ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/11/05_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-11-05_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/11/05_Ordinaria

  • Data(s) 2004-11-05 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 5 de novembro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día cinco de novembro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12531.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de outubro de 2004. ------ Folla: 2.12532.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Vistos os informes que formula a Intervención desta Deputación de datas 6 e 25 de outubro do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos centros xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican nas relacións que se achegan, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: .- A relación comprensiva de cinco facturas que figuran na referencia 200400000813, por un importe global de dous mil euros con setenta e dous céntimos (2.000,72), a primeira das cales é a relativa a Bufete Hinrichs, C.B. por un importe de 397,58 ¤, e finaliza coa correspondente a Bufete Hinrichs, C.B., por un importe de 417,07 ¤, na que se recoñecen obrigas por un importe de dous mil douscentos noventa e sete euros con oitenta e seis céntimos (2.297,86 ¤), correspondendo a cantidade de 297,14 ¤ ó IRPF. As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. .- A relación comprensiva de sesenta facturas, que figuran na referencia 200400000875, por un importe global de trinta e tres mil novecentos setenta e un euros con trinta e dous céntimos (33.971,32 ¤), a primeira das cales é a relativa a C. Estaciones de Servicio, S.A., por un importe de 3.362,09 ¤, e remata coa correspondente á Imprenta C. Peón, por un importe de 352,64 ¤, na que se recoñecen obrigas por un importe de trinta e tres mil setecentos setenta e nove euros con vinteoito céntimos (33.779,28 ¤), correspondendo a cantidade de 234,40 ¤ ó IRPF e 426,44 ¤ a descontos do IVE soportado deducible. As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 3.12533.- MODIFICACIÓN DE ACORDOS REGULADORES DE PREZOS PÚBLICOS DA DEPUTACIÓN Vistos os expedientes tramitados a proposta do Servizo de Intervención desta Deputación para a modificación dos acordos reguadores de diversos prezos públicos provinciais e do Padroado de Turismo "Rías Baixas", coa finalidade, segundo consta nas memorias da Presidencia de cada expediente, de actualizar as tarifas das mesmas para o exercicio 2005, cunha proposta, en xeral, de incremento en termos nominais do 2%, de acordo coa variación estimada para o IPC, en dito exercicio, así como para adecualos ás novas disposicións previstas no Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL). Vistos os informes de Intervención que constan nos respectivos expedientes, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acórdase por unanimidade: -Aprobar as modificacións dos acordos reguradores dos diversos prezos públicos que se relacionan a continuación co obxecto de adecualos ás novas disposicións sobre a materia previstas no Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), así como a modificación das tarifas dos mesmos polos importes que figuran en cada expediente. -Prezo público pola venda de mapas. -Prezo público polos servizos que se prestan na Imprenta Provincial. -Prezo público polos servizos que se prestan coa máquina fitosanitaria. -Prezo público polos servizos de análise na Finca de Areeiro. -Prezo público polos servizos de formación que se prestan polo CPAM. -Prezo público polos servizos que se prestan no Centro de Vacacións A Lanzada. -Prezo público polos servizos de análises que se prestan na Finca de Mouriscade. -Prezo público pola venda de mapas do Padroado de Turismo. Os acordos acordos reguradores dos diversos prezos públicos, coas novas tarifas publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e, tal como consta nas memorias da Presidencia de cada expediente, entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2005. ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA VENDA DE MAPAS A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes do R.d.l.2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda por unanimidade modificar o Acordo regulador do prezo público pola venda de mapas, quedando este co seguinte contido literal: PRIMEIRO. Contido Este prezo público esixirase pola venda de mapas propiedade da Deputación Provincial de Pontevedra. SEGUNDO. Obrigados ó pagamento Están obrigadas a pagaren este prezo público as persoas ou entidades que compren mapas propiedade da Deputación. TERCEIRO. Contía A estructura e importes deste prezo público figuran no anexo a este acordo regulador. CUARTO. Nacemento da obriga de pagamento A obriga de pagamento deste prezo público nace no momento de entregarlle os mapas á persoa ou entidade que os solicite. Non obstante, esixirase o pagamento do prezo con carácter previo á entrega dos mapas, en calidade de depósito previo. QUINTO. Normas de xestión As persoas ou entidades interesadas na compra de mapas dirixiranse ó Negociado de Rendas co obxecto de que se lle practique a liquidación do prezo público, para inmediatamente despois realizar o seu ingreso en Tesourería, onde recibirá a correspondente carta de pagamento. Con esta dirixirase á Conserxería onde se lle entregará o material correspondente á cantidade ingresada. SEXTO. Control e custodia do material Os mapas serán obxecto dunha adecuada contabilización; este material valorarase ó prezo do custo de producción ou adquisición. Estes mapas estarán depositados e custodiados baixo a responsabilidade do xefe de Conserxería. As entregas gratuítas deste material requiren autorización da Presidencia. O responsable de Conserxería remitiralle, con carácter anual, a Intervención -Ingresos unha relación dos mapas entregados gratuitamente coa correspondente autorización da Presidencia, indicando así mesmo os mapas que había a finais do ano anterior, os entregados durante o ano e os que permanecen en depósito. Ó rematar cada exercicio Intervención comprobará a existencia de mapas. SÉTIMO. Entrada en vigor A modificación deste prezo público entrará en vigor e se aplicará, unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2005. ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Mapas en relevo, cada un 33,25 ¤ B. Mapas plastificados, cada un 7,38 ¤ C. Mapas en papel sen pregar, cada un 3,69 ¤ D. Mapas en papel pregado con funda, cada un 4,42 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NA IMPRENTA PROVINCIAL A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes del R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda por unanimidade modificar o Acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan na Imprenta Provincial, quedando este co seguinte contido literal: PRIMEIRO. Contido Este prezo público esixirase polos distintos servizos que se prestan na Imprenta Provincial, incluídos os traballos administrativos e técnicos que as distintas dependencias ou servizos desta Deputación realicen para a súa prestación. SEGUNDO. Obrigados ó pagamento Están obrigadas a pagaren o prezo público regulado neste acordo as persoas ou entidades que soliciten estes servizos ou que se beneficien directamente deles. TERCEIRO. Contía A estructura e a contía deste prezo público serán as que se detallan no Anexo I. CUARTO. Normas de xestión 1. As persoas ou as entidades interesadas na confección de traballos de imprenta presentarán, previamente, no Rexistro Xeral a oportuna solicitude pedindo os traballos, á que lle achegarán o orzamento confeccionado pola imprenta e os demais datos necesarios para a correcta execución dos traballos e a correspondente liquidación do prezo público. Así mesmo, presentarán un xustificante de ter efectuado o ingreso do prezo público, en calidade de depósito previo. 2. Unha vez realizada a prestación dos distintos servizos, o rexente da imprenta remitirá os datos necesarios para que efectúe a liquidación definitiva do prezo público á oficina de Renda e Exaccións. A dita liquidación notificaráselles ás persoas ou ás entidades obrigadas ó pagamento e o seu ingreso poderá facerse efectivo por vía voluntaria no prazo dun mes, a contar desde a data de notificación. QUINTO. Obriga de pagamento 1. A obriga de pagamento do prezo público regulado neste acordo nace: a) Ó iniciarse as tarefas administrativas e técnicas de confección dos traballos de imprenta. Entenderase iniciada cando se presenta a solicitude. 2. O pagamento do prezo realizarase: a) En calidade de depósito previo, ó presentarse a solicitude de prestación dos servizos regulados neste acordo. A liquidación do depósito previo efectuarase segundo o orzamento confeccionado polo responsable da imprenta e que o interesado lle achegará á solicitude. b) Ó notificárselle a liquidación definitiva ó obrigado ó pagamento poderá facela efectiva, en vía voluntaria, no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ó da notificación. SEXTO. Entrada en vigor A modificación deste prezo público entrará en vigor e se aplicará unha vez publicado no BOP, o día 1 de xaneiro de 2005. ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Pola confección de traballos de imprenta esixirase: A.1. Por hora de traballo manual 19,69 ¤ A.2. Por hora de máquina MINERVA 16,73 ¤ A.3. Por hora de máquina automática 19,69 ¤ A.4. Por hora de encadernación 11,83 ¤ B. Ós traballos urxentes aplicaráselles un recargo do 50 % Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN COA MÁQUINA FITOSANITARIA A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda por unanimidade modificar o Acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan coa máquina fitosanitaria, quedando este co seguinte contido literal: PRIMEIRO. Natureza e contido Este prezo público esixirase polos servizos de análises prestados coa máquina de tratamentos fitosanitarios. SEGUNDO. Obriga de pagamento Están obrigadas a pagaren este prezo público as persoas físicas ou xurídicas e as entidades que o soliciten ou se beneficien dos servizos ou das actividades que se presten ou realicen coa máquina fitosanitaria. TERCEIRO. Contía A estructura e a contía destes prezos públicos serán as que figuran no Anexo I. CUARTO. Normas de xestión As persoas ou entidades interesadas nos servizos da máquina fitosanitaria presentarán, previamente, no Servizo correspondente, unha solicitude comprensiva dos datos e documentos necesarios para a prestación do servizo ou realización da actividade. QUINTO. Obriga de pagamento I. I. A obriga de pagamento deste prezo público nace ó iniciarse a prestación do servizo. Non obstante, este considérase iniciado no momento de presentar a solicitude. II. O pagamento do prezo público esixirase con anterioridade á prestación do servizo, no momento de presentar a solicitude. III. O pagamento da liquidación definitiva farase efectivo en vía voluntaria no prazo dun mes desde a notificación. Se non se fixese efectivo neste prazo esixirase por vía de prema. SEXTO. Entrada en vigor A modificación deste prezo público entrará en vigor e se aplicará, unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2005. ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Por hora de servizo 103,58 ¤ B. No caso de traballos urxentes aplicarase un recargo do 50 % Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ANÁLISE NA FINCA DE AREEIRO A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes do R.d.l.2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda por unanimidade modificar o Acordo regulador do prezo público polos servizos de análise que prestan na Finca de Areeiro, quedando este co seguinte contido literal: PRIMEIRO. Natureza e contido Este prezo público esixirase polos servizos de análise que se prestan na Finca Areeiro. SEGUNDO. Obriga de pagamento Están obrigados a pagaren este prezo público as persoas naturais ou xurídicos e as entidades que soliciten os servizos de análise da Finca Areeiro. TERCEIRO. Contía A estructura e a contía deste prezo público figuran no Anexo I. CUARTO. Normas de xestión I. As persoas ou entidades interesadas nos servizos de análise que se prestan na Finca Areeiro, solicitaranos ante os servizos administrativos desta. II. A xestión do IVE realizaraa o Servizo de Agricultura. QUINTO. Obriga de pagamento I. A obriga de pagamento deste prezo público nace ó iniciarse a prestación do servizo. Non obstante, o servizo considerarase iniciado no momento de presentar a solicitude. II. O pagamento do prezo público esixirase con anterioridade á prestación do servizo. SEXTO. Entrada en vigor A modificación deste prezo público entrará en vigor e se aplicará, unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2005 ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Por análise rutineira 14,79 ¤ B. Por análise de invernadoiro 23,66 ¤ C. No caso de urxencia aplicarase un recargo do 50 % Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS DE FORMACIÓN QUE SE PRESTAN POLO CPAM A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes do R.d.l.2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda por unanimidade modificar o Acordo regulador do prezo público polos servizos de formación que se prestan no CPAM, quedando este co seguinte contido literal: PRIMEIRO. Obrigados ó pagamento Están obrigadas a pagaren os prezos públicos regulados neste acordo as persoas ou entidades que soliciten estes servizos ou se beneficien directamente deles. SEGUNDO. Contía A estructura e contía destes prezos públicos será a que figura no anexo a esta ordenanza. TERCEIRO. Normas de xestión 1.- As cantidades esixibles segundo as tarifas e bases de cada curso liquidaranse por cada servizo solicitado. 2.- As persoas ou entidades interesadas en utilizar estes servizos deberán realizar a oportuna solicitude nos prazos que se abran para o efecto. 3.- En caso de que non se preste o servizo, os interesados poderán solicitar a devolución do importe ingresado, que será aceptado sempre que a falta da prestación non lles sexa imputable. CUARTO. Obrigación de pagamento 1.- A obrigación do pagamento nace ó ser aceptada a solicitude. 2.- O pagamento efectuarase unha vez aceptada a solicitude do servizo, no prazo sinalado en cada caso. QUINTO. Entrada en vigor A modificación deste prezo público entrará en vigor e se aplicará, unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2005. ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Cursos a grupos con material informático individual, por hora e alumno 5,92 ¤ B. Cursos a grupos con material informático para dúas persoas, por hora e alumno 5,20 ¤ C. Cursos a grupos sen material informático, por hora e alumno 5,20 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes del R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda por unanimidade modificar o Acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan no centro de vacacións A Lanzada, quedando este co seguinte contido literal: PRIMEIRO. Natureza e contido Este prezo público esixirase pola prestación de servizos ou pola realización de actividades no centro de vacacións "A Lanzada"; a súa descrición figura no punto terceiro -"Contía"- deste acordo. SEGUNDO. Obrigados ó pagamento Están obrigados a pagar este prezo público: 1. As persoas físicas e xurídicas e os entes que se beneficien dos servizos ou das actividades que determinan a esixibilidade do prezo público. 2. Os pais, os familiares ou os representantes legais dos menores ou das persoas que teñan ó seu cargo os menores que teñan que pagar este prezo público. 3. Non están suxeitos a pagaren este prezo público: a) Os menores acollidos nos centros asistenciais da Deputación e que pertenzan á beneficencia. b) Os menores doutros centros non dependentes da Deputación que se atopen nas mesmas condicións cós anteriores cando formen parte de grupos dos centros ou das entidades nos que estean acollidos. TERCEIRO. Contía A estructura e a contía deste prezo público serán as que figuran no Anexo I. CUARTO. Obriga de pagamento 1. A obriga de pagamento do prezo público regulado neste acordo nace desde que se preste ou realice calquera dos servizos ou das actividades especificados na tarifa do prezo público. Considéranse prestados os servizos ou realizadas as actividades no momento de presentar a correspondente solicitude. 2. O pagamento deste prezo público efectuarase ó producirse a prestación dos servizos ou a realización das actividades. Non obstante, o prezo público poderá esixirse no momento de presentar a solicitude. QUINTO. Normas de xestión 1. A utilización dos servizos requirirá a autorización previa da Presidencia ou do deputado-delegado, debendo facer constar na instancia, ademais dos datos persoais do/a solicitante, o tempo de utilización, o número de usuarios e a clase de servizos que se piden. 2. A liquidación e o cobramento das contías deste prezo público efectuaranos os servizos administrativos do centro de vacacións "A Lanzada", debendo o administrador ingresar diariamente, na conta restrinxida de Recadación, formalizándose cada 8 días na Tesourería provincial, coa fiscalización previa de Intervención das copias das facturas que necesariamente entregará o administrador. 3. Os/as solicitantes estarán obrigados/as a pagaren o prezo público con anterioridade á utilización ou ó aproveitamento dos servizos. Así mesmo, constituirán un depósito do 50% daquel importe, para responder dos danos, o cal se devolverá ó finalizar a prestación dos servizos de non se produciren estes nas instalacións ou no material. SEXTO. Entrada en vigor A modificación deste prezo público entrará en vigor e se aplicará, unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2005. ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA 1. Residencia: 1.1. Temporada de verán: 1.1.1. Sen prestación de servizos, por persoa e día 3,52 ¤ 1.1.2. Con prestación de servizos, por persoa e día 10,61 ¤ 1.2. Temporada de primavera, outono e inverno: 1.2.1. Sen prestación de servizos, por persoa e día 3,21 ¤ 1.3. Durante todo o ano: 1.3.1. Por utilización da residencia, sen pernocta, por persoa e día 2,14 ¤ 1.3.2. Por utilización do espacio do contorno da residencia, se pernocta e para calquera actividade, por persoa e día 2,14 ¤ 1.3.3. Por utilización da cociña: 1.3.3.1. Por día 38,51 ¤ 1.3.3.2. Por persoa 2,14 ¤ 2. Campamento (só en temporada de verán): 2.1. Organizados pola Deputación, en períodos de 10 días, con prestación de servizos, por persoa 92,41 ¤ 2.2. Non organizados pola Deputación, sen prestación de servizos, con supervisión da montaxe e desmontaxe das tendas: 2.2.1. Por cada tenda e día 4,28 ¤ 2.2.2. Por persoa e día 2,14 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ANÁLISES NA FINCA DE MOURISCADE A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes del R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda por unanimidade modificar o Acordo regulador do prezo público polos servizos de análises que se prestan na Finca de Mouriscade, quedando este co seguinte contido literal: PRIMEIRO. Natureza e contido Este prezo público esixirase polos servizos de análise que se prestan na Finca de Mouriscade. Quedan excluídos os servizos de análise que se presten mediante convenio. SEGUNDO. Obriga de pagamento Están obrigadas a pagaren este prezo público as persoas naturais ou xurídicas e máis as entidades (cooperativas, asociacións de gandeiros, etc.) que soliciten os servizos de análise que se prestan na Finca de Mouriscade. TERCEIRO. Contía A estructura e a contía deste prezo público figuran no Anexo I. CUARTO. Normas de xestión I. As persoas ou entidades interesadas nos servizos de análise que se prestan na Finca de Mouriscade han de solicitarse ante os servizos administrativos da finca, debendo acreditar a constitución do depósito previo. O importe do depósito determinarase segundo as contías sinaladas no Anexo I deste acordo. II. O pagamento do depósito acreditarase coa factura ou documento análogo que expedirán os servizos da Finca de Mouriscade. III. A xestión do IVE realizaraa o Servizo de Agricultura. QUINTO. Obriga de pagamento I. A obriga de pagamento deste prezo público nace ó iniciarse a prestación do servizo. Non obstante, o servizo considerarase iniciado no momento de presentar a solicitude. II. O pagamento do prezo público esixirase con anterioridade á prestación do servizo, no momento de solicitalo. SEXTO. Entrada en vigor A modificación deste prezo público entrará en vigor e se aplicará unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2005. ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA I. Liña de identificación de xermes en mamite: 1. Cooperativas e asociacións de gandeiros: 1.1. Identificación de xerme, por cada mostra 1,50 ¤ 1.2. Antibiograma 1,50 ¤ 2. Particulares, industrias, etc.: 2.1. Identificación, cada mostra 4,00 ¤ 2.2. Identificación con antiograma, cada mostra 5,00 ¤ II. Liña de alimentación animal: ANÁLISES QUÍMICAS 1. Cooperativas e asociacións de gandeiros: 1.1. Ensilado (herba, millo), cada mostra 4,00 ¤ 1.2. Pensos e materias primas, cada mostra 7,00 ¤ 2. Particulares, industrias, etc.: 2.1. Ensilado (herba, millo), cada mostra 7,50 ¤ 2.2. Pensos e algunhas materias primas, por cada mostra 13,00 ¤ 2.3. Materias primas ordinarias, cada mostra 7,50 ¤ ANÁLISES MICROBIOLÓXICAS 1. Determinación de E. Coli, Salmonella spp, Estafilococcus, cada mostra 13,00 ¤ 2. Determinación, ademais do anterior, : Clostridium, mofos e levaduras, cada mostra 21,00 ¤ 3. Calquera determinación individual, cada mostra 6,00 ¤ ANÁLISES DE MINERAIS 1. Determinación de calcio, fósforo, sodio, potasio e magnesio, cada mostra 22,00 ¤ 2. Calquera determinacion individual, cada mostra 6,00 ¤ OUTROS SERVIZOS DE ANÁLISES 1. Micrografía de pensos, cada mostra 54,00 ¤ 2. Homoxeneidade de mesturas, cada mostra 50,00 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA VENDA DE MAPAS DO PADROADO DE TURISMO A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes del R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda por unanimidade modificar o Acordo regulador do prezo público pola venda de mapas do Padroado de Turismo, quedando este co seguinte contido literal: PRIMEIRO. Contido Este prezo público esixirase pola venda de mapas propiedade do Padroado de Turismo "Rías Baixas". SEGUNDO. Obrigados ó pagamento Están obrigadas a pagaren este prezo público as persoas ou entidades que compren mapas propiedade do Padroado de Turismo. TERCEIRO. Contía Os importes deste prezo público figuran no anexo a este acordo regulador. CUARTO. Nacemento da obriga de pagamento A obriga de pagamento deste prezo público nace no momento de entregarlle os mapas á persoa ou entidade que os solicite. Non obstante, esixirase o pagamento do prezo con carácter previo á entrega dos mapas, en calidade de depósito. QUINTO. Normas de xestión As persoas ou entidades interesadas na compra de mapas dirixiranse ó Padroado de Turismo co obxecto de que se lle practique a liquidación do prezo público. Unha vez aboado este faráselle entrega dos mapas mercados. SEXTO. Control e custodia do material Os mapas serán obxecto dunha adecuada contabilización; este material valorarase ó prezo do custo de producción ou adquisición. Estes mapas estarán depositados e custodiados baixo a responsabilidade do secretario-administrador do Padroado de Turismo. As entregas gratuítas deste material requiren autorización da Presidencia do Padroado. SÉTIMO. Entrada en vigor A modificación deste prezo público entrará en vigor e se aplicará unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincial, o día 1 de xaneiro de 2005. ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Por mapa 0,74 ¤ B. Pedidos de 50 ou máis mapas, cada un 0,38 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ------ Folla: 4.12534.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 5.12535.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA O SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO RECOLECTOR DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS DE 16 M3 DE CAPACIDADE PARA PRESTAR O SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXOS Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 16 de xullo de 2004, polo que se aprobou o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cuntis para a adquisición dun camión recolector compactador de recollida de residuos sólidos, o cal se asinou o 4 de agosto de 2004. Resultando que nas cláusulas do citado convenio se establece que ambas institucións financiarán a compra do vehículo, cunha participación do 50% cada unha delas, por un importe máximo de 120.000,00 euros e que a contratación da súa adquisición se levará a cabo pola Deputación Provincial de Pontevedra, segundo o procedemento e forma máis adecuada ó establecido no Rdl 2/2000, de 16 de xuño polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. Resultando que por acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do día 10 de setembro de 2004, se acordou a aprobación do expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro dun vehículo recolector de residuos sólidos urbanos de 16 m3 de capacidade para prestar o servizo de recollida de lixos, cuxo anuncio do concurso se publicou no BOP número 183 e no DOGA número 185 de datas 21 e 22 de setembro de 2004, respectivamente. Resultando que a mesa de contratación, na reunión que tivo lugar o día 11 de outubro de 2004, procedeu á cualificación da documentación xeral e apertura de plicas presentadas polas empresas: VEHÍCULOS, EQUIPAMIENTOS Y CARROCERÍAS PRIETO-PUGA, S.L. (VEICAR, S.L.); RENAULT TRUCKS ESPAÑA, S.L.; DALONGA, S.A.; MDC INGENIERÍA, S.L.; TALLERES ARTEIJO, S.L.; FAUN MEDIOAMBIENTAL IBÉRICA, S.L.; INTURASA PÉREZ RUMBAO, S.A. e GEESINK B.V., as cales foron admitidas ó concurso. Vista a proposta formulada pola mesa de contratación na reunión do día 4 de novembro de 2004 para que se lle adxudique o concurso á empresa RENAULT TRUCKS ESPAÑA, S.L., por resultar a oferta máis vantaxosa das presentadas e admitidas, de acordo co informe técnico emitido polo señor xefe xeral do Parque de Maquinaria de data 29 de outubro de 2004, acórdase por unanimidade adxudicar á empresa, RENAULT TRUCKS ESPAÑA, S.L. (CIF B-82892563), o concurso convocado para efectuar o subministro dun "Vehículo recolector de residuos sólidos urbanos de 16 m3 de capacidade para prestar o servizo de recollida de lixos", polo prezo ofertado de cento trece mil setecentos sesenta e dous euros con trinta e seis céntimos (113.762,36), IVE incluído e co vehículo matriculado, ó resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e reunir os requisitos esixidos en dito concurso. O pagamento do subministro expresado, efectuarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida 04/911.911.662.00, do vixente orzamento provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 4.550,49 ¤, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo acórdase a devolución das fianzas provisorias constituídas polos licitadores que non resultaron adxudicatarios. A fianza provisoria da empresa adxudicataria devolverase unha vez teña constituído a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na caixa desta Deputación as cantidades de 59,66 ¤ e 204,75 ¤ (total 264,41 ¤), por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 6.12536.- APROBACIÓN DO PROXECTO "ACONDICIONAMENTO DA ESTRADA PO-303 SAMIEIRA-CASTRELO, TRAMO SIMES-ALTO DE DORRÓN (MEAÑO)" Aprobándose polo Pleno da Deputación Provincial, en sesión de 29-09-2004, o convenio de colaboración coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para a mellora das estradas "Porráns-Moraña", "Simes-Dorrón" e "Variante de Pontearnelas", establecéndose na cláusula segunda que a Deputación Provincial asumirá o financiamento, contratación, dirección e execución da obra "Mellora da estrada PO-303 Simes-Dorrón" con orzamento de 841.417,00 ¤, distribuídos nas anualidades de 2004, por importe de 150.000,00 ¤, 2005 por importe de 400.000,00 ¤, e 2006 por importe de 291.417,00 ¤; redactado o correspondente proxecto e, vistos os documentos RC nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible nas partidas 04/911.511-750.01 (anualidade de 2004) e 511.511-665.00 (anualidades de 2005 e 2006), acórdase por unanimidade prestar aprobación ó proxecto "Acondicionamento da estrada PO-303 Samieira-Castrelo, tramo Simes-Alto de Dorrón (Meaño)" por importe de 841.417,00 ¤, IVE incluído, coa seguinte distribución por anualidades: Anualidade Partida Importe 2004 04/911.511-750.01 150.000,00 2005 511.511-665.00 400.000,00 2006 511.511-665.00 291.417,00 TOTAL 841.417,00 ------ Folla: 7.12537.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE "DIVERSAS OBRAS DE REMANENTES DO POL E PPC 2004" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 29 de outubro do ano en curso, polo que se prestou aprobación ós proxectos que máis adiante se relacionan, e que son obxecto do presente expediente de contratación; visto o informe emitido polo señor secretario accidental relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, subsanadas as omisións indicadas no informe de fiscalización emitido polo señor interventor; acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, de "Diversas obras de remanentes do POL e PPC 2004", que máis adiante se detallan. Así mesmo, acórdase dar ó expediente trámite de urxencia toda vez que as obras deben estar adxudicadas antes do día 1 de decembro, xa que de non ser así perderanse as subvencións concedidas a través do Ministerio para as Administracións Públicas. 1.- "Mellora de trazado e rodadura EP 0407 Ponte Caldelas-Borela (Ponte Caldelas)" (Remanentes POL 2004) 436.608,95 2.- "EP 6503 Silleda-Siador-Refoxos (Silleda)" (Remanentes PPC 2004) 238.107,97 A obra número 1 financiarase con cargo á partida 04/911.511-611.03, a obra número 2 con cargo á partida 04/911.511-611.09. Así mesmo, se expoñen ó público os proxectos e o prego de condicións que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 8.12538.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición