ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.874
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2007/02/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/3.2007-02-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/02/28_Ordinaria

  • Data(s) 2007-02-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de febreiro de 2007 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinte e oito de febreiro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os Sres. Deputados D. Xosé Crespo Iglesias nin D. Efrén Juanes Rodríguez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Damos comezo ó Pleno da Corporación Provincial. 1.5509.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 30 de xaneiro de 2007. Por unanimidade. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 30 de xaneiro de 2007. 2.5510.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS MULTAS DE TRÁFICO DE CAMBADOS A FAVOR DO ORAL PARA A Sr. Presidente.- Punto número 2, 3 e 4, que eu creo que son, e incluso o 5, se están de acordo os grupos da oposición en votar conxuntamente os puntos 2, 3, 4, e 5. O 2 é delegación de competencias do concello de Cambados en favor do ORAL para a xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico. Tamén do concello de Mondariz a favor do ORAL para a xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico. E o mesmo neste caso do concello de Vilagarcía de Arousa. E tamén do concello de Meis a favor do ORAL para xestión, liquidación, inspección e recadación de taxa por entrada de vehículos, e a xestión, liquidación e recadación de sancións por incumprimento das ordenanzas municipais ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), de data 26 de xaneiro de 2007, sobre aceptación da delegación do Concello de Cambados para realizar as facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental das mesmas desde o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental das mesmas desde o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio, realizou o Concello de Cambados, por acordo do Pleno de data 31 de agosto de 2006, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 “in fine”. 3.5511.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS MULTAS DE TRÁFICO DE MONDARIZ A FAVOR DO ORAL PARA A Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), de data 16 de febreiro de 2007, sobre aceptación da delegación do Concello de Mondariz para realizar as facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental das mesmas desde o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental das mesmas desde o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio, realizou o Concello de Mondariz, por acordo do Pleno de data 26 de agosto de 2006, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 “in fine”. 4.5512.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO PARA A RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DAS MULTAS DE TRÁFICO DE VILAGARCÍA DE AROUSA A FAVOR DO ORAL Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), de data 16 de febreiro de 2007, sobre aceptación da delegación do Concello de Vilagarcía de Arousa para realizar as facultades de recadación en vía executiva das multas de tráfico, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de recadación en vía executiva das multas de tráfico, realizou o Concello de Vilagarcía de Arousa, por acordo do Pleno de data 28 de decembro de 2006, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 “in fine”. 5.5513.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE MEIS A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS E A XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DE SANCIÓNS POR INCUMPRIMENTO DAS ORDENANZAS MUNICIPAIS Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), de data 16 de febreiro de 2007, sobre aceptación da delegación do Concello de Meis para realizar, entre outras, as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por entrada de vehículos e a xestión, liquidación e recadación de sancións por incumprimento da normativa ou infracción das ordenanzas municipais, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión de recursos locais, realizou o Concello de Meis, por acordo do Pleno de data 25 de setembro de 2006, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. O detalle das facultades que delega o Concello de Meis son as seguintes: A xestión, liquidación, inspección e recadación das taxas por entradas de vehículos a través de beiravías e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase e outros usos similares. E tamén outras taxas que poidan xerarse por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local. A xestión, liquidación e recadación das sancións económicas por incumprimento da normativa ou infracción das ordenanzas municipais. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 “in fine”. 6.5514.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “TERMINACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DE PAVIMENTO E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA EP 3302 TABAGÓN-ROSAL (O ROSAL)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 6. Aprobación inicial do proxecto “Terminación das obras de mellora de pavimento e dotación de servizos na EP 3302 Tabagón-Rosal (O Rosal)”. Exposición pública do mesmo. Declaración de utilidade pública da obra e solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e tamén a motivación da urxencia. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. O outro día na comisión sen ver o proxecto e polo obxecto que ten a obra, o punto da orde do día, máis que a obra un cacho dunha obra que ó final pois algún propietario non cedeu e hai que expropiar e facelo pola vía de urxencia para acabar a obra, votamos a favor, pero visto o expediente creo que hai que facer unha serie de consideracións sobre el e creo que son sumamente importantes e pediría que se tomaran en conta cara ó futuro. Deixando xa a un lado que é unha urbanización e que non se fai mediante convenio, porque si era moi pequena, bueno, resto, se hai un problema de fondo, que á parte hoxe estará de actualidade a propósito do punto 11, de que a obra en si é un auténtico exemplo do que non é eliminar barreiras arquitectónicas, cuestión que sería relativamente fácil porque o ancho da vía da suficiente, trátase dun vial de 12 metros que supoñen unhas beirarrúas e un estacionamento e unha calzada dobre e que este problema pois se queremos camiñar cara a resolvelo o que non podemos é estar facendo obras que as vaian creando, eso xa está descrito cantidade de veces de que por un lado se fan programas para eliminar as barreiras arquitectónicas e por outro lado se seguen facendo obras que as van xerando día a día. Entón non sei se pedir a retirada do proxecto, senón nós vamos a votar a favor pero coa solicitude expresa de que sobre a execución se modifiquen bastantes determinacións que ten que, xeran unha cantidade de barreiras arquitectónicas elevadísimas. Eu supoño que o procedimento normal para resolver este asunto tería que ser, tería que ser algún tipo de formación, xornadas, discusións, sensibilización cos técnicos que teñen que, vamos, teñen que facer e despois executar e dirixir a execución dos proxectos. Porque senón estaremos sempre con declaracións, aprobación das mocións nas que todos nos mostramos preocupadisimos por deseñar espazos para todos, porque as persoas que teñen dificultade de mobilidade, e non digamos xa se van en sillas de rodas, pois teñen todos os dereitos, debe haber espazos accesibles, pero despois seguimos executando as obras dunha maneira que continuamente estamos xerando esas barreiras, esas barreiras arquitectónicas. Entón é un problema relativamente fácil de resolver se hai vontade de quen, vamos responsabilidade política e dos técnicos, pero que é imposible se é que non a hai, é absolutamente imposible, porque os hábitos adquiridos e a formación mesma que poden ter os técnicos leva a que continuamente se saquen proxectos que aumentan ou inciden no aumento destas barreiras arquitectónicas, en concreto por exemplo nunha beirarrúa de 1,80 non pode haber un bordillo de 15 e pretender que haxa unha rampa, eso ó final non funciona para ninguén senón para despistar e seguramente a solución tería que ser poñer os pasos de cebra elevados. Pero bueno, non vou a entrar en cuestións técnicas que non é o obxecto o que si é advertir de que este proxecto como case todos os que saen desta casa, como case todos os que saen desta casa por desgracia, non teñen ou sexa teñen un tratamento moi moi eficiente e contraproducente do que é o problema das barreiras arquitectónicas. Polo tanto eu pediría, vamos votar a favor igual porque a obra hai que facela para non retrasala pero que se transmita a vontade da corporación de que os proxectos se traten ben dende este punto de vista e non se xeren con cada obra que se fai novas barreiras porque despois eliminalas é imposible, ou sexa, é imposible. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. S. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, bueno vamos a ver, trátase dunha obra que segundo o proxecto é de 32.000 euros aproximadamente e en sínteses o que se está plantexando aí é a expropiación de parte de dúas parcelas que non cederon no seu día cando se fixo a obra e facer as obras complementarias agora mesmo. Ben, eso nos parece ben, o que si ocorre é que está pasando con case todas as obras que se fan aquí, é dicir, primeiro se plantexa que haxa cesión de todos os veciños para facer a obra, co cal cando se adxudique a obra pois alguén está certificando que están os terreos a disposición cousa que realmente pois ó final non é certa. De todos os xeitos e para que esto non sega ocorrendo nós o que si plantexaríamos é que a partir de agora dende o momento que non haxa todos os terreos cedidos polos propietarios, que se faga o proxecto de expropiación para todo o mundo, porque parece unha incongruencia que parte dos propietarios cedan por vontade propia e que a dous haxa que pagarlle. Entón, bueno, nunha mesma obra o normal é que se lle dea o mesmo tratamento a todo o mundo. Entón cando hai problemas e tal xa dende o principio que se faga expropiación e punto. Vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias. Eu que tiven a oportunidade de estar o luns pasado no Rosal e ver un pouco esta cuestión, en principio non se contaba evidentemente que houbera ningún tipo de problema, apareceu este e bueno, aquí se trae finalmente para resolvelo, pero a previsión inicial de Alcalde e técnicos provinciais era que non ía haber ningún tipo de problema co tema da colaboración da cesión dos terreos, unha obra relativamente dun volume corto, agora si necesaria. E en relación ó que comenta neste caso o Deputado do Bloque Nacionalista Galego, Sr. Mosquera, pois supoño que se terán en conta todas esas cuestións que se piden para eliminar ou non crear, porque o que se está facendo é unha obra de non crear precisamente máis barreiras das que xa existen. Por eso que bueno, pois tamén recollemos esa petición para que dalgunha maneira se contemple que se poidan eliminar ou non crear máis dificultades das que poidan existir e que se dean todo tipo de facilidades nese eido. Por eso ... Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, vamos a ver, Sr. Presidente, esta discusión é reiterada e estes comentarios son reiterados e a solución sempre é a mesma, ou sexa, ningunha. Eu comprendo que, digamos, hai certas dificultades cos técnicos e certa digamos deixar facer ou certa rutina, pero o real é que está sucedendo, e non quero enganchar con esta obra en concreto, xa o teño feito con outras e demais, pero é que hai unha situación por exemplo neste caso, e repito, neste caso, claro eu non son técnico e podía discutilo, co ancho que ten e sendo un medio totalmente urbano, cunha solución con pasos de cebra elevados que á parte axudan a que non se corra e demais podía resolver e quedar impecable dende ese punto de vista. Non se plantexa así e o outro non ten saída, non ten saída, entón ou hai unha orde moi clara e co apoio técnico que haxa, hai por aí publicacións, hai técnicos que saben moi ben ou que falen ou que reúnen, ou senón seguiremos repetindo, entón é unha vez e outra, e van moitos anos, entón a Lei de eliminación de barreiras xa ten anos e sen embargo pois nas obras de Deputación como en moitos concellos e todos, ou sexa, é dicir, que ou se fai este esforzo ou non se van a eliminar, ou non se van a eliminar, esa é a práctica e á parte non é un fenómeno aquí, eu podo contar por exemplo un exemplo que me sucedeu en vivo e en directo, invitado pola Federación Española de Municipios e Provincias a Valencia, e resulta que ían polo sétimo plan de eliminación de barreiras, levaban metidos 400.000.000 de pesetas creo en eliminar barreiras. Si, e a concelleira de servizos sociais dicía, eliminamos pois x e mentres tanto o departamento de obras creounos 4 x, creounos 4 x, e ese é un problema universal, é dicir, que non estou criticando que a Deputación sexa menos sensible ou non porque é un fenómeno moi universal, pero ou se dá orde, e á parte aquí hai a vantaxe de que eso, hai vías e obras, se vías e obras asume e en fin, se fala con eles, que non hai que dar ordes nin forzar nin violentar a ninguén, verdade, pois se pode resolver e bueno, pois son pequenas cousas que non encarecen as obras, simplemente é plantexalas, e que ó final á base de facelo en todas as obras os resultados son moi bos. Entón non é dicir, bueno, transmitiremos, é coller e dicir, bueno, vai haber que sentarse un día e tratar esto con seriedade e con todos os proxectos e demais, porque non é un problema de cuestión legal, pero por exemplo en todas estas obras tería que aparecer un apartado dedicado ó cumprimento da normativa e non aparece, aparece un plano xeral e demais. Pero bueno, non quero meterme neso porque parece que me estou metendo co técnico e demais, que xa dixo antes que é un magnífico técnico só que esta filosofía, esta lei non a asumiu. Entón creo que sería ben tomarse esto en serio, é dicir, porque ó final vai a favor da propia institución, porque senón mañá a alguén se lle ocorre que hai que eliminar esas barreiras e o custe é moi elevado, o custe é moi elevado, agora non custa nada, cando se fai a obra nova non custa nada, e despois o custe é moi elevado, elevadísimo, entón, plantexalo e dicir, bueno, a partir de agora todas as obras teñen que ter garantizada a accesibilidade e se trata segundo o que hai que tratala, moi ben feita. Se eso se vota a andar en cinco anos pois a Deputación tería todas as obras que faga resoltas e senón pois seguiremos, bueno, pois si, vaise transmitir, pero ou hai unha acción específica, enérxica e decidida de dicilo, con mellores formas e falalo con tal ou senón seguiremos igual, é ó que me estou referindo, entón, nós votamos a favor desta obra, dende logo se non se vai a cambiar votamos en contra, se non se vai a cambiar en serio, é dicir, mire, cámbieme esto na execución, que son cousas menores pero que hai que preocuparse por elas porque non pode ser, dentro dun pouco van aprobar unha moción por unanimidade dicindo que se eliminen as barreiras e despois na práctica as creamos, así non vale, así non vale. Entón pídolle ó Sr. Presidente que se transmita e dende logo nos ofrecemos ou que veña a falalo nunha comisión ou o que sexa, axudar en todo o posible porque esto vaia adiante, porque non creo que sexa unha cuestión política que un grupo defende máis ou menos, senón que é unha cuestión de que a administración funciona así e polo tanto nos mostramos a axudar, pero que se faga. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Bueno, eu pídolle ó Secretario e ademais que llo trasladaremos de maneira inmediata ó técnico provincial que está dirixindo esta obra, pois esta inquietude da Corporación Provincial, pero si tamén hai que destacar que cada obra é distinta, non todas as obras son iguais. Si é certo que hai que ter vontade e iniciativa para intentar pois na maneira do posible colaborar para a eliminación desas barreiras ou non crealas cando se está sobre todo levando a cabo a execución dunha obra e ese tamén é un compromiso desta Corporación e neste caso deste equipo de goberno. Procedemos polo tanto á votación do punto número 6. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Terminación das obras de mellora de pavimento e dotación de servizos na EP 3302 Tabagón-Rosal” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 32.509,81 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 23.227,02 euros e capítulo de expropiacións por importe de 9.282,79 euros, ten por obxecto finalizar as obras de mellora de pavimento e dotación de servizos na estrada provincial 3302 Tabagón-Rosal nun tramo de 100 metros. Á vista do informe emitido polo Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 07/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto da obra e das expropiacións que conleva, e do informe emitido polo Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, advertindo da necesidade de acometer dita obra, o Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto “Terminación das obras de mellora de pavimento e dotación de servizos na EP 3302 Tabagón-Rosal”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 32.509,81 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 23.227,02 euros e capítulo de expropiacións por importe de 9.282,79 euros. 2. A exposición pública do mesmo e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3. A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, en base ó informe emitido polo Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, no que se sinala que “Entre as competencias propias da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, recollidas polo lexislador na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, se atopan o asegurar a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal, así como a asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica ós Municipios, especialmente ós de menor capacidade económica e de xestión. Iso implica a posta en marcha, por parte da Deputación, de numerosos proxectos, tanto propios como de cooperación cos distintos municipios da provincia, proxectos entre os que se atopa o de mellora de pavimento e dotación de servizos na EP 3302 Tabagón-Rosal; este proxecto naceu co fin de definir as obras necesarias para a mellora do pavimento e dotación de servizos no citado vial provincial, servizos como a rede de sumidoiro, a rede de abastecemento, o iluminación pública, a rede de media e baixa tensión ou a construción de beirarrúas, obras moi demandadas polos veciños da zona que, conscientes da importancia de dispoñer de servizos básicos na zona, colaboraron de maneira desinteresada na execución do proxecto. Non obstante o anterior existe un tramo da estrada no que se ubican dúas parcelas cuxa propietaria non cedeu os terreos necesarios para finalizar os traballos descritos, polo que se fai preciso incoar o presente expediente de expropiación. Dito expediente, guiado polos principios de eficiencia e servizo ós cidadáns, vén motivado porque o tramo en cuestión está moi poboado, con vivendas a ambos lados da estrada e cunha circulación de vehículos moi importante, polo que é necesario acometer urxentemente as obras ó obxecto de finalizar a urbanización iniciada no seu día e dotar a dita zona de beirarrúas para mellorar o tránsito e a seguridade dos peóns. Estas beirarrúas mellorarán notablemente a seguridade duns peóns que, nestes momentos, poñen en constante perigo a súa integridade física, xa que ó transitar por este tramo deben invadir parte da zona de circulación co risco que iso conleva. 7.5515.- MODIFICACIÓN DO FINANCIAMENTO DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL E ESTRADAS DO ANO 2007 Sr. Presidente.- Punto número 7. Modificación do financiamento do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2007. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Recibido escrito da Dirección Xeral de Cooperación Local s/ref. MSM/MJ 05/323.11, de 26 de xaneiro, polo que se nos notifica a subvención asignada ó Plan de Cooperación de Obras e Servizos Municipais por importe de 2.785.562,56€, e programándose e aprobado polo Pleno da Corporación, polo acordo nº 2.5500 de data 30 de xaneiro de 2007, un exceso de 5.760,31€ no devandito Plan, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación, acorda por unanimidade aprobar a modificación do acordo cambiando o financiamento deste Programa no sentido de minorar na citada cantidade a achega do Estado á obra nº 88, denominada “EP 6304 Orea-Val Brocos (Agolada)” e incrementada na achega da Deputación Provincial na mesma cantidade quedando o seu financiamento da forma seguinte: - Obra nº 88 “EP 6304 Orea-Val Brocos (Agolada)” Achega do Estado 41.239,69 Euros Achega Deputación 52.760,31 Euros 8.5516.- ADHESIÓN DO PERSOAL DO ORGANISMO AUTÓNOMO ORAL ÁS CONDICIÓNS LABORAIS DO V ACORDO REGULADOR DO PERSOAL FUNCIONARIO E I CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Sr. Presidente.- Punto número 8. Adhesión do persoal do Organismo Autónomo ORAL ás condicións laborais do V Acordo regulador do persoal funcionario e I Convenio colectivo do persoal laboral da Excma. Deputación Provincial. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co establecido na disposición transitoria terceira do I Convenio colectivo para persoal laboral desta Deputación de Pontevedra, en relación cos artigos 90 da Lei 7/85 de 2 de abril reguladora das bases de réxime local, artigo 70.3 do Regulamento de organización e funcionamento das entidades locais así como o artigo 92 do Real decreto lexislativo 1/95 de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido do estatuto dos traballadores, e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acórdase por unanimidade aprobar a adhesión do Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais ó V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio colectivo para persoal laboral da Deputación de Pontevedra, quedando equiparados os postos de traballo do ORAL a postos da Deputación, de igual ou similar categoría profesional, dentro do mesmo grupo de titulación, segundo o establecido nos citados Acordo regulador e Convenio colectivo así como nas bases de aplicación de retribucións, nos termos e condicións que se sinalan a continuación: POSTO DE TRABALLO Grupo Nivel CD C.E. Dedic. C.E. Respons C.E. E D T C.E. PPT Técnico superior de Servizo xefe A 29 29 16,00 A13 - Adxunto xefe de Servizo/xefe Sección de B 25 25 11,25 B8 - Posto base B 23 23 9,75 B6 - Administrativo negociado xefe C 22 25 8,50 C4 - Administrativo xefe negociado Oficinas periféricas C 22 - 8,50 C4 - Administrativo C 20 - 7,75 C4 - Auxiliar D 18 - 7,75 D4 - Ordenanza E 14 - 6,00 E1 2 Aqueles funcionarios ou traballadores que sufran perdas nas súas retribucións como consecuencia do proceso de equiparación, percibirán un complemento persoal e transitorio pola diferenza. 9.5517.- PROPOSTA DE NOMEAMENTO DE D. XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE COMO FILLO PREDILECTO DA PROVINCIA Sr. Presidente.- Punto número 9. Proposta de nomeamento de D. Xosé Filgueira Valverde como fillo predilecto da provincia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Relacións Institucionais, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o nomeamento de D. Xosé Filgueira Valverde como Fillo Predilecto da Provincia, polos seguintes méritos: 1.- Os inicios do “vello mestre” (1906-1942).- Naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e estudou Dereito na Universidade de Santiago, obtendo o premio extraordinario de licenciatura en 1927. Logo continuou a carreira de Filosofía e Letras en Santiago e en Zaragoza, na sección de historia. Comezou a súa carreira na docencia como axudante na Cátedra de Lingua e Literatura Española do Instituto de Ensinanza Media de Pontevedra en 1927 e pasou a ser mestre do mesmo centro en 1933. Logo conseguiu a cátedra da mesma especialidade no Instituto Balmes de Barcelona aínda que pronto permutou a súa praza para irse a Lugo. En 1940 instálase definitivamente no instituto de Pontevedra onde impartirá clases ata a súa xubilación en 1976, sendo durante trinta anos ademais o director do centro. Dende moi xove, Filgueira implicouse nalgúns dos proxectos máis destacados no eido da cultura en Galicia, como por exemplo o Seminario de Estudos Galegos, do cal foi membro dende a súa fundación en 1921 e no que dirixiu a Sección de Historia da Literatura dende 1922 a 1936 colaborando activamente en todos os traballos realizados por esta institución. Xosé Filgueira ademais tamén foi un dos membros fundadores do Museo de Pontevedra e o seu primeiro secretario. 2.- Filgueira e o Museo de Pontevedra (1927-1996).- Unha das obras máis senlleiras e transcendentes de Filgueira Valverde foi a súa condición de sostén e do Museo de Pontevedra. En 1927, o entón presidente da Deputación, Daniel de la Sota crea o Museo de Pontevedra e nomea como primeiro director ó cronista provincial, Casto Sampedro. No primeiro Padroado do Museo de Pontevedra xa figuraba como secretario o xove Xosé Filgueira Valverde, xunto con Álvarez Limeres, que exercía como vicedirector, Raimundo Riestra, tesoureiro, e José Millán como bibliotecario. Dende entón, o Museo de Pontevedra, só tivo tres directores: Castro Sampedro, que lle deu o impulso dende a Sociedade Arqueolóxica, Xosé Filgueira Valverde, que lle adicou toda a súa fecunda e rica vida, e o actual, Carlos Valle, que afronta a etapa das grandes ampliacións do centro. Pódese dicir que o labor da Deputación e o dos tres directores, particularmente o de Filgueira Valverde, converteron ó Museo de Pontevedra nun auténtico emblema da cidade, nun referente fundamental da cultura galega e no máis importante museo de España dentro dos do seu xénero. 3.- Figura clave para Galicia.- Filgueira Valverde foi un auténtico home ó xeito do Renacemento, un auténtico humanista, e aínda hoxe seguramente sexa o autor con máis obra de todos os tempos en, dende e sobre Galicia. Durante a súa vida, converteuse nun baluarte da defensa da cultura galega, sobre todo perante o franquismo, pronunciou miles de conferencias, publicou numerosos libros e artigos en prensa, realizou centos de exposicións con vontade pedagóxica. Ademais participou de xeito activo na vida política, xa que foi un dos fundadores do Partido Galeguista, foi alcalde de Pontevedra entre 1959 e 1968, foi o primeiro Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia e o presidente do Consello da Cultura en substitución de Ramón Piñeiro. Do seu amplo currículo pódese destacar, ademais, o título correspondente da Real Academia da Historia (1932), da Lingua (1953), e das Belas Artes de San Fernando, A Coruña, Córdoba, Sevilla e Málaga. Entre os galardóns cos que foi distinguido, o profesor Filgueira recibiu o Premio da Crítica das Letras e das Artes, a Medalla de Ouro da Provincia de Pontevedra, foi nomeado Fillo Predilecto da cidade do Lérez e doutor honoris causa por distintas universidades españolas. Ó seu labor maxistral en todos os cargos que desempeñou hai que engadirlle a súa inxente produción literaria e científica, na que traballou ata pouco antes da súa morte, acontecida na súa casa de Pontevedra o 13 de setembro de 1996. 10.5518.- PROPOSTA DE NOMEAMENTO DE D. ENRIQUE RAJOY LELOUP COMO FILLO ADOPTIVO DA PROVINCIA Sr. Presidente.- Punto número 10. Proposta de nomeamento de D. Enrique Rajoy Leloup como fillo adoptivo da provincia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Relacións Institucionais, o Pleno acorda por unanimidade aprobar o nomeamento de D. Enrique Rajoy Leloup como Fillo Adoptivo da Provincia, polos seguintes méritos: 1.- Das oito personalidades que culminaron o Estatuto do 36 (Bóveda, Suárez Ferrín, Anxel Casal, Casares Quiroga, Portela Valladares, Osorio Tafall, Rajoy Leloup e López Pol), catro eran ou tiñan profunda relación con Pontevedra: Rajoy Leloup, Portela Valladares, Alexandre Bóveda e Osorio Tafall. De todos eles, a Deputación editou audiovisuais e publicacións sobre as súas vidas e obras e a dous deles, Bóveda e Osorio Tafall, nomeounos Fillo Adoptivo e Fillo Predilecto, respectivamente. 2.- O pai de Enrique Rajoy Leloup, Mariano Rajoy Dobarro, nacera en Santa Mariña de Presqueiras (Forcarei) en 1848. Esa orixe marcou o arraigo na cidade de Pontevedra da familia Rajoy dende entón ata a actualidade. 3.- Enrique Rajoy Leloup, aínda que nacido en Santiago de Compostela, mantivo unha constante relación vital e profesional con Pontevedra a tal punto que, a partir de 1916 estivo dado de alta no Colexio de Avogados da cidade. 4.- Rajoy Leloup (1882-1966) foi concelleiro independente no Concello de Santiago, profesor de Dereito Civil na Universidade Compostelá e decano do Colexio de Avogados. Foi tamén un dos grandes impulsores do I Estatuto de Autonomía de Galicia pois o 19 de marzo de 1932 presentou unha iniciativa no Concello de Santiago para convocar a Asemblea de Concellos Galegos que comezasen a tramitar o Estatuto. O 27 de abril dese mesmo ano, reuniuse a devandita Asemblea na que se nomeou a Comisión redactora do Estatuto, formada por Bóveda, Anxel Casal, Osorio Tafall, López Pol e outros, da que el mesmo foi Secretario da Comisión Redactora e Secretario do Comité Central da Autonomía. Con Bóveda, con quen mantivo unha profunda e íntima amizade, foi o redactor do Estatuto. En decembro de 1932 presentaron o anteproxecto do Estatuto á Asamblea de Concellos: dos 160 votos precisos para a súa aprobación, o texto presentado por Rajoy e Bóveda obtivo a maioría absoluta de 209 votos. Despois de paralizarse dous anos a demanda de autogoberno, en 1935 o proceso estatutario tivo continuidade e Rajoy, que, con Bóveda e García Vidal, redactara o decreto para convocar a consulta, percorreu Galicia facendo campaña activa en pro da aprobación do Estatuto. O 28 de xuño de 1936 os galegos aprobaron en referéndum o texto con 993.351 votos a favor e só 6.161 en contra. 5.- O 16 de xullo de 1936, Rajoy Leloup e Anxel Casal presentaron nas Cortes Españolas ó presidente do Congreso, Martínez Barrio, e ó presidente do goberno, Manuel Azaña, a Declaración de Autonomía de Galicia que non chegou a entrar en vigor pois, dous días despois, tivo lugar o golpe militar que desencadeou a Guerra Civil. 6.- Trala guerra, Rajoy Leloup salvagardou todos os documentos do Estatuto de Autonomía de Galicia en once caixas que, hoxe, están depositadas e custodiadas no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Rajoy Leloup foi expulsado da Universidade de Santiago e do Decanato do Colexio de Avogados e inhabilitado para exercer calquera cargo público ata a súa morte en 1966. 7.- Rajoy Leloup formou un tándem con Bóveda e Osorio Tafall decisivo para o proceso estatutario do 36. O seu primordial papel quedou subliñado no acto de homenaxe pública tributado na Estación Vella de Pontevedra a Bóveda e Tafall no que os dous homenaxeados sinalaron a Rajoy –que non quixo intervir como orador- como a personalidade clave no desenvolvemento do Estatuto. No acto, dixo Bóveda: . 8.- O seu primordial papel no Estatuto do 36 quedou suliñado tamén na correspondencia privada con el de Castelao, Bóveda, Tafall ou Portela Valladares, que se recolle no libro de Baldomero Cores sobre Rajoy Leloup, recentemente editado pola Deputación de Pontevedra. 11.5519.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE SOBRE O ACCESO Ó EMPREGO DE PERSOAS DISCAPACITADAS Sr. Presidente.- Punto número 11. Moción do Grupo Provincial do PSdeGPSOE sobre o acceso ó emprego de persoas discapacitadas. Ten a palabra a Sra. Dona Belén Sio. Sra. Sio Lourido.- Gracias. Bos días a todos e a todas. A moción que presentamos trata da accesibilidade integral, trata de que hai que ter en conta ás persoas discapacitadas para os contratos de traballo, e tamén da contratación que se leva a cabo dende a administración. É importante como paso para a accesibilidade integral que todas as administracións se poñan as pilas e que tamén sensibilicen como pode facer esta administración ós concellos nestes temas. Os tres puntos que ten a moción é que teñen que ver co que comentei anteriormente e din o seguinte: que se reserve e se faga efectiva a porcentaxe do 5% para as persoas discapacitadas nas contratacións temporais que realiza esta institución, e en todas aquelas contratacións de persoas que non entran dentro da oferta pública de emprego deste organismo. Esto se vén a falar cos servizos sociais e co persoal de servizos sociais desta institución, e din que é importante telo en conta e que si se pode facer unha proxección para intentar conquerir este 5%. O segundo punto da moción di: que se estudie a posibilidade como así están a facer outras administracións, de incorporar ós procesos de contratación pública cláusulas sociais que permitan outorgar algunha puntuación, neste caso sería unha cláusula de preferencia referida ás persoas discapacitadas, e que nos procesos de licitación pública se premie, esto dito entre comiñas, a aquelas empresas que conten con persoas discapacitadas entre os seus profesionais, respectando sempre a Lei de Contratos das Administracións Públicas, esto neste punto estase a estudiar noutras administracións e a facer, neste caso refírese a persoas discapacitadas pero tamén pode referirse a outros colectivos sociais. O que queda dito e encima da mesa por se se quere ter en conta no futuro. O terceiro punto é realizar unha campaña de sensibilización dirixida ós concellos da provincia e á cidadanía en xeral, sobre todos estes temas e brindar dende os servizos técnicos desta institución, todo o asesoramento necesario para promover na nosa provincia a accesibilidade integral. Este punto refírese a que nós pensamos que esta administración debe facer un esforzo neste senso xa que ten a capacidade de traballar os temas de accesibilidade non só nas obras que realiza nos distintos concellos senón tamén a posibilidade de sensibilizar a través dos servizos sociais a todas aquelas persoas que interveñen nos procesos tanto técnicos como menos técnicos que teñen que ver e que poden promover a accesibilidade integral en todos os concellos da provincia que nós pensamos que todos queremos conquerir. Esto é o que di a moción, eu penso que é sinxela e nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Bueno pois moitas gracias pola presentación da mesma e dicir que tamén o grupo do Partido Popular se vai a sumar a ela, ten a palabra neste caso ademais o Deputado de Persoal D. Jesús Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Moitas gracias Sr. Presidente. O grupo Popular loxicamente está totalmente de acordo coa moción, de feito se está intentando xa dende fai un par de anos levalo a cabo nesta Deputación. Encontramos con algunha dificultade porque o problema fundamental é que o posto de traballo sexa adecuado para que poida ser realizado polas persoas con discapacidade, nas negociacións cos sindicatos á hora de establecer a oferta de emprego, precisamente esa é unha das cousas que queremos establecer, buscar postos de traballo con condicións adecuadas que poidan realizar. Polo tanto vamos a continuar con este labor porque cremos que é interesante, e dende logo o punto número 2, o estudo a nivel de contratación, necesitamos informes xurídicos para que non vaia contra a Lei de Contratos de Administracións Públicas. Loxicamente vamos a transmitir tamén ós concellos e á cidadanía en xeral, esta sensibilización tamén tendo en conta que os concellos segundo o tamaño pois teñen verdadeiras dificultades, porque evidentemente a oferta pública é pequena e o que dicíamos para un organismo maior pois se acrecenta. Pero aí estamos e o Grupo Popular dende logo está totalmente a favor da moción e desta sensibilización social. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Sra. Dona Belén Sio. Sra. Sio Lourido.- Si, lle agradezo que se sumen á moción. Como vostede comprenderá gustaríame que nos anos que levo na Deputación, cando se presentou algunha vez o presuposto se tivese en conta algunha emenda que tivera que ver cos temas de accesibilidade que ó mellor faría que contásemos todos, toda a provincia, con máis presuposto para tratar estes temas. Pero en todo caso agradezo a súa suma neste senso e que xa tivo en conta no futuro. Sr. Presidente.- Moi ben. Pois procedemos polo tanto á votación presentada polo Partido Socialista na persoa da Sra. Dona Belén Sio. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal acorda por unanimidade aprobar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE sobre o acceso ó emprego de persoas discapacitadas. Dita Moción é como segue: “EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A accesibilidade integral é un reto ao mesmo tempo que unha responsabilidade por tódalas administracións. Accesibilidade significa que non existan barreiras físicas, nin de comunicación, nin mentais para que unha persoa discapacitada poida exercer como persoa de pleno dereito na nosa sociedade; a saber, que unha persoa en cadeira de rodas poida acceder a un cine, que unha persoa xorda poida acceder a unha conferencia, que unha persoa cega poida pasear sen atopar ningún obstáculo que llo impida, que as persoas discapacitadas sexan tidas en conta para ofertas de traballo, que, cando haxa un aparcamento reservado para discapacitados, ese espacio só o ocupe un vehículo que transporte a unha persoa discapacitada, que todas as nosas cidades e os nosos pobos estean dotados de rebaixes nas beirarrúas, que as beirarrúas sexan o máis anchas posibles, que os edificios cumpran coa normativa necesaria para seren utilizados por persoas con dificultades, que os transportes estean adaptados, etc. Accesibilidade significa construír pouco a pouco unhas cidades e uns pobos máis humanos para tódalas persoas. Dende a Deputación realízanse e pódense realizar máis accións e actividades que contribúan a esta accesibilidade integral que, de seguro, desexamos todos os grupos provinciais aquí representados; por exemplo, en actuacións que teñen que ver coa contratación temporal de persoas con discapacidade e cos procesos de licitación a empresas, é dicir, os contratos que se realicen con esta Administración. Ademais de contar coa sensibilización e o asesoramento aos concellos da provincia nestes temas e tamén a sensibilización da cidadanía en xeral, visibilizando aos colectivos de persoas discapacitadas. Por todo iso, instamos ao Pleno da Corporación Provincial a que adopte os seguintes ACORDOS 1.- Que se reserve e se faga efectiva a porcentaxe (5%) para persoas discapacitadas nas contratacións temporais que realice esta institución e todas aquelas contratacións de persoas que non entran dentro da oferta pública de emprego deste organismo (Proxectos, programas, accións puntuais, etc.). 2.- Que se estude a posibilidade, como así o están a facer outras administracións, de incorporar aos procesos de contratación pública cláusulas sociais que permitan outorgar algunha puntuación, neste caso sería unha cláusula de preferencia, para a contratación de persoas discapacitadas, e que nos procesos de licitación pública “se premie” a aquelas empresas que conten con persoas discapacitadas entre os seus profesionais (respectando a Lei de Contratos das Administracións Públicas). 3.- Realizar unha campaña de sensibilización dirixida aos concellos da provincia e á cidadanía en xeral sobre todos estes temas e brindar dende os servizos técnicos desta institución, todo o asesoramento necesario para promover na nosa provincia a accesibilidade integral.” 12.5520.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Si. Dar cuenta de los extractos de Resoluciones dictadas entre el 25 de xaneiro y el 20 de febrero. Y también dar cuenta de Resolución Presidencial por la que se delegan las atribuciones de la Presidencia durante su ausencia de los días 31 de xaneiro al 2 de febrero en la Vicepresidenta de esta Diputación Dona María Teresa Pedrosa Silva. Y también dar cuenta del acuse de recibo del Grupo Parlamentario Popular en el Congreso, del Portavoz del Grupo Parlamentario Socialista en el Senado y del Portavoz del Grupo Parlamentario Catalán en el Senado, del traslado que se hizo de la moción del Eixo Atlántico. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 25 de xaneiro e 20 de febreiro do ano 2007 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 30 de xaneiro de 2007 delegando as atribucións da Presidencia dende o día 31 de xaneiro ata o 2 de febreiro, ambos inclusive, na Sra. Vicepresidenta desta Deputación, Dona María Teresa Pedrosa Silva. C) De escritos do Portavoz do Grupo Parlamentario Socialista no Senado, do Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Deputados e do Portavoz do Grupo Parlamentario Catalán no Senado (CIU), acusando recibo de acordo deste Pleno de 30 de xaneiro de 2007. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, tratouse o seguinte asunto: 13.5521.- MOCIÓN DO PSdeG-PSOE RELATIVA A OBRAS DO PROGRAMA LEADER II Sr. Presidente.- Bueno, fóra da orde do día. Moción tamén do Grupo Provincial Socialista que nos exporá o Sr. D. Rodrigo Santiago. Sr. Santiago Novas.- Se quere. Gracias Presidente, bos días a todos. Se quere votamos primeiro a urxencia. Sr. Presidente.- Pois votamos a urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Por unanimidade. Adiante. Sr. Santiago Novas.- Si, pois ben, esta moción vén motivada a raíz dun informe emitido pola Consellería do Medio Rural, en concreto pola Axencia Galega do Desenvolvemento Rural. Informe definitivo e relativo a un programa de iniciativa comunitaria, Leader II, este programa é tramitado polo grupo de acción local Centro Comarcal de A Paradanta e sendo promotor do mesmo o Concello de Covelo. E na exposición de motivos o que dicimos é o seguinte: Este informe da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural presentouse na Comisión Informativa de Cooperación de data 26 de febreiro, é dicir, o luns pasado. E no informe se conclúe que o concello de Covelo incumpriu os compromisos de inversión do programa Leader II, en concreto nos expedientes BB3007 e BB6023, e estes eran para a realización de obras de acondicionamento de arredores e construción cámping río Tea en Maceiras. E a conclusión deste informe é totalmente contundente á hora de informar que concorren as circunstancias que determinan o reintegro total da axuda percibida, polos citados expedientes e que suman a cantidade total de 181.893 euros. E como temos constancia de que a Deputación Provincial subvencionou, participou en parte destes mesmos proxectos, e coa circunstancia de que o Alcalde de Covelo salvo erro u omisión, presidía a Comisión de Cooperación naquel momento e a Caixa de Anticipos de Cooperación Provincial, organismos encargados de xestionar estas subvencións, é o por que solicitamos ante o Pleno da Corporación a constitución dunha comisión de investigación con representación de todos os grupos políticos representados na Corporación Provincial co fin de que se fiscalice as subvencións concedidas por esta institución ó proxecto de acondicionamento de arredores e construción cámping río Tea en Maceiras. Esto é o que di a moción e como recollemos na exposición de motivos toda a documentación e o informe completo foi entregado na Comisión Informativa do pasado luns e entendemos que houbo tempo máis que suficiente para poder analizar o extenso e detallado informe da axencia pertencente á Consellería de Medio Rural, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Pensamos que quedan meridianamente claras as irregularidades, e en sínteses serían, que se cometen nesa tramitación desas obras e na execución desas obras e que en síntese van claramente dirixidas a un incumprimento sobre a suma total dos orzamentos, ás certificacións sobre as obras executadas e non executadas, incumprimento sobre o mantemento da actividade que é obrigatoria durante os quince anos seguintes á realización das obras e tamén o incumprimento sobre a creación dos dous postos de traballo que son obrigatorios. Polo tanto, creo que está suficientemente claro nesta primeira intervención o por que desta iniciativa, e entendemos que está suficientemente clara e xustificada a petición que facemos na moción en canto á creación dunha comisión de investigación. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Rodrigo Santiago. Ten a palabra o Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Gracias Sr. Presidente. Bos días ós corporativos e corporativas. Bueno, estamos, o Grupo Provincial Popular vai a facer unha intervención breve e por suposto vai a fixar a súa posición, que é unha posición dende logo en coherencia co que xa en ocasións anteriores, en plenos anteriores, se fixo respecto a denuncias do Grupo Socialista parecidas, parecidas a esta, non vén agora ó caso lembralas nin mencionalas, pero que teñen un denominador común e é encaixar perfectamente nesa estratexia á que está aboada o principal grupo da oposición provincial, de tratar de promover actuacións de acoso, derribo, e en xeral prexudicar ó que é a imaxe pública do goberno provincial. Precisamente por eso, precisamente porque na exposición do Sr. Santiago Novas se omiten cuestións como as datas, como se trata de mezclar despois o momento en que preside determinado organismo da Deputación o Alcalde de Covelo, que non corresponde tampouco, bueno, en definitiva toda esa posta en escena á que nos ten tan acostumados o Grupo Provincial Socialista, dende logo, dende este grupo provincial non vamos a entrar nesas cuestións. Evidentemente todo o que teña que ver co programa Leader, todo o que teña que ver coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, cos informes que teña presentado, que eu non sei se os ten o concello de Covelo, que ó mellor non os ten aínda, pois loxicamente son expedientes que se tramitan no Ministerio para as Administracións Públicas, supoño que terán un período de alegacións, evidentemente non son temas concluíntes os que se esgrimen aquí, son temas, aínda que terán a súa tramitación administrativa, e evidentemente non lle corresponde dende esa vertente a esta institución entrar. E respecto ós outros pois forman parte xa digo deses plantexamentos ós que nos ten aboado o Grupo Provincial Socialista. Ademais lembro que a similitude de ocasións anteriores, estamos falando de temas do ano 97, do ano 98, do ano 99 e que se plantexan agora e se poñen de actualidade precisamente para animar esta fase na que nos atopamos estas semanas, nas que nos atopamos estas semanas e as vindeiras e dende esa perspectiva. Se o Grupo Provincial Socialista, Sr. Presidente, se se houbera caracterizado nesta lexislatura pola súa rigurosidade nas denuncias, se se houbera caracterizado pola súa claridade nas mesmas, evidentemente estes plantexamentos serían recibidos doutro xeito. Vir agora aquí a plantexar comisións de investigación, quen inventaron as comisións de estudo noutras institucións, etc., etc., pois bueno, pois ten moito dese oportunismo político ó que está aboado, repito, o Grupo Provincial Socialista. Por esa perspectiva o Grupo Provincial do Partido Popular, vai a votar en contra desta solicitude que presenta o Grupo Socialista. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Juan Durán. Sr. D. Rodrigo Santiago. Sr. Santiago Novas.- Sen entrar nas derivadas que intencionada e deliberadamente sempre recorre o Sr. Voceiro neste caso do Partido Popular, falar de todo menos do tema. Non interesa falar do asunto. Ó mellor é que a estratexia de tapar, tapar e tapar, pois bueno, está dando bos resultados e non interesa cambiar e mudar ese tipo de estratexias. Mire, Sr. Durán, o informe non é do Grupo Provincial Socialista e menos por suposto de D. Rodrigo Santiago, é un informe da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e lle quero dicir que ademais non é de data do século pasado, se se tomou a molestia de ler ese expediente verá que di, Santiago de Compostela, 4 de decembro-2006, ben, el informe es reciente, insisto, nin o fixo nin o fabricou nin o redactou nin participou na súa elaboración o Grupo Provincial Socialista, é dun organismo oficial, e un organismo oficial que logo de abrir unha investigación que é o que se está pedindo exactamente aquí en aras a exercer a responsabilidade que ten cada institución, investiga. Aquí nos negamos a investigar, quixera que nos dixera claramente cal é a razón para non investigar, ó mellor é que xa saben cal é o resultado da investigación e non interesa, é a única explicación que nós lle atopamos a esto, ¿cal é o medo a que nesta Corporación cando existe un documento extenso, detallado, concreto, con datas, con declaracións, e onde os responsables do concello de Covelo, si Sr. Durán, tiveron a oportunidade de alegar todo aquilo que estimaron conveniente e oportuno no seu momento, é un expediente definitivo, é un expediente definitivo cunha conclusión clara e é solicitar o reintegro das axudas das subvencións concedidas para estas obras. E claro, e dicía vostede que novamente nos remitimos a expedientes de fai un ano, dous anos, catro anos, dezaoito anos, en concreto dicía 97, 98 e 99. Mire, é certo que se inicia o tema da subvención para a execución das obras nesas datas, é certo que a institución provincial aporta no ano 97 quince millóns de pesetas, pero insisto se houbera lido minimamente o expediente tamén se houbera dado conta que aquí se fala de que no ano 2002 esta institución aportou 16.000 euros, ano 2002. E tamén recolle o informe da Consellería que no ano 2003 tamén se fixo unha aportación dende esta institución de 14.000 euros, 16.000 e 14.000 debe andar en torno a 30.000 euros, traducido en pesetas en torno a 5.000.000 de pesetas, e que tamén veñen relacionados con este asunto, aportacións feitas por esta institución e por este grupo de goberno. Bueno, non interesa falar desto, a cuestión non é clarificar, a cuestión é seguir tapando, tapando. Mire, nós, e eu en concreto estou enormemente preocupado nun sentido, fai un mes se presentaba algún tipo de iniciativa similar, fai dous meses o mesmo, estou preocupado por que aquilo que debera ser excepcional ou anecdótico está collendo tintes de ser a normalidade das prácticas desta institución e eso como persoa, como político e como representante nesta Corporación dos cidadáns da provincia de Pontevedra, me preocupa, e me preocupa que vostedes non se dignen a dar un mínimo de explicación, e que non amosen igual que fixo a Consellería de Medio Rural, o máis mínimo interese por saber que é o que pasou. Simplemente un interese por esclarecer os feitos, igual que fai a Consellería e instando a Medio Ambiente para que reclame por incumprimento dos compromisos, as subvencións aportadas, eu creo que merece a pena que nós fagamos exactamente o mesmo, esclarecer e logo tomar as medidas que resulten concluíntes. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Rodrigo Santiago. Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, gracias Sr. Presidente. Bueno, xa digo cal é o posicionamento do Grupo Provincial do Partido Popular e evidentemente xa dixen tamén e reitero que ten moito que ver, que ten moito que ver Sr. D. Rodrigo Santiago, na falla de credibilidade que teñen vostedes como grupo provincial que amosaron sobradamente esta lexislatura á hora de facer denuncias. Ese papel seu de Deputado experto en efectos especiais dentro do seu grupo a min me parece perfecto pero evidentemente neste caso seguen, dende esa perspectiva seguen trabucados. E insisto, que o dixen, o tema de AGADER é un expediente que ten que rematar no Ministerio para as Administracións Públicas, e no trámite dese expediente hai unha fase de alegacións. Déalle á cabeza, é como está establecido, eu o plantexo así e aquí queda recollido. En canto a que non interesa falar do asunto, mire, vostedes, o Partido Socialista, dentro da súa estratexia política están embarcados na decisión de crear unha determinada virtualidade respecto ás institucións e respecto ó Partido Popular, e nesa perspectiva nós dende logo non vamos a estar, non nos van atopar, e evidentemente de todo o que fixeron, bueno, pois recentemente varapalos que recibiron do ministerio fiscal, etc., etc. E, si é certo, é certo que houbo á parte do tema que ten que ver co Leader, si é certo que houbo cuestións que subvencionou esta Deputación, esta Deputación na praia fluvial do lado do cámping e evidentemente nesas liñas de axudas que hai para áreas recreativas e zonas fluviais, si se subvencionaron, están perfectamente xustificadas, etc., etc., si que se fixo, si que se fixo, pero como concorren outra serie de concellos. Por certo, falando de concorrencia, sen que haxa ningún problema de concorrencia con outro tipo de subvencións, eu quixera recordarlle tamén que cando se trata de implicar a xente do Partido Popular hai que lembrar, é que eso se fixo sendo Presidente da Caixa de Anticipos o Alcalde de Covelo. Mire, o Alcalde de Covelo á parte desta última primeira metade de lexislatura, foi tamén membro desta Corporación, aínda no período inmediatamente anterior, entre os anos 95 e 96 en ningún caso coincidía co inicio desas subvencións. Pero en todo caso o que se trata é de seguir aportando cuestións para crear esa atmósfera na que vostedes queren facer vivir á opinión pública, para os seus particulares intereses políticos e dende logo reitero a este grupo provincial ó Partido Popular non o van a atopar nesa tesitura. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Juan Durán. Procedemos. Sr. D. Rodrigo Santiago. Sr. Santiago Novas.- Si, non, digo que nos corresponde en todo caso pechar as intervencións como promotores da moción. Insisto, aquí se trata de desviar e esquivar e facer alusións a non sei que historias para non entrar no fondo do asunto, entón, bueno, é unha postura, pero claro apoiar esa postura cunha resolución do fiscal, pensei que xa había quedado sobradamente clara. Eu comprendo, comprendo que aqueles que cometeron o delito de falsificar documentos, en concreto diplomas referidos a cursiños non realizados, insisto que aqueles son os únicos que deberan estar contentos. Non sei se vostedes se suman ou non pero os cidadáns de ben entenden que non é bo que os delitos cometidos porque estean prescritos queden sen castigo. Eu son dos que pensan desa mesma maneira, que aínda que estean prescritos e se houbera evitado a responsabilidade ou as consecuencias, o delito existiu e a min me gustaría que todos os delitos foran perseguidos e condenados. Pero bueno, vostedes seguen alegrándose de que ese delito quedara sen condena. Alá vostedes. En concreto Sr. Presidente nós insistimos que é necesaria e está sobradamente xustificada a comisión de investigación, non entendemos por que tantos reparos, tanto medo a unha comisión de investigación, cando antes ademais a propia Consellería interviu nese sentido de investigar e concluíu clara e rotundamente de que o Ministerio ten que proceder a solicitar o reintegro das subvencións por incumprimento das bases das subvencións. Non entendo e sego sen entender o por que esta política desta Corporación, deste grupo de goberno, no sentido de tapar, tapar e tapar e non profundizar en clarificar, aquí non estamos prexulgando nada, simplemente estamos pedindo que se investigue para saber que é o que pasou e a implicación que puidera ter esta institución. Nada máis. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Rodrigo Santiago. Procedemos polo tanto á votación da moción presentada polo Grupo Provincial Socialista. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Rexéitase, por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSOE e do BNG, a moción presentada polo PSdeG-PSOE relativa a obras do Programa Leader II. 14.5522.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto número 13. Rogos e preguntas. Sr. Araújo. Sr. Araújo Quintas.- Gracias Sr. Presidente. Bo día. Teño un par de cousas. Unha pregunta sobre un asunto e logo un rogo. A pregunta, como vostede saberá, esta Deputación ten pensado construír dúas depuradoras para pequenos núcleos rurais no concello de Tui, na parroquia de Pexegueiro unha e de Malvas teño entendido. Ben, estas depuradoras crearon unha certa inquietude ou contestación veciñal que eu penso que contén dúbidas máis que razoables. Entón as preguntas que eu lle quero plantear serían as seguintes, sobre esa cuestión, a primeira, sería se a Deputación tivo ou pensa ter algún tipo de encontro ou xuntanza cos colectivos veciñais que están organizados sobre este asunto, para falar do mesmo e de como resolver este tema. Pero quero dicirlle que a cuestión non é tanto unha oposición frontal ás depuradoras senón dúbidas que eles teñen sobre esas dúas depuradoras. Despois tamén quería preguntarlle se a Deputación está en condicións neste momento de garantir que esas instalacións pois contan cos estudos pertinentes para que se poida deducir que o funcionamento vai a ser correcto e polo tanto non vai contaminar o río Furna, que eu creo que é un dos ríos probablemente dos ríos máis limpos dos pouquisimos que quedan na provincia. Despois tamén se a ubicación das mesmas está correctamente estudada, se non había outras alternativas mellores, e bueno, se hai algún estudo que diga efectivamente que teñen que ir aí onde están previstas. E logo, por último, tamén quería preguntarlle se esas instalacións contan con todos os requisitos legais, legalmente, en fin, establecidos para a ubicación das mesmas. Esa sería a pregunta en canto a este asunto. E logo, a segunda cuestión é un rogo, é un rogo que vai dirixido a vostede evidentemente como Presidente desta Corporación, pero tamén á Deputada Provincial do ramo, neste caso a Deputada de Benestar Social e Muller. Ás miñas mans chegou porque así mo fixeron pasar varias asociacións de mulleres, indignadas, podía ser esa palabra, unha carta que esta responsable desta casa lles manda, lles mandou, onde se din cousas pois, voulla a ler, un parágrafo en concreto, que eu creo que esta linguaxe xa estaba fóra de circulación hai anos, pero vexo que non, di algo así: “Este ano desexamos que sexa algo especial, porque”, está, é unha carta que vén ó fío do día 8 de marzo, e di, “Este ano desexamos que sexa algo especial porque día a día nos damos conta da vosa aportación á sociedade, de todo o que traballades polas vosas familias e do gran esforzo que vos supón compaxinar a faceta de nai, esposa e ama de casa”. Eu creo que esto é desafortunado totalmente, eu creo que este tipo, bueno, a cuestión remata que para que estas persoas poidan compaxinar esto ou poidan compensalas, pois vai consistir en regalarlles unha serie de bonos para gozar ou disfrutar de aquí dunhas xornadas nun balneario da provincia. Ben, eu penso, nós pensamos que, dubidamos moito de que con ese tipo de actos, con ese tipo de premios, e sobre todo con ese tipo de linguaxe se poida axudar ou sexa útil, ou serva para algo, na batalla do día, na loita que as mulleres teñen para acadar realmente esa igualdade efectiva. Eu creo que alguén dos máis vellos do lugar do seu partido político debería dicirlle a esta persoa, que evidentemente por idade seguramente non coñeceu, que isto que aquí se escribe parece propio sacado dun manual daqueles que tiña a sección feminina dos anos 30 ou 40, entón, o rogo é por favor que estas cousas se corrixan, e que se trate ás mulleres como persoas adultas, con dereitos e doutra maneira. En fin, eu creo que xa non merece máis comentarios e simplemente insistir que se lle poña fin a este tipo de cousas. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Araújo, coa vontade de aclararlle todo e como aquí hai responsables do goberno que ademais son alcaldes e coñecen ben a primeira das situacións, eu pediría neste caso ó Sr. D. Antonio Fernández Rocha que lle explicase a ubicación desa depuradora, se teñen todos os requisitos legais e todo eso e a nosa vontade é precisamente de colaborar a que, ese río que vostede di que está impecable pois se cabe que estea mellor aínda, porque supoño que os vertidos neste momento estarán indo a algún sito. O que é increíble, eu, llo explicará mellor o alcalde, eu creo que hai cousas que non se debe facer demagoxia política con ela, hai algúns partidos que están caracterizados sempre, quizais agora que teñen responsabilidades de goberno non tanto, porque agora xa alcanzaron parte do obxectivo, pero hai algúns partidos que sistematicamente están ubicados nese risco importante de nunca facer nada excepto que o fagan eles, e se se fan cousas como estas, que é pois facer un gasto importante, para que os vertidos que alí se estaban producindo pois pasen por un tratamento dunha depuradora, que están funcionando trinta e tantas na provincia de Pontevedra e todas elas cun éxito importante, pois o que é increíble é que algún partido político se meta por medio precisamente a intentar desa situación arañar votos só con intereses partidistas e eso si que é prexudicar ós intereses xerais me refiro, porque se vai a prexudicar ós intereses dese ben natural que é ese río que vostede dicía. Pero bueno, eu espero que algún día cambien, xa cambiaron algo porque como están no goberno non lles queda máis remedio, porque unha cousa é predicar e outra é dar trigo, pero creo que neste sentido lle pode dar mellor información o Deputado D. Antonio Fernández Rocha. Ten vostede a palabra. Sr. Fernández Rocha.- Ben, bos días, gracias Presidente. Eu agradézolle ó Sr. Araúxo que se preocupe do río Furna, en todo caso eu vou a facer unha exposición máis ou menos do problema que non é tal problema do río Furna. Eu cando queira Sr. Araúxo o invito comigo a velo. A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, hoxe Consellería de Política Rural, fixo unha inversión no concello de Tui, concretamente na parroquia de Pexegueiro, de máis ou menos 600.000 euros en tres anualidades que neste momento a Consellería do Medio Rural está realizando, que é concretamente o colector do río Furna. Se a ese colector a onde van a verter todos os veciños de Malvas e de Pexegueiros non se lle colocan as depuradoras vostede si que me dirá como vai quedar o río Furna, porque o saneamento de Pexegueiros e o colector xeral do río Furna si está feito, polo tanto indudablemente creo que a depuradora, o nome o di, é para depurar, evidentemente os técnicos son os que teñen que dicir se esa depuradora funciona ou non funciona, non son eu como alcalde, eu creo que si deben de funcionar, posto que son un plan que esta Deputación ten, Deputrans, financiado incluso pola Comunidade Europea. Pero mire a Consellería de Medio Ambiente está facendo unha serie de colectores no concello de Tomiño que son os que de verdade lle preocupa a este colector, non tanto ós veciños-veciñas de Pexegueiros, senón a unha serie de parroquias de Tomiño, e ¿sabe no final do colector a Consellería de Medio Ambiente o que fai?, un pozo de decantación, nin sequera unha depuradora, un pozo de decantación, que funcionan ben, que funcionan ben polo que a min me teñen dito, polo tanto creo Sr. Araúxo que era conveniente de verdade, e eu o invito cando vostede queira a visitar as obras, a visitar os emprazamentos e que vostede mesmo vexa se a depuradora, onde están, nas ubicacións que están, que son as ubicacións onde van, o punto final dos colectores xerais, indudablemente, as zonas máis baixas en calquera parroquia como todos sabemos son o río, polo tanto ten que ir moi preto do río, e evidentemente pois vai a unha distancia creo que prudente en canto ó río. Mire, a única, o único permiso que fai falta é o vertido, o canon de vertido que se lle pediu á Confederación, que todos sabemos, que todos sabemos a cantidade de tempo que tardan en darche o permiso, en darche o visto bo. Está claro que en tanto en canto non haxa o canon de vertido que non ten por que non habelo por outro lado, porque o hai sempre, salvo que tense que cotizar ese canon de vertido e mandarlle despois as análises correspondentes, evidentemente non vai entrar en funcionamento. Tampouco vai entrar en funcionamento porque neste momento aínda non chegou alí o colector. Neste intre unha depuradora o único que ten é a base colocada e a outra aínda está sen comezar porque non sabemos ata onde vai vir o punto exacto do colector xeral porque todos entendemos que os colectores xerais ás veces teñen modificacións, e un colector secundario ás veces non importa moito o desprazamento que poida ter ó momento de realizar a obra, pero os colectores xerais si, entón, de verdade que esto é, bueno, eu supoño que a vostede lle informaron tal como vostede aquí se explicou, pero de verdade eu invítoo a visitar Tui, a visitar as zonas e que despois vostede pois opine sobre o feito. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Antonio Fernández Rocha en alusións a esa carta tamén á Deputada, pois lle poderá contestar tamén a ese tema. Ten a palabra. Sra. Arévalo Gómez.- Si, bos días, moitas gracias. Eu quixera explicarlle moi por encima de que se trata ese proxecto, e quixera invitalo a dicir claramente que o seu partido está en contra, digan claramente que está en contra de que a Deputación teña neste momento a oportunidade de levar unha serie de mulleres o día 8 de marzo a disfrutar dos balnearios da provincia. Neste momento estamos gobernando nós e nos toca decidir a nós, e por suposto sempre consensuado coas asociacións da provincia, que se encontran encantadas de que tivésemos a feliz idea, e repito, a feliz idea, de que dunha vez por todas se lle dea unha recompensa ese día 8 de marzo. Aquí nesta institución se fixeron con motivo do día 8 de marzo todo tipo de foros, de charlas, conferencias, e seguirémolos facendo, pero este ano quixemos ir un pouco máis alá, e de verdade demostrar que queríamos compensar ese día 8 de marzo e creo que da mellor maneira, vostedes gobernan na Xunta e eu non lle vou a falar dos bailes que fai o Sr. Quintana, non me vou a meter con eso, entón aquí goberna o Partido Popular e aquí o Partido Popular tivo esta feliz iniciativa, cando gobernen vostedes seguramente nos van a imitar como fixo Quintana co anterior Presidente da Xunta. Pero neste momento estamos gobernando nós, polo tanto digan claramente que están en contra de que a Deputación de Pontevedra celebre así o día 8 de marzo. Eu me ratifico nesa carta e me ratifico porque aí está claramente o reflexo do que a maioría das mulleres de hoxe temos que levar adiante, que é facer o papel de nais, facer o papel de amas de casa, levar adiante o noso posto de traballo, e facer o papel, chámelle esposa, parella ou como queira chamarlle, pero ese é un reflexo claro da muller a día de hoxe de Pontevedra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Deputada. Sr. Araújo. Sr. Araújo Quintas.- Si, vamos a ver Sr. Presidente, eu non quero entrar en polémicas porque aquí vexo que as cousas se entenden segundo se queren entender. No que acaba de dicir a Deputada de Benestar Social e Muller, pois eu creo que queda perfectamente explicado por onde van os tiros, ben, pero non están todas as mulleres encantadas, en absoluto, non están todas as mulleres encantadas, ata onde eu sei non están encantadas. E en todo caso eu do que falei na miña intervención foi e a miña petición, o rogo era que por favor non se empregase ese tipo de linguaxe, porque as palabras Sra. Arévalo tamén as carga o demo ás veces, as palabras non son inocentes, as palabras, as palabras, é dicir, que as palabras expresan conceptos e expresan cousas, polo tanto aí detrás desas palabras hai algo que evidentemente nós non compartimos, claro. E logo en canto ó tema da depuradora pois tamén se entende ... (Nestes intres non se escoita a cinta magnetofónica). Sr. Araújo Quintas.- ... e o mínimo que se debe facer é darlle opción, escoitalo, escoitalo. E digo que hai dúbidas razoables porque poderíamos falar por exemplo pois da depuradora que tamén instalou en Oia esta Deputación, eu funa ver evidentemente, e eu non analicei a auga loxicamente porque non son químico nin teño os medios para facelo, pero a simple vista o que se ve alí, pois como depurado depurado parece que non sae. Quero dicir que o único que se está pedindo na miña intervención, o único que se pediu foi simplemente aclararlle iso que vostedes teñen tan claro e que eu en principio non vou a dubidar tampouco dese tema, pero que se lle aclare ós veciños, que se fale con eles, e que se lles aclaren esas cuestións. Se a maiores hai informes técnicos que inciden nesa cuestión, mellor, mellor, pero que se faga, porque senón ó final unha vez feito sabemos o que pasa, pois o río se contamina, a cousa queda alí, e ó final temos outro río estragado, e eso é realmente o lamentable, porque estas cousas unha vez que se estragan vostedes saben que son procesos irreversibles por dicilo dalgunha maneira, ou cando menos moi difíciles de recuperar. Polo tanto eu o único que estaba falando aquí era de diálogo cos veciños, coas entidades veciñais e que se lles expliquen as cousas, nada máis, non estou falando de oposición á depuradora, entre outras cousas porque tamén o dixen e eles propios non se opoñen ás depuradoras, simplemente teñen dúbidas, e eu creo que a obriga desta casa é aclararllas, e a miña obriga foi traer esas dúbidas aquí, é tan simple como eso, agora vostedes poden interpretar o que queiran evidentemente. Bueno, pola miña parte está todo aclarado. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, é máis, me gusta eso de que quede perfectamente aclarado e máis cremos na súa boa intención, non ó mellor na de algúns dos seus representantes políticos, son dous temas que como vostede acaba de comprobar están perfectamente claros e transparentes. Sr. Landín. Sr. Landín Eirín.- Si, bueno, Sr. Presidente, eu vou a tratar de non crear problemas filosóficos, nin problemas de dúbidas, vou a facer un rogo sobre dous temas que levo incidido moito. Un é para esta Deputación, para dirixirse á Consellería de Ordenación do Territorio, ou de Obras Públicas, non sei de cal é, porque a carretera de Moraña Sr. Presidente segue paralizada, votáronlle unha capa de area por encima e os coches caen ás veigas todos os días, é constatable, ou sexa, fixeron peor e a escusa é que hai un veciño que non se marcha da casa, este é un tema puntual, pero o veciño segue alí, a carretera parada, e o outro día o que me din é que mentres non marche o veciño de alí da casa que non se poden seguir as obras. Oito quilómetros de obras, un tema puntual e aquilo un desastre. E outro tema Sr. Presidente para o Ministerio de Obras Públicas, ó MOPU, é que a carretera nacional 550 Pontevedra-Caldas, está a día de hoxe peor que un camiño de vacas, é peor que un camiño de vacas, eso non hai por onde pasar, está chea de buracos e non son nin entelequias, nin feitos analizables, nin feitos discutibles. É por un lado á Xunta de Galicia proposta de carretera de Moraña e por outro lado ó MOPU a proposta da nacional 550, Pontevedra-Caldas, excepto no tramo de Briallos un pouco, que lle votaron alí unha cousa rara por encima, está chea de buratos. As obras prometidas vai facer dous anos, de supresión e de mellora entre Briallos e Pontevedra de sinalización vertical, de semáforos, de supresión de pasos elevados e inferiores alí estaba, se colocou quince días antes das eleccións autonómicas, se anunciaba unha inversión de preto de 3.000.000 de euros, 300.000.000 de euros non 3.000.000 de euros, 300.000.000 de euros, hai un par de meses cambiaron o cartel, e no cambiaron porque llo dixera ninguén de momento, pero as obras seguen igual. E, unha dúbida, que eu vendo o presuposto da Xunta de Galicia deste ano, que nos aclaren que pasou cos fondos FEDER, cos que se había contratado e adxudicado a carretera Porráns-Moraña, onde había dos fondos FEDER, dos fondos europeos, 600.000.000 das antigas pesetas, que desapareceron e no cartel do novo financiamento non aparece por ningún lado o financiamento dos fondos europeos, non sabemos porque eran uns fondos finalistas, se estes fondos foron desviados a outra obra, cousa que sería grave, pero bastante máis grave sería se eses fondos que tiñan que estar certificados a 31 de decembro do 2006, se perderon e volveron a Europa como está pasando coas subvencións dos incendios, coas posibles subvencións dos incendios que por non querer tramitalos, por non recoñecer a verdade se están perdendo. Esto si é grave e non é nin filosofía, nin quen fixo máis comidas se o Sr. Quintana ou o Sr. Fraga, e se a linguaxe da compañeira Nidia dirixida ás mulleres pois é máis sensible ou menos sensible. Se Galicia, que lle fan bastante falta os cartos en inversións, pola mala xestión ou pola falta de xestión da comunidade autonómica, se están devolvendo cartos a Europa, primeiro uns non se piden, pois non se quere recoñecer o que é, non se quere recoñecer a catástrofe e si se di o que se fixo co lume que foi unha trama e entón Europa se nega. Pero o outro, concretamente no caso que nos ocupa na carretera Porráns-Moraña, se os fondos FEDER, 600.000.000 das antigas pesetas, se perderon, porque si desapareceron do que é dos presupostos da Xunta de Galicia, esto sería unha pregunta que si afecta así a parte da obra, ¿que pasou con eses cartos?. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Landín. Sr. D. Juan Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, vamos, yo estoy un poco despistado en este Pleno porque creí que estábamos en el turno de ruegos y preguntas y por lo que yo sé parece que son dirigidas al Presidente, no sé si estamos en el turno de ruegos y preguntas a la Xunta o a la Comunidad Europea, tengo un despiste del copón ahora. De todas maneras es reiterar que, lo que me abunda en el despiste porque por lo que yo sabía las preguntas se formulan en un Pleno y hay que contestarlas antes del siguiente, o antes era así, ahora por lo que veo, como es la tercera vez que voy a reivindicar esta pregunta, que se me conteste por escrito, referida a los campos de hierba artificial, cuántos fueron solicitados, cuántos fueron ejecutados, cuántos quedaron pendientes y qué criterios se utilizaron en la adjudicación de los que están ya ejecutados. Solicito que se me conteste por escrito y es la tercera vez que formulo esta petición en este Pleno. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Muradas, xa llo recordo ó Secretario para que nolo traslade. Ten a palabra o Sr. D. Juan Manuel Rey. Sr. Rey Rey.- Si, eu vou a evitar o preámbulo do Sr. Muradas pero perdín a conta das veces que preguntei sobre o Museo. Esto xa vén case de hai un ano, pero bueno, está claro que non hai vontade política de contestar. Nada máis. Sr. Presidente.- Pois moi ben. Tamén atenderemos esa petición. Moitas gracias e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición