ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/07/23_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-07-23_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/07/23_Ordinaria

  • Data(s) 2004-07-23 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 23 de xullo de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e cinco minutos do día vintetrés de xullo do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Asesor Xurídico do Servizo Central en funcións de Secretario Accidental, ante a ausencia do Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, por encontrarse na Cidade Infantil "Príncipe Felipe" onde se están a realizar as probas de selección de persoal para o Padroado de Turismo "Rías Baixas" , e por ausencia igualmente do Sr. Vicesecretario, D. Carlos Cuadrado Romay, por estar disfrutando das vacacións regulamentarias, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12310.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 16 de xullo do ano 2004. ------ Folla: 2.12311.- CONVENIO DE COOPERACIÓN EDUCATIVA ENTRE A UNIVERSIDADE DE VIGO E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Retírase da orde do día expediente relativo á "Convenio de Cooperación Educativa entre a Universidade de Vigo e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra" para un máis detido estudio do asunto. ------ Folla: 3.12312.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A "FUNDACIÓN CARLOS CASARES" Retírase da orde do día expediente relativo á "Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Fundación Carlos Casares" para un máis detido estudio do asunto. ------ Folla: 4.12313.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Vistos os informes que formula a Intervención desta Deputación de datas 14 de xullo do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos CENTROS XESTORES e DEPENDENCIAS desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: .- A relación comprensiva de trinta e sete facturas que figuran na referencia 200400000595 que importa un total global de once mil douscentos sesenta euros (11.260,00), que comeza coa emitida por Unión Veciñal Cultural e Deportiva Candeán (Vigo), por importe de 520,00 euros e remata coa de Asociación de Veciños Nosa Terra (Mos), por importe de 200,00 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de once mil douscentos sesenta euros (11.260,00), sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. .- A relación comprensiva de setenta e unha facturas que figuran na referencia 200400000599 que importa un total global de setenta mil oitocentos sesenta e cinco euros con oitenta e sete céntimos (70.865,87), que comeza coa emitida por Colegio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra, por importe de 13.775,53 euros e remata coa de Industrias Químicas Kimsa, S.L., por importe de 1.168,70 euros, na que se recoñecen obrigas por importe setenta mil oitocentos sesenta e cinco euros con oitenta e sete céntimos (70.865,87), sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 5.12314.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA ERNESTA GONZÁLEZ TRIGO POR DANOS PERSOAIS E MATERIAIS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE SABARÍS A BELESAR (BAIONA) Dada conta que con data de Rexistro 06-05-04 (nº 017019) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D€ Ernesta González Trigo, con domicilio en Belesar-Urgal, nº 23, Baiona; por danos persoais e materiais en automóbil marca Opel Astra 1.7 TD, matrícula PO-6803-BF, na estrada de Sabarís a Belesar (Baiona), á altura do Bº Urgal, o día 24-04-04, e que individualiza economicamente os danos materiais en 1.196,47 €. Resultando.- Que con data 1-06-04 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 9-06-04 co seguinte contido: "Efectivamente la carretera de Sabarís a Belesar es vía provincial y se encuentra en obras de ensanche y mejora. Realizadas las averiguaciones pertinentes ha podido saberse que, precisamente en un tramo de unos 70, 80 mts donde no se ha conseguido la cesión de los vecinos colindantes y por tanto en su zona estrecha , una mañana al acudir, como todos los días, los obreros de la contrata al trabajo, se encontraron una tapa de registro y su arillo, desplazados del hueco del pozo o arqueta de registro, del servicio municipal de abastecimiento y que por su manifiesta peligrosidad decidieron, incluso antes de consultarlo con su Jefe de Obra, proceder a su reparación. Suponen que durante la tarde noche anterior, no recuerdan exactamente la fecha, pero sin duda la encajan en la proximidad del día del accidente, algún vehículo pesado pudo desplazarla de su habitual y necesario emplazamiento". Coma non se considerou suficiente o aportado para a valoración do xuízo de responsabilidade, con data 11 de xuño solicitouse ampliación do mesmo, que se emitiu o 21 de xuño co seguinte contido: "Como se decía en el informe inicial, si bien la arqueta está en un tramo de obras no tiene nada que ver con éstas. Añadir que la carretera estaba señalizada al comienzo y final del tramo en obras, con señales, entre otras, de limitación de velocidad a 40 y 20. Existe iluminación, municipal por supuesto, con un punto de luz cada 20/25 mts. La arqueta está situada en la zona centro de ese vano". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do tenor literal dos informes de Vías e Obras dedúcense os seguintes extremos: a) Que existía unha arqueta desprazada da súa posición orixinaria e que o propio persoal da Deputación colocou no seu sitio. b) Que a estrada estaba sinalizada ó principio e ó final do tramo en obras con limitacións de velocidade de 40 e 20. c) Que existía iluminación municipal cun punto de luz cada 20/25 mts. Tales extremos -ratificados polo atestado da Policía Municipal que esta Deputación reclamou ó Excmo. Concello de Baiona- apuntan a que de seren respectadas as limitacións de velocidade e condicións da vía, a tapa da arqueta movida non sería causa eficiente do sinistro, pois a visibilidade era boa. A maiores, a rede de sumidoiro é un servicio de competencia municipal, isto a tenor do artigo 25.2 "l" da Lei 7/85. Por tanto, o destino que debe seguir a reclamación é a desestimación. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 6.12315.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA Mª EUGENIA VELASCO PAZOS, AVOGADA, EN NOME E REPRESENTACIÓN DE D. JOSÉ MANUEL TOBÍO BERMÚDEZ POR DANOS EN AUTOMÓBIL DA SÚA PROPIEDADE NA ESTRADA PROVINCIAL DE CATOIRA A RIANXO Dada conta de que con data de Rexistro de 9 de xuño de 2004 (nº 020602), tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Eugenia Velasco Pazos, avogada, en nome e representación de D. José Manuel Tobío Bermúdez, con enderezo a efectos de notificacións na Rúa La Tablada, 6, baixo dereita, Pontevedra, por danos padecidos en automóbil marca "Peugeot 206", matrícula 0994-BSB, na estrada provincial de Catoira a Rianxo, o día 7 de decembro de 2003, e que individualiza economicamente en 1.272,73 euros. Resultando que con data 15 de xuño de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.D. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 15 de xuño de 2004 co seguinte contido: "Visto el informe de Tráfico, no existiendo otros condicionantes que lo aminoren, parece que debemos aceptar la responsabilidad". Resultando que solicitado informe á Garda Civil de Tráfico, como ampliación do atestado presentado polos reclamantes xunto coa súa instancia, con data de rexistro de entrada de 24 de xuño de 2004 (nº 022287), recíbese o mesmo, no que se manifesta, entre outros: "Por el desplazamiento del turismo Peugeot 206 0994.BSB, tras el accidente, se desestima posibilidad de que éste circulase a una velocidad inadecuada o excesiva para dicho tramo. Asimismo se reitera lo expuesto en el apartado Otras Circunstancias: En el lugar se hallaron diseminados cuatro tapacubos de distintas marcas, posiblemente por el choque de otros turismos contra los reseñados baches". Resultando que ós efectos de acumular o máximo de material probatorio, se solicitou aclaración e ampliación de informe ó Servicio de Vías e Obras, emitíndose o mesmo con data 12 de xullo no que ratifica o emitido con data 15 de xullo, aclarando que no día do accidente existían fochas na estrada, sen sinalizar. Resultando que pola Asesoría Xurídica se emite informe con data 2 de xullo de 2004 favorable á estimación da reclamación. Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.D. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que no expediente queda acreditada a responsabilidade desta Deputación ó resultar probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/982 e 13.2 do R.D. 429/93, facendo ociosa a invocación de xurisprudencia en pro do argumentado. Considerando que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.D. 2568/86 e RD 429/93. Considerando que neste caso se cumprimentan os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 2 da Lei 30/92, é dicir, dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación ó prexudicado, e 2, apartado 1, do R.D. 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial, o que, unido á proba da relación de causalidade, impón no presente suposto a apreciación de responsabilidade patrimonial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.- Estimar a reclamación presentada por Dna. Eugenia Velasco Pazos, avogada, en nome e representación de Don José Manuel Tobío Bermúdez, por danos en automóbil da súa propiedade como consecuencia de accidente padecido na estrada provincial de Catoira a Rianxo, o día 7 de decembro de 2003, valorados en 1.272,73 euros (mil douscentos setenta e dous euros con setenta e tres céntimos). 2º.- Tendo en conta que en virtude da póliza de seguros subscrita entre esta Deputación e a Compañía AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A., nas reclamacións estimadas esta Deputación só aboará o importe da franquía, estipulado en 601,01 euros, sendo o importe restante a cargo da devandita Aseguradora, aprobar o gasto e declarar de aboo a favor de Don José Manuel Tobío Bermúdez a cantidade de 601,01 (SEISCENTOS UN EUROS CON UN CÉNTIMO), con cargo á partida 04/511.511.210.00. 3º.- Dar traslado deste acordo xunto con copia autenticada do expediente á AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A. para que proceda ó aboo do importe restante ata o total estimado de 1.272,73. 4º.- A cantidade que debe aboar esta Deputación estará sometida á condición suspensiva de aportación polos reclamantes da seguinte documentación: - Factura orixinal que cumprimente os requisitos legais e regulamentarios. - Copia cotexada do NIF ou CIF. - Nº de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria. 5º.- Unha vez aportada dita documentación, trasladarase á Intervención, xunto co expediente tramitado, ós efectos oportunos. ------ Folla: 7.12316.- COMUNICACIÓNS [Serie: División territorial] Quedou enterada a Xunta de Goberno de remisión por parte da Secretaría Particular da Presidencia desta Excma. Deputación Provincial, de "Convenio Regulador en relación co proceso segregador dos Concellos de Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa", asinado o día 8 de xullo do corrente ano 2004. Dito convenio é como segue: CONVENIO REGULADOR EN RELACIÓN CO PROCESO SEGREGADOR DOS CONCELLOS DE VILANOVA DE AROUSA E A ILLA DE AROUSA Cambados (Pontevedra) a oito de xullo de dous mil catro. REUNIDOS Dunha parte, os Excmos. Sres.: D. JOSE ANTONIO ORZA FERNÁNDEZ, Conselleiro de Economía e Facenda. D. JESÚS C. PALMOU LORENZO, Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJOO, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. D. JESÚS PÉREZ VARELA, Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Dona PILAR ROJO NOGUERA, Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado. Dona MARÍA JOSÉ CIMADEVILA CEA, Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Actuando todos eles, en nome e representación da Xunta de Galicia, en uso das facultades que, especificamente para vincularse neste acto, derivan do Acordo do Consello da Xunta de data 27 de marzo de 1991, así como das que con carácter xeral teñen atribuídas polo artigo 34 da Lei 1/1983,da Xunta e o seu Presidente, así como polo acordo do Consello da Xunta de 27 de marzo de 1991, sobre Convenios de colaboración con outros entes públicos e de colaboración con particulares, publicado mediante Resolución do 8 abril de 1991, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 30 de abril de 1991). Doutra parte: D. RAFAEL LOUZÁN ABAL, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en representación da mesma, actuando ó abeiro das facultades que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei de Bases de Réxime Local e 105.1.a) da Lei de Administración Local de Galicia. Doutra parte, os Señores: D. GONZALO DURÁN HERMIDA, Alcalde-Presidente do concello de Vilanova de Arousa, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e artigo 61 da Lei 5/97 de Administración Local de Galicia, así como polo acordo adoptado polo pleno do citado Concello en sesión celebrada o 17 de xuño de 2004 no que constan facultades específicas para a sinatura deste Convenio. D. JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ VÁZQUEZ, Alcalde-Presidente do concello da Illa de Arousa, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e artigo 61 da Lei 5/97 de Administración Local de Galicia, así como polo acordo adoptado polo pleno do mencionado Concello en sesión celebrada o 23 de xuño de 2004 no que constan facultades específicas para a sinatura deste Convenio. Os comparecentes recoñécense, na condición en que actúan, competencia e capacidade bastante para formalizar o presente Convenio de colaboración, e a tal efecto EXPOÑEN PRIMEIRO.- Por Decreto 415/1996, do 21 de novembro, aprobouse a segregación de parte do termo municipal de Vilanova de Arousa, para a constitución dun novo e independente concello chamado A Illa de Arousa. SEGUNDO.- Por Orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, do 20 de maio de 1998 dictáronse as disposicións; necesarias para facilitar o reparto de cargas entre os concellos de Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa, resultantes do proceso segregador. TERCEIRO.- As prescricións relativas ó proceso de segregación que se conteñen no Decreto e Orde citados, así como a diverxencia de criterios relativos á súa interpretación e aplicación, están na orixe dunha intensa litixiosidade tanto entre os propios Concellos segregados, como entre estes e a Xunta de Galicia. Esta situación considérase non desexable na medida en que demora e dota de incertidume a resolución das diferencias, e impide a adopción de medidas inmediatas en relación coa prestación de servizos municipais de obrigado cumprimento, que inciden, incluso, na axeitada capacidade de ámbolos dous concellos para a súa dispensa. CUARTO.- Conscientes da necesidade de superar estes atrancos, os concellos de Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa e a Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, formalizan o presente convenio regular, que se rexerá polas seguintes ESTIPULACIÓNS PRIMEIRA.- Obxecto do Convenio. O presente Convenio ten por obxecto a resolución dos conflictos derivados do proceso de segregación dos Concellos de Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa, así como a consecución para ámbolos dous concellos da capacidade necesaria para o axeitado exercicio das competencias que a lexislación lles atribúe. SEGUNDA.- Compromisos que asumen as partes. 1.- Compromisos que asume a Xunta de Galicia: A Xunta de Galicia, a través das Consellerías que, en cada caso se citan, e de acordo coa normativa aplicable en materia de cooperación e colaboración entre administracións públicas, acometerá as seguintes accións: a) A Consellería de Economía e Facenda, previa aprobación, se é o caso, do plan económico-financeiro a que se aludirá na estipulación terceira, concederalle ó Concello de Vilanova de Arousa un préstamo por importe de 1.906.000,00 euros, e ó da Illa de Arousa outro préstamo por importe de 371.000,00 euros, coas seguintes condicións financeiras comúns a ámbolos dous préstamos. .- Os préstamos desembolsaranse por parte da Consellería de Economía e Facenda por metades, sendo a primeira efectiva no 2004 e a segunda no primeiro trimestre de 2005. .- O prazo do préstamo será de 18 anos, incluídos cinco anos de carencia, a contar dende a data da segunda disposición. Debendo estar enteiramente reembolsado o 31 de decembro de 2023. .- Os préstamos empezaranse a amortizar a partir de xaneiro de 2011 e finalizarán en decembro de 2023 a razón de 146.615,39 euros ó ano por parte do concello de Vilanova de Arousa e de 28.538,47 euros polo da Illa de Arousa. Estes importes serán reembolsados polos referidos concellos á Consellería en cotas de carácter mensual. .- As cotas de amortización referidas no punto anterior serán recobradas directamente pola Consellería a través de retencións na participación que corresponda a cada Concello no fondo de Cooperación Local. No caso de que a referida participación non fose suficiente para cubrir a totalidade da cota de amortización correspondente, a Consellería de Economía e Facenda poderá reter a diferencia de calquera outro pagamento que canalice a través da súa tesourería ata cubrir a totalidade da cota. Estas dúas operacións de endebedamento non devengarán xuros. A Consellería de Economía e Facenda financiará este dous préstamos, con cargo á aplicación orzamentaria 21.01.811.A.821.06 do orzamento da C.A. de Galicia. b) As Consellerías, que a continuación se citan, executarán (ou financiarán a execución) nos concellos as seguintes infraestructuras, cos seguintes compromisos, e polos importes máximos que se citan: - Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. - Redactar e aprobar o proxecto técnico necesario para a execución das obras de "Pavimentado e reparación de estradas municipais no concello de Vilanova de Arousa" e financiar a obra segundo o proxecto, destinando para todo isto ata un máximo de OITOCENTOS OITENTA MIL EUROS (880.000,00 euros), dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, a cargo da partida orzamentaria 06.03 413B 600.1, número de proxecto 9406057 e coas seguintes anualidades: - 2004 80.000,00 euros - 2005 400.000,00 euros - 2006 400.000,00 euros - Levar a cabo as actuacións de contratación, execución, dirección e recepción das obras descritas no proxecto e formalizar os actos de recepción das mesmas. - Unha vez producido o acto formal de recepción das obras pola consellería, esta poñerao en coñecemento do Concello de Vilanova de Arousa, entendéndose que tal comunicación determina o nacemento da obriga asumida polo concello no punto 3, h) seguinte, sen prexuízo das responsabilidades que correspondan ós contratistas derivadas do contrato de obras. A formalización da correspondente acta de entrega realizarase durante os tres meses posteriores á comunicación ó concello da finalización das obras. - Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo: C Infraestructura: Centro Socio Cultural no Concello da Illa de Arousa. C Orzamento: 1.249.980,00 euros. C Partida Orzamentaria: 10.02.353.A.760.0. C Total achega da Consellería :416.660,00 euros, de acordo ás seguintes anualidades: S Ano 2004: 42.000,00 euros S Ano 2005: 150.000,00 euros S Ano 2006: 224.660,00 euros - Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado: C Infraestructura: Centro Socio Cultural no Concello da Illa de Arousa. C Orzamento: 1.249.980,00 euros. C Partida Orzamentaria: 14.02.212.D.760.0. C Total achega da Consellería: 416.660,00 euros, de acordo ás seguintes anualidades: S Ano 2004: 16.660,00 euros S Ano 2005: 50.000,00 euros S Ano 2006: 350.000,00 euros - Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais: C Infraestructura: Centro Socio Cultural no Concello da Illa de Arousa. C Orzamento: 1.249.980,00 euros. C Partida Orzamentaria: 16.03.212.D.760.0. C Total achega da Consellería: 326.514,18 euros, de acordo ás seguintes anualidades: S Ano 2004: 9.000,18 euros S Ano 2005: 37.000,00 euros S Ano 2006: 280.514,00 euros A estas cantidades engádense as destinadas por esta consellería, e para esta mesma actuación, en virtude do convenio que esta Consellería ten asinado co concello da Illa de Arousa no que se compromete a efectuar unha aportación de 90.151,82 euros. Polo tanto a aportación desta consellería para esta infraestructura ascenderá a un montante global de 416.666,00 euros. 2.- Compromisos que asume a Deputación Provincial: A Deputación Provincial de Pontevedra, previo cumprimento das normas establecidas para a obtención de préstamos con cargo á Caixa de Anticipos de Cooperación concederalle á cada Concello un préstamo de 250.000,00 euros coas seguintes condicións financeiras, común a ámbolos dous préstamos: C Prazo de amortización 10 anos, sen período de carencia. C Amortizacións constantes anuais por importe de 25.000,00 euros para cada un dos concellos. C As cotas de amortización serán satisfeitas por parte de cada un dos concellos á Deputación. 3.- Compromisos que asumen os Concellos. Ámbolos dous Concellos representados neste acto, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa, obríganse no ámbito das súas responsabilidades respectivas: a) Caso de ter aforro neto de signo negativo ou débeda viva por riba do 110% nos termos establecidos no artigo 53 puntos un e dous do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o correspondente concello deberá elaborar e cumprir un plan económico-financeiro a tres anos, dirixido a conquerir o superávit orzamentario. Este plan, logo da súa asunción polo pleno da corporación, deberá obter a aprobación da Consellería de Economía e Facenda, de xeito necesariamente previo á iniciación do expediente de concesión do préstamo a que se alude na cláusula precedente. En calquera caso os concellos deberán remitir á Consellería de Economía e Facenda, certificacións do aforro neto e da débeda viva, co obxecto de determinar a necesidade de aportar o mencionado plan económico-financeiro. A segunda disposición correspondente á anualidade do 2005 de ambos préstamos, poderá facerse efectiva logo da presentación na Consellería de Economía e Facenda, dun informe que demostre o cumprimento do plan económico-financeiro, no caso de que fora presentado para o outorgamento dos mesmos. a) A permitir que, pola Consellería de Economía e Facenda, se proceda ás retencións precisas para facer fronte ás cotas de amortización anual do préstamo, do xeito que, igualmente, se deixa reseñado na cláusula anterior. A efectividade das obrigas que, en virtude do disposto na Cláusula segunda asumen as Consellerías que se citan no que se refire á execución das obras sinaladas, queda tamén condicionada á aprobación previa, por parte da Consellería de Economía e Facenda, do plan económico-financeiro antes sinalado, caso de que fora necesario segundo o establecido no apartado anterior. a) A asumir as obrigas económicas que a cada un lle corresponden de acordo co sinalado nos apartados 1 e 2 do presente punto; e na súa virtude, dar por pechado de xeito definitivo o mutuo reparto das cargas, débedas e obrigas pendentes de afrontar por mor da segregación, renunciando, en consecuencia, a calquera outra reclamación desta natureza, recíproca ou perante a Xunta de Galicia, baseadas no proceso de segregación, ó recoñecer que, a estes efectos, queda pechado co cumprimento das estipulacións contidas no presente Convenio, asumindo de mutuo acordo o reparto, e posterior pago, das débedas existentes antes da segregación. Cada concello asume que o cálculo destas cantidades se deriva das certificacións asinadas polo interventor correspondente, testemuña do cal figurará tamén incorporado como anexo a este convenio. a) A desistir das accións e recurso de calquera natureza que, a instancia de calquera dos Concellos, se atopen en curso na data da sinatura deste Convenio, fronte a Xunta de Galicia, en materia que puidera traer causa do proceso segregador entre ámbolos dous Concellos, en especial no que atinxe á distribución de cargas e beneficios ou a dotación de equipamentos e servizos, tendo, así mesmo, por definitivamente executada calquera sentenza recaía en relación ó proceso segregador. a) A desistir de tódolos recursos e accións xudiciais que agora mesmo se atopan emprendidas, entre eles, e que traian causa, directa ou indirectamente do proceso segregador, especialmente no que se refire á distribución de cargas e dereitos derivados do mesmo. b) En especial, o concello da Illa de Arousa admite dar por cumprida e satisfeita a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 13 de xullo de 2001, ó eliminarse os desequilibrios patrimoniais derivados do proceso de segregación municipal, como consecuencia dos investimentos ós que se compromete a Xunta de Galicia na estipulación segunda anterior co Concello da Illa de Arousa. a) No hipotético caso de que, unha vez asinado o presente Convenio, recaese algunha sentenza máis que puidera traer a súa causa do proceso segregador, e na que fora parte a Xunta de Galicia, ámbolos dous Concellos entenden que, coa exclusiva aplicación do presente Convenio, quedarían satisfeitas as obrigas que, en virtude desas Sentenzas, lle puidesen corresponder á Xunta de Galicia. a) O Concello de Vilanova de Arousa comprométese a: - Poñer a disposición da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivendas os terreos necesarios, libres de cargas e gravames e co réxime urbanístico adecuado, para a execución das obras á que se refiren as actuacións descritas no punto 1, b desta cláusula, así como a reposición de servizos e servidumes afectados non incluídos no proxecto. Así mesmo, asumirá a realización das xestións pertinentes ante os organismos que correspondan para a obtención dos permisos, licencias e autorizacións regulamentarias, correndo cos custos que se xeren, entre os que non haberá liquidación ningunha de tributo municipal a que puidera dar lugar a execución das obras, ó ser o concello o titular das mesmas. - Asumir, unha vez realizadas as obras e logo da comunicación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a explotación, mantemento e conservación das mesmas e o seus servizos. Antes da sinatura do presente convenio, o concello deberá achegar á consellería, o compromiso do acordo, adoptado polo órgano que legalmente teña atribuída a competencia conforme á lexislación propia de Réxime Local, a que fan referencia os dous parágrafos anteriores. TERCEIRA.- Recoñecemento expreso de ámbolos dous Concellos. Ámbolos dous Concellos, Vilanova e A Illa de Arousa, fan recoñecemento expreso de que, con estas accións da Xunta de Galicia, a Administración Autonómica colabora de xeito directo para que as dúas entidades locais poidan desenvolver, con axeitado nivel de calidade, as competencias e prestar os servizos ós que por lei veñen obrigados, sen que proceda, nun futuro, outra colaboración e cooperación neste sentido que aquela que, a nivel xeral, ven mantendo a Xunta de Galicia co conxunto das entidades locais galegas. CUARTA.- Comisión de Seguimento. Para o seguimento da execución do presente Convenio e, se se dera o caso, arbitrar os mecanismos de solución das controversias que a súa interpretación poida motivar, créase unha comisión mixta, integrada por dous representantes da Xunta de Galicia e un representante de cada un dos Concellos, actuando como secretario un funcionario da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local con voz e sen voto. QUINTA.- Duración do Convenio. O presente Convenio producirá efectos dende o día seguinte ó da súa sinatura e manterá a súa vixencia en tanto non rematen as actuacións nel contempladas. Non obstante, será causa da súa extinción anticipada o incumprimento por calquera das partes asinantes das obrigas que en virtude do establecido nas precedentes estipulacións lle foran esixibles. SEXTA.- Cuestións litixiosas. O presente Convenio posúe natureza administrativa e, polo tanto, as cuestións litixiosas que puideran xurdir na súa aplicación, interpretación e cumprimento serán competencia da Xurisdicción Contencioso-Administrativa. En proba de conformidade e de sometemento expreso das partes ó clausulado do presente Convenio, asinan o mesmo, a un só efecto no lugar e data indicados no encabezamento. O CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E FACENDA,- Jose Antonio Orza Fernández - O CONSELLEIRO DE XUSTIZA,INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL,- Jesús C. Palmou Lorenzo - O CONSELLEIRO DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA,- Alberto Núñez Feijoo - O CONSELLEIRO DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO,- Jesús Pérez Varela - A CONSELLEIRA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO,- Pilar Rojo Noguera - A CONSELLEIRA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓN LABORAIS,- María José Cimadevila Cea - O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA,- Rafael Louzán Abal - O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA,- Gonzalo Durán Hermida - O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA,- José Manuel Vázquez Vázquez - ------ Folla: 8.12317.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 9.12318.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL PADECIDO EN ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 2 DE XULLO DE 2004 EN RELACIÓN CON CESIÓN DE AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL Advertido erro material en acordo da Xunta de Goberno de 2 de xullo de 2004 que aprobou a cesión de axuda de emerxencia social a D. Carlos Álvarez Pérez por falecemento da súa esposa Dona Margarita Álvarez Pascual, acórdase por unanimidade rectificar o mesmo no sentido de que o importe total é de 8.404,00 euros, correspondendo á Deputación o pagamento de 6.002,86 euros para "Mellora de cuberta, cuarto de aseo, fosa séptica e instalación eléctrica", ó amparo do art. 105 da Lei 30/92 de 26-11 de Procedemento Administrativo, quedando subsistente todo o demais. ------ Folla: 10.12319.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN A SUBSCRIBIR ENTRE A CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO Acórdase por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración a subscribir entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a adquisición dun vehículo contraincendios e salvamento, valorado nun máximo de 120.000,00 euros. A adquisición, será licitada por esta Deputación, previa acreditación de compromiso financeiro contraído polos demais entes participantes no convenio, sendo as porcentaxes e achegas como máximo do financiamento as seguintes: .- Deputación Provincial 45%, 54.000,00 euros. .- Xunta de Galicia 45%, 54.000,00 euros. .- Concello de Ponteareas 10%, 12.000,00 euros. Se ben, á vista do expediente e do informe de Intervención, o convenio sométese ás seguintes condicións: 1ª.- O Convenio será executivo a partir do 31 de agosto de ser aprobado polo Pleno da Deputación no presente mes de xullo a modificación de créditos núm. 3/2004 na que vai incluída a achega prevista con cargo a esta Deputación. 2ª.- En canto ás achegas da Xunta e do Concello xerarase crédito na partida 04/911.911.662.00 que recolle a achega da Deputación, para afrontar o financiamento da adquisición do vehículo que será cedido ó Concello de Ponteareas. Dito convenio é como segue: CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL, DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO CONTRAINCENDIOS E DE SALVAMENTO En Santiago, a ......................... de 2004 REUNIDOS O Excmo. Sr. D. Xesús Carlos Palmou Lorenzo, Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, O Excmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, O Sr. D. Salvador González Solla, Alcalde-Presidente do Concello de Ponteareas. EXPOÑEN PRIMEIRO.- Que as partes recoñécense plena capacidade para levar a cabo o presente convenio. SEGUNDO.- Que a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, establece que os municipios, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, entre as que se atopan a seguridade en lugares públicos e a protección civil e extinción de incendios, poderán promover toda clase de actividades e prestar tódolos servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños. Dende esa perspectiva, a protección civil ten que considerase como un servizo público organizado de forma coordinada polas distintas administracións con competencias nesa materia. TERCEIRO.- Que o Decreto 226/2003, de 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, modificado por Decreto 16/2004, do 15 de xaneiro, encoméndalle á Dirección Xeral de Administración local a planificación e coordinación dos plans e programas dos servizos contraincendios e salvamento local, sen prexuízo das competencias que lles correspondan á Dirección Xeral de Interior e Protección Civil no relativo á función operativa da protección civil, así como das atribuídas por lei ás administracións locais. Deste xeito, entre as competencias que no relativo ás relacións coas entidades locais galegas corresponden á Xunta de Galicia, de conformidade cos artigos 194 e 195 da Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administración Local de Galicia, está a de colaboración e cooperación económica e poderase levar a cabo mediante a subscrición de convenios. CUARTO.- Que a normativa de réxime local encoméndalle ás deputacións a función de permitir a prestación integral e axeitada de servizos públicos en todo o territorio da provincia, fomentando, en todo caso, os intereses peculiares do seu territorio. Neste marco incardínanse as actuacións encamiñadas a asegurar a posta ó servizo ós cidadáns dos medios axeitados para dispoñer de servizos contraincendios e de salvamento, co fin de garantir a súa integridade física e preservar o seu patrimonio e bens. Por todo isto, e a fin de establecer as condicións de colaboración necesarias e acadar o fin proposto, a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, a Deputación de Pontevedra e o concello de Ponteareas acordan subscribi-lo presente convenio de execución segundo as seguintes condicións: OBXECTO Considerando o servizo de extinción de incendios e de salvamento como un servizo básico e esencial para os cidadáns, independentemente do lugar en que teñan a súa residencia, e entendendo que a súa potenciación no ámbito concreto ó que se refire o presente convenio favorecería o cumprimento do obxectivos que no mesmo se reflicten, proponse a sinatura dun convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o concello de Ponteareas para a adquisición dun vehículo contraincendios e de salvamento, valorado nun máximo de 120.000,00 euros, que prestará o seu servizo no concello de Ponteareas e os seus concellos limítrofes, en atención ós riscos que nesta zona se xeran. ESTIPULACIÓNS PRIMEIRA.- As tres administracións acordan a adquisición deste vehículo contraindencios coas finalidades propias dun vehículo deste tipo. A adquisición realizarase pola Deputación Provincial e financiarase polas tres administracións. O custo total de dita adquisición será financiado polas tres administracións nas seguintes porcentaxes: Deputación Provincial 45% Xunta de Galicia 45% Concello de Ponteareas 10% A licitación realizarase pola Deputación polo sistema de concurso, previa acreditación do compromiso financeiro contraído polas demais administracións, e de acordo coa normativa legal aplicable. As características técnicas detalladas do vehículo serán as que figuran como anexo a este convenio. SEGUNDA.- O vehículo adquirido ó abeiro do presente convenio terá a súa ubicación no concello de Ponteareas, prestando servizo con carácter permanente no concello de Ponteareas e nos seus concellos limítrofes. O concello de Ponteareas farase cargo do mantemento e eventuais reparacións do vehículos, así como a obriga de tomar ó seu cargo unha póliza de seguros que cubra tódolos riscos que poidan derivarse da circulación do mesmo, das súas actuacións e dos seus ocupantes. Así mesmo, este concello aportará a dotación de persoal necesario e comprométese a dispoñer en todo momento do persoal apropiado, tanto en número, como en formación e aptitude, para o axeitado manexo do citado vehículo, para a intervención nas emerxencias nas que o mesmo sexa requirido. Este persoal deberá reunir os requisitos de formación, equipamento e preparación axeitados para a realización das actuacións contempladas no parágrafo anterior, sendo responsabilidade do concello o cumprimento obxectivo do previsto na presente cláusula. TERCEIRA.- FINANCIAMENTO. As aportacións das distintas administracións para a adquisición destes equipos serán as seguintes, como máximo: Xunta de Galicia 54.000,00 euros Deputación de Pontevedra 54.000,00 euros Concello de Ponteareas 12.000,00 euros A aportación da Xunta de Galicia farase con cargo á partida orzamentaria 13.04.762.0, programa 123A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004. A aportación da Deputación de Pontevedra farase con cargo ós orzamentos xerais da Deputación para o ano 2004. A aportación do Concello de Ponteareas farase con cargo ós orzamentos xerais do Concello para o ano 2004. A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e o Concello de Ponteareas, remitiranlle á Deputación os documentos xustificativos da retención de crédito correspondente ás aportacións ás que quedan obrigadas en virtude do presente convenio. As aportacións das tres administracións deberán facerse efectivas dentro do prazo sinalado no prego de prescricións para efectua-lo pagamento ó adxudicatario, e, en todo caso, unha vez efectuada a recepción do subministro. O Concello de Ponteareas deberá ingresa-la súa aportación na conta de Deputación, dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior, e previa remisión por parte da Deputación, da acta de recepción do subministro e a correspondente factura. O libramento da aportación da Xunta de Galicia farase previa remisión pola Deputación de Pontevedra dos xustificantes dos investimentos (facturas e actas de recepción), de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Así mesmo, a Deputación presentará unha declaración do conxunto de axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes. Caso de producirse xuros de demora, deberán ser asumidos, na proporción que lle corresponda, pola administracións que os tivera provocado, séndolles repercutidas as cantidades correspondentes pola Deputación se as causantes foran algunha das outras dúas administracións asinantes do presente convenio. No suposto de non producirse o gasto pola totalidade das cantidades máximas previstas no presente Convenio, procederase á minoración das aportacións de acordo ás porcentaxes sinaladas na cláusula primeira. CUARTA.- A adquisición realizarase pola Deputación Provincial, pasando posteriormente a propiedade do concello de Ponteareas, sendo financiada polas tres administracións de acordo coas porcentaxes sinaladas na cláusula primeira. A licitación do vehículo será realizada pola Deputación de Pontevedra polo sistema de concurso, previa acreditación do compromiso financeiro contraído polas demais administracións, e de acordo coa normativa que rexe a contratación das administracións públicas. A este respecto constituirase unha comisión técnica de valoración das ofertas presentadas ó proceso licitatorio, de composición paritaria, na que deberán figurar representantes da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e concello de Ponteareas. Esta comisión efectuará a correspondente proposta á mesa de contratación. QUINTA.- Este vehículo deberá ir rotulado cos logotipos da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e concello de Ponteareas, así como do teléfono de emerxencias 112. SEXTA.- Para o seguimento da execución do presente convenio e para a solución das controversias que se puideran suscitar, constituirase unha comisión mixta paritaria con un representante de cada unha das partes asinantes. SÉTIMA.- O presente convenio ten carácter administrativo e, as partes, obríganse ó seu cumprimento. Os litixios, que puideran xurdir, serán resoltos por unha comisión paritaria e, de non chegar a solucións sería competencia da Xurisdicción Contencioso Administrativa. OITAVA.- O incumprimento das obrigas derivadas do presente convenio dará lugar á resolución do mesmo e no seu caso, á devolución das cantidades percibidas, xunto cos intereses de demora correspondentes si fora o caso. No suposto de que o concello de Ponteareas incumprise os compromisos asumidos, deberá devolver ó resto das Administracións aportantes unha cantidade equivalente ó valor venal do vehículo ós que se refire o presente Convenio, calculado con referencia ó momento en que este incumprimento resulte determinado, e detraendo a cantidade correspondente á aportación do propio Concello de Ponteareas. NOVENA. O presente convenio terá vixencia, no que respecta a súa execución económica, ata o 31 de decembro de 2004. E, en proba de conformidade co anteriormente exposto, as partes comparecentes asinan o presente Convenio, por triplicado exemplar, na data e lugar sinalados no encabezamento. O Conselleiro de Xustiza, Interior e O Presidente da Deputación Administración Local, Provincial de Pontevedra, Asdo.: Xesús Carlos Palmou Lorenzo- Asdo.: Rafael Louzán Abal- O Alcalde de Ponteareas Asdo.: Salvador González Solla- ------ Folla: 11.12320.- MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VIGO SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS De conformidade coa proposta do Servizo de Contratación e o informe da Intervención Provincial acórdase por unanimidade modificar a cláusula 1ª do Convenio de Colaboración subscrito entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vigo sobre cooperación económica para o financiamento de diversas obras, aprobado pola Xunta de Goberno en sesión de 21 de maio de 2004, no sentido de que a obra relativa á construcción do Centro Socio-Cultural de Feira-Cabral ten un orzamento de 331.511,34 euros, como consecuencia das modificacións introducidas no proxecto obrigadas pola Oficina de Supervisión. O incremento de 99.355,34 euros finánciase con cargo ás baixas producidas na licitación das restantes obras previstas no Convenio. ------ Folla: 12.12321.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA "MELLORA EP 9510 DE ENLACE EP 9305 (COIRÓN-RIBADUMIA-LEIRO) COA EP 9504 (LOIS-BESOMAÑO-RIBADUMIA)" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas formulada pola mesa de contratación do concurso convocado para a contratación da referida obra; visto o informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu o concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola mesa de contratación, acórdase por unanimidade adxudicar á U.T.E. ELSAMEX, S.A. - MODECAR, S.A. a obra "Mellora EP 9510 de enlace EP 9305 (Coirón-Ribadumia-Leiro) coa EP 9504 (Lois-Besomaño-Ribadumia)", na suma de 418.600,00 euros, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de 3 meses, melloras valoradas en 35.038,60 euros e período de mantemento de trinta e dous meses. Á certificación liquidación de cada obra haberá que engadir certificación independente das melloras, xustificándose así a súa realización ou subministro. O adxudicatario debe constituír garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 14ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, as cantidades que más adiante se detallan, correspondentes á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG que ascendeu a un total de 38,14 euros, IVE incluído. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común), modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 13.12322.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DAS OBRAS "REFORMA DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE O POMBAL (CAMBADOS)" E "REFORMA PARA REPOSICIÓN DE GRADAS, VESTIARIOS E PECHE NO CAMPO DE FÚTBOL SALVADOR OTERO (ILLA DE AROUSA)" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas formulada pola mesa de contratación do concurso convocado para a contratación das referidas obras; visto o informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu o concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola mesa de contratación, acórdase por unanimidade: .- Adxudicar a ELSAMEX, S.A. a obra "Reforma do Pavillón Polideportivo Municipal de O Pombal (Cambados)", na suma de 409.977,57 euros, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de 5 meses, melloras valoradas en 15.890,00 euros e período de mantemento de vinteseis meses. .- Adxudicar a ELSAMEX, S.A. a obra "Reforma para reposición de gradas, vestiarios e peche no Campo de Fútbol Salvador Otero (Illa de Arousa), na suma de 221.567,77 euros, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de 5 meses, melloras valoradas en 9.500,00 euros e período de mantemento de vinteseis meses. Á certificación liquidación de cada obra haberá que engadir certificación independente das melloras, xustificándose así a súa realización ou subministro. O adxudicatario deberá constituír garantía definitiva por importe do 20% do prezo de adxudicación, da obra de "Reforma do do Pavillón Polideportivo Municipal de Cambados", de acordo co establecido nos artigos 36.4 e 83.5 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e por importe do 4% do prezo de adxudicación da obra de "Reforma para reposición de gradas, vestiarios e peche no Campo de Fútbol Salvador Otero (Illa de Arousa)", que serán ingresadas na Tesourería da Deputación dentro do prazo de 15 días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario de cada obra debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 14ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, as cantidades que más adiante se detallan, correspondentes á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG que ascendeu a un total de 156,66 euros, IVE incluído. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común), modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 14.12323.- APROBACIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE FEIRA-CABRAL-VIGO Visto o proxecto básico e de execución do Centro Socio-Cultural de Feira-Cabral-Vigo, cuxo importe ascende á contía de 331.511,34 euros, IVE incluído, así como o informe da Intervención polo que pon de manifesto a existencia de consignación orzamentaria con cargo á partida 04/911.911-662.00 do vixente orzamento provincial, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto incluído no Convenio de colaboración de cooperación económica subscrito entre a Deputación Provincial e o Concello de Vigo. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición