ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.232
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2005/09/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/3.2005-09-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/09/28_Ordinaria

  • Data(s) 2005-09-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de setembro de 2005 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e oito de setembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Sr. Deputado provincial D. Xosé Crespo Iglesias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Damos comezo á sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial do día de hoxe. ------ Folla: 2.5282.- MODIFICACIÓN DAS TARIFAS DE DIVERSAS TAXAS Sr. Presidente.- Punto número 2. Modificación das tarifas de diversas taxas. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Bos días. Crin que ía haber algunha explicación por parte dalgún portavoz do PP, se non a hai a facemos, é dicir, é unha actualización que nin chega ó IPC, polo tanto, coincide co noso posicionamento con respecto ás taxas e impostos que deben actualizarse nesa cantidade todos os anos senón despois pegarlle tiróns, subidas bruscas, polo tanto votamos a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias, se non hai máis intervencións, polo tanto procedemos á votación da modificación das tarifas de diversas taxas provinciais. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións? ¿A favor?. Vistos os expedientes tramitados a proposta do Servizo de Intervención desta Deputación para a modificación das ordenanzas reguladoras de diversas taxas provinciais, coa finalidade, segundo consta nas memorias da Presidencia de cada expediente, de actualizar as tarifas das mesmas para o exercicio 2006, cunha proposta de incremento en termos nominais do 2%, de acordo coa variación estimada para o IPC, en dito exercicio. Vistos os informes de Intervención que constan nos respectivos expedientes, O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: - Aprobar as modificacións das ordenanzas reguladoras das diversas taxas que se relacionan a continuación co obxecto de actualizar as tarifas das mesmas. - Os expedientes de modificación das ordenanzas de ditas taxas exporanse ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e nun diario dos de maior difusión da Provincia, a efectos de reclamacións. -No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2006, tal como consta nas memorias da Presidencia de cada expediente e unha vez producida a publicación no Boletín Oficial da Provincia do texto íntegro dos artigos modificados. ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS ANEXO I Conceptos Tarifa nova 1º. Certificacións, compulsas, bastanteos e fotocopias: A.- Por cada certificación de documento/s: A.1) Ata 5 anos anteriores, por cada certificado 3,59 ¤ A.2) Anteriores a 5 anos, por cada certificado 7,23 ¤ B.- Por cada certificación de montes: B.1) Por cada partido xudicial 15,61 ¤ B.2) Por cada municipio 12,48 ¤ B.3) Por cada parroquia 10,77 ¤ B.4) Por cada comunidade ou propietario 7,23 ¤ C.- Bastanteos: C.1) Bastanteos para asuntos externos a instancia de parte 14,41 ¤ D Compulsas: D.1) Compulsas para asuntos externos a instancia de parte 1,46 ¤ E.- Fotocopias: E.1) Por cada fotocopia 0,38 ¤ 2º. Datos da enquisa de infraestructura: Excepto as entidades locais da provincia de Pontevedra 1º. Por cada certificación e municipio 7,23 ¤ 2º. Pola fotocopia de cada folla de cadro compulsada: A. Concellos de menos de 5.000 habitantes 7,23 ¤ B. Concellos entre 5.001 e 10.000 habitantes 8,64 ¤ C. Concellos entre 10.001 e 20.000 habitantes 9,36 ¤ D. Concellos entre 20.001 e 50.000 habitantes 10,82 ¤ E. Concellos entre 50.001 e 100.000 habitantes 12,28 ¤ F. Concellos de máis de 100.001 habitantes 14,36 ¤ Estes servizos prestaranse cunha solicitude previa por escrito. 3º. Para estudo e investigación: A. Cada certificación 7,23 ¤ B. Cada fotocopia 0,58 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA INSERCIÓN DE ANUNCIOS E TEXTOS DE TODO TIPO NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA ANEXO I Conceptos Tarifa nova Polos traballos administrativos e técnicos e a inserción no Boletín Oficial da Provincia de calquera anuncio ou escrito esixirase, por cada liña de escrito ou oficio en folio normal (Din A4), 1,45 ¤ Recargo pola publicación urxente (prazo máximo 6 días), por cada liña de escrito ou oficio en folio normal (Din A4) ................... 100% Recargo por non remitir os edictos ou anuncios por correo electrónico ou en soporte informático................................................. 100% Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA SUBSCRICIÓN E VENDA DO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA. ANEXO I Conceptos Tarifa nova A. Subscrición: A.1. Anual 94,00 ¤ A.2. Semestral 56,00 ¤ B. Venda: B.1. Números soltos do mes, por cada número ou día: B.1.1. BOP, ata 24 páxinas 0,55 ¤ B.1.2. BOP, con máis de 24 páxinas 0,71 ¤ B.2. Números soltos de meses anteriores do ano, por cada número ou día: B.2.1. BOP, ata 24 páxinas 0,66 ¤ B.2.2. BOP, con máis de 24 páxinas 0,85 ¤ B.3. Números soltos de anos anteriores, por cada número ou día: B.3.1. BOP, ata 24 páxinas 1,00 ¤ B.3.2. BOP, con máis de 24 páxinas 1,16 ¤ B.4. Venda de exemplares soltos de suplementos especiais: B.4.1. Por cada páxina dos ditos exemplares especiais 0,14 ¤ C. Fotocopia: C.1. Fotocopia dun BOP atrasado, por cada páxina 0,44 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN OU ACTIVIDADES QUE SE REALIZAN NA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE ANEXO I Conceptos Tarifa nova 1. Internados e estancias: 1.1. Por estancia completa, ó mes 410,96 ¤ (almorzo, comida, merenda, cea e aloxamento) 1.2. Por estancia en media pensión, ó mes 265,30 ¤ (almorzo, cea e aloxamento) 1.3. Estancias individuais: 1.3.1. Pensión completa, ó día: 13,69 ¤ 1.3.1.1. Almorzo, ó día 2,19 ¤ 1.3.1.2. Comida, ó día 3,96 ¤ 1.3.1.3. Merenda, ó día 0,96 ¤ 1.3.1.4. Cea, ó día 2,17 ¤ 1.3.1.5. Aloxamento, ó día 5,78 ¤ 1.4. Utilización de instalación de cociña e comedor, cada persoa, ó día 2,39 ¤ 1.5. Utilización de aulas, cada hora ou fracción 7,96 ¤ 1.6. Utilización do auditorium, cada sesión 79,07 ¤ 2. Por utilización de instalacións deportivas: 2.1. Pavillón polideportivo, sen luz, cada hora ou fracción 7,85 ¤ 2.2. Pavillón polideportivo, con luz, cada hora ou fracción 10,40 ¤ 2.3. Campo de fútbol, cada hora ou fracción 13,06 ¤ 2.4. Escolas deportivas. Por actividade e curso. 30,00 ¤ 3. Venda de productos en cafetería: 3.1. Refrescos: Cervexa Heineken bote 1,15 ¤ Cervexa Heineken 1/3 0,95 ¤ Cervexa Heineken 1/5 0,75 ¤ Cervexa 1/3 (Águila) 0,75 ¤ Cervexa Buckler sen alcohol 0,75 ¤ Cervexa 1/5 (Águila) 0,55 ¤ Sidra 0,70 ¤ Bitter sen alcohol 0,70 ¤ Coca-cola botella 0,70 ¤ Coca-cola bote 0,70 ¤ Tónica 0,80 ¤ Kas bote 0,70 ¤ Nestea 0,85 ¤ Zumes 0,70 ¤ Mosto 1/2 0,70 ¤ Trinas (bote) 0,70 ¤ Auga mineral 1 1/2 0,65 ¤ Auga mineral 1/2 0,45 ¤ Auga mineral 1/4 0,40 ¤ Té e macela 0,40 ¤ Té con leite ou limón 0,45 ¤ Café só 0,55 ¤ Café cortado 0,55 ¤ Café con leite 0,55 ¤ Café con xeo 0,65 ¤ Café dobre con leite 0,65 ¤ Café descafeinado 0,55 ¤ Café descafeinado dobre 0,65 ¤ Cola-cao 0,65 ¤ 3.2. Repostería: Bolo de leite 0,55 ¤ Croissant 0,55 ¤ Croissant con queixo 0,75 ¤ Croissant con xamón 1,25 ¤ Croissant con queixo e xamón 1,45 ¤ Magdalena 0,20 ¤ 3.3. Bocadillos: Xamón 1,35 ¤ 1/2 de xamón 0,70 ¤ Tortilla 0,95 ¤ 1/2 de tortilla 0,55 ¤ Queixo 0,95 ¤ 1/2 de queixo 0,55 ¤ Mortadela 0,70 ¤ Mortadela con queixo 1,00 ¤ 1/2 de mortadela 0,40 ¤ 1/2 de mortadela con queixo 0,55 ¤ Chourizo 0,95 ¤ 1/2 de chourizo 0,55 ¤ Tortilla con xamón 1,45 ¤ 1/2 de tortilla con xamón 0,80 ¤ Xamón con queixo 1,45 ¤ 1/2 de xamón e queixo 0,80 ¤ Chourizo e queixo 1,10 ¤ 1/2 de chourizo e queixo 0,65 ¤ Marmelo 0,70 ¤ 1/2 de marmelo 0,40 ¤ Marmelo e queixo 1,10 ¤ 1/2 de marmelo e queixo 0,65 ¤ Salchichón extra 1,10 ¤ 1/2 de salchichón extra 0,65 ¤ Tacos 0,40 ¤ Salchichón con queixo 1,45 ¤ 1/2 de salchichón con queixo 1,80 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. TAXA POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN OU ACTIVIDADES QUE SE REALIZAN NO CASTELO DE SOUTOMAIOR ANEXO I Conceptos Tarifa nova A. Visitas: A.1. Por persoa 1,46 ¤ A.2. Grupos de máis de 10 persoas, por cada persoa 0,73 ¤ B. Cesión de locais, instalacións e outro material: B.1. Cesión temporal das salas de conferencias, reunións e demais dependencias para actos, asembleas, cursos, etc.., non patrocinados pola Deputación, calquera que sexa o numero de asistentes, esixirase, por cada día 634,64 ¤ B.2. O mesmo do apartado anterior, pero con achega do material (proxector, diapositivas, etc.), por cada día 743,89 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR AUTORIZACIÓN DE OBRAS E OUTROS APROVEITAMENTOS SITUADOS NAS ZONAS CONTIGUAS ÁS ESTRADAS PROVINCIAIS ANEXO I Conceptos Tarifa nova A. Emisión de informes: A.1. Informes nas oficinas 15,71 ¤ A.2. Informes con desprazamento fóra da oficina 39,26 ¤ B. Autorización para aproveitamentos do solo: B.1. Aproveitamentos medibles en metros lineais: B.1.1. Por cada aproveitamento 38,49 ¤ B.1.2. Por cada metro lineal ou fracción 0,38 ¤ B.1.3. Cota máxima 384,53 ¤ B.2. Aproveitamentos medibles en metros cadrados: B.2.1. Por cada aproveitamento 76,89 ¤ B.2.2. Por cada metro cadrado ou fracción 0,38 ¤ B.2.3. Cota máxima 384,53 ¤ B.3. Aproveitamentos medibles en metros cúbicos: B.3.1. Explotación en canteiras, areais ou similares: B.3.1.1. Por cada aproveitamento 384,53 ¤ B.3.1.2. Por cada metro cúbico ou fracción 0,07 ¤ B.3.1.3. Cota máxima 3.844,96 ¤ B.3.2. Desmontes e enchidos: B.3.2.1. Por cada aproveitamento 38,49 ¤ B.3.2.2. Por cada metro cúbico ou fracción 0,38 ¤ B.3.2.3. Cota máxima 384,53 ¤ C. Aproveitamentos medibles por unidades: C.1. Instalación de transformadores ou similares, por unidade 153,77 ¤ C.2. Tala de árbores ou similares, por cada unidade 1,16 ¤ C.3. Instalación de mesas, cadeiras ou similares (por todas as solicitadas) 38,49 ¤ D. Outros aproveitamentos non previstos nesta tarifa, cota única 38,49 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO PROVINCIAL. ANEXO I Conceptos Tarifa nova A. Aproveitamentos de particulares, por cada un ó ano: A.1. Mínimo 6,36 ¤ A.2. Metro lineal 0,53 ¤ A.3. Metro cadrado 0,81 ¤ A.4. Máximo 21,23 ¤ B. Aproveitamentos de agrupacións ou asociacións de veciños ou similares, por cada un ó ano: B.1. Mínimo 9,55 ¤ B.2. Metro lineal 0,81 ¤ B.3. Metro cadrado 1,06 ¤ B.4. Máximo 31,83 ¤ C. Aproveitamentos de persoas xurídicas, por cada un ó ano: C.1. Mínimo 12,73 ¤ C.2. Metro lineal 1,06 ¤ C.3. Metro cadrado 1,34 ¤ C.4. Máximo 106,12 ¤ D. Aproveitamentos xerais ou múltiples, por cada un ó ano: D.1. Mínimo 19,10 ¤ D.2. Metro lineal 1,26 ¤ D.3. Metro cadrado 1,54 ¤ D.4. Máximo 159,18 ¤ Redención da taxa: as cotas resultantes pódense redimir; para isto dividirase a cota anual entre o tipo de interese legal vixente en cada momento. Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS DE ENSINANZA QUE SE IMPARTEN NA ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA. ANEXO I Conceptos Tarifa nova 1º. Pola matrícula en cada un dos cursos 109,24 ¤ 2º. Pola matrícula de materias soltas, por cada curso 109,24 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ------ Folla: 3.5283.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- Punto número 3. Modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan no organismo autónomo provincial de xestión de recursos locais (ORAL). Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Vamos a ver neste caso a modificación fundamental é a taxa pola tramitación das multas de tráfico. Estas ordenanzas foron, cunha concepción bastante, xa naceron cunha concepción pouco aquilatada, digamos o que é a realidade da xestión dos tributos, taxas, e sancións das entidades locais, e a base de remendos, nós entendemos que están bastante desequilibradas, bastante desequilibradas, comparar o custe real ó que está pasando noutros organismos de xestión, para ver, neste caso supón o 15% pola xestión da multa e despois o recargo por vía executiva un 6 ou un 7, segundo se sume ese 1 ou segundo tramos de eficacia e demais, cando todos sabemos que é o revés, que custa bastante máis o trámite en executiva que outros trámites e demais. Bueno, non quero entrar neste debate senón simplemente dicir que entendemos que se debía facer unha revisión a fondo de todas e axustalas ó que é o custe, non o custe real porque realmente é un servizo que ás veces pode ser deficitario ou non, en función doutros criterios pero axustado á realidade do custe da xestión e das prioridades de xestión dos diversos servizos que presta este organismo, e, vamos a votar a favor pero cunha solicitude de que se faga ese reestudio a fondo, comparando e sabendo cal é o custe real e a proporción ou o gasto que supón para o ORAL ou que supón para outro tipo de organismo de xestión para ir unificando e non seguir remendando esta ordenanza que nos parece que está chegando xa a puntos case de disfunción, sobre todo no cobro do ORAL, no funcionamento ordinario do ORAL en canto a que é o que custa, que é o que non custa, e os servizos que se prestan, porque o ORAL naceu pensando en que ía a substituír ós concellos que tiveran un principio de expectativa en que ía basicamente a actuar como executiva, a executiva precisamente foi o que máis fallou ó principio, despois se pasou, houbo moitos cambios nas expectativas e no funcionamento que creo que se deben ir axustando na ordenanza polas taxas que se cobran. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver. Se plantea aquí el que la gestión de las multas de tráfico, entre otras cosas, se cobre el 15% por parte de la. Bien, nosotros podríamos estar de acuerdo si un ayuntamiento sólo remitiese al ORAL las multas de tráfico. Pero entendemos que cuando un ayuntamiento tiene en el ORAL el IBI y determinados impuestos, no se le puede estar cobrando el 15%, ahí habría que ajustar ese tema o en todo caso que nos los explique el Presidente de la Comisión y en función de lo que nos diga podríamos intervenir después y variar el sentido del voto, sino no estaríamos de acuerdo tal y como se plantea. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, vamos a ver, nós o que propoñemos a petición, eu creo que o Sr. González vai un pouco na liña do Sr. Mosquera, seguramente o que sería bo, como temos un organismo onde están representados todos os grupos, que esta petición se traslade a esa comisión ou a ese organismo e a partir de aí os técnicos que nos fagan unha proposta, esta é unha proposta puramente técnica, é dicir, en base ós criterios que eles foron analizando e loxicamente eu creo que sería bo se queremos reestudialo, pasalo por esa comisión e bueno, se tivésemos que facer algunha modificación pois plantexala, é dicir, nós nos parece moi ben que poidamos estudialo e non vamos a facer desto unha cuestión maior porque nos parece que non ten a importancia nin a valoración política que ó mellor lle poidamos dar, senón todo o contrario, é dicir, mellorar o servizo e facer un reestudio de todas as taxas, incluso, porque claro son impostos que agora mesmo o concello está cedendo ó ORAL, que ó mellor non había esa previsión e ó mellor o que di o Sr. González ten razón, non é igual un concello que se está recadando só un imposto que un concello que os está recadando todos, é dicir, ó mellor había que contemplar tamén o factor corrector en canto a esa toma de decisións. A min me parece que o que están propoñendo, me parece que é coherente, polo tanto eu o que propoño é, había que mirar tecnicamente se esto o podemos, temos tempo para facer algunha modificación, ¿temos tempo, non?. Pois eu propoño que se convoque unha comisión urxente e tratemos o tema dunha maneira global. Sr. Presidente.- Moi ben. De acordo. Entón. Sr. Figueroa Vila.- ¿É necesario, temos tempo para poder traer ó próximo Pleno esta?, ¿ata cando temos?, ¿que data temos?. Pero podemos facer vía emenda unha alegación no próximo Pleno, aprobalo agora condicionado a esa. Sr. Secretario.- Podría quedar. Sr. Figueroa Vila.- Non, pero podíamos dictaminalo e deixalo con esa condición e despois habería a posibilidade. Sr. Secretario.- O se podría retirar y traerlo ya. Sr. Figueroa Vila.- ¿Estamos en ...?. Sr. Presidente.- ¿Entón, se retira?. Sr. Figueroa Vila.- Vamos a ver, retirar tampouco, eu creo que teríamos que ó mellor facer unha proposta na liña do que estamos falando, tampouco é unha cuestión de retiralo, eu non sei, eu creo que sería o mellor. Sr. Presidente.- Pois procedemos á aprobación e poñemos en marcha. Sr. Figueroa Vila.- Aprobación co que propón o Sr. González e o Sr. Mosquera. Sr. Presidente.- Sr. González. Sr. Figueroa Vila.- Vamos a ver, eu o que quero é unha cuestión administrativa para que non teñamos ningún erro. Sr. González Iglesias.- Xa, pero tes que facelo cun cálculo de custes. Por eso aprobalo aquí e despois modificalo vía alegación non me parece a mellor saída, se hai tempo tal e como se está plantexando aquí, a exposición pública que son trinta días, se vén ó Pleno do mes que vén, son trinta días de exposición, aínda que haxa alegacións a mediados de decembro poden resolverse. Sr. Figueroa Vila.- Se retira. Sr. Presidente.- Retírase da orde do día. Retírase da orde do día asunto relativo á modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan no organismo autónomo provincial de xestión de recursos locais (ORAL). ------ Folla: 4.5284.- APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO DO INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E EQUIPAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (IPESPO) PARA O EXERCICIO DE 2005 Sr. Presidente.- Punto número 4. Aprobación inicial do presuposto do Instituto para a promoción e equipamento do solo industrial da provincia de Pontevedra (IPESPO) para o exercicio de 2005. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, estamos falando dun presuposto de doce millóns de euros, o estado de gastos sería gastos de persoal 31.010 ¤, gastos de bens correntes e servizos 169.190 euros, gastos financeiros non se contemplan e investimentos reais 11.500.100 ¤. E no estado de ingresos estamos falando de transferencias correntes 500.000 ¤, ingresos patrimoniais 200 ¤, aliñación de investimentos reais 100 euros e transferencias de capital 11.500.000 ¤. Eu creo que bueno, que todos sabemos a importancia que vai ter este organismo de cara ó desenvolvemento de solo industrial na nosa provincia, e que pensamos que con este presuposto pois podemos comezar a traballar, a desenvolver o polígono industrial de Barro-Meis que é o primeiro que temos en marcha, e bueno, a partir de aí pois dende o propio organismo iranse tomando as decisións que se consideren convenientes. Eu creo que como hai unanimidade neste tema e consenso, bueno, pois pensamos que dende esta casa se están dando os primeiros pasos para un organismo que nós consideramos e creo que toda a Corporación e por suposto tamén o equipo de goberno vai a redundar en beneficio do desenrolo de solo industrial na nosa provincia que tan necesitados estamos. Creo que o importante xa non é o problema do presuposto, senón que marquemos ben as directrices, as liñas a seguir, a política que vamos a seguir dende este organismo porque loxicamente cando se comeza a funcionar dentro dun organismo desas características o máis importante é comezar ben e saber cales son os obxectivos que nos temos marcados. Eu creo que os temos bastante ben definidos entre todos e polo tanto bueno este é un presuposto que loxicamente vai a dar cobertura á demanda que temos agora mesmo plantexada a curto prazo a día de hoxe. Sr. Presidente.- Moi ben. Sr. Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, este punto en principio non necesitaría ningunha intervención dado que hai unanimidade e así se puxo de manifesto nas sucesivas votacións previas. Pero todos estamos de acordo no obxectivo e xa foi obxecto de debate plenario, os posicionamentos están moi claros, pero repito, por sorpresa nos topamos cunhas declaracións do Sr. Presidente, supoño que será por sobrecarga, prefiro non pensar que é conscientemente, falseando a realidade, senón que é por sobre carga, entre a presidencia provincial do PP e a presidencia da Deputación, e exercer de oposición nos concellos nos que non gobernan pois se lle ocorre dicir que os dous grupos da oposición estivemos en contra, cando no Consello Rector do IPESPO se aprobou por unanimidade, ou incluso no Pleno cando veu a modificación de créditos dixemos que estabamos de acordo con esa partida, supuxemos, entón supoño que será por esa sobre carga e non lle deu tempo a que lle comuniquen que no órgano rector votamos a favor e demais. Entón pediríalle prudencia e que non se volva a repetir ese tipo de declaracións falseando a realidade, declaracións políticas pódense facer as que se queiran, cando se queira, pero falsear a realidade ou non corresponder a realidade non parece moi correcto, parece que vostedes prefiren que aquí haxa sempre bronca, que votemos en contra de todo e que non poida saír nada por unanimidade, e cando sae, estamos todos de acordo é igual, volven a facer declaracións a piñón fixo dicindo o que non sucedeu. Vale, pois na liña do portavoz anterior pois nós vamos a votar a favor e esperemos, así o plantexamos xa no Consello Rector cando se reuniu para aprobar os presupostos, que se impulsen rapidamente todas as accións que hai que levar, que en principio entendemos que o fundamental sería nomear ó xerente ou persoa que se encargue da xerencia para que se vaia incorporando a todos os trámites e poida impulsalos, porque senón estamos nunha situación de provisionalidade, lóxica por outro lado está nacendo, pero que en fin podía levar a problemas ou disfuncións na tramitación do polígono de Barro-Meis que nestes momentos é o obxectivo fundamental que ten, terá outros no futuro polos seus estatutos pero nestes momentos é o fundamental que ten este organismo e todos queremos que vaia coa maior dilixencia e axilidade. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, simplemente para dicir que se estivemos presentando emendas ós presupostos para o tema do desenrolo de chan industrial, a diferentes presupostos, se estivemos votando a favor sistematicamente neste tema loxicamente a día de hoxe vamos a seguir votando a favor e quero recordarlle simplemente ó Presidente que incluso no Pleno anterior chegamos a dicir, na petición de crédito, que se o fixera deslindado nós votaríamos a favor sen ningún tipo de problema, tal e como lle anunciamos incluso hai dous anos. Polo tanto vamos a seguir votando a favor deste tema. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Así o recoñece o Sr. González e polo tanto me está dando a razón de que evidentemente na modificación de crédito para aprobar o gasto deses case doce millóns de euros, as dúas forzas políticas da oposición votaron en contra. Teño que recoñecer que no seu momento, neste caso no propio órgano rector si votaron a favor, pero no Pleno desta Corporación, porque así consta e é a realidade, vostedes votaron en contra da aprobación do gasto para esa obra importante, decisiva e que vostedes saben ademais que é fundamental para o desenvolvemento da provincia. Polo tanto o Sr. Mosquera pois ten evidentemente o seu dereito a dicir pero a realidade é que vostede cando foi do Pleno, da modificación de crédito, votou en contra. E bueno, no outro tema por suposto que nos apoiaron, nos felicitamos todos de que eso fose, que se puxese en marcha e o cal dende aquí o destacamos tamén. Creo que o Sr. González quere dicir algo. Sr. González Iglesias.- Simplemente Sr. Presidente o invito a que mire a acta, as intervencións de cada un na acta, e lle recordo o que lle dixen hai un momento, é dicir, nós lle dixemos claramente que si facía esa modificación única e exclusivamente co crédito votaríamos a favor sen problema ningún. O dixemos naquel momento o que pasa é que non lle vamos a sancionar co noso voto a favor as outras historias que vostedes fan en determinadas modificacións de crédito, nada máis, e eso non quere dicir en ningún momento e vostede o sabe claramente, que esteamos en contra deste tema, xa lle digo, viñemos presentando emendas ós presupostos, incluso as que vostedes dixeron que non, sobre este tema. En toda tramitación, absolutamente en toda, se consensuou todo e estivemos todos de acordo. Polo tanto cando un fai a intervención que fixo o Sr. Louzán e persiste na intervención, é que lle interesa xogar á confrontación en todo, pero bueno, esa é unha fórmula de facer política que ten o Partido Popular ultimamente, e bueno, é respectable, non compartida pero é respectable. Nós vamos a seguir votando e apoiando co noso voto o que cremos conveniente e este tema crémolo conveniente para o desenvolvemento da provincia e crémolo absolutamente prioritario. Polo tanto vamos a votar a favor diga o que diga o Sr. Louzán, porque ó mellor o que estaba esperando con determinadas declaracións é que variáramos o noso voto e non o vamos a facer polas declaracións súas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Pero lle insisto unha vez máis que esto ten os seus pros e os seus contras. Ó día seguinte do Pleno da Corporación Provincial pois saía aquelo de que Louzán endebeda, Louzán, se refire ó equipo de goberno, endebeda á Deputación de Pontevedra, por exemplo, entón se vostedes houberan votado, entón eu asumo para o bo e para o malo o reto de poñer en marcha eses once millóns de euros ou eses case doce millóns de euros, e polo tanto para o bo e para o malo asumo ese reto, pero asumo o reto tamén de que o Partido Popular foi o que votou a favor, a favor da modificación de crédito para poñelo en marcha e polo tanto esa é a realidade, os números están aí, eu estou de acordo no que vostede está plantexando e fixo ese comentario que é ben certo, pero a realidade, os números son eses e o resultado da votación foi o que foi, e eso polo tanto, eso é unha realidade, porque ó mellor houbera sido, non, o Pleno da Corporación Provincial acorda endebedarse para facer Barro-Meis, pero non, tamén o asumo para o bo e tamén o asumo para o malo, nese sentido digo, bueno pois asumo que endebedamos a Deputación, que sei ademais, estou seguro de que non vai ter ningún gasto para esta casa, senón que vamos a recuperar eso, e que vamos a crear riqueza e crear emprego que é realmente do que se trata e polo tanto pois así o puxemos porque temos claro e vostedes tamén o tiñan e nese tema tamén o teñen, pero con esa salvedade que está recoñecida na acta do Pleno e polo tanto así foi. Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán, se me parece moi ben o que nos está dicindo pero non nos conteste a nós, contéstelle a quen lle fixo eses titulares, a nós non, perdón, a nós, nós non fixemos eses titulares nin fixemos esas declaracións de que endebeda a Deputación, e lle recordo, presuposto de hai dous anos, onde o Grupo Socialista lle ofertou ir a unha operación de crédito, para temas importantes en toda a provincia. Lle dixemos que íamos votar a favor da operación de crédito, da operación de crédito non do seu presuposto, do mesmo xeito que estaríamos dispostos a votar incluso a modificación se só fora para o crédito e llo dixemos no Pleno o outro día, pero soa, se vostede me mete os temas de cultura, de vías e obras e demais no medio, loxicamente se non lle votei o presuposto non lle podo votar eso. Igual que nos puntos 6 e 7, non llos podo votar a favor aínda que estea de acordo con algunhas cousas, digo absterme, bueno ese é o tema. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, xa está dito, é dicir, que se quixera vostede que votáramos a favor e o sabía, traía os dous expedientes separados e se acababa antes, sábeo perfectamente, o que pasa é que eu non sei se vale a pena alargarnos aquí neste debate que eu creo que responde, incluso o fondo da cuestión responde moito máis a diferencias internas dentro do PP que a eso. Claro, ¿cal é o detonante?, resulta que vostedes, ou sexa, a Deputación e os concellos de Barro e Meis se teñen que meter con ese polígono é porque a Xunta naquel momento gobernada por vostedes, di que non quere entrar, non quere entrar, entón agora a nova Xunta lle di que ofrece a súa colaboración e está disposta se é necesario. Claro, eso vostedes non o soportan e entón nos dan a nós, digo nós oposición aquí e á Xunta lle dan a resposta que lle tiñan que dar antes ós seus da Xunta e entón engachan nunha espiral de auténticas, vamos, en fin, bordeando a verdade e non sei que, por dicir algo, pero a quen llo estaban dando realmente, toda esa verdade a quen lla tiña que dar é a anterior Xunta, porque á actual e á oposición aquí non llo pode dar porque sempre estivemos porque se fixeran estas cousas e porque a Xunta votara man e non ter que facelo e aínda así o apoiamos aquí e o apoiamos sempre que foi necesario, como non é nin a actual Xunta nin a nós nos pode dicir nada entón nos apón ou sexa nos culpa do que lle tiña que culpar á anterior, bueno, entón son líos internos seus que os ventilan como queiran, pero non sei se vale a pena seguir dándolle voltas a esto porque creo que é dunha claridade meridiana. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Insisto unha vez máis en que a Xunta de Galicia naquel momento pois fai unha inversión importante amais a Deputación forma parte de Xestur e fai un importante desembolso económico en Salvaterra-As Neves, proceso que se iniciara con anterioridade e aí é cando decide esta Deputación sacar adiante esta iniciativa cos concellos de Barro e Meis, cos seus alcaldes. Polo tanto o importante é que esa iniciativa está en marcha, e o importante que é negativo neste caso é que en Pontevedra, na comarca, pois se creou moi pouco solo industrial, vostede o sabe, e especialmente no concello de Pontevedra que é o que ten máis poboación. Pero bueno, deso habería que falar largo e tendido noutro momento, e o importante é que esto como digo camiña e camiña ben, e agora vamos dar pois ese acelerón definitivo para poñelo a disposición dos empresarios para que poidan eso, pois crear postos de traballo e en definitiva crear riqueza. Procedemos á votación polo tanto da aprobación do presuposto do IPESPO. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dictaminándose favorablemente pola Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, a aprobación inicial do presuposto para o exercicio de 2005 do Organismo Autónomo Provincial denominado "Instituto para a promoción e equipamento do solo industrial da provincia de Pontevedra" (IPESPO), e co obxecto de atender ás actuacións previstas para o que resta deste exercicio de 2005 e dado que o mesmo se elaborou con observancia das prescricións legais e regulamentarias relativas ó mesmo, o Pleno acorda por unanimidade: - A aprobación inicial do presuposto do organismo autónomo provincial denominado "Instituto para a promoción e equipamento do solo industrial da provincia de Pontevedra" (IPESPO) para o exercicio de 2005, co seguinte estado de gastos e ingresos: ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- Gastos de Persoal 31.010,00¤ Capítulo 2º.- Gastos de bens correntes e servizos 469.190,00¤ Capítulo 3º.- Gastos financeiros 0,00¤ Capítulo 6º.- Investimentos reais 11.500.100,00¤ TOTAL 12.000.300,00¤ ESTADO DE INGRESOS Capítulo 4º.- Transferencias correntes 500.000,00¤ Capítulo 5º.- Ingresos patrimoniais 200,00¤ Capítulo 6º.- Aliñación de investimentos reais 100,00¤ Capítulo 7º.- Transferencias de capital 11.500.000,00¤ TOTAL 12.000.300,00¤ - Apróbanse así mesmo as Bases de execución do citado presuposto, a relación de postos de traballo do persoal laboral e o anexo de inversións para o exercicio 2005. O presuposto do organismo autónomo provincial "Instituto para a promoción e equipamento do solo industrial da provincia de Pontevedra" (IPESPO) para o exercicio de 2005 será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 5.5285.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO NÚMERO 1/2005 DO PADROADO DA ESCOLA DE CANTEIROS Sr. Presidente.- Punto número 5. Expediente de suplemento de crédito número 1/2005 do Padroado da Escola de Canteiros. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, é un suplemento de crédito ten unha aplicación de financiamento dese suplemento de 98.000 euros, para material técnico especial 20.000, feiras exposicións 18.000, a familias 40.000 e a adquisición de maquinaria 25.000. Esto pasou pola Xunta Rectora da Escola de Canteiros e son obras e inversións que se teñen que facer e que non se poden demorar e polo tanto se fai con remanentes da propia Escola de Canteiros. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Como ademais pasou pola Comisión Informativa, polo tanto procedemos á votación deste expediente de suplemento de crédito para o Padroado da Escola de Canteiros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2005 do Padroado da Escola de Canteiros de Pontevedra, por un importe total de 98.000,00 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do presuposto corrente financiarase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2004. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coa abstención do PSOE, aprobar o expediente de suplemento de crédito nº 1/2005 do Padroado da Escola de Canteiros de Pontevedra, aplicándolles os gastos a financiar ás partidas e polo importe que a continuación se detalla: -05/844.422.221.12 Material técnico especial 15.000,00¤ -05/844.422.226.15 Feiras e exposicións 18.000,00¤ -05/844.422.481.01 A familias 40.000,00¤ -05/844.422.623.01 Adquisición de maquinaria 25.000,00¤ TOTAL 98.000,00¤ O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2004, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto. -05/844.870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito 98.000,00¤ Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 6.5286.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO NÚMERO 2/2005 DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- Punto número 6. Expediente de suplemento de crédito número 2/2005 do organismo autónomo provincial de xestión de recursos locais (ORAL). Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Tamén é un suplemento de créditos de 733.000 euros para o ORAL, sobre todo debido ó crecemento que está experimentando este organismo e ós traballos que a través de diversos concellos se están achegando dunha maneira importante, eu creo que no último ano se está producindo no ORAL un incremento importante de traballos que se fan para os concellos e por eso o suplemento de crédito vai a estar destinado sobre todo a edificios e outras construccións, que son 3.000 euros, comunicacións postais que é unha partida que se incrementou dunha maneira considerable loxicamente ó ter a achega deses concellos deses servizos que lle estamos prestando en 150.000 euros, despois tamén estudios e traballos técnicos 75.000, traballos catastrais que é un tema tamén importante para o bo funcionamento desa institución 355.000 euros, e loxicamente todo esto deriva nun incremento dos equipos informáticos e do proceso informático en 160.000 euros porque contempla a cantidade de 733.000 euros. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, no punto anterior abstivémonos e neste igual, porque loxicamente non votamos o presuposto e non vamos a votar agora estes expedientes. De todos os xeitos aquí nos gustaría dicir que, bueno dar un toque de atención no sentido de que se plantexa unha cantidade importante para os traballos de actualización catastral que se están facendo, e digo dar un toque de atención porque nós entendemos que dentro dese 6% debería financiarse eses traballos. De feito eu podo dicirlles que agora mesmo hai empresas colaboradoras que están facendo este tema e inclúen, é dicir, están facendo recadación e inclúen traballos de actualización catastral dentro dun 5%. Entón, bueno, eu volvo a repetir como toque de atención e para que miremos o tema con atención. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 2/2005 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), por un importe total de 733.000,00 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do presuposto corrente financiarase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) correspondente ó exercicio de 2004. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coa abstención do PSOE, aprobar o expediente de suplemento de crédito nº 2/2005 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aplicándolles os gastos a financiar ás partidas e polo importe que a continuación se detalla: -05/861.611.212.01 Edificios e outras construcións.- Comunidade de propietarios 3.000,00¤ -05/861.611.222.01 Comunicacións postais 150.000,00¤ -05/861.611.227.06 Estudos e traballos técnicos 65.000,00¤ -05/861.611.227.07 Traballos catastrais 355.000,00¤ -05/861.611.626.01 Equipos para procesos de información-hardware 160.000,00¤ TOTAL 733.000,00¤ O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do presuposto do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) correspondente ó exercicio de 2004, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto. -05/861.870.021 Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito 733.000,00¤ Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 7.5287.- MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O FINANCIAMENTO DO PROXECTO DA VARIANTE DE PONTEARNELAS INCLUÍDA A NOVA PONTE SOBRE O RÍO UMIA Sr. Presidente.- Punto número 7. Modificación do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación de Pontevedra para o financiamento do proxecto da variante de Pontearnelas incluída a nova ponte sobre o río Umia. Procedemos tamén á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Por unanimidade. Dáse conta de que o Pleno corporativo en sesión celebrada o día 29 de setembro de 2004, prestou aprobación ó convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e esta Deputación para o acondicionamento das estradas "Porráns-Moraña", "Simes-Dorrón" e "Variante de Pontearnelas". Na cláusula 2ª establecíase, como compromiso desta Deputación, o financiamento, contratación, dirección e execución das obras segundo o proxecto aprobado pola Xunta de Galicia da "Variante de Pontearnelas incluída a ponte sobre o río Umia". O financiamento do anteproxecto estaba fixado na suma de 1.079.525,90¤ distribuído en tres anualidades. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, segundo establecía a cláusula 3ª, procedeu á redacción e aprobación do proxecto definitivo que foi remitido a esta Deputación con data 3 do pasado mes de agosto, sufrindo un incremento, con respecto á cantidade inicialmente prevista, debido á natureza do terreo que obriga a facer unhas cimentacións cun custe máis elevado, así como unhas obras complementarias para salvar o impacto medio ambiental, que elevan o importe a 3.081.480,34¤. En consecuencia, debe modificarse a cláusula 2ª relativa ó financiamento desta obra adecuándoa ó importe do proxecto. Non se modifica a partida prevista para investir neste ano dado que non se podería gastar ó ter a obra aínda sen licitar. O incremento redistribúese nas anualidades de 2006 e 2007 e fíxase unha nova anualidade para 2008, de forma proporcional. A distribución quedaría da seguinte forma: ano 2005, 200.000,00¤, ano 2006 e 2007, 1.000.000,00¤, cada un, e ano 2008, 881.480,34¤. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, o Pleno acorda por unanimidade, modificar a cláusula 2ª do convenio subscrito entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación Provincial de Pontevedra para o financiamento do proxecto de "Variante de Pontearnelas, incluída a nova ponte sobre o río Umia". ------ Folla: 8.5288.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A COMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO VAL DO MIÑO, PARA A CREACIÓN DA ASOCIACIÓN TRANSFRONTEIRIZA DO VAL DO MIÑO "UNIMINHO" Sr. Presidente.- Punto 8. Aprobación do convenio de cooperación transfronteiriza entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal do Val do Miño, para a creación da Asociación transfronteiriza do Val do Miño "Uniminho". ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. No marco do tratado entre a República Portuguesa e o Reino de España sobre Cooperación Transfronteiriza entre instancias e entidades territoriais de 3 de outubro de 2002, coa finalidade de promover a cooperación entre os pobos do Val do Minho, a través de obras públicas, xestión de equipamentos sociais, culturais, deportivos e de servizos públicos comúns e á vista dos informes emitidos polo Sr. Secretario Xeral Accidental e o Sr. Interventor Accidental ou 30-08-05 e o 02-09-05, respectivamente, o dictame da Comisión Informativa de Promoción Económica e Emprego de 21 de setembro de 2005, acórdase por unanimidade a aprobación do Convenio de cooperación transfronteiriza entre a Deputación de Pontevedra e a Comunidade intermunicipal do Val do Minho, para a creación dunha Asociación de dereito público transfronteiriza "UNIMINHO" con sede social en Valença do Minho (Portugal), por un período de 8 anos, prorrogables por períodos iguais, que contarán con patrimonio e fondos propios, na forma establecida nos seus estatutos. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA ENTRE A COMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO VALE DO MINHO E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho, representada polo Presidente do Consello Directivo e a Deputación de Pontevedra, representada polo seu Presidente, Tendo en conta a necesidade de crear un marco xurídico regulador das actividades de cooperación transfronteiriza que tradicionalmente e de modo informal veñen sendo desenvolvidas polos pobos que habitan o territorio de cada unha das partes, institucionalizando así esa cooperación. Considerando que esa cooperación, por ter como finalidade dominante a realización de obras e a xestión de servizos públicos, así como a candidatura a programas comunitarios ou doutra natureza que permitan o (co-)financiamento desas accións, só poderá ser plenamente perseguida por un organismo de cooperación con personalidade xurídica, do tipo Associação Pública ou Consorcio, Con respecto polas normas e principios contidos na Convención entre a República Portuguesa e o Reino de España sobre Cooperación Transfronteiriza entre Instancias e Entidades Territoriais, de 3 de outubro de 2002, concretamente o disposto no artigo 4º e na alínea a) do nº 3 do artigo 9º e no artigo 11º desa Convención, e no ámbito das respectivas circunscricións territoriais, Con vistas a promover a cooperación transfronteiriza nos dominios da cultura, deporte, lecer, patrimonio, turismo, aproveitamento conxunto, protección do río Miño, medio ambiente e recursos naturais, Acordan outorgar o presente Convenio de Cooperación Transfronteiriza para constituír un organismo con personalidade xurídica, baixo a forma de Associação de Direito Público, regulada polo dereito portugués, que teña como finalidade perseguir esa cooperación a través da realización de obras públicas, da xestión de equipamentos sociais -concretamente culturais, deportivos, recreativos, artísticos- propiedade das partes neste convenio, candidaturas a programas ou instrumentos comunitarios en calquera área de actividade que non estea prohibida ou excluída a súa intervención por lei interna das partes, dereito aplicable ou pola Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza, de 3 de outubro de 2002, e que se rexerá polas seguintes cláusulas: Capítulo I Disposicións xerais Primeira Constitución dun Organismo de Cooperación Transfronteiriza con Personalidade Xurídica 1 - A Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho e a Deputación Provincial de Pontevedra, en conformidade co disposto na alínea a) do nº 3 do artigo 9º e no artigo 11º da Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza, de 3 de outubro de 2002, e no ámbito das respectivas circunscricións territoriais, acordan constituír, por un período de oito anos, prorrogable por iguais períodos de tempo, un organismo de cooperación transfronteiriza con personalidade xurídica baixo a forma de Associação de Direito Público, que se rexerá polas normas do dereito portugués aplicables ás Associações de Direito Público. 2 - O período de oito anos arriba referido cóntase a partir da data da publicación oficial deste convenio, e a súa prórroga será feita a través de instrumento apropiado que, para efectos do establecido no dereito interno español e portugués, teña o valor de convenio de cooperación transfronteiriza. Segunda Denominación e Sede 1 - A Associação de Direito Público aquí creada denomínase Uniminho - Associação do Vale do Minho Tansfronteiriço (Unimiño - Asociación do Val do Miño Transfronteirizo), a partir de agora designada Asociación Transfronteiriza, e ten a súa sede na Avenida Miguel Dantas, nº 69, 4930-678 Valença do Minho, Portugal. 2 - A Asociación Tansfronteiriza terá obrigatoriamente unha delegación no territorio da Provincia de Pontevedra en local elixido pola Asemblea Xeral baixo proposta da Conselho Directivo, podendo ser creadas outras delegacións. Terceira Finalidades da Asociación Transfronteiriza A Asociación Transfronteiriza, con respecto polas atribucións e competencias que o respectivo dereito interno lle confire, así como polo establecido no artigo 11º da Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza, de 3 de outubro de 2002, ten como finalidades realizar obras públicas, xestionar equipamentos e servizos comúns ás entidades e instancias parte no presente convenio e desenvolver accións que lle permitan beneficiarse do programa da Iniciativa Comunitaria INTERREG III-A, ou a outros instrumentos aceptados polas partes que substitúan a aquel programa ou de calquera outros programas e instrumentos comunitarios aplicables ás partes ou a entidades por elas creadas. Cuarta Dominios da cooperación A Asociación Transfronteiriza, con respecto polo dereito interno de cada unha das partes, polas súas atribucións e competencias e das finalidades consagradas no artigo 3º deste convenio, desenvolverá a súa actividade de cooperación transfronteiriza no dominio das obras públicas, a xestión de equipamentos sociais - concretamente culturais, deportivos, recreativos, artísticos - propiedade das partes neste convenio, xestión de servizos públicos comúns ou de interese común a ámbalas dúas partes, candidaturas a programas ou instrumentos comunitarios en calquera área de actividade que non estea prohibida ou excluída a súa intervención por lei interna das partes, polo dereito aplicable ou pola Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza, de 3 de outubro de 2002. Quinta Ámbito xeográfico A Asociación Transfronteiriza desenvolverá as súas actividades na zona xeográfica que en Portugal corresponde ó territorio da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho -municipios de Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Valença e de Vila Nova da Cerveira- e en España ós municipios da provincia de Pontevedra, con prioridade para os de Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Oia, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño, e Tui. Capítulo II Disposicións diversas Sexta Patrimonio e Réxime de financiamento 1 - A Asociación Transfronteiriza ten patrimonio e fondos propios na forma establecida nos estatutos. Sétima Solución de controversias 1 - As controversias entre as partes que integran a Asociación Transfronteiriza deberán ser solucionadas pola Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza, conforme o disposto nas liñas c) e e) do nº 2 do art. 8 da Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza de 2002. 2 - Se, transcorridos seis meses dende a data de presentación do caso, a Comisión Luso-Española para a cooperación transfronteiriza, non fose presentada ningunha solución por esta, ou se unha das partes rexeitase por escrito dirixido á outra, a solución ofrecida pola referida Comisión, calquera das partes poderá recorrer á vía xudicial, quedando desde xa estipulado que o foro competente é o da Comarca de Valença do Minho ou calquera outro tribunal portugués competente por razón de xerarquía, materia ou territorio. Oitava Modificación dos Estatutos da Asociación Transfronteiriza 1 - A modificación dos estatutos da Asociación Transfronteiriza terá que ser discutida e aprobada por unanimidade das partes que a integran, en asemblea xeral da Asociación Transfronteiriza. 2 - A extinción e liquidación do patrimonio da Asociación Transfronteiriza estarán rexidas polo dereito interno portugués aplicable ás Associações de Direito Público e polos estatutos desa Asociación. Novena Estructura orgánica A estructura orgánica, as competencias, os réximes de funcionamento, presuposto, balance e fiscalización das contas, ámbito e límites das responsabilidades dos seus membros, a liquidación e regras relativas ó estatuto e xestión do persoal serán as definidas nos estatutos da Asociación Transfronteiriza. Capítulo III Disposicións finais Décima Cumprimento dos compromisos adquiridos e dereito subsidiario 1 - As instancias e entidades territoriais outorgantes do presente convenio están obrigadas, dende a súa celebración, a cumprir os compromisos que nel se determinan. 2 - O dereito aplicable ás obrigas estipuladas no presente convenio, ás cuestións relativas ó funcionamento da Asociación Transfronteiriza non especificamente reguladas nel, é o da parte correspondente á instancia ou entidade territorial onde se localiza a sede da Asociación. 3 - As dúbidas de interpretación ou de aplicación das disposicións contidas no presente Convenio serán sometidas á consulta da Comisión Luso-Española para a cooperación transfronteiriza, conforme o disposto nas alíneas c) e e) do nº 2 do art. 8 da Convención Luso-Española sobre cooperación transfronteiriza de 2002. Décimo primeira Ámbito de aplicación 1 - O presente Convenio e as decisións tomadas con base no mesmo vinculan exclusivamente ás instancias e entidades territoriais outorgantes, e en ningún caso producirán efectos na esfera xurídica doutras instancias ou entidades territoriais. 2 - España e Portugal non quedan obrigados polas estipulacións ou polos efectos resultantes da execución do presente Convenio. Décimo segunda Duración A Asociación aquí constituída ten unha duración de oito anos, contados a partir da data da publicación oficial do presente convenio e os seus estatutos, podendo ser prorrogado por igual período a través de instrumento apropiado que, para efectos do establecido no dereito interno español e portugués, teña o valor de convenio de cooperación transfronteiriza. Décimo terceira Aprobación e publicación A aprobación do presente convenio polas instancias e entidades territoriais participantes, está suxeita, nos termos do nº 4 do artigo 4º da Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza de 2002, ás regras procesuais e de control establecidas para tal efecto no respectivo dereito interno, debendo ser obxecto de publicación oficial en Portugal e en España, conforme o disposto no respectivo ordenamento xurídico. Décimo cuarta Modificación A modificación do presente convenio deberá ser feita por unanimidade nos termos do disposto no nº 8 do artigo 11º da Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza de 2002, e en reunión especialmente convocada para o efecto por calquera das partes, debendo a que pretenda promovela, enviar á outra a respectiva proposta con antelación de, polo menos, trinta días. Décimo quinta Denuncia e cesación de vixencia 1 - Calquera outorgante pode denunciar anticipadamente o presente convenio, no que a el respecta, en tanto que comunique á outra parte a súa intención de o facer, cunha antelación mínima de seis meses. 2 - A cesación de vixencia do presente convenio non afectará ás medidas de cooperación fronteiriza xa adoptadas e executadas ou que estean en execución, debendo constituírse, neste último caso, un Comité Paritario, designado pola Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza, coa finalidade de asegurar a conclusión da execución de tales medidas, de acordo co calendario e demais condicións nelas previstas. Décimo sexta Extinción da Asociación Transfronteiriza 1 - Extinto o presente convenio por transcurso do prazo, denuncia ou por calquera outra forma legalmente admitida, extínguese automaticamente a Asociación Transfronteiriza por el creada. 2 - Extinta a Asociación Transfronteiriza, as partes quedan obrigadas a regularizar os seus débitos para con ela necesarios á persecución ata o final dos traballos ou das actividades en curso á data da extinción, sendo tamén aplicable a disposición do número 18 do artigo 11º da Convención Luso-Española sobre a Cooperación transfronteiriza entre Instancias e Entidades Territoriais, de 3 de outubro 2002. 3 - A decisión de extinción non poderá prexudicar a concreción de proxectos e obras comúns que, de acordo con programas anteriormente aprobados, teñan sido iniciados e que aínda non estean concluídos á data da decisión. Décimo sétima Lexislación aplicable 1. Será de aplicación ó presente convenio a Convención entre a República Portuguesa e o Reino de España sobre Cooperación Transfronteiriza entre Instancias e Entidades Territoriais, de 3 de outubro de 2002. 2. En todo o non disposto na Convención en canto ó réxime xurídico dos convenios de cooperación transfronteiriza, serán de aplicación, respectivamente, os principios xerais do dereito administrativo portugués e español así como: a) En Portugal, as normas que regulan os contratos de dereito público coas adaptacións necesarias; b) En España, as normas que regulan os convenios de colaboración entre administracións públicas, así como as normas españolas que teñen o carácter de dereito supletorio en relación ás anteriores, tanto os principios xerais da Lei de Contratos das Administracións Públicas como as normas de dereito privado. Décimo oitava Anexo ó Convenio Nos termos do disposto no número 7 do artigo 11º da Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza de 2002, queda anexo a este convenio o estatuto da Uniminho - Associação do Vale do Minho Tansfronteiriço (Unimiño - Asociación do Val do Miño Transfronteirizo). Como expresión do seu libre consentimento, as entidades e instancias territoriais intervenientes outorgan o presente convenio en ................................., a ....... de ..................................... de 2005, celebrado nun acto único, en tres exemplares, nas linguas portuguesa, española e galega, facendo os tres textos igualmente fe. Pola Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho Antonio Rui Esteves Solheiro O Presidente da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho O Pola provincia de Pontevedra Rafael Louzán Abal Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ------ Folla: 9.5289.- APROBACIÓN DOS ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN TRANSFRONTEIRIZA DO VAL DO MIÑO-UNIMINHO Sr. Presidente.- E tamén no punto seguinte. Aprobación dos Estatutos da Asociación transfronteiriza do Val do Miño-Uniminho. Procedemos tamén á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Coa finalidade de regularizar a Asociación do Val do Minho Transfronteiriza "Uniminho", que pretende crear a Deputación de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal de tal Val, en canto á súa duración, sede, financiamento, ámbito xeográfico de actuación, actividades, dereitos e deberes dos asociados..., e á vista dos informes de 30-08-05 e 02-09-05 emitidos polo Sr. Secretario Xeral Accidental e o Sr. Interventor respectivamente e do dictame da Comisión Informativa de Promoción Económica e Emprego de 21 de setembro de 2005, acórdase por unanimidade aprobar os Estatutos da asociación transfronteiriza do Val do Minho, en consonancia co artigo 47,2º da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local. Ditos Estatutos son como segue: Estatutos da "Unimiño - Asociación do Val do Miño Transfronteirizo" Capítulo I Disposicións Xerais ARTIGO 1.º Denominación e Natureza 1- A Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho e a Deputación de Pontevedra constitúen a "UNIMINHO - ASSOCIAÇÃO DO VALE DO MINHO TRANSFRONTEIRIÇO" (UNIMIÑO - ASOCIACIÓN DO VAL DO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO)", en adiante designada abreviadamente Asociación Transfronteiriza, persoa colectiva de dereito público portugués, que se rexerá pola Convención Luso-Española sobre Cooperación Transfronteiriza entre Instancias e Entidades Territoriais, de 3 de outubro de 2002, pola lexislación portuguesa aplicable e polos presentes Estatutos. ARTIGO 2.º Duración A Asociación Transfronteiriza está constituída por un período de oito anos, contados a partir da data da publicación oficial do Convenio de Cooperación Transfronteiriza entre as partes asociadas, podendo ser prorrogado por iguais períodos a través de instrumento apropiado que, para efectos do establecido no dereito interno español e portugués, teña o valor de convenio de cooperación transfronteiriza. ARTIGO 3.º Sede e delegacións 1- A Asociación Transfronteiriza ten a súa sede en Valença, na Avenida Miguel Dantas, 69, 4930-678 Valença. 2- A Asociación Transfronteiriza, ten unha Delegación en local a designar polo Presidente da Deputación desa Provincia e poderá crear outras delegacións en diferentes localidades situadas na área xeográfica da circunscrición territorial da Asociación Transfronteiriza na Provincia de Pontevedra, mediante deliberación da asemblea xeral, baixo proposta do Conselho Directivo. ARTIGO 4.º Ámbito xeográfico A Asociación Transfronteiriza desenvolverá as súas actividades na zona xeográfica que en Portugal corresponde ó territorio da Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho: municipios de Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Valença e Vila Nova de Cerveira, e en España á área de circunscrición da Deputación de Pontevedra, preferentemente os municipios de Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Oia, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño e Tui. ARTIGO 5.º Finalidades e Dominios 1- A Asociación Transfronteiriza, con respecto polas atribucións e competencias que o respectivo dereito interno lle confire, así como polo establecido no artigo 11º da Convención Luso-Española sobre cooperación transfronteiriza, de 3 de outubro de 2002, e exclusivamente no dominio da cooperación transfronteiriza entre as partes asociadas, ten como finalidades: a) - Realizar obras públicas; b) - Xestionar equipamentos e servizos comúns ás entidades e instancias parte nos presentes estatutos; c) - Desenvolver accións que lle permitan beneficiarse do programa da Iniciativa Comunitaria INTERREG III-A, ou a outros instrumentos recibidos polas partes e que substitúan aquel programa ou calquera outros programas e instrumentos comunitarios aplicables ás partes ou a entidades por elas creadas. d) - Realizar calquera intereses das partes asociadas nos dominios da cooperación transfronteiriza que, pola súa natureza, non sexan prohibidos por convención ou pola Lei. 2- A Asociación Transfronteiriza persegue as súas finalidades con vista a realizar a cooperación transfronteiriza nos dominios: a) - Agricultura, pesca e desenvolvemento económico; b) - Medio ambiente, recursos naturais e ordenamento do territorio; c) - Saúde e asuntos sociais; d) - Uso e aproveitamento conxunto e protección do río Miño; e) - Administración autárquica; f) - Educación, formación e emprego; g) - Cultura, deporte, lecer, patrimonio e turismo; h) - Infraestructuras de saneamento básico e de abastecemento público; i) - Defensa do río Miño e respectiva conca hidrográfica; j) - Calquera outra materia conexa coas indicadas nas alíneas a) a i) deste artigo. ARTIGO 6.º Obxecto A Asociación Transfronteiriza ten por obxecto a persecución das súas finalidades indicadas no artigo 5º deste Estatuto no

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición