ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Manuel Martínez Alonso

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.28.1.5

  • Título Manuel Martínez Alonso

  • Data(s) 1907-2022 (Creación)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación; 6 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Manuel Martínez Alonso(1907-1954) Nacido o 15 de setembro de 1907 en Mondariz, de profesión ebanista, "o Lebre" estaba a piques de cumprir os 29 anos cando tivo lugar o golpe de Estado. Acudiu a Lavadores con máis xente obreira para defender a República, aínda que logo de entregarse o negaría a fin de protexer a súa familia. Estivo fuxido ata 1939, e levaba veleno para quitarse a vida se o detiñan e evitar así as torturas. Entregouse logo do nomeamento en 1939 de Gómez Cantos como gobernador civil de Pontevedra, cando instou á xente fuxida "que non tivese as mans manchadas de sangue" a entregarse. Ficou en libertade ata que en 1946 foi detido e levado preso por enfrontarse nun bar cun veciño que participara nas patrullas que foran buscalo á casa unha década antes. Quedou en liberdade antes dun mes. Falece no seu domicilio o primeiro de abril de 1954 por enfermidade.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Documentación cedida por José Luis Faro Fortes (Lois) e o seu pai, José Luis, que era fillo de Darío e neto, por liña materna, dunha irmá do "Lebre".

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Este fondo céntrase na figura de Manuel Martínez Alonso, "o Lebre", que estivo fuxido tras o golpe de Estado de 1936. Inclúe tamén listaxes elaboradas por Darío Faro Barros (1917-2010), casado cunha sobriña del, que cando foi do golpe viuse na obriga de alistarse no exército franquista, contrario ás súas ideas. Esas listaxes inclúen tamén nomes de persoas que sufriron a represión na contorna de Mondariz, de onde era él. Tamén escribiu nomes de persoas que vincula coa represión ou a militancia na Falanxe.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición