Fondos
2003-12-01_Extraordinaria. Acta de sesión 2003/12/01_Extraordinaria
Acta de sesión 2003/12/01_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/2.2003-12-01_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2003/12/01_Extraordinaria
Data(s) 2003-12-01 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 1 de decembro de 2003 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día un de decembro do ano dous mil tres, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Sr. Deputado D. Ramón Campos Durán, que excusa a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma o seguinte acordo: Sr. Presidente.- Moi bos días. Vamos a dar comezo a esta sesión extraordinaria do Pleno, pero antes, a proposta ademais de tódolos grupos, vamos a gardar un minuto de silencio polos militares españoles falecidos en Iraq. Moitas gracias. 1.4969.- APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS PARA O EXERCICIO 2004 Sr. Presidente.- Comezamos polo tanto a sesión de punto único. Aprobación inicial do Orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus Organismos Autónomos para o Exercicio 2004. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bos días. Hoxe traemos como punto único da orde do día a aprobacion dos Orzamentos para o ano 2004. Os Orzamentos son o documento básico onde se reflexan as políticas e as vontades dos gobernos para o ano en curso, neste caso para o 2004. Vamos a facer unha breve exposición dos datos, despois faremos unhas reflexións políticas e ó final unha serie de conclusións. Este é un presuposto que ascende á cantidade de 120.000.000 de Euros, aproximadamente uns 20.000 millóns das antigas pesetas. É o máis alto da historia desta Deputación e resúmese na seguinte maneira. Nos gastos do capítulo 1, de gastos de persoal andamos preto dos 23.576.000 Euros; en gastos e bens correntes 13.387.000,79 Euros; capítulo 3, de gastos financeiros, 1.500.000 Euros; Transferencias correntes do capítulo 4, 14.748.802 Euros; no capítulo 6, de inversións reais, 34.328.601 Euros; Transferencias de capital, 29.881.951 Euros; capítulo 8 de activos financeiros, 240.400 Euros; e en pasivos financeiros, 2.336.901 Euros. Este presuposto de gastos por suposto se equilibra cunha cantidade idéntica, 120.000.000 de Euros de ingresos, que están repartidos da seguinte maneira: ingresos directos, 6.300.000 Euros; taxas e outros ingresos 1.676.152 Euros; transferencias correntes, 90.465.542 Euros; ingresos patrimoniais, 2.731.000 Euros; capítulo 6, enaxenación de inversións reais, 3.250 Euros; Transferencias de capital do capítulo 7, 16.462.006; no capítulo 8, activos financeiros, 252.050 Euros; e en pasivos financeiros, 2.110.000 Euros. Por suposto tamén os Organismos Autónomos: a Escola de Enfermería, 388.000 Euros; o Centro Profesional, Fogar Provincial, 713.530 Euros; a Escola de Canteiros, 687.621 Euros; Museo Provincial, 2.123.899 Euros; o Padroado de Turismo "Rías Baixas", 2.427.700 Euros; a Caixa de Anticipos de Cooperación, 1.590.000 Euros; e o ORAL, 4.787.800 Euros. Esto dá un Orzamento consolidado de 125.000.000 de Euros. A estes datos, que única e exclusivamente son numéricos e que os teñen reflexados todos vostedes e se non poden ter acceso a eles perfectamente, hai que facer unha serie de matizacións ou de características. O Presuposto se incrementa un 9,09% con respecto ó ano anterior, e este incremento ben dado por unha serie de situacións que vamos a reflexar e que ó final son cuestións de valoracións ou de contido político. É dicir, creación de novas prazas, dentro da estructura do capítulo 1. Sigue manténdose a colaboración co INEM para o Plan Labora e ó mesmo tempo créase un Plan de Emprego de acordo cos Concellos onde a Deputación aportará o 75% e os Concellos o 25%, para aproximadamente unhas 100 prazas, incluso un pouco máis, unha cantidade de 660.000 Euros. Por suposto que se incrementa tamén a dotación para mantemento de infraestructuras propias e dos servicios. Esta Deputación, este organismo, ten aproximadamente dous mil quilómetros de estradas e é necesario esta dotación, así como compromisos para convenios que xa se viñan realizando, outros novos, outros incrementando, de fundacións, de parques de bombeiros, de entidades sociais, etc., etc. Se potencian tamén as bolsas de estudio e investigación e se reflexa tamén nestes Presupostos unhas partidas para as Escolas de Música, que foi unha reivindicación que se fixo durante moitos anos neste organismo. É certo que o ano pasado xa se fixo unha modificación de crédito onde se contemplou, pero agora xa aparece reflexada esa partida con 120.000 Euros. Ó mesmo tempo tamén hai unha referencia clara de equipamento de praias, é unha cuestión que tamén se viña reivindicando. Se crea unha partida para recuperación do Patrimonio. Ó mesmo tempo, noutros sectores, hai un claro apoio ó sector agrario e marisqueiro, que vén reflexado dunha maneira importante neste Presuposto. O incremento do Padroado de Turismo está tendo un auxe importante na nosa Provincia e na Comunidade, con eventos fundamentais para o ano 2004 como pode se-lo Xacobeo, como pode ser tamén para o ano 2005 a Copa do Mundo de Vela, e tamén, aínda que dunha maneira indirecta a Eurocopa 2004. Á marxe desto é un sector que está en auxe, un sector que vén reivindicando e demandando dende hai moitos anos unha atención especial e aí se vai contemplar. Hai tamén unha potenciación clara dentro destes Presupostos do Servicio do ORAL, en función á descentralización dos Servicios que se está facendo cada día dunha maneira importante, e o ORAL, dá un grande servicio ós Concellos e consideramos que temos que seguir potenciándoo. Por suposto que dentro da política deste goberno tamén vai unha partida para o Plan estratéxico que é fundamental dentro desa política que se marcou dende o inicio deste mandato. E tamén podemos reflexar cuestións de gasto social, onde hai un programa piloto para proxectos sociais cunha partida tamén de 60.000 Euros. Actividades para Concellos en canto ó gasto social, para actos e centros asistenciais, familias menos favorecidas, así como partidas tamén para outro tipo de programas sociais. Sufren tamén un aumento considerable os capítulos de actividades deportivas e axudas ós clubs deportivos de base. Tamén se incluen nestes presupostos unha participación nos plans europeos, que é unha das liñas que vamos a intentar manter e incrementar no futuro. En resumidas contas podíamos facer un repaso moito máis detallado de cada unha das partidas, pero eu creo que ó final o que nos interesa a todos quizais sexa o debate político e a filosofía por onde van estes presupostos. Este é un presuposto inversor, claramente inversor, onde a partida dos capítulos 6 e 7 sufre un incremento de 33,55% con respecto ó ano anterior, e que significa sesenta e catro millóns e pico de euros, o cal é un 53,5% do presuposto total. Estamos rondando ós once mil millóns das antigas pesetas, para entendernos todos, entre o capítulo 6 e o 7, dun presuposto de 20.000, o cal significa que é claramente inversor sen deixar de atender outro tipo de actividades que aí están reflexadas nese presuposto e que viña de detallar ata agora. Tamén resaltar nese capítulo de ingresos patrimoniais que vén reflexado, que a boa liquidez e a tesourería desta Deputación nos fai incrementar este capítulo tamén de 1.878.000 Euros a 2.731.000, o cal quere dicir que este organismo goza dunha boa tesourería e dunha boa liquidez e que eso nos dá marxe de cara ó futuro para poder seguir facendo este tipo de políticas que nós consideramos que son as correctas. Tamén hai que resaltar que dentro do Plan de Acción Municipal e dentro deste capítulo de inversións se agrupa e se pasa de 8.000.000 a 10.800.000 ¤, e esto foi un criterio que se marcou dende o inicio do mandato cos Plans de Cooperación e os Plans Provinciais, onde tamén hai que resaltar claramente o cambio de criterio marcado por este goberno e polo noso Presidente. Vostedes todos sabían que antes había uns criterios de poboación do 60% e un 40% de superficie, pero que se excluían os núcleos de poboación dos Concellos de máis de 20.000 habitantes, e eso agora se corrixiu esta posible desviación ou este posible criterio que ó mellor non se axustaba ós que viñamos marcando. Eu creo que corrixido esto, ó final se van a ver favorecidos todos eses Concellos e consideramos que é un dos criterios que marcan un cambio de rumbo en canto a este tipo de plans. Tamén se marcou outro criterio dentro destes Plans de Acción Municipal que foron que Vigo e Pontevedra terán un convenio específico que se irá desenvolvendo ó longo das primeiras semanas e dos primeiros meses do ano para facer convenios específicos con Vigo e Pontevedra e así non detraer tampouco estas cantidades deses Plans ós demais Concellos. Tamén eu creo que hai que matizar que aínda que se incrementa o capítulo de inversións nun 33,55%, tamén hai que resaltar que temos de ingresos do Estado un 8,7% menos que os plans. Se reduxeron esas cantidades dentro dos plans do Estado a nivel global, o cal quere dicir que o incremento sería maior se se houbese contemplado o mesmo tipo de aportacións do Estado a estes plans. Resumindo e nunha clara idea política da filosofía que intentamos seguir mantendo neste organismo e este equipo de goberno, é claramente manter e mellorar se cabe a administración provincial dentro do seu capítulo 1. É certo que aquí non vén reflexado, pero hai unha partida aberta porque hai un compromiso cos sindicatos e co comité de persoal desta casa, do catálogo de postos de traballo empezar a traballar nel, e no próximo semestre tomar unha decisión en canto a este aspecto porque consideramos fundamental que os funcionarios e a parte administrativa cada un se distribúa e se modernice a administración. Vamos a empezar a negociar dende o primeiro de xaneiro este catálogo de postos de traballo o cal dá unha idea do que pretende este equipo de goberno, que é moderniza-la estructura interna, dentro do que poidamos, na casa. É un presuposto tamén participativo porque ten plena implicación na vida activa da provincia. É dicir, aquí están reflexados tódolos colectivos, co cal podemos dicir que este presuposto atende e está aberto a tódolos grupos e sectores sociais da provincia. Así se ve reflexado en tódalas partidas que aquí se contemplan, tanto a de gasto social, deportivo, cultural, e de todo tipo, á parte das inversións. Intentamos que os servicios cada día se descentralicen máis e proba diso é a aposta que se fai polo ORAL e pola descentralización das súas oficinas en todos aqueles municipios ou áreas onde se poidan contemplar. Ten unha vontade de prestar atención prioritaria ós novos retos e temas que se plantexan; aí está esa enquisa de infraestructuras e tamén por suposto o plan estratéxico que se vai a sacar a concurso nos próximos días, cando se aprobe o presuposto. Manter unha relación clara, de plena colaboración, cos Concellos, como non podía ser doutra maneira. Eu creo que esta é unha administración onde a relación directa cos Concellos se ten que manter e así o vamos a facer. E por suposto que ademais de ter unha atención especial con tódolos Concellos, eses criterios que antes reflexabamos das grandes cidades como poden ser Vigo e Pontevedra. Contemplar tamén dunha maneira específica as políticas que dende esta Deputación vamos a continuar ou vamos a seguir. Nós pensamos que estes presupostos se axustan á demanda que teñen tanto os cidadáns coma os propios Concellos da provincia. Evidentemente que tódalas partidas poden ser mellorables, pero priorizamos e adaptámonos ás cuestións e as demandas que nos piden os cidadáns, os Concellos, tanto de servicios como de gasto social, deportivo e cultural. E ó final pensamos que fixemos uns presupostos dunha maneira razonable, que se adaptan a todas estas características. Esa é a valoración política que damos dende o goberno, por suposto que de aquí á aprobación definitiva estaremos abertos e atentos a todas aquelas peticións, suxerencias, alegacións que se poidan facer dentro da apertura que se está dando a todo tipo de reclamacións e demandas tanto dos grupos políticos coma de colectivos, non podía ser doutra maneira. Nós temos unha idea, pero evidentemente tódalas ideas poden ser melloradas pola aportación de colectivos ou de grupos políticos, se consideramos que fora menester, ou unha idea que se nos poida haber escapado a nós. O Presidente e o equipo de goberno están marcando esas directrices de apertura, de transparencia, de claridade, de participación, e así o vamos a facer. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Figueroa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días. Dame gracia o Sr. Figueroa porque á parte de bastantes inexactitudes que dixo, fixo fincapé en que estes orzamentos traducen unha política e unha maneira de face-las cousas. Me parece que vai ser case no único que estaremos de acordo, pero bueno, polo menos estaremos de acordo en algo. Ben, volvemos ós vellos tempos e volvemos en grande cantidade de facetas iniciando polas formas. Estes orzamentos fóronnos dados o venres, incompletos, houbo a Comisión o mércores e houbo unha vontade clara, houbo unha vontade clarisima, á parte dos prazos e demais que no nos vamos a queixar, sabemos todos que os orzamentos leva o seu tempo facelos pero bueno, o tempo foi razonable, pero en canto á Comisión do mércores houbo unha vontade clara de non aceptar ningunha emenda, nin tan sequera permitir que se plantexara. A resposta foi que se pasara a alegacións, cando as alegacións todo mundo saberá que son motivos tasados, non de oportunidade, e son cuestións de legalidade, de que haxa algunha débeda efectiva, líquida, vencida e legalmente fixada, que non estea contemplada etc., son cousas dese tipo e non cuestións de oportunidade. Polo tanto, en toda a tramitación hai unha vontade clara de que non se presentaran emendas ou polo menos non se presentaran en tempo e forma. Os feitos fan que se anoten un tanto clarisimo en contra do que vostede está dicindo de participación e transparencia. Evidentemente poden facelo así e así o fan pero que quede claro que houbo esa vontade e ós feitos me remito. Entrando xa nas contas en si, no orzamento en si, estamos xa afeitos a que sexan as contas do Gran Capitán, porque que o ano pasado foran 110.000.000 de ¤ exactos e este ano 120, dá a sensación de que ten que saí-lo orzamento en 120, xa está, que cifra máis bonita, ala, porque practicamente nunca un orzamento sae así, nunca, absolutamente nunca. Bueno pois saiu en 120 como pudo saír en 118,732; é evidente que hai pouco rigor na propia elaboración cando saen estas cifras. Ben, á parte deso, o que está claro é que esta casa, esta Deputación, polo menos con este grupo de goberno, está en certo modo vivindo da sopa boba. Basicamente transferencias do Estado e as aportacións ó Museo que son compromisos bastante anteriores a esta Corporación. Non hai por ningún lado ningún esforzo recadador, absolutamente ningún, de feito se baixan tódalas cantidades do capítulo 2, que é o único onde pode facer esforzos de recadación esta Deputación, nin de captación de recursos doutras administracións ou do sector privado. Nada de nada. O que aparece aí do Museo por parte da Xunta e do Estado é anterior, son compromisos anteriores, e nin se albiscan nin hai en marcha nin moito menos ten reflexo orzamentario ningunha proposta nova nin un esforzo de xestión para captar novos fondos. En canto ás grandes cifras do orzamento, que eu creo que son as que fixan a filosofía e o plantexamento político, en canto a ingresos efectivamente hai un aumento, dando por boas as contas que son así as do Gran Capitán, de dez millóns de euros. Basicamente, así redondeando, son catro millóns de transferencias do Estado, un millón do capítulo 5, tres millóns de aportacións, de achegas a maiores, para o edificio do Museo, e dous millóns para a compra da sede do Patronato. Deles cinco están comprometidos, sexa para a ampliación do Museo sexa para a sede do Patronato Rías Baixas. Ou sexa, que a vostedes lles quedan este ano cinco millóns de maiores ingresos, máis 7,7 de aforro da débeda. Eso é o que lle queda a maiores para gastar con respecto ó ano pasado. Ou sexa que hai uns 12,7 millóns en principio a maiores, libres, para gastar con respeto ó ano pasado. O gordo vén dos sete millóns e pico que non se utilizan en amortización da débeda. Ben, ¿a que dedican eses 12,7 millóns?. Tres se van para o capítulo 1, cun aumento serio do gasto en persoal de confianza; tres se van no capítulo 2, de gasto corrente; o gordo é un millón, 0,9 millóns vamos, para pichi, para a famosa pala; e tres millóns no capítulo 4 de transferencias, onde o gordo se vai 1,7 ó Patronato de Turismo; e lle quedan para o capítulo 6 e 7 3,7 millóns libres, dos cales 2,7 van a estradas provinciais. Esto é o gordo do orzamento e agora o analizaremos con máis calma. Onde hai capacidade para decidir se ve que decisión se toma. Ben, mención á parte merecerá o Patronato de Turismo ó final. O Portavoz do PP nos di que se manteñen as aportacións de todo tipo. É falso. Os tempos en que nesta Deputación os seus Presidentes teorizaban en que a Deputación tiña que se-lo Concello de Concellos parece que están pasando, ou polo menos a tendencia vai nesa dirección. As peores previsións que podíamos ter de que sexa Concello de Concellos están moi claramente reflexadas nestas contas. Miren vostedes, en transferencias e gastos desta casa, que son competencia da Xunta, ou suplen competencias que son en principio exclusivas da Xunta, se gastan vostedes uns 15 millóns de euros, mentras que ós Concellos lle transfiren pouco máis de 14, pouco máis de 14. Mentras, á institucións privadas, unhas máis privadas e outras menos, se van arredor de 8 millóns de euros. Rebaixan claramente, incluso en términos absolutos, as transferencias que lle fan ós Concellos. Rebaixannas claramente, agravando unha situación xeral na que ás institucións peor financiadas, que son os Concellos, cada vez lle están transferindo ou votándolle ó lombo competencias que non son súas, e esta Deputación agrava esta situación en canto que recorta o financiamento que os Concellos obtiñan por esta vía, en beneficio de suplir competencias que a Xunta non está exercendo e que son única e exclusivamente deles. O caso máis sangrante é "Príncipe Felipe", máis o Fogar Provincial, máis Deportes, máis, máis, máis, podemos seguir indefinidamente. É conservadora a cifra de 15 millóns de euros. Mentras, ós Concellos lle recortan un millón de euros e pola contra aumentan en máis desa cantidade as transferencias a entidades privadas, co cal creo que queda claro que a política aquela que tantas veces tivemos que escoitar aquí, que este ía a se-lo Concello de Concellos, etc., está absolutamente finiquitada. A Deputación é unha sucursal da Xunta, unha entidade que intenta actuar ó lado, por riba ou en contra dos Concellos para face-la política que vostedes estiman pertinente pero que non é correcta de maneira administrativa. É máis seguen sen votar man, sen responsabilizarse das competencias que como ente provincial tería que ter esta Deputación. Supoño que saberán que os Concellos de máis de 20.000 habitantes non teñen obriga de ter parques de bombeiros. Ou que os Concellos pequenos de menos de 50.000 non teñen competencias en Medio Ambiente, non teñen obriga de limpa-las praias por exemplo ou de manter en bo Estado as zonas de interese medio ambiental, deso vostedes non se encargan cando é unha competencia clara por substitución das competencias que os Concellos non teñen obriga, segundo o tamaño, de exercer. Aí non votan man de nada, e non se ve ningunha aportación para novos parques de bombeiros, nin asumen a obriga de manter limpas as praias dos Concellos de menos de 50.000 habitantes. Estamos nunha situación francamente preocupante se é que vostedes seguen esta liña, porque, xa o dixen antes, os Concellos teñen cada vez máis dificultades para cumprir cunhas obrigas que non son súas. Concellos de poucos miles de habitantes están cargando a limpeza de praias ou están sostendo as brigadas anti incendios, etc., etc., cando non son competencias deles, nin teñen financiamento, nin ningunha outra Administración lle manda fondos para cumprir con estas obrigas. Ben, dito esto, eu creo que hai que facer referencia ó seu empecinamento en mante-lo Plan de Acción Comunitaria, a pesares de que o Consello de Contas lle acaba de meter unha boa viaxe, en termos coloquiais, dicíndolle que as agrupacións de feito, esas parellas de feito, cando se xuntan tres do PP e poñen agrupación veciñal, entón xa nesta casa teñen a porta aberta, moito mellor que unha asociación legalmente constituída, etc., etc. Eso non é correcto, nin é correcto todo o procedemento de concesión de subvencións, etc., etc. Seguen vostedes erre que erre, incluso tendo un informe do Consello de Contas absolutamente demoledor; non cambian para nada as bases de execución, seguen coa súa política de discrecionalidade, e non é só que segan senón que a reforzan. No último reparto que tivemos do Plan de Acción Comunitaria resulta que xa nin se gardan as mínimas formas, ou sexa, é repartir estes cartos entre os grupos de militantes ou asociacións controladas polos seus militantes co único ánimo de entrar en conflicto ou de sogardar os gobernos municipais lexitimamente constituídos; seguen erre que erre. E por último, facer unha referencia a algo que deixei pendente antes que é o Padroado de Turismo "Rías Baixas". De verdade, é difícil facelo peor, é difícil facelo peor ou facelo tan ó revés. Que eu sepa, o ano que vén é Ano Xacobeo, e a prioridade absoluta será te-los nosos recursos turísticos en bo estado, mellorados, postos en valor para que quen veña se leve unha boa impresión, poida disfrutar deles e polo tanto intentar fidelizalo e que volva. Polo tanto a promoción, o enganche, a publicidade, tería que ser obxecto deste ano ou do anterior, non nese mesmo ano. Tería que ser prioritario adica-las enerxías a que os nosos recursos estean ben. Bo, o Padroado de Turismo efectivamente aumenta o seu orzamento dunha maneira moi significativa o cal nun principio podería parecer correcto. Sen embargo cando vamos a mirar a que se adica ese aumento nos topamos con: publicidade e propaganda, 150.000,00 euros; fomento do turismo, 1.000.000,00 de euros; estudios e traballos técnicos, 310.000,00 euros. Non se ve nin unha peseta, por exemplo, para sinalización turística da provincia, que evidentemente podería estar perfectamente executado á altura de maio ou de xuño, cando veña o maior número, a maior afluencia de persoas, non se ve nin unha peseta. Supoñemos que un ano baixo teoricamente de turismo igual o farán, pero dende logo é face-las cousas absolutamente ó revés, porque cando por outros eventos, como pode se-lo Europeo, ó Xacobeo, se supón que van vir moitas persoas, o correcto, o lóxico, o razoable, excepto que estean pensando noutros fins que me temo que é o que estea detrás disto, sería centra-lo esforzo, á parte de que se poida aumentar un pouco o de fomento do turismo, a comunicación social, a publicidade, en que cando cheguen aquí ou pasen por aquí teñan isto no mellor estado posible cara ó que é un visitante ou un turista. Para iso non hai nin unha peseta e sen embargo usamos todo en publicidade, volvendo a outros tempos en que en vez de fomenta-lo turismo o que se facía era comprar vontades a través do turismo, que por outro lado resulta que é un dos eixos onde se ve a nova man nesta Deputación, que non é unha nova man senón simplemente volver atrás; estamos nunha volta atrás clarísima na que prima moito máis o ter contentos a certos axentes sociais próximos ou non próximos, máis que unha política rigurosa de resolver problemas, investi-los fondos públicos onde máis efectivos poidan ser cunha prioridade moi clara e sabendo a onde se quere ir. En función destas consideracións, como non sabemos como vai ser este Pleno, é a primeira vez en anos en que non hai unha orde, no sentido de dicir, bueno, primeiro hai un debate xeral despois fan as emendas. Como non había vontade de que se presentaran emendas, eu non sei se é cuestión de presentar agora as emendas, se é cuestión de presentalas ó final, de non presentalas, de que deixemos de da-la vara ou sigamos falando, non sei exactamente, porque o normal, e en Plenos de orzamentos, é que se comente antes como se vai ordear, se vai haber primeiro unha intervención xeral, as emendas se plantexan despois, por capítulos ou todas xuntas. Como non o sei sigo coas emendas que temos plantexadas e procedan vostedes como ben entendan. Ben, con respeto ás bases de execución, e como é evidente a vontade de non aprobar ningunha, son algunhas emendas moi relevantes para ver claramente que se poden face-las cousas doutra maneira e que incluso sen grandes cambios se poden mellorar bastante. Na base 16, apartado 3, plantéxase engadir un novo apartado, por outro lado bastante máis respetuoso coa legalidade do que vostedes están facendo ata agora, que sería que tódolos recoñecementos extraxudiciais correspondentes a exercicios anteriores, teñan ou non consignación orzamentaria, deben pasar por Pleno. ¿Cal é o fondo da emenda?. A Lei di que os de exercicios anteriores ou que non teña consignación deben pasar polo Pleno. Vostedes o que están facendo de maneira sistemática é, na modificación de crédito, darlle consignación, e unha vez que hai consignación, aínda que sexa de exercicio anterior, resolvela mediante Resolución da Presidencia ou da Comisión de Goberno, cousa que é violentar bastante o espíritu da Lei. Non digo claramente que sexa ilegal, porque xuristas hai de todo tipo, pero o lóxico sería que pasaran por Pleno. E na base 24, apartado 5, que é a famosa base das subvencións, proponse substituir todo ese apartado 5 polo seguinte: "Elaboraranse unhas bases xerais de todo tipo de subvencións adaptadas á nova Lei antes de febreiro do 2004". E con respeto ás emendas de gasto, proponse adicar 3.000.000 de euros para a sinalización turística de toda a Provincia e debería facerse con urxencia para que cando haxa maior afluencia de visitantes estea executada. Creo que hai un presuposto que dá 3,6 millóns de euros todo, vámoslle a poñer 3 porque tampouco se vai executar todo. Adicar 0,5 millóns de euros para parques comarcais de bombeiros. Cambiar a partida que hai neste momento de 300.000 euros de Cultura, e pasala a 2.000.000 de euros para recursos culturais, ambientais e turísticos. Unha cuestión que é obriga dos Concellos, segundo a Lei 9/2002, e que os Concellos, sobre todo os pequenos, teñen gravisimas dificultades para crumprila, e nos está creando problemas, é o planeamento, obrigatoriedade de executa-lo planeamento que enlaza co anterior, e dedicar 0,5 millóns para axuda ós Concellos. Probablemente se un Concello sabe que lle van a financiar entre a Xunta e a Deputación o seu planeamento e que despois vai ter un financiamento medianamente solvente para protexe-los seus recursos culturais, ambientais e turísticos, probablemente avanzáramos moito nesa dirección e non son grandes cantidades. Despois eu creo que é unha cifra razonable poñer 2.000.000 de euros para convenios cos Concellos de Pontevedra e Vigo. Esto que fixeron co PPC é o truco do almendruco. Ó final din que suben e realmente baixan, xa o dixen antes. As transferencias ós Concellos baixan. Vostedes seguen a liña aquela de D. Mariano Rajoy cando chegou a Ministro de Administracións Públicas, que dixo que fundía plans e o que fixo foi fundilos e quitarlle cartos. Exactamente é o que están facendo, porque se os Concellos de Pontevedra e Vigo van a leva-las mesmas cantidades, sumando tódolos plans, ou sexa, pequenos saneamentos, núcleos rurais, Plan de Acción Municipal, o PPC, etc., e eso o detraen do PAM, evidentemente a maioría dos Concellos van a baixar o que reciben desta casa. Porque se suben os Concellos que teñen máis de 20.000 evidentemente os demais van baixar. A cifra total baixa un millón; se uns suben e outros se quedan, ós outros lle vai a baixar, e lle vai a baixar bastante. E a última emenda, que creo que é obrigatoria por transparencia e por eficacia, polo tanto a vamos a manter, é suprimi-los 0,6 millóns que ten o Plan de Acción Comunitaria, ou sexa, o plan de acción caciquil. Estas son as nosas emendas, que se houbera un talante e unha disposición por parte do grupo de goberno de entrar cando menos a considerar, xa non digo aprobar, senón a considera-las emendas que podíamos presentar, evidentemente podíamos presentar moitas máis e moito máis aquilatadas, pero visto que non o hai, presentamos estas emendas simplemente para ver que se poden face-las cousas de distinta maneira, dirixindo os esforzos a cuestións básicas que esta Deputación debería cubrir de acordo cos Concellos, e non a política que antes describín e que, repito, estamos convencidos que é unha clara regresión en relación ó que estuvo pasando nesta Deputación nestes últimos anos, é unha regresión, e dicir que estamos no ano 92 e 93, en canto á liña. Polo tanto presentamos as emendas e votaremos en contra do orzamento salvo que se retire, se estudie unha serie de emendas e se cambia de filosofía e de plantexamento xeral. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias, ten a palabra. Sr. González Iglesias.- Eu entendo que deberían contestarlle primeiro, dada a entidade do tema, salvo que non queiran. Sr. Presidente.- Así acumulamos e despois damos un bo repaso. Sr. González Iglesias.- Realmente uno después de leer la prensa estos días esperaba un debate de presupuestos o un planteamiento de los presupuestos diferente por parte del grupo de gobierno porque aquí para debatir los presupuestos hay que hacer dos cosas, hay que leerse el presupuesto, trabajárselo, y ver lo que ustedes dicen en la prensa, que es diferente a lo que plantean en el presupuesto. Entonces como yo veía estos días que los diferentes responsables de área nos iban a explicar en los días sucesivos de qué iba el presupuesto, pues yo creí, pobre de mi, que el responsable de Vías y Obras nos iba a contar aquí a que se debe el incremento; que el responsable de Cultura nos iba a contar aquí por qué líneas va a desarrollar su trabajo en Cultura; lo mismo que el de Deportes, etc., etc. Y realmente veo que hay una novedad, y la novedad es que cambia el ponente que defiende el presupuesto, pero es la única novedad. Estamos ante un documento que en algunas partes incluso podemos ir a diez años atrás o a cinco años atrás. Las bases de ejecución son exactamente las mismas; el presupuesto de ingresos con muy pocas variaciones y el planteamiento de gasto es exactamente el mismo. Antes de entrar en materia, Sr. Figueroa, no sabía yo que usted se había ido a Albacete últimamente, porque si fue perdió el tiempo. Digo por los presupuestos participativos, que usted nos anuncia. Los presupuestos participativos para nada tienen que ver con lo que usted plantea aquí. Usted dice que son participativos porque va haber dinero para todos, para todos los que ustedes quieran, pero eso no es un presupuesto participativo, es otra cosa totalmente diferente. El Sr. Figueroa nos estaba anunciando aquí novedades como las Escuelas de Música. No es novedad de ningún tipo, es un planteamiento que este grupo hizo durante años, que incluso en el año 2002 se nos acusó que era culpa nuestra. Increible, es decir, la oposición había tenido la culpa de que no hubiese dinero para las Escuelas de Música porque no lo habíamos solicitado reiteradamente. A partir de ahí lo hicimos Pleno a Pleno y la verdad es que al final nos hicieron caso. Si la fórmula es esa, no se preocupen que nosotros somos constantes y estamos dispuestos Pleno a Pleno a ir planteando las cosas a ver si así entra alguna. Nos anuncia como novedad el equipamiento de playas. Ya estaba, no es ninguna novedad. En recuperación del Patrimonio díganos la cantidad. La atención al sector agrícola y marisquero es exactamente lo mismo de siempre, no hay nada nuevo. Bueno, aquí puede haber una novedad; no se si nos vamos todos a Lisboa o a Porto, digo por lo de la Eurocopa 2004, sería la única novedad. No tiene nada que ver con esta Diputación, pero a lo mejor como últimamente con esto del fútbol andamos bastante puestos, pues nos vamos todos a Lisboa o a Porto, a donde toque ver el partido de fútbol correspondiente. Anunciar un programa piloto con 60.000 euros para temas de gasto social comprenderá que suena un poco a chiste, lo acaba de anunciar usted. Y plantea como novedad las participaciones en planes europeos. A estas alturas, después de tantos años diciéndolo, la verdad es que lo único nuevo que se plantea aquí es que cambia el ponente, por primera vez es el Sr. Figueroa y lo demás es exactamente lo mismo de todos los años. Pero entendíamos, no sólo por el anuncio que ustedes hacían sino porque hay situaciones nuevas, que debería haber novedades y voy a entrar un poco en el tema. En el capítulo 1 de ingresos, el Sr. Figueroa anuncia que hay un incremento en los ingresos previstos por IAE, pasan de 6.200.000 euros el año pasado a 6.300.000 euros este año. Explíquenos Sr. Figueroa el tema porque a mi de verdad es que no me entra. Y estoy hablando del capítulo 1º. No me entra por lo siguiente: como acompañamiento a la Ley de Presupuestos Generales del 2003 desaparece el IAE para todas aquellas personas físicas y para las personas jurídicas cuya facturación sea inferior a 1.000.000 de euros. Por lo tanto, y ustedes lo decían, no es que lo diga yo, el IAE desapareció para la mayor parte de los ciudadanos de esta provincia y del Estado. Desapareciendo esos contribuyentes cómo se puede plantear un incremento de 100.000 euros sobre la partida del año pasado, en el capítulo 1º, expliquémelo porque a mi esta historia no me casa. Segundo tema o segunda novedad que aparece y que también estos días ustedes la estuvieron contestando fuera de aquí. Hay un informe del Tribunal de Cuentas en el que pone en cuestión cosas que se están haciendo en esta Diputación y cosas que deberían corregirse. Pero hay más cosas, miren, con lo de las agrupaciones de hecho. Se pone en cuestión que se hayan dado subvenciones sin ningún tipo de bases y sin basarse realmente en nada. Cualquier grupo de gobierno en cualquier institución, haciéndole caso a este diagnóstico, introduciría cambios en esas bases de ejecución del prespuesto y nos estaría explicando lo que iban hacer para no incurrir de nuevo en esos temas. Después hay otra cuestión que nosotros planteamos en su día que es que esta sigue siendo de las pocas instituciones dónde no hay una comisión de contratación. Y uno se encuentra con cosas que dice el Tribunal de Cuentas sobre esta casa. Y habla de una adjudicación que hicieron ustedes. El presupuesto de licitación era de 28.521.239 pesetas, el contrato se adjudicó en 11.424.811 pesetas, hay una diferencia, como pueden ver importante , de 17.096.428 pesetas, y dice el Tribunal de Cuentas que de las 21 empresas que se presentan a la licitación sólo 4 se acercan al presupuesto de licitación, las otras 17 empresas están por debajo. Yo no se si quieren entender lo que les están diciendo, cosa que por cierto se dijo en esta casa muchas veces, no se si lo quieren entender, pero es que hay determinados presupuestos que se inflan y que imagínense que tres o cuatro empresas se ponen de acuerdo, pues se reparten la licitación y punto. Y estas cuestiones se pueden propiciar, y yo no digo que se hayan hecho, digo que se pueden hacer, y que se propician porque ustedes no tienen ninguna intención de corregir estos temas. Dice algo más ese documento que para nosotros no es ninguna novedad. Se lo voy a leer si me lo permite, dice: La Diputación no ha facilitado un listado comprensivo de las subvenciones solicitadas, concedidas y denegadas, lo que ha impedido determinar qué subvenciones han sido aceptadas o denegadas expresamente y cuáles por silencio administrativo. Recordarán ustedes que nosotros por activa y por pasiva les venimos pidiendo un listado de las subvenciones y que nos digan por qué deniegan algunas y hasta ahora nunca apareció ese listado. Si esto no se corrige, y una fórmula de corrección está en esas bases de ejecución del presupuesto, vamos a seguir en la misma historia y yo hasta puedo creer que ustedes hasta ahora lo hubieran hecho de forma bien intencionada, sin saber nada de lo que estaba ocurriendo o al menos creyendo que las consecuencias eran mínimas. Puedo creer eso, pero si hoy mantienen esas bases tal y como están no puedo seguir creyendo lo que les decía. Es que lo están haciendo a propósito y porque les conviene hacerlo. Y claro, entonces tenemos que volver a la dinámica de siempre, es decir, les conviene porque hacen un uso partidista de esas subvenciones. Si a eso se añade que en el Boletín Oficial del Estado del 18 de noviembre se publica una Ley General de Subvenciones, que entra en vigor el 18 de febrero, lógicamente yo creo que están esperando a la propuesta que les hago, y la propuesta es que retiren este documento, vuélvanlo a elaborar y a partir de ahí discutimos. Si les parece bien ya no sigo interviniendo, y si no les parece bien lógicamente seguiré con el punto del orden del día, seguiré con las enmiendas que presentamos al presupuesto, salvo que el Presidente busque otra fórmula de debate y nos lo plantee aquí. Nada más por ahora. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González Iglesias. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Dende o equipo de goberno temos perfectamente claro que estes presupostos se adaptan á realidade social e ás demandas que plantexan os cidadáns e os concellos. Eu de verdade pensei que ibamos a entrar noutras cuestións de filosofía. Ó mellor porque é a primeira vez que estou co presuposto. É certo que me lin as actas dos dous ou tres últimos, e as contestacións e as demandas dos grupos da oposición son as mesmas tamén. Entón, o debate cando se quere enriquecer ó mellor tiña que ir por outro tipo de ideas, por outro tipo de filosofía, pero plantexado da maneira que está eu vou a seguir tamén este rol e non me vou apartar del. Nós tivemos a vontade de tramita-los presupostos con suficiente antelación para que tódolos grupos políticos o puideran preparar; se enviou o venres pasado, este non, o anterior, con dez días de antelación, e a idea nosa é, si con dez días de antelación, a idea nosa é que tódolos grupos políticos puideran traballa-lo presuposto, e presentar aquelas emendas ou no período de alegacións facelo. Este grupo político ten a vontade de estudiar tódalas alegacións, unha a unha, pormenorizadamente, non só dos grupos políticos senón de todos aqueles colectivos que as presenten ós presupostos. Como vostedes saben hai unha aprobación inicial, hai un período de exposición ó público, e temos tempo suficiente para estudia-las alegacións antes da aprobación definitiva se consideramos que son consecuentes ou se consideramos que poden enriquece-lo presuposto. A verdade é que me é bastante difícil contestar, porque cando falamos dun presuposto de 20.000.000 millóns de pesetas, e estamos falando de partidas de 600.000 ou de 20 millóns ou de 120.000 euros, pois é complicado, pero hai unha serie de matizacións que si teño que facer. O presuposto é o que os números cantan e que esta Deputación vai a facer, incrementa-lo presuposto nun 33% de inversións. Sr. Mosquera, vostede di que nós estamos vivindo da sopa boba ou das xestións que se fixeron. Eu creo que as políticas hai que continualas, é dicir, non é de recibo que se hai unha política que vén ben feita, que aquí hai moitas persoas que pertenceron ó goberno anterior, loxicamente temos que seguir nesa liña. Tampouco vostede pode pensar que en catro meses se poden facer outros proxectos interesantes; se están elaborando e ó mellor ó longo do ano loxicamente virán eses proxectos e aportacións doutras institucións. Vostede sabe perfectamente que nun ano electoral é moi difícil, porque hai Concellos que no mes de maio teñen totalmente liquidado xa os presupostos do ano electoral. Polo tanto eu creo que hai que dar un tempo prudencial para ver se este equipo de goberno é capaz de acadar outro tipo de subvencións, ou outro tipo de recursos de institucións. Eu creo que é unha cuestión de sentido común e de lóxica. Vostede dicía que hai unha serie de aportacións e de cuestións que son competencia doutras administracións, pero a nós o que realmente nos preocupa é que se os cidadáns e os Concellos demandan unha serie de servicios sexa de quen sexa a competencia. Eu creo que os servicios hai que prestalos e ademais hai que prestalos o mellor posible. En canto ó tema que vostede plantexaba do Patronato de Turismo, creo que lle teñen que pasar información os seus membros do Patronato para que vostedes non queden fóra de xogo. Na última sesión do Patronato de Turismo se quedou en que se levaban eses presupostos coa vontade clara de que nun próximo Patronato, o 10 de decembro, facer aportacións tódolos grupos políticos e tódolos membros dese Patronato para cambiar tódalas políticas que se consideren oportunas. E non só eso, mañá empeza un foro con todo o sector, de un día, para que nos dean ideas e nos fagan propostas. Polo tanto se buscou unha fórmula nova que é busca-lo consenso para elabora-las políticas a seguir. E ademais se deixou perfectamente claro, se dixo que non se cambia nin unha sóa partida, esperando a ver cales son as demandas e as propostas para buscar un consenso en canto a este tema. Polo tanto está totalmente aberto, é dicir, o día 10, o mércores próximo, hai un Patronato de Turismo única e exclusivamente para trata-lo tema do presuposto. Polo tanto eu lle pediría que lle pasen a información porque se non vostedes agora quedan fóra de xogo e en fóra de xogo dunha maneira clara, e llo digo con todo o respeto que poido ter. En canto a cuestións que vostedes plantexan das bases de execución, a nova Lei de Subvencións, que como ben di o Sr. González Iglesias entrará en vigor o 18 de febreiro, o departamento xurídico desta casa está elaborando un informe técnico para adaptarnos. É dicir, si considera ese informe técnico que hai que adaptarse, por suposto que o vamos a facer sen ningún tipo de dúbida. Que non lle quepa a menor dúbida a todos vostedes de que o vamos a facer. As directrices que nos marcou o Presidente a todos os que colaboramos con el é face-las cousas co máximo rigor, a máxima transparencia, e buscar a máxima claridade para que non haxa ningún tipo de problemas. Polo tanto, vamos a estudiar esa nova Lei, que se publicou recientemente e á que haberá que adaptarse, por suposto. E en canto a que non é participativo, o IAE creo que é unha cuestión que hai que aclarar. O IAE aplica un novo coeficiente para todas aquelas empresas de máis dun millón de euros. Loxicamente esas empresas van a pagar máis en detrimento de empresas menos favorecidas. Eu creo, Sr. González que esa é unha política que deberían de defender vostedes claramente, é dicir, que pague máis o que máis ten. Eu escoito sempre ese discurso tódolos días, pero cando paga máis o que máis ten critican tamén. É un discurso que a min dende logo me sorprende. Se vai aplicar un novo coeficiente e estamos pendientes aínda da nova adaptación. Se vai a facer unha reforma dos tributos do Estado para as Corporacións Locais e se contemplaba o 5% de incremento e este ano estamos contemplando o 4%, estamos por debaixo aínda. En canto ó uso partidista, eu non sei cales son as asociacións que teñen o carné do Partido Popular ou non o teñen. Eu lle podo dar exemplos de moitas asociacións que eu coñezo, polo menos da zona de Vigo, que non teñen nada que ver co Partido Popular e que teñen recibido subvencións. A min me parece moi forte que vostede faga unha afirmación tan rotunda e que tódalas asociacións as que se dean, todas son do Partido Popular. Eu creo que facer unha afirmación así tan rotunda me parece fóra de tono. Que vostede faga unha afirmación tan rotunda do tema do fútbol, que vostede non prevea que poida haber unha incidencia de moitos millóns de persoas que poidan acudir ó norte de Portugal creo que é descoñecer a realidade social, económica e turística da provincia. Nós nos vamos a beneficiar dunha maneira considerable, a provincia de Pontevedra, con ese evento, e non só eso, é dicir, é que xa empeza a haber reservas en hoteis da propia provincia, polo coñecemento que temos, para persoas que non queren ir a Portugal e que van a vir á provincia e van a vir a Galicia e que van aproveitar ademais o tema do Xacobeo para facer turismo. Esa é unha realidade que non ten ningún tipo de dúbida. As Escuelas de Música, claro que se contemplan, por suposto, e ese é o traballo que temos que facer, uns dende o goberno e outros dende a oposición. A ver se vostedes nos convencen de que as ideas que presentan a base de insistir son as correctas e vamos cambiando pouco a pouco. Eso é o bo da democracia e das institucións. A oposición non só está para criticar senón tamén para facer políticas constructivas e de apoio a cuestións que se poidan facer. Creo que me estudiei bastante ben todo o presuposto partida a partida, e non dicía que haxa partidas de nova creación, pero que si se están facendo políticas de potenciación daquelas partidas que xa están recollidas. E hai unha cuestión moi clara: nadie pode por en dúbida tampouco que este presuposto ten un gran contido social. Dos vinte millóns de euros, preto de dez millóns e pico, case doce millóns de euros, se dedican a gasto social. Se vostedes collen e din "Príncipe Felipe" fóra, evidentemente, pero en programa de gasto social hai máis de tres millóns de euros, en temas concretos, e se quere lle fago un repaso, un a un, convenios asistenciales, teleasistencia domiciliaria, terceira idade, asistencias a familias, vacacións en paz, asilo, asociacións de mulleres, fundacións de apoios a persoas con problemas de droga, Alecrín, pisos tutelados, programa da Xunta de atención social, proxecto piloto para programas sociais, atención a familias a través de concellos, transferencias para material e apoio a esas familias, a concellos e a persoas dependientes, accesibilidade a praias, Proxecto Home, asociación contra o cáncer, proxecto de prevención. Eu é a primeira vez que estudio estes presupostos e se alguén critica que non hai un grande contido de gasto social, eu creo que non coñece a realidade doutras administracións, creo que sería bo de vez en cando facer un repaso a outras administracións a ver cal é o contido social que teñen, e por encima lle incluímos "Príncipe Felipe". Aquí se fai un dobre discurso, o dobre discurso é que "Príncipe Felipe" non é competencia desta Deputación; bueno, pois témolo e temos que atendelo, e ogallá non o tiveramos dentro da nosa potestade, pero témolo, e ese é un gasto social importante, que hai moitos nenos alí, só falta ir alí para darse conta do que significa eso. Eu non o coñecía e de verdade que é unha das cuestións que quedei máis sorprendido dende que cheguei a esta casa, porque eso si que é verdadeiramente unha atención social e unha atención a persoas con necesidade, só fai falta ir alí un día, comer alí, e darse conta do que significa esto. De vinte mil millóns de pesetas, dous mil millóns de pesetas están destinadas a gasto puramente social, e aí están recollidos, á parte dos temas culturais, dos temas deportivos. Eu creo que a axuda ós clubs modestos, ós clubs de base, é fundamental e aquí se incrementa tamén. Hai unha axuda importante ós clubs de base da provincia, que ademais se ve reflexada pola atención que prestan a esta Deputación. Os temas culturais creo que están perfectamente reflexados neste presuposto e tamén ese apoio cultural a todas estas institucións. .../... (continúa en el registro siguiente) ------ Folla: Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, .../... (continuación del registro anterior) E a maiores creo que hai unha aposta decidida neste presuposto a unha serie de inversións tanto no Museo, como na adquisición dese Palacio de Turismo, do saneamento da Ría, da Fundación Rías do Sur. Sr. Mosquera, as subvencións e os apoios que ten o Concello de Pontevedra son importantes. Se vostede di que o Museo non é importante para a cidade de Pontevedra, pois me calo. Se vostede di que a compra da sede do Patronato de Turismo non é importante para os servicios de Pontevedra, me calo. Se vostede di que construir unha piscina olímpica na cidade de Pontevedra, que non a ten Vigo nin a ten Galicia, non é importante, pois me calo. Neste presuposto, directa ou indirectamente, para a cidade de Pontevedra estamos preto de 1.800 millóns de pesetas, só este ano. Eu creo que é para estar satisfeito un dirixente da cidade de Pontevedra de que esta Deputación ten unha atención clara con esta cidade. O Museo vai a relanza-lo casco vello e a zona antigua do centro de Pontevedra. Ter unha piscina olímpica téñenna poucas cidades de España, eu creo que hai moi pouquiñas, Madrid, Barcelona e non sei se algunha máis. Eu sinto envidia sana de que Vigo non teña unha piscina olímpica, sinto envidia sana. O saneamento da Ría, aínda que é para toda a Ría, tamén lle afectará a vostede. Eu tiven a delicadeza de pedi-lo presuposto da cidade de Pontevedra, por unha cuestión meramente anecdótica e de datos. E vostedes creo que teñen catro millóns de euros en inversións no capítulo 6, se non me equivoco. Se nós dende esta casa estamos aportando 1.800 millóns de pesetas, só neste presuposto para a cidade de Pontevedra, eu creo que debería de sentirse satisfeito vostede como concelleiro responsable e unha das persoas de máxima autoridade dentro dese goberno. Eu firmaría agora mesmo porque a cidade de Vigo tivese os mesmos presupostos. Nós vamos a intentar, polo menos os Deputados de Vigo, tirar un pouco para alí porque cremos que é importante. Esperemos da sensibilidade desta Corporación e deste goberno para que se contemple desa maneira. No debate tamén saiu que se reducen as cantidades ós Concellos. Non se reducen, o que pasa é que dos fondos estatais se reduce un 8%. A pesar de reducir un 8% seguimos mantendo eses plans de Acción Municipal nas mesmas cantidades. Eu creo que é importante, despois de reduci-lo 8%, que dende este organismo se siga mantendo. E poderíamos falar de moitas máis cuestións. O debate está claro, é dicir, vostedes, aínda que lle digamos que non a tódalas emendas, buscarían calquera outro pretexto para dicir que non. Mire, eu estou na oposición e sei como se fan os debates, é dicir, o goberno intenta defender uns presupostos e a oposición intenta defende-lo seu papel. Eu os felicito polo talante deste debate e deste discurso; vostedes teñen unha postura, nós temos outra totalmente distinta. Nós xa viñamos claramente aquí coa idea de que vostedes ían votar en contra. Eu non vou a tratar de convencelos, o único que estou intentado é explicarlle ós cidadáns a través dos medios de comunicación cal é o presuposto e as políticas que está facendo esta casa. Hai aquí unha serie de emendas que nos están facendo. O tema dos Plans Xerais, xa llo adianto, se vai a contemplar dentro do Plan de Acción Municipal unha cantidade importante para o apoio e a elaboración dos Plans Xerais porque os pequenos Concellos teñen dificultades neste momento. Xa llo adianto que eso é unha vontade do Presidente e que eso se vai a contemplar. Tamén é certo que estamos intentando buscar financiamento externo para que non só sexa a Deputación a que aporte unha cantidade importante a estes Plans. Os parques comarcais se pode incrementar moito máis, pero eu creo que hai unha partida suficiente nestes momentos para os parques contra incendios de toda a provincia. A sinalización turística se estaba facendo e se sigue facendo, pero eu creo que se vai a seguir potenciando o tema da sinalización turística. Sobre recursos culturais e turísticos, vostede, por un lado me di que non se incremente publicidade e propaganda. Se incrementa dunha maneira considerable un sector que nos consideramos que é fundamental para o desenvolvemento económico e social da nosa provincia. E mire, só lle vou a dar tres ou catro datos. Na provincia de Pontevedra restaurantes hai preto de 3.000, camas hoteleiras hai 16.000, hostais 5.000; eu creo que este sector é fundamental para o desenvolvemento da provincia, e ademais hai un compromiso claro de que a política turística se marque nese Patronato porque ese foi o criterio que se marcou todo o Patronato. E ademais eu teño que agradece-lo comportamento e a actitude que tomou alí a súa compañeira de grupo, Dona Clara Millán, onde está colaborando con nós, e non nos doen prendas en dicilio, que o está facendo coa satisfacción de todos dando as súas ideas. O mércores próximo vamos a ter ese Patronato onde vamos a redifinir tódalas políticas de cara ó futuro. E se fai desa maneira porque quixemos escoita-lo sector; mañá temos unha xornada todo o día no Pazo de Soutomaior para escoita-lo sector do turismo e alí vamos a saca-las conclusións. E podía seguir matizando tódalas cuestións. Sr. González, claro que é participativo este presuposto, vostedes poden participar, pero tamén a cidadanía participa e neste presuposto se ven implicados todos os sectores da cidadanía; vostede dígame algún sector que non estea implicado dalgunha maneira neste presuposto. É difícil encontrar un só sector que non teña unha partida presupostaria, lle pode gustar que sexa menor ou maior, pero dígame só un, agrario, de pesca, social, deportivo, cultural, o que sexa, díganmo. Estamos falando dun presuposto de vinte mil millóns de pesetas. Ó mellor vostedes cambiarían catrocentos ou quiñentos millóns para un lado ou para outro, pero esa é unha vontade, é unha filosofía política que vostedes poden marcar ou deixar de marcar, eu creo que moi pouquiño máis. Eu me atrevería a dicir que se vostedes teñen que facer este presuposto non sei se chegarían ós tres millóns de euros que cambiarían dun lado para outro. Estou totalmente convencido. Ó mellor igual o farían peor que nós. Eu os entendo perfectamente, están no seu papel, eu o acepto, o acepto ademais con todo respeto, pero o presuposto que nós fixemos, volvo a repetirlle, pensamos que cumpre as espectativas dos cidadáns, que cumpre as espectativas dos Concellos e vamos a empezar a desenvolvelo da mellor maneira posible, buscando o máximo rigor con esa nova Lei de Subvencións, que vamos aplicala. Esas correccións que fai o Consello de Contas non deixan de ser interpretacións xurídicas porque nosos técnicos consideran que o que se fixo é correcto, polo tanto son matizacións, como todo tema xurídico. Non só están os Concellos do Partido Popular, tamén os de vostedes, así que hai que ter un pouco de sensatez nestas cuestións. E nada máis. Esperamos a outra intervención, se procede, e única e exclusivamente intentar pedirlle o voto. Eu creo que é un bo presuposto para tódolos cidadáns, creo que debían de recapacitar e se non queren votar a favor, polo menos abstéñanse ata a tramitación da aprobación definitiva. Sr. Presidente.- Moitas gracias polas súas claras alusións e pasámoslle a palabra ó Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Eso de claras alusións supoño que será que o Presidente quedou convencido. Sr. Presidente.- Home. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben. Si, vamos a ver, Sr. Figueroa. Vostede falou aquí de todo; por un pouco nos conta cantos conos hai nas praias para xustificar que van a limpar unha praia se algún Alcalde logra que lle manden a máquina pero menos do que se falou aquí. Me parece que traía o carrete preparado e se perdeu, como dicir que non se está debatindo sobre as liñas de fondo e outras cousas polo estilo. Ben, aquí nós fixemos unha serie de alegacións. Dende logo a intervención deste ano é igual que a do ano pasado anterior, eu o ano pasado non estaba, estaba fóra por motivos familiares. Se queda reconfortado con ese carrete alá vostede. Repito moi brevemente para ver o que contestou. Primeiro: ese redondeo das contas do Gran Capitán, nada. Segundo: que non hai ningún esforzo recadador, nada. Terceiro: que as grandes contas do orzamento, nada. Cuarto: que o que lle quedou libre máis ou menos con respeto a outros anos, 12,7 para gastar, que ó final quitando estradas provinciais o resto é para gastos corrientes bastante paveros coma o do piche e demais, nada; que a aportación ós Concellos desta Deputación baixou, nada. Vostedes están votando man de competencias que efectivamente hai que prestalas ós cidadáns, correcto, pero resulta que os Concellos cada vez teñen máis obrigas. Segundo a Lei do Solo teñen que en dous anos actualiza-lo plan, etc., etc.; todas as que podíamos describir aquí que non teñen financiamento e que vostedes lle recortan. Sae de pasada dicindo que xa o están estudiando, xa o estarán estudiando no PAM, ou sexa, aí van meter todo, aí van meter maravillas para saír do paso, saír polos cerros de Úbeda. E con respeto ó Patronato de Turismo, o que dixen está no capítulo 2, polo tanto investimento e mellora de recursos turísticos hai cero. Me contestou que se vai a discutir, pero entón hai que cambia-lo orzamento, non é o orzamento que están aprobando non é o orzamento que están aprobando. Entón cero. E o do saneamento da Ría se quere vostede entramos neso, aínda que non me gusta. Resulta que o saneamento da Ría, acaba o Tribunal de Contas de dicilo, é unha competencia da Xunta que non está exercendo, e está desviando fondos. Do saneamento da Ría de Vigo se encargou o Estado, o Ministerio de Medio Ambiente, e do saneamento da de Pontevedra encargouse a Consellería de Medio Ambiente, e non o está facendo a pesar de ter recibido fondos FEDER para eso cando se fixo o reparto. Bueno, eso xa é coñecido e o Tribunal de Contas o acaba de volver a sacar. Non o está facendo a Xunta, a saber onde meteu eses fondos, os fondos FEDER que recibiu para eso. En Pontevedra, quitando o saneamento de Lourizán, non se veu absolutamente nada. Eu creo que irse polas cuestións localistas cando estamos discutindo os orzamentos da Deputación, parece tamén unha saída polos cerros de Úbeda porque vostedes teñen unha filosofía moi clara. Dentro desa filosofía está tamén utilizar esta casa para agredir verbalmente, cunha virulencia absolutamente fóra de lugar, que está virando en contra súa ó Concello de Pontevedra. O que estamos propoñendo non é valadí; estamos propoñendo exactamente que as transferencias ós Concellos se equiparen, non exactamente igualarían, pero había que baixar algo as que poden ir a entidades privadas ou á Xunta. Está propoñendo desviar oito millóns de euros para sumar ós Concellos, para que reciban desta casa, non exactamente pero un pouco menos, achegándose ó que reciben desta casa as entidades privadas directamente máis a Xunta; eso é o que se está propoñendo e son oito millóns de euros. Se lle parece valadí, vostede saberá. E están poñendo unhas bases de execución que probablemente nos permitirá unhas modificacións mínimas. De todas maneiras quero que quede clara unha cousa, Sr. Figueroa, a min non me gusta para nada facer referencia a conversacións aínda que teñan o rango de Portavoces, pero sabe perfectamente que lle dixen que vostedes non queren emendas. Preséntalo como alegacións. Foi así directamente, ou sexa, non estaban dispostos nin tan sequera a considera-las emendas e así pasou na Comisión e así mo expresou claramente. Dicir que aumenta moito en investimentos reais, si, pero ¿a conta de que?. De recortar ós Concellos e de face-la política que vostedes queren e que antes describín, que é utilizar a fondo esta Institución en contra, cando faga falta, dos Concellos, excepto que sigan as subvencións esas, os cheques por atrás. Moitos alcaldes de Concellos pequenos ó final de ano xa poden ir facendo cola aí para consegui-lo cheque extra. E, en fin, creo que non é momento de falar dos convenios que pode haber con Pontevedra e Vigo, porque realmente é bastante preocupante o que acaba de dicir, encubríndose en que se está investindo moito. As contas a min non me saen. Eu agardo que haxa sorte, porque ese famoso PAM vai dar para os convenios con Pontevedra e Vigo, para a elaboración do planeamento, vai dar para todo, absolutamente para todo, vai ser unha cousa maravillosa, cando na práctica está recortada a suma do que eran os programas que había para os Concellos en relación ó total do PAM. Vai dar absolutamente para todo, o tempo o dirá, e tampouco se atreveu vostede a desmentirme que vai haber que recortarlle ós Concellos, non se atreveu a desmentilo. Claro, despois dirán, non, na próxima modificación de crédito, porque ese é o recurso de sempre, estudiarémolo, mirarémolo; nas alegacións, estámolo estudiando, xa se verá. Eso non é o que vén nestes orzamentos; nestes orzamentos vén o que vén e do que eu describín, do que nós describimos que viña, vostede non dou desmentido nin unha palabra. Meterse con que non me entero co que pasa co Patronato de Turismo, claro que me entero, está clarisimo, aumentan o presuposto, unha parte para comprar o mobiliario da futura sede e o resto publicidade, propaganda e fomento do turismo. Agora, inversión en pesetas ou euros para mellora dos recursos turísticos, cero, cando sería un ano que habería que facer un esforzo tremendo neste aspecto, para que os que nos visiten vexan que están en bo estado os recursos turísticos e non facer máis propaganda. De todas maneiras, quérolle dicir que vaian facendo esa folla de publicidade a ver se convence a alguén porque dende logo co que dixo non convence absolutamente a ninguén. Por certo, aínda que fagan vostedes a propaganda cada vez máis nos medios, fagan as páxinas un pouquiño mellores, caramba, que son uns tochos que non os mira ninguén, xa feito o gasto que serva para algo. Eu, aínda que estea na oposición, síntome partícipe desta casa e fágannas mellor, vaian facendo unha xa, pero mellor que esas que sacan, vaian facendo unha xa para explica-lo bo que son os orzamentos sobre todo con respeto ós Concellos e con respeto á promoción económica, turística e cultural. Vaian facendo unha páxina e vaian a ver se alguén lle cre; dende logo que o que dixo aquí non, empezando porque non contestou a nada do que se lle plantexou porque non podía contestar, porque as cifras cantan e o resto son palabras. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias ten a palabra. Sr. González Iglesias.- Sr. Figueroa, yo creo que planteé el tema claramente, es decir, les hice una propuesta para que retirasen ustedes el presupuesto y creí que me iba a contestar que ustedes lo mantienen etc., etc., y que podía seguir mi intervención. Bueno, pues optaron por otra fórmula; me da igual, vamos a seguir desp
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota