidenta. En fin, no sé que tendría que decir el Sr. Mosquera después del mitin que nos ha dado el Sr. Font, creo que también, también considerará que, igualmente, que la intervención de esta diputada, pues, la intervención de su compañero de gobierno, pues, yo creo que incluso ha superado las expectativas, pero, realmente, y después entraré en la intervención del Sr. Font que, como siempre, no dice nada, sólo insulta, y sólo ofende en sus intervenciones, pues, por lo menos el Sr. Mosquera nos ha dado una idea de donde piensan sacar ustedes el dinero para Vigo, de los remanentes, es decir, los restos, los remanentes son los restos, los restos para Vigo, que vergüenza, que vergüenza señores del Partido Socialista que tanto han criticado a la Diputación Provincial, porque, desde luego, podrán criticar y podrán negar la evidencia que son esos 90 millones, pero la realidad es que los vigueses han visto como ha invertido la Diputación en Vigo esos 90 millones. Ahora ustedes lo que quieren es dedicar esos remanentes, es decir, las migajas, los restos, para todos los ciudadanos, y por eso, precisamente, seguramente, usted en su intervención ni siquiera se ha dignado a dar ni una sola cifra, una vez más, eso sí, ha recurrido a lo que a usted le gusta que es intentar meter cizaña, e intentar hablar de todo menos de lo que se pregunta, hasta se ha metido usted, hasta se ha metido usted con la redacción de la moción, sólo le ha faltado hacer referencia al tamaño de la letra, y al tipo de la letra y haber contado el número de letras, solo para no hablar de lo que se pregunta. Sinceramente, me parece lamentable para un diputado provincial, igual que me parece lamentable para un concejal de Vigo, los ciudadanos no nos piden eso, Sr. Font, los ciudadanos no están pidiendo que, realmente, trabajemos por ellos, y no por nuestros intereses partidarios que es exactamente lo que usted hace. Y ahora que empieza … Escóitanse aplausos. Sra. Muñoz Fonteriz.- Y ahora que empieza usted un nuevo año, y felicidades por su cumpleaños, hágase los propósitos de año nuevo, y hágase el propósito de, realmente, bajar ese tono que tiene usted, realmente, dejar de ofender a los, y de faltarle al respeto a los grupos provinciales, en este caso a los municipales, también en el concello de Vigo y, desde luego, actuar de otra manera. Y deje usted, y deje usted de ofender con temas, ya nos está cansando con el tema de caciquismo, cuando no sabe usted que decir, ¡ala!, no, es que es el caciquismo, vamos a erradicar el caciquismo, a criticar, pero, ¿a quién le quieren dar ustedes lecciones?, ¿ustedes son capaces de dar lección a alguien?, son los últimos que deberían dar lecciones, que han traído la mancha al gobierno de la Diputación, se lo dije el otro día en el pleno, y se lo vuelvo a decir, nunca el gobierno de la Diputación provincial ha tenido tres imputados, han tenido que llegar ustedes al gobierno para que haya imputados en el gobierno de la Diputación. Y ahora empezarán a coger el ventilador y a decir que todos, no, no, los que están gestionando dinero público a día de hoy son ustedes que no dan ni una sola explicación. Pero, ¿qué pasa con las mociones que presentaban ustedes en el pleno y en esta Diputación sobre las inversiones en Vigo?, ¿qué ocurre con las inversiones que hacían falta en las carreteras provinciales, en los museos?, Sra. Abelairas en el Centro de emergencia de las mujeres víctimas de la violencia de género, ¿va a aportar la Diputación provincial al Centro de emergencias de mujeres para la violencia de género?, dígannoslo, por favor, dennos una cifra, una cantidad, díganos algo de lo que van a hacer, no sigan negándolo todo y no decir absolutamente nada. Tampoco han dicho lo del Marisquiño, ¿van a aportar al Marisquiño?, ¿no van a aportar al Marisquiño?, ¿van a dejar que se celebre, o no?. En fin, en definitiva, menos definiciones grandilocuentes, menos infinitos y más concreción. Porque, Sr. Font, usted que ha leído la definición de infinito en el diccionario me podrá decir, ¿36.000 euros que se llevaba el Rally Rías Baixas es más que infinito?, ¿es que es más que infinito 36.000 euros?, ¿era tanto pedir un apoyo para la celebración de un certamen importante para la provincia?, ¿era tanto?. Escóitanse aplausos. Sra. Muñoz Fonteriz.- Les pedimos respeto para los ciudadanos, les pedimos que concreten lo que hacen, que contesten a las preguntas, que no se está preguntado nada extraordinario, simplemente concretar, y estamos hablando de la Diputación de Pontevedra, Sr. Mosquera, por eso preguntamos las inversiones de la Diputación de Pontevedra, no estamos ingiriendo en la vida de ningún concello, estamos preguntando cantidades, cifras concretas e inversiones concretas de la Diputación de Pontevedra. Nuevamente, como no tienen nada que decir, como no tienen ningún argumento seguirán insultando a todos que es lo que realmente se les da bien. Muchas gracias. Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Rematou o debate Sra. Muñoz e eu lle vou pedir unha cousa, moi seriamente, lle vou pedir que sexa a última vez que vostede acuse á xente, e diga cousas que xa repetiu no concello de Vigo, porque lle vou pedir que mire para o seu compañero, que mire para o asesor do Grupo Provincial do Partido Popular, que mire vostede para un listado interminable, Sra. Muñoz, non está debatindo coigo, ¡que mire!, ¡que mire!, ¡que mire!. Escóitanse gritos. Sra. Presidenta.- Resulta, resulta, resulta vergonzoso o que vostede fai en cada pleno da Deputación, resulta vergonzoso. Mire vostede para o seu compañeiro, non lle gusta nada o que vostede está a facer, está a facer, de verdad, é tristísimo o seu nivel político, é moi triste, o seu nivel político e dialéctico é moi triste, moi triste. Escóitanse gritos. Sra. Presidenta.- Continúe así, vai ben, vai ben, continúe así vostede vai moi ben, é tremendo, que vergonza. Procedemos á votación da moción do Grupo Provincial. Si continúan así vou ter que parar o pleno, e vou ter que hacer que vostedes o abandonen, llo digo con todo o cariño e todo o respecto, vostedes teñen que manter o silencio, poden estar aquí presentes, teñen todo o dereito, son vostedes benvidas e benvidos, ninguén vai a prohibir que vostedes poidan estar aquí expresando as súas reivindicacións, pero, á seguinte vez que volva a romperse o pleno o suspenderei e vostedes terán que abandonalo, así que, por favor, imos manter un tono de debate tranquilo, imos respectar a esta institución, o problema é que os deputados provinciais do Partido Popular non respectan nin a esta nin a ningunha outra. Pasamos á votación do punto nove da orde do día. Escóitanse gritos. Sra. Presidenta.- A segunda vez, é a segunda vez que lles pido que manteñan o silencio. Eu non vou a permitir circos nin numeritos nesta institución. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para concretar os investimentos que a Deputación de Pontevedra vai realizar no concello de Vigo e o seu importe. ¿Votos a favor da moción?. ¿Votos en contra?. Queda, 14 votos en contra e 13 a favor. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e de Coalición Electoral SON, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para concretar os investimentos que a Deputación de Pontevedra vai realizar no concello de Vigo e o seu importe. 10.6720.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) SOBRE OS EFECTOS DOS TEMPORAIS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 10 da orden do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista, sobre os efectos dos temporais na provincia de Pontevedra. Ten a palabra Sr. Santos. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidenta. Bo día. Eu creo que hai que remitirse ás actas deste pleno que están, amais, se gravan os plenos, para cando alguén acusa de que se insulta ou falta o respecto, que lea as actas que colla as gravacións e que diga donde se falta o respecto ou donde están os insultos, porque o outro é falar por falar, é querer falar e cubrir o tempo de, desa disposición para falar dun tema concreto, e procurar facelo pois doutra cousa. En concreto, cando se fala de insultos e falta ó respecto, nas actas, nas actas que están feitas, e redactan, que as aprobamos aquí, eu creo que, quen fai esas acusacións debía subrayar e dicir realmente onde están eses insultos e esas faltas de respecto, porque ó mellor nos sorprendemos, ó mellor nos sorprendemos delo. Eu vou a falar desta moción, non se poñan nerviosos, tranquilos, non se poña nervioso, non se poña, non se poña nervioso, tranquilidad, non se poñan nerviosos, vostede non dirixe o pleno. Sra. Presidenta.- Un segundo, un segundo. Este pleno o dirixo eu, e polo tanto, son eu a que vou decir e tomar as decisións que considero oportunas. Mire, si cada vez, si cada vez que vostedes defenden unha moción e falan de cousas que non teñen nada que ver coa moción tivera que parar o tempo vostedes non terían oportunidade de falar, porque casi sempre falan de cousas distintas ás mocións que presentan. Polo tanto, a dirixo eu, este pleno, e o que pido, é que sexamos, estemos tranquilos, moi tranquilos, non hai que poñerse nervioso para defender as ideas, se poden defender en un bo tono, vostedes non están acostumbrados, e non o falo por usted en particular, que me parece unha persoa responsable, e que, ademais, é respectuosa, pero vostede aquí ten visto, e hoxe mesmo, quen levanta o tono, quen se pon nervioso, quen falta ó respecto, quen quere montar numeritos, quen está continuamente chillando, falando en mal tono, e, polo tanto, eu lles pido a todos que sexamos capaces de debatir plantexando o que consideremos dende o respecto, pero, eu dirixo, eu dirixo este pleno. Ten vostede a palabra. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidenta. É que o Grupo Popular inda non se decatou que está na oposición, esa é a realidade, ustedes levaron un gran batacazo, non contaban con elo pero hoxe están na bancada da oposición, eso é unha realidade, xa non gobernan vostedes, nin presiden esta Diputación vostedes. E hai un cambio de formas de actuar e de facer, que están explicadas en xuntanzas con todos os alcaldes e alcaldesas, con todos, de todos os colores por primeira vez na historia da Diputación, donde se informa como se vai a facer a distribución dos fondos desta Diputación, eso é o que a vostedes lles da noxo, non admiten eso vostedes, nono admiten, porque o seu, é o que, o que dicía o meu, o noso portavoz, vou ó tema, vou ó tema, era dar ós amigos as axudas e ós demais ignoralos.Vou a unha moción porque realmente é a forma, tamén, de gobernar do Partido Popular, ¿non?, vemos ó Sr. Feijoo que pasea moito, vai de arriba a baixo, dun lado a outro, fala de moitas cousas, pero o certo é que nin fala nin atende ás que, de verdad, ten que atender para os galegos e galegas. E unha delas é a que vimos estes últimos días que houbo fortes temporais, que moitas das nosas vilas foron asoladas polas enchentes dos ríos, moitas localidades tiveron problemas, días nos que se rexistraron incluso precipitacións por riba dos 120 litros de auga por metro cuadrado, fixeron que os nosos ríos non tiveran capacidade para asumir a grande cantidade de choiva caída, e volveuse a producir o efecto de desbordamento e das riadas nas zonas anexas ós canles. Como xa ben sendo normal cando se rexistran este tipo de precipitacións a ausencia de mantemento de limpeza das beirarrúas dos ríos provocan o desbordamento e o asolagamento das zoas contiguas, destruíndo paseos públicos, zoas de lecer, e incluso afectando a propiedades privadas. Os concellos asisten temporal tras temporal a este tipo de destrozos sen que poidan actuar nas marxes dos ríos para a súa limpeza e desbroce, dado que as consecuencias, coa perda de mobiliario urbano, pasarelas e outros servizos que prestan ós seus conveciños nas áreas próximas a estes ríos. Todo isto supón uns costes engadidos ás mermadas arcas dos concellos, que ven como sen poder actuar nos ríos, sofren as consecuencias das súas enchentes que poderían ser evitables, ou minimizables na maioría das veces, con traballos previos de limpeza dos seus canles, e un axeitado mantemento. Por elo, o Grupo Provincial Socialista presenta ó Pleno a seguinte moción: Instar á Xunta de Galiza a limpeza e adecuación das marxes e dos canles dos ríos que atravesen núcleos urbanos de xeito urxente, para mitigar as posibles novas enchentas e asolagamento das zoas próximas coas nova choivas. Instar á Xunta de Galicia e en concreto á Dirección xeral do patrimonio cultural da Xunta de Galicia, a establecer protocolos de actuación para a protección de todos os tramos dos diferentes Camiños de Santiago fronte ós temporais que se poidan producir. E c, instar á Xunta de Galicia a poñer en marcha unha liña de axudas económicas ós concellos afectados polos recentes temporais para repoñer os servizos municipais afectados. Sra. Presidenta.- Moitas gracias Sr. Deputado. E, non habendo solicitude. Ten que solicitarme a palabra, senón, non sei quen a solicitou. Sr. Aragunde ten a palabra. Sr. Aragunde Aragunde.- Gracias Presidenta. En primer lugar, cómpre destacar que as complicacións climatolóxicas que se rexistraron en Galicia, entre o 28 de decembro e o 2 de xaneiro, viñeron dadas polo alto nivel de precipitacións acumuladas en poucas xornadas, segundo os datos rexistrados nos doce primeiros días do ano 2016 superouse en Galicia a cantidade de chuvia habitual durante todo o mes de xaneiro. De feito, as precipitacións rexistradas equivalen ó 25% da choiva acumulada durante todo o ano 2015. Ante esta situación a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, activou o protocolo de enchentas con alerta debido a un significativo aumento dos caudais. Así, informouse a todas as administracións competentes sobre os niveis dos ríos e as previsións coas que traballa Augas de Galicia, co obxectivo de que fosen conscientes da magnitude e puidesen activar as medidas oportunas. Non obstante, non se pode obviar que se trata dun fenómeno metereolóxico inevitable, que só se pode combater con medidas preventivas. Dentro das competencias de Augas de Galicia está o mantemento e conservación das canles dos ríos, para evitar que a acumulación das ramas ou outros obstáculos impidan o fluxo normal das aguas. Unha competencia que non é exclusiva de Augas de Galicia, é competencia, tamén, de todas as administracións, tamén dos concellos. De feito, os concellos teñen competencias para levar a cabo actuacións preventivas nos tramos urbanos dos ríos, tal e como se determina no Plan hidrolóxico nacional. Neste marco, en 2015, Augas de Galicia realizou 127 actuacións nos distintos ríos da demarcación Galicia-costa, actuacións importantes que supuxeron un investimento de 1,1 millóns de euros, e que atribuíron, contribuíron, a evitar un risco de inundación maior. Deste total 45 realizáronse nos ríos da provincia de Pontevedra, cun investimento total de máis de 330.000 euros. Unhas actuacións que, tamén, van a realizarse este ano, de feito, o investimento será inda maior cun orzamento de 1,44 millóns de euros. Así mesmo, dende a Dirección xeral de conservación da natureza este ano destínanse preto de 400.000 euros á limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais da comunidade. Actualmente, estas actuacións están en proceso de licitación, en concreto, na provincia de Pontevedra actuarase en 22 tramos de ríos, que supoñen un total de 113 quilómetros. En canto ó Plan de xestión de risco de inundacións, hai que ter en conta que se trata de situacións que son inevitables e, por iso, todas as actuacións realizadas a priori e máis aconsellables, e supoñen unha maior seguridade que aquelas que se leven a cabo despois de que se produzan os asolagamentos e os danos que deles deriven. Neste sentido, a nosa comunidade vén de acadar un avance fundamental, a Xunta de Galicia aprobou o pasado tres de decembro o primeiro Plan de xestión de risco de inundacións da demarcación hidrográfica Galicia-costa, un plan no que a Xunta leva traballando dende o ano 2010, e que vai marcar a folla de ruta na prevención e minimización de danos. Este período comprendido entre, desde, desde hoxe hasta o ano 2021, pois, traballará, será no que traballe esta folla de ruta e este tipo de prevencións. Este novo documento dota a Galicia dunha ferramenta necesaria que, ademais, da resposta ás esixencias da Unión Europea na materia e, máis en concreto, a Directiva marco da auga, a Directiva de avaliación e xestión de riscos de inundación. A elaboración do plan seguiu o camiño do diálogo e consenso, de xeito, os documentos foron sometidos a exposición pública ó longo de todo o proceso, e recibíronse preto de 100 propostas alternativas, das cales o 60% foron incorporadas ó plan. Este plan está, en primeiro lugar, dirixido á prevención e minimización de riscos para as zonas afectadas habitualmente polas inundacións, ou ás que teñen probabilidade de selo e, polo tanto, unha das prioridades na súa elaboración por identificar e clasificar as áreas de risco potencial significativo de inundación. O plan identifica 207 áreas diferentes que contan con ese risco potencial, delas 3 teñen a cualificación de perigosidade e risco alto: Anllóns, Umia e Ulla-Sar. Dúas de perigosidade alta e risco medio-baixo: Eume e Lagares. O resto, 202 son de perigosidade e risco medio-baixo. Nestes momentos, unha vez que o plan xa está aprobado vaise proceder a deseñar actuacións específicas para cada unha desta zonas. Esta prevención, ademais, o plan está dirixido á recuperación dos efectos das inundacións nos casos nos que fose necesario, xa que son fenómenos que non se poden evitar. As actuacións das distintas administracións van a estar fundamentadas sempre, e ante todo, en razóns de seguridade das persoas, e, en segundo lugar, en razóns de seguridade dos bens. Outro dos obxectivos deste plan será impulsar a máxima transversalidade e eficiencia na acción das administracións públicas, de tal forma que a resposta sexa sempre a mellor e a máis rápida que se poida dar. En definitiva, este novo plan ademais de dar resposta ás esixencias da Unión Europea, dota por primeira vez a Galicia dunha estratexia necesaria para a prevención, minimización e recuperación dos risgos de inundacións. Polo tanto, como o que vostedes piden nesa moción xa se está a cumplir, o noso voto será en contra. Gracias. Perdón, abstención, abstémonos. Sra. Presidenta.- Gracias, señor deputado. Ten a palabra Sr. Santos. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidenta. Leva o Partido Popular na Xunta de Galicia sobre sete anos, sete anos e pico, sempre dicindo que van a facer, e que teñen a solución, pero hasta agora non se viu absolutamente nada. Mire, Sr. Deputado, quenes están a pedir que fagamos está petición á Xunta de Galicia son os alcaldes desa provincia, incluso alcaldes do Partido Popular. Pero vostedes sempre veñen con proxectos, “xa temos aquí un proxecto que se vai a facer e se vai a arranxar”. ¿E sabe, mentras, o que pasou?. Pois que en tres concellos como o de Pontecandelas, o de Cuntis ou o de Caldas de Reis, pois, viron como paseos, alamedas, espacios públicos, pois, foron asolagados e destrozados, cun coste que chegaron a cifrar conxuntamente en máis de 200.000 euros. Esa é a realidade, ese é o plan da Xunta de Galicia, que leva xa sete anos e pico gobernando Feijoo e o Partido Popular, e aínda non se enteraron que hai fenómenos metereolóxicos adversos, como vostede moi ben dicía, e, tamén, dicía que solo se poden abordar ca prevención, e aquí non hai ningunha prevención. É a competencia da Xunta de Galicia, os concellos non poden tocar nos marxes dos ríos, non poden tocar nos marxes dos ríos. É Augas de Galicia, é a Xunta de Galicia quen o ten que facer, son os que teñen a competencia e os presupostos, competencia e os presupostos, os cartos dos impostos dos veciños, que non lle carguen ós concellos. ¿Vostede que está a dicir?, ¿que sean os concellos os que o fagan, porque teñen unha competencia nos tramos urbanos?. ¿Usted non vai a defender ós concellos para que teñan esa dotación de limpeza por parte da Xunta de Galicia e non sufran eses asolagamentos?, ¿é o que vén a dicir aquí?. Usted o que nos trae aquí é o que lle dixo a conselleira ou conselleiro, ou o director ou directora xeral, para xustificar a súa xestión. Non nos conte eso, póñase de lado dos seus veciños e veciñas desta provincia de Pontevedra e non se poña a defender un goberno que non fai absolutamente nada, como é o de Núñez Feijoo e o Partido Popular en Galicia. Mire, somos conscentes de que a través de Fondos FEDER, FEDER, FEDER, efectivamente, se está a traballar en 113 quilómetros de algúns dos ríos e dos concellos nosos, pero, ¡oh!, !casualidad!, ¡que casualidad!, xustamente, xustamente estes traballos non se están a facer en zoas de alto valor ecolóxico como son o do Umia en Caldas, ou o do Gallo en Cuntis, ¡que casualidad!, ¿por que?, ¿por que este, que son os dous, os dous concellos donde sufriron as maiores enchentas, os maiores asolagamentos nos pasados temporais quedan fóra?, ¿por que?, ¿por que?, ¿eso non lle informou a conselleira ou conselleiro, ou o director xeral ou a directora xeral?, ¿non lle informou deso?, eso non llo puxo, eso non llo puxo no papeliño, non estaba, ese non tocaba nese día. Pois, vaia tomando nota, póñase do lado dos concellos para que, inda quedan máis temporais, claro que inda quedan máis, para que procuren a limpeza de todos os ríos, incluídos o do Umia en Caldas, e o do Gallo en Cuntis, que nono están a facer. Por eso lles estamos a pedir á Xunta de Galicia que afronte a limpeza e os arranxos nas beirarrúas, nas beiras destes ríos, nas zonas urbanas, que mitiguen novos asolagamentos cas novas chuvias e, tamén, lle pedimos unha actuación similar nos tramos do Camiño de Santiago e, tamén, que atenda con financiación os destrozos feitos, e vostedes se absteñen, vostedes queren que os paguen os concellos dos seus presupostos. Moitas gracias Presidenta. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Procedemos a votación da moción do Grupo Provincial do Partido Socialista sobre os efectos dos temporais na provincia de Pontevedra. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobada por 15 votos a favor e 12 abstencións. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE, do BNG e de Coalición Electoral SON, e coas abstencións do PP, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista (PSdeG-PSOE) sobre os efectos dos temporais na provincia de Pontevedra. Dita Moción é como segue: “Santos Héctor Rodríguez, voceiro e deputado do Grupo Provincial Socialista na Deputación Provincial de Pontevedra (PSdeG-PSOE) ó abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte Moción ó Pleno, sobre os efectos dos temporais na provincia de Pontevedra: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Cos últimos días de fortes temporais que azoutaron as vilas da provincia de Pontevedra volvéronse a reproducir imaxes de enchentes das canles dos ríos de moitas localidades. Días nos que se rexistraron precipitacións por riba dos 120 litros de auga por metro cadrado fixeron que os nosos ríos non tiveran capacidade para asumir a grande cantidade de choiva caída e volveuse a producir o efecto do desbordamento e das ríadas nas zonas anexas ás canles. Como xa vén sendo normal cando se rexistran este tipo de precipitacións a ausencia de mantemento e limpeza das beiras dos ríos provocan o desbordamento e o asolagamento das zonas contiguas, destruíndo paseos públicos, zonas de lecer e incluso afectando a propiedades privadas. Os concellos asisten, temporal tras temporal, a este tipo de destrozos sen que poidan actuar nas marxes dos ríos para a súa limpeza e desbroce dado que se trata dunha competencia autonómica. Nembargantes sofren as súas consecuencias coa perda de mobiliario urbano, pasarelas e outros servizos que prestan ós seus conveciños nas áreas próximas a estes ríos. Todo isto supón uns custes añadidos ás mermadas arcas dos concellos que ven como, sen poder actuar nos ríos, sofren as consecuencias das súas enchentes que poderían ser evitables ou minimizables, na maioría das veces, con traballos previos de limpeza das súas canles e un axeitado mantemento. Por iso, o Grupo Provincial Socialista presenta ó Pleno a seguinte: MOCIÓN a) Instar á Xunta de Galicia á limpeza e adecuación das marxes e das canles dos ríos que atravesen núcleos urbanos de xeito urxente para mitigar as posibles novas enchentes e asolagamento das zonas próximas coas novas choivas. b) Instar á Xunta de Galicia e en concreto á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, a establecer protocolos de actuación para a protección de todos os tramos dos diferentes Camiños de Santiago fronte ós temporais que se poidan producir. c) Instar á Xunta de Galicia a poñer en marcha unha liña de axudas económicas ós concellos afectados polos recentes temporais para repoñer os servizos municipais afectados.” 11.6721.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Non houbo. Sra. Presidenta.- Pasamos agora á parte de información e control. b) Parte de información e control: 12.6722.- DAR CONTA DO INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE DECEMBRO DE 2015 Sra. Presidenta.- No punto 12. Dar conta do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de decembro de 2015. ¿Observacións?. Queda dada conta. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as administracións públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecido no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das administracións públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de decembro de 2015, que se expón a continuación: INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE DECEMBRO DE 2015 PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES DECEMBRO 2015 Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Pendentes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Decembro -11,1234083133 4.236.010,33 85,2909662523 161.821,36 -7,5757724974 Escola de Enfermería Decembro -17,6006908580 2.362,28 0,0000000000 0,00 -17,6006908580 Consorcio de Incendios e Salvamento Decembro -13,0000000000 438.736,22 0,0000000000 0,00 -13,0000000000 TOTAL 4.677.108,83 161.821,36 -8,0724704535 O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de decembro de 2015 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, en relación ó disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das administracións públicas. 13.6723.- DAR CONTA DO INFORME DE CUMPRIMENTO DURANTE O 4º TRIMESTRE DO 2015 DOS PRAZOS DE PAGO DE OBRIGAS EN RELACIÓN CO DISPOSTO NA LEI 15/2010 POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 13. Dar conta do informe de cumprimento durante o 4º trimestre do 2015 dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na Lei 15/2010 pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. ¿Observacións?. Queda dada conta. A Lei 15/2010 de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais establece no seu artigo 4º que as corporacións locais elaborarán un informe trimestral sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigas previstos en dita lei, informe que debe remitirse ós órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda, e, no seu respectivo ámbito territorial ó das Comunidades Autónomas que teñan atribuída a tutela financeira das entidades locais. Dita información poderá ser utilizada polas Administracións receptoras para a elaboración dun informe periódico e de carácter público sobre o cumprimento de prazos para o pago por parte das administracións públicas. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe de cumprimento pola Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento dos prazos para o pago das obrigas correspondente ó 4º trimestre de 2015, que se expón a continuación: INFORME DE CUMPRIMENTO DE PRAZOS PARA O PAGO DE OBRIGAS CORRESPONDENTE Ó 4º TRIMESTRE DE 2015 1. Con referencia á data de rexistro da factura  Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio pago (PMP) (días) Período Medio de pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación de Pontevedra 37 41 3.071 6.283.149,87 € 564 3.195.281,72 € Escola de Enfermería 26 16 9 6.251,98 € 4 2.403,31 € Consorcio de Bombeiros 26 1 3 439.337,75 € 1 33,26 €  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio pendente pago (PMPP) (días) Período Medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº opera-cións Importe total Nº opera-cións Importe Total Deputación de Pontevedra 38 138 548 3.745.858,46 € 83 779.300,56 € Escola de Enfermería 3 0 2 2.013,24 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € 2. Con referencia á data da factura:  Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio pago (PMP) (días) Período Medio pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe total Deputación de Pontevedra 55 73 2.097 3.367.781,99 € 1.549 6.114.779,53 € Escola de Enfermería 28 48 9 6.251,98 € 4 2.403,31 € Consorcio de Bombeiros 30 31 2 219.969,64 € 2 219.401,37 €  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio penden-te pago (PMPP) (días) Período Medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº operac. Importe total Nº opera. Importe total Deputación de Pontevedra 61 96 354 1.979.738,34 € 282 2.550.255,73 € Escola de Enfermería 3 0 2 2.013,24 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € 3. Intereses de demora pagados Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación de Pontevedra 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0,00 € 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período medio de operacións pendentes de recoñecemento da obriga (PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 196 12 447.658,20 € Escola de Enfermería 0 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0,00 € O Pleno queda enterado do contido do informe de cumprimento, pola Deputación de Pontevedra, a Escola Universitaria de Enfermería e o Consorcio Provincial contraincendios e salvamento, durante o 4º trimestre de 2015 dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na Lei 15/2010 de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. 14.6724.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 14. Dar conta das Resolucións Presidenciais. ¿Observacións?. Queda dada conta. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 23 de decembro do ano 2015 e o 25 de xaneiro de 2016 que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 25 de xaneiro de 2016, en relación coa modificación da representación da Corporación en SOGARPO, designando a Don Francisco Javier Dios Pomares no lugar de Don Santos Héctor Rodríguez Díaz. C) De Resolución Presidencial de data 27 de xaneiro de 2016, en relación coa modificación da composición das Comisións Informativas. 15.6725.- ROGOS E PREGUNTAS Sra. Presidenta.- No punto 15. Rogos e preguntas. Sra. Piñeiro Arcos.- Ola, bos días Presidenta. Moitas gracias. Mira, quería facer unha pregunta en referencia a unha convocatoria que houbo aquí para mellora de infraestruturas deportivas, que foi no mes de decembro, houbo un plazo para finalizar as obras a 31 de decembro, e, sorprendentemente, ahora no mes de xaneiro se abre unha prórroga para acabar esas obras, entonces, queríamos saber, ¿por que se abreu esa prórroga, despois de estar xa un plazo finalizado?. Gracias. Sra. Presidenta.- Responderémoslle por escrito. O que lle aseguro é que atendendo á legalidade, cousa que non ocorría ata o de agora. Sra. Piñeiro Arcos.- Gracias. Non estou dudando da legalidade, simplemente quería saber que procedemento se sigue para poder … Sra. Presidenta.- Lle contestaremos por escrito, como xa lle dixen Sra. Piñeiro. Sra. Piñeiro Arcos.- Gracias. Sra. Presidenta.- ¿Algunha pregunta máis?. Non hai máis preguntas. ¡Ah!, perdón. Rógolle señoras diputadas e diputados que pulsen, porque senón eu non sei quen esta pedindo a palabra, tamén o digo, porque o Sr. Santos tampouco o tiña pulsado … Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidenta, desculpa. Desde o Grupo Provincial Socialista temos un rogo referido á carretera PO-400 do concello de Salvaterra, nos seguintes términos: as veciñas e veciños de Salvaterra transmitíronos, en varias ocasións, as súas queixas por transitar por unha estrada coma a PO-400, estreita, con piso irregular e múltiples baches, desperfectos que as convirten nun punto negro da provincia de Pontevedra polo elevado número de accidentes. Ante a nula atención que lles presta a Xunta de Galicia, solicítolle á Presidenta, e lle rogo, que dende a Diputación se inste á Xunta de Galicia pa que acometa melloras que incrementen a seguridade na estrada, co fin de solucionar os problemas do firme e baches existentes, e repercutir así na disminución do número de accidentes. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Tomamos nota do seu rogo Sr. Santos. Rogos e preguntas. Remata o pleno ordinario da Deputación de Pontevedra do venres 29 de xaneiro do ano 2016. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as trece horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición