ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente de comunicacións de asambleas da Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Agudelo (1999-2019)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 3.GF002.F0008.SF093.S0824.2.674/1

  • Título Expediente de comunicacións de asambleas da Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Agudelo (1999-2019)

  • Data(s) 1999 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Barro(1936-2015) O concello de Barro sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra e linda cos concellos de Pontevedra, Moraña, Portas e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados cun total de cincuenta e tres entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas, nas que residen algo máis de tres mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Peñaflor, na que o señorío pertencía ó conde de Graxal. No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, correspondía ó concello de Trasumia; será no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Barro coas mesmas parroquias e disposición territorial que mantén hoxe.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Barro

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de comunicacións de asambleas da Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Agudelo. Contén: - Certificado de acordos da Asamblea xeral extraordinaria do 17 de xullo de 2016. - Copia da acta nº 57 do 22 de abril de 2007. - Copia da acta nº 58 do 20 de abril de 2008. - Convocatorias. - Copia da sesión extraordinaria do 28 de abril de 1991 referente a construción dunha capela e un parque no lugar da Chan (extracto do acordo). - Copia dos estatutos da comunidade de montes. - Clasificación do monte no termo municipal de Barro polo xurado provincial de montes veciñais en man común (7 de xullo de 1980) (copia compulsada).

Área de notas

  • Nota Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores

Puntos de acceso

Área de control da descrición