Fondos
1995-10-27_Ordinaria. Acta de sesión 1995/10/27_Ordinaria
Acta de sesión 1995/10/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.18.809/3.1995-10-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 1995/10/27_Ordinaria
Data(s) 1995-10-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 62,64 14.3815.- AUTORIZACIÓN E BASES DE SELECCIÓN PARA CONTRATACIÓN LABORAL EVENTUAL DE 2 AUXILIARES LABORATORIO E 1 AUXILIAR ADMINISTRATIVO PARA A FINCA MOURISCADE Sr. Presidente.- Pasamos a un punto tamén que vén para incluir fóra da orde do día que é a autorización e bases de selección para contratación laboral-eventual de 2 Auxiliares de Laboratorio e un Auxiliar Administrativo con destino á Finca de Mouriscade. Vai a dar lectura ou vai explica-lo Sr. Secretario para que o entendan un pouquiño mellor, que non é tan importante, é pouco importante pero non se pudo levar por urxencia á Comisión correspondente. É do Servicio Agrario que me atañe a min personalmente que son o Presidente, pero a verdade é que o Xefe do Servicio presentounos esto á última hora como un descoido del. Trátase de que a esta xente prorroga-lo contrato ata fin de ano e non daría tempo a podelo facer doutra maneira. Se fas o favor Secretario, explica un pouco o tema ese. Sr. Secretario.- Bueno, en pocas palabras, es que como consecuencia de un convenio que existe entre la Consellería de Agricultura, Ganadería e Montes y esta Diputación para la mejora del Servicio del Laboratorio de explotaciones ganaderas en la Finca Mouriscade de Lalín, en ese convenio hay una aportación de la Consellería para personal que atienda el Laboratorio. Entonces, el Jefe del Servicio Agrorio, nuestro Jefe del Servicio Agrario, considera urgente que de aquí a fin de año por lo menos se contrate a estos dos Auxiliares de Laboratorio y a un Auxiliar Administrativo que se precisa, sin perjuicio de que si el convenio continúa teniendo vigencia durante el próximo año 96 pues se vuelva, si se precisa, a contratar a esta gente u otra pero el caso es hacer la selección cuanto antes a ver si podemos que empiecen a trabajar enseguida. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, normalmente el Grupo Socialista siempre ha votado a favor de todas las urgencias. Sr. Presidente.- Perdón, primero vamos a votar la urgencia. Sr. González Iglesias.- No, no, no, pare, digo normalmente, pero esto es una anormalidad. Primero una aclaración, Sr. Presidente. Usted hacía referencia a una prórroga de un contrato, pues aclare el tema de entrada. Sr. Presidente.- Bien, perdón polo lapsus porque o Xefe do Servicio xa levou a bronca correspondente. Sr. González Iglesias.- Me da la sensación que tiene usted razón cuando el lapsus. Me da la sensación que esto es un prórroga de un contrato. Es una sensación que tengo. Vamos a ver, lógicamente, las cuestiones de urgencia se argumenta la urgencia. A mi ya me contarán ustedes cómo se puede uno acordar a última hora de que hay un convenio firmado con la Consellería y de que hay que gastar parte de ese dinero en contratación de personal a dos meses vista, aunque después se adorne con el tema de vacaciones y con que hay gente que todavía no las disfrutó. Eso es difícil, bastante difícil de entender. Pero ya es mucho más difícil de entender y por eso le decía que me da la sensación de que usted en el lapsus tenía razón. Es decir, es mucho más difícil de entender la fórmula de selección que ustedes preveen. Es decir, una fórmula de selección que en síntesis viene a consistir en la siguiente: una Junta Evaluadora verá el currículum que presenten los diferentes aspirantes y si le queda alguna duda recurrirá a la entrevista personal. Miren, esto no es urgente y por encima tiene un nombre, esto es una cacicada. Así de claro. Ya me dirán ustedes como con un currículum, y si queda alguna duda con una entrevista pesonal, se puede medir la capacidad de los aspirantes. Vamos a votar en contra de la urgencia, vamos a votas en contra del punto y además planteamos que vamos a recurrir este acuerdo. Sr. Presidente.- Vale, gracias Emilio. Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Por parte do BNG, neste mesmo sentido que indicaba o Portavoz Socialista, imos votar en contra, primeiro porque nos está nada claro nin o prazo, nin a forma, nin está xustificado. E despois reiterar, como sempre, que a redacción debe estar en galego e as demandas, que xa fixera o Portavoz no seu día, de representación da oposición e demais. Sr. Presidente.- Vale, gracias. O texto que se pase ó galego, eso queda aceptado. ¿Votos a favor da aprobación da proposta?. O Grupo Popular. ¿En contra?. O resto. Visto o informe-proposta presentado por Enxeñeiro Director do Servicio Agrario, de data 20 de outubro de 1995, a través do cal solicita autorización para a contratación laboral eventural de dous FP-1 rama química e procesos básicos e un Auxiliar Administrativo que reforcen a actividade no Laboratorio da Finca Mouriscade, considerando os informes incorporados ó presente expediente e con fundamento no Convenio subscrito coa Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, e así moemo, o art. 2º do RD 2546/94, de 29 de decembro, art. 61-12-c (do RD 2568/86, de 28 de novembro a art. 33.2.f) da Lei 7/85, do 2 de abril, e previa declaración de urxencia acordada por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra de Grupo Socialista e do BNG, o Pleno acorda, por igual maioría, autoriza-la citada contratación laboral eventual ata 31-12-95, data de expiración da vixencia do Convenio mencionado, determinándose un custe de UN MILLON TRESCENTAS CORENTA MIL DUASCENTAS CINCUETA PESETAS (1.340.250) para a dita contratación, e desglosadas en 1.013.773 ptas. como retribucións e 326.477 ptas. como custe da Seguridade Social. Ó propio tempo apróbanse as Bases de selección de ditas contratacións. ------ Folla: 42,43 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 27 de outubro de 1995 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vintesete de outubro de mil novecentos noventa e cinco, baixo a Presidencia do Sr. D. Xosé Manuel Barros González, Vicepresidente da Corporación, ante a ausencia do seu titular, D. Manuel Abeledo López, convaleciente dunha intervención quirúrxica, reuníronse os Sres./as Deputados/as, D. Xosé Ramón Abal Varela, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xosé Manuel Chapela Seijo, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. Miguel Domínguez Vaz, D. Xosé Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Baltasar García García, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Ben, queridas compañeiras e compañeiros, hai que desculpa-la ausencia do Sr. Presidente, que como todos saben está operado recentemente e en período de convalecencia e aínda que pensaba estar hoxe aquí, os médicos aconselláronlle que era mellor que non viñera por se acaso se volvía a lesionar, así que vámoslle a perdoar e desculpalo en todo caso. 1.3802.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Acta anterior. ¿Hai algunha obxección a acta anterior?. Non. Se entende que se aproba por unanimidade. O Pleno, acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de setembro de 1995. ------ Folla: 43 2.3803.- SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 1/95 DO PATRONATO DA ESCOLA DE CANTEIROS Sr. Presidente.- ¿Hai algunha intervención neste punto da orde do día?. ¿Votos a favor?. Por unanimidade. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/95 do Patronato da Escola de Canteiros, tramitado ó efecto dentro do vixente presuposto de dito Patronato, mediante a utilización do remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Patronato correspondente ó exercicio de 1994, co fin de suplementa-la partida 95/141.05 de Becarios, por un importe de DUASCENTAS OITENTA E OITO MIL SEISCENTAS OITENTA E SEIS PESETAS (288.686), ante a necesidade de becar a un profesor máis e ó non existir crédito suficiente; visto así mesmo a proposta formulada polo Sr. Presidente do Patronato de dita Escola, de data 9 de outubro último, así como o informe emitido a tal efecto por Intervención, de data 10 dos correntes, o Pleno, de conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Economía, acorda por unanimidade, aprobar dito expediente de suplemento de crédito pola expresada cantidade de DUASCENTAS OITENTA E OITO MIL SEISCENTAS OITENTA E SEIS PESETAS (288.686), que se imputará á seguinte partida: - 95/141.05 BECARIOS 288.686 ptas. A utilización de dito recurso conleva o incremento das previsións de ingreso no subconcepto e importe que a continuación se indica: - 95/870.01 APLICACIÓN Ó FINANCIAMENTO DE SUPLEMENTOS DE CRÉDITO 288.686 ptas. Dito expediente será exposto ó público durante 15 días hábiles, tal e como dispón o art. 158 e concordantes da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais. ------ Folla: 43,45 3.3804.- EXPEDIENTE Nº 4/95 DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITO Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Ah, perdón, Sr. Mosquera, perdón, hai máis intervencións. Vamos a ver, Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Bueno, no es la cuantía evidentemente lo más importante. En medio de 25.000.000.000 de presupuesto, 56.000.000 no supone la parte más importante para discutir. De todas formas, nos llama la atención que se vayan a dedicar a lo que se van a dedicar parte de estos 56.000.000 de pesetas. Es decir, si mis números o los números que yo vi ahí son correctos, se plantea dedicar 9.700.000 pesetas de este dinero a publicidad y propaganda; a incrementar la partida de publicidad y propaganda; 7.400.000 pesetas a gastos telefónicos y 2.500.000 pesetas para subvencionar Construgal y Ferpalia. Nos parece perfecto que haya que subvencionar Construgal y Ferpalia, estamos además a favor de que se haga, lo que pasa es que estas ferias, que nosotros sepamos, se han celebrado ya; entonces nos parece que la fórmula de actuar no es esta, sino primero hacer esto y después, antes de que se realicen las ferias, tramitar las subvenciones o llegar a los acuerdos de subvenciones. No esta fórmula que se emplea aquí. De todas formas nos gustaría, antes de continuar con otra intervención, que se nos aclare los 9.700.000 pesetas de publicidad y propaganda y los 7.400.000 de teléfono. Sr. Presidente.- Bien, eso ten unha fácil explicación. Son para compromisos que ten a Deputación, para poder pagar facturas nestas partidas que se quedan pequenas, simplemente, e incluso algúns de compromisos anteriores, ou sexa, da Corporación anterior. E con respecto a Ferpalia é un compromiso que hai da Deputación de darlle 2.500.000 pesetas, como se lle deu noutras feiras, pero como non estaba consignado en Presuposto houbo que face-la modificación correspondente para poderlle pagar, se non non poderíamos. Sr. González Iglesias.- Bien, hecha la aclaración tenemos que decir que lógicamente nosotros no estamos de acuerdo con que aparezcan, por ejemplo cuando hay fiestas patronales o fiestas locales, anuncios de Diputación de media página en determinados periódicos que lógicamente van a ir a cargo de estos 9.700.000 pesetas. Y, evidentemente, no vamos a votar para que en dos meses que faltan para acabar, hasta el nuevo ejercicio, hasta el nuevo Presupuesto, se plantee una cantidad de este tipo. Y en el tema de Telefónica pues lógicamente una de dos, o estaba mal hecho el Presupuesto o no puede aparecer una cantidad para dos meses, para los dos meses siguientes, de 7.400.000 pesetas. Lógicamente, Sr. Presidente, usted sabe igual que yo que las previsiones de teléfonos o de electricidad son las más fáciles de hacer, es decir, nunca hay un incremento sobre todo de esta cantidad, un incremento de 7.400.000 pesetas, si se hace una previsión medianamente ajustada. Por lo tanto vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Vale, gracias. De tódalas maneiras é moi difícil axustar, a electricidade é máis fácil, depende, porque se vén o inverno crudo pois hai que gastar moita máis corrente na calefacción, etc., etc., e o teléfono é o mesmo, se se fala moito máis pois hai que pagar máis facturas. Indudablemente que agora ó final de ano é cando se corrixen eses defectillos e sempre se fan esas partidas xa deficitarias en principio. Amigo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias por darme a palabra e polo de amigo. Estamos ante unha transferencia de créditos relativamente pequena, 56.000.000, pero moi significativa de como funciona esta casa, como funcionou por desgracia e como parece que sigue a funcionar. Mire, as partidas estas de 2.500.000 para atencións protocolarias e representativas e 9.700.000 para publicidade e propaganda non hai axuste posible e non me conteste eso porque é increíble. O asunto é diferente; é dicir, houbo unhas eleccións e entón hai que tirar esas partidas a tope porque estamos en eleccións e chega o novo Presidente e ten a partida esgotada e como novo Presidente ten que saír moito na foto de entrada para quedar ben, entón hai que tirar coa partida, e punto, e nada máis. E non se venda doutra maneira porque non hai outra maneira de vendelo. Estrictamente é eso. Vostedes collen e usan as partidas máis electoralistas e de imaxe e as engordan como se esta Deputación non tivese outras necesidades e evidentemente non o vamos a avalar. Estamos ou empezamos a estar, e levamos moi pouco tempo, fartos de que se nos anuncie pola prensa tódalas maravillas que se van facer e despois non teñan ningunha, ningunha repercusión concreta. Chega ó extremo de que ata onde nós podemos saber, ata se anuncia que se vai polos Servicios e se fan non sei cantas entrevistas e sinto que non estea o Presidente, cando en realidade non é certo. E tamén se vai facer un plan de racionalización do gasto terrible, pero resulta que non se racionaliza nada senón que o gasto aumentou en teléfono e o metemos. Evidentemente nesta Deputación pódese recortar bastante e haberá ocasión de falar deste tema e do que se anuncia do que realmente se fai. Entón creo que, non pola cantidade senón polo espíritu e polas contradiccións, polo espíritu en canto a aumenta-las partidas de boato e non de inversións, que son as que fan falta nesta provincia, e polas contradiccións que supón, por un lado dicir que vamos a racionalizar moito o gasto e incluso vamos a contratar un superxerente de 12.000.000 ou non sei cantos, e por outro lado seguir sen controlar nada e se nos seguen descontrolando tódolos gastos correntes, que máis que aumentar serían facilmente reducibles, se se aplicara unha política medianamente seria, sen grandes declaracións nin grandes pretensións, simplemente medianamente seria de racionalización do gasto, vamos a votar en contra. Nada máis Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Ben, moitas gracias. De tódalas maneiras, amigo Mosquera, a nosa sociedade está feita de variadísimas cousas e de moitas e importantísimas cousas, unhas máis e outras menos. Unha delas é a da propaganda e imaxe e iso tamén hai que coidalo, ou sexa, é necesario, de aí vive moita xente tamén. Así que tamén por eso nós suplementamos estas partidas para paga-las facturas que fai falta para manter esa imaxe. ¿Queres intervir outra vez?. Moi brevemente. Sr. Mosquera Lorenzo.- Paréceme moi ben que se defenda a industria, a imaxe e demais, pero é que neste caso non é porque viva a xente. Se fora por eso ata o aceptaríamos. É porque vive politicamente quen se aproveita deso á conta das arcas públicas, que é diferente. Sr. Presidente.- É unha parte máis desa faceta, é unha parte máis. Vale, gracias. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular. ¿En contra?. Os demais. Gracias. Visto o expediente de modificación presupostaria nº 4/95, por un total conxunto de CINCUENTA E SEIS MILLÓNS CINCOCENTAS TRES MIL SEISCENTAS TRINTA E CATRO PESETAS (56.503.634), correspondendo de dita cantidade 6.286.250 ptas. a CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS e 50.217.384 ptas. a SUPLEMENTOS DE CRÉDITO, motivado ás propostas formuladas polos responsables dos diversos centros e servicios da Deputación, para a modificación das dotacións presupostarias respectivas, creando unhas e aumentando outras, segundo as necesidades, así como os acordos adoptados polos órganos de goberno sobre recoñecemento de créditos, convenios, etc., o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do Grupo Socialista e do BNG, prestar aprobación ás correspondentes modificacións presupostarias e dos recursos para o seu financiamento, que se reflexan en sendos estados de "Créditos Extraordinarios" e de "Suplementos de créditos", no primeiro caso pola non existencia de crédito inicial e no segundo por resultar insuficientes as dotacións previstas inicialmente. Ditos estados arroxan os seguintes resultados: A) CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS 6.286.250 PTS. B) SUPLEMENTOS DE CRÉDITO 50.217.384 PTS. TOTAL 56.503.634 PTS. Os recursos utilizados para o seu financiamento consisten na aplicación de parte do remanente de Tesourería dispoñible da liquidación do Presuposto de 1994 (56.503.634 ptas.), desglosándose os aumentos de crédito por capítulos como segue: Cap. II Gastos de bens correntes 27.270.000 Cap. IV Transferencias correntes 3.500.000 Cap. VI Inversións reais 16.983.634 Cap. VII Transferencias de capital 6.000.000 Cap. VIII Activos financeiros 2.750.000 TOTAL 56.503.634 ------ Folla: 45,47 4.3805.- ORDENANZA REGULADORA DO USO E DEFENSA DAS ESTRADAS PROVINCIAIS Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Ten a palabra o Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, vamos a ver, a nós en principio a idea nos parece positiva, que haxa unha ordenanza nese sentido que serva para preservar dalgunha forma os espacios contiguos ás estradas provinciais para evitar o que desgraciadamente está ocurrindo agora, non só en estradas provinciais senón en todo tipo de estradas municipais ou de calquera administración. Entón en principio nos parece a idea positiva. O que si é certo é que realmente é un documento meramente técnico, que nós pensamos se por parte do equipo de goberno desta Deputación houbera a vontade de facer un debate profundo antes, e neste Pleno o noso grupo poder chegar con emendas, ó mellor se debeu facer esa Comisión de Vías e Obras antes, non fai cinco ou seis días, porque é un documento cun transfondo político importante. Nós, con esa parte política, estamos de acordo en que realmente esta ordenanza é necesaria para preservar precisamente eses espacios contiguos ás estradas, para que nun futuro non se hipotequen os viais e podamos facer boas estradas da Deputación e que loxicamente tamén van dalgunha forma a servir para que os terreos que estean contiguos pois se revaloricen e non hipotecar zonas como está ocurrindo en moitos sitios. Entón, nós o que si vamos a facer, como aínda esta ordenanza ten 30 días para exposición pública, haberá despois unha aprobación definitiva, pois nos vamos a definir no fondo da cuestión aínda que coa idea da ordenanza estamos de acordo, no fondo da cuestión vámonos a definir no próximo Pleno e como calquera outro grupo presentaremos as nosas alegacións e as defenderemos aquí no próximo Pleno, cando sexa a aprobación definitiva. Sr. Presidente.- Vale, moitas gracias. O compañeiro do BNG, Sr. Chillón, por favor. Sr. Chillón Iglesias.- Si, bueno, neste sentido dicir que este grupo do BNG tamén considera positiva esta aportación técnica, pero como tal documento técnico debería ser realizado en lingua galega. Digo que en ese documento técnico se vota en falta unha cuestión gráfica. É certo que vén dado por Lei e está en coordinación coa Lei de Estradas de Galicia e coa Lei de Estradas Estatal, pero, insisto, vótase en falta un esquema gráfico. Amáis do dito, máis vale unha imaxe que mil palabras. Tanto Lei de Estradas a nivel estatal como a nivel da Xunta de Galicia contemplan precisamente este esquema gráfico, incluso con detalle. Como se falou en Comisión, a complexidade precisamente das áreas colindantes con esta área afectada é moi complexa e sería difícil levar toda esta complexidade plasmala a estes niveis. Pero si que debería polo menos a nivel, xa digo, de resume representar graficamente as diferentes zonas e acotacións, como as liñas de edificación e cerres. Xa digo que os detalles constructivos é moi complexo a nivel de rasantes e demais, pero polo menos un mínimo de detalles gráficos de acceso a predios lindantes e demais. É dicir, que penso que se debían cumprimentar con apuntes gráficos dentro, xa digo, da complexidade que o tema conleva. Sr. Tirado Serén.- Ben, eu vou presentar, independentemente do que direi posteriormente, un voto particular como integrante da propia Comisión para facer unha pequena modificación no artigo 15. O punto onde di textualmente "o Servicio de Vías e Obras poderá propoñer unha fianza para responder de danos", deberá dicir "a Deputación a proposta do Servicio de Vías e Obras poderá esixir unha fianza para responder de danos". Simplemente eso. E despois como complemento e como explicación ó que acaba de apuntar o Sr. Chillón diremos que posteriormente á aprobación deste regulamento, esto vai completarse cunha catalogación das vías, en dous tipos, é dicir, vías que podíamos chamar primarias e secundarias, e aínda posteriormente farase unha catalogación detallada como complemento de tódalas vías, incluso con soporte gráfico. E logo, igualmente como complemento, haberá tamén que traer no seu día ó Pleno a aprobación de taxas e de fianzas a depositar, porque como complemento desto e como desenvolvemento desta ordenanza quedaría coxa se continuásemos como viñemos ata agora. En realidade, esto era algo que había que facer, porque como ben dicía o primeiro que interviu, Juanes, esto faise como complemento tanto ó Real Decreto polo que se aprobou o estado xeral de estradas nacionais e máis a Lei de Estradas de Galicia. Entón, a Deputación quedara dalgunha maneira desamparada porque tódalas reclamacións que había que facer había que estimalas porque xa non se adaptaban á normativa existente. Entón, inevitablemente tiñamos que dar este paso, un primeiro paso que despois haberá que completalo con outros. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Si, bueno, estou de acordo neste sentido na cuestión de que esto debería ir acompañado paralelamente da catalogación das estradas como tamén das futuras taxas en aplicación desta ordenanza. Pero penso que o propio texto da ordenanza debería dunha forma paralela complementarse con esta cuestión gráfica que é fundamental. Insisto recoñecendo a complexidade que hai neste tema, pero que polo menos a nivel, xa digo, de taludes, de cerres, uns detalles gráficos de esquema resume e incluso intentando, dentro das xeralidades que se poidan contemplar, que debe acompañarse xa no propio texto da ordenanza ese complemento gráfico. Sr. Presidente.- Está claro que este regulamento foi feito con criterios técnicos, que é susceptible de mellorar. Eu entendo que neste período que hai agora de exposición ó público se se poden facer esas melloras, que se deben de ver, e encárgolle ó Presidente da Comisión que polos servicios técnicos da Deputación se contemplen as peticións que fixeron aquí os compañeiros da oposición para ver se é posible poder nese momento, cando sexa a aprobación definitiva, incluilas. Así que dito esto vamos a pasar á votación coa emenda que fixo o noso compañeiro. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular e o BNG. ¿Abstencións?. O PSOE. Á vista do dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, celebrada o día 18 dos correntes, e vistos os informes de Secretaría e Intervención, emitidos ó efecto, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e do BNG e coa abstención do Grupo Socialista, aprobar inicialmente a "Nova Ordenanza Reguladora do uso e defensa das estradas provinciais", como consecuencia da súa adecuación á Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia. Dita ordenanza queda exposta ó público, a efectos de reclamacións, polo prazo de 30 días, para a súa posterior aprobación definitiva polo Pleno, unha vez resoltas as reclamacións formuladas. No caso de non haber reclamacións, este acordo considerarase definitivo. ------ Folla: 47 5.3806.- NOMEAMENTO DE D. GONZALO FERNÁNDEZ DE LA MORA Y MON COMO PATRONO HONORARIO DO MUSEO Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención neste tema?. ¿Votos a favor?. Por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura e a proposta do Patronato do Museo Provincial de Pontevedra, o Pleno acorda por unanimidade, o nomeamento como Patrono Honorario do Museo ó Excmo. Sr. D. Gonzalo Fernández de la Mora y Mon, en consideración á súa asidua colaboración e recente cesión da súa colección de platería civil, inaugurada o día 11 do pasado mes de agosto. ------ Folla: 47,48 6.3807.- RECOÑECEMENTO DO FACTOR INCOMPATIBILIDADE NO COMPLEMENTO ESPECÍFICO A MÉDICOS DO HOSPITAL PROVINCIAL Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Vamos a votar a favor como sempre, pero hai certos recelos, tanto nestes casos que son novedosos como nos demais, de que realmente se cumpra a incompatibilidade. Entón o que pedimos, á parte de votar a favor, é que había aí un plan antes que se pedira a Facenda se estaban de alta, se non estaban de alta, etc.; que realmente se leve en serio tanto para os novos, que parece que incluso falta documentación, que se comprobe esto, como para os vellos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, evidentemente estamos de acordo con este plantexamento. O que ocurre é que nos informes técnicos que acompañan ó expediente faise fincapé, e entendemos que hai que facelo así, en que se no primeiro caso en que se aporta a declaración xurada de que non se están realizando outras actividades privadas, que non se fai, e no segundo caso que ademais da declaración xurada se tivo algunha actividade privada ata agora acompañe a baixa do IAE. E entendemos que eso hai que cumprilo absolutamente claro e diáfano para levalo a cabo. Sr. Presidente.- Ben, procurarase que se cumpra eso pero indudablemente se vén informado favorablemente será porque se pode facer así tamén. Sr. González Iglesias.- Non, perdón, non é cuestión de vontade, de procurarase, senón que é cuestión de Lei. Entón que se faga, non de vontade, non de procurarase. Sr. Presidente.- Ben, Sr. Presidente da Comisión de Persoal. ¿Esto lo visteis en Comisión vosotros?. ¿Pero se puede aprobar así perfectamente sin ningún problema?. Ben. Entón, aínda que se teña en conta, eu vou sacar a aprobación sen esixir necesariamente ese requisito porque foi votado xa en Comisión favorablemente, indudablemente porque se pode aprobar así. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular e o BNG. O PSOE en contra. Vale, explicación de voto. Sr. González Iglesias.- Loxicamente, nós tiñamos intención, e así o anunciamos, de que íamos votar a favor do mesmo xeito que fixemos en Comisión Informativa. Ocurre que desde o momento que o Presidente da Corporación hoxe plantexa que se procurará, é dicir, que se fará voluntariamente. Sr. Presidente.- Neste caso, neste caso. Sr. González Iglesias.- Perdón, déixeme terminar. Que o Grupo Popular aproba eso coa vontade de que se faga, de que se cumpra a Lei, pero non esixindo o que marca a Lei, o Grupo Socialista anuncia que cambia o voto por esa razón e entendemos que hai que esixir o que di a Lei e ademais e que recorreremos o acordo por eso votamos en contra e non nos abstemos se é que non se fai así. Sr. Presidente.- Ben, pero eu vexo que na Comisión se votou favorablemente por todos, e era o momento de esixir ese documento na Comisión. Vén dictaminado correctamente. Sr. González Iglesias.- Simplemente anúnciolle que recorreremos o acordo. Sr. Presidente.- Ben, para nós a votación está feita e creemos que é correcto e que ese señor cumpra cos requisitos que ten que cumprir. Vista a petición formulada polo funcionario D. Juan García Campos, Médico Xefe Clínico adscrito ó Servicio de Oftalmoloxía do Hospital Provincial, considerando o informe favorable do Director Operativo Asistencial Clínico do Complexo Hospitalario, con fundamento no acordo de homologación retributiva dos Médicos do Hospital Provincial cos facultativos de Institucións pechadas da Seguridade Social, adoptado polo Pleno da Corporación Provincial en sesión extraordinaria o 9 de novembro de 1989, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por maioría, cos votos favorables do Grupo Popular e do BNG, e co voto en contra do Grupo Socialista, recoñecer ó citado funcionario o Complemento Específico Factor Incompatibilidade, en iguais condicións e contía que, a funcionarios de igual clase e categoría, foron outorgados polo mencionado acordo, fixándose como data de devengo de tales dereitos económicos o 01-09-95. Como queira que segundo informe que emite o Servicio de Intervención non existe consignación suficiente para afronta-lo gasto deberá habilitarse ou suplementarse crédito para afronta-lo mesmo no primeiro expediente de modificación de créditos que se leve a cabo. Así mesmo, vista a petición formulada o 1 de agosto de 1995 polo funcionario D. Alfonso Moreno de Arcos Cerviño, Médico Adxunto adscrito ó Servicio de Radiodiagnóstico do Hospital Provincial, considerando que o informe favorable do Director Operativo Asistencial Clínico do Complexo Hospitalario, con fundamento no acordo de homologación retributiva de Médicos do Hospital Provincial cos facultativos de Institucións pechadas da Seguridade Social, adoptado polo Pleno da Corporación Provincial en sesión extraordinaria do 9 de novembro de 1989, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e do BNG e co voto en contra do Grupo Socialista, recoñecer ó citado funcionario o Complemento Específico Factor Incompatibilidade, en iguais condicións e contía que, a funcionarios de igual clase e categoría, foron outorgados polo mencionado acordo, fixándose como data de devengo de tales dereitos económicos o 01-10-95 Como queira que segundo informe que emite o Servicio de Intervención non existe consignación suficiente para afronta-lo gasto deberá habilitarse ou suplementarse crédito para afronta-lo mesmo no primeiro expediente de modificación de créditos que se leve a cabo. ------ Folla: 49,50 7.3808.- DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN FORMULADA POR FUNCIONARIA PROVINCIAL EN ORDE Á CONSOLIDACIÓN DO COMPLEMENTO DE DESTINO Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Señor compañeiro do PSOE, Sr. García García. Sr. García García.- El Partido Socialista, el Grupo Provincial Socialista está de acuerdo en la posición de la funcionaria que reclama su derecho a que se le consolide el nivel 22, dos puntos del nivel que anteriormente tenía. Lleva más de 2 años ejerciendo el puesto de trabajo y por lo tanto es consolidable automáticamente. Pero el argumento que han utilizado para no justificar, para no concederle el nivel 22, el derecho que tiene a 2 puntos por encima del 20, que estaba ejerciendo anteriormente, creemos que no tiene una fundamentación real para denegárselo por varias razones. Primera, el nombramiento de la funcionaria ha estado hecho por el Consejo de Administración del Hospital, que le ha comunicado la Jefa de Enfermería que ejerciera tal puesto. Segundo, en las nóminas de la funcionaria ha aparecido el nivel 22 por un período superior a 2 años. Si aparece en las nóminas es un reconocimiento real, porque si no entonces el Interventor está cometiendo un acto que no se ajusta a derecho o por lo menos está concediéndole 2 niveles, un dinero a una funcionaria que no tiene derecho a percibirlo. Pero también ocurre otro hecho, el órgano de gobierno de la Diputación, el Consejo de Administración en su artículo 7 dice que podrá ejercer los nombramientos. En el artículo 10 aprobará inicialmente el contenido y funciones de los puestos de trabajo. Y en el artículo 84 dice que será aprobado por el Pleno de la Corporación. Y si tenemos en cuenta estas prerrogativas, estos derechos que tiene el Consejo de Administración del Hospital Provincial y el hecho de que aparezcan en la relación de puestos de trabajo, en el Boletín Oficial de la Provincia, esos puestos de Supervisora con nivel 22 y ocupados, además pone ocupados, no hay razón, ninguna razón, para que esa funcionaria o los funcionarios que exijan ese derecho no se les conceda. Lo que está ocurriendo es un hecho, es que se le obliga desde la Diputación a los funcionarios a ir a un contencioso-administrativo para que se le reconozca un derecho que ya tienen. Y otra de las cuestiones que nos extraña es que en esta Diputación, cuando no se quiere conceder a alguien un derecho que tiene, se pide un informe jurídico fuera que justifique de alguna forma la actuación administrativa de la Diputación. Sin embargo no existe, y eso nos podría a nosotros, los Diputados del Grupo Socialista, afianzar en otra posición, si ese es un informe jurídico del propio Secretario o del Interventor. Al no existir, ser un informe jurídico de un bufete exterior en el cuál se basan entendemos que no hay razón real para denegarle a esta funcionaria el derecho a que se le consoliden los 2 puntos de nivel a que realmente tiene derecho de acuerdo con la legislación tanto del Estado como de la Xunta. Sr. Presidente.- Vale, moitas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Mire, aí nós temos unha postura xeral que é que non estamos de acordo coa consolidación dos complementos. De todas maneiras a Lei aválao e non temos máis remedio que aceptala. Este é un caso verdadeiramente retorcido porque, por un lado, houbo outros casos xa que se denegaron e están en contencioso, co cal é un máis a sumar a esa lista de contenciosos se vostedes llo denegan, e non hai digamos ningunha novidade con respecto ós outros casos. Eu creo que non ten moito sentido convertir esto aquí nun debate xurídido que foi o que levaron vostedes por non telo resolto nos anteriores casos noutro sentido e en consonancia co que fixemos en casos exactamente iguais que xa pasaron por este Pleno, vámonos abster. Sr. Presidente.- Vale, gracias Sr. Mosquera. O Grupo Popular aínda tendo en conta as manifestacións dos compañeiros da Oposición e as súas razóns vamos a dar por bo o informe xurídico que temos no expediente e vamos a votar a favor de acordo con ese informe. ¿En contra?. PSOE. ¿Abstención?. BNG. Vista a petición formulada pola funcionaria D. María Teresa Hermo Gonzalo, funcionaria coa categoría de ATS adscrita ó Hospital Provincial, interesando a consolidación do Complemento de Destino, nivel 22, por desempeñar durante máis de dous anos continuados o cargo de Supervisora de Enfermería. Resultando que a adscripción da reclamante a funcións de Supervisora de Enfermería non se produxo por ningún dos procedementos previstos no art. 20 da Lei 23/88 sobre provisión de postos de traballo (concurso, libre designación), o nomeamento dun funcionario para un determinado posto efectuarase conforme ós requisitos que esixen a Lei e o Regulamento, debendo emanar dun órgano lexitimado para iso (Presidente ou Pleno da Corporación Local). Considerando que o nomeamento da Supervisora de Enfermería, pertencen ó Réxime Xurídico e organización interna do Hospital Provincial, correspondendo a súa designación á Directora de Enfermería a proposta da Xunta de Enfermería, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por maioría de votos do Grupo Popular, coa abstención do BNG e o voto en contra do Grupo Socialista, desestima-la pretensión de D. María Teresa Hermo Gonzalo, por entender que carece de fundamento xurídico algún. ------ Folla: 50 8.3809.- MODIFICACIÓN DO ART. 66 DO III ACORDO REGULADOR - CONVENIO COLECTIVO DE 3 DE AGOSTO DE 1992, SOBRE AMPLIACIÓN DE PRAZOS DE AMORTIZACIÓN DOS PRÉSTAMOS SEN INTERESE Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, vamos a votar a favor pero este tema requiere una aclaración incluso para que votemos a favor, porque si no lo hacemos podría parecer una contradicción. Una de las razones que, cuando se aprobó el III Acuerdo Regulador, llevó al Grupo Socialista a la abstención y no a votar a favor era que, según nuestro criterio, dentro de ese acuerdo iban una serie de prestaciones sociales, se le puede llamar así, que a nuestro modo de ver crean una diferenciación muy importante entre los ciudadanos de este país y esta provincia concretamente. Y este era uno de los temas, es decir, en ese acuerdo aparecía una cantidad anual de 50.000.000 de pesetas para préstamos a devolver sin interés por parte de los funcionarios, durante 48 mensualidades, es decir, ni en aquel momento ni hoy ni nunca nos parecerá ese el camino a seguir lógico. Es decir, los funcionarios de las Corporaciones Locales tienen unos sueldos creemos que decentes, en la media o por encima de la media de los ciudadanos de la provincia y no nos parece que sea lógico prerrogativas de este tipo, que crean diferencias muy importantes. Es más, cuando incluso en este tema la Diputación pierde pesetas constantes, es decir, porque ni siquiera se recupera el IPC. Lógicamente decía antes que esto nos llevó en su día a votar la abstención. ¿Qué ocurre?. Lo que se plantea hoy aquí es que los niveles más bajos, es decir, los niveles D y E, puedan devolverlo en vez de en 48 mensualidades en 60 o en 72, por lo tanto en ese tema si vamos a estar de acuerdo porque entendemos que en todo caso lo que no se puede es generalizar los criterios para todo el mundo. Por esa razón vamos a votar aquí a favor. Sr. Presidente.- Vale, gracias. Creo que todos pensamos lo mismo en este sentido así que vamos a sacarlo a votación. ¿A favor?. Por unanimidade. Aprobando o Pleno da Corporación Provincial en sesión celebrada o 29-07-92, o III Acordo Regulador-Convenio Colectivo para funcionarios e persoal laboral desta Excma. Deputación Provincial, de conformidade cos artigos 22.2.d), 49 e 70 da Lei 7/85, así como artigos 176 e 50.3 do RD 2568/86, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por unanimidade, modifica-lo parágrafo 3 do art. 66 deste acordo que quedará redactado no sentido que se expresa a continuación: "Estes préstamos amortizaranse con reintegro uniforme en 48 mensualidades, non obstante os funcionarios dos Grupos D e E, así como os laborais fixos de similar categoría profesional poderán reintegralos en 60 e 72 mensualidades, respectivamente, se así o solicitan. A cantidade que resulte de dividir o importe total do préstamo por 48, 60 ou 72 mensualidades no seu caso, será detraída da nómina correspondente dos afectados". ------ Folla: 50,52 9.3810.- RECOÑECEMENTO DE COMPLEMENTOS ESPECÍFICOS FACTOR DE PERIGO Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- A intervención non é con respecto ó punto que vamos a votar a favor senón con respecto ó que é todo o Pleno. Mire, sinto que non estea o Presidente pero non podo deixar pasa-la ocasión de falar ou de recordar como está funcionando esto. Aquí, por exemplo, se pode adxudicar unha obra de 500.000.000 sen que pase por Pleno e pode suceder que "Príncipe Felipe" ceda a Escola de Fisioterapia sen enterarnos os Deputados, etc., etc., e vimos aquí a un Pleno, con tódolos respectos, a votar temas absolutamente menores, mínimos e ridículos en relación co que tódolos días se está cocendo. Bueno, nos plantexamos en serio as competencias do Pleno. Non teñen por que devolverse todas pero polo menos parte. Digamos os temas que veñen ó Pleno ou se non é inxustificable vir a un Pleno para estas cousas. Incluso o sentido das votacións ás veces é absolutamente errático en certo modo porque son temas tan menores, tan menores, que a ver como se coce. Os temas gordos, resulta que a Corporación, que en principio somos os representantes dos cidadáns os que tiñamos que decidir, pois non pintamos nada e ás veces nin nos enteramos. Nada máis. Nós votamos a favor do punto. Sr. Presidente.- Vale, de tódalas maneiras son cousas da Lei de Réxime Local que están así. Ben. Unha intervención máis antes de votar. Sr. Mosquera Lorenzo.- A Lei de Réxime Local é a Lei de Bases, polo tanto permite moitas posibilidades, e vostedes aquí o que fixeron foi encargar un informe xurídico, neste caso da casa, aínda bo é que non foron a fóra a gastarse catro ou cinco millóns, dicindo ata a última coma de tódalas competencias que se lle poden sisar ó Pleno, sísenlle. Debe ser case a única Corporación de todo o Estado que fai esto. Sr. Presidente.- Pero as cousas que se cambian non quere dicir que se melloren moitas veces; aínda están sen cambiar por se acaso, non vaia ser que as empeoremos. De todas maneiras compréndote perfectamente. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vale. Sr. Presidente.- ¿Votos a favor?. Por unanimidade. Vista a proposta formulada o 31-01-95 polo Xefe de Persoal do Hospital Provincial en orde ó recoñecemento do Complemento Específico Factor de Perigo, grado 2, ó Axudante Sanitario D. José Alfonsín Moraña adscrito ó Servicio de Farmacia, considerando que segundo informe da Directora Operativa de Coidados do Centro o persoal deste servicio desenvolve a súa actividade nunha área de alto risco ó manipular determinados fármacos, ó amparo do establecido no apartado e) do acordo plenario de 25-09-92 e de conformidade co disposto en anterior acordo da Comisión de Goberno de data 09-01-94, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por unanimidade, asignar un punto de perigo a D. José Alfonsín Moraña por importe de TRES MIL CINCOCENTAS NOVENTA E OITO PESETAS (3.598) mes, con efectos de 01-07-92. Así mesmo, vista a proposta formulada o 02-05-95 polo Xefe de Persoal do Hospital Provincial, en orde ó recoñecemento do Complemento Específico Factor de Perigo, grado 2, da funcionaria Dona Consuelo García Méndez, Auxiliar de Clínica adscrita ó Servicio de Farmacia, considerando que segundo informe da Directora Operativa Asistencial de Coidados do Centro, o persoal deste servicio desenvolve a súa actividade nunha área de alto risco ó manipular determinados fármacos, de conformidade co establecido no acordo plenario de 25-09-92, así como o acordo da Comisión de Goberno de data 09-01-94, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por unanimidade, asignar un punto de perigo á funcionaria Dona Consuelo García Méndez, por importe de TRES MIL CINCOCENTAS NOVENTA E OITO PESETAS (3.598) mes e con efectos 13-02-95. Como queira que segundo informe que emite o Servicio de Intervención non existe consignación suficiente para afronta-lo gasto habilitarase ou suplementarase crédito para afronta-lo mesmo no primeiro expediente de modificación de créditos que se leve a cabo. ------ Folla: 52 10.3811.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Es para darles cuenta del expediente de otorgamiento de 15 becas en el año 95, en el año actual, de la Escola de Canteiros, que se otorgaron ya en el mes de julio. El 6 de julio se levantó el acta del Jurado Calificador, se dió cuenta al Patronato de la Escola y es preceptivo también según los Estatutos de la Escola dar cuenta al Pleno. Eran 15 becas de 100.000 pesetas como viene siendo habitual todos estos últimos años. Y luego, también darles cuenta de las Resoluciones Presidenciales dictadas desde el 25 de setiembre al 21 de octubre, de las que también se ha dado traslado a los diferentes grupos políticos. Nada más. Sr. Presidente.- Vale, muchas gracias. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: A) Dase conta ó Pleno, que queda enterado, da concesión de 15 becas de CEN MIL PESETAS (100.000) para o ano 1995, que habitualmente se veñen outorgando tódolos anos por parte do Patronato da Escola de Canteiros, segundo acta do Tribunal que xulga os méritos dos solicitantes, de data 6 de xullo de 1995. B) Dase conta ó Pleno, que queda enterado, das Resolucións Presidenciais dictadas entre os días 25 de setembro e 21 de outubro do ano actual. Sr. Presidente.- Ben, antes de entrar en rogos e preguntas vamos abrir unha fase de mocións, para os que queiran presentalas ou para as que están presentadas aquí xa e que obran nos expedientes. FÓRA DA ORDE DO DÍA, tratáronse os seguintes asuntos: ------ Folla: 52,57 11.3812.- MOCIÓN PRESENTADA POLO BNG EN DEFENSA DO SECTOR PESQUEIRO Sr. Presidente.- En primeiro lugar hai unha moción do BNG en defensa do sector pesqueiro que se prefire darlle vostede lectura ou dalla o Secretario. Dalla o Secretario. Vámoslle a dar paso ó Secretario para que lle dea lectura a esa moción. Sr. Secretario.- Di o seguinte: Moción en defensa do Sector Pesqueiro. O colectivo de mariñeiros afectados pola paralización das flotas pesqueiras que habitualmente faenan nos caladoiros de Marrocos e do Banco Canario-Sahariano, mariñeiros galegos naturais de todo o litoral e nomeadamente dos Concellos de Ribeira e dentro da nosa provincia Marín, Bueu, Cangas, Moaña e A Guarda, téñense dirixido a diferentes organismos, administracións e institucións na demanda de medidas diante da paralización froito da finalización do acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Marrocos. Máis de cinco meses levan solicitando solucións das autoridades autonómicas, estatais e de Bruselas, así como respostas que palien a dramática situación de incertidume e crispación que se transmite á realidade que están a vivir os pobos afectados pola paralización da flota de cefalópodos, pobos ós que sen o sector pesqueiro seralles moi difícil vivir. Por indicar un exemplo, dos aproximadamente 90 barcos que faenan de O Morrazo quedarían fóra uns 38 coa conseguinte perda de postos directos así como de economías inducidas. A recente e negativa solución atopada por España e Europa para a flota conxeladora da NAFO e a pasada de Bostón, Terranova, Gran Sol e Namibia, deben servirnos de experiencia para asumir e defender ata o final a reivindicación dun sector clave da nosa economía. Se a diferentes niveis de apoio social é máis económico xa se teñen manifestado xentes, entidades, institucións municipais e comarcas directamente afectadas, O Morrazo, A Guarda, en apoio das xustas demandas coas axudas económicas para colaborar nas xestións en defensa do sector, (libros de texto dos fillos das familias afectadas), é importante que esta Institución Provincial non debe quedar á marxe diante dun problema tan grave de presente futuro para a economía deste país. Neste sentido o Grupo Provincial do BNG solicita a esta Corporación Provincial o estudio e valoración das seguintes propostas: 1) Apostar firmemente polo mantemento do sector pesqueiro galego non aceptando ningún tipo de recorte no número de barcos como de traballadores de calquera flota, e nomeadamente a que faena nos caladoiros de Marrocos e Banco Canario-Sahariano. 2) Esixir dos poderes públicos galego, español e europeo, a defensa global do sector demandando unha política racional para acceder ós caladoiros e unha nova política de mercados. 3) Instar á Xunta de Galicia a definición sobre políticas sectoriais previstas no sector pesqueiro para absorber ós traballadores do mar que perdan os seus postos de traballo, a creación de estructuras propias desde a Xunta de Galicia para desenvolver competencias así como a capacidade de poder negociar con terceiros paises fóra da UE. Sr. Presidente.- Ben, gracias Secretario. Quero aclarar antes de continuar que non entramos nun punto de orde de mocións, senón que entramos en varios puntos con asuntos fóra da orde do día, polo tanto esta é unha moción que entra fóra da orde do día. Primeiramente antes de lle da-la palabra ó compañeiro do BNG que a está a pedir eu vou a pedir a declaración ou non de urxencia desta moción. ¿A favor da urxencia?. Por unanimidade. Agora doulle a palabra ó compañeiro do BNG Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Si, hai un momentiño o Portavoz do noso grupo facía unha referencia precisamente a que determinados temas de relevancia ou de maior ou menor importancia estivesen na orde do día e está claro e é evidente que a facultade de redacta-la orde do día correspóndelle neste caso á Presidencia, pero non sei porque motivo, á parte acaba de incidir agora no preámbulo das intervencións de que esta é unha moción fóra da orde do día cando realmente se presentou en forma e trámite cando foi valorada en Comisión e cando penso que debería estar contemplada na propia orde do día porque seguiu todo o procedemento, penso correcto, aínda que, insisto, é facultade do Presidente. Ben, esta moción que traemos aquí evidentemente consideramos que é de gran importancia para a economía do noso país. Por ser importante para a economía do noso país, esta Institución Provincial tampouco debe quedar á marxe, como se facía referencia na mesma. É unha situación que realmente se engloba dentro dunha reconversión dese sector pesqueiro, que como facíamos referencia na introducción do texto da moción xa se remonta a uns anos para acá, onde se está a realizar unha reconversión moi forte dun sector clave da nosa economía, do sector pesqueiro, e que ten unha grande incidencia tamén na nosa provincia por ter ela bastante litoral. Esta reconversión que está a ser evidente e de forma brutal estase plasmando na propia realidade diaria, desde o noso punto de vista consideramos que existe unha complicidade neste caso das diferentes administracións e organismos e incluso está sendo pactada coa clase armadora en detrimento nese caso da clase traballadora. Un sector pesqueiro, xa digo, que está a sufrir unha reconversión brutal, onde o Estado Español que non sabe ou non quere saber do tema, onde unha Unión Europea que está utilizando os intereses económicos de Galicia, nese caso intereses pesqueiros, como moeda de troco, como moeda de cambio, e despois unha Xunta de Galicia que ten un papel totalmente inhibidor diante desta situación. Fai ás veces algún comunicado reivindicativo e tamén apoia certas demandas e incluso certas mocións en diferentes organismos, pero realmente non asume responsabilidades. É evidente que seguen sempre lamentándose se hai unha falta de competencias, que non é certo aínda que nalgunha medida si se corresponde pero que non é certo. Hai unha Lei de Pesca aprobada pola Xunta de Galicia en 1993 que non está sendo en absoluto desenvolvida nin levada adiante e despois hai unha falta total de apoio e de xestión no sentido de non aplicar nin os fondos europeos que se tramitan a través do propio organismo autonómico para precisamente investigar, desenvolver, e cubrir, e intentar, esas iniciativas precisamente de medidas para cubrir esa posible reconversión. Hai, evidentemente, outras entidades e outras Comunidades. Euskadi paralelamente ten negociacións con Portugal no tema das Azores e incluso apóiase evidentemente ós colectivos, incluso a través dos propios organismos, e colectivos de armadores a ter relacións con outros países. Investigan uns novos campos de caladoiros e cúbrense e realmente incluso aportan certos presupostos a nivel de biólogos e demais en busca da percura, xa digo, doutros caladoiros. Para ser breves, nunha primeira intervención dicir que realmente este tema, xa digo, está englobado dentro desta reconversión do sector pesqueiro. Hai seis meses tivemos unha experiencia moi negativa co fletán, onde se produciu unha alarma e despois realmente se cumpriu e agora vólvese a repeti-la historia. Vólvese a repeti-la historia. Marrocos solicita unha reducción do 60%; Bruselas di que non vai pasar por máis do 17% e o propio acordo, que aínda está pendente pero que se vai aprobar pois a final de novembro como parece que son as perspectivas, chegará nalgún sector, nalgún enclave digo, nalgunha especialidade pesqueira ó 40%. Este acordo entre a Unión Europea e Marrocos vai conlevar unhas consecuencias moi negativas para a nosa flota e para o noso sector a nivel de reducción de buques, tanto ó cefalópodo que afecta directamente á Comarca do Morrazo, do palangre fundamentalmente tamén en Ribeira, a nivel de descargas, a nivel de número de mariñeiros marroquinos nos buques que van quedar, a nivel de amplia-la parada biolóxica, e despois á parte doutras compensacións no caso da conserva, con arancel cero ata o 97 e incluso ascendendo o número de toneladas que se pode permitir de libre acceso despois do ano 98, etc., etc., etc. Nese sentido, como se comentaba na propia Comisión, si é unha moción política no sentido de defender de forma contundente o noso sector pesqueiro diante de calquera organismo e diante de calquera situación. E que, precisamente coa experiencia anterior, non se repita a historia e aceptar nese sentido todo o que poida vir e votarlle a culpa a esa Unión Europea, que realmente este grupo anunciou no seu debido día cando foi a súa incorporación pero que realmente neste caso tanto o Estado Español como a Xunta de Galicia está a acometer un papel se non de complicidade si de inhibición diante da situación, coas graves consecuencias que van a afectar á nosa economía. Sr. Presidente.- Vale, moitas gracias, agradézolle ó Sr. Chillón esa larga exposición e os seus grandes coñecementos que ten deste tema, pero lamentablemente teño que anunciarlle o voto en contra do Partido Popular porque non estamos de acordo nin co texto nin quizá coa filosofía desta moción. Polo tanto nós vamos a votar en contra e anunciarlle que nós particularmente no punto seguinte vamos a presentar outra moción con outro texto que creemos que é máis adecuado e polo tanto é a que vamos a intentar aprobar aquí neste Pleno. Pero antes de sacar a votación e por alusións, primeiramente doulle a palabra ó Sr. Chillón e pídolle que sexa o máis breve posible, pero esa é a nosa postura e pídolle que a comprenda tamén. Sr. Chillón Iglesias.- Sr. Presidente, penso que a brevidade debe estar en correlación co tema e coa dimensión do tema e penso que tamén levamos tempo; podemos un pouco extendernos aínda que non é a miña intención. Sr. Presidente.- Perdóname un minuto, que quería declararlle unha cousa que me quedou sen aclararlle porque así xa intervén vostede. Quero dicirlle, porque pidiu antes explicación tamén, que fóra da orde do día vén porque esta moción foi á Comisión correspondente e non se puxeron de acordo os membros dos distintos grupos políticos para dictaminala. Polo tanto, quedou sen dictaminar e non se incluiu no punto da orde do día e tráese fóra da orde do día porque así, desta maneira, si pode vir aquí aínda que non estea dictaminada. Esa foi a cuestión pola que non veu na orde do día. Nada máis, continue vostede. Sr. Chillón Iglesias.- Ben, en canto á non aceptación do Partido Popular desta moción parece ser pola redacción ou polo sentido de redacción. Os puntos "apostar firmemente polo mantemento do sector pesqueiro", "esixir dos poderes públicos galego, español e europeo, a defensa global do sector" e despois "instar á Xunta para definir políticas sectorias previstas neste sector", sen ánimo de polimizar, pero si por suposto de deixar en evidencia se non a hipocresía si entón a incoherencia ou a contradicción do propio Partido Popular, quixera recordar un par de cousiñas: unha, precisamente hai seis meses, o 27 de abril, había un comunicado de prensa en tódolos xornais galegos que dicía esto, e viña asinado polo Partido Popular, -dígoo para que por se acaso pensan que é do Bloque-: "O tradicional vencellamento de Galicia coa pesca é algo que vai máis aló dunha explotación industrial ou comercial. Desde sempre o noso pobo foi o que máis se adentrou no mar, o que máis loitou pola pesca e o que para dar de comer ós seus fillos nunca deu o brazo a torcer aínda que neso lle fora a vida. Día a día son moitos os galegos que traballan nos caladoiros en todo o mundo a prol dun dos principais motores da nosa economía e por eso milleiros de familias galegas poden vivir gracias a ese esforzo que se ve inxustamente recompensado. España e Galicia cada vez está menos considerada en Bruselas. A Administración Central e Europea esquece os verdadeiros problemas con que se debe afrontar esto. De pouco valen os esforzos, non se pode permitir que continue o desmantelamento progresivo dos sectores máis implicados no desenvolvemento galego. É preciso denunciar a inoperancia do Goberno Central -e eu incluiría aquí e do Goberno Galego- que prefire pactar coa Europa que coa propia nación. É preciso que Galicia se faga escoitar solidariamente pola defensa do traballo de miles de galegos." Rexeitaban o acordo entre a Unión Europea e Canadá daquelas, rexeitaban o papel xogado pola Unión Europea na negociación, manifestaban a terminante disconformidade coa ratificación do acordo e esixían unha política reflexada nunha Lei de Pesca que xa teñen, aínda que parece que non se desenvolveu, xa digo, aprobada no 93, e esixían as transferencias. E agora aínda moi reciente, hai quince días exactamente, cando se realizaba o debate do estado da autonomía, hai unha resolución do propio Partido Popular que di así: "a actuación enérxica para un acordo xusto entre a Unión Europea e Marrocos". Entón, sen comentarios, penso que o que hai que facer é, neste caso, non face-la política do avestruz, non esconderse diante dos problemas, e realmente se hai conciencia da defensa do sector e da defensa deste país penso que, sen problemas de ningún tipo, se debe aprobar esta moción nos referidos termos. Sr. Presidente.- Ben, asegúrolle que temos conciencia de todo eso que di vostede e moita preocupación, e polo tanto tamén lle pido a máxima consideración para o texto da nosa moción, que máis adiante vai coñecer, e que nos permita que democraticamente poidamos votar en contra desta libremente. E dito esto doulle a palabra ó compañeiro Sr. García do Grupo Socialista. Sr. García García.- El Grupo Provincial Socialista está de acuerdo en los dos primeros puntos de la moción presentada por el BNG. Entendemos que es necesario un pronunciamiento de la Diputación afirmándonos para el mantenimiento del sector pesquero en Galicia. Yo creo que es conveniente hacer eso y exigir de los poderes públicos, tanto español como gallego y europeo, que defiendan este sector pesquero. Yo creo que estos dos primeros puntos son de una lógica aplastante y cualquier gallego tendría que defenderlos. La discrepancia del Grupo Socialista está en el tercer punto, que asumiríamos parte de él y excluiríamos la parte correspondiente a la creación de estructuras propias desde la Xunta de Galicia para desenvolver competencias, así como capacidades de poder negociar con terceros países fuera de la UE. Yo creo que en este tercer punto hay dos cuestiones, la primera cuestión es que la Xunta recoloque a todas las personas del sector y que vaya desarrollando políticas sectoriales que permitan recolocación, eso también es positivo, pero el hecho en sí de que la Xunta de Galicia asuma competencias fuera, competencias que hoy no le corresponden, que corresponden al Estado Español, yo diría más, a la UE. Aquí existen dos cosas, un problema jurídico pero también existe un problema práctico. Hoy la Xunta no tiene capacidad económica ni capacidad de negociación para poder hacer las ofertas que está haciendo la UE para el mantenimiento del sector de la pesca. Hay que ser realistas, una cosa es lo que se desea y otra cosa es lo posible. Hoy la Xunta no puede poner 45.000.000.000 sobre la mesa para decirle a los marroquís que quieren que los barcos gallegos continuen faenando allí. Y no tiene capacidad tampoco para dar una serie de contrapartidas que están exigiendo los marroquís. Hoy también existe otro hecho, los países del tercer mundo o segundo mundo están despertando y están ocupando un espacio en la división internacional del trabajo que no ocupaban hace diez años y eso son realidades nuevas, realidades cambiantes que nos tienen que permitir entender los procesos de reconversión existentes en cualquier sector industrial. ¿Qué ha pasado en Galicia?. Que el sector pesquero, el sector empresarial pesquero no ha sido capaz de ver el futuro, de entender el futuro y ha ido por los mares con un ánimo de ir sacando del mar lo que había y pensando además que los países a los que iban a pescar, os caladeiros onde iban a pescar, iban a estar siempre en las mismas posiciones. Los países están despertando, a Dios gracias, y es bueno para la situación internacional que todos los países despierten, pero también hay que decir que el sector empresarial no ha sabido adaptarse, no ha tenido capacidad como tal sector para ir marcando la pauta de cómo debe de ser la propia estructura del sector. Yo diría que no hay multinacionales de la pesca en Galicia que puedan de alguna forma ir imponiendo su criterio en los distintos caladeros que existen en los distintos espacios del mar. El problema fundamental ha sido el del propio sector empresarial y por eso hoy hay una reivindicación legítima de los trabajadores, pero también a los trabajadores hay que decirles la realidad, hay que decirles la realidad de dónde está el problema, qué problemas existen y no darles falsas esperanzas sino decirles cuál es la realidad y hacia dónde se camina. La Xunta no tiene capacidad, no es posible aunque se quisiera, porque no tiene capacidad económica ni capacidad de negociación, aunque la tuviera jurídica. Hoy no tiene medios suficientes para imponerse al resto de los países internacionales. Si el BNG aceptara suprimir desde "traballo" y suprimir las palabras "creación de estructuras propias desde a Xunta de Galiza para desenvolver competencias así como a capacidade de poder negociar con terceiros países fóra de Europa", si suprimiera este trozo, el Grupo Socialista apoyaría el conjunto de la moción. Si no suprime este punto nosotros nos abstendríamos. Sr. Presidente.- Vale, muchas gracias Sr. García. Sr. Chillón, breve e neste punto a última vez. Sr. Chillón Iglesias.- Cédolle a palabra un momentiño, despois podo de forma breve puntualizar. Sr. Presidente.- Si, quere que fale primeiro Mosquera. Mosquera primeiro. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, é que aquí, en primeiro lugar, eu creo que hai un problema de lingua, parece que non temos un bilingüismo armónico senón que é conflictivo. Porque dicir "a creación de estructuras propias da Xunta para desenvolver competencias", as competencias haberá que desenvolver as que haxa, as que non haxa non se poden desenvolver e que eu sepa pódese intentar mellorar comercialización, etc., pódese facer cantidade de cousas. Non vexo onde está o conflicto. E con respecto á capacidade para negociar con terceiros países fóra da UE, quere dicir os países que son fóra da UE, internegociar. Acábase de poñer un exemplo de Euskadi con Portugal-As Azores ou cando os nosos armadores negociaron con Namibia ou Arxentina e non sei que problema hai. Entón, non sei que problema hai en intentalo por aí, de verdade. Agora, de todas maneiras, eu quero saír ó paso, eu xa sei que é un tema moi complexo, terceiros países, cuartos países, etc., é un tema moi complexo e ademais ata podo aceptar que os caladoiros están en perigo, podo aceptar que se depredou
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota