Fondos
1999-08-10_Extraordinaria. Acta de sesión 1999/08/10_Extraordinaria
Acta de sesión 1999/08/10_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/3.1999-08-10_Extraordinaria
Título Acta de sesión 1999/08/10_Extraordinaria
Data(s) 1999-08-10 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 21,22 Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 10 de agosto de 1999 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día dez de agosto mil novecentos noventa e nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araújo Quintas, D. Juan Manuel Corral Pérez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Horacio Gómez Araújo, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso e D. Manuel Ramón Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Sr. Deputado D. Manuel Ramón Conde Romero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.4379.- APROBACIÓN DA ACTA DE CONSTITUCIÓN DA CORPORACIÓN DE 23-07-99 Sr. Presidente.- Bos días. Vamos a dar comezo ó Pleno extraordinario da organización da Deputación Provincial de Pontevedra. Primeiro punto da orde do día: aprobación da acta de Constitución da Corporación do 23 do 7 do 99. ¿Hai algunha alegación á acta?. Non hai alegacións, apróbase por unanimidade. Apróbase por unanimidade, o borrador da acta de constitución da Corporación, do día 23 de xullo de 1999. ------ Folla: 22,24 2.4380.- RÉXIME DE SESIÓNS DO Pleno E DA COMISIÓN DE GOBERNO: A) MOCIÓN PRESIDENCIAL SOBRE RÉXIME SESIÓNS DO PLENO. B) RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL SOBRE RÉXIME SESIÓNS DA COMISIÓN DE GOBERNO Sr. Presidente.- Punto dous: réxime de sesións do Pleno e da Comisión de Goberno, apartado a) Moción presidencial sobre réxime sesións do Pleno. Sr. Secretario, ten a palabra. Sr. Secretario.- La moción de la Presidencia dice lo que sigue: "O art. 58 c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais dispón no seu apartado a) que dentro dos trinta días seguintes ó da sesión constitutiva da Corporación, o Presidente convocará sesión extraordinaria do Pleno para resolver sobre o réxime de sesións do mesmo. Por outra parte, o artigo 46.2.a) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, modificado polo artigo 1 da Lei 11/99 de 21 de abril, establece que o Pleno celebrará sesión ordinaria, como mínimo, cada mes, quedando por tanto sen efecto a modificación introducida no Regulamento Orgánico Provincial por acordo do Pleno de 27 de outubro de 1995 que suprimía a celebración de sesións os meses de agosto e decembro. Por todo iso esta Presidencia propón ó Pleno a adopción do seguinte acordo: Préstase aprobación á Moción da Presidencia segundo a cal as sesións ordinarias do Pleno terán lugar o último venres de cada mes, ás 11,00 horas, sen prexuízo das sesións extraordinarias que puideran convocarse. Se a data prevista de celebración de calquera sesión do Pleno coincidira con festivo, esta deberá celebrarse o día hábil anterior". Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Si, Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Nós queremos plantexar unha emenda no sentido seguinte ó apartado a): que sería que os Plenos correspondentes ós meses de agosto e decembro, previo acordo da Comisión de portavoces poidan trasladarse á primeira semana do mes seguinte. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención sobre a proposta?. Paréceme ben. En todo caso eu había pensado falar cos portavoces e cambialo sen necesidade de que aparecera aquí; ou sexa, poderíamos fixar que efectivamente sexa tódolos venres de fin de mes, pero en todo caso quedamos co compromiso de que se non hai asuntos urxentes, xuntarnos os portavoces e o cambiamos, se vos parece. Sr. González Iglesias.- Si o espíritu é ese, a nós nos da o mesmo. Sr. Presidente.- Ese é o espíritu e ademais foi o espíritu de sempre, é dicir, que non vai cambiar absolutamente nada. Deixámolo como está e en todo caso se queremos ter Plenos en agosto e en decembro, que en decembro normalmente sempre o temos porque é o tema dos presupostos, acordámolo os portavoces. Sr. González Iglesias.- Hai unha precisión, non é se quere vostede, é que temos que telos por Lei. Sr. Presidente.- Xa. Sr. González Iglesias.- Entón en todo caso, non, dígoo polo que estaba dicindo. Sr. Presidente.- Enténdeme, non vou vulnera-la Lei, quero dicir cambialo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mellor é deixalo como está porque igual en decembro adiantámolo en vez de atrasalo se veñen os orzamentos antes; entón deixalo aberto. Sr. Presidente.- É o que estou dicindo eu, de acordo. Procedemos a súa votación, polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE RÉXIME DE SESIÓNS DO Pleno O art. 58 c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais dispón no seu apartado a) que dentro dos trinta días seguintes ó da sesión constitutiva da Corporación, o Presidente convocará sesión extraordinaria do Pleno para resolver sobre o réxime de sesións do mesmo. Por outra parte, o artigo 46.2.a) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, modificado polo artigo 1 da Lei 11/99 de 21 de abril, establece que o Pleno celebrará sesión ordinaria, como mínimo, cada mes, quedando por tanto sen efecto a modificación introducida no Regulamento Orgánico Provincial por acordo do Pleno de 27 de outubro de 1995 que suprimía a celebración de sesións os meses de agosto e decembro. Por todo iso o Pleno acorda por unanimidade a adopción do seguinte acordo: "Préstase aprobación á Moción da Presidencia segundo a cal as sesións ordinarias do Pleno terán lugar o último venres de cada mes, ás 11,00 horas, sen prexuízo das sesións extraordinarias que puideran convocarse. Se a data prevista de celebración de calquera sesión do Pleno coincidira con festivo, esta deberá celebrarse o día hábil anterior". Sr. Presidente.- Apartado b): Resolución Presidencial sobre réxime de sesións da Comisión de Goberno. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Dice así: "De conformidade co artigo 112.3, do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 32 do Regulamento Orgánico Provincial, RESOLVO que as sesións da Comisión de Goberno teñan lugar semanalmente tódolos xoves ás 12,00 horas, sempre que houbese asuntos a tratar. Se a data de celebración da sesión coincidise con día festivo celebrarase o día hábil anterior. Da presente resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que celebre, publicándose no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade desde o día de hoxe. Pontevedra, 2 de agosto de 1999". Sr. Presidente.- Gracias, queda enterado polo tanto o Pleno da Deputación. Queda enterado o Pleno da seguinte Resolución Presidencial: "A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dicta a seguinte RESOLUCIÓN De conformidade co artigo 112.3, do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 32 do Regulamento Orgánico Provincial, RESOLVO que as sesións da Comisión de Goberno teñan lugar semanalmente tódolos xoves ás 12,00 horas, sempre que houbese asuntos a tratar. Se a data de celebración da sesión coincidise con día festivo celebrarase o día hábil anterior. Da presente resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que celebre, publicándose no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade desde o día de hoxe. Pontevedra, 2 de agosto de 1999." ------ Folla: 24,30 3.4381.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS Sr. Presidente.- Punto número tres: moción da Presidencia sobre creación e composición das Comisións Informativas. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- No la leo, pues creo que todos la conocen. Falta añadir los representantes del BNG, que creo me dirá el Sr. Mosquera. Sr. Presidente.- De acordo, ¿algo máis?, non fai falta lelo. Sr. Secretario. - ¿Me dice ahora los nombres Sr. Mosquera?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Despois, despois. Sr. Secretario.- Después, vale. Sr. Presidente.- ¿Algo máis?. Sr. Secretario.- Únicamente que las sesiones ordinarias se celebrarán, como viene siendo habitual hasta ahora, el miércoles de la semana anterior al Pleno en las horas que se señalen. Sr. Presidente.- De acuerdo. Ben. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Resulta cando menos simpático escoitar que as Comisións Informativas en número de doce corresponden a grandes áreas, cando hai algunha aquí, como Honores e Protocolo, que debe levar sete anos sen reunirse e agora vai ter unha intensidade enorme de traballo. Supoño que é unha área gorda, vai ser a partir de agora; esta Deputación se vai dedicar a facer honores tódolos días e demais. Isto é unha cuestión xa que vén arrastrada. Parece que cada vez hai que crear unha Comisión máis. Isto non é operativo; evidentemente o demostrou o mandato pasado e o anterior. Non quixeron meterse a reorganizar isto para que as Comisións realmente teñan algo de operatividade e correspondan con áreas realmente. En todo caso, as Comisións son practicamente as que había. Outra cousa que nos sorprende, hai cinco anos ou así cambiouse de número dezasete, agora vaise de dezasete a trece sen ningunha argumentación, porque sí, igual que pasou a vez pasada; polo tanto, como as Comisións hai que telas anque non son operativas tal como está, vámonos abster. Sr. Presidente.- Vale, gracias. Sr. Muradas Ramos.- Nuestro grupo está de acuerdo en la proporcionalidad de la composición. Nos parece excesivo el número de Comisiones que se crean pero lo que más nos sorprende es en el punto cuarto cuando dice que se reunirán las sesiones ordinarias siempre que haya asuntos que tratar. Entendemos que con el nuevo cambio de normativa para que la oposición pueda concluir sus funciones de control y fiscalización del equipo de gobierno, y dadas las escasas competencias que le quedan al Pleno, si por encima le cortamos los órganos colegiados en los que tenemos presencia, mal vamos a ir para poder cumplir nuestro compromiso. En consecuencia, creémos que un órgano colegiado cuando se crea es para que funcione, si no es mejor no crearlo, y en todo caso siempre vendría al orden del día con aprobación del acta anterior y ruegos y preguntas. En consecuencia proponemos la enmienda de que en este punto cuarto se elimine la frase "siempre que haya asuntos que tratar". Asuntos siempre habrá; de cualquier manera nosotros siempre interpretaremos el funcionamiento de esas Comisiones como comparecencia del Presidente respectivo y será una manera de conocer cuál es la labor del equipo de gobierno. Sr. Presidente.- Gracias. Con respecto ó que di o Sr. Mosquera, as facultades de organización correspóndenlle neste caso á Presidencia. A Presidencia considerou oportuno reduci-lo número de membros das Comisións Informativas; de feito faise un descenso de membros de forma significativa, e despois dicir que non son eficaces, ou que poderían ser outras, ou que poderían ser menos, bueno, cada un ten a súa maneira de ve-los temas, e en todo caso isto é o que considera a Presidencia que pode funcionar e polo tanto vamos a seguir co que acabo de dicir e coa proposta que acabo de facer. Con respecto ó que di o señor representante do PSOE, practicamente a realidade nos di que sempre houbo Comisións Informativas anteriores ó Pleno cando efectivamente hai temas. Aquí dicía o de Protocolo, por exemplo, por non reunirse, me parece, na lexislatura pasada. É indudable que é un tema que pode suceder, ó mellor non sucede, e polo tanto loxicamente cando dicimos se hai asuntos que tratar se supón que se refire fundamentalmente a esta Comisión; as outras sempre tiveron asuntos que tratar anque sexa, como ben di, para aproba-la acta da sesión anterior e discutir temas ou poñer alternativas, e polo tanto eu creo que iso, como dixen antes, tamén é o espíritu e de feito tódalas Comisións reuníronse, absolutamente todas, en vísperas do Pleno, e polo tanto vamos a continuar así. Si, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu ó que me refiro é ó asunto extraordinariamente simpático que se poñe. "É intención desta Presidencia modificar sensiblemente a organización existente ata agora dos órganos asesores". É que é simpatiquisimo. Sr. Presidente.- Bueno, Sr. Mosquera, iso di vostedes. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, o di aquí, o di aquí. Sr. Presidente.- Iso di vostede, que queda como está. De feito créase unha Comisión máis, de feito redúcense os membros desas Comisións, e se lle cae simpático, eu alégrome moito que lle caiga simpático; é mellor que lle caiga simpático a que lle cause disgusto. En todo caso, eu creo que non ten maior importancia e polo que lle cause gracia ou lle cause pena, dame exactamente igual. Eu creo que hai algunha modificación e como tal modificación trátoa de xustificar, e trátoa de xustificar precisamente para que teña máis operatividade; outra cousa é que vostede de antemán diga que non a ten, ou que a vai ter, ou que non a teña, pero iso é loxicamente a súa perspectiva. ¿Algunha intervención?. Sr. Muradas Ramos.- La de Honores y Protocolo entendemos que es una Comisión que funcionará extraordinariamente, salvo que la Corporación Provincial quiera hacer un homenaje, una declaración, etc., etc. Ahora, el resto que tienen carácter ordinario, estamos hablando de Comisiones en funcionamiento ordinario, hay que establecerlas y una vez establecidas tienen que funcionar, por eso digo que incluso yo creo que es un poco ilegal el decir "siempre que haya asuntos que tratar". Si es ordinaria tiene que quedar establecida y tiene que funcionar y será con la aprobación del acta anterior y ruegos y preguntas, si no tiene más temas, porque la realidad es que si a Comisión Informativa no van a ir nada más que asuntos de Pleno, y viendo las competencias que tiene ahora el Pleno y las que tiene el Presidente, pues nos vamos a encontrar con que no se van a reunir nunca y en consecuencia van a ser extraordinarias cuando se reúnan. Sr. Presidente.- Non temos inconveniente en acepta-lo que está dicindo. Eu quero dicir que xa veñen funcionando así, agora se quere que quede escrito, queda escrito, que non hai problema ningún. Sr. Muradas Ramos.- Muy bien, eliminemos el apartado "siempre que haya asuntos que tratar". Sr. Presidente.- Suprímese iso. Non hai problema ningún porque é o que se vai facer e o que se fixo. Sr. Muradas Ramos.- Bien, bien. Sr. Presidente.- ¿De acordo?, vale. Suprímese todo e acéptase por parte do Partido Popular polo menos ese tema e suprímese, de acordo. Polo tanto pocedemos a súa votación, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase coa abstención do Bloque Nacionalista. MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS PERMANENTES Á vista da experiencia obtida durante o pasado mandato da Corporación Provincial e como consecuencia dos novos obxectivos que pretenden lograrse neste novo mandato, é intención desta Presidencia modificar sensiblemente a organización existente ata agora dos órganos asesores da Corporación Provincial, que teñen por obxecto o estudio, informe ou consulta dos asuntos que deben ser sometidos á consideración do Pleno. Por iso o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do Partido Popular e do PSOE e a abstención do BNG a aprobación da seguinte proposta de acordo: En cumprimento do disposto nos artigos 58, 124, 125 e 127 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do Partido Popular e do PSOE e a abstención do BNG, aproba-la Moción da Presidencia segundo a cal: Primeiro: Créanse, atendendo ás grandes áreas en que se estructuran os servicios provinciais, ademáis da Comisión Especial de Contas, de existencia preceptiva, as seguintes Comisións Informativas Permanentes: 1 - Agricultura e Gandería 2 - Cooperación e Mancomunidades 3 - Cultura 4 - Economía e Facenda 5 - Honores e Protocolo 6 - Medio Ambiente e Urbanismo 7 - Muller 8 - Pesca e Cultivos Marinos 9 - Promoción de Emprego e Acción Social 10 - Réxime Interior 11 - Vías e Obras 12 - Xuventude e Deportes Segundo: As citadas Comisións Informativas estarán integradas por trece Sres. Deputados, representando a tódolos grupos políticos na seguinte proporción: oito membros do Grupo Provincial do PP; tres membros do Grupo Provincial do PSOE e dous membros do Grupo Provincial do BNG, máis o Presidente da Corporación que será Presidente nato de todas elas. Terceiro: A composición concreta das citadas Comisións Informativas será a seguinte: - Comisión Informativa de Agricultura e Gandería: D. Xosé Crespo Iglesias D. José Manuel Fernández Rodríguez D. Arturo Grandal Vaqueiro D. Rafael Louzán Abal D. Xesús Otero Varela D. César Augusto Pérez Ares D. David Raposeiras Correa D. Juan Reboreda Enríquez Dona Isaura Abelairas Rodríguez D. Alberto García García D. Emilio González Iglesias D. Xosé Carlos Pazos Docampo D. Henrique Viéitez Alonso - Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades: D. Manuel Ramón Conde Romero D. Juan Manuel Corral Pérez D. Xosé Crespo Iglesias D. Rafael Louzán Abal D. Juan Luis Pedrosa Fernández D. David Raposeiras Correa D. Juan Reboreda Enríquez D. Xosé Enrique Sotelo Villar D. Emilio González Iglesias D. Emilio Iglesias Álvarez D. Constante Juan Muradas Ramos D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo D. Xosé Carlos Pazos Docampo - Comisión Informativa de Cultura: D. José Manuel Fernández Rodríguez D. Horacio Gómez Araújo D. Xesús Otero Varela D. Juan Luis Pedrosa Fernández D. César Augusto Pérez Ares D. David Raposeiras Correa D. Xosé Enrique Sotelo Villar D. Manuel Ramón Vilar Márquez Dona Isaura Abelairas Rodríguez D. Emilio Iglesias Álvarez D. Constante Juan Muradas Ramos Dona Clara Millán González D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo - Comisión Informativa de Economía e Facenda: D. Manuel Ramón Conde Romero D. Juan Manuel Corral Pérez D. Xosé Crespo Iglesias D. José Manuel Fernández Rodríguez D. Arturo Grandal Vaqueiro D. Rafael Louzán Abal D. Telmo Martín González D. Juan Luis Pedrosa Fernández Dona Isaura Abelairas Rodríguez D. Alberto García García D. Emilio González Iglesias D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo D. Xosé Carlos Pazos Docampo - Comisión Informativa de Honores e Protocolo: D. Manuel Ramón Conde Romero D. Xosé Crespo Iglesias D. José Manuel Fernández Rodríguez D. Horacio Gómez Araújo D. Arturo Grandal Vaqueiro D. David Raposeiras Correa D. Juan Reboreda Enríquez D. Manuel Ramón Vilar Márquez D. Alberto García García D. Constante Juan Muradas Ramos D. Rodrigo Santiago Novas Dona Clara Millán González D. Xosé Carlos Pazos Docampo - Comisión Informativa de Medio Ambiente e Urbanismo: D. José Manuel Fernández Rodríguez D. Arturo Grandal Vaqueiro D. Rafael Louzán Abal D. Telmo Martín González D. Xesús Otero Varela D. César Augusto Pérez Ares D. Juan Reboreda Enríquez D. Xosé Enrique Sotelo Villar D. Emilio Iglesias Álvarez D. Constante Juan Muradas Ramos D. Rodrigo Santiago Novas D. Xosé Antonio Araújo Quintas D. Henrique Viéitez Alonso - Comisión Informativa da Muller: D. Juan Manuel Corral Pérez D. Rafael Louzán Abal D. Telmo Martín González D. Xesús Otero Varela D. César Augusto Pérez Ares D. David Raposeiras Correa D. Juan Reboreda Enríquez D. Xosé Enrique Sotelo Villar Dona Isaura Abelairas Rodríguez D. Emilio González Iglesias D. Emilio Iglesias Álvarez D. Xosé Antonio Araújo Quintas Dona Clara Millán González - Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Marinos: D. Manuel Ramón Conde Romero D. Juan Manuel Corral Pérez D. Arturo Grandal Vaqueiro D. Telmo Martín González D. Juan Luis Pedrosa Fernández D. César Augusto Pérez Ares D. José Enrique Sotelo Villar D. Manuel Ramón Vilar Márquez Dona Isaura Abelairas Rodríguez D. Emilio González Iglesias D. Rodrigo Santiago Novas Dona Clara Millán González D. Xosé Carlos Pazos Docampo - Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social: D. Manuel Ramón Conde Romero D. Juan Manuel Corral Pérez D. Xosé Crespo Iglesias D. Arturo Grandal Vaqueiro D. Telmo Martín González D. Xesús Otero Varela D. Juan Luis Pedrosa Fernández D. César Augusto Pérez Ares D. Alberto García García D. Emilio González Iglesias D. Rodrigo Santiago Novas D. Xosé Antonio Araújo Quintas D. Henrique Viéitez Alonso - Comisión Informativa de Réxime Interior: D. Manuel Ramón Conde Romero D. Juan Manuel Corral Pérez D. José Manuel Fernández Rodríguez D. Rafael Louzán Abal D. Juan Luis Pedrosa Fernández D. Juan Reboreda Enríquez D. Xosé Enrique Sotelo Villar D. Manuel Ramón Vilar Márquez D. Alberto García García D. Constante Juan Muradas Ramos D. Rodrigo Santiago Novas D. Xosé Antonio Araújo Quintas D. Henrique Viéitez Alonso - Comisión Informativa de Vías e Obras: D. Xosé Crespo Iglesias D. Rafael Louzán Abal D. Telmo Martín González D. José Manuel Fernández Rodríguez D. Xesús Otero Varela D. David Raposeiras Correa D. Juan Reboreda Enríquez D. Manuel Ramón Vilar Márquez D. Alberto García García D. Emilio Iglesias Álvarez D. Constante Juan Muradas Ramos Dona Clara Millán González D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo - Comisión Informativa de Xuventude e Deportes: D. Xosé Crespo Iglesias D. Horacio Gómez Araújo D. Telmo Martín González D. Xesús Otero Varela D. César Augusto Pérez Ares D. David Raposeiras Correa D. Xosé Enrique Sotelo Villar D. Manuel Ramón Vilar Márquez D. Alberto García García D. Constante Juan Muradas Ramos D. Rodrigo Santiago Novas D. Xosé Antonio Araújo Quintas Dona Clara Millán González - Comisión Especial de Contas: D. Manuel Ramón Conde Romero D. Juan Manuel Corral Pérez D. Xosé Crespo Iglesias D. José Manuel Fernández Rodríguez D. Arturo Grandal Vaqueiro D. Rafael Louzán Abal D. Telmo Martín González D. Juan Luis Pedrosa Fernández Dona Isaura Abelairas Rodríguez D. Alberto García García D. Emilio González Iglesias D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo D. Xosé Carlos Pazos Docampo CUARTO: De conformidade co artigo 134 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, as sesións ordinarias das citadas Comisións Informativas terán lugar a semana anterior á data da celebración do Pleno, nos días e horas que estableza a Presidencia. ------ Folla: 30,34 4.4382.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS Sr. Presidente.- Punto catro: moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- No es preciso que la lea porque todos tienen conocimiento de ella. Como antes, falta también que el Bloque designe sus representantes y tienen conocimiento también de los representantes de la Corporación en una serie de organismos, según propuesta o moción de la Presidencia. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Dúas cousas. Unha aclaración: o procedemento ordinario é fixa-la composición e despois nomealos; vamos a darlles só ó final os nomeados, polo tanto non hai ningún problema. E con respecto a esas representacións da Corporación, pois volver ó mesmo de sempre. Quitando ós que polos seus propios Estatutos obrigan a que haxa representantes da Corporación, o resto son todos, absolutamente todos, do Partido Popular, como sempre. Non sei que obxecto ten, é unha práctica que só debe quedar nesta Deputación. Na maioría dos Concellos, na maioría doutras Deputacións isto non se fai, é dicir, o normal é que sexan representantes da Corporación, a Corporación somos todos e non só o grupo de goberno. Agora seguen empeñados, á parte que algunhas a verdade que pouco valor teñen, pero téñanno ou non o teñan o lóxico sería facer unha distribución máis ou menos equitativa entre tódolos grupos e non só do grupo de goberno; alá vostedes con esa práctica; desde logo nós non a vamos a avalar. Sr. Presidente.- De acordo. Sr. Gónzalez. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver. En los órganos de representación dónde hay varios vocales estamos de acuerdo, y en los que son unipersonales, las representaciones de la Corporación nosotros no lo haríamos así. Entendemos que debería darse opción a todos los Diputados. Como no lo haríamos así, vamos a abstenernos y no vamos a entrar más en el tema porque reconocemos que en el fondo la Presidencia tiene no sólo su capacidad de organización sino su responsabilidad en la resolución, por lo tanto nos abstenemos. Sr. Presidente.- De acordo, procedemos a súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase pola maioría do Partido Popular, a abstención do PSOE e en contra o Bloque Nacionalista Galego. MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS O art. 58 c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en Órganos Colexiados. Esta representanción pode plantexarse dende dúas perspectivas: representación en órganos colexiados que dependen da propia Corporación (Organismos Autónomos) e representación en órganos nos que debe haber representantes da Corporación pero que non dependen dela. En todo caso, o nomeamento é sempre competencia do Pleno. Por todo iso, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do Partido Popular, a abstención do PSOE e os votos en contra do BNG, a aprobación da seguinte proposta de acordo: "Desígnanse representantes da Deputación Provincial de Pontevedra nos Organismos que seguidamente se relacionan ós seguintes Sres. Deputados: Xunta Rectora do Padroado da "Escola de Canteiros" Presidente: D. Manuel Abeledo López Vicepresidente: O presidente efectivo da Comisión de Cultura Vocais: D. Rafael Louzán Abal D. César Augusto Pérez Ares D. Alberto García García D. Xosé Antonio Araújo Quintas Xunta Rectora do Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas" Presidente: D. Manuel Abeledo López Vocais: D. Juan Manuel Corral Pérez D. Telmo Martín González D. Xosé Enrique Sotelo Villar D. Manuel Ramón Vilar Márquez D. Constante Juan Muradas Ramos D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo Consello de Administración do Centro Provincial de Asesoramento Municipal (CPAM) Presidente: D. Manuel Abeledo López Vicepresidente: D. Manuel Ramón Conde Romero Vocais: D. Juan Manuel Corral Pérez D. José Manuel Fernández Rodríguez D. Arturo Grandal Vaqueiro D. Rafael Louzán Abal D. Juan Reboreda Enríquez D. Emilio Iglesias Álvarez D. Rodrigo Santiago Novas D. Xosé Carlos Pazos Docampo Consello de Administración do Organismo Autónomo Provincial de Xestión e Recadación de Recursos Locais (ORAL) Presidente: D. Manuel Abeledo López Vicepresidente: D. Juan Luis Pedrosa Fernández Vocais: D. Xosé Crespo Iglesias D. Xesús Otero Varela D. Alberto García García Padroado do Centro de Formación Profesional da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" Presidente: D. Manuel Abeledo López Vicepresidente: D. David Raposeiras Correa Vocais: D. Rafael Louzán Abal D. César Augusto Pérez Ares Dona Isaura Abelairas Rodríguez D. Henrique Viéitez Alonso - Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria de Pontevedra: D. Juan Luis Pedrosa Fernández. - Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria de Vigo: D. Juan Manuel Corral Pérez. - Colexio Rexional de Ensinanzas, Investigación e Experiencias Forestais de Lourizán: D. Xosé Crespo Iglesias. - Comisión de Asignación de Alimentos Excedentarios da Unión Europea: D. Xosé Crespo Iglesias. - Comisión de Portos de Galicia: D. Xosé Enrique Sotelo Villar. - Comisión de Selección de Bolsas Predoctorais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: D. David Raposeiras Correa. - Comisión do Patrimonio Histórico e Camiño de Santiago: D. César Augusto Pérez Ares. - Comisión Galega de Agricultura de Montaña: D. Xosé Crespo Iglesias. - Comisión Galega de Delimitación Territorial: D. Horacio Gómez Araújo. - Comisión Galega de Prevención e Loita contra a Drogodependencia: D. Juan Manuel Corral Pérez. - Comisión Galega de Protección Civil: D. Rafael Louzán Abal. - Comisión Galega de Tráfico e Seguridade da Circulación Vial: D. Xesús Otero Varela. - Comisión Galega Interinstitucional sobre o Menor: D. Juan Manuel Corral Pérez. - Comisión Informativa de Agricultura da FEGAMP: D. Xosé Crespo Iglesias. - Comisión Informativa de Economía e Facenda da FEGAMP: D. Juan Luis Pedrosa Fernández. - Comisión Informativa de Educación, Cultura e Deportes da FEGAMP: D. César Augusto Pérez Ares. - Comisión Informativa de Industria, Comercio e Turismo da FEGAMP: D. Telmo Martín González. - Comisión Informativa de Medios de Comunicación, Informática e Administración da FEGAMP: D. José Manuel Fernández Rodríguez. - Comisión Informativa de Ordenación do Territorio, Transportes e Comunicacións da FEGAMP: D. Manuel Ramón Conde Romero. - Comisión Informativa de Organización Territorial da FEGAMP: D. Horacio Gómez Araújo. - Comisión Informativa de Pesca da FEGAMP: D. Xosé Enrique Sotelo Villar. - Comisión Informativa de Protección Civil da FEGAMP: D. Rafael Louzán Abal. - Comisión Informativa de Sanidade, Consumo e Benestar Social da FEGAMP: D. Xosé Enrique Sotelo Villar. - Comisión Provincial de Hemoterapia: D. Xosé Enrique Sotelo Villar. - Comisión Provincial de Medio Ambiente: D. José Manuel Fernández Rodríguez. - Comisión Provincial de Prezos en Clínicas, Sanatorios e Hospitais: D. Xosé Enrique Sotelo Villar. - Comisión Provincial do Patrimonio Histórico-Artístico: César Augusto Pérez Ares. - Comisión Superior de Urbanismo de Galicia: D. José Manuel Fernández Rodríguez. - Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico: D. César Augusto Pérez Ares. - Comité de Honra da "Fundación Laxeiro": D. Manuel Abeledo López. - Comité Provincial da Cruz Vermella Española: D. Juan Reboreda Enríquez. - Comité Provincial de Caza: D. Arturo Grandal Vaqueiro. - Comité Provincial de Coordinación de Transportes: D. Manuel Ramón Conde Romero e D. Arturo Grandal Vaqueiro. - Comité Provincial de Integración e Coordinación Ambiental da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente: D. José Manuel Fernández Rodríguez. - Comité Provincial de Pesca Continental: D. Arturo Grandal Vaqueiro. - Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia: D. José Manuel Fernández Rodríguez e D. Arturo Grandal Vaqueiro. - Consello Galego de Transportes: D. Manuel Ramón Conde Romero. - Consello Técnico Asesor da Misión Biolóxica de Galicia: D. José Manuel Fernández Rodríguez. - Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Pontevedra: D. Juan Luis Pedrosa Fernández. - Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Vigo: D. Juan Manuel Corral Pérez. - Consorcio para o Servicio contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés: D. Rafael Louzán Abal. - Consorcio para o Servicio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes: D. Xosé Crespo Iglesias. - Consorcio Zona Franca de Vigo: D. Juan Manuel Corral Pérez. - Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade: D. Juan Manuel Corral Pérez. - Museo do Pobo Galego: D. César Augusto Pérez Ares. - Organismo Autónomo Municipal de Turismo do Concello de Vigo: D. Horacio Gómez Araújo. - Padroado da Escola Universitaria de Enfermería: D. Xosé Enrique Sotelo Villar. - Padroado da Fundación Camilo José Cela: D. César Augusto Pérez Ares. - Padroado da Fundación "Exposicións e Congresos de A Estrada": D. David Raposeiras Correa e D. Xesús Otero Varela. - Padroado da Universidade Nacional de Educación a Distancia: D. César Augusto Pérez Ares. - Padroado de Goberno da Fundación Comarcal de Caldas: D. David Raposeiras Correa. - Padroado de Goberno da Fundación Comarcal do Baixo Miño: D. César Augusto Pérez Ares. - Padroado de Goberno da Fundación Comarcal do Deza: D. Xosé Crespo Iglesias. - Padroado de Goberno da Fundación Comarcal do Paradanta: D. Juan Reboreda Enríquez. - Padroado de Goberno da Fundación Comarcal do Salnés: D. Rafael Louzán Abal. - Padroado de Goberno da Fundación Comarcal Tabeirós-Terra de Montes: D. David Raposeiras Correa. - Padroado de Mellora da Vivenda Rural: D. Xésús Otero Varela. - Padroado do Museo de Pontevedra: D. Juan Luis Pedrosa Fernández. - Padroado Fundación Semana Verde de Galicia: D. Xosé Crespo Iglesias. - Padroado Municipal "Monte Santa Tegra" (A Guarda): D. César Augusto Pérez Ares. - Plan Provincial de Emerxencia Sanitaria para situacións catastróficas: D. Xosé Enrique Sotelo Villar. - Sección Provincial do Consello de Empadroamento do Ministerio de Economía e Facenda: D. Juan Luis Pedrosa Fernández. - Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra e Ourense: D. Xosé Crespo Iglesias, D. Rafael Louzán Abal e D. Juan Luis Pedrosa Fernández. - Xestur Pontevedra, S.A.: D. Rafael Louzán Abal. - Xunta Rectora do Parque Natural "Monte Aloia" de Tui: D. César Augusto Pérez Ares. ------ Folla: 34,37 5.4383.- COÑECEMENTO DE RESOLUCIÓNS DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTOS DE VICEPRESIDENTES, MEMBROS DA COMISIÓN DE GOBERNO E DELEGACIÓNS DA PRESIDENCIA Sr. Presidente.- Punto cinco: coñecemento de Resolucións da Presidencia sobre nomeamento de Vicepresidentes, membros da Comisión de Goberno e Delegacións da Presidencia. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Los Vicepresidentes que ha nombrado la Presidencia son: D. José Crespo Iglesias a quien van a encomendársele las áreas de Agricultura e Gandería, Medio Ambiente e Urbanismo, Promoción de Emprego e Acción Social; D. Horacio Gómez Araújo, Xuventude e Deportes; D. Rafael Louzán Abal, Vías e Obras, Cultura e Réxime Interior; D. Juan Luis Pedrosa Fernández, Economía e Facenda, e D. Xosé Enrique Sotelo Villar, Pesca e Cultivos Marinos, Honores e Protocolo, Cooperación e Mancomunidades. Luego hay una Resolución Presidencial nombrando los miembros de la Comisión de Gobierno que son los señores siguientes: Presidente, D. Manuel Abeledo López; los vocales, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Manuel Fernández Rodríguez, D. Horacio Gómez Araújo, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Rafael Louzán Abal, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. José Enrique Sotelo Villar y D. Manuel Ramón Vilar Márquez. Y por último una serie de delegaciones expresas de la Presidencia en favor de determinados Diputados de las que creo que tienen conocimiento. Sr. Presidente.- Se da por enterado el Pleno. Queda enterado o Pleno das seguintes Resolucións Presidenciais. 1ª.- Resolución da Presidencia sobre nomeamento de Vicepresidentes: "A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dicta a seguinte RESOLUCIÓN De conformidade co disposto nos artigos 34.3 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 104.2, da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e 66.1, do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aprobou o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, RESOLVO designar Vicepresidentes da Corporación Provincial ós Sres. Deputados, membros da Comisión de Goberno, que a continuación se sinalan, encomendándolles as seguintes áreas de xestión: - D. XOSÉ CRESPO IGLESIAS - Agricultura e Gandería; Medio Ambiente e Urbanismo; Promoción de Emprego e Acción Social. - D. HORACIO GÓMEZ ARAÚJO - Xuventude e Deportes. - D. RAFAEL LOUZÁN ABAL - Vías e Obras; Cultura; Réxime Interior. - D. JUAN LUIS PEDROSA FERNÁNDEZ - Economía e Facenda. - D. XOSÉ ENRIQUE SOTELO VILLAR - Pesca e Cultivos Marinos; Honores e Protoloco; Cooperación e Mancomunidades. Da presente resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que celebre, e ós interesados, publicándose no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade desde o día de hoxe. Pontevedra, 2 de agosto de 1999." 2ª.- Resolución da Presidencia sobre nomeamento de membros da Comisión de Goberno: "A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dicta a seguinte RESOLUCIÓN En virtude das facultades conferidas polos artigos 35.1 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 72 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, así como polo artigo 104.4 da Lei de Administración Local de Galicia, RESOLVO que a Comisión de Goberno quede integrada polos seguintes Señores Deputados Provinciais: - Presidente: D. Manuel Abeledo López - Vocais: D. Xosé Crespo Iglesias D. José Manuel Fernández Rodríguez D. Horacio Gómez Araújo D. Arturo Grandal Vaqueiro D. Rafael Louzán Abal D. Juan Luis Pedrosa Fernández D. David Raposeiras Correa D. José Enrique Sotelo Villar D. Manuel Ramón Vilar Márquez Da presente resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que celebre, e ós interesados, publicándose no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade desde o día de hoxe. Pontevedra, 2 de agosto de 1999." 3ª.- Resolución Presidencial sobre delegacións da Presidencia: "A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dicta a seguinte RESOLUCIÓN En uso das atribucións que confiren á Presidencia os artigos 34.2 e 35 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, 58, 63 e 64 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, así como no artigo 105.2 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, RESOLVO delega-las miñas atribucións nos centros e organismos que se detallan en favor dos seguintes Sres. Deputados: - Deputado Delegado na Cidade Infantil Príncipe Felipe e no Centro de Vacacións de A Lanzada: D. David Raposeiras Correa. - Deputado Delegado na Finca Mouriscade: D. Xosé Crespo Iglesias. - Deputado Delegado na Finca Areeiro: D. Xosé Crespo Iglesias. - Deputado Delegado na Finca Lourizán: D. Xosé Crespo Iglesias. - Deputado Delegado da Imprenta Provincial: D. César Augusto Pérez Ares. - Deputado Delegado do Parque Móbil: D. Rafael Louzán Abal. - Caixa de Anticipos de Cooperación: D. Manuel Ramón Conde Romero. - Comunidade de Veciños do Edificio Alameda: D. Rafael Louzán Abal. - Comunidade de Veciños de San Antoniño: D. Rafael Louzán Abal. - Asilo de Pontevedra: D. Juan Luis Pedrosa Fernández. - Asilo de Vigo: D. Juan Manuel Corral Pérez. - Asilo de Caldas de Reis: D. David Raposeiras Correa. - Asilo de Vilagarcía: D. Telmo Martín González. - Asilo de Tui: D. César Augusto Pérez Ares. - Fogar e Clínica San Rafael (Vigo): D. Juan Manuel Corral Pérez. - Residencia Sanitaria "Almirante Vierna" e "Policlínico Cíes": D. Juan Manuel Corral Pérez. - Sanatorio Psiquiátrico de Toén: D. Juan Reboreda Enríquez. Da presente resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que celebre, e ós interesados, publicándose no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade desde o día de hoxe. Pontevedra, 2 de agosto de 1999." ------ Folla: 37,41 6.4384.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA DE CARGOS DA DEPUTACIÓN E INDEMNIZACIÓNS ÓS SEUS MEMBROS Sr. Presidente.- Punto seis: moción da Presidencia sobre réxime de dedicación exclusiva de cargos da Deputación e indemnizacións ós seus membros. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Dice lo siguiente: O artigo 13.4 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, en relación co artigo 75 da Lei 7/85, reguladora das Bases do Réxime Local, establece que o Pleno, a proposta do Presidente, determinará a relación de cargos da Corporación que poderán desempeñarse en réxime de dedicación exclusiva, e agora, desde a Lei 11/99, tamén de dedicación parcial, con dereito a retribución na contía que corresponda a cada un deles en atención o seu grado de responsabilidade, condicionado á aceptación por el ou os afectados. Por outra parte, o artigo 75.2 da referida Lei 7/85, establece que "os membros das Corporacións Locais poderán percibir indemnizacións na contía e condicións que acorde o Pleno da Corporación". Estes aspectos contémplanse tamén na Lei 5/95, de Administración Local de Galicia, e no artigo 14,5 e 6 do ROF. Para esta Deputación, a concreción de tales aspectos aparece determinada na base 50 das de execución do Presuposto para 1999, sendo a súa vixencia obxecto de modificación, no seu momento, para recolle-las que se derivan da presente moción e que esta Presidencia expón seguidamente: A) RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA PARA CARGOS 1º.- Mante-lo réxime de dedicación exclusiva, sen solución de continuidade, do Presidente D. Manuel Abeledo López e do Vicepresidente D. Rafael Louzán Abal coas retribucións que viñan percibindo, a razón de 8.891.036 pesetas e 7.674.646 pesetas anuais. Así mesmo, a Deputación abonará os gastos de vivenda do Sr. Presidente e calquera outros ocasionados polo exercicio do cargo, cando sexan efectivos, e previa xustificación documental. 2º.- Concede-lo réxime de dedicación exclusiva ó Vicepresidente para asuntos económicos D. Juan Luis Pedrosa Fernández, con efectos do seu nomeamento e aceptación e coa retribución anual de 7.674.646 pesetas. 3º.- Os tres cargos percibirán, ademais, a antigüidade que lles correspondan pola súa condición de persoal en situación de servicios especiais segundo o artigo 29.2 da Lei 30/84, de Medidas para a Reforma da Función Pública, e artigo 8 do Regulamento de Situacións Administrativas, aprobado por Real Decreto 365/1995, de 10 de marzo, e artigo 55 e concordantes do Convenio Único para Persoal Laboral da Administración Xeral do Estado. As retribucións dos tres cargos imputaranse á partida 99/111.111.100.01, que será obxecto de suplementación no seu momento. B) INDEMNIZACIÓNS O apartado 2 "Indemnizacións", da base 50 das de execución do Presuposto para 1999 quedaría co seguinte contido: 2.- Indemnizacións a) En concepto de indemnización por asistencia para o desempeño das súas funcións e reunións de traballo - Vicepresidentes, ata 12 asistencias ó mes, a razón de 14.000 pts. cada unha. - Deputados, ata 8 asistencias ó mes, a razón de 14.000 pts. cada unha. b) Por asistencia a sesións de Órganos Colexiados 1.- Por cada sesión á Comisión de Goberno 21.000 pts. 2.- Por cada sesión das Comisións Informativas, 14.000 pts. 3.- Por cada sesión do Pleno 50.000 pts. 4.- Por cada reunión do Consello do CPAM, 14.000 pts. Estas asistencias soamente serán compatibles cos gastos de locomoción. O punto 3 da referida base debe manterse sen variación. En todo caso, como se dixo, a base 50 no seu conxunto será obxecto de adaptación ó contido desta moción así como, no seu caso, as de dotacións das correspondentes partidas presupostarias. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Desde logo que non vamos a entrar a facer, a devolve-lo comportamento montaraz que tivo o Grupo Popular do Concello de Pontevedra porque non é noso estilo, nin vamos a recordar certas declaracións ou certas incongruencias entre o que se dixo nun lado e o que se fai noutro. En todo caso, o único que quería dicir era que creo que hai un gazapo monumental nisto, gazapo que supoño que virá arreglado porque eu creo que hai que corrixir, e o gazapo é o seguinte. Se o Sr. Abeledo é Concelleiro en Pontevedra, os gastos de vivenda parecen bastante incompatibles con iso. Supónselle residente aquí e polo tanto iso tería sentido a vez pasada cando era Concelleiro en Lalín; nestes momentos parece absolutamente inoportuno. Supoño que será un gazapo que se colou dalgunha maneira, por rutina, pero creo que haberá que corrixilo, digo eu. Despois, en canto ó numero das dedicacións é cuestión súa como organicen. E en canto ás retribucións, nos parecen relativamente elevadas pero tampouco sería cabalo de batalla. En todo caso, alá vostedes co que defenderon noutros lados ou coas barbaridades que fixeron. Sr. Presidente.- De acordo. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, a nosotros nos gustaría, así se prevé en la Ley, que la antigüedad, los trienios de los que son funcionarios en otras Administraciones los pagasen esas Administraciones con lo cual era un dinero que le ahorrábamos a la Diputación. En todo caso, en el tema de dedicaciones, no vamos a entrar. En el tema de indemnizaciones estamos de acuerdo, se acercan por primera vez a lo que se hace en otros Ayuntamientos de esta provincia y en otras Diputaciones. Y yo lo que sí le pediría a los demás grupos políticos es que aquí no se reediten los debates de otros Ayuntamientos. Es una petición que se producía también hace años por otras circunstancias; los debates de los Ayuntamientos háganlos ustedes en los Ayuntamientos, me parece perfecto, pero no nos remitan asuntos de debates de Pontevedra. En el tema de la vivienda del Presidente, a nosotros nos gustaría más otra fórmula, pero eso es elección del Presidente, y la otra fórmula es que el Presidente cobrase como cobran otros Presidentes de Diputación y por ahí pagara su casa y al final el cómputo global es el mismo, y no vamos a entrar en ese tema más que lo dicho. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Cesáreo Mosquera, la solución se la ha dado ahora el portavoz del Grupo Socialista. Tenga en cuenta que no es gazapo sino que es muy consciente de lo que ha hecho esta Presidencia al poner la vivienda. Si usted encuentra una Diputación en la que el Presidente cobre menos o tenga menos sueldo me lo dice; no existe, que yo sepa, ningún Presidente de Diputación que tenga un sueldo similar, no mísero porque no lo es, por lo tanto la casa se mantiene. Usted interprétela como gazapo o interprétela como quiera. En todo caso usted sabe también que hay otros puestos de la Administración que si la tienen y sin embargo viven en el mismo lugar; pero para mi, Sr. González, sería mucho más fácil la solución propuesta, porque si yo cobro me retienen y la casa, y aquí está el Interventor, prácticamente la pago yo porque a la hora de declarar a Hacienda eso es un pago en especie, me explico, y me sale bastante más cara que si efectivamente cobro el sueldo que debiera haber cobrado. En todo caso, agradezco la postura del Partido Socialista que lo entiende y tampoco voy a entrar en polémicas ahora con el Sr. Mosquera por si dijo o si dejó de decir. En todo caso, tengo que decir que en una Diputación con un presupuesto que dobla al del Ayuntamiento de Vigo tenemos la gente que tenemos liberada, tampoco tenemos demasiada, que los sueldos son un poco mayores. De hecho hemos subido, no precisamente donde estamos los del Grupo Popular sino que hemos subido las asistencias a todos los Diputados, por favorecer absolutamente a todos, y lo de la vivienda lo sigo manteniendo por esa razón. Es indudable que yo aquí no tengo vivienda, como lo sabe el Sr. Mosquera, aunque esté de Concejal por Pontevedra. No es gazapo. Ya quisiera yo, pero no lo voy a hacer, aceptar lo que dice el Sr. González Iglesias y poner como sueldo lo de la vivienda porque posiblemente me saldría bastante más barato. Sr. Muradas Ramos.- Una precisión en el tema de los trienios. Nosotros, si los trienios los pagan las Administraciones de las que proceden los que son funcionarios, aceptamos y votamos a favor, de lo contrario nos abstendremos. Sr. Presidente.- Creo que hay una dificultad; el Interventor aquí lo puede decir. A los que tenemos dedicación exclusiva no nos pagan los trienios las Administraciones. A nosotros nos han certificado de que no. Sr. Muradas Ramos.- Nos abstenemos y punto. Sr. Presidente.- Procedemos por lo tanto a la votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstenciones?. ¿Votos a favor?. Se aprueba con los votos a favor del Partido Popular, abstención del PSOE y en contra el Bloque Nacionalista Galego. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do Partido Popular, a abstención do PSOE e o voto en contra do BNG, aproba-la Moción da Presidencia sobre réxime de dedicación exclusiva de cargos da Deputación e indemnizacións ós seus membros, que di así: O artigo 13.4 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, en relación co artigo 75 da Lei 7/85, reguladora das Bases do Réxime Local, establece que o Pleno, a proposta do Presidente, determinará a relación de cargos da Corporación que poderán desempeñarse en réxime de dedicación exclusiva, e agora, desde a Lei 11/99, tamén de dedicación parcial, con dereito a retribución na contía que corresponda a cada un deles en atención o seu grado de responsabilidade, condicionado á aceptación por el ou os afectados. Por outra parte, o artigo 75.2 da referida Lei 7/85, establece que "os membros das Corporacións Locais poderán percibir indemnizacións na contía e condicións que acorde o Pleno da Corporación". Estes aspectos contémplanse tamén na Lei 5/95, de Administración Local de Galicia, e no artigo 14,5 e 6 do ROF. Para esta Deputación, a concreción de tales aspectos aparece determinada na base 50 das de execución do Presuposto para 1999, sendo a súa vixencia obxecto de modificación, no seu momento, para recolle-las que se derivan da presente moción e que esta Presidencia expón seguidamente: A) RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA PARA CARGOS 1º.- Mante-lo réxime de dedicación exclusiva, sen solución de continuidade, do Presidente D. Manuel Abeledo López e do Vicepresidente D. Rafael Louzán Abal coas retribucións que viñan percibindo, a razón de 8.891.036 pesetas e 7.674.646 pesetas anuais. Así mesmo, a Deputación abonará os gastos de vivenda do Sr. Presidente e calquera outros ocasionados polo exercicio do cargo, cando sexan efectivos, e previa xustificación documental. 2º.- Concede-lo réxime de dedicación exclusiva ó Vicepresidente para asuntos económicos D. Juan Luis Pedrosa Fernández, con efectos do seu nomeamento e aceptación e coa retribución anual de 7.674.646 pesetas. 3º.- Os tres cargos percibirán, ademais, a antigüidade que lles corresponda pola súa condición de persoal en situación de servicios especiais segundo o artigo 29.2 da Lei 30/84, de Medidas para a Reforma da Función Pública, e artigo 8 do Regulamento de Situacións Administrativas, aprobado por Real Decreto 365/1995, de 10 de marzo, e artigo 55 e concordantes do Convenio Único para Persoal Laboral da Administración Xeral do Estado. As retribucións dos tres cargos imputaranse á partida 99/111.111.100.01, que será obxecto de suplementación no seu momento. B) INDEMNIZACIÓNS O apartado 2.- "Indemnizacións", da base 50 das de execución do Presuposto para 1999 quedaría co seguinte contido: 2.- Indemnizacións a) En concepto de indemnización por asistencia para o desempeño das súas funcións e reunións de traballo - Vicepresidentes, ata 12 asistencias ó mes, a razón de 14.000 pts. cada unha. - Deputados, ata 8 asistencias ó mes, a razón de 14.000 pts. cada unha. b) Por asistencia a sesións de Órganos Colexiados 1.- Por cada sesión da Comisión de Goberno 21.000 pts. 2.- Por cada sesión das Comisións Informativas, 14.000 pts. 3.- Por cada sesión do Pleno 50.000 pts. 4.- Por cada reunión do Consello do CPAM, 14.000 pts. Estas asistencias soamente serán compatibles cos gastos de locomoción. O punto 3 da referida base debe manterse sen variación. En todo caso, como se dixo, a base 50 no seu conxunto será obxecto de adaptación ó contido desta moción así como, no seu caso, as de dotacións das correspondentes partidas presupostarias. ------ Folla: 41,42 7.4385.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE ASIGNACIÓN DE DOTACIÓN ECONÓMICA ÓS GRUPOS POLÍTICOS Sr. Presidente.- Punto sete: moción da Presidencia sobre asignación de dotación económica ós Grupos Políticos. Sr. Secretario.- Me parece que ya la conocen también. En resumen, es la dotación mensual de 300.000 pesetas por Grupo Político por lo que siendo tres los Grupos, serían 900.000 pesetas de coste mensual, y luego una dotación mensual de 25.000 pesetas por cada miembro de cada Grupo Político. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- En parte coincide coa demanda que estaban facendo os Grupos dende hai anos sobre a posibilidade de poder funcionar, de ter medios para funcionar. Non é a opción exactamente que a nós nos gustaría máis, pero en liñas xerais coincide. Creemos que sendo unha institución provincial sería bastante mellor outra fórmula de dotación de persoal para que poida funcionar. Pódese subsanar mediante asignación por Grupo. Non coincide exactamente co que a nós de feito se nos comunicou, sen participar en nada na decisión, simplemente se nos comunicou. En liñas xerais vén a tapar un problema que había, aínda que non corresponde exactamente co que nos creemos sería máis eficaz para o funcionamento. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención máis?. Non hai intervencións. Sr. Mosquera, tendo en conta esta petición que existía dos Grupos da oposición, creemos que era o momento de acceder neste caso a este tema; pero teña en conta unha cousa; en virtude desta filosofía que vostede plantexa aumentáronse tamén as asistencias a tódolos Deputados, é dicir, que, á parte da asignación de Grupos polo seu funcionamento para que o Deputado poida vir a traballar, aumentáronse de 4 a 8 as asistencias a todos, absolutamente a tódolos Deputados. Eu creo que por aí se compensa por parte desta Presidencia quizais o que vostede dicía de liberados. Os Sres. Deputados poden vir oito veces a traballa-lo que queiran e polo tanto creo que se compensa, á parte da asignación que se lle da a cada grupo tamén, independentemente dos despachos que teñen vostedes aí, que, xa o adianto de antemán, todo o que gasten desde eses despachos corre cos gastos, a Deputación Provincial, teléfono, fax que polo menos o Partido Socialista fíxome fincapé en que era necesario o fax. Poñerémolo fax tamén ó Bloque Nacionalista Galego, e polo tanto creo que se dispón de suficientes recursos para poder atender tanto o Grupo de goberno como os Grupos da oposición as súas obrigas con estes medios. Sinceramente así o creo. Procedemos a súa votación polo tanto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase coa abstención do Bloque Nacionalista Galego. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do Partido Popular e do PSOE e a abstención do BNG, aproba-la Moción da Presidencia sobre asignación de dotación económica ós Grupos Políticos, que di así: O artigo 73.3 da Lei 7/85, reguladora das Bases do Réxime Local, segundo a redacción dada ó mesmo pola Lei 11/99, de 21 de abril, establece que o Pleno da Corporación poderá asignar ós Grupos Políticos unha dotación económica que deberá contar cun compoñente fixo, idéntico para tódolos Grupos, e outro variable, en función do número de membros de cada un deles. De acordo coa citada norma, elévase ó Pleno a proposta de asignar unha dotación económica con arreglo ás seguintes contías: A) Compoñente fixo Unha dotación mensual de 300.000 pesetas por Grupo, polo que, sendo tres os que actualmente forman a Deputación, o importe total mensual por este concepto elevaríase a 900.000 pesetas. B) Compoñemente variable Unha dotación mensual de 25.000 pesetas por cada membro do Grupo, o que suporá 400.000 pts. mensuais para o Grupo Popular, 150.000 pts. mensuais para o Grupo Partido Socialista de Galicia PSOE e 125.000 mensuais para o Grupo do BNG. Tales cantidades serán abonadas mensualmente a favor de cada Grupo Político, para o que haberá de obte-lo correspondente NIF, e con efectos de 1 de setembro de 1999, transfirindo o seu importe á conta que indique cada Grupo Político por medio do seu Voceiro. Non existindo actualmente dotación presupostaria para este fin, na seguinte sesión que celebre o Pleno da Deputación someterase a súa aprobación a correspondente modificación de crédito extraordinario e, no seu caso, das bases de execución do Presuposto. ------ Folla: 42,45 8.4386.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE POSTOS DE TRABALLO DE PERSOAL EVENTUAL Sr. Presidente.- Punto oito: moción da Presidencia sobre postos de traballo de persoal eventual. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- En resumen la moción dice lo siguiente: A anterior Corporación creara os postos de "Xefe de Gabinete da Presidencia" e de "Xefe de Gabinete de Prensa", ámbolos dous dotados na partida 99/112.111.141.01 coas retribucións de 6.364.488 pesetas e 4.391.800 pesetas anuais, respectivamente, postos de traballo que esta Presidencia considera que deben manterse. Ademais, procede crear un novo posto de Asesor da Presidencia, tamén para persoal eventual, sendo as súas funcións de asesoramento xeral e/ou sectorial á Presidencia, cunha retribución anual de 4.900.000 pesetas, imputable tamén á partida antes mencionada, que sería suplementada se fose preciso. Eso es en resumen lo que dice la Moción de la Presidencia. Sr. Presidente.- ¿Intervencións?. Sr. González. Sr. González Iglesias.- A lo mejor parte de mi intervención correspondería a puntos anteriores, concretamente al punto anterior, y voy a explicar el por qué. Miren ustedes, la dotación económica a los Grupos políticos es una vieja aspiración de todos los partidos políticos de esta casa, al menos de los de la oposición. Simplemente no se hacía hasta ahora y se hace porque ahora, por primera, vez hay una cobertura legal clara a este tema y antes no lo había. ¿Qué ocurre?. Que esa cobertura legal clara que hay ahora impide que los Grupos políticos puedan con esa asignación pagarle al personal, y al no contar los Grupos de la oposición con ningún personal de confianza, cosa que cuentan casi todas las Administraciones de esta provincia, en Ayuntamientos, etc., etc., se nos obliga, de alguna forma, si persiste el Partido Popular en su actitud, a que de las percepciones de los Diputados le paguemos a un asesor para que esté en el local del Grupo Socialista, cosa que vamos a hacer, evidentemente, ya que ustedes el personal eventual sólo lo plantean única y exclusivamente para el Grupo de gobierno. Podrán decirme que para el Presidente, pero realmente aparece solamente para el Grupo de gobierno. Siguiendo un criterio de proporcionalidad, que es el que plantearíamos nosotros, lógicamente habría personal eventual también, cosa que no se da en su propuesta, y que nosotros mantenemos como enmienda que se siga un criterio de proporcionalidad también para el personal eventual, para el personal contratado a instancias del Grupo político determinado. Si así lo hacen votaremos a favor, lógicamente, y si no votaremos en contra. Sr. Presidente.- Gracias. Bien, lógicamente todos estos puestos son de asesoramiento, en este caso a la Presidencia, no es al Grupo, es al Presidente, y por lo tanto nosotros pensamos que lo que está planteando el Partido se subsana, como hice antes contestándole al Sr. Mosquera, con el punto anterior. Es indudable que esa limitación la tiene también el Grupo Popular, la tenemos todos los Grupos; es decir, no puede ser personal de esta casa el que esté en el despacho de los Grupos políticos y además me parece oportuno que así sea. Otra cosa es que con la asignación que se da a cada Grupo se pueda tener una persona de total confianza del Grupo, lógicamente no de esta casa, pero si puede ser de total confianza porque ellos son los que eligen a la persona y creo que hay los suficientes medios para hacer eso o hacer otra cosa, por lo tanto, Sr. González, no vamos en este caso aceptar esta enmienda. ¿De acuerdo?. Sr. González Iglesias.- Presidente, la fórmula es muy sencilla y se aplica en otros Ayuntamientos de la provincia. El Grupo político correspondiente de la oposición dice: oiga, queremos contratar esta persona. Y se contrata con cargo a las arcas de la Diputación. Tengo mis serias dudas y yo creo que con una interpretación literal no se puede contratar a ninguna persona con cargo a la asignación de los Grupos políticos; por lo tanto nos iremos a la otra fórmula, le pagaremos nosotros con lo que nos han incrementado en asistencias y estará en el despacho del Grupo Socialista. Sr. Presidente.- Sr. González, creo que está totalmente equivocado. Le doy la palabra al Interventor para que te saque de dudas. Fue la interpretación que nosotros hicimos, la hicieron los técnicos, y por lo tanto creemos que siempre y cuando no sea personal de la Diputación, de fuera, cualquiera de tu partido que quieras tener ahí trabajando en la Diputación para el Grupo lo puedes tener y por lo tanto se puede contratar, por lo menos es la información que yo tengo. Sr. González Iglesias.- ¿Lo entiende así el Interventor?. Sr. Interventor.- Yo lo entiendo, porque lo que dice la Ley es "sin que puedan destinarse al pago de remuneraciones de personal de cualquier tipo al servicio de la Corporación". Sr. Presidente.- Al servicio de la Corporación, personal al servicio de la Corporación. Sr. González Iglesias.- Se entiende que un Grupo político forma parte de la Corporación, entonces al servicio de la Corporación es al servicio de un Grupo político. Yo esto no lo tengo nada claro. Encantado de que sea así la interpretación, es decir, se supone que a la hora de justificar para el Interventor de la Diputación. Sr. Interventor.- El Interventor no tiene que justificar nada con ningún Grupo político, en tal caso sería al Pleno, al Pleno cuando se lo pidan. Sr. González Iglesias.- Evidentemente, yo ruego que conste en acta que se aceptaría esa fórmula como justificante. Sr. Presidente.- En todo caso puede constar en acta la interpretación que le damos a esta Ley e insistir en que los gastos que se financien con cargo a la dotación de los Grupos políticos no es cuestión del Interventor, es cuestión del Pleno, es decir, que solamente tendremos que dar cuenta al Pleno si así lo exige el Grupo correspondiente, o sea, no entra para nada el Interventor, y la interpretación que le damos es esta y constará en acta. ¿De acuerdo?. Sr. González Iglesias.- Si es esa, perfecto; pero seguimos manteniendo que de la misma forma que el Grupo de gobierno va a contar con tres personas de personal eventual, nosotros entendemos que aplicando la proporcionalidad nos correspondería también alguna persona, por lo tanto votamos en contra si no nos aceptan la propuesta. Sr. Presidente.- De acuerdo. Procedemos á votación do punto oitavo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase cos votos en contra do Grupo Socialista e a abstención do Bloque Nacionalista Galego. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do Partido Popular, a abstención do BNG e os votos en contra do Grupo Socialista, aproba-la Moción da Presidencia sobre postos de traballo de persoal eventual, que di así: Os artigos 104 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local e 250 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, establecen que o número, características e retribucións do persoal eventual será determinado polo Pleno ó comezo do seu mandato. A anterior Corporación creara os postos de "Xefe de Gabinete da Presidencia
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota