ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Acta de sesión 2004/02/06_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-02-06_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/02/06_Ordinaria

  • Data(s) 2004-02-06 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Sesión do día 6 de febreiro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día seis de febreiro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o señor deputado D. José Enrique Sotelo Villar. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.11851.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de xaneiro de 2004. ------ Folla: 2.11852.- CONTRATO DE SERVICIOS A ESTABLECER ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN VIDA SANA Vistos os informes favorables de Intervención, Asesoría Xurídica e do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario, acórdase por unanimidade aproba-lo Contrato de Servicios a establecer entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Vida Sana, para a realización de tres cursos prácticos relacionados coa Gandería e a Agricultura Biolóxica, por importe de 17.700,00 euros e con cargo á partida 711.711.227.07, acordando facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a sinatura de dito Contrato de Servicios. Dito Contrato de Servicios é como segue: CONTRATO DE SERVICIOS A ESTABLECER ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN VIDA SANA REUNIDOS Dunha parte D. Rafael Louzán Abal, con DNI núm. 35.451.643-H como Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e doutra parte a Srª. Dona Ángeles Parra García con DNI núm. 40.515.002 como Secretaria Xeral Técnica da Asociación Vida Sana, con sede social na rúa de Mercé Rodoreda, núm. 18, 08193-BELLATERRA-Barcelona. Ámbalas dúas partes en nome e representación das institucións que respectivamente representan, recoñecen mutuamente a capacidade xurídica necesaria para a formalización do presente contrato de servicios e MANIFESTAN I.- Que a Asociación Vida Santa ten, entre outros obxectivos, a formación e divulgación de técnicas agrícolas respectuosas co medio ambiente. II.- Que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra dentro da competencia xeral de fomento e a administración dos intereses peculiares da Provincia, inclúe, agricultura e gandería sostible, agricultura ecocompatible, agricultura alternativa ou substitutoria e agricultura orgánica ou biolóxica. III.- Que ambas entidades acordan colaborar nos temas e condicións que a continuación se especifican nas diferentes cláusulas: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación Provincial de Pontevedra, en colaboración coa Asociación Vida Sana, ten previsto para o exercicio presupostario do ano 2004, a realización de tres cursos prácticos relacionados coa Agricultura Biolóxica, os dous primeiros dedicados á Viña, que se celebrarán na Estación Enolóxica de Leiro, no municipio de Ribadumia, e o terceiro dedicado á Panadería biolóxica, a celebrar na Abadía do Pelouro-Axeito, Premio Europa Nostra 1997, no municipio de Tui, a realizar na primavera-verán do presente ano. Segunda.- Que a Asociación Vida Sana, debido a súa dilatada experiencia nestes temas, encargarase da organización, difusión e realización de ditos cursos, así como da confección e entrega do material didáctico de cada un, seleccionando, entre ámbalas dúas partes, o profesorado adecuado e de maior experiencia en cada especialidade. Terceira.- Acomodarase cada curso ós fins de semana, sempre que sexa posible, para non entorpece-lo traballo diario dos asistentes, tendo unha duración máxima de 30 horas. Os cursos propostos para este ano son: Os dous primeiros sobre Manexo da Viña que terán unha duración de 7 ou 8 días, desglosados en dous fins de semana dos meses de marzo e abril. E o terceiro que se prevé realizar no mes de setembro dedicarase á Panadería biolóxica, e terá unha duración estimada de 4 días. Cuarta.- Que o número máximo de asistentes por curso será de 30 alumnos, e que para poder iniciar cada un, terá que matricularse un mínimo de 15. Quinta.- Os programas de cada curso remitiranse a esta Deputación con suficiente antelación, para a súa difusión a maiores pola provincia. Sexta.- A Deputación Provincial de Pontevedra encargarase de busca-lo local de aloxamento de profesorado e alumnos no mesmo sitio, para poder comparti-las ensinanzas de cada día co profesorado, e así aproveitar ó máximo o curso. Igualmente encargarase de xestiona-la aula e os accesorios necesarios para a impartición das clases teóricas, así como de busca-las fincas adecuadas para o desenvolvemento das prácticas. Sétima.- Cobrarase a cantidade de 120,00 euros por alumno en concepto de matrícula, aloxamento e manutención, que recibirá a asociación Vida Sana no momento da inscrición, comprometéndose esta a liquida-los gastos de aloxamento ó rematar cada curso. Oitava.- Estímase que o custo total dos tres cursos será de dezasete mil setecentos euros (17.700,00), que se librarán unha vez rematado cada curso con cargo á partida 711.711.227.07 do vixente presuposto provincial. (Ver desglose no Anexo a este Convenio). Novena.- A Deputación Provincial de Pontevedra liquidará a Vida Sana, ó rematar cada curso, a cantidade correspondente ó mesmo, previa presentación das facturas ó respecto. Décima.- Noméase coordinador para os efectos deste contrato, ó Xefe da Unidade de Agricultura Biolóxica, dependente do Servicio Agrario, D. Gerardo Muñoz Menéndez, quen participará nos mesmos e dará fe da execución de cada curso. E en proba de conformidade, asínase o presente contrato de servicios por duplicado, en Pontevedra, a día 11 de febreiro de dous mil catro. Pola Excma. Deputación de Pontevedra, Pola Asociación Vida Sana O PRESIDENTE, A SECRETARIA X.TÉCNICA ANEXO Ó CONTRATO DE SERVICIOS 2004 Xornadas de Viticultura Biolóxica 1º Curso: 4-7 de marzo. 2º Curso: 2-4 de abril. Obxectivos: S Ensinar a determina-lo tipo de fertilización máis adecuada para a viña en función do tipo de solo. S Presenta-las técnicas da agricultura biolóxica para o control de pragas e enfermidades que afectan á viña. S Explica-la normativa que afecta ó cultivo biolóxico da vide e cal é o mecanismo para a inscrición dos viñedos. S Presenta-la experiencia de viticultores biolóxicos en condicións climáticas similares ás galegas. Programa: 1º Curso Xoves 4 de marzo 10 h Presentación do curso e entrega do material. 10,30 - 14 h O solo, un medio vivo: Factores de evolución do solo. Xenética dos solos. Degradación dos solos. 16 - 19 h Observación do solo: Lectura da paisaxe. Observación do perfil. Realización do test. Venres 5 de marzo 9 - 14 h Estudio de varios perfís. Toma de mostras. 16 -19 h Hipótese sobre a fertilidade dos solos. Sábado 6 de marzo 9 - 14 h Determinacións de laboratorio: Coeficiente area. Cantidade e calidade das arxilas. Cantidade e calidade da materia orgánica. Saturación en bases. 16 -19 h Utilización dos resultados no diagnóstico de solos. Domingo 7 de marzo 9 - 14 h Diagnóstico de fertilidade. A fertilización en agricultura biolóxica. Conclusións. 2º Curso Venres 2 de abril 10 h Presentación e entrega do material. 10,30 - 12 h Viticultura biolóxica: situación actual e perspectivas de futuro. Juan Carlos Sancha. Xerente de Bodegas Viña Ijalba. 12 - 14 h O cultivo biolóxico da vide. Juan Carlos Sancha. Xerente de Bodegas Viña Ijalba. 16 - 19 h Control de pragas e enfermidades. Dominique Levite. FIBL (Suiza). Sábado 3 de abril 9 - 11 h Alternativas ó cobre no control de enfermidades criptogámicas da vide. Dominique Levite. FIBL (Suiza). 11,30 -14 h Normativa e control. Nuria Alonso. Enxeñeira Técnica Agrícola. 16 - 19 h Promoción da viticultura biolóxica: o exemplo da rexión de "Vinos Verdes" en Portugal. André da Silva. Domingo 4 de abril Visita á rexión de "Vinos Verdes" en Portugal. Orzamento Concepto Cantidade (euros) Coordinación Retribución coordinador 600,00 Administración 300,00 Promoción 600,00 Desprazamento coordinador 400,00 Estancia coordinador 400,00 Docencia Desprazamento profesores 2.100,00 Estancia profesores 1.000,00 Retribución profesores 4.000,00 Funcionamento Autocar 400,00 Material teórico 300,00 Material práctico 300,00 Imprevistos 600,00 TOTAL 11.000,00 3º Curso.- Data estimada: setembro/2004 Curso práctico de elaboración de pan biolóxico Presentación: A agricultura e a planificación biolóxicas actúan baixo un mesmo espírito. O agricultor favorece a actividade biolóxica do solo, o panadeiro favorece a actividade biolóxica da masa. O agricultor biolóxico non utiliza pesticidas nin abonos químicos: o panadeiro biolóxico non utiliza aditivos nin mellorantes. Para logra-lo seu obxectivo o agricultor utiliza métodos culturais (compostaxe, abonos verdes, rotacións, etc.); o panadeiro basea a súa técnica en métodos de panificación utilizados durante xeracións (fermentacións longas e utilización de levadura nai). Programa: Día 1: Mañá: Presentación do curso e entrega de material. Historia da agricultura e o pan. O pan de trigo: preparación da masa (3 Kg. por persoa). Tarde: Bases técnicas: A agricultura biolóxica e as variedades de calidade panadeira. Os muíños. Tipos de fariña. A calidade da auga e da sal. Posta no forno. Cocción. Xestión do forno. O pan está listo. Degustación e preguntas. Día 2: Elaboración de pan de centeo. Día 3: Elaboración de pan de espelta. Día 4: Os cereais (trigo, cebada, centeo e avea). O pan de mañá. Profesor: James Forest. Mestre panadeiro. Dirixido a: panadeiros, cociñeiros, nutricionistas, amas de casa e calquera persoa interesada na elaboración do pan. Orzamento Concepto Cantidade (euros) Coordinación Retribución coordinador 600,00 Administración 300,00 Promoción 600,00 Desprazamento coordinador 200,00 Estancia coordinador 200,00 Docencia Desprazamento ponentes 600,00 Estancia ponentes 900,00 Retribución profesor 1.200,00 Interpretación 1.200,00 Funcionamento Material teórico 300,00 Material práctico 300,00 TOTAL 6.700,00 ------ Folla: 3.11853.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN NACIONAL DE FABRICANTES DE CONSERVAS (ANFACO), PARA A REALIZACIÓN DO TRABALLO DENOMINADO "ESTUDIO DOS VIRUS BACTERIÓFAGOS, INDICADORES DE CONTAMINACIÓN VIRAL E FECAL QUE PODEN ESTAR PRESENTES OU AFECTAR Á COMERCIALIZACIÓN DE MOLUSCOS BIVALVOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA" Vistos os informes da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños de data 27 de xaneiro de 2004 e 3 de febreiro de 2004 no que incorpora a memoria ó expediente, o de Asesoría Xurídica e o informe de Intervención de 3 de febreiro no que consta a dispoñibilidade orzamentaria segundo RC emitido por importe de vintecatro mil euros (24.000,00), con cargo á partida 04/711.711.479,01. acórdase por unanimidade aproba-lo convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas, consistente no "Estudio dos virus bacteriófagos indicadores de contaminación viral e fecal que poden estar presentes ou afectar á comercialización de moluscos bivalvos na provincia de Pontevedra", e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN NACIONAL DE FABRICANTES DE CONSERVAS (ANFACO), PARA A REALIZACIÓN DO TRABALLO DENOMINADO "ESTUDIO DOS VIRUS BACTERIÓFAGOS INDICADORES DE CONTAMINACIÓN VIRAL E FECAL QUE PODEN ESTAR PRESENTES OU AFECTAR Á COMERCIALIZACIÓN DE MOLUSCOS BIVALVOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA" REUNIDOS Por unha parte, D. Rafael Louzán Abal, como Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas competencias que se lle outorgan segundo o artigo 105,1,a da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. E, por outra, D. Juan M. Vieítes Baptista de Sousa, Secretario Xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (ANFACO). INTERVEÑEN Ámbalas dúas partes no exercicio das competencias que lles están legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente capacidade e obrigándose segundo os termos que constan neste documento. MANIFESTAN Que o sector pesqueiro e marisqueiro é un sector estratéxico para Galicia, pola súa achega económica e número de traballadores. Sen embargo, a relevancia da pesca non é tanta pola súa facturación, senón pola súa capacidade de xerar emprego e pola grande actividade industrial que xera coa transformación dos seus productos. Que a industria conserveira ten unha importancia capital na nosa provincia, derivada da importancia do correspondente sector pesqueiro que é o motor da mesma, representando as conserveiras galegas o 73% da producción española de conservas e semiconservas de pescados e mariscos. Que o aparecemento da gastroenterite viral e a hepatite infecciosa asociouse frecuentemente co consumo de moluscos bivalvos procedentes de lugares onde se verten augas residuais. O xurdimento desta infección viral débese á presencia de certos virus bacteriófagos. Que a importancia do sector adicado ó cultivo, explotación e transformación dos moluscos bivalvos na provincia de Pontevedra, amosa o interese deste proxecto no que se fará un estudio da presencia dos virus bacteriófagos nos moluscos bivalvos da provincia de Pontevedra. Que a Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do disposto no artigo 109, 1d, da Lei 5/97, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia, é competente en materia de fomento e administración dos intereses peculiares da provincia. Que entre as prioridades de actuación da Excma. Deputación está a mellora da competitividade do mencionado sector extractivo e a súa comercialización, cara á súa permanencia nun mercado cada día máis aberto. Que neste marco de actuación se encadran como obxectivos da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra o fomento e mellora da capacidade productiva do sector productor e transformador dos recursos pesqueiros e marisqueiros así como o apoio á innovación tecnolóxica que permita melloras na súa comercialización. Que a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (ANFACO) ten entre os seus fins levar a cabo as accións tecnolóxicas, de formación, de investigación, promoción dos productos e en xeral as de mellora do sector de transformación dos productos da pesca e o marisqueiro, precisas para o progreso do sector. Que para o desenvolvemento destes fins dispón de persoal cualificado, laboratorios e instalacións propias e medios tecnolóxicos, en especial os correspondentes ó Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos da Pesca (CECOPESCA). Que parece conveniente, co fin dunha optimización na utilización dos recursos tanto humanos como materiais e económicos de ámbalas dúas Institucións, realizar actuacións conxuntas para cubrir aqueles obxectivos comúns, e por todo isto as dúas partes subscriben o presente convenio, conforme coas seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O presente Convenio ten por obxecto a acción conxunta para levar a cabo un traballo de investigación e desenvolvemento tecnolóxico denominado "Estudio dos virus bacteriófagos indicadores de contaminación viral e fecal que poden estar presentes ou afectar á comercialización de moluscos bivalvos na provincia de Pontevedra". SEGUNDA.- A Deputación comprométese a: 1.- Ó financiamento do traballo de investigación denominado "Estudio dos virus bacteriófagos indicadores de contaminación viral e fecal que poden estar presentes ou afectar á comercialización de moluscos bivalvos na provincia de Pontevedra", por valor de vintecatro mil euros (24.000,00). 2.- Unha vez asinado o Convenio, a Deputación Provincial de Pontevedra realizará os pagamentos con cargo á partida 711-711-479.01 do vixente presuposto provincial, previa presentación do traballo. 3.- O pagamento efectuarase a favor da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (ANFACO), previa expedición de certificación de conformidade expedida polo Director responsable do seguimento do traballo, nomeado pola Deputación de Pontevedra. TERCEIRA.- A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (ANFACO), comprométese a: 1.- Executa-las accións previstas no traballo de investigación denominado "Estudio dos virus bacteriófagos indicadores de contaminación viral e fecal que poden estar presentes ou afectar á comercialización de moluscos bivalvos na provincia de Pontevedra", de acordo coas estipulacións técnicas recollidas na memoria, aportando o persoal e medios técnicos necesarios para a realización do traballo de investigación. 2.- Pór en coñecemento da Deputación as incidencias que lle afecten ó mencionado traballo. CUARTA.- A vixencia do presente Convenio establécese nun (1) ano dende a sinatura do mesmo. Se, rematado o período de cooperación, as accións obxecto deste Convenio non estivesen rematadas, o referido período de cooperación poderá ser prorrogado mediante acta complementaria, asinada por ámbalas dúas partes. QUINTA.- O incumprimento destas normas por unha das partes facultará á outra para rescindi-lo Convenio, quedando automaticamente anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o obxecto do mesmo. SEXTA.- O presente Convenio terá carácter administrativo, quedando ámbalas dúas partes suxeitas á Xurisdicción do Contencioso-Administrativo para a resolución de calquera conflicto que puidera xurdir na aplicación do mesmo. Como proba de conformidade e para a debida constancia do convido, ámbalas dúas partes outorgantes subscriben este documento que se asina en Pontevedra, o día de do dous mil catro. O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo.- Rafael Louzán Abal O SECRETARIO XERAL DA ASOCIACIÓN NACIONAL DE FABRICANTES DE CONSERVAS DE PEIXES E MARISCOS (ANFACO) Asdo.- Juan M. Vieítes Baptista de Sousa ------ Folla: 4.11854.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN "CAMINO DE SANTIAGO" Vista a proposta do Servicio de Cultura, Xuventude e Deportes, relativa á sinatura do convenio de colaboración coa FUNDACIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO, para a realización de actividades de promoción e difusión cultural nas súas diferentes manifestacións para o ano 2004, mediante a achega de DEZAOITO MIL EUROS (18.000,00), e con cargo á partida 04/451.451.489.05 do vixente orzamento provincial acordándose por unanimidade a aprobación do mesmo e facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN CAMINO DE SANTIAGO Pontevedra, 12 de xaneiro de 2004 REUNIDOS Dunha parte o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en representación da mesma, e no exercicio das facultades que lle son atribuídas e Doutra o Sr. D. Celestino Lores Rosal, Presidente da Fundación "Camino de Santiago", con CIF G-36368249, con domicilio na Rúa Alta, nº 10, Pontevedra e no nome e representación da mesma. Ambas partes teñen capacidade legal suficiente para outorga-lo presente convenio de colaboración e, e a tal efecto, EXPOÑEN 1. Que as Deputacións Provinciais son órganos de goberno das provincias, e que contan entre as súas competencias coa de difundir e participar nas manifestacións da cultura representativa da súa colectividade, a través das súas diferentes manifestacións xa sexan expresións artísticas, literarias, patrimoniais, etc. 2. Que a "Fundación Camino de Santiago" foi inscrita no rexistro de Fundacións do Protectorado de Fundacións dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte o 10 de maio de 2001 co número 629 e sendo inscrita no rexistro de Entidades do Camiño de Santiago dependente da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia. Que a Fundación "Camino de Santiago", ten como obxecto, segundo consta no artigo 6 dos seus Estatutos a revitalización, recuperación, sostemento, promoción e divulgación dos Camiños de Santiago. Dentro do amplo obxecto fundacional considéranse fins, a título meramente enunciativo: Promover e fomenta-la catalogación e recuperación do patrimonio integrante dos Camiños de Santiago, así como o seu coñecemento, conservación, protección e inclusión cultural europea. Crear e fomenta-lo desenvolvemento de actividades e publicacións que poidan ser beneficiosas para dar cumprimento o seu obxecto fundacional. Impulsa-la creación de albergues, así como atende-la súa xestión, coidado e funcionamento. 3. Considerando de recíproco interese para ámbalas dúas partes a promoción e divulgación dos Camiños de Santiago especialmente do Camiño Portugués a Santiago a través das actividades programadas é polo que acordan asina-lo presente convenio segundo o establecido nas seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- A Fundación "Camino de Santiago" comprométese mediante o presente convenio a: C Realizar unha sinalización dos lugares máis emblemáticos do Camiño Portugués a Santiago dende Tui a Pontecesures. En dita sinalización figurará o patrocinio da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. C Edición de dous números da revista "Vía Lusitana", no que se recollen diversos aspectos do Camiño de Santiago en especial do Camiño Portugués a Santiago. En ditas revistas aparecerá a imaxe corporativa da Deputación Provincial de Pontevedra. C Organización dunha Exposición sobre as actividades desenvolvidas ó longo dos últimos anos no albergue de peregrinos "Virxen Peregrina" de Pontevedra. No material divulgativo da mesma aparecerá a imaxe corporativa da Deputación Provincial de Pontevedra. C Realización dun Ciclo de Conferencias sobre diversos aspectos da peregrinación e dos Camiños de Santiago. No material divulgativo aparecerá a imaxe corporativa da Deputación Provincial de Pontevedra. SEGUNDA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra achegará a cantidade de DEZAOITO MIL EUROS (18.000,00), con cargo á partida 04/451.451.489.05 do seu orzamento e como apoio para o desenvolvemento das citadas actividades. TERCEIRA.- A citada cantidade será distribuída do modo seguinte: C 6.000,00 euros para gastos ocasionados coa sinalización do Camiño. C 6.000,00 euros para gastos ocasionados da revista "Vía Lusitana". C 4.000,00 euros para gastos ocasionados coa realización da Exposición sobre o Albergue. C 2.000,00 euros para gastos ocasionados no ciclo de conferencias. CUARTA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a librar a favor da Fundación Camino de Santiago a citada cantidade ó remata-la realización da sinalización, publicacións, exposicións e conferencias, previa xustificación dos gastos con facturas ou documentos semellantes. QUINTA.- O convenio terá vixencia deica ó 31 de decembro do 2004. SEXTA.- Este Convenio non comporta ningunha relación l laboral, contractual ou de calquera tipo entre os membros ou colaboradores da Fundación "Camino de Santiago" e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de forma que non se poderá esixir ningunha responsabilidade, directa, indirecta ou subsidiaria polos actos ou feitos acaecidos no seu desenvolvemento. SÉTIMA.- O presente Convenio terá carácter administrativo, quedando ámbalas dúas partes suxeitas á Xurisdicción Contencioso-Administrativa para a resolución de calquera conflicto que puidese xurdir na súa aplicación. Así o din e outorgan, no que se afirman e ratifican, asinando o presente Convenio no lugar e data do encabezado. O PRESIDENTE DA EXCMA. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓNPROVINCIAL FUNDACIÓN CAMINO DE PONTEVEDRA, DE SANTIAGO, Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- Celestino Lores Rosal ------ Folla: 5.11855.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: TITERESCOLA .- A constituída en metálico por importe de mil doce euros (1.012,00), para responder de : "CONTRATO PARA A REALIZACIÓN DE 38 ACTUACIÓNS ENCADRADAS NA XIV CAMPAÑA "OS TÍTERES NA ESCOLA", A PRESTAR EN DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21-10-03, segundo núm. 200300076110 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CALDEVERGAZO, S.L. .- A constituída en valores mediante aval do Banco Bilbao Vizcaya, por importe de dous mil trescentos sesenta e cinco euros con cincuenta e oito céntimos (2.365,58), para responder de: "EP 4503 MONDARIZ-MEIROL (MONDARIZ)", pertencente ó Plan Provincial de Cooperación-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06-09-01, segundo núm. 200100044815 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval do Banco Bilbao Vizcaya, por importe de mil novecentos setenta e un euros con trinta e dous céntimos (1.971,32), para responder de: "EP 0606 CONVENTO ARIS-SARTAL (POIO)", pertencente ó Plan Provincial de Cooperación-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06-09-01, segundo núm. 200100044817 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EDUARDO BOAN ÁLVAREZ .- A constituída en valores mediante aval de Banco Popular, por importe de tres mil cento trinta e tres euros con sesenta e catro céntimos (3.133,64), para responder de: "ADECUACIÓN ZONA URBANA DE BEMBRIVE, EP CALVARIO-VINCIOS (NIGRÁN)", pertencente ó Convenio coa Entidade Local Menor de Bembrive, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 05-11-01, segundo núm. 200100055147 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. INDEZA, S.L. .- A constituída en valores mediante aval do Banco Bilbao Vizcaya, por importe de cinco mil catrocentos oitenta e catro euros con dezasete céntimos (5.484,17), para responder de: "URBANIZACIÓN EP 1102 MEIRA-FRAGA (MOAÑA)", pertencente ó Convenio co Concello de Moaña, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 15-03-02, segundo núm. 200200025095 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Sogarpo, por importe de vinte mil trescentos dez euros con noventa e dous céntimos (20.310,92), para responder de: "CAMPO DE FÚTBOL EN REDONDELA", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 22-06-01, segundo núm. 200100018458 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CARRO, S.L. .- A constituída en valores mediante aval do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., por importe de dous mil trescentos cincuenta e un euros con un céntimo (2.351,01), para responder de: "EP 3303 TABABÓN-EIRAS-GOIÁN (O ROSAL)", pertencente a Fondos Propios 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-12-02, segundo núm. 200200108925 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval do Banco Bilbao Vizcaya, por importe de dous mil trescentos cincuenta e tres euros con oitenta e un céntimos (2.353,81), para responder de: "EP 0507 PORTELA-VALIÑAS-PORTAS", pertencente a Fondos Propios 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31-10-02, segundo núm. 200200094576 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval do Banco Bilbao Vizcaya, por importe de catro mil catrocentos oitenta e un euros con quince céntimos (4.481,15), para responder de: "EP 5204 HERMIDA-CEQUELIÑOS (ARBO)", pertencente ó Plan Provincial de Cooperación-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18-09-01, segundo núm. 200100046143 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval do Banco Bilbao Vizcaya, por importe de cinco mil seiscentos setenta e tres euros con cincuenta e cinco céntimos (5.673,55), para responder de: "EP 2907 REDONDELA-CEPEDA (REDONDELA)", pertencente ó Plan Provincial de Cooperación-2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18-09-01, segundo núm. 200100046144 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 6.11856.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 23 de xaneiro de 2004, polo que se prestou aprobación, con cargo á partida 04/511.511-612.02, ós proxectos que máis adiante se detallan; visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas, estimándoo correcto xuridicamente; e, visto o informe favorable de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aproba-lo gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, de "Diversas Obras" que a continuación se relacionan: 1.- Travesía EP 9702 As Sinas-Vilanova (Vilanova) 122.699,58 2.- Mellora de trazado e seguridade vial acceso Instituto EP Baiona-Rosal (Baiona) 178.842,81 As obras obxecto do concurso financiaranse con cargo á partida 04/511.511-612.02 do vixente orzamento provincial. Así mesmo, expóñense ó público, por un prazo de quince días, os proxectos e o prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarse no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 7.11857.- CONCESIÓN DE PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO Visto o escrito presentado no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial o 21 de xaneiro de 2004, polo funcionario D. José Fernández López, Adxunto ó Servicio de Contabilidade, a través do que solicita axuda económica para asistir a un curso sobre "Gestión de Fondos Comunitarios", organizado pola FEGAMP e que terá lugar en Santiago de Compostela os días 3, 4, 5, 10, 11 e 12 de febreiro de 2004, acórdase por unanimidade, ó amparo do establecido nas normas aprobadas pola Comisión de Goberno o 11 de novembro de 1983, artigo 16.6.a) do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro de 2001 e o Real Decreto 462/2002 de 24 de maio sobre indemnizacións por razón do servicio, conceder ó interesado unha axuda económica por importe de 222,87 euros desglosada por conceptos e tal e como a continuación se sinala: a) Desprazamento (en vehículo propio 720 Km.) 138,47 euros b) Peaxe (Pontevedra-Santiago-Pontevedra) 44,40 euros c) Inscrición 40,00 euros Ditas cantidades imputaranse ás partidas 611-611-231.01 de locomoción e 122-314-162.00 de formación e perfeccionamento (cuota de inscrición). ------ Folla: 8.11858.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA BELÉN RAPOSO PÉREZ, EN NOME E REPRESENTACIÓN DE "TRANSRODEL, S.L.", POR DANOS SUFRIDOS NA ESTRADA PROVINCIAL 1301, BELUSO-CASTIÑEIRAS Dada conta que con data de Rexistro 22-12-03 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Belén Raposo Pérez, en nome e representación de "TRANSRODEL, S.L.",con enderezo a efectos de notificacións en r./ Andrés Mellado, 13-2º de Pontevedra, por danos padecidos en automóbil da propiedade da citada S.L., marca Volvo e matrícula SA-4555-V, na estrada provincial 1301, o día 18-12-02, e que individualiza economicamente en 106.191,00 euros. Resultando.- Que con data 09-01-04 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 27-01-04 co seguinte contido: "a) Es Vía Provincial. b) Si al parecer unos camiones que vertían tierras en la propiedad de D. Francisco Pousada Barreiro, Aldea de Arriba 75 Tonle Coiro Tfno. 986-302894, pudieron haber manchado la calzada. c) En cualquier caso y como dice tráfico la Velocidad inadecuada es la causa principal." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto o atestado levantado pola forza actuante, Garda Civil de Tráfico, destacamento de Vilaboa, resulta contundente e non deixa lugar á dúbida ("... Causas a juicio de la fuerza actuante. La primera causa es la velocidad inadecuada para las condiciones, trazado y estado de la vía -curva de visibilidad reducida, carretera mojada y barro sobre la calzada- por parte del vehículo "B". La segunda causa es el mal estado en que se encontraba la calzada: abundante barro y tierra mojada puesto que en las inmediaciones del lugar del accidente -unos metros atrás- en un solar, habían echado tierra unos camiones y al abandonar el lugar la habían arrastrado con los neumáticos de los mismos"), pois ben, a citada "dilixencia de parecer" contén dúas partes: unha primeira que responsabiliza o vehículo "B" (o que impacta contra o vehículo do reclamante por velocidade inadecuada), o que supón unha clarísima contravención do disposto nos artigos 19.1 do Texto Articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial e do 45 do Regulamento Xeral de Circulación aprobado polo RD 13/92, de 17 de xaneiro, que en síntese prescriben a obrigatoriedade de adaptala velocidade ás circunstancias da vía. Polo tanto, por esta causa, debe dirixi-lo reclamante a súa acción a quen é responsable do dano, é dicir, o propietario ou a aseguradora do camión, matrícula 7128-BFP, marca e modelo T.T. URO/F 1416. A segunda parte do atestado, a que fala do mal estado da calzada -que en calquera caso non exonera da adaptación da velocidade ás circunstancias da vía-, resulta tamén concluínte no sentido de liberar a esta Deputación de toda responsabilidade, posto que o barro e a terra mollada proviñan duns camións que arrastraron esta, cos neumáticos, dun solar: nin os devanditos camións, nin as obras, nin a propiedade tiñan relación algunha coa Deputación, que non ten arte nin parte no sinistro e que, en todo caso, deixa a salvo a relación entre ámbolos dous privados para demandarse, contestarse ou reconvirse se así o consideran pertinente. Ata aquí o relato obxectivo da forza actuante. Cómpre agora analiza-lo informe de Vías e Obras, que abunda na anterior liña argumental, asentada sobre a non responsabilidade desta Deputación. O informe é, se cabe, máis preciso co da Garda Civil, pois sinala que os camións arrastraban terra da propiedade de D. Francisco Pousada Barreiro, no lugar de Aldea de Arriba no nº 75 de Tonle, Coiro, aportando incluso o número de teléfono do mesmo. Remata o informe reafirmando o xa exposto pola Garda Civil: que a velocidade inadecuada é a causa principal. Folgan máis consideracións, excepto dicir que o que se pode cualificar como "moda reclamatoria" en virtude da cal preténdese considerar á Administración unha especie de "macroaseguradora universal" decae nos últimos tempos por unha impecable líña xurisprudencial que se ciñe estrictamente ó funcionamento anormal dos servicios públicos, pero no presente caso por ningunha parte se atopa o anormal funcionamento dos desta Deputación. Consecuencia lóxica do argumentado e a desestimación do instado. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que no presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 9.11859.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA YOLANDA ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ POR DANOS SUFRIDOS NO SEU VEHÍCULO PARTICULAR NA ESTRADA PROVINCIAL TUI-REBORDÁNS Dada conta que con data de Rexistro 20-01-04 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Yolanda Álvarez Domínguez, con enderezo en Rebordáns, Naranxeiras, nº 20 de Tui, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca Ford Escort e matrícula PO-8130-AP na estrada Tui-Rebordáns o día 12-12-03, e que individualiza economicamente en 6.288,53 euros, polo que respecta ós danos materiais. A reclamante deixa sen valoración os persoais, que tamén invoca. Resultando.- Que con data 14-01-04, e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 21-01-04 co seguinte contido: "a) El tramo de carretera que cita es de titularidad Provincial correspondiente a la C.P. Tui-Rebordanes. b) Si bien es cierto que la Carretera está en proceso de ensanche, en las inmediaciones del punto del accidente, no se ha actuado en absoluto hasta ahora. c) En la mañana del lunes día 15, antes no se recibió comunicación alguna, la Brigada de la zona recibe llamada de SOS GALICIA indicando que se acaba de producir un accidente en la Carretera Tui-Rebordanes, precisamente en la zona que relatan. Personada la Brigada en el lugar de inmediato (estaba a menos de 10 Km), procedió a la retirada de cristales y algún otro pequeño elemento del vehículo accidentado, así como a limpiar una pequeña mancha de aceite precisamente del carter del vehículo accidentado, asegurando que en el lugar, ese día lunes 15, no había ninguna otra mancha de aceite. Tras ser informado que en el mismo sitio se había producido otro accidente el viernes anterior, procedió a un análisis de la situación llegando a la conclusión, es su juicio desde la experiencia, de que ambos accidentes podrían haber sido ocasionados por la existencia sobre el firme de una película viscosa, presumiblemente generada por polvo con alto contenido de arcilla que humedecido por el rocío resulta una mezcla deslizante. Habida cuenta de que, como ya dijimos, ese tramo no está en obra, realizó indagaciones, en lugar de los hechos de los que resultó que, unos 100 mts más arriba y muy próximo a la Carretera al lado del paso inferior de la Autopista de Tui, se realizó en esos días extracción de material tipo jabre, con evidente contenido arcilloso, para rellenos en la obra de la citada autopista, con salida de camiones por la zona del accidente, que pudieron ir dejando desde sus ruedas, restos del material que comentamos. El Técnico informante que visitó la zona el martes 16, aunque ya se había limpiado esa película posiblemente deslizante, tras comprobar la existencia de la reciente extracción de jabre en la proximidades, acepta como coherente la causa que expone el Capataz y que hemos relatado, estimando finalmente que no es imputable a este Servicio." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto o informe do Enxeñeiro Director Xefe da Zona -profuso na súa argumentación, preciso nas conclusións e documentado- atribúe indubitadamente a causa eficiente do sinistro a "... una película viscosa generada por polvo, con alto contenido en arcilla que humedecido con el rocío (el polvo) resulta mezcla deslizante (...) proveniente de rellenos en la obra de la autopista de Tui a causa de camiones que pudieron ir dejando desde sus ruedas restos de material". Así as cousas, faise patente o erro, por parte da reclamante, no referido a imputación da responsabilidade á Deputación e mais a causa daquela, sendo para ela "... derrame de aceites y otros líquidos (...) provenientes de máquinas que realizaban obras de ensanche en la carretera", cando non era iso, senón o po arcilloso proveniente de obras alleas a esta Institución, o causante. Non cabe dúbidar do informe do Servicio de Vías e Obras, elaborado tras personación no lugar litixioso e por medio de inspección "in visu" e "in situ", o cal, unido a experiencia profesional nestas labores de quen o elabora, máis de 34 anos no cargo, conduce de xeito razoable, polo contido de aquel, á desestimación. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 10.11860.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA JOSÉ GIMÉNEZ CAMPOS, EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DONA LUISA MARÍA EIRAS BARREIRO E DONA MARÍA DEL CARMEN DEVESA LOUREIRO, POR DANOS SUFRIDOS EN VEHÍCULO DA PRIMEIRA E PERSOAIS DA SEGUNDA Dada conta que con data de Rexistro 09-01-04 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona María José Giménez Campos en nome e representación de Dona Luisa María Eiras Barreiro e Dona María del Carmen Devesa Loureiro, con enderezo a efectos de notificacións en r./ Eduardo Pondal, 34, 4ºB, de Pontevedra por danos padecidos no automóbil propiedade da primeira, marca BMW e matrícula PO-2713-AW e persoais na persoa da segunda, na estrada provincial 0002 Pontevedra-Tomeza, o día 14-01-03, e que individualiza economicamente en 20.866,39 euros. Resultando.- Que con data 15-01-04 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 26-01-04 co seguinte contido: "A) Sí es Vía Provincial. B) Es imposible precisar no consta que hubiese intervención de los equipos de conservación. C) No consta. D) Parece que según informe de los vecinos la velocidad no era adecuada." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do informe do Servicio de Vías e Obras colíxese, primeiro, que non houbo intervención das Brigadas debido ó acaecemento de máis sinistros, e segundo, porque a velocidade era inadecuada. Neste sentido, chama a atención que na súa instancia a reclamante consigne o que consta no atestado da Garda Civil referido áss non óptimas condicións de rodadura do firme, mentres se coida de reseñar que ese mesmo atestado establece, sen ambaxes e como posible causa do sinistro "...a velocidad inadecuada da conductora". Tal voluntaria omisión -entendible dende o punto de vista da defensa subxectiva dos intereses económicos- non se xustifica no ámbito da relación procedimental coas Administración Públicas, relación que debe estar presidida polo exercicio leal e de boa fe no exercicio dos dereitos a instar posibles indemnizacións. Cómpre, neste razoamento, traer a colación o dictado do artigo 7.1 do vixente Código Civil: "... Los derechos deberán ejercitarse conforme a las exigencias de la buena fe", e non cabe a menor dúbida de que quen, dun documento público -tal é o atestado-, relata o que convén ós seus intereses e omite o que lle prexudica, fai dubidar de que ese devandito exercicio estea imbuído da boa fe esixible. O dito amósase nítido cando, por unha banda, fala a reclamante na súa instancia de circulación "... a velocidade moderada" mentres que pola outra, o atestado, recolle claramente "... la velocidad inadecuada de la conductora". Así as cousas, a presunción de veracidade e o carácter de proba preconstituída que a xurisprudencia lle outorga ós atestados levantados polas forzas da orde pública, e que se asenta sobre os principios de especialización técnica e imparcialidade, enerva no presente caso o feble valor alegatorio das aseveracións feitas na instancia, non podendo a tal solicitude da reclamante seguir outro camiño que a desestimación. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 11.11861.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 12.11862.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 13.11863.- SOLICITUDE DE REPARACIÓN DA ESTRADA DE PORRÁNS-MORAÑA-CUNTIS Á CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA A proposta da Presidencia, atendendo peticións do Deputados Sres. Landín Eirín e Campos Durán e insistindo en anteriores acordos similares, e debido á grande demanda social existente, acordouse por unanimidade solicitar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a adecuada reparación da estrada de Porráns-Moraña-Cuntis. ------ Folla: 14.11864.- CONVENIO DE COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA A REALIZACIÓN DE "ACTIVIDADES FORMATIVAS DE PRACTICUM PARA ALUMNOS DA FACULTADE DE DEREITO" Acórdase por unanimidade aproba-lo convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Deputación de Pontevedra para a "Realización de actividades formativas de practicum para alumnos da Facultade de Dereito", facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES FORMATIVAS DE PRACTICUM PARA ALUMNOS DA FACULTADE DE DEREITO COMPARECEN Por unha parte o Excmo. Sr. D. Senén Barro Ameneiro, Rector Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que actúa en nome e representación da Universidade segundo o establecido no artigo 20 da Lei 6/2001, de 21 de decembro de Universidades e no Decreto 201/2002, do 13 de xuño, da Xunta de Galicia. Por outra parte D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación de Pontevedra. Ámbalas dúas partes recoñécense a representación e mutua capacidade de obrar. EXPOÑEN PRIMEIRO.- Que a USC é unha Entidade de Dereito Público que desenvolve actividades de formación, investigación e desenvolvemento científico e tecnolóxico, interesada en colaborar cos sectores profesionais e socioeconómicos nos que se inserirán no futuro próximo os seus egresados. SEGUNDO.- Que a Facultade de Dereito da USC ten establecido dentro do seu plano de estudios (2003) a realización dun Practicum de 15 créditos que se estructura a través de prácticas internas dentro do propio centro e en prácticas externas en colaboración con distintas organizacións de carácter profesional. TERCEIRO.- A Deputación de Pontevedra ten como actividade e fins os previstos na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local. En vista do que a USC e a Deputación de Pontevedra acordan as seguintes Cláusulas PRIMEIRA.- A finalidade desta colaboración é proporcionar ós alumnos que van licenciarse a posibilidade dunha formación práctica tendente a familiarizalos cos procesos ou actividades que terán que desenvolver nun futuro próximo no ámbito dos seus respectivos traballos. Esta formación habilitarase a través da presencia dos estudiantes nas dependencias da Deputación de Pontevedra nas que poidan adquiri-la mencionada formación, en horarios e coas funcións que se determine pola Comisión de Seguimento. SEGUNDA.- O Practicum estará coordinado pola Facultade de Dereito, correspondendo a supervisión a súa Decana ou persoa na que ela delegue. Por parte da Deputación de Pontevedra a coordinación desenvolverase a través da súa Secretaría Xeral. TERCEIRA.- A adscrición dos alumnos deberá facerse consonte ós criterios fixados polos responsables universitarios. CUARTA.- Ó remate de cada período de Practicum os alumnos deberán elaborar unha memoria final sobre o traballo realizado. Ademais os titores responsables da entidade colaboradora elaborarán un informe sobre a actuación dos estudiantes. Este informe servirá como certificación da realización do Practicum dos estudiantes na Deputación de Pontevedra. QUINTA.- A Universidade de Santiago comprométese a expedi-las correspondentes acreditacións ós profesionais asociados que actúen como titores no Practicum. SEXTA.- Os profesionais titores comprométense a orientar e asesorar individualmente a cada estudiante de xeito que se facilite a súa aprendizaxe nese contexto específico a través de diversas actividades, e a facilitar ós estudiantes os datos e axudas necesarias para o coñecemento da realidade á que se incorporan de maneira que poidan participar nos proxectos de traballo que se están realizando. Tamén deberán facer un seguimento formativo do alumnado que titoriza, artellando a fórmula máis axeitada para que a experiencia resulte beneficiosa para ambos e emitir informe de aproveitamento do alumnado segundo os criterios fixados polos responsables universitarios do Practicum. SÉTIMA.- A realización destas prácticas non supón ningún tipo de relación laboral, estas non serán de ningún xeito retribuídas e non determinarán ningunha responsabilidade da entidade colaboradora, xa que logo os alumnos están cubertos polo seguro escolar. O alumnado respectará en todo momento a vida profesional da entidade á que se incorpora, especialmente coas persoas coas que establecen relación e cos recursos que utilicen. OITAVA.- A realización deste convenio non supón ningunha contraprestación económica polas entidades asinantes. NOVENA.- Para o seguimento e cumprimento do convenio establecerase unha comisión paritaria integrada por un representante da Facultade de Dereito da USC e un representante da Deputación de Pontevedra. Esta comisión dictará as súas normas internas de funcionamento debéndose reunir cando o solicite algunha das partes do mesmo. Terá asemade as seguintes funcións: 1) A interpretación do convenio. 2) A proposta de addendas ou modificación ó mesmo. 3) Formula-las convocatorias correspondentes a cada curso académico para a realización do Practicum de acordo cos criterios fixados polos responsables universitarios. 4) Establece-los criterios de seguimento e avaliación dos programas do Practicum. 5) Determina-las dependencias onde se realizarán as actividades do Practicum. 6) A intervención previa á resolución por incumprimento, a coordinación de funcións e calquera outra relacionada co bo funcionamento deste convenio. DÉCIMA.- O presente convenio entrará en vigor no momento da súa sinatura e a vixencia será de dous cursos académicos. Transcorrido este tempo, o convenio prorrogarase automaticamente por dous cursos académicos máis, agás denuncia expresa do mesmo por calquera das partes, e así sucesivamente. DÉCIMO PRIMEIRA.- As partes poderán modifica-lo presente documento en calquera momento por mutuo acordo. Calquera das partes poderá, a súa vez, denuncia-lo presente acordo comunicando por escrito á outra parte con tres meses de antelación á data no que vai dalo por rematado. En ámbolos dous casos deberán rematarse as tarefas que estean realizándose. DÉCIMO SEGUNDA.- O presente acordo ten natureza administrativa. As dúbidas na súa interpretación serán resoltas pola comisión paritaria así como as discrepancias que poidan xurdir na súa execución. Das cuestións litixiosas coñecerá a xurisdicción contencioso-administrativa dado o carácter público da USC. E en proba de conformidade de canto antecede, asinan por duplicado o presente documento no lugar e data arriba indicados. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición