Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2004-04-30_Ordinaria. Acta de sesión 2004/04/30_Ordinaria
Acta de sesión 2004/04/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-04-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/04/30_Ordinaria
Data(s) 2004-04-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 30 de abril de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e cinco minutos do día trinta de abril do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os señores deputados D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida e D. Ramón Campos Durán, quen escusan a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12049.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 23 de abril de ano 2004. ------ Folla: 2.12050.- XV REUNIÓN DO GRUPO DE TRABALLO DE LABORATORIOS DE DIAGNÓSTICO Visto o documento RC número 200400029443 de data 23 de abril emitido por Intervención, no que certifica a existencia de crédito por importe de 6.000,00 euros, para facer fronte ó gasto, visto así mesmo o informe favorable do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario, acórdase por unanimidade aproba-la organización pola Estación de Fitopatoloxía do Areeiro da XV Reunión do Grupo de Traballo de Laboratorios de Diagnóstico, e a achega de 6.000,00 euros, con cargo á partida 04/711.711.226.19, para gastos da realización do mesmo, e posterior traslado á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo ó obxecto de solicitar as axudas contempladas nas bases para patrocinio de Congresos, Simposiums e Seminarios na Comunidade Autónoma de Galicia. ------ Folla: 3.12051.- AXUDA ECONÓMICA Ó CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR-FUNDACIÓN CETMAR, PARA O II SEMINARIO SOBRE A IMPORTACIÓN DE PRODUCTOS DA PESCA E DA ACUICULTURA Visto o documento RC número 200400028005 de data 16 de abril emitido por Intervención, no que se certifica a existencia de crédito por importe de 3.000,00 euros, para facer fronte ó gasto, visto así mesmo o informe favorable da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e o dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, acórdase por unanimidade aproba-la axuda económica ó Centro Tecnolóxico del Mar-Fundación Cetmar, para o II Seminario sobre a importación de productos da Pesca e da Acuicultura, por importe de 3.000,00 euros e con cargo á partida 04/711.711.479.01. ------ Folla: 4.12052.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA "PAVIMENTACIÓN CAMIÑO DA GRAÑA, AS MEANS E TAFONA EN BUEU. ACCESO Á PRAIA DE AGRELO-PORTOMAIOR EN CELA E CURRACES E LAGO MANSIÑE EN BELUSO", DO CONCELLO DE BUEU, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Bueu unha subvención por importe de cento vinteoito mil trescentos dez euros con corenta e un céntimos (128.310,41), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financia-la obra: "Pavimentación camiño da Graña, as Means e Tafona en Bueu, acceso á praia de Agrelo-Portomaior en Cela e Curraces e Lago Mansiñe en Beluso", co núm. 78/167 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 5.12053.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑO DE CASTAÑOS E OUTROS", DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Caldas de Reis unha subvención por importe de cento corenta e dous mil cincocentos trinta e oito euros con dezaoito céntimos (142.538,18), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financia-la obra: "Pavimentación de camiño de Castaños e outros", co núm. 8/162 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 6.12054.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "ORDENACIÓN PARA CREACIÓN DUNHA ZONA VERDE NAS MARXES DO RÍO CON, TRAMO RODRIGO DE MENDOZA-FONTE DA COCA", DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Vilagarcía de Arousa unha subvención por importe de cento cincuenta e tres mil cincocentos doce euros con sesenta e un céntimos (153.512,61), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financia-la obra: "Ordenación para creación dunha zona verde nas marxes do río Con, tramo Rodrigo de Mendoza-Fonte da Coca", co núm. 35/70 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 7.12055.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "ADQUISICIÓN FINCA DUNS 1.487 M2 SITA NA LAMA PARA CONSTRUCCIÓN VIVENDAS SOCIAIS", DO CONCELLO DE A LAMA, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de A Lama unha subvención por importe de cento un mil cincocentos oitenta e tres euros con seis céntimos (101.583,06), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financia-la obra: "Adquisición finca duns 1.487 m2 sita na Lama para construcción vivendas sociais", co núm. 135/128 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 8.12056.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "PAVIMENTACIÓN, ALUMBRADO E OBRAS COMPLEMENTARIAS NA PRAZA CENTRAL E O SEU ENTORNO", DO CONCELLO DE PORRIÑO, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Porriño unha subvención por importe de cento setenta mil catrocentos seis euros con vintesete céntimos (170.406,27), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financia-la obra: "Pavimentación, alumeado e obras complementarias na praza central e o seu entorno", co núm. 141/110 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 9.12057.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "SANEAMENTO CAMIÑO AREA DA BARCA (COVELO-SAMIEIRA)", DO CONCELLO DE POIO, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Poio unha subvención por importe de sesenta mil catrocentos trinta euros con catorce céntimos (60.430,14), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financia-la obra: "Saneamento camiño Area da Barca (Covelo-Samieira)", co núm. 158/187 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 10.12058.- APROBACIÓN DE CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE VIGO SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA PARA A PRESTACIÓN E MELLORA DOS SERVIZOS PÚBLICOS DA CIDADE Acórdase por unanimidade aproba-lo Convenio de colaboración a subscribir pola Excma. Deputación Provincial co Concello de Vigo sobre Cooperación económica para a prestación e mellora dos servizos públicos da cidade, con cargo á partida 04/911.911.66200 do vixente presuposto e sen que o gasto orixinado por todos eles exceda a dotación consignada por importe de 1.800.000,00 euros, facultándose ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE VIGO SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS En ......................., a ..... de ........................ de 2004. REUNIDOS Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma, e facultado para este acto polo acordo da Xunta de Goberno de 30 de abril de 2004. Ilma. Srª. Dona Corina Porro Martínez, en calidade de Alcaldesa-Presidente do Excmo. Concello de Vigo, e facultada para este acto polo acordo da Xunta de Goberno Local do Concello. Interveñen en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas Entidades Locais, de conformidade coas competencias atribuídas polos artigos 21.1,b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 61.1,a) e 105.1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base os principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidi-las actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3, c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente Convenio consiste na cooperación económica da Excma. Deputación Provincial e o Excmo. Concello de Vigo, é posibilitar a realización e execución das seguintes obras: OBRA ORZAMENTO PAVIMENTADO CAPA RODADURA C/OTERO PEDRAYO 10.742,04 PAVIMENTADO CAPA RODADURA C/VALLE INCLÁN 14.280,47 PAVIMENTADO CAPA RODADURA AVDA. CAMELIAS (P. In-dependencia-Concello) 178.783,05 PAVIMENTADO CAPA RODADURA AVDA. CAMELIAS (P. In-dependencia-P. América) 62.909,62 PAVIMENTADO CAPA RODADURA C/PIZARRO 83.318,47 PAVIMENTADO CAPA RODADURA Y SUST. SANEAMIENTO Y ABASTECIMIENTO C/URZAIZ (Gran Vía-Gregorio-Espino) 331.700,18 PAVIMENTADO CAPA RODADURA C/ALFONSO XIII 60.939,01 PAVIMENTADO CAPA RODADURA GRAN VÍA (P. América-P. España) 287.913,89 PAVIMENTADO CAPA RODADURA C/VENEZUELA 140.664,91 PAVIMENTADO CAPA RODADURA C/E. MARTÍNEZ GARRIDO 222.877,92 PAVIMENTADO CAPA RODADURA C/PLACER 71.405,44 PAVIMENTADO CAPA RODADURA C/PASEO ALFONSO XII 26.877,37 PAVIMENTADO CAPA RODADURA C/CONDESA CASA BAR-CENA 11.809,57 PAVIMENTADO CAPA RODADURA C/VÍA NORTE (Escultor Gregorio Fernández a Urzaiz) 17.833,16 PAVIMENTADO CAPA RODADURA C/ESCULTOR GREGORIO FERNÁNDEZ 32.918,68 PAVIMENTADO CAPA RODADURA C/ECUADOR 47.090,13 PAVIMENTADO CAPA RODADURA PLAZA DE ESPAÑA 84.702,02 PAVIMENTADO CAPA RODADURA C/CACHAMUIÑA Y BLEIN BUDIÑO 38.014,44 PAVIMENTADO CAPA RODADURA C/LLORENTE Y SANTA MARTA 31.728,16 CENTRO SOCIO-CULTURAL DE CABRAL-FEIRA 43.491,47 TOTAL 1.800.000,00 Segunda.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra asume o financiamento das obras na contía sinalada para cada unha delas na cláusula primeira deste convenio, ascendendo o seu importe total a un millón oitocentos mil euros (1.800.000,00), e con cargo á partida 04/911.911.66200. Así mesmo, sempre que exista acordo entre ámbalas dúas partes poderán realizarse cambios de aplicación, sempre que se respecte a cantidade existente para este fin. Terceira.- O Concello de Vigo, obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira. Cuarta.- As devanditas obras serán executadas pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, ben directamente, ou a través dos correspondentes procedementos de contratación. Unha vez realizadas as mesmas, procederase a súa entrega ó Concello de Vigo. Quinta.- Unha vez recibidas as devanditas obras polo Concello de Vigo, este na súa calidade de titular último, comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación das mesmas, de modo que estas se encontren en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. Sexta.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado ó Excmo. Concello de Vigo no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días poida poñer obxección á mesma, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente Convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha comisión de coordinación da que forman parte os Presidentes ou persoas en quen deleguen e por un técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas na Sede do organismo requirido. A resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do Convenio serán resoltas, a falta de entendemento na citada comisión, dado o carácter administrativo do convenio, pola xurisdicción contencioso-administrativa. Oitava.- O presente CONVENIO terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005, podendo prorrogarse sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas. Novena.- Serán causas de resolución: a) O remate do prazo, con denuncia das partes, e b) o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- Ámbalas dúas partes conscientes do auxe e relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios, atribúelles a lexislación vixente como competencias locais, mostran a súa firme vontade de incrementar, na medida que os seus presupostos se llo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantir a correcta prestación integral dos servizos e actividades públicas na Cidade de Vigo. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente Convenio por cuadriplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Polo Concello de Vigo Pontevedra Asdo.-D. Rafael Louzán Abal Asdo.- Dona Corina Porro Martínez ------ Folla: 11.12059.- APROBACIÓN DE CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE PONTEVEDRA SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA PARA A PRESTACIÓN E MELLORA DOS SERVIZOS PÚBLICOS DA CIDADE Queda pendente o Convenio de colaboración a subscribir pola Excma. Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra sobre Cooperación Económica para a Prestación e Mellora dos Servizos Públicos da Cidade. ------ Folla: 12.12060.- APROBACIÓN DE CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓN LABORAIS E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA 2004 De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aproba-lo Convenio de colaboración coa Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e esta Deputación para Teleasistencia Domiciliaria 2004, que ascende a un presuposto de 414.220,00 euros, aportando a Consellería un 15% por un total de 62.133,00 euros e a Deputación o 20% con cargo á partida 04/313.313.227.20 e habilitar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura, se ben, segundo informe de Intervención se observa unha disfuncionalidade cuantitativa respecto á prórroga do Convenio aprobado polo Pleno en sesión de 27 de febreiro do ano en curso, estipulado entre o IMSERSO, a FEMP e a Deputación. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO ENTRE A CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA En Santiago de Compostela, de de 2004 REUNIDOS Dunha parte: A Excma. Sra. Dona Mª José Cimadevila Cea, Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, actuando en nome e representación da Xunta de Galicia, no uso das facultades que lle veñen atribuídas no artigo 34 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, no Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia así como no Decreto 212/2003, do 3 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e de conformidade co establecido no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de marzo de 1991, feito público mediante Resolución do 8 de abril de 1991, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 82 do 30 de abril de 1991). Doutra parte: O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das atribucións que lle confire o art. 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. As partes intervenientes recoñécense reciprocamente competencia e capacidade suficiente para a formalización do presente Convenio en base o principio de liberdade de pactos e de colaboración entre as distintas Administracións Públicas e, a estes efectos EXPOÑEN Primeiro.- A Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no artigo 27.23 do Estatuto de Autonomía de Galicia, en consonancia coa habilitación competencial outorgada ás Comunidades Autónomas polo artigo 148.1.20º da Constitución Española ten competencia exclusiva en materia de acción social, polo que, na súa virtude se aprobou a Lei 4/1993 de 14 de abril de Servicios Sociais. De conformidade coa distribución competencial que a citada norma establece, á Administración Autonómica correspóndelle competencia de planificación e programación xeral dos servizos, ordenando e coordinando a súa actuación cos distintos organismos públicos e demais entidades prestadoras de servizos sociais coa finalidade de atender de forma global e ordenada as necesidades dos cidadáns, procurar un maior rendemento dos recursos dispoñibles, acadando a cobertura total no territorio autonómico, evitando os desequilibrios territoriais. O Decreto 212/2003, do 3 de abril, dispón que o exercicio das competencias e funcións en materia de servizos sociais, de acordo co establecido no Estatuto de Autonomía de Galicia e nos termos sinalados pola Constitución Española, correspóndelle á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Segundo.- A estructura do estado autonómico deseñada na Constitución Española, supón a garantía de autonomía de tódalas administracións públicas territoriais, a solidariedade e mailo funcionamento coordenado de todas elas. Recollendo este principio, e de conformidade co disposto pola Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, a Lei 4/1993 de servizos sociais, establece como competencias propias das Deputacións Provinciais a garantía da prestación integral e axeitada na totalidade do territorio provincial dos servizos sociais de atención primaria municipais, proporcionando apoio ós concellos para o funcionamento de ditos servizos sociais, especialmente ós de menos de 20.000 habitantes, así como a colaboración coa Administración Autonómica no exercicio das facultades de planificación, programación e asesoramento técnico e financeiro nos distintos equipamentos e programas. Terceiro.- Para o cumprimento dos seus obxectivos, segundo o Decreto 240/1995, do 28 de xullo, regulador dos servizos sociais de atención primaria, estes, executarán programas básicos de actuación, entre os que se atopa o de axuda no fogar que presta unha serie de atencións ós cidadáns no seu propio domicilio, facilitando a permanencia no seu contorno de convivencia nos casos nos que se teña limitada a súa autonomía persoal. Cuarto.- A Teleasistencia domiciliaria é un servizo, dentro do programa de axuda no fogar, que, a través da liña telefónica e cun equipamento de comunicacións e informático específico, persegue o obxectivo de contribuír a lograr a permanencia de persoas vulnerables no seu medio habitual de vida, facilitando o contacto co seu entorno-socio familiar e asegurando a intervención inmediata en crises persoais, sociais ou médicas, evitando ingresos innecesarios en centros residenciais. Quinto.- O Instituto Nacional de Migracións e Servizos Sociais (IMSERSO) e a Federación de Municipios e Provincias (FEMP) asinaron un convenio marco en 1993 para o desenvolvemento dun Programa de Teleasistencia Domiciliaria, ó que subscribiu a súa adhesión a Deputación Provincial mediante un acordo asinado no ano 1998 para financiar e xestionar a súa aplicación nos concellos da provincia a solicitude das Corporacións Locais interesadas. Sexto.- A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais pretende potenciar a implantación simultánea da atención en todo o territorio galego e cunhas condicións de acceso ó servizo similares, polo que leva colaborando coa Deputación Provincial, mediante a sinatura de convenios prorrogados anualmente dende 1999, no financiamento e desenvolvemento do programa de teleasistencia domiciliaria. Sétimo.- O custo total por persoa e mes desta prestación técnica incluída no programa de axuda no fogar, ascende a 22,24 euros, dos que o IMSERSO ven asumindo o 65%, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais un 15%, e o 20% restante a Deputación Provincial, os concellos e os usuarios do servizo. Oitavo.- A demanda deste servizo foi moito maior das previsións establecidas nos distintos convenios desenvolvidos polo que, á vista da necesidade de cubrir a atención ás persoas en situación de risco por ter a súa autonomía persoal limitada, cómpre incrementar o número de usuarios que permitan acadar, progresivamente, as ratios recomendadas dende o sistema de servizos sociais. En base ás consideracións expostas as partes intervenientes, ó obxecto de instrumentar a súa colaboración, formalizan o presente Convenio de acordo ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA: Obxecto Este convenio ten por obxecto establecer os termos de colaboración para o desenvolvemento do programa de teleasistencia domiciliaria na provincia de Pontevedra. SEGUNDA: Contido A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e a Deputación Provincial de Pontevedra, consideran necesario ampliar a cobertura de atención en base ás demandas do programa de teleasistencia domiciliaria e os excelentes resultados que reporta a atención, en casos de emerxencia, ás persoas que estean todo ou a maior parte do tempo soas e teñan a súa autonomía persoal limitada para que se poidan manter o maior tempo posible no seu propio contorno social. Deste xeito, poden previrse os factores de risco en colectivos especialmente vulnerables; persoas maiores, con discapacidades e limitacións funcionais e enfermos crónicos, entre outros. TERCEIRA: Presuposto Tendo en conta o importante labor que se está a desenvolver a través do programa de teleasistencia domiciliaria, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, comprométese, para o ano 2004 a colaborar no financiamento, con cargo á aplicación orzamentaria 16.03.212D.460.0, segundo o seguinte Nº máximo de terminais nos 12 meses 18.625 terminais Importe total (22,24 euros por terminal) 414.220,00 euros Achega da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais (15%) 62.133,00 euros Do importe restante (85%), o 65% o aportará o IMSERSO, e o 20% a Deputación, concellos e usuarios, segundo os acordos que se establezan por ditas entidades. CUARTA: Pagamento Respecto á forma de pagamento, estarase ó disposto na Lei de Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2004 e ó establecido no Decreto 287/2000, do 21 de novembro polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. A Dirección Xeral de Servizos Comunitarios e Inclusión Social librará a súa achega á Deputación Provincial, previa xustificación mediante a correspondente certificación do gasto. Dita certificación acreditará debidamente os gastos realizados durante o período correspondente, e terá que acompañarse da certificación do órgano correspondente da Consellería, relativa ó cumprimento do obxecto do convenio. Ata o 80% da contía total concedida, o pagamento poderá facerse efectivo mediante libramentos parciais a conta da liquidación definitiva, a medida en que a Deputación Provincial xustifique os gastos realizados na forma prevista anteriormente. Antes de facer efectivo o 20% restante a entidade deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas (tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto, obxecto deste convenio) das distintas Administracións Públicas competentes ou de calquera dos seus organismos. Así mesmo, deberá presentar certificación do cumprimento das actividades obxecto do convenio, sen prexuízo da presentación doutro tipo de documentación regulamentaria establecida de acordo cos requirimentos sinalados na citada Lei de Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2004. QUINTA: Vixencia O presente convenio terá vixencia desde a súa sinatura ata o 31 de decembro do ano 2004, mes no que se prevé un número de 4.881 usuarios no programa de teleasistencia domiciliaria. As partes de mutuo acorda poderán prorrogalo mentres dure o fin que o motiva, sempre que exista crédito suficiente nos presupostos da Comunidade Autónoma e se cumpran os demais requisitos esixidos no Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Serán causas de resolución do presente convenio que darán lugar, no seu caso ó reintegro das cantidades indebidamente percibidas, incrementadas co interese legal do diñeiro de acordo coa normativa vixente: .- O incumprimento dalgunha das estipulacións contidas nas cláusulas do mesmo. .- A aplicación dos fondos outorgados no convenio para fins distintos dos que motivaron a súa concesión. .- A falta de xustificación do emprego das cantidades recibidas. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. SEXTA: Carácter O presente convenio terá carácter administrativo e rexerase, nos aspectos non recollidos nel, polo Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, de conformidade co establecido no artigo 3.2, e, no que sexa aplicable pola Lei de réxime financeiro e orzamentario (artigos 78 e 79), texto refundido aprobado polo Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, desenvolvido pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, e polo Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. A deputación provincial está obrigada a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas. E en proba de conformidade de canto antecede, asinan o presente convenio as partes intervenientes no lugar e data sinalada no seu encabezamento. A CONSELLERÍA DE ASUNTOS O PRESIDENTE DA EXCMA. SOCIAIS, EMPREGO E DEPUTACIÓN PROVINCIAL RELACIÓNS LABORAIS DE PONTEVEDRA Asdo.: Mª José Cimadevila Cea Asdo.: Rafael Louzán Abal ------ Folla: 13.12061.- APROBACIÓN DE CONVENIO DE COLABORACIÓN DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA COA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO, XUNTA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 2004 De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aproba-lo convenio coa Asociación Española contra o Cancro-Xunta Provincial de Pontevedra-2004, para mantemento dunha Unidade Móbil, por un total de 24.000,00 euros con cargo á partida 04/313.413.480.02, facultándose ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura, debendo iniciarse expediente de suplemento de créditos por importe de 9.000,00 euros, ó non existir consignación orzamentaria suficiente. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA COA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO, XUNTA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. ANO 2004 No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra reúnense, pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, en calidade de Presidente e pola Asociación Española Contra o Cancro, Xunta Provincial de Pontevedra, Dona Mª Josefa Crespo Amigo, dando fe do acto o Sr. Secretario Xeral da Excma. Deputación Provincial, D. Rogelio Nicieza de la Cerra. Ámbalas dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o Convenio de colaboración para o ano 2004, de acordo ós seguintes ANTECEDENTES A grave situación que presentan aqueles enfermos oncolóxicos en fase terminal para os que non resulta posible ou conveniente o seu internamento en hospitais, unida ós bos resultados obtidos neste senso a través da Unidade Móbil de Coidados Paliativos da Asociación Española contra o Cancro, adscrita ó Servicio de Oncoloxía do Hospital Xeral Cíes para a atención de enfermos terminais da Provincia, levan á Deputación de Pontevedra a continuar colaborando con dito Programa, acordando ámbalas dúas partes o establecemento do presente CONVENIO coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Institucións participantes e ámbito de actuación As Institucións asinantes, Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e A.E.C.C. levarán a cabo de mutuo acordo o Programa da Unidade Móbil de Coidados Paliativos para a atención de enfermos terminais de cancro da provincia. SEGUNDA.- Condicións e financiamento A Excma. Deputación colaborará economicamente coa A.E.C.C., Xunta Provincial de Pontevedra, cunha axuda de VINTECATRO MIL EUROS (24.000,00) no mantemento da Unidade Móbil de Coidados Paliativos, adscrita ó Servizo de Oncoloxía do Hospital Xeral Cíes. Dita cantidade, consignada na partida 04/313.413.48002 irase abonando conforme se vaian xustificando os gastos ata o total da axuda aprobada. TERCEIRA.- Duración A duración do Convenio establécese por un ano natural con independencia da data da súa sinatura, podendo prorrogarse sempre que se acorde polas partes interesadas polo menos cun mes de antelación. CUARTA.- A A.E.C.C. comprométese a remitir anualmente un informe das actividades realizadas por dita Unidade e a xustificación do gasto realizado. QUINTA.- A A.E.C.C. obrígase a que na propaganda que realice sobre o tema, figure o patrocinio desta Deputación Provincial facendo referencia á Área de Acción Social. Estando ámbalas dúas partes conformes co contido deste documento, asínano no Pazo Provincial a de abril dous mil catro, perante do Sr. Secretario que DA FE O PRESIDENTE DA EXCMA. A PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN DEPUTACIÓN PROVINCIAL ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO DE PONTEVEDRA (DELEGACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA) Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- Mª Josefa Crespo Amigo O SECRETARIO DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Asdo.- Rogelio Nicieza de la Cerra ------ Folla: 14.12062.- ANULACIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CENTRO RECREATIVO DE CORUXO PARA CURSO DE XARDINERÍA De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aproba-la anulación da subvención de 300,00 euros concedida pola Comisión de Goberno o 30-05-02 ó "Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo-Vigo" para un "curso de xardinería" por incumprir a Base 2ª F da convocatoria de axudas para Asociacións de Mulleres aprobadas polo Pleno o 22-02-02, ó non xustificar o mínimo de 30 horas. ------ Folla: 15.12063.- RENUNCIA DE SUBVENCIÓN DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "AS SAIÑAS" DE CASTRELO-CAMBADOS De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a renuncia á subvención de 800,00 euros concedida á Asociación de Mulleres Rurais "As Saiñas" de Castrelo-Cambados, por Comisión de Goberno de 08-08-03 para un "curso de informática" ó non poder realizalo. ------ Folla: 16.12064.- PRÓRROGA DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL A BENEFICIARIOS DO CONCELLO DE PONTECESURES De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade prorrogar ata o 31 de xullo de 2004 as axudas de Emerxencia Social concedidas en Comisión de Goberno de 08-08-03 ós beneficiarios de Pontecesures que se relacionan: .- Dona Inés Crespo Moure, para "arranxo de cuberta", 3.584,00 euros. .- Dona Concepción Jiménez Silva, para "arranxo de cuberta", 3.000,00 euros. ------ Folla: 17.12065.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: COMERCIAL VAZPE, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de La Caixa por importe de dous mil cincocentos vinte euros (2.520,00), para responder do subministro dun tractor agrícola 4x4, con destino ó Parque de Maquinaria, CG 23-01-03, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17-02-2003, núm. de operación 200300010674, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MOREIRA GÓMEZ, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova por importe de setecentos vintecinco euros con cincuenta e dous céntimos (725,52), para responder do lote núm. 13 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07-03-2003, núm.-de operación 200300016612, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova por importe de setecentos vinteoito euros (728,00), para responder do lote núm. 14 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20-02-2003, núm. de operación 200300010957, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en metálico por importe de corenta céntimos (0,40) (complementaria), para responder do lote núm. 14 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20-02-2003, núm. de operación 200300010958, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. INDUSTRIAS DEL DEZA, S.L. (INDEZA) .- A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de setecentos dezaoito euros con nove céntimos (718,09), para responder do lote núm. 49 do concurso de subministro de materiais do ano 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10-04-2001, núm. de operación 200100018458 (SIC/2001020357), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de BBV por importe de setecentos dezaoito euros con dez céntimos (718,10), para responder do lote núm. 49 do concurso de subministro de materiais do ano 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07-03-2002, núm. de operación 200200018055, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PRODUCTOS BITUMINOSOS DE GALICIA, S.A. .- A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de mil oitocentos noventa e catro euros con nove céntimos (1.894,09), para responder do lote núm. 39 do concurso de subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11-02-2003, núm. de operación 200300009015, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EXCAVACIÓNS MOSTEIRO, S.L. .- A constituída en metálico, por importe de setecentos setenta e un euros con sesenta céntimos (771,60), para responder do lote núm. 8 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03-03-2003, núm. de operación 200300012286, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS Y REASEGUROS .- A constituída en valores (a nome de UAP-IBÉRICA, posteriormente integrada por fusión en AXA AURORA IBÉRICA), mediante aval de BNP, por importe de catrocentos sesenta e seis euros con trinta e catro céntimos (466,34), para responder da contratación dunha póliza de responsabilidade civil, por danos causados nas estradas provinciais, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 22-09-1998, núm. de operación 1998044359, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de BBV, por importe de seiscentos sesenta e un euros con setenta e cinco céntimos (661,75), para responder da prórroga ano 1999 (CG 28-01-99) contratación dunha póliza de responsabilidade civil, por danos causados nas estradas provinciais, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08-03-1999, núm. de operación 1999010942, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de trinta e dous euros con setenta e un céntimos (32,71), para responder da prórroga ano 2000 (C G 03-02-2000) contratación dunha póliza de responsabilidade civil, por danos causados nas estradas provinciais, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18-02-2000, núm. de operación 2000008424, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de BBV, por importe de corenta e seis euros con corenta e tres céntimos (46,43), para responder da prórroga ano 2001 (C G 25-01-2001) contratación dunha póliza de responsabilidade civil, por danos causados nas estradas provinciais, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02-03-2001, núm. de operación 200100009576 (SIC/2001010986), sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de BBV, por importe de trinta e dous euros con sesenta céntimos (32,60), para responder da prórroga ano 2002 (CG 07-03-2002) contratación dunha póliza de responsabilidade civil, por danos causados nas estradas provinciais, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-04-2002, núm. de operación 200200036384, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSPORTES CASIMIRO FONTENLA CUBELA .- A constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de mil cincocentos cincuenta e nove euros con catro céntimos (1.559,04), para responder dos lotes núm. 20 e núm. 21 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11-02-2003, núm. de operación 200300008896, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 18.12066.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE ASISTENCIA TÉCNICO EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN DO ANO 2004 Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta da Directora de Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" para a contratación do Servizo de Asistencia Técnico Educativa dos Campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o Verán do Ano 2004; vistos así mesmo, o documento RC de data 20-04-2004 polo que se certifica a existencia de consignación para facer fronte ó gasto e o informe de fiscalización emitidos ambos por Intervención. Visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario de data 14 de abril de 2004 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares, no que manifesta que é correcto xuridicamente para os fins propostos, acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para a contratación do Servizo de Asistencia Técnico Educativa dos Campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o Verán do ano 2004, por un tipo máximo de licitación de trinta e tres mil seiscentos sesenta euros (33.660,00), IVE incluído, en función dun prezo unitario máximo de 6.732,00 euros por cada turno de campamento realizado. Os campamentos desenvolveranse en 5 turnos cun máximo de 150 menores por turno e nas datas que se detallan a continuación: UBICACIÓN INICIO-FIN PERSOAS DÍAS PRAZAS 1º Campamento 28-06-04 ó 07-07-04 150 10 150 2º Campamento 09-07-04 ó 18-07-04 150 10 150 3º Campamento 20-07-04 ó 29-07-04 150 10 150 4º Campamento 31-07-04 ó 09-08-04 150 10 150 5º Campamento 11-08-04 ó 20-08-04 150 10 150 TOTAL............. 750 Así mesmo, acórdase autorizar dito gasto, con cargo á partida 04/452.452.227.20 do vixente Presuposto Provincial e aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerán no concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido servizo, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 19.12067.- APROBACIÓN DA PROPOSTA DE CELEBRACIÓN DE FESTA DA BICICLETA De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, acórdase por unanimidade aprobar as propostas de celebración de Festas da Bicicleta nos seguintes Concellos: Vilagarcía de Arousa, Barro, Mondariz, Soutomaior, Cerdedo, Rodeiro, Cotobade e Pontecesures. ------ Folla: 20.12068.- ADXUDICACIÓN DUNHA BECA DE ENXEÑEIRO TÉCNICO FORESTAL OU AGRÍCOLA PARA A FINCA AREEIRO De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora dunha beca de Licenciado de Enxeñeiro Técnico Forestal ou Agrícola para a área de Fruticultura da Finca Areeiro, aprobada por acordo adoptado pola Xunta de Goberno celebrada o 20 de febreiro de 2004, acórdase por unanimidade adxudicar esta beca a Dona Susana Hermida Maseda, por importe de 841,40 euros/mes, con efectos 1 de maio de 2004 e polo período de un ano, pudendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, á vista do informe favorable do Xefe do Servizo Agrario e por acordo da Xunta de Goberno. Ditas cantidades imputaranse á partida 04/711.711.481.01 do presuposto provincial. A aceptación e disfrute desta beca non establece relación laboral nin funcional coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dita becaria ó citado organismo. Así mesmo, e tendo en conta a proposta da Comisión seleccionadora, desígnanse como suplentes, en caso de renuncia dos titulares, a D. Luciano Otero Álvarez e Dona Ana Lores Guiance, por esta orde. ------ Folla: 21.12069.- ADXUDICACIÓN DUNHA BECA DE LICENCIADO EN BIOLOXÍA PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE DIAGNÓSTICO FITOPATOLÓXICO E ENDOMICORRIZAS NA FINCA AREEIRO De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora dunha beca de Licenciado en Bioloxía destinada á realización de tarefas de diagnóstico fitopatolóxico e endomicorrizas na Finca Areeiro, aprobada por acordo adoptado pola Xunta de Goberno celebrada o 20 de febreiro de 2004, acórdase por unanimidade adxudicar esta beca a Dona Beatriz González Peralta, por importe de 841,40 euros/mes, con efectos 1 de maio de 2004 e polo período de un ano, pudendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, á vista do informe favorable do Xefe do Servizo Agrario e por acordo da Xunta de Goberno. Ditas cantidades imputaranse á partida 04/711.711.481.01 do presuposto provincial. A aceptación e disfrute desta beca non establece relación laboral nin funcional coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dita becaria ó citado organismo. Así mesmo, e tendo en conta a proposta da Comisión seleccionadora, desígnanse como suplentes, en caso de renuncia dos titulares, a Dona Montserrat Ulloa Guitián e D. Alfredo Justo Fernández, por esta orde. ------ Folla: 22.12070.- ADXUDICACIÓN DUNHA BECA DE LICENCIADO EN BIOLOXÍA PARA ESTUDIO, CRÍA E POSTA A PUNTO DE NEMÁTODOS ENTOMOPATÓXENOS DA FINCA AREEIRO De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora dunha beca de Licenciado en Bioloxía destinada ó estudio, cría e posta a punto de nemátodos entomopatóxenos na Finca Areeiro, aprobada por acordo adoptado pola Xunta de Goberno celebrada o 20 de febreiro de 2004, acórdase por unanimidade adxudicar esta beca a Dona Ana Picoaga Montousse, por importe de 841,40 euros/mes, con efectos 1 de maio de 2004 e polo período de un ano, pudendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, á vista do informe favorable do Xefe do Servizo Agrario e por acordo da Xunta de Goberno. Ditas cantidades imputaranse á partida 04/711.711.481.01 do presuposto provincial. A aceptación e disfrute desta beca non establece relación laboral nin funcional coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dita becaria ó citado organismo. Así mesmo, e tendo en conta a proposta da Comisión seleccionadora, desígnanse como suplentes, en caso de renuncia dos titulares, a Dona Montserrat Ulloa Guitián e D. Ángel Cid Fernández, por esta orde. ------ Folla: 23.12071.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 24.12072.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 25.12073.- SOLICITUDE DE REPARACIÓN DA ESTRADA DE PORRÁNS-MORAÑA-CUNTIS Á CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA A proposta da Presidencia, atendendo peticións do Deputados Sres. Landín Eirín e Campos Durán e insistindo en anteriores acordos similares, e debido á grande demanda social existente, acordouse por unanimidade solicitar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a adecuada reparación da estrada de Porráns-Moraña-Cuntis. ------ Folla: 26.12074.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ORGANIZACIÓN DAS VIAXES DA TERCEIRA IDADE A LANZAROTE Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 2 de abril de 2004, polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, para prestación dos servizos de organización das viaxes para a Terceira Idade a Lanzarote, sendo o seu anuncio publicado no BOP núm. 66 do día 06-04-2004 e no Diario Oficial de Galicia núm. 70 do día 13 de abril de 2004. Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas presentadas e admitidas, subscrita pola mesa de contratación con data 19 de abril de 2004. Visto o informe emitido, con data 27 de abril de 2004, polo Sr. Xerente do Padroado de Turismo "Rías Baixas" sobre valoración das distintas ofertas admitidas ó concurso de acordo cos criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións que rexeron no concurso. Vista a proposta formulada pola mesa de contratación na reunión do día 28 de abril de 2004 para que se lle adxudique o concurso á empresa VIAJES MARSANS, S.A. (CIF- A-08018921), por resultar a oferta máis vantaxosa das presentadas e admitidas, de acordo co informe técnico emitido polo Sr. Xerente do Padroado de Turismo "Rías Baixas" de data 27 de abril de 2004, acórdase por unanimidade: .- Adxudicar á empresa VIAJES MARSANS, S.A. (CIF- A-08018921) o concurso correspondente á prestación de servizos de organización das viaxes para a Terceira Idade a Lanzarote durante o ano 2004 polo importe ofertado de trescentos setenta e catro euros (374,00) por persoa incluída no programa, IVE incluído, por resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas ó obter a maior puntuación de acordo ós criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e reunir os requisitos esixidos en dito concurso. Os servizos adxudicados serán para a realización de viaxes, durante os meses de maio, xuño e xullo, para un máximo de 1.000 persoas da Terceira Idade da Provincia de Pontevedra a Lanzarote de oito días/sete noites de duración, en pensión completa, co seguro de viaxe correspondente e con tódalas melloras propostas pola empresa Viajes Marsáns, S.A. na súa oferta. O pagamento do prezo das viaxes efectuarase da seguinte forma: .- Por cada viaxeiro admitido ó programa, a Deputación Provincial de Pontevedra aboará á empresa, VIAJES MARSANS, S.A. (CIF- A-08018921), a cifra de 60,00 euros con cargo á partida 04/313.313.227.20 do vixente presuposto provincial e ata un importe máximo de 60.000,00 euros. .- Cada Concello incluído no programa aboará directamente á empresa adxudicataria do concurso, VIAJES MARSANS, S.A., a cantidade de 36,00 euros por viaxeiro admitido. .- Cada persoa beneficiaria do programa aboará directamente á empresa, VIAJES MARSANS, S.A., a cantidade de 278,00 euros, mediante transferencia bancaria. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 14.960,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 77,40 euros e 234,00 euros (total 311,40 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 27.12075.- ADXUDICACIÓN DA POXA PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA "URBANIZACIÓN DO ACCESO A CALVOS (FORNELOS DE MONTES)" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas formulada pola mesa de contratación da poxa para a contratación da obra "Urbanización do acceso a Calvos (Fornelos de Montes)", na que se propón a adxudicación da mesma ó licitador que ofertou o prezo máis baixo, de acordo co establecido no art. 82 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, sempre que non incorra en baixa temeraria ou desproporcionada para o que se remite o expediente ó Servizo de Vías e Obras co obxecto de determinar este extremo; e, visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que manifesta que, unha vez aplicado o determinado no art. 85.4 do RD 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da LCAP, detectouse que a oferta presentada por CONSTRUCCIONES Y OBRAS S. MARTIÑO, S.L., incorre en baixa temeraria, resultando ser a máis económica a formulada por EDUARDO BOAN ÁLVAREZ, acórdase por unanimidade, segundo o establecido no art. 82 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, e art. 85.4 do RD 1098/2001, de 12 de outubro, adxudicar a EDUARDO BOAN ÁLVAREZ a obra "Urbanización do acceso a Calvos (Fornelos de Montes)", na suma de 57.079,54 euros, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 14ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu na poxa, a cantidade de 230,47 euros, IVE incluído, correspondente á publicación de anuncios da poxa no BOP e DOG. ------ Folla: XUNTA DE GOBERNO 30-4-2004 28.12076.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola mesa de contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas obras"; vistos os informes emitidos polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras e o Arquitecto Provincial, nos que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola mesa de contratación, acórdase por unanimidade: .- Adxudicar á UTE CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A.-OBRAS Y CONSTRUCCIONES SISAN, S.L. a obra "Campo de Fútbol de Céspede Artificial de Vilariño (Nigrán)", na suma de 328.152,60 euros, IVE incluído, e que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 39.754,71 euros e un período de mantemento de dezaoito meses. .- Adxudicar a NORVIAL, S.L., a obra "Cuberta da Pista Deportiva en Camos (Nigrán)", na suma de 87.564,80 euros, IVE incluído, e que oferta un prazo de execución de mes e medio, melloras valoradas en 6.000,00 euros e un período de mantemento de trinta e seis meses. As melloras ofertadas figurarán como anexo á certificación liquidación de cada obra, xustificándose así a súa realización ou subministro. Os adxudicatarios deben constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 14ª do prego de condicións económico-administratrivas que rexeu no concurso, a cantidade de 136,35 euros, IVE incluído, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG que ascendeu a un total de 272,70 euros. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 29.12077.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA DE "REPARACIÓN DA CUBERTA DO PAVILLÓN DE DEPORTES DE O GROVE" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola mesa de contratación do concurso convocado para a contratación da obra "Reparación da cuberta do Pavillón Polideportivo de O Grove"; visto o informe emitido polo Arquitecto Provincial, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola mesa de contratación, acórdase por unanimidade: .- Adxudicar a GPD (PLANIFICACIÓN, DESARROLLO Y GESTIÓN DE CONSTRUCCIONES, S.A.) a obra "Reparación da cuberta do Pavillón Polideportivo de O Grove", na suma de 96.613,89 euros, IVE incluído, e que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 30.456,00 euros e un período de mantemento de vintecatro meses. As melloras ofertadas figurarán como anexo á certificación liquidación de cada obra, xustificándose así a súa realización ou subministro. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Dep
Ãrea de notas
Nota