ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/09/10_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-09-10_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/09/10_Ordinaria

  • Data(s) 2004-09-10 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 10 de setembro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día dez de setembro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12409.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 3 de setembro do ano 2004. ------ Folla: 2.12410.- APORTACIÓN ECONÓMICA DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA ÓS CONCELLOS DA PROVINCIA EN MATERIA DE LOITA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DO ANO 2004 Dada conta da remisión pola Consellería de Medio Ambiente da relación de Concellos da Provincia de Pontevedra que subscribiron Convenio coa mencionada Consellería en materia de Loita Contra Incendios Forestais. Resultando que a aportación da Deputación de Pontevedra é de 244.266,30 Euros que supón un 18% da cantidade que aporta a Consellería. Vistos os informes do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario de data 30-08-04 e a Retención de Crédito emitida por Intervención con número de operación 200400062001 por importe de 247.792,82 Euros con cargo á partida 04/711.223.462.01 e visto tamén o dictame favorable da Comisión de Agricultura e Gandería acórdase por unanimidade aprobar a "Aportación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ós Concellos da Provincia en materia de loita contra incendios forestais do ano 2004 por importe de 244.266,30 Euros que supón o 18% da cantidade que achega a Consellería". ------ Folla: 3.12411.- MODIFICACIÓN DO LISTADO DE AXUDAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2004 Visto o informe da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños. Visto así mesmo o acordo da Xunta de Goberno de data 20 de agosto de 2004, onde se aproba o I listado de beneficiarios das axudas á Pesca Costeira Artesanal 2004, acórdase por unanimidade modificar dito listado da seguinte forma: onde di: NOME OBXECTO ORZAMENTO AXUDA José Costa Rodríguez GPS/Sonda 2.023,79.- 500,00.- debe dicir: NOME OBXECTO ORZAMENTO AXUDA José Costa Rodríguez GPS/Sonda 2.023,79.- 809,52.- Posto que inicialmente non se considerou que a solicitude de axuda incluía tamén a adquisición dunha Sonda, correspondéndolle neste caso a cantidade de 809,52 Euros, segundo a base 2.2. de Axudas á Pesca Costeira Artesanal 2004. onde di: NOME OBXECTO ORZAMENTO AXUDA Emilio Gramary Entenza Sonda/GPS 2.322,32.- 600,00.- debe dicir: NOME OBXECTO ORZAMENTO AXUDA Emilio Gramary Entenza Sonda/GPS 2.322,32.- 928,93.- Posto que inicialmente non se considerou que a solicitude de axuda incluía tamén a adquisición dun GPS, correspondéndolle neste caso a cantidade de 928,93 Euros, segundo a base 2.2 de Axudas á Pesca Costeira Artesanal 2004. E onde di: NOME OBXECTO ORZAMENTO AXUDA Faustino Martínez Amorín Sonda 832,00.- 600,00.- debe dicir: NOME OBXECTO ORZAMENTO AXUDA Faustino Martínez Amorín Sonda 2.140,00.- 600,00.- Ó haberse producido un erro no presuposto da inversión que ascende á cantidade de 2.140,00 Euros. ------ Folla: 4.12412.- PROPOSTA DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO, CURSO 2004-2005 De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de axudas de Libros de Texto, curso 2004-2005 ós beneficiarios que figuran en relación aparte, por un total de 33.414,85 Euros con cargo á Partida 04/313.313.462.05. PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2004/05 CONCELLO % ACHEGA ACHEGA TOTAL A OBSERVACIÓNS DEPUTAC. CONCELLO XUSTIFICAR Bueu 50 0,00 0,00 0,00 Fóra de prazo Caldas de Reis 40 1.485,71 594,29 2.080,00 Fan maior aportación Denegar alumno de 6º de EP Fabián Chantada Barreiro Denegar alumnos de 2º de ESO: Vanesa y Oscar Fernández Obes - Cristina Pereira Gómez Aprobar solicitude en lista de espera: Isabel Gorís Lorenzo. Cambados 50 1.234,00 617,00 1.851,00 Cangas 70 2.980,59 2.086,41 5.067,00 Fan maior aportación Catoira 30 750,00 225,00 975,00 Denegar alumno de 6º EP Francisco Clavijo Iglesias Denegar alumno de 2º ESO Karen Buenaño Villacis Guarda A 50 228,00 114,00 342,00 Axuda complementaria á da Xunta de Goberno de 30-07-04 Axuda correspondente ás solicitudes 14, 15 e 19 Lalín 70 4.240,00 2.968,00 7.208,00 Fan maior aportación Denegar solicitude nº 46 e 53 non se axustan ás bases Denegar alumnos de 2º ESO:- Kevin Damián Rajoy Pujal- Lady Marcela Duarte Rincón- Jonathan González Nogueira- Manuel Alle Moa- Roberto Alle Moa- Eva García Castro Denegar alumnos de 6º EP:- Armando Gomes Tendeiro- Eloy España García- Florencia Calandria Dobarro- Gabriela Sánchez Salazar - Juan Viana Fernández Moaña 50 2.167,33 1.083,67 3.251,00 Fan maior aportación Denegar solicitudes nº 15, 28, 29, 30 e 31 non se axustan ás bases Denegar alumnos de 2º ESO:- Mª Carmen Gallego Ferro- José Daniel Parente Rosales- Mercedes Lorenzo Varela- Víctor M. Juncal Eiroa- Roberto Rodríguez Saiz- Pablo Barcia Gestido- Santiago Lemat Santos Mondariz 40 2.225,00 890,00 3.115,00 Fan maior aportación Denegar solicitude nº 17 por superar límite ingresos Mos 50 1.814,67 907,33 2.722,00 Fan maior aportación Denegar alumnos de 2º ESO:- Jonathan Alonso Silva- Evaristo e Patricia Cabaleiro Rivas - José Luis Figueiredo Díaz- Tamara Frasquet Díaz Neves, As 30 382,31 114,69 497,00 Oia 30 475,38 142,62 618,00 Denegar solicitude nº6 por superar límite ingresos Poio 50 2.329,33 1.164,67 3.494,00 Fan maior aportación Denegar solicitudes nº 30 e 34 por non axustarse ás bases Denegar alumnos de 2º de ESO:- María Conte Franco- Bárbara Robledo Iglesias- Tania Carballa Antón- Juan Camilo García Usma Ponteareas 50 2.392,00 1.196,00 3.588,00 Pontecesures 30 1.565,38 469,62 2.035,00 Fan maior aportación Denegar solicitudes nº 6, 9, 11, 13,14 por non axustarse ás bases Porriño 50 3.406,00 1.703,00 5.109,00 Fan maior aportación Rodeiro 30 65,38 19,62 85,00 Fóra de prazo Denegar alumnos de 2º de ESO:- Carina Cambeiro Ouro- Félix Ríos Lamas Rosal, O 40 1.087,14 434,86 1.522,00 Denegar axuda Oscar Castro Dorna non se axusta ás bases Denegar alumno de 6º de EP Mara Alonso Barbosa Denegar alumnos de 2º ESO:- Cristian Alonso Barbosa- Gonzalo Castro Dorna- Raquel Martínez González- Andrea Fernández Mariño- Jesús Lorenzo López Salceda de 40 1.808,57 723,43 2.532,00 Fan maior Caselas aportación Fóra de prazo Denegar solicitude Noelia González González. Deixa de estudiar Denegar solicitude nº 17, non se axusta ás bases Denegar Alumno de 2º de ESO Miguel A. Lago Fernández Denegar alumnos de 6º EP Brian Martínez Amoedo Tui 50 1.507,33 753,67 2.261,00 Aprobar solicitudes da nº 1 á nº 19, inclusive, do estadillo Vilaboa 40 60,71 24,29 85,00 Axuda complementaria á da Xunta de Goberno de 30.07.04 Aprobar documentación aportada por Mª Begoña Mejuto Crespo Vilagarcía 70 0,00 0,00 0,00 Fan maior de Arousa aportación Documentación incompleta de momento non se pode valorar. Vilanova de Arousa 50 1.210,00 605,00 1.815,00 Denegar solicitude nº 11, non se axusta ás bases Denegar alumno de 2º de ESO Ricardo Cazador dos Santos Denegar alumnos de 6º EP Rosario Silva de Passos TOTAL 33.414,85 16.837,15 50.252,00 ORZAMENTO 96.100,00 1ª C.A.S. 33.779,29 RESTO 28.905,86 ------ Folla: 5.12413.- CONVENIO COA FUNDACIÓN MONTE DO GOZO- PROXECTO HOME GALICIA De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar o Convenio coa Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home-Galicia que figura a continuación, por un total de 36.000 Euros con cargo á partida 04/313.413.480.02. CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN MONTE DO GOZO - PROXECTO HOME GALICIA No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra (de aquí en adiante Deputación) reúnense pola Deputación D. Rafael Louzán Abal como Presidente, en virtude do art. 34.1, b da Lei 7/85, de 2 de abril, e D. Ramón Gómez Crespo, Director do Proxecto Home Galicia e membro da Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia (en diante Fundación), con CIF G-15258213. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o Convenio de Colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES As institucións asinantes do presente convenio ante o problema derivado do uso e consumo de substancias tóxicas por unha banda, e a escaseza de recursos a nivel de integración social e laboral dirixidos a persoas en situación de risco social por outra, consideran de suma importancia o establecemento de accións conxuntas e coordinadas a efectos do desenvolvemento de medidas e accións que permitan a prevención, o tratamento e a reinserción de toxicómanos da provincia de Pontevedra. Asumindo as competencias previstas no artigo 31.2 da Lei 7/85 de Bases de Réxime Local, nos artigos 22 ó 25 da Lei 4/93 dos Servizos Sociais da Comunidade Autónoma Galega e que Proxecto Home Galicia é un programa terapéutico-educativo que se propón promover o desenvolvemento do individuo para que acade ou recupere a súa plenitude e poida ser o verdadeiro protagonista da súa vida e que un dos seus principios fundamentais é a gratuidade; que nace e que se mantén como un servizo desinteresado e solidario ós toxicómanos, ás súas familias e á sociedade galega en xeral e que é para toxicómanos que carecen de acompañamento familiar, arbítranse solucións como pisos de acollida ou familias substitutorias. É polo que as dúas partes intervintes neste acto en virtude da representación que ostentan, acordan establecer o presente Convenio de Colaboración de acordo ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto. Apoiar economicamente á Fundación para que o Proxecto Home Galicia poida levar a cabo o seu programa terapéutico-educativo. SEGUNDA. Ámbito de actuación. O ámbito de actuación do presente convenio comprende a totalidade da provincia de Pontevedra. TERCEIRA. Condicións e finanzamento. A duración do Convenio establécese para un ano natural con independencia da data da súa sinatura, entrando en vigor polo tanto o 1º de xaneiro e rematando o 31 de decembro do ano en curso. O Convenio poderá ser rescindido se algunha das partes o solicita, previa comunicación á outra parte cun período de antelación, cando menos, de tres meses. A achega económica da Deputación elévase a TRINTA E SEIS MIL EUROS (36.000,00) consignados na partida 04/313.413.480.02 que se aboarán á Fundación conforme vaia xustificando os gastos da mesma en relación con este Convenio, mediante facturas que cumpran os requisitos legais: CUARTA. Participación das Institucións. DEPUTACIÓN: Achega económica e o apoio técnico para o estudio e seguimento da actividade. A súa función principal será a supervisión xeral do Programa. FUNDACIÓN: É o organismo responsable da xestión do programa terapéutico-educativo a través de "Proxecto Home Galicia". Ó remate das súas actividades a Fundación deberá presentar á Deputación unha memoria na que se recollan as actividades desenvolvidas pola mesma, consonte cos obxectivos previstos de tratamento e reinsercción de toxicómanos e que xustifiquen a necesidade desta contribución. QUINTA. Publicidade. A Fundación comprométese a facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social en toda a publicidade que elabore sobre a mesma. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo da Excma. Deputación a de setembro de dous mil catro. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN, Asdo. Rafael Louzán Abal O DIRECTOR DE PROXECTO HOME GALICIA, Asdo. Ramón Gómez Crespo ------ Folla: 6.12414.- PRÓRROGA DE AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL CONCEDIDA A DONA INÉS CRESPO MOURE DE PONTECESURES De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a prórroga de axuda de Emerxencia Social concedida o 8 de agosto de 2003 a Dona Inés Crespo Moure de Pontecesures para "arranxo de vivenda" e o importe de 3.584 Euros ata o 30 de setembro. ------ Folla: 7.12415.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DE AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE BUEU PARA APORTAR DOCUMENTACIÓN E COMPLETAR EXPEDIENTES DAS AXUDAS De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a prórroga de axuda de Emerxencia Social solicitada en escrito de 3 de agosto, para aportar a documentación necesaria para completar os expedientes das axudas do Concello de Bueu. ------ Folla: 8.12416.- PROPOSTAS DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de axuda de Emerxencia Social ós beneficiarios que figuran a continuación, por un total de 124.534 Euros para Concellos de menos de 20.000 habitantes é de 21.016 Euros para Concellos de máis de 20.000 habitantes, con cargo á partida 04/313.313.780.01. PROPOSTA DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL, ANO 2004, PARA CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES CONCELLO % BENEFICIARIO ACHEGA DEPUTACIÓN ACHEGA CONCELLO CONTÍA A XUSTIFIC.POLO CONCELLO OBXECTODA AXUDA OBSERVACIÓNS: AGOLADA 30 Julio Rozas Taboada 1.538,00 462,00 2.000 Reformas interiores María López Vázquez 1.077,00 323,00 1.400,00 Reformas interiores Mª Gloria Costa Varela 1.077,00 323,00 1.400,00 Reformas interiores 3.692,00 1.108,00 4.800,00 BARRO 30 Mª Josefa Luaña Nieto 1.538,00 462,00 2.000,00 Cuarto de aseo * Maior aportación María Outeda Castrelos 1.538,00 462,00 2.000,00 Cuarto de aseo Alfonso Calvo Calvo 1.923,00 577,00 2.500,00 Arranxo cuberta Teodosia Fernández Maquieira 1.538,00 462,00 2.000,00 Reformas interiores (ventás e portas) Mª Celia Camiño Ferro 769,00 231,00 1.000,00 Reformas interiores (ventás) Mª Estrella Fernández Viqueira 1.923,00 577,00 2.500,00 Arranxo cuberta Mª Pilar E. Pintos Calvo 639,00 192,00 830,68 Arranxo cuberta Celina Roma Calvo 1.462,00 438,00 1.900,00 Arranxo aseo Mª Carmen Castrelo Piñeiro 1.538,00 462,00 2.000,00 Reformas interiores (ventás e portas) María Guimil Carballo 385,00 115,00 500,00 Arranxo cuberta Mª Monserrat Rivas Baliño 769,00 231,00 1.000,00 Arranxo cuberta 14.022,00 4.209,00 18.230,68 CAMPO LAMEIRO 30 Belisario Novás Taboada 2.308,00 692,00 3.000,00 Reformas interiores *Maior aportación José Barros Framil 1.538,00 462,00 2.000,00 Reformas interiores Dalia Fontenla Pérez 769,00 231,00 1.000,00 Cuarto de baño 615,00 185,00 800,00 Reformas interiores TOTAL 1.384,00 416,00 1.800,00 María C. Ricoy Porto 1.561,00 468,00 2.028,75 Reformas interiores Jesús Tosar Chan 923,00 277,00 1.200,00 Arranxo baño 369,00 111,00 480,00 Fosa séptica TOTAL 1.292,00 388,00 1.680,00 Manuel Iglesias Rey 923,00 277,00 1.200,00 Reformas interiores 9.006,00 2.703,00 11.708,75 CAÑIZA, A 40 Manuel Alvarez Rodríguez 1.071,00 429,00 1.500,00 Fosa séptica *Maior aportación 2.143,00 857,00 3.000,00 Instalación aseo TOTAL 3.214,00 1.286,00 4.500,00 Isaura Alves Pereira 1.071,00 429,00 1.500,00 Fosa séptica 2.143,00 857,00 3.000,00 Instalación aseo 2.661,00 1.064,00 3.725,00 Arranxo cuberta TOTAL 5.875,00 2.350,00 8.225,00 9.089,00 3.636,00 12.725,00 COTOBADE 30 Osita Touriño Lorenzo 2.308,00 692,00 3.000,00 Construcción de baño 2.308,00 692,00 3.000,00 CRECENTE 30 María Gago Castro 2.865,00 860,00 3.725,00 Arranxo cuberta 2.865,00 860,00 3.725,00 FORCAREI 30 Benjamín Bugallo Gulías 1.670,00 501,00 2.171,45 Reformas interiores 1.670,00 501,00 2.171,45 FORNELOS DE MONTES 30 María Amoedo Amoedo 2.308,00 692,00 3.000,00 Reformas interiores 2.308,00 692,00 3.000,00 LAMA, A 30 Nieves Ogando Vidal 2.865,00 860,00 3.725,00 Arranxo cuberta *Maior aportación Manuel Viqueira Justo 2.865,00 860,00 3.725,00 Outras obras (Instalación auga) 5.730,00 1.720,00 7.450,00 MEIS 40 Celia Outeda Souto 429,00 171,00 600,00 Arranxo cuberta Obdulia Barreiro Sabarís 1.071,00 429,00 1.500,00 Reformas interiores Emilia Rey Bouzas 571,00 229,00 800,00 Arranxo cuberta e aseo Josefa Elvira Martínez Ferreiro 1.286,00 514,00 1.800,00 Arranxo cuberta Angela Blanco Ramallo 429,00 171,00 600,00 Arranxo aseo 3.786,00 1.514,00 5.300,00 MONDARIZ 40 Herminia Faro Rivas 2.661,00 1.064,00 3.725,00 Mellora cuberta * Maior aportación Constantino Míguez Cousiño 2.661,00 1.064,00 3.725,00 Mellora cuberta Antonio Alfaya Carrera 2.661,00 1.064,00 3.725,00 Mellora cuberta Leonor Freaza Albariño 2.308,00 692,00 3.000,00 Cuarto de aseo 10.291,00 3.884,00 14.175,00 MOAÑA 50 Mª Soledad Calvar Sobral 1.840,00 920,00 2.759,43 Reformas interiores *Maior aportación Mercedes Varela Mora 264,00 132,00 395,90 Cuarto de aseo 571,00 285,00 856,00 Instalación eléctrica 1.998,00 999,00 2.997,07 Reformas interiores 770,00 385,00 1.155,60 Arranxo cuberta TOTAL 3.603,00 1.801,00 5.404,57 5.443,00 2.721,00 8.164,00 MOS 50 Ermesinda Calvar Cavadas 2.332,00 1.166,00 3.497,40 Arranxo cuberta *Maior aportación Jaime Campos Lorenzo 2.000,00 1.000,00 3.000,00 Instalación aseo Julia Rivas Lago 1.597,00 799,00 2.395,76 Reformas interiores 5.929,00 2.965,00 8.893,16 NIGRÁN 50 Carmen Fernández Costas 2.000,00 1.000,00 3.000,00 Reformas interiores 2.000,00 1.000,00 3.000,00 OIA 30 Juana Pérez Alvarez 2.865,00 860,00 3.725,00 Arranxo tellado * Maior aportación Marina Arce González 1.224,00 367,00 1.591,64 Arranxo tellado 4.089,00 1.227,00 5.316,64 PAZOS DE BORBÉN 30 Dolores Soliño Míguez 2.308,00 692,00 3.000,00 Reformas interiores 2.308,00 692,00 3.000,00 PONTE CALDELAS 40 Ermita Garrido Amoedo 2.142,00 857,00 2.998,60 Arranxo cuberta * Maior aportación Palmira Solla Muiños 2.143,00 857,00 3.000,00 Arranxo baño 1.071,00 429,00 1.500,00 Fosa séptica TOTAL 3.214,00 1.286,00 4.500,00 Angélica Oitavén Valcárcel 429,00 171,00 600,00 Reformas interiores Nieves Amoedo Amoedo 851,00 341,00 1.191,96 Instalación de auga Dolores García Lourido 543,00 217,00 760,65 Reformas interiores 7.179,00 2.872,00 10.051,21 PORTAS 30 José Luis Mosteiro Frieiro 1.308,00 392,00 1.700,00 Arranxo cociña * Maior aportación Mª José Ruibal Pérez 1.231,00 369,00 1.600,00 Arranxo cuberta Marcos Gómez Montoya 1.385,00 415,00 1.800,00 Arranxo cuberta 3.924,00 1.176,00 5.100,00 RIBADUMIA 30 Arturo Doce Vidal 2.308,00 692,00 3.000,00 Reformas interiores *Maior aportación Alfonso Jiménez Gabarri 2.865,00 860,00 3.725,00 Arranxo cuberta 5.173,00 1.552,00 6.725,00 SALCEDA DE CASELAS 40 Julio Miguel Groba Carballido 1.071,00 429,00 1.500,00 Fosa séptica 2.143,00 857,00 3.000,00 Cuarto de baño 707,00 283,00 989,40 Instalación auga TOTAL 3.921,00 1.569,00 5.489,40 3.921,00 1.569,00 5.489,40 SANXENXO 50 Nélida Mª Fernández Malga 2.483,00 1.242,00 3.725,00 Mellora cuberta *Maior aportación 2.000,00 1.000,00 3.000,00 Reformas interiores TOTAL 4.483,00 2.242,00 6.725,00 Carmen García Domínguez 517,00 258,00 775,46 Reformas interiores *Maior aportación 385,00 193,00 578,21 Cuarto de aseo TOTAL 902,00 451,00 1.353,67 Carmen Vilavedra González 450,00 225,00 675,00 Reformas interiores 500,00 250,00 750,00 Cuarto de aseo TOTAL 950,00 475,00 1.425,00 6.335,00 3.168,00 9.503,67 SOUTOMAIOR 40 Mª Gloria Gómez Rodríguez 2.143,00 857,00 3.000,00 Instalación de baño 2.143,00 857,00 3.000,00 TOMIÑO 50 Delmiro Pereira Costa 2.483,00 1.242,00 3.725,00 Arranxo cuberta *Maior aportación Ana Mª Miniño López 1.851,00 926,00 2.776,68 Reformas interiores 4.334,00 2.168,00 6.501,68 VILABOA 40 Julio Rocha Benavente 1.071,00 429,00 1.500,00 Construcción de baño Paz Lourdes Crespo Reyes 1.094,00 437,00 1.531,20 Reformas interiores Plácido Calvar Fernández 903,00 361,00 1.264,50 Reformas interiores 3.068,00 1.227,00 4.295,70 VILA DE CRUCES 40 Lucinda Castro Lareo 2.661,00 1.064,00 3.725,00 Arranxo cuberta 1.260,00 504,00 1.764,40 Reformas interiores TOTAL 3.921,00 1.568,00 5.489,40 3.921,00 1.568,00 5.489,40 ACHEGAS DEPUTACIÓN ACHEGAS CONCELLO CONTÍA A XUSTIFICAR POLO CONCELLO: TOTAL GLOBAL 124.534,00 46.281,00 170.815,74 PROPOSTA DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL, ANO 2004, PARA CONCELLOS DE MÁIS DE 20.000 HABITANTES CONCELLO % BENEFICIARIO ACHEGA DEPUTACIÓN ACHEGA CONCELLO CONTÍA A XUSTIFIC.POLO CONCELLO OBXECTODA AXUDA OBSERVACIÓNS: ESTRADA, A 70 Constantino José Abollo Saco 942,00 659,00 1.600,80 Construcción cuarto de baño * Maior aportación Mª Carmen Puente Castro 2.178,00 1.524,00 3.702,00 Arranxo tellado Lucinda Gestoso Varela 2.191,00 1.534,00 3.725,00 Arranxo tellado José Manuel Piñeiro Martínez 1.765,00 1.235,00 3.000,00 Reformas interiores María Seijo Bargueiras 882,00 618,00 1.500,00 Fosa séptica Petronila A. Mato Sanmartín 2.191,00 1.534,00 3.725,00 Reformas interiores Amelia Núñez Fragoso 882,00 618,00 1.500,00 Fosa séptica Manuela Caramés Rodríguez 1.765,00 1.235,00 3.000,00 Construcción de aseo 1.765,00 1.235,00 3.000,00 Reformas interiores TOTAL 3.530,00 2.470,00 6.000,00 14.561,00 10.192,00 24.762,80 MARÍN 70 Manuela Villanueva Nores 882,00 618,00 1.500,00 Fosa séptica 1.706,00 1.194,00 2.900,00 Instalación baño 1.322,00 926,00 2.248,08 Reformas interiores TOTAL 3.910,00 2.738,00 6.648,08 José Pazos Carballo 345,00 241,00 585,90 Instalación eléctrica 721,00 505,00 1.226,18 Reformas interiores TOTAL 1.066,00 746,00 1.812,08 Saladina González Soliño 1.479,00 1.036,00 2.515,00 Instalación de baño 6.455,00 4.520,00 10.975,16 ACHEGAS DEPUTACIÓN ACHEGAS CONCELLO CONTÍA A XUSTIFIAR POLO CONCELLO TOTAL GLOBAL 21.016,00 14.712,00 35.727,96 ------ Folla: 9.12417.- NOTIFICACIÓN DE AXUDA DO FEDER De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción Económica e Emprego, acórdase por unanimidade prestar aprobación á axuda concedida dentro do Programa de Iniciativa Comunitaria INTERREG III- a España-Portugal, financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional FEDER, por un importe de 2.821.725,00 Euros, coa seguinte distribución: - Deputación de Pontevedra: 2.116.275,00 Euros. - Consellería de Emigración: 225.450,00 Euros. - Cámara Municipal de Melgaço: 450.000,00 Euros. - IDITE Minho: 30.000,00 Euros. ------ Folla: 10.12418.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 2 de setembro do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2004, acórdase por unananimidade aprobar a relación comprensiva de noventa e dúas facturas, que figuran na referencia 200400000777, por un importe global de setenta e un mil catrocentos quince euros con oitenta e cinco céntimos (71.415,85 Euros), a primeira das cales é a relativa a José Luis, S.C. por un importe de 1.640,24 Euros, e remata coa correspondente a Neumáticos Fayfer, SL, por un importe de setenta mil oitocentos cincuenta e cinco euros con oitenta e catro céntimos (70.855,84 Euros), correspondendo a cantidade de 560,01 Euros ó IVE soportado deducible. As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 11.12419.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA DE "CENTRO SOCIO - CULTURAL DE FEIRA- CABRAL (VIGO)" Retírase da orde do día asunto relativo á aprobación do expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da obra de "Centro Socio-Cultural de Feira-Cabral (Vigo)". ------ Folla: 12.12420.- APROBACIÓN DE PROXECTOS Vistos os acordos adoptados pola Xunta de Goberno, en sesión de 07-05-2004, polos que se ratificaron os convenios suscritos co Concello de Redondela para a execución das obras "Urbanización da EP Acceso a Arealonga (Avda. de San Telmo)" e "Mellora de pavimento e dotación de servizos EP Redondela-Catapeixe (Redondela)", cun presuposto de 301.348,35 Euros e 649.141,30 Euros respectivamente, aportando o Concello as cantidades de 90.408,27 Euros e 278.586,66 Euros; visto o acordo da Xunta de Goberno, de 09-07-2004, polo que se modificou o convenio relativo á obra "Mellora de pavimento e dotación de servizos EP Redondela-Catapeixe (Redondela)" en canto á aportación municipal que se reduce á suma de 150.253,03 Euros; ratificándose pola Xunta de Goberno, en sesión de 06-04-2004, o convenio suscrito entre a Deputación Provincial, o Concello de Vigo e a Entidade Local Menor de Bembrive para a execución das obras de "Urbanización e pavimentado Tramo Mosteiro-Mourelle" e "Urbanización e pavimentado Tramo Colexio-Mosteiro" da EP Calvario-Garrida, cun presuposto de 533.863,93 Euros e 120.949,37 Euros, respectivamente, aportando a Entidade Local Menor as cantidades de 195.554,83 Euros e 55.595,51 Euros, convenio que foi modificado pola Xunta de Goberno de 09-07-2004 en canto a que a aportación da Entidade Local fíxase nas cantidades de 93.593,93 e 26.608,49 Euros; polo concello de Salvaterra de Miño remítese proxecto para o "Acondicionamento do Entorno do Pavillón Polideportivo de Leirado" cun presuposto de 90.764,10 Euros; visto o acordo adoptado polo Pleno da Deputación, en sesión de 28-07-2004, polo que se prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Vilagarcía de Arousa para a execución da obra "Construcción dun campo de fútbol de herba artificial no Complexo Deportivo de Fontecarmoa", cun presuposto de 592.844,31 Euros, IVE incluído, financiándose a obra coas aportacións desta Deputación por importe de 404.959,11 Euros, nas anualidades de 2004 por importe de 100.000,00 Euros, 2005 por importe de 200.000,00 Euros e 2006 por importe de 104.959,11 Euros, e do Concello por importe de 187.855,20 Euros con cargo ó Programa Operativo Local 2004; polo Servizo de Vías e Obras redáctase o proxecto de "Terminación EP 9402 Mosteiro-Barrantes (Meis)", por importe de 450.337,97 Euros e, vistos os proxectos relativos ás citadas obras, acórdase por unanimidade aprobar os seguintes proxectos: 1.- "Urbanización da EP Acceso a Arealonga (Avda. De San Telmo)" por importe de 301.348,35 Euros, IVE incluído, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 291.548,40 Euros e honorarios de redacción de proxecto por importe de 9.799,95 Euros. A obra financiarase coa aportación da Deputación Provincial por importe de 210.940,08 Euros e do Concello de Redondela por importe de 90.408,27 Euros. 2.- "Mellora de pavimento e dotación de servizos EP Redondela-Catapeixe (Redondela)" por importe de 649.141,30 Euros, IVE incluído, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 628.031,02 Euros e honorarios de redacción de proxecto por importe de 21.110,28 Euros. A obra financiarase coa aportación da Deputación Provincial por importe de 498.888,27 Euros e do Concello de Redondela por importe de 150.253,03 Euros. 3.- "Urbanización e pavimentado Tramo Mosteiro-Mourelle da EP Calvario-Garrida" por importe de 533.863,93 Euros, IVE incluído, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 516.502,50 Euros e honorarios de redacción de proxecto por importe de 17.361,43 Euros. A obra financiarase coas aportacións da Deputación Provincial por importe de 440.270,00 Euros e da Entidade Local Menor de Bembribe por importe de 93.593,93 Euros. 4.- "Urbanización e pavimentado Tramo Colexio-Mosteiro da EP Calvario-Garrida" por importe de 120.949,37 Euros, IVE incluído, desglosado en presuposto de contrata por importe de 117.493,67 Euros e honorarios de redacción de proxecto por importe de 3.455,70 Euros. A obra financiarase coas aportacións da Deputación Provincial por importe de 94.340,88 Euros e 26.608,49 Euros. 5.- "Acondicionamento do entorno do Pavillón Polideportivo de Leirado" cun presuposto de 90.764,10 Euros, IVE incluído. 6.- "Construcción dun campo de fútbol de herba artificial no Complexo Deportivo de Fontecarmoa", cun presuposto de 592.844,31 Euros, IVE incluído, financiándose a obra coas aportacións desta Deputación por importe de 404.959,11 Euros, nas anualidades de 2004 por importe de 100.000,00 Euros, 2005 por importe de 200.000,00 Euros e 2006 por importe de 104.959,11 Euros, e do Concello de Vilagarcía de Arousa por importe de 187.855,20 Euros con cargo ó Programa Operativo Local 2004. 7.- "Terminación EP 9402 Mosteiro-Barrantes (Meis)", por importe de 450.337,97 Euros, IVE incluído. ------ Folla: 13.12421.- PROPOSTA DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Á ASOCIACIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS 2004 De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de subvencións para asociacións culturais, que se relacionan, por un total de 28.300,00 Euros e con cargo á partida 04/451.451.489.05. CONCELLO/PETICIONARIO/OBXECTO SUBVENCIÓN/IMPORTE: ARBO: Coral Polifónica de Arbo/ Axuda ó encontro de Corais e desprazamento a Ribadeo 1.400,00 CAMBADOS: Asociación Cultural Agrupación Mocedade/ Axuda ós actos culturais da Festa do Labrego 2.500,00 CANGAS: Asociación Cultural O Gato/ Axuda ó V Festival Folc de Vilariño/ 1.800,00 MARÍN: Asociación Cultural Airiños de San Xulián/ Axuda ó VIII Festival Folclórico "Virxe dos Remedios" 1.500,00 MEIS: Agrupación Folclórica A Pedra Catán / Axuda ó intercambio cultural co grupo "A Blanca Paloma" (Madrid) 1.500,00 MEIS: Asociación Cultural Polifónica "Xuntanza" de Meis/ Axuda para intercambio cultural con Bos Aires 3.000,00 MEIS: Asociación Cultural San Gregorio: Axuda ós actos culturais da Romaría de San Gregorio/ 2.000,00 MOAÑA : Asociación Cultural Charaviscas de Domaio/ Axuda ó VII Festival Folclórico Domaio/ 700,00 PONTEVEDRA: Amigos dos Canteiros/ Axuda ó XI Certame do "Día do Canteiro" en Tomeza/ 1.800,00 PONTEVEDRA:: Asociación de Coros e Danzas "Duos Pontes"/ Axuda á celebración do "XXXIII Día da Muiñeira"/ 2.000,00 PONTEAREAS: Banda de Música Xuvenil de Xinzo/ Axuda ás Iª Xornadas de Especialización Musical Ponteareas 2004/ 700,00 ROSAL, O: Agrupación Musical do Rosal/ Axuda ó Ciclo grandes Directores e Compositores 1.000,00 TOMIÑO: Asociación Socio Cultural de Goián IX Encontro de Bandas de Música 700,00 VILAGARCÍA DE AROUSA: Asociación Cultural San Roque de Bamio/ Axuda a exposicións, concursos e Romaría San Roque/ 1.000,00 VILAGARCÍA: Asociación Xubilados e Pensionistas da Casa do Mar / Axuda ó festival da 3ª idade 1.000,00 VILANOVA DE AROUSA : Asociación de xubilados e pensionistas Casa do Mar/ Axuda a conferencias informativas e obradoiros 1.500,00 VILANOVA: Asociación Xuv. Parroq. Ansuiña/ Semana Cultural A Pastoriza 2004/ 2.400,00 VILANOVA: Cofradía de Pescadores "La Pastoriza"/ Axuda ás actividades culturais da Festa do Carme/ 1.800,00 TOTAL FINAL 28.300,00 ------ Folla: 14.12422.- PROPOSTA DE SUBVENCIÓNS Á AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL DEPORTIVO INVENTARIABLE E MELLORA DE INSTALACIÓNS De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Deportes, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de subvencións para mellora de instalacións e adquisición de material deportivo inventariable ós Clubes e Entidades Deportivas, que se relacionan, por un total de 18.550,00 Euros, con cargo á partida 04/451.452.789.00. CONCELLO/PETICIONARIO/OBXECTO SUBVENCIÓN/IMPORTE: BUEU: Club Deportivo Bueu/ Compra material: carro marcar, barreiras, vallas, conos, aros ... 1.000,00 BUEU: Clube Bueu sub de actividades subacuáticas Compra de material: regulador compact, botellas, compresor MCH 1.000,00 ESTRADA, A : Asociación Cultural Santa Bárbara Melloras de acondicionamento de vestiarios 1.000,00 LALÍN: Clube de natación Lalín Olimpia Compra de material: barras, aparato multif. de correr e de cargas 1.000,00 LALÍN: Clube-Escola de Atletismo Deza Adquisición material: Vallas, colchonetas de caída, pesos, martillos 1.800,00 PONTEVEDRA: Asociación Galega de Baile de Salón "Baila"/ Compra de aros, espaldeiras, colchonetas, nocelleiras ... 750,00 PONTEAREAS: Sporting Club S. Mateo Mellora dos aseos exteriores das instalacións deportivas 600,00 RIBADUMIA: Umia CF/ Compra de material: Porterías, máquina de ximnasio, material sinali. 2.000,00 RODEIRO: Rodeiro Clube de Fútbol Balompie Mellora das instalacións: Regadío, mellora dos vestiarios, peche gradas 1.500,00 ROSAL, O: Unión Deportiva Ribera Compra de material: Soporte marconas, banco femorais, espaldeira 1.800,00 ROSAL, O: V.A.T. Sport O Rosal/ Compra de material: casco, cubertas, equipo extintor, arco 600,00 SANXENXO: Clube Portonovo S.D./ Compra de balóns medicinais, conos, vallas, xogo fútbol trasladable 2.000,00 VIGO: Clube deportivo San Juan Compra de colchoneta, carro portabalóns, carpeta táctica 1.500,00 VILAGARCÍA DE AROUSA: Clube de tenis El Rial/ Instalación iluminación nas pistas 2.000 TOTAL FINAL 18.550,00 ------ Folla: 15.12423.- CONCESIÓN DE PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTIR A CURSO Retírase da orde do día asunto relativo á concesión de permiso e axuda económica para asistir a curso. ------ Folla: 16.12424.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 17.12425.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 18.12426.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA O SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO RECOLECTOR DE RESÍDUOS SÓLIDOS URBANOS DE 16 M³ DE CAPACIDADE, PARA PRESTAR O SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 16 de xullo de 2004 polo que se aprobou o Convenio entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cuntis para a adquisición dun camión recolector compactador de recollida de resíduos sólidos, o cal foi asinado o 4 de agosto de 2004 e resultando que nas cláusulas do citado convenio se establece que ambas institucións financiarán a compra do vehículo, cunha participación do 50% cada unha delas, por un importe máximo de 120.000,00 Euros e que a contratación da súa adquisición levarase a cabo pola Deputación Provincial de Pontevedra, segundo o procedemento e forma máis adecuada ó establecido no RDL 2/2000, de 16 de xuño polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Vistos o prego de prescripcións técnicas de data 2 de setembro de 2004 elaborado polo Xefe Xeral do Parque de Maquinaria e o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral de data 8 de setembro de 2004 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerán na contratación do subministro dun vehículo recolector de resíduos sólidos urbanos de 16 m³ de capacidade, para prestar o servizo de recollida de lixo, e vistos así mesmo, o documento RC de data 14-07-04 e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 8 de setembro de 2004. Acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación mediante concurso, procedemento aberto, do subministro dun vehículo recolector de resíduos sólidos urbanos de 16 m³ de capacidade, para prestar o servizo de recollida de lixo, por un tipo máximo de licitación de CENTO VINTE MIL EUROS (120.000,00), IVE incluído e co vehículo matriculado. Así mesmo acórdase autorizar dito gasto por importe de 120.000,00 Euros, con cargo á partida 04/911.911.662.00 e aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 19.12427.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA O SUBMINISTRO DUN CAMIÓN DE PRIMEIRA INTERVENCIÓN CON DESTINO Ó PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS DO MORRAZO Visto o acordo adoptado polo Pleno desta Corporación Provincial na sesión ordinaria do día 28 de febreiro de 2003, polo que se aprobou o Convenio de Colaboración entre a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Bueu, Cangas e Moaña para a construcción, equipamento e dotación de vehículos ó Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo, entre cuxas actuacións estaba a adquisición dun camión de primeira intervención por importe de 180.300,00 Euros, que conta co cofinanciamento de fondos europeos FEDER. Visto que a "Comisión de Goberno" na sesión ordinaria do día 3 de outubro de 2003, adxudicou á empresa SEGYCOM Seguridad y Contraincendios, SL, o subministro do citado camión de primeira intervención por importe de 173.600,00 Euros e dado que a empresa adxudicataria non efectuou a entrega do subministro, incumprindo o contrato formalizado ó efecto, a "Xunta de Goberno", na sesión ordinaria celebrada o día 30 de xullo de 2004, acordou a resolución do contrato suscrito con dita empresa, motivo polo cal se inician de novo os trámites para a súa contratación. Visto o prego de prescripcións técnicas de data 8 de setembro de 2004 elaborado polo Enxeñeiro Director do Servizo Agrario e o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral de data 9 de setembro de 2004 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerán na contratación do subministro dun camión de primeira intervención con destino ó Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo e vistos así mesmo, o documento RC de data 09-09-04 e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 9 de setembro de 2004. Acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación mediante concurso, procedemento aberto, do subministro dun camión de primeira intervención para o Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo, por un tipo máximo de licitación de CENTO OITENTA MIL TRESCENTOS EUROS (180.300,00), IVE incluído e co vehículo matriculado. Así mesmo a "Xunta de Goberno", acorda autorizar dito gasto por importe de 180.300,00 Euros, con cargo á partida 04/911.223.627.01.2003 e aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición