Fondos
2016-07-27_Ordinaria. Acta de sesión 2016-07-27_Ordinaria
Acta de sesión 2016-07-27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.399/1.2016-07-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2016-07-27_Ordinaria
Data(s) 2016-07-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 29 de xullo do 2016 Na Sala de Xuntas da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas e quince minutos do día vinte e nove de xullo do ano dous mil dezaseis, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste e escusa a súa ausencia, Dona Belén Cachafeiro Anta (PP). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sra. Presidenta.- Imos iniciar o Pleno ordinario da Deputación Provincial de Pontevedra de 29 de xullo do ano 2016. Sr. Font. Sr. López Font.- Sra. Presidenta, por distintos motivos pedimos la retirada del punto 13 que era una Moción de este Grupo provincial. Sra. Presidenta.- Moitas gracias Sr. Font. Polo tanto, queda retirada da orde do día Moción do Grupo provincial do Partido Socialista, relativa á solicitude de anulación da disposición adicional 9ª da Lei 27/2013, de racionalización e sostenibilidade da administración local. Queda retirada da orde do día. Sr. Bas Corugeira.- Respecto, é unha cuestión de orden tamén, non sei si para que non me pase o do último Pleno, a moción que presentamos sobre as praias ten un acordo distinto, non sei se teño que presentalo ahora, ou podo presentalo, a proposta nosa é un acordo distinto, o presento no momento da defensa da moción. Sra. Presidenta.- Entendo que é unha enmenda que lle queren vostedes facer á súa, pois cando sexa o debate, vostede a presenta in voce e non hai ningún problema, por que vostedes poden presentar unha enmenda. Queda tomada conta cando sexa, pois vostede na súa intervención explicita cal é o cambio que plantexa. a) Parte resolutiva: 1.6802.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE PONTECESURES NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN DA TAXA DO 1,5% POLA UTILIZACIÓN DO SOLO, SUBSOLO OU VOO DAS VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS Sra. Presidenta.- Ben, iniciamos polo tanto a orde do día do Pleno da corporación da Deputación de Pontevedra. Na parte resolutiva, no punto 1, delegación do concello de Pontecesures na Deputación provincial de Pontevedra das facultades de inspección da liquidación da taxa do 1,5 % pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais. ¿Observacións?. ¿Votos a favor?. ¿Votos en cotra?. ¿Abstencións?. Queda aprobada por unanimidade. O Pleno do Concello de Pontecesures na sesión celebrada o día 30 de maio de 2016 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de inspección da liquidación da taxa do 1,5% pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada desta. Polo Servizo de Recadación (09/06/2016), Servizo de Xestión de Recursos Públicos e Inspección (14/06/2016), Servizo Xurídico (27/06/2016) e Servizo de Intervención (01/07/2016) da Deputación de Pontevedra – ORAL, emitíronse sendos informes favorables á delegación acordada. O artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, de acordo co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, prevé que as entidades locais poidan delegar as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación dos seus tributos e demais ingreses de dereito público nas entidades locais en cuxo territorios estean integrados, mediante acordos plenarios de delegación e aceptación e a súa posterior publicación nos boletíns oficiais da provincia e da comunidade autónoma. O Pleno, de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime interior, acorda por unanimidade: - Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou o Concello de PONTECESURES, segundo se detalla. CONCELLO DE PONTECESURES: Acéptase a delegación efectuada por acordo do Pleno municipal, adoptado na sesión que tivo lugar o 30 de maio de 2016, nos seguintes termos: Aceptar a delegación das facultades de inspección da liquidación da taxa do 1,5% pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada desta. A delegación sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 31/10/2014, na vixente Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL), aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, e nas demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, na normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación-ORAL. A entidade delegante deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ao pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do consorcio e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial prestará ao Concello a colaboración necesaria para levar a cabo a súas obrigas consecuencia da delegación efectuada e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo a súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. - Facultar á señora presidenta para que formalice o correspondente convenio co Concello así coma os demais documentos que procedan. A delegación efectuada polo Pleno do Concello de PONTECESURES publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 2.6803.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE PORTAS Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL SUBSCRITO ENTRE A SECRETARÍA DE ESTADO DE FACENDA (DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (ORAL) O 13 DE XUÑO DE 2001 Sra. Presidenta.- No punto 2. Adhesión do concello de Portas ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. ¿Observacións?. ¿Votos a favor?. ¿Votos en cotra?. ¿Abstencións?. Queda aprobada por unanimidade. O Pleno do Concello de Portas na sesión que tivo lugar o día 23 de xuño de 2016, acordou a adhesión do Concello de Portas ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra -ORAL o 13 de xuño de 2001. O Concello de Portas delegou na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión do Imposto sobre Bens Inmobles, delegación aceptada polo Pleno desta Corporación Provincial. A cláusula décimo quinta do mencionado convenio de colaboración en materia de xestión catastral determina que, unha vez levada a cabo a delegación da xestión do Imposto sobre Bens Inmobles na Deputación Provincial de Pontevedra, entenderase que o concello delegante atópase dentro do ámbito de aplicación do convenio. A adhesión se atopa dentro dos servizos que o artigo 2 da vixente ordenanza fiscal reguladora da taxa polos servizos de xestión, inspección e recadación aprobada polo Pleno da Deputación provincial o 31/10/2014 e publicado no BOPPO de data 31/12/2014. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda, por unanimidade, aceptar a adhesión do Concello de Portas ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra - ORAL o 13 de xuño de 2001. Facultar á Sra. Presidenta para que formalice o correspondente convenio co concello así como os demais documentos que procedan. 3.6804.- RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DAS MODIFICACIÓNS DO V ACORDO REGULADOR DO PERSOAL FUNCIONARIO E I CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Sra. Presidenta.- No punto 3. Resolución de reclamacións e aprobación definitiva das modificacións do V Acordo Regulador do persoal funcionario e I convenio colectivo do persoal laboral da Deputación de Pontevedra. ¿Observacións?. Pasamos á votación. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións? Queda aprobado por unanimidade. 1º.- Por acordo adoptado no Pleno da Corporación Provincial celebrado o 29 de abril de 2016, apróbase provisionalmente unha modificación do V Acordo Regulador e I Convenio Colectivo en materia de xornada laboral, vacacións, permisos e licenzas así como unha modificación do artigo 19 do I Convenio colectivo relativo á contratación laboral de duración determinada. 2º.- Conforme ó disposto no artigo 49 da Lei 7/85, do 2 de abril, dito acordo publicouse no Boletín Oficial da Provincia de data 12 de maio de 2016, a efectos de información pública e audiencia dos posibles interesados para que poidan formular reclamacións e suxestións no prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da súa publicación no BOPPO. 3º.- Mediante escrito presentado no rexistro xeral da Deputación o 20 de maio de 2016 o Secretario da Sección Sindical de CCOO formula en prazo as seguintes alegacións ó Acordo Regulador e Convenio Colectivo: No artigo 8.3 b) relativo á redución por horas completas de ata 4 horas ou a metade da duración da xornada de traballo diaria para atender ó coidado dun fillo menor de idade por natureza ou adopción,( …), que padeza cancro (tumores malignos, melanomas, carcinomas) ou calquera outra enfermidade grave que implique (….), proponse introducir unha modificación, ben no propio artigo, ben nas disposicións finais que recolla: “calquera situación que a lexislación actual mellore con respecto a este artigo ou a este Acordo, se terá en conta o que a mesma dispoña para a súa aplicación”. No artigo 8.5. A. a) e b) relativo ós supostos de flexibilidade horaria por conciliación proponse suprimir neste apartado a concreción do tempo de flexibilidade ó establecerse no artigo 8.4.4 un tramo horario xeral para todos os supostos de horario flexible. No apartado de definicións, punto b) relativo a parellas de feito proponse un cambio de redacción que diga: “b) Parella: é a que respecto da persoa de referencia mantén unha relación afectiva e de convivencia que poida acreditar a través dos documentos preceptivos, e en caso de parellas de feito co rexistro público oficial de parellas de feito”. En xeral nos permisos e licencias sobre acompañamento a consultas, hospitalización, enfermidade grave …, proponse engadir o requisito de convivencia no mesmo domicilio. 4º.- Unha vez revisado o texto íntegro do Acordo Regulador e do Convenio Colectivo, o Servizo Lingüístico mediante escrito de data 8 de xuño de 2016 fai constar os seguintes erros de transcrición: - No artigo 14.4, relativo ás vacacións do persoal que proceda da situación de servizos especiais/excedencia forzosa e da situación de servizo noutras administracións públicas (…), faise mención de asuntos propios en lugar de vacacións. - No apartado 14 relativo ó cesamento do persoal interino antes de completar o ano e sen poder gozar das vacacións (…), omítese a referencia expresa ó persoal laboral fixo desta Deputación. - No artigo 15, apartado 11, relativo ó permiso por asuntos particulares, omítese o seu recoñecemento ó persoal que proceda da situación de servizos especiais/excedencia forzosa e da situación de servizo noutras administracións públicas, contemplado por erro na regulación das vacacións. - No apartado 6.1, relativo á licenza para a participación en proxectos ou programas de cooperación para o desenvolvemento e de acción comunitaria, procede rectificar o período de concesión, que debe ser non superior a seis meses, (…). - Nas disposicións finais recóllese a referencia normativa correctamente, con algunha omisión, que se completa a través da aprobación definitiva, sendo aplicables a Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, modificada polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do estatuto básico do empregado público. 5º.- Así mesmo, a deputada delegada de Igualdade mediante escrito de data 3 de xuño de 2016, propón que no artigo 16, relativo ás licenzas, se inclúa un punto específico no que se considere como circunstancia excepcional a das empregadas en situación de incapacidade temporal por continxencias comúns, motivada pola situación física ou psicolóxica derivada da violencia de xénero, na que se aboará un complemento á prestación económica de ata o 100% da súa retribución, nas condicións en que así o acrediten os servizos sociais especializados ou de saúde segundo proceda. 6º.- Por último, procede introducir unha nova disposición relativa á entrada en vigor destas modificacións, incluída a correspondente á modificación da duración máxima dos contratos laborais por circunstancias da produción do I Convenio Colectivo, que quedarían redactadas na seguinte forma: Entrada en vigor: As modificacións contempladas neste acordo, unha vez aprobadas definitivamente polo Pleno da Corporación Provincial, entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Disposición transitoria do Convenio Colectivo: A modificación introducida no artigo 19 respecto á duración máxima dos contratos laborais por circunstancias da produción, aplicarase a todos os contratos vixentes na data de entrada en vigor desta modificación. 7º.- Examinadas as alegacións presentadas polo sindicato CCOO, a proposta da deputada delegada de Igualdade e da xefa dos Servizos Lingüísticos da Deputación efectúase a seguinte valoración: A. Respecto ás alegacións do Sindicato CCOO: • En canto á redución da xornada de traballo diaria, do artigo 8.3.1 b) para atender ó coidado dun fillo menor de idade por natureza ou adopción,( …), que padeza cancro (tumores malignos, melanomas, carcinomas) ou calquera outra enfermidade grave que implique (….), procede estimar en parte a proposta mantendo a redacción prevista na Lei de Emprego Público de Galicia, e será: por horas completas de polo menos a metade da duración da xornada de traballo diaria (…). • Respecto ós supostos de flexibilidade horaria por conciliación, recollido no artigo 8.5. A, a) e b), procede estimar a proposta e suprimir este tramo horario, ó terse contemplado unha marxe máis ampla para todos os supostos de horario flexible no apartado 8.4.4. • Respecto á definición de parellas de feito, apartado b), procede desestimar a proposta, por canto que dito concepto vén delimitado legalmente na normativa reguladora das parellas de feito. • En canto ó requisito da convivencia nos casos de acompañamento a consultas, hospitalización, enfermidade grave (…), procede desestimar a súa petición por canto que se mantén a mesma redacción que no anterior Acordo Regulador e nas instrucións da Xunta de Galicia sobre a materia. B. Respecto á alegación da deputada delegada de Igualdade, procede a súa incorporación ó texto do Acordo Regulador e Convenio Colectivo como complemento das medidas previstas para afrontar estas situacións. C. Respecto ás alegacións da xefa dos Servizos Lingüísticos procede emendar os erros sinalados no punto catro deste informe. CONSIDERACIÓNS NORMATIVAS 1º.- De conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, a aprobación desta modificación do V Acordo Regulador e do I Convenio Colectivo axustarase ó seguinte procedemento: a) Aprobación inicial polo Pleno. b) Información pública e audiencia ós interesados polo prazo mínimo de trinta días para a presentación de reclamacións e suxestións. c) Resolución de todas as reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo e aprobación definitiva polo Pleno. No caso de que non se houbera presentado ningunha reclamación ou suxestión, entenderíase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional. 2º.- Por outra parte, e respecto ós erros de transcrición, procede a súa rectificación en virtude do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Por todo o exposto, visto os informes dos Servizos de RRHH e Intervención, en base ós antecedentes e consideracións normativas citadas anteriormente, o Pleno da Corporación Provincial acorda por unanimidade: 1º.- Estimar parcialmente a alegación do Sindicato CCOO relativa á redución da xornada de traballo diaria, do artigo 8.3.1 b), quedando redactada da seguinte forma: b) Para atender ó coidado dun fillo menor de idade por natureza ou adopción, ou no suposto de acollemento preadoptivo, permanente ou simple dun menor, que padeza cancro (…) ou calquera outra enfermidade grave que implique un ingreso hospitalario de longa duración ou hospitalización (…), concederase unha redución por horas completas de polo menos a metade da duración da xornada de traballo diaria, percibindo as retribucións íntegras, e como máximo, ata que o menor cumpra 18 anos, (…). 2º.- Estimar a alegación do Sindicato CCOO relativa os supostos de flexibilidade horaria por conciliación, recollidos no artigo 8.5. A, a) e b), quedando redactados da seguinte forma: a) Empregados públicos que teñan ó seu cargo persoas maiores, fillos menores de 12 anos, así como quen teña ó seu cargo directo a un familiar con enfermidade grave, ou discapacitado, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade nos termos indicados no apartado 8.4.4. b) Empregados públicos que teñan ó seu cargo persoas con discapacidade ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, nos termos indicados no apartado 8.4.4, a fin de conciliar os horarios dos centros educativos ordinarios de integración e de educación especial, dos centros de habilitación e rehabilitación, dos servizos sociais e centros ocupacionais, así como outros centros específicos onde a persoa con discapacidade reciba atención, cos horarios dos propios postos de traballo. 3º.- Emendar o erro producido no artigo 14.4 relativo ás vacacións dos que procedan da situación de servizos especiais/excedencia forzosa e da situación de servizo noutras administracións, quedando redactado nos seguintes termos: 4. Así mesmo, ó persoal que proceda da situación de servizos especiais/excedencia forzosa e da situación de servizo noutras administracións públicas, unha vez que se produza o reingreso ó servizo activo, recoñeceránselle os días de vacacións relativos ó tempo efectivamente traballado en ambas as situacións e que non fosen gozados. Para estes efectos, deberán acreditarse os días de vacacións de que, de ser o caso, gozou durante as ditas situacións. 4º.- Emendar o erro producido no apartado 14.14, por omisión da referencia expresa ó persoal laboral fixo, quedando redactado da seguinte forma: 14. Cando se produza o cesamento do persoal interino antes de completar o ano e sen poder gozar das vacacións por necesidades do servizo, terá dereito ó aboamento da parte proporcional das súas vacacións, a non ser que a causa do cesamento veña motivada pola adquisición da condición de funcionario de carreira ou persoal laboral fixo desta Deputación. Neste caso computaranse os servizos prestados como persoal interino para os efectos do cómputo do período de vacacións. 5º.- Desestimar a alegación do Sindicato de CCOO relativa ó artigo 15.10 bis) sobre permisos retribuídos para o cumprimento de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar ou laboral e asistencia a consultas e revisións médicas, por canto que decidiuse manter a regulación da Comunidade Autónoma sobre esta materia. 6º.- Emendar o erro producido no artigo 15.1. A. 11) relativo ó permiso por asuntos propios por omisión da seguinte redacción, incluída no apartado das vacacións e que se engade como último parágrafo deste apartado: Así mesmo, ao persoal que proceda da situación de servizos especiais/excedencia forzosa e da situación de servizo noutras administracións públicas, unha vez que se produza o reingreso ao servizo activo, recoñeceránselle os días de asuntos propios relativos ao tempo efectivamente traballado en ambas as situacións e que non fosen gozados. Para estes efectos, deberán acreditarse os días de asuntos particulares de que, de ser o caso, gozou durante a dita situación. 7º.- Desestimar a alegación do Sindicato CCOO relativa á rectificación da definición de parella de feito por coincidir coa prevista nas instrucións da Comunidade Autónoma sobre a materia e a normativa reguladora destas situacións. 8º.- Estimar a alegación da deputada delegada de Igualdade, no senso de engadir no artigo 16 o seguinte apartado, que figurará como número 3, rectificando a numeración que segue a continuación: 3. Así mesmo, acreditarase dito complemento, de ata o 100% da retribución, ás empregadas vítimas de violencia de xénero, cando así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde segundo proceda. Así mesmo engádese ó anexo, sobre documentación xustificativa destas situacións, o apartado 10, que di: “Licenza de incapacidade temporal ou permiso por razón de violencia de xénero: acreditarase mediante calquera das fór¬mulas sinaladas no artigo 5 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, para a prevención e o tratamen¬to integral da violencia de xénero”. A inclusión deste apartado modifica a numeración dos seguintes. 9º.- Emendar o erro producido no artigo 16.6, relativo á licenza para a participación en proxectos ou programas de cooperación para o desenvolvemento e de acción comunitaria, respecto ó período de duración, quedando redactada da seguinte forma: 6.1. Poden concederse licenzas ao persoal funcionario para a participación en proxectos ou programas de cooperación para o desenvolvemento e de acción comunitaria por un período non superior a seis meses, (…). 10º.- Emendar as referencias normativas das disposicións finais por estar incompletas, quedando redactadas como se indica a continuación: En todo o que non se contemple expresamente nos apartados anteriores, estarase ó disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, modificada pola Lei de emprego público de Galicia e Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, do Estatuto básico do empregado público. 11º.- Trasladar as anteriores modificacións do Acordo Regulador de persoal funcionario ós artigos e apartados correspondentes do Convenio Colectivo de persoal laboral. 12º.- Establecer un novo apartado relativo á entrada en vigor desta modificación do V Acordo Regulador e I Convenio Colectivo, que di textualmente: “As modificacións contempladas neste acordo, unha vez aprobadas definitivamente polo Pleno da Corporación Provincial, entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia”. 13º.- Engadir unha disposición transitoria que determine os efectos da modificación do artigo 19 do I Convenio Colectivo de persoal laboral relativa á ampliación da duración máxima dos contratos laborais por circunstancias da produción, quedando redactada da seguinte forma: “A modificación introducida no artigo 19 respecto á duración máxima dos contratos laborais por circunstancias da produción, aplicarase a todos os contratos vixentes na data de entrada en vigor desta modificación”. 4.6805.- SOLICITUDE DE COMPATIBILIDADE PARA O EXERCICIO DE ACTIVIDADES DOCENTES NA UNIVERSIDADE DE VIGO Sra. Presidenta.- No punto 5. Solicitude de compatibilidade para o exercicio de actividade docente na Universidade de Vigo. ¿Observacións?. ¿Votos a favor?. Queda aprobado por unanimidade. 1º Mediante escrito presentado no Rexistro Xeral da Deputación Provincial o 27 de xuño do ano 2016, a Universidade de Vigo solicita que se conceda a Dna. Monserrat Otero Oitavén, contratada laboral de interinidade como Técnico de administración con cargo a vacante do Servizo de Turismo, autorización para compatibilizar o desempeño do seu posto de traballo cunha segunda actividade no sector público como profesor asociado a tempo parcial T3-P5 na Universidade de Vigo. 2º Á devandita solicitude achégase a seguinte documentación: - Informe favorable da Vicerreitora da Organización académica e profesorado da Universidade de Vigo. - Certificado da Secretaría Xeral da Universidade sobre a retribución bruta total que ten asignado o devandito posto, que ascende a un total de 663,18 €/mes. - Certificado do horario de traballo do primeiro cuadrimestre: luns e martes de 18:00 a 19:20 horas, mércores e xoves de 17,30 a 20:05 horas, con titorías de luns e martes de 19:20 a 20:40 horas e os xoves de 20:05 a 20:55 horas; e do segundo cuadrimestre xoves e venres de 17 a 21 horas, con titorías: mércores de 20:30 a 21:00 horas e xoves e venres de 15:30 a 17:00 horas, que se desenvolverán todas elas en horario de tarde. 3º O posto de traballo que desempeña na Deputación de Pontevedra de técnico de administración ten establecida un retribución anual de 34.513,98 €. 4º A cantidade total percibida por ambos postos ou actividades non supera a remuneración prevista nos Orzamentos Xerais do Estado para o cargo de Director xeral (51.340,94 €), nin supera a correspondente ó principal, estimada en réxime de dedicación ordinaria, incrementada nun 30 %, para os funcionarios do grupo A ou persoal de nivel equivalente, (44.868,17 €) tal e como esixe o artigo 7 da Lei 53/84. 5º O devandito recoñecemento non afecta á xornada nin ó horario de traballo establecido no Servizo de Turismo, de luns a venres de 7:45 a 15:15 horas. 6º O deputado delegado de turismo conforma dita solicitude. Consideracións normativas: a) Lei 53/84, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servizo das Administracións Públicas. b) Real Decreto 598/85, do 30 de abril, sobre incompatibilidades do persoal ó servizo da Administración do Estado, da Seguridade Social e dos Entes, Organismos, Empresas dependentes. c) Artigo. 70.9 do Real Decreto 2568/86, do 28 de novembro, polo que se atribúe ao Pleno da Corporación Provincial a declaración de compatibilidade para o exercicio dunha segunda actividade no sector público ou privado. d) O artigo 4 da Lei 53/84 e 3 do RD 598/85 sinala que poderá autorizarse a compatibilidade, cumpridas as restantes esixencias desta Lei, para o desempeño dun posto de traballo na esfera docente como Profesor universitario asociado en réxime de dedicación non superior á de tempo parcial e con duración determinada. e) Á súa vez, o artigo 7 da Lei 53/84 contempla como requisito necesario para autorizar a compatibilidade de actividades públicas, que a cantidade total percibida por ambos os postos ou actividades non supere a remuneración prevista nos Orzamentos Xerais do Estado para o cargo de Director xeral, nin supere a correspondente ó principal, estimada en réxime de dedicación ordinaria, incrementada nun 30 %, para os funcionarios do grupo A ou persoal de nivel equivalente. A superación destes límites, en cómputo anual, require en cada caso acordo expreso do Pleno das Corporacións Locais en base a razóns de especial interese para o servizo. Neste sentido o RD 598/85 dispón no seu artigo 4 que nos supostos en que sexa posible a autorización de compatibilidade de actividades públicas, esta entenderase condicionada á aplicación das limitacións retributivas previstas no artigo sétimo da Lei 53/1984. f) Os servizos prestados no segundo posto ou actividade non se computarán a efectos de trienios nin de dereitos pasivos, podendo suspenderse a cotización a este último efecto. As pagas extraordinarias, así como as prestacións de carácter familiar, só poderán percibirse por un dos postos, calquera que sexa a súa natureza. g) As solicitudes de autorización de compatibilidade dun segundo posto no sector público, que formule o persoal sometido ó ámbito de aplicación deste Real Decreto, serán resoltas no prazo de tres meses a contar desde a data de presentación da solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse, mediante resolución motivada, por un período de tempo non superior a un mes (Artigo 5 do RD 598/85). h) Ademais, tal e como sinala o artigo 6 do RD 598/85 toda autorización de compatibilidade require informe favorable da autoridade correspondente ó segundo posto. Se se trata de compatibilizar postos no ámbito de Administracións Públicas diferentes, o informe haberá de ser emitido, segundo os casos: polo Ministerio da Presidencia, oído, segundo proceda, a Subsecretaría do Departamento correspondente, o Delegado do Goberno, o Gobernador civil ou o Reitor da Universidade; polo órgano competente da Comunidade Autónoma, ou polo Pleno da Corporación Local. i) Por último, e a teor do previsto na disposición final terceira da Lei 7/2007 do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto Básico do Empregado Público, “non poderá autorizarse ou recoñecerse compatibilidade ao persoal funcionario, ó persoal eventual e ó persoal laboral cando as retribucións complementarias que teñan dereito a percibir do apartado b) do artigo 24 do presente Estatuto inclúan o factor de incompatibilidade, ó retribuído por arancel e ó persoal directivo, incluído o suxeito á relación laboral de carácter especial de alta dirección”, circunstancias que non concorren na solicitude presentada pola interesada. En base ós antecedentes e consideracións normativas citadas anteriormente, vistos os informes de RRHH e Intervención, o Pleno da Corporación Provincial acorda, por unanimidade, conceder a Dona Monserrat Otero Oitavén a compatibilidade solicitada para o desempeño do posto de traballo de profesor asociado a tempo parcial T3-P5 na Universidade de Vigo. 5.6806.- MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE PERSOAL EVENTUAL Sra. Presidenta.- No punto 5, Modificación da relación de postos de traballo de persoal eventual. ¿Observacións?. Ten a palabra o Sr. Font. Sr. López Font.- Muchísimas gracias Presidenta. Buenos días a todos y a todas. Traemos a través de este expediente se proponen la creación de dos nuevos puestos de confianza y asesoramiento especial. Reitero de confianza y asesoramiento especial. Uno de asesor de proyectos sociales y otro de asesor de proyectos territoriales con sus correspondientes retribuciones. A estos puestos se les atribuyen funciones de confianza y asesoramiento especial y en ningún caso y por eso el énfasis anterior y en ningún caso se contemplan funciones de gestión ni de carácter técnico ni ninguna que le corresponde al personal funcionario de carrera. Legalmente el coste de estas dos nuevas plazas será financiado con cargo a las economías existentes en la plantilla de personal. Yo quiero manifestar que en cómputo total el número de puestos de personal eventual pasa de 18-20 y no supera el límite contemplado en la normativa vigente, en la Ley 27/2013 siendo inferior al tramo que le corresponde a esta corporación, que sería un máximo de 27. Ley, insisto, 27/2013. Por lo tanto, conforme a lo establecido en esa Ley el número, características y retribuciones del personal eventual será determinado por el Pleno de cada corporación y marca que lo será al comienzo del mandato y que estas determinaciones podrán modificarse con motivo de la aprobación de presupuestos anuales. Esta propuesta de creación se encuentra motivada y por eso su legalidad, se encuentra motivada en una nueva reestructuración y redistribución de las competencias de la Presidencia entre los señores Diputados provinciales que se llevó a cabo con fecha 25 de abril de 2016. En su exposición de motivos se decía que para un mejor desarrollo de las responsabilidades de gobierno y con la finalidad de garantizar la operatividad, eficacia y funcionamiento de los órganos de gobierno de la Diputación. Por ello, e insisto, esta modificación es totalmente legal, se ajusta a la Ley que mencionaba anteriormente y se encuentra justificada en el contexto en que se produce, dada la nueva configuración política de la corporación provincial que fue constituída en julio de 2015 y con el último cambio organizativo, y esto es muy importante, de 25 de abril de 2016, que se debe de entender como comprendida dentro del comienzo de mandato. Por lo tanto, traemos esta modificación, insisto que es una modificación que contempla la Ley, una Ley aprobada, y lo quiero decir por el Partido Popular, y por tanto pueden resultar extraños algunos argumentos que posiblemente se den en este debate. ¿Por que es necesaria esta ampliación?. Pues es necesaria por esa configuración del nuevo Gobierno que decía anteriormente, pero sobre todo por la necesidad de asesores en los 4 nuevos servicios que se han creado en este nuevo mandato y con este nuevo gobierno. Y quiero referirme, específicamente, a ellos, son Igualdad, Juventud, Mobilidade y Área de tratamiento de residuos urbanos. Nosotros queremos conformar unos gabinetes de asesores de alta cualificación que nos ayuden en la función que les corresponde, que es llevar a cabo con propuestas y acciones, implantar las políticas que luego se pondrán en marcha por los técnicos, por los funcionarios, que les corresponde esta tarea. Justo al contrario de lo que se venía haciendo anteriormente. Por lo tanto, y a pesar de esta ampliación de 18 a 20, como ya dije al principio, estamos por debajo de la normativa, la Ley permite 27, y nadie debería de cuestionar el número de asesores que se proponen dentro de lo que es la normativa vigente. Porque aquí hay una cuestión, a nuestro entender, muy importante y es que nosotros actuamos de acuerdo con la Ley, y por lo tanto, todavía, estamos en un margen de 7 asesores que se pudiera tener a mayores, pero también actuamos con la ética que debe de presidir la acción política. Y aquí hay dos formas muy diferenciadas de hacer las cosas, la nuestra, que es separar la política de lo que es el funcionamiento técnico en la administración y para eso, precisamente, se necesitan asesores de alta cualificación para desarrollar estas políticas. Y ellos, estas personas son los impulsores de esas políticas decididas por el gobierno. Muchas actividades, prácticamente la totalidad de las que desarrolla este gobierno necesitan un número suficiente de personas para desarrollarlas, y estamos proponiendo y así lo hemos hecho en las asignaciones de personal eventual hasta ahora, como decía anteriormente, la contratación de personal de alta cualificación. Hay otra forma de hacer esto, otra forma muy diferente que choca con la ética política que decía anteriormente, y es utilizar a funcionarios de carrera, a funcionarios de las distintas corporaciones para hacer un trabajo político. Nosotros no creemos en este modelo, creemos, y la Ley lo ampara, y el espíritu de la Ley, precisamente cuando designa a personal eventual, es ese, ese es el espíritu, de que sean personas de confianza, de que sean personas de alta cualificación, de que sean personas de apoyo para las acciones de gobierno, y precisamente ese es el cometido que les corresponde. No les corresponde a los funcionarios, realizar en la sombra, realizar funciones que no son propias del personal funcionario. Por lo tanto, nosotros, además, podemos decirlo alto y claro, la estructura de personal eventual de la que nos hemos dotado en este mandato, permítanme que insista mucho en la alta cualificación y en la alta aportación que están dando a las políticas de estea gobierno, son personas, por supuesto, que se irán cuando termine el mandato de este gobierno. Y esto, que para nosotros puede parecer una obviedad, es cierto que hay que decirlo, porque algunos, dialécticamente tratan de hacer el juego diferente. Pero también en personal eventual, y precisamente al comienzo del mandato de esta corporación, de este nuevo gobierno, también nosotros en la distribución entre grupos municipales tuvimos una posición de total respecto y de total apoyo, si se quiere así, a lo que debe de ser el trabajo de la oposición. La oposición en este mandato tiene más asesores que tenía la oposición en el mandato anterior. Y, por lo tanto, creemos que tanto ese trabajo, que debe de redundar y beneficiar en los pontevedreses y en las pontevedresas, en las políticas de este gobierno, necesita ese instrumento del personal eventual y la práctica de un año hasta ahora, así lo demuestra y estamos altamente contentos y satisfechos de lo que se está realizando. Por lo tanto, concluyo, es una propuesta que se ajusta a la legalidad en todos sus términos, jurídica y económicamente. Es una necesidad para desarrollar las políticas que se están llevando a cabo desde este gobierno, y es un personal eventual que si apasionante es la tarea de un político a la hora de llevar a cabo acciones de gobierno, también lo es por parte de este personal que dedica muchísimas horas, que dedica todos los esfuerzos a lo que queremos desarrollar desde los gobiernos, desde el gobierno, perdón, sea preparado, sea configurado y sea, pues eso, preparado, sobre todo en sus aspectos más técnicos y más de apoyo político para que esto se pueda llevar a cabo. Por lo tanto, con esta propuesta, creemos que estamos contribuyendo como desde el primer momento a un gobierno eficaz. Muchas gracias. Sra. Presidente.- Gracias Sr. Font. E algunha palabra máis? Ten a palabra a Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Moi bos días Sra. Presidenta, gracias, Sras. e Sres. Deputados. Bueno, a verdade é que a intervención que acabamos de escoitar, pois é o que se diría que un, xa pon a tirita antes de ter ferida, porque vostede, Sr. Font, estivo todo o rato xustificando, xustificando e xustificando o inxustificable. Dende logo que, se ampara na Lei, solamente, para xustificar este gasto do que agora vou a falar, pero creo que tendría que traer aquí argumentos de peso, máis que propiamente a Lei que solo faltaba, que trouxera aquí algo que non cumpla coa Lei. Mire, eu trouxen aquí un cuadro, porque este é o cuadro, este sería o telón que se abre e que se encontra un, esa película que decía a Presidenta, pois se encontra a un na mañán de hoxe, con que de 9 asesores que había antes agora hai 17, digo máis xa, porque traía eu aquí, no meu argumentario 17, polas contas que eu botaba, pero vostede dice que son 20, o sea que 3 máis aínda, de 9 pasamos a 20, de 400.000,00 € pasamos a 700.000,00 € é o que supón un aumento do 77 % do que antes había. E claro, cando un ve ó lado a xestión deste goberno deste ano, pois ten que botar as mans á cabeza. E, dende logo, pois que, eu leo aquí na súa proposta e algo nos veñen dando a razón xa, esto o poñen vostedes, que dicen que van a contratar dúas personas de confianza, porque queren reestruturar, queren redistribuir e queren un mellor desenvolvemento. Polo tanto, algo de razón tíñamos, algo de razón tíñamos en que vostedes estaban moi perdidos e con estes dous asesores van a empezar a ver si se encontran. Si cada vez que se queiran encontrar van a contratar máis asesores ¿hasta cantos dixo que podían ser?, ¿28?, pois non nos queda nada, 27, ben. Pois non, non o sei porque eu non teño asesores no concello de Mos. Pero miren, o Partido Popular non iba tan desencamiñado en este ano perdido, e dende logo que todo o contrario do que vostedes dicen continuamente é o que fan, continuamente, debe ser que saben moi ben que non están a facer as cousas como as teñen que facer, porque teñen unha institución ó seu servizo do Partido Socialista e dun color político e dun argumentario político, eso é o que vostedes teñen. Miren, 56% máis de gasto, o que supón en total un 77% máis de gasto. Vostedes van aumentar en 317.000,00€ máis o gasto de asesores. Este é un dato obxectivo, vostede me pode falar, e que agora o Partido Popular ten 2 asesores, mire, pois 3 asesores, pero é que non me importa que o digan, retiren os asesores do Partido Popular e vamos ó goberno, o goberno de hoxe ten 17, oiga, por favor, lle pido respecto que eu a escoitei en silencio, eu non a molestei, 17 asesores o goberno e 9 asesores tiña o goberno, 730.000,00 € ten este goberno e 400.000,00 tiña o outro. Pero é que, ¿que hai ó lado desto?, proxectos parados, alcaldes esperando a ser recibidos, alcaldes esperando a que a Presidenta vaia a visitalos, colectivos esperando unha resposta, estradas provinciais que dan pena, absolutamente pena, as praias sin limpiar, etc., etc., etc. E digo eu, ¿merece a pena seguir gastando en asesores?. Eu creo que está claro que a cidadanía sabe que alá donde están os bipartitos, as administracións teñen que gastar o doble e creo que os datos acabo de clavalos, o doble. E, dende logo, o servicio funciona moito máis lento, e non hai máis que ver o lenta que vai esta casa e a parálisis que ten esta provincia. Escriba, escriba, Sr. Font, porque teño moito que dicirlle, escriba. Mire, asesor de proxectos sociais, eso xa é, vamos el colmo de los colmos. Acaban de deixar fóra ós discapacitados de Valga, non os deixan nin que entren aquí, porque teñen cheo de concelleiros e alcaldes socialistas que estarían mellor nos seus concellos traballando, desde logo, e non deixan entrar ós discapacitados, pero moi ben sigan con estas fórmulas, sigan. Miren, estes 80.000,00 € que lle costa este asesor, entre IRPF e todo o gasto de Seguridad Social e demais, bueno, pois destíneno ás casi 50 asociacións que deixaron tiradas na provincia de Pontevedra, tiradas. O Partido que presume de ser o máis sensible co benestar das personas. O Partido que abandeira sempre, ¿abandeira o que?, a realidade, a realidade é que vostedes son, pois sempre, un pluff, a propaganda continua e constante. Mire, si o Partido Popular chega a esta casa e se carga dun plumazo un millón de euros en axudas sociales, non quero pensar o que ocurriría. E agora van a contratar un asesor, ¿un asesor para que?, ¿para que?. para decirlles o que queda atrás en axudas a comedores, a centros de discapacitados, asociacións benéficas, etc., etc. Podría nombrarllas todas e cada unha, porque, seguramente, que nin siquera saben como se chaman nin lles sonarán. É bastante triste que non se acordaran delas este ano. Esperemos todavía que no presuposto do ano que vén, pois, reconduzcan e intenten, pois, -eu lle pediría si poden baixar un pouco o aire acondicionado, porque a verdade que está bastante frío-, e intenten pois asumir este gasto. -¿Pode ser Presidenta?. Gracias-. E, por outra parte, pois me parece tamén, que hai que decir algo hoxe aquí, vostedes en un ano, o único que fixeron foi coller os proxectos do Partido Popular e cambiarlle o nombre, ¿e para eso necesitan un asesor entón?. Mire, Coñeze a túa provincia-en Ruta coa Depo, Pensa en ti – Conectadas, Ti tamén contas-Depo en marcha, Balnearios-Depotermal, e para eso tarde mal e a rastro, Actívate-DepoRuarte. Hombre, esta é a realidade do que ocurriu este ano, Sr. Deputado. Mire, Presidenta, confiabamos en que Príncipe Felipe pois tivese un apoio como o que tiña ou se cabe máis, rebaixaron o presuposto de Príncipe Felipe, apartaron os funcionarios expertos no servicio teñen unha liada de que un goberno, unha parte do goberno leva deportes, a outra educación, hai continuamente, pois, unha falta do que é coordinación nas áreas que leva un, que leva outro. Mire, Príncipe Felipe ten que funcionar si ou si, e en este momento vostedes nin o consideran prioritario nin están traballando en esta entidade tan importante para este provincia como deberían. Polo tanto, nos parece ridículo que queiran contratar un asesor co panorama que brevemente lle quixen resumir. Pero máis gracia me provoca un asesor de proxectos territoriais, lle vou a leer e a ver si me sabe decir o que significa: “Corresponderalle o asesoramento dos deputados naqueles proxectos plans e programas que se elaboren para o desenvolvemento de accións de servicio público nos que o elemento territorial non sendo o fundamento principal da actuación requira de análise para o correcto dimensionamento do obxectivo que se pretende acadar”. ¿Alguien entendeu algo?. Pois esto é o que o goberno vai a contratar, alguien para esto, que me gustaría que mo explicara. Porque, dende logo, proxectos territoriais, pois mire, por máis que se empeñen, eu teño datos que avalan, que de 60 millóns de euros pasamos a 40 para ós concellos, que as vías provinciais van a quedar sen poder actuarse na maioría delas, porque hai un decálogo, que vostedes se inventaron, para que o 95% das actuacións non se poidan facer. O Parque de maquinaria o teñen sin funcionar, as carreteras sin limpiar. Presidenta, debería coller un coche e visitar a provincia, e vea como ten as carreteras, porque a min me daría vergonza, yo digo sinceramente, debería ver como ten as carreteras e debería buscar unha solución. Eu creo que xa é o Faro, o Faro de Vigo, xa non somos nós, o Faro de Vigo xa dice: a maleza que invade o Monte do Castro de Vilagarcía e o Alobre, unha páxina entera, ¿non?, esto é a imaxen da Deputación de Pontevedra que quere ter un asesor territorial, ¿para que Sr. Uxío?, ¿para seguir bloqueando proxectos?, ¿para seguir resolvendo proxectos?, ¿para non sacar adiante proxectos?, coma o campo de fútbol de Vila de Cruces, ou o campo de fútbol de Salvaterra, ou a estrada de Cotobade, ou a de Sanxenxo, ou a de Baión, ou a de Moraña, pregunto. Pero, sen embargo, vostede si que é moi eficaz cando vai a consellería da Sra. Ethel decíndolle, por favor, un convenio xa para Tomiño. Que casualidade que é o seu concello, entre a Deputación e a Consellería, de 3 millóns de euros, e xa en agosto un convenio, iso é eficacia, Sr. Benítez, iso é eficacia. Sra. Presidenta, eu creo que lle teño que pedir hoxe que escoite, que escoite ós veciños, non ós seus, porque lle van a decir o maravillosa que é vostede e que o está a facer. Ós veciños, ós colectivos, ós alcaldes, e ós concelleiros desta provincia, ós axentes sociais, e darase conta, darase conta que esta é unha Deputación á deriva. Que esta é unha Deputación da propaganda constante e continua e que o único que fai, pois é traer aquí propostas para aumentar asesores, a verdad que, non o podemos creer. Miren, nos gustaría un Plan de concellos como ten que ser, escoitando ós concellos, nos gustaría un Plan do Parque de Maquinaria, un Plan de colectivos, etc., etc. Pero miren, vostedes ahora nos contestarán, pois que aquí están os caciques, aquí están os que enchufan, xa sabemos o que nos van a contestar. Pero miren, ¿vostedes que son?, si teñen ós familiares no seu gabinete, ¿vostedes que son entón?, ¿vostedes que é o que están a facer?, me pregunto eu, me pregunto eu, ¿que están a facer vostedes mentras critican o enchufismo e o caciquismo do Partido Popular?. Mírense para ó ombligo, estudien e analicen o que están a facer. E lle pido que deixen de ser o goberno da paralización, porque quen perde é toda a provincia. Sra. Presidenta.- ¿Quere a palabra Sr. Mosquera?. Ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, grazas Sra. Presidenta. Bos días a todos e a todas. Evidentemente, estamos en precampaña electoral, e de todo o que dixo a Sra. Arévalo, o máis interesante foi que podíamos coller un catarro co aire acondicionado, ¿non?. O demais, só dúas pinceladas, a primeira, creo que, é claro, nítido e coñecido que esta casa, esta Deputación, bueno, por unha serie de motivos, pois tivo e ten aínda serios problemas, ten persoal moi cualificado pero en términos moi escasos é substituír ó persoal ou cubrir ó persoal funcionario como todo o mundo sabe, leva moito tempo e é complicado. E, supoño que todo o mundo sabrá que entre os asesores, pois propoñer un nome, podíase falar de máis, hai, pois un señor que exactamente para quen está traballando, pois a todos os concellos, anda recorrendo concellos, aí hai alcaldes, alcaldesas de todo signo, que foi por alí, por exemplo o de residuos, ou por exemplo o de, non, o de mobilidade. E sen ningún problema, ou sea, que están facendo unhas funcións que dificilmente se podían facer cun funcionario, a menos que abríramos un proceso que tardaba anos. Pero non quero entrar en moitas máis cousas, simplemente, simplemente unha cousa, aquí creo que hai dúas persoas, cando menos do Partido Popular, e creo que entres elas a que falou, que no seu momento estiveron contratadas como asesores. E, este deputado que estaba aquí nin a oposición, nunca nos metemos en eso, nunca, o goberno ten que ter medios para funcionar, e nunca nos metemos. Déixoo aí, simplemente. Facer demagoxia, andar, dálle, pa diante, pa atrás, misturando todo o que, unha cousa con outra, simplemente dicindo que se costa moito, se costa moito, nós cando estabamos na oposición e sucedeu eso, nunca nos metemos publicamente, nin criticamos ó goberno de turno para decirlle que si tiña contratado, non tiña contratado, ou deixaba de contratalo ou que funcións. Aquí ten unhas funcións moi claras e coñecidas, daquela había dúbidas. Máis ben algunha non pisaba por aquí, e cobraba como eso, nunca nos metemos, ¿por que?, porque entendemos que o goberno ten que poder funcionar e é absurdo esta discusión. Agardo que se tome nota. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Secretario, antes lle pasarlle ó Sr. Font o turno de peche de palabra, quero que resposte si se graban estes plenos, si cada unha das cousas que se dicen en este Pleno queda absoluta constancia, porque hoxe aquí se dixo algo, que como Presidenta da Deputación, pero como demócrata considero dunha gravedade total, e é que unha deputada do Partido Popular teña información directa dunha conselleira que é un cargo institucional que se debe ó conxunto da cidadanía e que non pode ser a transmisora partidaria das reunións que se piden con carácter formal, para tratar de cuestións que teñen que ver coa provincia, como é unha cuestión do plantexamento dunha variante que permitiría a mobilidade dunha zona importantísima do territorio desta provincia de Pontevedra, que ten sufrido o retraso dunha autovía que unira o Baixo Miño, coas dificultades que hai nese territorio, para ter unha mobilidade adaptada ó século 21, e que unha conselleira do Partido Popular pero que non é o Partido Popular, representa a unha institución, a Xunta de Galicia, lle de información a unha membro do seu partido, neste caso a persoa que falou, a Sra. Arévalo, sobre reunións que son de institucións, me parece que mostra moi ás claras o modelo con que entende o Partido Popular a política. Me parece gravísimo, e quero que conste en Acta, porque imos pedirlle responsabilidades á conselleira de infraestruturas por este comportamento partidario hacia ós membros do seu partido. Me parece gravísimo, nunca tivera escoitado nada deste calado nunha institución e nunha administración pública, gravísimo, me parece. Sr. Font, ten vostede 5 minutos para pechar o debate. Sr. López Font.- Muchísimas gracias Sra. Presidenta. Sra. Arévalo, usted está permanentemente en el debate de política general sobre este gobierno, y después de su intervención no me queda ninguna duda de que usted durante este año no ha entendido absolutamente nada. Ni se ha enterado de que hay 65 millones de euros para los concellos, ni se ha enterado de que se han incrementado las políticas sociales un 11 %. No se ha enterado absolutamente de nada. Y viene a dar consejos sobre escuchar y utilizar coche, como Mos es colindante con Vigo, yo le recomiendo que coja el coche usted, que vaya por su municipio que vea la cantidad de situaciones deplorables que hay en su municipio y que tome medidas y que tome medidas, Sra. Arévalo, sobre su municipio. Mire, yo no me he puesto ninguna tirita, la tirita se la ha puesto usted, y desde luego si usted a esta altura del debate ya asume que ustedes son unos caciques, empezamos bien, empezamos bien, porque eso es lo que han hecho durante muchos años en las políticas aquí en esta corporación. Pero mire, le voy a decir absolutamente más, porque usted habla de un cuadro, mire el cuadro es imposible de hacer, porque ustedes no tenían asesores, ustedes tenían en una posición ilegal a muchos funcionarios haciendo funciones políticas, por lo tanto no hay comparación, Sra. Arévalo, entre los que tenemos unos dentro de la ley y los que tenían ustedes. Nosotros hemos tenido que cesar en este gobierno a funcionarios sospechosos de graves irregularidades, a funcionarios que le han causado un perjuicio a esta institución de pérdida de 11 millones de euros en fondos europeos, esa es la realidad, y venimos aquí con transparencia, ni con ninguna tirita ni con ninguna historia. Venimos, literalmente, con personal de alga cualificación, y claro me habla de familiares, pero como me pueden hablar de familiares ustedes, ustedes me van a hablar a mí de familiares, quiere que hablemos de sobrinos y de otras cuestiones relacionadas con el PP, no, cuando usted quiera, no, cuando usted quiera, cuando usted quiera y pueda cuestionar lo que nosotros hacemos, le diré yo los familiares que tienen ustedes. Mire, se lo voy a decir muy nítido, usted éticamente para discutir conmigo sobre el tema de personal eventual, que hace cada uno, número y responsabilidad de cada uno, antes de entrar por esa puerta tiene que venir con la carta de renuncia del Sr. Louzán. Usted, si, si, usted éticamente para hablar conmigo y para debatir este tema, tiene que entrar por esa puerta con la carta de renuncia del Sr. Louzán. Porque miren, los asesores de este gobierno, los asesores de este gobierno legítimamente constituido trabajan 15 horas y no tengo tiempo, pero le podría relatar cuál son las jornadas. Las jornadas del Sr. Louzán son hacer con cargo al salario de esta Diputación, que pagamos todos y de ese personal eventual, del que usted habla, es hacer política para substituir al Sr. Villar como Presidente de la Federación española de fútbol. No, muy bien no, Sra. Arévalo, no, muy bien no, no se puede demonizar a personal eventual, no se puede demonizar a personas que trabajan muy dignamente en lo que es una figura contemplada en la ley. Y ustedes que tienen 3 diputados, ustedes que en otros gobiernos como Orense, como Valladolid, como Burgos tienen más asesores de los que tienen aquí y con una cuestión de la ley no se puede venir con risitas aquí. Se lo vuelvo a decir, no se puede cobrar 43.000,00 € de esta Diputación, y yo ya lo he dicho públicamente para dedicarse a cuestiones ajenas a esta Diputación. No se puede hacer, Sra. Arévalo. Y por lo tanto, yo le digo a usted, que lo que tiene es que respetar la legalidad, lo que tiene es que respetar a las personas que trabajan dignamente aquí, y la realidad, literalmente, es esta que le digo, porque nosotros nos hemos encontrado en esta casa con funcionarios que les hacían a ustedes tareas políticas. Y esto lo sabe todo el mundo y esa sí que es una práctica de caciques, claro que sí, y por eso yo no me ponía ninguna tirita en mi intervención, pero si decía lo que hay, y sí quería hacer pedagogía porque, lamentablemente, ayer a las once y media de la noche cuando recibía una llamada de un asesor, de estos que usted demoniza, para darme información sobre mi tarea de gobierno, yo pensaba en usted, y pensaba en la vergüenza que significa el que usted venga aquí a hacer anti-política, el que usted venga, si, a degradar la política, y usted durante este año ha estado degradando la política. Le pido respeto para los asesores y le pido que hable con el Sr. Louzán y que renuncie y que le pague la Federación gallega de fútbol. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font. Pasamos despois do debate á votación do punto once, cinco, perdón. Modificación da relación de postos de traballo de persoal eventual. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 14 votos a favor, 12 en contra e 1 abstención. ANTECEDENTES 1º.- Proposta de modificación da relación de postos de traballo de persoal eventual con motivo dunha nova reestruturación e redistribución das competencias da Presidencia entre os Sres./as Deputados/as provinciais para un mellor desenvolvemento das responsabilidades de goberno. 2º.- Constituída a nova Corporación Provincial en sesión celebrada o 17 de xullo de 2015, por Resolucións Presidenciais de datas 22 de xullo e 28 de agosto de 2015 foron delegadas en determinados/as deputados/as provinciais as atribucións da Presidenta nos distintos centros, organismos e áreas de servizo. Posteriormente, ante a redistribución e concreción das funcións asignadas así como ante a creación do novo servizo de Cohesión Social e Xuventude, por Resolución Presidencial de data 25 de abril de 2016, en atención ás atribucións conferidas polos artigos 34.2 e 35 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 58, 63 e 64 do Real decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 105.2 da Lei 5/97, de 22 de xullo, Reguladora da Administración Local de Galicia, efectúase unha nova delegación de competencias da Presidencia nos distintos centros e áreas de servizos para o mellor desenvolvemento das responsabilidades de goberno, especificándose as atribucións que corresponden ós/ás deputados/as provinciais por razón da materia. A devandita Resolución deixou sen efecto as anteriores e publicouse no Boletín Oficial da Provincia de data 9 de maio de 2016. Da mesma deuse conta ó Pleno da Corporación Provincial. 3º.- Tal e como se indica na proposta, este cambio require unha modificación da estrutura organizativa e relación de postos de traballo de persoal eventual adscrito ó Gabinete da Presidencia, consistente na creación de dous novos postos de confianza e asesoramento especial, un de asesor de proxectos sociais e outro de asesor de proxectos territoriais, clasificados indistintamente nos grupos A1 ou A2 e cunha retribución anual cada un deles de 42.834,38 €, co fin de garantir a operatividade, eficacia e funcionamento dos órganos de goberno da Deputación. De forma detallada sinalase que os referidos postos terán asignadas as seguintes funcións: 1) Posto de asesor de proxectos sociais: Corresponderalle o asesoramento especial ao goberno provincial en materia de servizos sociais, así como de forma transversal ós/ás deputados/as en cuxas áreas se desenvolvan programas ou proxectos que teñan por obxecto de forma directa ou indirecta a atención a persoas desfavorecidas ou a colaboración das asociacións que traballen neste eido. Proporcionará tamén asesoramento ós membros do goberno responsables das distintas áreas corporativas para garantir a igualdade de acceso de toda a cidadanía pontevedresa ós servizos públicos ofertados pola Deputación. Entre outras, desenvolverá as seguintes tarefas: a) Asesorar á presidencia e ás/ós deputadas/os delegadas/os dos proxectos sociais. b) Asesorar ás/ós deputadas/os delegadas/os sobre as directrices a seguir en materia de política social. c) Asesorar ás/ós deputadas/os delegadas/os na programación das actividades de goberno que sexan da súa competencia. d) Propor ás/ós deputadas/os delegadas/os a elaboración de proxectos referentes ó seu ámbito de responsabilidade. e) Suscitar estratexias e propostas de actuación ou difusión no ámbito das súas competencias. f) Facer un seguimento do cumprimento dos obxectivos propostos. g) Coordinar as actuacións das/dos deputadas/os delegadas/os coas outras áreas de goberno na materia de atención a persoas desfavorecidas. h) Coordinar as comunicacións en materia de política social co Gabinete de Prensa. i) Calquera outra que corresponda coas funcións de confianza e asesoramento especial á presidencia e ás/ós deputadas/os delegadas/os en materia de atención a persoas desfavorecidas. 2) Posto de asesor de proxectos territoriais: As funcións deste posto serán de asesoramento especial ó goberno provincial nos proxectos, plans e programas con impacto directo no territorio nos que o elemento territorial sexa o fundamento da actuación, en particular mediante accións de fomento. Así mesmo corresponderalle o asesoramento das/os deputadas/os naqueles proxectos, plans e programas que se elaboren para o desenvolvemento de accións de servizo público nos que o elemento territorial, non sendo o fundamento principal da actuación, requira de análise para o correcto dimensionamento do obxectivo que se pretenda acadar. Entre outras, desenvolverá as seguintes tarefas: a) Asesorar á presidencia e ás/ós deputadas/os delegadas/os sobre os proxectos territoriais a desenvolver. b) Asesorar ás/ós deputadas/os delegadas/os sobre as directrices a seguir en materia de política territorial. c) Propor ás/ós deputadas/os delegadas/os a elaboración de proxectos referentes ó seu ámbito de responsabilidade. d) Suscitar estratexias e propostas de actuación ou difusión no ámbito das súas competencias. e) Facer un seguimento do cumprimento dos obxectivos propostos. f) Coordinar as actuacións das/dos deputadas/os delegadas/os coas outras áreas de goberno. g) Coordinar as comunicacións co Gabinete de Prensa no ámbito da súa actividade. h) Calquera outra que corresponda coas funcións de confianza e asesoramento especial á presidencia, ás/ós deputadas/os delegadas/os e demais membros do goberno. 4º.- Actualmente a relación de postos de traballo de persoal eventual a compoñen un total de 18 postos, e o incremento que se pretende será financiado con cargo ás economías existentes no cadro de persoal polos importes que se especifican a continuación: Ampliación da RPT persoal eventual Nº GR Retribución anual Retribución do 09 ó 12 Seg. Social do 09 ó 12 Custo total do 09 ó 12 Asesor de proxectos sociais 1 A1/A2 42.834,38 € 14.278,13 4.383,39 18.661,52 Asesor de proxectos territoriais 1 A1/A2 42.834,38 € 14.278,13 4.383,39 18.661,52 TOTAL 2 28.556,26 8.766,78 37.323,04 O custo salarial total e de seguridade social impútase ás seguintes aplicacións orzamentarias: 16/900.9120.110.00, 16/900.9120.110.01 e 16/900.9120.160.01. En cómputo total o número de postos de persoal eventual (18), incluídos os de nova creación (20), non superan o límite contemplado no artigo 104 bis da LRBRL, na redacción dada pola Lei 27/2013, de 27 de decembro, sendo inferior ao que lle corresponde polo tramo asignado ás corporacións do municipio máis poboado da provincia (máximo 27). CONSIDERACIÓNS XURÍDICAS 1º.- O artigo 89 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL), dispón que o persoal ó servizo das Entidades locais estará integrado por funcionarios de carreira, contratados en réxime de dereito laboral e persoal eventual que desempeña postos de confianza ou asesoramento especial. 2º.- Á súa vez o artigo 33.2 f) da LBRL atribúe ó Pleno da Deputación a aprobación do cadro de persoal, a relación de postos de traballo e a determinación do número e réxime do persoal eventual. 3º.- Segundo o previsto no artigo 104 da LRBRL o número, características e retribucións do persoal eventual determinarase polo Pleno de cada Corporación, ó comezo do seu mandato. Estas determinacións só poderán modificarse con motivo da aprobación dos Orzamentos anuais. O nomeamento e o cesamento destes funcionarios é libre e corresponde ó Alcalde ou ó Presidente da entidade local correspondente. Cesan automaticamente en todo caso cando se produza o cesamento ou expire o mandato da autoridade á que presten a súa función de confianza ou de asesoramento. Os nomeamentos de funcionarios de emprego, o réxime das súas retribucións e a súa dedicación publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e, no seu caso, no propio da Corporación. 4º.- No mesmo sentido, o artigo 176 do Real Decreto Lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das Disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL) remítese ó establecido no artigo 104 da Lei 7/1985, de 2 de abril, respecto ó persoal eventual, sinalando ademais que estes postos deberán figurar no cadro de persoal da Corporación e que poderán ser desempeñados por persoal eventual determinados postos de traballo de carácter directivo, incluídos na relación de postos de traballo da Corporación, de acordo co que dispoñan as normas que dite o Estado para a súa confección. Nestes supostos, o persoal eventual deberá reunir as condicións específicas que se esixan ós funcionarios que poidan desempeñar ditos postos. 5º.- O artigo 12 do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, considera persoal eventual o que, en virtude de nomeamento e con carácter non permanente, só realiza funcións expresamente cualificadas como de confianza ou asesoramento especial, sendo retribuído con cargo ós créditos orzamentarios consignados para este fin. As leis de Función Pública que se diten en desenvolvemento deste Estatuto determinarán os órganos de goberno das Administracións Públicas que poderán dispoñer deste tipo de persoal. O número máximo establecerase polos respectivos órganos de goberno. O seu nomeamento e cesamento serán libres. O cesamento terá lugar, en todo caso, cando se produza o da autoridade á que se lle preste a función de confianza ou asesoramento. Ademais sinala no apartado 4 que a condición de persoal eventual non poderá constituír mérito para o acceso á Función Pública ou para a promoción interna, e que ó persoal eventual lle será aplicable, no que sexa adecuado á natureza da súa condición, o réxime xeral dos funcionarios de carreira. 6º.- A última regulación sobre o réxime xurídico, nomeamento e cesamento deste persoal aparece na Lei 2/2015, do emprego público de Galicia. Segundo o disposto no artigo 29 teñen a condición de persoal eventual aqueles que, en virtude de nomeamento e con carácter non permanente, só realizan funcións expresamente cualificadas como de confianza ou asesoramento especial, retribuídas con cargo ós créditos orzamentarios consignados para este fin. Ós efectos previstos neste artigo, enténdese por funcións de confianza ou asesoramento especial aquelas nas que concorran as seguintes circunstancias: a) Asesoramento vinculado ó desempeño e plantexamento de estratexias e propostas de actuación ou difusión no ámbito das competencias da autoridade que efectuou o nomeamento, o apoio que supoña unha colaboración de carácter reservado. b) Non estar reservadas a persoal funcionario. c) Especial dedicación e dispoñibilidade horaria. Sinala, ademais, que o persoal eventual en ningún caso pode realizar actividades ordinarias de xestión ou de carácter técnico nin ningunha das funcións que corresponden ó persoal funcionario de carreira. Ó igual que na normativa citada anteriormente, no artigo 30 tamén se recolle que o nomeamento do persoal eventual é libre e o cesamento corresponde ós mesmos órganos competentes para o seu nomeamento e prodúcese pola concorrencia dalgunha das seguintes causas: a) Libre decisión da autoridade que efectuou o nomeamento. b) Cesamento da autoridade que efectuou o nomeamento. Neste caso, o cesamento do persoal eventual prodúcese de forma automática co cesamento de dita autoridade. c) Renuncia. Respecto ó réxime xurídico, segundo o disposto no artigo 31 do referido texto legal a este persoal seralle de aplicación, en canto sexa adecuado á natureza da súa condición, o réxime xeral do persoal funcionario de carreira. 7º.- Tamén cabe sinalar que o artigo 104 bis da LRBRL na redacción que dada pola Lei 27/2013, de 27 de decembro, de Racionalización e sostibilidade da Administración local, vén a ampliar a regulación existente do persoal eventual, engadindo no apartado 4 de dito artigo que o persoal eventual terá que asignarse sempre ós servizos xerais das Entidades Locais en cuxo cadro de persoal apareza consignado, aínda que, excepcionalmente, poderán asignarse, con carácter funcional, a outros dos servizos ou departamentos da estrutura propia da Entidade Local, se así o reflectise expresamente o seu Regulamento Orgánico. En canto ó número de postos de traballo de persoal eventual nas Deputacións introdúcese como novidade que será o mesmo que o do tramo correspondente ó da Corporación do Municipio máis poboado da Provincia (sendo Vigo o máis poboado, situado nun tramo de entre 75.001 e 500.000, ten como límite o número de concelleiros da Corporación, que na Deputación ascende a 27). 8º.- En principio, hai quen considera que non existe unha data inicial e final para a determinación e modificación do persoal eventual senón que haberá que estar ás circunstancias do caso. O artigo 104 vén a establecer que ó constituírse a Corporación débese concretar o persoal asesor en función da estrutura político-administrativa da Corporación, é dicir, o persoal asesor que a Corporación considera necesario para actuar en apoio dos órganos políticos, polo que ante unha modificación da estrutura política inicialmente adoptada pola Corporación, como é o caso dunha nova configuración das áreas de goberno ou das delegacións en membros corporativos, cabe modificar o persoal eventual co fin de adecualo á nova situación da estrutura dos órganos de goberno. Neste sentido, pronúnciase a STSJ do País Vasco de 23 de novembro de 2001. De acordo con este razoamento, a modificación da relación de postos de traballo de persoal eventual da Deputación de Pontevedra para crear dous novos postos de asesor encóntrase xustificada no contexto en que ten lugar, dada a nova configuración política da Corporación Provincial, constituída en xullo de 2015 con dous grupos de goberno, con diferentes áreas de xestión e cuxa distribución de competencias foi revisada en diferentes momentos, producíndose o último cambio organizativo a través da Resolución Presidencial de data 25 de abril de 2016; de aí que a modificación que se pretende levar a cabo estaría comprendida dentro do concepto de “comezo do mandato”, ó que se refire o artigo 104.1 da LRBRL. 9º.- En todo caso, terase en conta que en virtude do disposto no artigo 126.3 do TRRL esta modificación da relación de postos de traballo de persoal eventual durante a vixencia do orzamento require o cumprimento dos trámites establecidos para a súa modificación, aprobación provisional, período de alegación por quince días hábiles e aprobación definitiva. Por todo o exposto, en base ós antecedentes e consideracións xurídicas citadas anteriormente, vistos os informes de Recursos Humanos e Intervención, o Pleno da Corporación Provincial acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos en contra do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON, a creación de dous novos postos de traballo de persoal eventual de confianza e asesoramento especial, nos termos que detallan a continuación: Ampliación RPT persoal eventual Nº GR Retribución anual Retribución do 09 ó 12 Seg. Social do 09 ó 12 Custo total do 09 ó 12 Asesor de proxectos sociais 1 A1/A2 42.834,38 € 14.278,13 4.383,39 18.661,52 Asesor de proxectos territoriais 1 A1/A2 42.834,38 € 14.278,13 4.383,39 18.661,52 TOTAL 2 28.556,26 8.766,78 37.323,04 O custo salarial total e de seguridade social impútase ás seguintes aplicacións orzamentarias: 16/900.9120.110.00, 16/900.9120.110.01 e 16/900.9120.160.01. As retribucións deste persoal serán actualizadas en función do recollido na Lei de orzamentos xerais do Estado de cada ano. Este acordo será publicado na forma prevista no apartado 5 do artigo 104 bis da Lei de bases de réxime local, e no portal de transparencia da Deputación en aplicación do sinalado no artigo 8.1 f) da Lei de transparencia. Os nomeamentos do persoal eventual, tamén serán obxecto de publicación nos lugares que se determinan no apartado anterior. Por último, a Presidenta da Deputación informará ó Pleno con carácter trimestral do número, características e retribucións do persoal eventual. 6.6807.- PRÓRROGA DO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014-(PUSIM/14) Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 6. Prórroga do Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014–PUSIM/14. ¿Observacións?. Non habendo observacións pasamos á votación. ¿Votos a favor da prórroga?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobada por unanimidade. Resultando que, en virtude das competencias que lle atribúe a lexislación vixente, o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria de 28 de febreiro de 2014 aprobou as bases reguladoras do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais - 2014 (PUSIM/14), sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos. As bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 44 do 5 de marzo de 2014. Posteriormente o Pleno na súa sesión de 30 de maio de 2014 acordou a modificación e ampliación do crédito do plan, que foi publicada no BOPPO núm. 105, do 3 de xuño de 2014. Resultando que este Plan se concibe co propósito de cooperar cos concellos no financiamento dos investimentos necesarios para a efectiva prestación dos servizos propios e obrigatorios contemplados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladoras das bases de réxime local, cumprindo así o disposto no artigo 36.1 desta lei, no que se establece como unha das competencias da Deputación a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial, así como a asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica cos concellos, especialmente cos de menor capacidade económica e de xestión. Resultando que para acometer estas medidas de apoio ós concellos se dotou inicialmente ó PUSIM/14 con 15 millóns de euros, e que posteriormente tras a modificación do plan ampliouse a súa dotación en 12 millóns máis, ata acadar un total de 27 millóns de euros. Resultando que a implementación do PUSIM/14, suxeita á aparición de imprevistos e retrasos provocados pola complexa tramitación administrativa, deu lugar a que o Pleno da Deputación, en data 29 de decembro, acordará a prórroga do mesmo, ata o 30 de abril de 2016, no relativo á autorización de reinvestimento de baixas e modificacións do contido das resolucións de concesión de subvencións xa recaídas, e ata o 31 de agosto de 2016 para a execución e xustificación dos investimentos acollidos ó PUSIM/14. Resultando que os retrasos na execución dos proxectos subvencionados motivados basicamente polas modificacións durante os procesos contractuais, por pregos de condicións que non reflectían adecuadamente a realidade dos investimentos ou dos proxectos a realizar e polas malas condicións climatolóxicas do pasado inverno deu lugar a retrasos no tempo na entrega das prestacións, o que está a provocar requirimentos por parte concellos sobre a necesidade de prorrogar a vixencia do Plan. Resultando que por todo o anteriormente exposto semella difícil que todos os investimentos acollidos no PUSIM/14 se poidan executar e xustificar antes do 31 de agosto de 2016, polo que resulta aconsellable acomodar os prazos de execución e xustificación ás circunstancias reais dos investimentos, e por tanto ampliar os seus prazos co fin de garantir que os concellos dispoñan do tempo suficiente para xestionar a realización das actuacións subvencionadas cumprindo a legalidade vixente. Considerando que de acordo co disposto nos artigos 182 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 34 e ss. do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, ós créditos comprometidos do PUSIM/14 a 31 de decembro de 2015, incorporáronse ó orzamento provincial do 2016 e que este crédito, cumprido o anterior, poderá ser aplicado, seguindo o disposto nos artigos 22.1 e 27 da Lei xeral de subvencións, na Base 25.2ª dos Orzamentos provinciais, durante a totalidade do presente exercicio. Vista toda a documentación relativa ó citado plan que obra no expediente, vistos os informes da Intervención provincial e do secretario xeral; e visto o ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, previa a súa elevación ó Pleno; en virtude dos artigos 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 70 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Pleno da Corporación Provincial acorda, por unanimidade, conceder unha prórroga na execución dos investimentos acollidos ó Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais-2014 ata o 30 de novembro de 2016, e para a súa xustificación ata o 15 de decembro de 2016. 7.6808.- CONVENIO DE COOPERACIÓN TERRITORIAL TRANSFRONTEIRIZA ENTRE A COMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO ALTO MINHO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, E ESTATUTOS DA AGRUPACIÓN EUROPEA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL DO RÍO MIÑO Sra. Presidenta.- No punto 7, Convenio de cooperación territorial transfronteiriza entre a Comunidade intermunicipal do Alto Minho e a Deputación de Pontevedra e Estatutos da Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño. Para a súa explicación ten a palabra o Sr. Benítez. Sr. Benítez Fernández.- Ben, antes de falar isto direille á portavoz do Partido Popular que cando, pois teña que facer algo, propoñer calquera cousa á conselleira igual, igual teño que falar con vostede antes, e pedirlle permiso a vostede, se lle parece ben, o que un responsable desta casa poida falar con cualquier conselleiro, pedirémoslle antes o permiso a vostede. Eu, en todo caso, entendo a política dun xeito moi diferente e é o que eu falo cos seus alcaldes, cos alcaldes do Partido Popular que me visitan para tratar temas da Deputación non se me ocurre coller e despois de ter unha entrevista cos alcaldes chamar ao meu portavoz do BNG, e a oposición para que faga político, política, co que o seu alcalde, do PP, me transmitiu, das demandas que me plantexou e co que me propuxo. É dicir, eu recibín a 45 alcaldes de 62 da provincia de Pontevedra, e moitos deles, a maior parte, do seu partido, e me propuxeron moitas cousas, moitos deles están aquí, moitas propostas, i eu non se me ocorriu chamar ós meus portavoces da oposición i explicarlle eso para que llo solten no pleno, ou sexa, me parece dunha falta respecto institucional que non entendo, podo entendelo dun principiante en política, pero unha persoa que é alcaldesa que xa leva uns cuantos anos de alcaldesa, eu suxírolle, de verdade, que, que se adapte á posición, a posición en que está, que está nunha casa na que é unha alcaldesa e que debería entender estas situacións. Porque, dende logo, se vamos a levar a política a ese terreo eu, dende logo, non estou disposto, pero bueno, é que nos están levando a un terreo que non é normal. Eu entendo que a política é de colaboración, creo que todos os alcaldes do seu partido os tratei con respecto i aspiro a colaborar con eles nas distintas propostas que me fan, e non entendo, e me parece sumamente grave o que acaba de dicir porque eu, as propostas que eu lle faga a conselleira son propostas, e se negocian, e se falan, e non, eu non entendo que, deberían de quedar estritamente no ámbito de negociación da proposta entre dúas administracións, ou sea, usted salta aquí cando non hai nada, nada en firme, non sei, é decir, me parece algo totalmente alucinante, de verdade. Non sei se quere que eu faga o mesmo cas propostas que me fan os seus alcaldes, non sei, non sei se pretende levarnos a ese terreo da política. En fin, vou ó punto que me remite aquí, que é ben diferente, precisamente demostra de que, do que, como eu entendo a política e como se deben facer as cousas, que é con cooperación, con independencia das cores políticas que teñen cada, cada corporación ou cada alcalde, ¿non?. Ben, o que traemos hoxe aquí é aprobación duns estatutos para a construción dunha, dunha AECT, uns estatutos e o convenio de colaboración entre dúas institucións para poder sacar adiante esa AECT, ¿non?, o convenio de colaboración é entre a Deputación de Pontevedra i a Comunidade intermunicipal Alto Minho, que para quen non o saiba é unha comunidade que agrupa os dez concellos, as dez cámaras municipais da rexión do Alto Minho de Portugal. As agrupacións europeas de cooperación territorial, as AECTs son un instrumento que se constituiu no 2006 ó amparo dunha lexislación que estableceu o Parlamento Europeo e a Comisión Europea, i, o que pretenden, son instrumentos que, europeos de cooperación, que o que pretenden é impulsar os proxectos cofinanciados da Unión Europea, y darlle a eses instrumentos un amparo xurídico, porque, para que teñan personalidade xurídica propia para poder acometer eses proxectos europeos de cooperación, que moitas veces cando se fan entre dúas institucións de dos países distintos con lexislacións distintas, pois, dificulta a execución deses programas. Entón, a Unión Europea no ano 2006 sacou esta lexislación para poder que se, se formasen este tipo de agrupacións AECTs para que tivesen personalidade xurídica para poder acometer eses proxectos sen os problemas xurídicos que poida ter dúas lexislacións de dous países distintos, ¿non?. … europea da AECT, no Comité de Rexións, nestes momentos, a día de hoxe hai 53 entidades que, de 20 estados miembros diferentes, en 2014 constituíronse 5, e en 2015 dúas, ¿non?. Na actualidade aquí na, no que é na fronteira, nas fronteiras españolas, España-Portugal, España-Francia, hai 15 AECTs constituídas, e no que é na fronteira Galego-Portuguesa, para situarnos máis, hai só dúas, unha é a que ten a Xunta de Galicia coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento do norte de Portugal, a CCDR que é o homólogo da Xunta de Galicia en Portugal, que é a AECT Galicia-Norte de Portugal, e despois está a AECT da Eurocidade Verín-Chaves. Aquí esta casa, esta Deputación, esta institución, ten uns antecedentes xa de cooperación de, no territorio de Miño, e eses antecedentes son unha asociación que se creou no 2006, a Unimiño que tiña como obxecto tamén, pois, impulsar os proxectos de cooperación transfronteiriza. Esa asociación caducou, o protocolo de colaboración que había entre a Deputación e … caducou no 2014, i cando chegamos a este novo goberno pois tivemos un serio debate que se ía facer coa política de cooperación transfronteiriza, si lle, si lle interesa o que digo, senón paro de falar porque os meus compañeiros xa o saben. No, no, solo digo, eu pídolle atención, solo lle pido atención, e que teño, teño a sensación, teño a sensación, teño a sensación, teño a sensación de que, teño a sensación de que estou falando para nada, entón, por iso lle pido un pouco de atención, e senón, paro de falar, paro de falar, non falo para o Grupo Popular, fundamentalmente para a oposición, fundamentalmente para a oposición. Entón, a ver. Sra. Presidenta.- Disculpe Sr. Benítez, por favor, señor, por favor, Sr. Benítez está sendo vostede absolutamente exquisito continúe coa súa exquisitez. Sr. Benítez Fernández.- A ver, na, despois de, da, bueno, este goberno tomou a decisión de ver que se facía na política de cooperación transfronteiriza, tivemos varias reunións e eu persoalmente falei con varios alcaldes, do Partido Popular tamén, e non se me ocorreu andar aí a contarlle o que eu falo con eles, pero bueno, porque eu entendo que para min somos interlocutores, perfectamente, lle plantexamos problemas da anterior Asociación Unimiño, que non funcionaba ben e todo iso, foi cando estivemos, pois, deliberando, pois tendo en conta, ¡oe!, tamén a opinión dos alcaldes, de que paso a seguir adiante, ¿non?, se non facer nada ou irnos, que é como, como finalmente acordamos a constitución deste, deste, deste AECT. Hai que decir que, en conversas eu tidas tamén coa Dirección Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, co Sr. Gamallo, pois eles, pois valoraron moi positivamente porque entenden que toda vez que xa está a zona de Verín-Chaves cunha AECT, e a súa AECT de Galicia-Norte de Portugal é unha AECT moito máis xenérica e moito máis global, e tamén que era moi interesante que houbese unha AECT que se estendese territorialmente á zona do Miño, tendo en conta que estamos falando da fronteira máis poboada entre, de toda España e Portugal, e na que hai o fluxo de mobilidade máis alto de toda a fronteira entre España e Portugal. Pois a mobilidade que dá o eixo Atlántico, como todos sabedes, con moitas relacións de todo tipo, sociais, económicas, turísticas, etc. Os obxectivos que perseguen dos do ámbito territorial da AECT Río Miño é o mesmo ámbito que estaba na Asociación Unimiño que tiñan, que eses concellos que aí, que aí veñen, eu pedinlle aos concellos si estaban de acordo e asinaron todos a, bueno, a aceptación de incluírse como territorio que se vai a cinguir a esta AECT, i os obxectivos pois, dende logo, pois facilitar e promover a cooperación territorial entre, entre os dous membros, ¿non?, i todo o que antes expliquei. A partir de agora, da aprobación destes, destes convenios i estatutos, o procedemento que indica para as AECTs é que remitir estas aprobacións, que hoxe se aproba aquí no Pleno da Deputación de Pontevedra, e tamén hoxe se aproba no Pleno da Comunidade Intermunicipal Alto Minho, e se remite aos gobernos de Madrid e Lisboa para que no prazo máximo de 6 meses den a súa aprobación definitiva e se poida constituír a AECT Río Miño. Decir tamén, a modo de información tamén, que, bueno, os Estatutos regulan as competencias, funcionamento as toma de decisións, etc., etc., como se establece dentro do marco xeral i legal que hai para as AECTs. E decir que nós tamén nos analizamos estatutos i modelos doutros, que podían ser semellantes, como pode ser a propia Xunta de Galicia – Norte de Portugal, pero como pode ser tamén a, a CERNET, unha AECT moi interesante entre a Deputación de Zamora e a Deputación de Salamanca, concello de Zamora e tres agrupacións de concellos portugueses, ou a propia, a AECT do Douro, na que pertencen 188 entidades públicas, ou a AECT León-Bragança entre a Diputación de León e a Cámara Municipal de Bragança, ¿non?, son distintos medios que analizamos para a hora de concluír esto, i creo que nada máis. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Benítez. ¿Alguén máis quere intervir?. Si. Sr. Bas Corugeira.- Moitas gracias Presidenta. A verdade é que este grupo provincial se sinte orgulloso desta iniciativa da constitución e de haber estado na constitución da AECT Río Miño. Cremos que a colaboración entre o norte de Portugal e Galicia é fundamental, cremos que esta eurorexión é unha das que hai que potenciar. Non sólo eso, vemos como ano tras ano fondos europeos nesta zona do territorio de Portugal e Galicia están se indo de volta, co cal temos que capitalizar todos ese fondos. Cremos de forma moi positiva, valoramos de forma moi positiva que tanto as universidades galegas, como universidades de Portugal, do norte de Portugal, participen neste proxecto. Cremos que a cooperación territorial transfronteriza é fundamental, unha cooperación que ten que estar fundamentada na pluralidade, na colaboración, na participación, é un paso adiante máis, un paso adiante fundamental, e cremos que a transformación en unha AECT era necesaria para a captación de fondos europeos, e non sólo eso, senón para a reorganización dun territorio que ten moito en común, e toda esa potencialidade temos que ser capaces de aproveitar. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Bas. Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Gracias Presidenta. Bueno, eu quero darlle gracias ó Sr. Font, ó Sr. Benítez, quero darlle gracias, si, porque a verdad é que me dan sempre tantos consellos, me chaman principiante en política, e a verdad que me quedo pasmada, ¿non?, porque me chama principiante unha persona que nunca se presentou as eleccións, nunca. Sra. Presidenta.- Sra. Arévalo ten vostede que falar do punto 7, convenio. Non lle dou, non lle dou palabra por alusións, ten vostede que centrarse no convenio. Sra. Arévalo Gómez.- Por alusións, por alusións. Perdón. Moi ben. Bueno. Eso é a democracia, que Uxío pode falar e eu no, esa é a democracia. Sra. Presidenta.- Bueno, usted siga cos numeritos, Sra. Arévalo, pero céntrese no punto 7. Sra. Arévalo Gómez.- ¿Pero que numeritos?. Moi ben, moi ben. Pois vamos a apoiar por suposto este proxecto, por eso o Sr. Benítez estaba moi nervioso porque nono atendía, pero de verdad que o vamos a apoiar, porque nós cremos en esto, cremos en esto, a pesar de que aquí non está moi detallado o que pretenden facer, as actuacións que vai a priorizar a Deputación de Pontevedra, pero si vamos a apoialo. Porque, mire, cremos que, pois hai que apoiar aos pequenos concellos, ós concellos do interior, como son en este caso pois a maioría dos que entran dentro desta Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño, e ademais que é unha continuidade do que o Partido Popular puxo en marcha hai anos, como dicía vostede, que é o Unimiño. Nos parece importantísimo, ¡eh!, axudarlle aos concellos nos servicios e nas infraestruturas, e unir sinerxias. Desde logo que felicitámonos todos, ¿non?, porque acabamos de ver o outro día que arrancou por fin a Área Metropolitana de Vigo. Por certo, Presidenta, que nos pareceu, pois a verdad, que un pouco mal que non estivera alí representándonos, e que estivera a silla valeira. E lle dicía, pois que, que desde logo, xa, xa, imagino. ¿Podo continuar?. Sra. Presidenta.- A min me dá exactamente igual que lle pareza ben ou mal, a verdade, llo digo con tranquilidade, non lle vou a contar a vostede … Non, non pode continuar porque me esta facendo referencia a algo que non ten nada que ver co punto e referíndose á Presidenta da Deputación. Sra. Arévalo Gómez.- ¿Podo continuar?. Sra. Presidenta.- Non, non pode continuar. Sra. Arévalo Gómez.- Vale. Sra. Presidenta.- Lle paro a palabra para dicirlle que a min me dá exactamente igual o que a vostede lle pareza ben ou lle pareza mal, e que non lle vou a dar explicacións porque non estaba. Sra. Arévalo Gómez.- ¿Podo continuar?. Sra. Presidenta.- Si, agora … Sra. Arévalo Gómez.- Vale, moitas gracias, moitas gracias Presidenta, que nerviosa se pon, a verdad que, bueno, si. Moi ben, pois como lles dicía, bueno, pois como lles dicía, nos encanta ver como se unen sinerxías e concellos para poder poñer en marcha inversións e proxectos. Nós fomos pioneiros, creo que podemos presumir de haber xestionado 120 millóns de euros de fondos europeos en 44, creo que non recordo mal, proxectos de emprego, de medio ambiente, de cultura, de deporte, de promoción económica. Lamentablemente pois si que tivemos que ver o intento da Presidenta de, de afear esa xestión, de enviar aos 50 días de empezar a lexislatura todo á fiscalía, pero bueno, hai un rato escoitábamos que tantas ilegalidades, tantas ilegalidades cometemos, pero a realidade é que todo o que vostedes levan á parte xudicial, e polo penal ademais, se van archivando. Pero si que é certo que hai un intento importante de afear esa, ese traballo, que foi un traballo dos políticos, pero sobre todo dos técnicos desta casa, que entre eles, pois eso, era Unimiño que é, Uxío, o comezo de algo que hoxe pois nos alegramos moitísimo de que se aprobe e que se traia aquí, e que o poñades en marcha. Hai proxectos que, que si se validaron por parte do goberno, si é certo que teño que dicir aquí que nos gustaría que a xestión fose, pois, tan impecable como a de antes, ¿non?, porque se nos referimos ó Centro de asesoramento empresarial, o proxecto este CEPAE pois o Partido Popular o puxo en marcha con 2 millóns de euros de fondos europeos e vostedes, pois levan gastados 600 mil desta casa sin ser capaces de xestionar fondos de Europa. Así que, pola nosa parte o que lle vamos a pedir é que sigan en esta línea de, pois tratar de poñer en marcha fondos europeos, de tratar de traer aquí iniciativas. E, dende logo, nos vamos a abster, porque aquí non hai concreción das actuacións, e, bueno, pois algo escoitamos en prensa, algo me comentou o deputado o outro día. E, dende logo que si van por aí as actuacións non estamos demasiado de acordo, que se constrúa un paso peatonal ó lado dunha ponte que xa contempla, pois o paso de personas con seguridade, con humanizado e demais, pois nos parece que non son os fondos, non é o lugar máis apropiado donde destinalos. Pero, en todo caso, é unha decisión do goberno, pero nos gustaría que a partir de ahora se nos teña en conta para concretar todas as accións que se vaian a poñer en marcha, e aquí encontrarán pois un partido que lles apoiará en todo aquilo que sea referente a esto. Quero insistir en que, bueno, pois, me parece que o respecto debe estar sempre presente, Presidenta, eu digo o que penso pero con respecto, e non pretendo que vostede se poña en esa actitude comigo, porque creo que podemos ter un debate normal, un debate donde eu escoito ó Sr. Font, escoito ó Sr. Benítez, e eu trato de contestar ao que eles, eu creo que non están acertados, ou o que eu penso, e me parece bastante mal que continuamente se me retire a palabra se eu intento, pois, facer uso dela para, por alusións. Estou no meu tempo de intervención e lle pido que, por favor, teña paciencia e me deixe terminar. Dende logo, que eu lle dicía antes ó Sr. Font que, mire, eu lle acepto con todo cariño todos os consellos que me de, pero, ¡hombre!, si, si, todos, que son a verdad, pois, unha principiante como lle dicía, ¿pero sabe unha cousa?, os concelleiros do Partido Socialista de Mos que están aquí escoitándonos que, a verdad, a Mos ó concello, a Mos ó concello non veñen a traballar pola mañán, pero veñen aquí o cuál eu me alegro que non lle interese. Sra. Presidenta.- Rematou a súa intervención señora, señora deputada. Sra. Arévalo Gómez.- E cada vez teñen menos votos, a principiante cada vez ten máis e vostedes cada vez teñen menos. Sra. Presidenta.- Sr. Uxío. Sra. Deputada rematou o seu, a súa intervención. Por favor, Sr. Font, Sr. Font, Sr. Font, Sr. Font, lle prego, lle prego que non entre ó xogo, tranquilidade. Non ve vostede que a algunha xente non fai falta contestar para que se retracte, tranquilidade. Sr. Benítez, ao que importa que é a AECT. Sr. Benítez Fernández.- A ver, Sra. Arévalo, parece que lle doe apoiar unha historia. O que non acabei é de entender a súa intervención, é dicir, tuvo a intervención felicitándonos, parabenizándonos, dicíndonos que a iniciativa era moi boa, e ó final meteu por aí o tema dos fondos europeos que non ten nada que ver, quero deixalo claro, co que estamos falando aquí. A AECT se trata para fondos de cooperación transfronteriza, non fondos europeos xerais, a eses fondos europeos que, que esta casa pedirá e todo iso, bueno, meteu hai polo medio, que se os 100 millóns, que si os que pediran antes, que si que os que se piden ahora, que si a fiscalía. E ó final, despois de meterse polo medio, volve a decir que está moi ben, que é unha iniciativa moi boa, que xa viña sendo, o PP xa, é unha herdanza do que fixera o PP, e ó final dice que se abstén por non sei que dunha pasarela peonil, non sei que. De verdade, creo que esta vez, non, igual aclarar, non, pregúnteme o que queira, xa sabes. Unha cousa, o que estamos falando aquí é de constituír un instrumento que é a AECT Río Miño, cuns estatutos que traemos aquí, claro que non ten concreción porque nos estatutos non hai concreción, tu nos estatutos de cualquier cousa non dices o que vas a facer, marcas o marco xeral normativo de como se vai a rexir ese organismo, consello coordinador, se va a tener un director, donde está a sede, é dicir, eso é o que se vai, o que se fala aí. Sra. Arévalo Gómez.- ¿Lle podo rectificar o que lle dixen?. Sr. Benítez Fernández.- Si. Sra. Arévalo Gómez.- Mire, en ese caso si solamente o que vamos é a aprobar os estatutos ... Sra. Presidenta.- Eu sinto dicirlle que organizo eu o debate. E non ten a palabra. Se logo quere facer unha pregunta no turno de Rogos e Preguntas o fai. Non ten a palabra Sra. Arévalo. Bueno, pois logo cando remate o Sr. Uxío lle vou a deixar 1 minuto para que rectifique. Pois veña, vale. Pois logo, cando remate, vostede se quere cambiar o voto, lle vou a dar un minuto para que interveña logo, Sra. Arévalo. Continúe Sr. Uxío. Sr. Benítez Fernández.- Entón, respecto ao que falaba, se da pasarela, se está de acordo ou non, non sei que, que é unha cuestión de un concello, de un concello, de un proxecto europeo que se solicitou antes da AECT Río Miño, un proxecto, unha candidatura, unha candidatura que presentou a Deputación i a CIM, como, na que englobou, que a fixemos coa participación de todos os concellos, e que englobou distintas demandas dos distintos concellos, é dicir, o concello de Salvaterra falaba de que, de que tiñamos, algunha illa que ten alí, acondicionar unha illa, non entro a valorar o que o concello de Salvaterra, o alcalde de Salvaterra, si está ben ou non, simplemente respectamos as peticións de cada un dos concellos, i, non, eu creo que non ten nada que ver o que estamos a falar, é dicir, eso que está falando, eso é unha candidatura que foi a VISIT Río Miño, que é os fondos POCTEP, que se presentou en decembro, i que cada concello solicitou o que considerou estimado integrar en esa candidatura, i nós respectámolo sempre e cando servise o fío condutor xeral da filosofía desa candidatura. Esto é outra cousa, o que estamos falando aquí é de constituír un instrumento que é AECT, e esa AECT aspiramos a que cando este constituída, ó mellor, acabe xestionando ese proyecto se é que no lo dan, se é que no lo dan, así que dependerá de se nolo dan ou non. Entonces, aspirará a eso e no futuro aspirará a presentar máis proxectos europeos de carácter transfronteirizo. Entón non acabo de entender esa posición súa, porque de verdade é que non ten nada que ver, e creo que esa iniciativa, unha iniciativa dun concello que está nun proxecto europeo, á parte, i que eu non entro, non me parece propio que o entre a valorar, non sei si, si, non sei si vostede ten manía comigo e con Tomiño, pero no, é dicir, porque se mete nunhas historias, pero xa lle digo, hai moitas, hai moitas iniciativas doutros concellos, concellos do PP, de, de Arbo, de, non sei, non sei, se entramos aquí a valorar eso, e amais eso xa está aprobado, xa se enviou para, i terán que ser as entidades que, que aproban os fondos os que determinen se están ben ou non, entón, o que lle insisto, aquí o que se aproba é eso. E respecto de Unimiño quero aclarar tamén unha cousa, é dicir, porque se enche a boca un pouco do de Unimiño, i é certo que Unimiño o fixeron vostedes, pero é certo que cando cheguei eu aquí Unimiño había estado, estaba un papel do Sr. Louzán dicindo que non continuaban prorrogando esa, esa historia de Unimiño, porque se caducou no 2014, en setembro de 2014. E o anterior Presidente da Deputación comunicoulle á Comunidade Intermunicipal Alto Minho que xa había daquela unha proposta da AECT, que non estaba de acordo, creo que non lles, non lles informou ben. Eu falei cos alcaldes, moitos alcaldes seus me dixeron, e eu tamén comparto, a miña alcaldesa do meu concello tamén a compartía, de que o, o funcionamento de Unimiño é cando menos mellorable, mellorable, moi mellorable pola parte galega, e todos os alcaldes continúan de que non funcionaba ben porque se quedaba en cuestións estritamente burocráticas i que entonces que había que melloralo. Entonces por eso se decidiu ir a outro modelo e, dende logo, cambiar tamén un pouco, un pouco, un pouco para un organismo como este, coma AECT, ¿vale?. Sra. Presidenta.- Agora un minuto para explicar a súa posición de voto Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Gracias Presidenta. Simplemente, Uxío, aclarar que iba a preguntalo na intervención e me despistei, porque precisamente na documentación víamos que solamente era, pois, a creación e o convenio, ¿non?, pero como me habías anunciado aquí no, na comisión e vimos na prensa o da pasarela pois que nos parece que non é unha actuación prioritaria, entonces iba a preguntar, iba a preguntar e me despistei, oye, ¿vamos a votar simplemente a creación ou tamén unha actuación xa?. Polo tanto, está aclarado e vamos a votar a favor. Gracias. Sra. Presidenta.- Moi ben, pois aclarada a posición do voto pola Sra. Arévalo e sometemos o Convenio de cooperación territorial transfronteiriza entre a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e a Deputación de Pontevedra, e Estatutos da agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño. ¿Votos a favor?. Queda aprobado por unanimidade. Primeiro. No ano 2006 a Deputación de Pontevedra subscribiu coa Comunidade Intermunicipal do Val do Miño (Portugal) un convenio de cooperación transfronteiriza para a constitución da Asociación do Val do Miño Transfronteirizo, con vistas a promover a cooperación entre ambas rexións nos ámbitos da cultura, o deporte, o lecer, o patrimonio, o turismo, o ambiente, os recursos naturais e a protección e o aproveitamento conxunto do río Miño. O Convenio e os estatutos publicáronse no Boletín oficial do Estado do día 12 de setembro do 2006 (BOE número 218) e neles establecíase un período de vixencia de 8 anos dende a data de publicación. Segundo. Durante este período a Deputación de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho teñen desenvolvido programas de cooperación en conxunto, no territorio español e portugués, a través da entidade UNIMINHO - Asociación do Val do Miño Transfronteirizo. Terceiro. Na actualidade existe a vontade de creación de un instrumento estable de desenvolvemento do territorio do Río Miño Transfronteirizo, manifestada por ambas partes na Declaración de Tui de 13 de febreiro de 2016. Cuarto. No actual contexto, dificilmente se pode conseguir a máxima cohesión económica e social entre as poboacións de ambas rexións, conforme ó Tratado da Unión Europea, no caso de non se facilite, reforce a respectiva comunicación e cooperación coa creación dunha Agrupación Europea de cooperación Territorial, e dado que a AECT é unha figura xurídica particularmente axeitada para realizar accións ou proxectos de cooperación, que inclúen socios establecidos en diferentes Estados membros, en particular aqueles que posúan co-financiamento da Unión Europea a través dos fondos comunitarios, así como para facilitar e acompañar a realización das accións de cooperación territorial que non benefician da axuda financeira da Comunidade. Quinto. En consonancia co punto anterior na actualidade é posible crear entidades públicas, dotadas de personalidade xurídica, en particular, as Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial (en adiante designados en acrónimo por AECT), de conformidade co disposto no Regulamento (CE) nº1082/2006, de 5 de xullo , do Parlamento Europeo e do Consello, de 5 de xullo, modificado polo Regulamento (UE) nº1302/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, co obxectivo de facilitar, promover a cooperación territorial entre os seus membros e reforzar a cohesión económica e social. Fundamentos xurídicos: Primeiro. A lexislación específica aplicable o presente Convenio de Cooperación Territorial para constituír a AECT Río Miño son: • Regulamento (CE) nº1082/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, de 5 de xullo, modificado polo Regulamento (UE) nº1302/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013. • Decreto-Lei n.º 376/2007, publicado no Diario da República de Portugal, 1.ª serie, nº215, de 8 de novembro de 2007, modificado polo Decreto-Lei nº60/2015, de 22 de abril. • Real Decreto 23/2015, de 23 de xaneiro, polo que se adoptan as medidas necesarias para a aplicación efectiva do Regulamento (CE) nº1082/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, de 5 de xullo, modificado polo Regulamento (UE) nº1302/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 no que se refire á clarificación, simplificación e a mellora da creación e o funcionamento de tales agrupacións (Agrupación Europea de Cooperación Territorial). Segundo. O Convenio e os estatutos obxecto de este informe estenderán a súa vixencia por 20 anos. Ó termo deste período poderá ser renovado por períodos iguáis mediante acordo das partes. Terceiro. O gastos derivados da aplicación do Convenio de Cooperación Territorial Transfronteiriza entre a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e a Deputación de Pontevedra e dos Estatutos da Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño, no que afecta a Deputación de Pontevedra, serán con cargo á aplicación orzamentaria 16/942.9431.491.01 do vixente Orzamento Provincial. Para as seguintes anualidades este compromiso subordinarase ó crédito que para cada exercicio se consigne nos respectivos orzamentos. Conclusión: Á vista do exposto proponse a aprobación do Convenio de Cooperación Territorial Transfronteiriza entre a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e a Deputación de Pontevedra e os Estatutos da Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño. Visto o informe xurídico da Secretaría Xeral, de data 14 de xullo de 2016, favorable á tramitación da aprobación do Convenio e dos Estatutos, e o informe da Intervención Xeral, de data 19 de xullo de 2016, no que se fan unha serie de observacións e se reflicte que na aplicación 16/942.9431.491.01 do vixente Orzamento Provincial existe crédito suficiente para facer fronte ás achegas que no ano 2016 (15.000,00 €) lle corresponden á Deputación Provincial de Pontevedra; e que as anualidades seguintes contabilizaranse con cargo ás aplicacións correspondentes dos seus respectivos orzamentos, quedando condicionadas á aprobación dos mesmos. Por todo o exposto, visto o ditame da Comisión Informativa de Cooperación municipal, o Pleno da Corporación Provincial acorda por unanimidade: a) Aprobar o Convenio de Cooperación Territorial Transfronteiriza entre a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e a Deputación de Pontevedra e os Estatutos da Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño. b) Así mesmo facúltase á Presidenta da Deputación de Pontevedra para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura e para a aprobación de cantos outros documentos garden relación co mesmo. O texto do Convenio e dos Estatutos é o seguinte: “CONVENIO DE COOPERACIÓN TERRITORIAL TRANSFRONTEIRIZA ENTRE A COMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO ALTO MINHO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e a Deputación de Pontevedra, aquí representadas, respectivamente, por José María da Cunha Costa, en calidade de presidente do Consello Intermunicipal, e María del Carmen Silva Rego, como presidenta da Deputación. Tendo en conta os programas de cooperación e desenvolvemento local que veñen sendo desenvolvidos en conxunto, no territorio español e portugués, por UNIMINHO - Asociación do Val do Miño Transfronteirizo. Vista a vontade de creación dun instrumento estable de desenvolvemento do territorio do río Miño transfronteirizo, manifestada por ambas as partes na Declaración de Tui de 13 de febreiro de 2016. Vista a actual posibilidade de crear entidades públicas, dotadas de personalidade xurídica, nomeadamente as Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial (en diante designadas en acrónimo por AECT), en conformidade co disposto no Regulamento (CE) núm.1082/2006, de 5 de xullo, do Parlamento Europeo e do Consello, modificado polo Regulamento (UE) núm.1302/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, co obxectivo de facilitar, promover a cooperación territorial entre os seus membros e reforzar a cohesión económica e social. Considerando que, no actual contexto, dificilmente se pode conseguir a máxima cohesión económica e social entre as poboacións de ambas as rexións, conforme ó Tratado da Unión Europea, no caso de que non se facilite e reforce a respectiva comunicación e cooperación coa creación dunha Agrupación Europea de Cooperación Territorial. Dado que a AECT é unha figura xurídica particularmente axeitada para executar accións ou proxectos de cooperación, que inclúe socios establecidos en diferentes estados membros, en particular aqueles que posúan cofinanciamento da Unión Europea a través dos fondos comunitarios, así como para facilitar e acompañar a realización das accións de cooperación territorial que non se benefician da participación financeira da Comunidade. Así, con vistas a articular o espazo común e fomentar as relacións de cooperación entre as partes outorgantes no ámbito das respectivas circunscricións territoriais, aumentar a cohesión social e institucional do territorio de intervención, promover o patrimonio cultural e natural transfronteirizo e o uso, aproveitamento conxunto, a defensa e a protección dos territorios abranxidos. Acordan as partes arriba identificadas outorgar este Convenio de Cooperación Territorial para constituír, ó abeiro do Regulamento (CE) núm.1082/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, de 5 de xullo, modificado polo Regulamento (UE) núm.1302/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 (a partir de agora denominado Regulamento AECT), e segundo o Decreto lei núm.376/2007, publicado no Diario da República, 1.ª serie, núm. 215, de 8 de novembro de 2007, modificado polo Decreto lei núm.60/2015, de 22 de abril (a partir de agora denominado Decreto lei núm. 376/2007), e polo Real decreto 23/2015, de 23 de xaneiro (desde agora denominado Real Decreto lei 23/2015), unha Agrupación Europea de Cooperación Territorial, en que ambas aceptan estar sometidas, nos termos das cláusulas seguintes: CAPÍTULO I Disposicións xerais Cláusula primeira: (Constitución, denominación e sede da AECT) 1 - A Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, constituída polos municipios de Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo e Vila Nova de Cerveira, e a Deputación de Pontevedra, para os efectos deste convenio, no tocante ó territorio conformado polos concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Oia, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui, co obxectivo de reforzar a cohesión económica e social no ámbito das respectivas circunscricións territoriais, acordan constituír un organismo de cooperación territorial de natureza transnacional, persoa xurídica de dereito público de natureza asociativa, con personalidade xurídica, que se rexerá polas normas do dereito portugués aplicable ás asociacións de dereito público. 2 - O ente agora creado denomínase Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño, de aquí en diante designado abreviadamente AECT Río Miño, e ten a súa sede en Portugal, no concello de Valença, na avenida Miguel Dantas, 69, 4930-678 Valença, e unha delegación na provincia de Pontevedra, nun lugar que debe designar a Deputación desta provincia, e outras delegacións en diferentes localidades situadas na zona xeográfica da circunscrición territorial dos seus membros, mediante deliberación da Asemblea xeral, a proposta do director. Cláusula segunda: (Duración) A AECT Río Miño constitúese cunha duración de 20 anos, renovándose por períodos iguais, por acordo entre as partes. Cláusula terceira: (Ámbito territorial de actuación) O ámbito territorial da AECT Río Miño corresponde: a) En Portugal, á delimitación territorial da Comunidade Intermunicipal do Alto Miño, integrada polos municipios anteriormente identificados na cláusula primeira. b) En España, a parte do territorio da Deputación de Pontevedra formada polos concellos da bacía hidrográfica do río Miño, anteriormente identificados na cláusula primeira. Cláusula cuarta: (Lingua de traballo) 1 - Son linguas de traballo o portugués, o castelán e o galego. 2 - As deliberacións dos órganos da AECT Río Miño e todos os documentos elaborados por estes e os seus servizos deben traducirse a cada unha destas linguas. Cláusula quinta: (Admisión de novos membros) 1.- A admisión de novos Membros farase a través dunha petición dirixida ao director por parte da entidade que desexe unirse á AECT Río Miño. 2.- Só se poden admitir entidades que desenvolvan a súa actividade principal na circunscrición territorial das NUTS III Alto Minho e Pontevedra. 3.- A admisión faise mediante un protocolo de adhesión aprobado pola Asemblea xeral e a correspondente modificación estatutaria, con respecto ao disposto nos artigos 4 e 5 do Regulamento AECT. Cláusula sexta: (Obxectivos específicos) A AECT Río Miño ten como obxectivo facilitar e promover a cooperación territorial entre os seus membros a través de accións de cooperación territorial, incluíndo todas as accións que, respectando as súas competencias e a lexislación da Unión Europea, portuguesa e española aplicables, se lle encomenden, por delegación ou subdelegación de entidades nacionais ou comunitarias, para a execución de programas ou proxectos cofinanciados principalmente polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o Fondo Social Europeo ou o Fondo de Cohesión. Cláusula sétima: (Funcións) A AECT Río Miño ten como función deseñar e executar proxectos ou accións para facilitar e promover a cooperación territorial na área na que exerce as súas funcións, impulsar ou elaborar estudos, plans, programas e formas de relación entre os membros, construír e xestionar infraestruturas e equipos e prestar servizos de interese público, así como todos aqueles que teñan que ver coa cooperación transfronteiriza, transnacional e interrexional, respectando as atribucións de cada membro da AECT Río Miño e o disposto no número 2 do artigo 1 e no artigo 7 do Regulamento AECT. Cláusula oitava: (Atribucións e dominios de intervención) 1 - A AECT Río Miño, respectando as atribucións e competencias a que se refire o artigo 7 do Regulamento AECT e o artigo 3 do Decreto lei núm. 376/2007, co obxectivo de contribuír ó desenvolvemento e reforzar a cohesión económica e social dos respectivos territorios, ten por atribucións: a) Articular o espazo común e fomentar as relacións de cooperación territoriais no seu territorio. b) Incrementar a cohesión institucional do territorio de intervención. c) Promoción do patrimonio cultural e natural transfronteirizo. d) Uso, aproveitamento conxunto, defensa e protección do treito internacional do río Miño e da súa bacía hidrográfica. e) Promover o territorio da AECT Río Miño no exterior para a posta en valor das potencialidades dos recursos endóxenos. f) Crear e consolidar a marca turística transfronteiriza Río Miño e outras marcas no ámbito nacional e internacional. 2 - Son tamén atribucións da AECT Río Miño: a) A execución e xestión de contratos e convenios asinados no ámbito do desenvolvemento de todas as accións que lle permitan gozar dos instrumentos financeiros adoptados ou previstos polo Reino de España e a República Portuguesa preferentemente con financiamento comunitario. b) A xestión de equipamentos e a explotación de servizos de interese xeral de ámbito transfronteirizo, cando isto estea expresamente aprobado polas entidades constituíntes da AECT Río Miño ou, de ser o caso, por calquera outra entidade, a través da contratación da AECT Río Miño polos procedementos estipulados na lexislación aplicable. c) A promoción e elaboración de estudos, plans, programas e formas de relación entre os entes públicos asociados. d) A promoción da cooperación entre os seus membros no ámbito territorial en que exerce as súas funcións, preferentemente con financiamento da Unión Europea. e) Todas as demais que resulten conformes co obxectivo e o fin referido no citado artigo 1, apartado 2, do Regulamento AECT, exercidas dentro dos límites e do réxime estatuídos no artigo 7 do Regulamento AECT. CAPÍTULO II Órganos Cláusula novena: (Órganos) Son órganos da AECT Río Miño: a) A Asemblea xeral, que está constituída polos membros da AECT Río Miño,sendo cada un deles representado por unha delegación de dez membros, designada pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e a Deputación de Pontevedra, respectivamente. b) O director. c) O Consello coordinador. d) O Consello fiscal. e) O Consello consultivo, de constitución facultativa. Cláusula décima: (Secretariado Técnico) 1.- O Secretariado Técnico é o servizo central de apoio técnico e administrativo da AECT Río Miño, baixo a supervisión do director do Consello coordinador, formado por dous secretarios técnicos, designados por este Consello, respectando o principio de paridade. 2.- Compételle ó Secretariado Técnico dirixir os servizos administrativos e técnicos da AECT Río Miño e exercer as funcións en materia puramente administrativa e técnica que lle sexan encomendadas por parte do director e do regulamento propio aprobado pola Asemblea xeral, a proposta do Consello coordinador, nomeadamente as de coordinar e dirixir todos os servizos administrativos da AECT Río Miño. 3.- O Regulamento do Secretariado Técnico definirá a súa estrutura, as súas competencias e o seu funcionamento. 4.- Nos meses de xuño e decembro de cada ano, e sempre a través do director do Consello coordinador, o Secretariado Técnico presenta un relatorio sobre a xestión da AECT Río Miño e sobre a execución dos plans, proxectos, tarefas e demais actividades programadas. Cláusula décimo primeira: (Contratación de persoal) 1.- A AECT Río Miño disporá de mapa de persoal, aprobado pola Asemblea Xeral mediante proposta do Director, o cal será cuberto a través de mecanismos de mobilidade a realizar con traballadores pertencentes ás entidades Asociadas da AECT ou dos concellos do ámbito territorial da AECT definidos na Cláusula 1ª do presente Convenio, debendo destinar no seu orzamento as necesarias dotacións para o pagamento dos respectivos gastos. 2.- En casos de imposibilidade de cubrir o mapa de persoal fixado nos termos do artigo anterior con traballadores vinculados ás entidades asociadas da AECT, e para a implementación de proxectos obxecto de financiamento comunitario a contratación do persoal réxese pola lei portuguesa reguladora do contrato de traballo na función pública ou polo Código do Trabalho, conforme á natureza da actividade para a que se contrata. CAPÍTULO III Patrimonio, réxime de financiamento e solución de controversias Cláusula décimo segunda: (Patrimonio, réxime de financiamento) A AECT Río Miño ten patrimonio e finanzas propios, nos termos establecidos no Estatuto. Cláusula décimo terceira: (Solución das controversias) 1.- As controversias entre as instancias e os outorgantes que integran a AECT Río Miño deberán ser solucionadas pola Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza, conforme ó disposto nas alíneas c) e e) do número 2, do art. 8 do Convenio entre a República Portuguesa e o Reino de España sobre Cooperación Transfronteiriza entre Instancias e Entidades Territoriais, de 3 de outubro de 2002. 2.- Se, transcorridos seis meses da data da presentación do caso á Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza, esta non presenta ningunha solución ou se unha das partes rexeita mediante un escrito dirixido á outra a solución ofrecida pola referida Comisión, e sempre que a lexislación comunitaria non determine outro foro competente, calquera das partes poderá recorrer á vía xudicial, quedando desde xa estipulado que o foro competente son os tribunais portugueses competentes en materia administrativa, os do Círculo de Braga, e en materia civil os da Comarca de Viana do Castelo. Cláusula décimo cuarta: (Modificación do convenio e adopción dos Estatutos) 1.- Respectando as disposicións do artigo 4 do Regulamento AECT, dos artigos 4 e 5 do Decreto lei 376/2007, de 8 de novembro, coas modificacións introducidas polo Decreto lei núm. 60/2015, de 22 de abril, e do artigo 9 do Real decreto 23/2015, de 23 de xaneiro, a modificación deste convenio terá que ser discutida e aprobada por unanimidade por parte das entidades outorgantes, en Asemblea xeral extraordinaria especialmente convocada para os efectos por calquera destas, e a entidade que pretende promovela deberá enviarlle á outra entidade a respectiva proposta cunha antelación de, polo menos, 90 días. 2.- Os estatutos serán aprobados pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e pola Deputación de Pontevedra, en conformidade co artigo 7 do citado Decreto lei 376/2007 e mais do anexo I do Decreto lei núm. 60/2015, de 22 de abril, na parte relativa ao Estatuto. Cláusula décimo quinta: (Extinción e liquidación do patrimonio) A extinción e liquidación do patrimonio da AECT Río Miño rexeranse polo dereito interno portugués aplicable e polo seu Estatuto. Cláusula décimo sexta: (Réxime de funcionamento, orzamento e fiscalización de contas e liquidación) O réxime de funcionamento, o orzamento, o balance, a fiscalización das contas, o ámbito e límites das responsabilidades dos seus membros, a liquidación e as regras relativas ó estatuto e á xestión do persoal son as establecidas no Estatuto da AECT Río Miño, respectando as disposicións do Regulamento AECT, do Decreto lei 376/2007, nomeadamente a do artigo 12, relativas a estas materias, e sempre que as funcións da AECT Río Miño abrangan accións cofinanciadas pola Unión, aplicarase a lei relevante relativa ó control dos fondos da Unión. CAPÍTULO IV Disposicións finais Cláusula décimo sétima: (Responsabilidade) 1.- A responsabilidade da AECT Río Miño polas débedas contraídas no exercicio das súas funcións e para a prosecución das súas actividades, mesmo na fase de liquidación, é asumida por esta exclusivamente. 2.- Sempre que a AECT Río Miño non teña medios financeiros suficientes para os efectos, será asumida a partes iguais polos seus membros, que deberán, puntualmente e no prazo que lles asigne o director, proceder á entrega dos medios financeiros necesarios para o cumprimento das súas obrigacións. Cláusula décimo oitava: (Cumprimento dos compromisos adquiridos e dereito subsidiario). 1.- As entidades territoriais outorgantes deste convenio están obrigadas, desde a súa sinatura, a cumprir os compromisos que se determinan nel. 2.- O dereito aplicable ás obrigacións estipuladas neste convenio e ás cuestións relativas ó funcionamento da AECT Río Miño, non especificamente reguladas nelas, é o establecido na súa cláusula décimo novena. Cláusula décimo novena: (Dereito aplicable) 1.- O dereito aplicable á Agrupación Europea de Cooperación Territorial agora creada, a AECT Río Miño, indícase no artigo 2 do Regulamento AECT e na lexislación portuguesa aplicable ás persoas colectivas públicas de natureza asociativa, sen prexuízo do disposto nos números 2 e 3 desta cláusula. 2.- En todo o que non se encontra regulado polas disposicións anteriores, os asuntos xurídicos privados realizados pola AECT Río Miño son regulados polas normas portuguesas de dereito privado competentes e/ou do dereito internacional privado, se procede. 3.- En materia de contratación pública aplicarase a lexislación da Unión Europea, nomeadamente as directivas núm. 2014/24/UE e 2014/25/UE, ambas do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de febreiro, e, en Portugal, o Código dos Contratos Públicos. Cláusula vixésima: (Denuncia e cesamento de vixencia) 1.- A AECT Río Miño extínguese mediante a denuncia deste convenio por parte de calquera das entidades feita á outra, cunha antelación mínima de 180 días. 2.- O cesamento de vixencia deste convenio non afectará as medidas de cooperación territorial xa adoptadas e executadas ou as que estean en execución. 3.- Corresponderalles ó director e ao Secretariado Técnico asegurar a conclusión da execución das medidas contempladas no número anterior, de acordo co calendario e as demais condicións previstas nelas. Cláusula vixésimo primeira: (Extinción da AECT Río Miño) 1.- Extinguido este convenio por unha denuncia ou por calquera outra forma legalmente admitida, extínguese a AECT Río Miño por este creada. 2.- Extinguida a AECT Río Miño, as entidades outorgantes quedan obrigadas a regularizar os seus débitos para con esta necesarios para a prosecución ata o final dos traballos ou das actividades en curso na data de extinción, sendo tamén aplicable a Lei do Estado da súa sede que regula estas obrigacións das persoas colectivas en extinción. 3.- A decisión da extinción non poderá prexudicar a concreción de proxectos e obras comúns que, de acordo con programas anteriormente aprobados, fosen iniciadas e que aínda non estean concluídas na data da decisión. Cláusula vixésimo segunda: (Aprobación e publicación) 1.- A aprobación deste convenio por parte das entidades territoriais outorgantes respecta a disposición do artigo 4 do Regulamento AECT, as disposicións do Decreto lei núm. 376/2007, polo Real decreto 23/2015, a lei e demais lexislación portuguesa e española aplicables. 2.- Nos termos do artigo 5 do Regulamento AECT, do artigo 9 do Real decreto 37/2008 e do número 2 do artigo 7 do Decreto lei núm. 376/2007, arriba citados, este convenio publicarase no Jornal Oficial das Comunidades e nos xornais oficiais do Reino de España e da República Portuguesa. Como expresión do seu libre consentimento, as entidades territoriais intervenientes outorgan este convenio o --- de ---- de 2016, realizado nun acto único, en tres exemplares, nas linguas española, portuguesa e galega, sendo os tres textos igualmente auténticos. Por parte da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, o presidente do Consello Intermunicipal, (José Maria da Cunha Costa) Por parte da Deputación de Pontevedra, a presidenta, (María del Carmen Silva Rego)! “ESTATUTOS DA AGRUPACIÓN EUROPEA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL “ RÍO MIÑO” Capítulo I Disposicións xerais Artigo 1: (Denominación e natureza) A Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e a Deputación de Pontevedra, en conformidade co convenio que outorgaron o .. de ..... de 2016, constitúen a Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (de aquí en diante AECT Río Miño), persoa colectiva de dereito público portugués, con personalidade xurídica, que se rexerá polo Regulamento (CE) núm. 1082/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, de 5 de xullo, modificado polo Regulamento (UE) núm. 1302/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 (de aquí en diante denominado Regulamento AECT), polo Decreto lei núm. 376/2007, de 8 de novembro, modificado polo Decreto lei núm. 60/2015, de 22 de abril (a partir de agora denominado Decreto lei 376/2007), e polo Real decreto 23/2015, de 23 de xaneiro (a partir de agora denominado Real decreto lei 23/2015), pola demais lexislación portuguesa e española aplicable e, tamén, por estes Estatutos. Artigo 2: (Duración) A AECT Río Miño constitúese cunha duración de 20 anos, renovándose por períodos iguais, por acordo entre as partes. Artigo 3: (Sede e delegacións) 1. A AECT Río Miño ten a súa sede en Portugal, no concello de Valença, avenida Miguel Dantas, núm. 69, código postal 4930-678. 2. A AECT Río Miño terá unha delegación en España, no lugar que designe a Deputación de Pontevedra. Artigo 4: (Ámbito territorial) O ámbito territorial da AECT Río Miño corresponde: a) En Portugal, á delimitación territorial da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, que integra os concellos de Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo e Vila Nova de Cerveira. b) En España, á parte do territorio da provincia de Pontevedra formada polos concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Oia, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui. Artigo 5: (Obxectivos específicos) A AECT Río Miño ten como obxectivo facilitar e promover a cooperación territorial entre os seus membros a través de accións de cooperación territorial, incluíndo todas as accións que, respectando as súas competencias e a lexislación da Unión Europea, portuguesa e española aplicables, lle transfiran, por delegación ou subdelegación de entidades nacionais ou comunitarias, para a execución de programas ou de proxectos cofinanciados principalmente polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o Fondo Social Europeo ou o Fondo de Cohesión. Artigo 6: (Funcións) A AECT Río Miño ten como función deseñar e executar proxectos ou accións para facilitar e promover a cooperación territorial na área na que exerce as súas funcións, impulsar ou elaborar estudos, plans, programas e formas de relación entre os membros, construír e xestionar infraestruturas e equipamentos e, tamén, prestar servizos de interese público, así como todos aqueles que teñan que ver coa cooperación transfronteiriza, transnacional e interrexional, respectando as competencias de cada membro da AECT e o disposto no número 2 do artigo 1 e no artigo 7 do Regulamento AECT. Artigo 7: (Atribucións e dominios de intervención) 1. A AECT Río Miño, respectando as atribucións e competencias a que se refire o artigo 7 do Regulamento AECT e o artigo 3 do Decreto lei 376/2007, co obxectivo de contribuír ó desenvolvemento e reforzar a cohesión económica e social dos respectivos territorios, ten as seguintes atribucións: a) Articular o espazo común e fomentar as relacións de cooperación territoriais transfronteirizas no seu territorio. b) Incrementar a cohesión institucional do territorio de intervención. c) Promoción do patrimonio cultural e natural transfronteirizo. d) Uso, aproveitamento conxunto, defensa e protección do treito internacional do río Miño e da súa bacía hidrográfica. e) Promover o territorio da AECT Río Miño no exterior para poñer en valor as potencialidades dos recursos endóxenos. f) Crear e consolidar a marca turística transfronteiriza Río Miño e outras marcas no ámbito nacional e internacional. 2. Son tamén atribucións da AECT Río Miño: a) A execución e xestión de contratos e convenios asinados no ámbito do desenvolvemento de todas as accións que lle permitan gozar dos instrumentos financeiros adoptados ou previstos polo Reino de España e a República Portuguesa, preferentemente con financiamento comunitario. b) A xestión de equipamentos e a explotación de servizos de interese xeral e ámbito transfronteirizo, cando isto estea expresamente aprobado polas entidades constituíntes da AECT Río Miño ou, de ser o caso, por calquera outra entidade, a través da contratación da AECT Río Miño polos procedementos legalmente estipulados na lexislación aplicable. c) A promoción e elaboración de estudos, plans, programas e formas de relación entre os entes públicos asociados. d) A promoción da cooperación entre os seus membros no ámbito territorial en que exerce as súas funcións, preferentemente con financiamento da Unión Europea. e) As demais que resulten conformes co obxectivo e o fin referidos no citado artigo 1, apartado 2, do Regulamento AECT, exercidas dentro dos límites e réxime estatuídos no artigo 7 do Regulamento AECT. Artigo 8: (Relacións con autoridades superiores, de control e con terceiros) 1. As relacións da AECT Río Miño coas autoridades de control (tutela) regularanse de acordo co disposto no Decreto lei 376/2007 e na demais lexislación portuguesa aplicable. 2. As relacións da AECT Río Miño con terceiros, persoas públicas ou privadas serán reguladas por contratos, convenios, protocolos ou outros instrumentos legalmente admitidos, nos que se definirán os dereitos e deberes recíprocos. Artigo 9: (Dereitos dos membros da AECT Río Miño) Constitúen dereitos dos membros: a) Elixir e ser elixido para os órganos sociais, nos termos establecidos nestes Estatutos. b) Exercer os poderes e as facultades previstas no Regulamento AECT e nestes Estatutos. c) Participar en todas as actividades da AECT Río Miño. d) Propoñer a elaboración de plans, proxectos, programas, estudos, formas de relación entre os membros, modelos de xestión de infraestruturas e equipamentos, prestación de servizos de interese público e a realización de obras, todo en conformidade coas finalidades e o obxecto da AECT Río Miño. e) Solicitar e obter información, documentos e publicacións da AECT Río Miño. Artigo 10: (Deberes dos membros da AECT Río Miño) Constitúen deberes dos membros: a) Respectar e facer respectar estes Estatutos. b) Colaborar na planificación, programación, promoción e execución das actividades da AECT Río Miño. c) Defender os intereses, o prestixio e o bo nome da AECT Río Miño. d) Contribuír á realización dos obxectivos estatutarios, en harmonía coas orientacións e directivas emanadas dos órganos sociais. e) Exercer os cargos para os que sexa elixido. f) En cada ano natural e nos prazos establecidos para os efectos, entregarlle á AECT Río Miño as achegas que fosen incluídas nos respectivos orzamentos, após a aprobación destes. g) Cumprir e facer cumprir as disposicións legais e regulamentarias relativas á AECT Río Miño, así como os Estatutos e as deliberacións dos órganos desta. h) Executar as tarefas e cumprir todas as funcións que lle sexan atribuídas por parte dos órganos sociais da AECT Río Miño. Artigo 11: (Admisión de novos membros da AECT Río Miño) 1. A admisión de novos membros faise mediante solicitude dirixida á dirección pola entidade que desexe unirse á AECT Río Miño. 2. Só se poden admitir entidades que desenvolvan a súa actividade principal na circunscrición territorial das NUTS III Alto Minho e Pontevedra. 3. A admisión farase mediante un protocolo de adhesión, aprobado pola Asemblea xeral, e a correspondente modificación estatutaria, conforme ao disposto nos artigos 4 e 5 do Regulamento AECT. Artigo 12: (Lingua de traballo) 1.- Son linguas de traballo o portugués, o galego e o castelán. 2.- As deliberacións dos órganos da AECT Río Miño e todos os documentos elaborados por estes e os seus servizos deben ser traducidos a cada unha das referidas linguas. Artigo 13: (Patrimonio e finanzas) 1. A AECT Río Miño ten un patrimonio e finanzas propios, constituídos polos bens e dereitos que lle foron transferidos ou adquiridos a calquera título, nomeadamente as dotacións, contribucións e subvencións que lle fosen concedidas polos seus membros, as cantidades de cofinanciamentos nacionais, dos fondos da Unión Europea, do orzamento comunitario ou doutras orixes que legalmente lle sexan asignados, e tamén: a) Por calquera outra doazón, subvención ou coparticipación da que se beneficie. b) Polos ingresos recibidos polos servizos prestados, pola xestión de servizos, polo uso dos seus bens e equipamentos, así como pola realización de tarefas. c) Por outros ingresos de bens propios, do produto do seu alleamento ou da atribución de dereitos sobre eles. d) Polas herdanzas e legados que lle deixen. e) Polos bens ou patrimonio que, a título gratuíto ou oneroso, se lle asignen por lei, por contrato ou por calquera outro acto xurídico. f) Por calquera outro ingreso permitido por lei. 2. As achegas anuais ordinarias dos membros da AECT Río Miño fíxanse anualmente na Asemblea xeral e deberán calcularse con base no orzamento dos gastos fixos anuais e dos gastos que serán previsiblemente xerados pola concepción e programación, en cada ano, de actividades e accións. Artigo 14: (Réxime de financiamento) 1. O financiamento da AECT Río Miño está asegurado polas achegas ordinarias e extraordinarias dos seus membros, por subvencións ou outras dotacións financeiras que estes lle concedan, así como polos produtos e ingresos recollidos nas letras a) a f) do artigo anterior. 2. Cada participante na AECT Río Miño fará unha contribución financeira inicial de 15.000 euros. 3. A AECT Río Miño pode, igualmente, de conformidade coa normativa sobre financiamento aplicable ás entidades de dereito público portugués, financiarse a través de préstamos de curto prazo, poderá contraer con calquera institución autorizada por lei a conceder crédito. 4. A AECT Río Miño non pode contratar préstamos a favor de calquera dos seus membros. Artigo 15: (Dereito aplicable) 1. O dereito aplicable á Agrupación Europea de Cooperación Territorial agora creada, a AECT Río Miño, indícase no artigo 2 do Regulamento AECT e na lexislación portuguesa aplicable ás persoas colectivas públicas de natureza asociativa, sen prexuízo do disposto nos números 2 e 3 desta cláusula. 2. En todo o que non se encontra regulado polas disposicións anteriores, os asuntos xurídicos privados levados a cabo pola AECT Río Miño son regulados polas normas portuguesas do dereito privado e/ou do dereito internacional privado competentes, se procede. 3. En materia de contratación pública aplicarase a lexislación da Unión Europea aplicable, nomeadamente as directivas núm. 2014/24/UE e 2014/25/UE, ambas do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de febreiro, e, en Portugal, o Código dos Contratos Públicos. Capítulo II Estrutura orgánica e funcionamento Sección I Órganos Artigo 16: (Órganos da AECT Río Miño) 1. Son órganos da AECT Río Miño: a) A Asemblea xeral b) A dirección c) O Consello coordinador d) O Consello fiscal e) O Consello consultivo, de constitución facultativa Sección II Da Asemblea xeral Artigo 17: (Natureza e composición) 1. A Asemblea xeral é o órgano deliberativo da AECT Río Miño 2. A Asemblea xeral está constituída polos membros da AECT Río Miño, sendo cada un deles representado nela por dez membros, designados pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e pola Deputación de Pontevedra, respectivamente. 3. O mandato dos membros da Asemblea xeral ten a duración do mandato dos membros do Consello Intermunicipal da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e do Pleno da Deputación de Pontevedra. 4. O exercicio da devandita representación non será remunerado, sen prexuízo da responsabilidade da AECT Río Miño polo pagamento dos gastos de desprazamento, aloxamento e manutención. Artigo 18: (Presidencia e Mesa da Asemblea xeral) 1. A Asemblea xeral é dirixida por unha Mesa constituída por un presidente e un secretario, de acordo co principio de paridade entre os membros da AECT Río Miño. 2. O presidente da Asemblea xeral é o representante do membro da AECT Río Miño que non estea a exercer as funcións de director. 3. O mandato do presidente e do secretario ten unha duración de dous anos. 4. O presidente será substituído, nas súas faltas ou impedimentos, polo secretario e, no seu defecto, por un membro da Asemblea elixido por esta. 5. Na primeira reunión, ata a elección da Mesa da Asemblea xeral, a Presidencia é exercida conxuntamente polo presidente do Conselho Intermunicipal da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e pola presidenta da Deputación de Pontevedra, que nomearán un secretario da súa elección de entre os membros da delegación ou de entre os traballadores que exerzan funcións públicas nos membros da AECT Río Miño. Artigo 19: (Reunións e sesións da Asemblea xeral) 1. A Asemblea xeral reúnese ordinariamente dúas veces ao ano, unha durante o mes de abril e outra durante o mes de outubro. 2. A Asemblea xeral reúnese extraordinariamente sempre que sexa necesario, mediante convocatoria do presidente de Mesa, por iniciativa súa ou a petición de calquera dos membros da AECT Río Miño. 3. As sesións, ordinarias ou extraordinarias, realízanse de maneira alterna na sede da AECT Río Miño e na delegación permanente da provincia de Pontevedra. 4. A Asemblea xeral é convocada por correo postal, por correo electrónico ou por fax con, polo menos, oito días de antelación, debendo constar na convocatoria a orde do día, o lugar, o día e a hora da reunión. Artigo 20: (Competencias da Asemblea xeral) Compételle á Asemblea xeral: a) Elixir a súa Mesa. b) Aprobar o seu regulamento. c) Aprobar o regulamento das comisións de traballo, de carácter permanente ou temporal. d) Aprobar as modificacións dos Estatutos. e) Deliberar sobre a admisión de novos membros. f) Fixar anualmente na reunión de abril, a proposta do director, as cantidades máximas das contribucións dos membros da AECT Río Miño para o ano natural seguinte, e na reunión de outubro deliberar sobre o importe concreto da contribución de cada membro para ser inscrito no orzamento da AECT Río Miño. g) Apreciar e votar, na reunión ordinaria de abril, os documentos de rendición de contas e avaliar o cumprimento do plan de actividades, a calidade da xestión e da prestación dos servizos e das tarefas realizadas. h) Discutir e votar, na reunión ordinaria de outubro, o plan de actividades para o ano seguinte, a proposta de orzamento, presentados polo director, así como avaliar o inventario de todos os bens, dereitos e obrigas patrimoniais e a calidade e eficiencia da xestión da AECT Río Miño. i) Aprobar, a proposta do director, a sinatura de protocolos, convenios ou contratos con terceiras entidades. j) Aprobar o Regulamento do Secretariado técnico, que deberá conter a súa estrutura, as súas competencias e o seu funcionamento. k) Aprobar os regulamentos sobre os procedementos internos da AECT Río Miño relativos á selección de persoal, contratación, réxime xurídico, réxime financeiro e outros procedementos indispensables para o funcionamento legal da agrupación. l) Aprobar o outorgamento de contratos e concesións sempre que o seu valor sexa igual ou superior ao 15 % dos recursos totais do orzamento anual, teñan carácter plurianual ou afecten a inmobles ou servizos de interese xeral relacionados co medio ambiente, a saúde, a educación, as comunicacións ou a enerxía. m) Fixar, a proposta do director, as cantidades mínimas e máximas das taxas, os prezos da prestación de servizos e de tarefas, nomeadamente da xestión de servizos públicos comúns solicitados expresamente, de conformidade coa lei. n) Autorizar a alienación e a constitución de carga ou gravames sobre inmobles que integren o patrimonio da AECT Río Miño. o) Autorizar, a proposta do director, a creación e extinción de delegacións da Agrupación con carácter permanente ou temporal, con excepción da Delegación Permanente na provincia de Pontevedra. p) Deliberar sobre a disolución da AECT Río Miño e a liquidación do seu patrimonio. q) Autorizar o director a adquirir, alienar ou onerar bens inmobles, fixando as respectivas condicións xerais, podendo determinar, en particular, o recurso á poxa pública. r) Autorizar o director a negociar e contraer préstamos a curto prazo nos termos do Art. 14 destes estatutos. s) Fixar a remuneración do persoal directivo, administrativo e técnico. t) Elixir e substituír, a proposta dos membros da AECT Río Miño, os membros do Consello Fiscal. u) Exercer os demais poderes que se lle confiran por lei, por estes Estatutos ou polo seu regulamento. v) A proposta do director ou dun dos seus membros, crear comisións de traballo, de carácter permanente ou temporal, para asuntos sectoriais ou específicos da competencia da AECT Río Miño. Artigo 21: (Adopción de decisións) 1. A Asemblea xeral decidirá sempre por consenso (sen votos en contra) entre os seus membros e de acordo co principio de paridade, a excepción da materia de préstamos, na que a decisión debe tomarse por unanimidade. 2. Nas deliberacións cada delegación representativa dos membros da AECT Río Miño ten dereito a un voto. Artigo 22: (Competencias do presidente da Asemblea xeral) Compete ó da Mesa da Asemblea xeral: a) Convocar a Asemblea xeral para as reunións ordinarias e extraordinarias. b) Dirixir os traballos da Asemblea. c) Exercer os demais poderes que lle sexan conferidos por lei, polos Estatutos ou polo Regulamento da Asemblea. Sección III Do director Artigo 23: (Natureza e composición) 1. O director é o órgano executivo singular da AECT Río Miño. 2. O director é designado de maneira alterna polo Consello Intermunicipal da CIM Alto Minho e pola Deputación de Pontevedra. 3. O mandato do director é de dous anos. 4. Nas súas faltas, impedimentos ou ausencias o director é substituído polo vicedirector do Consello coordinador, que exercerá as súas competencias. 5. O director será asistido por un Secretariado técnico designado nos termos do artigo 31. Artigo 24: (Competencias do director) 1. Compételle ao director, no ámbito da organización e funcionamento: a) Asegurar o cumprimento dos acordos da Asemblea xeral. b) Convocar as reunións ordinarias e extraordinarias do Consello coordinador e dirixir os seus traballos. c) Executar as deliberacións do Consello coordinador e dirixir a súa actividade. d) Representar a agrupación nos xuízos e en todos os actos e contratos. e) Dirixir as actividades e os servizos técnicos e administrativos da AECT Río Miño, segundo as súas finalidades e obxecto. f) Executar e facer cumprir o orzamento e o plan, os proxectos e os programas de investimento e desenvolvemento transfronteirizo, así como o plan de actividades para cada ano natural. g) Autorizar o pagamento dos gastos orzamentados. h) Asinar e visar a correspondencia que, como director, lle remita a calquera entidade ou organismo público. i) Exercer os demais poderes que se lle confiran por convención, por lei ou por estes Estatutos. 2. Compételle, ademais, ó director: a) Deseñar, coordinar e apoiar programas integrados de xestión das infraestruturas e equipamentos culturais, deportivos, de recreo e lecer transfronteirizos. b) Xestionar equipamentos colectivos de ámbito transfronteirizo que fosen solicitados polas respectivas entidades titulares de acordo coa lexislación aplicable. 3. O director poderá delegar nos secretarios técnicos as competencias consagradas na letra e) do número 1 e na letra b) do número 2 deste artigo. Artigo 25: (Autorización para a práctica de actos en caso de urxencia xustificada e excepcional) O director pode practicar calquera acto da competencia da Asemblea xeral, sempre que o esixan circunstancias excepcionais e que non sexa posible reunila extraordinariamente a tempo, quedando, porén, eses actos suxeitos a unha posterior ratificación na primeira reunión daquela após a práctica do acto. Sección IV Do Consello coordinador Artigo 26 (Natureza e composición) 1. O Consello coordinador é o órgano colexiado paritario de coordinación da AECT Río Miño e está composto polo director, que preside, por un vicedirector e por dous vogais. 2. O Consello coordinador é designado polos membros da AECT Río Miño. 3. Cando o director da AECT Río Miño sexa designado polo membro da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, o vicedirector será designado polo membro da Deputación de Pontevedra, e viceversa. 4. O director e o vicedirector alternan as súas funcións cada dous anos. 5. O mandato dos membros do Consello coordinador corresponde á duración do mandato do Consello Intermunicipal da CIM Alto Minho e do Pleno da Deputación de Pontevedra. 6. A adopción de decisións por parte do Consello coordinador debe ser por unanimidade e respectar o principio de paridade. Artigo 27 (Competencias do Consello coordinador) 1. As funcións do Consello coordinador no ámbito da organización e funcionamento son: a) Asegurar o cumprimento dos acordos da Asemblea xeral. b) Executar o orzamento e o plan, os proxectos e os programas de investimento e desenvolvemento transfronteirizo, así como o plan de actividades para cada ano natural. c) Supervisar os servizos técnicos e administrativos. d) Elaborar e someter para a súa aprobación, a través do director, perante a Asemblea xeral, o plan de actividades e a proposta de orzamento. e) Proporlle anualmente, a través do director, á Asemblea xeral, na súa reunión de abril, as cantidades máximas das contribucións financeiras dos membros da AECT Río Miño para o ano natural seguinte. f) Presentarlle, a través do director, á Asemblea xeral propostas de protocolos, convenios ou contratos que pretende asinar con terceiros e requirir autorización para a realización destes instrumentos. g) Presentar, a través do director, o relatorio sobre a xestión da AECT Río Miño e sobre a execución dos plans, proxectos, tarefas e demais actividades programadas. h) Proporlle, a través do director, á Asemblea xeral, para a súa fixación, o importe máximo e mínimo das taxas, os prezos de prestación de servizos e de tarefas, nomeadamente da xestión de servizos públicos comúns contratados expresamente de acordo coa lei. i) Proporlle, a través do director, á Asemblea xeral a creación e extinción de delegacións da Agrupación con carácter permanente ou temporal, con excepción da delegación permanente na provincia de Pontevedra. j) Solicitarlle á Asemblea xeral autorización para adquirir, alienar ou onerar bens inmobles e para fixar as súas condicións xerais. k) Presentarlle á Asemblea xeral para a súa aprobación e autorización unha proposta de negociación de préstamos a curto, medio e longo prazo que pretenda contraer. l) Presentarlle á Asemblea xeral unha proposta de remuneración do persoal directivo, administrativo e técnico. m) Elaborar e aprobar as normas de control interno, así como o inventario de todos os bens, dereitos e obrigacións patrimoniais e a súa respectiva avaliación e, tamén, os documentos de rendición de contas que se deben someter á apreciación e votación da Asemblea. n) Velar pola calidade dos servizos prestados pola AECT Río Miño e seguir a realización dos plans e actividades programadas e en execución. o) Elaborar e presentar candidaturas a programas comunitarios, portugueses, españois ou de calquera outra entidade de financiamento ou de cofinanciamento das actividades desenvolvidas pola Agrupación. p) Contratar persoal administrativo e técnico, con observancia das disposicións legais reguladoras desta materia e destes Estatutos. q) Exercer accións disciplinarias. 2. O Consello coordinador será asistido tecnicamente por un Secretariado Técnico que non terá dereito a voto. Sección V Do Consello fiscal Artigo 28: (Constitución e competencias do Consello Fiscal) 1. O Consello fiscal é un órgano colexiado paritario constituído por un presidente e dous vogais, designados pola Asemblea xeral, aos cales lles compete: a. Verificar periodicamente a regularidade das contas. b. Comunicarlle ao presidente da Mesa da Asemblea xeral a existencia de abusos ou irregularidades graves en materia de xestión económica e financeira. c. Dar o seu parecer sobre o relatorio e as contas anuais. 2. O mandato dos membros do Consello fiscal ten unha duración igual á dos membros do Consello Intermunicipal da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e á dos membros do Pleno da Deputación de Pontevedra. Artigo 29: (Da auditoría externa) 1. A AECT Río Miño someterase a unha auditoría externa independente. 2. A Asemblea xeral da AECT Río Miño designará o auditor segundo os criterios máis esixentes no ámbito da auditoría. Sección VI Do Consello consultivo Artigo 30: (Constitución e competencias) 1. O Consello consultivo é un órgano de consulta e participación da AECT Río Miño, presidido polo director e formado por catro membros permanentes e por un número variable de membros non permanentes. 2. Son membros permanentes o director e o vicedirector do Consello coordinador da AECT Río Miño e dous xuristas (un debe ser español e outro portugués). 3. Son membros non permanentes os representantes da Comisión de Coordinación de Desenvolvemento Rexional do Norte, da Xunta de Galicia, da Delegación do Goberno español en Galicia, e outros representantes de organismos públicos de Portugal e de España, con xurisdición administrativa na circunscrición territorial en que a AECT Río Miño exerce as súas funcións. 4. Tamén poderán participar nas reunións do Consello consultivo: a. Os representantes das entidades territoriais que son membros da AECT Río Miño e que non formen parte da Asemblea xeral, as asociacións empresariais, sociais, ou de calquera outra natureza cuxos fins coincidan total ou parcialmente cos da AECT Río Miño. b. Especialistas portugueses e españois nas materias sobre as que se pretende obter opinión, escollidos de maneira consensual polo Consello coordinador. 5. O Consello consultivo reúnese sempre que é convocado polo director. 6. Compételle ao Consello Consultivo emitir pareceres non vinculantes sobre todas as materias que sexan sometidas á súa apreciación. 7. O mandato dos membros permanentes do Consello consultivo ten unha duración igual á dos membros do Consello Intermunicipal da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e á dos membros do Pleno da Deputación de Pontevedra. 8. O Consello consultivo réxese por un regulamento interno propio aprobado pola Asemblea xeral da AECT Río Miño. Capítulo III Do Secretariado técnico e do persoal Artigo 31: Secretariado técnico 1.- O Secretariado técnico é o servizo de apoio técnico e administrativo da AECT Río Miño, baixo a supervisión do director, constituído por dous secretarios técnicos, designados polo Consello Coordenador , de acordo co principio da paridade. 2.- Compételle ao Secretariado técnico dirixir os servizos administrativos e técnicos da AECT Río Miño e exercer as funcións en materia puramente administrativa e técnica que lle fosen encomendadas por parte do director e por un regulamento propio aprobado pola Asemblea xeral, a proposta do Consello coordinador, nomeadamente as de coordinar e dirixir todos os servizos administrativos da AECT Río Miño. 3.- A natureza, estrutura, competencias e funcionamento do Secretariado técnico e dos servizos administrativos e técnicos, definiranse nun regulamento que debe aprobar a Asemblea xeral, a proposta do Consello coordinador. 4.- Os Secretariados Técnicos pertencen, preferentemente, à estrutura dos asociados, sendo designados para o exercício de funcións polo órgao competente das duas entidades associadas. Neste caso, o exercício do cargo de Secretario Técnico non é remunerado, sen prexuízo da responsabilidade da AECT Rio Minho no pagamento dos gastos de desprazamento, aloxamento e alimentación. 5.- En caso de imposibilidade dos secretários técnicos pertenceren às estruturas dos asociados, a súa contratación rexeráse pola lei portuguesa reguladora do contrato de traballo para a función pública ou polo Código de Traballo, conforme a natureza da atividade para que se contrata, podendo neste caso seren remunerados nos termos a definir em regulamento. Artigo 32: (Servizos de apoio técnico e administrativo) 1. A AECT Río Miño está dotada de servizos de apoio técnico e administrativo coordinados polos secretarios técnicos, nos termos do Regulamento a que se refire o número 3 do artigo 31 deste Estatuto e que teñen como finalidade recoller e sistematizar a información e elaborar os estudos necesarios para a preparación das decisións, así como promover a súa execución. 2. A natureza, a estrutura e o funcionamento dos servizos previstos no número anterior definiranse no Regulamento aprobado pola Asemblea xeral, a proposta do Consello coordinador. 3. Os servizos da AECT Río Miño poderán funcionar en colaboración con servizos especializados dos seus membros ou ser apoiados por estes. Artigo 33: (Réxime de persoal) 1. A AECT Río Miño disporá dun mapa de persoal propio, aprobado pola Asemblea xeral mediante proposta do director, o cal será cuberto a través de mecanismos de mobilidade a realizar con traballadores pertencentes ás entidades asociadas da AECT, ou dos servizos da Administración Local pertencentes aos concellos do ámbito territorial da AECT definidos no Art. 4º dos presentes estatutos, debendo destinar no seu orzamento as necesarias dotacións para o pagamento das respectivas remuneracións. 2. En casos de imposibilidade de cubrir o mapa de persoal fixado nos termos do artigo anterior con traballadores pertencentes ás entidades asociadas do AECT, e para a implementación de proxectos obxecto de financiamento comunitario, a contratación de persoal rexerase pola lei portuguesa reguladora do contrato de traballo para a función pública ou polo Código de Traballo, conforme a natureza da actividade para que se contrata. 3. En materia disciplinaria aplicarase a lexislación laboral vixente en Portugal salvo se se trata dun traballador da Administración do Estado, en cuxo caso será aplicable a lexislación disciplinaria do Estado da súa nacionalidade. Artigo 34: (Remuneracións e demais gravames do persoal) As remuneracións e demais gravames do persoal serán soportadas, exclusivamente, polo orzamento da AECT Río Miño. Capítulo IV Xestión financeira e patrimonial Artigo 35: (Das normas orzamentarias, contables e financeiras) 1. Na elaboración do orzamento observaranse, coas necesarias adaptacións, os principios e as regras legalmente establecidos para a contabilidade das persoas colectivas de dereito público de natureza asociativa. 2. Sen prexuízo do disposto no número anterior, o orzamento anual da AECT Río Miño conterá obrigatoriamente un apartado cos gastos de funcionamento e outro cos gastos de explotación, debendo en todo caso respectar as normas de elaboración de orzamentos e de contabilidade establecidas polo dereito portugués para as asociacións públicas. 3. As contas acompañaranse obrigatoriamente de información anual de xestión e dun informe de auditoría, sendo obrigatoria a súa publicación. Artigo 36: (Documentos de rendición de contas á Asemblea xeral) 1. O director elaborará, coa data de 31 de decembro de cada ano, e presentaralle á Asemblea xeral, no mes de abril do ano seguinte, os documentos de rendición de contas para a súa apreciación e aprobación. 2. No relatorio de actividades o director exporá e xustificará a acción desenvolvida, demostrará a regularidade orzamentaria da realización dos gastos, discriminará os financiamentos obtidos co mapa de orixe e a aplicación de fondos e dará todas as aclaracións necesarias para a interpretación das contas presentadas. Artigo 37: (Fiscalización e xuízo das contas) 1. As contas da AECT Río Miño están suxeitas á apreciación e ao xuízo consagrado pola orde xurídica portuguesa para as asociacións públicas. 2. As contas deben serlle enviadas polo director á entidade fiscalizadora competente, dentro dos prazos legalmente establecidos. 3. As contas deberán tamén serlle enviadas polo director ao presidente da Asemblea xeral para os efectos indicados no punto 1 do artigo 36 deste Estatuto. Artigo 38 (Control de xestión dos fondos): 1. O control financeiro da xestión dos fondos, públicos e privados, utilizados pola AECT Río Miño correspóndelle, por forza do disposto no número 1 do artigo 12 do Decreto lei 376/2007, á Inspección Xeral de Finanzas e son, en conformidade co disposto no artigo 2 do Regulamento AECT, regulados polo dereito interno portugués. 2. O control interno da referida xestión farase nos servizos competentes da AECT Río Miño por parte dun equipo mixto formado por igual número de técnicos especializados, designados pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e pola Deputación de Pontevedra e coordinado por un técnico nomeado polo Consello Coordinador da AECT Río Miño. 3. O control da xestión dos proxectos, actividades, programas ou accións cofinanciadas pola Unión Europea faise nos termos establecidos polo número 4 do artigo 6 do Regulamento AECT. 4. Para os efectos de control da xestión dos fondos, públicos e privados, utilizados pola AECT Río Miño, toda a información e documentos deberán remitirse aos referidos servizos especializados, correspondéndolle ao director fixar un prazo para os efectos. Artigo 39: (Das modalidades de responsabilidade dos membros da AECT Río Miño) 1. A responsabilidade da AECT Río Miño polas débedas contraídas e obrigacións asumidas no exercicio das súas funcións e para a prosecución das súas actividades, mesmo na fase de liquidación, é asumida por esta exclusivamente. 2. Sempre que a AECT Río Miño non teña medios financeiros suficientes para o cumprimento das súas obrigacións, as débedas e demais obrigacións por esta contraídas, calquera que sexa a súa orixe, natureza e importe, serán sempre asumidas a partes iguais polos seus membros, que deberán, puntualmente e no prazo que lles sexa asignado polo director, proceder á entrega dos medios financeiros necesarios para o cumprimento das súas obrigacións. 3. A responsabilidade de cada membro é ilimitada, salvo disposición en contrario da súa lei nacional. Capítulo V Disposicións finais Artigo 40: (Cambios estatutarios) Os Estatutos poderán modificarse por acordo dos membros da AECT Río Miño e segundo o establecido no Regulamento AECT e na lexislación portuguesa e española aplicables. Artigo 41: (Denuncia e cesamento da vixencia) 1. A AECT Río Miño extínguese mediante unha denuncia conforme aos termos e cos efectos previstos na cláusula vixésima do Convenio constitutivo da AECT Río Miño, correspondéndolles ao director e ó Secretariado Técnico cumprir o establecido no apartado 3 desta cláusula. 2. Extinta a AECT Río Miño, procederase á liquidación do seu patrimonio. Artigo 42: (Liquidación) 1. Acordada a liquidación da AECT Río Miño, esta mantén a súa personalidade xurídica para os efectos de liquidación e ata a aprobación final das contas por parte dos liquidadores. 2. Pode ser liquidador o director, se así o acorda a Asemblea xeral. 3. O patrimonio da AECT Río Miño repártese, sen prexuízo de terceiros, entre os membros, en proporción a cadansúa contribución para a súa constitución. Artigo 43 (Foro competente) En conformidade co disposto no artigo 15 do Regulamento AECT, e sempre que a lexislación comunitaria non determine outro foro competente, a competencia para a resolución de todos os litixios entre os membros da AECT Río Miño, derivados da aplicación ou interpretación destes Estatutos, ou entre a AECT Río Miño e calquera dos seus membros, ou con terceiros, é dos tribunais competentes, en materia administrativa os do Círculo de Braga e en materia civil os da comarca de Viana do Castelo. Artigo 44: (Omisións) Todo o que estes Estatutos omitan regularase mediante o Regulamento AECT, o Decreto lei 376/2007 e os principios e as disposicións legais aplicables ás asociacións públicas portuguesas. Valença, ____de ______________ de 2016 Por parte da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, o presidente do Conselho Intermunicipal, (José María da Cunha Costa) Por parte da Deputación de Pontevedra, a presidenta, (María del Carmen Silva Rego)”. 8.6809.- ACORDO SOBRE AS OBRAS DE URBANIZACIÓN PENDENTES CONTEMPLADAS NO PROXECTO, PLAN PARCIAL E CONVENIO SUBSCRITO NO ANO 2009 CO ARCEBISPADO DE SANTIAGO POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE RIBADUMIA Sra. Presidenta.- Pasamos logo ó punto 8. Acordo sobre as obras de urbanización pendentes contempladas no proxecto plan parcial e convenio subscrito no ano 2009 co Arcebispado de Santiago pola Deputación de Pontevedra e o concello de Ribadumia. ¿Intervencións?. Pasamos á votación. ¿Votos a favor do acordo?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 26 votos a favor e unha abstención. Visto o informe da xefa do Servizo, de 8 de xullo de 2016, sobre obras de urbanización pendente contempladas no proxecto, plan parcial e convenio subscrito co Arcebispado de Santiago de Compostela pola Deputación de Pontevedra e o concello de Ribadumia. Visto o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, o Arcebispado de Santiago de Compostela e o concello de Ribadumia para posibilitar a realización do proxecto social Pousadas do Salnés. Visto o requirimento de documentación presentado polo Concello de Ribadumia para a concesión de licenza municipal de primeira ocupación para a Pousada de Ribadumia onde se require a finalización das obras de urbanización pendentes na rúa nº4 ou a prestación de garantía económica suficiente para o remate das mesmas. Visto o proxecto de pavimentación e dotación de servizos na rúa nº4 da urbanización Santa Eulalia no entorno da Pousada no concello de Ribadumia, por importe de 139.573.32 € (IVE incluído) redactado polo Servizo de Mobilidade a tal efecto. Considerando o disposto no artigo 173.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais sobre a esixibilidade das obrigacións, prerrogativas e limitación dos compromisos de gastos, segundo o cal os concellos como autoridade administrativa non poderán esixir depósitos e caucións ás entidades locais e que en consecuencia, non procede a constitución de garantía algunha. Considerando que, segundo os informes do Secretario e Interventor da Corporación é o pleno o órgano competente para adoptar dito acordo, acórdase por maioría, cos votos a favor do PP, do PSdeG-PSOE e do BNG, e coa abstención de Coalición Electoral SON, ratificar o compromiso existente no Convenio de data 25 de novembro de 2009 co Arcebispado de Santiago de Compostela e o concello de Ribadumia para rematar as obras de pavimentación e dotación de servizos na urbanización de Santa Eulalia polo importe máximo de 790.000,00 €. Queda pendente de execución o proxecto de pavimentación e dotación de servizos na rúa nº4 da urbanización Santa Eulalia no entorno da Pousada de Ribadumia, por importe de 139.573.32 € (IVE incluído), en canto as condicións para a mesma sexan as idóneas segundo os equipos técnicos correspondentes e no prazo máximo de cinco anos dende a adopción do presente acordo. 9.6810.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE NO CÍRCULO DE EMPRESARIOS DE GALICIA – CLUB FINANCEIRO DE VIGO, S.A. Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 9. Moción da Presidencia sobre nomeamento de representante no Círculo de Empresarios de Galicia – Club Financeiro de Vigo, S.A. ¿Observacións?. Procedemos á votación. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 14 votos a favor e 13 abstencións. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG e coas abstencións do PP e de Coalición Electoral SON, aprobar Moción da Presidencia sobre nomeamento de representante no Círculo de Empresarios de Galicia – Club Financeiro de Vigo, S.A. Dita Moción é como segue: “Como consecuencia das novas delegacións acordadas pola Presidencia mediante Resolución Presidencial de 25 de abril de 2016, procede modificar a representación desta Deputación no Círculo de Empresarios de Galicia - Club Financeiro de Vigo S.A.(CFV), efectuada mediante acordo plenario de 27 de novembro de 2015. Resultando que esta Deputación provincial mediante acordo de Xunta de Goberno de 2 de novembro de 1995 subscribiu unha acción do capital social. Considerando que o art. 58 c) do R.d. 2568/86, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, determina corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Vistos os Estatutos da citada entidade, A Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: Desígnase representante da Deputación Provincial de Pontevedra no Círculo de Empresarios de Galicia - Club Financeiro de Vigo S.A. (CFV), ó deputado Sr. D. David Regades Fernández”. 10.6811.- PROPOSTA DO DEPUTADO DE CULTURA E LINGUA RELATIVA Á ANULACIÓN DE ACORDOS QUE REFLICTAN A ADHESIÓN E COLABORACIÓN DA INSTITUCIÓN PROVINCIAL COA DITADURA FRANQUISTA Sra. Presidenta.- No punto 10. Proposta do deputado de Cultura e Lingua relativa á anulación de acordos que reflictan a adhesión e colaboración da institución provincial coa ditadura franquista. Para a súa explicación ten a palabra o Sr. Leal. Sr. Leal Fariña.- Moitas grazas Presidenta. Bo día a todos e a todas, e a verdade é que é unha mágoa, pois, que o salón de plenos desta institución, un salón de plenos, pois, cun pasado escuro, pois, moi relevante, pois, cando foi a represión fascista, pois, que non poidamos realmente retirar esas distincións, pois, en ese, en ese espazo, por sorte, pois, teremos en novembro unha nova, unha nova, un pleno, un pleno conmemorativo y extraordinario y eu creo que aí si poderemos utilizar un, un salón de plenos, pois con esta, con esta triste historia. Hoxe é un día, eu creo que é un día histórico, xa non só para esta Deputación senón para provincia de Pontevedra, i penso que para Galiza no seu conxunto tamén, porque hoxe o que imos, imos facer aquí, pois é dignificar aínda máis o que foron as vítimas da, as vítimas do franquismo, as vítimas que foron vítimas por defender a democracia, ese foi, o seu, o seu único, o seu único defecto defender a democracia, defender as liberdades, defender un goberno da república constituído democraticamente y que, pois, pois por desgraza, pois, nun triste mes, mes de xullo que, que é no que estamos agora mesmo e no que se cumpren 80 anos, pois, e unhas persoas decidiron, pois a través da forza, pois acabar con esta, con esta democracia. Eu creo que o que acordamos, primeiramente, na moción que presentamos a través do Bloque Nacionalista Galego, e que partía tamén dun primeiro punto que plantexara o representante da Marea e que despois ampliamos nós na nosa, na nosa moción, eu creo que hoxe vamos dar cumprimento a unha, a unha das partes máis, máis importantes, non vou a dicir a que máis porque eu creo que tódalas, tódalas cuestións que aquí se trataron i que se van a aprobar grazas a esta moción de abril, eu creo que son importantes, pero, eu creo que o simbolismo do acto que vamos a realizar hoxe eu creo que é importante, vai ser un aspecto que eu creo que agradecerán as vítimas, porque, as vítimas, i eu penso que toda, toda a cidadanía en xeral, porque eu creo que non é de recibo que en pleno século 21, pois unha institución que se declara i que é democrática, pois teña acordos plenarios nos que se emprega terminoloxía, pois, que causa dor, que causou dor no seu momento, que segue causando dor ás vítimas, i que eu creo que deben desaparecer, pois, do que é a historia desta, desta institución. Falamos de que hai acordos nos que se fala de “protomártir de la gloriosa cruzada nacional”, “interprete fiel de las directrices y consignas del caudillo”, etc., etc., unha serie de calificativos nos que, realmente, pois o dano feito non se vai a, non se vai a recuperar porque ese dano é irrecuperable, pero creo que temos que ter, ter memoria i recordar que, que é preciso pois quitar estas, estas distincións. Vou nomear o que son as, os acordos plenarios que imos, que imos, que espero que votemos abaixo, que eu creo que é de xustiza. Un acordo do 8 xullo de 1950 que é o nomeamento como fillo predilecto do excelentísimo señor Don José Calvo Sotelo. Un acordo do 9 de xullo 1951 que é o nomeamento como fillo adoptivo do excelentísimo señor Don José Solís Ruiz. Un acordo do 28 de agosto de 1952, i este si que hoxe en día inda, inda choca que estea vixente, que é o nomeamento como presidente perpetuo do señor Don Francisco Franco Bahamonde. Un acordo do 30 de xaneiro de 1960, de concesión da Medalla de ouro da provincia a José Solís Ruiz, tamén. Un acordo do 25 de febreiro de 1963 nomeando como Fillo adoptivo da provincia a Pedro Nieto Antúnez. I por último, a concesión da Medalla de ouro da provincia á Sección Feminina de las Fet y de las Jons, como tal que plantexara o representante da Marea no seu momento. Cabe dicir que, bueno, o acordo que aquí tomemos vai encamiñado nunha liña, eu creo que moi importante, que estamos levando dende, dende a Deputación, dende o Departamento de Cultura e Lingua durante este ano, un ano que consideramos un ano moi especial, pois, no tema da memoria e tamén, pois, a través deste Ano Castelao pois a Memoria está moi presente. Y me gustaría un pouco, pois moi brevemente, pois decir que este ano, pois se desenvolveron actividades, pois para, para que realmente a Memoria histórica sexa importante, pois nas axudas do Ano Castelao pois houbo un epígrafe específico para a Memoria histórica, aí, pois, se presentaron traballos dos amigos de Xoán Carballeira, da Fundación Alexandre Bóveda, da Asociación Xuvenil da Zoira, da Asociación o fallado da memoria, entre outras. Este ano tamén nas actividades do Pontegal recibe maior puntuación, e son actos que se desenvolveron, pois a través dos colectivos de Memoria, pois houbo audiovisuais i exposicións, pois máis de vinte, que se aprobaron, pois para que nos actos de Memoria estivera presente esta cuestión. Hai unhas axudas para a sinalética do Patrimonio histórico i que, i que realmente conlevan tamén un apartado de restitución da memoria a través do cambio de placas de 200 mil euros que está tamén activo. Hai publicacións sobre a memoria histórica a través do Servizo de Publicacións, que xa están en curso, e publicacións para xente, xente adulta que quere pois recordar eses tristes feitos, pero tamén para que as novas xeracións, pois, podan, podan recordar. I hai unha cousa moi curiosa, i trouxen hoxe o libro porque a verdade é que me gustaba, me gustaba lelo, e vou a ser breve na súa lectura, que tamén confiamos en que as crianzas sepan que realmente aquí houbo un momento, un momento complicado y que a democracia sufriu. Entón, vou ler un fragmentiño deste, deste libro dos Bolechas que editamos este ano, i fala: “Un verán un grupo de militares rebeldes deron un golpe contra a democracia. Castelao estaba en Madrid de deputado polo partido galeguista e tivo que fuxir. Ós seus amigos Alexandre e Víctor e a moita outra xente matárona aqueles militares rebeldes. Os militares rebeldes gañaron a guerra e Castelao con Virxinia marchou outra vez a América, primeiro a Nova York e despois Cuba, e finalmente a Arxentina. E dende alí, xunto con outros moitos galegos, saíu a defender a democracia a Galicia”. Eu creo que hai que ter en conta tamén que, que a, que os nosos, os nosos cativos deben coñecer dunha maneira totalmente, eu creo que, verídica i sin entrar en cuestións problemáticas, esta cuestión, y eu creo, eu persoalmente estou moi orgulloso deste, deste texto, por iso quería traelo, traelo hoxe aquí. Y nada, indicaba antes que imos tamén ter un pleno, un pleno conmemorativo a finais, a finais de ano, para homenaxear aos traballadores desta casa i ós, i ós dirixentes represaliados; imos dignificar a memoria dos edificios, eu creo que a memoria dos edificios é tamén moi importante, aquí se celebraron os xuízos, aquí, pero no edificio administrativo de aí ó lado pois foi un cárcere onde a xente que tiña que ser xulgada pois sufriu, sufriu moito. I eu creo que temos que temos que ver ademais que, aínda que pasaron 80 anos eu creo que non hai que esquecer que a democracia da República veuse truncada por un alzamento fascista, eu creo que iso é importante recordalo, é importante recordalo ahora nesta conmemoración do 80 aniversario, pero recordalo a través dos anos, e para iso van, van todas estas, estas iniciativas, que non son iniciativas que se circunscriben sólo a un ano, senón que van a perdurar na memoria que eu creo que eso é o máis, é o máis importante. Porque eu creo que aínda que hoxe aquí estamos retirando as distincións ós verdugos, está claro que do que nos temos que lembrar é de moitos alcaldes e concelleiros represaliados, i non vou a citar a todos, si que, pois vou a citar algúns: Johan Carballeira, Antonio Blanco, Bibiano Fernández Osorio, Emilio Martínez Garrido, Brasileno Álvarez, Agustín Jorge Echeverri, José Angel Laconde, Castor Castro, etc., etc., etc. Eu creo que é xente que temos que ter na memoria e respectala, i sobre todo facer que, que as xeracións, no meu caso eu non vivín a ditadura por sorte, pois que poidamos lembrarnos sempre destas persoas, do que conlevou o seu traballo, i sobre todo retirar, que eu creo que é o importante, da moción de hoxe, retirar estas distincións a estas, a estas outras persoas que non se dignificaron precisamente por defender a democracia, senón por atacala i por facer que moita xente, pois, ou morrese nas cunetas ou sufrise represión laboral, psicolóxica i familiar, e eu creo que iso é de recibo, pois que, que haxa unanimidade á hora de retirar estas distincións. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Ten a palabra o Sr. Xácome. Sr. Jácome Enríquez.- Bueno, bo día a todas e todos. Dende logo subscribimos ó 100% a intervención que acaba de facer o Deputado de Cultura, e por suposto que é o simbólico tamén é político, unha institución democrática como é esta, aínda que mellorable, en ningún caso pode manter unha equidistancia entre un levantamento fascista e un goberno escollido democraticamente. Lamentamos o momento, lamentamos o momento no que tomamos este acordo porque pensamos que debería ter sido moito antes, pero bueno, nunca é tarde se a dicha é boa, e este aprobación destes acordos opinamos que vai ser un acto de verdade, de xustiza e de reparación. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Xácome. ¿Máis intervencións?. Sr. González Pérez.- Bueno. Que, ¿que podemos decir nós?, bueno, somos o goberno da Deputación e estamos, por suposto, máis que orgullosos desta moción que se trae hoxe aquí, porque son 80 anos despois dun golpe de estado, aquí non se está falando de nada máis que dun golpe de estado, un goberno democrático no que uns militares deciden rachar ese goberno democrático ganado nunhas eleccións e dar un golpe de estado, eu creo que non hai ninguén ahora mismo que poda discutir aquí quen son os malos e quen son os bos. Fai 80 anos en estas rúas de Pontevedra había unha guerra, e fai 80 anos a xente morría nas rúas, nas cunetas, e desgraciadamente tamén no frente, e fai 80 anos a represión era o único que imperaba en esta provincia e por desgracia en todo o estado. Polo tanto, hoxe é un día, un día feliz, é un día feliz porque, aínda que 66 anos despois, como dixo o representante da Marea, 66 anos despois se lle quite, pois, unha, un nomeamento de fillo predilecto a un tal José Calvo Sotelo por ser promartir, promartir da gloriosa cruzada nacional. Que 65 anos despois, a outro señor José Luís Ruiz por ser fiel interprete de las directrices y consignas do líder golpista. Que 56 anos despois, a José Solís Ruiz por 20 anos de paz, bueno, por participar no mando, “bajo el mando de Franco en la destacada expresión ….. realizaciones promovidas e impulsadas por el durante su mandato gobernativo. Cincuenta e tres anos despois, a Don Pedro Nieto Antúnez …. debía, que é demasiado extenso o seu curriculum como para nombralo aquí, o sea que, xa nos imaxinamos o curriculum que tiña este home. E por suposto tamén, a sección femenina das Jons. Pero eu creo que sobre todo hoxe o que vamos a facer é algo, pois, moi histórico para esta Deputación que eu antes de ser diputado aquí non o sabía, porque hoxe deixará de ser Presidente da Deputación de Pontevedra Francisco Franco Bahamonde, e creo que iso si que vai ser un hito histórico, un hito que temos que celebrar todos os que estamos aquí, teñen que celebrar todos eses alcaldes, moitos deles socialistas, moitos deles nacionalistas, moitos deles de calquera color político, e sobre todo, que temos que celebrar todos os veciños e veciñas da provincia de Pontevedra, porque, repito, hoxe é un día histórico porque Francisco Franco deixa de ser Presidente desta Deputación, e polo tanto, para min, felicitaciones a todos, a todas, por este acto tan significativo. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Pasamos. ¡Ah!, perdón, non. Sr. Moldes Martínez.- Gracias, Presidenta. Bueno. Eu neste caso como representante do Grupo Popular o primeiro que queremos dicir é que, condear, condenamos todo tipo de ditaduras, todas, todas. E entendemos que as persoas, en este caso, con independencia dos seus ideais políticos ou do que defenden, deben ser respectados. Eu creo que aquí, en este caso, a min me toca falar como membro máis xoven desta corporación, creo que tamén temos que facer todos autocrítica, todos os que estamos aquí somos representantes públicos, somos persoas que fomos elixidos polos nosos veciños, e ás veces pois tamén temos que ter en conta e facer unha pequena homenaxe a todas esa persoas que por, dalgunha maneira defender os seus ideais, con independencia dos partidos que foron, eu non quero aquí valorar nin vencedores nin vencidos, pero creo que todos debemos de facer, todos debemos facer autocrítica, e creo que temos que facer unha reflexión en este caso de que ás veces, en homenaxe a esas persoas, tamén temos que traballar con respecto. Logo para nós, en este caso, e eu é algo que así o entendo, tódalas persoas teñen dereito e teñen que, deben de ser respectadas en todas as súas cuestións, polo que pensen, polo que defendan. E volvemos a repetir, condenamos todo tipo de ditaduras e vamos apoiar esta, este punto desta moción. Sra. Presidenta.- Para pechar o debate. Sr. Leal Fariña.- Nada, eu agradezo, agradezo, a unanimidade en este, en este acordo. Persoalmente non entendo a que veu a intervención do, do responsable do, do PP, pero bueno, entendo que cada un ten a súa, a súa forma de entender estas cuestións. I o que si me gustaría, pois, xa que non temos o simbolismo, pois polo menos de estar no, no salón de plenos, pois que puideramos, non sei, se levantarnos tódolos deputados e deputadas, si, pois, xa non e se gardar un minuto de silencio, pero senón igual un minuto de aplausos, porque eu creo que a ocasión o merece, i eu creo que debemos, pois, conmemorar este día, pois, como ten que ser. Entón, si lle parece ben á Presidencia. Nestes intres e durante un minuto escóitanse aplausos. O Pleno acorda, por unanimidade, aprobar a Proposta do Deputado de Cultura e Lingua relativa á anulación de acordos que reflictan a adhesión e colaboración da Institución Provincial coa ditadura franquista. Dita proposta é como segue: “ANTECEDENTES Dada conta do acordo plenario de 1 de abril de 2016 polo que se aprobou por unanimidade a “Moción do grupo provincial do Bloque Nacionalista Galego (BNG) sobre o posicionamento da Deputación de Pontevedra arredor da memoria histórica e a ditadura franquista”. Resultando que no citado acordo, entre outros establécese expresamente: “A Deputación de Pontevedra acorda a eliminación, supresión ou anulación dos acordos, distincións e símbolos que reflictan a adhesión e colaboración da institución provincial coa ditadura franquista.” A honra dunha institución como a Deputación de Pontevedra, e sobre todo o respecto que debe ter unha administración que debe velar polas liberdades e por ser xusta na dignificación das persoas que defenderon as liberdades durante o golpe e durante a propia ditadura, fai necesaria esta acción de xustiza social. Existe ademais unha obriga ética e política clara a este respecto porque, por unha parte, dirixentes políticos da institución e persoal ao seu servizo foron obxecto de represión e persecución en forma de asasinato, cárcere, depuración e outras múltiples formas de violencia. E, por outra, a institución foi parte do aparato administrativo e político que impuxo a ditadura, o terror e a toda a súa parafernalia simbólica na provincia e en Galiza. Nos propios acordos nos que se estableceron estas distincións aparecen frases que causan dor ás vítimas ao enxalzar as figuras que se condecoran (“Protomartir de la Gloriosa Cruzada Nacional…”; “intérprete fiel de las directrices y consignas del Caudillo…”; etc.) e que dignifican labores que non foron feitas nun marco democrático. Ademais lonxe de ser cuestións que se queden só na propia historia da institución (o que de por si xa é un feito moi grave), tamén teñen aínda hoxe en día vixencia como a de seguir sendo Francisco Franco Bahamonde presidente perpetuo con todo o que iso significa no imaxinario colectivo dos pontevedreses e pontevedresas. En cumprimento do citado acordo, e polo antedito sométese ó Pleno a adopción do seguinte ACORDO: “Revocar os seguintes acordos plenarios adoptados por esta Deputación: 1. Acordo do 8 de xullo de 1950. Nomeamento como Fillo Predilecto ó Excmo. Sr. D. José Calvo Sotelo. 2. Acordo do 9 de xullo de 1951. Nomeamento como Fillo Adoptivo ó Excmo. Sr. D. José Solís Ruiz. 3. Acordo do 28 de agosto de 1952. Nomeamento como Presidente Perpetuo ó Excmo. Sr. D. Francisco Franco Bahamonde. 4. Acordo do 30 de xaneiro de 1960. Concesión da Medalla de Ouro da Provincia ó Excmo. Sr. D. José Solís Ruiz. 5. Acordo do 25 de febreiro de 1963. Nomeamento como Fillo Adoptivo da Provincia ó Excmo. Sr. D. Pedro Nieto Antúnez. 6. Acordo do 7 de marzo de 1963. Concesión da Medalla de Ouro da Provincia á Sección Feminina de Fet e de las Jons.” 11.6812.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA QUE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA POÑA A DISPOSICIÓN DOS CONCELLOS UN PLAN PERMANENTE DE LIMPEZA DE PRAIAS DA PROVINCIA, DOTADO DO PERSOAL E MAQUINARIA PRECISO, DE FORMA QUE SE GARANTICE A LIMPEZA DOS AREAIS DURANTE TODO O ANO Sra. Presidenta.- Ben, pasamos ó punto 11. Moción do Grupo provincial do Partido Popular para que a Deputación de Pontevedra poña a disposición dos concellos un plan permanente de limpeza de praias da provincia, dotado do persoal e maquinaria preciso, de forma que se garantice a limpeza dos areais durante todo o ano. Para a defensa da moción ten a palabra o Sr. Bas. Sr. Bas Corugeira.- Moitas gracias Presidenta. Bos días a todos. Bueno, como decía esta moción era presentada para o pleno anterior e como foi retirada, bueno, pois eu seguín con contactos con distintos alcaldes costeiros, e bueno, queremos modificar o acordo, é un acordo pouco máis na idea de buscar un consenso de todos, para que se poda pois, dalgún xeito, a ver se somos capaces de seguir con este espírito de consenso, que se poda aprobar por unanimidade, e, entón, quería pasarlle á Presidencia e aos voceiros dos grupos o que consiste, aínda non empecei, ¡eh!. Si, a moción, bueno, o texto da moción se mantén, pero o acordo é distinto, é un acordo moito máis aberto que o que di é: que a Deputación de Pontevedra convoque aos alcaldes dos concellos costeiros xunto cunha representación de todos os grupos que forman parte desta corporación co fin de que participen na elaboración dun plan permanente de limpeza e potenciación das praias da provincia, que inclúa unha partida económica específica así como o persoal e maquinaria precisos que garantan a calidade dos areais da provincia durante todo o ano, digamos que nesa convocatoria se desarrollaría ese plan. Por eso que digo que, eu creo que é aberto, e, bueno, este espírito de consenso foi iniciado no pleno anterior por o alcalde de Nigrán, Juan González, quero seguir con este espírito, e ese espírito tamén é o que estaba presente na área metropolitana de Vigo, en donde tamén está el presente, Nidia presente, e eu estou presente. Bueno, pois creo que en este punto poderiamos chegar pois a un acordo de consenso unánime porque digamos que está aberto a todo. Sra. Presidenta.- Desculpe Sr. Bas, por favor, manteñan o silencio, porque senón é difícil para el concentrarse, case eu nin sequera o escoito, así que, por favor. Sr. Bas Corugeira.- Moitas gracias Presidenta, gracias pola deferencia. Ben, como decía para nós esto debería ser un tema de acordo unánime, porque, bueno, os nosos areais están a ser pois unhas señais de identidade no que é a nosa paisaxe costeiro, e nós dalgún xeito, pois, temos entre todos a obriga de preservar e poñer en valor. Ademais os nosos areais, bueno, todo o mundo sabe que están contribuíndo de maneira moi decisiva na promoción turística da provincia, e que esta promoción turística está incidindo de forma, tamén, moi determinante no motor económico que incide, tamén, na diminución de desemprego na provincia. Entón, esa, esta, esta acción dalgún xeito non é só destinada á recuperación dos areais senón tamén a poder contribuír co resto dos sectores produtivos da provincia. Ben, os concellos nestes últimos anos, nas últimas décadas, pois estiveron, pois traballando, para mellorar esas, os seus areais, e ademais, bueno, o fixeron non sós senón tamén con colaboración doutras administracións, a Xunta de Galicia, a propia Deputación de Pontevedra e organismos como Turismo Rías Baixas. E, nos últimos anos tamén supuxeron a obtención de grandes recoñecementos e logros como foi o importante número de usuarios e visitantes que estamos a recibir nas nosas praias, e que se está incrementando de forma considerable ano tras ano. E ademais, por outro lado, pois tamén o grado de calidade acadado neste areais pois elevou a Pontevedra a que sexa a provincia con maior número de bandeiras azuis, temos en este momento 59. Durante este tempo, tamén, se traballou e se puxeron en marcha, tamén con colaboracións entre institucións, pois, plans para adaptar as praias a personas con discapacidade, e se habilitaron, bueno, entre outras cousas, prazas de aparcamento, construíronse pasarelas, dotáronse esas praias de cadeiras anfibias entre outras cousas, ¿non?, tamén desde esta Deputación, pois, se traballou, pois por dotar cos plans de empleo de persoal especializado para a limpeza das praias, e tamén se puxo a disposición maquinaria especializada para facer unha boa limpeza das mismas, ¿non?. E, volvo a repetir, nesto estuvo presente sempre a colaboración de Deputación e Xunta de Galicia e de outros organismos, ¿non?. E a pesar todo o conseguido, que foi moito, que está sendo recoñecido, non podemos baixar a garda e hai que seguir explorando novas liñas de colaboración entre concellos costeiros e Deputación. Como todos sabemos, bueno, os que temos praias, os concellos do litoral están a destinar un volume moi importante tanto de medios como recursos para aumentar este estado óptimo con alto nivel de esixencia e os resultados, bueno, como dixen antes son as 50 bandeiras azuis, e algún recoñecemento máis de Q de calidade, que disfrutan os usuarios destas praias, moitos son das grandes cidades, tanto Vigo como Pontevedra, e están dalgún xeito pois disfrutando dese esforzo que fan os concellos do litoral. Pero para manter este resultado, bueno, pois é necesario seguir potenciando, pois o grado de colaboración entre institucións, e aí é donde xoga un papel importante pois a Deputación, esta institución. A Deputación xa dalgún xeito está colaborando, puxo, é certo, a actual Deputación puxo este ano as peneiras a disposición dos concellos para colaborar coa limpieza, pero isto non é suficiente porque hai unha serie de carencias como son o persoal especializado, que non temos os condutores especializados, nin a maquinaria que arrastra as peneiras, entón non permiten facer un bo traballo, temos que buscar alternativas a estas ofertas que nos poñen desde a Deputación. Quero deixar claro que a implicación dos concellos neste tema tan importante é total, e vai máis alá da simple limpieza, porque, bueno, temos que, por un lado, queremos cumprir co tema da accesibilidade, hai que facer inversión en accesibilidade, queremos cumplir tamén coas medidas de seguridade, coa reposición de area, con mantemento de pasarelas, contratación de socorristas, apoio de servizo de policía, e sobre todo un tema moi importante que é que lle incrementa a factura de Sogama porque no período estival, bueno, pois as localidades vense incrementadas de forma notable o número de habitantes. Miren, unha Deputación como a da Coruña destinou este ano 900.000€ para colaboración cos concellos nesta tarefa. Eu non quero entrar aquí en comparacións, pero si, eso xa demostra unha preocupación especial cos concellos costeiros implicándose directamente con recursos económicos para atender ese plus de gasto que teñen, e de inversión que teñen neste tipo de concellos. Eu creo que nós non queremos, nin podemos quedarnos, nin ser menos que a Deputación de A Coruña, estou seguro que cada un de nós quere ter as praias moito máis bonitas, moito máis axeitadas que as propias da provincia de A Coruña. E isto é o que vimos a propoñer hoxe aquí con esta moción, que a Deputación de Pontevedra se implique cos concellos costeiros no mantemento e potenciación das praias a través dun plan específico e permanente de limpeza e potenciación das nosas praias. A nosa proposta sería que este plan debería conter unha dotación económica que permitiría aos concellos afrontar parte dos gastos de reparación e mantemento, e por outro lado a posta a disposición dos concellos de maquinaria precisa e persoal especializado, que hoxe non temos, para desenvolver os traballos de limpeza. Porque a tarefa de limpeza non se fai solo no período estival, pretendemos que sexa ao largo do ano, pois uns, como ten que ser e como se fai, pois, unhas actuacións determinadas ao largo do ano. Pero, sobre todo, tamén queremos, e por eso o poñemos neste acordo, que na elaboración deste plan esté presente a voz e as propostas dos alcaldes costeiros, xa que son eles os que están no día a día resolvendo os problemas que xenera estas actuacións. Por tanto, o plan proposto ten que ser un plan aberto á participación de todos os grupos representados aquí, e aberto á participación de todos os concellos costeiros. Pretendemos tamén que sea un plan ambicioso, esixente, xa que o obxectivo que se persigue ben o merece, meréceno os areais, o merece o paisaxe, o merece o noso medio ambiente, o merece a nosa promoción turística, o merece a xeración de emprego, en definitiva os nosos cidadáns o merecen. Nos temas que son de interese xeral, como dixen antes, a Lei da Área Metropolitana, onde cremos que debe haber un consenso unánime, e cremos que este tema pois pode dar aquí nesta Deputación tamén o mismo resultado, na Área Metropolitana acadouse un acordo moi beneficioso para o conxunto dos cidadáns da zona de influencia de Vigo, e o acordo acadado foi unánime nos concellos, e foi unánime tamén nos grupos que representaban ó Parlamento de Galicia. Creo que demos aí un bo exemplo de antepor os intereses dos cidadáns aos intereses partidistas, e creo que aquí podemos dar ese mesmo exemplo, creo que todos os que conformamos este pleno podemos dar ese novo exemplo. E, por tanto, pido o apoio a todos os grupos para que se aprobe esta proposta, estando aberto incluso a emendas e achegas co ánimo de que se acade un consenso unánime que permita un desenrolo dun plan de colaboración cos concellos costeiros tan necesario para o mantemento e potenciación das nosas praias e areais. Fun clavao. Máis non. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Ten a palabra o Sr. Benítez. ¡Ai!, perdón, perdón, non ten, perdón, ¡eh!, Xácome, non te tiña visto. Sr. Xácome. Sr. Jácome Enríquez.- Ben. Bo día a todas e a todos unha vez máis. Bueno, partindo da base de que é imposible facer unha previsión de todo, si que é verdade que hai certas circunstancias específicas dalgún concellos que si que merecen a apertura dun diálogo. Cangas, por exemplo, é un deses concellos que triplican a súa poboación nos meses de verán e que precisa unha colaboración da Deputación para facer frente ao tema ó que se refería a moción. A liña da nosa intervención iba precisamente co obxectivo de que se abrise un diálogo entre o goberno da Deputación e os concellos afectados. E, bueno, polo tanto, si que nos satisface esta inclusión no que é a moción, que precisamente pide eso, un diálogo entre o Goberno e estes concellos co fin de chegar a acordos que poidan beneficiar a todas os cidadáns da provincia, e principalmente a estes concellos que non poden facer frente a según que situacións. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Xácome. Ten agora a palabra o Sr. Benítez. Sr. Benítez Fernández.- A ver, eu por unha cuestión de orde, eu o que entendo … é que aquí se está falando doutra moción totalmente diferente, o que se pode facer cando estamos nun pleno é facer unha transacción ou unha emenda, pero non facer unha moción totalmente diferente, é dicir, e eu, o que non me pode é presentar unha moción, a facer unha rolda de prensa, ir cunha determinada literatura e chegar aquí e falar doutra cousa, convocar ós alcaldes en base a un, ou sexa, eu espírito de consenso e todo, pero eu me teño que remitir ó que vós dixestes na prensa e o que hai na primeira moción, porque entendo que a primeira, ou sea, que non se pode substituír unha moción por unha frase, é dicir, e ti soltas toda unha, uns antecedentes que non hai, porque os antecedentes aquí son outros, ¿non?. E vós dixestes que non hai un plan, e un plan si que o hai, ti estas falando, aquí viñestes a falar doutra cousa, do que dixeches na prensa e na moción. Bueno, vale, vale. O que dixeches na prensa, na prensa dicías que non había ningún plan, que non se enviaban as máquinas ós concellos. Sra. Presidenta.- Sr. Bas, como vostede moi ben sabe está no uso da palabra o Sr. Benítez. Sr. Benítez Fernández.- Entón, eu quero dicir, eu quero dicir aquí, que, efectivamente, aquí hai catro máquinas limpa praias, que había unha metodoloxía de utilización desas máquinas que todos ben sabemos que era igual ca do Parque, é dicir, había que chamar ó Xefe de Gabinete do señor expresidente da Deputación i, en función de si lle caias ben ou non, che mandaba o máquina limpa praias, podes lle preguntar a, ¿pregúntalle a Bueu se lle mandaba a máquina limpa praias?, mandáballe a máquina limpa praias con condutor incluído ós concellos que el consideraba, é dicir, pregúntalle a Bueu se lle mandaba, ou a Nigrán se lle mandaba as máquinas limpa praias, non llas mandaba, entón as mandaba dun xeito totalmente discrecional i caciquil i partidista, eso quero dicilo. ¿Nós que fixemos?, nós o que dixemos é, temos que atender ás estradas, ás provinciais, estades, énchesevos a boca de que estades moi preocupados polas estradas provinciais, pero non podemos mandar o personal que ten que estar desbrozando as estradas provinciais a limpar as praias, porque ou facemos unha cousa ou facemos a outra. Entón, nós o que dixemos é, vamos a centralos, agotar todos os recursos que temos ás estradas i a infraestrutura existente, as máquinas limpa praias, pois instruír un procedemento, un plan, de poder sacarlle partido porque están aí, ¿non?. E que foi o que fixemos, pois o día 22 de abril, por rexistro de saída desta Deputación, se lle mandou como tiña que facer cada concello, a todos os concellos costeiros, Catoira, Vilagarcía, Vilanova, Illa de Arousa, se acolleron, isto o fixo un funcionario, algúns non deben ter nin praias, pero bueno, Catoira, Vilagarcía, Vilanova, Illa de Arousa, Cambados, Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Poio non sei se terán praia, Marín, Bueu, Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia e O Rosal, se lle mandou como tiñan que facer, que tiñan que solicitalo por correo electrónico, que en principio sería durante 15 días, i que se lle entregaba no seu concello a máquina limpa praias e a podían utilizar poñendo o concello o que é o tractor que arrastra a máquina limpa praias. E temos un cuadrante dos usos da, o sea temos un plan, é dicir, porque estades dicindo na prensa que non temos, bueno, si queredes vos digo, o 27 de abril por exemplo estivo en Vilaboa, estuvo 15, 10 días en Vilaboa, estuvo en Baiona, concello do PP, 15, 1 mes, estuvo 1 mes en Baiona, estuvo na Illa de Arousa, estiveron en Soutomaior, estámolas usando. Incluso hai concellos, porque é certo que de todos eses concellos costeiros, algúns, hai moitos que teñen máis demanda que outros porque non teñen o mesmo número de praias todos, ¿non?. I é certo que, por exemplo, desde os concellos do Morrazo si que nos plantexaron a posibilidade de que, sobre todo Cangas e Bueu tiñan tanto número de praias i que non era moi xusto e tal, que si podían ceder, si llas podiamos ceder a eles durante todo o verán e eles organizarse entre eles para que a máquina non estivese indo para Pontevedra ou vindo, e que eles mismos se organizaban entre eles, e, como non había tamén tanta demanda así, porque tamén vos digo, é dicir, non había tanta demanda así, se lle, se lle entregou, bueno, concretamente aínda lla entregamos o martes ou o mércores á Mancomunidade do Morrazo e a Mancomunidade do Morrazo vai a xestionala entre os concellos do Morrazo, porque entendemos que teñen maioría de idade os concellos para poder xestionar, xestionar esto, ¿non?. Entón, eso é o que quero deixar claro, ¿non?, esto foi o que fixemos desde o Servizo de Mobilidade respecto das 4 máquinas limpa praias que temos. I, claro, respecto ó que falabas, ó que falaba vostede, eu, sinceramente, creo que é un tema que é moito máis xeral, que transcende, transcende incluso á propia definición dos fondos que a Deputación lle da aos concellos. Porque, esto sería moi debatible, pero aquí vostede fala de que as praias, as praias, que os costeiros, non sei que pensarán os concellos do interior de que se lle de máis diñeiro aos concellos costeiros que os do interior, baixo ese presunto criterio de que, de que, é moi discutible ese criterio. É dicir, ¿por que ten que a Deputación gastar máis diñeiro en praias en función do uso do turismo?, e, ¿por que non temos que limpar por exemplo Combarro, que é moi turístico?; ou o, ¿por que non temos que?, ou Monte Aloia, que é parque natural e que ten moitos visitantes; o Monte Tecla, ¿por que non lle damos un diñeiro pa que limpen o Monte Tecla?; as praias fluviais, ou sea, que é moi relativo eso, é dicir, si entramos neso, claro que os concelleiros costeiros piden, pero os que non son costeiros e teñen outros valores, que tamén teñen turismo e tamén teñen afluencia de xente tamén nos dirán, “¡oe!, danos recursos porque tamén teño, temos custes e teño que limpiar e todo eso”, ¿non?. Entonces, eu creo que eso entra dentro, ou as Cies, podíamos falar das Cies, tamén agora temos que limpiar as Cies nós tamén, porque como ten tantos turistas e todo eso. Entonces, eu creo que eso é un tema que transcende, ou sexa, eso vai, digamos, o que é o criterio de reparto de fondos que temos establecido no Plan concellos, e non esta moción inicial e que estuvestes presentando na prensa, estuvestes alí en Baiona, ou sexa, o alcalde de Baiona ten a máquina alí da Deputación un mes e sale na prensa alí dicindo que, criticando que non se, eu non entendo de verdad, hai cousas que non entendo, ¿non?. Entonces, eu o que propoño, dende logo, é que como moción, entendendo que unha moción está aprobada, está ditaminada por comisión i sólo vale unha transacción, eu o que entendo que a moción inicial é a que prevalece, eu creo que, xa non, vamos, que que temos en contra, i que o que aquí tedes que explicar que creo que é outra cousa que ten que ser materia dunha nova moción, unha nova moción, é outra cousa diferente. Sra. Presidenta.- Antes de que o Sr. Regades faga uso da súa palabra, está claro o reglamento cando se presenta unha emenda a unha moción presentada hai que poñer á votación o cambio que se produce, si queda rexeitado, se vota a moción que foi presentada e está ditaminada, e esto é así, e, polo tanto, é o que faremos. Ten a palabra. Logo, logo, cando teña vostede os seus 5 minutos pode dicir o que lle parece. Sr. Regades ten a palabra. Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias Sra. Presidenta. A verdade que despois de 35 anos sen facer este plan, ¿por que é ahora o momento de facelo?, ¿non?, cando neses 35 anos de goberno do Partido Popular nesta Deputación a limpieza de praias facíase doutra forma, ¿non?. A verdade que o concelleiro de Bueu nos dicía que a Bueu non iban, e o alcalde actual de Nigrán nos dicía que se estaba Efrén non iban, pero se había un alcalde do Partido Popular iban, ¿non?. Entonces, pois claro, aquel plan cando tiveron oportunidades de facer un plan fixeron un plan que non nos gusta, que non nos gusta nada de nada de nada. Despois, claro, nós fixemos este ano un Plan concellos, dentro dese Plan concellos había un liña concreta de actuación que era o Plan de emprego, e moitos alcaldes, ningún do Partido Popular, pero moitos alcaldes de distintos grupos políticos, si que solicitaron persoal neste plan de empleo, que podíase acumular ás horas do personal nas xornadas de verán, nas xornadas de Nadal, onde cada un dos concellos quería manter a súa prioridade, non aquel plan de empleo lineal, que tiña o anterior goberno, nós quixemos facelo que se pudesen acumular as horas e o persoal destinado en momentos concretos, ou se o querían ó longo de todo ano. Púdose solicitar personal e os alcaldes do Partido Popular decidiron que pas praias non querían adicar personal, seguramente porque non o planificaron, ¿non?. Falaba na súa intervención que si Vigo, que Pontevedra, Vigo e Pontevedra están fóra deste plan, e Vigo e Pontevedra manteñen eles as súas praias, ¿non?, así nos lo trasladaron e creo que é razonable, ¿non?, pola envergadura que teñen estas dúas cidades e pola actuación que levan facendo nos seus areais de forma histórica, ¿non?. Eu, Sr. Bas, a verdade, que ó longo deste ano, pleno tras pleno o que me he dado conta, ¿non?, porque cando nos din, despois insistía, ¿non?, despois de 35 anos e non foron capaces de facer un plan, e ahora nos mandan facer un plan, outro día nos mandan facer unhas actuacións concretas. Eu creo que non se deron conta, e é bo que o admita, que esta Deputación xa non goberna o Partido Popular, nesta Deputación hai unha maioría de esquerdas, dous deputados máis dos da, dos necesarios para, para a maioría, é dicir unha maioría amplia, vemos os resultados das últimas eleccións xerais, tanto as primeiras coma as segundas, e vemos que esa maioría se consolida, co Partido Popular está moi lonxe de volver a recuperar a Deputación. Entonces, acomódense nesa bancada da oposición porque van a estar 30 ou 40 anos máis, e deixen de crer que son o goberno porque os cidadáns, as cidadás de Pontevedra e os cidadáns da provincia de Pontevedra, decidiron que fora un goberno de esquerdas o que goberne esta Deputación e vamos a estar longo tempo gobernando esta Deputación, e dunha forma moi distinta da que facían ustedes, contando cos alcaldes, sin importarnos o color político que sea, e non sólo sin importarnos o color político tampoco as afinidades personais. Porque tamén, o anterior goberno, non a todos os alcaldes nin a todos os municipios do PP os trataban da misma forma, a uns mellor e a outros peor, e aos de esquerdas xa nin os trataban, nin ían nin viñan. Neste, neste pleno falouse tamén de, dos distintos proxectos europeos, a verdade hoxe pola mañá recibíamos nesta Deputación unha notificación do goberno en funcións de España, do goberno deste país, falándonos do Proxecto Aquelando e nos notificaban o uso irregular destes fondos en materia de publicidade entre outras cousas. Entonces, claro, cando neste pleno se fala do ben que se facía antes e do mal que se fai ahora, pois non sei, a verdade, que o Goberno de España nos faga unha notificación debe de ser objetiva porque, inda que esté en funciones, siguen estando ustedes ó mando dese goberno. Falaba tamén das Bandeiras Azuis e do patrimonio tan importante que ten esta provincia en areais, e nós defendemos ese patrimonio e apoiaremos sempre ese patrimonio, sempre tamén contando coa autonomía local, é o seu alcalde o que ten que decidir a donde quere destinar os cartos que salen de aquí da Deputación no Plan Concello. Pero si que é verdade que se perderon algunhas bandeiras azuis, eu creo que temos facer todos unha gran reflexión por que se perderon bandeiras azuis, e perdéronse por falta de socorristas, creo que a Xunta de Galicia ten que xogar un papel decidido e participado neses socorristas que faltan nas praias. Eu, a verdade, Sr. Deputado, e Sr. Alcalde de Redondela, ¿non?, cando leía esta moción estes días, non entendía moito o fin, non entendía moito o obxectivo desta moción, ¿non?, non sabía que a iba a defender usted, cando veo que a defende usted xa empezo a entender, ¿non?. Os veciños criticaron de forma masiva nos medios de comunicacións que os areais de Redondela estaban mal atendidos, como todos sabemos é competencia do seu alcalde, é competencia dos concellos o ter ben mantidos os areais, e ahora quer facer esta cortina de humo contándonos aquí esta moción. Pero eu creo que hai que construír doutra forma, que hai construír contando con todos, coa igualdade, e non se pode construír de forma arbitraria. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Concelleiro. Para pechar o turno ten a palabra o propoñente o señor ... Sr. Bas Corugeira.- … aclarara se se vai a aceptar a emenda ou non, eu creo que é unha proposta que vai na liña simplemente se inclúen. Bueno, simplemente, ¿podo empezar?, porque teño unha segunda parte. Vale. Ben, en principio, bueno, primeiro agradecer ao Sr. Jácome pois a súa boa disposición a colaborar nesta iniciativa. E, bueno, como dixen na primeira intervención estamos a falar do que nos une, creo que a primeira intervención foi bastante, tratando bastante o consenso de todos, era aberta non houbo unha crítica, aceptei moitas do plan ese que están a falar, non falei do pasado, estou falando cara ó futuro, por iso que, a min, non entendo, bueno, pois esa sorpresa ou esas alusións a determinado concello, Sr. Regades, se nota que non é partícipe do espírito do área metropolitana, o consenso, en donde podemos ter diferencias pero temos que estar respectándonos. Entón, eu creo que esta era a línea, porque, claro, ahora o que me dá pé, pois eso, pois a falar de, de que vostedes están anclados nas siglas, non lle interesan, pois eso, os intereses dos veciños da provincia de Pontevedra, anclados nas siglas. E antepoñen pois esta disputa entre grupos políticos en vez de buscar unha posibilidade de ter unha xuntanza cos alcaldes dos concellos costeiros para, polo menos, que se debatan este tipo de problemáticas que hai alí. Efectivamente, Sr. Benítez, haberá outras problemáticas noutros lados, xa o sei, pero eu plantexo esta, eu plantexo esta, falalo non implica compromiso, simplemente, vamos, significa, bueno, pois progresar, sumar, en entender ao outro, empatizar, pois esto é o que estou propoñendo, empatizar co outro. Despois, claro, me nombra o Plan Concellos, o Plan Concellos é un plan lineal, non ten en conta esas particularidades que eu dixen de, bueno, pois hai que atender o tema de infraestruturas de tipo, bueno, para a accesibilidade, o tema dos areais que hai que ir repoñendo, o tema de limpeza, e a factura pois esa que moitos alcaldes me din, de Sogama, que se vai a incrementar. O tema de Diputación do pasado, bueno, a Diputación demostrou que si colaborou na limpeza de areais, e colaborou cos concellos, incluso me apuntan que no Morrazo se lle entregou unha máquina, ¿non?, unha máquina para uso e xestión dos seus areais na zona aquela. Ben, entón, o Plan Concellos, bueno, pois que tanto están a anotar pois non é, xa non é creíble nin por parte dos seus alcaldes, falen con eles, falen con eles como fixen eu, falan con eles, xa non o cren, o Plan Concellos, bueno, pois si, o que se dixo xa aquí, pasou de ter 60 millóns para os concellos a 40 millóns, e Redondela, xa que o nombrou, este ano pois tuvo 100.000€ menos que escamotearon este Plan Concellos, e esto está corroborado por un informe que o Grupo Socialista ten, de Redondela, ten na súa posesión por os técnicos de Intervención do concello de Redondela. Entón, non me falen do Plan Concellos despois do espectáculo que deron co PAC, mentindo ós colectivos dicindo que esas obras as tíñamos que facer nós, cando as bases din que esas obras non se poden facer por parte dos concellos, e menos mal que veu a Xunta de Galicia ahora a cubrir ese oco que deixou a Diputación. Entón, repito, pedimos que o Plan Concellos teña en conta esa singularidade polo menos, que non a ten, e por iso decimos que veñan os alcaldes a expresar a súa opinión, o seu punto de vista, e entre todos ver se hai a posibilidade de facer algo, eso é o que estamos plantexando. Recordo, bueno, pois eso que neste tema o que está xa como ruxe, ruxe, por aí diante, o que está ruxe, ruxe, é que a Deputación nova, esta Deputación nova é leña verde, todo é fume, esto é o que está na calle xa. Entón, para rematar agradecer ao Sr. Jácome o apoio desta iniciativa, e polo menos comprométanse aquí a convocar, senón van apoiar a moción, a convocar aos alcaldes para que expresen esta cuestión entre, entre todos, entre todos, bueno, tanto alcaldes como unha representación de todos os grupos de aquí poidamos entender e ver se hai algunha posibilidad de dotar de maior recursos aos concellos costeiros. Entón, bueno, agora, si, eu creo que o dixen todo. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Bas. Senón dixo todo rematou, que lle imos facer. E eu vou a someter agora esta, e logo a outra, pero tamén lle pido, xa que vostede é alcalde do Partido Popular e seguramente que vostede ten unha enorme capacidade de convencer ós dirixentes do seu partido, que a Xunta convoque a todos os alcaldes de Galicia, en particular da provincia de Pontevedra, para que falemos os repartos dos traballos nos centros educativos, nos centros de saúde, para que poda haber socorristas nas praias e non perdamos as Bandeiras Azuis, para o reparto dos cartos en infraestruturas, é dicir, para que non se siga ... Non pode falar comigo, estou …. Sr. Bas Corugeira.- Está falando comigo, está falando vostede comigo. Sra. Presidenta.- Lle fago un prego como Presidenta da Deputación que peche o debate, que vostede lle diga ao Presidente da Xunta que convoque a todos os alcaldes da provincia para o reparto dos cartos para os centros educativos, que o faga para os centros de saúde, que o faga para as infraestruturas, que o faga para a situación das praias que estamos perdendo bandeiras azuis, porque non hai socorristas suficientes e non se convocan cursos de formación nas provincias con alta demanda. E por tanto, que convoque sempre ós alcaldes para que tomemos as decisións de forma asamblearia, porque á parte iso hoxe é a modernidade, o asamblearismo. Eu lle fago un prego a vostede que sei que ademais estou segura que ten vostede unha gran capacidade de convencemento. Vou a poñer a votación a, o acordo que queren vostedes que substitúa ó acordo da moción. ¿Votos a favor do novo acordo?. Sr. Bas Corugeira.- Me gustaría que o Secretario. Sra. Presidenta.- ¿Votos a favor do novo acordo que plantexa? Sr. Bas Corugeira.- Me gustaría que se manifestara o Secretario si realmente, cal é o reglamento que hai que facer para, o proceso para facer iso. Sr. Secretario.- Efectivamente, cuando se presenta una moción, primero, cuando se presenta una enmienda a una moción, primero se vota la enmienda, si la enmienda se aprueba ya queda, sino se aprueba se vuelve a la primera que es la que ha presentado también. Entonces se va a votar esta … Sr. Bas Corugeira.- Claro, entón, eu o que faría é si se vota a emenda, si se vota a emenda a favor pois manteño a emenda, senón retiro a moción e a presento …. Sr. Secretario.- Es que como no lo dijo. Sra. Presidenta.- Vostede é alcalde-presidente, perdón, tranquilícense todos, que o Sr. Deputado, alcalde de Redondela, está pedindo unha explicación e ten dereito a que lla demos, así que polo tanto está exercendo o seu dereito. O Sr. Deputado é alcalde de Redondela, é alcalde-presidente dun concello, coñece perfectamente como funciona estas cuestións, e polo tanto, facendo eco do reglamento imos votar esta cuestión que vostede plantexa. Como está ditaminada a moción, e xa se debatiu, a vou a poñer a votación, non a pode retirar, vostede a pode retirar, vostede a pode retirar a moción ó principio do pleno, entonces non hai debate, como aconteceu coa nosa, pero vostede ten todo o dereito a pedir explicacións. Así que vou cumprir co reglamento. ¿Votos a favor de este acordo que quere modificar a moción ditaminada en Comisión?. ¿Votos a favor desta emenda?. ¿Votos en contra?. Queda rexeitada por 14 votos en contra e 13 a favor. E agora imos votar a moción ditaminada e debatida e presentada polo Grupo Popular nos términos nos que foi ditaminada. ¿Votos a favor da moción presentada polo Grupo Popular?. Sr. Bas Corugeira.- Sr. Secretario, ¿está de acordo co plantexamento que está facendo a Presidencia? Sr. Secretario.- Totalmente. Sr. Bas Corugeira.- ¿Ou a podo retirar? Sr. Secretario.- Si no la ha retirado antes. Es que no tiene objeto votar una cosa y queda la moción fuera. Sr. Bas Corugeira.- Ó mellor, o que habería que facer era votar antes a emenda e despois facer o debate. Sra. Presidenta.- A ver, non, non discutamos. Vou a poñer a moción, que sepan todos, as persoas que están na oposición que a partir de agora vostedes poden presentar unha moción e emendala, Sr. Bas sabe vostede que non. Ben. ¿Votos a favor da moción ditaminada?. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. Queda rexeitada por 14 votos a favor e trece, perdón, 14 en contra e 13 a favor. Ben, seguimos, queda rexeitada a moción. Rexéitase, por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG e cos votos a favor do PP e de Coalición Electoral SON, Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para que a Deputación de Pontevedra poña a disposición dos concellos un plan permanente de limpeza de praias da provincia, dotado do persoal e maquinaria preciso, de forma que se garantice a limpeza dos areais durante todo o ano. 12.6813.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) SOBRE A IMPLANTACIÓN DUN MODELO DE REPARTICIÓN DE SUBVENCIÓN IGUALITARIO E EQUITATIVO ENTRE TODOS OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA Sra. Presidenta.- Seguimos co punto 12 da Orden do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista sobre a implantación dun modelo de repartición de subvencións igualitario e equitativo entre todos os concellos da provincia de Pontevedra por parte da Xunta de Galicia. Para a súa defensa ten a palabra o Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias Sra. Presidenta. A nova Diputación de Pontevedra leva un ano aplicando un reparto de axudas para os concellos da provincia de Pontevedra sin importarlle se sean costeiros, se sean do interior, sin importarlle o seu color político, sin importarlle nada que non fose a igualdade, nada que non fosen criterios claros, criterios claros que coñeceron todos os alcaldes de todos os concellos, como era a población, os habitantes, e os núcleos urbanos, e nesa dirección seguimos traballando durante todo este ano. Os concellos de toda a cor política aplaudiron esta iniciativa e este novo reparto, por ser máis equitativo e por ser acorde ás necesidades actuais da provincia de Pontevedra. O Plan concellos respondía así as necesidades básicas dos concellos da provincia de Pontevedra, e contan cun reparto equilibrado entre aprobación, extensión dos municipios e a súa distribución. A moción do Grupo Socialista en esta Deputación o que pretende é que este reparto que se está aplicando na Deputación de Pontevedra, e que está sendo aplaudido por todos os alcaldes e por todos os concellos da provincia de Pontevedra, se estenda á forma de gobernar de outras administracións que inda non sufriron a transformación da modernidade política e siguen anclada na arbitrariedade e nos criterios non obxectivos. Pedimos que a Xunta de Galicia use criterios igualitarios para todos os concellos da provincia de Pontevedra, para todos os concellos de Galicia, que sean claros e que os coñezan todos os concellos ó mesmo tempo. Neste pasado mes de xullo pudemos todos comprobar como a Xunta de Galicia fai unha convocatoria para o reparto dos fondos extraordinarios do Plan Urbe, que non respecta ningún criterio obxectivo entre os concellos desta provincia, eso ten un criterio o plazo de presentación, un criterio único de valoración a data de entrada polo rexistro da Xunta de Galicia o cal produce unha indefensión por parte da maioría dos concellos da provincia de Pontevedra. Moitas veces falamos que das 900.000 personas que viven, as mulleres e os homes que viven nesta provincia máis de 600.000 son gobernadas por alcaldes e alcaldesas de cor distinto ó Partido Popular, eso significa que todas, que máis do 70% da provincia de Pontevedra quedaron sin coñecer este Plan Urbe hasta que o viron no momento da publicación. Quería, quixeramos recordar tamén que o Plan Urbe nace no ano 2010 e pretende atender axudas da administración autonómica para humanizar rúas, para mellorar dotacións, equipamentos públicos, dos distintos concellos de Galicia. O Diario Oficial de Galicia publica o día 21 de xuño do pasado unha resolución da Consellería de Medio Ambiente que abre un prazo para presentación de proxectos por parte das corporacións locais. Ó día seguinte algúns concellos gobernados polo Partido Popular, debe de ser que tiñan un espíritu de adiviños e xa sabían que iba salir este plan de axudas de, do Urbe, e xa ese mismo día que sale publicado no BOG, no boletín oficial de Galicia, vemos como Cruces solicita 50.000€ para o Plan Urbe e o publicita nun medio de comunicación. Podía ser unha casualidade e podía ser que Cruces gobernado polo Partido Popular tivese unha, unhas palpitacións e xa soubera que iba salir este Plan Urbe. Pero vemos como tamén a Agolada xa ten iniciativas e proxectos que ese mismo día publica nun medio de comunicación local co que van a facer co Plan Urbe. Eu non quero pensar cos alcaldes do Bloque, que os alcaldes de Mareas, que os alcaldes do Partido Socialista, sean menos ágiles co resto, pero o que quero pensar é que é imposible, e a maioría de nós estamos en gobernos locais, outros estades na oposición, é imposible facer un proxecto en menos de 24 horas, pois hubo vilas e pobos da provincia de Pontevedra gobernados polo Partido Popular que foron capaces en menos de 6 horas en presentar un proxecto para o Plan Urbe. Eu creo que esto non é a forma que temos que facer os políticos de gobernar os cartos públicos, de gobernar as administracións, pedimos dende aquí, tanto á Xunta de Galicia como o resto das administracións que afecten ós cidadáns e cidadás da provincia de Pontevedra que fagan un reparto dos seus fondos con publicidade, con xustiza, con igualdade, porque para nós, para esta nova Deputación todos os cidadáns da provincia de Pontevedra son iguais sin independencia de que sean vilas ou pobos costeiros, vilas ou pobos do interior ou que o seu alcalde sea, ou a súa alcaldesa dun o doutro cor político. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Regades. Por parte de ... Non queredes intervir. Ben, cumplo, cumplo a doble, no, pero espera, por orden, por orden, ¿non?, cumplo a, como portavoz, aínda que estou presidindo o Pleno, cando vin esta Moción pareceume que podía ser, bueno, pois, incluso discutible, ¿non?, no momento e oportunidade, pero o relela o que si voto de menos é que non, que non se estenda, todos sabemos cal foi a traxectoria da Xunta, acordarvos de que había subvencións incluso da Consellería de Xustiza, tiña subvencións para asfaltar camiños, ¿verdad?. Aquí, bueno, en competencia ca COTOP, con Medio Rural, o que sexa, ¿non?, ou sexa, cada conselleiro tiña o seu feudo para asfaltar camiños. Esto do Urbanismo da Xunta, este, en concreto este Plan do urbanismo, o do urbanismo da Xunta, que vén historicamente cambiando de nome para facer obras, Urbanismo da Xunta non fai obras, eso farao Infraestruturas, ¿non?, entonces é un plan que sempre dou moito que, que, que discutir, ¿non?, que discutir e moi, moi, vamos, está claro que é dunha finalidade perversa xa de entrada, ¿non?. En esto temos, temos moito que, que avanzar, claro, porque o asunto é, aquí por exemplo en Pontevedra temos un caso que hai unha asociación de veciños, unha ANPA, que pide que se poñan os lombos nunha vía provincial, que é no Rosalía Castro, bueno, é imposible, e claro abrimos o periódico e vemos, “a Xunta en Pontecaldelas ponlle un lombo porque o pideu o alcalde”, Perfecto, antes, debe ser que os rapaces de alí son máis delicados que os de aquí, ou máis tontos, non saben andar ben pola, pola rúa, pois no, non hai maneira, bueno, cousas desas sabedes todos que podemos contalas a mansalva. E quero facer unha, unha referencia aquí á loita pola igualdade, á loita pola equidade, á loita por tratar a todo o mundo igual, é difícil, ¡eh!, é francamente difícil, pero claro, a argumentación retórcese como se quere. Por exemplo, aquí … escoitar que os concellos costeiros como lle vive máis xente no verán entonces teñen máis gasto en lixo. Desde logo, hai que ser unha lumbrera, ou sea, o lixo é de recepción obrigatoria, se hai unha vivenda abandonada cóbrase o lixo todo o ano e só se lle o recolle no verán, co cuál un concello costeiro con vivenda, ocupación do verán é unha bicoca porque cobra todo o ano e sólo gasta os dous meses, é que, de verdad, hai que escoitar cada argumentación que, que claro, están aí os feitos, e se lle cobra o IBI, e se lle cobra non sei que, se lle cobra non sei canto, como se … Claro, e entonces un pobre concello do punto interior que ten unha praia fluvial que non ten ningún medio nin ten xente que vai no verán, ¿entón que fai?, tíraselle do lombo, ¿non?. Eu antes dicíallo, dicíallo a Uxío, dicía, “no, esa, esa comisión para os concellos costeiros quen a debía constituír eran os do interior”, porque vamos a sacarlle cartos para os costeiros, que están os do interior peor financiados que eso. Bueno, ¿que quere dicir con esto?, que esta, esta, esta cultura de coller e sempre intentar buscar argumentación para dicir, bueno, “eu para saír, saír beneficiado” que eu non digo que non haxa necesidades, pero outros tamén as teñen, e está moi arraigada, desde logo, non sei si, esta moción por unha cuestión concreta, ou en xeral, pois dar un aviso, dar un aviso en xeral de que, de que cos cartos públicos andar facendo favores, e, ¿de lo mío que?, …, pois é unha loita na que hai moito, moito, moito que avanzar. Eu, como nacionalista, todo o mundo comprenderá que defendo o noso país e como funciona, pero neste aspecto, neste aspecto, francamente, temos moito que mellorar, hai prácticas, por exemplo, que é que hai, vamos, calquer zona do estado e por aí, que non son admisibles, todo o mundo se cabrea, todo o mundo se cabrea, ou sea si, si unha forza política beneficia a unha asociación ou a un concello seu, cabréanse os mismos da súa forza política. Eso está, sucede en cantidad de zonas do estado, aquí en Galicia, por desgracia, temos bastante, bastante que avanzar en ese aspecto, eu creo que todos os pasos, xa digo aínda que sea nesta forma de, de esixencia que plantexa ahora o, vamos, o do PSOE, pois vamos a votala a favor. Repito, é unha batalla dura, é unha batalla difícil, porque tamén hai despois a revancha, ¿non?, no, no, que antes beneficiouse a un, ahora que me beneficien a min, hai, hai de todo, ¿non?, é unha dinámica da que non damos salido e creo que non beneficia a ninguén, pervirte seriamente, incluso socialmente, ¿non?, pervirte, o sea, a xente non pensa que por capacidad, mérito ou esforzo, o vai conseguir, ¿non?, inda pensa que por outras vías vai conseguir cousas, hai que ter o padriño para que te bautice e toda esa serie de cousas que realmente é unha perversión social que é ineficiente, fai que non, que as cousas non se, non se fagan o mellor posible, a cultura da subvención dada por favor, así, xa o ve, xa vedes todos. Ahora din que temos que explicar, os proxectos non se traballan, aquí non se, ou sea, o que é, merézoo, fixen un proxecto, traballeino, presenteino, valoráronmo, e subvenciónanmo, no, no, a ver si o entrego antes no rexistro, a ver si teño un amigo. Claro, ó final ciscas unha cantidade de cartos públicos en chafalladas monumentales e demais, que creo que os cartos públicos no se fabrican, ¡eh!, e o que lle sacamos os cidadanos, ou, o que lle sacamos ó cidadano do bolsillo por vía impostos. Polo tanto, hai que sacarlle a máxima eficiencia, e esto da discrecionalidade logo non é un mecanismo nada eficiente, todo o contrario unha auténtica calamidad. Si. Sra. Muñoz Fonteriz- Muchas gracias Presidente. La verdad es que aveces parece que hasta convencen de tanto repetirnos que son los representantes de la, de la política buena, con esas palabras de concordia, de que no vamos a entrar en cuestiones espinosas, y luego vienen mociones como esta y se les ve su verdadera cara, su verdadera cara, ¿que nos están contando?, ¿pero que es lo que están diciendo ustedes en esta moción?, ¿ustedes se releen?, ¿cuándo escriben cosas y cuando las dicen realmente están escuchando?. Si son ustedes los ejemplos perfectos de calumniar, calumniar a otra fuerza política, porque está moción es una calumnia. Y le digo una cosa, Sr. Regades, si usted afirma, reafirma y insiste en lo que se está diciendo en esta moción, que desde luego a mi me parece gravísimo, este no es el sitio donde debe de presentarlo, se debe ir usted a los tribunales de justicia, basta ya de calumnias infundadas para hacer un juego político del suyo, del que le gusta, en donde se sienten cómodos ustedes que es en el barro político. Pero si ustedes tienen alguna indicio, si ustedes tienen pruebas de estas calumnias que presentan en forma de moción, le ruego que se vayan a los tribunales de justicia. Ahora, claro, se arriesgan a hacer el ridículo como ya lo están haciendo en alguna, en algún recurso que han ustedes presentado y que les han desestimado y que ya mencionaré esa posibilidad, esa vía después. Sinceramente, ¡en qué manos estamos en este gobierno de la Diputación!, ¡en qué manos están todos los pontevedreses!, de verdad que he intentado analizar esa moción pensando que viene de un grupo político que se presupone, aunque solo sea por su historia, con un mínimo de seriedad, y la verdad que, no se si, optaba entre dos vías: o presentan esta moción por ignorancia, o presentan esta moción con la intención clara de calumniar, de calumniar además sin ninguna prueba, porque hacen acusaciones gravísimas. Y mire, si le presentan desde la ignorancia, y como una obra de misericordia es enseñar al que no sabe, me parece importante resaltar algunos errores de bulto que están cometiendo en su moción. A ver, para empezar, hay algo tan básico como, han ustedes puesto hasta mal el nombre de la consellería competente por razón de la materia, es la Consellería de Medio Ambiente y Ordenación del Territorio. ¿No tienen ustedes asesores de alta cualificación?. ¿Esos asesores de alta cualificación no han repasado la corrección de lo que pone aquí?, ya no es Consellería Política Territorial, hace mucho, hace mucho. Y dicen ustedes, “¡oh!, es que se dan subvenciones por orden de entrada, en concurrencia competitiva”. No, Sr. Regades, a ver, esto no es concurrencia competitiva, esto es concurrencia no competitiva, porque hay tres formas de dar subvenciones, la competitiva, la no competitiva y la concesión directa, como usted debería de saber porque está en la Ley de subvenciones de Galicia, o sus asesores tan capacitados se lo deberían de decir. Y el Plan Urbe es concurrencia no competitiva, pero el Plan Urbe tiene una cosa y tiene una cosa que deberían de hacer todas las administraciones, y que ustedes por cierto no hacen donde gobiernan, y es publicar un plan, un plan plurianual donde se explican las condiciones que tienen, las condiciones bajo las cuáles se subvencionan proyectos para los concellos, para que los concellos sepan que hay ese plan que va a tener una dotación económica de aquí, en este caso, al año 2017, y que por tanto puedan estar preparados para poder pedir esas subvenciones, eso es lo que hace una buena administración cuando trabaja bien. Lo que pasa es que ustedes, como siempre tienen esa obsesión enfermiza por la Xunta de Galicia, probablemente porque es una administración que funciona bien, ya les gustaría a ustedes llegar a su nivel pero no han podido. Por cierto, en ese intento que hicieron en el bipartito, ¡Dios mío!, de infausto recuerdo, de infausto recuerdo para todos los gallegos y gallegas, y sobre todo para todos los funcionarios que trabajaban en la Xunta de Galicia. Además, habla de crédito extraordinario como si apareciera de la noche al día, insisto, es un plan plurianual, es un plan que viene del año 2010, si usted mismo lo ha reconocido y ahora dice que de repente se encuentran los concellos y que que listos son los del Partido Popular, pues si, efectivamente, en eso tiene usted razón son muy listos los del Partido Popular. Pero también hay algún concello que es suyo,… Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Sr. Regades, Sr. Regades. Sra. Muñoz Fonteriz.-… que es del Partido Socialista y que también es muy listo, espero que le haya preguntado a la alcaldesa de Porriño si esa supuesta llamada que dicen que han hecho a los concellos del Partido Popular también se la han hecho a ella, porque, curiosamente, y viene también en la prensa, Porriño acometerá la humanización integral de la calle Pontevedra gracias al Plan Urbe, del Partido Socialista, y ya está firmado el convenio con la Conselleira. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Sr. Regades, … silencio. Sra. Muñoz Fonteriz.- ¿De qué nos está hablando?, ¿de qué nos está hablando?, lo que pasa es que hay que trabajar, hay que tener preparados los proyectos, y hay que saber a lo que se está, porque claro, ustedes nunca están a lo que deben, ustedes están a otra cosa que es muy diferente a lo que necesitan los ciudadanos. Y por eso son, pues yo tengo que reconocerlo, si usted mismo lo reconoce, más lentos. La alcaldesa de Porriño les puede decir cómo se hace que ya ha firmado un convenio con la Conselleira. Lo que pasa es que ustedes, ustedes, insisto, les molesta, les molesta que haya una administración que saca y que tiene un plan para los concellos que funcionan, no como el suyo que no funciona, y la explicación de que no funciona la tienen ustedes mismos, ya han empezado a firmar convenios que, por cierto, no nos han explicado para qué con otros concellos, al margen de su famoso Plan concellos, ya nos gustaría que nos explicara para que, y, por cierto, también utilizan otras modalidades, que parece que les ha molestado mucho que se hable en este pleno de ello, proponiendo convenios “ad hoc” con un concello, la Diputación y la Xunta de Galicia. Y aquí se ha hecho una, una afirmación muy grave, muy grave, y como tenemos un acta y va a constar en acta yo pido que aquí se ratifique, porque se ha hecho una acusación gravísima, gravísima, a una conselleira del Gobierno de Galicia por parte de la Presidenta de la Diputación, y me gustaría que ratificara esa acusación gravísima que se ha hecho por parte de la Presidenta de la Diputación a una conselleira del Gobierno de Galicia, porque se ha afirmado algo, ¡eh!, absolutamente falso, y además, y por ello no se tiene ninguna constancia de ello. Y sino que se vaya donde se tenga que ir, pero ha sido una afirmación absolutamente calumniosa hacia un miembro del Gobierno de Galicia. Deberían ustedes pensar porque manos ha pasado ese papel, y, a lo mejor, más cerca de lo que ustedes piensan está la fuente. Bien, decía que había dos, dos motivos por los cuáles podían presentar está moción, por ignorancia, espero que ahora quede aclarada y por tanto si es así la retiren, o, segundo, por la voluntad de calumniar, por su voluntad de calumniar, es que ustedes están haciendo afirmaciones que saben que son falsas, insisto, si ustedes están ratificando estas afirmaciones, están diciendo que hay una administración que avisa por teléfono a otros concellos de su mismo color político, ¿es que ustedes no se dan cuenta de la gravedad de las cosas que dicen?. Váyanse a los tribunales, les digo aquí y ahora, váyanse a los tribunales, ¿qué pasa?, que si van a los tribunales como digo, hacen, hacen ustedes el ridículo, el ridículo, el ridículo estrepitoso. Sr. Aragunde Aragunde.- A ver si respectamos un pouquiño. Presidenta poña un pouquiño de orden, ¡eh!. Sra. Muñoz Fonteriz.- Ya estoy acostumbrada en Vigo, esto me pasa habitualmente. No se preocupe que ya se hablar y luego me dirán que levanto la voz, claro, es imposible. Sr. Aragunde Aragunde.- Home, poña un pouquiño de orden. Sra. Muñoz Fonteriz.- Le digo váyase a los tribunales. Porque aquí hay cosas que ustedes dicen … Sr. Aragunde Aragunde.- Respecta un pouco, a ver, non seas notas e respecta un pouco, home, respecta un pouco. Sra. Muñoz Fonteriz.- Luis por favor, Luis. Hay cosas que ustedes dicen que, sinceramente, los hechos, los hechos les desmienten. Aquí ha hablado también, en otra de sus acusaciones, el gobierno con tanto talante de la Diputación, de nuestra nueva Diputación, han dicho ustedes que aquí se utilizaban funcionarios por motivos políticos para medidas políticas, pero, mire, váyase usted al juzgado. ¿Pero sabe lo que dicen los juzgados?, que el único gobierno que está en cuestión por utilizar a los funcionarios y por darle gratificaciones y cambiarle de puestos a los funcionarios es el suyo. Y me remito a una noticia que ha salido en el País, “Un juzgado investiga el sobresueldo de un funcionario municipal imputado en Vigo”, que debe de ser el superfuncionario, porque no solamente lleva un servicio, sino que le encargan dos servicios, esto sí que son superfuncionarios, los que hay en el concello de Vigo. Qué pena que aquí en la Diputación como no valen para nada los funcionarios tienen ustedes que llenarse de asesores. Admitido a trámite, Sr. Font, admitido a trámite. Sra. Presidenta.- Sr. Font. Un segundo Sra. Muñoz. Sr. Font por favor no interrumpa, en todo caso, le recuerdo que estamos hablando de una moción sobre Urbe, no sobre outras cuestións, lle prego que se ciña. Pero vostede por favor manteña o silencio. Sra. Muñoz Fonteriz.- Estoy hilando un argumentario político, gracias Presidenta, para decirles que ustedes hacen acusaciones gravísimas y que después no van a los tribunales, que en cambio otros que les llevan a ustedes a los tribunales si que se admiten a trámite esas demandas y que ahora están siendo investigados. Por cierto, no por cualquier cuestión, por el presunto enchufe de la cuñada de la Presidenta de la Diputación, con lo cuál son cosas que son muy importantes. Pero vamos, vamos, yo creo que a tomarnos mucho más en serio lo que nos piden los ciudadanos, y vamos a dejarnos de este tipo de mociones tan carroñeras, Sr. Regades, tan carroñeras, y vamos a hacer realmente lo que los ciudadanos quieren, quieren que nosotros hagamos. Y vamos a utilizar los fondos públicos de la forma que los tenemos que utilizar, yo les pido por favor que rectifiquen, que rectifiquen y que empiecen a gobernar. Porque ustedes están en la oposición, claro, mentalmente están en minoría en esta Diputación y todavía piensan que hacen oposición, y tienen que gobernar porque es para lo que les han encargado en este momento los ciudadanos en su coalición con el Bloque Nacionalista Galego, tienen que gobernar, y para eso les pagan los ciudadanos. Por tanto, les pedimos, sinceramente, y ahí tendrán toda la colaboración del Partido Popular, yo ya me imagino que tirarán de su película para contestarme ahora, porque como dice la, la Presidenta de la Diputación cada uno tiene su película, la suya ya me la conozco y ya la escucharé, pero les pido que realmente rectifiquen, que dejen de presentar este tipo de mociones, que dejen de dejar entrever acusaciones tan graves, que no enreden más y que se pongan a gobernar que es para lo que están ahí. Muchas gracias. Sra. Presidenta.- Ten a palabra para pechar o debate Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias Sra. Presidenta. A verdade eu creo que como en todas as miñas intervencións quero ser exquisito, creo que na anterior fun exquisito, nin me enfadei, nin tuven que recurrir a ese léxico, ¿non?, da calumnia, da ignorancia. Mira, eu creo que esta moción nin ten calumnia, nin ten ignorancia, ten datos moi concretos e reais. Eu escoiteille con atención, inda que o escoitar, como dicía miña sogra, o escoitar é forzoso meu neno, pois a verdade, a verdad que aveces o escoitar é forzoso, porque as cousas que di e que non se poña colorada, a verdade que ten moita, moito valor, pero non para a actividade política senón para outro tipo de profesións. Dato e objetivo, o Diario Oficial de Galicia publica o día 21 de xuño que a Consellería de medio ambiente abre o prazo para a presentación de proxectos por parte das corporacións locais, ese é un dato obxectivo, non é una calumnia, que poden comprobar todos os medios de comunicación e todos os asistentes a este pleno. Dato e obxectivo concreto, non o mesmo día, o mesmo día sólo, o mesmo día da publicación sólo os gobernos, os gobernos do Partido Popular son capaces de presentar proxectos, sólo os gobernos do Partido Popular son capaces de presentar proxectos, e volvo a dicirlle, ou é que son adiviños, que eu non o creo, ou é que aquí algo pasa. Eu a verdade, eu xa sei que vostedes aquí en Pontevedra, en Madrid, gústanlle poñer espías, investigacións, que falan con uns con outros, xudicializar a vida política, eu a política a denuncio aquí, a denuncio aquí nesta sede, na sede, na sede onde se ten que denunciar, no Pleno da Deputación e no Pleno do concello de Vigo, como orgulloso que son de ser concelleiro na, na cidade de, na cidade de Vigo. Co cuál queda desmontado, con estos argumentos concretos e públicos, e que quero que consten en acta, como vai a constar en acta, que non hai ignorancia, nin hai calumnia, hai datos concretos, é a forma de facer política que ten a Xunta de Galicia que antes aplicaba aquí nesta Deputación, porque seguramente esta Diputación, a Diputación anterior, era herdeira deses valores que defende o Vicepresidente Rueda e o Presidente Feijoo, uns valores que nós lle decimos que nesta nova Deputación non vamos nin a compartir, nin a practicar, nin a compartir, nin a practicar. Os criterios creemos e queremos que sean claros, de poboación, de habitantes, de núcleos urbanos, e que sean igualitarios, e que non sean dependendo do color político nin da amizade. Co cuál, ratifico, usted me decía, ¿ratifica usted a súa moción?, a ratifico, non sólo eso, e o que ratifico é que vamos a seguir gobernando desta misma forma, non nos van a torcer o pulso. E tamén lle digo unha cousa, que vimos para quedarnos moitos anos, porque lle repito o que dicía antes, vostedes añoran que non gobernan nesta Deputación, pero xa miramos como o resto, nas votacións, que é soberanía popular, lle din que cada vez están máis lonxe desta Deputación. Usted fala de asesores, tal, o desprezo dos asesores, eu a verdade que eu valoro a todos os funcionarios, a todos os diputados e o seu traballo, e a todos asesores. As mocións sólo preparalas eu, co cuál que haya asesores ou non, a verdade que non ten importancia. E ese día non vou facer a broma de que anduven buscando a Louzán como asesor do Partido Popular e que non o atopei nesta Deputación, porque non se atopa nunca, ¿non?, porque non quero despreciar ós asesores de ningún partido político, a los de ningún partido político, porque eu creo que non se pode denostar a política como están facendo ustedes moción tras moción. Despois nalgún momento destas mocións falouse dos concelleiros de Mos, que porque estaban aquí os concelleiros de Mos, eu estou moi orgulloso do traballo que fan todas as concelleiras e todos os concelleiros, pero non en Mos, en todos os pobos, en todas as vilas de Pontevedra, de Galicia, e de España, de todos, porque fan un gran traballo. E cando decía usted eu cada vez subo máis e o Partido Socialista cada vez baixa máis, pero Sra. Nidia se hubo momentos da noite electoral que usted non tiña maioría absoluta, que usted non tiña maioría absoluta, porque saíu alcaldesa por un puñado de votos, e que estuvo de perdela e baixou o seu resultado. Pero eu a escoitei con atención, e eu volvo a felicitar ós meus compañeiros de Mos, como ós meus compañeiros do resto das agrupacións, e ós concelleiros de calquer partido político, e os felicito polo gran traballo que fan a maioría das veces de forma desinteresada. Non denosten a política e valoren a política, porque a verdade que denostando a política os outros modelos de organización do territorio son nefastos, en este pleno se recordaron, e eu creo que o recordalo hoxe é importante para non volver a eles. Gracias. Sra. Presidenta.- Rematou, rematou o seu tempo Sr. Regades. Ben, finalizado o debate sometemos a votación a Moción número 12 do Grupo Provincial do Partido Socialista sobre a implantación dun modelo de repartición de subvencións igualitario e equitativo entre todos os concellos da provincia de Pontevedra por parte da Xunta de Galicia. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. Queda aprobado por 13 votos a favor e 12 en contra. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE, do BNG e de Coalición Electoral SON e cos votos en contra do PP, aprobar a Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) sobre a implantación dun modelo de repartición de subvención igualitario e equitativo entre todos os concellos da provincia de Pontevedra por parte da Xunta de Galicia. Dita Moción é como segue: “Santos Héctor Rodríguez, voceiro e deputado do Grupo Provincial Socialista na Deputación Provincial de Pontevedra (PSdeG-PSOE) ó abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte Moción ao Pleno, sobre a implantación dun modelo de repartición de subvención igualitario e equitativo entre todos os Concellos da provincia de Pontevedra por parte da Xunta de Galicia. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Hai un ano a Deputación de Pontevedra sufriu un vertixinoso cambio nas súas políticas, que entre outras cuestións, incluía unha fundamental para o óptimo reparto dos recursos públicos, a implantación de criterios claros e transparentes en todos os procesos de selección, así como a posta en marcha do Plan Concellos, no que se incluíron todos os fondos dos plans provinciais anteriores así como a libre disposición do presidente. Dúas medidas que supuxeron unha distribución dos fondos provinciais equitativa e igualitaria para todos os concellos da provincia, e que deben marcar un antes e un despois nas políticas levadas a cabo en Galicia. Lamentablemente este cambio non chegou a todas as administracións desta Comunidade Autónoma. Así por exemplo, a Administración Autonómica Central, a Xunta de Galicia, segue aprobando plans de subvencións para concellos nos que os criterios obxectivos son os que menos se valoran á hora de facer un reparto xusto dos fondos, en función das necesidades reais de cada municipio. Fronte ao Plan Concellos no que se fai unha asignación igualitaria en función da poboación e da extensión de cada territorio a Xunta lanzou un orzamento extraordinario para o plan HURBE, destinado á realización de obras nos concellos galegos. Na ampliación deste plan da Consellería de Política Territorial, a pesar de ter carácter de concorrencia competitiva, non se especifica ningún criterio para a adxudicación dos fondos, establecéndose como única valoración a orde de presentación da documentación, repartíndose os fondos ata que se esgote a partida orzamentaria. Curiosamente, desde o mesmo día en que se anuncia este crédito extraordinario, e tal e como se recollen nos medios de comunicación da provincia, moitos dos concellos gobernados polo Partido Popular, anunciaban a presentación de proxectos con carácter de urxencia, evidenciando que eran coñecedores desta liña. É evidente que os concellos gobernados polo Partido Popular, foron advertidos previamente da aprobación desta ampliación económica con anterioridade xa redactaran os proxectos a presentar de acordo ás tres posibles liñas recollidas no mesmo. Con esta vasta manobra é evidente que os concellos que non foron advertidos, coincidentes por estar gobernados por outras opcións políticas, terán menos posibilidades de poder acollerse a esta subvención. Máis aló do propio trato discriminatorio exercido pola Xunta de Galicia ao impor un criterio de tempos, no canto de criterios obxectivos, é lamentable e máis que evidente a utilización política, partidaria e sectaria da administración autonómica que realiza o señor Núñez. Mentres que a Deputación de Pontevedra trata con igualdade e equidade a todos os concellos da provincia, a Xunta de Galicia, convértese nun instrumento do Partido Popular, e discrimínaos segundo cores políticas. Por elo, o Grupo Provincial Socialista presenta ao Pleno a seguinte: MOCIÓN 1. Instar á Xunta de Galicia á implantación dun modelo de reparto de subvencións igualitario e equitativo entre todos os concellos da provincia de Pontevedra que evite discriminacións por cor política.” 13.6814.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) RELATIVA Á SOLICITUDE DE ANULACIÓN DA DISPOSICIÓN ADICIONAL 9ª DA LEI 27/2013 DE RACIONALIZACIÓN E SOSTENIBILIDADE DA ADMINISTRACIÓN LOCAL Sra. Presidenta.- A moción número 13 foi retirada, polo tanto non se debate. Retírase da orde do día a Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista (PSdeG-PSOE) relativa á solicitude de anulación da disposición adicional 9ª da Lei 27/2013 de racionalización e sostenibilidade da Administración Local. 14.6815.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA A DERROGACIÓN DE DETERMINADOS CRITERIOS DO DECÁLOGO DE ACTUACIÓNS NAS VÍAS PROVINCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 14. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para a derrogación de determinados criterios do decálogo de actuacións nas vías provinciais. Para a súa defensa, ten a palabra Sr. Deputado. Sr. Aragunde Aragunde.- Ben. Bos días, gracias Presidenta. A verdade, que un asunto tan importante coma este non podía pasar por alto, e os deputados do Partido Popular non queríamos que unha medida tan inxusta i tan negativa para unha gran parte dos veciños da provincia de Pontevedra, pois, quedase aprobada polo actual goberno da Deputación, e nós permanecer impasibles aínda que deixamos claro no seu momento, no pleno de xaneiro, que estabamos en contra e non votabamos a favor desta aberración. Ademais, xa lle adianto que dudamos tamén, dudamos totalmente da legalidade deste decálogo i este acordo que vostedes tomaron, en xaneiro, solicitamos reiteradamente informes sobre o fondo, e cuestión sobre os criterios do decálogo, e só recibimos contestación sobre a forma e non sobre o fondo e o contido deses 10 criterios. No pleno de xaneiro xa solicitamos a retirada deste decálogo da Orde do día, pero vostedes fixeron caso omiso, tiraron para adiante condenando a miles de pontevedreses, sobre todo das zonas rurales e do interior, a sufrir o abandono por parte desta institución, por parte da Deputación de Pontevedra, limitando o progreso desas zonas, porque dende logo a actividade económica, a actividade empresarial, senón existen unhas boas vías de comunicación, pois dende logo non se van a establecer novas empresas en esas zonas. Ademais, pois, en outras áreas, pois, a formación dos rapaces, rapazas deses concellos do interior, desas zonas máis rurais, pois para acudir aos institutos, para acudir ás universidades, se lle poñen moitas más trabas, evidentemente, senón hai unhas boas comunicacións. Nós entendemos que aínda que tivemos en ese momento unha reunión co Sr. Mosquera, e propuxemos a derogación, a retirada, que se crease unha reunión ou unha comisión con alcaldes de tódalas cores políticas i se consensuase, porque eles son os que coñecen mellor a realidade e as peculiaridades dos seus municipios i da vías provinciais, as coñecen mellor eles que nós, que os propios deputados, no goberno ou na oposición, pero non se nos fixo caso en absoluto, a verdade é que mentras a Sra. Presidenta e os deputados de Vigo veñen por autopista a Pontevedra, pois, hai moitos veciños e veciñas de Agolada, de Cotobade, e doutros municipios do interior, que teñen que vir por carreteiras provinciais que ao mellor non se cruzan dous vehículos, dous camións, dous vehículos pesados, ou ó mellor hai viandantes que van camiñando por esas vías e teñen que ir sorteando, sorteando os coches que transitan por esa vía provincial. Pero vostedes erran xa na filosofía deste decálogo, porque, precisamente, din no decálogo, “que as novas tendencias obrigaran a ter en conta as necesidades das chamadas mobilidades amábeis. Débese ter moi en consideración o servizo que presta cada vía e as demandas reais e potenciais, facendo especial fincapé na protección dos colectivos máis vulnerables, peóns, ciclistas e persoas con mobilidade reducida”. Di un criterio dese decálogo que, “a xerarquía a seguir será, primeiro o peón, segundo o ciclista, terceiro o transporte público, cuarto o vehículo privado”. Pero é que un dos criterios que sempre rexeitamos, e que discutimos con usted, Sr. Mosquera, é que poñían unha cortapisa, poñían un freno a ese progreso, cando din que, “ningunha vía con menos de 3.000 vehículos día, con menos de 3.000 vehículos día, sufrirá modificacións de trazado, nin sequera ampliacións de plataforma”, senón se amplía unha plataforma ¿como van vostedes a instalar carriles bici?, ¿como van vostedes a instalar beirarrúas?, están, non están, están dándolle a espalda, precisamente, a estes municipios que están en zonas pois rurales i non teñen vías de alta capacidade. Nós entendemos por suposto que as vías de alta capacidade ten que unir os grandes núcleos de poboación, as ciudades, porque aí é donde se concentra, pois eso, o maior número de habitantes. Pero tamén é certo que hai que recordar que esas vías de alta capacidade que se pagan e se financian cos impuestos tamén dos habitantes do rural, dalgunha maneira as administracións teñen que dar un contraprestación i precisamente está administración te moito que dicir en eso, porque as carreteras, estradas provinciais dependen de aquí. A verdade é que preguntámonos senón sería moito máis fácil facer un plan donde se preocupen por analizar cales son as vías que teñen máis vehículos pesados, ou donde hai máis accidentes, ou donde hai colexios cerca, que son zonas máis sensibles, ¿existe ese plan?, porque non o coñecemos, ese plan que sepamos non existe. Vostedes tuveron meses, e meses, e meses, elaborando este decálogo total para chegar a este resultado donde discriminan, discriminan totalmente aos veciños do interior i das zonas rurales. Levan un ano xa gobernando i entendemos que nun ano, pois, xa tiñan que haber feito pois moitas melloras, en estradas, en vías provinciais, non coñecemos. É que nin sequera a limpieza, que tamén é un dos criterios que aparece no decálogo, a limpeza, as rozas nos viais, nas cunetas, pero é que os viais provinciais nunca estiveron tan deteriorados, tan abandonados como están hoxe en día, e insisto levan vostedes xa máis dun ano gobernando. Non son capaces de poñerse de acordo con ese conflito que teñen co Parque de Maquinaria, según vostedes o brazo armado do PP decían, ou algo así, ¿non?. Bueno, vostedes poden dicir o que queiran, nós desde logo o que vemos é que por culpa dese conflito as vías cada vez están en peor, en peor estado, i eso se está trasladando, porque os veciños o comentan i os veciños nolo trasladan, ¿saben por que nolo traslada a nós?, y eso que estamos na oposición, porque mándanlle a ustedes correos electrónicos e non lle fan caso, están totalmente olvidados, e como non lle fan caso vostedes teñen que recurrir a nós, a ver se vós como oposición podedes facer algo, porque non recordan que estuveran tan abandonados os viais en moitos anos. Polo tanto, pois, entendemos que deben de poñerse as pilas dunha vez por todas e empezar a traballar, e traballar en serio polos veciños de, desta provincia. I voulle a dicir, decía vostede tamén no decálogo, un dos criterios son as cofinanciacións, o 30%, o 40%, na urbanización, na reurbanización, pois aplicado linealmente, que vós, ustedes decían que é a maneira de darlle a todos o mesmo, pois tampoco nos parece unha maneira xusta de facer ese reparto, porque ao mellor o que había que estudiar, ó mellor o que había que estudiar era que os concellos canto máis pequenos sean, porque teñen menor capacidad inversora, pois, ao mellor hai que reducirlle esa cofinanciación, e ó mellor hai que subirlla ós concellos máis grandes, digo eu. Din vostedes que vostedes queren ser ecuánimes, queren ser ecuánimes no reparto. Despois de aprobado este decálogo, para ser equitativos con tódolos concellos, ¡eh!, nos enteramos que hai un convenio co concello do Grove donde se lle financia integramente o proxecto i a obra, o proxecto i a obra, eso, eso está ahí. Nos enteramos, nos enteramos, nos enteramos precisamente, e non pola conselleira, donde erra una vez máis, i non pola conselleira, que o diputado de infraestruturas de esta Deputación vai a pedir para Tomiño ó 50%, i donde o concello, donde a Diputación, donde a Diputación aporta un millón e pico de euros para esa obra, quero imaginar que esa carretera provincial tendrá máis de 3.000 vehículos día, porque no tendría sentido, xa sólo faltaría de non tuvera máis de 3.000 vehículos día. Pero ese, ese é o equilibrio que vostedes buscan, ese é o equilibrio que vostedes buscan. Onte no pleno de Cambados chegou a decirnos, falando deste mismo tema, desta misma moción, no pleno de Cambados, chegou a decirnos a alcaldesa de Cambados, eu protestaba tamén porque é un criterio que está no decálogo polo estado das vías provinciais y me contesta que, “para o mantemento e limpeza das vías provinciais xa está o Plan concellos”, que para eso xa estaba o Plan concellos, que para eso a Diputación daba os cartos do Plan concellos, esto é como dicía o meu compañeiro, “o Plan concellos é coma aspirina, vale para todo”, e ao final nos estamos dando conta que tódolos ayuntamientos levan moitísimos menos cartos do que levaban antes con Rafael Louzán. Por certo, dentro dese, porque se falou hoxe aquí en varias ocasións se falou hoxe aquí, que é, o Rafael, o Sr. Rafael Louzán, o anterior equipo de goberno, -porque non tedes respecto, por eso teño que elevar a voz, ¡home!-, entonces, se dicía aquí que anteriormente o equipo de goberno, ¡eh!, sólo miraba polos concellos do PP, eu voulle recordar, creo que marchou, estaba o anterior alcalde da Illa de Arousa i o actual, si ahora estuveran, non están ningún dos dous, dúas, dúas importantes actuacións, das máis importantes que se fixeron na provincia de Pontevedra, se fixeron na Illa de Arousa, gobernada polo PSOE, i se fixo unha infraestrutura, unha inversión no campo de fútbol da Illa de Arousa millonaria con, con Rafael Louzán i co goberno do PSOE, i no Grove unha das mellores e maiores actuacións que se fixeron en San Vicente, gobernando o PSOE, fíxoa Rafael Louzán, o anterior goberno. É decir, que según ustedes o PP non miraba, sólo miraba para os concellos do PP, Rafael Louzán mirou por todos, o anterior goberno mirou por todos, i vostedes o que fan con este decálogo é darlle a espalda completamente aos veciños do rural, os veciños do interior. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo, Sr. Deputado, finalizou o seu tempo. Logo ten 5 minutos para pechar o debate. ¿Palabras para fixar a posición?. Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Gracias señora, Sra. Presidenta. Aquí hai, hai. Sra. Presidenta.- Perdón. Sra. Isaura Abelairas, de verdad, ¡eh!. Por favor, ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Hai unha cuestión que a min dáme a sensación de que non se pensa o que se di, porque máis ou menos eu creo que xa ós 15 días de estar aquí, xa resulta que había algúns alcaldes do PP escandalizados polo mal que estaban as vías provinciais, cousa fantástica, porque resulta que as vías provinciais fanse cada día son coma as flores de temporada, entonces ponse un día e o día seguinte marchítase e hai que volvela a poñer, co cuál que un entra e ós 15 días non puxo flor de temporada. Oiga, unha vía provincial calquera estrada faise para 10, 12 anos, polo tanto se están moi mal unha de dúas ou as fixeron ustedes moi mal ou as deixaron moi mal, as dúas cousas xuntas, ¿vale?. Non, non, non, de mantemento, asfaltado, baches, todo o que se queira, ta todo mal, ta todo horriblemente mal, o sea están acusando ó anterior goberno de que fixo todo horriblemente mal nas estradas provinciais, porque nun ano non pasa eso, ¿vale?. Entonces, pensen un pouco o que din, porque aquí pois sacar a lengua a pacer e esaxerarse, a realidad é a que é, a realidad é a que é, e un bo asfaltado debe durar 10 anos, se está mal, se está mal, caramba, pois eso. Unha florcita de temporada é máis ou menos o que, o que temos. Bueno, o que si xa, o que si xa, fresa, castaño oscuro, como se queira dicir, é que unha estrada autonómica da Xunta a PO-344, unha estrada da Xunta, que ten unha travesía, que o concello leva intentando que se desvíe tempo e á Xunta non lle dá a gana de facelo, se vai a falar coa Xunta para intentar que se faga a travesía colaborando o concello, ou a Diputación en facelo, iso é escandaloso, o sea a Ponte de Pontearnelas que se fixo estando no goberno o Sr. Louzán, un convenio entre a Diputación e a COTOP daquela, pois debeu ser un escándalo porque era unha vía, unha vía autonómica, e resulta que a Deputación non, non sólo, é que pagou toda a obra, debeu ser un escándalo mundial. Ahora resulta que por intentar xestionar algo que debía estar, porque a Xunta tuvo un plan de, de eliminación de travesías e demais, e non o fixo, é un escándalo mundial, de verdad, é que hai que pensar un pouquiño o que se di, hai que pensar. E, ahora vamos co decálogo, se se quere, vamos co decálogo, é que resulta que o decálogo e poñer blanco sobre negro coa maior concreción posible exactamente o que se leva feito nesta casa desde hai, polo menos desde o ano 98, cando menos polo, desde o ano 98. Porque aquí hai alcaldes e alcaldesas que saben, convenios por urbanización era o que se entende a calzada do titular da vía que é: a capa de rodadura e o asfalto e as pluviais, que eso é o que se entende que ten que levar o titular da vía, pagábaa Deputación integramente, e os elementos de urbanización e os terreos poñíaos o concello es os elementos de urbanización, enténdase, beirarrúas, farolas, aguas, si vai, bancos, saneamento de fecais, o que sea, eso era ao 50%, ¿correcto?, iso salía según, por exemplo, o do convenio famoso para Luís Rocafort en Sanxenxo saíu 55–45, ben, entonces para evitar que o proxecto que xa pasou, e podo poñer exemplos, para evitar que o concello para poñer menos resulta que, eu vin proxectos desta casa en que resulta que era, calzada 8 metros, carriles de 4 metros non os usan nin as autoestradas, ¡eh!, estacionamentos 3 metros, e despois, beirarrúa medio metro, porque así pagaba menos o concello, pois fixáronse eses criterios en 70– 30, que é máis ou menos no que resultaban casi todos, casi todos. Bueno, pois resulta que poñer esto con unhas contas, e reurbanización eso non existía, reurbanización pagaba o o concello ó 100%, eso, non coñezo ningún caso en que a reurbanización dunha vía non a pagara o concello 100%, non coñezo ningún, non sei si en Cambados dou cacicada algún, colado, desde logo, aquí no Pleno da Deputación, desde logo desde o ano 97. Ben, por favor, tal, por favor calar, entonces, desde o ano 97. Polo tanto, os criterios de reparto son tan xenerosos ou máis que antes o único que están é fixados pa todos. E non é, ahora cáeme ben non sei que, entonces …, e cáeme ben non sei e entonces dáme menos, ¿vale?. Pero xa estaban fixados, xa estaban fixados, ¡eh!. E con respecto ó outro, ó dos, ó dos 3.000 que puidemos baixar a 2.000 ou 1.500, señor mío, a todos se nos enche a boca dicindo, xa está ben de política de asfalto, xa está ben de destrozar o territorio, ¡xa está!, hai que facer unha mobilidade sustentable, hai que facer non sei cantas cousas, ¿correcto?. Entonces, o que din os criterios é, se hai algún motivo de seguranza viaria, constatado, ou se hai que mellorar a mobilidade peonil ou ciclista pois pódese ampliar a plataforma, pódese o que sea, pero a plataforma para os peóns e pa os ciclistas, e se hai algún problema de seguranza viaria tamén, ¿correcto?. O único que dí é: facer melloras de trazado, para digamos facer autovías polo monte para poucos coches, non, eso acabouse salvo excepcións, que por outro lado é o que estaba aplicando tamén o Sr. Louzán, sin escribilo, porque eses famosos viales que nos están pedindo por aí de non sei donde a non sei donde, da Lama a non sei donde polo medio do monte, negouse unha vez e outra a facelos, na práctica estábao aplicando, ahora está escrito pa quen é, ahora llo faga a un, e incluso si quere para os nosos, para os alcaldes nosos, e que veña, non hai pa ningún, ¿vale?, pero si xa o estaba facendo na práctica, xa o estaba facendo, ¡eh!, estábao facendo, ¡eh!, eu non sei donde está a escandalera esa. Bueno, tanto é así, tanto é así que antes de aprobalos, o 18 de decembro, o 16 decembro de 2015, se lle mandou a todos, a todos os alcaldes e alcaldesas da provincia pa que fixeran aportacións. Ahora nin tiñan aínda a consigna súa, non sei, súa ou de Rueda, quen sea, de líar a cabeza con todo e atacalo, e non houbo nin unha alegación, ningunha de ningún concello, deses alcaldes e alcaldesas que din ahora que están todos escandalizados, que tuveron un mes ou mes e medio, ningún. Escribeu decindo non me gusta ou hai algún problema, e, ahora de repente están todos escandalizados, oe, tuveron un trámite de audiencia, ¿cando se deu un trámite de audiencia pa eso?, nunca, e ahora que o facemos, ahora van ustedes alborotándoos por atrás, para que presenten mocións, facendo o ridículo, pero vamos a ver, un alcalde sei que leva, que houbo algún que leva ó pleno esto, é que, é que, bueno, … non teñen porque sabelo, desde logo, é decir, pero, o sea, usted mándalle …, non fai ningunha aportación e ahora vén aquí cunha moción decindo que eso, tivo a oportunidade de dicilo, non o fixo, está clarísimo, non teñen nada en contra dos criterios, despois a orden de facelo, bueno, pois vale, en política por desgracia en certas circunstancias parece que vale todo pero a realidade, a realidade é a que é, é a que é. Polo tanto, creo que é unha moción inoportuna, están facendo una campaña estúpida, e si quere decir léase, léase, si quere, a maiores, léase o Plan de mobilidade sustentable, creo que lle chaman, da Xunta, e asegúrolle que é infinitamente máis duro, máis humanizado, … utilizado no seu territorio, aprobados pola Xunta do PP, léase, leas, leas, asegúrolle que o que está facendo a Diputación, si seguira ó pé da letra esas directrices, dese plan, hai cousas que, máis duras, non o faría, o seu, o seu propio, o seu propio partido na Xunta o que o fixo. Entonces, claro, é que non sabemos o que hai que dicir, ¿retiramos os criterios e aplicamos os da Xunta?, ¿aplicamos o plan da Xunta?. E xa con respecto á legalidade, parece mentira que alguén que teña contacto ca vida municipal, e máxime que fora alcalde, non sepa que a urbanización, vamos, unha competencia típica propia e exclusiva dos concellos, típica, exclusiva. E resulta que a duda é se a Deputación ten que facer as, as urbanizacións substituíndo ós concellos, de verdad, de verdad, eu quédome admirado. Esa era a pregunta legal, é que desde logo, pregunte a calquera Secretario, pregunte a quen queira, as urbanizacións é unha, igual que a recollida do lixo, do mesmo tipo. É como si nos vén ahora aquí a dicir, que a Deputación ten que recoller o lixo na provincia, no, no, son os concellos señor mío, es a humanizacións igual, é que, é algo tan, tan sorprendente, entonces, ¿que quere que se lle conteste legalmente?, que se lle diga, ¿que quere que se lle diga?. Está claro, o Secretario cando o informou, e cando o deixou que vira a pleno é porque o veu legal, senón advertiríao, pero bueno, usted ten que saber que eso é absolutamente legal, e á parte, é máis, o dudoso sería que a Deputación poida financiar as urbanizacións, e estao facendo, e na parte maioritaria, o 70%, nin máis nin menos, xa me dirá. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias Sra. Presidenta. A verdade, como non podía ser doutra forma, ¿non?, que ben, que ben se explicou o Vicepresidente. Se en 35 anos se actuou en todos os viais provinciais, nos 1.700 km. de estradas que dependen desta institución, e nun ano se estropearon por completo, que se fixo, ¿non?, moi mal se debeu de facer, ¿non?, porque 35 anos son 420 meses e están pedíndonos que fagamos en 12 meses o que ustedes non fixeron en 420, máis de 35 veces máis, é difícil, ¿non?. A min me decía a compañeira Isaura Abelairas que a nós nos gustan os retos, me decía Isaura, sobre todo os retos intelectuais, e este que tiña difícil encaixe. Porque, a verdade nun ano non se puderon deteriorar tanto todos este viais, e como dicía o Sr. Mosquera, había algún alcalde do Partido Popular que xa ó día seguinte xa dicían que se habían deteriorado, nun día, fíxose o día, foise a luz e veu a luz e nese momento deterioráronse os viais provinciais de toda a provincia. Falábannos de infraestruturas, falábannos de, de campos de herba sintética de fútbol, si, a verdade é que hai moitos campos de herba sintética, cuestionadas en moitos sitios e en moitos foros, e incluso no territorio, porque non foron repartidos de forma igual. Vemos como en Poio están reclamando dende fai 30 anos un campo de fútbol e non o teñen, e vemos como en Ribadumia todos son campos de fútbol de herba sintética, e despois coincidencias de campos de fútbol e de proxectos, que hoxe non imos mencionar porque vamos a falar de viais provinciais. Nun ano non se pode estropear todo e non se pode estropear tanto, eu creo que despois de 35 anos e 420 meses, tiñan que estar os viais provinciais niquelados, niquelados, niquelados, tiñan que estar perfectos, pois, parece que, que non están, a verdade é que non podemos entender esta circunstancia e esta situación. O decálogo que nós subscribimos ó 100%, e que creemos que é un bo decálogo que ordena os viais provinciais, e que ordena a forma de actuar nesta provincia, é o decálogo que queriamos levar a cabo neste goberno igualitario da Deputación, da nova Deputación, ¿ou querían que usaramos o decálogo do anterior presidente do Partido Popular que actuaba nas infraestruturas, nos concellos onde gobernaba o Partido Popular, e nos concellos donde gobernaban outros grupos non se actuaba, e incluso, se o alcalde ou alcaldesa do Partido Popular non era afín, pois, aí tampouco se actuaba moito. Nós creemos nun decálogo igual e que coñezan todo o mundo, por eso antes de poñerse en funcionamento circulouse a todos os concellos da provincia de Pontevedra. A legalidade de que vostedes predican, non, porque predicar é moi sinxelo, a teñen que levar á práctica, non a levaron cando gobernaban nesta Deputación e así a criticaron, a censuraron, non sólo os diputados que estaban no anterior mandato senón as cidadanas e cidadanos da provincia de Pontevedra co seu voto, e sacándovos desta Diputación, senón que tamén non a toman, non a usan, esas medidas que vostedes propoñen nos sitios onde gobernan. Si non se fora gravísimo todo o que ustedes dicen, seguramente o máis sinxelo sería non escoitalos, pero é moi grave, ¿non?. Un decálogo que no seu punto primeiro prioriza sobre as necesidades dos sectores máis vulnerables, como non pode ser doutra forma, do peón, do ciclista, do transporte público, e por último, e de cuarto, do vehículo privado, porque ese é o modelo de provincia que nós queremos, que se prioricen nos sectores máis vulnerables da cidadanía, peóns, ciclistas, transporte público, e cuarto o vehículo privado. No punto segundo fala da boa conservación do patrimonio viario, non pode ser que nos atoparamos un viario provincial abandonado, sin pintar, sin señalizar, os rapaces e rapazas que iban á Universidade de Vigo atopábanse, pola noite, entre as néboas que hai nesa zona que non eran capaces de mirar donde empeza e donde acaba o vial, un vial que se está pintando e que ahora se está señalizando, e que levaba moitos, moitos anos sin pintar e sen señalizar. Punto segundo, boa conservación do patrimonio que temos do patrimonio viario provincial. Punto terceiro, ¿donde temos que actuar?, onde hai máis accidentes, por eso o punto terceiro, quixemos meter neste decálogo, onde están, onde hai máis frecuencia de accidentes, e facer que aí as actuacións sean prioritarias. Punto cuarto, o calmado do tráfico, se queremos priorizar cos peatóns non podemos facer cas nosas estradas provincial sean circuítos de Fórmula 1, como aquel circuíto que o anterior presidente da Deputación, e algúns compañeiros diputados naquel momento, querían facer un circuíto de velocidade na provincia de Pontevedra, ¿quedou nun proxecto?, pois non, queremos priorizar no calmado do tráfico, os viais provinciales non pode ser circuítos de carreras, teñen que ser pistas, e teñen que ser viales de convivencias entre os peatones, os vehículos, o transporte público, as bicicletas e outros medios de transporte alternativo. No punto quinto, quixemos neste decálogo falar da modificación dos trazados, e puxemos unha condición, unha condición fundamental, que haxa 3.000 vehículos ó día nese vial para poder estudiarse o trazado, porque senón habrá que reducir a velocidade, habrá que usar outras medidas de calmado e non facer unha inversión que sea unha fenda, que sea unha ferida no noso territorio tan herido polos malos gobernos do Partido Popular. No punto sexto, quixemos incidir nas áreas de especial interese, tratando unha señalización específica para estas áreas, porque creemos que é importante que as áreas da provincia de especial interese teñan un valor tamén especial nestes viales; e no punto sexto, quixemos por en valor algo que aquí estaba completamente abandonado que era o espacio peonil como método de seguridade, cada vez máis mozos, máis homes, máis mulleres, máis mozas, usan as sendas provinciais, as carreteras provinciais como espacio peonil. E queremos no punto sete, influír neste modo de entender a provincia, e de entender o vial. No punto oito, quixemos definir como se ten que participar para que todos os concellos cando queiran facer un convenio de colaboración sepan, con independencia do seu cor político, como é o plan para urbanización e os plans para reurbanización, como son os convenios, para urbanización 70, 30, o 70% por parte da Deputación o 30% por parte dos concellos, e as reurbanizacións do 60, 40, sen importar a zona, o territorio, o color político, igualdad, normas claras que coñezamos todos, e sempre abertos a escoitar e a poder modificalas. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Para rematar o debate ten o poñente a palabra. Sr. Aragunde Aragunde.- Gracias Presidenta. Vamos a ver, cando falo de que as estradas provinciais nunca estiveron tan abandonadas refírome aos desbroces que hai que facer polas cunetas, ¿é que saben a diferencia entre antes e ahora?, é que antes unha vía provincial que tiña 8 metros se facía un mantenemento constante, un mantemento constante, i tiñan 8 metros, e sempre tiñan 8 metros, e a iniciativa i o que pretendía o anterior goberno é que esos 8 metros pouco a pouco foran transformándose en 10 ou 12 metros de vía, de plataforma, ¿para que?, para poder incluír carril bici, para poder incluír beirarrúas, ¿con ustedes sabe o que pasa?, todo aquel, aquela carretera que non teña 3.000 vehículos día, que sólo o 10% das estradas de Pontevedra, da provincia, sólo o 10% cumplen esa ratio, sólo o 10%, ¡eh!, pois non van a poder ser ampliadas. Pero non sólo eso, é que como non se desbroza ahora xa a broza está ocupando un metro a un lado e un metro a outro lado a carretera, co cuál a carretera de 8 metros que o Partido Popular quería convertir en 10, ou 12, ustedes esa carretera de 8 metros a están convertindo en 6. I usted fala de transporte público, pero se hai autobuses que xa non pasan por algunha carretera provincial no estado que está, así como llo digo, así como llo digo. Por outro lado, dicirlle que Poio si que ten campo de fútbol e feito por Rafael Louzán, por certo, ¡eh!, feito por Rafael Louzán, como me pode dicir, Sr. Mosquera, como me pode dicir, como me pode dicir, Sr. Mosquera, que os alcaldes están facendo o ridículo, usted dixo, “e que hai alcaldes vosos que están facendo o ridículo”; os alcaldes do PP se reuniron con Grupo do Partido Popular de Diputación e nos transmitiron as súas inquietudes, i eu fun a reunirme con usted, i usted non me fixo ningún caso, porque lle dixemos que esa ratio de 3.000 vehículos día era unha barbaridade e mantiveron os 3.000 vehículos día, mantiveron eses 3.000 vehículos día, Avenida Rocafort, falou desa calle, esa calle costaba un millón de euros, 300.000 euros ten que pagar Sanxenxo, probablemente ten capacidade de inversión para esa cifra Sanxenxo, pero Cotobade seguro que non, por eso ó mellor non pode ser, por eso seguro que o porcentaxe Benítez, non pode ser o mismo para uns concellos que para outros. Mire unha cousa, o que dá a impresión, ¿sabe que pasa?, nos di o señor, o Sr. Mosquera nos di varias veces con énfasis, “é que xa estaban”, “é que ese criterio, ese criterio xa estaba”, cando lle convén os criterios xa estaban, pero cando non lle convén, no, no, é que hai que cambiar rotundamente esos criterios. Mire, ou nos sentamos e empezamos de cero o decálogo de criterios, i empezamos de cero todos e o consensuamos, ou non me colla criterios que lle interesaban, que lle interesan a usted, que antes si estaban e outros que non lle interesa que estén. Vamos a empezar de cero e vamos a consensualo. ¿Sabe que dá a impresión?, o que dá a impresión é que pretenden non gastar o orzamento que hai pa vías e obras para ter dispoñible pa firma de convenios con Pontevedra e Vigo, eso é o que dá a impresión, y que se queren olvidar, si, si, se quisieran olvidar dos concellos máis pequenos. Nós en definitiva o que queremos é que se reduzan as diferencias entre habitantes das cidades e das zonas rurales, eso é que queremos nós, pedimos un plan máis xusto que a Deputación sea consecuente coas súas responsabilidades e mellore a calidade de vida dos pontevedreses, e para iso é fundamental invertir nas estradas provinciais. Xa se ten feito moito, pero, evidentemente, como se falou aquí, cambian as realidades, cambian as necesidades i cada vez hai máis xente que quere sendas peatonais, i cada vez hai máis xente que quere carriles bici, a sociedade cambia e temos que adaptarnos a esos cambios. Pero vostedes, ¿sabe que pasa?, semellan que non queren nin siquiera intentalo, nin siquiera intentalo, e o que demostraron neste ano, en 12 meses de inacción, si, inacción, inacción, ustedes dedícanse á propaganda, ó marketing, maquillaxe nos medios de comunicación, vendendo fume, e as estradas provinciais abandonadas, non son capaces de solucionar os conflitos que hai. Podrán celebrar con pulpadas i con grandes eventos un ano, un ano de ocupación desta, desta Deputación, un novo goberno, pero a realidade é que efectivo nada, é que non contrataron unha sola obra, é que non manteñen as, os viais. E ahora, inda encima, están cortando o progreso das zonas do interior, están cortando o progreso das zonas rurales, eso é o que está pasando con esta nova Diputación, en fin, nós insistiremos, nós insistiremos, en que esto é un error, é unha aberración, i que lle están facendo moito daño aos pontevedreses, ós habitantes desta provincia, esta nova Diputación, y este novo bipartito. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo. Gracias Sr. Deputado. Imos poñer a Moción a votación. Moción do Grupo provincial do Partido Popular para a derrogación de determinados criterios do decálogo de actuacións nas vías provinciais. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitado por 14 votos en contra, 11 a favor e unha abstención. Rexéitase, por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa a abstención de Coalición Electoral SON, a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para a derrogación de determinados criterios do decálogo de actuacións nas vías provinciais. 15.6816.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) SOBRE PROTOCOLO INTEGRAL PARA A ATENCIÓN DE NENAS E NENOS CON DIABETE Sra. Presidenta.- No punto 15, teño falado co voceiro do Grupo Popular para plantexar que de forma conxunta toda a corporación avalemos o contido da Moción sobre protocolo integral para atención de nenas e nenos con diabete. Así que si lles parece lle comunicamos á representante de ANEIDA que toda esta corporación vai apoiar conxuntamente as demandas que vostedes teñen feito, e que estaban contidas nesta Moción. Polo tanto, queda aprobada pola unanimidade dos membros de este, de este Pleno da corporación de Deputación. Moitas gracias polo seu traballo, vostede realmente pois merece o apoio, os seus nenos e nenas nesta situación. Sr. …- Pero, falta, falta o Sr. Jácome. Sra. Presidenta.- ¡Ay!, perdón, ¡ay!, de verdad. Sr. …- Pero esto máis que un perdón un ramo de flores, ¡eh!, un ramo de flores. Sra. Presidenta.- Perdón, perdón. Non se pode ser bo, Sr. Deputado. Perdón, perdoe vostede, de verdad, intolerable que non lle teña preguntado a vostede, síntoo. Perdón. Que conste en acta as miñas desculpas ó Sr. Xácome e tamén que conste en acta que o Grupo Son Marea apoia esta moción e a apoia ademais con convicción e convencemento, e quero que ademais conste así e que forme parte das miñas desculpas. De verdad que o sinto moitísimo, ¡eh!. Ben, queda aprobada pola unanimidade de todos os grupos políticos que forman parte deste pleno. O Pleno acorda por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) sobre protocolo integral para a atención de nenas e nenos con diabete. Dita Moción é como segue: “Santos Héctor Rodríguez, voceiro e deputado do Grupo Provincial Socialista na Deputación Provincial de Pontevedra (PSdeG-PSOE) ó abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte Moción ao Pleno, sobre protocolo integral para a atención de nenas e nenos con diabete. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O 10% dos galegos padece diabete nalgunha das súas variantes e un de cada catro pacientes diabéticos en Galicia é un neno. Trátase dunha enfermidade denominada “silenciosa” polos especialistas e as asociacións, xa que os primeiros síntomas-moita sede, cansazo ou problemas de visión-fan difícil o seu diagnóstico ou identificar tanto as hipoglicemias como hiperglicemias e estímase que a metade dos pacientes de tipo 2 descoñecen que padecen esta doenza, segundo FEGADI, Federación Galega de Diabéticos. O pasado ano, FEGADI reclamou a aprobación “dun protocolo integral para a atención dos nenos con diabete nas aulas”. Reuníronse con responsables da Consellería de educación. Pero ata o momento quedouse nun proxecto piloto. Non existe, ata a data, un censo de alumnas e alumnos con diabete aos que os docentes poidan acceder. Docentes que doutra banda, están incapacitados, mesmo legalmente, para administrar ou facilitar a inxesta de calquera tipo de medicación. Aínda así, a Xunta de Galicia oponse a que os colexios dispoñan de profesionais sanitarios. Con todo, nunha empresa de 100 traballadores teñen dereito a un médico e en calquera piscina por pequena que sexa, é obrigatorio un socorrista. Segundo un estudo da Fundación para a diabete realizado en 2015, pouco máis dun terzo dos profesores de educación física sabe recoñecer as hipoglicemias. Aproximadamente en 2 de cada 10 casos, os pais declaran que lles pon dificultades nas saídas extraescolares. O 71% das nenas e nenos con diabete, non come no colexio e un de cada dous pais viuse obrigado a modificar a súa vida laboral. Nas actividades extraescolares, vacacionais ou de lecer a situación non é moito máis halagüeña. A LEI 6/2012, de 19 de xuño, de mocidade de Galicia, é unha entrañable exposición de bos propósitos. O certo é que é o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, o que regula “…as características e os requisitos mínimos que deberán cumprir os diferentes tipos de instalacións destinadas á mocidade para a realización de actividades no tempo libre…” unha regulación de fai 16 anos e que o Decreto 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se “refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude” apenas atende a motivos de forma, burocráticos e administrativos como os documentos esixibles para a realización de actividades ao aire libre, art. 50 ou expedición e homologación de títulos da sección terceira. O que os pais e nais de nenas e nenos afectados reclaman, unha mellor preparación dos monitores e os equipos directivos das entidades que ofertan as actividades, limítanse a 2 dos 23 temas do programa para o curso de monitores de tempo libre. No tema de socorrismo e primeiros auxilios ensínase a dar unha masaxe cardíaca ou como evitar enfermidades nas piscinas pero non como identificar ou actuar ante hipoglicemias e hiperglicemias. Na área de alimentación e nutrición non se explican os hábitos alimenticios dos menores con diabetes ou outras condicións, como a celiaquía ou a enfermidade de Cron. E é que a desinformación e a falta de sensibilidade non afecta só a campamentos ou centros educativos. Nas súas actividades de lecer, as nenas e nenos con diabete ven dificultada a súa normalización e integración. Sen ir máis lonxe, o pasado xuño nais e pais de nenos diabéticos denunciaron que en cinemas de Pontevedra e Vigo entre outras cidades non se lles deixou acceder con medicamentos, alimentos e aparellos para controlar os niveis de glicosa, o que denominaron a súa “Kit de supervivencia” a pesar da súa imposibilidade de inxerir os alimentos que alí se ofertaban. Campamentos como o organizado pola Federación de diabéticos de Galicia en Moaña, que se leva celebrando desde hai xa 3 anos, e integra a nenas e nenos con e sen diabete, con cobertura médica, non debería ser a excepción. A diabetes é unha condición que afecta a 350 millóns en todo o mundo (OMS, 2014) e é a nosa obriga fomentar a súa normalización, informando, educando e participando na súa prevención (tipo 2) con acceso a actividades de lecer, deportivas e ao aire libre. Por elo, o grupo Provincial Socialista presenta ao Pleno a seguinte MOCIÓN: Instar a Xunta de Galicia a: 1. Que proceda á elaboración de protocolo integral de mellora da asistencia sanitaria nos centros educativos, integradora, viable e eficiente, e con financiamento suficiente para a súa posta en marcha. 2. Que actualice os requisitos para a obtención do título de monitor de tempo libre e inclúa os coñecementos necesarios para asegurar a protección e inclusión de nenas e nenos con diabete e outras doenzas que requiran unha atención máis precisa. 3. Que incorpore no seu ordenamento xurídico unha nova lexislación que regule de maneira eficaz as características dos diferentes tipos de instalacións e servizos destinadas á mocidade para realizar actividades no tempo libre que dea cobertura a todas e todos os mozos, preserve os seus dereitos e atenda ás demandas das súas nais e pais.” 16.6817.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) SOBRE ASUNCIÓN POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA DAS COMPETENCIAS QUE LLE SON PROPIAS NO TOCANTE AOS SERVIZOS BÁSICOS ESPECÍFICOS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sra. Presidenta.- Agora temos, temos a Moción 16 e 17. Hai un acordo tamén acadado co Grupo Popular que presentaba a Moción que aparece co número 17, e o Grupo Socialista presentara a 16, teñen que ver cos servicios básicos específicos na provincia de Pontevedra. Vamos a debatir de forma conxunta, si lles parece en aras a que o Grupo Socialista ten 10 deputados e o Partido Popular ten 12 iniciará o Grupo Socialista a intervención, intervirá o Grupo Popular e pechará con cinco minutos o Grupo Socialista e pechará e rematará o debate o Grupo Popular. ¿Están de acordo con esa proposta?, pois iniciamos o debate conxunto entón da Moción número 16 do Grupo Socialista sobre a asunción por parte da Xunta de Galicia das competencias que lle son propias no tocante aos servicios básicos específicos nos concellos da provincia de Pontevedra. E a 17, Moción do Grupo provincial do Partido Popular relativa á corrección das bases reguladoras do Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2016. En primeiro lugar, ten a palabra a deputada do Grupo Socialista. Sra. Rivas Gómez.- Gracias Sra. Presidenta. Boas tardes, casi, polas horas que son. O Grupo Socialista achega a este Pleno unha moción onde instamos a que é necesario que a Xunta de Galicia asuma o pago das axudas que sexan necesarias para manter non só ao CODI de Valga, senón tamén ao resto dos centros de servizos básicos específicos da provincia, evitando situacións discrecionais e arbitrarias. Por iso é inexplicable que servicios específicos, como o Centro de orientación de discapacitados, CODI, en Valga, o Centro polivalente de Meaño, o Centro de Silleda, os Fogares de maiores de Caldas de Reis e Ribadumia ou o Centro de día municipal de Sanxenxo, entre outros, estean a ser asumidos en parte ou na súa totalidade polos concellos onde se presta o servizo. Este convenio que excluía ao resto dos centros de servizos específicos da provincia representaba un claro exercicio de discriminación administrativa, provocando ademais situacións inxustas e inexplicables entre os usuarios destes centros. Pola contra, unha vez máis, o Partido Popular volve a presentar neste Pleno mocións que non son competencia desta casa. ¿E para que?. ¿E para que?. Como o fixeron ó principio deste Pleno, xa, para facer ruído, ruído político, así lles vai en cada pleno, ruído e máis ruído, e sempre sen conclusións que melloren a vida dos pontevedreses e das pontevedresas. Pero esta vez a súa osadía, de verdad, superou e sobrepasou certos límites, convertindo a súa Moción nunha moción excluinte ao empregar términos, como dereitos, liberdade e igualdade, só para un concello concreto desta provincia, esquecéndose, como é habitual en vostedes, dos dereitos, dos dereitos, e o repito ben para que lles quede claro, do resto de concellos da provincia de Pontevedra. É unha pena que a Sra. Arévalo xa non esté aquí porque despois do que dixo ó principio deste Pleno era interesante que escoitara, que escoitara esto, porque ela despois de moitos anos ocupando postos de asesora de, da Deputación, mentras, por certo, non conseguía a alcaldía de Mos, a través dunha moción de censura, que hai que deixalo ben claro, e despois dun ano como deputada, siga sen coñecer cales son as competencias desta administración, e a verdad que é un pouco sorprendente cando ela é a portavoz do Grupo do Partido Popular. Pero non se preocupen os diputados e diputadas do Partido Popular porque eu llo vou a explicar. Voulle explicar exactamente o mesmo que lle expliquei ao alcalde de Valga, cando se reuniu comigo fai uns meses, a mesma explicación que tamén recibiu a alcaldesa de Meaño que, por certo, a pesar de estar nunha situación moi similar cun centro polivalente, curiosamente, curiosamente, nin se menciona nesta moción, seguramente será porque a alcaldesa de Meaño si entendeu perfectamente as bases reguladoras do Plan de cofinanzamento dos servicios sociais comunitarios, municipais, do ano 2016, sabendo, sabendo perfectamente, a quen ten que dirixir a súa demanda e de quen é a competencia. Miren, permítanme sen acritude, permítanme que lle dea una clase somera sobre competencias en servicios sociais para que non volva a equivocarse, si, non se ría, sobre todo vostede señor, Sr. Bas, para que non volva a equivocarse con esixencias que non nos corresponden. Segundo o Estatuto, e están, e que o escoiten ben, según o Estatuto de Autonomía é a comunidade autónoma a que ten como competencia exclusiva os servicios sociais. Esta competencia está regulada na Lei 13/2008 de Servizos sociais galegos e desenvolvida co Decreto 99/2012. Segundo esta lei, os Servicios sociais galegos estrutúranse en dos niveis, os especializados, que son servicios sociais de carácter non local, como centros de drogodependencias, menores, mulleres, etc., e os comunitarios, os comunitarios que son servicios municipais, estes que son os que nos interesan, e os que, por que hoxe estamos aquí. Divídense en dous grupos: comunitarios básicos, que son aqueles que dan acceso ao sistema de Seguridade Social directo; e os comunitarios específicos, específicos, que corresponden sobre todo a programas e a xestión de centros. O Decreto 99/2012 di que os servicios básicos comunitarios teñen que ser desenvolvidos, e/ou atendidos polos concellos, polos concellos, engadindo ademais nese mesmo Decreto que a Deputación debe establecer o apoio ós concellos nos seguintes aspectos, son claros: finanzamento do servizo de axudas a domicilio o SAD, e finanzamento para a contratación de persoal técnico diferente á asistencia social, o que se chama traballadora social, como psicólogos, educadores familiares, auxiliares administrativos, exclusivamente, e quero que ós deputados e deputadas do Partido Popular lles quede claro, exclusivamente iso, servicios comunitarios básicos. O decreto non di nada, non di nada de que a Deputación nin os concellos deban asumir o custo de persoal dos servizos comunitarios específicos, nada, non o di en ningún sitio, como é o de Valga ou de Meaño. Cando detectamos esta subvención exclusiva, exclusiva, e quero que quede claro, a dous concellos consultei co Secretario da Deputación, o Secretario contestounos cun informe que conclúe textualmente, e vou lelo tal cuál, “por tanto o papel da Deputación neste asunto é o de subvencionar os Servizos Sociais en concellos de menos, de menos de 20.000 habitantes, exclusivamente na súa modalidade de comunitarios básicos excluíndo os específicos. Se quere vólvolle, si Sr. Bas, se quere vólvolle a explicar o que son os servicios específicos, e o Secretario o deixou moi claro, comunitarios básicos, excluíndo os específicos. Parece que non interesa o que esta deputada está a decir, como é normal no Partido Popular. O CODI de Valga por suposto, como estou dicindo, é un servicio específico. Logo, tamén preguntei nos servizos xurídicos porque se subvencionaban dende, dende hai anos os servicios en Valga e Meaño, contestación que me deron, decisión política, esa foi a contestación, decisión política. E ahora quero que lembren un pouquiño, alá polo ano 2012 cando a Xunta cansouse de pagar aos concellos os servicios, cansouse, quero que lle quede tamén ese término, cansouse, de pagar aos concellos os servicios básicos trasladaron á Deputación esa obrigación a través dun convenio, como sempre a Xunta, a Xunta querendo que sexan concellos e deputacións os que asumamos as súas, as súas competencias. O 18 de xullo de 2012, a Deputación e a Xunta asinaron un convenio para cofinanciar os servicios sociais comunitarios, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012, un convenio que a día de hoxe xa non está vixente, xa non está vixente. Nese convenio recollíase que a Deputación asumiría o custo do personal dos servicios básicos de todos os concellos, pero sólo o persoal de específicos en Valga i Meaño. ¿Saben cantos concellos hai na provincia similares a estos dous?. ¿Saben cantos?. Dígollo eu, en Caldas, na Cañiza, en Crecente, en Forcarei, no Rosal, en Sanxenxo, en Silleda e en Vila de Cruces, entre outros. Concellos con centros similares ó CODI, ou ao polivalente de Meaño, que atenden a persoas con discapacidades ou maiores, que son atendidos con recursos e persoal exclusivamente municipais; que non reciben, esto que tamén quede moi claro, que non reciben nin un só euro da Xunta. Dende o servicio cóntanme que xa entón o equipo de goberno tiña moitas dúbidas, tiña moitas dúbidas co pago dos salarios destes centros. Por iso sorprende unha vez máis que o seu asesor, a soldo, o Sr. Louzán, como ben dixo o meu compañeiro Regades antes, non lle informase sobre iso, quizás é que cobrar cobra, pero asesorar asesora moi pouco. Así que o que nos queda claro é que a Xunta ordenaba e a Deputación obedecía, que eso o facían moi ben, impoñendo unha axuda a Valga e Meaño absolutamente discriminatoria con respecto ao resto de concellos da provincia. Por elo, o Grupo provincial Socialista solicita que, instar á Xunta de Galicia a que a través da Consellería de Benestar Social e o Consorcio Galego de Benestar Social, garantan os servicios que na actualidade están a presentarse en todos os centros de servizos básicos específicos da provincia de Pontevedra. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sra. Deputada. Polo Grupo Popular vai a intervir. Sr. Deputado, ten vostede a palabra. Sr. Moldes Martínez.- Bos días. Eu antes de nada quería facer unha, unha reseña, conforme aquí outros colectivos puideron falar e acceder sin ningún tipo de problema, eu creo que ahora cerca das 4 da tarde que teñamos veciños de Valga e familiares de persoas que neste caso son usuarios deste centro e que teñan que estar a portas de aí, e creo que non é, non é bo. Creo que non é bo que antes de comenzar un pleno pois tiñamos afiliados do Partido Socialista ocupando sillas desta pequena sala e que non poidan acceder na súa totalidade cando se desplazan desde Valga, logo, canto menos, eu creo que non foi moi respectuoso o feito de que antes de comenzar o Pleno esta sala xa estuvera ocupada pola maioría, en este caso, de persoas afiliadas, e noutros casos concelleiros do Partido Socialista, eu creo que case é unha falta de respecto a todos eses veciños que se desplazaron desde Valga, sobre todo o que hai que recordar que está moción xa foi aplazada noutro pleno, de forma unilateral, donde se eliminou dun pleno, donde parece que non era urxente este tema, eu creo que hoxe ó mellor un xesto, pois era de agradecer pois invitalos a pasar, a que puideran estar dentro e que non estuvera ocupada esta pequena sala, cando sabemos que, bueno, o pleno, o Salón de plenos ten moita máis capacidade, aquí temos unha pequena sala, e que casualidade que antes de comenzar o pleno pois xa estaban ocupadas esas sillas. Dito esto, eu creo que o concello de Valga pois conta con un centro que é comarcal, é un centro día ocupacional para persoas con discapacidade, eu creo que aveces se nos enche a boca de falar de sensibilidade, que hai que ter, pero despois temos que pasar ós feitos. Eu creo que é un centro único en toda a provincia e que está xestionado directamente polo concello e dá asistencia a toda a Comarca en este caso do Umia, Caldas, Catoira, Pontecesures e Valga. Eu creo é por todos coñecido, incluso polo equipo de goberno, o ben que o fan en este caso os profesionais, o ben que funciona este centro, eu creo que aí non debemos case nin entrar. Entendemos que en este caso esas bases reguladoras do plan que cofinanciaba estes servicios sociais, pois discriminaron totalmente este centro, este centro pois anteriormente, pois recibía uns fondos importantes para poder levar acabo a súa actividad, en este caso pois quedan eliminados o 100% das axudas, que en este caso a Diputación concedía ó CODI desde o ano 2012, e que tamén en este caso se eliminou unha axuda para un técnico dos servicios sociais, e entendemos que esto lle complica moito a vida e a subsistencia deste centro, e sobre todo lle complica moito a vida ó propio concello que é quen está afrontando estes gastos. Cando se fala da lei por parte da compañeira diputada, no artigo 63 nos di, e eu non sei se ó mellor interpretamos mal nós, pero que despois temos notas de prensa donde sale o propio Presidente da Diputación de Coruña, donde colabora activamente con estes centros, non sabemos si a Lei é que é distinta para Coruña e para Pontevedra, pero si está claro que o artigo 63 permite e ampara este tipo de convenios como se viña facendo. A partires de aí non deixa de ser unha decisión política, seguramente pois para o equipo de goberno, pois este centro, pois non é importante, seguramente que o servicio que dá, pois non é tan importante, porque cando falabamos dese, nesa investidura se decía que tiña que estar, esta Diputación que iba estar a disposición dos concellos, que se poñían ao seu carón, e esto ben refrendada polos familiares, polos colectivos e incluso polo propio alcalde, que cerca das 4 da tarde pois siguen aí a expensas de que nós reflexionemos e que cambiemos a nosa forma de actuar para poder ter eses fondos, que ó final non son fondos pa facer unha carretera, para poñer un banco, senón son fondos para dar servicio a persoas, a persoas con discapacidade. E repito, con este novo equipo de goberno desde o primer momento, cando foi aquel pleno de investidura se falou que se iba estar ó carón dos veciños desta provincia, ó carón dos alcaldes, ó carón, en este caso, dos concellos. Nos atopamos que a día de hoxe cando un concello ben a pedir axuda, e aí podemos volver a facer referencia, onte leía a entrevista do Presidente da Diputación de Coruña cando decía que as deputacións están feitas para cando un concello ten problemas estar ó seu carón. Eu supoño que preto das 4 da tarde despois de estar aquí toda a mañán, e estar aí fora os veciños de Caldas, en este caso de Valga e o seu alcalde, non estarán aquí por un capricho, nin por unha decisión política, senón que están aquí porque lle fai falta axuda, e porque lle fai falta axuda porque sinón van a ter que pechar un centro que dá un servicio que é moi importante para eses veciños. Logo nós entendemos, e lle pedimos que vostedes reflexionen, que reflexionen e que poñan as persoas por encima de todo o demais. Nós entendemos que esto xa non é un debate político, xa non é un debate de decir que o Partido Socialista ou o Bloque Nacionalista Galego é moito mellor que o Partido Popular, no, esto é un debate donde falamos de persoas, donde o Partido Popular, fai un pouco, cando falábamos deses rapaces e demais, deses centros, deses protocolos para diabetes, pois en este caso entendeu e aprobou de forma unánime, porque entendemos que son as persoas prioritarias. Nós lle pedimos o mismo, lle pedimos que reflexionen, lle pedimos que fagan algo que están facendo os seus compañeiros na Coruña, que é apoiar este tipo de centros, porque ó final o que están facendo é dando un servicio a veciños con discapacidade que o necesitan. Non podemos eliminar o 100% destas axudas e con tanta facilidad pechar este centro. Polo tanto, o que pedimos na nosa Moción é que vostedes corrixan as bases reguladoras do Plan de cofinanciamiento dos servicios sociais comunitarios municipais da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2016, de maneira que se contemplen a realidade dos servicios sociais, e do Centro de orientación de discapacitados de Valga. Que se otorgue ó concello de Valga unha axuda económica polo menos do mesmo importe que percibían no período 2012-2015, cos gobernos do Partido Popular na Deputación, de maneira que se garanta a supervivencia do Centro de orientación de discapacitados e dos servicios sociais comunitarios que actualmente ofrece en este caso o concello de Valga para toda a comarca. Logo eu o que lle pido, é que máis que entrar e ver esto como un análisis político, como un debate político, que pensen nas persoas, queda moi ben plasmar esto nun documento, cando se foi, neste caso, o discurso investidura, o papel o soporta todo, pero sen embargo hai que ser coherente cos feitos, non nos pode encher a boca, decir que vamos a estar ao lado dos concellos, i o primeiro que lle facemos é darlle as espaldas. Non podemos decir que vamos a abrir as portas, e despois cando se vai realizar un pleno para debatir algo tan importante, cando veciños de Valga se desplazan a esta casa resulta que esta sala de plenos se atopa xa ocupadas por afiliados do Partido Socialista e con tres membros de seguridade na porta que lle impiden o paso, que ó final son os menos culpables por que fan o seu traballo. Despois se nos enche a boca de decir que as administracións e as institucións teñen que estar ao lado das persoas, aquí teñen a oportunidade, sálganse do papel, sálganse do discurso oficialista, vaian ós feitos, ¿cales son os feitos?, que cando estaba o Partido Popular nesta casa gobernando, pois, había un centro que podía sobrevir, había unhas persoas, uns familiares con persoas discapacitadas nas súas familias que tiñan un servicio, agora con esta nova Diputación de forma, en este caso, unilateral, se elimina unha subvención que non lle afecta en este caso ao alcalde de Valga por ser do Partido Popular, non, lle afecta a tódolos veciños, e sobre todo, a todas esas persoas discapacitadas que con este, en este caso, con esta subvención que se elimina van a deixar de prestarlle un servicio. Logo nós, desde o Partido Popular, o que lle pedimos, porque non é algo que sea, que non faga nadie, senón que o fan os seus propios compañeiros, hai incluso persoas no seu propio partido que teñen unha sensibilidade especial e que na Diputación de Coruña veñen de aprobar esto. Logo, como sempre vostedes o repiten, e vostedes son tan bos, ustedes son os que, o exemplo a seguir en tódolos casos nos servicios sociais e demais, é que estén ao lado das persoas, e lle pedimos que rectifiquen e que en este caso aproben os nosos acordos, pero non por poñer contentos ao Partido Popular senón para dar un servicio a persoas con discapacidade, e sobre todo para axudar a esas familias e para, en este caso, facerlle máis fácil o día a día, moitas gracias. Sra. Presidenta.- Ten vostede. ¿Hai alguén que queira fixar?, Ten a palabra, perdón, a posición o Sr. Mosquera. Eu lles prego que senón é imprescindible tampouco temos porque utilizar os 10 minutos que podemos, pero claro, como estamos a repetir o mismo tanto tempo é agotador. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben. Gracias Sra. Presidenta. Este é un asunto que se pretende que sexa vidrioso cando é extremadamente claro. Na provincia de Pontevedra centros que caen fóra do que é os servicios comunitarios básicos, ou sea o que financia a Xunta, o que ten financiar cada concello, debe haber, debe haber do orden de 30, 40, o que sexa, e se contamos os concellos grandes probablemente estemos falando de que o investimento dos concellos en este tipo de servizos deben rondar os 10 millóns de euros, na provincia, o que aportan os concellos, correcto. O concello de Valga no seu momento pois conseguiu, conseguiu, o seu alcalde era diputado aquí, supoño que tamén tería algo que ver, conseguiu que, excepcionalmente, excepcionalmente, se financiara ese centro, cousa que non conseguiu outras,… Nestes intres hai un corte da gravación. Sr. Mosquera Lorenzo.- Cousa que outros concellos non conseguiron. Ben, nada quita, xa que un concello que realmente tiña un servicio que lle, eu, por exemplo, podo dicir que o concello de Pontevedra case se van 2 millóns, ó ano, ¡eh!, maior do que sería según baremo, ¿non?, que é o que estamos falando, baremo fóra de baremo, e con servicios comunitarios, servicios para concellos do arredor, para comarcal, o que sexa. Entonces, si alguén o consigueu eu creo que debe alegrarse de telo conseguido no seu momento, en todo caso, pero está claro que é discriminatorio con respecto a outros concellos, clarísimamente discriminatorio. Entonces, nada quita que o concello de Valga colla e firme un convenio ca Diputación, renuncie á parte dos cartos que lle van no Plan concellos, e o utilice para eso, nada quita, e entonces sería tratado igual cos demais, porque senón a outra mecánica lévanos a que esta Diputación si quere tratar a todos os concellos igual, a todos da provincia igual, non tería límite. Digo 10 millóns e seguramente sea bastante máis, ¡eh!, entonces, 10 millóns, ou 15, ou 20, e se o financia esta casa pois florecerían como fungos, e seguramente que hai necesidades, seguro que hai, pero, ¿a que o dedicamos?. Entonces eu, é moi loable, recoñézoo, ¿non?, o de Valga, é moi loable o esforzo que se fixo, pero hai outros concellos que o fixeron tamén. Entonces, estamos nunha situación que facía referencia antes con respecto a, vamos, a certo tipo de favores e demais, estamos nunha situación que, socialmente, a min me preocupa extremadamente, que é a alguén que tuvo, vamos a ver, algo excepcional, algunha prebenda, por ser suaves, ¡eh!, si a perde, monta lio, pero os que nunca a tiveron igual tiñan dereito, estanse calados. Porque claro, ¿por que non traen ós veciños, pois de todos os concellos que se citaron, para que lle pague a Diputación?, ¡ah!, como paga o concello xa está, en este caso como hai que facer o cambio, paga e tal. Mire, si hubo algún defecto en esto, é máis, cando saíu no 2012 este diputado advertiu de que se estaba facendo un agravio comparativo, ¡eh!, advertiuno nesta, nesta casa, ¡eh!. Entonces, ahora, non é, non, non montamos, ben, senón había ningún outro concello, non quería dicir nada, e a filosofía digamos do, desta Diputación naquel momento era facer excepcionais, pois non montamos ningunha laraca tal, pero advirteuse, porque hai outros centros na provincia que pagan os concellos a tocateja sacando doutro lado. Entonces, claro, esas situacións excepcionais, o curioso é que cando se cortan, pois, parece que hai un gran problema. Si hubo algún defecto aquí, e téñoo que reconocer, e polo tanto, pedir disculpas ao alcalde de Valga, aos veciños, o que sea, é que igual se debeu anunciar con suficiente antelación, igual con máis antelación, ¡eh!, o resto non vale, ¡eh!, o resto non vale. Está aberto, calquer concello, se o concello de Valga leva 600.000 euros ó ano, setecentos, o que sea, está con, mire, non me entra xusto no Plan concellos, renuncio a esta parte para financiar outra, e así todos en igual, ¡eh!. O que non se pode estar a rodar un carrillo e máis doutro, e xa debían estar contentos que o tiveron roendo 3 anos, cando outros concellos na misma situación e igual con moitos cartos comprometidos en, en servicios, en servicios deste tipo, nada, estiveron pagando un ano e máis outro polos dous lados. Eu creo que non vale eso de dicir, porque é comparar unhas situacións que son similares e polo tanto non vale. Xa digo, o asunto ten solución si se lle quere dar, pero desde logo a solución non é que a Deputación rompa criterios pa todos concellos igual, entonces excepción, excepción, excepción, porque ó final rematamos, pois bueno, pois nas cacicadas habidas e por haber, e quen consigue ten e que non consigue non ten. Así non vale. Sra. Presidenta.- Para pechar o debate ten 5 minutos a deputada do Partido Socialista e logo pecha o deputado do Partido Popular. Sr. Rivas Gómez.- Sr. Moldes, de verdad que xa me agardaba a exposición que fixo, loxicamente xa a tiña escrita, e de todo o que dixen nin escoutou, nin escoitou, e por outro lado, o importante, non vou entrar no seu debate, como ben dixo a Presidenta ó principio, explicou o por que, se vostede quere enroscar aí nós non vamos a entrar niso, o que si queremos, e que quede claro, é que a moción no pleno anterior non se retirou senón que foi por entrada de Rexistro e cada grupo tiña tres. Entón, diga a verdade, que vostedes se a, a meteron no, de rexistro no último é cousa do Partido Popular non é cousa deste goberno. Porque señoras e señores, volvo a repetir, porque parece que o que dixen antes, en este caso o Sr. Moldes non entendeu nada, repito a día de hoxe a competencia para a financiación do persoal dos servicios comunitarios específicos é da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra só ten obligacións de asistir económica, técnica e xuridicamente aos concellos de menos de 20 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos, e xa o está facendo, e xa o está facendo, Sr. Moldes. Polo tanto, dirixan os seus dardos políticos contra a administración autonómica que é quen ten que asumir este gasto, e deixen de politizar, e o digo, politizar unha situación que afecta, como ben dicía vostede, a moitos cidadáns e cidadás desta provincia que necesitan deste servicio, pero a todos os cidadáns da provincia. Por certo, e para que quede claro a situación é tan irregular, e esto quiero, quero que o escoiten ben, que a Valga se lle estaba a pagar persoal que nunca, nin dende a Xunta podíase asumir, pagábase a un profesor de informática, a un monitor de medios audiovisuais e manexo do software, a un monitor de manualidades, pregúntolles, pregúntolles como alcaldes e alcaldesas, ¿fináncianlles a Deputación persoal para dar clases de manualidades?, estou preguntando, retoricamente, pero estou falando, ¿lles, lles financian eso?, ¿monitores de software?, ¿algunha vez pagoulles unha administración o contrato a tempo completo dun profesor de informática?, ¿de verdade?. Queren seguir defendendo que a Deputación pague estes salarios exclusivamente a Valga, porque vamos a dicir as cousas, exclusivamente a Valga, a Valga, é mais, é que na súa moción só nombra a Valga, o resto dos concellos non importan, como volvo a repetir é a dinámica do Partido Popular. Non sería entendible outra resposta que non fose a negativa, porque vostedes saben que esta administración nin ten, nin debe, financiar este persoal, porque estaría a actuar de forma discriminatoria, usan ademais ás persoas, ás persoas, Sr. Moldes, como vostede ben di, que necesitan este centro como instrumento dun obxectivo político que non é máis que danar a imaxe desta administración, e o máis grave, e o máis grave é que o fan para acabar, anunciando, como salvadores, como salvadores, xusto antes das eleccións municipais, das eleccións autonómicas, que a Xunta vai a asumir esta competencia, e tempo ó tempo, e o tempo nos dará a razón como decía ben antes o Vicepresidente. Remato como comecei esta Moción, afirmando que o Partido Popular trae a este pleno unha moción excluinte, e quero que quede moi claro, excluinte, esquecéndose como é habitual en vostedes dos dereitos, dos dereitos do resto de concellos da provincia de Pontevedra. Por eso, iso pídolles que por dignidade política apoien a nosa Moción que non só pide que a Xunta pague ao persoal do CODI de Valga, senón tamén o do resto dos concellos, e quero que queden, e vou nomealos outra vez, Caldas, Cañiza, Crecente, Forcarei, Rosal, Sanxenxo, Silleda e Vila de Cruces, entre outros, así que, Sr. Moldes, as demagoxias as xustas. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Sr. Moldes, ten vostede os seus 5 minutos para rematar o debate. Sr. Moldes Martínez.- Si. Eu, dúas cousas, normalmente non leo os argumentarios, non leo, pero por eso, non, cando di ela que o traía escrito, non os leo, vale, á parte, dito esto, eu contaba en vostede, coa área que leva, unha contestación máis humana e menos política, esperaba eso, esperaba menos política e sen embargo unha contestación máis humana, máis cercana e máis pensada nas persoas sobre todo pola área que lle toca a usted xestionar. Vostede falaba de centros, podíamos quitar un listado, sobre todo todos aqueles que quedaron sin subvención desde que chegou este novo equipo de goberno, as Amaritas da Guardia, Esperanza Salnés, Down, Xuntos, Proxecto Home, Cogami, Red Madre, Parkinson, todos estes, o que usted queira, pero antes tiñan unha subvención -eu non lle interrompín a vostede-. Sra. Presidenta.- Señora, Sra. Diputada, por favor, vostede non pode interrumpir a quen está no uso da palabra. Sr. Bas, vostede tampouco, que ademais vostede é un alcalde. Sr. Moldes Martínez.- Logo eu o que lle digo é eso. Eu contaba eso, máis un argumentario humano que político. Vamos a ver, no contexto político pois casi podemos, casi, casi, meter todo, pero aquí estamos falando de persoas, logo, en este caso contaba máis cunha contestación humana. E vostede pode decir o que queira, e podrán xustificar o que lle dea gana, e nos podrán culpar, pero sólo nos podrán culpar dunha cousa ao Partido Popular, que mentres estaba nesta o Partido Popular en Valga había un centro e había unhas familias que tiñan un servicio, e que coa chegada da nova Diputación en Valga vai haber uns veciños, de toda a comarca, non tan só para en este caso para os veciños de Valga senón para toda a comarca, que coa súa chegada deixan de prestar un servicio, e deixan de ter un servicio, pero non un servicio para facer unha carretera poñer un parque, no, algo humano, me refiero dar servicio a persoas discapacitadas. Seguramente nós o fixéramos moi mal pero en este caso, a min me gustaría que o día que teña que deixar a política me critiquen por dar servicio ás persoas, oxalá que me critiquen por eso. E vostedes se nos queren criticar que fomos caciques por dar un servicio a un centro de discapacitados, benvido sea, benvido sea, ¿somos caciques?, si, por dar servicio a persoas que o necesitan, persoas discapacitadas. Pero vostedes serán recordados incluso polos seus compañeiros de Valga por pechar un centro para discapacitados, síganos chamando caciques, pero a única, o único que quedará é a reflexión e os feitos, e os feitos son que co Partido Popular os veciños de Valga, as familias de Valga e de toda a comarca tiñan un centro para discapacitados, e coa chegada da nova Diputación, que se facía chamar a Diputación dos concellos, a Diputación das portas abertas, pois atopan un centro que vai a pechar, uns veciños que non poden entrar na Sala de plenos, e se atopan, que non vamos a estar ao carón dun concello que o necesita, pero non que o necesitan os votantes do Partido Popular, que o necesitan a totalidade dos seus veciños coa independencia de a quen voten. Logo, volvémoslle ó de antes, reflexionen, e por favor, non pechen este centro nin outros, que bastante boa labor facían con esa subvención que antes recibían. Sra. Presidenta.- Rematado este debate, e antes de pasar a votación, porque esto é un tema moi importante, estamos falando de persoas, estamos falando de discapacitados, de persoas que precisan da igualdade de oportunidades para poder desenvolver a súa vida, e como é un tema tan importante non poden quedar afirmacións que son absolutamente falsas enriba da mesa. Explicou a deputada, extraordinariamente ben, cal é a situación, só mentes quen non quere oír, pois non escoita, isto é así, ¿recordan vostedes os tres monos de Agatha Christie?, pois hai xente que non quere nin ver, nin quere oír, e tampouco quere falar da verdade e esas cousas hai que dicilas con moita claridade, porque resulta que para o Partido Popular hai discapacitados de primeira e discapacitados de segunda, os discapacitados de Valga son de primeira e precisan de recursos da Deputación, pero os de Caldas son de segunda, os da Cañiza son de segunda, os de Crecente son de segunda, os de Forcarei, donde goberna o Partido Popular, tamén son de segunda, non sei a alcaldesa como poderá explicarlles a esos discapacitados que non tiñan apoio da Deputación do Sr. Louzán, pero os de Valga e os de Meaño si, tamén son de segunda os do Rosal, donde tamén goberna o Partido Popular, e os de Sanxenxo, e os de Silleda, e os de Vila de Cruces, e o do resto dos concellos que teñen recursos para facer frente a estas cousas, cando os recursos os tiña que poñer a Xunta de Galicia porque é a súa competencia. Polo tanto, demagoxia non, ¡eh!, o problema é que Valga tiña recursos e estes concellos non, estes discapacitados non contaban para a Deputación de Pontevedra, eran de 2ª, de 3ª, de 4ª, ou de 5ª, esa é unha inxusticia social de tal calado que hai que ter moi pouca, moi pouca consideración ós principios de igualdade para facer estas cousas. Esto aquí rematou, por eso nós lle esiximos á Xunta, á Xunta, que cumpra coas súas obrigas. É mellor quitar diñeiro dalgunhas cuestións como infraestruturas e adicarllo a atender ás persoas. E polo tanto, ten que ser a Xunta o que preste estes servicios, os ten que prestar a Xunta. E quero que conste en acta porque dentro de moi pouco, dentro de moi pouco o tempo porá a cada un no seu sitio, e entón, eu estou segura que non falta moito tempo para que a Xunta de Galicia, que xa se lle ten informado ás persoas que forman parte do CODI, ós traballadores, ós usuarios e ás familias, que a Xunta se vai facer cargo do CODI de Valga, xa lles teñen informado, eu espero que cando tomen esa decisión tamén a tomen para Caldas, A Cañiza, Crecente, Forcarei, O Rosal, Sanxenxo, Silleda, Vila de Cruces, e todos os concellos que prestan estes servicios, espero que non se faga o anuncio exclusivamente de que vai pa ser para Valga e para Meaño, espero que sexa para todos. E polo tanto, xa está ben, a Xunta de Galicia non pode seguir mirando para outro lado, ten miles de millóns de euros nos seus orzamentos, que os adique a atender ás persoas, hoxe aquí había cinco sillas valeiras para que puidera estar aí sentada a persoa que tiña pedido intervir e quen a acompañaba, 5 sillas valeiras as contou a Presidenta, cinco, e se podían sentar calquer cidadano, milite donde milite, pode vir a participar deste pleno. Por certo, a xente que hoxe está aquí ben habitualmente ós plenos, porque aquí hai debates moi interesantes e teñen o dereito a vir, cinco sillas valeiras. Pero vostedes xa tiñan preparado o numerito de todos os plenos, de todos os últimos venres de mes, queríamos quitar unha foto usando a xente, deplorable, deplorable que vostedes teñan sentado aí fóra a unha persoa con dificultades para quitar unha foto, é deplorable, a min me avergonza como política, cinco sillas valeiras, ¿sabe canto ocuparon hoxe os señores, as señoras que viñan a falar de diabete?, dous, e unha se levantou e falou, non tiña ningún problema para falar, o que ocurre que preferíamos a foto para que mañán a ver si podemos usar a través dunha foto, usando as persoas que teñen dificultades e problemas e iso nos dá algún voto, non lles vai a dar ningún voto, é vergonzoso esa forma de actuar, insisto, insisto. Espero que cando a Xunta anuncie que vaise facer cargo do CODI, que lle corresponde que é a súa competencia, o faga para todos os concellos, porque xa llos digo, senón o fan así nos terán enfrente, nos terán enfrente, a todas as persoas con necesidades o mesmo tratamento, espero que sea así, exactamente igual que estamos facendo un seguimento dese Plan de Acción comunitaria que aprobou a Xunta para ver a quen se lle reparten esos cartos e como se reparten, para ver si se cumpre coa legalidade, o se incumpre a legalidade como ocurría co antiguo PAC nesta Deputación. E polo tanto, o tempo pon todo no seu sitio. Procedemos a votar as mocións. Moción número 16. Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista sobre asunción por parte da Xunta de Galicia das competencias que lle son propias no tocante aos servizos básicos específicos nos concellos da provincia de Pontevedra. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. Queda aprobada por 14 votos a favor, 14, creo que votei ben, ¿non?, si, e 9, 9 votos en contra, hai nove persoas, ¿non?, hai 9 do Grupo Popular, ¿non?, perdón, si, 9, ¿donde esta o décimo?, ¿hai 9?, lles aseguro que hasta 9 sei contar, 14 votos, aveces me confundo, ¡eh!, así que fixeron vostedes ben que aveces pode ocurrir, 14 votos a favor, e 9 en contra. Pasamos a votar o punto 17. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular relativa á corrección das bases reguladoras do Plan. Por certo, en todas as votacións hai que restar un do Partido Popular porque votei Forcarei, perdón, non o. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular relativa á corrección das Bases reguladoras do Plan de cofinanciamento dos servicios sociais comunitarios da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2016. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitado por 13 votos en contra, 1 abstención, e 9 a favor. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE, do BNG e de Coalición Electoral SON, e cos votos en contra do PP, aprobar a Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) sobre asunción por parte da Xunta de Galicia das competencias que lle son propias no tocante aos servizos básicos específicos nos concellos da provincia de Pontevedra. Dita Moción é como segue: “Santos Héctor Rodríguez, voceiro e deputado do Grupo Provincial Socialista na Deputación Provincial de Pontevedra (PSdeG-PSOE) ó abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte Moción ao Pleno, sobre asunción por parte da Xunta de Galicia das competencias que lle son propias no tocante aos servizos básicos específicos nos concellos da provincia de Pontevedra. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Os concellos da provincia de Pontevedra están a asumir o custo de moitos servizos que non son da súa competencia pola falta de apoio manifestado polo Goberno do Partido Popular. Entre eles, asumen o custo da xestión, incluíndo o persoal, de varios centros de servizos sociais básicos específicos, aínda que está claramente regulado na lei 3/2008 e o decreto 99/2012, que esta é unha competencia exclusiva da Xunta de Galicia. No citado decreto faise constar que os servizos comunitarios específicos mediante os que se leven a cabo programas e se xestionen centros orientados a colectivos con problemáticas identificadas e singulares, tales como persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión, persoas maiores, persoas con discapacidade, etc. Procurando a súa normalización e reincorporación social ou como espazo de tránsito a un servizo especializado, deben ser considerados como competencia exclusiva da Xunta de Galicia. E por iso é inexplicable que, servizos específicos como o Centro de Orientación de Discapacitados (CODI) en Valga, o Centro Polivalente de Meaño, o Centro de Silleda, os Fogares de Maiores de Caldas de Reis e Ribadumia, ou o Centro de día municipal de Sanxenxo, entre outros, estean a ser asumidos en parte ou na súa totalidade polos concellos onde se presta o servizo. Debe lembrarse, que xa no ano 2012, a Administración Autonómica recoñeceu esta situación ao asinar un convenio coa Deputación de Pontevedra para que esta última, asumise parte destas competencias, incluíndose no mesmo, e durante un período de vixencia dun ano, que a administración provincial fose a que asumise o pago do persoal de só dous destes servizos, o CODI de Valga e o Centro Polivalente de Meaño. Este convenio, que excluía ao resto dos centros de servizos específicos da provincia, representaba un claro exercicio de discriminación administrativa, provocando ademais situacións inxustas e inexplicables entre os usuarios destes centros. Unha situación que o Partido Popular pretende alongar no tempo, xa que tal e como anunciou o Alcalde de Valga ao persoal e os usuarios do Centro de Orientación de Discapacitados (CODI), a Xunta de Galicia vai asumir o custo dos salarios de devandito centro, de novo excluíndo ao resto dos concellos de Pontevedra. E necesario que a Xunta de Galicia asuma o pago das axudas que sexan necesarias para manter, non só ao CODI de Valga, senón tamén ao resto dos centros de servizos básicos específicos da provincia, evitando situacións discrecionais e arbitrarias. Por elo, o grupo Provincial Socialista presenta ao Pleno a seguinte MOCIÓN: 1. Instar á Xunta de Galicia a que a través da Consellería de Benestar Social e o consorcio Galego de Benestar Social, garantan os servizos que na actualidade están a prestarse en todos os centros de servizos básicos específicos da provincia de Pontevedra.” 17.6818.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) RELATIVA Á CORRECCIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PLAN DE COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O EXERCICIO DE 2016 Rexéitase, por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON, a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) relativa á corrección das bases reguladoras do plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2016. 18.6819.- RENUNCIA Ó CARGO DE DEPUTADO PROVINCIAL PRESENTADA POR DON JOSÉ CRESPO IGLESIAS Sra. Presidenta.- Pasamos ahora ó punto 18. Renuncia ó cargo de deputado provincial presentada por Don José Crespo Iglesias. É unha toma de coñecemento pero eu quero, un segundo, eu neste punto quería ó marxen dos acordos, dos desacordos, das posicións que defendemos cada un, creo que os políticos temos que agradecer a todos aqueles que se dedican ó servicio público a labor que prestaron durante os anos que a prestaran, o Sr. Crespo foi diputado provincial durante moitos anos, chegou a ser vicepresidente desta administración, e eu creo que no nome de toda a corporación hai que agradecerlle eses anos adicados ó servicio público nesta Deputación de Pontevedra, porque a política é unha actuación que ten ser valorizada, e que ten que ser moi respectada, e, polo tanto, todos aqueles que se adican a ela ó marxe das posicións, dos acordos, ou dos desacordos, creo que é obrigado facelo, e creo que falo no nome de todos os que hoxe estamos aquí, e deixándolle tamén que na súa nova laboura no Senado de España, pois que vostede tamén faga a súa labor política coa dignidade que todos os políticos adicamos cando estamos nun tempo nesta actividade que eu defendo como actividade máis xusta a que se poda dedicar o ser humano que é o servicio público. Así que, Sr. Crespo, no nome de todos gracias pola súa labor nesta institución. Non sei se vostede quere decir algo. Sr. Crespo Iglesias.- Dicirlles que moitas grazas a vostedes, o agradecemento é meu, despois de 21 anos purulando por aquí, menos un mandato, desde o ano 91 estiven sempre, fun 20 anos Vicepresidente desta casa, e creo que son o segundo máis vello despois de Cesáreo Mosquera, que creo que Cesáreo Mosquera creo que ten decidido irse de aquí cando se disolva a institución, polo tanto, ahora pois, porque a verdade é que xa sabemos todos o que opina Cesáreo Mosquera desta casa, que non dista moito do que opino eu, con outros matices pero non dista moito nese sentido. Eu agradecerlle a todos os que fixeron posible que estivera aquí tantos anos, a miña gratitude a tódolos compañeiros que inda que moitas veces, e compañeiros e compañeiras, que inda que moitas veces pois non estábamos de acordo nalgún posicionamento, tanto internamente no grupo, como con outros grupos obviamente, pois aguantaron as, os, digamos os abatares dos distintos posicionamentos, e que non, e que non sempre foron gratos. Pero, en todo caso, teño que dicir que cambio de póla despois de 21 anos, a verdade é que me fai ilusión porque 20 anos, 21 anos, son moitos anos, e saben vostedes que eu con respecto a administración local creo en algo que nunca gustou moito, e non lle gustou nin ao meu partido que é a fusión de concellos, eu creo na fusión de concellos totalmente, pero na fusión de concellos de abaixo-arriba como fixeron outros países, as fusións de concellos de, perdón, de arriba a baixo, as fusións de concellos de abaixo-arriba nunca se fará, bueno, ahora levamos dous, ó mellor no ano, dentro de mil anos estarán fusionados máis ou menos, pero é que esa fusión non vai ser posible si se fai dun xeito voluntario, obviamente, con concellos máis potentes e máis funcionais a reestruturación desta casa é necesaria, non cabe dúbida que as deputacións de toda España necesitan unha reformulación importante, e o que si lle digo é que se o meu partido me deixa, e a nivel estatal se crea unha comisión pedirei por favor que me deixen estar nesa comisión de reformulación das deputacións, por razóns obvias. Moitas gracias a todos, pídovos desculpas a todos e a todas si, si algún fallo tuven convosco no trato, non foi con intención, eu son moi vehemente pero non teño mala leche, bueno, mala leche ó mellor si, non teño mala fe. E logo, quero agradecerlle tamén ós funcionarios, porque eu teño que dicir que coñecín moitas administracións ao largo, ó longo xa da miña dilatada experiencia política e coñecín moitos funcionarios e teño que dicir que esta casa ten os mellores funcionarios de tódalas administracións cas que tuven contacto, chámese Xunta, autonómica polo tanto, chámense administracións locais varias, entre as que ó mellor se topa, se topa a miña, anque tampouco teño, a que estuven moitos anos, anque tampouco teño queixa, e por suposto outros organismos. Creo que tedes uns funcionarios, temos nesta casa uns funcionarios de luxo, porque cando había calquer novedad e non había a quen recurrir, recurríase a esta casa, outras deputacións non o solucionaban tan fácil, os funcionarios desta casa sempre tuveron un moi alto nivel. Así que, remato a miña andaina despois de 21 anos, deséxolle a todos no persoal o mellor e no político que saquedes a esta casa para diante polo interés da provincia. Moitas gracias a todos. Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Como din as cancións, Sr. Crespo, “20 anos non é nada”, e outra que di, “que vaia bonito”, me parece que é así, o despedimos coa cordialidade coa que está obrigado. Pois tomamos coñecemento da renuncia do Deputado Don José Crespo Iglesias. Dada conta do escrito presentado con data 5 de xullo de 2016 (con rexistro de entrada nº 2016071671) por D. José Crespo Iglesias, Deputado Provincial polo Partido Popular elixido en representación do Partido Xudicial de Lalín nas eleccións celebradas no ano 2015, polo que renuncia ó cargo de Deputado Provincial. Resultando que a Xunta Electoral de Zona de Lalín proclamou no seu momento Deputados Provinciais suplentes polo Partido Xudicial de Lalín en representación do Partido Popular a D. Ramiro Varela Peón, D. Luis López Diéguez y D. José Luis Espiño Espantoso, respectivamente e pola orde indicada. Considerando o disposto nos artigos 9,4 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 73.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 208 da Lei Orgánica 5/1985, de 9 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, así como a Instrución da Xunta Electoral Central do 10 de xullo de 2003. O Pleno toma coñecemento da renuncia ó cargo de Deputado Provincial presentada por D. José Crespo Iglesias, remitindo certificación acreditativa do presente acordo á Xunta Electoral Central, con indicación de que a xuízo da Corporación Provincial e á vista da acta da Xunta Electoral de Zona de Lalín corresponde cubrir a vacante a D. Ramiro Varela Peón. 19.6820.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sra. Presidenta.- No punto 19. Non hai asuntos fora do día. Non houbo. b) Parte de información e control: 20.6821.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN SOBRE CUMPRIMENTO DURANTE O 2º TRIMESTRE DE 2016 DOS PRAZOS DE PAGO DE OBRIGAS EN RELACIÓN CO DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sra. Presidenta.- Pasando a parte de información e control, no 20. Dar conta do informe de Intervención sobre cumprimento durante o 2º trimestre de 2016, dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. ¿Observacións?. Queda dada conta. A Lei 15/2010 de modificación da lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais establece no seu artigo 4º que as corporacións locais elaborarán un informe trimestral sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigas previstos en dita lei, informe que debe remitirse ós órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda, e, no seu respectivo ámbito territorial ó das Comunidades Autónomas que teñan atribuída a tutela financeira das entidades locais. Dita información poderá ser utilizada polas Administracións receptoras para a elaboración dun informe periódico e de carácter público sobre o cumprimento de prazos para o pago por parte das Administracións Públicas. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe de cumprimento pola Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento dos prazos para o pago das obrigas correspondente ó 2º trimestre de 2016, que se expón a continuación: INFORME DE CUMPRIMENTO DE PRAZOS PARA O PAGO DE OBRIGAS CORRESPONDENTE Ó 2º TRIMESTRE DE 2016 1. Con referencia á data de rexistro da factura: Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio pago (PMP) (días) Período Medio de pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación de Pontevedra 30 17 2.436 5.031.252,90 € 707 2.882.404,25 € Escola de Enfermería 16 0 6 5.747,14 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 27 0 11 878.528,19 € 0 0,00 € Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio pendente pago (PMPP) (días) Período Medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº operacións Importe total Nº operacións Importe Total Deputación de Pontevedra 64 177 1.036 2.290.872,04 € 108 935.753,52 € Escola de Enfermería 1 0 4 2.251,05 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € 2. Con referencia á data da factura: Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio pago (PMP) (días) Período Medio pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación de Pontevedra 48 60 1.611 2.537.164,34 € 1.532 5.376.492,81 € Escola de Enfermería 17 0 6 5.747,14 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 28 32 8 658.792,24 € 3 219.735,95 € Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Perío-do Medio penden-te pago (PMPP) (días) Período Medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº operac. Importe total Nº opera. Importe total Deputación de Pontevedra 79 172 1.180 2.372.056,03 € 260 1.574.278,64 € Escola de Enfermería 1 0 4 2.251,05 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0 0.00 € 0 0,00 € 3. Intereses de demora pagados: Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación de Pontevedra 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0,00 € 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga: Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período medio de operacións pendentes de recoñecemento da obriga (PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 314 13 444.671,83 € Escola de Enfermería 0 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0,00 € O Pleno queda enterado do contido do informe de Intervención de cumprimento, pola Deputación de Pontevedra, a Escola Universitaria de Enfermería e o Consorcio Provincial contraincendios e salvamento, durante o 2º trimestre de 2016 dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. 21.6822.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE XUÑO DE 2016 Sra. Presidenta.- No 21. Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de xuño de 2016. Se non hai observacións, queda dada conta. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecido no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de xuño de 2016 que se expón a continuación: INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE XUÑO DE 2016 Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Pendentes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Xuño -10,4201289618 1.849.049,46€ 45,4260541893 279.332,66 -3,0907764251 Escola de Enfermería Xuño -23,0000000000 1.754,50€ 0,0000000000 0,00 -23,0000000000 Consorcio Provincial Contra-incendios e Salvamento Xuño -5,0232193131 219.765,33€ 0,0000000000 0,00 -5,0232193131 TOTAL 2.070.569,29€ 279.332,66 -3,2863653013 O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de xuño 2016 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, en relación ó disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. 22.6823.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sra. Presidenta.- E no 23, dar conta das Resolucións Presidencias. Se non hai observacións, queda enterado. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 20 de xuño e 22 de xullo do ano 2016 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial, de data 29 de xuño de 2016, designando representante da Deputación na Comisión Institucional para o desenvolvemento do Pacto Local para a xestión do ciclo urbano da auga a Don Juan Antonio González Pérez. 23.6824.- ROGOS E PREGUNTAS Sra. Presidenta.- E no punto 23, Rogos e preguntas. Sr. Moldes Martínez.- Nós tivemos unha pregunta, simplemente, ó mellor unha aclaración chega. Nós no pasado pleno se nos había, como ben dixo a compañeira, traíamos 4 mocións, se nos retiraba unha, e hoxe vemos que o Partido Socialista presentou 4, un pouco, queriamos saber un pouco o criterio que se vai a seguir para esto. Sra. Presidenta.- Vostede sabe, hai 7 mocións, e no anterior pleno non só se retiraron do Partido Popular senón tamén do Partido Socialista. Pero, certamente, como vostedes tiveron 3 e queremos ser xustos pois retiramos unha hoxe que era a número, a número 13, para que non houbera situacións que non foran de igualdade para todos, por eso o retiramos, porque realmente foi un erro, e vostedes, inda que cumpríamos co número de 7, pois consideramos que vostedes tiveran 3 e nós tiñamos que ter 3. Así que, ¿algunha pregunta ou rogo máis?. Sr. Bas Corugeira.- Eu, na misma línea, un rogo. Que cando se teña plantexado de retirar algunha das nosas mocións que se nos consulte porque ó mellor nós preferíamos que foran unhas e non outras. Sra. Presidenta.- Foron vostedes consultados, nas comisións informativas se lle plantexou que vostedes, que soamente podía haber 7, que tiñan vostedes 5, se vostedes estaban de acordo que nos dixeran cales dúas, dixeron que non querían retirar ningunha, e polo tanto, a Presidenta tivo que facer a orde do día con 7. Entonces, un criterio que nos parecía que era o máis xusto era retirar as que habían entrado en último lugar, pero nós lles dimos a vostedes a posibilidade de que foran vostedes quen decidiran cales. En todo caso, ahora coa entrada do novo regulamento vai quedar moito máis claro e non haberá este tipo de problemas. ¿Algún rogo ou pregunta máis?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Eu quería facer, quería facer dous rogos. Un, que o Sr. Crespo saque algún tempo, un día, e que, bueno, poidamos facer algún tipo de reunión no que nos conte rico anecdotario, que o hai variado desta casa, e de, bueno, de certos personaxes, comportamentos e demais evolucións, etc., que son francamente interesantes, eu algún sei, pero, obviamente, el sabe moitos máis, e creo que son interesantisimos. Queda aí o rogo ó Sr. Crespo a ver si o ten a ben e nos damos reunido. E a segunda cuestión, bueno, pois é unha posibilidade, non, a segunda cuestión que xa, pois xa se plantexou na comisión, e plantexou tal, eu, francamente, esta carreira de resistencia de a ver quen presenta máis mocións, e presenta non sei canto, me parece excesiva, estamos a tempo, no regulamento orgánico, en vez de 7 baixalo a 1 por grupo, e creo que chega de sobra , ¡eh!, chegaría de sobra, pero bueno, se se quere manter manteñamos aquí, haberá que cambialo, porque os venres en agosto, pois xa, a min dame igual que non vou ter vacacións, ando por aquí, pero un venres en agosto vir hasta aquí e saír ahora as 4 da tarde, e ter que volver outra vez, para a casa a comer, o que sea, total, como todos sabemos, a maioría é palla, pa nada. Entonces, eu creo que con unha moción por grupo iba que nos matábamos, era mellor modificar o regulamento orgánico, ibámolo a agradecer todos. Queda aí a proposta. Sra. Presidenta.- Antes de rematar, e dar por pechado este pleno, dicirlles que como é habitual non haberá pleno no mes de agosto. Lles informaremos, porque si que o temos que facer, o faremos extraordinario en setembro e teremos dous plenos, como ben sendo habitual. Lles informaremos das datas e falaremos con vostedes na próxima semana, principios da próxima semana. As faremos tamén en setembro, pero os chamaremos o luns ou o martes para que tamén a oposición poda organizar a súa vida no mes agosto. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as dezaseis horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Ãrea de notas
Nota