ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Acta de sesión 2001/07/27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.363/1.2001-07-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2001/07/27_Ordinaria

  • Data(s) 2001-07-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 27 de xullo de 2001 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vintesete de xullo do ano dous mil un, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araújo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Ángel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Sr. Deputado, D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos o desenvolvemento da orde do día do Pleno ordinario correspondente ó mes en curso. 1.4638.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto primeiro da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do día 6 de xullo do ano 2001. ¿Hai algunha alegación?. Non hai alegacións. Apróbase por unanimidade. Apróbase por unanimidade a acta da anterior sesión, ordinaria, do día 6 de xullo do ano 2001. ------ Folla: 2.4639.- INICIACIÓN DE EXPEDIENTE DE DESAFECTACIÓN DUN TRAMO DA ANTIGA ESTRADA VILA DE CRUCES - BESEXOS Sr. Presidente.- Punto dous. Iniciación de expediente de desafectación dun tramo da antiga estrada Vila de Cruces-Besexos. Ben, aquí D. Jesús González Montes pidió la desafectación de un tramo de 500 metros en la carretera Silleda-Vila de Cruces, en la parroquia de Besexos, hai informe favorable tanto do enxeñeiro da zona coma do asesor xurídico no sentido de que efectivamente se leve a cabo. Entón neste momento é un ben público e vámolo a pasar a un ben patrimonial para a posterior enaxenación do mesmo a favor de D. Jesús González Montes. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Votamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Unanimidade. Vista a solicitude de cesión dun tramo de 500 m2 da antiga estrada Vila de Cruces - Besexos, promovida por D. Jesús González Montes; visto o informe técnico emitido o 2 de xullo de 2001 polo enxeñeiro xefe da Zona Norte, sinalando a viabilidade de tal solicitude por non ser dito tramo necesario para o futuro desenvolvemento da estrada, nin para a circulación, e sempre e cando se respecten as distancias de 2 metros de zona de servidume e 7 metros para edificación dende o borde exterior da cuneta; e téndose emitido informe pola Asesoría Xurídica con data 10 de xullo de 2001, determinando a necesidade de desafecta-lo ben público do citado tramo para convertelo en patrimonial e proceder a súa posterior enaxenación, de conformidade co artigo 8 do Regulamento de Bens de Entidades Locais (RD 1372/1986 de 13 de xuño) e concordantes, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras acorda por unanimidade o seguinte: 1.- A incoación dun expediente de desafectación dun tramo da antiga estrada provincial Vila de Cruces-Besexos, nunha superficie de 500 m2, para a súa transformación de ben de dominio público afecto ó uso público a ben patrimonial. 2.- A exposición ó público do expediente durante o prazo de 1 mes de acordo co preceptuado no artigo 8-2ª do Regulamento de Bens das Entidades Locais. ------ Folla: 3.4640.- APROBACIÓN DE XUSTIPREZOS EN MUTUO ACORDO CON MOTIVO DO EXPEDIENTE EXPROPIATORIO DA OBRA "MELLORA EP A LAMA PONTEVERDUGO" Sr. Presidente.- Terceiro punto da orde do día. Aprobación de xustiprezos en mutuo acordo con motivo do expediente expropiatorio da obra "Mellora EP A Lama Ponteverdugo", que saben vostedes que foi adxudicada en 83.708.151 pesetas dos cales 10.244.806 foron destinados a expropiacións de mutuo acordo cos expropiados. ¿Algunha intervención sobre este punto?. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Aprobándose inicialmente o proxecto de "Mellora EP A Lama - Ponteverdugo", con presuposto para coñecemento da Administración de OITENTA E TRES MILLÓNS SETECENTAS OITO MIL CENTO CINCUENTA E UNHA PESETAS (83.708.151), en virtude de acordo plenario de 24-11-2000, así como a declaración de utilidade pública da obra e a necesidade de ocupación; téndose aprobado definitivamente o referido proxecto polo Pleno Corporativo de 26-01-2001 tras someterse a información pública durante o prazo regulamentario; aprobándose polo Consello da Xunta de Galicia de 14-06-2001 o Decreto de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para tal obra; e como queira que durante a tramitación do expediente expropiatorio, de conformidade co artigo 24 da Lei de Expropiación Forzosa e concordantes do seu regulamento, chegouse ó mutuo acordo de xustiprezo cos propietarios afectados, consonte ós prezos fixados no proxecto, ascendendo o seu importe total a DEZ MILLÓNS DUASCENTAS CORENTA E CATRO MIL OITOCENTAS SEIS PESETAS (10.244.806), e sendo fiscalizado dito gasto pola Intervención en virtude de informe emitido o 28-06-2001 constatando a existencia de consignación presupostaria para facer fronte a tal gasto, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras acorda por unanimidade a aprobación do expediente de xustiprezos en mutuo acordo da obra "Mellora da EP A Lama-Ponteverdugo PK 0 ó PK 1,483" por importe de DEZ MILLÓNS DUASCENTAS CORENTA E CATRO MIL OITOCENTAS SEIS PESETAS (10.244.806), para o seu aboo ós propietarios afectados por tal vial. ------ Folla: 4.4641.- CORRECCIÓN DE ERRO NA ORDENANZA REGULADORA DE USO E DEFENSA DAS ESTRADAS PROVINCIAIS Sr. Presidente.- Punto número catro. Retírase da orde do día porque xurdiron certas dúbidas e querémolo estudiar un pouco mellor, dado que hai unha pequena discrepancia entre a Asesoría Xurídica e o informe dos enxeñeiros e polo tanto vámolo a retirar da orde do día para estudialo, no seu caso, con máis profundidade. Retírase da orde do día asunto relativo á corrección de erro na ordenanza reguladora do uso e defensa das estradas provinciais para un maior estudio. ------ Folla: 5.4642.- MOCIÓN DO DEPUTADO DO BNG, D. XOSÉ ANTONIO ARAÚJO QUINTAS, SOBRE APOIO A SINTEL Sr. Presidente.- Punto cinco. Moción do Deputado do BNG D. Xosé Antonio Araújo Quintas sobre apoio a SINTEL. Ten a palabra o Sr. Araújo. Sr. Araújo Quintas.- Sr. Presidente. Bueno esta moción que leva aquí case dous meses presentada, pois dende logo o desexo do BNG e creo que o de todo este foro sería non te-la necesidade de lela hoxe aquí e debatila. Pero aínda que se ben é certo que parece que hai cambios, que empeza a moverse unha, en fin, a vislumbrarse unha certa posibilidade de solución ó conflicto o que si tamén é certo é que a solidariedade nunca está demais. E eu creo que eso é un bo exercicio para calquera Corporación. Polo tanto hai un segundo punto que quizais ó mellor non veña á conto xa que efectivamente as negociacións empezaron, pero xa digo, o primeiro si que ten moita importancia. Bueno eu vou dar lectura á moción aínda que penso que a coñecen todos, e logo pasaríamola a discutir se é o caso. A moción di o seguinte: SINTEL creouse no ano 75 sendo a filial máis importante de Telefónica e chegando a ter catro mil empregados e máis de catrocentos enxeñeiros, cunhas vendas de máis de 62.000.000 de pesetas, viña realizando traballos en Libia, Arxentina, Chile, Venezuela, etc. SINTEL era unha empresa 100% de telefónica que foi vendida o 30-03-96 á empresa MASTEC, propiedade da familia Canosa, cando ámbalas dúas eran aínda maioritariamente públicas. Foron vendidas sen avisar previamente ós sindicatos porque 4.900.000.000 de pesetas cantidade que a familia Canosa non chegou a pagar na súa totalidade e por outra banda a propia telefónica na venda quedouse con tódalas oficinas e almacéns de SINTEL descapitalizándoa. Non houbo nin hai problemas no sector no que traballa SINTEL, ó contrario, é o que máis crecemento está a ter en todo o estado e o que máis carga de traballo ten. Resulta sospeitoso que a empresa máis grande do sector, 1.800 traballadores na matriz e 3.000 nas filiais con unha grande experiencia en instalacións e mantemento de liñas e redes de telecomunicacións estea en dificultades a causa do bloqueo a que a somete Telefónica dende hai cinco anos, reducción de prezos, contratos e despois retirada total da carteira de traballo en 30 provincias, ademais de negarse a facturarlles as obras realizadas por valor de máis de 6.000 millóns de pesetas. Os traballadores de SINTEL levan máis de 250 días en folga e dende o pasado 29 de xaneiro 1.800 traballadores e traballadoras, dos que 160 son galegos, atópanse acampados no Paseo da Castellana en Madrid. Así mesmo as traballadoras desta empresa e as mulleres dos traballadores estiveron pechados na Catedral da Almudena, quince días, etc., día no que abandonaron, o día 15 de febreiro abandonaron o peche para unirse ós seus compañeiros no acampamento ante o anuncio do goberno español de sentarse a negociar. Ó día de hoxe adebédanselle ós traballadores e traballadoras máis de dez mensualidades e a fiscalía anticorrupción está investigando a denuncia presentada polos mesmos respecto á suposta venta fraudulenta de SINTEL. O goberno pode forzar dende a súa posición coa acción de ouro a Telefónica e negociar un acordo e a dar así solución a un conflicto que principiou sendo consecuencia de decisións políticas. Por todo isto o BNG propón que o Pleno da Corporación Provincial, amose a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras de SINTEL nas súas xustas reivindicacións. Ben, eu evidentemente neste tempo que dende que foi a moción presentada pois houbo cambios tanto a nivel do que dixen antes da negociación que parece que se abre como por parte da propia fiscalía que parece que se decide a tomar cartas no asunto. Isto é un conflicto pois tamén conviña resaltar que á parte de ser un conflicto longo e que ten un nacemento, unha xénese política, por unha decisión política, polo tanto a súa resolución non cabe dúbida que tamén ten que vir por aí. Foi un conflicto incómodo e que nós, entre outras cousas, o traemos aquí ou decidimos traelo aquí polo silencio mediático a que estaba sometido, algo que nos parece intolerable a estas alturas da vida democrática dun país que se di coma tal. Polo tanto xa digo, eu creo que a solidariedade desta Corporación, desta e doutras pero en principio desta, pois segue a ser unha arma de grande utilidade e polo tanto é iso o que se plantexa neste Pleno. Non teño máis nada que dicir por agora. Sr. Presidente.- Ben. Gracias Sr. Araújo. Vamos a ver. Efectivamente houbo un cambio substancial no tema de SINTEL. Como todos sabemos os sindicatos Comisións Obreiras, UXT e o Comité Intercentros de SINTEL aceptaron a proposta do goberno en canto ó plantexamento xa que prevé a recolocación de entre 800 e 1.000 traballadores, á parte de que un plan de prexubilacións e polo tanto eu creo que sinceramente o punto primeiro pois ten sentido, que o Pleno da Deputación se solidarice cos traballadores e traballadoras de SINTEL nas súas xustas reivindicacións, pero en canto ó segundo punto eu creo que neste momento non ten sentido de instar absolutamente nada ó goberno posto que tomou xa a decisión. Outra cousa é que efectivamente neste momento se estea a negociar sobre tres puntos fundamentalmente como son cantos van a se-lo número de prexubilacións, que se vai facer ou como se vai facer-lo pago das nóminas pendentes e cal é a definición clara das propostas de traballo que propuxo o goberno. Isto é o que se está discutindo segundo as miñas informacións nestes momentos e polo tanto eu propóñolle ó grupo do BNG e en concreto ó propoñente da moción que é o Sr. Araújo que efectivamente aprobemos esta moción co primeiro punto que aquí se propón, que é que "o Pleno da Corporación Provincial amosa a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras de SINTEL nas súas xustas reivindicacións", e suprimamos o segundo que me parece que neste momento non ten lóxica. Si. Sr. Araújo Quintas.- Si, efectivamente xa o dixen ó principio, acéptase e bueno pois simplemente se isto se vai a votar a favor, como dixen ó principio, está ben que ese acto solidario se dea e confiar en que efectivamente esas negociacións que se empezan, que efectivamente acaban de empezar, pois cheguen a bo fin. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Araújo. Procedemos polo tanto á votación da moción co primeiro punto. O Pleno en concreto o que acorda é: O Pleno da Corporación Provincial amosa a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras de SINTEL nas súas xustas reivindicacións. E suprímese o punto dous. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social acorda por unanimidade aproba-la Moción presentada polo deputado do BNG, D. Xosé Antonio Araújo Quintas, sobre apoio ós traballadores de SINTEL no seu apartado primeiro. Dita Moción é como segue: MOCIÓN SINTEL creouse no ano 1975, sendo a filial máis importante de Telefónica e chegando a ter 4.000 empregados e máis de 400 enxeñeiros. Cunhas vendas de máis de 62.000 millóns de pts., viña realizando traballos en Libia, Arxentina, Chile, Venezuela, etc. ... SINTEL era unha empresa 100% de Telefónica, que foi vendida o 30-03-1996 á empresa Mastec, propiedade da familia Canosa, cando ámbalas dúas eran aínda maioritariamente públicas. Foron vendidas sen avisar previamente ós sindicatos por 4.900 millóns de pts., cantidade que a familia Canosa non chegou a pagar na súa totalidade, e por outra banda a propia Telefónica na venda quedouse con tódalas oficinas e almacéns de SINTEL, descapitalizándoa. Non houbo nin hai problemas no sector no que traballa SINTEL, ó contrario, é o que máis crecemento está a ter en todo o Estado e o que máis carga de traballo ten. Resulta sospeitoso que a empresa máis grande do sector (1.800 traballadores na matriz e 3.000 nas filiais) cunha grande experiencia na instalación e mantemento de liñas e redes de telecomunicacións, estea en dificultades a causa do bloqueo a que a somete Telefónica desde hai cinco anos: reducción de prezos, contratos e despois a retirada total da carteira de traballo en 30 provincias, ademais de negarse a facturarlle as obras realizadas por valor de máis de 6.000 millóns de pts. Os traballadores e traballadoras de SINTEL levan máis de 250 días en folga, e desde o pasado 29 de xaneiro, 1.800 traballadores/as, dos que 160 son galegos, atópanse acampados en 400 tendas ó longo dun quilómetro no Paseo da Castellana en Madrid. Así mesmo, as traballadoras desta empresa e as mulleres dos traballadores estiveron pechadas na Catedral da Almudena desde o 24-02-01 ata o 15 deste mes, día no que abandonaron o peche para unirse ós seus compañeiros no acampamento, ante o anuncio do Goberno español de sentarse a negociar. A día de hoxe adebédanselles a estes traballadores/as máis de 10 mensualidades, e a Fiscalía Especial Anticorrupción está investigando a denuncia presentada polos mesmos respecto da suposta venda fraudulenta de SINTEL. O Goberno pode forzar desde a súa posición (coa acción de ouro) a Telefónica a negociar un acordo e dar así solución a un conflicto que principiou sendo consecuencia de decisións políticas. Por todo isto, o Grupo Provincial do BNG fai a seguinte PROPOSTA: 1º.- O Pleno da Corporación Provincial amosa a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras de SINTEL, nas súas xustas reivindicacións. ------ Folla: 6.4643.- CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, DEPUTACIÓN E CONCELLO DE MOAÑA PARA CENTRO SOCIAL DA TERCEIRA IDADE Sr. Presidente.- Pasamos ó punto sexto. Convenio entre a Consellería de Política Territorial, Deputación e Concello de Moaña para Centro Social da Terceira Idade. Simplemente dicir neste tema que por parte do Concello de Moaña, por parte da Consellería de Política Territorial pediuse unha importante colaboración á Deputación Provincial. Están implicadas, como digo, tanto a Consellería de Política Territorial como o Concello de Moaña, neste caso sempre que hai unha colaboración institucional ou unha colaboración entre Consellerías, entre Concellos e a Deputación Provincial, eu creo que en tódolos casos que se plantexaron aquí, eu recordo neste momento noutros tempos en Marín, ultimamente en Redondela, agora vén en concreto este tema, bueno, nós presentámoslle a conformidade e polo tanto proponse, neste caso ó Pleno da Corporación, a aprobación deste Convenio e a autorización ó Presidente para a firma do mesmo. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos polo tanto a súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social, o Pleno acorda por unanimidade aproba-lo convenio a subscribir entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, esta Deputación Provincial e o Concello de Moaña para executa-las obras dun Pavillón Multiusos e Centro da Terceira Idade en Domaio, aportando a Deputación a cantidade de SESENTA MILLÓNS DE PESETAS (60.000.000) a razón de trinta millóns de pesetas (30.000.000) no 2001 e trinta millóns de pesetas (30.000.000) no 2002, habilitando e consignando para iso o crédito suficiente na partida que corresponda. Dito convenio é como segue: CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MOAÑA PARA A EXECUCIÓN DE "OBRAS EN MATERIA DE URBANISMO" En , de de 2001 REUNIDOS Dunha parte o Excmo. Sr. D. José Cuiña Crespo, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, facultado polo disposto na Lei 1/1983 de 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e o seu Presidente para a formalización deste convenio. Doutra o Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. E doutra parte, o Ilmo. Sr. D. Javier Barreiro Tenorio, Alcalde-Presidente do Concello de Moaña (Pontevedra), actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. As tres partes recoñécense mutuamente, na calidade en que interveñen, capacidade legal suficiente para o outorgamento deste convenio e para o efecto, EXPOÑEN 1.- O Concello de Moaña (Pontevedra) expuxo a necesidade de aborda-la execución das obras consistentes en: Execución dun Pavillón Multiusos e Centro da Terceira Idade no núcleo de Domaio. Dita actuación supón a creación dunha infraestructura básica e necesaria para o entorno onde se pretenden ubicar e o concello non ten capacidade de financiamento para acometer de xeito unilateral as referidas obras. 2.- Para conségue-la actuación manifestan o seu interese de colaboración á Excma. Deputación de Pontevedra. 3.- Nos presupostos da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para 2001 figura consignación orzamentaria adecuada para acomete-la actuación. A competencia da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, para esta actuación, está establecida no apartado l) do artigo 6º do Decreto 38/1999, do 5 de febreiro polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. 4.- Polo exposto, as partes intervenientes, no exercicio das competencias que lles atribúe a súa lexislación específica, manifestan a súa vontade de formalizar unha colaboración, para aborda-la execución das obras citadas, a través dun convenio que se estructura nas seguintes CLÁUSULAS CLÁUSULA PRIMEIRA.- OBXECTO O obxecto do presente convenio é establece-las bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Moaña que permitan acometer e incorporar ó patrimonio público municipal as obras consistentes na construcción dun Pavillón Multiusos e Centro Social no núcleo de Domaio. CLÁUSULA SEGUNDA.- COMPROMISOS DO CONCELLO O Concello de Moaña comprométese a: 1.- Realizar a súa conta tódolos documentos técnicos que sexan precisos para a completa definición da obra a que se fai referencia na cláusula primeira, de acordo co establecido no Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas para os proxectos de obra, ata que sexan susceptibles de obter informe de conformidade pola Oficina de Supervisión de Proxectos que para os efectos estableza a Dirección Xeral de Urbanismo. 2.- Poñer a disposición da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda os terreos necesarios, libres de carga e gravames e co réxime urbanístico adecuado, para a execución das obras a que se refiren as actuacións descritas na cláusula primeira, así como a reposición de servicios e servidumes. Así mesmo, asumirá a realización das xestións pertinentes, perante os organismos que correspondan, para a obtención dos permisos, licencias e autorizacións regulamentarias, correndo cos custos que se xeren, entre os que non haberá ningunha liquidación de tributo municipal, a que puidera dar lugar a execución das obras, ó se-lo concello o titular das mesmas. 3.- Asumir, unha vez realizadas as obras e logo da comunicación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a explotación e conservación das mesmas. 4.- Antes da sinatura do presente convenio, o concello deberá achegar ó órgano de contratación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, os compromisos a que fan referencia os apartados 1, 2 e 3 anteriores. 5.- O concello, como trámite previo á licitación das obras, aportará a oportuna certificación xustificativa da dispoñibilidade dos terreos, nos termos do apartado 2 precedente. CLÁUSULA TERCEIRA.- COMPROMISOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Deputación de Pontevedra comprométese a: Contribuír ó financiamento das obras cunha achega de 60.000.000 de pesetas (360.607,26 euros), con cargo ás seguintes anualidades: Anualidade de 2001: 30.000.000 de pesetas (180.303, 63 euros) Anualidade de 2002: 30.000.000 de pesetas (180.303, 63 euros) As ditas cantidades serán aboadas á Xunta de Galicia cando, por estaren adxudicadas as obras, lle sexan requiridas á Deputación pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. CLÁUSULA CUARTA.- COMPROMISOS DA XUNTA DE GALICIA A Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, asume os seguintes compromisos: 1.- Financia-la execución das obras segundo as prescricións do proxecto, destinando para iso, a cargo do concepto presupostario 06.02.332A 607.1, ata un máximo de vintecinco millóns de pesetas (25.000.000 ptas.) (150.253,03 euros), con cargo á anualidade de 2001. 2.- Levar a cabo, as actuacións consistentes na contratación, dirección facultativa e técnica, xestión e recepción das obras descritas nos proxectos e formaliza-los actos de recepción das mesmas, de conformidade co estipulado no artigo 111.2 da LCAP. As actuacións expresadas abarcan, se fose o caso, as execucións de proxectos modificados, complementarios, revisión de prezos e proxectos de liquidación ata que as construccións merezan a plena conformidade da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por haberse producido o acto formal de recepción e atoparse en condicións de ser entregadas ó Concello de Moaña para a súa incorporación ó servicio e uso público. 3.- Una vez producido o acto formal de recepción das obras pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, esta poñerao en coñecemento do Concello de Moaña, entendéndose que tal comunicación determina o nacemento da obriga asumida polo concello na cláusula segunda 3) precedente, sen prexuízo da posterior formalización da correspondente acta de entrega. CLÁUSULA QUINTA.- COMISIÓN DE SEGUIMENTO Para o impulso e seguimento das accións establecidas no presente convenio, créase unha Comisión que resolverá as controversias que resulten respecto da súa execución, integrada por catro membros, dous por cada unha das partes asinantes do presente acordo de colaboración. CLÁUSULA SEXTA.- INTERPRETACIÓN E INCUMPRIMENTOS 1.- As dúbidas que se presenten na súa interpretación, caso de discrepancias, serán resoltas, visto o informe da Comisión de Seguimento polo Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, poñendo así fin á vía administrativa. 2.- O incumprimento de calquera das cláusulas do presente convenio constituirá causa suficiente de rescisión do mesmo. 3.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdicción contencioso-administrativa será competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia do mesmo. O presente convenio obriga ó cumprimento do expresamente pactado, someténdose ámbalas dúas partes ó acordado en tódalas estipulacións, aplicándoselle os principios do Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas para resolve-las dúbidas e lagoas que se poidan presentar (artigo 3.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), estendéndose por triplicado exemplar, no lugar e data arriba indicados. CLÁUSULA SÉTIMA.- ORZAMENTOS PLURIANUAIS A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dentro dos límites establecidos no artigo 58.3 do Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, poderá: 1.- Efectua-los reaxustes das anualidades do convenio resultantes dos correspondentes que, como consecuencia do ritmo de execución das obras, fose preciso realizar. 2.- Realizar, ata os límites establecidos no presente documento, a aprobación dos créditos necesarios para o financiamento, no seu caso, de proxectos modificados, complementarios e/ou de liquidación que sexa necesario aprobar. CLÁUSULA OITAVA.- VIXENCIA DO CONVENIO A vixencia do presente convenio esténdese ata a entrega das obras ó Concello de Moaña, que se producirá cando, rematadas estas, sexan recibidas de conformidade pola Consellería, non podendo exceder do 31 de decembro do ano 2003. POLA XUNTA DE GALICIA POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA O Conselleiro de Política Territorial O Presidente Obras Públicas e Vivenda Asdo.: José Cuiña Crespo Asdo.: Manuel Abeledo López POLO CONCELLO DE MOAÑA O Alcalde Asdo.: Javier Barreiro Tenorio ------ Folla: 7.4644.- APROBACIÓN DEFINITIVA DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN QUE INCLÚE AS DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS, CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2000 Sr. Presidente.- Punto número sete. Aprobación definitiva da Conta Xeral da Deputación que inclúe as dos seus Organismos Autónomos, correspondente ó exercicio do ano 2000. Ten a palabra o Sr. Vicepresidente económico. Sr. Pedrosa Fernández.- Gracias Presidente. Simplemente para decir que pasó el trámite de exposición al público, no hubo alegación ninguna y lo que se trae al Pleno es la aprobación definitiva de la Cuenta General de esta Diputación así como la de los Organismos Autónomos correspondientes al ejercicio del año 2000. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Intervencións?. Non hai intervencións. Polo tanto sometemos a aprobación definitiva a Conta Xeral da Deputación que inclúe as dos seus Organismos Autónomos correspondentes ó exercicio do ano 2000. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Abstención BNG e a favor os outros dous grupos. Dictaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas en sesión celebrada o día 30-05-01, a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, correspondente ó exercicio 2000, ó non producirse reclamacións, reparos nin observacións contra a mesma durante o prazo regulamentario que estivo exposta ó público, e a teor do disposto no artigo 116 da Lei 7/1985, de 2 de abril, en concordancia co artigo 193-3 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, aproba-la Conta Xeral do Presuposto da Deputación Provincial de Pontevedra do Exercicio de 2000, integrada pola da propia Deputación e as dos seus Organismos Autónomos (Escola de Canteiros, Museo Provincial, Escola de Enfermería, Centro de Formación Profesional, Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas", Caixa de Anticipos de Cooperación e ORAL), integradas polos estados e contas anuais, os anexos ós estados anuais e a xustificación dos estados e contas anuais a que se refiren as regras 416, 425 e 415, da Instrucción de contabilidade para a Administración Local, aprobada por Orde do Ministerio de Economía e Facenda de 17 de xullo de 1990. ------ Folla: 8.4645.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Sr. Presidente.- Punto oitavo. Expediente de modificación de créditos. Ten a palabra o Sr. Vicepresidente económico. Sr. Pedrosa Fernández.- Gracias Presidente. Viene hoy el tercer expediente de modificación de créditos extraordinarios y de suplemento de crédito todos ellos con cargo a remanente de Tesorería. El montante son, en expediente de crédito extraordinario, 23.500.000 pesetas, y en suplemento de créditos, 49.000.000, lo que suma 72.500.000 pesetas. El reparto de estos 72.500.000 pesetas sería el siguiente: 3.000.000 para subvención del Programa de Fiestas del verano de la Peregrina; 3.500.000 para convenio con el Seminario Carlos Velasco; 17.000.000 de pesetas para construcción de un centro social en Verducido, 17.000.000 de pesetas en este caso es la aportación de la Diputación, hay otras dos aportaciones de 20.000.000 de pesetas, una de la Consellería de Familia y otra de la Consellería de Cultura y otros 17.000.000 de la Comunidad de Montes de Verducido. Otra partida de 37.500.000 pesetas para la rehabilitación de los edificios del Museo, es la actual ampliación, el cambio de tejados del edificio Fernández Flórez. Hay otra partida de 700.000 pesetas para reparación en las cubiertas de la Imprenta; otra de 800.000 para reparación del tejado del Parque ; y otra partida finalmente de 10.000.000 de pesetas en cultura, juventud y deportes. Eso es lo que suman los 72.500.000 pesetas de esta modificación. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi bos días. Moitas gracias Sr. Presidente. Ben en consonancia coa filosofía que estiven mantendo sempre nas modificacións de crédito vámonos abster. Non aprobamos o orzamento, hai cousas aquí que evidentemente debían estar previstas naquel momento, vostedes o xestionan como ben entenden e polo tanto non sen entrar en todas e cada unha das partidas que se recollen, algunhas estaríamos totalmente de acordo outras menos, pois vámonos abster. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. ¿Algunha intervención máis?. Gracias. Procedemos polo tanto á votación. ¿Votos en contra?. Estamos no punto oitavo, expediente de modificación de créditos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase polo PP e a abstención dos demais grupos. Visto o terceiro expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito, dentro do vixente presuposto provincial, por un total de SETENTA E DOUS MILLÓNS CINCOCENTAS MIL PESETAS (72.500.000), motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e por non existir consignación no estado de gastos do presuposto corrente, e que será financiado con cargo ó remanente de tesourería dispoñible, e sendo os gastos a financiar específicos e determinados, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, prestar aprobación ó expediente, que resumido por capítulos é o seguinte: Expediente de crédito extraordinario Capítulo 4º.-Transferencias correntes 6.500.000 Capítulo 6º.-Inversións reais 17.000.000 Total crédito extraordinario 23.500.000 Expediente de suplemento de crédito Capítulo 6º.- Inversións reais 39.000.000 Capítulo 7º.- Transferencias de capital 10.000.000 Total suplemento de crédito 49.000.000 Os expedientes presentan, resumidos por capítulos, a seguinte estructura: Capítulo 4º.- Transferencias correntes 6.500.000 Capítulo 6º.- Inversións reais 56.000.000 Capítulo 7º.- Transferencias de capital 10.000.000 Total expediente de modificación de crédito 72.500.000 Dito expediente exporase ó público, a efectos de posibles reclamacións, por un período de quince días hábiles, considerándose definitivamente aprobado se durante o citado prazo de exposición non se presentaren reclamacións. ------ Folla: 9.4646.- SEGUNDO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS DO ORAL Sr. Presidente.- Punto noveno. Segundo expediente de modificación de créditos do ORAL. Ten a palabra o Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Gracias Sr. Presidente. Bien, este expediente de modificación de créditos del organismo autónomo ORAL es por un montante de 6.100.000 pesetas de los cuáles 2.600.000 pesetas son para ampliar la partida de préstamos a corto plazo para vivienda y enfermedades graves de funcionarios, y 3.500.000 para adquisición de mobiliario y enseres. Todos ellos los 6.100.000 pesetas son con cargo a remanentes de Tesorería. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Simplemente dicir que nos vamos abster pola mesma razón do anterior. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos polo tanto á votación. Segundo expediente de modificación de créditos do ORAL. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase cos votos do Partido Popular e a abstención dos demais grupos. Visto o segundo expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito do ORAL, dentro do vixente presuposto de dito organismo, por un total de SEIS MILLÓNS CEN MIL PESETAS (6.100.000), motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e por non existir consignación no estado de gastos do presuposto corrente, e que será financiado con cargo ó remanente de tesourería dispoñible, e sendo os gastos a financiar específicos e determinados, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, prestar aprobación ó expediente, que arroxa o seguinte resume: PARTIDA DENOMINACIÓN CRÉDITO EXTRAORDINARIO 2001/861.611.830.07 Préstamos a curto prazo para vivenda e enfermidade grave 2.600.000 2001/861.611.625.01 Adquisición de mobiliario e enseres 3.500.00 TOTAL SUMA 6.100.000 Dito expediente exporase ó público, a efectos de posibles reclamacións, por un período de quince días hábiles, considerándose definitivamente aprobado si durante o citado prazo de exposición non se presentaren reclamacións. ------ Folla: 10.4647.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Se da cuenta del extracto de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 26 de xuño e 21 de xullo do presente ano. Queda enterado o Pleno de extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre o 26 de xuño e o 21 de xullo de 2001 e que foron trasladadas ós distintos grupos políticos. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, tratáronse os seguintes asuntos: 11.4648.- CONVENIO ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS, PARA A CESIÓN DA GRANXA DE SALCEDO Sr. Presidente.- Ben. Gracias Sr. Vicesecretario. Fóra da orde do día traemos dous puntos. O primeiro punto é propoñer ó Pleno a aprobación do proxecto de convenio entre a Deputación Provincial e o CSIC para cesión da Misión Biolóxica de Galicia da Granxa de Salcedo co seu Pazo e facultar ó Presidente da Deputación para a sinatura do citado convenio. Como vostedes saben o Pleno do 10 de agosto do ano 1951, desta corporación de entón cedeu a finca á Misión Biolóxica de Galicia, ó CSIC, precisamente para levar a cabo as misións que lle encomendaba o CSIC á Misión Biolóxica de Galicia. Polo tanto en agosto termínase o prazo, plantexamos o tema de poder prorrogar este convenio segundo informe do Vicesecretario da Deputación non procede unha ampliación do convenio senón que é absolutamente necesario pois asinar un novo convenio, como o dez de agosto remata o prazo para a sinatura deste convenio, a urxencia polo cal se trae aquí fóra da orde do día é por esta razón. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a vota-la urxencia por cortesía pero que resulta simpático que algo que hai cincuenta anos que xa se sabía o día que ía rematar veña por urxencia. Cando menos resulta simpático, deben estar ocupados uns e outros noutros mesteres para que teña que vir por urxencia. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Indubidablemente somos bastante simpáticos. Procedemos polo tanto á súa votación, ah perdón, á urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Apróbase a urxencia. Polo tanto votamos entón o que acabo de ler, propoñer ó Pleno a aprobación. Perdón. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moitas gracias, é unha cuestión patrimonial e as cuestións patrimoniais sempre son bastante delicadas e eu entendo que xa que veña por urxencia con esta presa, xa o dixen antes, por non usar outro tipo de cualificativo dixen o que dixen. Pero en canto ó acordo nós temos moitisimas dúbidas incluso da legalidade do apartado 2º e 4º. Paso a lelos: a concesión outorgarase polo prazo de cincuenta anos ó cabo dos cales as construccións feitas ó amparo deste convenio pasarán a ser propiedade da Deputación. Se fora así absolutamente correcto. Pero segue: indemnizando ó consello no prezo que previa taxación acordada teña realmente naquel momento. Ou sexa cedemos gratuitamente, ou sexa, sen nada, o aluguer dunha finca que ten o seu valor e se constrúe algo, se queremos recuperala os que estean aquí nese momento se é que existen as Deputacións nese momento, pois resulta que terían que pagar polas supostas construccións que se fagan nese período. Eso ningún dereito privado nin público, é unha cousa moi rara que se contemple, cando se alquila se fai obras alí, disfruta delas, se fai as súas previsións en función do tempo que lle queda de disfrute ou usufructo dese ben pero chegado o fin do período non hai esta cláusula. Está claro que está redactado por quen está. E o cuarto di "as construccións que se fagan na finca a tódolos efectos se entenderán propiedade do consello en canto se encontre en vigor a cesión disposta neste documento. Bueno esto pode ofrecer máis dúbidas pero eso de construír en terreo alleo pois en principio ten bastantes problemas. Pero sobre todo o segundo porque non entendemos por que se contempla así porque parece bastante anómala e a verdade é que a administración local pois en fin empezamos a estar un pouquiño fartos de que sempre que hai que ceder a outro tipo de entidades hai que ceder todo, hai que poñer a disposición e aínda por riba cando se quere recuperar e incluso sendo propiedade orixinaria desa administración pois resulta que despois hai que pagar, non hai reciprocidade en absoluto. Non nos gusta este articulado e ademais temos moitas dúbidas de que legalmente sexa así, pode dar un preito bárbaro dentro de cincuenta anos, seguramente non estamos ningunha, algún ten esa esperanza, pero en principio pode dar un preito bárbaro, non se chega a fixa-la taxación conxunta e resulta que a Deputación se quedou sen a finca, polo menos estaría empantanada á tira de anos. É o que quería dicir. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Indubidablemente este convenio que se trae neste momento ó Pleno para a súa aprobación e autorizar ó Presidente para a súa sinatura ten o correspondente informe xurídico e polo tanto eu neste sentido quen mellor lle pode contestar é o Vicesecretario da Deputación Provincial a quen lle vou concede-la palabra para que lle aclare as dúbidas neste censo. Sr. Vicesecretario.- Si Sr. Presidente. Gracias. En relación con la cuarta, se puso esto de buena fe para evitar el problema de las construcciones extralimitadas que siempre hay problemática. Pero bueno parece ser que el problema no es la cuarta, es la segunda como dijo. El problema de la segunda es para evitar un posible enriquecimiento. El problema está en el enriquecimiento que se puede producir con una edificación que a lo mejor había que indemnizar. Esto se podría o no se podría poner, ahora si se saca no hay ningún problema. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Cuadrado. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- É que bueno, evidentemente eu non quero entrar en polémica coas cuestións xurídicas pero parece que a intervención do Secretario en funcións dá a entender que a administración local pois pode ter enriquecemento inxusto se ó final hai unha construcción bárbara que fan ó final cando hai un período de cinco anos, pero volvemos a esquecernos da reciprocidade. Tamén hai enriquecemento inxusto do CSIC cando disfruta cincuenta anos dunhas instalacións que non son deles. É dicir, a administración local sempre leva tódolos paos, sempre, e incluso parece que o temos asumido. Repito, non nos gusta, se se quere cambiar ben e senón abstémonos ó convenio. Sr. Secretario.- Estamos de acuerdo, es decir, es perfectamente legal esta cláusula, como sería perfectamente legal si se suprimiese. Sr. Presidente.- Bien, si efectivamente es legal suprimiendo esa cláusula eu estaría de acordo co Sr. Mosquera no senso de que se retire precisamente indemnizando ó consello no prezo que prevía a taxación acordada realmente naquel momento. Si é legal ámbalas dúas redaccións eu estaría máis de acordo co que dicía o Sr. Mosquera co que efectivamente consta no convenio. ¿No hay problema legal?. Bien. Entonces lea usted como quedaría. Sr. Secretario.- La cláusula segunda quedaría de la siguiente forma redactada: A concesión outórgase polo prazo de cincuenta anos ó cabo dos cales as construccións feitas ó amparo deste convenio pasarán a ser propiedade da Deputación. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Secretario. ¿Algunha intervención máis?. Procedemos polo tanto á súa votación con esta modificación e á autorización ó Presidente para a sinatura do mesmo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o acordo plenario da Excma. Deputación Provincial de data 10 de agosto de 1951, polo que se dispuxo a cesión da finca da Granxa de Salcedo e Pazo que nela se atopaba, propiedade da Deputación co carácter de ben patrimonial, en favor do Consello Superior de Investigacións Científicas con destino a estudios encomendados á Misión Biolóxica de Galicia por un prazo de cincuenta anos. Vista a solicitude de prórroga da cesión no seu día concedida, por un novo período de cincuenta anos formulada polo Sr. Director da Misión Biolóxica de Galicia, mediante escrito de data 9 de febreiro de 2001. Visto o informe emitido polo Vicesecretario Xeral en data 25 de abril, polo que se pon de manifesto a necesidade de formalizar un novo Convenio que a súa vixencia se inicie unha vez extinguida a cesión actual así como o proxecto de convenio, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras acorda por unanimidade o seguinte: a) Aproba-lo proxecto de convenio para a cesión ó Consello Superior de Investigacións Científicas da Granxa de Salcedo. b) Facultar ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura do citado convenio. PROXECTO DE CONVENIO ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS PARA A CESIÓN Á MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA DA GRANXA DE SALCEDO En Pontevedra a de de 2001. REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Doutra parte, o Excmo. Sr. D. Rolf Tarrach Siegel, Presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), actuando en nome e representación deste organismo autónomo, no exercicio da competencia que ten atribuída polo artigo 15,1 a), do seu Estatuto, aprobado polo Real Decreto 1945/2000, de 1 de decembro. Ámbalas dúas partes interviñentes recoñécense reciprocamente competencia e capacidade suficiente para a formalización do presente convenio, en base ó principio de liberdade de pactos e de colaboración e EXPOÑEN Primeiro.- A Deputación Provincial de Pontevedra é dona da finca na parroquia de Salcedo desta capital denominada "A Granxa", así como do Pazo en dito recinto. Segundo.- O Pleno da Corporación na súa sesión de 10 de agosto de 1951 acordou a cesión para a investigación científica ó Consello Superior de Investigacións Científicas da citada finca, polo período de 50 anos, prazo que está a concluír. Terceiro.- A Deputación Provincial de Pontevedra mantendo unha tradición de apoio á investigación científica quere continuar coa colaboración que presta no Consello Superior de Investigacións Científicas mediante unha nova cesión á Misión Biolóxica de Galicia da Granxa de Salcedo. En base ás consideracións expostas, e ó obxecto de instrumenta-la súa colaboración, as partes interviñentes, formalizan o presente convenio no que ACORDAN Primeiro.- A Deputación Provincial de Pontevedra cede ó Consello Superior de Investigacións Científicas con destino ós estudios encomendados á Misión Biolóxica de Galicia a finca, tendo en conta a permuta polo Pleno na súa sesión de 6 de xullo de 2001, unha vez sexa esta eficaz e o pazo en que este se atopa, na parroquia de Salcedo (Pontevedra), autorizando ó Consello as construccións que estime necesarias e ó uso e disfrute dos citados inmobles, para destinalos ós fins científicos propios de dito centro de investigación. Segundo.- A concesión outorgase polo prazo de cincuenta anos, ó cabo dos cales as construccións feitas ó amparo deste convenio pasarán a ser propiedade da Deputación. Terceiro.- A cesión establecida neste contrato en ningún caso implica traspaso da propiedade dos inmobles que continua correspondendo a Deputación Provincial de Pontevedra. Cuarto.- As construccións que se fagan na finca consideraranse como construccións en terreo alleo sobre o suposto de boa fe por ámbalas partes, a tódolos efectos legais, pero entendéndose, propiedade do Consello en tanto se atope en vigor a cesión disposta neste documento. Quinto.- A cesión queda condicionada estrictamente a que a finca sexa destinada ós fins exclusivamente científicos do Consello e sen posibilidade de subarrendo ou subconcesión algunha. A contravención de tal prescrición dará lugar automaticamente á resolución deste convenio que perderá todo valor e efecto. Sexto.- Os gastos que, no seu caso, se deriven do presente convenio correrán por conta do Consello. Sétimo.- O presente convenio ten natureza privada de conformidade co establecido no art. 5.3 do R.D.L. 2/2000, de 16 de xuño. En proba de conformidade, as partes que interveñen asinan o presente convenio, por cuadriplicado exemplar, no lugar e data ut supra. ------ Folla: 12.4649.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO EXPEDIENTE DE CAMBIO DE TITULARIDADE DAS ESTRADAS PROVINCIAIS: PO-6401 CRUCES - PONTE SAN XUSTO; PO-6307 Agolada- RODEIRO (ALTO DA FRAGA); PO-6008 LALÍN - CRUCES Sr. Presidente.- Segundo tema de fóra da orde do día é a aprobación definitiva do expediente de cambio de titularidade das estradas provinciais Pontevedra-6401, de Vila de Cruces a Ponte S. Xusto, que son 10,8 quilómetros de estrada; estrada provincial 6307 Agolada-Rodeiro (Algo da Fraga), que son 6 quilómetros de estrada; Pontevedra 6008 Lalín-Vila de Cruces que son dezasete quilómetros de estrada; que polo tanto bueno, Lalín-Vila de Cruces xa a fixo a Consellería de Política Territorial, as outras dúas vainas a abordar de inmediato e polo tanto urxíronnos o último trámite para o cambio de titularidade posto que este expedientes xa se trouxo ó Pleno anterior o seu inicio. E polo tanto non creo que esto teña maior problema neste caso por traelo fóra da orde do día porque é simplemente o que se aprobou no Pleno anterior, por rematalo dalgún xeito e punto. No primeiro tema estabamos totalmente de acordo en iniciar este expediente e eu supoño que neste caso non haberá ningunha dificultade xa para rematalo por parte da Deputación Provincial, loxicamente despois haberá que asina-lo convenio correspondente ou o acordo correspondente coa Consellería da COTOP e logo pois dictará a Xunta de Galicia o decreto correspondente de cambio de titularidade unha vez que é o único que queda por facer. Esto é o que teño que dicir con respecto a este tema. ¿Algunha intervención?. Perdón, si. Procedemos polo tanto á urxencia deste punto. ¿Votos en contra da urxencia?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase a urxencia. Bueno, a explicación xa a dei polo tanto. ¿Se alguén quere intervir?. Non hai intervencións. Polo tanto sométese a votación a aprobación definitiva do expediente do cambio de titularidade das estradas anteriormente citadas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o escrito remitido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, data de entrada nesta Excma. Deputación Provincial 29-03-01, polo que se solicita a iniciación por parte desta Excma. Deputación Provincial de expediente de cambio de titularidade das estradas PO 6.402. Portodemouros - Vila de Cruces e PO 6.307. Agolada - Rodeiro (Alto da Fraga), ámbalas dúas pertencentes á Rede Provincial de Estradas, e que constan catalogadas no Plan de Estradas de Galicia como Rede Primaria Complementaria. Visto o escrito que con data 17 de abril de 2001, tivo entrada no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial, remitido pola COPTV polo que se solicita o cambio de titularidade da estrada provincial PO 6.008. Lalín - Vila de Cruces. Visto o informe que con data 18 de abril de 2001 emite o señor enxeñeiro-director do Servicio de Vías e Obras, estimando procedentes os cambios de titularidade solicitados toda vez que a xestión e mantemento das estradas citadas desbordan da capacidade desta Excma. Deputación Provincial. Visto o acordo de Pleno de data 27 de abril de 2001 polo que se iniciou o expediente de cambio de titularidade das anteditas estradas. Visto o proxecto de acordo para a efectividade dos cambios de titularidade solicitados remitido pola COPTV. Visto o informe emitido polo enxeñeiro técnico Xefe da Zona Norte, en data 23 de xullo de 2001, polo que se pon de manifesto o erro en que incorre a COPTV na nomenclatura das estradas das que se pretende o cambio de titularidade e especifícanse os datos concretos das mesmas. Visto o artigo 5 e concordantes da Lei 4/94, de 14 de setembro de estradas de Galicia e demais normativa aplicable, o Pleno acorda por unanimidade: A) Rectifica-lo erro material en que incorre o acordo do Pleno de 27 de abril de 2001 en canto á denominación das estradas ás que se refire o expediente de cambio de titularidade no seguinte sentido: Onde di: "PO.6402 Portodemouros - Vila de Cruces" "... PO 6.008 Lalín - Vila de Cruces". Debe dicir: "PO.6.401 Cruces - Ponte S. Xusto" "PO 6.008 Lalín - Cruces". B) Aprobar definitivamente o expediente de cambio de titularidade das estradas provinciais: PO-6.401. Cruces - Ponte S. Xusto; PO-6.307. Agolada - Rodeiro (Alto da Fraga); PO-6.008. Lalín - Cruces. C) Aproba-lo proxecto de acordo de cambio de titularidade das estradas provinciais anteditas, coa incorporación dos datos aportados co informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte de data 23 de xullo de 2001. D) Facultar ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura do acordo antedito. ------ Folla: 13.4650.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto de rogos e preguntas. ¿Algún rogo?. Sr. Araújo. Sr. Araújo Quintas.- Sr. Presidente, bueno este é un rogo e unha pregunta máis ben, e ten que ver co Teatro Principal de Tui, coa rehabilitación do Teatro Principal de Tui e simplemente era para preguntarlle cando esta Deputación, o goberno da Deputación que vostede preside, pois pensa facer entrega ou chegar a un acordo coa fundación para concederlle a subvención dos quince millóns de pesetas que no seu día, eu non sei se están consignados, pero dende logo están comprometidos por vostede.. E era esa pregunta a que lle tiña que facer. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Araújo. Efectivamente están consignados nos presupostos deste ano 15.000.000 de pesetas e están consignados en todo caso, vostede recordará perfectamente que loxicamente condicionamos o libramento desta subvención se hai un plan de restauración por parte da fundación no que poden loxicamente entrar outras institucións como así debe ser, neste caso, primeiro nin houbo solicitude por parte da fundación deste diñeiro, nin houbo presentación por parte da fundación de ningún plan de rehabilitación nin houbo absolutamente nada. En todo caso cando eso se presente o diñeiro está consignado e non hai problema ningún tal como adquirimos o compromiso no seu momento. ¿Algún rogo ou algunha pregunta máis?. Moitas gracias. Levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela estendese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición