ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.905
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1993/01/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.17.714/4.1993-01-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1993/01/29_Ordinaria

  • Data(s) 1993-01-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 99,100 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 29 de xaneiro de 1993 No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e tres, baixo a Presidencia do Sr. D. Xosé Manuel Barros González, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial, reuníronse os Sres. Deputados, D. José Ramón Abal Varela, D. Laureano Calero Valverde, D. Jorge Casal Pintos, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. José Crespo Iglesias, D. José Manuel Chape la Seijo, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Mª Dolores Fernández Alonso, D. José Manuel Fernández Rodríguez, D. Manuel Freire Lino, D. Emilio González Iglesias, D. Manuel Iglesias Carrera, D. José Luis Jorge Caramés, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. César Marcelino López Freire, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. José Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Antonio Nieto Figueroa, D. José Luis Rodríguez Lorenzo, D. Juan José Salgueiro Montouto, D. Francisco Santomé otero, D. Santiago Tirado Serén e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintecatro Deputados de feito e vintesete de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente, D. César Xosé Mera Rodríguez, nis os Sres. Deputados, D. Arturo Grandal Vaqueiro e D. Bernardo López Abadín. Así mesmo faise constar en Acta que os Sres. Deputados, D. Jorge Casal Pintos e D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, incorporáronse á sesión no punto dous. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da Orde do Día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.3300.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- ¿Hai algunha intervención?. Primeiramente o Sr. Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, eu apretei o botón antes de que vostede lera por unha cuestión de orde que é a seguinte. Na sesión de hoxe aparece no punto catorce como comunicacións e fóra da Orde do Día, unha Moción presentada por este Deputado Provincial en tempo-forma, que pasou pola correspondente Comisión, que foi traída a un Pleno da Deputación fóra da Orde do Día, e que agora se volve a traer fóra da Orde do día, paréceme un acto de completa e total desconsideración e falta de respeto a un Deputado Provincial e ó Grupo Socialista por canto dita Moción, segundo o Sr. Presidente da... Sr. Presidente.- Sr. Freire, non está no punto de dar conta de asuntos, de comunicacións, senón que está para tratar fóra da Orde do Día por un despiste que agora lle vén a explicación aquí, o Secretario. Vai ser tratada como un punto máis inda que fora fóra da Orde do Día porque por un despiste involuntario dun funcionario quedou sen incluir na convocatoria. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bos días. É unha pequena corrección ó Acta do día 27 de novembro que, se mal non recordo, tiña vintesete puntos, pero bueno, iso é indiferente, a partir do punto once eu senteime, eran as catro menos cuarto da tarde e a intención do Presidente era reducirnos por aburrimento, entón aburrinme antes e eu senteime, non consta na Acta, e a partir de aí non figura nas votacións, figura por unanimidade e cousas así, que eu non estaba, cando non estaba. Entón a partir do punto once, remate do dez que era debate dos Presupostos, na Acta do 27, poñer que me ausentei porque aparece no sentido da votación, no que se induce unha votación que incluso non compartía, vamos, ou sexa que, era iso nada máis. Sr. Presidente.- Ben, aceptado, dito isto xa coa votación. Os que estean a favor da aprobación das Actas por favor que levanten a mano Por unanimidade. O Pleno acorda, por unanimidade, aproba-los borradores das Actas das anteriores sesións, ordinaria do día 27 de novembro e extraordinaria do 30 de decembro, ámbalas dúas de 1992. ------ Folla: 100,101 2.3301.- PRÓRROGA PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS APROBADAS CON CARGO ÓS PLANS: PAM, PID E PAC DO EXERCICIO DE 1991 Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Emilio. Sr. González Iglesias.- Bueno, vamos a ver. Sr. Presidente, equivocouse nunha cousa, non é do exercicio do 92, é do exercicio 91. Sr. Presidente.- 91 dixen. Sr. González Iglesias.- Pois entendinlle eu mal. Vamos a ver, hai uns días aprobáronse as bases para o Plan de Infraestrutura Deportiva e os diferentes Plans da Deputación deste ano, e como en tódalas bases que se aproban se pon, para execución do Plan o mesmo ano, e en todo caso pon seis meses máis do ano seguinte. Aquí estamos falando dun Plan de hai dous anos, de tres Plans propios da Deputación de hai tres anos, e o que propoñen vostedes é unha prórroga máis. Por un lado non me estraña porque segundo dicía o Sr. Mera nun Pleno aí atrás, o Plan de Infraestrutura Deportiva do 91 estaba sen repartir na súa totalidade, esto é, se acaso, a constatación de que vostedes non cumpren nin sequera as súas propias bases. Evidentemente vamos a votar en contra, pero é curioso, é curioso que xa metidos no que vostedes argumentan para prórroga, nun dos Concellos, por exemplo, Concello de A Lama, e di que non lle deu tempo a realiza-la obra porque é que o proxecto o está redactando ou redactaron os Servicios Técnicos da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta. Eu desde logo o que lle pediría ó Grupo Popular é que faga de intermediación diante da Secretaría Xeral para o Deporte para que redacte tódolos proxectos de tódolos Concellos da Provincia, senón estan caíndo no que nós vimos denunciando sistematicamente, vostedes ós seus Concellos lles dan subvencións vía Xunta, lles dan subvencións vía Deputación e por encima tamén lle fan os proxectos. Nos parece que non é presentable este tema, vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Vale, moitas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a ver. Eu creo que o compañeiro Emilio xa dixo case todo, eu só quería recalcar un par de causas. Primeira, no ano 91 vostedes non só arruínan á Deputación concedendo estes Plans, todo o que había e máis, e máis a pala e demais, senón que agora se demostra que eran non para obras urxentes, nin moito menos, incluso habería que dudar moitísimo da súa utilidade, en fin, é que demostran que son unha auténtica catástrofe, o único que saben é tirar de talonario, dar obras ós seus Concellos, como xa saiu a luz pública o reparto, a... que fixeron no seu momento, e inda por riba son ineficaces absolutamente á hora de xestionar, e isto, vamos, son obras de seis millóns, cinco, catro, tres, dous, un. No Concello de Pontevedra ó revés, fannas antes de que as concedan e de que teñan os proxectos, aquí parece que dous anos, en fin, eu creo que xa é hora, xa é hora, incluso a Deputación no ano... de cartos, de dicir, non, as obras que non se fixeron nun prazo, nun prazo prudente, que van alá dous anos, nun prazo prudente, pois se devolven os cartos á Deputación e fantástico, se lle dan ás obras urxentes ou ás necesarias, ou ás que se fixeron ou as que tramitan ben, entón nós non podemos avalar isto, vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Vale, moitas gracias, sen embargo eu voulle respostar que non acepto esas afirmacións que fixo do noso grupo de ningunha maneira, que somos catastróficos, un pouco que facemos as obras, que lle damos só ós nosos Concellos, que somos ineficaces, etc., etc., eu creo que iso, vai o meu rechazo e o do noso grupo ás súas manifestacións, non as vamos a discutir porque realmente non ten ningunha razón. Estas obras son cousas que non se puideron facer, necesariamente era imposible podelas facer, e temos que... os Concellos para que as poidan cumprir, para que se poidan cumprir eses Plans que están previstos polos mesmos, e non se engaña menos se se retrasa unha obra dous anos, como se se retrasa tres ou un, sempre hai un motivo, entón os Axuntamentos o que tentamos é face-las obras canto antes mellor, porque creo que non haberá ningún Alcalde, ningunha Corporación, que non lle interese face-lo máis urxente posible calquera obra que poida facer no seu Municipio. As veces hai moitas complicacións, aquí hai bastantes Alcaldes e nos damos conta, e somos todos Concellais e sabemos cantas e cantas complicacións aparecen para cumprir e poder facer moitas obras, polo tanto hoxe non vamos a especificar aquí o motivo de cada unha destas obras, pero, indudablemente, que todas teñen un motivo especial que foi imposible resolver, así que polo tanto están informadas favorablemente pola Comisión e nós vamos a votar a favor. Os que estean a favor do punto da Orde do Día que levanten a man, por favor. Señores estamos en votación, Sres. Deputados, señores de la fila delantera, estamos en votación, procuren hablar un poquito menos. Nuestro grupo a favor. ¿En contra?, el Grupo Socialista y el BNG. O Pleno, de conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda por maioría, cos votos en contra do PSOE e do BNG e o voto a favor do PP, aproba-la solicitude de varios Concellos, prorroga-la data de execución e xustificación das obras incluídas nos Programas de "Acción Municipal", "Infraestructura Deportiva" e "Acción Comunitaria", do exercicio de 1991, ata a data definitiva do 20 de decembro do ano en que andamos, dándose conta deste acordo a tódolos Organismos e Entidades afectadas. Se nese prazo non fosen as obras xustificadas, procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. ------ Folla: 101 3.3302.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO, INTERESANDO O CAMBIO DE APLICACIÓN DE SUBVENCIÓNS APROBADAS PARA AS OBRAS DO PAE/ 1993 Sr. Presidente.- ¿Alguna intervención?. ¿Votos a favor?. Por unanimidad. O Pleno, de conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda por unanimidade, o seguinte: Apróbase a solicitude do Concello de SALVATERRA DE MIÑO, que interesa o cambio de aplicación das subvencións que financian o orzamento da obra "Iluminación pública", do Programa de Acción Especial de 1993, co obxecto de transferilas á nova obra que propón: "Asfaltado pista Pesqueiras-Corzáns-Puzo", polo mesmo importe de QUINCE MILLÓNS DE PESETAS (15.000.000). O cambio de aplicación de referencia, consideraras e definitivamente aprobado en canto recaia a resolución favorable do Ministerio para as Administracións Públicas, debendo seguirse os trámites que prescribe a lexislación vixente (exposición pública e informe da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais) e xustificarse polo Concello, por medio de certificación, que as novas obras que se propoñen reúnen os requisitos que establece o artigo 7.3 do R.D. 665/90, de 26 de maio. ------ Folla: 101,102 4.3303.- RATIFICACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN DE SUBVENCIÓNS DA OBRA Nº 40 DO POL/1991 [ARBO] Sr. Presidente.- ¿Intervenciones?. Emilio, por favor. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver. La normativa decía, que yo recuerde ahora mismo, que las obras incluidas en el Plan Operativo Local de cada año tenían que estar adjudicadas antes de octubre de ese mismo año. Evidentemente esto no es octubre del 91, estamos en 1993, y estamos tratando una obra del Plan Operativo Local del 91, pero con un agravante sobre las del punto dos, y el agravante es que aquí hay una subvención externa, es decir, es un plan externo a la Diputación, y que yo recuerde había un escrito del Ministerio de Administraciones Públicas y del Fondo del Desarrollo Europeo que cooperan en el Plan, escrito en el que decían que el incumplimiento del Plan durante un año afectaba al Plan del año siguiente, es decir, si el POL del 91 no se adjudicaba en todas las obras eso estaba afectando a las obras del POL 92 y así sucesivamente hasta el POL 93. Es curioso también, aquí el Ayuntamiento dos años después se acuerda de pedir el cambio de una obrar pero no sólo es curioso eso sino que además el informe, yo creo que alguien se equivocó al hacerlo, el informe dice, voy a leer textualmente, dice: la solicitud se hace en base al artículo 17.1 del Real Decreto 665/90 de 25 de mayor que establece que los remanentes de subvenciones del Estado que se produzcan como consecuencia de la contratación o variación de obras incluidas en los Planes de Cooperación, podrán utilizarse durante el ejercicio correspondiente al Plan, y la contratación de las mismas deberá finalizar antes de terminar el mismo. Evidentemente con este informe no se puede decir que sí a este cambio de aplicación cómo ustedes van a plantear, cómo su grupo va a plantear, porque este informe hace referencia a una situación diferente a la que vamos a tratar ahora mismo, y en todo caso sería de aplicación dentro del año 91, no dentro del año 93. Vamos a votar en contra y volvemos a recordar que esto afecta a los demás Ayuntamientos de la provincia y a las demás obras incluidas en el POL 92 y en el POL 93. Votamos en contra. Sr. Presidente.- Valer muchas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, na mesma liña da intervención do punto 2, fíxense vostedes na diferencia, no punto 3 pide o cambio de aplicación de subvencións para o 93, para o ano en curso que aínda non empezou a obra e pode cambiar. No caso este resultar vostedes fan o POL 91 á demanda dunha campaña electoral das municipais. O seu Alcalde de A Lama pide unha obrar e resultar volve a sacar a Alcaldía e resulta que a ten que adxudicar en tres meses e nin a adxudica, senón que pasa ano e medio e agora vén que a cambia. Home péguelle un tirón de ourellas polo menos de que é unha burra parda ou algo así non. Que ten os cartos aí, nin se acorda deles. Prometeu na campaña, llo meteron, o pidiu e vostedes e tal. Díganlle que é unha burra parda, díganlle que non valer oian, non teñan aí xente desa. Agora a ver cónteme a eficacia dos Alcaldes do seu Partido, a eficacia para lograr de aquí unha distribución do POL en que todo practicamente vai para os Concellos do Partido Popular, pero despois pasou a campaña electoral e nin se acordan que a teñen alí, nin de cambia la nin de facela nin de nada. Ano e medio despois debeu ser que lle iluminou o espíritu santo, de repente din ala, hai que facela, a ver, non esta xa non, home, esto é un cachondeo, non se pode avalar, non, votamos en contra. Sr. Presidente.- Vale, sempre co seu estilo. Pero mire, está claro que efectivamente así lle deu resultado ó Alcalde de Arbo, porque o noso Alcalde deixou de ser Alcalde desde aquel momento, entón agora hai outro Alcalde. Sabe que perdeu as eleccións o amigo Chicho e actualmente hai outro Alcalde que non é precisamente do Partido Popular. En Arbo, estoume referindo a Arbo. Pero o de A Lama é outra cousa. Entón, estamos no punto 4, si mal no recuerdo. Dice que lo permite el artículo 17.1 del Real Decreto 665/90. Esto fue ya autorizado por la Comisión de Gobierno que dio cuenta a la Comisión correspondiente y lógicamente nuestro Grupo va a votar a favor porque entendemos que la obra que pretenden hacer es una obra importantísima el tratamiento de las aguas residual es y que en cuanto a lo de los vertederos de residuos sólidos hay un plan a nivel de toda Galicia que pienso que la Xunta y la COTOP concretamente tienen ya que resolver y que de hecho están ya en ese tema. Por lo tanto anunciamos nuestro voto a favor de este punto del Orden del Día. ¿Los que voten a favor?. Nuestro Grupo. ¿En contra?, PSOE e BNG. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSOE e do BNG e o voto a favor do PP, a ratificación do acordo da Comisión de Goberno do 9 de decembro de 1992, sobre cambio de aplicación de subvencións da obra nº 40 do POL/91, e que é como segue: "O artigo 17.1 do RD 665/90, de 25 de maio, establece que os remanentes de subvencións do Estado que se produzan como consecuencia da contratación ou variación de obras incluídas nos Plans de Cooperación, poderán utilizarse durante o exercicio correspondente ó Plan, e a contratación das obras deberá finalizar antes de remata-lo mesmo. De acordo con tal disposición e a efecto de non causar prexuízos ós Concellos solicitantes, pola demora que suporía espera-la celebración do próximo Pleno, e con obxecto de facer posible no tempo a tramitación destes expedientes, a proposta do Presidente da Comisión de Cooperación e Mancomunidades, a Comisión de Goberno acorda: Apróbase a solicitude do Concello de ARBO, que interesa o cambio de aplicación das subvencións que financian o presuposto da obra nº 40 "Vertedero de Residuos Sólidos" do Programa Operativo Local (POL) 1991, ó obxecto de transferilas á nova obra que se propón, denominada: "Ampliación Depuradora Aguas Residuales", polo mesmo importe de DEZ MILLÓNS DE PESETAS (10.000.000). O cambio de aplicación de referencia, consideraras e definitivamente aprobado unha vez que sexa ratificado polo Pleno e recaia a resolución favorable do Ministerio para as Administracións Públicas, debendo seguirse os trámites que prescribe a lexislación vixente (exposición pública e informe da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais), e xustificación polo Concello, por medio de certificación, de que as novas obras que se propoñen, reúnen os requisitos que establece o artigo 7.3 do RD 665/90, de 25 de maio." ------ Folla: 102 5.3304.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE MOAÑA PARA O CAMBIO DE FINANCIAMENTO DE OBRA DO POS/1989 Sr. Presidente.- ¿Alguna intervención?. ¿Votos a favor?. ¿Abstenciones?. ¿En contra?. El Sr. Mosquera. Perdón. Los demás votamos a favor. O Pleno, de conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda por maioría, co voto en contra do BNG e os votos a favor do PSOE e do PP, aproba-lo seguinte: Vista a proposta de cambio de financiamento que formula o Concello de Moaña para as obras aprobadas polo Pleno de 27 de marzo de 1992, no lugar da obra nº 316 do POS/89, denominada: "Adquisición do Cine Prado", apróbase mante-lo financiamento do "Asfaltado Grupo Escolar - Miranda" e "Afirmado camiño a Preescolar de Berducedo". En canto á obra denominada: "2ª fase rede de sumidoiro parte alta do Caeiro" , e co obxecto de mante-la proporcionalidade das inversións e que non varie o financiamento asociado ás inversións, apróbase o seguinte financiamento: Aportación Concello (F.P.) ..................... 3.310.750 pesetas Aportación Concello (Credilocal) ................ 254.673 pesetas Aportación Deputación ............................ 254.673 pesetas Total.................... 3.820.096 pesetas =========================================== Os pertinentes efectos, deberan seguirse os trámites que prescribe a lexislación vixente. ------ Folla: 102,103 6.3305.- SOLICITUDE DE REINCORPORACIÓN DE CRÉDITOS DO POS/1992 Ó EXERCICIO DE 1993 Sr. Presidente.- ¿Alguna intervención?. ¿Votos a favor?. Perdón. Sr. López Freire.- Hai unha emenda presentada. Sr. Presidente.- Si, vamos a ver esa emenda. Si, es en el punto 6. Le ruego al Presidente de la Comisión que tenga en cuenta esta enmienda en este punto del Orden del Día, que ruego lea el Secretario. Haz el favor. Sr. Secretario.- Emenda que presenta o Deputado César López Freire ó punto 6 da Orde do Día do Pleno do día 29-01-93 en nome do Grupo Provincial Socialista. Emenda: D. César López Freire, Deputado Provincial, en nome propio e do Grupo Provincial Socialista presenta a seguinte emenda ó punto número 6 da Orde do Día. Engadir ó final da proposta de acordo da Comisión o seguinte punto: Ditos créditos no caso de ser aprobada a súa reincorporación no Exercicio do ano 93 serán adxudicados no POS do 93 nos mesmos Municipios sen que iso supoña en ningún caso minoración da contía que por Sr. Presidente.- En el informe de la Comisión, ¿qué se dice?. Yo creo que esto se podía aceptar, non. Sr. López Freire.- Sr. Presidente poderei intervir na emenda, supoño non. Sr. Presidente.- Si, interveña vostede. Sr. López Freire.- Si, eu penso que a emenda vai no mesmo senso de que o acordo da Comisión posto que a comisión ó final do seu acordo, digamos, propón que se lle, estes fondos do POS se lle adxudiquen ós mesmos Concellos. Eu o único que fago constar aí é que non supoña minoración desta cantidad e no POS do 93, é dicir, que para terlle adxudicado esta cantidade teñan dereito ó que lle correspondería no ano 93 máis esta cantidade. Sr. Presidente.- Bien, yo creo que eso se puede aceptar sin ningún tipo de problema. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, estamos no mesmo. Eu ,non estou de acordo nin nunha cousa nin noutra. Ou sexa, que resulta que houbo uns Concellos que non adxudicaron en tempo e forma a obra do POS, ou sexa, demostraron de novo capacidade de xestión e demais, ó revés exactamente, e agora a Deputación pois pide que eses cartos que non gastaron no 92 os poidan gastar no 93. Mire se as obras non eran necesarias ou nas quixeron, ou non superon xestionalas pois que se queden sen elas. Claro, pero despois vén o argumento, que hai cartos de Madrid polo medio e entón perden cartos de Madrid para a Provincia. Bueno, bueno, xa estamos fartos deste tipo de entales, e voume abster como moito e punto, pero vamos estamos no lío de sempre o Pleno este se convirte en, o Concello de non sei que fixo as cousas mal, ¿tapámoslle a falta ou non?. E as cousas da Deputación practicamente nin se tratan. Esto é, vamos é a mecánica na que está metido esto. Abstéñome. Sr. Presidente.- Vale, gracias. Sr. Freire. Sr. López Freire.- Bueno, Sr. Presidente, eu loxicamente non estou de acordo coa intervención do anterior representante do Bloque por varias razóns. A primeira delas e fundamental porque varios destes Concellos solicitaron á Deputación o cambio de aplicación e non foron contestadas, polo tanto, non é responsabilidade dos Concellos. En segundo lugar, porque os administrados nunca poden ser responsables dos erros da Administración, polo tanto, nós insistimos na mesma proposta que vai no senso do acordo da Comisión de que se lle entreguen ós Concellos porque non foi erro destes Concellos, de varios destes Concellos que solicitaron o cambio de aplicación e non recibiron contestación. Sr. Presidente.- Bien, moitas gracias. Pasamos á votación. ¿Os que estean a favor do punto da Orde do Día, por favor que levanten?. Con la enmienda incluída, aprobamos la enmienda también. Bien, el Grupo Popular y el PSOE. ¿Abstenciones?. El BNG. De conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades e engadindo emenda do Sr. López Freire, o Pleno acorda por maioría, coa abstención do BNG e os votos a favor do PSOE e do PP, aproba-lo seguinte: Quedando pendentes de adxudicación as obras dos Concellos que se citan, no Plan Xeral de Obras e Servicios (POS) do ano 1992, acórdase interesar do Ministerio para as Administracións Públicas que solicite do Ministerio de Economía e Facenda a incorporación dos créditos non utilizados ó exercicio de 1993, co obxecto de que estes Concellos poidan facer uso deles no presente exercicio: O GROVE - Obra nº 24 Saneamiento en Barrios. - Obra nº 25 Saneamiento Parroquia San Vicente. VIGO - Obra nº 101/R Mejora pavimento camino de Freixo (Sárdoma). - Obra nº 102/R Mejora pavimento camino Freires, 2ª fase. - Obra nº 103/R Mejora pavimento camino Senra-Costa (Valladares). MOAÑA - Obra nº 77 Aceras baixada Colexio da Guía. Encarécese á Dirección General de Acción Económico Territorial, a maior dilixencia no trámite desta solicitude. Ditos créditos, no caso de ser aprobada a súa reincorporación ó exercicio do 93, serán adxudicados no POS do 93, nos mesmos Municipios sen que iso supoña, en ningún caso, minoración da contía que por dito concepto -POS/93- lles corresponda. ------ Folla: 103,105 7.3306.- RESOLUCIÓN DA RECLAMACIÓN DA CONFEDERACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA CONTRA ACORDO PLENARIO DE MODIFICACIÓN DO RECARGO PROVINCIAL SOBRE O IMPOSTO DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS [IAE] Sr. Presidente.- Intervenciones. Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno hombre, primero pues, yo estoy muy satisfecho de verle ahí sentado, ya ve con que tranquilidad y con que paz se desarrollan las cosas, cuando el sentido común impera y la seriedad y la formalidad pues, son como son de peso, pues todo marcha bien. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, ayer yo he estado conversando con el Sr. Jáudenes que es el que ha presentado precisamente este recurso y no se si habrá hablado con usted, no comentó con usted. Bueno habrá observado que efectivamente que ellos no están, naturalmente la pequeña y mediana empresa este representante de todos los empresarios no están ni remotamente de acuerdo con el 32, que es a lo que se ha llegado ahora. Aunque hay que recordar, efectivamente, que la iniciativa de la Diputación Provincial era el 40%, al tope de toda España. Por ejemplo en Vigo tenemos el 1,5 y allí fue contestado lo mismo pero al revés. De forma que no creo que haya nada que hacer, sencillamente lamentar que no hayan tenido el suficiente sentido común para atender precisamente, precisamente, una solicitud de las personas que les votan a ustedes pero la política es así, esto es una auténtica traición para los propios miembros de su Partido Político, votantes, votantes. De forma que lo lamentamos mucho, allá ustedes con su conciencia pero algún votito les va a salir de menos por culpa de este asunto. Podrían ganar y además ganarían con sentido común, con el Sr. Presidente.- Vale, muchas gracias Sr. Nieto. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Evidentemente nós defendemos xa no seu momento unha, un recargo entre o 18 e o 20% e agora pois se dá a paradoxia de que a Confederación de Empresarios lles esixe o mesmo que o Bloque lle propoñía no seu momento. E eu creo que están cometendo un erro tremendo con esas ansias. primeiro escalazan economicamente a Deputación nas campañas electorais, despois prometen aquí que o recargo do IAE vai ser para catrocentos millóns e vai ser para quedar como estaba e despois, ou sexa, minten, minten, cando a intención xa era outra e despois recadan oitocentos millóns e pasan de trescentos a oitocentos e eso á xente non se lle cola e sobre todo cando lle vai ó bolsillo e esto é unha demostración de que non se lle cola. Nós evidentemente imos votar a favor do recurso da Confederación de Empresarios, como xa temos defendido no Pleno en que se debatiu esto. Nada máis. Sr. Presidente.- Vale, moitas gracias. Entendemos nós que efectivamente este é un problema moi difícil de resolver e a nós mesmo seríamos os primeiros que nos gustaría rebaixa-lo IAE e de feito dependendo da economía de cada Ayuntamiento en moitos sitios, na maioría dos Ayuntamientos gobernados por nós, o recargo é bastante máis pequeno, pero tamén é verdade que hai que recoñecer que nos están obrigando a que fagamos unha recadación de impostos para sustentar o que necesita a economía desta Deputación e hai que entender que necesariamen- te nos vemos obrigados a aplicar unhas porcentaxes que no nos gustaría aplicar pero que debido ás necesidades económicas desta Deputación é necesario estar por exemplo na porcentaxe que estamos agora mesmo dese 32% como estamos neste momento. Rebaixouse minimamente e penso que no próximo ano despois de ver se efectivamente se pode soporta-la carga económica desta Deputación nunha serie de impostos que a través do Estado Central nos obrigan xa que vaiamos recadando ás Corporacións Locais, como é isto do l.A.E., pois para equilibra-los ingresos que necesariamente ten que ter unha Corporación neste momento a nós como grupo político nos é imposible poder baixar este recargo, e polo tanto a miña defensa neste momento desa necesidade que temos de mantelo e polo tanto tal como foi aprobado na Comisión, coa abstención, por suposto, do PSOE e co voto en contra do BNG, pero aínda sentíndoo moito creo que necesariamente nós como grupo de goberno temos que facer posible ingresar na parte económica da Deputación o suficiente como para poder facer ou cumpri-los compromisos económicos que ten a Deputación, e sería imposible neste momento rebaixar esa porcentaxe, entendemos que cunha economía máis saneada para o futuro na Deputación podería replantexarse o tema e no próximo ano e posiblemente se faga un estudio profundo para ver si efectivamente podemos rebaixar xa máis equitativamente este imposto. O que pasa é que indudablemente tódalas culpas, e é lamentable que sexa así, as levan as Corporación Locais, neste caso a Deputación e os Axuntamentos, pero hai que ver e había que matiza-la alza máis importante e a que afecta moito máis ó imposto, é o que vén programado na propia Lei, cantidades que se dispararon, que os nosos empresarios, os nosos comerciantes pagaban sen ningún recargo da Deputación ou sen ningún recargo dos Axuntamentos, por exemplo, cantidades que pagaban de no ve mil pesetas, por por un exemplo, ou dez, ou quince, ou vinte, segundo sexa a empresa ou o comercio, pois xa se duplican, se multiplican por tres sen necesidade de que nós lle apliquemos ningún recargo. Necesariamente tódolos Axuntamentos lle aplicaron o recargo, vostede dicía que en Vigo lle habían aplicado 1,5, en porriño aplicamos 1,3, noutros sitios aplicaron menos, noutros sitios 1,6 que é o máximo para os Axuntamentos, etc., etc. quero dicir que segundo o permitiron as dispoñibilidades de cada Entidade Local. Neste caso nós entendemos que nos é imposible poder baixar este recargo, aínda lamentando moito, precisamente, para os nosos votantes e para os que non son os nosos votantes, e sobre todo para a Confederación de Empresarios e de Comerciantes que necesitan desde logo apoio das Institucións para poder mellorar os seus resultados económicos, pero neste caso é imposible poder rebaixar esta porcentaxe. Vamos dar un turno máis de intervencións e con eso se termina, eu non vou volver a intervir. Sr. Leri. Sr. Nieto Figueroa.- Muchas gracias querido Barros, mítines no, mítines no porque nos han traído aquí bastantes consecuencias los mítines... Sr. Presidente.- Eso digo yo también, pero no es un mítin. Sr. Nieto Figueroa.- Querido Presidente, si lo que dijo el Sr. Mosquera no fuese cierto, pues yo a lo mejor me callaba, pero es que el gran temor que tenemos nosotros, vuelvo a repetirlo, es que ustedes tengan pasta, comprende, lo peor que le puede ocurrir a esta provincia es que ustedes tengan dinero, y sobre todo cuando huele a elecciones, o sea que, al margen de nuestra tremenda amistad y nuestro cariño, las cosas como son, nosotros desconfiamos de ustedes, pero profunda y terriblemente de manera que si efectivamente ese dinero fuese a emplearse en la provincia con sentido común, pues a lo mejor hasta diríamos que si, pero como ustedes sabe Dios lo que van a hacer con eso, e sabe o demo o que farán vostedes con esa pasta, tenemos que desconfiar y decírselo. Otra cosa, ahí hay un error, supongo que será un error, porque si no iba a haber una contradicción en nuestra forma de votar yeso es prácticamente imposible. Nosotros no hemos votado en esa Comisión como respuesta a la acción de su compañero de partido, el chico este que a veces está ahí sentado donde está usted, entonces pues no hemos votado en esa Comisión de forma que no es que nos hayamos abstenido, ni si, ni no, ni todo lo contrario, no hemos votado, sino votaríamos igual que ahora, aceptaríamos el recurso de la Federación de Empresarios. Gracias. Sr. Presidente.- Bien, muchas gracias. Aquí en la nota que me pusieron, abstención del PSOE, pero se abstuvieron de votar, perdón, aquí me pone abstención del PSOE pero ya se que se han abstenido en todas las votaciones que hubo en las Comisiones, y procuraremos, de todas las maneras, aún con su desconfianza, de gastar mejor los dineros de la Diputación. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, Sr. Presidente en funcións, ou Vicepresidente, ou Sr. Barros, como queira, para todas, para esta viaxe non facían falta tantas alforxas, toda a argumentación se reduce nunha, hai que sanear economicamente a Deputación e polo tanto hai que poñe-lo recargo do l.A.E. no 32% ou no 40, como o tiñan nun principio, primeiro defenden o 40, despois o 32, bueno, hai que defende-lo que cadre e segundo cadre. Ese é o quiz da cuestión, non lle vote responsabilidades a ninguén máis, ou sexa, vostedes funden economicamente a Deputación e agora queren buscar cartos de onde sexa, porque antes a Deputación funcionaba e incluso se permitiron uns dispendios terroríficos cuns ingresos de trescentos e pico millóns, da anterior licencia fiscal, e agora están nunha situación económica mala polos seus propios excesos e entón ven a porta aberta e din, ocasión, bumba, a ver se recadamos oitocentos, e se poideran dous mil, e punto, e vostede díxoo clarisimamente. Queren sanear economicamente a Deputación pero aí non lle ten ninguén responsabilidade, tena unicamente vostedes, e agora lle están facendo pagar ó contribuinte algo que é culpa única e exclusivamente da súa política anterior, electoralista e de excesos e irregular. Nada máis, nada máis, está clarisimo e agradezo a claridade á parte. Sr. Presidente.- Vale, moitas gracias. O que está claro é que hai unhas necesidades e que hai que cubrilas, e por aí, de aí veñen os impostos, non só da Deputación senón dos Axuntamentos e tamén do Estado e as Autonomías, aí, iso é o peor de todo, pero os impostos temos que pagalos todos, así que vamos a sacar a votación. Os que estean a favor do dictame da Comisión, por favor, o noso grupo. En contra, o BNG e o PSOE. Vista a reclamación formulada polo Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, de data 8 de xaneiro do ano actual, contra o acordo do Pleno do pasado día 27 de novembro de 1992, alegando que, aínda sendo positiva a reducción do Recargo Provincial sobre o Imposto de Actividades Económicas (I.A.E.) para o ano 1993 ó 32%, segue sendo moi elevado e non debía supera-lo 20%, solicitando se reduza; visto así mesmo o Informe da Intervención de Fondos de data 15 dos correntes, e de conformidade co dictame emitido pola Comisión de Economía, o Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSOE e do BNG e os votos a favor do PP: - Que como o aprobado pola Deputación se axusta ó establecido no artigo 124 da Lei 39/88, aspecto que non se cuestiona na reclamación, que se limita a consideracións de oportunidade que a Deputación tivo xa en conta ó reduci-lo recargo do 40% ó 32%, o que equivale a unha reducción do 20%, procede desestima-la reclamación de referencia e aprobar definitivamente a Ordenanza co Recargo do 32% segundo o acordo provisorio de 27 de novembro de 1992, e que se publique no Boletín Oficial da provincia cos efectos previstos nos artigos 17 e 19 da Lei 39/88 e disposicións concordante s e complementarias. ------ Folla: 105,106 8.3307.- RESOLUCIÓN DO RECURSO DA EMPRESA "TODA, SA" CONTRA ACORDO DO Pleno DE 25 DE SETEMBRO DE 1992, SOBRE RESOLUCIÓN DO CONTRATO DA OBRA "COLECTOR DA MARXE DA RÍA DE VIGO" Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. O Sr. Santomé. Sr. Santomé Otero.- Si, bueno, nós xa anunciamos que vamos a votar a favor, como non podía ser menos, por canto isto incide nunha obra de vital importancia para Vigo como é o PSI, unha obra que no seu momento, anterior goberno da Xunta de Galicia tivo a ben o poñer en marcha na cidade de Vigo, a cidade máis importante de Galicia, e por suposto coa intervención da Deputación, despois de aquel Convenio por fin chegou esa intervención e que desde logo non vamos, non vamos a dicir que non senón todo o contrario. Ogallá foran moitas máis obras as que tiveran esa mesma consideración por parte desta Deputación. O que si podo dicir tamén é que este tema vén dado por algo que en fin, que non está moi claro. Non está moi claro por canto como vimos denunciando continuamente, se fan as contratacións dunha maneira que aquí se denuncia xa reiteradamente, é unha cousa que é vella xa, e ó final veñen estes problemas, polo tanto aínda incluso temos un tema que nos estamos agarrando a algo tan sutil do que eles preguntan como que unha comunicación, unha comunicación que era precisamente un movemento normal desta Deputación non pode ser calificada como un informe claro e concreto, e por iso vén esta reclamación, este recurso da empresa. Eu o que lle pediría ó Sr. Presidente é que teña máis coidado con estes temas por canto poden poñer en perigo precisamente unha obra de tanta importancia como é o saneamento da ría de Vigo, e por unha parvada, que ás veces son parvadas e por falta incluso de que tecnicamente se poñan os informes debidamente en forma e valga a redundancia, nós estamos agora nesta... Vólvolle a repetir, vamos a votar a favor por canto non cremos conveniente que ese recurso vaia arriba e por outro lado lle pediría un pouco máis de atención a estes temas de vital importancia para, para Galicia, e neste caso para a Ría de Vigo. Sr. Presidente.- Vale moitas gracias. Terase en conta as súas palabras. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bueno o recurso basease en que non se lle deu o trámite de audiencia, non se lle comunicou en tempo e forma á empresa a resolución. Mira, esto xa é historia nesta Deputación. Todas as Comisións de Goberno, cantidade delas, hai recursos dos paisanos que se fastidiaron o coche por un socavón na estrada provincial, etc., e a técnica aquí é facer mal, hai expedientes que sempre están mal, sempre, imposible que estean ben, non me estraña, non me estraña que este tamén estea mal e despois saen reclamacións ó contencioso. O outro día citaba un Deputado aquí, xa se citou outras veces, que a un avogado lle deron vintecinco millóns ou quince, eu creo que debe ser barato, coa cantidade de veces que vostedes obrigan á xente a ir ó contencioso, bueno esto supoño que irán os gastos cen millóns. Fagan as cousas un pouquiño ben. Está claro que a obra hai que facela e demais, pero vamos o procedemento que fan case sempre é mal, xestionan mal, bueno é o tema eterno, vamos absternos en aras de que a obra é necesario facela e que sigan as cousas para diante. Sr. Presidente.- Ben, moitas gracias. Está claro que aquí hai unha desestimación do recurso e xa se verá máis tarde quen ten a razón. Esta é unha obra importantísima para Vigo, como se dixo aquí, e polo tanto o noso voto a favor, máis tarde vai a vir tamén fóra da arde do Día o reformado desta obra que trataremos de aprobar tamén. Así que polo tanto, os que estean a favor que levanten a mano O Grupo popular e o PSOE. ¿En contra?. ¿Abstencións?. O BNG. Pasamos, ¡ai!, perdón, había unha intervención aquí de, ¿la dejamos?. Pasamos ó punto noveno. A vista do informe da Secretaría Xeral de 18 de decembro de 1992, non existe indefensión do interesado, como pretende argumenta-la Empresa recorrente, posto que aínda que non se deu forma expresa ó trámite de audiencia, non se mermou en nada o lexítimo dereito do interesado a súa defensa, do que resulta a forza purificadora do principio de subsanación tal e como constatou a Xurisprudencia. Respecto á 2ª alegación que fundamenta o Recurso, a Deputación non aceptou a oferta de cesión de contrato proposta pola Empresa TODA, S.A. en base a diversos informes sobre a situación da mesma, preferindo optar por un procedemento administrativo distinto, á hora de garanti-la continuidade das obras pendentes. Igualmente a declaración de quebra ou suspensión de pagos do Contratista, é unha das causas expresamente previstas de Resolución do Contrato de obras (artigos 52 parágrafo VI da Lei de Contratos do Estado e 157, parágrafo VI do Regulamento de Contratos do Estado), e dita Resolución conleva a incautación da fianza e indemnización de danos e prexuízos, tal e como preve o artigo 160 do Regulamento de Contratos do Estado. Finalmente, fronte á 5ª alegación do Recurso cabe sinalar, que non hai nova adxudicación dun expediente exnovo, senón que trae causa dun anterior, o que é xustificación suficiente para proceder á adxudicación directa da mesma obra. Por todo o que e en base ó citado informe da Secretaría Xeral o Pleno acorda por maioría, coa abstención do BNG e os votos a favor do PSOE e do PP, desestima-lo Recurso presentado pola Empresa TODA, S.A. contra o acordo plenario de 25 de setembro de 1992, sobre Resolución do Contrato de: "COLECTOR DA MARXE DA RÍA DE VIGO, TRAMO XII". ------ Folla: 106,107 9.3308.- CAMBIO DA OBRA DO POL 1992 "ENSANCHE E MELLORA DE RODADURA NA C.P. BODAÑO- CRUCES, POLA OBRA DE "MELLORA DO TRAMO DE MERZA A BASCUAS" Sr. Presidente.- Sr. Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente teño presentado unha emenda que rogaría que se lera antes de intervir. Sr. Presidente.- Ben, efectivamente hai unha emenda que vamos a ler e lle indico ó Presidente da Comisión que por favor que garde atención polo tema este. Piden ahí la palabra. Sr. Secretario.- O Grupo Provincial Socialista presenta a seguente emenda ó punto número 9 da arde do Día: Que a cantidade asignada á carretera provincial Bodaño- Cruces coa intención de mellora-la rodadura da mesma sexa aplicada exclusivamente a carreteras provinciales e en tal senso que sexa a Comisión de Obras a que asigne dita cantidade á vía provincial máis necesitada. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, no seu día o seu Grupo adxudicou unha serie de cartos da Deputación á mellora e ensanche das vías provinciais das estradas provinciais, fíxoo co seu criterio non co noso e xustificou a súa adxudicación na necesidade de mellora das carreteras provinciais que loxicamente nós non compartiríamos o criterio de asignación pero si o de mellora das carreteras provinciales. O Concello correspondente debeu de solicita-la mesma obra á Xunta de Galicia a cal tamén lle concedeu subvención para dita obra e entón como esa obra lla fai a Xunta de Galicia agora quere que eses cartos recaian noutra vía do mesmo Concello. A nós parécenos que eso non é forma de proceder. Se lle asignou á carretera provincial Bodaño-Cruces, era porque estaba en malas condicións ou era das que peores condicións estaba da Provincia, segundo o criterio de vostedes, aínda que eu estimo que hai out ras moitas carreteras provinciais en peor situación. Pero o que non é de recibo é que esa cantidade asignada a unha carretera provincial se lle asigne a outro tramo, Mellora de tramo Merza-Bascuas, senón que se lle asigne a outra carretera provincial que o precise e eso debería determinalo a comisión correspondente previo informe dos técnicos competentes. Polo tanto nós o que pedimos é que ese diñeiro que xa non fai falta porque foi adxudicada pola Xunta de Galicia, repercuta na Deputación e esta a adxudique a outra obra. Sr. Presidente.- Ben, moitas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, practicamente está todo dito polo Sr. López Freire. Sr. Presidente.- Vale, gracias. Eu entendo que sentíndoo moito non lle podemos acepta-la emenda do Sr. López Freire, porque a Comisión xa acordou no seu momento que do ensanche de Bodaño a Cruces, que se cambiaran, que en total son 7.800.000 ptas. para obras de mellora de Merza a Bascuas, que é na mesma zona e no mesmo Municipio, segundo parece. Foi unha aprobación que xa fixo a Comisión no seu momento. Entendo que non se debera de acepta-la súa emenda porque logo levaría a repartir ese diñeiro, efectivamente se podería haber invertido en calquera outra vía da provincia de Pontevedra pero se xa está decidido supoño que será tamén mediante algún informe que hai dos técnicos desta Deputación. Doulle a palabra de novo Sr. Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, usted garantiza que a obra que se vai realizar é carretera provincial como a adxudicación do POL do 92, porque senón é carretera provincial xa sería grave. Sr. Presidente.- Eu penso que debe ser carretera provincial neste momento, non o podería asegurar, pero penso que sería. Sr. López Freire.- Pois senón o podería asegurar pediríalle, Sr. Presidente, que o deixara sobre a mesa, que se fixera un informe nese senso. Sr. Presidente.- ¿Os señores que están aquí da zona pódennos aclarar, o Alcalde de Silleda, se a carretera de Merza a Bascuas tamén é provincial ou municipal?. Sr. ...- Ausentouse o Presidente da Comisión. Sr. Presidente.- Non, agora xa está aquí, pero de tódalas maneiras ti saberás máis deste tema, cálcalle ó botón, acláranos este tema, ¿é carretera provincial ou é carretera local?. Sr. Crespo Iglesias.- Efectivamente, aquí cámbiase un trozo dunha vía provincial que a vai face-la Consellería de Ordenación por outro trozo doutra vía provincial. Sr. Presidente.- Pero é vía provincial, Merza-Bascuas, non fai falta máis aclaración. Sr. Crespo Iglesias.- Por suposto, claro que non, é vía provincial de todas todas. Sr. Presidente.- Vale, vale, é ó que se refería o Sr. Freire. Sr. López Freire.- Eu referinme nunha parte. E segunda condición, en que razonamentos se basou a comisión para considerar que esa parte á que en principio non se lle adxudicou ningunha cantidade porque non se debía considerar importante, o seu arreglo se lle adxudique agora non estudiando outras posibles obrigacións. Eu pediría, Sr. Presidente, que quedara sobre a mesa, acompañara un informe técnico da necesidade de arregla-lo tramo Merza a Bascuas por imperiosa necesidade e que é provincial, nada máis. Sr. Presidente.- Bien, eu entendo que non procede pero de tódalas maneiras vamos votar a súa petición de que quede sobre a mesa e vamos a votar tamén a emenda que fai. Entendo que cando se dedica, se esa obra, mellor dito, ese diñeiro, estaba programado para gastalo nesa zona, que non é malo que quede na mesma zona porque indudablemente se se trata de invertir é que hai esa necesidade. Pode haber outras necesidades, ó mellor máis prioritarias ou menos, non se sabe, en toda a provincia seguramente as haberá, pero indudablemente que a Comisión xa tomou esa determinación e non a vamos a cambiar, polo tanto vamos a votar primeiro a petición de quedar sobre a mesa. ¿Os que estén a favor de que quede sobre a mesa?, o PSOE e o BNG. ¿En contra?, o noso grupo. Vamos a votar agora a emenda do Sr. Freire. ¿Os que estean a favor da emenda do Sr. Freire?, o PSOE e o BNG. ¿En contra?, o noso grupo. Agora vamos vota-lo punto da Orde do Día. ¿A favor do dictame da Comisión?, o noso grupo. ¿En contra?, o PSOE e máis o BNG. A vista do informe emitido polo Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, Xefe da Zona Norte, D. Alfredo Montero Vaz, con data de 19 de xaneiro de 1993, sinalando a iniciación dunhas obras de acceso a Cruces por Bodaño a cargo da Conselleria de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, e dado que esas obras afectan á de "Ensanche e Mellora de rodadura da Estrada Provincial Bodaño-Cruces", do Programa Operativo Local 1992, o Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSOE e do BNG e o voto a favor do PP, o cambio desta última pola de "Mellora do tramo Merza-Bascuas", dentro do mesmo Concello e a continuación da 1ª, toda vez que o Presuposto aprobado por importe de SETE MILLÓNS OITOCENTAS MIL PESETAS (7.800.000), non sofre modificación algunha co referido cambio. ------ Folla: 107,108 10.3309.- RECOÑECEMENTO DE COMPLEMENTO ESPECÍFICO DE FACTOR DE INCOMPATIBILIDADE A MÉDICO DO HOSPITAL PROVINCIAL Sr. Presidente.- ¿Alguna intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, evidentemente nós defendemos que os médicos estén dedicados en exclusiva ó Hospital, pero vamos a votar a favor, pero é que a min o que me admira é a postura do grupo de goberno que as olas veñen e van, unhas veces votan a favor de recoñece-la incompatibilidade, outras veces de quitala, aquí cada... tema deso, unha vez vén, un señor que pide darse de baixa a incompatibilidade, polo tanto compatibilizar coa privada, e outras veces a favor, é dicir, a ver se toman un criterio definitivo e din, non, que creo que á parte a filosofía das incompatibilidades era que foran tódolos médicos, se foran incorporando paulatinamente, todos en principio, a incompatibilidade. Bueno, eu, nese sentido estamos de acordo pero o que lle pediría ó grupo de goberno é que outras veces non facilite que pase no sentido contrario, non, senón aquí andamos, o que se fai por un lado se desfai por outro. Sr. Presidente.- Cando vota o contrario o grupo de goberno é que motivos terá, debe haber motivos suficientes para poderse facer. Vale, Sr. Rodríguez. Sr. Rodríguez Lorenzo.- Si, bueno, era na mesma línea que acaba de face-la intervención o compañeiro Mosquera. O Grupo Socialista sempre estivo a favor da dedicación e incompatibilidade nos funcionarios, outra cousa é o que conleva, a parte económica que leva consigo que en moitos casos a consideramos elevadísima. Como a intervención xa a fixo Mosquera, o que si queríamos deixar aquí unha petición é de que se nos pase unha relación de tódolos médicos do Hospital provincial que están acollidos a este factor de incompatibilidade. Sr. Presidente.- Perdón, non lle escoitei ben neste momento. ¿Cal foi a proposta que fixeches agora mesmo?. Sr. Rodríguez Lorenzo.- Non, vamos a ver. Nós si estamos de acordo. Nós vamos a votar que si porque é un principio que estamos de acordo de sempre, e ó mesmo tempo deixamos aquí a petición de que se nos entregue unha relación dos médicos do Hospital Provincial que están acollidos a este factor de incompatibilidade. Sr. Presidente.- Vale, trataremos de facelo. Moitas gracias. ¿Os que estean a favor deste punto da arde do Día?. Por unanimidade. Vista a petición formulada por D. Pedro Viaño López, funcionario desta Excma. Deputación Provincial coa categoría de Médico Adxunto adscrito ó Servicio de Anestesia-Reanimación, no Hospital Provincial, considerando o informe favorable que ó efecto emite a Dirección Médica de dito Centro, con fundamento nas consideracións expostas nos pertinentes informes que se incorporaron ó acordo de homologación retributiva dos Médicos do Hospital Provincial cos facultativos das Institucións Pechadas da Seguridade Social, adoptado polo Pleno da Corporación Provincial en sesión extraordinaria de 9 de novembro de 1989, o Pleno acorda por unanimidade, recoñecer ó solicitante o complemento específico por incidencia do factor de incompatibilidade en iguais condicionantes e contía que, para funcionarios de igual clase e categoría, foron recoñecidos polo mencionado acordo. ------ Folla: 108,109 11.3310.- PROPOSTA DE APROBACIÓN DE GASTO E NO SEU CASO RECOÑECEMENTO DE CRÉDITO A FAVOR DA ATS DONA BEGOÑA GARCÍA PACHO, POR MAIORES FUNCIÓNS Sr. Presidente.- ¿Intervenciones?. El Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si Sr. Presidente. Eu neste tema vou, sinto terme que alargar un pouco porque quero aclarar puntualmente o que significa e o que están facendo vostedes con isto. E, primeira cuestión, aclara-lo que é. Ou sexa, hai unha señora que. Sr. Presidente.- Si, podes continuar. Señores, un poquito de silencio por favor. Continua Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a ver. Hai unha señora que, ollo, primeiro dato, en agosto-setembro do 91, en agosto-setembro do 91 resulta que estivo cumprindo funcións de Directora e polo tanto ten que cobrar ese complemento, supoño que a señora o tería pedido desde aquela e nos vén en xaneiro do 93, ano e medio despois, primeira coña. A ver que política de persoal, como se tramita iso, como funciona toda esta cuestión porque é un auténtico desastre. Non é a primeira vez. Segunda cuestión, é unha contía de cento nove mil novecentas vintesete pesetas, e nos meten aquí no Pleno a discutir si recoñecemos ou non a esa senora cento nove mil novecentas vintesete pesetas que supoñemos que lle corresponden en xustiza. E terceira cuestión e moito máis importante. Miren vostedes, levan desde o 12 de agosto do 92, que empezaron na Comisión de Goberno con recoñecemento de créditos, ou sexa, exactamente igual que agora, recoñecemento de crédito, por trinta e tres millóns de pesetas, e a partir de aí, a partir de aí collen calquera Comisión de Goberno, calquera, ó azar, eu collín unhas cuantas e aparece, o 4 de novembro do 92 fan vostedes recoñecemento de créditos na comisión de Goberno por cento corenta millóns; o 13 de xaneiro, a última, ou sexa, todas, a última que nos chegou a Acta, trece millóns; o 12 de agosto, trinta e tres millóns que xa o dixen antes; o 30 de outubro, douscentos sesenta e tres millóns recoñecen na Comisión de Goberno, etc., etc., etc. Curiosamente unha das poucas en que non teñen recoñecemento, en que no levaron foi na do 21 de outubro na que estaban moi preocupados para devolverlle as dietas a Cuiña non meteron recoñecemento de crédito. Por este procedemento levan en todas, practicamente en tódalas Comisións de Goberno desde o 12 de agosto, en todas recoñecendo centos e miles de millóns de créditos. Curiosamente eses centos e miles de millóns de créditos segundo os informes de Intervención pois son o que son, recoñecementos de crédito, a maioría son recoñecementos extraxudiciais de créditos, ou sexa, ¿que significa eso?, que son gastos feitos irregularmente sen axustarse a procedimento, de exercicios pechados, ou sin consignación presupostaria. E vostedes tan na Comisión de Goberno recoñecementos de créditos por centos, por miles de millóns, non sumei todo, xa o sumarei no seu momento, xa o darei a coñecer, todo iso, por miles de millóns e nos veñen agora ó Pleno aquí co cachondeo, co cachondeo de que fixeron mal un asunto, a unha señora non lle pagan cento nove mil pesetas desde o ano 91 e nos veñen aquí a que nos poñamos a discutir esto. Bueno, deixen de tomar o pelo, deixen de tomar o pelo porque esto realmente é sangrante. E claro, ou sexa, deixan esto aquí, entón o truco do almendruco, descubreu algún docto funcionario, descubreu que vostedes poden facer recoñecemento de crédito cando hai consignación presupostaria e cando non a hai ten que vir a Pleno, entón como vostedes á parte tan modificacións de crédito cando lle da a gana ou incluso se é, se se pode dentro de certa limitación na Comisión de Goberno entón cando non lle interesa que un tema veña a Pleno porque foi feito un gasto irregular, chapuceiro, ilegal, sen consignación ou como lle dá a gana, antes dotan e á Comisión de Goberno. Se lle interesa que veña aquí para ternos entretidos e perde-lo tempo non tan a modificación de crédito e entón discutimos nós as cento nove mil pesetas da señora do ano 1991. Moi ben, fantástico, ben este procedemento é absolutamente aberrante e estanno reiterando continuamente. Así nos enteramos se cadra, mire se pode mirar as listas dos recoñecementos de créditos que tan, que se excede no ano 91 no plan non sei que, se exceden non sei canto, ó final aquí ninguén sabe, supoño que o Presidente o saberá, en parte se é que lle dá a cabeza para tanto, e en tal plan dou máis cartos, adxudicou tal obra, hai unha obra que non se sabe nin quen a adxudicou e está feita, hai un suministro que non se sabe quen o pediu e está feito ou non está feito pero se paga e punto. Entón vostedes eso pásanno todo pola Comisión de Goberno e ó final aquí con este truco do almendruco se escapan a todo control, a todo control, escapa a todo, porque resulta que o tema aparece dous anos despois, recoñecemento de crédito do ano 90, do ano 91, aparece dous anos despois que na Comi- sión de Goberno recoñeceu tal gasto que non se sabe nin como foi feito dous anos despois, co cal fíxense vostedes que control dous anos despois, bueno como non sexa control por outras vías pois xa me dirá, a resposta é sempre, é dicir, están vostedes sempre co mesmo lío, fíxense vostedes é de hai dous anos, ala, ou trasvasan subvencións dun lado para outro, fan o que lle dá a real gana, fan o que lle dá a real gana e nos teñen aquí no Pleno, poñéndonos cara de parvas traéndonos estas caralladas. Xa está ben, xa está ben, creo que merecemos algún respeto máis que este. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera non sexa tan reiterativo, home, xa dixo as mesmas causas, repiteunos trinta veces. Con dicilas un par de veces xa chegaba, entendémolo perfectamente. Pero non sexa reiterativo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, home, pero se se repiten vostedes miles de veces e non lle dicimos eso, home, para ganar tempo, o que pasa é que o tema é suficientemente grave, é suficientemente grave e nos están eso, tomando o pelo. Bueno, chega e póñase tranquilo, parece que se impacienta o Sr. Presidente, se... Sr. Presidente.- Vale, non estou impaciente, pero reitérase moitas veces e perdemos moito tempo, ou sexa, xa o dixen moitas veces, non hai problema traia un carteliño e póñao aí. Eu creo que as causas de que nos acusou, as causas que teñen que ir á Comisión de Goberno van a Comisión de Goberno e as cousas que teñen que ir ó Pleno van o Pleno e neste caso é un asunto que tiña que vir ó Pleno e vén ó Pleno para recoñecer un crédito e para sobre todo, aprobar un gasto. Indudablemente se traemos equivocadamente e podía ter sido aprobado na Comisión de Goberno, bueno para outra vez levarémolo á Comisión de Goberno se procede. Eu entendo que se está no Pleno é porque ten que estar no Pleno. Os que estean a favor. ¿En contra?. ¿Abstencións?. ¿Votamos todos a favor?. Non vota. Vale. Votaron a favor o Grupo Popular e máis o PSOE e non vota o Sr. Mosquera que é abstención pero non quere votar. Consecuente coa Resolución Presidencial de data 8 de agosto de 1991 e art. 31-2), no seu penúltimo parágrafo do entón "II Acordo Regulador das Condicións de Traballo do Persoal desta Excma. Deputación". Considerando tamén que a ATS Dona Begoña García Pacho, nivel de complemento de destino 20, sustituiu durante un mes á Directora de Enfermería dos Servicios de Saúde Mental (O Rebullón) Dona Mª del Mar de la Peña Cristiá, nivel 24 (por descanso anual, do 19 de agosto ó 18 de setembro de 1991), o que leva consigo o pago de retribucións complementarias á primeira, polas súas maiores funcións. Conforme co art. 156, seguintes e concordantes da Lei Reguladora de Facendas Locais, Normas posteriores que a desenvolvan como a competencia que neste caso atribúe ó Pleno da Corporación Provincial o artigo 112 da Lei 7/85, de 2 de abril, en relación co artigo 33-2-c) da mesma; o Pleno acorda por maioría, coa abstención do BNG e os votos a favor do PSOE e do PP, prestar aprobación ó gasto de CENTO NOVE MIL NOVECENTAS VINTESETE PESETAS (109.927), e, simultaneamente "recoñece crédito" idéntica suma a favor da ATS Dona Begoña García Pacho, en concepto de diferencias de retribucións complementarias, ó sustituir durante o mes de descanso anual 1991 á Directora de Enfermería dos Servicios de Saúde Mental (O Rebullón). Deste acordo darase traslado á Intervención de Fondos Provinciais a fin de que se teña en conta no primeiro expediente de modificación de créditos dentro do Presuposto 1993, e firme que sexa o citado expediente, inclusión de dita suma na Nómina para pago á interesada. ------ Folla: 109,110 12.3311.- SUBSANAR ERRO NÚMERICO Sr. Presidente.- ¿Alguna intervención?. El Sr. Emilio. Sr. González Iglesias.- Bueno, eu de verdade o que quería é que alguén me definira o que é un erro numérico. Porque eu erro numérico ata agora entendíao doutro xeito. Sr. Presidente.- Cambio dun número. Sr. González Iglesias.- Eu, xa podo dicilo, eu entendo que un erro numérico é cando un díxito dunha cantidade salta ou algo así. Pero resulta que aquí este é un erro numérico que costa 3.400.000 ptas. Eu ó mellor case entendo que é unha modificación do Presuposto, dalgún xeito, máis ben que un erro numérico, porque é dicir, se un funcionario no complemento específico se lle consignan 567.532 ptas. e a realidade é que teñen que ser 1.857.460. Sr. Presidente.- Si, continua Emilio, perdón. Sr. González Iglesias.- Dicía que cando no caso concreto dun funcionario que no complemento específico se lle consignan 567.532 ptas. e a realidade, que é o que propoñen agora ten que ser 1.857.460, aquí non varía un díxito, varía toda a cantidade global, pero que non é nun funcionario, é en dous funcionarios a mesma cantidade. E despois en tres funcionarios máis se lle consignan 1.457.680 cando teñen que ser 1.856.620, é dicir, este erro a min me significan 3.400.000 ptas. de diferencia e en todo caso se me terá que aclarar como se pagan, porque se é un erro numérico é corrixir un ha cifra nada máis. Pero aquí a corrección dunha cifra significan 3.400.000 ptas. E volvo a repetir, eu entendo que esta é unha modificación do Presuposto e non un erro numérico. De tódolos xeitos nós o que se imos a facer, estamos de acordo de que se lle corresponden a estes funcionarios esta cantidade pois que se lle dea. Pero non estamos de acordo co procedemento seguido, polo tanto votamos en contra. Sr. Presidente.- Bien. Non estamos en condicións neste momento de poder aclarar especificamente ben este tema pero entendo que son erros que lle afectan efectivamente en partidas concretas a funcionarios concretos e que no Presuposto vai unha cantidade global para todos e entón aínda que vai por distintos conceptos tampouco vai exactamente o de cada funcionario senón que logo terá que axustarse, en calquera momento haberá que facer unha modificación de créditos para axustar esas cantidades ou posiblemente ó mellor non se gaste toda a cantidade durante o exercicio e en todo caso esas son cantidades que se poden corrixir. Sr. González Iglesias.- Pero, vamos a Ver Sr. Presidente, de acordo coa súa expicación, pero entón o razonable é primeiro non traelo así senón están en condicións nestes momentos de aclararnos o tema; e segundo, se despois previsiblemente hai que facelo vía modificación pois fágase ben dunha vez e fágase vía de modificación se é que procede. De tódolos xeitos cando vén dentro da Orde do Día dun Pleno ordinario o normal é que deste tema... Sr. Presidente.- Pero aquí agora estamos corrixindo o defecto que hai das Cantidades para axustalas a como son e esas son as cantidades que hai que axustar e que xa foron aprobadas en Comisión. Sr. González Iglesias.- Non o entendemos así. Sr. Presidente.- Xa o aprobou a Comisión Informativa correspondente de Réxime Interior e polo tanto nós aprobamos iso, xa non nos metemos no demais. Ben os que estean a favor da Comisión, Por favor. O nos o Grupo. ¿En Contra?. PSOE. ¿Abstención?. BNG. Habéndose padecido erro numérico ó consigna-lo importe do complemento específico do Director do Museo Provincial, do Xefe do Servicio de Arquivos, Biblioteca e Publicacións, e de tres Xefes Clínicos Psiquiatras adscritos ó Hospital Provincial, na relación de postos de traballo publicada no Boletín Oficial da provincia nº 6 de 12 de xaneiro de 1993, acórdase por maioría, co voto en contra do PSOE, a abstención do BNG e o voto a favor do PP, e ó amparo do establecido no art. 111 da L.P.A. de 17 de xullo de 1958, subsana-lo mencionado erro de tal forma que onde di: "567.352 pts" se faga constar "1.857.460" no posto de traballo de Director do Museo Provincial, e "1.826.728" no posto de traballo de Xefe de Servicio de Arquivo, Biblioteca e Publicacións. O propio tempo rectifícase o importe de complemento específico asignado a 3 Xefes Clínicos Psiquiatras adscritos ó Hospital Provincial, de tal forma que onde di "1.457.680" se faga constar "1.856.620". ------ Folla: 110,113 13.3312.- MOCIÓN PRESIDENCIAL SOBRE O COMITÉ DAS REXIÓNS Sr. Presidente.- Moción Presidencial sobre el Comité de las Regiones. Si haces el favor, si le puedes dar lectura. Sr. Secretario.- A la vista del Art. 198 A del Tratado de la Unión Europea por el que se crea un Comité de carácter consultivo compuesto por representantes de los entes regionales y locales denominado Comité de las Regiones, se propone al Pleno de la Corporación la siguiente Moción: Estimar que el nuevo Tratado de la Unión Europea que introduce el principio de subsidiaridad refleja la diversidad de estructuras institucionales de la Comunidad. Segundo. Se felicita por la decisión tomada en la cumbre de Mastricht, de establecer en el T

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición