ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Acta de sesión 2006/11/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/2.2006-11-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/11/29_Ordinaria

  • Data(s) 2006-11-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e nove de novembro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Damos comezo a este Pleno ordinario da Corporación Provincial. ------ Folla: 1.5473.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de outubro de 2006. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de outubro, do ano 2006. ------ Folla: 2.5474.- APROBACIÓN DE CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA Nº 59 DO CONCELLO DE ARBO INCLUÍDA NO PPC/06 Sr. Presidente.- Punto número 2. Aprobación do cambio de aplicación da obra nº 59 do concello de Arbo incluída no PPC/06. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar o cambio de aplicación da obra nº 59, incluída no PPC 2006, denominada "Pavimentación Rúa Miguel Dávila", por un importe de 60.000,00 euros, polas actuacións complementarias números 1 e 46, denominadas "Al. Sela, Barcela, Arbo, Cabeiras, Mouretán ..." e "Pavimentación Rocha e Cunetas", co financiamento da anterior e detallada como se relaciona: · Obra nº 1 de Arbo "Al. Sela, Barcela, Arbo, Cabeiras, Mouretán ..." ADMINISTRACIÓN IMPORTE MAP 11.884,40 Euros Deputación 8.913,30 Euros Concellos 8.913,31 Euros Gasto non elixible 288,99 Euros TOTAL 30.000,00 Euros · Obra nº 46 de Arbo. "Pavimentación Rocha e Cunetas" ADMINISTRACIÓN IMPORTE MAP 11.884,40 Euros Deputación 8.913,30 Euros Concellos 8.913,31 Euros Gasto non elixible 288,99 Euros TOTAL 30.000,00 Euros ------ Folla: 3.5475.- APROBACIÓN DO PROXECTO "CHRONOS" DENTRO DA CONVOCATORIA EUROPEA DO ARTIGO 6 DO REGULAMENTO DO FONDO SOCIAL EUROPEO Sr. Presidente.- Punto número 3. Aprobación do proxecto "CHRONOS" dentro da convocatoria europea do artigo 6 do Regulamento do Fondo Social Europeo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Promoción Económica e Emprego, acórdase por unanimidade aprobar o Proxecto CHRONOS, dentro da convocatoria de propostas VP/2003/021 da Comisión Europea, titulada "Enfoques innovadores na xestión do cambio" financiadas con arranxo ó artigo 6 do Regulamento do Fondo Social Europeo (Regulamento nº 1784/1999 do Parlamento Europeo e do Consello de 12 de xullo de 1999 relativo ó Fondo Social Europeo), dito proxecto ten como obxectivo establecer un modelo de intervención territorial que facilite de forma anticipada ás empresas, administracións públicas e outros axentes sociais a toma de decisións referente ós traballadores de maior idade, para tratar desta forma de reducir o impacto que supón para a economía o abandono destes traballadores do mercado laboral. O proxecto CHRONOS conta cun orzamento total de 1.979.590,00 euros, dos que 1.348.593,68 euros son financiados polo Fondo Social Europeo, e 630.996,72 euros polos socios do proxecto, e destes últimos, 183.625,48 euros son aportados pola Deputación de Pontevedra ó longo dos anos 2007 e 2008. ------ Folla: 4.5476.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- Expediente de suplemento de crédito do Organismo autónomo provincial de xestión de recursos locais (ORAL). ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente de suplemento de crédito do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), por un importe total de 480.000,00 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) correspondente ó exercicio de 2005. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade aprobar o expediente de suplemento de crédito do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) por importe global de 480.000,00 euros, aplicándolles os gastos a financiar ás partidas e polo importe que a continuación se detalla: PARTIDA DENOMINACIÓN IMPORTE -06/861.611.222.01 Correos e telégrafos .......................... 250.000,00 ¤ -06/861.611.227.06 Estudos e traballos técnicos ............ 30.000,00 ¤ -06/861.611.622.03 Adquisicións-Melloras edificios....... 200.000,00 ¤ TOTAL......................... 480.000,00 ¤ O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) correspondente ó exercicio de 2005 e contabilizarase a través do concepto de ingresos 2006/861.870.01 "Remanente de tesourería para financiamento de suplementos de crédito". Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 5.5477.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO NÚMERO 5/2006 Sr. Presidente.- Punto número 5. Expediente de modificación de crédito número 5/2006. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Gracias Sr. Presidente. Bueno é un expediente de modificación de crédito pequeno ademais pero en consonancia digamos co noso desacordo coa maneira de xestionar esta casa, vámonos abster. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Procedemos polo tanto á votación do mesmo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente de modificación de crédito número 5/2006, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe total de 125.000,00 euros, que está motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase da seguinte forma: -Os créditos extraordinarios, por importe de 75.000,00 euros, e os suplementos de crédito, por importe de 50.000,00 euros, con cargo ó remanente de tesourería dispoñible a data 17 de novembro de 2006, por importe de 125.000,00 euros. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, aprobar o expediente de modificación de crédito número 5/2006, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e de servizos... 30.000,00 ¤ Capítulo 6º Investimentos reais.................................... 95.000,00 ¤ Total variacións por capítulos ........ 125.000,00 ¤ Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 6.5478.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Ó PROXECTO DE "TERMINACIÓN EP 0506 CURRO-PORTELA". APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO. DECLARACIÓN DE NECESARIA OCUPACIÓN DE BENS E DEREITOS AFECTADOS. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS Sr. Presidente.- Punto número 6. Resolución de alegacións ó proxecto de "Terminación da estrada provincial 0506 Curro-Portela". Aprobación definitiva do proxecto. Declaración de necesaria ocupación de bens e dereitos afectados así como a aprobación definitiva da relación de bens e propietarios tamén afectados. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Vamos a votar a favor, pero simplemente unha curiosidade que á parte é moi reiterativa. Aquí nesta casa ler un expediente normalmente sempre é como achegarse a unha caixa de sorpresas, neste caso a sorpresa é ver que se di, que supoño que terán vostedes información privilexiada, a saber, que esa estrada vai ter, en fin, é ser necesario mellorala e nunha das xustificacións que se dá para mellorala que agora coa estación da Portela, co tren de alta velocidade, pois vai a potenciarse e mellorarse, vai ser un foco de atracción de tráfico enorme. E eu creo que a estación da Portela co tren de alta velocidade desaparece. Pero bueno, postos a xustificar un expediente xustifícase todo, se cadra teñen vostedes información privilexiada e esa vai ser a estación central entre Santiago e Vigo. Non sei, pero o tren de alta velocidade non para nas estacións, pero bueno, se cadra hai información privilexiada e eu non a coñezo e demais, non, era esa curiosidade, que a verdade é que ver os expedientes nesta casa sempre dá lugar a enterarse de altas novidades ou de sorpresas así deste tipo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. En todos os lados hai sorpresas, non só aquí. Polo tanto procedemos á votación do mesmo, supoño que está perfectamente xustificada a obra importante que se está facendo desta estrada provincial. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno desta Deputación Provincial, en sesión ordinaria celebrada o 26 de xullo de 2006, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación inicial do proxecto denominado "Terminación da EP 0506 Curro- Portela (Barro)", que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 299.105,17 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 249.349,93 euros e capítulo de expropiacións por importe de 49.755,24 euros, así como a declaración da utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia da urxente ocupación dos bens afectados. Someténdose a información pública dito proxecto, durante o período regulamentario, en virtude de edito publicado no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do concello de Barro e en varios xornais da localidade, á vista do informe emitido polo enxeñeiro técnico Xefe da Zona Norte, e co fin de dar continuidade ó expediente expropiatorio iniciado no seu día pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A resolución das alegacións presentadas ó citado proxecto por D. José Luis Prado Mera, propietario das fincas nº 8 e 8-a e por D. Rosendo Rodríguez Fernández, propietario da finca nº 1, en base ó informe emitido polo enxeñeiro técnico da zona, segundo o seguinte detalle: a)Desestimar as alegacións presentadas por D. José Luis Prado Mera xa que, efectuadas as comprobacións oportunas en relación á finca nº 8-a, a fosa séptica e o pozo de auga non quedan afectados pola expropiación. En canto ó acceso á bodega e os posibles prexuízos que, segundo o interesado, se poden orixinar no seu negocio a consecuencia da expropiación, de comprobarse oportunamente teranse en conta na fase procedimental oportuna, a saber, na peza separada de xustiprezo. Desestimar as alegacións que cuestionan o ancho da calzada xa que co proxecto de referencia se intentan mellorar os anchos primitivos de plataforma e desa forma incrementar notablemente a seguridade dos peóns. A maiores, o feito de terse mellorado os primeiros tramos da citada estrada implica un aumento de velocidade na circulación duns vehículos cuxos condutores, ó encontrarse co deficiente trazado dos tramos que quedan por mellorar, poñen en perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns. En canto á finca nº 8 cabe sinalar que a posibilidade de alcanzar o mutuo acordo ó que fai referencia o interesado pódese dar en calquera fase do procedimento expropiatorio; mentres tanto, e como non podía ser doutra forma, non se procederá á ocupación da finca sen cumprir os requisitos legalmente establecidos. b)Desestimar as alegacións presentadas por D. Rosendo Rodríguez Fernández xa que, sen prexuízo de que as negociacións entabladas entre Administración e o interesado para alcanzar un mutuo acordo cheguen a bo termo, a construción do muro de contención solicitada polo expropiado, a cargo da Deputación, non se contempla no proxecto de referencia. 2. A aprobación definitiva do proxecto "Terminación da EP 0506 Curro- Portela (Barro)", que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 299.105,17 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 249.349,93 euros e capítulo de expropiacións por importe de 49.755,24 euros. Como queira que a adxudicación do citado proxecto está pendente de obter a declaración, por parte da Xunta de Galicia, da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación de referencia, modifícase o financiamento do orzamento de contrata no sentido de que se fará con cargo ó orzamento de 2007. 3. A declaración da necesaria ocupación dos bens afectados en base ó informe emitido polo enxeñeiro de zona no que sinala que "O proxecto Terminación EP 0506 Curro-Portela (Barro) ten por obxecto rematar o ensanche e acondicionamento do pavimento da citada estrada coa finalidade de mellorar un dos viais de maior transcendencia dentro da rede provincial xa que comunica a estrada autonómica Pontevedra-Vilagarcía coa estrada nacional 550 Pontevedra-Santiago. Trátase ademais dun vial que soporta unha grande densidade de tráfico, por un lado porque no seu comezo enlaza coa vía de alta capacidade do Salnés e por outro, porque atravesado pola autoestrada, permite acceder á estación de A Portela, estación que se revitalizará nun futuro próximo co paso do tren de alta velocidade. Conscientes da importancia da estrada, esta mellorouse na maior parte do seu trazado gracias á colaboración desinteresada duns veciños que cederon o terreo necesario para a execución das obras. Como queira que para a eficaz conclusión dos traballos iniciados se fai necesario actuar nunha serie de tramos cuxa lonxitude total alcanza 956 metros, redactouse o presente proxecto, cuxa urxencia se xustifica, porque ó tratarse dunha zona altamente poboada se fai imperiosa a necesidade de mellorar os anchos primitivos e desa forma incrementar notablemente a seguridade dos peóns. A maiores, o feito de haberse mellorado os primeiros tramos da citada estrada implica un aumento de velocidade na circulación duns vehículos cuxos condutores, ó encontrarse co deficiente trazado dos tramos que quedan por mellorar, poñen en perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns". 4. A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o seguinte detalle: Nº FINCA PROPIETARIO BENS AFECTADOS 1 Rosendo Rodríguez FernándezEstación de Portela, nº 1Portela36692 Barro 294,72 m2 superficie total ocupada; 51 ml bloque formigón; 16 uds. columnas con bloques formigón; 16 uds. brazos h. viña; 127,50 m2 aramado viña; 1 ud. traslado pórtico; 51 m2 tela metálica 2 José Pintos RuibalEstación de Portela, nº 9Portela36692 Barro 75,250 m2 superficie total ocupada 3 Benigno Caneda PazPorriña, nº 7Portela36692 Barro 55,310 m2 superficie total ocupada 4 Hros. De Manuel Barros 145,12 m2 superficie total ocupada 5 Manuel Veiga FerreiroEstación de Portela, nº 5Portela36692 Barro 135,00 m2 superficie total ocupada; 123,00 uds. demolición beirarrúa en lousas pedra 6 Manuel Barreiro TouriñoEstación de Portela, nº 49Portela36692 Barro 22,100 m2 superficie total ocupada 7 José Bermúdez IglesiasEstación de Portela, nº 31Portela36692 Barro 53,030 m2 superficie total ocupada; 52,00 m2 pastas pedra seguidas; 6,00 uds. postes pedra; 26,00 m2 tela metálica; 1,00 uds. plantas ornamentais tupido; 26,00 ml tela metálica; 2,00 uds. columna pedra; 138,00 m2 demolición e construción beirarrúa en formigón e pedra 88 A José Luis Prado Mera.Estación de Portela, nº 37Portela36692 Barro 46,120 m2 superficie total ocupada; 2 uds. encabezados viña; 56,330 m2 superficie total ocupada; 39,300 uds. traslado peche 9 José Bermúdez IglesiasEstación de Portela, nº 31Portela36692 Barro 36,692 m2 superficie total ocupada 10 Celso Fernández VázquezEstación de Portela, nº 56 APortela36692 Barro 31,270 m2 superficie total ocupada; 36,00 ml zapata formigón; 36,00 ml perpiaño; 12 uds. columnas pedra; 3 uds. postes pedra; 36,00 ml varanda metálica; 1,00 ud. portal metálico-traslado; 1,00 ud. portal-traslado; 1 ud. cancelo-traslado; 12,00 uds. plantas ornamentais, 18,00 m2 viña aramado 11 José Sartal GonzálezFonte de Curro, nº 110CurroBarro 179,010 m2 superficie total ocupada 12 Manuel Varela RomeroFonte de Curro, nº 110CurroBarro 66,700 m2 superficie total ocupada 13 Manuel Varela RomeroFonte de Curro, nº 110CurroBarro 87,800 m2 superficie total ocupada 14 Carmen Sartal Maquieira 74,480 m2 superficie total ocupada; 15,00 uds. Pé viña 15 Antonio Sabarís CarballoBretoña, nº 56CurroBarro 50,740 m2 superficie total ocupada 16 Constante Varela IglesiasFonte de Curro, nº 84Curro36692 Barro 147,900 m2 superficie total ocupada 17 Concepción Alvarez e irmás 67,140 m2 superficie total ocupada 18 Descoñecido 171,00 m2 superficie total ocupada 19 Elisa Padín Padín Fonte de Curro, nº 34CurroBarro 1,630 m2 superficie total ocupada; 1,00 ud. cancelo-traslado; 2,00 uds. columnas pedra 20 Angeles IglesiasFonte de Curro nº 36 1,63 m2 superficie total ocupada. ------ Folla: 7.5479.- ADHESIÓN DO PERSOAL DO ORGANISMO AUTÓNOMO "MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" Ó I CONVENIO COLECTIVO PARA PERSOAL LABORAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Sr. Presidente.- Punto número 7. Adhesión do persoal do organismo autónomo "Museo Provincial de Pontevedra" ó I Convenio colectivo para persoal laboral da Excma. Deputación Provincial. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co previsto na disposición transitoria terceira do I Convenio colectivo para persoal laboral desta Excma. Deputación Provincial así como artigos 17 e seguintes dos Estatutos do Organismo Autónomo Provincial "Museo de Pontevedra", en relación co artigo 90 da Lei 7/85 de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local e artigo 70.3 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, o Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por unanimidade o seguinte: PRIMEIRO: Aprobar a adhesión do Organismo Autónomo "Museo de Pontevedra" ó I Convenio colectivo para persoal laboral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra nos termos e prazos que a continuación se detallan: a) Os dereitos sociais, por vacacións, permisos e licenzas, aplicaranse desde o momento en que se adopte o acordo de adhesión, así como o réxime de xornada e horario. b) Os dereitos económicos axustaranse ó proceso de equiparación salarial que se determina no segundo apartado deste acordo. c) Os beneficios sociais rexeranse polos criterios da Deputación Provincial, e faranse efectivos ó persoal laboral fixo nos prazos que a continuación se sinalan: Ano 2007 - Anticipos 10.000,00 Euros - Préstamos sen interese 10.000,00 Euros - Axudas de estudos 7.000,00 Euros Ano 2008 - Axudas sanitarias 10.000,00 Euros - Plan de pensións 15.000,00 Euros Ano 2009 - Axuda por natalidade 600,00 Euros - Axudas a diminuídos 3.000,00 Euros - Gastos de enterro 2.000,00 Euros SEGUNDO: Aprobar os criterios de equiparación salarial do Organismo Autónomo "Museo de Pontevedra" conforme ó establecido no citado Convenio colectivo e nas bases de aplicación de retribucións, nos termos e condicións que se especifican a continuación: POSTO DE TRABALLO GRUPO NIVEL CD CE Responsa-bilidade CEEsp.Dif. Téc. Técnico Superior A 25 11,75 A1 Técnico Medio/Xestión B 23 9,75 B1 FP-II- Bacharelato/Encargado de montaxe C 21 7,75 C1 Administrativo C 22 7,75 C2 Aux. Administrativo D 18 7,75 D3 Encargado D 18 7,25 D2 Oficial D 17 6,50 D1 Subalterno E 14 6,00 E1 Operario/limpador E 13 6,00 E1 Neste sentido equipáranse os postos de traballo do organismo autónomo "Museo de Pontevedra" a postos base da Deputación Provincial de igual ou similar categoría profesional, dentro do mesmo grupo de titulación, polos conceptos, prazos e condicións que a continuación se sinalan: a) Ano 2007: -Salario base e pagas extraordinarias. -Complemento de destino inferior en dous puntos ó grao definitivo que ten asignado un posto base do mesmo grupo de titulación da Deputación Provincial, excepto para o grupo E, e encargado de Conserxería do grupo D. -Complemento específico en concepto de responsabilidade e perigosidade, penosidade ou toxicidade. -Complemento de produtividade previsto no artigo 37.3 do I Convenio colectivo. b) Ano 2008: -Incremento do complemento de destino nun punto, excepto para o grupo E, encargado de Conserxería do grupo D. -Asignación da especial dificultade técnica dentro do específico. c) Ano 2009: -Incremento do complemento de destino nun punto, excepto ó persoal clasificado no grupo E, ou encargado de Conserxería do Grupo D e Auxiliar de Gabinete Didáctico do grupo C. -Asignación do factor correctivo dentro do complemento específico. ------ Folla: 8.5480.- ADHESIÓN DO PERSOAL DO ORGANISMO AUTÓNOMO "TURISMO RÍAS BAIXAS" Ó I CONVENIO COLECTIVO PARA PERSOAL LABORAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Sr. Presidente.- Punto número 8. Adhesión do persoal do Organismo autónomo "Turismo Rías Baixas" ó I Convenio colectivo para persoal laboral da Excma. Deputación Provincial.¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co establecido na disposición transitoria terceira do I Convenio colectivo para persoal laboral desta Excma. Deputación Provincial así como artigos 16 e seguintes dos Estatutos do Organismo Autónomo Provincial "Turismo Rías Baixas", en relación cos artigos 90, da Lei 7/85 de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, artigo 70.3 do Regulamento de Organización e Funcionamento das entidades locais, o Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por unanimidade o seguinte: PRIMEIRO: Aprobar a adhesión do organismo autónomo "Turismo Rías Baixas" ó I Convenio colectivo para persoal laboral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra nos termos e prazos que a continuación se detallan: a) Os dereitos sociais, por vacacións, permisos e licenzas, aplicaranse dende o momento en que se adopte o acordo de adhesión, así como o réxime de xornada e horarios. b) Os dereitos económicos axustaranse ó proceso de equiparación salarial que se determina no segundo apartado deste acordo. c) Os beneficios sociais rexeranse polos criterios da Deputación Provincial, e faranse efectivos ó persoal laboral fixo nos prazos que a continuación se sinalan: Ano 2007 - Anticipos 4.000,00 Euros - Préstamos sen interese 4.000,00 Euros - Axudas de estudos 2.000,00 Euros Ano 2008 - Axudas sanitarias 3.000,00 Euros - Plan de pensións 3.000,00 Euros Ano 2009 - Axuda por natalidade 1.000,00 Euros - Axudas a diminuídos 1.000,00 Euros - Gastos de enterro 1.000,00 Euros SEGUNDO: Aprobar os criterios de equiparación salarial do organismo autónomo "Turismo Rías Baixas" conforme ó establecido no citado convenio colectivo e nas bases de aplicación de retribucións, nos termos e condicións que se especifican a continuación: POSTO DE TRABALLO GRUPO NIVEL CD CE Responsa-bilidade CEEsp.Dif. Téc. Técnico Superior A 25 11,75 A1 Diplomado/Técnico Medio/Xestión B 23 9,75 B1 FP-II-Bacharelato C 20 7,75 C1 Administrativo C 20 7,75 C1 Aux. Administrativo D 18 7,75 D3 Oficial E 17 6,50 D1 Subalterno E 14 6,00 E1 Operario/limpador E 13 6,00 E1 Neste sentido, equipáranse os postos de traballo do organismo autónomo "Turismo Rías Baixas" a postos base da Deputación Provincial de igual ou similar categoría profesional, dentro do mesmo grupo de titulación, polos conceptos, prazos e condicións que a continuación se sinalan: a) Ano 2007: -Salario base e pagas extraordinarias. -Complemento de destino inferior en dous puntos ó grao definitivo que ten asignado un posto base do mesmo grupo de titulación da Deputación Provincial. -Complemento específico en concepto de responsabilidade. -Complemento de produtividade do artigo 37.3 do convenio colectivo da Deputación. b) Ano 2008: -Incremento do complemento de destino nun punto. -Asignación da especial dificultade técnica dentro do específico. c) Ano 2009: -Incremento do complemento de destino nun punto. -Asignación do factor correctivo dentro do complemento específico. ------ Folla: 9.5481.- ADHESIÓN DO PERSOAL DO ORGANISMO AUTÓNOMO "ESCOLA DE CANTEIROS" Ó I CONVENIO COLECTIVO PARA PERSOAL LABORAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Sr. Presidente.- Punto número 9. Adhesión do persoal do Organismo autónomo "Escola de Canteiros" tamén ó I Convenio colectivo para persoal laboral da Excma. Deputación Provincial. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co establecido na disposición transitoria terceira do I Convenio colectivo para persoal laboral desta Excma. Deputación Provincial así como artigos 16 e seguintes dos Estatutos do Organismo Autónomo Provincial "Escola de Canteiros", en relación cos artigos 90, da Lei 7/85 de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, artigo 70.3 do Regulamento de Organización e Funcionamento das entidades locais, o Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por unanimidade o seguinte: PRIMEIRO: Aprobar a adhesión do organismo autónomo "Escola de Canteiros" ó I Convenio colectivo para persoal laboral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra nos termos e prazos que a continuación se detallan: a) Os dereitos sociais, por vacacións, permisos e licenzas, disfrutaranse de maneira proporcional en función do tempo traballado e dende o momento en que adopte o acordo de adhesión así como o réxime de xornada e horarios. b) Os dereitos económicos axustaranse ó proceso de equiparación salarial que se determina no segundo apartado deste acordo. c) Os beneficios sociais rexeranse polos criterios da Deputación Provincial, e faranse efectivos ó persoal laboral fixo nos prazos que a continuación se sinalan: Ano 2007 - Anticipos 4.000,00 Euros - Préstamos sen interese 4.000,00 Euros - Axudas de estudos 3.000,00 Euros Ano 2008 - Axudas sanitarias 3.000,00 Euros - Plan de pensións 5.000,00 Euros Ano 2009 - Axuda por natalidade 600,00 Euros - Axudas a diminuídos 1.000,00 Euros - Gastos de enterro 1.000,00 Euros SEGUNDO: Aprobar os criterios de equiparación salarial do organismo autónomo "Escola de Canteiros" conforme ó establecido no citado convenio colectivo e nas bases de aplicación de retribucións, nos termos e condicións que se especifican a continuación: POSTO DE TRABALLO NIVEL CD CEDedic. CE Responsa-bilidade CEEsp.Dif. Téc. CEPPT Técnico Superior 25 - 11,75 A1 - Adxunto 24 24 11,25 B4 4 Profesor 23 - 10,50 B2 4 Aux. Administrativo 18 - 7,75 D3 - Oficial 17 - 6,50 D1 4 Operario/limpa-dor 13 13 6,00 E1 4 Neste sentido no ano 2007, equipararanse os postos de traballo do organismo autónomo "Escola de Canteiros" a postos da Deputación Provincial de igual ou similar categoría profesional, polos seguintes conceptos: -Salario base e pagas extraordinarias. -Complemento de destino e complemento específico. ------ Folla: 10.5482.- MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DO ORGANISMO AUTÓNOMO "MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" Sr. Presidente.- Punto número 10. Modificación dos Estatutos do Organismo autónomo "Museo Provincial de Pontevedra". Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, gracias Sr. Presidente. En primeiro lugar, o mércores pasado que houbo Consello Rector, foi absolutamente imposible asistir, polo cal pido desculpas, pero eso non quita que non estea o tema estudado e demais. Hai aproximadamente un ano modificáronse os Estatutos do Museo Provincial, contaron co noso apoio, non sei se recordan, porque entendíamos que abría unha vía para modernizar, actualizar a xestión do Museo. Naquel momento pois se redactaron os Estatutos que dixeron, sostiveron, que foi a argumentación de fondo, que eu creo que nin facía falta pero foi a que vostedes defenderon, de que ía ser todos os organismos cos mesmos estatutos, coa mesma horma de estatutos, e polo tanto pois aprobalos e manter unha certa estabilidade, independentemente que no futuro houbera que axustar algún. Non transcorrido un ano aínda practicamente sen votar a andar todo o funcionamento dos estatutos, hai uns meses, pois nos topamos agora con esta modificación, modificación que se quere vender, que se quere explicar, como unha profesionalización e buscar un director de xestión absolutamente profesionalizado que se encargue da xestión administrativa e económica do Museo, cuestión que incluso se podería, así, dito así se podería entender que, bueno, se quen está xestionando o Museo entende que é necesario ese posto pois se pode, pero unha vez visto, unha vez visto con calma e unha vez sabido cales son os motivos de fondo evidentemente non hai nada desto, por desgracia non hai nada, absolutamente nada de esto. E, ¿por que digo esto?, porque teoricamente no organigrama que vostedes queren crear, o director do Museo é un posto de libre designación, como é lóxico, entre funcionarios, etc., etc., que cumpran esas condicións, e polo tanto ten unha maneira de designarse pois clara, clara no sentido de que é equiparable a calquera xefatura de servizo ou similares desta casa. E despois chega que teoricamente sería un colaborador del, ou, si porque bicefalias así estrañas está demostrado que non funcionan, e un director de xestión que resulta que é persoal de confianza. En todo caso, tería que ser ó revés, en todo caso, ou sexa que é evidente que a finalidade é outra, buscaron vostedes, queren ter unha persoa da súa absoluta confianza colocada aí que lle serva de comisario político, e toparon ese posto, inventaron ese como puideron inventar outro, e nin máis nin menos que creo que está nos estatutos, ou sexa nos estatutos queda santificada esta maneira de provisión de prazas, o cal parece absolutamente disparatado e repito a intención é totalmente diferente ó que se pretendeu dicir. Polo tanto, recoñecendo claramente a súa, a responsabilidade do goberno de turno en xestionar todos os órganos e polo tanto dotar, facer propostas para dotar de persoal, neste caso, neste caso esto non cheira ben, ou sexa non, non, nin polo tempo, acabamos de modificar os estatutos, e o que non era necesidade hai un ano, que sexa hoxe non se ve por ningún lado, e nin pola forma que resulta que o goberno dunha maneira absolutamente dedocrática, sen ningún tipo de concurso ou selección aínda que sexa por libre designación, vai a colocar un director de xestión no Museo que non cremos que sexa ningunha fórmula coherente, o que vai é crear máis problemas dos que vai resolver. Polo tanto esta maneira de modificar os estatutos ou de supostamente profesionalizar a xestión non a vamos a avalar de ningunha maneira, polo tanto vamos a votar en contra, e lle pediríamos que o pensara, pediríamos que o retiraran e o pensara, unha institución coma o Museo nin pode estar anquilosada durante anos e anos e anos e anos e anos, corenta anos coa mesma estrutura, sen modificar nada, nin se pode cambiar todos os días e facer experimentos coma este, que son experimentos con gaseosa, que o resultado creo que calquera entenderá que o resultado non vai a ser bo, non vai a ser bo. Se teñen algún problema de xestión no Museo atáqueno doutra maneira, pero non vía modificación de estatutos, deixando santificado que calquera cambio volvería a ser outra modificación cun experimento que non é de recibo, é que á parte eu creo que debe de ser unha fórmula que non existe en ningún lado e se existe témome pouca, pouco e tal, pode si existir que o director, que o director sexa, que o director, que o director sexa un cargo de confianza, creo que tampouco existe en ningún Museo, polo menos na práctica, creo que igual está como tal no organigrama pero despois na práctica non existe, pero dende logo meter nesta forma, desta maneira, nunha institución coma o Museo de Pontevedra nós non o avalamos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. Juan Manuel Rey. Sr. Rey Rey.- Si, bos días. Eu si que asistín á comisión do outro día e vou a reiterar punto por punto a miña intervención do outro día, tamén naquela ocasión xa había acuñado a expresión de comisario político, polo tanto agrádame, agrádame coincidir tamén cos membros da oposición, porque efectivamente a lectura é inmediata. Se a situación fose tan clara nós tampouco vemos ningún motivo por que nos outros organismos autónomos non existe unha figura semellante e dado que se trae para o Museo por que non se trae para o resto e se uniformizan un pouco tamén os estatutos que era o argumento que se utilizara no seu día, nalgúns casos chamáselle administrador e noutros casos nin eso. Tamén a resultas da intervención do director, o outro día, do Museo, e a preguntas miñas, técnicos desta casa comentaban que a xestión ata día de hoxe do Museo rozaba a perfección. Bueno, pois se rozaba a perfección e as demandas do director ían noutra dirección, entendemos que é o que hai que respaldar, non, porque se algunha institución ten prestixio nesta casa é o Museo, eso parece que está fóra de toda dúbida, a xestión e a evolución do Museo tanto a día de hoxe como nas previsións futuras, polo menos dende o punto de vista cultural están entre os primeiros de España. E a impresión que un saca dende aquí é que por algunhas razóns ó mellor non publicables, trátase de menoscabar a figura do Director, a figura do Sr. Valle que sen dúbida leva feito bastante polo Museo. Estas razóns, e redundando as que utilizou o interveniente anterior son as que nos levan a decantarnos polo voto en contra. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Juan Manuel Rey. Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, bos días Sr. Presidente, Sras. e Sres. Deputados. Ben, efectivamente esto xa tivemos un debate previo como corresponde regulamentariamente no consello rector, e nós o que queremos traer aquí é contextualizar esta modificación que vamos a introducir, e facelo no que é o proceso de adaptación dunha banda e tamén de modernización do funcionamento do Museo de Pontevedra, tamén por suposto tendo en conta os retos que plantexa a próxima entrada a partir da vindeira primavera da ampliación, cunha institución museística, que quero recalcar pasará de ter dez mil a vinte mil metros cadrados, sendo en dimensión e dentro da súa categoría a terceira de España. En consecuencia, logo da modificación estatutaria que se fixo o ano pasado e quero lembrar que era unha cuestión que se facía por imperativo legal, para adaptación ó que eran os preceptos da Lei de grandes cidades e do goberno local, loxicamente vén despois froito desa necesidade de ir adaptando a estrutura e o funcionamento do Museo a ese reto e loxicamente a profesionalizalo sempre dende a perspectiva que manteremos e mantendremos do bo funcionamento do Museo, da absoluta confianza e do recoñecemento do prestixio do seu director e por ende de todo o equipo do Museo, damos un paso máis nesa liña, nesa liña de profesionalización, nesa liña de modernización da estrutura administrativa do Museo, que posiblemente, posiblemente non será a última, senón que loxicamente na sucesiva ou paulatina ampliación do mesmo pode ser que requira outros axustes, pero sempre nesa liña de modernización. Eu, por outra parte quixera tamén lembrarlles aquí a ámbolos dous intervenientes que non estamos descubrindo nada novo a nivel de estrutura nin nada que sexa inusual, posto que aquí mesmo na Deputación, sinto que ignoren ese extremo calquera dos dous, o Príncipe Felipe ten unha directora e ten unha directora de xestión. E, fóra da Deputación, unha institución museística coma o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo ten tamén unha estrutura directiva na cúspide similar. Eu sinto que se descoñeza por parte dos dous intervenientes. En todo caso, efectivamente, como ben nos apuntan é feito por algún de vostedes. En todo caso, en todo caso, o que ten ben claro este grupo de goberno, é que dentro do prestixio xustamente gañado durante décadas do Museo de Pontevedra, da Deputación, loxicamente non podemos quedarnos anquilosados e non podemos prever retos do que pode ser o funcionamento desta institución nos vindeiros anos. E, Sr. Mosquera, mire, hai políticos que emplean a demagoxia dun xeito sutil, vostede aínda con ese tono así caladiño que emprega, a demagoxia súa ás veces é un pouco de garrafa. Mire, vostede como fala de cargos de libre designación, dunha serie de cuestións, de comisarios políticos, cando ten no seu concello cinco directores xerais que así dun plumazo nomeou e pasou por enriba de técnicos, de arquitectos, de xuristas, etc., etc. E eso, ¿que pasa?, que vale, para xogar na casa vale un sistema e para xogar fóra vale outro. Eu creo que cando se fan este tipo de plantexamentos ó que vostede está permanentemente aboado no Pleno desta Institución, debería pensar un pouquiño no exemplo que proxecta vostede e o resto dos seus compañeiros dende a súa mesma casa, porque dende logo a súa intervención se tiña algunha credibilidade queda valeira da mesma con este tipo de plantexamentos, con querer pedir que se faga aquí o que vostede no día a día durante anos non fai no concello de Pontevedra e que é público e notorio. No caso do Deputado Sr. Rey, que falaba que dende o grupo de goberno se pretende menoscabar a figura do director do Museo, do Sr. D. Xosé Carlos Valle Pérez, unha persoa cunha traxectoria absolutamente encomiable, ó contrario, o que pretendemos con esa nova etapa que se vai abrir no Museo é que o Sr. Valle Pérez poida aínda dedicarse máis e mellor ós aspectos de técnica de museoloxía e museística e que esa parte que é a xestión económica, presupostaría e de recursos humanos, o poida facer outra persoa pero ó mesmo tempo que a figura do director do Museo dende a perspectiva que lles estou falando se vexa liberada dunha serie de cuestións e se poida centrar ante eses novos retos no lugar que lle pertence. Home, non vamos a entrar xa en cuestións que se algúns, pois agora resulta que hai consorcios na Xunta de Galicia, que se trata de colocar a algún exalcalde e entón, bueno, non vamos a entrar nesa temática, o que si, o que si queremos é que por parte de vostedes e cando toquemos temas deste tipo, como é o futuro do Museo de Pontevedra, a modificación de estatutos, teñan se lles é posible, bueno, pois en conta, eu creo que son cuestións que debían estar fóra do debate político, que debían deixar, nunca se debían converter en armas arroxadizas e eu dende logo, me vou a resistir neste punto e neste debate Sr. Mosquera, a comentar pois ó mellor opinións ou plantexamentos que vostede tivo sempre sobre a xestión do Museo e que agora porque o seu interese e a súa dialéctica neste punto concreto lle obriga, pois o obvia e resulta que enaltece o que antes pois ó mellor dalgún xeito menosprezaba. Máis nada Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias por esa ampla aclaración Sr. D. José Juan Durán. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Mire, eu, non hai peor xordo que o que non quere oír e cando un non pode, digamos, defender o que está facendo pois sae terxiversando polos cerros de Úbeda, ¿non?. A min me parece que, eu non sei se leron os estatutos, verdade, me pon vostede o exemplo, si, si, está claro que os leron, pero o que non dá explicado é por que o puxeron, está claro que os fixeron, pero, por eso llo digo, non sei se os leron. Está claro que en Príncipe Felipe hai unha directora que é, si pero hai unha directora que é un cargo de confianza, ¿verdade?, pero é a directora, é a directora, non é o auxiliar do director. ¿Por que aquí, por que aquí?. Aquí chega e me poñen, "director, será nomeado entre os funcionarios de habilitación etc., etc.", e nin máis nin menos que foi nuns estatutos, nuns estatutos, director de xestión, que terá ou será designado "conforme ó réxime laboral especial de altos cargos". En todo caso sería ó revés, o que non dá é explicado por que así, xa o dixen antes, xa o dixen antes Sr. Durán, o que non dan explicado é por que así, é dicir, que un organismo autónomo, o director sexa de confianza do goberno de turno é admisible, é admisible. Agora o que non vai a funcionar, o que non vai a funcionar, é que non sei se me está entendendo, claro, non quere escoitalo, o que non vai a funcionar é que o director sexa, digamos, profesional e despois lle poñan debaixo un comisario político, porque teoricamente está debaixo pero na práctica será o que teña o bastón de mando porque é da confianza do goberno, eso é un disparate e moito máis recollelo nos estatutos, moito máis recollelo nos estatutos. Eso é un disparate, eso non hai por onde collelo que era o que estabamos recibindo. E con respecto ó outro Sr. Durán, non quero avanzar o debate posterior, só lle quero dicir, só lle quero dicir que os altos cargos eses que hai nesta Deputación, custan infinitamente máis dos do concello de Pontevedra e o concello de Pontevedra son funcionarios, son catro que non son cinco, e son funcionarios que custan moito menos, moito menos que o que custa aquí, pero eso xa o, se quere xa o discutimos despois, porque con respecto a esto se fai excesiva demagoxia, hai que escoitar, hai que ter o valor por exemplo de escoitar a sectores seus dicindo que o Alcalde de Pontevedra cobra moito cando cobra vintedous mil euros menos que o Presidente da Deputación, e sete mil menos que vostede. Hai que ter valor, ou dicir que os directores cando non chegan ós cincuenta mil euros cando aquí calquera cargo de confianza pasa dos cincuenta e cinco. E alí son funcionarios, non hai ningún que teña carné, se hai algún que teña carné é do seu partido, do PP, son absolutamente profesionais e cobran bastante menos que aquí, é unha maneira de carreira profesional, hai que ter valor para soltar eso, hai que ter valor, hai que ter valor. E vostede métese nese patacal, mire, centrémonos no asunto, centrémonos no asunto, e o asunto é que vostedes van a poñer un cargo de confianza do goberno a controlar o Museo dende o posto que non lle corresponde, en todo caso o control do Museo faise por arriba e non polo lado, non polo lado. E esto funciona mal, esto é unha fórmula que funciona mal, vostede pon un exemplo no que hai, si, pero non é a maneira de funcionar e de provisión, non é eso, agora se non teñen argumentos para defender o seu aquí e o que queren é exercer de oposición en Pontevedra, xa saben, que os escoite tal ou lea e sega por aí pero esto é indefendible, vostede o sabe, por eso sae por outro lado, por eso sae por outro lado. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. D. Juan Manuel Rey. Sr. Rey Rey.- Si, mire unha cousa Sr. Durán, a figura do Sr. Valle que vostede agora trata un pouquiño de defender, foi precisamente o Sr. Valle o que se sentiu ofendido o outro día na comisión, eu asistín, eu asistín a esa comisión e a teor do que el alí expuxo pois daba a sensación de que se sentiu francamente mal ata o punto a que a instancias e iniciativa del tivéronse que modificar e quedar moi clariño cales ían a ser os cometidos, as funcións, do novo posto de traballo e que houbo unha pelexa e un debate profundo sobre a denominación, eso terá que estar recollido na acta do outro día, esto foi tal cual, en fin paréceme ben que publicamente defenda a figura do Sr. Valle pero el, el, en calquera caso o outro día non se sentiu defendido máis ben todo o contrario, sentiuse todo atacado e sentiuse pois que se lle segaba a herba baixo os pés, despois dunha longa traxectoria de defensa dos intereses do Museo como parece que todos recoñecemos. Esta é a situación real. Tamén ... do debate do outro día na Comisión, pois vostede agora comparaba co Marco de Vigo e dicía que o Museo de Pontevedra é o terceiro de España, o cal é certo, pero comparar o terceiro de España con outro que está obviamente noutra posición distinta é un debate un pouco ridículo porque os dous primeiros non teñen esa figura, e tamén insisto a teor do que se comentaba o outro día, ningún dos grandes, ou moi poucos, pero parece ser que se confirmaba alí, que ningún dos grandes museos tiñan esa figura como director. Por outra parte falaba vostede ó principio, trataba de argumentar que esto era modernización do Museo, bueno, pois se é modernización do Museo modernicemos tamén o ORAL, Príncipe Felipe, os outros organismos autónomos, algúns pois con tanto calado técnico e político coma o propio Museo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Juan Manuel Rey. Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Si que é, Sr. Presidente, si que é modernización do Museo. Mire, hai un ano exactamente na súa intervención o Sr. Mosquera falaba de que saudaba e se felicitaba de que despois de cincuenta anos se actualizaran os estatutos do Museo que se fixeron, que se aproveitou a circunstancia esa para facelo. O que pasa é que claro agora a dinámica política leva a que vostedes teñan que manter esa postura que están mantendo que en realidade poderían manter se lles interesara politicamente a radicalmente contraria porque vostedes, bueno, están na dinámica que están, eso é evidente. Mire, os estatutos do Marco os fixeron vostedes, o fixeron co seu partido e os seus socios na Xunta de Galicia, fixeron os estatutos do Marco de Vigo, e entón bueno, esta estrutura de xestión á que vamos no Museo de Pontevedra, esta estrutura directiva haina no Reina Sofía e haina no Museo do Prado tamén, eso está funcionando así e é normal. E o director do Museo de Pontevedra o sabe perfectamente porque participou evidentemente no proceso de perfilar esta figura que hoxe temos. Que vostede quere facerse forte no tema da terminoloxía, bueno, pois é unha cuestión en canto a terminoloxía non en canto a contidos, que bueno, está ben que o esgrima así porque loxicamente hai que utilizar os argumentos que cada un quere, pero o que si é certo é que nós o estamos facendo precisamente porque cremos que é bo para o Museo e cremos que é na liña na que hai que seguir. E dende logo reitero sen ningún tipo de menoscabo á xente que está agora alí. E dende logo Sr. Mosquera eu creo que non é prudente e vostede no seguinte punto vai a ter cumprida resposta, creo que non é prudente que empece vostede a falar xa agora de cuestións como salarios, soldos e comparativas, porque ó mellor, ó mellor, dentro dun rato, bueno, pois escoitamos aspectos comparativos de funcionamentos en institucións, de salarios e cousas desas. Eu creo que é un terreo moi resbaladizo, moi resbaladizo, pero bueno, vostede tamén é unha persoa que lle gusta o risco político e nos debates e entón bueno, pois dentro dun rato teremos oportunidade de falar de todas esas cuestións. O que si resulta lamentable e é a segunda vez que o empregan nas súas intervencións, é tratar xa de desprestixiar unha decisión que está plantexada en aras da modernización e da mellora do funcionamento do Museo cara os retos que ten plantexados, empezar xa a chamar comisario político. Non, mire, comisarios políticos está plagada a actual Xunta de Galicia, os gabinetes dos conselleiros están plagados de comisarios políticos, senón estiveran plagados de comisarios políticos non habería os niveis de incompetencia que teñen vostedes con todos estes problemas, que está habendo con motivos de incendios, ríadas e todo esto, á parte que algún pensemos que algún gafe dos gordos hai na Xunta de Galicia, pero bueno eso xa digo nun tono menor se mo permite, pero non falen vostedes nunca de comisarios políticos porque é do tipo de acusación que se lles volve enseguida contra vostedes no que é a realidade. Eu o que me gustaría é que xa que teñen tan claro e xa anunciaron os seus votos en contra, que lle deran tempo ó tempo, que o que estamos tratando é loxicamente de impulsar, seguir impulsando a transformación do Museo de Pontevedra, pero non só, tamén se irá vendo nos próximos meses dende o punto de vista da súa estrutura de funcionamento interno, do que é o seu organigrama, senón tamén de con esas novas instalacións abrilo moitísimo máis á sociedade, e eso esixe uns esforzos certamente grandes dende o punto de vista dos perfís das persoas que alí traballen, sempre, sempre dende a perspectiva da figura que falabamos antes, do director do Museo, cuestión, figura, cargo que é absolutamente fundamental, foi e será no funcionamento do propio Museo. Pero evidentemente o Museo de Pontevedra do século XXI non é o da súa, no momento da súa fundación, hai 78 ou 77 anos, nin será por suposto de hai 50, e eso, ante eso, hai que preparar as cuestións e seguir traballando nesa liña dende o grupo de goberno, se vai estar e vamos a seguir facendo propostas e o que pediríamos, o que pediríamos Sr. Rey, é que cando se debatan cuestións nun consello rector ou noutros lugares, se faga por suposto as intervencións que se considere, que son todas moi lexítimas, pero tendo en conta a historia, o prestixio dunha institución senlleira coma o Museo, se actúe cun pouco de lealdade institucional e non se poñan en cuestión, non se fagan este tipo de intervencións, con esas denominacións ou digamos tratando de sembrar permanentemente dúbidas sobre as cousas que se fan porque eso verdadeiramente non nos leva moi lonxe. Máis nada. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Juan Durán. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, só unha cousa, parece que á parte desas ameazas sobre non sei que pragas bíblicas e parece que hai unha intervención un pouquiño máis prudente por parte do portavoz do PP. Eu o único que quero dicir é que sorprendentemente, sorprendentemente, senón tiveran vostedes uns designios acordados non se sabe onde, seguirían o procedemento que se seguiu para outras modificacións dos estatutos e cousas deste tipo que era falalo antes e ver que opinión e demais. O problema é que non é eso, non é eso, esa é a desgracia, porque como organizar e ter o apoio da oposición en como organizar, xa o dixen antes, é que lle corresponde ó goberno que é quen ten máis información e ten a responsabilidade de impulsalo. Ter o apoio da oposición pasa por, senón hai nada que ocultar, pero creo que neste caso si o hai, ese é o problema. ¿Por que non o fixeron?, porque non nos chamaron, se cadra podíamos chegar a un acordo, investindo o tipo de designación por exemplo igual podíamos chegar a un acordo se se xustifica, co cal as competencias, non foi así, ..., esto vai adiante porque nós o dicimos, ¿por que?, ¡ah!, pero, ¡ah!, está claro que non foi así Sr. Durán, e bueno, eu pediríalle que o retirara, creo que esto non debe dar lugar a debates deste tipo, estou de acordo con vostede que este debate non é bo para o Museo, estou de acordo con vostede, pero o meteron vostedes con calzador e sen falalo antes. ¿Que présa hai?, ¿que urxencia hai?, para levalo a un consello rector o mércores, ten que ir a Pleno, ten que ir a Pleno, e veña, nin falalo. ¿Que urxencia hai?, ¿onde está elaborada a proposta, sabendo todos os resultados, o sistema de promoción, o sistema de tal, ¿que urxencia hai?, señores do PP, ¿que urxencia hai?, retíreno, retíreno, non temos ningún problema en chegar a un acordo incluso sobre esto. Non hai ningún problema, saben que non tivemos problema cos estatutos, non tivemos problemas con outras cousas, outras cousas e despois como fan vostedes a partir de que nós lle demos incluso o apoio, como fan as cousas, eso xa é picar outra faneca, pero retíreno e se fala esto, porque esto vai a seguir dando voltas, vai a seguir dando voltas e non vai a ser bo para a institución, non vai ser bo, entón retíreno, fixérono cando foi dos estatutos, había moitas resistencias pola ... do Museo, levaron non sei cantos consellos daquela e ó final logrouse que fora sen, que non fora de maneira traumática, que non fora traumática, vostedes saben que esto vai ser traumático, sábeno e por aprobalo hoxe aquí e tirar para adiante, e xa estar aprobado e o que quixemos non vai ser menos, ó contrario, ó contrario, entón retíreno que foi o que eu pedín antes e se fala con calma, e non pasa nada, agora é sorprendente que o mércores pasado vén, non sei que, sen tan sequera unha chamada, esa famosa xunta de portavoces que ía a falar, bueno todas as cousas que ía haber nesta Deputación que ó final non houbo nada, pois fálase como se teñen falado outros asuntos deste tipo, porque hai cuestións institucionais que están por encima deste debate, ou deberían, o debate metérono vostedes non nós, e se vostedes o retiran e o falamos, retiramos todo o dito e nos poñemos a comentar como sacar eso co compromiso da mellor vontade de poder chegar a un acordo. Téñano por seguro como temos chegado noutras cousas deste tipo institucionais, de arquitectura dun organismo, e ademais como temos chegado, e experiencia hai de sobra e entón se queren pois o retiran e senón pois mire esto así, á parte nos estatutos, o sistema de provisión nos estatutos, ou sexa que interese teñen, amarrar que estea aí, que ten que ser ese director, ten que ser de cargo de confianza, pero ¿que interés teñen?, pero non hai por que, non hai por que nin moito menos, non hai por que, retiren o punto e falando e seguramente cheguemos a un acordo, eu nunca vin as cousas tan difíciles salvo que vostedes teñen un interese especial en a, con información que nós non temos, pero claro, non vamos a ... o que se toma a decisión con información que non se dá ou con intencións que non sabemos. Evidentemente eso non espere que vaia a ser así, eso sería imposible. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. D. Juan Manuel Rey. Sr. Rey Rey.- Si, non tiña pensado intervir xa, dábao por rematado porque eu a miña posición a había manifestado e queda absolutamente clara. Somentes que a última alusión do Deputado Sr. Durán á lealdade é a que me fai intervir. Eu non somentes interveño no patronato do Museo senón tamén no da Escola de Canteiros e podíalle traer un ringleira de intervencións e de actuacións miñas que acreditan a lealdade de abondo. Nin nun caso nin noutro fixen nunca del unha cuestión política porque entendo que son dúas institucións que razoablemente funcionan e que tocalas non era doado. Pero, non sei cal é falta de lealdade, a deslealdade que pode supor desvelar o contido dun patronato ou dunha comisión informativa somentes nos termos que me afectan á miña intervención porque podería chegar máis lexos, non o vou facer, non o vou facer, podería chegar máis lexos e comentar todo o que pasou, non o vou facer, pero a deslealdade sería non dar a opinión de algo que funcionando ben veremos se segue mantendo o mesmo nivel, esta é a cuestión. Se facemos esta intervención é porque nos dá a impresión e o digo agora por segunda vez porque vostede antes dixo que xa había intervido, que xa habíamos dito nas dúas ocasións o de comisario político, eu había só feito unha vez alusión ó comisario político, pero para que vostede se sinta respaldado dígoo por segunda vez, creo que se trata dun comisario político, e como o tempo fai de todos nós arrieiros e no camiño nos vamos atopar, pois en función do nomeamento e en función das funcións e en función do que acabe pasando pasado mañá saberemos quen vai ter razón, se vostedes ou nós, esto é así de sencillo. Por outra parte xa que interveño lle digo, o Sr. Valle participaría na redacción, enterar enterouse de pouco, eh, pero en función de como se defendeu, se participou neso, estaría nun grado cataléctico, porque vamos, o que defendeu era xusto o contrario do que vostede di. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Juan Manuel Rey. Sr. Durán. Sr. Durán Hermida.- Ben, xa para, na nosa intención xa para rematar. Sr. Mosquera vostede fala de falar as cousas, de comentalas, desgraciadamente vostede o outro día como ben recoñece non estivo alí, non estivo no consello rector, como tampouco ás veces desgraciadamente pode estar noutros consellos rectores, bueno esa é unha cousa que non está ó alcance do grupo de goberno. Vostede non pode estar e entón non participa, dígoo por unha banda. Por outra banda, estamos falando dunha modificación que alguén, vostede me parece que dicía de demorala, que ten que ir aparellada ó que é a aprobación destes presupostos e que é unha cuestión que se plantexou tamén na propia mesa de negociación cos sindicatos, que nós por razoable e porque xa estabamos traballando, a recollemos e a asumimos e así a plantexamos. Eu a verdade é que remataría a intervención dicíndolles que en política non vale todo e que o tema do Museo non ten porque ser unha cuestión que estea no debate político, nono ven vostedes porque a nosa intención dende logo non é esa, ó mellor pensan que levando pois o aspecto do que estamos falando ó que ten que ver co Museo pois poden entrar, poden entrar nalgún tipo de rendabilidade política pero a verdade é que non ten sentido. Nós asumimos como estamos asumindo e na maior parte dos casos, en solitario, este proceso de ampliación, de transformación do Museo e nos gustaría contar co seu apoio. Xa prexulgar que vai a pasar, vai haber inconvenientes xa é un punto máis dese ánimo de politizar as cuestións. Eu estou seguro que o Museo vai a seguir funcionando ben, vai a seguir funcionando como ata o de agora, pero se van a poder facer moitisimas máis cousas coa nova estrutura, o novo organigrama ó que vamos e esa é a intención que nos guía e ningunha outra máis. Sr. Presidente. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Durán. Bueno, eu creo que este punto está máis que falado e polo tanto, bueno, eu creo que contribuímos, como non podía ser doutro xeito, á modernización precisamente do Museo, con esa importantísima obra que está afrontando esta casa, modernizamos o seu órgano de xestión, aínda que o Sr. Mosquera podería crer que eso ía a ser difícil e así o fixemos, el pensou que non íamos a ser capaces de facelo, o fixemos, e agora pois pensamos en futuro, e para pensar en futuro ante unha nova dimensión que colle o Museo pois queremos evidentemente ter un equipo directivo que xestione da mellor maneira posible ese importantísimo, eu diría recurso cultural, que vai a ter Pontevedra e Galicia, ó mesmo tempo a partir dos próximos meses. Por eso vamos a proceder á votación deste punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Resultando: Que por acordo adoptado no Pleno da Corporación Provincial en sesión celebrada o 28 de setembro de 2005 aprobáronse os Estatutos do Organismo Autónomo Provincial Museo de Pontevedra. Resultando: Que no artigo 7 apartado b) dos Estatutos, o posto de traballo de Director configúrase como órgano de goberno e administración, asistido en todo momento polo Secretario Técnico do Museo. Resultando: Que durante o proceso de negociación da adhesión do persoal deste organismo autónomo ó I Convenio colectivo de persoal laboral desta Excma. Deputación Provincial, propúxose e valorouse a creación dun posto de Director de Xestión na relación de postos de traballo deste organismo autónomo como persoal de alta dirección, que se encargue da xestión administrativa, económica e financeira do Museo. Considerando: Que a teor do establecido no artigo 129.3 do Real Decreto Lexislativo 781/86, de 18 de abril, corresponde ós órganos da corporación local, segundo a distribución de competencias prevista na Lei 7/1985, de 2 de abril, a aprobación do cadro e relación de postos de traballo e as súas modificacións. Considerando: Que de acordo co previsto no art. 168 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a aprobación do cadro e relación de postos de traballo seguirá os mesmos trámites que a aprobación do orzamento. Considerando: Que dito posto configurouse na relación de postos de traballo do organismo autónomo "Museo de Pontevedra" como persoal de alta dirección, e debe axustarse tanto en atención á súa natureza e réxime xurídico, como no seu nomeamento e retribucións, ó réxime laboral especial de altos cargos regulado no Real Decreto 1382/1985, de 1 de agosto. En virtude das atribucións que confiren ó Pleno da Corporación Provincial o artigo 33.2.f) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigo 70.5 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, o Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aprobar a modificación dos estatutos do organismo autónomo provincial "Museo de Pontevedra" para introducir a figura do Director de Xestión, nos seguintes artigos: Artigo 8.- Composición do Consello Reitor. Apartado 3. "Asistirá tamén ás reunións, con voz e con voto, o Director e o Director de Xestión". Artigo 9.- Composición do Consello Reitor e dereitos dos seus membros. Apartado 1 h) Nomear ó Director e ó Director de Xestión. Artigo 12.- Director. 1.- O Director do organismo autónomo designarao o Consello Reitor, a proposta do Presidente da Deputación, de entre o persoal cualificado segundo o artigo 85.bis. 1.b) da Lei 7/85, funcionarios de carreira ou laborais das Administracións Públicas ou profesionais do sector privado, titulados superiores en ambos casos, e con máis de cinco anos de exercicio profesional no segundo. Deberá acreditar en calquera dos casos coñecementos suficientes en materia histórico-artística. 2.- Correspóndenlle ó Director as seguintes facultades: a) A Dirección do Museo, do que dará conta permanentemente ó Consello Reitor e ó seu Presidente. b) Cumprir os acordos e resolucións do Consello Reitor e do Presidente. c) Ordenar de maneira permanente as salas do Museo e as súas dependencias, e organizar as exposicións que se leven a efecto naquelas ou baixo a súa persoal dirección noutros lugares. d) Dirixir a revista e publicacións do Museo, o arquivo gráfico, e a catalogación de monumentos. e) Catalogar e conservar obxectos, libros e documentos, en especial os referidos á provincia, acompañar a visitantes ilustres e altas personalidades, dando conta previamente ó Presidente neste último caso. f) Xestionar a admisión de doazóns, depósitos e adquisicións por calquera título, sen prexuízo das disposicións legais nesta materia que por razón da contía ou competencia puidesen corresponder a outros órganos. g) Formar plans, supervisar as campañas de estudo, excavacións e restauracións de monumentos que se realicen na provincia coa intervención da Deputación sen prexuízo das competencias da Dirección Xeral de Patrimonio neste campo. h) Conceder autorización para fotografar ou copiar obxectos ou retiralos temporalmente do Museo para o seu estudo. i) As relacións coa Confederación Española de Centros de Estudos Locais e organismos análogos. j) Ditar actos administrativos en relación ó exer

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición