Fondos
2004-09-08_Extraordinaria. Acta de sesión 2004/09/08_Extraordinaria
Acta de sesión 2004/09/08_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/1.2004-09-08_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2004/09/08_Extraordinaria
Data(s) 2004-09-08 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 8 de setembro de 2004 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día oito de setembro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente D. Xosé Crespo Iglesias, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. José Costa Díaz, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal nin o Sr. Deputado D. Xosé Antón Araujo Quintas quen excusa a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Por ausencia do Presidente que ten que marchar agora a unha viaxe, tócame presidir a min. Vamos coa orde do día de hoxe. 1.5113.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto primeiro. Aprobación do borrador da acta da sesión anterior do 28 de xullo do ano 2004. ¿Algunha intervención neste punto?. Pasamos a votalo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Apróbase por unanimidade. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria do día 28 de xullo do ano 2004. ------ Folla: 2.5114.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA DESENVOLVER O PROGRAMA DE MELLORA GANDEIRA EN GALICIA Sr. Presidente.- Punto dous. Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para desenvolver o Programa de Mellora Gandeira en Galicia. ¿Algunha intervención neste punto?. Pasamos a votalo. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Tampouco. Por unanimidade. Dada conta da remisión pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do "Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e a Excma. Deputación de Pontevedra para desenvolver o Programa de Mellora Gandeira en Galicia". Resultando que supón uns ingresos totais para a Deputación de Pontevedra de 175.000,00 Euros/ano durante o período de vixencia do Convenio e o beneficioso programa que se desenvolverá para a gandería galega. Resultando tamén que se dispoñen na Finca Mouriscade instalacións, equipos e persoal idóneo para o desenvolvemento do Programa. Vistos o informe xurídico do Vicesecretario de data 17-08-04 e informe do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario de data 30-08-04 e visto tamén o dictame favorable da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería o Pleno acorda por unanimidade aprobar o "Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e a Excma. Deputación de Pontevedra para desenvolver o Programa de Mellora Gandeira en Galicia. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA DESENVOLVER O PROGRAMA DE MELLORA GANDEIRA EN GALICIA En Pontevedra, a de de dous mil catro. REUNIDOS Por unha parte, o Excmo. Sr. D. Juan Miguel Diz Guedes, no nome e representación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, nomeado por Decreto 3/2001, do 10 de xaneiro, en adiante Consellería, na representación da mesma, de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia, e en uso das facultades que lle confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu Presidente; e por outro lado o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra D. Rafael Louzán Abal, elixido no Pleno celebrado o 12 de xullo do 2003, en nome e representación da mesma, con plenas facultades para o presente acto. MANIFESTAN A Consellería e a Excma. Deputación de Pontevedra teñen como un dos obxectivos impulsar as actuacións encamiñadas ó desenvolvemento de programas gandeiros en Galicia. A Unión Europea, co fin de crear un marco normativo estable que facilite a preparación e execución dos programas de desenvolvemento rural, promulgou as Directrices Comunitarias sobre Axudas Estatais ó Sector Agrario (200/C 28/02). O Programa Operativo Integrado de Galicia 2000 - 2006 aprobouse mediante a Decisión da Comisión C (2001)246, do 7 de marzo de 2001. No seu Eixe 7, Medida 8, a Acción: "Mellora Integral da eficiencia dos sistemas productivos gandeiros e o seu entorno", aglutina unha serie de programas que pretenden o desenvolvemento do nivel de eficiencia da cabaña gandeira. Entre os proxectos a desenvolver pola Consellería e a Deputación figuran a continuación na colaboración coa mellora xenética en vacún de leite e a asistencia técnica ás explotacións para obter un alto nivel de efectividade nas mesmas. A opción para a Comunidade Autónoma galega dunha producción propia de xenética, continúa sendo a fórmula máis apropiada para cubrir as necesidades en material xenético. Tendo en conta o considerable aumento, non só no número de animais con rexistro, senón tamén na calidade dos mesmos, necesítase dispor dun crecente volume de touros probados mellorantes. Do mesmo modo, faise necesario potenciar a vía "femia", a través de doantes de embrións, como forma de multiplicar nas explotacións as vacas de alto valor xenético. Todo en conxunto contribuirá a acelerar enormemente o progreso xenético da poboación. A forma máis rápida e eficaz de obter estes animais altamente mellorantes é incorporando á nosa poboación os xens da élite da poboación mundial, mediante embrións procedentes dos animais máis sobresaíentes, que producirán en Galicia os sementais e as doantes de embrións da seguinte xeneración, sendo para iso necesario dispor en rabaños en condicións sanitarias óptimas, dun número suficiente de receptoras. O apoio que dende a Consellería se está facendo ó establecemento de servizos de xestión zootécnica dos rabaños, a mellora da alimentación e a optimización das capacidades productivas dos animais, debe estar respaldada por unha estructura laboratorial apropiada. Ambas actuacións son pilares básicos nos que se asenta a producción leiteira moderna, co obxecto de consolidar e potenciar os excelentes resultados obtidos ata agora mediante o Programa de Mellora Gandeira de Galicia. En consecuencia do exposto a Consellería considera necesario establecer un Convenio de colaboración coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para levar a cabo un proxecto de traballo en común a teor dos resultados satisfactorios obtidos por ámbalas partes nos convenios realizados nos derradeiros anos. ACORDAN: CLÁUSULA PRIMEIRA.- OBXECTO: A través do presente convenio estableceranse as condicións polas que se rexerá a cooperación entre a Consellería e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para levar a cabo actuacións dentro do Programa de Mellora Gandeira de Galicia. CLÁUSULA SEGUNDA.- CONTIDO E ÁMBITO DE APLICACIÓN. A finalidade do convenio é a colaboración de ámbalas entidades no desenvolvemento do Programa Mellora Gandeira de Galicia nos seguintes aspectos: a) Obtención de animais de raza vacún frisona nados a partir de embrións de alta xenética implantados en xovencas virxes co obxecto de dispor de sementais, ou futuras doantes de embrións, segundo o producto resultante sexan machos ou femias. b) Apoio laboratorial ó desenvolvemento de programas zootécnicos encamiñados a obter unha mellora da eficiencia nas explotacións. O control dos resultados obtidos corresponderá á comisión de seguimento establecida na cláusula quinta do presente convenio. O ámbito de aplicación será a Comunidade Autónoma de Galicia, sen menoscabo de que os frutos destas actuacións poidan exceder as fronteiras autonómicas. CLÁUSULA TERCEIRA.- OBRIGAS DAS PARTES. I.- A Deputación de Pontevedra comprométese a: I.a) En canto ó programa de implantación de embrións: a.1) Aportar as instalacións e os equipamentos da súa titularidade existentes na actualidade así como o persoal adscrito á Finca de Mouriscade (Lalín). a.2) Financiar os gastos fixos e de mantemento do rabaño de xovencas receptoras, aportándolle persoal que permita o manexo dos mesmos. a.3) Manter durante o período de vixencia do convenio, e como únicos animais na Finca de Mouriscade, un rabaño aislado de xovencas receptoras de embrións e como animais de producción de leite non se poderá introducir ningunha femia que non proveña dos programas de implantación de embrións de élite coordinado pola Consellería. a.3.1) As condicións sanitarias das receptoras de embrións serán as seguintes: - Proceder de rabaños con cualificación sanitaria. - Proceder de rabaños libres de Rinotraqueite infecciosa bovina (IBR), Diarrea vírica bovina (BVD). - Os animais a considerar terán probas serolóxicas negativas a Neosporosis. - Aquelas outras esixencias sanitarias que os equipos técnicos responsables consideren oportunas. a.4) Dispor dun Servizo Técnico Veterinario capaz de asegurar o estatus sanitario do rabaño de receptoras e dos descendentes obtidos, establecendo para iso as medidas de bioseguridade necesarias para acadar este obxectivo. a.5) Dotar de persoal axeitado e suficiente para o manexo dos animais e os seus productos e o mantemento do estado sanitario. a.6) Acatar as decisións técnicas sobre manexo das receptoras, implantación de embrións, control sanitario dos animais, medidas de bioseguridade e calquera outra decisión que para o bo funcionamento do programa consideren necesaria os equipos técnicos da Consellería. a.7) Facilitar todo tipo de información sobre o proceso que poidese solicitar e presentar semestralmente á Consellería unha memoria das actividades desenvoltas nestes rabaños (parte de movementos de gando, censo gandeiro e de existencia, etc.). a.8) Por a dispor da Consellería tódolos animais nados na finca de Mouriscade dos embrións importados de élite. Así mesmo poñerá a dispor da Consellería os machos nados na finca que procedan de femias descendentes do programa, en primeira ou sucesivas xeneracións. Os machos non elixidos, a Consellería autorizará á deputación sobre o seu destino final. a.9) Colaborar nos procesos de formación técnica de gandeiros da provincia a través de cursiños, divulgacións, etc., que teñan como referencia a finca de Mouriscade. I.b) En canto ós servizos laboratoriais. b.1) Realización de analíticas de alimentos e leite incluídos nos programas de xestión zootécnica realizados por agrupacións gandeiras acollidas á normativa que articulan axudas no marco do programa de Mellora Gandeira de Galicia. A identidade de ditas agrupacións será comunicada pola Consellería unha vez tramitadas as resolucións aprobatorias de axudas anuais. b.2) O Laboratorio de Mouriscade deberá traballar de acordo cos protocolos de calidade establecidos polo Laboratorio de Sanidade e Producción Animal de Lugo, e cooperar estreitamente con este e co Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Mabegondo, co obxecto de manter un elevado nivel técnico e unha unidade de criterios. b.3) Respecto á información xerada, facilitarlla á Consellería co obxecto de evaluar a eficacia dos programas realizados, ademais de axudar a coñecer a situación dun sector tan sensible nestes momentos para planificar as liñas de actuación sobre o mesmo. A Deputación elaborará unha Memoria Técnica e Económica das actuacións realizadas que presentará á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria antes do 30 de novembro de cada ano natural. Nela describiranse as actividades desenvolvidas pola Deputación en relación ó presente convenio. II.- A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural comprométese a: II.1) Realizar aportacións económicas para a prestación de apoio laboratorial ó desenvolvemento de programas zootécnicos. Estas aportacións económicas cuantificaranse en base ás analíticas certificadas polo laboratorio, na contía máxima reflexada na cláusula cuarta, correspondente a compromisos económicos adquiridos pola Consellería. II.2) Proporcionar os embrións importados de élite e os medios técnicos para realizar os procesos de implantación dos mesmos. II.3) Financiar os custes de desenvolvemento do programa de implantación de embrións nas condicións e por un importe máximo segundo se especifica na cláusula cuarta. II.4) O 50% das femias nadas dos embrións de élite importados e implantados nas receptoras aportadas pola finca Mouriscade serán propiedade da Excma. Deputación de Pontevedra. CLÁUSULA CUARTA.- FINANCIAMENTO. Os compromisos económicos acadados pola Consellería establécense nas condicións e polas contías seguintes: I.- Programa de receptoras de embrións: Polo mantemento anual dun rabaño mínimo de 50 xovencas receptoras de embrións un importe máximo de oitenta e sete mil cincocentos euros (87.500,00 ¤) no ano 2004, noventa e cinco mil cincocentos euros (95.500,00¤) no ano 2005, e setenta e nove mil cincocentos euros (79.500,00¤) para o ano 2006. Total programa embrións: 262.500,00¤. II.- Programa laboratorial: Para a realización do programa laboratorial unha contía máxima de oitenta e sete mil cincocentos euros (87.500,00¤). Este importe destinarase a reducir o prezo final das analíticas realizadas a agrupacións gandeiras acollidas ós programas zootécnicos contemplados no Programa Mellora Gandeira de Galicia. O prezo final das analíticas será comunicado anualmente polo laboratorio á consellería. A contía económica distribuirase en función do tipo de analítica da seguinte maneira: Tipo de análise Reducción sobre o prezo final por analítica (IVE incluído) Leite (microbiolóxico) .......................................2,61¤ Penso (vía húmida) .......................................6,96¤ Silos ..................................................................4,06¤ En todo caso os descontos realizados a cada agrupación serán considerados como unha axuda máis e a súa contía contabilizará para o disposto no punto 14.3 das Directrices Comunitarias sobre axudas estatais ó sector agrario. Total programa laboratorial: 262.500,00¤. Total ámbolos programas: EXERCICIO 2004 87.500+87.500= 175.000 Euros EXERCICIO 2005 87.500+95.500= 183.000 Euros EXERCICIO 2006 87.500+79.500= 167.000 Euros Este convenio financiarase con cargo á partida orzamentaria 09.03.613-A.760.0. Estes orzamentos son cofinanciados polo FEOGA-Orientación nun 75%. A xustificación por parte da Deputación dos gastos orixinados farase de acordo coa normativa aplicable ós Fondos Estructurais da Unión Europea e co Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e a Lei 38/2003 do 17 de novembro de réxime xeral de subvencións. No caso de que a Deputación solicite a execución de pagos parciais do convenio, deberá presentar a memoria técnica e económica citada na cláusula terceira e a xustificación dos gastos realizados de acordo co parágrafo anterior pola parte proporcional ó período de pago solicitado. CLÁUSULA QUINTA.- SEGUIMENTO DO CONVENIO. Créase unha comisión de seguimento do convenio formada por 2 representantes de cada unha das partes, co fin de velar polo cumprimento do establecido no presente convenio e resolver dúbidas e problemas sobre a súa interpretación. A comisión de seguimento estudiará as actividades desenvolvidas e, si é preciso, propoñerá as modificacións oportunas para o axustado desenvolvemento deste convenio. Calquera modificación das obrigas das partes xurdidas do acordo entre ámbalas na comisión de seguimento, quedará reflexado mediante a oportuna addenda a este convenio. CLÁUSULA SEXTA.- NATUREZA DO CONVENIO: O presente convenio terá carácter administrativo, rexerase ós seus efectos pola Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e no seu efecto pola lexislación de contratos das administracións públicas e demais normas de dereito administrativo, sendo competente para entender nos litixios que poideran xurdir a xurisdicción contenciosa-administrativa. Para tales efectos, o tribunal competente será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Estarase ó disposto no Decreto 287/2000 do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións da Comunidade Autónoma de Galicia, en canto á modificación e reintegro da subvención, e demais aspectos no previsto no presente convenio. CLÁUSULA SÉTIMA.- VIXENCIA E DENUNCIA. O presente convenio terá unha vixencia dende a sinatura do mesmo ata o 31 de decembro de 2006 e poderá ser prorrogado antes do término deste por tres anos máis. Calquera das dúas partes asinadas poderá denunciar este convenio debendo, en cada caso, ser atendidos os compromisos económicos adquiridos ata o momento da denuncia. Serán motivos de denuncia o incumprimento do estipulado no presente convenio e/ou imposibilidade do seu desenvolvemento total ou parcial. Será obrigatoria a revisión do convenio cando algunha disposición ou norma publicada con posterioridade afecte sustancialmente ás bases do mesmo. E para que así conste, maniféstase o consentimento de ámbalas partes convenientes no lugar e data do encabezamento, instrumentándose por quintuplicado, refrendado despois a súa plena conformidade con todas e cada unha das cláusulas aquí vertidas. O CONSELLEIRO DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL, Asdo.: O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, Asdo.: Rafael Louzán Abal ------ Folla: 3.5115.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 4/2004 Sr. Presidente.- Punto tres. Expediente de modificación de créditos número 4/2004, de tres mil e pico de euros. Sr. Figueroa Vila. Sr. Figueroa Vila.- Esta é unha modificación de créditos que o suplemento é unha cantidade de 2.421 Euros. Hai unha modificación onde se minoran partidas entre o propio departamento e polo tanto son para temas sobre todo de promoción de emprego na Mancomunidade, é un Programa Compac de iniciativa Equal, un proxecto que está en marcha. Este é o expediente que se trae hoxe, é un expediente menor pero é necesario e urxente e por eso se trae ó Pleno. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos. Independentemente da contía do expediente, de que parte del pois é unha modificación interna dentro do Servizo Agrario, o novedoso é que se incorpora unha cifra para o Programa Equal, polo tanto vamos a votar a favor da modificación. Sr. Presidente.- Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Aínda que compartamos o fin, nós estivemos en contra no Presuposto e vamos absternos; dada que a contía é mínima vamos absternos. Gracias. Sr. Presidente.- ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Abstención do PSOE. ¿A favor?. O Partido Popular e o Bloque. Visto o expediente de modificación de créditos número 4/2004, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe total de 2.421,00 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase da seguinte forma: - Os suplementos de crédito por importe de 2.421,00 Euros, con cargo ó remanente de tesourería dispoñible. - As transferencias de crédito por importe de 4.000,00 Euros na partida 04/711-711.214.00, e 6.000,00 Euros na partida 04/711.711.623.01 finánciase da partida 04/711.442.226.19, que minora crédito por importe total de 10.000,00 Euros. O Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e do BNG e coa abstención do PSOE, aprobar o expediente de modificación de créditos número 4/2004, que resumido por capítulos presenta a seguinte estructura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e de servizos -6.000,00 ¤ Capítulo 4º Transferencias correntes 2.421,00 ¤ Capítulo 6º Investimentos reais 6.000,00 ¤ Total expediente 2.421,00 ¤ Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 4.5116.- RESOLUCIÓN DO RECURSO DE REPOSICIÓN FRONTE Ó ACORDO PLENARIO DE 30-03-2004, RELATIVO Á OBRA "TERMINACIÓN ENSANCHE EP 9305 COIRÓN-RIBADUMIA-LEIRO" Sr. Presidente.- Pasamos ó punto catro. Resolución do recurso de reposición fronte ó acordo plenario de 30-03-2004, relativo á obra "Terminación ensanche EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro". Saben vostedes que aquí presentáronse uns recursos, desestimáronse, e logo houbo un recurso de reposición que ten que resolver o Pleno, que xa informamos na Comisión Informativa. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Por unanimidade. O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión de 31-03-2004, acordou a aprobación inicial do proxecto "Terminación do ensanche EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro" cun orzamento para coñecemento da Administración de 15.817,57 Euros, desagregado nun orzamento de execución por contrata por importe de 12.103,89 Euros e un capítulo de expropiacións por importe de 3.713,68 Euros, así como a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación; e acordou no Pleno corporativo de 30-06-2004 a resolución de alegacións presentadas durante o período regulamentario de exposición pública do proxecto, así como a aprobación definitiva deste e da relación de bens e propietarios afectados; e, que con data 29-07-2004 Dona Eugenia Rodríguez Paz interpón recurso de reposición fronte ó acordo plenario de 30 de xuño do presente ano, á vista dos informes da xefa de Sección de Vías e Obras e do enxeñeiro técnico xefe da zona norte, o 25-08-2004, e co fin de dar continuidade ó expediente administrativo desta obra, o Pleno acorda por unanimidade desestimar o recurso de reposición que interpuxo Dona Eugenia Rodríguez Paz, veciña de Baión, con enderezo en Retorteiro, fronte ó acordo plenario desta Deputación Provincial de 30-06-2004, en base ás seguintes razóns: 1.- O proxecto de "Terminación do Ensanche EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro", que pertence a fondos propios 2004, como sinala o informe de 25-08-2004 que emitiu a xefa de Sección de Vías e Obras, tramitouse en base a un expediente administrativo estrictamente acorde coa lexislación vixente, e iniciándose coa aprobación inicial do proxecto no Pleno de 31-03-2004 a súa exposición pública no prazo regulamentario para efectos de alegacións e a resolución das reclamacións presentadas por acordo plenario de 30 de xuño do presente ano, polo que non ha lugar a pretendida indefensión que argumenta a recorrente, toda vez que se lle informou puntualmente do expediente en marcha, comparecendo nel desde o seu inicio a través da alegación que presentou no período de información pública. 2.- O citado proxecto contempla, como se advirte no informe emitido o 25-08-2004 polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte, unha obra que se limita ó ensanche da EP 9305 sen que se modifique o curso natural das augas, como alega a recorrente, en todo caso, sería competencia do Concello solucionar o posible problema de recollida de augas. Contra o presente acordo poderá interpoñer o interesado recurso contencioso-administrativo no prazo e ante os órganos que determina o artigo 46.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. ------ Folla: 5.5117.- APROBACIÓN DO PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A CONSTRUCCIÓN E REHABILITACIÓN DE CASAS CONSISTORIAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- O punto cinco retirámolo da orde do día porque é un expediente que se tramitou en Cooperación e temos que melloralo para confirmar mellor o expediente e entón vén ó Pleno de setembro. Retírase da orde do día o Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para a construcción e a rehabilitación de Casas Consistoriais da Provincia de Pontevedra. ------ Folla: 6.5118.- APROBACIÓN DOS ESTATUTOS DO CONSORCIO INTEGRADO POLOS CONCELLOS DE BARRO E MEIS E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O DESENVOLVEMENTO E XESTIÓN DO SOLO INDUSTRIAL NOS CONCELLOS DE BARRO-MEIS E DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTES NO CONSORCIO Sr. Presidente.- Punto seis. Aprobación dos Estatutos do Consorcio integrado polos Concellos de Barro e Meis e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para o desenvolvemento e xestión do solo industrial nos Concellos de Barro-Meis e designación de representantes no Consorcio. Sr. Durán ten a palabra. Sr. Durán Hermida.- Si, bos días Sr. Presidente, bos días señoras e señores Deputados. Efectivamente concluímos esta fase da tramitación da constitución do Consorcio para o solo empresarial de Barro-Meis, e está pendiente o nome do representante dos grupos da oposición neste Consorcio, que descoñecemos neste momento si xa está tomada esa decisión. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Este é o trámite definitivo da aprobación e como se sabe foi aprobado por unanimidade. Intentamos todos colaborar en que uns Estatutos, que eran francamente deficientes, melloraran para que esto puidera arrancar. Ten o visto bo da Xunta e polo tanto o único que nos queda é facer desexos e estar atentos para que esto arranque, os prazos non pasen e se poida levar adiante esto coa maior dilixencia posible. En canto á representación, como o segundo grupo que lle corresponde, que ten a maior representatividade, é o do PSOE, eles propoñerán. Agora dirán o representante, é dicir ponno os Estatutos e polo tanto non ten sentido modificalos. É que o traen os Estatutos e polo tanto non hai nada que discutir. Sr. Presidente.- Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Eu, antes de comezar o Pleno, xa lle comentei ó Secretario que o representante sería o Sr. D. Rodrigo Santiago Novas. Sr. Durán Hermida.- Se inclue o nome do Deputado que acaban de citar e polo demais xa está o tema completo. Sr. Presidente.- Perfecto. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Tampouco. Por unanimidade. Dada conta da remisión do informe en relación cos Estatutos do Consorcio urbanístico para o desenvolvemento e xestión do solo industrial nos Concellos de Barro e Meis, por parte da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia (nº rexistro de entrada 026072, de 05/08/04) e, Resultando que en sesións plenarias da Corporación Provincial de data 31 de marzo, do Concello de Meis de 29 de abril e do Concello de Barro de 17 de marzo, acordouse iniciar as xestións para a creación dun Consorcio integrado pola Deputación Provincial e os Concellos de Barro e Meis para o desenvolvemento e xestión dun polígono industrial a crear entre estes dous Concellos, e así mesmo a designación dos respectivos representantes para formar parte da Comisión Xestora ata a definitiva constitución dos órganos de goberno do Consorcio. Resultando que a citada Comisión Xestora quedou constituída o 10 de maio, designándose Presidente da mesma ó deputado D. Juan José Durán Hermida e, acordándose a elaboración dos correspondentes Estatutos. Resultando que en sesión da Comisión Xestora de 19 de maio, procedeuse á aprobación inicial dos Estatutos, previos informes correspondentes. Resultando que en sesión de 26 de maio da Asemblea formada polos Concelleiros dos Concellos de Barro e Meis e Deputados provinciais, foron aprobados provisionalmente os Estatutos do Consorcio, os cales foron sometidos a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio publicado no BOP nº 106 de 4 de xuño. Resultando que a Deputación Provincial en sesión da Xunta de Goberno de 2 de xullo, prestou conformidade ós informes emitidos pola Intervención e Secretaría relativos ós Estatutos. Resultando que durante o prazo de exposición pública foron presentadas en tempo e forma tres alegacións subscritas, por D. Manuel Antonio Martínez Fariña (nº rexistro entrada 22999 de 02/07/04), Dona Carmen Martínez Rodiño, portavoz do BNG do Concello de Meis (nº rexistro de entrada 23001 de 02/07/04) e por D. José Antonio Landín Eirín, Alcalde do Concello de Barro (nº rexistro de entrada 23029 de 02/07/04). Resultando que a Asemblea en sesión de 8 de xullo, acordou: 1.- Non considerar no trámite procesal actual a alegación presentada por D. Manuel Antonio Martínez Fariña, respecto do sistema de actuación, e en canto ó resto, trátase dunha simple petición. 2.- Estimar parcialmente a alegación de Dona Carmen Martínez Rodiño en canto a retirar do artigo 4 os solos SRA-I.1 e SRA-I.2 do planeamento xeral do Concello de Meis, e en canto ó resto, trátase dunha simple petición. 3.- Estimar a alegación presentada polo Sr. Landín, en canto mellora e completa o texto dos Estatutos. 4.- Excluír a Asemblea como órgano de goberno (artigo 6) e establecer a representatividade na composición da Xunta de Goberno (artigo 7), todo isto de conformidade co informe da Deputación Provincial.". Resultando que foi remitida copia foliada e compulsada do expediente dos Estatutos do Consorcio, á Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia, ós efectos de que se emitira o oportuno informe de conformidade co artigo 140.2 en relación co 151 da Lei 5/97, de 22 de xullo. Resultando que a citada Dirección Xeral de Administración Local, remite informe con data 30 de xullo de 2004, referente a aspectos de legalidade e ó mesmo tempo suxestións. Resultando que a Comisión Xestora na súa sesión de 6 de agosto, aceptou o informe emitido pola citada Dirección Xeral da Xunta de Galicia, en relación ós aspectos de legalidade, acordando así mesmo ter en conta as suxestións formuladas e enviando copia dos Estatutos así modificados ás entidades locais consorciadas, ós efectos da súa aprobación polos Plenos respectivos. Considerando que o Consorcio é un ente de natureza asociativa de carácter voluntario, constituído por diversas administracións públicas (art. 6.5 Lei 30/92, de 26 de novembro) dotado de personalidade xurídica propia, e que goza de personalidade xurídica propia e capacidade para o cumprimento dos fins que determinen os seus Estatutos que deberán determinar os fins do mesmo, así como as particularidades do réxime orgánico, funcional e financeiro. A Lei 5/97, de 22 de xullo, configúraos como entidades locais non territoriais (art. 2) Considerando que o procedemento de elaboración dos Estatutos é o mesmo que o establecido para os das mancomunidades de municipios (art. 151 en relación có 139 a 141da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia). Visto o artigo 141.1 da Lei 5/97, de 22 de xullo, e o dictame favorable, por unanimidade, da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Urbanismo, o Pleno acorda por unanimidade a adopción do seguinte acordo: 1.- Aprobar os Estatutos do Consorcio para o desenvolvemento e xestión do solo industrial nos Concellos de Barro e Meis (relacionados no Anexo). 2.- Designar como representantes legais da Corporación no citado Consorcio, de conformidade co artigo 7 dos Estatutos, a D. José Juan Durán Hermida e D. Rodrigo Santiago Novas. ANEXO BASES E ESTATUTOS DO CONSORCIO URBANÍSTICO INTEGRADO POLOS CONCELLOS DE BARRO, MEIS E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O DESENVOLVEMENTO E XESTIÓN DO SOLO INDUSTRIAL NOS CONCELLOS DE BARRO-MEIS Capítulo I. Constitución e sede Art.1.- Coa denominación de "Consorcio urbanístico para o desenvolvemento e xestión do solo industrial nos Concellos de Barro-Meis" integrado polos Concellos de Barro, Meis e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, constitúese ó amparo do establecido nos artigos 149 e segs. da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e lexislación básica estatal, con personalidade xurídica propia e capacidade para o cumprimento dos fins específicos establecidos no Cap. III destes Estatutos. Art. 2.- A sede ou domicilio social do citado Consorcio, será a sede da Deputación Provincial de Pontevedra. Capítulo II. Ámbito territorial Art. 3.- O ámbito territorial é onde o consorcio desenvolverá os seus fins, ou sexa, os Concellos de Barro e Meis. Capítulo III. Obxecto e Competencia Art. 4.- O obxecto ou fin do Consorcio será a planificación, execución, desenvolvemento e xestión do solo industrial do planeamento vixente nos ámbitos SRAU, Industrial do PXOM de Barro e SU1-2 e SRA-I.7 do PXOM de Meis. Unha vez urbanizados os terreos, promovérase a creación dunha entidade urbanística de conservación das parcelas para o mantemento das mesmas e instalacións e servizos comúns da zona industrial. A adquisición das parcelas urbanizadas, levará consigo a obriga de contribucións ós gastos xerais, facéndose constar a referida carga no Rexistro da Propiedade xunto coa inscrición das parcelas de resultado. Art. 5.- O Consorcio realizará as súas actividades en nome propio e para o establecemento, conservación, prestación e desenvolvemento dos fins expresados no artigo anterior o Consorcio terá plena competencia e os acordos ou resolucións que adopten os seus órganos de goberno obrigarán a todas as entidades locais consorciadas e os adquirentes das parcelas. Para o cumprimento dos seus fins o Consorcio urbanístico para o desenvolvemento e xestión do solo industrial nos Concellos de Barro-Meis exercerá as seguintes funcións: S Realizar as análises económicas e xurídicas preliminares, a programación e orzamento. Elaborar estudios e realizar traballos de promoción urbanística das áreas afectadas. S Xestión da tramitación de tódolos traballos técnicos e xurídicos (rexistrais, etc.) referidos ós sectores. S Redactar e elaborar cantos instrumentos de planeamento de desenvolvemento e de execución urbanística sexan necesarios para a xestión e urbanización do ámbito territorial da súa actuación, así como as súas modificacións sometendo ós órganos competentes a súa aprobación. Neste sentido o Consorcio será competente para o establecemento de concursos para a redacción e dirección dos traballos técnicos referidos a plans urbanísticos de desenvolvemento, proxecto de expropiación, proxecto de urbanización, proxecto de parcelamento. A potestade expropiatoria corresponderá ás entidades territoriais consorciadas, sen prexuízo da encomendada ó Consorcio da xestión das expropiacións que os mesmos acorden. S Seguimento das condicións de adxudicación e das condicións de simultaneidade das obras de urbanización e edificación. S Xestión da recepción municipal das obras de urbanización. S Seguimento legal, económico e fiscal da actividade do Consorcio. S Realizar todas as actividades que atinxan á preparación do solo a cuxo efecto poderá ser beneficiario da expropiación dos terreos e outorgar e formalizar cantos documentos públicos e privados se precisen para a inscrición das fincas resultantes no Rexistro da Propiedade. S Redacción de pregos e preparación de concursos para a execución das obras de urbanización e adxudicación das parcelas urbanizadas. S Promover, no seu caso, a incorporación de empresas e particulares ó Consorcio, mediante a celebración de convenios sen que a participación de persoas privadas poida ser maioritaria nin de lugar a que aquelas controlen ou teñan unha posición dominante no funcionamento do Consorcio. S Dispoñer do solo resultante trala urbanización, conforme ó destino previsto no planeamento, alleando o que corresponda mediante os procedementos establecidos na lexislación urbanística aplicable para a disposición dos patrimonios públicos do solo, ou asignándoo ós entes consorciados, na medida en que proceda, en compensación á contía das súas aportacións. S Propor ás Administracións competentes a aprobación dos actos e documentos urbanísticos, así como a concesión das licencias e autorizacións que sexan necesarias para a xestión urbanística do sector. S Outorgar cantas escrituras ou documentos públicos ou privados sexan precisos no exercicio das súas facultades. S Cantas actuacións previas, consecuentes ou complementarias das anteriores sexan necesarias para o cumprimento dos seus fins. Capítulo IV. Órganos de Goberno Art. 6.- Serán órganos de goberno do Consorcio a Xunta de Goberno e o Presidente. Art. 7.- Comporán a Xunta de Goberno os Presidentes das entidades locais consorciadas e dous corporativos da cada unha destas, elixidos en cada Pleno respectivo, con carácter representativo das mesmas. Art.8.- A Xunta de Goberno renovarase coa mesma periodicidade que as Entidades Locais. Art. 9.- Corresponderán á Xunta de Goberno as atribucións que, en analóxica relación ás competencias do Consorcio, estean conferidas ós Plenos tanto municipais como provinciais nos artigos 22.2 e 33.2 da Lei 7/85, de 2 de abril. Art. 10.- A Presidencia do Consorcio corresponderá a un dos Presidentes dos entes asociados, elixido por maioría pola Xunta de Goberno. Posteriormente a Presidencia terá carácter rotatorio na orde que determine a Xunta de Goberno. Art. 11.- Son atribucións do Presidente, as que en relación analóxica ás competencias do Consorcio, estean conferidas ós Presidentes das entidades locais nos artigos 21.1 e 34.1 da Lei 7/85 de 2 de abril. Art. 12.- O Presidente do Consorcio designará e revocará libremente de entre os membros da Xunta de Goberno un Vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade. Art. 13.- Os órganos de goberno do Consorcio serán renovados coa mesma periodicidade que as Entidades Locais. Tódolos membros dos órganos de goberno do Consorcio continuarán en funcións unha vez disoltas as corporacións, namentres non se constitúan as novas. Capítulo V. Organización administrativa e réxime xurídico. Art. 14.- A convocatoria, réxime das sesións e actas dos órganos colexiados do Consorcio axustarase ó disposto na normativa vixente. A Xunta de Goberno celebrará sesión ordinaria unha vez ó semestre e nas datas que determine a propia Xunta de Goberno. Poderanse celebrar sesións extraordinarias mediante convocatoria do Presidente, ben por decisión propia ou cando o solicite a cuarta parte alomenos do número legal de membros da Xunta. Art. 15.- A Xunta de Goberno adoptará os seus acordos por maioría simple, sen prexuízo do establecido no art. 47 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e o voto no seno deste órgano será ponderado de conformidade coas aportacións ordinarias previstas no artigo 22.e) destes Estatutos. En caso de empate, efectúarase unha nova votación e, se persistira o empate decidirá o voto de calidade do Presidente. Art. 16.- Os acordos que adopten os órganos de goberno do Consorcio vincularán a tódalas entidades locais integrantes, sempre que se adopten para o cumprimento dos fins asumidos polo mesmo, salvo que requiran a expresa ratificación de cada un dos entes asociados. Esta ratificación a requiren os seguintes acordos: a.- A aprobación dos regulamentos. b.- A disolución do Consorcio. c.- A admisión de novos membros ou a separación de algún. d.- O aval de compromisos económicos contraídos polo Consorcio. e.- As aportacións ó Consorcio. Art. 17.- O réxime xurídico aplicable para a organización e funcionamento axustarase á lexislación de réxime local. Capítulo VI- Persoal Art. 18.- O exercicio das funcións técnicas e administrativas do Consorcio encomendaranse ós funcionarios do ente local a que corresponde a sede, sen prexuízo das facultades da Xunta de Goberno e da Presidencia para a contratación de persoal, segundo as plantillas e cadro de persoal aprobados regulamentariamente. Art. 19.- O Consorcio contará co persoal necesario para a realización das tarefas e funcións precisas en orde a unha adecuada e eficaz prestación dos servicios da súa competencia. Os postos de Secretario, Interventor e Tesoureiro serán desempeñados de conformidade coa lexislación vixente, sendo as súas funcións as atribuídas para ós respectivos postos pola lexislación de réxime local. Serán desempeñados polos funcionarios con habilitación de carácter nacional da entidade onde radique a sede de conformidade co previsto na disposición adicional primeira. Capítulo VII. Facenda Art. 20.- A Xunta de Goberno aprobará anualmente un Presuposto único, axustado na súa elaboración, forma e desenvolvemento ás disposicións que rexen na lexislación de réxime local. Art. 21.- A Facenda do Consorcio estará constituída polos seguintes recursos: a.- Ingresos de dereito privado, especialmente da venda das parcelas. b.- Subvencións e outros ingresos de dereito público. c.- As contribucións especiais que se poidan establecer por obras ou servicios da súa competencia. d.- Os procedentes de operacións de crédito. e.- As aportacións ordinarias e extraordinarias dos entes consorciados fixados de acordo cos presentes Estatutos. As aportacións ordinarias serán do 80% para a Deputación e o 10% para cada un dos Concellos. Capítulo VIII. Incorporación e separación de membros Art. 22.- A incorporación de novos membros ó Consorcio requirirá a aceptación por maioría absoluta da Asemblea de corporativos e con idéntico procedemento que o seguido para a súa constitución. Art. 23.- A separación dunha entidade consorciada levará consigo, a modificación dos Estatutos conforme ó art. 143 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. No caso de que unha entidade consorciada decida unilateralmente separarse do Consorcio deberá manifestalo cun ano de antelación sen deixar de cumprir cos compromisos contraídos durante ese tempo: compromisos consistentes, entre outros extremos, tanto en gasto corrente como en operacións de crédito concertadas a longo prazo que tiveran como obxecto o pago de tales gastos producidos durante o tempo que a entidade consorciada que se separa aínda pertencera ó Consorcio. Capítulo IX. Duración Art. 24.- O termo de vixencia do Consorcio será o de duración indefinida, podendo, non obstante, disolverse polas seguintes causas: a.- Por disposición legal. b.- Por acordo da Xunta de Goberno co quórum establecido nestes Estatutos. c.- Por desaparición do fin para o que se constituíu. Art. 25.- Disolto o Consorcio, os seus bens, dereitos e accións revertirán ós entes locais integrantes, na mesma proporción das súas respectivas aportacións. A Xunta de Goberno actuará como Xunta liquidadora. Capítulo X.- Modificación de Estatutos Art. 26.- Para a modificación dos Estatutos seguirase o procedemento similar ó da súa aprobación, de conformidade co art. 143 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Capítulo XI. Dereito supletorio En todo o non previsto nos presentes Estatutos será de aplicación a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Lei 7/1985, de 2 de abril e demais lexislación aplicable. Disposición transitoria Primeira.-De crearse un organismo provincial que puidera asumir as funcións propias do Consorcio, este será absorbido por aquel. Disposicións adicionais Primeira.- De conformidade co previsto no artigo cuarto do RD 1732/1994, de 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Admón. Local con habilitación de carácter nacional, a Xunta de Goberno solicitará da Comunidade Autónoma que o Consorcio sexa eximido da obriga de manter postos propios reservados a habilitados de carácter nacional. Segunda.- O persoal dos entes asociados que preste os seus servicios ó Consorcio en horario distinto ó da xornada laboral da súa Administración, como actividade complementaria, percibirá unha gratificación mensual polos servicios extraordinarios e especiais. ------ Folla: 7.5119.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA PARA A CONCESIÓN DA MEDALLA DE OURO E DIPLOMAS ÓS DEPORTISTAS PONTEVEDRESES DESTACADOS NA OLIMPIADA ATENAS 2004 Sr. Presidente.- Imos co punto sete. Moción da Presidencia para a concesión da Medalla de Ouro e Diplomas ós deportistas pontevedreses destacados na olimpiada Atenas 2004. A Sra. Dona Teresa Pedrosa ten a palabra. Sra. Pedrosa Silva.- Esta Moción que se presenta fue aprobada por unanimidad dos tres grupos políticos tanto na Comisión de Deportes como na Comisión de Relacións Institucionais, por tanto é unha Moción conxunta dos tres grupos políticos que ten por obxecto, en primeiro lugar, felicitar a todos os deportistas olímpicos, que participaron nesta olimpiada, da provincia de Pontevedra, e que na súa parte resolutiva propón a concesión da Medalla de Ouro da provincia de Pontevedra a D. David Cal Figueroa, campeón olímpico de C-1 na distancia de 1.000 metros e subcampeón de C-1 en 500 metros. En segundo lugar, o outorgamento dun Diploma Conmemorativo ó resto dos deportistas olímpicos pontevedreses en Atenas 2004 que se citan a continuación, que son: Carlos Pérez Rial, Piragüismo K-1; Teresa Portela Rivas, Piragüismo K-2 e K-4; David Mascato García, Piragüismo C-2; Alfredo Bea García, Piragüismo C-2; David Gómez Martínez, Atletismo Decathlón; Santiago Pérez Alonso, Atletismo 50 km. marcha; Fernando Echevarri Erasun, Vela, clase tornado; Antón Paz Blanco, Vela, clase tornado; Juan Zunzunegue Guimeráns, Remo; e Jesús González Alvárez, Remo. En terceiro lugar, a entrega destas distincións farase no transcurso dun acto que se celebrará de xeito inmediato no Salón de Plenos do Pazo Provincial. Eu estou convencida personalmente, e tamén este grupo de goberno, que os méritos son sempre nunha alta porcentaxe, méritos personais, dos deportistas que o logran e tamén, como non, dos seus entrenadores dos clubs e das federacións que representan. Quero en primeiro lugar por iso felicitar a todos os protagonistas galegos e en especial ós nosos representantes da provincia pola participación nesta olimpiada recentemente celebrada en Atenas. Tamén me gustaría resaltar que non só con esta Moción pretendemos ensalzar o labor realizado polos nosos deportistas e por esta institución neste tempo. Creo que esas porcentaxes de resultado de éxito teñen unha forte vinculación neles mesmos pero tamén nós contribuimos co noso gran de area mediante o labor que durante estes últimos anos se vén facendo en materia deportiva nesta institución. Non é por eso que este equipo de goberno aposte nestes momentos só por ensalzar ó primeiro galego que optén unha medalla de ouro nunha olimpiada, e creo que este é o resultado dunha firme aposta de esta casa polo apoio ó deporte e ó deporte base especialmente. Durante estes últimos anos esta institución caracterizouse polo seu apoio incondicional a todas as modalidades deportivas, pero moi especialmente a aquelas modalidades deportivas que teñen unha vinculación especial na nosa provincia, como pode ser entre outras a vela, o remo, o piragüismo, o ciclismo, etc., e que podían chegar a acadar resultados dos que agora nos estamos felicitando. Estamos convencidos de que invertir en deporte é un beneficio para a nosa sociedade e un escaparate no que a todos os niveis neste momento nacional e internacional nos deparan resultados dos que nos estamos a sentir orgullosos, resultados que só acaban de empezar. En palabras do propio David Cal, na súa rolda de prensa ó chegar ó aeroporto de Vigo, dixo que algún tiña que ser o primeiro en conseguilo, pero dende logo abriulle unha porta ó resto das modalidades deportivas e a todos os seus compañeiros do equipo olímpico, que seguramente nos seguirán dando moitisimas satisfaccións e reforzando a nosa creencia de que invertir en deporte é sempre moi rentable. Non é unha casualidade que dos trece representantes olímpicos galegos once sexan da provincia de Pontevedra. Creo que o apoio e as inversións feitas en deporte nos últimos anos aportaron o seu grao de area. Nos últimos cinco anos a Deputación de Pontevedra invertiu máis de 1.200 millóns das antigas pesetas en apoio directo ós clubs e foi moi intensa a actividade desenvolta en infraestructuras deportivas, compra de material e apoio constante a eventos deportivos con especial incidencia como digo, e neste caso, nos deportes máis ligados á súa provincia. Tamén participa no programa ADO un galego que ten unha especial incidencia nos deportistas de alto nivel, pero creo que esto só acaba de empezar e que éxitos como este nos deben axudar a manter unha aposta firme polo apoio ó deporte e seguiremos dende logo desde este goberno esforzándonos para incrementalo. Dende aquí o noso recoñecemento a todos os deportistas de Pontevedra e en especial neste caso a estes deportistas que participaron en Atenas, e como non a David Cal polo seu éxito acadado. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Vicepresidenta. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Creo que é unha Moción que se acordou o outro día na Xunta de Portavoces, polo tanto entendo que é unha Moción conxunta. Creo que é razonable, é lóxica e é sensato e é motivo de alegría tanto esa unidade ante os éxitos dos nosos deportistas, e vamos obviar a inoportunidade de aproveitar para facer sobre unha Moción conxunta a inoportunidade de arrimar a ascua á sardiña e facer unha loa, e ademais creo que non é o momento oportuno. Simplemente vamos obvialo, albricias e nós nos sentimos tan artífices dela e tan artífices do seu resultado coma calquera outro grupo, porque é conxunta e non vamos a dicir nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Bien, vamos a ver. Yo creo que está absolutamente claro el acuerdo que se tomó hace unos días: la Moción conjunta de todos los grupos para homenajear a los deportistas olímpicos de esta provincia que consiguieron diplomas olímpicos o medallas, en el caso de David Cal la Medalla de Oro y Plata. Hasta aí estamos todos de acuerdo. Lo que el Grupo Socialista no está de acuerdo es que este sea el punto para iniciar el proceso de loas a la Diputación. No vamos a entrar en debate, simplemente no compartimos lo que se acaba de decir y entendemos que no se puede hacer esto, no es de recibo la parte final del discurso de la Presidenta de la Comisión y vamos a votar a favor, pero simplemente del punto nada más, y no queremos entrar en otro tema porque las loas tienen que darlas los de fuera y no la propia institución. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sra. Pedrosa ¿quere dicir algo?. Sra. Pedrosa Silva.- Non, nada máis. Eu simplemente destaquei o punto e un pouco a relación do que se está a facer neste senso. Nada máis. Non teño nada máis que dicir. Sr. Presidente.- En todo caso os éxitos ou os fracasos desta casa son desta casa e son de todos, non son do Grupo Popular, son de todos os grupos que compoñemos a Corporación ó longo de todos estes anos. Ben. Moitas gracias. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Non hai. ¿A favor?. Por unanimidade. Dase conta da Moción da Presidencia para a concesión da Medalla de Ouro e Diplomas ós deportistas pontevedreses destacados na olimpiada Atenas 2004 que é como segue: MOCIÓN "Os Xogos da XXVIII Olimpiada da era moderna, que veñen de rematar en Atenas o pasado domingo, supuxeron un éxito sen precedentes para o deporte da nosa provincia. Ata o de agora nunca uns xogos tiveron o balance tan positivo para o deporte provincial como o que acabamos de vivir. A figura do piragüista cangués David Cal Figueroa, o primeiro galego que acada a gloria de ser campión olímpico, encarna ese éxito histórico ó que aludiamos; logro refrendado tamén cunha medalla de prata. O palista pontevedrés simboliza os valores deportivos do esforzo e a competitividade e, pola súa idade, ten por diante un esplendoroso futuro no que, a bo seguro, acadará máis galardóns e recompensas. Nembargantes, tamén hai que lembrar nestes momentos ós demais deportistas pontevedreses, que integrando a delegación española, tiveron unha destacadisima participación en Atenas 2004 e que merecen ser lembrados e recoñecidos. A Deputación de Pontevedra, como institución que personifica e representa á provincia, debe honrar a eses mozos e mozas que competiron nos Xogos Olímpicos, así como felicitar ás federacións nas que se encadran. Por todo iso, os grupos provinciais do Partido Popular de Galicia, PSOE e BNG propóñenlle ó Pleno da Corporación Provincial a adopción dos seguintes acordos: 1. A concesión da medalla de ouro da provincia de Pontevedra a D. David Cal Figueroa, campión olímpico de C-1 na distancia de mil metros e subcampión de C-1 en cincocentos metros. 2. O outorgamento dun diploma conmemorativo ó resto dos deportistas olímpicos pontevedreses en Atenas 2004, que se citan a continuación: - Carlos Pérez Rial Piragüismo K-1 - Teresa Portela Rivas Piragüismo K-2 e K-4 - David Mascato García Piragüismo C-2 - J. Alfredo Bea García Piragüismo C-2 - David Gómez Martínez Atletismo Decathlón - Santiago Pérez Alonso Atletismo 50 km. marcha - Fernando Echávarri Erasun Vela Clase tornado - Antón Paz Blanco Vela Clase tornado - Juan Zunzunegui Guimeráns Remo - Jesús González Alvarez Remo 3. A entrega das distincións farase no transcurso dun acto que se celebrará de xeito inmediato no Salón de Plenos do Pazo Provincial." De conformidade cos dictames das Comisións Informativas de Xuventude e Deportes e Relacións Institucionais, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o seguinte: 1. A concesión da medalla de ouro da provincia de Pontevedra a D. David Cal Figueroa, campión olímpico de C-1 na distancia de mil metros e subcampión de C-1 en cincocentos metros. 2. O outorgamento dun diploma conmemorativo ó resto dos deportistas olímpicos pontevedreses en Atenas 2004, que se citan a continuación: - Carlos Pérez Rial Piragüismo K-1 - Teresa Portela Rivas Piragüismo K-2 e K-4 - David Mascato García Piragüismo C-2 - J. Alfredo Bea García Piragüismo C-2 - David Gómez Martínez Atletismo Decathlón - Santiago Pérez Alonso Atletismo 50 km. marcha - Fernando Echávarri Erasun Vela Clase tornado - Antón Paz Blanco Vela Clase tornado - Juan Zunzunegui Guimeráns Remo - Jesús González Alvarez Remo 3. A entrega das distincións farase no transcurso dun acto que se celebrará de xeito inmediato no Salón de Plenos do Pazo Provincial." ------ Folla: 8.5120.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto oito e último. Comunicacións. ¿Hai algunha comunicación Secretario?. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Si, darles cuenta de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 23 de julio y el 31 de agosto que se han trasladado en dos ocasiones, porque se dividieron, a todos los grupos políticos y particularmente la del 26 de julio por la cuál el Sr. Presidente designó vocales representantes de la Diputación en el Patronato de la Fundación de la Agencia Intermunicipal de la Energía de Vigo a D. José Manuel Figueroa Vila y a Doña Francisca Canal Gómez. Nada más. Sr. Presidente.- Ben, moitas gracias. Levantamos a sesión. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos das Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre os días 23 de xullo e 31 de agosto de 2004, e que foron trasladadas ós voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 26 de xullo de 2004, pola que se nomea a D. José Manuel Figueroa Vila e Dona Francisca Canal Gómez como Vocais no Padroado da Fundación da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, en representación desta Deputación. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e vintecinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota