Fondos
-
4. AGRICULTURA, FORESTAL, GANDARÍA, PESCA, INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO
44.611/2. Expediente xeral da obra de Infraestrutura do abastecemento no polígono Industrial Outeda - Curro - Meis no Concello de Barro (2008-2020)
Expediente xeral da obra de Infraestrutura do abastecemento no polígono Industrial Outeda - Curro - Meis no Concello de Barro (2008-2020)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.4.5.1.44.611/2
Título Expediente xeral da obra de Infraestrutura do abastecemento no polígono Industrial Outeda - Curro - Meis no Concello de Barro (2008-2020)
Data(s) 2008-2020 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Deputación de Pontevedra(1836-) En Galicia, a primeira Deputación constitúese o 19 de marzo de 1813, presidida polo marqués de Campo Sagrado, contando cun vicepresidente e sete vogais representando as sete cidades capitais das antigas provincias. O nacemento da provincia como entidade local con vida propia data da Constitución de Cádiz, aprobada no ano 1812, que estableceu por vez primeira no seu artigo 325 unhas institucións, as deputacións provinciais, concibidas como órgano rector de cada unha delas, presididas polo xefe superior e con funcións básicas de control e vixilancia da administración dos lugares que integran aquela. Haberá que esperar ata o decreto das Cortes de 27 de xaneiro de 1822 para que se plasme unha nova división provincial que divide a Galicia nas catro provincias actuais, con pequenas variacións, asignándose a capitalidade da provincia actual á Vigo, onde se constituirá a Deputación Provincial o 24 de maio de 1822, chegando a funcionar algo máis dun ano, data na que volven ser suprimidas pola restitución do rei Fernando VII. Co decreto de 30 de novembro de 1833, inspirado por Javier de Burgos, iníciase o proceso definitivo que culmina coa restitución das catro provincias galegas actuais e a constitución das Deputacións actuais, sendo o 12 de febreiro de 1836 cando se constitúe definitivamente a de Pontevedra, logo de certas disputas coa cidade de Vigo, reticente a perder a capitalidade. Desde o ano 1836 ata hoxe, a Deputación vén desempeñando con total continuidade un amplo abano de funcións e actividades, que foron variando de acordo coa lexislación aplicable en cada momento. Inicialmente, a Constitución de Cádiz asígnalle as funcións de aprobar os repartimentos das contribucións dos pobos da provincia, velar polo axeitado investimento dos fondos públicos, coidar o establecemento dos concellos, propoñerlle arbitrios ó Goberno, promover a educación, a agricultura e a industria, formar o censo e a estatística provincial, coidar dos centros benéficos e dar conta das infraccións que xurdan na provincia. A lexislación actual asígnalle as competencias propias de coordinar os servizos municipais entre si para garantir a súa prestación adecuada; a asistencia xurídica, económica e técnica ós concellos; a prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal e, en xeral, o fomento dos intereses particulares da provincia. Este cúmulo de xeneralidades que se vén mantendo en toda a lexislación local provocou unha serie de actuacións moi diversificadas, das que quedarán moitos testemuños documentais e que se reflicten no cadro de clasificación do fondo documental desta institución. As modificacións alcanzaron tamén a propia organización da institución e a designación, competencias e denominación dos seus órganos de goberno e órganos administrativos. O órgano unipersoal que dirixe a Deputación é inicialmente o xefe político, antecedente directo do gobernador civil, sendo o primeiro presidente desta institución D. Miguel del Pino. En 1863 establécese que a Corporación elixa entre os seus membros un presidente para cada sesión, pero logo o sexenio revolucionario volve á figura do gobernador civil- presidente de facto. Será a lei de 1870 a que estableza a figura do presidente para un período de sesións, sendo nomeado polo propio gobernador civil ou pola Corporación dependendo do momento. Con posterioridade, na maior parte das ocasións será o gobernador o que nomee directamente ó Presidente e non será ata o ano 1950 cando apareza a figura do presidente da Deputación como órgano diferenciado e independente do gobernador civil, que aínda así e todo permanecerá como presidente nato da institución ata 1978. No período democrático o presidente e un órgano electo, de forma indirecta, entre e polos deputados provinciais. Nun principio o número de deputados que integraban o Pleno da Corporación era de sete, un por partido xudicial, variando sucesivamente tanto a fórmula de elección coma o número total destes, alcanzando na actualidade un total de 27 deputados, como representación proporcional ó número de habitantes dos 13 partidos xudiciais. Esta estrutura complétase con outros órganos colexiados estables, ademais das variables comisións informativas e especiais creadas en cada período.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido IPESPO - Expediente xeral da obra de INFRAESTRUTURA DO SANEAMENTO do Polígono Industrial Outeda - Curro - Meis do Plan de urbanización do SRAU Industrial Outeda-Curro no concello de Barro. >Certificación do Pleno do Concello de Barro de 28-03-2008 aprobando moción do BNG. >informe sobre medidas correctoras sobre vías provinciais EP-9407 e EP-0506, 10-09-2008. >Informe de IDOM: Resultados da prospección hidrolóxica de captación do rio Chaín, 14-09-2008 (Rfª 14131) >Anexo nº 10: bens e servizos afectados con plano parcelario (Idom Rfª 14131) >Informe do Servizo de Infraestructuras sobre as citadas estradas provinciais, 11-11-2008. >Informe do Servizo de Infraestructuras sobre o proxecto 11-12-2008. >Recoñecemento de crédito con informe do IPESPO, 12-2008. >Aprobación do Proxecto construtivo polo Consello Rector de 17-12-2008 e anuncios. >Informe da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible: Augas de Galicia (Rfª OH.236.878) sobre financiación, 29-12-2008. >Informe de IDOM: efectos sobre a captación de Briallos no Concello de Portas, 17-02-2009 (Rfª 14131) >Oficios sobre remisión de proxecto, 2008-2010. >Resolución Presidencial nº 10 do IPESPO autorizando a redacción do proxecto de Infraestrutura de abastecemento no Polígono Industrial Outeda-Curro no Concello de Barro con informe do IPESPO, 12-02-2010. >Informe do IPESPO sobre o estado xeral das conexións xerais do polígono, 17-11-2010. >Informe do Servizo de Infraestruturas relativo ao proxecto conxunto das Fase I e II elaborado por IDOM, 2012. >Adxudicación do procedemento aberto convocado para contratación da posta en servizo da instalación da depuradora de augas de residuais e explotación, mantemento e conservación das instalacións de abastecemento de auga potable e das de depuración do polígono ( exped, nº. 2020042047). Xunta de Goberno de 18-12-2020. Empresa UTE BRIALLOS ( Hidrantia Gestión Integral del agua SL + Gestión de Proyectos y Obras SL.) Data: 2008-2020.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Actividade industrial España Galicia Pontevedra Barro
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Barro
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra (Tema) (Creador)