ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.805
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1997/02/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.358/1.1997-02-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1997/02/28_Ordinaria

  • Data(s) 1997-02-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 83,84 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de febreiro de 1997 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vinteoito de febreiro de mil novecentos noventa e sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse os Sres./as Deputados/as, D. Xosé Ramón Abal Varela, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. Miguel Domínguez Vaz, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Baltasar García García, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Vicesecretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Sr. Deputado, D. Xosé Manuel Barros González. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno ordinario correspondente ó mes en curso. 1.4027.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de xaneiro de 1997. ¿Algunha alegación á acta?. Apróbase por unanimidade. O Pleno, acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de xaneiro de 1997. Sr. Presidente.- Propoño a continuación discutir o punto 2 e 3, posto que son practicamente idénticos aínda que afecte a dous plans distintos, pero a filosofía é a mesma, se lles parece, por avanzar. ------ Folla: 84,91 2.4028.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVICIOS PARA O EXERCICIO DE 1997 [POS/1997] Sr. Presidente.- Punto número 2. Aprobación definitiva do Plan Provincial de Obras e Servicios para o Exercicio de 1997. E punto número 3. Aprobación definitiva do Programa da Rede Viaria Local para o Exercicio de 1997. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Moitas gracias. Estamos perante a aprobación definitiva con variacións substanciais en canto ó financiamento tanto do Plan de Obras e Servicios como do da Rede Viaria Local. No seu momento nós tiñamos votado en contra dos dous polas razóns que expuxemos que é que moi someramente, é dicir, que no POS segue habendo os tres millóns, mínimo, co cal rompe absolutamente a proporcionalidade; e segue sen aplicarse os criterios tal como se entenden. Hai Concellos de máis de 20.000 que se lle quita a poboación urbana, outros non, etc., etc. Bueno, non é cuestión de repetir todo que non ten moito sentido. E con respecto á Rede Viaria Local votáramos en contra fundamentalmente pola súa pouca contía, porque a Deputación non se tomaba en serio este plan, facendo obras grandes e metendo, digamos a Deputación a ninguén lle prohibía meter máis cartos e facer proxectos de obras serios e non unha ristra de vinteseis cachiños que algúns deben ter como 300 m., 200 m. ou cousas polo estilo, e que realmente máis ben parecía un plan de bacheos e de pequenos arranxos da Rede Viaria Local que o seu nome tan pomposo que parece que é que vamos a mellorar, como diríamos a facer obras serias e substantivas. E desde aquela houbo avaliacións substanciais en canto ó seu financiamento. Que é que o MAP no POS pega unha baixada dos 247 millóns previstos a 131 e na Rede Viaria Local baixa de 122 millóns previstos a 72. Hai que ter en conta que estas baixadas son en termos absolutos, estarían gravados polo IPC. O que foi na previsión inicial era exactamente o mesmo que o Estado aportara o ano pasado. Ou sexa que baixou e substancialmente a aportación do Estado a estes plans a pesares de que inclusive se mal non recordo o Presidente neste Pleno nos contou que agora, co Ministro de Administracións Públicas de Pontevedra e dentro da súa filosofía entraba amplia-los plans e dar máis cartos. E esto enmárcase dentro dunha filosofía que ten especial gravidade para o funcionamento dos Concellos. Non ten desperdicio, absolutamente ningún desperdicio a comunicación que fai o MAP no que se nos comunica esa rebaixa. En concreto por exemplo di que non se presentará ó Goberno proposta de declaración de novas zonas de Acción Especial, cando a través da prensa nos enteramos de que os Concellos do Deza e non sei que, falaran co Ministro e que se mostraba moi sensible na posibilidade de incluilos na Comarca de Acción Especial ou outro parágrafo lle di que o importe da dotación distribuese, bueno, leo en español que é como está, "se ha distribuído sobre el criterio de acercar el nivel de recursos económicos asignados a los territorios que no están en el objetivo uno, con las aportaciones efectuadas por los fondos estructurales a las regiones objetivo 1". Traducido: o que os programas operativos que a Unión Europea, para os que a Unión Europea manda fondos para as zonas declaradas obxectivo 1, ou sexa, as zonas deprimidas, entre as que está Galicia, o MAP vai a corrixir mandando máis fondos, detraendo fondos dos que mandaba e mandando fondos para as zonas, digamos, máis desenvoltas economicamente cos mellores niveis de dotacións e que polo tanto non teñen esas subvencións europeas. Como consecuencia deso temos a rebaixa que temos e nos parece especialmente grave, sobre todo despois, diríamos esto é tan en termos absolutos como en termos digamos públicos, cando se fan declaracións de que vamos a meter máis Concellos na zona de Acción Especial, de que vai haber máis fondos, de que non sei cantas cousas. A política que está seguindo o Ministerio de Administracións Públicas é exactamente o que acabo de dicir, está no escritiño, é oficial e público e creo que non ten absolutamente ningún desperdicio e así se ve, por exemplo, que di que a reducción dos créditos, das partidas vai ser dun 26,90%, pero na parte que nos toca e no que estamos falando hoxe é moito máis elevada porque hai que repartilos e supoño que en zonas nas que non hai, digamos eses problemas, de falta de dotacións e de subdesenvolvemento aumentarían esas, ou sexa, disminuiría menos o que lle aportaran. Esto supón para os Concellos, neste caso supón para os Concellos, digo para a Deputación-Concellos, supón para o binomio o seguinte, supón que a pequena suba que se lle fixo en fondos incondicional, que son transferencias do Estado á Deputación, que subeu máis que o IPC, recórtase por esta vía. Ou sexa que, a capacidade de maneobra das Deputacións, a capacidade efectiva de actuar sobre a provincia vai baixar pero a capacidade de maneobra para dispoñer dos seus fondos, para dedicalos a unha cousa ou outra vai aumentar en detrimento de plans máis ou menos obxectivos como podía ser o POS, para aplicar neste caso. E xa, bueno, a decisión que se tomou non é nova, que é que a Deputación cubra a baixada da aportación do Ministerio e supoño que a pesar de dicir que non e dicir que o Ministerio se ía a portar moi ben con esta provincia, supoño que xa o terían pensado o grupo de goberno cando por primeira vez, na aprobación inicial, e foi un dos motivos polos que nos opuxéramos, no POS a Deputación poñía o 25% frente a un 35 do MAP, cando sempre foron aportacións igualitarias, ou sexa, que a pesares das declaracións xa se debía temer o grupo de goberno que en Madrid se ían portar con esta Deputación e con esta provincia bastante, bastante peor, que os anos anteriores nestes plans. Entón subsanouse pola mesma vía e bueno, pois o plan segue sendo o mesmo, moito peor financiado, nós dito esto, como é aprobación definitiva vámonos manter na mesma postura que tivemos na aprobación inicial. Nada máis por agora. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra D. Emilio. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, Presidente. En novembro esta Institución aprobou o Plan de Obras e Servicios no que a Deputación, e a Rede Viaria Local, como van xuntos vou face-los números xuntos tamén, no que a Deputación en total nos dous plans ía poñer 298 millóns de pesetas. Ben, tres meses despois, a día de hoxe, onde se ían a poñer nos dous plans 298 millóns de pesetas se van poñer 464 millóns de pesetas, é dicir, 166 millóns de pesetas máis. Noutros tempos e noutros anos os gritos dende o grupo de goberno dicían sempre o mesmo, é dicir, se lles castigaba, porque o goberno central era doutro signo político, ademais diso había unha política de sacar fondos das administracións locais, de detraelos das administracións locais, política equivocada segundo vostedes, etc., etc. Bueno, resulta que hoxe que goberna en Madrid o Partido Popular pois nada, se rebaixa, hai unha reducción da orde do 26% nestes plans e eu ata agora de verdade nunca mirei nin ó Presidente da Institución nin a ninguén do Partido Popular dicindo, reclamando o mesmo que reclamaban anos atrás. Pero bueno, a eso un xa está bastante acostumado. O que ocurre e xa ceñíndonos ó tema do POS, é que o Plan de Obras e Servicios é un plan para dotar da infraestructura mínima ós Concellos, da infraestructura obrigatoria ós Concellos. Tamén é certo que nós levamos anos dicindo que o que está ocurrindo nesta provincia é que hai unha serie de Concellos absolutamente privilexiados que figuran en zona de Acción Especial, que entran no POL, que son os que máis cartos levan no Plan de Acción Municipal da Deputación e que amáis, amáis tamén entran no POS. Tamén á parte de se-los Concellos que máis cartos reciben de subvencións directas do Presidente da Deputación. Sempre o argumento do grupo de goberno é dicir, bueno, que son Concellos moito máis extensos, coa poboación máis desperdigada, que lle costan moito máis os servicios e por eso lles dan máis cartos. Ben, entón un colle este plan definitivo que se vai aprobar, o POS, e mira que por exemplo, é dicir, servicios obligatorios e absolutamente prioritarios para os cidadáns, que plantexan concellos como Lalín, obras a meter no Plan de Obras e Servicios: campo de fútbol, 4.800.000 pesetas, pavillón de deportes, arreglo, 4.900.000 pesetas ou limpeza viaria 4.800.000 pesetas. Pode verse, pode verse, que son servicios básicos e fundamentais, simplemente con mira-lo expediente. Curiosamente o 60 ou 70% dos Concellos están na fase de alcantarillados, de traídas de auga, etc., etc., ou de iluminación pública. Pois ben, se esto non é darnos a razón no que hai Concellos absolutamente privilexiados na provincia e que se reflexan nas súas peticións pois que nolo explique o Presidente que ó mellor variamos, variamos o noso plantexamento. Ou como dicir que pois no Concello das Neves aquí aparecen ampliacións de cemiterios, de dúas parroquias. Bueno, eu teño as miñas serias dúbidas que sexan cemiterios municipais, como en Vila de Cruces, as miñas serias dúbidas. E desde logo entendo que o primeiro que ten que facer esta Institución é solicitar certificacións de que se está falando de obras municipais e de cemiterios municipais. Me dá a sensación de que como tódolos cemiterios da inmensa maioría de Galicia son parroquiais e non municipais, e polo tanto privados e polo tanto non poden ter unha financiación pública, e non o digo eu, é dicir, na comunicación que eu teño do Ministerio de Administracións Públicas di que a financiación estatal só será para servicios municipais de carácter obrigatorio. E segue habendo máis, é dicir, hai máis, mire todo o expediente, mire todo o plan e verá que hai máis cousas que non se corresponden cos servicios obrigatorios dos Concellos segundo tramo de poboación que é o que di concretamente e exactamente a comunicación do Ministerio de Administracións Públicas. Loxicamente está absolutamente claro que con plantexamentos deste tipo cando a Comisión para Administración Local mira os expedientes, pero só os mira, cando desde esta casa non se fai ningún tipo de indicación de que son servicios obrigatorios, pois loxicamente a Comisión di que si, tira para adiante e aquí se aproba e bueno resulta o de sempre e é que hai cidadáns desta provincia que carecen de servizos básicos mentras que noutros Concellos os servicios básicos son os campos de fútbol, etc., etc., que tamén curiosamente hai plans que os anunciaba o Presidente nesta Institución para ese tipo de cousas. No tema da Rede Viaria Local, é dicir, as cifras englobeinas antes. Ó final é un plan practicamente ridículo, estamos falando de 244 millóns de pesetas pero si é certo tamén que esta Institución ten máis financiación para a Rede Provincial noutras partidas presupostarias. Seguimos votando de falta, bueno seguíamos votando de falta un Plan Provincial de Carreteras. Digo seguíamos por unha razón, curiosamente hai Concellos que durante anos, anos, non aparecía nin unha sóa carretera provincial nos plans, ningunha sequera. Pero curiosamente acabamos de descubrir que o problema non era, non era dun Plan Provincial de Carreteras, para nada, o problema era outro, o problema era que se eses Concellos lle encargaban a técnicos desta casa proxectos de obra, aínda que foran obras cofinanciadas pola Deputación, proxectos de obra para obras do Concello entraban nos plans e se non o fan non entran nos plans. E claro, casos concretos, é dicir, se o Sr. Llano de la Concha empeza a facer proxectos de obra en Concellos cando é funcionario desta casa, resulta que curiosamente carreteras deses Concellos van aparecendo no Plan Provincial de Carreteras, na Rede Viaria Local, etc., etc., e mentras non, ou mentras non se daba, curiosamente. Pode ser unha coincidencia pero eu penso que non hai ningunha coincidencia nesta historia. E tamén desgraciadamente, é dicir, que nun país cun paro bastante importante resulta que o grupo de goberno permite que funcionarios estean facendo proxectos, traballando de xeito privado para Concellos xa é escandaloso, se ademais deso, se ademais deso estamos falando de proxectos que están cofinanciados pola Deputación é absolutamente inmoral e eu me atrevería a dicir que é ilegal e poño nomes concretos, é dicir, o Sr. Llano de la Concha, e Concellos concretos, o Concello de Redondela, concretiños, concretiños. O Concello de Redondela lle encarga proxectos de obras cofinanciadas por esta Deputación ó Enxeñeiro Xefe da Deputación. Que veña Dios e o mire, loxicamente vamos votar en contra e nos parece que esta práctica ten que acabar dalgún xeito e se non acaba o grupo de goberno, haberá que acabala vía tribunais, pero hai que acabala dunha vez. E asuma o Sr. Presidente o que teña que asumir nesta historia. Vamos a votar en contra dos dous puntos. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Costa Díaz.- Si, gracias Presidente. Bueno Sr. Mosquera como vostede recoñeceu os criterios das obras están xa dabondo debatidos, penso que no seu momento de aprobación, hoxe tráese de novo aquí os dous plans polo tema de financiación. Penso que con bo criterio a Deputación faise cargo desta rebaixa que se produce nestes plans. En primeiro lugar, pensando que no que atañe a Plan de Obras e Servicios porque os Concellos están atravesando, como ben se sabe, pois situacións económicas precarias e difíciles, e por outra banda penso que está moi acertado esto, fixo o Presidente unha reunión con tódolos Alcaldes, propúxolle por suposto catro propostas, unha delas era pois rebaixa-los plans dentro do que a rebaixa se producía do Goberno Central, cousa que sería un prexuízo posto que hai cantidade de proxectos xa feitos e sería pois entorpecer dalgunha maneira pois a marcha das obras nos distintos Concellos. Por outra banda pois a aportación ó 50% Concellos e Deputación e por outra banda tamén pois que os Concellos se fixeran cargo desta rebaixa. Por suposto e eu penso que con acerto os Concellos e o Presidente estimouse que a Deputación se debía facer cargo destas rebaixas. Como ben vostede apuntou na participación dos fondos do Estado ante o crecemento de 1,4 aproximadamente do presuposto do Estado, a participación dos fondos desta Deputación crece aproximadamente un 5% e por suposto recibe bastante máis do que neste caso se desconta nestas obras. Con respecto á Comarca de Acción Especial eu penso que ampliala neste momento, que o Ministerio está traballando nesas infraestructuras, nesa relación de infraestructuras que se lle mandou dos diferentes Concellos que están bastanteando eses datos que se lle mandaron e que está a punto de terminar unha actuación de Comarca de Acción Especial, penso que, e estimo que se debe unha vez bastanteado e todos eses datos e unha vez se termine esta actuación da comarca, pois facer uns criterios de distribución que eu penso que serán propostos e serán debatidos aquí e que todos teremos que aporta-los datos necesarios e penso que quitaremos adiante un plan estructurado e que estea en equilibrio dentro de toda a provincia. Con respecto a D. Emilio, como el dixo e efectivamente así é, penso que estas rebaixas xa se levan producido nos plans ó longo doutros anos, neste momento ademais estas rebaixas pois poden ser producidas tamén por unha situación e un momento de converxencia con Mastrich, que todos sabemos ó cal estamos por bo camiño e desexamos todos que aí esteamos, e eu penso que estes criterios que aquí se apuntan son uns criterios importantes e como antes dicía os Concellos van saír totalmente da situación desas obras unha vez que a aportación aparta este desconto que se fai e espero, espero, que o próximo ano poidamos gozar cuns presupostos máis altos sempre que vaiamos polo camiño que estamos agora. Sr. Presidente.- Gracias. Quero insistir en algo moi claro. En primeiro lugar a contradición en que cae o Sr. Mosquera, critica os plans, logo defende os plans, en fin, como indudablemente non cre nestes plans, pois como non cre na Deputación indudablemente por eso di o que di. En todo caso insistir tamén en que existe unha baixa de 130 millóns de pesetas. É certo. E contéstolle ós dous, a D. Emilio xuntamente co Sr. Mosquera. Indudablemente recibimos por outro capítulo, como saben vostedes, un 5,7% na participación dos presupostos do Estado, cando o presuposto do Estado sube o 1,2 en liñas xerais, o cal quere dicir que indudablemente esta Deputación ten máis diñeiro que en anos anteriores. Por esta sencilla razón. En segundo lugar, ou en terceiro lugar, queríalle dicir tamén a D. Emilio que as porcentaxes destes plans veñen baixando xa desde que gobernaba o Partido Socialista, pero curiosamente baixaban cando o presuposto xeral subía un 11% ou máis e neste momento debido ós axustes o presuposto sube un 1,2 e sen embargo a participación das Deputacións e dos Concellos crece un 5,7. Non é o mesmo, D. Emilio, baixar cun crecemento do presuposto un 11 que baixar o que acaba de baixar, un 26% este ano nestes plans, cando o presuposto sube un 1,5. É totalmente distinto. E con respecto a que hai Concellos primados, bueno esta historia, desde que eu me sentei nesta mesa vense repetindo e seguirase repetindo porque non teñen outros argumentos, e como non teñen outros argumentos teñen que dicir eso. Pero quérolle recordar a vostede que os Concellos de 20.000 habitantes como estructuras básicas son os cemiterios e son os campos de fútbol e son os polideportivos. Lea a Lei de Bases, artigo 26. Pero curiosamente teño que dicir, posto que se alude aí que onde pide estes servicios porque por desgracia o diñeiro destes plans non lle chega para acometer traídas de auga nin alcantarillado, porque como vostedes saben é un Concello de trescentos moitos quilómetros cadrados e non é o mesmo levar a auga cando están cerca as poboacións que levala ás poboacións cando hai unha larga distancia. Quero que lle quede esto moi claro. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Bueno, eu parece que me explico mal e á parte se as orellas non escoitan peor. Si que dixen que subía o 5%, si que o dixen, o grave non é iso, o grave, o que dixen é que coa mesma capacidade de actuación, porque ó final os fondos que vas recibir do Estado van estar máis ou menos na mesma porcentaxe do IPC, con estas rebaixas e as subas por outro lado, os Concellos perden cartos en plans obxectivos e a Deputación gaña capacidade de maneobra fronte ós Concellos, foi o que dixen e reiteroo e non me parece correcto esa redistribución cando xa estaba moi sesgado esto cara á Deputación. Con respecto á amplia-la Comarca de Acción Especial, non fomos nós quen o dixemos. Saiu na prensa que se entrevista co Ministro para pedirlle e que recibe con moita solicitude e a ver se pode antede-la petición, e a resposta por escrito, eso é o único que saiu publicado, que eu sepa con respecto a este tema. Non fomos nós nin andivemos no medio nin nada e a resposta é clarisima, nin tan sequera se acepta que se fale, foi a que fixen referencia e nada máis, non se me saque de contexto. E con respecto á rebaixa nos plans. Home non vamos a meternos aquí nunha guerra de contas Sr. Presidente, pero si que houbo a partir do Decreto 500 do 90, si que houbo rebaixa dos plans, etc., pero en termos absolutos me parece que ningún ano houbo rebaixa dos plans, ningún, o que houbo foi cando empezou o POL se rebaixou o POS, ou sexa, a aportación do Estado ó POL, se quitou do POS e entón o POS tivo unha pequena rebaixa etc., pero en termos absolutos, si, pero en termos absolutos nunca houbo tal rebaixa coma a deste ano, á parte parece que en certo modo inclusive, inclusive, pois fóra de tempo e de lugar porque se supón que un plan para o ano 97 está aprobado xa e non pode suceder que o 10 de febreiro, cando xa debían estar case en fase de tramitación de para adxudica-las obras se comunique que a rebaixa vai ser de tal calibre, que a rebaixa vai ser de tal calibre. E o que é moito máis grave, se lle rebaixa, se lle rebaixa ás provincias que non están dentro da, as provincias que están no obxectivo 1 e se lles rebaixa menos ás provincias que teñen máis poder adquisitivo e mellor infraestructura, ou sexa, que non están no obxectivo 1. E traducido, traducido, con esta política levada ó extremo os que se agarraron á Comarca de Acción Especial e aínda bueno que manteñen o POL, pois sálvanse e o resto da provincia que en principio a maioría tamén é obxectivo 1 sería a que levaría os paus, sería a que levaría os paus. Afortunadamente creo que con bo criterio a Deputación, como xa fixera outras veces, compensa eso, pero aínda estamos agardando pola compensación que temos falado outras veces, que se fixo algún ano dos que quedaron fóra da Comarca de Acción. Pero bueno, creo que é un debate con respecto a esto dos plans que xa está máis que falado e dentro de moi pouco estaremos co mesmo e nos contestará o Sr. Presidente coma sempre, que non ten argumentos, que é que nós non cremos na Deputación, efectivamente non cremos nas Deputacións, pero, pero, a seriedade e o rigor nos obriga que mentres estemos aquí velemos porque a parte, pequena, pero a parte pequena que pode ter esta Deputación de incidencia na provincia cos fondos que administra o faga o mellor posible e defender desde logo os intereses da provincia que é a nosa obriga, non me confunda, o que un teña un diseño de administración pública diferente da que hai, e supoñer que vamos a estar, digamos, non defendendo os intereses ou os nosos plantexamentos nas institucións nas que estemos aínda que nos parezan trastos institucionais e absolutamente de ... como é este. Mentras existan estaremos aquí e faremos o posible para que funcione o mellor posible. Nada máis. Sr. González Iglesias.- Si. Para empezar, bueno eu non sei se o Presidente da Comisión correspondente, que interviu antes por parte do Grupo Popular, padece amnexia ou ten unha habilidade, ou quere ter unha habilidade extraña para varia-los plantexamentos, os que fan nas reunións de Alcaldes e os que nos veñen a vender aquí. Resulta que vostedes na reunión de Alcaldes chegan plantexándolle outra historia, que asuman o 50% da rebaixa e aquí na súa intervención nos está vendendo que home, dadibosos que son e mirando a situación boiante desta Institución van asumir ó 100%. Miren non asumen o 100% porque lle obrigaron os propios Alcaldes que puxeron o grito no ceo. Así de claro, non porque fora a súa primeira proposta. A primeira proposta de vostedes era a outra. Bueno, zonas de Acción Especial e demais. Bueno, vamos a ver home, a zona de Acción Especial nesta provincia dende hai 20 anos sufriu tres variacións de Concellos nada máis, tres, e esas tres variacións de Concellos que sufriu foron fundamentalmente pola, ía dicir pola desidia, non é esa a razón, foron porque os que tiñan o poder real dentro do Grupo Popular na Deputación querían seguir mantendo a mesma zona de Acción Especial para seguir mantendo máis cartos nos seus Concellos. E entón curiosamente para varia-las zonas de Acción Especial hai que utilizar un invento que hai por aí, e digo un invento porque resulta que aquí sempre estivo desaparecido por unhas razóns ou por outras, que era a enquisa de infraestructura e equipamento local. E aquí sempre estaba desaparecida, sempre, e sempre curiosamente se adxudicaba a revisión desa enquisa á última hora, no último minuto e cando faltaba un mes máis ou menos para entrega-lo resultado dos traballos a Madrid, co cal a empresa á que se adxudicaba dende un despacho chamaba por teléfono ós Concellos, os Concellos xa sabían de que ía a festa e mentía a todo dios na enquisa. É dicir, mira-la enquisa e mira-la realidade é absolutamente diferente, absolutamente diferente. Pero eso propiciábanno vostedes desde aquí porque lles interesaba e lles sigue interesando seguir mantendo esa zona de Acción Especial, moi concretiña, e bueno, o que se trata no fondo é de crear unha bolsa diferente de Concellos da provincia, é dicir, unha serie de Concellos onde practicamente os impostos municipais son practicamente inexistentes, son os máis baixos que se lles pode ocurrir a calquera etc., etc. Co cal ¿que ocurre dentro da provincia?. Bueno, pois que hai un sector da provincia pagando impostos, digamos 100, e outro sector da provincia pagando impostos, digamos 25, ¿por que?. Porque é unha compra de voto máis ou menos sutil, que están utilizando vostedes dende hai moito tempo. E nós di tamén o Presidente da Comisión que bueno, que esto, o tema da restricción deste ano é polo problema de converxencia con Mastrich. Pois mire, se é por ese problema lle digo que o que vostede dicía antes, de que o ano que vén teremos máis cartos, mentira, vamos ter menos, vamos a ter menos porque o esforzo non se acaba este ano. Polo tanto non vendan películas, vamos a ter menos o que pasa que habería que plantexar outras saídas diferentes e habería que repartir mello-los cartos a tódolos Concellos e habería que eses Concellos que pasan impostos 25 que vaian equilibrándose co resto de xeito que todos podamos poñer a andar as nosas infraestructuras. Pero bueno, aquí como dicía antes se vai por outra historia. Bueno, o Presidente, o Presidente da Institución fai unha intervención como mínimo curiosa, como mínimo curiosa, dixo o Presidente, "mire, é que cando resulta que o presuposto xeral do Estado se incrementa nun 1% a aportación ás institucións locais increméntase o 5", e con eso nos quere vender que están facendo vostedes a nivel do Estado unha política xenerosa coa Administración Local. Mentira. Mentira. Mire Sr. Presidente, dende hai catro anos o crecimento da aportación dos fondos do Estado ás institucións locais veñen dadas dun pacto que houbo coa Federación Española de Municipios e Provincias. E a raíz dese pacto están marcadas as aportacións e o crecimento das aportacións, polo tanto dá igual que creza o 1, que creza o 0,5 ou que decreza o presuposto xeral do Estado. Dá igual porque hai que manter ese pacto, porque senón vostedes que farían tamén nos seus Concellos e nas súas Deputacións. Entón non venda películas, é dicir, do mesmo xeito que subiron agora un 5%, hai dous anos o 11. Pero, volvo a repetirlle, é un pacto, e supoño que, home aínda que non é que cumpran todos algúns teñen que cumprilos e sobre todo porque senón se lle pode rebotar a maior parte dos Concellos ou tódolos Concellos de España, goberne quen os goberne uns ou outros. Eu xa supoño que vostede no tema de Lalín é sensible. Mire, dúas cousas diferentes na miña intervención, o tema de Lalín é que se vostede entende que é unha infraestructura básica o arranxo dun campo de fútbol ou o arranxo dun pavillón para meter nun POS, que veña Dios e o diga. Pero é que, fai, o argumento é contradictorio, primeiro di que eso é unha infraestructura básica e despois apoia a súa intervención noutro apartado, dicindo, non, mire, é que os cartos, os cartos deste plan non nos dá para facer alcantarillados, por eso facemos estas cousas. Bueno, pero outros plans lle dá para facer lagos dos enamorados, etc., etc., etc., ou parques industriais vacíos pero feitos con cartos públicos. Bueno, mire vostede, esto é o que hai, ó mellor antes de face-las virguerías que se estiveron facendo había que facer infraestructuras básicas. Pero supoño eu que coa súa dadibosa aportación como Presidente da Institución nun Plan de Acción Municipal tamén poden sumalo a estes cartos e facer alcantarillados. Digo eu. Tamén ten unha gran habilidade, mire, cando falaba dos cemiterios estaba dicindo, que eu teño as miñas serias dúbidas e supoño que vostede tamén, que nos cemiterios parroquiais das Neves ou Vila de Cruces sexan municipais, é dicir, bueno, as miñas serias dúbidas non, non son municipais e se están metendo cartos públicos para outra historia, é o que estaba dicindo. E lle dixen máis, lle dixen mire vostede, colla o listado e mire que hai obras que por tramos de poboación, que é o que di a comunicación do MAP, por tramos de poboación non se corresponden con infraestructuras básicas que tiñan que entrar no POS, obras, diferentes obras dentro do plan. Mire o plan e míreas unha detrás doutra. Home, a min de tódolos xeitos, e volvo ó final da intervención anterior que non ma contestou supoño porque esqueceuse. A min de tódalas formas me gustaría que o Presidente desta Institución dixera dunha vez que vai poñer tódolos argumentos legais que ten encima da mesa para que funcionarios desta Institución non fagan proxectos de xeito privado a Concellos. Non llo oín, non lle oín referirse para nada a este tema. Lle dixen nomes concretos e Concellos concretos. E entón non me vale que o Presidente se olvide de contestar ou que non o queira facer nin historias deste tipo. É dicir, quero que me conteste a esa cuestión, é dicir, vostede moralmente, xa non entro na cuestión legal, que na cuestión legal evidentemente vamos acabar indo por outro lado, pero vostede moralmente entende que funcionarios desta casa poden estar facendo proxectos a Concellos desta provincia e sobre todo cando se trata de obras cofinanciadas pola Deputación. Nada máis. Sr. Presidente.- Vamos a ver, Sr. Mosquera, indudablemente esa aportación, vostede dixo que era un 5 e pico por cen, eu dixen un 5,7 e é certo, bueno pois gracias a ese incremento precisamente a Deputación pódelle facer frente a este déficit ou a esta rebaixa que tivemos nos plans por parte de Madrid, se non houbera ese 5% de participación superior polo tanto ó crecemento do presuposto do Estado, indudablemente ó mellor non lle podíamos facer frente a esto, pero que sería máis grave, non dispoñeríamos neste momento de oitocentos e pico millóns de pesetas para carreteras provinciais. Polo tanto logicamente vostede trata de leva-lo tema a puro electoralismo practicamente que é o que están dicindo sempre e agora resulta que xa non fai electoralismo a Deputación, o fai Madrid a través da Deputación, ¿por que?, porque lle dá diñeiro para que faga con el o que queira. Non Sr. Mosquera, aquí somos xente seria, estámolo demostrando, gracias precisamente a ese diñeiro podemos facerlle frente a esto e a outras cousas como son os 800 millóns que temos en carreteras. Sr. D. Emilio, só lle faltou a vostedes falar do equipo de Lalín, falou de alcantarillado, falou de parque industrial, falou de funcionarios, falou de parques públicos, ben, podía falar de moito máis. Indudablemente eu ben sei que iso é un pacto, está claro, pero ese pacto, sigo insistindo, mantívose, indudablemente, mantívose incrementándose o presuposto do Estado nun e pico por cen, non é o mesmo manter un pacto dun tanto por cento dun 5% cando o presuposto sube un 11 coma cando o presuposto sube un un e pico por cen. ¿Queda claro?. Con respecto ós funcionarios voulle a contestar porque será, teremos que contestar pois de tres en tres meses porque creo que xa contestamos, incluso por escrito, a este tema, pero voulle a repeti-lo que dixen antes. Moralmente eu non vou a xulgar a nadie, moralmente non o podo xulgar, legalmente sí o podemos xulgar e seremos responsables do que estamos facendo, deso non cabe dúbida, e xa se dixo no seu momento o que se pensaba, e xa se dixo legalmente o que tiñamos que dicir sobre este aspecto. Ben, de acordo, pois me parece que foi o seu grupo precisamente a quen se lle contestou a raíz dunha pregunta, se non me equivoco, de Ramona Castaño, agora, se quere que lle volvamos a da-la mesma resposta pois dámoslla. Polo tanto eu non quero insistir máis nesto porque é perde-lo tempo, de calquera tema, coma neste caso fíxense vostedes, estamos falando da Rede Viaria Local e do POS e terminamos falando de funcionarios, terminamos falando de cemiterios, terminamos falando, eu que sei do que terminamos falando. Eu só lle repito tamén que se repase a Lei de Bases e verá que efectivamente esto é así. E o Alcalde de Lalín, como vostede di, pois cos 50 ou 60 millóns que levo do PAM e isto pois efectivamente pudo facer un alcantarillado, pois ó mellor o pudo facer, eu invítoo a que vaia vostede a Lalín e vaia ó meu lugar, invítolle á miña casa un día a merendar tamén, e vostede traiame alí a auga a ver de onde ma trae, e fágame un alcantarillado por 100 millóns de pesetas. E igual que lle falo deste lugar pódolle falar de moitos máis, e vostede coñéceo o que pasa é que non teñen outros argumentos, e ó non haber argumentos acúdese como sempre a demagogia e ademais, eu entendo, estando sentados onde están. Suficientemente debatido o tema, procédese á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. Apróbase polo tanto como dixéramos ó principio os dous apartados. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aprobar definitivamente o Plan Provincial de Obras e Servicios para o exercicio de 1997 nos mesmos termos do acordo 3.3980 adoptado en sesión ordinaria do Pleno celebrado o 29 de novembro de 1996, agás o financiamento, que como consecuencia do escrito nº 926 do Ministerio de Administracións Públicas que fixa a súa aportación en CENTO TRINTA E UN MILLÓNS SEISCENTAS TRINTA MIL PESETAS (131.630.000), a Deputación asume a parte non financiada polo Estado, quedando o orzamento definitivo como segue: Aportación do Estado 131.630.000 ptas. Aportación da Deputación 292.089.978 ptas. Aportación Concellos 282.479.959 ptas. TOTAL 706.199.937 ptas. Redondéanse as diferencias por decimais na obra nº 101. Habilitarase crédito dabondo para facer fronte á maior aportación da Deputación. ------ Folla: 91 3.4029.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROGRAMA DA REDE VIARIA LOCAL PARA O EXERCICIO DE 1997 [RVL/1997] O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aprobar definitivamente o Programa da Rede Viaria Local para o exercicio de 1997 nos mesmos termos do acordo 5.3982 adoptado en sesión ordinaria do Pleno celebrado o 29 de novembro de 1996, agás o financiamento, que como consecuencia do escrito nº 926 do Ministerio de Administracións Públicas que fixa a súa aportación en SETENTA E DOUS MILLÓNS SETECENTAS VINTE MIL PESETAS (72.720.000), a Deputación asume a parte non financiada polo Estado, quedando o orzamento definitivo como segue: Aportación do Estado 72.720.000 ptas. Aportación da Deputación 172.140.000 ptas. TOTAL 244.860.000 ptas. Redondéanse as cifras en miles de pesetas, axustándose as diferencias na obra nº 26. Habilitarase crédito dabondo para facer fronte á maior aportación da Deputación. ------ Folla: 91,96 4.4030.- PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 1997 Sr. Presidente.- Pasamos ó cuarto apartado, "Premios á Investigación 1997". Ten a palabra Ana Gandón. Srª. Gandón Menduíña.- Eu brevemente e ademais vou facer unha intervención conxunta para o catro, cinco e seis e así evitamos logo andar repetindo. O noso grupo non vai a apoiar, non vamos a votar favorablemente en ningún dos tres casos basicamente, sen entrar en detalles máis concretos, basicamente por dúas razóns. En primeiro lugar, polo procedemento que se establece para nomea-los membros do xurado, nós entendemos que é un estilo moi pouco democrático, se nomean vostedes a vostedes mesmos continuamente, directamente ou indirectamente, todo queda na casa, e nos parece que este non é un procedemento moi aceptable, polo menos desde o noso punto de vista. E en segundo lugar, polo tratamento que se lle dá ó galego en todos eles tamén, non só non é, digamos un mérito especial ou se esixe, ou esixible como imprescindible a utilización do galego, estoume referindo basicamente ó punto número catro, neste caso, de os Premios de Investigación, senón que nin sequera como preferente, é dicir, que aquí se esquence totalmente que hai dous idiomas oficiais pero que mesmo incluso o Estatuto de Autonomía, o mesmo Estatuto de Autonomía fala de que Galicia ten un idioma propio que é o galego inda que haxa dous idiomas oficiais, pero tamén é certo que iso vén a enlazar perfectamente, ou encaixa perfectamente co que é práctica, vén sendo por desgracia práctica habitual da Deputación, eu non sei se de sempre pero dende logo dende que eu estou aquí si, tódalas publicacións últimas que eu coñezo da Deputación non hai nin unha sóa en galego, son todas en castelán. A nós nos parece que é unha práctica moi negativa, absolutamente contradictoria co que a Deputación ten declarado formalmente en máis dunha ocasión, e que dende logo non é a actitude máis favorable para apoia-la normalización do galego como idioma propio de Galicia que é. Por estas dúas razóns nós non vamos votar a favor nin do punto catro, nin do cinco, nin do seis. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra D. Baltasar. Sr. García García.- Nosotros también planteamos que se voten, no conjuntamente, cada uno de ellos, porque tenemos posiciones distintas en cada uno de ellos, pero los tres puntos, cuatro, cinco y seis se argumenten conjuntamente. En el primero, en el de las Bases de Investigación, pediríamos que se retirara del orden del día, se estudiara mejor poque esta forma de hacer concursos o como quieran llamarle, premios de investigación, no conducen realmente a ninguna parte, o sea, la Diputación yo creo que tendría que plantearse una política, revisar profundamente la política cultural que está realizando, parece excesivamente pobre, de una carencia absoluta de ideas y de innovación, y debería de ser revisada en su conjunto, pero cuando revisas premios como este de investigación para 1997, te das cuenta de que en el fondo esto es nada, prácticamente no dar, no favorecer a investigadores para que realicen un trabajo riguroso, quinientas mil pesetas por un trabajo de investigación me parece, bueno, pues una pequeña ayuda que le pueden dar a un grupo de investigadores o a un investigador que trabaje sobre cualquier tema. Los relacionados con las tesinas, tesis y tal, no tiene ningún sentido en este apartado por eso planteamos que se estudie con más detenimiento y la Diputación puede plantearse la posibilidad de que estos premios de investigación tengan una finalidad, que sean premios finalistas, que interesa realmente a la provincia de Pontevedra potenciar, ¿y qué aspectos de la investigación interesa potenciar en la provincia?, y desde ese punto de vista se pueden configurar unos premios mas axeitados a la realidad de la sociedad gallega y más ajustados también a los intereses de la investigación. Por lo tanto en este tema tampoco queremos oponernos frontalmente a el porque realmente es de tan poca entidad que oponerse a una cosa de estas no tiene sentido, pero tampoco podemos darle nuestra aprobación en la medida de que no conduce a ninguna parte, no se pueden hacer trabajos de investigación, ya sea de investigación humanística o investigación tecnológica. Sería mucho más interesante hacer un trabajo de investigación sobre la ecología de los fondos marinos en zonas de marisqueo y ver qué posibilidades tiene en el aspecto económico e invertir a lo mejor más dinero en ese trabajo y favorecer determinadas, a los investigadores que estuvieran dispuestos a trabajar en el, o también ... en cualquier aspecto de la antropología gallega. Yo creo que es de una gran riqueza y hay aspectos de la antropología gallega, en Galicia hay una gran entidad, desde el, simplemente el contrabando en el cual se puede hablar del estraperlo al narcotráfico, cómo ha evolucionado todo eso, que es un trabajo yo creo de investigación muy interesante y que la propia Diputación podía potenciar. Pero potenciarlo con unas bases más rigurosas, metiendo más dinero y mejor estudiado. No coger las bases de hace años, repetirlas, introducir cuatro cosas que no conducen a nada, como lo de tesis, tesinas y tal, porque en muchas carreras se están suprimiendo las tesis fin de carrera porque ya el grado se ha suprimido y por lo tanto yo le pediría que este punto lo retirara del orden del día, se estudiara con detenimiento, lo llevaran a la próxima Comisión modificado y con una tendencia a plantear determinados trabajos finalistas, saber que se quiere primar determinada finalidad, determinadas cuestiones que pueden interesar a la Diputación y a la provincia de Pontevedra. En cuanto al Premio este de Investigación yo creo que no tengo más que añadir. Los Valores, Exposición de Nuevos Valores, también es otro de los premios que no se trata con el rigor adecuado, unas bases muy poco desarrolladas, muy ambiguas, un jurado como decía Ana muy hecho a medida de la casa. Pero oponerse realmente a este hecho, a las exposiciones de Nuevos Valores tampoco nos lleva a ninguna parte, o sea, nos vamos abstener también en este aspecto lo mismo que en el anterior, si ustedes el anterior lo retiran y vamos apoyar el Premio Otero Pedraio porque de alguna forma es un símbolo que está siendo dotado por las distintas Diputaciones y en la medida que le corresponde a la Diputación de Pontevedra lo que si esperamos es que lo haga con la suficiente entidad y el suficiente boato como para que tenga una dimensión en la propia sociedad gallega. Porque la realidad, el gran drama que tiene esta Diputación es la carencia de ideas en el campo cultural, o sea, las Diputaciones cada vez van perdiendo más espacio en determinados aspectos de la vida política pero sin embargo deberían recuperarlo en el aspecto cultural. Y aquí esta Diputación va a menos y cada vez a menos, se limita a esto unas convocatorias prácticamente carentes de valor artístico, valor cultural importante o a la concesión de una serie de subvenciones sin ninguna promoción real de la cultura. Por eso en el caso que nos atañe hoy pero que es realmente general en cuanto a los procesos de política cultural de la Diputación, en los dos primeros ya lo digo nos vamos a abstener porque no es cuestión de ponerse en contra sino retiran el punto 4 y en cuanto a Otero Pedrayo vamos apoyarlo. Nada más. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Procedemos polo tanto á votación por separado, bueno por la retirada del punto 4. Bien. Esa é unha opinión, todo pode ser mellorable indudablemente pero non vamos a ceder á retirada por suposto deste punto. Polo tanto, ¿algunha palabra?. Sr. Ricón Virulegio.- Sr. Presidente, simplemente dicir dúas palabriñas para clarexar certas intervencións que houbo durante estes instantes. Que é contestarlle á Sra. Gandón que esto foi discutido xa na Comisión e ela sabe igual que eu que debe de respetar a Constitución Española e senón a respeta ese é un problema dela pero non problema dos demais e así está nas bases. Se algún problema ten con eso cando sexa a discusión na Comisión das bases é cando debe de expresarse e facer algo. A D. Baltasar. Voulle dicir unha cousa D. Baltasar, vostede está perdido por completo, vostede non sabe do que fala nunca e principalmente de cultura, se ve que non é un home cultivado e dígollo con toda a sinceridade porque contradícese en cada instante que fala. E non soamente se contradice senón que responde a esa traxectoria tan común e normal do Partido Socialista, da demagoxia e da mentira, como antes outro compañeiro seu o manifestou neste Pleno. O que se retire ou non se retire eso xa está feito. O Sr. Presidente o dixo. Pero quería apuntillar, porque contradícese vostede, dá por aprobadas as bases do Premio Otero Pedrayo porque di que claro, é un home relevante, é unha personalidade galega. É que os que fan investigación aínda que sexan noutro tono menor non teñen ese valor. Vostede di que estes programas realmente non teñen identidade. ¿Como van ter identidade para vostede se non le os traballos?. O que non le un traballo non pode xulgar e por eso por favor non xulgue vostede un programa óptimo dentro da Comisión de Cultura e desta Institución sen base absolutamente ningunha nin se contradiga porque vostede é un home de constantes contradiccións e un home que está expresando unha teoría e unha táctica típica dun partido que está naturalmente preparando as eleccións. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra Ana Gandón e D. Baltasar. Primeiro Ana. Sra. Gandón Menduíña.- Eu coma sempre que escoito á D. Amado Ricón, bueno, que profundidade, que nivel, que intervención, é esplendoroso, nada que ver, nada que ver co que estamos a falar, é esplendoroso e que se atreba a dicirlle a alguén que é pouco ou moito cultivado, D. Amado hai que ser máis prudente, hai que ser máis prudente, hai que ser máis prudente, non vén a conto. De tódalas maneiras este é o tono e o nivel do Sr. Ricón nas Comisións tamén, digo por se alguén ten dúbidas, pouca xente que nos está oíndo o sabe. De política non sabe falar habitualmente, de cultura tampouco, as bases, tódalas bases que teñen que ver con Cultura de subvencións e estas e todas, son as peores con moita diferencia de toda a Deputación, hai incluso claros problemas de redacción e de contradiccións, pero el se ve que como é tan cultivado e ten tanto nivel lle parece maravilloso. Penoso D. Amado, absolutamente penoso. Sr. García García.- Bien, yo creo que esto de cultivar, voy a tener que hacer un cursillo de jardinería y tal que yo creo que es donde mejor se cultivan las cosas, pero bien, yo creo que esa es una simple anécdota del Sr. Ricón. Mire Sr. Ricón, las bases cuando se las he estudiado, las he visto de tal nivel, tanta pobreza, que me parece imposible que se puedan hacer unas bases de esta calidad. Sinceramente, es simplemente coger un manual y copiar unas bases, unas bases como Dios manda. Porque cuando se intenta enmendar una, intentas enmendar para mejorar estas bases cuando nos las dieron, empiezas a mirar y dices, bueno, esto no hay por donde cogerlo porque no llega a ninguna parte. Cuando se quiere plantear un Premio de Investigación, cualquier Premio de Investigación o cualquier otra cosa se hace con el rigor adecuado, se mete el dinero, a lo mejor no mucho pero el suficiente, lo que no se puede hacer es lo que se hace aquí, sinceramente Sr. Ricón. Y usted es el responsable, usted es el responsable de la política cultural de esta Diputación y es una política muy mala. La política en si mismo, yo no sé como es usted ni lo quiero enjuiciar, personalmente puede ser lo que quiera, no me preocupa, yo tengo que mirar los hechos político-culturales en esta Diputación, y los hechos político-culturales en esta Diputación Sr. Ricón son de una pobreza infinita; e intentar elevar esa pobreza es prácticamente imposible porque de la nada lo único que se sostiene es nada. Lo que había que hacer es un cambio radical de la política cultural de esta casa y no se hace y ahí le quiero endosar la responsabilidad al Presidente porque le ha nombrado a usted. Pero le voy a decir una cosa, mire, en política hay muchas clases de políticos. Cuando le he estado escuchando se me vino a la memoria, muchas clases, pero hay dos fundamentales, los razonantes y los rocinantes, usted no se apunta a los rocinantes Sr. Ricón. Sr. Presidente.- Por suposto que como Presidente desta Institución e do grupo de goberno, asumo totalmente a responsabilidade da actividade cultural desta Deputación, e polo tanto por suposto, D. Amado Ricón mentras non se demostre o contrario ten total apoio non só do Presidente senón tamén do grupo de goberno. Eso non o dubiden vostedes. E xa quixeran vostedes, e xa quixeran vostedes te-la cultura que ten D. Amado Ricón. Creo que deso son bastante conscientes todos aínda que indudablemente o traten de solapar na medida do posible, pero o que é evidente non se demostra e eso creo que o ten moi evidenciado. A min gustaríame, falando sobre este tema que están criticando tremendamente que as bases son un desecho, que cando teñan vostedes algo mellor que propoñer, sempre llo dixen e sígoo mantendo, teño as portas abertas. Ó mellor ata é certo que teñen certas ideas orixinais. Pero criticar por criticar, dicir esto tal, andar polas nubes. Mire, polas nubes andan os paxaros ¿entende?. Baixeme vostede á terra e dígame esto, esto e esto debíase mellorar. Non mo estea criticando, bueno, pois ben está no seu papel. Criticar pero sen concretar. D. Baltasar, queda vostede retado a que me presente unhas bases mellores e no próximo ano se efectivamente podemos mellorar algo, xa sabe, teñen as portas abertas neste sentido, aínda que sempre digo logo o que digo, é dicir, a última responsabilidade loxicamente é do Presidente e do grupo de goberno. Pero indudablemente saben que estamos abertos a esto e ó mellor teñen algo pero non me vale a crítica xeral, esto é malo e esto é malo, dígame vostede por que é malo, como se pode facer mellor e todo o demais. E nese sentido aportan as ideas que teñan, porque é membro desta Corporación tamén para facer eso. Sr. García García.- Retire las bases de Investigación para que se estudien en la próxima Comisión y se hagan unas bases que de alguna forma nos permitan presentar un premio de Investigación adecuado a esta ... Se lo he dicho y he hecho un ofrecimiento de que el Partido Socialista está dispuesto a colaborar en la elaboración de estas bases. Ese es mi ofrecimiento. Haga usted la retirada del punto del orden del día e indiscutiblemente yo me considero comprometido a mejorar estas bases en la medida que pueda. Sr. Presidente.- Le he dicho que no se van a retirar de este año pero que tiene la puerta abierta para poder mejorar para el año que viene que seguiremos aquí. Procedemos a la votación individual. Primeiro a retirada das bases proposta polo grupo político do Partido Socialista. O punto 4, vótase polo tanto a retirada Premios á Investigación 1997. ¿Votos en contra?. O PP. ¿Abstencións?. ¿A favor?. PSOE e BNG. Non se admite. Procedemos á votación individualizada posto que hai posturas distintas. Procedemos á votación do punto 4, Premios á Investigación 1997. ¿Votos en contra das bases dos Premios á Investigación 1997?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase coa abstención dos demais grupos. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, aproba-la Convocatoria e Bases dos Premios á Investigación 1997 que figuran a continuación e para os que existe unha consignación de CATRO MILLÓNS DE PESETAS (4.000.000), na partida 97/451.451.481.01. CONVOCATORIA DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 1997 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, dentro das súas múltiples actividades no ámbito cultural, vén dando preferencia especial, a quen se dedican a tarefas de investigación, co fin de estimular e premiar traballos que sen dúbida, redundarán en beneficio do progreso e benestar social. Conscente da importancia de todo isto, e seguindo a traxectoria emprendida dende fai anos, convoca os Premios á Investigación-1997, que se rexiran polas seguintes BASES Primeira.- A Convocatoria ten por obxecto concede-los seguintes premios: a) Un de 500.000 ptas. para traballos sobre Ciencias e Tecnoloxía. b) Un de 500.000 ptas. para traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. c) Un de 1.000.000 de pesetas para traballos de calquera especialidade e tema libre, referidos á provincia de Pontevedra. d) Un de 300.000 ptas. para Teses, un de 200.000 ptas. para Tesinas e un de 100.000 ptas. para Proxectos Fin de Carreira, que foran realizados, mantidos ou defendidos durante o ano 1997 na Universidade de Vigo, en calquera dos seus Campus, ou noutras Universidades do Estado por Licenciados daquela Institución galega, acreditándose tal circunstancia coa correspondente certificación académica. INVESTIGACIÓN XUVENIL: a) Un de 250.000 ptas. para Traballos sobre Ciencias e Tecnoloxía. b) Un de 250.000 ptas. para Traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. Enténdese como Investigación Xuvenil, todo concursante que na data de conclusión do prazo desta Convocatoria, non supere a idade de 26 anos. Segunda.- Os traballos deberán ser de investigación, inéditos e redactados especificamente para a Convocatoria, en calquera dos idiomas oficiais vixentes na Comunidade Galega. Realizaranse por triplicado e a máquina e acompañaranse do currículum e méritos do autor ou autores, facendo constar expresamente que non é teses ou tesina, nin que foi presentado ou lido como tal. Un mesmo traballo, non poderá presentarse a diversos epígrafes. Terceira.- As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e presentaranse no Rexistro Xeral deste organismo ata o 31 de outubro de 1997, especificando o Premio ó que se opta. Cuarta.- A selección e proposta da concesión de Premios encoméndase a un Xurado integrado polos seguintes membros: Presidente: O titular da Excma. Deputación ou Deputado en quen delegue. Vocais: O Presidente da Comisión de Cultura e Acción Social. Tres mestres nomeados pola Universidade de Vigo. Un representante da UNED. Un representante da Misión Biolóxica de Galicia. Un representante da Real Academia Galega das Ciencias. Dúas persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio no eido da investigación. Secretario: O titular da Corporación ou funcionario en quen delegue. Dito Xurado non poderá constituirse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da mitade dos seus membros, resolvendo tódalas incidencias que se presenten e sendo as súas decisións inapelables, podendo solicita-la axuda de asesores especialistas en cada materia. Quinta.- O Xurado calificará o concurso coa maior amplitude de criterios, valorando a orixinalidade, obxectivos que pretende, método seguido, resultados, conclusións e aplicación práctica e currículum do autor, dando prioridade ós temas relacionados coa Provincia e con Galicia e eliminando aqueles traballos que non poidan catalogarse como de investigación específica propoñendo o seu veredicto ó Pleno da Corporación. Sexta.- Durante o prazo dun ano, a partir da emisión do fallo, a Deputación resérvase o dereito de publica-los traballos, transcorrido o cal e coa autorización deste Organismo, poderá facelo o autor á súa costa. A concesión do Premio non implica a perda da propiedade intelectual. Quen non foran galardonados poderán retira-los traballos no Servicio de Cultura e Acción Social desta Deputación, no prazo de tres meses, contados desde a resolución do Concurso, pasados os cales, quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas. ------ Folla: 96,97 5.4031.- EXPOSICIÓN NOVOS VALORES 1997 Sr. Presidente.- Exposición Novos Valores 1997. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O mesmo. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, aproba-la Convocatoria e Bases da Exposición Novos Valores 1997 que figuran a continuación e para o que existe unha consignación de TRES MILLÓNS DE PESETAS (3.000.000), na partida 97/451.451.226.11. B A S E S PRIMEIRA.- Poderán participar neste Certame tódolos artistas, (pintores, escultores, fotógrafos, ceramistas, deseñadores, gravadores, etc.) naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Non se considerarán NOVOS VALORES, aqueles que xa fosen premiados nalgunha das súas convocatorias. SEGUNDA.- As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose, polo tanto, as que xa participasen noutras exposicións, nin máis de dúas por cada especialidade, sen que poidan exceder dos 500 Kgr. de peso, nin de 1,62 metros na súa máxima dimensión. TERCEIRA.- As obras presentaranse no Museo Provincial, Edificio Sarmiento, persoalmente ou por calquera medio de transporte que garanta a entrega das mesmas, desde o 8 ata o 25 de abril, de martes a venres e entre as 10,00 e as 13,00 horas. Acompañaranse, asemade, fotocopia do DNI e o boletín de inscripción debidamente cuberto, que será facilitado ó efecto, entregándose ó interesado xustificante do mesmo, que servirá logo para a súa retirada. CUARTA.- A Deputación custodiará a obra recibida, se ben non se fará responsable dos sinistros de calquera clase que puidesen sobrevir durante o seu transporte, nin tampouco en caso de incendio, roubo ou calquera outro incidente que se poida producir durante o tempo da súa custodia, polo que se recomenda que tódolos envios veñan cubertos co correspondente seguro. QUINTA.- Os gastos de envio e devolución das obras son de conta do concursante e non poderán ser retiradas antes dos prazos indicados na base sétima. SEXTA.- Seleccionadas as obras que constitúan a Mostra de Novos Valores, expoñeranse durante o mes de agosto. SÉTIMA.- As obras non seleccionadas deberán ser retiradas polos seus autores, dentro dos dez días seguintes ó da difusión pública dos acordos do Xurado Seleccionador. As seleccionadas, á súa vez, deberán ser recollidas tamén polos seus autores, nos dez días seguintes ó último no que estivesen expostas. OITAVA.- O Xurado seleccionador será nomeado polo Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial, e estará composto polos seguintes membros: Presidente: O titular da Corporación Provincial ou Deputado en quen delegue. Vocais: O Deputado - Presidente da Comisión de Cultura. Cinco persoas de recoñecido prestixio nos campos da Crítica ou das Artes. Secretario: O titular da Deputación ou funcionario en quen delegue. Este mesmo Xurado encargarase de face-la proposta de adxudicación de 5 axudas económicas, por importe de SEISCENTAS MIL PESETAS (600.000) cada unha, para ampliación de estudios artísticos en España ou no extranxeiro. NOVENA.- A presentación ó Certame supón que os participantes coñecen estas Bases e mostran absoluta conformidade con elas e coas decisións do Xurado, que queda facultado para interpretar calquera dúbida que se plantexe. DÉCIMA.- O boletín de inscripción e as Bases poderán ser solicitados no Servicio de Cultura da Excma. Deputación Provincial. UNDÉCIMA.- O disfrute da axuda será obxecto dun Convenio entre o adxudicatario e a Excma. Deputación Provincial no que se concretará o seu emprego, aboando o 50% do importe no seu asinamento e o restante 50%, á entrega da memoria, con xustificación da inversión realizada, e de dúas obras orixinais e firmadas. ------ Folla: 97,99 6.4032.- PREMIO "OTERO PEDRAYO 1997" Sr. Presidente.- Punto 6. Premio Otero Pedrayo 1997. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. A favor PP, PSOE. Abstención o BNG. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, aproba-la Convocatoria e Bases do Premio Otero Pedrayo 1997 que figura a continuación e para o que existe unha consignación de DOUS MILLÓNS DE PESETAS (2.000.000), na partida 97/451.451.481.04. PREMIO OTERO PEDRAYO 1997 A teor do Regulamento e correspondendo a esta Deputación, convócase o Premio Otero Pedrayo 1997, de acordo coas seguintes: BASES 1.- Convocatoria. 1.1.- Convócase o Premio "Otero Pedrayo", dotado con DOUS MILLÓNS DE PESETAS (2.000.000), atendendo ás disposicións do regulamento correspondente. 1.2.- A presente convocatoria corresponde ó ano 1997, de acordo co disposto no Regulamento, no que se establece o seu ámbito rexional e o seu carácter anual, organizándose cada ano por unha das Deputacións Provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, por esta mesma orde. 1.3.- Atendendo ás razóns expostas, a tramitación e concesión do premio nesta edición atribúese á Deputación Provincial de Pontevedra, que consignará no seu orzamento de gastos o importe do premio (2.000.000 de pesetas), máis gastos correspondentes á súa organización, e no de ingresos, as sumas que entregarán cada unha das demáis Deputacións de Galicia, cotitulares do premio, na contía de 250.000 pesetas, e na de 1.000.000 de pesetas a Xunta de Galicia. 2.- Obxecto do premio. O Premio "Otero Pedrayo" ten por obxecto: 2.1.- Perpetuar e honra-la memoria do egrexio home de letras. 2.2.- Premiar un labor que constitúa unha aportación eminente á cultura galega. 2.3.- Promociona-los valores propios de Galicia e as obras que leven ó esclarecemento e mellora dos seus homes e Institucións. 3.- Candidatos. 3.1.- Poderán optar ó premio: - As persoas naturais nacidas en Galicia ou con residencia en calquera das súas catro provincias, por tempo dabondo para determinar, a xuízo do xurado, unha cumprida raizame nas mesmas. - Os grupos de traballo constituídos a este fin, radicados en Galicia. - As personalidades ou Institucións que se teñan caracterizado pola difusión e mantemento da cultura galega. 3.2.- A opción ó premio determinarase por unha candidatura que poderá ser feita: - Por calquera persoa física ou xurídica das sinaladas no apartado 3.1, respecto de si mesmas. - Polas Entidades Académicas e Culturais radicadas en Galicia, respecto dos seus membros. - Por calquera dos Presidentes das Deputacións Provinciais de Galicia, a proposta das respectivas Comisións de Cultura. - Pola Xunta de Galicia, ouvida a Consellería correspondente. - Polo mesmo xurado, xa constituído. 4.- Tramitación. 4.1.- A presentación de candidatos ó premio será formulada en escrito dirixido ó Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegando os seguintes documentos: - Reseña biográfica da persoa que aspira ó premio. - Documentos e antecedentes que se consideren de interese para o coñecemento da súa dimensión literaria ou científica. - Cinco exemplares mecanografiados a dobre espacio do traballo co que se optase ó premio, no caso de que a proposta estea baseada nunha obra ou producción singular concreta. - No caso de Personalidades e Institucións, un exemplar do regulamento ou estatutos polos que se rexan e unha relación das tarefas levadas a cabo en relación co obxecto do premio. 4.2.- A presentación de candidatos realizarase no prazo de tres meses a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Tal publicación realizarase tamén nos Boletíns Oficiais das provincias da Coruña, Lugo e Ourense, no DOG, e nos dous diarios de máis difusión da Comunidade Autónoma. 4.3.- A presentación do candidato determina a aceptación íntegra das condicións desta convocatoria e das contidas no Regulamento do premio. 4.4.- Rematado o prazo ó que se refire a liña 4.2., a Secretaría da Deputación de Pontevedra expedirá certificación das propostas presentadas que, xunto con elas e coa documentación correspondente, pasarán ó xurado do premio. 4.5.- A cada solicitude ou proposta xuntaranse cantos documentos sexan considerados de interese para o mellor coñecemento do candidato. 5.- Xurado e actuacións. 5.1.- Para adxudica-lo premio ó que se refire esta convocatoria constituirase un xurado integrado do xeito seguinte: - Presidente: O da Xunta de Galicia. - Vicepresidente: O Presidente da Deputación convocante do premio, que neste ano lle corresponde á Deputación de Pontevedra. - Vocais: - Os Presidentes das tres Deputacións restantes ou persoas nas que deleguen. - Presidente da Comisión de Cultura da Deputación convocante. - O Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia. - Un representante de cada un dos seguintes Organismos: a) Universidade de Santiago Compostela. b) Universidade de Vigo. c) Universidade da Coruña. d) Real Academia Galega. e) Instituto "Padre Sarmiento" de Estudios Galegos. - Cinco persoas de recoñecida autoridade científica e literaria designadas pola Xunta de Galicia e cada unha das Deputacións. - Secretario, con voz e sen voto, o da Deputación de Pontevedra. 5.2.- O Xurado constituído emitirá o seu dictame no mes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de candidatos e a súa actuación suxeitarase ó determinado nos artigos 4.2 a 4.6 do Regulamento do premio. 5.3.- Da actuación do Xurado e da adxudicación do premio será redactada acta detallada que asinada polos seus membros e coa totalidade das documentacións presentadas, pasará a coñecemento do Pleno da Deputación convocante na primeira sesión que se celebre. 5.4.- Copia da acta e dos demais antecedentes que cumpran para o coñecemento da tramitación do premio e remitirase ás Deputacións da Coruña, Lugo e Ourense. 6.- Entrega do premio. A entrega do premio realizarase no lugar e data que determine o Presidente da Deputación de Pontevedra, nun acto solemne e coa asistencia dos membros da Corporación Provincial e do Xurado, así como de personalidades das artes, letras e ciencias da Comunidade Autónoma. Xunto co premio, o galardoado recibirá unha copia da acta da reunión do xurado. 7.- Normas supletorias. No que non estea previsto expresamente nestas bases, o xurado e a Deputación convocante terán en conta as normas contidas no Regulamento do premio e nos xerais de funcionamento da Corporación Provincial. ------ Folla: 99,101 7.4033.- DESIGNACIÓN DE VOCAL DO PATRONATO DO MUSEO Sr. Presidente.- Pasamos a debati-lo punto 7. Designación de Vocal do Patronato do Museo a favor de D. José Luis Basanta Campos. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Non vamos a entrar a discuti-los méritos ou deméritos do Vocal proposto. E como xa foi anunciado reiteradamente todo o que veña do Museo Provincial no sentido de funcionamento corriente do Museo Provincial, esta Corporación, cando menos os grupos da oposición non teñen absolutamente ningún coñecemento nin participación. Eso é unha cámara oscura que supoño que vostedes verán a luz sobre ela pero desde logo nós nunca vimos tal luz nin nunca soupemos por que se fan as cousas ou porque se deixan de facer. No Pleno pasado asistíamos ó espectáculo de ver un informe por escrito no que o Patronato do Museo solicitaba e vía como boisimo que certo establecemento hosteleiro que hai dentro do que hoxe é propiedade do Museo quedara alí. Sen ningún escrito que o corrixira parace ser que despois era o contrario. Ben, supoño que haberá razóns de fondo pero nunca se nos explicou nin unha cousa nin outra, ou nunca tivemos participación nin nunha cousa nin noutra. Hoxe o Patronato propón a un señor que supoño que terá moitos méritos pero que nós nin se nos explicaron os méritos na Comisión o cal xa é gravisimo, simplemente decidiuno o Patronato. Bueno pois se o decidiu o Patronato alá el, alá el. E non vamos a entrar, repito, non nos metan a historia de entrar a valora-los méritos deste señor. Simplemente o que hai que constatar é que deses catro Vocais elixidos por méritos propios, é un mecanismo de autoreproducción do Museo que realmente son inclusive os que lle dan, digamos, os que siguen funcionando porque os outros cargos que están no Patronato, sexa o Alcalde de Pontevedra, Presidente da Deputación, pois se van renovando, eses permanecen, é un mecanismo de autoreproducción, na mesma memoria eu creo que o único que aparece é pola súa intensa colaboración co Sr. Filgueira Valverde e co Museo, tanto directamente e a través do Sr. Filgueira Valvede coma do Museo, ou sexa, mecanismo de reproducción e que creo que sería hora de que nese Patronato entrara outro mecanismo de funcionamento cun pouquiño de aire fresco, con participación das máis diversas tendencias tanto digamos no mundo da representación institucional coma no mundo do propio tema museístico. Mentras eso siga funcionando como funciona nós vamos a votar en contra, e repito non pola valía ou non, que non entramos a valorar, senón polo propio funcionamento do Museo que é, xa digo, un arcano, unha cámara escura, que decide o que decide e a Deputación vimos aquí, amén, amén, se decide o contrario o día seguinte igual, amén, amén, e de verdade que non estamos polo labor. Vamos a votar en contra, xa digo, e a ver se algunha vez se replantexa o que está a pasar ou cal é o tipo de funcionamento institucional, que tampouco estamos criticando o funcionamento do Museo como tal senón o funcionamento institucional e do Patronato do Museo que nos parece que non é, e chega ó extremo de que se di que os Estatutos veñen do ano 25 ou 26 e nunca foron modificados. Pois xa é hora de modificalos. Á parte son uns Estatutos feitos nun ano que creo que todos sabemos no que as liberdades democráticas non existían porque estabamos baixo a dictadura de Primo de Rivera. Entón non creo que sexan os Estatutos idóneos incluso para un réxime constitucional coma o que temos nestes momentos e creo que xa é hora de meterlle un pouquiño de aire fresco ós Estatutos e á propia composición do Patronato. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra Dona Ramona Castaño. Sra. Castaño López.- Si. Presidente eu antes de falar deste punto quixera dicir que eu en ningún momento vin a discutir aquí sobre a educación de ningunha das persoas que estamos aquí, que respeto a todo o mundo moitisimo e que non me gustaría entrar en ningún saco colectivo de ter que defender a miña postura persoal con relación ás demais persoas que están traballando aquí nesta Deputación. Penso que vostede é o suficientemente competente como para poñer a calquera persoa que vostede considere oportuno e eu neso non entro. Pero si me gustaría deixalo ben claro porque me sentín triste por entrar nun saco no que eu nin me metín nin contestei nin falei. Polo tanto pido que polo menos o respeto ás persoas individualmente se manteña á hora das contestacións porque eu non son responsable das preguntas ou do que vostede queira poñerlle de calificativo a eso, doutras persoas. E continuando con este punto xa o que quero dicir é que o Partido Socialista non vai a votar a favor da designación do Vocal do Patronato do Museo por unha razón moi sinxela, porque descoñece toda a actividade desta persoa e descoñece incluso que cousas puderon facer, que pudo facer para propoñe-lo Patronato do Museo a esta mesma persoa. Ó non ter datos non podemos decidir absolutamente nada. Sr. Presidente.- Gracias. Respondendo primeiro, o Regulamento que está en vigor neste momento, en fin non é do ano 25 é do ano 54, eu non sei quen era máis dictador se Primo de Rivera, se o Xeneral Franco, pero bueno, é do ano 54. En segundo lugar, son os Estatutos polos que se está rixindo o Patronato e hai que dicir que esta Institución ten representantes no Patronato, que está o seu Presidente e que está por suposto o Director que é nomeado por esta Corporación Provincial. Polo tanto hai representantes no Patronato o que significa neste caso pois diríamos a maioría da Deputación Provincial. Ben, dixo que non se metía efectivamente no funcionamento do Museo e eu agradézolle que así sexa porque dici-lo contrario eu creo que sería poñerse nunha situación ridícula quen o dixera, porque creo que está funcionando correctisimamente, creo que o estamos apoiando tamén desde aquí institucionalmente todo o posible, porque é unha xoia que ten esta cidade e polo tanto eu alégrome de que diga que non se mete polo menos no seu funcionamento. E o demais é poñer en marcha en concreto os Estatutos que hai. E eu dígolle para a súa tranquilidade que me imagino, porque cando eu vin o tema do Pleno si estaba un resume do que é o curriculum da persoa proposta, polo menos cando eu collín a carpeta do número este que foi ó Pleno si estaba o resume e loxicamente para min é unha garantía absoluta e esta persoa desde o momento en que é proposta por unanimidade, e polo tanto en concreto do Grupo Popular, neste caso, ten tódalas bendicións, e eu esperaba sinceramente que as tivera tamén dos demais grupos, porque creo sinceramente que máis apolítico que neste momento é o Museo non é ningunha institución, repito é unha xoia e está funcionando perfectisimamente, e polo tanto, creo que independentemente de ideas políticas sería desexable para o meu entender que esta persoa fora votada por unanimidade. Pero indudablemente todos somos libres para face-lo que queremos. E dito esto eu creo que non hai nada máis que dicir. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Mire vostede é que esto dos Estatutos é unha discusión moi curiosa, porque eu tiña a idea de que é do ano 54, e resulta que me acordo que nunha Comisión na anterior Corporación digo, bueno é que son uns Estatutos franquistas, non, non, non, son do ano 25 e soamente sofriron un pequeno retoque. Bueno, póñanse, aclárense, dame igual. Para o fin resulta que, e claro, claro que son moi apolíticos, tan apolíticos coma no ano 54 non había política era "el Movimiento" e aí non estaba ningún que non fora adicto do "Movimiento". E son uns Estatutos boisimos que seguen sendo hoxe especialmente, non se adaptan en absoluto e eso é, repito, un arcano institucional. Que quite que haxa persoas así alí, que entraron pola endogamia, que se van reproducindo eses catro e que son os que fan funciona-lo Museo, e resulta que haxa persoas de valía. Non o nego, non o nego, ¿como o vou a negar?, claro, pero o que estou atacando é o funcionamento da propia institución. Mire, en case tódolos Museos ou noutros Museos, mismo outros da provincia, se adaptaron os Estatutos á nova situación e non pasou nada. Vostedes aquí parece que lle vale os Estatutos estes e ese tipo de funcionamento institucional do Museo que nós desde logo non vamos avalar, pero non vamos avalar non polo Museo en si senón por unha cuestión de principios democráticos. Non sei que sentido ten hoxe darlle valor á política, ou sexa, que uns señores que se trajinan o que queren, chegan aquí e nos fan votar nunha institución que é tal, porque á parte é darlle un valor negativo de política. Porque a política é o goberno das cuestión públicas, e algo que está financiado con fondos públicos, dicir que é absolutamente apolítico é como dicir hai aquí señores que teñen bula, patente de bula, e non están controlados por ninguén, polos mecanismos ordinarios de control dunha democracia. Me parece que é negativo dicir algo deso dunha institución e non o contrario, e non o contrario. Pero con todo eso, control non hai ningún. Nada máis. Sr. Presidente.- Bueno eu simplemente contestarlle ó último. Eu penso o contrario, nun organismo deste tipo pois o ideal é que estea xente capacitada e precisamente canto máis apolítica mellor porque non creo que o arte teña que ver moito coa política. Pero en todo caso, bueno, acéptolle a súa visión neste caso aínda que non a comparto. E dito esto procedemos á votación. Punto 7. Designación de Vocal do Patronato do Museo, D. José Luis Basanta Campos. ¿Votos en contra?. Bloque Nacionalista Galego. ¿Abstencións?. Partido Socialista. ¿Votos a favor?. O Partido Popular. Ben, apróbase polo tanto. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular, co voto en contra do BNG e a abstención do PSOE, aproba-lo nomeamento de D. José Luis Basanta Campos, como vocal electivo do Patronato do Museo Provincial de Pontevedra, en virtude de vacante producida polo falecemento de D. Xosé Filgueira Valverde, dados os méritos concorrentes en dita persoa e a súa vinculación ó referido Museo, todo iso consonte ó disposto no art. 8º do seu propio Regulamento. ------ Folla: 101,104 8.4034.- MOCIÓN DO BNG SOBRE A SANIDADE PÚBLICA Sr. Presidente.- Pasamos ó punto 8 da orde do día. Moción do Bloque Nacionalista Galego sobre a Sanidade Pública. Ten a palabra o Sr. Chillón Sr. Chillón Iglesias.- Bos días. Unha consideración previa, moi de pasada, por favor que haxa debate político e que non se baixe a nivel persoal de ningún sentido. Bueno, na liña manifestada antes polo portavoz do noso grupo político, evidentemente membros desta Institución xa temos realizado iniciativa nese sentido. Trátase de analiza-la situación sanitaria da nosa provincia de Pontevedra, desde esta Institución provincial en si, aínda que bueno, temos a nosa valoración sobre a mesma. E despois de como se están a vehiculizar os recursos públicos cara precisamente a unhas determinadas fundacións e uns determinados organismos. Nese sentido dicir que a nosa provincia de Pontevedra pois acapara un 50% das camas privadas de todo o noso país galego, e que en atención primaria segue a figurar na cola precisamente dentro destas catro provincias. Outra cousa incluso é que a nivel galego tamén, Galicia, o noso país ou a nosa Comunidade, noutros termos, pois que tamén está neste mesmo sentido, no aspecto sanitario, na cola, na cola. E despois tamén manifestar como aquí na nosa provincia como en Galicia, está existindo unha falta de inversión e o desvío de fondos públicos para unhas determinadas fundacións e organismos, incluso aínda que esa é outra área, parece ser que se quere tamén extrapolar e exportar incluso a outras áreas xeográficas do Estado e incluso de todo o Estado. En relación xa co punto concreto que é o METEC, Medicina Técnica, dicir que este Instituto é unha empresa que asume a xestión de fundacións coma o Instituto do Servicio de Oftalmoloxía, ou de Servicio de Urxencia, o 061, e ten como obxectivos principais a xestión da alta tecnoloxía. A súa implantación neste caso en Vigo, antes pois non había ningún na nosa área provincial, a implantación en Vigo dese Servicio que cubre Cardioloxía Intervencionista, Ciruxía Cardíaca, Radioterapia, Resonancia Magnética, está a resultar moi polémica e a atopar pois eso, resistencia nos traballadores dos centros sanitarios nos que está instalado que son no Hospital Meixoeiro e no Xeral Cíes de Vigo e incluso no propio Servicio en si. Estas instalacións, esta implantación do METEC estivo rodeada dun total oscurantismo, non se debatiu como tal no Parlamento Galego nin se definiu o marco lexislativo e normativo. E esta presencia do METEC nos hospitais públicos vigueses, neste caso, porque estamos a falar da nosa provincia, é a condición para a realización do parasitismo e desa falta de inversión pública que se está a realizar en determinados centros. Os propios gastos de persoal supoñen cartos gastados na atención do METEC que os hospitais están realizando e que esta empresa non contabiliza entre os seus gastos. Por estes motivos, antes eso se hai despois algún debate ou comentario sobre a mesma, este grupo provincial asume as propostas da Plataforma da Sanidade Pública da nosa provincia e demanda os cinco puntos que aquí están reflexados na propia iniciativa e de apoio á pasada manifestación celebrada o pasado día 20 de febreiro; rexeitar experiencias co METEC, Sociedad anónima que xestiona dunha maneira privada toda a alta tecnoloxía sanitaria da zona sur da provincia, substraendo dos servicios hospitalarios públicos que a levan manexando tradicionalmente. Por outra parte solicita-la incorporación do Centro Sanitario POVISA que cubre a 100.000 persoas da nosa área xeográfica sur da provincia. Esixir que a Rede de Equipos de Atención Primaria cubra ó 100% da poboación da área. E despois, por outra parte, aínda que nalgúns casos, nalgúns, centro de saúde ou os novos chamados Equipos de Atención Primaria, estase a realizar, que é en canto ós Consellos de Saúde Locais Provinciais, que non está habendo o desenvolvemento da participación comunitaria, que está preceptiva por Lei Xeral de Sanidade e da Lei do Servicio Galego, e que neste caso está incumpríndose reiteradamente en moitisimos Equipos de Atención Primaria da provincia. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Buenos días. Muy brevemente porque tampoco el tema da para mucho. Antes de entrar en consideraciones sobre la moción, el Sr. Chillón hizo una breve introducción hablando de que la sanidad gallega está en la cola. Yo no se en la cola de donde, lo que extraña mucho de que si estuviese en la cola y estuviese tan mal gestionada y funcionando se esté utilizando como modelo a exportar en muchas Comunidades Autónomas de este país. Entrando ya en el fondo de la moción, que dijo una verdad a medias, y yo creo que es importante clarificarla. Dijo que el METEC es una Sociedad Anónima. Y es una verdad a medias porque si bien es cierto que es una Sociedad Anónima lo que no debe ocultar a la prensa ni a los compañeros ni a nadie, que se trata de una Sociedad Anónima cuyo capital, el 100% de su capital es capital público de la Xunta de Galicia. El decir que no está sujeto a ninguna normativa o que no tiene ninguna normativa concreta es desconocer toda la normativa que rige las sociedades de capital público, que le puedo asegurar que es bastante más compleja que las que rigen las simples sociedades anónimas. Entonces centrado esto y entrando ya en los puntos del 1 al 5, que reclaman, ya le adelanto nuestro voto negativo. Y nuestro voto negativo yo creo que queda muy claro haciendo una pequeña referencia a cada una de las peticiones. La primera dice, apoyo a una manifestación, que por cierto creo que en Pontevedra reunió a 100 personas y en Vigo a poco más. Sabe que la postura del Grupo Popular no es apoyar este tipo de manifestaciones para conseguir ningún tipo de reivindicación. Y en el punto segundo se dice, rexeitar experiencias como METEC, Sociedad Anónima. Le repito que como Sociedad Anónima, no privada, sino 100% público y si usted hace un estudio con las clínicas privadas de la provincia le podrán decir que son las que han salido bastante perjudicadas al establecer esta sociedad pública, estas clínicas privadas. En el punto tercero, que solicita la incorporación del Centro Sanitario POVISA a la Red Pública. Mire usted, POVISA si es una Sociedad Anónima privada y por lo tanto yo dudo mucho que esta Institución pueda hacer cualquier tipo de fuerza o de esfuerzo para exigirle a sus propietarios que se incorporen en la Red Pública. Otras cosa es que tengan un concierto y que este esté funcionando adecuadamente. Y en el punto 4 y 5, está en el fondo exigiendo usted el cumplimiento de una Lei. Nosotros consideramos que la política sanitaria que se sigue en nuestra Comunidad Autónoma está sometida y está cumpliendo estrictamente toda la legislación. Evidentemente toda la extensión, por ejemplo, de los Equipos de Atención Primaria al 100% de la población no se puede hacer de un día para otro. Y a pesar del enorme esfuerzo presupuestario que se ha hecho desde la Xunta de Galicia en los últimos años esto requiere una implantación de manera paulatina y así se está realizando e incluso se están llevando a cabo negociaciones prácticamente a dirario con los sindicatos y con el resto de las personas y de las instituciones afectadas para ir poniendo en marcha este plan que ya en este momento cubre un porcentaje muy amplio de toda la población. En todo caso requiere un desarrollo en el tiempo como es lógico. Por todo ello vamos a votar en contra de esta moción. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Bueno, vamos facer unha serie de consideracións. Primeiro, a análise da situación sanitaria da provincia, como ben fixen na introducción, estaba en relación coa porcentaxe de camas privadas, e eso e ese dato existe e é así real. Non falei da situación sanitaria en xeral que tamén habería que falar. Falei das camas privadas, da porcentaxe. Eu miro unha doble contradicción, no debate político, insisto, que non se me tome por outro lado; unha doble contradicción, primeiro, que me parece unha falta de respeto, neste caso á demanda que se canaliza a través dunha manifestación e que non se diga que o Partido Popular non apoia a manifestacións para consegui-los logros porque en algúns casos tenno utilizado ou intentado utilizar políticamente, caso FLETAN, etc., etc. Ou sexa, que non se utiliza esto porque non é certo. Outra contradicción que tamén reparo na súa intervención é que di que precisamente esta implantación paulatina da Sanidade Pública e incluso esta implantación desta fundación que cuestionamos e que denunciamos polo que oímos despois comentar, que non lles gustou á sanidade privada, evidentemente, evidentemente. Pero neste caso é contradictorio co tema de POVISA, tampouco lle gustará se cadra a POVISA pero é que está cubrindo unha área a través dun concerto de 100 mil persoas. Claro que non lle gusta pero nós queremos que sexa sanidade pública. Entón quere dicir o METEC realmente esas ventaxas que sempre se presentan cara a que se antes esta serie de intervencións específicas e de alta tecnoloxía que non tiñamos na provincia, que non é certo relativamente, se había un convenio con Fátima onde se realizaban algunhas destas, privada evidentemente, pero o que si está claro é que esta empresa si é por suposto capital exclusivamente público, eso ninguén, non foi verdade a medias, eso non se dixo, pero me parece que se dixo, o que é que si é dunha provisión completamente privada, especial, que si carece de ánimo de lucro pero neste caso cunha xestión completamente privada. Neste caso o propio goberno do Partido Popular no Parlamento de Galicia negouse a unha iniciativa que se realizou nese sentido que é pechar, que pudera pechar por Lei a posibilidade de que as accións de METEC puderan pasar a mans privadas. É dicir se realmente o seu obxectivo é que sexa unha fundación pública 100% non sei porque se negou nese momento a esa iniciativa que se pudera pasar no seu momento. E despois hai varias cuestións evidentemente, é dicir, á parte das vantaxas que a nivel de contratación e de funcionamento de xestión digo en mans privadas que pode favorecer cara a esa suposta rentabilización está ó mesmo tempo recoñecendo unha necesarisima reforma da Administración Pública e eso é o que se pide, é dicir, se realmente hai un debate, evidentemente, que levará o seu tempo pero da reforma da Administración Pública é o que se ten que levar adiante, o que non se pode é introducir, neste caso, elementos como é o propio METEC e esas famosas fundacións que se queren vender, pero evidentemente dime de quen vén e direiche o que hai que dicir, o que está introducindo é un elemento cara á privatización da sanidade, que de momento non é así, está máis ou menos encuberta pero ó mesmo tempo non se está acometendo o necesario debate sobre a reforma da Administración Pública e a esa implantación paulatina que se comentaba cara realmente a que ese servicio sexa publicamente ó cen por cen en tódolos sentidos. Tanto a nosa provincia nas dúas áreas xeográficas máis importantes que poden ser nesta capital na que estamos agora como no sur da provincia arredor, pois iso, de Vigo, pois esa implantación deixa moitisimo que desexar, hai datos suficientemente explícitos para demandar que neste caso ese ritmo paulatino sexa máis incrementado e que realmente rexeitar completamente esas iniciativas. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Chillón. Ten a palabra a Srª. Dona Carmen Avendaño. Srª. Avendaño Otero.- Si, muy brevemente. Simplemente para decir que nuestro grupo va apoyar la iniciativa de la moción del Bloque Nacionalista porque es la petición que formula la Plataforma Gallega en Defensa de la Salud Pública, y, bueno, comentar que, usted Sr. Pedrosa, que presume de ser riguroso sabe perfectamente que la manifestación de Vigo fue multitudinaria, por lo tanto, si, si. Sr. Presidente.- Gracias Carmen. Ten a palabra o Sr. D. Julio Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- No voy a entrar en guerra de cifras porque vale, yo creo que tampoco tiene mayor importancia, pero cité cifras de Pontevedra y en Vigo dije que algo más, no dije ninguna cifra pero bueno, en todo caso usted sabe como yo que fue muy poca gente. Con respecto al Sr. Chillón, yo de verdad y con todo el respeto del mundo, creo que la contradicción es suya, o sea que por un lado están criticando que se cree un organismo público, cien por cien público, que está asumiendo una parte, una labor que hacían las clínicas privadas, y por otra parte están defendiendo la sanidad pública, a mi algo me rechina ahí, algo que no entiendo, será por la segunda parte que usted dice, es que esto es un primer paso y ahora es público pero dentro de unos años será privado. Mire usted, yo tengo que comprar la peluca y las gafas de Rappel y saber lo que va a pasar dentro de diez años, no lo se, hoy por hoy es absolutamente público y está haciendo lo contrario de lo que ustedes defienden, está asumiendo trabajos y funciones que hacían determinadas clínicas privadas, por lo tanto no entiendo su contradicción. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos a su votación. Punto ocho, "Moción del BNG sobre a Sanidade Pública". ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Recházase. Rexéitase, por maioría de votos en contra do Grupo Popular e cos votos a favor do PSOE e do BNG, Moción do BNG sobre a Sanidade Pública. ------ Folla: 104,110 9.4035.- AUTORIZACIÓN PARA CONCERTAR OPERACIÓN DE ASEGURAMENTO DO PRÉSTAMO SINDICADO Sr. Presidente.- Pasamos ó punto nove, "Autorización para concertar operación de aseguramento do préstamo sindicado". Ten a palabra o Sr. Chillón. ¿Algunha palabra?. Ten a palabra o Sr. Pedrosa. Sométese ó Pleno a proposta do Sr. Vicepresidente Económico e o dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda sendo literalmente a seguinte: "Por Resolución da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, de data 15 de novembro de 1996, autorizouse a esta Deputación para concertar un préstamo cun grupo de Entidades Financeiras, lideradas pola Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, préstamo destinado ó refinanciamento da débeda viva na data da sinatura do correspondente contrato. No punto 2 da Resolución indícase que a Deputación de Pontevedra deberá establecer algún tipo de medidas que limiten ou eliminen a variabilidade do tipo de interese. En tal sentido cursouse, con data 21 de novembro seguinte escrito dirixido á Entidade Axente da operación de préstamo sindicado, interesando que, por parte do Grupo, se estudiaran e formularan propostas en tal sentido, sen prexuízo da sinatura do contrato de préstamo na data prevista, o que tivo lugar o día 5 de decembro último. Como consecuencia do citado escrito, a Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra e outras Entidades do Grupo formularon propostas para establecer bandas ou "Collars", limitando a posible variabilidade dos tipos de interese, reiterando as ofertas en datas diferentes, que permiten coñece-la tendencia ou sensibilidade do mercado en cada momento da oferta. Trátase dun tipo de seguro, con límites inferiores e superiores para o interese, que oscilan en función da hora, o día, o período para o que se contrata, etc., polo tanto incompatible cun proceso de tramitación normal perante o Pleno da Deputación para pecha-la operación no momento máis convinte para o conxunto da operación durante un período determinado. ... Este seguro non supón custe directo ningún para a Deputación por tratarse dun contrato de custe "0", e soamente se os intereses baixan do límite inferior, a Deputación soportaría a diferencia a éste. Este contrato de seguro é de natureza privada, por darlle esta calificación o artigo 3-1-k) da Lei 13/95, de Contratos das Administracións Públicas, segundo redacción dada ó mesmo polo artigo 148 da Lei 13/96, de 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e da Orde Social." Sr. Pedrosa Vicente.- Muy brevemente, vamos, es simplemente para explicar de qué se trata. Como todos ustedes saben una vez concertado el crédito con la renegociación de la deuda este Pleno aprobó una operación de crédito a interés variable, todas las instituciones tanto públicas como privadas que realizan este tipo de operaciones financieras, y además por un sentido mínimo de prudencia, exigen que una vez concertado este tipo de operaciones se fijen unos límites sobre la variabilidad de los tipos de interés para evitar determinados riesgos, que puedan dispararse estos, en este sentido obedece esta operación sólamente a esta medida de prudencia y se trata de un tipo de operaciones que en el lenguaje técnico, en inglés se denominan ..., que supone el establecer unos límites por arriba y por abajo para las fluctuaciones de los tipos de interés. Esta operación no se puede plantear a este Pleno como una operación normal en el sentido de fijar ya las características concretas de cómo va a ser esta operación, esos límites, ese techo y ese suelo puesto que esta operación que se negocia a través de la banca nacional en un mercado internacional, en concreto en Londres, y que incluso se fija hasta telefónicamente el momento en el cual entra en vigor, sin perjuicio, evidentemente, de que después se firme el oportuno contrato, está fluctuando día a día e incluso hora a hora, por eso se fija telefónicamente, por eso la autorización que solicitamos al Pleno no es para ya determinar con concreción ni el momento ni los tipos de interés vigentes porque no los podemos saber, hay que esperar a ese momento, es simplemente autorizar al Presidente de esta institución para concertar y firmar esta operación en el momento en que el equipo económico de la casa considere oportuno que estén mejor situados en ese momento los tipos de interés y por lo tanto llevar a cabo esa operación sin perjuicio, evidentemente, que una vez celebrada la misma se vuelva a traer a otro Pleno para dar cuenta de la misma, se trata de eso simplemente. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. D. Emilio. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, yo es que quería intervenir antes y la verdad es que se me pasó. Antes de intervenir yo es que quisiera hacerle dos preguntas concretas al Presidente de la Comisión de Economía. Una pregunta es, ¿cuál es el coste real de esta operación?, lo digo porque en el expediente lo que figura es que no tiene costo directo alguno para la Diputación, pero si hay costos indirectos, me imagino. Y la segunda pregunta es, ¿qué pasa si se hace una amortización anticipada del crédito?, imaginemos que la Diputación amortiza de forma anticipada los quince mil millones o parte de ellos, ¿qué ocurre con esto?. Y después quiero intervenir. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. D. Julio Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Si, vamos a ver. En cuanto el coste es cero, son operaciones que se llaman a coste cero, lo que pasa que llamarle coste no sería la palabra técnica, el riesgo de la Diputación que si concertamos, imagínese usted, un suelo del 5% y un techo del 10%, evidentemente si los tipos de interés bajan del tipo de interés la Diputación tendría que seguir pagando el 5%, eso no es un coste, eso forma parte de toda la operación global, el coste de la operación es cero, no existen ni comisiones de ningún tipo ni nada de nada. Y en cuanto a la amortización anticipada hay que decirle que aunque se trate de una operación de aseguramiento de otra operación principal como es el crédito, son operaciones totalmente diferentes, eso es una operación, como le indicaba antes, que se lleva a cabo en un mercado internacional y que por lo tanto esta operación de aseguramiento a través de la banca nacional incluso se coloca en Londres por tramos y entonces pueden "comprar", entre comillas, estos tramos, pues un inversor americano, un japonés o el que sea, entonces sigue una vida independiente posteriormente a la del crédito, sólo está relacionado con el crédito en cuanto a la determinación de los tipos de interés, en cuanto al suelo y el techo. Sr. Presidente.- Si, Emilio. Sr. González Iglesias.- Si, bueno, vamos a ver. Yo creo que si se produce una amortización anticipada de esta operación la Diputación durante esos años, es decir, el coste en intereses para la Diputación aunque se haga antes es el mismo, es decir, el que está dentro de esa banda, por lo tanto sí habría un coste si se hace una amortización anticipada, pero sí habría un coste y un coste importante para la Diputación. Segundo tema, es decir, y no estoy evidentemente en contra de que se asegure una operación de este tipo, pero si creo que hacerlo ahora, a posteriori, significa desvirtuar el concurso, el concurso de la refinanciación de la deuda, me explico. Aquí se hace un concurso y se plantean ofertas a mibor más cero y pico por ciento, cero veinticinco creo recordar, bien, desde el momento que hacemos esta operación para asegurar que la banda de intereses esté entre un cuatro y medio y un nueve, lo que sea, en lo que sea, yo creo que se está desvirtuando cualquier oferta que hiciera ninguna institución en aquel momento, o al menos creo que en aquel momento debió plantearse ya este tema, es decir, vamos a hacer la operación de refinanciación y vamos a asegurar también esta historia, creo, es una opinión personal y creo que tiene lagunas legales en todo caso, porque creo que desvirtúa el concurso. Al no tenerlo muy claro lógicamente nos vamos a abstener, lo que sí queríamos o quería decir, es que cuando durante años en esta casa la oposición estaba diciendo que se rebasaba con mucho todos los límites habidos y por haber, curiosamente desde el grupo de gobierno antes, después y hasta hace unos meses se nos decía que ningún problema, que ustedes estaban gestionando rigurosamente esta casa y esto marchaba de maravilla, y curiosamente uno ve el expediente y en el expediente hay una advertencia, aparte de la recomendación de asegurar por parte de la Consellería de Economía e Facenda, hay una advertencia que dice que a la vista de la información manejada se advierte sobre el nivel de endeudamiento alcanzado que imposibilita la formalización de nuevas operaciones que supongan un incremento del mismo, y no les estoy echando la culpa a ustedes ahora mismo, pero sí a quien gestionó durante años esta institución que decía que esto económicamente marchaba de maravilla. Bueno, pues a día de hoy se siguen haciendo estas advertencias por parte de la Consellería de Economía e Facenda, por algo sería. Nos vamos a abstener. Sr. Pedrosa Vicente.- ... Mire usted, desvirtuar el concurso, en absoluto, las entidades con las cuales hemos firmado la operación de crédito van a seguir cobrando exactamente lo establecido en su contrato, el mibor más el cero quince, esté el mibor en lo que está, otra cosa es la operación de aseguramiento que por eso le decía que es independiente. En cuanto al momento de hacer esta operación de aseguramiento, usted tiene cerca de usted a alguna Concejala, más de una, de Vigo, que se discutió este tema por una operación de Vigo, mire usted, por haber retrasado tres meses la firma de este contrato de aseguramiento podemos rebajar con respecto a la fecha en que se firmó el crédito, pues seguramente el suelo de esta operación más de dos puntos y el techo así como tres, y quizá debamos de esperar todavía unos días porque en estos últimos días tuvo un pequeño repunto, o sea, que a lo mejor conviene esperar, con lo cual el momento no hubiese sido aquel que es este evidentemente. En cuanto a la situación económica de la casa, ya la conocemos y la conocíamos todos, esto es lo que le puedo recordar es que estamos reduciendo la deuda 1.500 millones cada año, y ya es el segundo año consecutivo, y pensamos seguir así. Nada más. Gracias. Sr. Presidente.- Yo, Emilio, si me permites. Es que parece que estamos aquí explicándonos a todos el tema, yo si quieres te doy la palabra pero creo que no merece. Vale. Sr. González Iglesias.- Es la segunda intervención, si es muy rápido el tema, es muy rápido. Mire, Sr. Pedrosa, vamos allá. Usted nos decía en la Comisión, claro, es que esto hay que asegurarlo porque imaginemos, imaginemos decía usted, que puede ocurrir, y alguien a mi lado decía, jo, que poco confían estos en su gobierno, decía usted, imaginemos que al final no hay confluencia con Mastrich y se disparan los tipo de interés con lo cual lógicamente vamos a perder, bueno, pero imaginemos que yo sí tengo confianza en la sociedad de este país y estoy convencido de que vamos a lograr los objetivos de confluencia con Mastrich, y en ese momento hemos perdido pasta asegurando esta banda que se nos plantea en la Comisión, sí, porque los intereses en cualquier país europeo ahora mismo están por debajo de esa banda que nos aseguran, por lo tanto puestos a imaginar, Sr. Pedrosa, ya le digo, yo no critico su falta de confianza en su gobierno pero puestos a imaginar yo creo que hay muchísimas más posibilidades de que vayamos a perder dinero real al final con esta operación que al revés. Sr. Pedrosa Vicente.- Uno de los motivos posibles que le dije de subida de intereses era ese, uno, hablamos de otros muchos, puede pasar cualquiera, que en Sadán se levante mar, que el petroleo no se qué, usted sabe como yo que la bolsa de New Yokr estornude un día, o sea, puede pasar cualquiera, uno de ellos sería evidentemente el no estar en Mastrich, a lo mejor no por culpa del Gobierno acutal sino por lo que estamos leyendo puede ser por cualquier otro motivo. No, por supuesto que si el anterior hubiese actuado de otra manera sería mucho más fácil entrar. Y en cuanto el asegurar ya que estamos perdiendo con esta operación, pero si no la hemos concertado todavía. Usted ya adelanta otra vez. Si no la hemos concertado, usted que sabe como la vamos a concertar, en este momento están al 6% estos tipos de interés, vamos a ver cual es el sueldo que ponemos, no diga que perdemos, yo le aseguro que va a ser por debajo del 6 el suelo de esta operación, ya se lo aseguro aquí. El techo el 25, me da igual, usted dice que perdemos por abajo no por arriba, por arriba nunca vamos a perder, por arriba vamos a dejar de pagar que es distinto. Si perdemos es porque bajan por debajo de lo que nosotros fijemos de sueldo y yo ya le digo que va a ser por debajo del 6. Eso seguro. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á votación. Autorización para concertar operación de aseguramento do préstamo sindicado ó Presidente desta Institución. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Autorizado coas abstencións dos outros grupos, BNG e Partido Socialista. É por iso, polo que, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, facultar á Presidencia para pecha-la operación de seguro ou "Collar" no momento que se considere máis convinte ós intereses provinciais, sen prexuízo de que posteriormente se informe ó mesmo das actuacións realizadas. Sr. Presidente.- E se lles parece tamén por adelantar tempo o punto 10, 11 e 12, practicamente é a mesma cuestión, polo tanto podíamolos tratar conxuntamente. De acordo 10 e 11. 10: Ratificación do Acordo da Comisión de Goberno de 2-5-96 que aprobaba o proxecto da carretera provincial Curro-Portela do POL 1996 e motivación da urxencia de tales expropiacións. 11: Ratificación do acordo da Comisión de Goberno do 2-5-96 que aprobaba o proxecto da carretera provincial As Sinas - Vilanova, do POL 1996 e motivación da urxencia de tales expropiacións. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Aínda que si ten razón Emilio en que hai matices entre o 10, 11 e 12, vamos a face-la intervención conxunta. En fin, trátase exactamente do que se trata e non vamos a entrar no fondo de que se foi a Rede Viaria Local, que si votamos en contra, que si foi o POL ou é a obra ou non é. Simplemente recordarlle que este é un tema que non é a primeira vez que sucede nesta Institución e que a súa ansia e perseverancia en sisarlle absolutamente tódalas competencias ó Pleno, que non se ve nin o máis mínimo atisbo por parte do Sr. Presidente de cambiar esa política, lévalle incluso ata a cometer erros de solicitar urxentes ocupacións vía Comisión de Goberno que a Xunta lle diga, mire vostede, que non, que ten que se-lo Pleno. É unha cousa absolutamente de tolería, bueno, vamos, xa vai case un ano alá desde que vostedes fixeron esto nas dúas primeiras e resulta que agora teñen que traela polo Pleno. Mire, como o tema non dá máis de si, este en concreto, eu aproveito para pedirlle, non sei porque vez, que a ver cando se plantexa seriamente o grupo de goberno recuperar algo das competencias do Pleno e non ter que padecer Plenos coma estes que formalmente teñen moitisimos puntos pero que na práctica non hai nada de nada. Ó menos que nos poñamos a discutir aquí que se o tipo de interés a inflación vai subir ou baixar, e o diferencial entre o interés e maila inflación vai ser gravoso ou non vai ser gravoso, vai ser beneficioso ou cousas dese tipo, ó menos que convirtamos esto ou neste caso convirtamos en que se o proxecto levaba unha cuneta ou non a levaba. Ou sexa, son Plenos absolutamente descafeinados, non nos traen practicamente nada por aquí e despois levan, e non é a primeira vez que pasa, que xa na súa ansia de non traer nada ó Pleno pois traen puntos destes que tamén serían de trámite, os levan á Comisión de Goberno e logo os teñen que traer outra vez por aquí. Nada máis. Sr. González Iglesias.- Si. Vamos a ver Presidente. Decíalle o 10 e o 11 non hai ningún problema en tratalos xuntos e o 12 non, porque o 10 e o 11 son Plan Operativo Local e o 12 Rede Viaria Local e hai unha diferencia substancial. No Plan Operativo Local que ten unha financiación importante da Comunidade hai que cumprir prazos e se non se cumpren prazos corremos o serio risco de perder cartos para o ano seguinte. E bueno, ¿que ocurre aquí?. Ocurre aquí o que xa veu con outros temas e segue aparecendo por esta casa. Vostedes acordan na Comisión de Goberno, aproban o proxecto, dous meses despois adxudican a obra, unha a unha empresa e á outra a outra, estamos falando de obras de 14.700.000 ptas. a primeira, a carretera provincial Curro-Portela, e de 12 millóns e pico a carretera provincial Sinas-Vilanova. Como lle dicía aproban o proxecto, non sei, non sei se non se fixan que curiosamente os dous proxectos, estamos falando de dous Concellos diferentes, de dous sitios diferentes, de dúas valoracións de terreos diferentes e de dúas obras diferentes. Curiosamente as dúas obras para expropiacións teñen a mesma cantidade, un millón de pesetas. É curioso, é curioso porque despois verá que no punto seguinte tamén pasou unha cousa parecida e por eso houbo que diferenciala e saiu moito máis cara. Como dícia curiosamente aparece a mesma cantidade para expropiacións ou indemnizacións. Curiosamente tamén e ben xa levan anos ocurrindo o mesmo, non poden chegar a acordos cos veciños e tamén curiosamente volven a pedir a urxente expropiación. ¿Que ocurre?. Bueno, pois cando sexa a urxente, cando dictamine o Xurado, resulta que o millón de pesetas non vai chegar, resulta que van ser cantidades diferentes e resulta tamén que estamos na mesma de sempre, é dicir, quen é o técnico que firma que están os terreos a disposición para adxudicar unha obra cando non é así. ¿Que pasa?. Que por permitirlle a determinados técnicos desta casa facer cousas extrañas despois lle piden que firmen estas cousas, é de fondo o que está ocurrindo nestas historias, porque parece que algo hai, é moi curioso que sempre pase o mesmo, tremendamente curioso. E xa digo tremendamente curioso que haxa cantidades que coincidan en obras diferentes, en sitios diferentes, curioso, 1.000.000 de ptas. Bueno, ¿que ocurre se algún día, se algún día, cousa que ata agora non fixeron nunca, calquera das empresas adxudicatarias pide danos e prexuízos?. E se lle permite vostede que me conteste o Interventor. ¿Teñen dereito a que a Deputación, a que esta Institución, a que tódolos cidadáns da provincia de Pontevedra teñan que gastar máis cartos por culpa da desidia de vostedes á hora de plantexar estes proxectos?. Se piden danos e prexuízos calquera empresa deste tipo pasado o tempo límite para facer obra hai que pagarllos. E aquí sempre oito meses despois, nove meses despois, incluso de pasa-lo tempo de, que a obra tiña que estar realizada, empézase de novo co trámite de urxente ocupación e de expropiación de terreos. Loxicamente nós non vamos a ratificar estas historias para nada, para nada. Sr. Presidente.- Gracias D. Emilio. Ten a palabra o Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Presidente, gracias. Ben, non, tampouco non necesita demasiada explicación, trátase de dúas obras moi parellas, as dúas se corresponden ó POL, ó Plan Operativo Local. Unha é, trátase da carretera provincial Curro-Portela e outro a carretera provincial As Sinas-Vilanova. Nos dous casos contouse, polo menos a través do Concello, coa avinza dos veciños para cede-los terreos da ampliación, logo máis tarde pois en ámbolos dous casos, e ademais en ningunha das dúas se presentou por parte de ningún dos veciños atinxidos por esta obra reclamación algunha e por conseguinte procedeuse á contratación. En ámbolos dous casos con bastante baixa na contratación. Agora na hora de empeza-la obra pois parece que aquelas boas palabras dos veciños pois non se cumpren totalmente e por conseguinte para evitar precisamente esas dificultades pois procédese a abrir o camiño de expropiación. Que se pon un millón de pesetas en ámbolos casos pois ponse porque se pon unha cantidade simbólica, evidentemente, por se algún día se presentaba, por se algún día se presentaba alguén que se negase, pois quedaba o camiño aberto, porque se pon un millón de pesetas, porque tampouco incluso no primeiro momento é necesario que a Deputación prevexa todo o diñeiro que se vai poñer en expropiación. Simplemente con deposita-lo 10%, o 10% do que custa esa expropiación é suficiente. E despois con respecto a que se esto é cambio, de que os técnicos fagan proxectos e tal, home, eu pídolle por favor que non mezcle churras con merinas, que neste caso non veñen. É dicir, é simplemente o sistema tradicional de funcionamento, é chegar primeiro ó convencemento a través dos veciños que cederon os terreos, porque se non se ceden os terreos é moi difícil levar a cabo unha obra. E despois coma nunha lonxitude de quilómetros sempre aparece alguén que se nega, aínda que en principio dispuxese de boa vontade para cede-los terreos, despois se nega, por eso póñense cantidades simbólicas como lle dicía antes no da expropiación e eso non ten outro valor. Agora iníciase o camiño e despois xa sairá ben, se se chega a unha avenencia sempre hai tempo e senón pois acudirase ó Xurado de Expropiación que para eso está. Sr. Presidente.- Agora D. Emilio. Gracias Sr. Tirado. Sr. González Iglesias.- A min o do xeito tradicional de funcionar a verdade é que me fai gracia porque é xusto, xusto o que eu estaba pensando, é a fórmula tradicional de funcionar nesta casa que non quere dicir que sexa boa, para nada. Mire, Sr. Tirado, cando se fai un proxecto no proxecto figuran metros que hai que ocupar e unhas valoracións e eses metros e esas valoracións dan unha cantidade e a cantidade se incorpora ó proxecto e eso ademais o di o expediente, e eso ademais o di o expediente, é dicir, que eu estes datos non mos invento. É dicir, consta no proxecto un millón de pesetas para expropiacións ou indemnizacións, consta no proxecto. Polo tanto, é dicir, non se pon aí por poñer unha cantidade simbólica, para nada, para nada, o que pasa é que unha de dúas ou o proxecto se fai sen coñece-la realidade ou hai que agotar prazos e tirar para adiante e pon un millón de pesetas. Xa lle digo, esto figura no expediente, polo tanto non o estou inventando eu nin é cantidade simbólica. Segundo. Cando se fai unha adxudicación dunha obra alguén ten que certificar que os terreos están a disposición de. Bueno pois ¿quen certifica eso que é mentira?. Porque non é o primeiro caso, é dicir, no último ano que eu recorde debe se-la quinta vez que vén unha cuestión deste tipo, polo tanto alguén está mentindo cando fai certificacións. E volvo a repeti-lo mesmo, é dicir, se a algunha empresa adxudicataria se lle ocurre pedir unha indemnización ten dereito a ela porque os prazos os incumpre a Deputación de xeito sistemático porque está adxudicando as obras sen ter tódolos trámites feitos. Eu volvo a repetir, é dicir, o que está ocurrindo aquí, ou sexa, a min é que xa nin me preocupa sequera o que dicía antes Mosquera, que se lle estean sacando competencias ó Pleno nin historias, eso xa ó final non me preocupa, a min me preocupa que por estar levando mal unhas actuacións ó final nos coste máis cartos a tódolos cidadáns da provincia, eso é o que me preocupa. E por encima me preocupa que vostede estea xustificando o tema como está en calquera intervención deste tipo e dicindo cousas que sabe positivamente que non son certas. Sabe vostede que non é certo que haxa unha cantidade indicativa nun proxecto para indemnizacións, sábeo. O Presidente ten que contar como lle dicía antes metros a ocupar e unha valoración e non pode dar un millón de pesetas sempre, e de feito xa verá como no punto seguinte non era así, xa o verá. Votamos en contra. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Si, vamos a ver, vamos a ver, cando se fala de metros e valoracións evidentemente no proxecto figuran metros e valoracións pero os metros e valoracións que se expropian e os metros que se ocupan e valoración do que se expropia e o valor que se ocupa difire motisimo, porque home, evidentemente cando se vai facer unha obra vanse ocupar, pois é dicir, ó longo de toda a vía metros e cada metro ten unha valoración determinada pero como na maior parte dos casos chégase á avinza cos veciños, co afectado, pois non ten problema ningún, por eso de que vale que poñamos alí que esto vai costar 30 millóns de pesetas se ó fin e ó cabo vanse gastar 300 mil ou pouco máis, nalgúns casos. Pois eso é o procedemento, por eso eu digo é procedemento tradicional e penso que moi malo non debe ser porque esta Deputación tódolos anos fai quilómetros de vías e de ampliacións polo menos. Non vías novas pero ampliacións das vías fai tódolos anos e non debe ser tan malisimo porque ¿que problemas lle ocasionou a esta Deputación ata agora un tema destes?. Pois ata agora ningún. Bueno pois, o día que lle ocasione pois ó mellor haberá que cambiar de táctica. Sr. Presidente.- Procedemos á votación dos puntos 10 e 11. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Oponse o PSOE. Abstención BNG. A favor o PP. ------ Folla: 110 10.4036.- RATIFICACIÓN DO ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DE 2-5-1996 QUE APROBABA O PROXECTO DE "EP CURRO - PORTELA" DO POL 1996 E MOTIVACIÓN DA URXENCIA DE TALES EXPROPIACIÓNS Sendo aprobado inicialmente e exposto ó público o Proxecto de "EP Curro - Portela", pertencente ó POL 1996, con presuposto para coñecemento da Administración de CATORCE MILLÓNS SETECENTAS TRES MIL PESETAS (14.703.000), desglosado nun presuposto global contractual de TRECE MILLÓNS SETECENTAS TRES MIL PESETAS (13.703.000) e un capítulo de indemnizacións DUN MILLÓN DE PESETAS (1.000.000), en virtude de acordo de Comisión de Goberno de 2-5-96; resultando aprobado definitivamente de forma automática, ó non producirse reclamacións durante a súa exposición ó público; sendo adxudicada a referida obra a José Malvar Construcciones, S.A. na suma de DOCE MILLÓNS CATROCENTAS CINCUENTA E UNHA MIL NOVECENTAS SETENTA E UNHA PESETAS (12.451.971) por acordo de Comisión de Goberno de 18-07-96; e dado que non foron positivos os intentos de acordo cos propietarios afectados, para fixación das súas indemnizacións, como corrobora o informe do Enxeñeiro Técnico da Zona de 5 dos correntes, o Pleno acorda por maioría do Grupo Popular, co voto en contra do PSOE e a abstención do BNG, o seguinte: 1.- A ratificación, en consonancia coa Orde da Consellería de Presidencia de 7 de decembro de 1983, do acordo de Comisión de Goberno de 2 de maio de 1996, aprobando o proxecto de "E.P. Curro-Portela" (POL 1996), toda vez que a aprobación daqueles proxectos que conleven declaración de urxente ocupación, se exclue da delegación de competencias existente entre dous órganos provinciais. 2.- A fundamentación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións xeradas pola obra "E.P. Curro-Portela", conforme ó informe de 13 dos correntes emitido polo Enxeñeiro Xefe de Vías e Obras, na necesidade de axiliza-las mesmas o máximo posible, para garanti-lo cumprimento dos prazos de execución da obra, pois doutro modo correríase o risco de perde-la cofinanciación do MAP para a mesma, co grave prexuízo para o interese público provincial que iso suporía. ------ Folla: 111 11.4037.- RATIFICACIÓN DO ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DE 2-5-1996 QUE APROBABA O PROXECTO "EP AS SINAS - VILANOVA", DO POL 1996 E MOTIVACIÓN DA URXENCIA DE TALES EXPROPIACIÓNS Sendo aprobado inicialmente e exposto ó público o proxecto de "EP. As Sinas - Vilanova", pertencente ó POL 1996, con presuposto para coñecemento da Administración de QUINCE MILLÓNS DE PESETAS (15.000.000), desglosado nun presuposto global contractual de CATORCE MILLÓNS DE PESETAS (14.000.000) e un capítulo de indemnizacións DUN MILLÓN DE PESETAS (1.000.000), en virtude de acordo de Comisión de Goberno de 2-5-96; resultando aprobado definitivamente de forma automática, ó non producirse reclamacións durante a súa exposición ó público; sendo adxudicada a referida obra a Construcciones Carro, S.L. na suma de DOCE MILLÓNS CINCUENTA E SEIS MIL OITOCENTAS PESETAS (12.056.800) por acordo de Comisión de Goberno de 18-07-96; e dado que non foron positivos os intentos de acordo cos propietarios afectados, para fixación das súas indemnizacións, como corrobora o informe do Enxeñeiro Técnico da Zona de 5 dos correntes, sendo preciso acudir á expropiación forzosa en puridade, o Pleno acorda por maioría do Grupo Popular, co voto en contra do PSOE e a abstención do BNG, o seguinte: 1.- A ratificación, en consonancia coa Orde da Consellería de Presidencia de 7 de decembro de 1983, do acordo de Comisión de Goberno de 2 de maio de 1996, aprobando o proxecto de "EP. As Sinas - Vilanova" (POL 1996), toda vez que a aprobación daqueles proxectos que conleven declaración de urxente ocupación, se exclue da delegación de competencias existente entre dous órganos provinciais. 2.- A fundamentación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións xeradas pola obra "E.P. As Sinas-Vilanova", conforme ó informe de 13 dos correntes emitido polo Enxeñeiro Xefe de Vías e Obras, na necesidade de axiliza-las mesmas o máximo posible, para garanti-lo cumprimento dos prazos de execución da obra, pois doutro modo correríase o risco de perde-la cofinanciación do MAP para a mesma, co grave prexuízo para o interese público provincial que iso suporía. ------ Folla: 111,115 12.4038.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL Nº 7505 DE 20-11-1996 POLA QUE SE APROBABA O PROXECTO DE "EP BARRANTES - CABANELAS (RIBADUMIA) (REMANENTES RVL 1996)" E MOTIVACIÓN DA URXENCIA DAS EXPROPIACIÓNS Sr. Presidente.- Pasamos ó punto 12. Ratificación de Resolución Presidencial nº 7505 do 20-11-96 pola que se aprobaba o proxecto de carretera provincial Barrantes-Cabanelas-Ribadumia, remanentes Rede Viaria Local 1996 e motivación da urxencia das expropiacións. Ten a palabra D. Emilio. Sr. González Iglesias.- Si, antes de nada unha pregunta, é dicir, figura no expediente unha nota, hai un informe do Interventor do 13-11-96 dicindo que había partida presupostaria para as expropiacións que van a 5.368.500 pesetas, despois de rectificalas, é dicir, porque tamén é outra cantidade menor e ó final foron a 5.378.000 pesetas. Como digo hai un informe do Interventor dicindo que, certificando que hai partida presupostaria etc., etc. Pero hai unha nota manuscrita, á man, que di: anulada por ser del 96 y no haberse podido incorporar al Presupuesto del 97. ¿Eso que quere dicir?. Que ten, bueno, primeiro ¿de quen é a nota manuscrita?, porque, é dicir, é unha nota manuscrita cunha firma debaixo que non sabemos o que quere dicir, un papeliño amarelo. Quere dicir que non hai consignación, non, non, digo, home eu acabo de miralo hai unha hora. Unha notiña, un papel amarelo, non, non, non. Ten unha firma. Bueno, vamos a ver, home, a min, ben, perfecto, mire, vamos a ver, a min, ¿pero figura ou non figura unha nota manuscrita?. ¿Pero será dalguén desta casa, dalgún técnico, dalgún funcionario?. No esto no es para inversión, es para las expropiaciones. Compra en todo caso. Vale, perfecto. Mire, Sr. Presidente, la contestación me vale, mire, Sr. Presidente primeiro unha cousa, home cando hai unha nota aí será por algo, dende logo os da oposición non a puxemos. Cando eu mirei o expediente viña de Presidencia, viña de Presidencia o expediente, ou sexa que supoño que alguén a poría e por algo a poría. De tódolos xeitos non é nin a cuestión de fondo nin historias, para min, a cuestión de fondo é esto, no seu día tiña tamén prevista unha cantidade como di o Sr. Tirado a ollo para expropiacións e aquela cantidade a ollo se transformou en cinco millóns trescentas e pico mil pesetas. Esto xa non foi nin sequera ratificación dun acordo da Comisión de Goberno, nin sequera eso. Esto Resolución Presidencial e tira para adiante. Pois mire nós non estamos polo labor para nada de darlle a vostede ningún talón en blanco para este tipo de cousas porque sempre o está utilizando cando fan mal as cousas despois, para arranxalo, e para nada, é dicir, se nos utiliza ó Pleno para arranxa-lo que fan mal. Nós non estamos dispostos a votar ese tipo de cousas. Loxicamente vamos a votar a favor, perdón, en contra, se non fora porque é dun plan diferente lle houbera dito que si, que ningún problema por tratalos do mesmo, vamos no saco dos dous anteriores, pero é un plan diferente e os dous anteriores para nós teñen bastante máis gravidade polo que lle dicía antes, porque se poden perder subvencións futuras. Non é este o caso que estamos falando de remanentes da Rede Viaria Local. De tódolos xeitos como lle dicía antes vamos votar en contra e nada máis. Sr. Presidente.- Bueno, vamos a ver, eu quería dicir só dúas cousas para que queden os conceptos moi claros. Primeiro, tanto o 10, coma o 11, coma neste caso o 12, a competencia no seu momento para tomar e aproba-lo que se aproba tíñaa a Comisión de Goberno e tíñaa o Presidente. Polo tanto esto é así, é indiscutible. Agora ben houbo as dificultades que houbo, necesitamos a urxente ocupación e polo tanto non se trata de corrixir nada que se fixo mal senón que se trata de pedir unha nova cousa que é a urxencia, que eso si é competencia do Pleno, polo tanto que queden as dúas cousas claras. E eu queríalle dicir a vostede D. Emilio que menos mal, que vostede non é Presidente da Deputación e polo tanto non ten a máxima responsabilidade, porque sen entrar en posibles razóns, eu dígolle corroborando o que dixo o Deputado Delegado de Vías e Obras que se usamos este procedemento non ilegal, é precisamente para rentabiliza-los poucos recursos que temos. Mire, ó Sr. Cuiña, por exemplo, élle moi fácil mete-las máquinas desde o primeiro momento e expropia-las casas e expropia-lo que faga falta porque hai diñeiro. Aquí temos o que temos e entón temos que tratar por tódolos medios, bueno despois falan, temos que tratar por tódolos medios de convencer ós veciños de que cedan os terreos porque entón poderemos facer moita máis obra e eso é o que estamos intentando. Hai compromiso dos veciños que logo suceden cousas destas e din, onde digo digo digo diego, e entón é o que motiva, diríamos, esto que a vostedes non lle gusta, pero non se trata de obrar como sempre din, caciquilmente. A razón que se pode estar de acordo con ela ou non, é esa, e non hai outra. Ten a palabra D. Emilio. Sr. González Iglesias.- Si, mire, vamos a ver Presidente, cando se fai calquera tipo de pacto, de acordo con calquera propietario, con calquera propietario, sexa institución ou privado quen o fai, normalmente firma un papeliño, xa non digo máis, firma un papeliño dicindo mire, tantos metros a tantas pesetas ou regalados, dá igual, firma un papeliño. Aquí resulta que curiosamente debe se-la única institución ou o único privado que funcionaría do xeito que está funcionando esta casa, onde non se firma ningún papeliño nin historias. É dicir, eso non o cre nadie, nadie. Segundo tema. Mire Sr. Presidente, se a Xunta ten tantos cartos, tantos cartos para facer esas cousas, explíqueme como vostede está poñendo cartos desta Institución para competencias exclusivas da Xunta, explíquemo algún día. Sr. Presidente.- Mire D. Emilio vostede está sacando temas que lle preocupan personalmente, digo eu, home como Portavoz, personalmente como Portavoz do Partido Socialista. Eu pódolle dicir, primeiro, que efectivamente cooperei e esta casa vai cooperar continuamente coas máximas Consellerías posibles, coas máximas. Non só coa Consellería de Ordenación do Territorio senón con tódalas demais. E voulle a dicir unha cousa, ó fin de ano faremos contas e veremos se nós axudamos máis ás Consellerías ou as Consellerías axudan máis á Deputación. Ó final verémolo. Vostede sabe perfectamente o convenio que firmou a COTOP para as carreteras provinciais, sábeo. O que non sabe todavía nin llo vou dicir de momento porque estamos en negociacións, o que van a dar varias Consellerías, por exemplo para a Escola de Canteiros; ou o que está dando para investigacións Agricultura; ou o que está dando Cultura. ¿Entendido?. E ó final é cando podemos facer cifras e veremos a cooperación. Xa sei que vostedes non queren que cooperemos coa Xunta, xa o sabemos, home, estanno dicindo sempre, agora ¿que pasa, que pasa?, ¿que lle doi que se faga esto?. Entón ¿por que o sacan tódolos días?, ¿por que o sacaron no Pleno cando precisamente o Presidente non estaba?. Estaba outro Presidente indudablemente ¿por que?, ¿díganme por que?,. Vostedes o que están facendo é demagoxia pura e dicindo claro, agora non ten e faiselle, eso é, amigo Emilio, é demagoxia pura. Pero para que teñan a certeza e o poidan seguir repetindo Pleno a Pleno eu teño como norma, e voulle dicir unha cousa máis, e se algún día, voulle a demostrar que se goberna outro partido na Xunta vou a seguir facendo o mesmo, porque está en xogo, está en xogo os cidadáns de Pontevedra. E eu teño a obriga e creo que temos todos a obriga de cooperar porque son todos cartos dos españois, cooperar nas obras cando nos piden cooperación. E igual que eu pido e teño resposta por suposto eu tamén dou resposta. Entón eu sigo sen entender por que ese enfado tremendo ante esta cooperación. Pois parece que si, entón se eu interpretei mal pídolle desculpas pero eu entendo que si, se ten, porque ten tantos cartos, por que se coopera, por que non se coopera. Indudablemente podemos non cooperar e dicir, bueno pois, o que che ía dar aquí fágoo noutro lado, podíase facer, claro que se podía facer. Pero que sepan que vou a seguir colaborando sempre, e ademais a iniciativa miña se pode ser, non soamente a iniciativa dos Conselleiros, vou estar á porta dos Conselleiros para facer cousas para esta provincia e estámolo conseguindo. Que sepan que esa vai ser sempre a decisión deste Presidente. E se algún día gobernase na Xunta alguén tería esta mesma cooperación. Que quede moi claro. Sr. González Iglesias.- Si, home, simplemente, mire, é moi sencillo, colla vostede tódalas miñas intervencións nesta casa, todas, e se topa algunha onde lle dixera algunha vez que non debe facer convenios co Goberno Autónomo e cos Concellos, se topa algunha mo di e entón a partir de aí terei que darlle a razón. Como non hai ningunha, ningunha, toda esa bronca que me está votando en base a unha premisa falsa, pois mire, non sei nin de que vai a historia, pero bueno, como resulta que no que vai de Pleno e hoxe vai pouco precisamente, no que vai de Pleno xa aguantei que un señor ó que vostede, hai uns días na prensa, dicía que tiráballe das ourellas, non, xa me aclarou ese señor que era un invento da oposición, que non eran declaracións súas, xa me aclarou da oposición. Bueno eu xa entendín clariño de todo e tal, pero bueno como lle dicía antes tiven que aguantar que un señor diga que os do PSOE son todos mentireiros e demagóxicos, vale. Xa está, cojonudo. E agora sae o Presidente e di, e son vostedes uns demagogos, pois tamén. Pois mire en xente tan cultivada como vostedes eu non entendo, non entendo que situen a un grupo nunha cousa nada máis, é dicir, porque mentiroso pode ser unha persoa, pero todo un grupo non, ou demagóxico pode ser unha persoa pero todo un grupo non, home. De verdade, mire, non lle vou pedir perdón por estar no PSOE, nin a vostede nin o Sr. Ricón nin a ninguén, absolutamente a ninguén. Síntoo por vostedes pero non lle vou pedir perdón a ninguén por ese tema. E como antes quería dicilo, xa pasara pola fase de non dicilo, pero bueno, xa postos a quentarse un pouquiño un ten ganas de dicir cousas. Mire, ó Sr. Ricón, simplemente rematar, hai un dito moi antiguo neste país. Sr. Presidente.- Non, non, retírolle a palabra, deixe ó Sr. Ricón tranquilo, agora estamos en discusión vostede e eu, eu a vostede non lle chamei mentiroso nunca, polo tanto, non, hoxe polo que acaba de dicir interpretei, demagoxia si, e creo que non minto. ¿Vostede cre que minto?. ¿Vostede sabe o que é mentira?. ¿E que é mentira?. Non, non, mire a mentira é dici-lo contrario do que un pensa, e eu aquí estou dicindo o que penso. Bueno, pois é verdade demagoxia, nunca mentireiro. Eu a vostede non lle chamei mentireiro nin me metín co PSOE, porque é un partido tan digno coma calquera dos demais. Agora que están facendo demagoxia coas axudas que lle estamos facendo á Xunta continuamente, home. Agora na súa intervención díxoo, esta, a última intervención súa que eu califico de demagoxia, por esta razón, pola última, non polas anteriores, polo que acaba de dicir antes. Ben, de acordo. Vamos a ver, unha cousa, vamos a ver, perdona Emilio, unha cousa é que nos acaloremos discutindo temas e outra cousa é que faltemos ó respeto. Eu creo que polo menos desde que estou aquí non lle faltei ó respeto a nadie, creo, nin vou a tolerar dentro das miñas posibilidades que se falte ó respeto. Polo tanto discutimos acaloradamente todo o que queiramos pero respetémonos persoalmente, respetémonos institucionalmente, que creo que somos representantes do pobo tanto os que teñen máis coma os que teñen menos. E neste sentido eu pido que independemente que podemos acalorarnos que non faltemos ás persoas. Polo tanto por favor mantéñase neste sentido a dignididade desta cámara. Sr. González Iglesias.- No es mi estilo, ni suelo hacerlo, no suelo insultar en ninguna intervención. Lo que tampoco me callo, lo que tampoco me callo es cuando el Sr. Ricón dice "caradura" por, y no tanto por bajines que lo oigo yo aquí. No lo dice con el micro abierto, pero lo dice, hombre, ya está bien. Sr. Presidente.- Bueno, bien. Yo no he oído nada. Por favor olvidemos estos temas. Y yo ya me he perdido. ¿Algunha intervención sobre este tema?. ¿Algunha intervención máis?. Non. Vamos a ver, ten a palabra o Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Si, bueno vamos a introducir un pouco de racionalidade na discusión e vamos a centrarnos no punto que é o que vimos aquí. Aquí non nos vimos nin a insultar nin nos vimos a tirar pedras uns ós outros, supoño que con tanta dignidade estamos uns coma os outros aquí e por conseguinte vamos a entrar. Vamos a ver, eu o que lle podo dicir ó Sr. González é que se nota que el non é Alcalde, ben, efectivamente, non é Alcalde nin ten responsabilidade de goberno, e os que gobernamos pois temos que, ademais eso que se di tradicionalmente de tragar un sapo tódolos días, temos que estar falando tódolos días cos veciños para intentar que nos dean o que é deles. E, fíxese ben, por exemplo nesta obra que ten máis de 3 km. de longo e onde se ocupan moitisimos ferrados de terra, ó fin e ó cabo todo o problema surxe porque nos últimos 600 m. pois hai un que se nega e move ós demais e incluso está, non digo que incluso politicamente, incluso se pode dicir, non o digo con toda a seguridade pero penso que si politicamente o home está empuxado para estorbar na obra. Bueno, pois é a vida así, é algo que hai que asumir, non digo do PSOE, non, perdón, eu non dixen nin do PSOE nin nada, non diga palabras, non poña palabras na miña boca que eu non dixen. Bueno, nin sequera está na miña intención acusar ó PSOE nin a outro partido calquera porque ó fin e ó cabo todos estamos na política e todos fixemos algo nesta vida. E por conseguinte como todos fixemos algo non vale tratar que todos sexamos uns santos e os outros sexan uns demos, todos somos parecidos, home, por eso razonemos. Eu xa lle digo que aínda que a lonxitude da vía supera os 3 quilómetros todo o problema xurde nos últimos 600 m. E se tivésemos que dispoñer de diñeiro para tódolos, para os 3 km dun lado e 3 km doutro, unha ocupación que excede dos 2 m por cada lado, neste caso ademais é totalmente a superficie, de aí nace o problema. E, bueno, non vexo que debamos discutir máis nin falar máis. Sometémolo a votación, creo que é tempo de que se someta a votación e nada máis. Sr. Presidente.- Procedemos á votación polo tanto. Número 12, ratificación de Resolución Presidencial nº 7505 do 20-11-96 pola que se aprobaba o proxecto da carretera provincial Barrantes-Cabanelas-Ribadumia, remanente Rede Viaria Local 1996 e motivación da urxencia das expropiacións. ¿Votos en contra?. PSOE. ¿Abstencións?. BNG. ¿A favor?. O Partido Popular. Como queira que a obra "Mellora E.P. Barrantes - Cabanelas (Ribadumia)", con presuposto global contractual de DOCE MILLÓNS SEISCENTAS DEZASEIS MIL SEISCENTAS SETENTA E SETE PESETAS (12.616.677) e un capítulo de expropiacións de CINCO MILLÓNS TRESCENTAS SESENTA E OITO MIL CINCOCENTAS PESETAS (5.368.500), autorizada pola Dirección Xeral de Réxime Xurídico e Económico Territorial, a través do seu escrito de 19-10-96, como obra nº 33 Remanentes da Rede Viaria Local 1996, foi aprobada por RP nº 7504 de 19-11-96, con base no Documento RC nº 1996003274 emitido por Intervención; e, así mesmo, foi adxudicada a Construcciones, Obras y Viales, S.A., na cantidade de ONCE MILLÓNS NOVECENTAS SETENTA E TRES MIL DUASCENTAS VINTECINCO PESETAS (11.973.225), en virtude da citada RP e á vista do informe emitido o 13 dos correntes polo Enxeñeiro Xefe de Vías e Obras, explicando que, ante a falta de acordo amistoso nos propietarios afectados por tal obra, para determinación das súas indemnizacións, faise preciso acudir á expropiación forzosa en puridade, polo que o Pleno acorda por maioría do Grupo Popular, co voto en contra do PSOE e a abstención do BNG, o seguinte: 1.- A ratificación da RP nº 7504 de 19-11-96, que aprobaba o proxecto de "Mellora E.P. Barrantes-Cabanelas (Ribadumia)" (Remanentes da Rede Viaria Local 1996), por importe de DOCE MILLÓNS SEISCENTAS DEZASEIS MIL SEISCENTAS SETENTA E SETE PESETAS (12.616.677), en consonancia coa Orde de 7 de decembro de 1983 da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, que esixe a aprobación polo Pleno, daqueles proxectos que conleven a declaración de urxente ocupación. 2.- A fundamentación da urxencia das expropiacións derivadas da obra en cuestión, conforme ó escrito do Enxeñeiro Xefe de Vías e Obras de data 13 dos correntes, na necesidade de garanti-lo cumprimento dos prazos de execución da obra, xa adxudicada, para evita-lo grave prexuízo para o interese público provincial, que suporía a perda da subvención concedida polo Ministerio para as Administracións Públicas. ------ Folla: 115,117 13.4039.- RESOLUCIÓN DE EXPEDIENTE DE ALTERACIÓN DA CUALIFICACIÓN XURÍDICA DUN SOBRANTE DA FINCA Nº 53 AFECTADA POLA "EP VILANOVIÑA - CALDAS, 1ª FASE", RECEPCIÓN FORMAL DE TAL BEN COMO PATRIMONIAL POR ESTA CORPORACIÓN E ENAXENACIÓN DE DITA PARCELA SOBRANTE EN FAVOR DE D. JOSÉ CASTRO DIZ Sr. Presidente.- Pasamos ó punto número 13. Resolución do expediente de alteración da calificación xurídica dun sobrante da finca nº 53 afectada pola "CP Vilanoviña - Caldas, 1ª fase", recepción formal de tal ben como patrimonial por esta Corporación e enaxenación de dita parcela sobrante en favor de D. José Castro Diz. ¿Algunha intervención?. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Home, eu cando vin a orde do día do Pleno creín que soamente o punto 2 e 3 ían a ter así algunha relevancia e bueno así cuestión puntual, e para a miña sorpresa, de intervención a intervención, e de éxito en éxito, e de flor en flor, pois estamos case na unha e media, levamos case dúas horas e media de Pleno e non salo absolutamente do meu asombro, pero dígollo con toda seriedade, e o Presidente me parece que hoxe vén bastante acelerado, entón, si, vén moi acelerado, non sei se as viaxes non lle sentaron ou hai por aí, non o sei, non quero facer interpretacións porque tampouco quero entrar eu en meter máis leña ó lume porque eu teño a miña interpretación do que está pasando, pero bueno, non quero porque senón seguro que rematamos mal. Non é habitualmente, ou non era ó principio o seu estilo pois que alguén diga cousas que non se deben dicir aquí, polo menos así en frío como é a intervención dun Deputado compañeiro seu non o corte, que deixe entrar neste tipo de polémicas, e o que é máis grave, que entre vostede mesmo, é o grave para vostede, é que cando se fala moito e sobre todo así en plan acelerado pois remátanse, remátanse escapándose lapsus bastante graves. Tampou lle vou a entrar ós lapsus porque non quero entrar nesta ceremonia de confusión, porque bueno, eu non sei se estes xogos frorais, algúns poden ser moi interesantes ó final, pero me parece que pouco ten que ver co funcionamento desta casa. Eu dígollo senón tamén vamos a empezar a intervir porque cousas que dicir si temos e algunha se cadra bastante substantiva, non, pero estamos coa orde do día, vámonos a ater a ela. Neste caso concreto pois é un sobrante de parcela, expropiado, ó parecer, dixo que lle expropiaran todo, lle quedaban 480 metros cadrados que non eran necesarios, expropiáronse e segundo a Lei o do lado pode pedir que se lle mande, ou pode pedir que se lle una a súa finca, que é o que fixo este señor, e entón trátase de resolver este expediente. Xa digo, son 480 metros cadrados, a 1.000 pesetas o metro que foi o prezo de expropiación, e pagará ese señor e se quedará coa finca se é que aprobamos este punto. Nós en principio, tecnicamente, segundo a información que se nos dá é impecable, pero temos as nosas dúbidas de que non poida haber por aí, de feito sempre aparecen despois cans, así falando en prata, aparecen así líos cos que non se contaba, estamos vendo en tódolos puntos anteriores que sempre que unha estrada xa ten tódolos terreos a disposición despois non os ten, e que non sei que, entón visto esto pois non me parece que o tema, non vamos a poñernos aquí a un gran discurso por 480.000 pesetas cando na Comisión de Goberno fan vostedes proxectos, adxudican obras e demais por 20, 30, 50, 70, 200 millóns de pesetas, pois a verdade é que entrar a un trapo de discutir temas menores cando os gordos no los sisan ó Pleno. Polo tanto ante a dúbida de que puidera haber algunha cuestión que non sexa tan claro como o rigor ou a descripción que fixen antes dos feitos, vámonos abster. Nada máis. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, telegraficamente Sr. Presidente, que tampouco o punto dá para máis. En principio, bueno, corroborar no fondo a primeira intervención de Mosquera, e non vou repetir argumentos. Neste caso no tema da enaxenación da parcela esta eu vexo unha cousa que é un pouco contradictoria, porque bueno é un arranxo dunha carretera provincial que en principio é unha obra pública e que neste caso vendo o expediente a unha persoa a prexudica absolutamente, loxicamente se lle leva practicamente toda a finca e á outra se lle está revalorizando, visto o expediente e visto o debuxo e tal como é parcela, se lle está revalorizando moitisimo a súa propiedade porque bueno, aumenta con moito o frente hacia o que era unha carretera mala e agora é unha carretera xa mellorada e entón eu creo que bueno, que para evitar esto eu non sei se a Deputación incluso plantexou o facer nesa zona unha pequena área de servicio, para evitar digo eu este tipo de cuestións, porque realmente a señora que vendeu se quedou absolutamente sin nada pagándolle a 1.000 ptas. o metro, e o señor que compra sae clarisimamente favorecido porque gana moitisimos metros de frente da carretera, porque a súa finca queda xusto por detrás desta parcela sobrante. Entonces bueno, pola nosa parte aínda que legalmente desde o punto de vista da cuestión administrativa parece que se deron os casos legales pero para evitar estes agravios comparativos nos que unha obra pública prexudique tanto a unhas persoas e favoreza tanto a outras, pois o mellor é facer aí unha pequena área de descanso, pois non estaría mal. Non nos vamos opor ó punto pero bueno, a abstención xustificándoa en base a eso. Gracias. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Gracias Presidente. Bueno, eu quero aclarar por se se deixa caer dunha maneira subliminal algunha dúbida respecto a que alguén saia beneficiado ou que haxa algo secreto aí detrás, home, eu o mínimo que pido é un pouco de rigor nas exposicións porque é unha cousa tan mínima, tan miserable que non vale sequera a pena de que nos poñamos a discutir por eso, porque o que se trata é simplemente, unha señora é propietaria dun terreo que se lle expropia, ten como a maior parte, non a maior parte pero senón unha parte importante de tódalas propiedades galegas teñen unha forma irregular sobre todo se se considera o trazado dunha vía, unha vía pública no seu día construiuse como se construiu, sen ter en conta se aquela finca a collía en paralelo, en perpendicular, en diagonal ou en tal, de xeito que a esta señora, que a señora é a primeira expropiada, pois quedoulle un sobrante inservible e ela mesma, ademais que é así obrigatorio por Lei, cando lle queda un sobrante inservible tenno que incorporar á expropiación e aí eso é o que se fixo, e como consecuencia desto este sobrante inservible, que ademais non é utilizable, home, podía ser utilizable para poñer alí dúas árbores ou poñer alí unha fonte, podería servir, pero nada máis. Entón como dentro dos proxectos de Deputación non figura un dese estilo pois queda alí un sobrante como digo inservible da Deputación. Aparece un señor que se beneficia e di, a Deputación podíame vender eso, pois como a Deputación non ten proxecto ningún para alí nin pensa telo, pois aí o ten vostede devólvame o diñeiro que eu investín e acabouse. Non se vexan nin segundas intencións nin terceiras intencións nin nada de nada. Aí o normal tódalas cousas que xurden tódolos días. Presidente, creo que é suficiente e nada máis. Sr. Presidente.- Ben, eu só dúas palabras posto que tanto Mosquera como Efrén aludiron á primeira parte. Eu desde logo teño a conciencia tranquila no senso de que lle chamei simplemente demagogo a Emilio, ou sexa, non lle faltei máis ó respeto, que eu sepa. Sen embargo, un momento, non entremos no tema,si, si, é a roda, a min chamóuseme cacique, aquí publicamente; a min chamóuseme electoralista por non sei cantas cousas; e hoxe na moción chámase ó Partido Popular instrumento no se cuanto y no se que. Eu quero dicir que indudablemente non é a miña forma de ser, son acelerado porque son traballador e ando para adiante, e eso está claro, pero despois non son desa maneira de ser. Agora que quede moi claro, non me vou a calar ós ataques. Eso que quede moi claro. Polo tanto se todos mantemos unha liña eu vouna manter, indudablemente se se me ataca eu vou responder. Procedemos á votación. Número 13. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Partido Popular. Abstencións os demais. Como queira que con motivo da execución da "E.P. Vilanoviña - Caldas, 1ª fase", pertencente ó POL 1994, se levaron a cabo diversas expropiacións, entre elas a da finca nº 53, propiedade de Dona Mercedes Castro Caldas; dado que o propietario da finca nº 52, D. José Castro Diz, solicitou a posteriori, a esta Excma. Deputación Provincial, que accedera a venderlle o sobrante da finca nº 53, xa mencionada; e como queira que, en consonancia co informe emitido pola Asesoría Xurídica o 4-10-96, se incoou expediente de alteración da cualificación xurídica de tal sobrante (entón de dominio público), en virtude de acordo plenario de 29-11-96, e dado que non houbo reclamacións durante o período de exposición ó público, como sinala o oficio do Xefe de Negociado de Rexistro Xeral, de 17 dos correntes, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, o seguinte: 1.- A resolución do expediente de alteración da cualificación xurídica de tal sobrante da finca nº 53, afectada pola "E.P. Vilanoviña-Caldas, 1ª fase", declarándoa ben patrimonial. 2.- A recepción formal de tal ben, como patrimonial, por esta Excma. Corporación Provincial. 3.- A enaxenación de forma directa, da parcela sobrante citada, en favor de D. José Castro Diz, conforme á valoración técnica, a razón de 1.000 pesetas/m2, prezo igual á valoración que se levou a cabo para a expropiación. ------ Folla: 117,119 14.4040.- BASES DE AXUDA Á FLOTA ARTESANAL E DE BAIXURA Sr. Presidente.- Pasamos ó punto 14. Bases de axuda á flota artesanal e de baixura. ¿Algunha intervención?. Ten a palabra o Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Ben, brevemente, dicir que en contraposición cunhas bases comentadas con anterioridade, neste caso o grupo provincial do BNG vai manifestarse a favor. Ben, no seu momento xa, o ano pasado, se recolleran dous aspectos, dúas alegacións presentadas no seu momento e agora seguimos incidindo no apartado 4.f), se fose posible que onde fala pois da xustificación de estar dous anos enrolados que tamén se contemplase que se por motivo de enfermidade non despachou que valese o certificado desa baixa, de ILT de ISM correspondente ou a fotocopia da libreta. E asemade xa noutra orde de cousas dicir que como é durante todo o ano, e está aberto digamos o prazo, pois que se axilice neste caso o pago das subvencións porque parece ser que aínda non están pagas as do ano pasado. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Chillón. Ten a palabra D. Efrén. Sr. Juanes Rodríguez.- Moi rápido Sr. Presidente. Eu son dun pobo que bueno, que ten unha parte, que é a zona de Panxón que hai moitos mariñeiros de flota artesanal e de baixura e vexo na precaridade en que realmente están e bueno, entón non sei, a miña conciencia incluso non me permitiría votar en contra destes moi poucos cartos que son 20 millóns, pero bueno, vamos a votar a favor dada a precariedade que sufre tanto a flota artesanal como a de baixura. Pero aquí tamén votamos en falta un pouco a falta de xestión política, antes falábamos de competencias dunhas administracións, competencias doutras, eu creo que non é competencia da Deputación aínda que nós apoiemos, estas bases non é competencia da Deputación este tipo de axudas. E o que si solicitamos é que haxa xestión política no equipo de goberno desta casa. E o que solicitamos é que se firmara, que se firme, polo menos o próximo ano un convenio, creo que non só Emilio senón tódolos compañeiros do Grupo Socialista sempre estivemos a favor de firmar convenios coa Xunta de Galicia, que serán convenios que se estudiarán e se verán se son bos ou malos, pero en principio como filosofía está ben que firmemos convenios coa Xunta de Galicia. Este é un caso deles que se podería sacar moito máis lucro, incluso non só para arranxos de embarcacións, incluso para cambio, para compra de novas embarcacións que hai algunhas que están nun estado lamentable. Gracias. Sr. Presidente.- Ten a palabra. Sr. González Pereira.- Gracias Sr. Presidente. Ó Sr. Chillón lle quería explicar que se hai xente que aínda non cobrou a axuda e por falta da documentación que non aportou no seu momento. Todos os que aportaron a súa documentación teñen todo xa transferido ou está en período de transferencia, pero foi de retraso por parte dalgunhas persoas ou da mesma confraría que non lle facilitou o labor dos papeis ou de descoñecemento por parte deles. Por parte da Deputación non se incumpriu ningún prazo nin nada, ó contrario tódolos que aportaron os papeis no seu momento practicamente cobraron case todos excepto algúns que teñan pendente algo dalgunha multa, algo da Xunta de Galicia que tiñamos que cumprir porque era o convenio que tiñamos así. Tiñan que estar todos ó corrente da normativa que tiña a Xunta de Galicia. Referente ó que di D. Efrén, a Xunta de Galicia non contempla os barcos menores de sete metros. Entón este ano precisamente nós collemos ata os 7 metros e antes era a partir de cinco metros e agora é ata 7 metros. Quere dicir que esas dornas pequenas, lanchas pequenas, que non cubrían os cinco metros, as recollemos todas. As axudas foron ó 100% das peticións, este ano nos aumentou en cinco millóns, esperemos que chegue. Tódolos que viñeron solicitando a todo o mundo se lle apoiou e non quedou nadie fóra do convenio. Creo que se pode mellorar, que hai aportacións, veremos para o ano se as peticións chegan ós 20 millóns. As peticións que chegaron foron estas, non quedou nadie fóra. Veremos que ó mellor que podamos chegar a contemplar todos, segundo as peticións que haxa, pero ata agora cumpriuse todo ó 100%. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias D. Lino. Procedemos á votación polo tanto. Sr. Chillón Iglesias.- O único, dicir, que xa no pasado ano xa se fixo ese mesmo enfoque que é que se pide xustificación de estar enrolado nos dous últimos anos, e é que se teña en conta pois que se por baixa médica non puido estivo enrolado, que se contemple cunha fotocopia, pois no período de baixa. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Chillón. Procedemos á votación do nº 14. Bases de axuda á flota artesanal e de baixura. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Unanimidade. Visto o dictame da Comisión Informativa de Agricultura, Gandería, Montes e Industria e o informe de intervención, onde se dispón dun crédito inicial de VINTE MILLÓNS DE PESETAS (20.000.000), segundo RC nº 1997.7003261, con cargo á partida 711.711.789.03, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-las Bases de axudas económicas á flota artesanal e de baixura, seguintes: PRIMEIRA. Obxecto: Subvención de inversións realizadas para a construcción ou mellora de embarcacións con eslora ata 7metros entre perpendiculares (Epp), dedicadas á pesca artesanal e de baixura, con base nos portos da provincia de Pontevedra. Neste programa outorgaranse axudas económicas cun crédito inicial de VINTE MILLÓNS DE PESETAS (20.000.000), con cargo á partida presupostaria 97/711-711-789.03, quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente desta Excma. Deputación para a súa concesión, dando conta das mesmas na Comisión Informativa correspondente. SEGUNDA. Tipos de inversións que poderán acceder a unha axuda: 2.1.- Poderase subvenciona-la construcción de embarcacións de pesca con eslora de ata 7 metros entre perpendiculares (Epp), así como a realización de obras de transformación e modernización, e equipamento que supoñan unha evidente mellora tecnolóxica. 2.2.- As axudas económicas poderán acadar como máximo ata o 50% das inversións para as que se solicitan. TERCEIRA. Beneficiarios. 3.1.- Poderán solicita-las axudas os mariñeiros profesionais, e persoas xurídicas, con domicilio social e fiscal na provincia de Pontevedra, que acrediten a titularidade da embarcación para a que se solicita a axuda. 3.2.- Se se trata de equipamento ou mellora de embarcacións, estas deberán estar inscritas no censo correspondente, o que se xustificará documentalmente. 3.3.- As axudas corresponderán a inversións realizadas no presente exercicio económico de 1997. 3.4.- O límite máximo das inversións sobre as que se aplicarán as axudas será DUN MILLÓN CINCOCENTAS MIL PESETAS (1.500.000). 3.5.- Os beneficiarios de axuda, non poderán transferi-la propiedade das embarcacións nun prazo de cinco anos, agás autorización expresa desta Deputación. CUARTA. Presentación de solicitudes. 4.1.- As solicitudes de axudas virán acompañadas da seguinte documentación: A) Presuposto da inversión. B) Informe favorable expedido pola Confraría de Pescadores ou Organización Profesional á que pertenzan no que se faga constar: (1) a súa profesionalidade, (2) que reune os requisitos necesarios en canto a certificados e titulacións, e (3) que a embarcación se atopa incluída no último censo realizado pola Administración Autonómica. C) Autorización de construcción, ou xustificante de tela en trámite, para o caso de novas construccións, ou de transformación se é este o obxecto da axuda solicitada. D) Declaración xurada das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. E) Fotocopia compulsada do DNI. F) Certificado da Autoridade de Mariña de despacho da embarcación durante os dous (2) últimos anos, así como de enrolamento do solicitante durante o mesmo período. G) Declaración de compromiso de non transferi-la propiedade da embarcación, nin de presentala como baixa para acceder a unha nova construcción, nun prazo de cinco anos, caso de resultar beneficiario destas axudas. H) Fotocopias compulsadas da Folla de Asento e Folla de Características do Rol. I) Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación. No Rexistro da Excma. Deputación poderán retirarse modelos de solicitude, declaración xurada de axudas económicas e non transferencia da embarcación. QUINTA. Valoración do proxecto. 5.1.- Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes. 5.2.- Aprobadas as axudas, previos os informes favorables da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación da inversión. 5.3.- Estas axudas serán incompatibles con outras que cos mesmos obxectivos estableza a Administración. SEXTA. Prazo de presentación. 6.1.- Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presenta-las solicitudes correspondentes. ------ Folla: 120,121 15.4041.- BASES DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA CULTIVOS BAIXO ABRIGO Sr. Presidente.- Punto 15. Bases de axudas económicas para cultivos baixo abrigo. ¿Algunha intervención?. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Unanimidade. Visto o dictame da Comisión Informativa de Agricultura, Gandería, Montes e Industria e o informe de Intervención, onde se dispón dun crédito inicial de DEZ MILLÓNS DE PESETAS (10.000.000), segundo RC nº 1997.703.785, con cargo á partida 711.711.789.00, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-las Bases de axudas económicas para cultivos baixo abrigo seguintes: PRIMEIRA.- Neste programa outorgaranse axudas económicas partindo dun crédito inicial de 10.000.000 de pesetas, para o exercicio de 1997, da partida 711.711.789.00, quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente da Deputación para a concesión das mesmas, dando conta á Comisión Informativa correspondente. SEGUNDA.- As axudas destinaranse a: - Compra de materiais para construcción de invernadoiros, que permitan amplia-la superficie cuberta das explotacións familiares. - Reposición de plásticos da cuberta de invernadoiros. - Reposición de plásticos para acolchado en invernadoiros. TERCEIRA.- As instancias solicitando a axuda (sen necesidade de utilizar un impreso predeterminado a tal fin), deberán reflexa-los seguintes datos: 1) Nome do solicitante. 2) Dirección e teléfono. 3) Croquis de situación dos invernadoiros. 4) Se pertence a Cooperativa, SAT, Organización de Productores ou a título persoal. 5) Fotocopia do DNI. 6) Declaración xurada que non solicitaron ou percibiron para a mesma inversión ou gasto, axuda doutros organismos oficiais. 7) Presuposto dos materiais a utilizar. CUARTA.- Serán axudados economicamente os custes dos materiais empregados para a construcción de invernadoiros, tendo presente que a explotación familiar debe de dispoñer dunha superficie cuberta non inferior a 500 m2, e que a data de construcción ou instalación sexa posterior á data de solicitude presentada á Deputación. QUINTA.- Fíxase como axuda económica máxima ata o 50% do custe dos materiais a empregar na construcción do invernadoiro. Establecéndose como prezo máximo subvencionable do metro cadrado de invernadoiro construído de 1.500 pesetas/m2. En relación á reposición de plásticos e acolchado a axuda máxima será ata o 50% do custe dos plásticos. Establecendo como prezos máximos subvencionables os seguintes: -90 ptas/m2 de plástico ou kgr. de plástico de dúas campañas 450 ptas/m2 -100 ptas/m2 de plástico ou kgr. de plástico de catro campañas 500 ptas/m2 -60 ptas/m2 de plástico ou kgr. de plástico para acolchado 450 ptas/m2 SEXTA.- O pagamento da axuda económica efectuarase unha vez rematada a construcción e instalación do invernadoiro, ou a reposición dos plásticos, mediante escrito do solicitante ó Servicio Agrario, onde adxuntará facturas ou duplicados das mesmas compulsadas, correspondentes ós materiais adquiridos. Número de conta e entidade bancaria, con sinatura recoñecida para efectua-los ingresos da axuda concedida. Informe dun Técnico deste Servicio Agrario, no que conste que as construccións e instalacións se levaron a cabo de acordo co expediente de axuda concedido. SÉTIMA.- Atenderanse preferentemente: 1.- Solicitantes que introduzan innovacións ás técnicas de cultivos (agricultura biolóxica), ou se inicien nas mesmas. 2.- Os que pertenzan a unha agrupación de productores e comercialicen os seus productos. 3.- Posúan capacidade profesional suficiente. 4.- Que estean inscritos nalgunha asociación de agricultura ecolóxica. OITAVA.- Polo Servicio Agrario, enviarase á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, relación de beneficiarios e contía da axuda concedida. NOVENA.- Os beneficiarios comprométense como contraprestación da axuda recibida a prestar unha íntima colaboración co Servicio Agrario desta Excma. Deputación a través da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, mediante: 1.- Remisión de mostras de calquera enfermidade ou praga que afecte ós seus cultivos á Estación de Fitopatoloxía de Areeiro con obxecto de que pola mesma se determinen as causas do dano e tratamento a seguir efectuando o pagamento de ditas determinacións, coas axudas que destine a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes a este fin. 2.- Autorización da presencia de Técnicos desta Excma. Deputación para o seguimento do programa. DÉCIMA.- A documentación xustificativa a que fai referencia a BASE SEXTA, presentarase como data límite antes do 20 de decembro de 1997. UNDÉCIMA.- Concédese un prazo de 30 días a partir da publicación destas BASES no Boletín Oficial da Provincia, para presenta-las solicitudes correspondentes, que deberán dirixirse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e acompañando a documentación indicada nas Bases. ------ Folla: 121,123 16.4042.- BASES DE AXUDAS ECONÓMICAS ÓS CONCELLOS PARA CONSTRUCCIÓN E ADECUACIÓN DE MERCADOS DE ABASTOS Sr. Presidente.- Punto 16. Bases de axudas económicas ós Concellos para construcción e adecuación de Mercados de Abastos. ¿Algunha intervención?. Procedemos á votación. ¿En contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Unanimidade. Visto o dictame da Comisión Informativa de Agricultura, Gandería, Montes e Industria e o informe de Intervención, onde se dispón dun crédito inicial de VINTE MILLÓNS DE PESETAS (20.000.000), segundo RC nº 1997.7003554, con cargo á partida 711.711.762.84, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-las Bases de axudas económicas ós Concellos para construcción e adecuación de Mercados de Abastos, seguintes: PRIMEIRA: Neste programa outórganse axudas económicas ata un crédito inicial de VINTE MILLÓNS DE PESETAS (20.000.000), para o presente exercicio 1997 e con cargo á partida 711.711.762.84. SEGUNDA: As axudas económicas a conceder nunca serán superiores ó 50% do custe das obras e a súa concesión farase de acordo coas Bases de Execución do Presuposto de 1997, quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente desta Deputación para a súa concesión, dando conta das mesmas á Comisión Informativa correspondente. TERCEIRA: As instancias serán dirixidas ó Presidente da Excma. Deputación, e irán acompañadas da documentación seguinte: a) Proxecto (de non ser necesario, memoria, planos e presuposto especificando unidades de obra). b) Informe do Sr. Alcalde no que conste se obtivo ou solicitou axudas para as mesmas obras ou instalacións a outras Administracións Públicas e contía en relación co presuposto total. c) Copia certificado, con acordo do órgano competente do Concello, polo que se determina a obra e solicitude de subvención para a súa realización. CUARTA: As subvencións suxeitas á presente convocatoria, poderán solicitarse dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e durante trinta (30) días naturais. QUINTA: Unha vez concedida a axuda o pagamento da mesma efectuarase previa acreditación de estar ó corrente nas obrigas con esta Deputación e previa xustificación da inversión. SEXTA: A xustificación da execución das obras, que se acompaña a estas bases de axudas ós municipios, realizarase previa a presentación dos seguintes documentos: 1.- Certificación da obra debidamente dilixenciada. 2.- Acordo da aprobación da mesma. 3.- Acordo da adxudicación e contrato, se se trata da primeira certificación. 4.- Acta de recepción provisoria debidamente cumprimentada se se trata da última certificación. 5.- Informe dos técnicos provinciais correspondentes ó obxecto de comproba-la realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no proxecto. No caso de que as obras foran realizadas por administración: 1.- Na certificación da obra expresarase o número de unidades de obra, o seu valor unitario, con prezos desglosados das mesmas. 2.- O número de xornais de persoal laboral e prezo unitario. 3.- A certificación será asinada polo técnico municipal encargado da obra. 4.- Na primeira certificación figurará acordo de que a obra se realizará por administración. 5.- Na última certificación esixirase informe dos técnicos da Deputación Provincial acreditando a realidade da inversión e que a obra realizada se axusta ó proxecto. 6.- Custe do persoal: - Copia certificada das nóminas do persoal laboral empregado nas obras. - Certificado do técnico director acreditativo de que o persoal que se cita no apartado anterior foi empregado en dita obra. - Copia certificada dos TC-1 e TC-2 do persoal laboral empregado nas obras. 7.- Subministros e servicios: - A participación dos subministros e servicios que sexan necesarios para a execución das obras farase mediante factura orixinal ou duplicado cos requisitos que lle dean validez. - Cando se contrate parte das obras, esixirase na factura ou certificación o recibido e conforme do técnico municipal encargado da obra e que o material foi empregado en dita obra. SÉTIMA: A documentación a que se refire a Base anterior debe reflexa-la realidade da obra executada, sendo imprescindible que a obra executada sexa a subvencionada. Se por calquera circunstancia o valor da obra executada resulta inferior ó importe solicitado, a subvención da Excma. Deputación, experimentará a reducción porcentual correspondente. OITAVA: As obras que se acollan a estas axudas deben estar terminadas e xustificadas antes do 20 de decembro do ano 1997. No caso de que non estiveran realizadas, deberá pedirse a prórroga correspondente, adxuntando as causas do retraso, quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente para a concesión da prórroga. NOVENA: O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativas aplicables, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e a devolución no seu caso das cantidades percibidas en concepto de axuda económica. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei 30/92. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. ------ Folla: 123,124 17.4043.- BASES DE AXUDA Ó ESTABLECEMENTO DE PEQUENOS REGADÍOS E MELLORA DOS EXISTENTES, RENOVACIÓN OU MELLORA DE INSTALACIÓNS DE REGO NOS CULTIVOS BAIXO CUBERTA PARA O ANO 1997 Sr. Presidente.- Punto 17. Bases de axuda ó establecemento de pequenos regadíos e mellora dos existentes, renovación ou mellora de instalacións de rego nos cultivos baixo cuberta para o ano 1997. ¿Algunha intervención?. Procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Unanimidade. Visto o dictame da Comisión Informativa de Agricultura, Gandería, Montes e Industria e o informe de Intervención, onde se dispón dun crédito inicial de QUINCE MILLÓNS DE PESETAS (15.000.000), segundo RC nº 1997.7003554, con cargo á partida 711.711.789.00, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-las Bases de axuda ó establecemento de pequenos regadíos e mellora dos existentes, renovación ou mellora de instalacións de rego nos cultivos baixo cuberta para o ano 1997, seguintes: PRIMEIRA.- Neste programa outorgaranse axudas económicas con cargo á partida 711.711.789.00 por un importe inicial de QUINCE MILLÓNS DE PESETAS (15.000.000), quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente desta Excma. Deputación para a concesión, dando conta á Comisión correspondente. SEGUNDA.- As instancias de solicitude serán facilitadas ós interesados nos concellos respectivos e no Servicio Agrario da Deputación Provincial. As instancias deberán dirixirse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación adxuntando a documentación seguinte: 1.- Memoria. 2.- Croquis acotado das obras a realizar e situación das mesmas. 3.- Presupostos dos materiais a empregar. 4.- Presuposto total das obras e unidades das mesmas. 5.- Fotocopia do prorrateo de auga de existi-lo mesmo. 6.- Acordo dos beneficiarios do regadío, para realiza-las obras. 7.- Declaración xurada de que non solicitaron ou percibiron para a mesma inversión, axuda doutros organismos oficiais. TERCEIRA.- As solicitudes para zonas de montaña, interior e Miño que non obteñan axudas económicas das establecidas no Real Decreto 204/1996, de 6 de febreiro de 1996, encadrados na liña de axuda inversións colectivas. Poderán acollerse ás axudas que se contemplan nas presentes Bases. No caso de dispor de axudas, a contía máxima da subvención económica do establecido polo MAP e a Excma. Deputación non poderá pasar do fixado no Real Decreto mencionado. CUARTA.- Unha vez estudiadas as solicitudes polo Servicio Agrario e de acordo co establecido na BASE PRIMEIRA, comunicarase ós interesados a resolución recaída. QUINTA.- O pagamento da axuda económica realizarase unha vez rematada a obra do regadío e das instalacións, mediante un escrito do solicitante que dirixirá ó Servicio Agrario, comunicando o remate das mesmas, así como facturas orixinais ou fotocopia compulsada na Excma. Deputación, número de conta e entidade bancaria, con sinatura recoñecida para efectua-los ingresos, a dita documentación adxuntarase informe dun técnico do Servicio Agrario no que conste que as obras e as instalacións se levaron a cabo de acordo co expediente de axuda concedida. SEXTA.- A documentación xustificativa a que fai referencia o punto anterior presentarase antes do 20 de decembro de 1997. SÉTIMA.- Cando o presuposto da obra e das instalacións a realizar fose superior a 1.000.000 de pesetas, a Presidencia poderá autorizar e dispoñe-lo pagamento fraccionado tal e como se establece na BASE QUINTA. OITAVA.- O importe das axudas acadará como máximo o 50% do presuposto total das obras. NOVENA.- Estímanse como criterios de selección das peticións para a concesión das axudas destinadas ó establecemento de pequenos regadíos e a mellora dos existentes, os seguintes: a) Terán prioridade para ditas axudas as que se solicitan para zonas non incluídas en zona de montaña, interior e Miño, dándolles un mapa de ditas zonas e unha relación dos concellos incluídos nas mesmas. b) O número de veciños ós que lles afecten as obras que se pretenden facer e o grado de desenvolvemento da comarca. c) O importe das obras. d) A superficie a regar. e) O interese económico e social dos cultivos. f) Remate do regadío, de estar executándose por fases e se se realizou algunha delas. DÉCIMA.- Os beneficiarios comprométense, como contraprestación da axuda recibida, a prestar unha estreita colaboración co Servicio Agrario desta Deputación durante a realización das obras. Ó mesmo tempo faranse responsables da conservación das mesmas. DÉCIMOPRIMEIRA.- Concédese un prazo de 30 días hábiles a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da provincia, para presenta-las solicitudes correspondentes. DÉCIMOSEGUNDA.- No caso de que cando se peche o prazo de presentación de solicitudes lle falte ó solicitante parte da documentación, concédense 10 días de prazo máis para completa-la mesma, transcorrido este prazo as solicitudes incompletas daranse de baixa. DÉCIMOTERCEIRA.- Se por causas de forza maior as obras de pequenos regadíos e mellora dos existentes iniciadas non puidesen rematar dentro do ano, o solicitante deberá pedir por escrito a prórroga oportuna para acaba-las mesmas, que non deberán pasar do mes de setembro do próximo ano. As melloras de rego e instalacións de cultivos baixo abrigo deberán de acabarse nun ano. RECLAMACIÓNS.- Dentro dos oito días seguintes á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, poderán interpoñerse reclamacións contra as Bases. ------ Folla: 124,125 18.4044.- ACORDO DA XUNTA ELECTORAL CENTRAL EN RELACIÓN CO NOMEAMENTO DA COMISIÓN XESTORA DO NOVO CONCELLO DA ILLA DE AROUSA Sr. Presidente.- Punto 18. Acordo da Xunta Electoral Central en relación co nomeamento da Comisión Xestora do novo Concello da Illa de Arousa. ¿Algunha intervención?. ¿Non hai intervencións?. Bueno, sencillamente entón explica-lo procedemento que se seguiu nesta casa á hora de nomea-los representantes da Xunta Xestora que tanto a Deputación coma a Consellería de Xustiza aplicamos a Lei Electoral D´Hont, creemos que ó pé da letra. Indudablemente incluso no exemplo que trae a Lei D´Hont non traía os decimais, non trae nin decimais, polo tanto nós tampouco os fixemos, pensamos que non había que aproximar en decimais. Curiosamente e legalmente a Xunta Electoral Central díxonos que había que aplicar decimais. Entón por esa razón Arousa Unida por dez centésimas, perde un representante na Xunta Xestora e gana o Partido Popular. Entón, bueno, esta Presidencia púxose nun escrito que supoño que estaba no expediente dicindo cal fora o procedemento, cal era esta situación e entón que debía facer esta Deputación. Díxonos que efectivamente a través do Pleno pois se corrixira o acto que tomáramos previamente e polo tanto pois por eso se trae ó Pleno. Sencillamente para que teñan coñecemento do que pasou e ó mesmo tempo pois agora o Vicesecretario nos dirá as persoas que deixan de ser de Arousa Unida un representante da Xunta Xestora e pasa o terceiro da lista do Partido Popular no lugar do primeiro. Sr. Secretario.- De conformidad con las propuestas que se pidieron en su momento a los efectos de nombrar, la Comisión Gestora, deja de ser el noveno vocal de Arousa Unida, D. José Ricardo Dios Patón y se designa miembro de la Comisión Gestora de la Illa de Arousa por el Partido Popular D. Francisco Martín Santiago Fernández de conformidad con la lista, que entregaron por Registro las distintas candidaturas. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sométese a votación. Intervencións non hai. Sométese entón a votación. ¿Votos en contra?. BNG. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. Partido Socialista e Partido Popular. Á vista do acordo adoptado pola Xunta Electoral Central, en sesión celebrada o día 29 do pasado mes de xaneiro e posterior resolución, no sentido de que a Comisión Xestora do novo Concello da Illa de Arousa debe compoñerse por 8 membros da candidatura de Arousa Unida e 3 do Partido Popular, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e o voto en contra do BNG, rectifica-lo acordo adoptado polo Pleno da Corporación celebrado o 27 de decembro de 1996, no sentido de deixar sen efecto a designación do noveno vocal da candidatura de Arousa Unida, D. José Ricardo Dios Patón, como membro da Comisión Xestora do Concello da Illa de Arousa, e designar a D. Francisco Martín Santiago Fernández como terceiro vocal en representación da candidatura do Partido Popular, de conformidade coa proposta de vocais presentada no seu día. Dar traslado do presente acordo ós interesados así como ós Concellos da Illa de Arousa e Vilanova de Arousa e ás Xuntas Electorais de Pontevedra e Central. ------ Folla: 125,129 19.4045.- ADECUACIÓN DO III ACORDO REGULADOR - CONVENIO COLECTIVO PARA FUNCIONARIOS E PERSOAL LABORAL, A SENTENCIA DICTADA POLA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA Sr. Presidente.- Punto 19. Adecuación do III Acordo Regulador-Convenio Colectivo para funcionarios e persoal laboral, a sentencia dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. ¿Algunha intervención?. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- O outro día a min non me quedou claro na Comisión se temos que votar algo ou non. Xa, pero se é cumprimento dunha sentencia. Bueno, temos que votar, ben. A min o que me, cando fora xa este convenio pois foi feito como foi feito e tivemos incluso que aguanta-los grupos da oposición, acórdome que o Pleno fora na Sala de Comisións, pois en fin, unha situación francamente incómoda, porque fora negociado como fora negociado, sen ningunha participación da oposición nin coñecemento e o que máis, sen que os técnicos desta casa informaran como sería preceptivo dado que tiña unhas consecuencias xurídicas e económicas, ben porque non se lles pediu, ben porque se deixou á parte, etc., vamos, foi unha solución bastante chapuceira e en concreto tamén o fora o anterior, tamén fora o segundo. Así un tipo de política que non creo que sexa cuestión agora de volver a lembrar e que non é nada serio. Con respecto, non creo que sexa cuestión de analiza-los puntos en concreto da, claro, evidentemente non tiña sentido por exemplo o horario e así o dixemos no seu momento e o dicimos agora, porque por esta vía poderíamos chegar ás doce horas ou ás sete, depende a debilidade dos traxíns que fixeron negocio ou na negociación da Corporación de turno. Bueno, eso era evidente daquela, bueno agora hai unha sentencia que non creo que siga un procedemento moi bo. E con respecto á adecuación que hai que facer agora con respecto á sentencia. Home, obligarnos a votar esto agora cando non participamos no Convenio nin participamos no recurso nin nada de eso, a verdade é que para nós volve a ser unha situación bastante dura. É dicir, se é unha decisión legal pois é unha decisión legal, acatémola e punto. Se non hai cousas da solución que se lle dá coas que nós estamos de acordo e outras cousas, que bueno, que habería que miralas porque é unha cuestión xurídica bastante, bastante, bastante latosa, non é soamente o horario, son moitisimas máis cousas, a verdade é que se nos mete nunha situación bastante difícil máxime cando reitero nin o acordo foi o noso acordo, nin contou co noso apoio, nin digamos o recurso foi o noso recurso nin contou co noso apoio, nin a sentencia evidentemente, a sentencia é dos xuices. Entón como é un cumprimento dunha sentencia pois mire vamos a deixar, é dicir, a postura nesta situación máis lóxica era dar conta, que nos enteraramos e cumplila. Ter que votar esto eu non lle acabo de topar demasiado sentido, pero bueno, segundo como vaia pois veremos o tal. E con respecto, xa fóra desto, eu o próximo Pleno cae en venres santo, digo eu que ... se nos pon unha orde do día coma este no que non hai nada que decidir senón que son todos temas de rebote e moi pequeniños, como cilicios iría de maravilla. Un Pleno deste tipo sobre todo enfocado como foi enfocado hoxe sería, vamos, unha penitencia perfecta, supoño que hoxe non nos meterá esa penitencia e haberá que mirar que día se pon. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra D. Baltasar. Sr. García García.- Bueno, aquí los seguidores de Pirro, creo que Pirro era el que sus seguidores eran los demagogos, pero bueno, vamos a ver, yo creo que aquí hay una cuestión muy clara, o sea, en su momento los socialistas se opusieron y al final se abstuvieron en este convenio. Era un convenio que claramente tenía algunos aspectos que no estaban en el marco de la Lei, pero además eran muy claros, yo creo que el horario y otra serie de cosas, no estaba en el marco de la Lei, se firmó en su momento y los socialistas que se abstuvieron y que pensaban en su momento también quizá votarlo en contra por determinadas cosas quedaron como los malos de la película en aquel momento. Parecía que estaba en contra de los trabajadores, parecía que su posición era poco solidaria con los que se suponían eran sus compañeros ideológicos, pero la realidad es que los socialistas estaban siendo coherentes con una cosa, con lo que marca la Lei que es el horario de 37 horas y media y siendo coherentes con el resto de los trabajadores. También con el hecho en si de que los funcionarios no tienen posibilidades, la Lei no les permite hacer horas extraordinarias y en aquel momento se les acusó bastante por todos los trabajadores de que no habían sido solidarios con ellos pero la realidad es que hoy un juez, el poder judicial ha venido a poner las cosas en su sitio, ha venido a decir esto es lo que marca la Lei, estas son bases en la Lei y esto no se mueve. Y aquella situación de no saber negociar por parte de la Diputación, de ser demagogos ante la sociedad eso si era un ejemplo de demagogia clara, de querer quedar bien, no, no, no me refiero a usted en este momento, pero el hecho en si de querer quedar bien con los trabajadores, plegarse a todas las condiciones que los trabajadores plantearon conduce a que hoy tiene un duro golpe la negociación colectiva de los funcionarios. Una sentencia de esta categoría asienta un precepto que de alguna forma al resto de los funcionarios públicos, al conjunto de los funcionarios públicos les va perjudicar desde el punto de vista de la negociación colectiva. La posibilidad de no ir negociando cosas les va a afectar seriamente. Después en cuanto a la sentencia tiene aspectos que yo creo que son de carácter de forma, lo que es la aplicación del sistema retributivo en los cuales ahí no hay más que estar de acuerdo con lo que es puramente la Lei. Esto es, complemento específico hay unos conceptos por los cuales se aplica y no se aplica por otro. Por lo tanto es correcto el hecho en si de que se considere que los trabajadores no van a perder economicamente por la aplicación sino que se les va a incluir en el conjunto del complemento específico, nos parece correcto y no queremos entrar en eso en este momento. Pero hay una cuestión que si nos gustaría que se aclarara, porque me parece que hay cierta confusión en esta sentencia, hay una, esta es una sentencia contra los funcionarios, esta sentencia afecta fundamentalmente a los funcionarios, pero no afecta para nada al personal laboral. El personal laboral de esta casa seguirá teniendo el convenio en su totalidad y mirando lo que era el ámbito de la Ley, me molesté en mirar un poquito el ámbito de la Ley, y el ámbito de la Ley claramente sitúa al personal laboral también como firmante de este convenio, como sectores que le afecta. Por lo tanto en esta casa existe en este momento personal que tendrá que hacer 37 horas y media y personal laboral que tendrá que hacer 35 horas. Ese es un hecho. O sino lo podrá sacar mediante Magistratura de Trabajo porque el personal laboral si tiene derecho a negociación colectiva cosa que no se le reconoce a los funcionarios. De todas formas lo que si hay que tomar nota, tomar nota de una cosa, de que hay aspectos cuando se negocia que deben de mantenerse con cierto criterio, aspectos que son legales, para todos, que afectan a todas las administraciones, porque observo que muchos Ayuntamientos y la Diputación, que de alguna forma es un Ayuntamiento, un conjunto de muchos Ayuntamientos de la provincia, tenía que ir marcando de alguna forma lo que es espacios de negociación y espacios de no negociación. Y hoy en los Ayuntamientos le va afectar también esta sentencia, sobre todo en el aspecto del horario, tienen firmados convenios hasta de 30 horas. Hoy hay muchos Ayuntamientos que tienen firmados convenios en el cuál son 30 horas, que por lo tanto es una cuestión que no es asumible, entre otras cosas porque es insolidaria con el resto de los trabajadores que tienen que ir a 40 horas, como mínimo, pero también con el resto de los funcionarios que tendrían que hacer 37 horas y media que es lo que le marca la Ley. Fundamentalmente además también ... que va a afectar al personal transferido, al personal transferido, al de los Hospitales les va a afectar claramente aunque lógicamente tendrían que haber ido a una negociación colectiva, a una negociación con el SERGAS que ha sido el Organismo fundamental de tal. Y, bueno, yo lo que quería manifestar también es que en algunos aspectos no estamos de acuerdo en lo que se nos propone ahí del sistema de horario de las horas extraordinarias. Las horas extraordinarias deberían desaparecer y si existe una cuestión exclusivamente de carácter excepcional, como una catástrofe o tal, habría algún mecanismo para recogerlo, pero a la hora de extraordinarias en un momento que hai tanto paro en la sociedad no debería ser recogido en el convenio y ser suprimido. El Grupo Socialista en su momento se abstuvo, no participó en el conjunto del convenio, y va a seguir manteniendo la abstención, aunque encuentra aspectos que aclaran la situación sobre el convenio, aunque reconoce que desde el punto de vista jurídico sienta un precedente muy serio para la negociación colectiva de los funcionarios públicos. Y nada más. Sr. Presidente.- Gracias D. Baltasar. Procedemos polo tanto á súa votación posto que así polos técnicos da casa se nos propuxo. Houbo dúbidas, entendemos que sería dar conta simplemente e executala, pero os técnicos da casa dixeron que había que sometela á votación e neste caso pois sometemos a votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Queda enterado o Pleno da sentencia dictada pola Sala do Contencioso - Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 22 de xaneiro de 1997, pola que se estima, en parte, o recurso interposto pola Avogacía do Estado contra o acordo adoptado polo Pleno da Corporación Provincial, en sesión celebrada o 25 de setembro de 1992, polo que se aprobou o III Acordo Regulador Convenio Colectivo para funcionarios e persoal laboral da Deputación, acordando por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, a súa execución e quedando redactados os artigos do convenio afectados da seguinte forma para a súa adecuación á sentencia: Art. 9 .- Xornada laboral. 9.1.- A xornada laboral común será de 37 horas e media semanais de traballo efectivo, de conformidade co previsto no art. 94 da Lei de Bases de Réxime Local que remite a súa regulación ó disposto legalmente para funcionarios de Administración Civil do Estado. 9.2.- O horario laboral establecido con carácter xeral será de luns a venres de 07,45 a 15,15 horas. (O resto do artigo mantense igual). 9.3.- ... Sen prexuízo de acordo no sentido contrario, os turnos diurnos terán a duración de sete horas e media, e os nocturnos de dez horas. Art. 12.- Vacacións anuais. 12.1.- As vacacións anuais, terán unha duración dun mes natural, disfrutaranse con carácter xeral, preferentemente, entre os meses de xuño a setembro, ámbolos dous inclusive, salvo que polos traballadores se solicite expresamente disfrutalas fóra deste período, quedando sometido o seu disfrute, no seu caso, ás necesidades do servicio así como á cobertura do seu posto de traballo. As vacacións disfrutaranse en meses naturais completos, ou ben desde os días 16 a 15 de meses sucesivos, podendo, así mesmo, fraccionarse en dous períodos de quince días, sempre que a natureza do servicio o permita. Suprímese o punto dous deste artigo. O resto do articulado mantense igual. Art. 37.- Conceptos retributivos. 1º.- Os conceptos retributivos de tódolos funcionarios da Deputación provincial recolleranse e conceptuaranse en nómina a teor do seguinte esquema: RETRIBUCIÓNS BÁSICAS - Soldo - Trienios - Pagas extraordinarias RETRIBUCIÓNS COMPLEMENTARIAS - Complemento de destino - Complemento específico - Complemento de productividade - Gratificacións CONCEPTOS INDEMNIZATORIOS - Dietas - Gastos de desprazamentos - Asistencias 2º.- O concepto retributivo complemento específico desglosarase nos seguintes conceptos xurídicos indeterminados: - Responsabilidade - Dedicación - Incompatibilidade - Toxicidade - Penosidade - Perigosidade - Especial dificultade técnica Art. 40.a.- Traballo fóra da xornada laboral. 1º.- Os traballos fóra da xornada laboral realizaranse, de producirse acontecementos imprevistos ou algunhas circunstancias de carácter excepcional. 2º.- A realización destes traballos suxeitarase ás seguines regras: Enténdese que a iniciativa corresponde ó responsable do Centro Xestor afectado, coa debida autorización da Presidencia da Corporación, e a libre aceptación ou denegación ó traballador, a excepción daqueles casos, que por considerarse urxentes necesidades do servicio ou catástrofes estará obrigado a realizar. Se o persoal afectado se considera prexudicado ante posibles valoracións de urxencia por parte de quen ordee a realización das mesmas, poderá instar perante a Xunta de Persoal ou Comité de Empresa que iniciará as accións oportunas. 3º.- As gratificacións que remuneren estes traballos non serán en ningún caso fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo. Aboaranse de conformidade coas valoracións preestablecidas, e, no seu caso, poderanse compensar. 4º.- As gratificacións fixaranse de acordo coa contía establecida nas bases de aplicación das retribucións do presuposto provincial de cada exercicio. Os traballos realizados entre as 22 e 8 horas incrementarán a súa contía nun 50% sobre o seu valor correspondente. 5º.- Os servicios prestados fóra da xornada normal, en domingos e festivos incrementarán a súa contía nun 50% sobre o seu valor correspondente. Art. 42.- Remuneración especial días 25 decembro e 1 de xaneiro. Suprímese este artigo. Art. 45.- Os dereitos e garantías sindicais. O apartado D, d) queda redactado da seguinte forma: d) Ser oídos os órganos de representación nos expedientes disciplinarios a que poideran ser sometidos, durante o tempo do seu mandato e durante un ano inmediatamente posterior, sen prexuízo, da audiencia ó interesado regulado no procedemento sancionador. Art. 49.- Dereito de reunión. a) Celebraranse asembleas en cada centro de traballo de conformidade co disposto na Lei de Órganos de Representación do persoal ó servicio das Administracións Públicas de 12 de xuño de 1987. Mantense a redacción orixinaria dos artigos 9.2, 12.8 e 30 ó declararse nulas as modificacións efectuadas como corrección de erros. Así mesmo, modifícanse as bases de aplicación de retribucións do persoal que, sen afectar ás contías globais do complemento específico de cada posto de traballo, tal e como se publicou no BOP do día 30 do pasado mes de decembro, suprímase o subconcepto valoración correctiva ó estima-lo fallo da Sala non axustada a dereito esta terminoloxía. ------ Folla: 129 20.4046.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto 20. Comunicacións. Sr. Secretario.- Resolución Presidencial delegando las atribuciones de la Presidencia en el Vicepresidente Sr. D. Julio Pedrosa durante los días 24 y 25 del mes de febrero. Resolución Presidencial nombrando al Diputado Rafael Louzán Abal para que asista a la reunión de la Federación Galega de Municipios y Provincias el día 6 de febrero. Y luego las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 27 de xaneiro e o 24 de febreiro do 97. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: - De Resolución Presidencial delegando as atribucións da Presidencia no Vicepresidente Sr. D. Julio Pedrosa Vicente durante os días 24 e 25 de febreiro. - De Resolución Presidencial para que D. Rafael Louzán Abal asista e represente á Presidencia na reunión extraordinaria da Asemblea Xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 27 de xaneiro e o 24 de febreiro de 1997. FÓRA DA ORDE DO DÍA, tratáronse os seguintes asuntos: Sr. Presidente.- Mocións. Sr. Secretario.- Hay dos mociones, una de D. Cesáreo Mosquera y otra de Doña Ana Gandón. ------ Folla: 130,131 21.4047.- MOCIÓN DE DONA ANA GANDÓN MENDUIÑA DO BNG, SOBRE A POSTA A DISPOSICIÓN DA XUNTA DO LOCAL DA CÁMARA AGRARIA DAS NEVES Sr. Presidente.- Moción presentada por Ana Gandón. ¿Quere expoñela?. Sra. Gandón Menduiña.- Creo que é a relacionada co Concello das Neves ¿non?. Bueno, pois é unha moción moi sinxeliña pero por se alguén non a leu vouna resumir. Trátase de que o edificio da Cámara Agraria do Concello das Neves parte dese edificio está ocupado, utilizado como vivenda polo Alcalde das Neves e Deputado Provincial e que ademais por esa ocupación dende o noso punto de vista digamos que pouco regular, porque xa se xubilou, pois paga unha cantidade moi pequena, creo que na moción, que non teño aquí á man, dicía que era unha cantidade ridícula. E bueno, nós entendemos que non é lóxico que esto siga sucedendo e aínda que efectivamente non é competencia da Deputación na medida que é Deputado Provincial a persoa que alude a moción, entendíamos, e dado que a Cámara Agraria é un edificio público, que agora tería que ser, bueno tería non, está transferido á Xunta de Galicia e pese a eso sigue utilizándose como vivenda, alguén que xa non é secretario da Cámara Agraria, entendíamos que non estaba demais plantexa-lo tema nesta Deputación e comprobar se o Grupo Popular estaba de acordo con nós en que non estaría mal suxerirlle cando mínimo, ou recomendarlle ó Sr. Alcalde das Neves que abandonara esa vivenda para que puidera ser disfrutada colectivamente pola poboación das Neves como debería ser. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vótase a favor da urxencia por unanimidade. Ten a palabra o interesado. Sr. González Pereira.- Vamos a ver. O tema como se demostra non ten urxencia nin nada parecido, non obstante considero de que debe ser tratado aquí e xa. Por outra banda as eleccións municipais aínda quedan moi lonxe e podíades esperar un pouquiño máis ó tema. Quero dicir de que a Xunta propietaria do edificio e o inquilino, o inquilino eu, estamos xa negociando, xa está feito máis ou menos, o abandono da vivenda. E desexo que sexa así e canto máis pronto mellor. Pero que quede claro e que conste de que é porque a propietaria e o inquilino estamos de acordo e non por ningún imperativo de ningún partido político. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra. Sra. Gandón Menduiña.- Si, eu dicir que me alegraría que finalmente xa se producira esa resolución pero en todo caso dicirlle que non se trata, hai algo que está por enriba dos partidos políticos, hai algo que está por enriba, que é a propia legalidade e a utilización das propiedades públicas. Calquera veciño das Neves tería o mesmo dereito que vostede a utilizar esa vivenda, independentemente de que o BNG dixera unha cousa ou dixera a contraria. Como non é así, como esa vivenda non saiu, non se puxo digamos no mercado como vivenda pública para que pudera ser utilizada por calquera veciño ou veciña das Neves que o necesitara e reunirá os requisitos senón que simplemente quen a utilizaba por ser Secretario seguiu usándoa e o inquilino paga unha cantidade ridícula, non hai alquiler, é unha cantidade absolutamente simbólica, nós entendemos que era unha ocupación irregular e en todo caso case un abuso da autoridade porque ademais resulta que é o Alcalde das Neves. Nós queremos que se someta a votación a moción que fixemos e nada máis. Sr. Presidente.- Perdón. Sr. González Pereira.- Eu quería aclarar algún detalle que é o seguinte. Ou sexa, eso Ana, eso, mira unha cousiña, non hai ningún precedente, non hai ningún precedente na vida das Cámaras Agrarias de que haxa un secretario que ocupara unha vivenda da propia Cámara e que pagara un alquiler, aínda que sexa ridículo, o alquiler que me foi imposto, por conseguinte, eu deixei de ser funcionario e pasei a ser inquilino. De todas formas sigo mantendo, e quizais non quería lastimar a nadie pero posiblemente a demora da entrega desta vivenda obedece a esixencias de quen sexa. Posiblemente a miña intención era deixala xa en tres ou catro ocasións pero parece que están de acordo en que cando vou deixala sae na prensa, e cando sinceramente eso é o que demora a miña senón xa estaba abandonada porque sinceramente eso é así. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Ben. Pois procedemos á súa votación e terminamos. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. O Pleno, acorda por unanimidade, aproba-la moción de Dona Ana Gandón Menduiña do BNG, sobre a posta a disposición da Xunta do local da Cámara Agraria das Neves, que é como segue: "Vai facer un ano que o alcalde das Neves é Deputado Provincial, se xubilou como secretario da Cámara Agraria. Foi en febreiro do 96, pouco despois de que as competencias en materia de Cámaras Agrarias foran transferidas á Xunta de Galicia. Sen embargo non puxo o edificio a disposición da Xunta, como era de agardar, senón que segue a vivir nel, coma se a xubilación non se tivera producido, pagando ademais unha renda totalmente ridícula (42.000 ptas. anuais). Sen entrar en consideracións de carácter ético ou político é evidente que é unha situación claramente irregular, que dura xa demasiado tempo sen que nin o interesado, nin a Administración responsábel parezan decididos a poñerlle fin. O prexuízo sófreo o pobo das Neves privado da utilización dun edificio público porque o seu alcalde o usa como vivenda particular. Tendo en conta, ademais, a condición de Deputado Provincial do mentado alcalde, e para que quede constancia da actitude desta institución ante comportamentos como o descrito, propoñemos ó Pleno da Deputación que inste ó Sr. González Pereira a poñer o edificio da Cámara Agraria a disposición da Xunta, para que poida ser todo o pobo, e non exclusivamente o seu alcalde, quen se beneficie del". ------ Folla: 131,138 22.4048.- MOCIÓN DE D. CESÁREO MOSQUERA LORENZO DO BNG, REFERENTE A FEITOS OCURRIDOS NO LUGAR DE PAZOS, PARROQUIA DE MARCÓN (PONTEVEDRA) Sr. Presidente.- Pasamos á segunda moción. Moción firmada por D. Cesáreo Mosquera. ¿Quérea expoñer?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Home, a min evidentemente a moción non me pilla por sorpresa porque a fixen, ¿non?. Pero de tódalas maneiras hoxe a mañá e onte a tarde non estaba dentro de mocións urxentes. Supuxen que non ía vir aquí, e bueno pois. Non, non, que va, que va. En todo caso, é dicir, tomen vostedes a decisión que queiran. Vamos a ver, a cuestión supoño que será referida, bueno, a única que presentei, ou sexa que me apareza aí unha de hai, porque non, ás veces queda algunha de hai seis meses ou un ano que non se tratan e despois aparecen por aí traspapeladas. Si, bueno, o asunto é o seguinte: que como todos, como é público e notorio pois aquí ten habido graves dificultades e, ou graves irregularidades, ou supostas irregularidades ou como queiran chamarlle, no funcionamento do Parque de Maquinaria, inclusive cun descontrol absoluto que chegou ó seu paroxismo no ano 89 e 91 e que en vistas de que non se lle dera ningunha solución pois aquela situación na que se ían ás sedes do PP a logra-las palas e o asfalto; na que calquera, en fin calquera non, pero certa estructura, evidentemente a do PP, repartía por aí as máquinas etc., con descontrol absoluto pois aquilo rematou incluso nos tribunais. Exactamente o digo porque hai moitas versións daquel feito e a única versión real é esa, un descontrol absoluto da maquinaria controlada polo PP e que chegou a tales extremos que tiña materia suficiente como para que fora a un Tribunal. De feito bueno, o aceptou a trámite a denuncia e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e despois entendeu que non había irregularidades cando había millóns. Pero bueno, ese é outro problema, pero o trámite se admitiu. E, nestes momentos eu prefiro crer que as medidas tomadas polo anterior Presidente a raíz daquel proceso e polo actual Presidente pois lograron, eu prefiro crer e creo que á parte lograron que o descontrol ou digamos que o funcionamento do asfalto e da maquinaria desta Deputación en xeral leve unha vía máis regular e máis controlada. Evidentemente non se evitou que vaia o Xefe Local do Movimento, caciquillo do PP ó frente ou Presidente da Xunta Parroquial, chámese como se queira, ó frente da máquina e tal, pero, pero, que parece ser que é o que administra a máquina. Pero o que si é certo é que aquí eu non sei e prefiro crer que millorou nos Concellos distantes de Pontevedra, pero en Pontevedra a implicación entre funcionarios de Deputación estructura do PP e do Concello é tan forte, é tan forte, que esas prácticas seguen existindo diariamente. En concreto, pois bueno, incluso se arrastra na historia, eu o teño comentado en Comisións aquí nesta casa, e seguen existindo e saiu neste Pleno xa, aínda que cuns datos moi terxiversados e por eso non pasou nada, é dicir, eu coñezo e á parte invito a calquera a que vaia alí, os feitos, como que hai patios privados, fincas privadas asfaltadas con asfalto da Deputación, como que hai, esto xa non afecta á Deputación, como que hai puntos de luz dentro de eirados privados e eso foi case sempre manexado por un funcionario desta Deputación que é o que se cita na moción e é Concelleiro en Pontevedra, Carlos Luis Tomé. E bueno, xa a cousa chega a extremos de que en concreto, por exemplo, un dos feitos que se cita aí pois é que un camiño que non pasaba ninguén, se compra unha finca, ó parecer por un familiar, eu non quero meter a ningún familiar polo medio, se quere metelos el que os meta, asfalta ata esa finca, e ponlle puntos de luz ata esa finca e tan felices. Ou outros feitos que á parte están avalados por firmas de veciños e que foi, está contrastado, por exemplo, se ía asfaltar, eso non hai tanto tempo, hai un ano, se ía a bachear toda unha carretera que ten quilómetro e pico e evidentemente non se asfalta o cacho con medios desta casa, non se asfalta o cacho máis necesario senón o cacho que vai ata a súa casa. Despois, agora, hai un mes cando foi a brigada de bacheo outra vez pois bacheou o resto. Bueno, eses feitos están aí, eu podo seguir citando un relatorio enorme, xa digo non quixen dar nunca nomes nin apelidos de xente que non estea directamente en cargos públicos e están aí e o que, o sentido da moción é que se investigue e se poñan medidas de control, eu non quero que, é dicir eu agardo que sexa método de investigación interna ou como o pedimos nós, comisión de investigación, eu creo que é o mellor que se pode facer, non hai porque escandalizarse por iso, simplemente é unha suave investigación dos feitos que pasaron e a partir de aí pois non as fagamos nunca máis, pois estas prácticas se corten radicalmente dunha vez e creo que faríamos un gran labor. Eu creo, pola ... do Presidente, que están neste labor, pero prefiro creelo, pero resulta que a cobertura esa de dicir son alá os Concellos que son eles os responsables, no caso de Pontevedra xa son menos responsables porque, como dixen antes, se cruza, digamos, a estructura funcionarial coa estructura do PP, a estructura funcionarial da Deputación, coa estructura do PP, coa estructura do Concello de Pontevedra, e dá estes resultados verdadeiramente aberrantes, verdadeiramente aberrantes e que, bueno, pois o sentido da moción é ese e agardo que teña unha resposta positiva por parte do grupo de goberno, que prefiro entender que non ten nada que ver, simplemente pois igual a veces, descontrol ou deixación no funcionamento do parque de maquinaria, non quero. Repito, non quero extenderme máis en detalles de tipo de con nomes e tal porque creo que iso é función da investigación que se pide na moción, caso de que iso non vaia adiante entón sí que dicir, desde logo nós unha das misións que nos fixemos aquí, e creo que é de agradecer, de feito publicamente incluso ten agradecidos pola Presidencia, polo anterior Presidente, é cortar estas prácticas viciosas, prácticas que lle podo comentar ou lle podo comentar a tódolos Deputados e medios de comunicación que a raíz da denuncia, que o fondo foi aquel, recortaron bastante pero como parece que non pasou nada, que as medidas que se adoptaron aquí, que sí se adoptaron, eso seino, non foron suficientemente eficaces ou non houbo, digamos, ós que siguen practicando eso unha, bueno, pois, unha sanción ou advertencia, o que fora, suficiente, volven a reproducirse dunha maneira que volve a ser alarmante, que volve a ser alarmante. Ben, eu pido que se faga esa comisión de investigación, non nos anima ningunha persecución contra ningunha persoa, nin moitisimo menos, senón que este tipo de funcionamento desapareza, porque o gran responsable ó fin e ó cabo e que se os fondos públicos se están gastando desa maneira é quen é o responsable de administralos, non é a persoa, que tamén ten a súa responsabilidade, que é o executor final, digamos, o que decide o destino, agora, é tremendo que unha persoa que non ten a responsabilidade directa dos fondos pois poida decidir a onde van e a onde non van e cousas dese estilo, e, Sr. Presidente, fágame caso, nestes momentos cando menos en Pontevedra, está acadando cotas alarmantes, cotas outra vez alarmantes este tipo de prácticas. Nada máis. Sr. Presidente.- Pasamos á votación da urxencia desta moción. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Ten a palabra o Sr. Louzán. Sr. Louzán Abal.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, dicirlle ó Sr. Mosquera que, bueno, realmente parece pouco serio que estando hoxe a 28 de febreiro de 1997 nos plantexe aquí como caso máis peculiar unha obra que data do ano 93. Vamos a ver, nada menos iso, dicía que catro anos despois vir aquí a falar dunha obra nun camiño público pois realmente parece pouco serio, e á parte deso pois dicir que realmente foi a beneficiar a un, agora mesmo Concelleiro do PP, que no seu día nin o era nin moito menos, e segundo a información que nos obra parece ser que el non ten ningunha finca onde se ubica este tramo que sería camiño municipal. Vamos a ver, dicir que vostede fai aquí unha serie de exposición de motivos nos cales di que a valoración dos terreos onde realmente se levou a cabo a dita obra pois non son xustificables para levar a cabo unha obra deste tipo, podemos dicirlle a todo esto que segundo a información que nos obra, ultimamente na zona onde está ubicada este tramo de pista pois xa se venderon terreos bastante ben valorados polo cal nos alegramos porque hoxe en día tamén neste mesmo tramo existen vivendas que naquel día non existían, e se houbo algún motivo de que esta pista, como vostede argumenta aquí, que non se seguiu, paralizouse nun tramo, foi pola imposibilidade de obtención de terreos dos veciños, ou sexa, o cal nos imposibilita ás veces, tal e como falaba antes, o poder terminar ditas obras que sería do agrado noso terminalas e deixarlle a maior accesibilidade a tódolos veciños. Tamén dicirlle que a esta parroquia, Marcón, a cal vostede coñece perfectamente, pois nos reclama aquí, nalgún apartado nos fai chegar que hai unha pista a cal está pavimentado hoxe en día, e nos di que ten unha serie de baches, a cal vostede coñece perfectamente porque é unha das que accede vostede á súa propia vivenda. Realmente esa esixencia que vostede fai pois podería facela calquera outro porque ó mellor non tódalas pistas están do agrado que todos quixéramos, pero temos que ser solidarios e ás veces ir facendo as cousas pouco a pouco, e tamén temos información de que o Concello ten presupostada esta pista que ten 1.400 metros de largo por 4 de ancho, que é precisamente unha das cales accede vostede á súa vivenda, tenna presupostada en 9 millóns de pesetas para facer neste ano, ou sexa que pode estar tranquilo por iso que lla van a pavimentar. Bueno, despois dicir que, no final da moción Presidente, o Sr. Mosquera propón a creación dunha comisión para levar a cabo unha investigación deste tema, creo que tal e como dixen antes é pouco serio vir catro anos despois traendo un tema destes, pero por outro lado si nos agrada porque realmente da xestión que está facendo esta Corporación actualmente non hai nada que dicir e temos que remontarnos catro anos despois ou catro anos atrás para poder dicir algo sobre a Corporación Provincial. E bueno, entón eu o que lle propoño ó Presidente, creo que non ten ningún sentido que realmente se leve a cabo a proposición dunha comisión de investigación dun caso como este. E segundo, de arranxar inmediatamente a pista que une o Campo da Festa co Río de Arriba para subsana-lo escándalo social que deriva da actual situación, pois como dicía antes esta é unha pista a cal pode acceder, accede á vivenda do Sr. Mosquera, pois parece ser que o Concello lla vai a pavimentar e xa se pode tranquilizar e máis comentarlle ós veciños para tratar de arrancar algún voto, se é posible. E eu creo que, xa que son as dúas e cuarto da tarde, non vale a pena debatir moito máis sobre este tema porque creo que ten realmente bastante pouco contido. Gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Louzán. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Home, que o Sr. Louzán ten as mesmas mañas caciquís que o denunciado xa é recoñecido, xa o dixen no Pleno pasado, agora, que minta descaradamente ou que recolla a información que lle dá o interesado xa non parece de recibo e parece desvirtua-lo que é esta Corporación. Está alí para ver, coño, e perdóneseme a expresión, está alí para ver, non hai ningunha casa, hai unha pista que non daba servicio a ninguén no que comprou un solar ó parecer un familiar, dame igual, e con medios desta Deputación asfaltou exactamente ata a súa casa, que curioso, a partir de alí non cedeu ninguén, ata a finca que comprou, e non hai nin unha sóa casa nin tan sequera iniciada, alí non hai ninguén que viva, están alí os datos, home, están alí, vaian alí a velo, primeira cuestión. Entón que use información falsa. En segundo lugar, eu non entro por esa pista, podo entrar por vinte, pois resulta que esa é unha das que pode entrar, a que se pide que arranxe que está ó lado e pola que pasan moitisimos coches, esa que non ten saída e non entro por ela, sábenno tódolos veciños de Marcón, non entro por ela, podería entrar porque podo entrar por cuatro ou cinco, bueno, pois entro por unha e non e esa, e como se entrara, como se entrara, efectivamente, pero vamos, que se use eso como ... é absolutamente disparatado. En terceiro lugar, o Concello non ten presupostado eso, eso é un conto que sacou por aí, mire a relación de obras do Concello que están na memoria da Alcaldía e non aparece para nada, agora sáese ó paso dicindo eso, entón estamos ... cunha pista que está asfaltada con medios desta Deputación que só vai a esa finca, resulta que a do lado pola que pasan bastantes coches está nun estado lamentable e non está presupostado, agora, se queren dicir que está presupostado pois díganno pero non está nos papeis, o Concello de Pontevedra fixo un detalle de tódalas obras que tiña presupostadas, non ... Con respecto ó do 93, mire vostede, fun suficientemente delicado para non meter temas porque entendín que este grupo de goberno estaba para cortar, pero acabo de dicirlle que se quere conto o do 95, conto 96, se quere cóntolle deso, ben. Parece ser que se trata máis que nada, se trata máis que nada de desviar responsabilidades e aquí non pasou nada, si está pasando, si está pasando. Se quere cóntolle máis cousas. Pero dixen que non quería contalas. Se quere cóntolle máis cousas. Por exemplo, antes de contarlle máis cousas, unha cousiña, o señor este non era Concelleiro daquela pero si era o xefe local do PP de Marcón. Ben, e é funcionario desta Deputación e directamente do Parque. Ben, si, eso casualidade. Todas son casualidades. Ben, cóntolle máis cousas. Detalle por exemplo que pasou este mesmo ano, o ano pasado e máis este. Rúa do Farallo, Tomeza, para que non se fale só de Marcón porque parece que é problema meu o de Marcón ¿verdade?. Non é problema meu en absoluto. E vostede di que hai máis casas e o intercepto dixo que se asfaltara o acceso directo á miña casa. Está sen asfaltar, home, mire vostede que meteduras de pata tan gordas. Ben, rúa do Farallo, os veciños logran que lle vaia unha pala da Deputación, curiosamente seguen, a pesar do que se di de que controla o Concello, seguen directamente da Deputación, por eso digo que a estructura esa segue funcionando, para ampliar unha pista. Chegan alí, estanna ampliando, chega o equivalente a este señor en Tomeza, como non é un cargo público non vou da-lo nome, se queren llo digo, chega e di ¿quen mandou esta pala para aquí?. ¡Ah!, coma non é cousa miña retirala, e deu a orde e a retiraron, e a retiraron. E despois, meses despois, vamos asfalta-la pista, piden unha solicitude con tódolos nomes, e resposta que lle dan, ou firma ese señor ou non vai haber asfaltado. Eso está pasando tódolos días. Agora, se quere invítolle a que veña a Marcón e vexa como están asfaltados accesos privados con medios desta casa, con medios desta Deputación. Están aí os feitos e son tozudos e non vale dicir que non sei que, que se é un familiar ou non é un familiar, están aí, me dá igual e se o acceso privado é dunha persoa que non ten nada que ver coa persoa que logrou que tal ten un espíritu de comenencias, evidentemente, pero o grave é quen dispón deses fondos para que suceda eso. Mire, senón queren facelo non o fagan, desde logo este tema vai dar bastantes voltas porque dubido que teñan vostedes mesmos, a pesar de que o Sr. Louzán está agora todo o día aquí, para controlar que as cousas vaian a través da estructura do PP, dubido que sexan capaces vostedes mesmos de controla-la estructura. Como non lle metan un bo control a esto, esto vai dar moitisimas voltas. E se a historia aí nesa moción, é que non entenderon nada, non queren entender. O asunto é, relátase un feito puntual, por non facer un relatorio e que investiguen o resto. Agora se quere que lle faga o relatorio fágollo eu pola miña conta, non se preocupe, non se preocupe, voullo facer pola miña conta. E se a historia é que porque os cartos desta Deputación, ou sexa, vostedes, esta Deputación non existía antes de chegar vostedes, nin os funcionarios desta Deputación existían antes de chegar vostedes, ou sexa que todo o que pasou antes non hai nada que dicir, pero, pasou antes e haberá que aclaralo, porque seguen sendo as mismas persoas e está pasando. Entón fagan vostedes o que ben entendan pero a situación é a que é e repítolle Sr. Presidente o descontrol neste sentido volve a ser altamente preocupante e non me estou referindo á cuestión política de que nun sitio vostedes mandan a pala da Deputación e entón xa saben a través da estructura do PP ou llo comunica quen sexa desde aquí, que van ir e que vaia o xefe local do movimento, xefe local do PP ó frente. Eso é unha práctica política que teñen vostedes, parece absolutamente noxenta pero non me estou referindo a eso, eso aí non habería nada irregular, non me estou referindo a eso, estoume referindo a que aquí segue habendo xente que manexa a maquinaria da Deputación, ou que chega a un lado e despois a leva para outro e despois para un amigo, non vai ou vai para un enemigo, ou se asfalta o tramo do amigo, ou o que é máis grave, se asfalta o tramo privado dalguén. Eso está pasando. Bueno, se vostedes non queren tal, avisados están e punto. Non teño nada máis que dicir. Sr. Presidente.- Ten a palabra D. Baltasar. Sr. García García.- Yo creo que el Sr. Mosquera ha sido muy moderado en este tema. Ha sido prudente en la medida que está planteando que se investigue las prácticas de funcionarios de esta casa que valiéndose del hecho en si de ser funcionarios de esta casa y utilizando los bienes de esta casa están trabajando políticamente para el Partido Popular. Yo creo que ha sido muy moderado en su exposición y muy prudente. No pensaba intervenir, la verdad sea dicha, pero la actitud del Sr. Louzán me ha hecho intervenir. Yo creo que se ha situado en un nivel francamente bajo, un nivel que yo nunca había visto en esta casa, sinceramente, podemos acusarnos de demagogos, de caciquismo, de muchas cosas, pero la posición que en este momento ha mantenido el Sr. Louzán en este tema me parece de una bajeza impropia de un Diputado y eso es lo que me ha hecho intervenir. No sólamente ese caso, hay muchos casos en el Municipio de Pontevedra y habría una cosa que hacer Sr. Presidente, en bien de la propia Institución, saber dónde se dirige la maquinaria, cómo se dirige la maquinaria y qué papel de vez en cuando juegan no los políticos, que en muchos casos non son hechos políticos, sino los propios jefes o capataces de la maquinaria para beneficiar a particulares y a intereses propios. Y aveces ni siquiera son con intereses políticos..... empañar el conjunto de los funcionarios de esta casa. Y hay otra cuestión, se puede políticamente utilizar la maquinaria como quiera el que gobierne, tiene esa posibilidad. El que gobierna puede decidir dónde y cómo aplica la maquinaria en los distintos Ayuntamientos y las distintas instituciones, en colaboración con los Alcaldes, en colaboración como se quiera, pero lo que no se puede dejar es que un capataz o una persona vinculada al Parque de Maquinaria, él mismo maneje la maquinaria en beneficio propio. Eso sería una práctica que ya supera las cuestiones básicas de actuación dentro de la Diputación. Nada más. Sr. Presidente.- Bien, gracias. Vamos a ver. O responsable do Parque de Maquinaria segue sendo o Presidente. Nin é Rafael Louzán, nin o Xefe do Parque nin é ningún maquinista en principio responsable de nada, neste sentido, onde van as máquinas. Polo tanto, a moción que presenta e que explicou o Sr. Mosquera ten dúas partes. Unha parte que relata un feito, que se lle dou unha explicación segundo a nosa información, que é do ano 93, que non se segiu máis arriba porque non houbo disposición de terreos, que é un camiño municipal, que polo tanto non podíamos ir pola expropiación e todo o demais, independientemente de que estea alí a súa casa ou estea a de Dios bendito -con perdón-, dame igual, hai máis veciños alí. Polo tanto aí non debe haber que eu sepa irregularidade, que eu sepa absolutamente ningunha, polo que se dixo no caso do 93. Sigue afirmando que no 96, desde que somos responsables ou eu neste caso persoalmente responsable e no que levamos do 97 e parte do 95, eu pódolle dici-lo seguinte: non sae unha máquina a ningunha asociación sen que veña o visto bueno do Alcalde. Polo menos non se autoriza por parte da Presidencia e polo tanto non debe saír ningunha máquina a ningún particular, particular xa non vai, senón que vén como representante da Asociación de Veciños, non vai sen que lle dea o visto bueno o Alcalde correspondente. Por unha razón, porque quero que sepan dunha vez por todas que igual que na información que me piden eu non vou a controlar se efectivamente o meten nun tema privado ou o meten, non podo controlalo, por eso lle obrigo ó Alcalde que garantice, se a pide el que a utilice adecuadamente e se a pide un veciño que firme para que el garantice que efectivamente se está facendo onde se ten que facer. Polo tanto Sr. Mosquera entendendo o problema e eu non nego que poida pasar algo desto, a responsabilidade neste caso, por esta razón non é do Presidente da Deputación nin da Deputación, en último caso será do Alcalde de Pontevedra ou do respectivo Alcalde porque para eso repito, se lle esixe dada a imposibilidade de controlar cada unha das máquinas e onde están traballando, esixéselle se é para el loxicamente que se responsabilice e se é para un particular, enténdase particular unha Asociación de Veciños, que dea o visto bueno o Alcalde. E precisamente hai peticións e pódolle enseñar montóns onde veñen sen visto bueno do Alcalde e a esas automaticamente non se lle contesta. Así de claro. Podo admitir que se dea algunha cacicada dese tipo, entre todos teremos que corrixila, pero indudablemente non pidan ou creo que se equivocan ó pedir responsabilidades á Presidencia, digo neste caso á Presidencia porque é a que leva persoalmente o Parque de Maquinaria, cando entendo eu que esa responsabilidade está no Alcalde. Por eso se lle pide eses documentos. E polo tanto a min interésame tamén que se me digan, loxicamente debo ter coñecemento desto, para dicirlle ó Alcalde que é o que pasa aquí. Pero repito, repito, dado o procedemento entendo eu, que é unha responsabilidade do Alcalde o controlar eso e loxicamente o que acompañe as máquinas e acompaña algún Concelleiro, sexa do PP ou sexa do que sexa, será o responsable perante o Alcalde, indudablemente. Eu só quería aclarar esto. Desde logo, non se vai consentir pola miña parte nos papeis, a ningún particular unha máquina, a ningún particular, sen que veña a autorización, co visto bueno do Alcalde. Porque no papel di que se responsabiliza, no papel que temos xa normalizado xa di que se responsabiliza tanto que a pida o Alcalde como que a pida unha Asociación de Veciños. Polo tanto non se me pode pedir ó Presidente que quero levar precisamente para que haxa os menos problemas posibles co Parque, quíxoo levar persoalmente, non se me pode culpar de certos detalles que eu non nego que poidan existir e que entre todos teremos que cortalos, pero indudablemente haberá que dirixi-las flechas hacia o respectivo Alcalde e o Alcalde se ten confianza nos seus Concelleiros e mandou a algún pois hacia os seus Concelleiros. E digo que está nos papeis así. Polo tanto entendo que esta moción, en último caso, había que presentala, eu alégrome que se me poña aquí porque teño coñecemento, se é que pasa algo desto, pero esta moción sería máis ben no Concello de Pontevedra porque ó fin e ó cabo é o que firma a recepción dese tema e o que está manexando que eu non dixen a onde ían as máquinas. O que si está claro é que Pontevedra desde que este Presidente ten unha brigada, porque din que a parte rural estaba moi mala. Indudablemente eu non sei onde as ten nin o que está facendo, esa é responsabilidade do Alcalde, non é responsabilidade deste Presidente. Quero aclarar esto porque creo que esta é a realidade. Senon a coñecían esto é así. Eu non digo que non se poida producir algún caso destes, gústame coñecelos pero indudablemente non será a miña responsabilidade, será a responsabilidade do Alcalde. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente creo que deixei antes moi claro que en canto a funcionamento formal a cousa non tiña o aspecto que tiña no 89 ou no 91, deixeino antes moi claro. E dixen que creo ou prefiro crer que o actual goberno da Deputación ou cando menos o Presidente está na liña de non ter sustos con esto, ou sexa, de que os fondos da Deputación, o Parque se manexe dunha maneira máis ou menos correcta e adoptou unha medida que xa coñezo, que é que tense que responsabiliza-lo Alcalde, o grupo de goberno, correcto. E esas medidas tamén o dixen antes pode ser que funcionen ou estean funcionando noutros Concellos, en Pontevedra dada a vinculación moi estreita que hai entre o aparato funcionarial, o aparato do Concello e o PP, eso está francamente descontrolado. Ben, a min me gustaría preguntar de quen é a responsabilidade, desto hai un ano máis ou menos, se vai bachear alí un trozo, se bachea ata a casa deste señor, non ata a finca que comprou non se sabe quen e que só se asfaltou, a comprou a súa familia ou el, senón na súa casa, desde a estrada de Ponte Caldelas ata a súa casa, se asfalta un cacho, se deixa un camión de asfalto alí, alí amontonado, veñen os veciños a pedilo e se lle dá a uns si e a outros non, segundo toque, para bachea-lo resto que estaba peor que o que asfaltou ata a súa casa e o asfalto remata no monte porque se endureceu e ninguén quixo saber nada del. Eu non sei de quen é a responsabilidade. Claro, do Alcalde, de non sei que, de non sei canto, agora, hai unha estructura aí funcionando que fai estas cousas, fai estas cousas. Ben, se vostedes queren, vostede di, é que queremos controlar eso. Eu creo. Pero querer controlar en abstracto non significa nada, non significa nada. Ou aquí vamos ó que vamos, é dicir, vamos a descubrir, aquí hai uns feitos que á parte prefiro non ser nós individualmente ou como grupo político que nós o saquemos, senón que vamos como Corporación, hai uns feitos, sexan de hai un ano, sexan de hai dous, sexan de cada, e quen sexa responsable, quen sexa responsable pois leva un tirón de orellas en consonancia ou senón queda en fume de carozo e vai seguir funcionando, porque eso está metido na médula. Sr. Presidente o outro día na Comisión de, e perdón porque é tardisimo, pero na Comisión por exemplo de Asuntos Sociais, axudas para libros de texto, se pediron axudas para libros de texto. Resulta que as Asistentas Sociais se pasaron catro meses revisándoas, estaban absolutamente espantadas. Por dez mil pesetas a xente falsifica a declaración de Facenda e o que faga falta. Ou sexa, resulta que cun Mercedes na porta se molestan en pedir dez mil pesetas para os libros de texto. Ben, gravisimo, hai unha conciencia social de corruptela elevada en certos sectores, de acordo. Pero hai un segundo apartado Sr. Presidente, e aquí é ó que vou, porque non me interesa agora falar dese tema, que é a sensación absoluta de impugnidade. Porque se unha persoa para pedir dez mil pesetas resulta que falsifica un documento e o primeiro que sala en titulares que lle saiu un rebote de duascentas mil de multa ou vai ó Xulgado seguramente frenaran moitisimos destes. Nunca pasa nada, nunca pasa nada. Si, aquí o que logrou que lle asfaltaran a súa pista privada ou o que andivo coas máquinas e non sei que non sei canto ten un correctivo por cando menos público ou como sexa, pois pode ser que o seguinte se mida, pero é que nunca pasa nada, nunca pasa nada. Agora peloteamos, o Concello de Pontevedra, moi ben, no Concello de Pontevedra dirán que a máquina da Deputación quen dou autorización, aquí nunca pasa nada, eso é o grave, que non quero facer desto unha cuestión de que vai cae-la Deputación nin vamos meter no cárcere a ninguén, non lle vamos facer nada deso. Digo que nunca pasa nada Sr. Presidente, nunca pasa nada. Eso é o gravisimo. E nada máis, é dicir, se vostedes queren realmente mostrar esa vontade, que a creo, dígolle sinceramente cremos que tanto por, hai uns anos que neste sentido se fixeron avances en controla-lo Parque de Maquinaria, creo, e á parte de que se están facendo, agora sigue habendo descontrol e nunca pasa nada, ou sexa, que aquí o problema é a ver se arreglo, a ver se levo o Parque de Maquinaria para asfalta-lo meu eirado, unha vez que o asfaltei non pasou nada, a partir de aí nunca pasou nada. Claro a ver se pasa algo, non digo meter no cárcere a ninguén, pero a ver se pasa algo. É que senón evidentemente quen controla unha estructura se nunca pasa nada, quen controla esa estructura, ninguén, imposible. Porque vostede manda a máquina para alí é cuestión de que marche, arreglouse, o Alcalde no sabe e ras, unha vez que está asfaltado non pasou nada xa co cal a ver como controla vostede toda esa estructura se é controlar un por un que non o faga porque como o faga a partir de aí non lle pasou nada. Como nunca pase nada non o vamos dar controlado nunca. Ese é o problema e creo que se queren entender entendan e senón pois seguiremos como estamos. Sr. Presidente. - Ben, quero insistir no que xa dixen, loxicamente entendo e teño clarisimo que a min non se me pode pedir que sepa onde están tódalas palas, tódolos camións, tódalas brigadas nun momento determinado e o que están a facer. Loxicamente repito o que dixen antes, esto ten que ser responsabilidade do Alcalde que a pide ou responsabilidade do Alcalde que a subscribe co visto bueno se é para unha Asociación de Veciños. Ten que entender tamén Sr. Mosquera que o Presidente cando autoriza a ir unha brigada non di nin brigada un, nin brigada dous, ni brigada tres, nin brigada catro, polo tanto ignoro en absoluto se dentro desa brigada se dá a puñetera casualidade de que está un traballador da Deputación que ademais é Concelleiro de Pontevedra. Ten que entender que eu eso non o podo controlar. Eu digo vai a brigada que sexa, perdón, ó que vou, déixeme terminar. ¿Entón que pasa?. Que aquí neste caso estase pedindo ó Presidente da Deputación que sancione a un funcionario, bueno, eu quíxenno entender así, bueno, de acordo, é que entón ponmo máis fácil, é que entón aquí quen ten que leva-lo control é necesariamente o Concello, a través do Alcalde, a través do Concelleiro correspondente, a través de quen sexa. Eu pódolle dicir que lamentaría que se seguiran producindo estes temas. Pero indudablemente estou totalmente coa conciencia tranquila, moral e legal de que eu non teño responsabilidade neste tema desde o momento en que se lle esixe ó Alcalde que el se responsabilice porque é imposible desde esta casa poder controlar absolutamente tódalas máquinas, absolutamente todo o que fan. Eu non é que desconfie da súa palabra. É posible que haxa cousas destas, que haxa algunha cousa destas. Non, non, se eu estoulle dicindo que non desconfio, haberá que acabar con esa forma improcedente totalmente de face-las cousas, pero soamente a través dos Alcaldes. Desde logo a través do Presidente da Deputación vai ser tremendamente complicado porque non vai poder controlar absolutamente máquina a máquina e lugar a lugar. Poderá dicir coidado Alcalde cando pidas algo que non pase nada desto que eres o responsable. Porque moitas veces firman e non saben o que están firmando, pensan que, bueno, pois moitas veces pásanos a todos, non lemos exactamente e firmamos. Procurarei, nas entrevistas que teña cos Alcaldes avisalos deste tema para que sepan que eles son os responsables. Polo tanto, volvo a insistir que esta moción, en fin, aquí non sobra, pero indudablemente entendo que esta moción había que poñela no Concello correspondente onde se produxo. Polo tanto, por este motivo nós vamos a votar en contra da constitución desa comisión porque repito entendemos que este goberno está a salvo de toda sospeita neste sentido e ademais admíteo que estamos facendo todo o posible para que así sexa porque pode haber certas cousas neste sentido que repito se lle pedirá responsabilidade a quen sexa e o correspondente Alcalde. Procedemos polo tanto á votación da moción do Sr. Mosquera. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Rexéitase cos votos do Partido Popular. ¿Algunha moción máis?. Rexéitase por maioría de votos en contra do Grupo Popular, e cos votos a favor do PSOE e do BNG, a Moción de D. Cesáreo Mosquera Lorenzo do BNG, referente a feitos ocurridos no lugar de Pazos, parroquia de Marcón (Pontevedra). ------ Folla: 138 23.4049.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL: SOLIDARIZARSE COS PAIS DAS VÍCTIMAS DO ACCIDENTE OCURRIDO NUNHA GARDERÍA INFANTIL EN VIGO Sr. Presidente.- Vamos a ver. Esto é moito máis grave que o que tratamos agora en todo o tema, en fin, perante situacións destas indudablemente a discusión é cando un se dá conta do tempo que perdemos. Acaba de comunicar Rafael que se produciu un incendio en Vigo nunha Gardería e de momento pois hai tres rapaces mortos, non ten máis datos. Sr. ... .- ... e bueno, que é bastante grave o tema. Sr. Presidente.- Bueno, nestes casos xa non sabe un o que dicir, en fin, o único que podemos facer indudablemente é lamentar que esto pasase e solidarizarse cos pais das víctimas, posto que polas víctimas xa non podemos facer nada e desde logo pois solicitar que se investiguen as causas correspondentes que puideron provocar este siniestro por se houbo algunha deixadez por parte de quen fora. Eu creo que é o único que podemos dicir neste momento. Bueno. O Pleno acorda por unanimidade, solidarizarse cos pais das víctimas do accidente ocurrido nunha Gardería Infantil en Vigo. ------ Folla: 138,139 24.4050.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Preguntas. Bueno, eu as preguntas sigo por norma contestalas por escrito e entón se lles parece pois, salvo que queiran presentar agora aquí algunha, aquí de viva voz, estas contestareinas por escrito. ¿Algunha de viva voz?. Ana. Sra. Gandón Menduiña.- Que non sei se inclúe unha que teño presentada fai máis dun mes. Sr. Presidente.- ¿Sobre?. Sra. Gandón Menduíña.- Sobre o Concello do Rosal, son obras no Concello do Rosal. Non recordo agora, non a teño aquí diante pero eu creo que a presentei pouco despois das Navidades, pouco despois do Nadal. Sr. Presidente.- Non estiven no Pleno anterior e entón estará pendente porque eu non a vin, si a vin, está sen contestar, sei que está. De acordo. Si, si que está, ¿esa es de hace unos días?. Sr. García García.- ... hay una ya de noviembre. Sr. Presidente.- ¿Sobre o mesmo?. Sr. García García.- Sobre lo mismo en noviembre la presenté y nadie me contestó y hace poquito he vuelto a hacer otra. Sr. Presidente.- Pois acostumo a contestar tódalas preguntas. Se pudo quedar una, porque no creo que queden preguntas sin contestar en un plazo prudencial. Mucho más que se contestan en algunos sitios que todos conocemos. O sea, las contesto normalmente puntualmente. Levantámo-la sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas e trinta e sete minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición