Fondos
2007-05-30_Ordinaria. Acta de sesión 2007/05/30_Ordinaria
Acta de sesión 2007/05/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/3.2007-05-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 2007/05/30_Ordinaria
Data(s) 2007-05-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 30 de maio de 2007 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e once minutos do día trinta de maio do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Arauxo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1. 5544.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de abril de 2007. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de abril de 2007. 2. 5545.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 2/2007 Sr. Presidente.- Punto número 2. Expediente de modificación de créditos número 2/2007. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Gracias Sr. Presidente. Moi brevemente, simplemente para dicir que vamos a votar en contra en consonancia coas decisións e o noso posicionamento con respecto ó orzamento e máis á xestión económica desta Deputación. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, votamos en contra do orzamento e loxicamente non podemos apoiar esta modificación. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Polo tanto procedemos á votación desta modificación de crédito por importe de 1.887.974 euros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o expediente de modificación de créditos número 2/2007, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe total de 1.887.974,00 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase con cargo ó remanente líquido de tesourería por importe de 800.000,00 euros, e con cargo á baixa de crédito na partida 07/911.911.762.03, por importe de 1.087.974,00 euros. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aprobar o expediente de modificación de créditos número 2/2007, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e de servicios.......................................... 36.813,00 € Capítulo 6º Investimentos reais......................... 1.671.161,00 € Capítulo 7º Transferencias de capital................ -907.974,00 € Total variacións por capítulos 800.000,00 € Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 3. 5546.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL NO ACORDO 4.5526 DO PLENO DE 28 DE MARZO DE 2007 RELATIVO Á APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 1/2007 Sr. Presidente.- Punto número 3. Corrección de erro material no acordo 4.5526 do Pleno de 28 de marzo de 2007 relativo á aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2007. Parece que é un cambio de partidas, é un tema administrativo. Procedemos polo tanto á votación do punto número 3. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Na memoria da Presidencia do expediente de modificación de crédito número 1/2007, aprobado polo Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 28 de marzo de 2007, incluía un crédito extraordinario por importe de 124.000,00 euros, destinado a financiar a obra “Creación de rutas de sendeirismo” en convenio co Concello de Sanxenxo, e un suplemento de crédito, por importe de 60.000,00 euros destinado a financiar un convenio coa Asociación de Empresarios do Deza. Resultando que o crédito extraordinario e o suplemento de crédito contabilizáronse nas partidas 07/911.452.462.00 e 07/451.451.489.05, cando o correcto, por tratarse de ambos investimentos, é que se lles imputen ás partidas 07/911.452.762.00 e 07/451.451.789.02, denominadas “Transferencias de capital a concellos” e “Transferencias de capital a familias e institucións sen fins de lucro, para mellora de instalacións culturais e deportivas”, respectivamente. Resultando que a corrección material dos citados erros na memoria da Presidencia unicamente supón un cambio de partidas, destinándose os créditos para os mesmos fins para os que foron aprobados, afectando no acordo aprobado polo Pleno ó resume da variación por capítulos, debido a que hai que incrementar a cantidade que figura no capítulo 7º “Transferencias de capital” en 184.000,00 euros, e minorar a cantidade que figura no capítulo 4º “Transferencias correntes”, tamén en 184.000,00 euros. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, permite ás Administracións Públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, rectificar o acordo 4.5526 adoptado polo Pleno na sesión ordinaria do día 28 de marzo de 2007 relativo á aprobación do expediente de modificación de crédito número 1/2007, no sentido seguinte: Onde di: Capítulo 4º Transferencias correntes................. 1.142.868,00 € Capítulo 7º Transferencias de capital................ 590.000,00 € Debe dicir: Capítulo 4º Transferencias correntes................. 958.868,00 € Capítulo 7º Transferencias de capital................ 774.000,00 € O resto do acordo permanece invariable. 4. 5547.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Si, tenemos los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 20 de abril y el 24 de mayo del presente año. Queda enterado o Pleno da seguinte: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 20 de abril e 24 de maio do ano 2007 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. Sr. Presidente.- Fóra da orde do día. Non hai nada. 5. 5548.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. D. Juan, D. Juan Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Bueno, como este es el último Pleno. Sr. Presidente.- Bueno, último non creo. Sr. Muradas Ramos.- Último Pleno ordinario. ¿Puede haber otro?. ¿Hay otro?. Sr. Presidente.- Puede haber, no se. Sr. Muradas Ramos.- ¡Ah!, entonces nada, reitero la pregunta, si es que hay otro sino digo otras cosas. Sr. Presidente.- Pregunte, pregunte. Sr. Muradas Ramos.- La pregunta ya sabe usted, no se ponga cínico porque sabe a que pregunta me estoy refiriendo. Sr. Presidente.- Sen insultar. Sr. Muradas Ramos.- No, digo que no se ponga, no dio que sea, digo que no se ponga. Sr. Presidente.- ¡Ah!, sen insultar. Sr. Muradas Ramos.- Es distinto, no estoy insultando a nadie. Sr. Presidente.- Sen insultar. Sr. Muradas Ramos.- Este es el séptimo Pleno que formulo la misma pregunta, como aún queda otro para ruegos y preguntas pues me reservo lo mejor para la despedida. Espero que me conteste antes de ese último Pleno. Sr. Presidente.- Muchas gracias D. Juan Muradas. Pois, non habendo máis rogos e preguntas levántase a sesión. Moi bos días a todos. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e dezaoito minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota