Fondos
2007-06-27_Constitutiva. Acta de sesión 2007/06/27_Constitutiva
Acta de sesión 2007/06/27_Constitutiva
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/3.2007-06-27_Constitutiva
Título Acta de sesión 2007/06/27_Constitutiva
Data(s) 2007-06-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria de constitución da Corporación Provincial. 27 de xuño de 2007 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas do día vinte e sete de xuño do ano dous mil sete, reuníronse as/os Señoras/es Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Rafael Louzán Abal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria de constitución da Corporación Provincial, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Sr. Secretario.- Vamos a dar comienzo a la sesión constitutiva de la Corporación Provincial de Pontevedra resultante de las elecciones locales celebradas el 27 de mayo de 2007, dando con ello cumplimiento a lo dispuesto en los arts. 207 de la Ley Orgánica 5/1985, de 17 de junio, de Régimen Electoral General y 57 del R.D. 2568/1986, de 28 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales. De conformidad con las actas de proclamación de Diputados/as provinciales efectuadas por las siete Juntas Electorales de Zona de la Provincia y según el orden de recepción en esta Diputación resulta: - Por el Partido Judicial de Lalín D. Xosé Crespo Iglesias, del Partido Popular. - Por el Partido Judicial de Ponteareas D. Julio Alén Montes, del Partido Popular. D. Gabriel Martínez Giráldez, del Bloque Nacionalista Galego. - Por el Partido Judicial de Tui D. Jesús María Fernández Portela, del Partido Popular. D. José Antonio Olmedo Granja, del Partido de los Socialistas de Galicia – PSOE. - Por el Partido Judicial de Pontevedra Dª. Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Agustín Reguera Ocampo y D. José Enrique Sotelo Villar, del Partido Popular. D. José Amador Eiras Paz y D. Constante Juan Muradas Ramos, del Partido de los Socialistas de Galicia – PSOE. D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo y D. Daniel Rodas Chapela, del Bloque Nacionalista Galego. - Por el Partido Judicial de A Estrada D. Silvestre José Balseiros Guinarte, del Partido Popular. - Por el Partido Judicial de Vigo D. José Manuel Figueroa Vila, Dª. María Corina Porro Martínez, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño y D. Jesús Vázquez Almuíña, del Partido Popular. Dª. Isaura Abelairas Rodríguez, D. Emilio González Iglesias, D. Juan Antonio González Pérez y D. Rafael Lores Rosal, del Partido de los Socialistas de Galicia – PSOE. Dª. María Xosé Méndez Piñeiro y D. Pauliño Damián del Río Iglesias, del Bloque Nacionalista Galego. - Por el Partido Judicial de Cambados D. José Juan Durán Hermida y D. Rafael Louzán Abal, del Partido Popular. D. Juan Luciano Otero Besada, del Partido de los Socialistas de Galicia – PSOE. 1. 5551.- CONSTITUCIÓN DA MESA DE IDADE Sr. Secretario.- Primer punto del orden del día, constitución de la mesa de edad. En cumplimiento de lo dispuesto en las disposiciones anteriormente citadas, la sesión constitutiva estará presidida por una Mesa de Edad que está compuesta por D. José Amador Eiras Paz diputado electo de mayor edad y por D. José Antonio Olmedo Granja diputado electo de menor edad. Ruego por favor que pasen a presidir la sesión. 2. 5552.- COMPROBACIÓN DE CREDENCIAIS E POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E ACTIVIDADES DECLARACIÓNS DE INTERESES E CAUSAS DE Sr. Eiras Paz.- Comprobación de credenciais e declaracións de intereses e causas de posible incompatibilidade e actividades. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Se hace constar por esta Secretaría que las credenciales acreditativas de la elección de los diputados/as han sido recibidas y cotejadas y que los mismos han cumplido con lo previsto en el art. 75,7 de la Ley 7/85, de 2 de abril, Reguladora de las Bases de Régimen Local, habiendo presentado declaración de intereses y causas de posible incompatibilidad y actividades que constan en el expediente. 3. 5553.- TOMA DE POSESIÓN DOS/AS SRES./AS DEPUTADOS/AS PROVINCIAIS Sr. Eiras Paz.- Punto terceiro. Toma de posesión dos/as señores/as Deputados/as. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- De conformidad con el art. 108.3 de la Ley Orgánica del Régimen Electoral General, “En el momento de tomar posesión y para adquirir la plena condición de sus cargos, los candidatos electos deben jurar o prometer acatamiento a la Constitución, así como cumplimentar los demás requisitos previstos en las leyes o reglamentos respectivos” estableciendo el art. 1 del R.D. 707/1979, de 5 de abril, la fórmula de juramento o promesa en cargo y funciones públicas. Sr. Eiras Paz.- Primeiro tomará posesión esta Presidencia, e despois o Secretario chamará un por un, por orde alfabética, ás señoras deputadas e ós señores deputados para que procedan a tomar posesión dos seus cargos e unha vez efectuado se incorporen ó seu escano respectivo. Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Doña Isaura Abelairas Rodríguez. Sra. Abelairas Rodríguez.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputada Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Julio Alén Montes. Sr. Alén Montes.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Silvestre José Balseiros Guinarte. Sr. Balseiros Guinarte.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don José Crespo Iglesias. Sr. Crespo Iglesias.- Xuro e prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Pauliño Damián Del Río Iglesias. Sr. Del Río Iglesias.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade al Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado e defender os intereses de Galiza. Sr. Secretario.- Don José Juan Durán Hermida. Sr. Durán Hermida.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Jesús María Fernández Portela. Sr. Fernández Portela.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don José Manuel Figueroa Vila. Sr. Figueroa Vila.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Emilio González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Juan A. González Pérez. Sr. González Pérez.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Rafael Lores Rosal. Sr. Lores Rosal.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Rafael Louzán Abal. Sr. Louzán Abal.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Gabriel Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado e defender os intereses de Galiza. Sr. Secretario.- Dona María Xosé Méndez Piñeiro. Sra. Méndez Piñeiro.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado e defender os intereses de Galiza. Sr. Secretario.- Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado e defender os intereses de Galiza. Sr. Secretario.- Don Constante Juan Muradas Ramos. Sr. Muradas Ramos.- Prometo por mi conciencia y honor cumplir las obligaciones del cargo de Diputado Provincial con lealtad a el Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como normal fundamental del Estado. Sr. Secretario.- Don José Antonio Olmedo Granja. Sr. Olmedo Granja.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Juan Luciano Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir con lealdade o cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Doña María Teresa Pedrosa Silva. Sra. Pedrosa Silva.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputada Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Doña María Corina Porro Martínez. Sra. Porro Martínez.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputada Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Severino Reguera Varela. Sr. Reguera Varela.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Agustín Reguera Ocampo. Sr. Reguera Ocampo.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Daniel Rodas Chapela. Sr. Rodas Chapela.- Prometo pola miña conciencia e honor cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado e defender os intereses de Galiza. Sr. Secretario.- Don José Carlos Silva Mariño. Sr. Silva Mariño.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don José Enrique Sotelo Villar. Sr. Sotelo Villar.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Don Jesús Vázquez Almuiña. Sr. Vázquez Almuiña.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Eiras Paz.- Cumprido por todas as señoras Deputadas e os señores Deputados electos o requisito de acatamento á Constitución, esta Presidencia declara persoados nos seus cargos ós mesmos, quedando constituída a Corporación Provincial de Pontevedra. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Se hace constar que según lo dispuesto en el art. 56,2 del Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales está incorporado al expediente la documentación relativa al arqueo, los justificantes de las existencias en metálico y valores propios de la Corporación así como la documentación relativa al inventario de la Corporación y de sus organismos autónomos. 4. 5554.- PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS Sr. Eiras Paz.- Punto cuarto. Presentación de candidaturas. De conformidade co manifestado polos distintos grupos políticos, estes propoñen como candidato á Presidencia da Deputación: Polo Bloque Nacionalista Galego: Don Cesáreo Mosquera. Polo Partido dos Socialistas de Galicia – PSOE: Don Emilio González Iglesias. E polo Partido Popular: Don Rafael Louzán Abal. Sr. Eiras Paz.- Antes de proceder á elección de Presidente cada grupo disporá de tres minutos para a súa intervención. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Ben. Moitas gracias Sr. Presidente. Moi bos días a todos e a todas. Nós cremos que esta institución necesita un esforzo, un esforzo por parte de todos, un grande esforzo de modernización, de actualización, as formas democráticas do século XXI, de en definitiva renovación profunda. E non o dicimos só nós, dixérono os cidadáns cando nestas eleccións, nas eleccións municipais, os que nos vamos a sentar nos bancos da oposición representamos máis dun 4% de votantes en relación ós que se van a sentar nos bancos do goberno. Teñan en conta que o noso plantexamento e así o facemos hoxe clara e solemnemente con respecto a este mandato vai ser que se, se con esa maioría numérica exigua e non de votantes, no que claramente a suma da oposición é superior, se tomaron conta desta necesidade van a ter no noso grupo a maior colaboración porque estamos convencidos de que é unha tarefa urxente dar este paso nesta Deputación. Caso contrario pularemos con todas as nosas enerxías tamén porque se dea esa renovación pero terá que ser a contrapelo, terá que ser dende unha oposición frontal e rigurosa. Agardemos polo ben de todos de que sexa a primeira liña, sexa a liña de impulsar a democratización e a renovación desta institución a que tome o goberno e poidamos colaborar con todas as nosas enerxías a este fin que consideramos prioritario. Moitas gracias. Sr. Eiras Paz.- Moitas gracias. Ten a palabra Don Emilio González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Sres. Deputados estamos aquí hoxe no acto de conformar o goberno da Deputación de Pontevedra, unha institución que ten máis de 171 anos e que foi creada para promover a prosperidade da provincia, obxectivo que obviamente seguimos compartindo, pero afortunadamente o paso do tempo e as novas situacións obrigan a redefinir o papel das Deputacións. Nese camiño os socialistas apostamos claramente por unha política de coordinación cos concellos e co goberno de Galicia, despois dunha profunda reflexión sobre o papel das Deputacións no entramado institucional potenciando o seu papel como institución prestataria de servicios de asistencia e apoio ós concellos, xogando un papel supletorio das capacidades municipais, nos ámbitos económico, xurídico e técnico. As Deputacións deben transformarse nun auténtico consello xeral dos concellos da provincia, a coordinación coas administracións locais e a administración autonómica para a configuración de redes temáticas ou especialidades que aumenten a eficacia do uso dos recursos e permitan atender mellor ós cidadáns. Apostamos pola descentralización da Deputación configurando polos de prestacións de servizos nas áreas urbanas e cabeceiras de mancomunidades ou comarcas, de ser o caso. Comprometémonos a un novo deseño dos plans provinciais integrando o papel da comunidade autónoma, favorecendo o equilibrio territorial do investimento, así como a autonomía dos concellos garantindo un uso equitativo e transparente dos recursos públicos. Estenderemos os convenios de Vigo e Pontevedra ós concellos de máis de 20.000 habitantes, potenciaremos o CPAM como instrumento de colaboración real cos concellos fundamentalmente dirixido ós pequenos e medianos garantindo o seu acceso a programas de turismo, inmigración, igualdade e servizos sociais e en todas aquelas competencias propias e asumidas que teñan dificultades para o seu desenvolvemento poñendo en marcha un plan provincial de novas tecnoloxías. Falábamos antes de transparencia e uso equitativo dos recursos. Esto plasmarase na creación dunha comisión de contratación na que estean presentes as forzas políticas que conforman a Deputación Provincial de Pontevedra. Comprometémonos a revisar todas as bases para subvencións e aportacións a concellos e asociacións acabando coas reservas unipersonais para concesión de subvencións e con algo que sería obvio en calquera institución democrática, o respecto escrupuloso á lei de subvencións. Renovamos o noso compromiso coa Deputación coa depuración de augas, saneamento, redes de augas potable, e coa creación dun plan de recollida de augas pluviais coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e os concellos da provincia. A Deputación ten que dar resposta a problemas actuais e non cabe dúbida que un dos máis importantes é o cambio climático, polo que faremos unhas xornadas nas que se porá sobre a mesa as aportacións que podemos facer a diferentes institucións locais diante deste problema. Incrementar o uso das enerxías renovables, uso comedido de recursos naturais que son limitados, medidas de transporte, etc. Nunha palabra estamos pedindo o voto para gobernar a Deputación de Pontevedra e para facer política na institución provincial e non para facer política con ela, nunca máis pode utilizarse de ariete unha institución contra outra, polo contrario a Deputación ponse ó servizo dos cidadáns como instrumento de colaboración cos concellos e co goberno de Galicia. Moitas gracias. Sr. Eiras Paz.- Ten a palabra D. José Crespo Iglesias. Sr. Crespo Iglesias.- Mesa de Idade, Sr. Alcalde de Pontevedra e compañeiros Deputados, autoridades e representacións, señoras e señores. En democracia débense aceptar as regras do xogo cando convén e mesmo cando non convén. Os cidadáns de Pontevedra quixeron que a maioría dos Deputados corresponderan ó Partido Popular sen necesidade de ningunha coalición, por eso que, neste momento, no momento de debate político sobre a conveniencia e o futuro das deputacións, o Partido Popular aboga non só polo mantemento das mesmas senón polo seu reforzamento, pero cunha actualización dos seus obxectivos para traballar por un fin común que é en definitiva a calidade de vida, a mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Pontevedra. Descoñécese bastante o que é unha Deputación pola opinión pública en xeral e estámolo vendo a cotío cando se observan distintas comunicacións, non de grupos políticos senón de persoas que non teñen que ver coa política activa. E a súa función fundamental é a de ser a garantía da aplicación real do principio de subsidariedade, entendemos que a administración que debe atender ós veciños debe ser a que está máis perto dela, nunha primeira escala están os concellos e a Deputación, tanto os concellos como a Deputación ámbolos dous son administración local. Firmouse un pacto local precisamente para acercar ós veciños os servizos tanto dende o goberno autonómico como dende o goberno central e nesa loita estamos para que os veciños e veciñas, sobre todo dos concellos que teñen menos recursos poidan ter unha calidade importante na prestación dos servizos que lonxe de despoboarse pois fixen poboación. Eu creo que ese é un reto que vai a manter o grupo popular da Deputación de Pontevedra neste mandato que agora comeza. Na definición das Deputacións hai que pensar non na búsqueda da percepción teórica e ás veces utópica, senón máis na búsqueda do ben pragmático. Eu creo que cada paso máis necesitamos os políticos que estean máis a pé de obra, máis en contacto directo cos veciños e as veciñas, para que non gobernemos para uns teóricos veciños senón para uns veciños reais. Os obxectivos que nos vamos a marcar nestes catro anos é de ser unha institución de asistencia ós concellos, a todos eles en xeral, pero especialmente ós máis pequenos que moitas veces por unha insuficiencia financeira clara e palpable pois non poden atender as demandas principalmente. Tamén vamos a intentar ser unha administración ponte entre realidades locais e o entorno global e tamén ser unha administración con capacidade para atallar problemas e oportunidades a escala provincial como pode ser no eido de novas tecnoloxías, no que levamos un considerable atraso con respecto a outras autonomías, no deporte, servizos sociais, a cultura, medio ambiente, etc., de todo iso falaranos o futuro Presidente da Deputación, Rafael Louzán, no seu discurso de investidura onde dalgún xeito vai a deixar claro que quere reformular certas áreas existentes xa no seno desta casa para melloralas, e crear outras novas, en definitiva adecuar a Deputación ós tempos. O Partido Popular propoñemos a Rafael Louzán Abal como candidato a esta casa basicamente por tres razóns, a primeira é porque é un profundo coñecedor da provincia, creo que non hai recuncho da provincia de Pontevedra, non hai concello e se me apurades parroquia que non coñeza Rafael Louzán e que non coñeza as súas necesidades. Creo que o demostrou ó longo da súa vida nesta casa, primeiro como Deputado Provincial e Vicepresidente desta casa, e logo nestes últimos catro anos como Presidente. Tamén ten unha experiencia no cargo, eso creo que é algo importante sobre todo para non facer experimentos con gaseosa, creo que estas casas que agora mesmo necesitan adaptarse ós tempos teñen que ter unha base pragmática e hai que coñecelas por dentro para poder falar delas senón corremos o risco de non levala ós derroteiros que queremos. E tamén, en terceiro lugar, porque ten unha grande capacidade de traballo e cre nos equipos. Eu creo que o equipo que vai conformar nesta casa vai a ser garante de que durante estes catro anos a Deputación estea máis perto que nunca dos veciños e veciñas desta provincia e sobre todo que sexa digamos o caparazón que necesitan os concellos que teñen menos recursos e tamén os que teñen máis pero que en eidos tan sensibles actualmente coma o urbanismo, onde moitos concellos que non teñen recursos suficientes pois non teñen os técnicos axeitados para levar a cabo os seus proxectos, podelos dar dende esta casa. Creo que esa é unha das novidades importantes que vai a propoñernos o Presidente, o futuro Presidente no seu discurso de investidura. Moitas gracias. Sr. Eiras Paz.- Moitas gracias. 5. 5555.- ELECCIÓN DE PRESIDENTE Sr. Eiras Paz.- Punto 5. Elección de Presidente. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- De conformidad con el art. 102 del ROF el sistema normal de votación será la votación ordinaria. En el supuesto de que algún miembro de la Corporación solicitara la votación nominal o secreta para la elección de Presidente, se requerirá la previa aprobación por el Pleno en votación ordinaria. Sr. Eiras Paz.- ¿Votos a favor de D. Cesáreo Mosquera?. Cinco. ¿Votos a favor de D. Emilio González Iglesias?. Ocho. ¿Votos a favor de D. Rafael Louzán Abal?. Catorce. Nestes intres escóitanse aplausos dos asistentes ó acto. Sr. Eiras Paz.- Por conseguinte D. Rafael Louzán Abal ó obter a maioría absoluta legal esixida na primeira votación queda proclamado Presidente. Para dar cumprimento ó disposto no art. 60.2 do ROF, o proclamado Presidente electo deberá tomar posesión do seu cargo mediante a fórmula anteriormente empregada nesta sesión plenaria. Sr. Louzán Abal.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Presidente da Deputación con lealdade al Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado así como defender os intereses da provincia de Pontevedra e de Galicia. Escóitanse aplausos. Sr. Eiras Paz.- Cumprido o citado requisito, esta Presidencia declara posesionado no seu cargo de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a D. Rafael Louzán Abal. O Presidente da Mesa entrégalle o bastón de mando e o colar de Presidente, pasando este a ocupar a Presidencia da sesión e pasando a ocupar os escanos a Mesa de Idade. Escóitanse aplausos. Sr. Presidente.- Moi bos días. Autoridades, representacións, señoras e señores deputados, queridos concidadáns. Permitídeme que hoxe sexa un pouco máis extenso do habitual. Asumo o cometido de formar e dirixir o Goberno como un inmenso honor, como unha trascendente responsabilidade e como un firme compromiso que contraigo con todos e cada un dos cidadáns da provincia de Pontevedra. O noso proxecto político ten como obxectivo a modernización e o progreso dos concellos, e como finalidade prioritaria acadar os maiores niveis de benestar económico e social para o millón de persoas que habitamos nesta provincia. Moitas gracias, pois, señoras e señores deputados. Poden estar absolutamente seguros que adicarei tódolos esforzos precisos, e todo o traballo necesario, para non defraudar a confianza que vostedes depositaron en min e para lograr que esta institución siga a ser o auténtico motor e o protagonista principal da vertebración e o desenvolvemento da provincia a través da axuda e a cooperación cos seus concellos. E gracias tamén ó apoio que me mostrou a miña formación política, o Partido Popular, que incrementou na nosa provincia o respaldo que obtivera fai catro anos. Neste intre, especialmente emotivo para min, quero formular tamén o meu máis firme compromiso persoal e colectivo para cos deputados e alcaldes. Un compromiso que estendo a todos e cada un dos cidadáns. Accedo á presidencia dunha grande institución, de longa e frutífera traxectoria, e de notable e transcendente influenza na vida da provincia de Pontevedra. E o fago coa certeza de que a Deputación non é algo diferente ós concellos, senón que é o organismo dos mesmos, fortalecidos pola súa capacidade de traballar conxuntamente. A razón de ser, pois, da Deputación e das políticas que se han de desenvolver deben estar, loxicamente, ligadas a eles e ós cidadáns que representan. Por iso quero expresar, dende xa, a miña firme determinación de gobernar para os concellos pero, sobre todo, contando cos concellos. Hoxe, España está inmersa nun proceso de cambios lexislativos que afectarán ó marco xurídico do réxime local. Neste novo marco, resulta preocupante o descoñecemento, bastante xeneralizado, sobre as funcións e o quefacer diario das deputacións. E digo preocupante porque ese descoñecemento -alentado moitas veces por intereses particulares ou partidistas- pode xenerar a imaxe de que son innecesarias. E non é así. As competencias das deputacións van máis alá, moito máis alá, do simple reparto de recursos económicos, axudas ou subvencións. A función fundamental que prestan, e deben seguir prestando, é ser a garantía da aplicación real e eficiente do principio de subsidiariedade, asegurando a prestación integral e axeitada, na totalidade do territorio provincial, dos servizos de competencia municipal dende o mesmo nivel de goberno. Galicia é un país de pequenos municipios no que moitos deles non poden levar a cabo, completa e eficazmente, competencias que lles recoñecen as leis. Hoxe, coas reformas en curso, córrese o risco de que o principio de subsidiariedade xogue, paradoxicamente, en contra da Autonomía Local e a favor do goberno menos próximo ós cidadáns. Por iso é indispensable manter unha instancia intermedia entre os concellos e a Comunidade Autónoma, para que o interese municipal quede fixado no ámbito local. Creo, por tanto, que as deputacións forman parte cos concellos dunha sola Comunidade Local. E que debe ser a esta Comunidade Local á que se lle deben adxudicar, de xeito global, unhas competencias locais que deben ser exercidas polos concellos e garantizadas pola provincia. O goberno provincial debe ser, pois, un goberno instrumental con funcións de cooperación e asistencia para garantir que os concellos -sobre todo os de menos recursos- poidan exercer as súas competencias. Considero que non se pode xustificar, de ningún xeito, a perda do alto potencial de xestión das deputacións, a súa experiencia acumulada, e os seus probados resultados. Ó revés: as deputacións son plataformas de servizos nas que -nestes tempos dun Pacto Local por certo aínda etéreo e sen concretar- debe reforzarse o seu papel de cooperación cos concellos e incrementarse a súa solvencia económica. Dito isto, entendo e apoio a reforma das deputacións para adaptalas ó mundo actual. Algo non novidoso, por outra parte, pois é algo que se vén facendo dende fai 174 anos e que explica non só a súa supervivencia senón tamén, e sobre todo, o seu éxito e a súa eficacia. Unha reforma e unha evolución que, ó meu xuízo, debe basearse en cinco principios: 1º.- A proximidade ós concellos e á cidadanía, pois o propio sistema de elección indirecta fai que os seus órganos os formen electos locais. 2º.- O obxectivo de aportar máis benestar ós cidadáns, garantindo a prestación de servizos de calidade para todos e en todo lugar. 3º.- A potenciación da súa eficacia e da súa eficiencia 4º.- A incorporación do valor da innovación nas políticas públicas locais, pois son as deputacións quén mellor poden deseñalas, evalualas e tamén impulsalas. E 5º.- Basear a súa relación cos concellos na transparencia e na participación, concertando as súas políticas, fomentando o traballo en rede e creando redes, mancomunidades ou entidades supramunicipais. Esta reforma das deputacións, ó meu xuízo, e en base ós anteditos principios, debe delimitar claramente as súas funcións. Dotalas da capacidade de asumir algunhas das que agora ten a Xunta porque son máis efectivas desenvolvidas dende a provincia, e de ceder outras que non son propias delas, pois desdebuxan o seu presuposto e a súa actividade. Outorgarlles competencias exclusivas en servizos básicos municipais e respectar o principio constitucional da Autonomía Local. Fixar os seus obxectivos no Plan Estratéxico provincial, como o que xa ten a Deputación de Pontevedra. Así como coordinar a súa acción coa Xunta e outras institucións, sen que iso queira dicir sumisión, nin maniatar a súa independencia nin a súa capacidade de xestión e intervención. En definitiva, considero que o futuro das deputacións pasa por incrementar aínda máis a súa cooperación cos concellos para reducirlles custes e garantir a prestación de servizos, e para contribuír á mellora e ó progreso social, cultural e económico da provincia. Para suliñar a necesidade, a importancia e trascendencia da Deputación para a nosa provincia baste citar algunhas accións levadas a cabo pola anterior Corporación, o cal agradezo a todos os compañeiros da anterior Corporación a súa colaboración, accións que fixei naquel primeiro contrato meu coa cidadanía que foi o anterior discurso de investidura, e que teño a honra de poder dicir que cumprín co meu goberno na súa maior parte. Por exemplo, no eido do desenvolvemento, a creación do Instituto para a Promoción e Equipamento de Solo Industrial de Pontevedra (IPESPO) que posibilitou, polo de agora, a construción, xa en proceso, de 2 millóns de metros cadrados de chan industrial no polígono Barro-Meis, ou os vinte proxectos europeos xestionados e liderados pola Deputación de Pontevedra. No eido da cooperación municipal, a laboura do ORAL, que xestiona os ingresos tributarios de 52 concellos da provincia; a do Plan Cultural; a do apoio e fomento do deporte base ou da inversión de 18 millóns de euros na construción de 50 campos de fútbol de herba sintética. No ámbito das áreas metropolitanas, os convenios cos concellos de Vigo e Pontevedra para posibilitar infraestruturas ós cidadáns ou obras tan significativas como a ampliación do Museo de Pontevedra, o novo Pasarón ou a Piscina Olímpica son, xunto coa construción e mantemento dun Parque de Bombeiros por comarca, algúns dos exemplos. Noutros campos, estas accións posibilitaron a recuperación de catro voos diarios, suprimidos por Iberia, para o aeroporto provincial de Peinador; a realización de numerosos e novidosos programas de servizos sociais en busca do maior benestar social; a potenciación, en pro da calidade e da excelencia turística, do padroado Turismo Rías Baixas ó que se lle dotou dunha nova e emblemática sede, o Palacete das Mendoza; a creación de premios e estímulos para distintos sectores da provincia; ou as numerosas obras de infraestruturas desenvolvidas en tódolos concellos -que van dende a nova Ponte Arnelas ata a instalación de 40 depuradoras- a tal punto que, na maioría dos concellos, as súas máis trascendentes obras foron executadas pola institución provincial. A función da Deputación de Pontevedra revélase, pois, de vital importancia para a provincia. E, si nese meu anterior discurso de investidura detallei unha serie de accións que marcaron o norte daquel meu primeiro goberno, agora paso a relatar as pautas que me dispoño a poñer en marcha de inmediato, así como un esbozo do programa que rexerá a nosa laboura. As pautas da nosa acción serán as seguintes: 1º.- Queremos que a Deputación de Pontevedra -que gobernará para un millón de persoas, sen exclusións- sexa unha auténtica entidade supramunicipal que axude ós concellos a prestar todo tipo de servizos. Que non compita con outras administracións, senón que cumpra o seu papel de Administración facilitadora de recursos. 2º.- Buscamos que a Deputación aporte o seu asesoramento, sobre todo nos pequenos concellos, para provelos dos servizos ós que non poden acceder en modo algún sen a axuda da institución provincial. 3º.- Temos como obxectivo camiñar hacia unha auténtica descentralización de servizos, de xeito que os técnicos e o persoal especializado da institución visiten periodicamente cada un dos concellos para informar de axudas, programas, liñas de actuación ou determinados servizos que, doutro xeito, é impensable que o veciño poida ter. 4º.- Pretendemos que os cidadáns sigan a percibir que as deputacións están para apoiar ós concellos, non só na teoría, senón na realidade do día a día. E, neste senso, faremos un esforzo de información e de pedagoxía, que chegue a tódolos rincóns da provincia, sobre a función, o sentido, os obxectivos e as actuacións da Deputación de Pontevedra. Adicarémonos a recibir a quen desexen coñecer a institución ou plantexar novas iniciativas, e seguiremos visitando, día a día, cada concello da provincia. 5º.- Apostamos por mancomunar servizos para optimizar a súa prestación e porque permiten reducir custes e unha mellor negociación a nivel supramunicipal. Esforzarémonos en promover esta iniciativa en temas como recollida do lixo, urbanismo, servizo de bombeiros ou programas da Unión Europea. E 6º.- Incrementaremos o papel da Deputación como provedora de recursos -de formación, de técnicos, de control ou de planificación- para os concellos. E isto dende a conciencia de que para moitas entidades locais esta laboura é case unha cuestión de supervivencia porque eles, por si solos, dificilmente poderán desenvolver os traballos de planificación e control. Estes principios de actuación veranse reflectidos nun programa de actuación concreta, cuxas liñas xerais lles paso a relatar. 1º.- Para afrontar a nova realidade social da provincia e do noso tempo, modernizaremos, reformularemos e, nalgún caso, crearemos novos Servizos para actualizar os seus cometidos e profundizar na asistencia e cooperación municipal. Neste senso, potenciaremos os Servizos Sociais especializados para favorecer unha mellor calidade de vida dos máis necesitados. E tamén, en base ós excelentes resultados obtidos nos 20 proxectos europeos liderados pola anterior Corporación, crearemos unha Oficiña de Recursos Externos e Proxectos Europeos para información e asesoramento municipal e para incrementar a nosa participación en programas e proxectos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que tantos éxitos nos dou. 2º.- Crearemos un órgano adicado, exclusivamente, a atender ás necesidades urbanísticas dos concellos que se centre en proporcionar información, elaborar documentos de planeamento e na asesoría xurídico-técnica. 3º.- Definiremos os obxectivos de cada zona a través dun Rexistro de Prioridades Municipais para axilizar as demandas dos cidadáns. 4º.- Potenciaremos Viveiros de Empresas para a xente xoven, facilitándolles os medios precisos para desenvolver a súa actividade empresarial, e crearemos, en colaboración coa Universidade e outros axentes sociais, un Centro de Teletraballo para apoiar ás Pemes e formar a traballadores en paro. Estes telecentros desenvolverán tarefas como rexistro de datos, programación, marketing, deseño gráfico, traballos administrativos, tradución e contabilidade. No eido empresarial, a laboura do IPESPO para crear solo industrial, e no seu caso vivenda pública, estenderase a novos concellos. E apoiaremos ós sectores agrogandeiro e vitivinícola, e tamén do mar, que terá un plan específico de novas liñas de axuda. 5º.- A promoción exterior da provincia e a captación de recursos e de novos sectores turísticos, será un obxectivo primordial do organismo autónomo Turismo Rías Baixas. Con este fin, seguirá participando nos principais certames do mundo e potenciará a labor dos seus profesionais en busca da calidade, da excelencia e de favorecer a ocupación perante todo o ano. 6º.- O noso goberno destinará polo menos o 0,7% dos recursos correntes da Deputación ó remate do mandato para a Pontevedra Exterior e a nova realidade social que conforman tamén os inmigrantes. Entendemos que, nun caso, é unha obriga solidaria para paliar situacións de extrema necesidade dos nosos emigrantes e, noutro, un compromiso cos novos pontevedreses. A tal fin, emprenderemos actividades e artellaremos liñas de subvencións para distintas entidades. No eido social, é vontade deste goberno incrementar as partidas económicas para programas e actividades de maiores, xoves e mulleres, a través de programas tan novidosos como os que xa puxemos en marcha, como Pensa en Ti, Ti tamén Contas ou, entre outros, o programa social de balnearios que potencia o noso sector termal, crea emprego e diversifica a oferta. 7º.- Nas novas tecnoloxías, a Deputación ampliará as xestións e trámites de servizos provinciais que se poden realizar a través de Internet ata conseguir a plena presenza da provincia de Pontevedra na Sociedade da Información, e a plena transparencia e participación da súa xestión. Con este fin, nos concellos con menos recursos, garantizaremos a instalación de redes wifi. 8º.- Impulsaremos a área de Medio Ambiente da Deputación de Pontevedra con especial atención a tres eidos. En primeiro lugar, os espazos naturais, poñendo a disposición dos cidadáns centros de información e documentación, itinerarios sinalizados e rutas guiadas, museos e exposicións temporais, albergues, aloxamentos rurais, áreas de recreo e acampada, publicacións e audiovisuais, ademais de cursos, talleres e estancias ambientais. Todo iso coa finalidade de disfrutar, coñecer e sobre todo respectar o medio natural. En segundo lugar, o Patrimonio Arquitectónico Local, para asesorar e ofrecer apoio técnico e científico ós concellos e para actuar nos seus monumentos e centros históricos a través dese emblema da nosa institución que é a Escola de Canteiros. E, finalmente, promovendo e estimulando mediante premios e incentivos, iniciativas de Solidariedade e Voluntariado en temas de recuperación e promoción do medio, en particular dos nosos ríos. Nesta liña, rehabilitaremos aldeas e espazos abandonados que aproveitaremos para fins educativos e sociais. 9º.- No ámbito deportivo, continuaremos coa construción, coidado e mellora de infraestruturas que aseguren a práctica deportiva de tódolos pontevedreses en instalacións axeitadas de carácter público. E daremos un paso máis: crearemos Escolas Deportivas para fomentar a práctica do deporte cos concellos e sobre todo cos mellores profesionais e técnicos das modalidades deportivas máis demandadas. 10º.- Finalmente, somos conscientes de que a clave da segunda modernización está na educación, na investigación e na cultura, entendida ésta nas súas dúas formas da creatividade e da vida cotidiana. Por iso, seguiremos apostando pola Estación Fitopatolóxica de Areeiro e a Finca de Mouriscade e daremos unha preponderancia especial ó novo Museo de Pontevedra. Nel, adoptaremos iniciativas para convertelo nunha auténtica Escola de Cidadanía e daremos unha nova dimensión ó Museo, que hoxe xa é unha referencia cultural incuestionable en Galicia, a segunda superficie museística de España e un dos centros que atesoura máis calidade de obra. A través dos concellos, facilitaremos o transporte e o acceso de tódolos pontevedreses a el, para participar na súa nova programación e para coñecer a riqueza e diversidade cultural da nosa provincia e de Galicia. Este programa, que lles acabo de esbozar e que continúa os obxectivos establecidos no noso Plan Estratéxico Provincial 2010, implicará cambios e remodelacións dalgunhas das actuais áreas e servizos da Deputación de Pontevedra. Propoñémonos acometelos e, para iso, a primeira medida será constituír un Consello de Dirección do organismo provincial que, formado polo presidente, vicepresidentes, os deputados responsables de cada área e os xefes de servizo, reunirase periódicamente para formular e facer un seguimento das actuacións da Deputación e dos obxectivos establecidos. Para esta ilusionante viaxe, que agora se inicia, son precisas tódalas mans e tódalas contribucións. As do persoal da Deputación, de recoñecida profesionalidade e cualificación; as do novo equipo de goberno que estou seguro manterá o mesmo espírito de entrega, lealdade e ilusión en traballar por este proxecto provincial; as dos grupos do PSOE e do BNG coa súa leal oposición construtiva; as dos alcaldes e gobernos locais; as dos responsables doutras Administracións, xa que o noso programa necesitará tamén da súa axuda e colaboración; como non a dos empresarios e profesionais da provincia; as dos intelectuais, artistas e creativos; e as de tódolos pontevedreses individualmente considerados que, en definitiva, son os protagonistas e os destinatarios deste presente que se pon en marcha, en tensión, coa renovada ilusión de cara a un futuro mellor para todos. Para este proxecto de futuro, apelo tamén ós que exercen a función de informar e de crear opinión. A eles lles pido que nos apoien en difundir os novos proxectos e que nos incentiven na acción de goberno con unha análise rigorosa, seria e reflexiva, alonxada de frivolidades, do noso traballo. A colaboración dos medios sempre foi esencial para os avances democráticos da sociedade actual. Remato xa, non sen antes manifestar a miña lealdade á Constitución, ó Estatuto de Galicia e o ordeamento xurídico vixente que expresa a vontade do pobo ó que representamos, e do que procede a nosa lexitimidade para o exercicio da responsabilidade que hoxe asumo. E quero, finalmente, enviar un afectuoso recordo ós deputados da anterior Corporación e ós meus conveciños de Ribadumia, así como o meu afecto á miña familia. Pontevedra, provincia líder en Galicia en tantas cousas, ben merece todos os nosos esforzos e desvelos. Por iso vos pido a todos, humildemente, o voso apoio e colaboración nesta ilusionante tarefa de conquerir para ela as máis altas cotas aínda de progreso, cultura e tamén de benestar. Gracias a todos pola vosa presenza e pola vosa atención. Moi bos días. Escóitanse aplausos. Levántase a sesión pero antes actuará esa banda de gaitas da provincia de Pontevedra que tamén colabora, como non podía ser doutro xeito con esta institución. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota