ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/07/02_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-07-02_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/07/02_Ordinaria

  • Data(s) 2004-07-02 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 2 de xullo de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día dous de xullo do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12243.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de xuño do ano 2004. ------ Folla: 2.12244.- AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA REXENERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Visto o dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de 23 de xuño de 2004, o acordo do Pleno do 31 de marzo de 2004 polo que se aproban as "Bases de axudas para adquisición de semente para rexeneración dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra", os informes da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do enxeñeiro director do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade aprobar as axudas económicas por importe de cento oitenta mil euros (180.000,00), a distintas confrarías de pescadores da provincia de Pontevedra, para adquisición de semente para rexeneración dos bancos marisqueiros, con cargo á partida 711.711.479.01 e segundo listado de beneficiarios que se indica: AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA REXENERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS CONFRARÍA CIF AXUDA Santiago Apóstol de Carril G 36.012.813 6.000,00 Virgen del Rosario de Vilaxoán G 36.012.854 6.000,00 La Pastoriza de Vilanova G 36.013.597 20.000,00 San Xulian de A Illa de Arousa G 36.014.124 24.000,00 San Antonio de Cambados G 36.012.847 24.000,00 San Martiño de O Grove G 36.014.744 24.000,00 San Gregorio de Raxó G 36.020.261 5.000,00 San Cipriano de Aldán F 36.007.714 15.000,00 San Martín de Bueu G 36.013.712 10.000,00 San Martín de Moaña G 36.015.212 22.000,00 Virgen del Carmen de Arcade G 36.012.821 12.000,00 San Juan de Redondela F 36.010.916 12.000,00 TOTAL 180.000,00 ------ Folla: 3.12245.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN PARA O FOMENTO DA RIQUEZA FORESTAL DE GALICIA-AFRIFOGA Visto o informe favorable da Asesoría Xurídica, así como o de Intervención no que se dá conta da existencia de consignación orzamentaria suficiente por importe de 170.500,00 euros na partida 04/711.711.489.02 do vixente orzamento, segundo RC núm. 200400042591 e considerando o dictame cos votos favorables do PP e PSOE e a abstención do BNG da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 23 de xuño de 2004, acórdase por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e a Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia (Afrifoga), e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a sinatura do mesmo. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN PARA O FOMENTO DA RIQUEZA FORESTAL DE GALICIA-AFRIFOGA A LOITA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS NOS MONTES VECIÑAIS DE PONTEVEDRA A TRAVÉS DA PLANIFICACIÓN E O DESENROLO SOSTIBLE Na cidade de Pontevedra, a ... de dous mil catro. REUNIDOS Dunha parte o Excmo. Sr. D. RAFAEL LOUZÁN ABAL, Presidente da Deputación de Pontevedra, actuando no seu nome e representación, segundo dispón o art. 34 da Lei 7/85 de 2 de abril das Bases de Réxime Local. E doutra, D. MARIANO SCOLA FERNÁNDEZ, Secretario Xeral da Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia -AFRIFOGA (C.I.F. Nº G-36.028.603). Interveñen en función dos seus respectivos cargos e no exercicio das facultades que para convir en nome das Entidades que representan teñen conferidas e, EXPOÑEN 1º- Que a DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA considera accións necesarias para impulsa-la riqueza forestal da provincia o combate contra os incendios forestais, así como o coñecemento da potencialidade dos seus recursos dos bosques, principalmente nos Montes Veciñais en Man Común, e das materias primas de orixe forestal, o fomento do asociacionismo no ámbito dos montes, a divulgación de técnicas de xestión forestal sostible, o pulo na multifuncionalidade dos bosques, e de xeito particular, as técnicas de loita contra os incendios forestais, así como a actualización técnica na súa prevención, as prácticas medioambientais e a seguridade laboral dos propietarios de montes, dos traballadores e das comunidades de montes veciñais de Pontevedra. 2º- Que AFRIFOGA é unha asociación sen ánimo de lucro con implantación nas catro provincias galegas e especialmente na de Pontevedra, que agrupa a propietarios forestais e comunidades de montes veciñais, e que entre os fins da Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia - AFRIFOGA, figuran como obxectivos preferentes a aplicación de técnicas de xestión forestal sostible fomentando a compatibilidade dos usos múltiples do monte, o fomento de iniciativas de mellora das estructuras forestais (agrupacións de predios, xestión conxunta, etc.), o traballo directo coas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e a divulgación de coñecementos dirixidos á mellora tanto cualitativa como cuantitativa dos productos (madeireiros e non madeireiros) do monte, colaborando coas Administracións Públicas en diversas actividades. 3º- Que segundo o estudio de investigación das causas dos incendios forestais en Galicia, abordado pola Garda Civil e a Policía Autonómica, realizado nas 83 parroquias de Galicia máis castigadas polos incendios forestais, a causa máis importante de incendios é a renovación de pastos na gandería extensiva non controlada. 4º- Considerando o pastoreo dos montes como un aproveitamento conveniente xa que contribúe, se a súa regulación é racional, ó desarrollo económico e social do medio rural, considérase imprescindible o seu ordenamento e xestión sostible en equilibrio cos distintos usos forestais dos montes e sempre, segundo a orde de prioridades das Comunidades Propietarias. 5º- Considerando que, na maior parte das ocasións, o uso gandeiro incontrolado ou mal regulado é incompatible cos usos forestais, agrícolas ou cinexéticos principais e provoca en non poucas ocasións conflitos de intereses que dan orixe a efectos non desexables como son os incendios forestais. 6º- Que na Estratexia Forestal Europea e na Española contémplase como actividades de interese a formación dos propietarios dos bosques, a loita contra os incendios forestais, a multifuncionalidade e as prácticas medioambientais, a seguridade no entorno laboral das actividades forestais e o establecemento de asociacións de silvicultores creadas para axudar ós seus membros e mellorar a ordenación sostible e eficaz dos seus bosques. 7º- Que o Plan Forestal de Galicia e os Plans de defensa contra os incendios forestais recollen entre os seus obxectivos a prevención, o fomento do asociacionismo forestal, a formación dos silvicultores, o desenvolvemento das comunidades de montes veciñais en man común, a mellora das estructuras e infraestructuras de defensa forestais, os traballos e proxectos dirixidos a prol da prevención dos incendios, a investigación das potencialidades en recursos dos montes, así como as actividades de sensibilización e divulgación forestal. 8º- Que a experiencia e o coñecemento do sector pon de manifesto a importancia e a urxencia de optimizar o desenvolvemento dos recursos forestais e o funcionamento das Comunidades de Montes Veciñais -como elemento básico de creación de riqueza, vertebración social e freo ó despoboamento das zonas rurais- obxectivo que pola súa amplitude e dificultade intrínseca esixe unha labor moi espallada no espacio e moi prolongada no tempo. 9º- Que esa experiencia plantexa a necesidade de realizar actuacións específicas na loita contra os incendios forestais a través da planificación espacial dos diferentes recursos do territorio e do estudio das potencialidades dos montes da provincia de Pontevedra, particularmente nos montes veciñais. 10º- Enténdese que os montes da provincia de Pontevedra soamente poderán ser obxecto dun desenrolo sostible manténdoos á marxe dos incendios e fomentando a profesionalidade das comunidades rectoras, así como coa incorporación dos novos sistemas de xestión forestal sostibles emanados das Conferencias Interministeriais de Helsinki e Lisboa. En consecuencia, os obxectivos que se pretenden acadar no presente convenio son os seguintes: OBXECTIVOS DO CONVENIO Obxectivo xeral: O obxectivo final do convenio é contribuír á reducción do número de incendios forestais nos montes da montaña de Pontevedra, mediante a planificación de usos, derivada dun coñecemento real das demandas da sociedade e orientada a un desenrolo sostible e estable das zonas rurais afectadas. O seu desenrolo pódese concretar en dúas fases: Unha primeira que comprende un estudio do medio natural, socioeconómico e legal da demarcación territorial "Montaña de Pontevedra" e un diagnóstico DAFO (Debilidades, Aptitudes, Fortalezas e Oportunidades) do sector agrosilvopastoral que permita, co apoio cartográfico dixitalizado, definir as capacidades de carga do medio. Nunha segunda fase hai que planificar o uso multifuncional (agrosilvopastoral),diverso e sostible que evite conflitos, reduza o número de incendios e constitúa unha base sólida para o desenrolo rural da zona. Ultimada a planificación e para que sexa operativa será necesaria unha ampla campaña de difusión entre as Comunidades Veciñais dos seus contidos e vantaxes xa que en definitiva elas serán as protagonistas da súa execución e desenrolo. Os resultados obtidos serán a base de partida para planificacións futuras a maior nivel de detalle e un estudio piloto aplicable a nivel de Comunidades de Montes. Obxectivos específicos: Na primeira fase: C Coñecer e solucionar a situación legal e xurídica das Comunidades de Montes da área de demarcación (clasificación, legalización, actos de disposición). C Coñecer o número e frecuencia dos incendios. Inventariar infraestructuras de defensa. C Inventariar a carga gandeira, tipo de gando, situación fitosanitaria e legal do gando extensivo ou mostrenco. C Determinar o estado natural, forestal e pascícola dos Montes da área de demarcación. C Relacionar territorialmente os usos actuais do solo, capacidades e límites de productividade e os seus usos potenciais. C Definir a capacidade de acollida do medio, definir os obxectivos e priorizar usos. C Deseñar unha estructura territorial resultante segundo cartografía temática dixital: Mapa ambiental, mapa de recursos naturais, mapa de capacidades de acollida, mapa forestal, mapa gandeiro, mapa de frecuencia e número de incendios, etc. Na segunda fase: C Establecer os obxectivos estratéxicos derivados e propostas de acción. C Determinar os factores de desenrolo, por un sistema de vantaxes comparativas e disfuncionalidade e restriccións. C Concretar a planificación xeral e específica dos usos agrosilvopastorais de acordo cos principios de uso sostible, máxima rendibilidade e persistencia. C Completar a cartografía dixital da primeira fase coas conclusións da planificación. C Difundir as conclusións do estudio entre as Comunidades Veciñais. Obxectivos sintéticos: Primeira fase: C Coñecer e por ó día a situación legal das comunidades de montes de Montaña de Pontevedra. C Reducir o número e frecuencia dos incendios. C Compatibilizar os usos agrarios e forestais. C Promover o aproveitamento agrosilvopastoral sostible. C Dispoñer dun estudio-diagnóstico como ferramenta básica de planificación de usos agrosilvoforestais. Segunda fase: C Planificar o uso dos recursos dispoñibles e/ou potenciais das zonas ou comarcas. C Dinamizar o funcionamento das Comunidades Veciñais e a súa concienciación e contribución ó desenrolo rural, mediante a optimización dos recursos dos seus montes. Por todo isto, a Deputación de Pontevedra e AFRIFOGA consideran de máximo interese formalizar o presente documento a fin de establecer a canle legal que permita desenvolver as accións posteriormente descritas e, en consecuencia, acordan asinar o presente Convenio de Colaboración para o desenvolvemento pola asociación AFRIFOGA de actividades de planificación dirixidas a fomentar e mellorar a potencialidade dos recursos forestais, divulgar as prácticas compatibles co medio ambiente e mellorar a seguridade laboral entre os propietarios e traballadores, en especial entre as comunidades de veciños propietarios de montes en man común nas condicións que se establecen nas seguintes: ESTIPULACIÓNS Primeira: As actividades a desenvolver pola Asociación AFRIFOGA no marco do presente Convenio son: ACTUACIÓNS CONCRETAS na primeira fase: C Entrevistas-enquisas a Xuntas Rectoras e Comuneiros de Comunidades de Montes Veciñais. C Revisión da situación legal e xurídica para a consolidación e defensa dos Montes Veciñais: .- Clasificacións. .- Legalizacións. .- Arbitraxes. .- Asesoramento en redacción de estatutos. .- Actualizacións. C Estudio natural e do medio: usos, cultivos e aproveitamentos. Estudio climático. Estudio edafolóxico (análises dos solos). C Inventario forestal e pascícola. C Zonificación dos montes por usos e aproveitamentos. C Elaboración dun diagnóstico de Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades. PRODUCTO FINAL na primeira fase: C Cartografía dixitalizada a escala apropiada sobre estudio do medio: Solos, Clima, Potencialidade forestal, Aproveitamentos, Estratos Forestais, Estado Pascícola. Situación gandeira. Incendios. Zonificación de usos e Ordenación Territorial. C Análise da compatibilidade e conflitos dirixidos nos actuais usos agroforestais e silvopascícolas na Montaña de Pontevedra. Segunda: DEMARCACIÓN TERRITORIAL DO ESTUDIO Referirase o estudio ós 4 distritos forestais de Pontevedra e abarcará 32 concellos. DISTRITO CONCELLO PARROQUIAS MONTE Deza-Tabeirós 1. Cerdedo-A Estrada QuirezaSuido Quireza 2. A Estrada Liripio Chan de Carreira Frades Xesteiras Arca Cabalar 3. Cerdedo Cerdedo Seixo 4. Forcarei Millarada Acibeiro Castuelo Castuelo-Murada Vigo-Baixo Miño 5. Porriño Chenlo Chan de Carreira 6. Fornelos de Montes A Laxe A Laxe 7. Porriño Chenlo Abelar, Foxo, Sara-magal 8. Oia Pedornes Currubelo Viladesuso Areeiro Loureza Valga Mougás Alto Grova Oia Valga Burgueira Alto Grova 9. Tomiño Pinzas Pastizais Tomiño Pedrada Barrantes Vilahán 10. Gondomar Donas e Mañufe A Portavedra Morgadanes e Peitieiros Calderón, Serra Ga-liñeiro Couso As Raxadas (Tetón) Vincios Estivadas e Campo Redondo 11. Nigrán Chandebrito Alto do Canabal A Paradanta 12. Cañiza Achas, Oroso, Parada e Petán Pedroso e Fontefría Luneta, Franqueira Paradanta 13. Ponteareas Padróns, Ribadetea Monte Galleiro Taboadelo Cabalos 14. Crecente Crecente, Filgueira, Rebordechán e Sendelle Alto da Vires e Chan de Moiras 15. Covelo Barciademera, Campo, Fofe, Graña e Piñeiro Serra do Suido Prado de Canda, Maceira, Santiago, Covelo e Lamosa Fontefría Godóns, San Salvador Faro 16. Mondariz Gargamala, Sabaxáns Maior e Cotodeira Mouriscados Meixoncobo 17. As Neves Sta. Eulalia, San Pedro e Cerdeira Paradanta e Sano-medio 18. Arbo Arbo, Cabeiras e Mourentán Paradanta e San Fins Caldas-Salnés 19. A Lama Antas, Xesta, Sende, Berducido e Seixido Serra do Suido Barcia, Covelo e Escuadra Serra do Seixo-Can-do 20. Cotobade Loureiro e Valongo Cabeiro San Xurxo de Sacos Arcela Caroi Penacho e Seixo Almofrei, Tenorio e Viascón Castelo Sta. Mª de Carballedo Cádavo e Coirego Borela Penacadeira Augasantas Pé da Múa Sta. Mª de Sacos, Carballedo e Corredoira Cádavo e Coirego 21. Campolameiro Campo e Fragas Penalba Muimenta e Morillas Cádavo e Coro da Conla Montes Alto Seixiño 22. Ponte Caldelas Tourón e Xustans Val das Tablas e Fracha Caldelas Pé da Múa e Parada Taboadelo Cabalos Anceu, Barbudo, Caritel e Insúa Val Grande e Pé Es-querdo Xustáns Aluncia 23. Moraña Amil e Rebón Acibal de Barro 24. Barro Portela, Perdecanai e Barro Acibal de Barro Curro Castrove 25. Pontevedra Cerponzóns, Berducido, Sta. Mª de Xeve e S. Andrés de Xeve Acibal de Barro, Campañó Castrove 26. Fornelos de Montes. Ventín Ventín Estacas Estacas 27. Poio San Xoan, Combarro, Samieira, Armenteira Castrove 28. Meis San Salvador, Sto. Tomé, San Vicente Castrove 29. Cuntis Portela, Couselo, Piñeiro, Estacas Xesteiras 30. Vilagarcía Cea, Bamio, Xiabre 31. Catoira Abalo, Dimo Xiabre 32. Caldas Carracedo, Bemil, Saiar Xiabre Terceira: Para a realización das actividades AFRIFOGA disporá do persoal técnico, equipamento e instalacións axeitadas de tal forma que dende a súa Central e as súas oficinas nas comarcas da Provincia de Pontevedra se preste a atención que estas actuacións requiren. Así mesmo, AFRIFOGA deberá pedir ou contratar o asesoramento específico que se precise naqueles temas que requiran unha especialidade tecnolóxica elevada. Cuarta: A duración do presente Convenio será de seis meses. O Convenio entrará en vigor ó día seguinte da sinatura arriba estipulada. Quinta: A achega da Deputación de Pontevedra a este Convenio ascende á cantidade de cento setenta mil cincocentos euros (170.500,00), que serán librados con cargo á partida 04/711.711.489.02 do vixente orzamento provincial. Sexta: O pagamento das cantidades efectuaranse da seguinte maneira: Un 30% da cantidade sinalada na cláusula anterior no momento da sinatura do presente Convenio. Un 30% ó remate da fase de inventario forestal e pascícola. Un 40% á entrega da documentación final. Estas cantidades que se veñen de referir anteriormente efectuaranse previo cumprimento do sinalado na cláusula sétima. Sétima: Para o trámite do pagamento, AFRIFOGA remitirá á Deputación de Pontevedra a seguinte documentación: a) Un informe acumulativo das actuacións realizadas ó abeiro do Convenio, dende o seu comezo ata ó remate das accións, que deberá ser aprobado polo órgano competente. b) Exemplares do Estudio, traballos, diagnósticos, conclusións ou cartografía correspondentes. c) Os xustificantes acreditativos dos gastos efectuados pola propia AFRIFOGA para o desenvolvemento das actividades contempladas no Convenio. a) As facturas ou recibos dos pagos feitos a terceiros, necesarios para o desenvolvemento do Convenio. A Deputación de Pontevedra procederá ós devanditos pagamentos a través de transferencia a conta bancaria. Oitava: No caso de que as cantidades xustificadas non acadasen os importes citados nas cláusulas quinta e sexta, aprobarase, polo órgano competente da Deputación de Pontevedra, o mandamento de pago unicamente, pola cantidade xustificada. En caso de incumprimento das obrigas asumidas, AFRIFOGA procederá ó reintegro das cantidades percibidas. Novena: A Deputación de Pontevedra poderá solicitar en calquera momento información sobre o estado e cumprimento dos obxectivos sinalados. Décima: Para o seguimento e control do traballo programado establécese unha Comisión formada por: C O Deputado do Servizo ou Departamento con competencias forestais ou persoa na que este delegue, en representación da Deputación de Pontevedra. C O seu Secretario Xeral ou persoa na que este delegue, en representación da Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia - AFRIFOGA. Décimo primeira: As cláusulas e demais termos do presente Convenio poderán ser revisados ou modificados a instancia de calquera das dúas partes, de mutuo acordo, sendo obrigatoria a revisión con ocasión da promulgación de normas de calquera rango que alteren substancialmente os supostos fundamentais nos que se basea o presente Convenio. Décimo segunda: O presente Convenio ten carácter administrativo e rexerase polas estipulacións que na xurisdicción se conteñen, sendo competente para entender dos litixios que puideran xurdir, a xurisdicción contencioso-administrativa. Décimo terceira: Serán causas de resolución do presente Convenio: A) A denuncia de calquera das partes con tres meses de antelación a súa finalización. B) O incumprimento das cláusulas do Convenio. C) O mutuo acordo das partes. Décimo cuarta: A difusión ou publicación en calquera medio dos traballos suxeitos a este Convenio implicará a mención expresa da Deputación de Pontevedra como institución patrocinadora. Se os traballos desenvoltos foran obxecto de publicacións deberase incluír no interior e nas contraportadas das mesmas os logotipos e os nomes de AFRIFOGA e da Deputación de Pontevedra. Décimo quinta: AFRIFOGA sométese ás actuacións de comprobación que respecto da xestión dos fondos do presente Convenio pode efectua-la Deputación de Pontevedra e ós procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de conformidade co disposto no artigo 6.5 d) do Decreto Lexislativo 8/1999 do 30 de decembro que modifica o Decreto Lexislativo 1/1999. Décimo sexta: A alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. Como proba de conformidade, do ata aquí exposto, os comparecentes conveñen e asinan o presente documento por triplicado, no lugar e data que no seu encabezamento se expresa. Pola Deputación de Pontevedra: Por AFRIFOGA: Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal D. Mariano Scola Fernández Presidente da Deputación de Pontevedra Secretario Xeral ------ Folla: 4.12246.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A MELLORA DA PESCA CONTINENTAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Visto o informe favorable da Asesoría Xurídica, así como o de Intervención no que se da conta da existencia de consignación orzamentaria suficiente por importe de 21.050,00 euros na partida 04/711.711.754.01 do vixente orzamento, segundo RC núm. 200400042590 e considerando o dictame favorable e unánime da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 23 de xuño de 2004, acórdase por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a Mellora da Pesca Continental na Provincia de Pontevedra, e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a sinatura do mesmo. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A MELLORA DA PESCA CONTINENTAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA En Santiago de Compostela, a ... de 2004 COMPARECEN Por unha parte, o Excmo. Sr. Conselleiro de Medio Ambiente, D. José Manuel Barreiro Fernández, en representación da Consellería de Medio Ambiente, en virtude do establecido no Decreto 482/1997, do 30 de decembro, ten as competencias que, en materia de pesca o artigo 27.15 do Estatuto de Autonomía de Galicia lle recoñece á Comunidade Autónoma e que lle foron transferidas en virtude dos Reais Decretos 167/81, 1234/83 e 1535/84, de traspaso de funcións e servizos á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza. Por outra parte o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal no seu nome e representación, en virtude das facultades que ostenta, segundo o artigo 34.1, b da Lei 7/85, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local, para asinar o presente Convenio. OBXECTO DO CONVENIO Ámbalas dúas institucións consideran conveniente aunar esforzos no apoio ó desenvolvemento da Pesca Continental da Provincia de Pontevedra, efectuando para iso unha acción coordinada dentro do plan de recuperación de ríos que actualmente leva a cabo a Xunta de Galicia. CLÁUSULAS PRIMEIRA.- CONTIDO A colaboración que xurda deste Convenio permitirá unha máis rápida execución dos plans desenvoltos pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente para a mellora das poboacións piscícolas na provincia de Pontevedra, así como para o exercicio da pesca deportiva. Entre os traballos a efectuar inclúese a adecuación dunha canle de rego, para alevinaxe de troitas, na finca de Mouriscade, propiedade da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Así mesmo dotarase de fondos para dotación de infraestructura básica de pesca na lagoa denominada Mercedes, no concello de Valga. SEGUNDA.- SEGUIMENTO DO CONVENIO Ó remate do exercicio do presente Convenio polos técnicos da Consellería de Medio Ambiente, remitirase á Excma. Deputación, memoria detallada sobre as actuacións contempladas e en anos sucesivos variación das poboacións piscícolas (salmón e troita) logrados con motivo da actuación realizada por ámbalas dúas institucións. TERCEIRA.- A Excma. Deputación destinará no presente exercicio a cantidade de VINTEÚN MIL CINCUENTA EUROS (21.050,00), do orzamento ordinario con cargo á partida 04/711.711.754.01, convenio pesca continental, para a dotación da infraestructura piscícola fluvial e entorno do río Deza, na parroquia de Mouriscade, no concello de Lalín. A anterior dotación incrementarase coa partida que se especifica no anexo correspondente a este convenio, totalizándose para ámbolos dous fins a cantidade de 42.100,00 euros, para a presente anualidade. Os pagos por parte da Deputación efectuaranse unha vez se remitan as oportunas certificacións de obra. Con respecto ó financiamento correspondente o exercicio 2003 que se quere aportar a este, segundo anexo, esta foi prorrogada por oito meses ata o 31 de agosto de 2004 polo que o 50% das certificacións de obra deberán presentarse antes desta data (31 de agosto de 2004). CUARTA.- Os proxectos necesarios realizaranse por técnicos da Consellería de Medio Ambiente, así como a consecución dos permisos necesarios para realizar ditas obras. QUINTA.- A dirección das obras realizarase compartida, por técnicos da Consellería e da Excma. Deputación. SEXTA.- A Consellería de Medio Ambiente, investirá no presente exercicio, para os plans antes mencionados as cantidades seguintes a través do Servizo de Caza e Pesca Fluvial. - Complementaria producción de salmón atlántico para re-poboación (Prop. 36 A 15/03. Anualidade 2004) 11.365,00 euros - Actuacións que desenvolven o plan de ordenación de ríos (Prop. 36 A 17/03. Anualidade 2004) 23.650,00 euros - Construcción dun paso para peixes na presa do couto de Couso (Xirimbao) no río Ulla (Prop. Centralizada) 167.124,71 euros Ditos investimentos financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.342 A 601.3. SÉTIMA.- VIXENCIA E DENUNCIA DO CONVENIO Este convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2004 podendo ser prorrogado por común acordo das partes no caso de que por causas imprevistas non puideran ser rematados os traballos. O convenio poderá denunciarse por calquera das dúas partes, respectándose en todo caso os compromisos adquiridos ata o momento. Será motivo de denuncia ou incumprimento do establecido no convenio ou a imposibilidade de facelo efectivo. OITAVA.- INTERPRETACIÓN E REVISIÓN Crearase unha Comisión paritaria composta por dous membros da Consellería de Medio Ambiente e dous da Deputación de Pontevedra que interpretarán e resolverán as cuestións que se susciten no cumprimento do presente convenio. Será obrigatoria a revisión deste convenio cando afecten substancialmente as súas estipulacións á promulgación de normas. A Xurisdicción competente para resolver os litixios que poidan xurdir na execución do mesmo, será a Contencioso-Administrativa. E para que consta, en proba de conformidade, ámbalas dúas partes asinan o presente convenio por triplicado, e a un só efecto, no lugar e data indicados no encabezamento. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN O CONSELLEIRO DE PROVINCIAL DE PONTEVEDRA MEDIO AMBIENTE Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- José Manuel Barreiro Fernández ANEXO CLÁUSULA ÚNICA A Excma. Deputación incorporará a anualidade correspondente o exercicio 2003 (21.050,00 euros) con cargo á partida 03/711.711.754.01 ó presente convenio para totalizar a cantidade referida na cláusula terceira de 42.100,00 euros e así poder acometer as actuacións que se especifican no presente convenio. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN O CONSELLEIRO DE MEDIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA AMBIENTE Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- José Manuel Barreiro Fernández ------ Folla: 5.12247.- CONVENIO DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE GRUPOS DE ESTUDIOS SOBRE A CONDICIÓN DA MULLER "ALECRÍN" De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar o convenio a subscribir por esta Deputación e a Asociación Grupos de Estudios sobre a condición da Muller "ALECRÍN" con enderezo na rúa García Barbón, 3-5º-oficina 8 de Vigo e CIF G-36.633.154, para "Atención dos xoves en saúde afectiva e sexual" por importe de 24.000,00 euros consignados na partida 04/313.313.480.02 e habilitar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN GRUPO DE ESTUDIOS SOBRE A CONDICIÓN DA MULLER "ALE-CRÍN" PARA ATENCIÓN ESPECÍFICA Á MOCIDADE EN MA-TERIA DE SEXUALIDADE No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra, a de 2004, reúnense pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, en calidade de Presidente da mesma e na súa representación segundo o artigo 34.1b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local e Dona Ana Míguez Vigo, como Presidenta da Asociación GRUPO DE ESTUDIOS SOBRE A CONDICIÓN DA MULLER "ALECRÍN", con domicilio social na rúa García Barbón, 3-5º-oficina 8 de Vigo e CIF G-36.633.154. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribi-lo presente convenio de colaboración, e EXPOÑEN As institucións asinantes do presente convenio ante as necesidades e demandas da mocidade en relación coa saúde afectiva e sexual e a importancia de ir creando actitudes positivas que potencien unha vivencia de sexualidade san e libre de riscos, consideran de grande interese prestar apoio institucional á rede pública de atención específica neste tema en particular e a este colectivo en concreto, para o seu fortalecemento e cando este recurso resulta insuficiente, apoiar, como recurso complementario, a iniciativa social, conforme ó disposto nos artigos 21 e 22 da Lei 4/93 de Servizos Sociais de Galicia e demais disposicións vixentes, e considerando que o GRUPO DE ESTUDIOS SOBRE A CONDICIÓN DA MULLER "ALECRÍN" reúne as condicións idóneas para levalo a cabo, formalizando o mesmo con suxeición as seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- SON OBXECTIVOS A ACADAR NESTE CONVENIO: 1º.- Atender as necesidades e demandas dos xoves en relación coa súa saúde afectiva e sexual. 2º.- Promocionar actitudes positivas que potencien unha sexualidade san e libre de riscos. 3º.- Previr embarazos non desexados na mocidade. 4º.- Previr o contaxio de infeccións de transmisión sexual e a transmisión do VIH e as súas consecuencias. 5º.- Formación do voluntariado para ó desenvolvemento do Programa. 6º.- Formación de formadores. SEGUNDA.- ÁMBITO DE ACTUACIÓN E VIXENCIA: O ámbito de actuación do presente convenio comprende a totalidade da provincia de Pontevedra. Terá carácter gratuíto e garantirá o anonimato e a confidencialidade. A súa vixencia será dende o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2004. TERCEIRA.- CONDICIÓNS E FINANCIAMENTO: A achega económica ó Programa por parte da Deputación Provincial é de 24.000,00 euros, que se imputarán á partida 04/313.313.480.02. A función principal da Deputación será a supervisión xeral do programa a través da Comisión de Seguimento. A cantidade sinalada neste convenio irase aboando conforme se vaian xustificando os gastos ata o total da axuda aprobada. CUARTA.- COMISIÓN DE SEGUIMENTO: Serán funcións da Comisión de Seguimento a análise, funcionamento e seguimento técnico do desenvolvemento do Centro Xove de Saúde Sexual e Anticoncepción "ALECRÍN". Dita Comisión estará formada por parte da Deputación, polo/a Presidente/a da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social ou da Comisión Informativa da Muller, un funcionario técnico do Servizo de Acción Social e por unha Traballadora Social da U.T. de Servizos Sociais, actuando esta como secretaria da mesma, e por parte do Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller "ALECRÍN", Dona Ana Míguez Vigo como representante do mesmo ou a persoa en quen delegue ademais de dous técnicos. As reunións da Comisión de Seguimento manteranse como mínimo trimestralmente ou coa periodicidade que fixen os seus membros. O Grupo "ALECRÍN" remitirá á Deputación informe cuadrimestral sobre a evolución do programa. QUINTA.- PUBLICIDADE: O Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller "ALECRÍN" comprométese a facer constar a publicidade que elabora tanto este como o Centro Xove de Saúde Sexual e Anticoncepción "ALECRÍN". Estando as partes conformes co sentido deste documento, asínanno no Pazo da Excma. Deputación Provincial, na data do encabezado. O PRESIDENTE DA EXCMA. A REPRESENTANTE DE "ALECRÍN" DEPUTACIÓN PROVINCIAL Asdo.: Rafael Louzán Abal Asdo.: Ana Míguez Vigo ------ Folla: 6.12248.- CESIÓN DE AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL A D. JOSÉ CARLOS ÁLVAREZ PÉREZ, DA CAÑIZA De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a cesión da axuda de emerxencia social, concedida en Comisión de Goberno de 26-09-02 a Dona Margarita Álvarez Pascual da Cañiza para "Arranxo de vivenda" e importe a cargo da Deputación de 2.782,14 euros, a favor do seu esposo D. José Carlos Álvarez Pérez por pasamento da primeira e prorrogar a execución da obra ata o 30 de agosto de 2004. ------ Folla: 7.12249.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Vistos os informes que formula a Intervención desta Deputación de datas 22 e 25 de xuño do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan nas mesmas, de gastos efectuados polos CENTROS XESTORES e DEPENDENCIAS desta Deputación e que se especifican na relación que se achega e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: .- A relación comprensiva de corenta e sete facturas, que figuran na referencia 200400000534 que importa un total global de vintecinco mil trescentos doce euros con dezasete céntimos (25.312,17), que comeza coa emitida por Barbeito y Cía, S.L., por importe de 641,29 euros e remata coa de C. Estaciones de Servicio, S.A., por importe de 3.903,56 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de vintecinco mil trescentos corenta e tres euros con sesenta e un céntimos (25.343,61), correspondendo a cantidade de 117,20 euros ó IRPF e 85,76 euros ó IVE soportado deducible sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. .- A relación comprensiva de catro facturas que figuran na referencia 200400000544 que importa un total global de mil seiscentos setenta e un euros con cincuenta e catro céntimos (1.671,54), que comeza coa emitida por Rosetta, S.L.L. - Servicios Lingüísticos, por importe de 544,43 euros e remata coa de Rosetta, S.L.L. - Servicios Lingüísticos, por importe de 439,79 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de mil seiscentos setenta e un euros con cincuenta e catro céntimos (1.671,54), sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 8.12250.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITO POR IMPORTE DE 14.300,00 EUROS Vista a proposta da señora xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación, de data 21 de xuño de 2004, relativa á incoación dun expediente de transferencia de créditos, entre diversas partidas do vixente orzamento provincial, por un importe global de 14.300,00 euros, coa finalidade de afrontar os gastos que se derivan da contratación de persoal para o Servizo de Arquivo, Biblioteca e Publicacións. Visto o informe de Intervención, de data 28 de xuño de 2004, no que deixa constancia de que a proposta efectuada pola Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación razoa suficientemente as variacións de crédito nas distintas partidas e cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que nas partidas cuxo crédito se minora expedíronse os RC, polos importes en que se minoran e que o órgano competente para aprobar o expediente é a "Xunta de Goberno" por tratarse de transferencias de créditos de persoal pertencentes a distintos Centros Xestores, acórdase por unanimidade, de conformidade co disposto na base 10ª, apartado 3 d., correspondente á execución do orzamento para o exercicio de 2004, aprobar o expediente de transferencia de crédito por importe total de 14.300,00 euros, incoado polo responsable do Centro Xestor de Recursos Humanos, minorando créditos nos importes e nas partidas que se indican e incrementando crédito polos importes e nas partidas que se detallan a continuación: PARTIDAS A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 454.451.131.01 Persoal laboral eventual 8.300,00 454.451.160.01 Cuotas Sociais S.S. Persoal laboral eventual 6.000,00 TOTAL 14.300,00 PARTIDAS A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 911.911.120.01 Retribucións básicas. Soldo 2.200,00 551.551.120.01 Retribucións básicas. Soldo 2.000,00 551.551.121.02 Retribucións Complementarias. C. Específico 2.600,00 551.551.121.01 Retribucións Complementarias. C. Destino 1.500,00 551.551.160.03 Cuotas Sociais-S.S. Persoal funcionario 6.000,00 TOTAL 14.300,00 ------ Folla: 9.12251.- PROPOSTA DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de subvencións para asociacións culturais que seguidamente se relacionan, por un total de vintesete mil euros (27.000,00), con cargo á partida 04/451.451.489.05. CONCELLO/PETICIONARIO/OBXECTO/SUBVENCIÓN/IMPORTE: LALÍN Asc. Cultural A Carballeira de Cercio Axuda ó Ciclo Cultural de Cercio 1.000,00 LALÍN Patronato Cultural de Lalín Axuda ó Ciclo de Concertos dirixidos por Jan Cober 2.400,00 MARÍN Liceo Casino de Marín Axuda á II Edición Xóvenes Intérpretes e Aniversario 1.500,00 MEAÑO Asc. Cult. Penaguda Axuda ó III Encontro de Música e Baile Tradicional 400,00 MONDARIZ - BALNEARIO Fundación Mondariz Balneario Axuda a VIII Beca de Pintura 1.800,00 MOS Asc. Mos Queo Colectivo Axuda á III Festa da Prehistoria 2.000,00 PONTEVEDRA Asc. Cult. Stmo. Cristo del Consuelo de Lérez Axuda ó VI Memorial Antonio Odriozola e exposición 1.200,00 PONTEVEDRA Asc. Cultural "Santa Rita" Axuda ós Actos da Semana Cultural Santa Rita 2004 1.000,00 PONTEVEDRA Asc. de Genealogía Heráldica y Nobiliaria Axuda á publicación do Boletín nº 3 e anexo 1.500,00 PONTEVEDRA Escola de Tempo Libre Paspallás Axuda a monográfico: Promoción e Difusión da Cultura 900,00 PONTEVEDRA Fundación Cultural Rutas del Románico Axuda a conferencias, concertos e edición de Libro-G 2.400,00 PONTEVEDRA Parroquia de Sta. María la Mayor Axuda á celebración da Se-mana da Familia-2004 600,00 PONTEVEDRA Sociedade Filarmónica de Pontevedra Axuda ó Concerto da Filarmónica Targo Mures de Ruma. 6.000,00 PORTAS Asc. Cultural Coro Domingo Fontán Axuda ó Encontro de Corais e presentación de CD 600,00 SANXENXO Asc. de Festas de Nantes Axuda á celebración da Festa da Comunidade Autónoma 700,00 VILA DE CRUCES Fundación Casa Museo "A Solaina" de Piloño Axuda á VII Xuntanza Obradoiro Internacional das Ar 3.000,00 TOTAL 27.000,00 ------ Folla: 10.12252.- PROPOSTA DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA MATERIAL INVENTARIABLE E MELLORA DE INSTALACIÓNS De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Deportes, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de subvencións para mellora de instalacións e adquisición de material deportivo inventariable ós Clubs e Entidades Deportivas que se relacionan, por un total de 22.600,00 euros, con cargo á partida 04/451.452.789.00. CONCELLO/PETICIONARIO /OBXECTO/SUBVENCIÓN/IMPORTE: CANGAS Alondras C.F. Compra de bancos, percheros e taquillas para vestiarios 2.000,00 CANGAS Clube de Mar Ría de Aldán Compra de tres K1 alta competición 1.800,00 CANGAS Clube Náutico de Cangas Compra de canoas, hobby teddy e mistral trance 1.800,00 LALÍN Clube Agolada Baloncesto "Basket Deza" Compra de canastras e mar-cador electrónico 1.800,00 LALÍN Vilatuxe Clube de Fútbol Compra de porterías, balóns medicinais, carro marcador 1.200,00 MOAÑA S.D.C. Samertolameu de Meira Compra de batel de fibra de carbono e botaaugas 1.800,00 MOS A.A.V.V. Cultural Ledicia Mos Compra de quencedor de gas, 6 focos proxectores 1.500,00 MOS Clube Louro Tameiga Compra de porterías, xogos de postes, péndulo 1.000,00 PONTEVEDRA Clube Atlético Estación Compra de vallas, colchonetas, xogos pesas e balóns m 1.500,00 PONTEVEDRA Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra Compra de embarcacións e pás 1.800,00 POIO Clube Escola Piragüismo Poio Compra embarcación K-4 1.800,00 POIO S.C.D. Poio Compra de porterías móbiles 900,00 VALGA Cordeiro C.F. Compra de conos, picas, vallados, redes de portería 1.500,00 VILABOA Clube Bértola Feminino Adquisición de máquina salter e cinta mecánica 1.200,00 VILAGARCÍA DE AROUSA Automoción La Junquera F.S. Adquisición de balóns medicinais, conos, banco abdom. 1.000,00 TOTAL 22.600,00 ------ Folla: 11.12253.- PROPOSTA DE CELEBRACIÓN DE FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, acórdase por unanimidade aprobar as propostas de celebración de Festas da Bicicleta nos concellos de Sanxenxo, Mondariz Balneario, Meis, Vilaboa, Moraña, Illa de Arousa, Redondela, Meaño e Portas. CONCELLO DATA MODALIDADE SANXENXO 11-07-04 Festa da Bicicleta MONDARIZ BALNEARIO16-07-04 Festa da Bicicleta MEIS 10-07-04 Festa da Bicicleta VILABOA 26-06-04 Festa da Bicicleta MORAÑA 24-07-04 Festa da Bicicleta ILLA DE AROUSA 16-07-04 Festa da Bicicleta REDONDELA 10-06-04 Festa da Bicicleta MEAÑO 13-06-04 Festa da Bicicleta PORTAS 04-07-04 Festa da Bicicleta ------ Folla: 12.12254.- INFORME SOBRE O PROXECTO DE ESTATUTOS DO CONSORCIO URBANÍSTICO INTEGRADO POLOS CONCELLOS DE BARRO E MEIS E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O DESENVOLVEMENTO E XESTIÓN DO SOLO INDUSTRIAL NAQUELES MUNICIPIOS Dada conta do Proxecto de Estatutos do Consorcio Urbanístico integrado polos Concellos de Barro e Meis e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para o desenvolvemento e xestión do solo industrial naqueles municipios e, Resultando que os mesmos foron aprobados provisionalmente en Asemblea formada polo Concelleiros dos Concellos de Barro e Meis e da Deputación Provincial de data 26 de maio e que foi publicado anuncio de información pública no BOP nº 106 de 4 de xuño. Considerando o disposto no artigo 151 en relación co 143 ambos da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Visto o informe emitido polo Vicesecretario, de data 28 de xuño de 2004, que textualmente di: "... de conformidade co artigo 140 en relación co 151 da Lei 5/97, de 22 de xullo: 1.- O Consorcio é un ente de natureza asociativa de carácter voluntario, constituído por diversas administracións públicas (art. 6.5 Lei 30/92, de 26 de novembro) dotado de personalidade xurídica propia. Gozan de personalidade xurídica propia e capacidade para o cumprimento dos fins que determinen os seus Estatutos. A Lei 5/97, de 22 de xullo, configúraos como entidades locais non territoriais (art. 2). Os Estatutos do Consorcio deberán determinar os fins do mesmo, así como as particularidades do réxime orgánico, funcional e financeiro. 2.- Por tratarse dun consorcio urbanístico a lexislación específica e escasa a aplicar está recollida nos artigos 228.3 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e 12 a 14 do Regulamento de Xestión Urbanística. 3.- Como o consorcio non é una forma de xestión, senón unha organización, pode utilizar calquera das formas previstas na lexislación (xestión directa e indirecta). 4.- Non é órgano de goberno a Asemblea propiamente dita, pois esta, unha vez constituído o Consorcio ten a competencia que lle outorga o artigo 23. Neste sentido o artigo 146 da Lei 5/97, que se refire á Xunta da Mancomunidade ou Asemblea. 5.- Os órganos de goberno do Consorcio, deberán de ser representativos das corporacións integrantes (artigos 44.2 Lei 7/85 e 142.2 Lei 5/97). " Visto o informe emitido polo Interventor, de data 8 de xuño de 2004, que textualmente di: "... Polo que atinxe a Intervención, dende os aspectos financeiros-orzamentarios, non se formulan consideracións neste momento xa que a determinación destas magnitudes haberán de concretarse con posterioridade. Tampouco se formulan sobre os aspectos xerais do Consorcio segundo a lexislación autonómica e estatal básica." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ós mesmos. ------ Folla: 13.12255.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA DOLORES CORES ABUÍN POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE NOALLA A CALDAS, NA SAÍDA DE ALBÁN Dada conta que con data de Rexistro 28-05-04 (nº 19368) tivo entrada nesta Deputación escrito remitido polo Concello de Ribadumia, subscrita por Dona Dolores Cores Abuín, veciña de Besomaño-Barral, nº7, Ribadumia; por danos padecidos en automóbil marca Opel Ascona, matrícula V-6949-BN, na estrada de Noalla a Caldas, na saída de Albán, e que individualiza economicamente en 278,40 euros. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429793) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do teor do informe do Servicio de Vías e Obras dedúcese de forma clara que o estado da vía, en obras e con un valado, obriga ou impón extremar as medidas de seguridade. A máis, a reclamante non propón nin desenvolve ningún medio de proba, a salvo a súa manifestación subxectiva e interesada de parte coa que inicia o expediente. A máis, bótase en falla a aportación de informe da Policía Local ou atestado da Garda Civil. Considerando.- Que en calquera caso, no suposto de existir responsabilidade -extremo que no considerando inmediatamente anterior negase de plano en virtude dos razoamentos expostos- a mesma debería esixirse a empresa COVSA en virtude do dictado do artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que o expresa con literalidade rotunda o dicir que "... será obriga do contratista indemnizar todo-los danos e prexuízos que se lle causen a terceiros coma consecuencia das operacións que requira a execución do contrato" e complementa e ratifica, por exemplo, a sentenza do Tribunal Supremo de data 31-07-89, o razoar que: "... cuando los daños y perjuicios se derivan de una actividad técnica no cumplida directamente por la organización administrativa, sino por organizaciones privadas no integradas en la Administración, con las que esta contrata atribuyéndoles la gestión, de un servicio público o la ejecución de una obra pública, se interfiere entre Administración y particulares una empresa privada a la que materialmente le son atribuibles sus causas". En idéntico sentido, sentenza 12-02-00 do mesmo órgano. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 14.12256.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. DANIEL ABAL MONTEAGUDO POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA BARRO-(A PORTELA) - CURRO Dada conta que con data de Rexistro 26-05-04 (nº 18987) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Daniel Abal Monteagudo, veciño de Barro, Lugar de Monllo, nº2, Pontevedra; por danos padecidos en automóbil marca Citroen-Xsara, matrícula PO-0470-BL, na estrada Barro-(A Portela) Curro, o día 3 de abril de 2004, e que individualiza economicamente en 10.655,20 euros. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429793) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do informe do Servicio de Vías e Obras conclúese que "... no punto kilométrico 0,600, na marxe dereita, existía un estreitamento que estaba sinalizado e que sempre o estivera". A máis, convén recordar que o artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas establece que "... será obriga do contratista indemnizar todo-los danos e prexuízos que se lle causen a terceiros coma consecuencia das operacións que requira a execución do contrato" mandato que foi xurisprudencialmente reforzado coa sentencia de 12-02-00 que bebeu, a súa vez na doutrina da de 31-07-89, da que convén extraer, por clarificador, o antecedente de feito quinto: "... cuando los daños y perjuicios se derivan de una actividad técnica no cumplida directamente por la organización administrativa, sino por organizaciones privadas no integradas en la Administración, con las que esta contrata atribuyéndoles la gestión, de un servicio público o la ejecución de una obra pública, se interfiere entre Administración y particulares una empresa privada a la que materialmente le son atribuibles sus causas". Así as cousas, o destino que debe seguir a reclamación e o da desestimación, máxime cando o reclamante non aporta nin informe da Policía Municipal nin atestado da Garda Civil. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 15.12257.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. CARLOS PÉREZ BUEZAS POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE CRUCEIRO VELLO A A GRENLA (RIBADUMIA) Dada conta que con data de Rexistro 28-05-04 tivo entrada nesta Deputación instancia remitida polo Concello de Ribadumia, subscrita por D. Carlos Pérez Buezas, veciño de Mamuela, nº19, Ribadumia; por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca Volkswagen Jetta, na estrada de Cruceiro Vello a A Grenla. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429793) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto este ten por forza que atribuírse á competencia do Concello, pois así o expón claramente o informe do Servicio de Vías e Obras ("... es responsable el Ayuntamiento de Cambados ya que se trata de una tapa de alcantarillado") e así o suxire o tenor literal do artigo 25.2 "l", cuarto inciso da Lei 7/85, a que non afectou neste punto a 57/2003, de Modernización do Goberno Local. Así as cousas, como ven expuxo a sentencia do Tribunal Supremo de 13-09-2002 "... La titularidad de la infraestructura material para la prestación de un servicio no implica que el sistema de responsabilidad objetiva de las Administraciones convierta a estas en aseguradoras universales de todos los riesgos" e, polo tanto, o camiño que debe seguir a reclamación é o da desestimación, iso sen engadir a feblidade da actividade probatoria, ó non aportar informe da Policía Local ou atestado da Garda Civil. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 16.12258.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. ANTONIO ABELAIRA ARRIANDIAGA EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DONA EMILIA Mª CHAVES PIÑEIRO E DONA Mª ISABEL GONZÁLEZ CHAVES, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PO-300 EN SENTIDO HACIA PONTEVEDRA Dada conta que con data de Rexistro 20-05-04 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita polo Letrado D. Antonio Abelaira Arriandiaga en nome e representación de Dª Emilia Mª Chaves Piñeiro e Dª Mª Isabel González Chaves, con enderezo a efectos de notificacións na R/Enrique Dequidt, nº10-1º drta., por danos padecidos en ciclomotor propiedade da primeira, marca Suzuki e matrícula C-7239-BNK, na estrada PO-300 e en sentido hacia Pontevedra, o día 19 de maio de 2003, e que individualiza economicamente en 1.779,99 euros. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto a hipotética causa do sinistro -xa que o tono dubitativo do atestado da Garda Civil impide considerala de xeito categórico coma real- ten por forza que atribuírse á competencia do Concello, pois así o expón claramente o informe do Servicio de Vías e Obras ("... es responsable el Ayuntamiento de Cambados ya que se trata de una tapa de alcantarillado") e así o suxire o tenor literal do artigo 25.2 "l", cuarto inciso da Lei 7/85, a que non afectou neste punto a 57/2003, de Modernización do Goberno Local. Así as cousas, como ven expuxo a sentencia do Tribunal Supremo de 13-09-2002 "... La titularidad de la infraestructura material para la prestación de un servicio no implica que el sistema de responsabilidad objetiva de las Administraciones convierta a estas en aseguradoras universales de todos los riesgos" e, polo tanto, o camiño que debe seguir a reclamación é o da desestimación. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 17.12259.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 18.12260.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 19.12261.- RECTIFICACIÓN DE ERRO MATERIAL PADECIDO EN ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO Nº 16.12216, DE 18 DE XUÑO DE 2004, SOBRE DACIÓN DE CONTA DE SENTENZA DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, RECAÍDA EN RECURSO NÚM. 02/004631/2000, PROMOVIDO POLO EXCMO. CONCELLO DE VIGO Dada conta do erro material padecido en acordo da Comisión de Goberno nº 16.2216, de 18 de xuño de 2004, sobre dación de conta de sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso nº 02/00 4631/ 2000 promovido polo Excmo. Concello de Vigo, no que, no seu cuarto parágrafo, liña 6, figura a cantidade de 2.054.352 pesetas, debendo figurar a de 3.054.352 pesetas (18.357´03 euros), e, Visto o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común, que establece "... Las Administraciones Públicas podrán, rectificar en cualquier momento de oficio o a instancia de los interesados, los errores materiales, de hecho o aritméticos, existentes en sus actos", A Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar o adoptado na súa sesión de 18 de xuño de 2004, no sentido sinalado, debendo figurar no parágrafo cuarto, liña 6, a cantidade de 3.054.352 pesetas (18.357´03 euros) en lugar de 2.054.352 pesetas. ------ Folla: 20.12262.- CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA MEDIANA E PEQUENA EMPRESA (AEMPE) E ANEXO I Dada conta do proxecto de Convenio Marco de colaboración remitido pola Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa (AEMPE) para o desenvolvemento de diversas accións formativas, xunto con Anexo I para o exercicio 2004 sobre "Elaboración dunha publicación das actividades da Asociación e accións de información dirixidas ó ámbito empresarial", e vistos os informes da Vicesecretaría e de Intervención, de 14 e 28 de xuño de 2004, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó mesmo, que supón a aportación de dezaoito mil trinta euros (18.030,00 euros), que serán librados, previa xustificación da realización da actuación recollida na cláusula normativa sétima do Anexo citado, con cargo á partida 04/121.622.471.02, segundo o referido informe de Intervención, facultándose ó Ilmo. Sr. Presidente para o seu outorgamento. Dito Convenio e Anexo son como seguen: CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA MEDIANA E PEQUENA EMPRESA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (AEMPE) Reunidos en Pontevedra, na Sala de Xuntas da Excma. Deputación de Pontevedra, o día Dunha parte o Excmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra. Doutra o Sr. D. José Mª Rodríguez Rodríguez, Presidente da Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE), en virtude das competencias que lle outorgan os Estatutos da Entidade. Ambas partes recoñécense capacidade xurídica e legal suficiente para formalizar o presente convenio marco de colaboración. EXPOÑEN PRIMEIRO.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, representa á totalidade dos Municipios da Provincia no seu conxunto e ten como un dos seus obxectivos a promoción e desenvolvemento económico da Provincia de forma global. SEGUNDO.- A Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE), aglutina no seu seno e representa os intereses xerais das PYMES. TERCEIRO.- A Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE), e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, están interesadas en elevar o desenvolvemento e a formación integral dos pequenos e medianos empresarios, como base fundamental do despegue económico provincial. CUARTO.- Tomando como base o anterior, a Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE), comprométese a levar a cabo o perfeccionamento e actualización de todos aqueles profesionais interesados no desenvolvemento da actividade empresarial ou que aspiran a iniciarse nela como tales. Tamén aqueles que requiran algún tipo de axuda de carácter xeral na continuidade da PYME. QUINTO.- A Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra entenden que para entrar no mercado global nun grao de igualdade, son aspectos fundamentais o dinamismo e a competitividade, que se adquiren cunha información clara, así como un coñecemento e unha formación técnica adecuada. CLÁUSULAS PRIMEIRA.- A Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra comprométense no ámbito das cláusulas expositivas a desenvolver o presente convenio marco, mediante accións que se levarán a cabo no presente exercicio económico de 2004, concretamente a que aparece reflectida no ANEXO I. SEGUNDA.- Dentro do ámbito do convenio marco de colaboración que a Excma. Deputación de Pontevedra e a Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE) acordan, desenvolveranse as seguintes accións e temas con carácter xeral: . Accións formativas para empresarios que exercen na actualidade ou programen no futuro unha actividade empresarial. . Accións de información dirixidas ó ámbito da empresa. . Accións de divulgación no entorno empresarial. . Outras accións que así se acorden. TERCEIRA.- Entre as accións formativas que se van a desenvolver, atópanse en primeiro lugar as de carácter xeral para todos aqueles profesionais que pretendan iniciar a súa actividade empresarial. En segundo lugar levaranse a cabo accións formativas concretas para aqueles grupos de empresarios ou sectores económicos interesados ou inmersos nunha problemática concreta. Do mesmo modo realizaranse as accións necesarias de información para un coñecemento legal técnico e práctico nos diversos sectores empresariais que se vaian consolidando. Considérase tamén necesario elaborar traballos, levar a cabo estudios e propoñer proxectos de investigación de sectores e áreas económicas en ámbitos concretos, que posúan un peso específico propio na economía provincial ou que poidan telo nun futuro. Finalmente tamén poderán ser obxecto de desenvolvemento deste convenio, todas aquelas accións que sendo de interese mutuo xurdan ó longo da vixencia do presente convenio marco de colaboración. Todas estas accións concretaranse de forma pormenorizada nos diversos anexos ó presente convenio marco. CUARTA.- Co fin de impulsar e concretar as accións propostas que se deriven do

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición