Fondos
2. INSTITUTO ANTIRRÁBICO COBIÁN ARENAL DE PONTEVEDRA
INSTITUTO ANTIRRÁBICO COBIÁN ARENAL DE PONTEVEDRA
Área de identificación
Código(s) de referencia 2.2.2
Título INSTITUTO ANTIRRÁBICO COBIÁN ARENAL DE PONTEVEDRA
Data(s) 1894-1929 (Creación)
Volume e soporte 16 unidades de instalación
Área de contexto
Nome do produtor Ángel Cobián Areal(1854-1901) O médico pontevedrés D. Ángel Cobián Areal (1854-1901) foi un dos personaxes máis importantes da cidade a finais do século XIX. Naceu en Romai e estudou medicina en Madrid, trasladándose logo á súa terra natal. En Pontevedra foi o impulsor de numerosas iniciativas sanitarias que supuxeron grandes avances para aqueles tempos. Aquí fundou en 1897 o primeiro Instituto Antirrábico e Antidiftérico de Galicia aplicando os métodos e vacinas que el mesmo experimentara no Instituto Pasteur de Paris. Tamén foi o primeiro en introducir os Raios X na cidade e en suxerir a creación dun laboratorio para análises de alimentos. Nomeado polo Goberno da nación comisionado para o estudo da epidemia de peste en Portugal e das instalacións hospitalarias e bacteriolóxicas en Paris e Berlín, ó regreso destas empresas soubo aplicar medidas preventivas contra enfermidades infecciosas dende o seu posto de director do recén estreado Hospital Provincial en 1897. A nivel nacional a súa participación nalgunhas intervencións cirúrxicas, espectaculares para aqueles tempos, supúxolle un amplo recoñecemento na prensa do momento. No ámbito da vida pública exerceu como alcalde de Pontevedra entre 1891 e 1893. A súa prematura morte privou a Pontevedra dun dos persoeiros máis dinámicos daqueles tempos.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística Ingresou no ano 1941
Forma do ingreso Doazón
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Estatísticas de intervencións en boletíns oficiais da provincia; facturas do instituto; facturas do hospital; borrador do regulamento para o hospital; correspondencia particular e do instituto, proxecto de construción do Hospital-Sanatorio para tuberculosos na illa da Toxa,...
Novos ingresos Fondo pechado
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
Instrumentos de descrición Catálogo
Área de documentación
Existencia e localización de copias Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas Parte da documentación do médico D. Ángel Cobián Areal atópase no Arquivo do Museo de Pontevedra.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Rabia Institución asistencial Centro hospitalario España Galicia Pontevedra
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra
Nome dos puntos de acceso Ángel Cobián Areal (Tema) (Creador)