ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/12/23_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-12-23_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/12/23_Ordinaria

  • Data(s) 2004-12-23 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 23 de decembro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e vinte e cinco minutos do día vinte e tres de decembro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12664.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 17 de decembro de 2004. ------ Folla: 2.12665.- AXUDAS ECONÓMICAS A COOPERATIVAS AGRARIAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vistas as bases reguladoras de axudas a Cooperativas da provincia de Pontevedra, publicadas no BOP de data 25 de outubro de 2004, e o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade conceder axudas económicas ás Cooperativas Agrarias que seguidamente se mencionan, por un importe total de cento catro mil catrocentos doce euros (104.412,00 ¤) e con cargo á partida 711.711.789.00. COOPERATIVA/NIF/Axuda ¤: SOCIEDAD COOPERATIVA GANDEIROS DO DEZA F-36393775 Desbrozadora e estendedor 2.910,00 HORSAL SOCIEDAD COOPERATIVA F-36037976 Construción almacén productos hortículas 11.287,00 SERVIPOR SOCIEDAD COOPERATIVA F-36437820 Dumper E5 Berracos 8.044,00 COBIDEZA SOCIEDAD COOPERATIVA F-36211019 Pechamento nave, reforma nave tellado, obras varias 9.000,00 APRODEZA SOCIEDAD COOPERATIVA F-36188829 Grada rotativa e copiadora 7.288,00 SOCIEDAD COOPERATIVA LTDA. VALLE DEL DEZA F-36165082 Arado, pisón, abonadora, equipo fumigción, arendaora 7.602,00 VIVEROS RÍO TOLLO S.A.T. F-36359982 Nivelación terreo, vestiarios 7.303,00 SOCIEDAD COOPERATIVA MACEIRA F-36426492 Remolque hidráulico 3.468,00 SOCIEDAD COOPERATIVA XUNCOGA F-36334092 Báscula, tolva recep., cinta transp., etiquetado xira sacos 17.350,00 COAFOR SOCIEDAD COOPERATIVA AGRARIA F-36173599 Cortador leña, cloración, cubrir gasolinera, inst. aire 5.911,00 COOPERATIVA DO CAMPO SILLEDA F-36257574 Arado 6.500,00 SOCIEDAD COOPERATIVA LTDA. CAMPODEZA F-36047058 Local fito, pintura nave, forxado 10.000,00 COOPERATIVA GANDEIROS DE BOTOS F-36257558 Arado, hidrolavado, área lavado 4.500,00 XUNDEVA AGRUPACIÓN DE DEFENSA SANITARIA DO GANDO BACÓN G-36455921 Ordenador pentium 3.249,00 TOTAL 104.412,00 ------ Folla: 3.12666.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 15 de decembro do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos centros xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: A relación comprensiva de trinta e sete facturas, que figuran na referencia 200400001040, por un importe global de vinte mil catrocentos dezasete euros con corenta e tres céntimos (20.417,43 ¤), a primeira das cales é a relativa a Industrias San José - Sucesores de M. Rapariz por un importe de 570,46 euros, e finaliza coa correspondente a Periódicos y Revistas Manolo, por un importe de 1.349,20 euros, na que se recoñecen obrigas por un importe de vinte mil cincocentos oitenta e dous euros con setenta e nove céntimos (20.582,79 ¤), correspondendo a cantidade de 165,36 euros a descontos do IRPF. As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 4.12667.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: INDUSTRIAS SAN JOSÉ - SUCESORES DE M. RAPARIZ - A constituída en metálico, por importe de oitocentos trinta e seis euros con trinta e oito céntimos (836,38 ¤), para responder do subministro de "150 placas conmemorativas do XXV aniversario da Constitución das Corporacións Democráticas", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/07/2004, núm. de operación 200400048902, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CERRAJERÍA LUNA, S.L. - A constituída en metálico, por importe de seiscentos trinta e tres euros con trinta e seis céntimos (633,36 ¤), para responder do "Subministro de 35 bancos de fundición noble para o Complexo de Soutomaior", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/08/2004, núm. de operación 200400055265, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PRODUCCIONES ARTÍSTICAS LITO, S.L. - A constituída en metálico, por importe de cincocentos dez euros con corenta céntimos (510,40 ¤), para responder do "Concerto do grupo Heredeiros da Crus no Concello de Mos", con motivo do Xacobeo 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 15/10/2004, núm. de operación 200400072917, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ALBINO GONZÁLEZ, S.L. (CONFECCIONES STORY) - A constituída en metálico, por importe de oitocentos setenta e oito euros con cincuenta e nove céntimos (878,59 ¤), para responder do "Subministro de diverso vestiario para brigadas e vixiantes de Vías e Obras", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/08/2004, núm. de operación 200400059057, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 5.12668.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 6.12669.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dada conta da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 273 20/04, promovidos por Dª Emilia Mª Chaves Piñeiro e Dª Mª Isabel González Chaves contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada PO-300, sentido Pontevedra, e na que se estima parcialmente o recurso, anulando, en consecuencia, o acordo desta Xunta de Goberno de 2 de xullo de 2004, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Proceder ó cumprimento da sentenza nos seus propios termos, cuxo fallo condena á Deputación a que aboe ás recorrentes a cantidade total de 1.625,99 €, desglosada do seguinte xeito: a D. Emilia Mª Chaves Piñeiro, a cantidade de 195,63 €, importe da reparación do ciclomotor, e a D. Mª Isabel González Chaves, a cantidade de 1.430,36 €, a que ascende a indemnización polos días de incapacidade como consecuencia do accidente, cantidades que serán actualizadas de acordo ó índice de prezos ó consumo desde o día do accidente, que tivo lugar o 19 de maio de 2003, ata o día 19 de xullo de 2004, máis os xuros legais desde a notificación da citada sentenza, isto é do 7 de decembro de 2004 ata a data do seu aboo, de conformidade co ordenado na mesma. Segundo.- Da referida cantidade, e en virtude da póliza subscrita coa aseguradora AXA AURORA IBÉRICA, S.A., a Deputación deberá facerse cargo do aboo a Dª Emilia Mª Chaves Piñeiro da cantidade de 195,63€, ó ser inferior á franquía de 601,01€ estipulada na devandita póliza de seguros, sendo de conta da referida aseguradora o aboo íntegro a Dª María Isabel González Chaves da cantidade de 1.430,36€, ó tratarse de indemnización por danos personais nos que non surte efectos a franquía, cantidades que serán actualizadas de acordo ó índice de prezos ó consumo desde a data do accidente, que tivo lugar o 19 de maio de 2003, ata o día 19 de xullo de 2004, máis os xuros legais desde o día 7 de decembro, data de notificación da sentenza, ata a data do seu aboo. Terceiro.- Dar traslado do presente acordo á entidade AXA AURORA IBÉRICA, S.A. e á Intervención, ós efectos do seu cumprimento, así como ó Xulgado do Contencioso nº 2 de Pontevedra e ás demandantes, para o seu coñecemento. Cuarto.- Comunicar á Intervención que o importe de 195,63 € que corresponde aboar a esta Deputación deberá transferirse á conta de consignacións que o Xulgado do Contencioso nº 2 de Pontevedra ten na entidade BANESTO, 0030, oficina 6085, baixo o número 3598.0000.85, facendo referencia ó número de autos, isto é, 0273/04, e con cargo á partida 04/511.511.210.00. Quinto.- Neste mesmo acto a Xunta de Goberno acorda que polos Servizos Xurídicos se solicite aclaración ó Servizo de Vías e Obras sobre o manifestado na sentenza (páx 7) sobre o contido do seu informe, no que se citaba como causa do accidente unha tapa da rede de sumidoiro, afirmación que foi desvirtudada pola testemuña dos axentes da Garda Civil de Tráfico, que acreditaron que a causa eficiente do accidente foi a existencia dunha focha na calzada, o que fixo inútil os esforzos alegatorios dos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral no momento da vista, e coa finalidade de evitar no futuro descoordinacións deste tipo. ------ Folla: 7.12670.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONSELLO DA CULTURA GALEGA, A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN CULTURAL CANÓN DE PAU Vista a proposta do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico relativa á sinatura dun convenio de colaboración co Consello da Cultura Galega e a Asociación Canón de Pau para promover e difundir o noso idioma e o dos escritores e autores que utilizan a lingua galega, correspondéndolle á Deputación de Pontevedra unicamente a publicación da obra premiada, sen que exista outro tipo de consignación económica, acórdase por unanimidade a aprobación deste convenio facultando ó presidente da Deputación para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO ENTRE O CONSELLO DA CULTURA GALEGA, A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN CULTURAL CANÓN DE PAU. REUNIDOS Dunha parte o Ilmo. Sr. D. Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello da Cultura Galega, investido das facultades que lle outorga a Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega, e o Decreto 237/2000, do 29 de novembro que aproba o seu regulamento. Doutra o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, presidente da Excma. Deputación de Pontevedra. E, doutra D. Antón Vidal Andión, presidente da Asociación Cultural Canón de Pau. As partes que interveñen actúan no exercicio dos seus propios cargos e coa representación que teñen, recoñecéndose reciprocamente a capacidade para obrigarse nos termos deste documento. EXPOÑEN 1. A devandita Asociación acordou honrar a figura de D. Antonio Fraguas Fraguas, ilustre cotobadense creando un premio de investigación que leva o seu nome. 2. O Consello da Cultura ten entre as súas competencias defender e promocionar os valores culturais do pobo galego, fins que comparte a Deputación de Pontevedra pero no seu ámbito territorial. O presente convenio ten por obxecto fixar as bases de colaboración entre as partes asinantes para a convocatoria dun premio de estudos etnográficos denominado Antonio Fraguas. Por todo iso, de acordo co principio de colaboración para o mellor servizo dos fins públicos que lle son propios, as institucións, que interveñen, aproban este convenio de colaboración, que se rexerá polas seguintes: CLÁUSULAS Primeira: O Consello da Cultura Galega contribuirá con 3.000,00 ¤, cantidade que corresponde á contía do premio. Segunda: A Asociación interesada será a encargada de convocar o premio que terá unha periodicidade bienal. Terceira: Correspóndelle á Deputación de Pontevedra publicar a obra premiada, que fará na súa imprenta, requiríndose para iso a aprobación previa do órgano de goberno competente da institución. Cuarta: Para adxudicar o premio ó que se refiere este convocatoria constituirase un xurado, recaendo a súa presidencia, alternativamente, no presidente do Consello da Cultura Galega e no da Deputación. Quinta: O pagamento da achega económica farase unha vez xustificados os gastos da convocatoria do premio. Sexta: As entidades asinantes constituirán unha Comisión de Seguimento, que estará formada por un representante de cada unha delas. Sétima: Serán funcións da Comisión: - Aprobar as bases polas que se rexerá o premio. - Aprobar a composición do xurado. A devandita Comisión reunirase por pedimento de calquera das partes e será competente para resolver e considerar as cuestións relacionadas co desenvolvemento do convenio. Oitava: Este convenio, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2005, terá un prazo de vixencia dun ano, agás que sexa denunciado por escrito por algunha das partes, cun mes de antelación polo menos. Este convenio poderá renovarse por anos naturais previo acordo expreso de ambas partes. Novena: O presente convenio terá carácter administrativo e os seus efectos rexeranse polo establecido nas súas cláusulas. Ó non previsto aplicaránselle os principios recollidos na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administración públicas, co fin de resolver as dúbidas e omisións que pudiesen presentarse. Este convenio entrará en vigor unha vez asinado. A xurisdición contencioso-administrativa será competente para dirimir as cuestións que puidesen xurdir da aplicación deste convenio. Ó estaren as partes conformes co estipulado, asínase por triplicado, en unidade de acto e a un só efecto, no lugar e na data mencionados. O presidente do Consello da O presidente da Asociación Cultura Galega Canón de Pau Asdo. Alfonso Zulueta de Haz Asdo. Antón Vidal Andión O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra Asdo. Rafael Louzán Abal ------ Folla: 8.12671.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O ILMO. CONCELLO DE PORTAS PARA A EXECUCIÓN DA OBRA "ENSANCHE E MELLORA SEGURIDADE VIAL EP 9407 GOULLA-PORRÁNS (PORTAS)" Sendo intención da Deputación Provincial e do Concello de Portas levar a cabo a execución da obra "Ensanche e mellora de seguridade vial EP 9407 Goulla-Porráns (Portas)" mediante un convenio de colaboración; e, vistos os informes emitidos polo Sr. Secretario Xeral Accidental e o Sr. Interventor, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó seguinte convenio: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O ILMO. CONCELLO DE PORTAS PARA A EXECUCIÓN DA OBRA "ENSANCHE E MELLORA SEGURIDADE VIAL EP 9407 GOULLA-PORRÁNS (PORTAS)" En Pontevedra, a de decembro de dous mil catro. Co fin de acometer as obras de "Ensanche e mellora de seguridade vial EP 9407 Goulla-Porráns (Portas)", preténdese a colaboración da Excma. Diputación Provincial de Pontevedra e o Ilmo. Concello de Portas, e en consecuencia, REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, en virtude das competencias que lle atribúe o art. 34.1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Doutra, o Sr. Alcalde-Presidente do Ilmo. Concello de Portas, D. Roberto Vázquez Souto, en virtude das facultades representativas que lle atribúe o art. 21. 1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. As dúas partes, na calidade en que cada unha delas interveñen, recoñécense recíprocamente capacidade legal para obrigarse e outorgar o presente convenio, con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- As obras a realizar mediante o presente convenio, teñen por obxecto a dotación de beirarrúas e saneamento na zona de Currás na EP 9407 Goulla-Porráns, cun presuposto de 180.303,83 euros. 2ª.- As obras financiaranse coa achega da Excma. Deputación Provincial, por importe de 168.283,59 euros, e do Ilmo. Concello de Portas, por importe de 12.020,24 euros. A achega do Ilmo. Concello de Portas será con cargo á subvención concedida no Programa de Acción Municipal 2004. A achega da Deputación Provincial será con cargo á partida 04/511.511-612.02 do vixente presuposto provincial. 3ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a asumir a contratación e execución da referida obra, correndo a súa dirección a cargo dun técnico provincial. 4ª.- O Ilmo. Concello de Portas comprométese polo presente convenio, a por a disposición da Excma. Deputación Provincial tódolos terreos necesarios para o normal desenvolvemento das obras e a obter a concesión de tódolos permisos e autorizacións que sexan precisos para a súa execución. 5ª.- Calquera reformado, modificado ou adicional que implique aumento sobre o presuposto inicial da obra, será asumido polo Concello de Portas. 6ª.- O presente convenio terá vixencia, a tódolos efectos legais, desde a data da súa subscrición ata o remate das obras. 7ª.- O presente convenio aprobouse pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial en sesión de .............., e por .......... do Concello de Portas en sesión de ........... E en proba de conformidade, asinan o presente convenio, no lugar e data arriba sinalados. O PRESIDENTE DA EXCMA. O ALCALDE-PRESIDENTE DO DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE ILMO. CONCELLO DE PORTAS PONTEVEDRA Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- Roberto Vázquez Souto ------ Folla: 9.12672.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O ILMO. CONCELLO DE RODEIRO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA "ENSANCHE BEIRARRÚAS, SERVIZOS E MELLORA CAPA DE RODADURA EP 6201 RODEIRO-RÍO (TRAMO URBANO)" Sendo intención da Deputación Provincial e do Concello de Rodeiro levar a cabo a execución da obra "Ensanche beirarrúas, servizos e mellora capa de rodadura EP 6201 Rodeiro-Río (tramo urbano)" mediante un convenio de colaboración; e, vistos os informes emitidos polo Sr. Secretario Xeral Accidental e o Sr. Interventor, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó seguinte convenio: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O ILMO. CONCELLO DE RODEIRO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA "ENSANCHE BEIRARRÚAS, SERVIZOS E MELLORA CAPA DE RODADURA EP 6201 RODEIRO-RÍO (TRAMO URBANO)" En Pontevedra, a de decembro de dous mil catro. Co fin de acometer as obras de "Ensanche beirarrúas, servizos e mellora capa de rodadura EP 6201 Rodeiro-Río (tramo urbano)", preténdese a colaboración da Excma. Diputación Provincial de Pontevedra e o Ilmo. Concello de Rodeiro, e en consecuencia, REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, en virtude das competencias que lle atribúe o art. 34.1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Doutra, o Sr. Alcalde-Presidente do Ilmo. Concello de Rodeiro, D. Eliseo Diéguez García, en virtude das facultades representativas que lle atribúe o art. 21. 1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. As dúas partes, na calidade en que cada unha delas interveñen, recoñécense recíprocamente capacidade legal para obrigarse e outorgar o presente convenio, con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- As obras a realizar mediante o presente convenio, teñen por obxecto o ensanche de beirarrúas, dotación de servizos e a mellora da capa de rodadura do tramo urbano EP 6201 Rodeiro-Río, cun presuposto de 326.064,19 euros. 2ª.- As obras financiaranse coa achega da Excma. Deputación Provincial, por importe de 206.064,20 euros, e do Ilmo. Concello de Rodeiro, por importe de 119.999,99 euros. A achega do Ilmo. Concello de Rodeiro será ingresada na Deputación Provincial previamente á adxudicación da obra. A achega da Deputación Provincial será con cargo á partida 04/511.511.612.02 do vixente presuposto provincial. 3ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a asumir a contratación e execución da referida obra, correndo a súa dirección a cargo dun técnico provincial. 4ª.- O Ilmo. Concello de Rodeiro comprométese polo presente convenio, a por a disposición da Excma. Deputación Provincial tódolos terreos necesarios para o normal desenvolvemento das obras e a obter a concesión de tódolos permisos e autorizacións que sexan precisos para a súa execución. Unha vez recepcionada a obra o mantemento das beirarrúas e servizos correrá a cargo do Concello. 5ª.- Calquera reformado, modificado ou adicional que implique aumento sobre o presuposto inicial da obra, será asumido polo Concello de Rodeiro. 6ª.- O presente convenio terá vixencia, a tódolos efectos legais, desde a data da súa subscrición ata o remate das obras. 7ª.- O presente convenio aprobouse pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial en sesión de .............., e por ........ do Concello de Rodeiro en sesión de ........... E en proba de conformidade, asinan o presente convenio, no lugar e data arriba sinalados. O PRESIDENTE DA EXCMA. O ALCALDE-PRESIDENTE DO DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE ILMO. CONCELLO DE RODEIRO PONTEVEDRA Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- Eliseo Diéguez García ------ Folla: 10.12673.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA PARA O "ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DA CAPELA DE SANTA MARTA", DENTRO DAS ACTUACIÓNS PARA A RECUPERACIÓN E REXENERACIÓN DO ESPACIO NATURAL DE PONTEARNELAS Como consecuencia do concurso de ideas convocado no seu día para a recuperación e rexeneración do espacio natural de Pontearnelas prevíronse diversas actuacións entre as que se atopa o acondicionamento do entorno da Capela de Santa Marta, e subscribíndose o pasado día 7 dos correntes un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Vilanova de Arousa para a realización de dita actuación, acórdase por unanimidade ratificar o referido convenio. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA PARA O ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DA CAPELA DE SANTA MARTA, DENTRO DAS ACTUACIÓNS PARA A RECUPERACIÓN E REXENERACIÓN DO ESPACIO NATURAL DE PONTEARNELAS Na Casa de Cultura de Tremoedo, Concello de Vilanova de Arousa a sete de decembro de 2004. REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local. D. Gonzalo Durán Hermida, Alcalde-Presidente do Ilmo. Concello de Vilanova de Arousa, en virtude do nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o art. 21.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra, por acordo da Xunta de Goberno do 10 de outubro de 2003, convocou un concurso de ideas para levar a cabo a rexeneración e recuperación do espacio natural de Pontearnelas que ten como obxectivo fundamental a rexeneración das ribeiras do río Umia nesa zona, atendendo ás características xeográficas e procedendo, así mesmo, á recuperación e restauración dos elementos arquitectónicos de interese existentes na zona, entre eles a denominada Ponte dos Padriños e a Capela de Santa Marta, así como o aproveitamento das marxes do río. II.- O xurado designado para estudar os distintos traballos presentados ó concurso efectuou a selección do considerado máis idóneo para os fins que se perseguen ó ser o traballo máis completo, detallado e profundo de tódolos que concursaron, o que se presentou baixo o lema "El sendero del agua" do que son autores os arquitectos Dona. Isabel Aguirre de Urcola e D. Celestino García Braña, a quen de conformidade co previsto nas bases, se lles encargou a realización dos proxectos básicos e de execución das actuacións a realizar en distintas fases. III.- Os Convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O presente convenio ten por obxecto a realización das obras de acondicionamento do entorno da Capela de Santa Marta, dentro do conxunto de actuacións previstas para a recuperación e rexeneración do espacio natural de Pontearnelas, en base ó proxecto redactado polos arquitectos Dona. Isabel Aguirre de Urcola e D. Celestino García Braña por un importe de 69.264,00 euros. Segunda.- A actuación pretende dignificar o entorno da Capela considerada elemento fundamental na historia do núcleo e especialmente vinculada ás festas patronais, recuperando o uso peatonal do seu entorno. Para elo plantéxanse as seguintes actuacións: - Ordenar os accesos ás parcelas perimetrais, así como o acceso á Capela. - Dotar o entorno de mobiliario urbano. - Eliminación do cableado aéreo. - Protección do tráfico, etc. Terceira.- As obras serán executadas pola Deputación de Pontevedra, ben directamente ou a través dos correspondentes procedementos de contratación, que serán financiadas con cargo á partida 04/911.911.662.00 do vixente presuposto ordinario. Unha vez realizadas as mesmas procederase a súa entrega ó Concello de Vilanova de Arousa. Cuarta.- O Concello obrígase a por a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra os terreos necesarios para poder levar a cabo a execucion das obras relacionadas na cláusula primeira, así como outorgar a correspondente licencia municipal e tramitar perante outros Organismos as autorizacións pertinentes se foran precisas. Quinta.- Unha vez recibidas ditas obras polo Concello de Vilanova de Arousa, este, na súa calidade de titular último, comprométese a adopta-las medidas oportunas para a vixiancia e conservación das mesmas, de modo que estas se atopen en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. Sexta.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclara-las dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha comisión de coordinación da que forman parte os Presidentes das respectivas corporacións, ou persoas en quen deleguen e por un técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días a contar desde a petición expresa realizada por calquera delas na Sede do organismo requerido. A resolución de posibles controversias que puideran suscita-lo incumprimento ou interpretación do convenio serán resoltas, a falta de entendemento na citada comisión, dado o carácter administrativo do convenio, pola xurisdición contencioso-administrativa. Sétima.- O presente convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005, podendo prorrogarse sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas. Serán causas de Resolución: a) O Remate do prazo, con denuncia das partes, e b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por cuadriplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Polo Concello de Vilanova de Arousa Pola Deputación Provincial de Pontevedra D. Gonzalo Durán Hermida D. Rafael Louzán Abal ------ Folla: 11.12674.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE RIBADUMIA PARA O "ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DA PONTE MEDIEVAL", DENTRO DAS ACTUACIÓNS PARA A RECUPERACIÓN E REXENERACIÓN DO ESPACIO NATURAL DE PONTEARNELAS Como consecuencia do concurso de ideas convocado no seu día para a recuperación e rexeneración do espacio natural de Pontearnelas prevíronse diversas actuacións entre as que se atopa o acondicionamento do entorno da Ponte Medieval, e subscribíndose o pasado día 7 dos correntes un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Ribadumia para a execución de dita actuación, acórdase por unanimidade ratificar o referido convenio. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE RIBADUMIA PARA O ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DA PONTE MEDIEVAL, DENTRO DAS ACTUACIÓNS PARA A RECUPERACIÓN E REXENERACIÓN DO ESPACIO NATURAL DE PONTEARNELAS. En Vilanova de Arousa, na Casa de Cultura de Tremoedo a sete de decembro de 2004. REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Dona Salomé Peña Muñiz, Alcaldesa-Presidenta do Ilmo. Concello de Ribadumia, en virtude do nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o art. 21.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra, por acordo da Xunta de Goberno do 10 de outubro de 2003, convocou un concurso de ideas para levar a cabo a rexeneración e recuperación do espacio natural de Pontearnelas que ten como obxectivo fundamental a rexeneración das ribeiras do río Umia nesa zona, atendendo ás características xeográficas e procedendo, así mesmo, á recuperación e restauración dos elementos arquitectónicos de interese existentes na zona, entre eles a denominada Ponte dos Padriños e a Capela de Santa Marta, así como o aproveitamento das marxes do río. II.- O xurado designado para estudiar os distintos traballos presentados ó concurso efectuou a selección do considerado máis idóneo para os fins que se perseguen ó ser o traballo máis completo, detallado e profundo de tódolos que concursaron, o que se presentou baixo o lema "El sendero del agua" do que son autores os arquitectos Dona. Isabel Aguirre de Urcola e D. Celestino García Braña, a quen de conformidade co previsto nas bases, se lles encargou a realización dos proxectos básicos e de execución das actuacións a realizar en distintas fases. III.- Os Convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O presente convenio ten por obxecto a realización das obras de acondicionamento do entorno da Ponte Medieval de orixe romano situada no núcleo de Pontearnelas, dentro do conxunto de actuacións previstas para a recuperación e rexeneración deste espacio natural, en base ó proxecto redactado polos arquitectos Dona. Isabel Aguirre de Urcola e D. Celestino García Braña por un importe de 94.881,79 euros. Segunda.- A actuación pretende o acondicionamento do entorno da Ponte no seu lado sur, onde se atopan dúas pezas singulares acopladas sobre a balaustrada que enmarca o seu comezo, un cruceiro e unha gran estela labrada que conmemora a súa reconstrución por Felipe II en 1589. A actuación realizase pola zona sur en tanto non se poida actuar sobre a mesma Ponte, ata que a construción dunha nova variante permita a desviación do tráfico. As actuacións realízanse en tres zonas, arranque da Ponte, tramo da estrada e borde do muíño e do río. Terceira.- As obras serán executadas pola Deputación de Pontevedra, ben directamente ou a través dos correspondentes procedementos de contratación, que serán financiadas con cargo á partida 04/911.911.662.00 do vixente presuposto ordinario. Unha vez realizadas as mesmas procederase a súa entrega ó Concello de Ribadumia. Cuarta.- O Concello obrígase a por a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como outorgar a correspondente licencia municipal e tramitar perante outros Organismos as autorizacións pertinentes se foran precisas. Quinta.- Unha vez recibidas ditas obras polo Concello de Ribadumia, este, na súa calidade de titular último, comprométese a adopta-las medidas oportunas para a vixiancia e conservación das mesmas, de modo que estas se atopen en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. Sexta.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclara-las dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha comisión de coordinación da que forman parte os Presidentes das respectivas corporacións, ou persoas en quen deleguen e por un técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días a contar desde a petición expresa realizada por calquera delas na Sede do organismo requerido. A resolución de posibles controversias que puideran suscita-lo incumprimento ou interpretación do convenio serán resoltas, a falta de entendemento na citada comisión, dado o carácter administrativo do convenio, pola xurisdición contencioso-administrativa. Sétima.- O presente convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005, podendo prorrogarse sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas. Serán causas de Resolución: a) O Remate do prazo, con denuncia das partes, e b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por cuadriplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Polo Concello de Ribadumia Pola Deputación Provincial de Pontevedra D. Salomé Peña Muñiz D. Rafael Louzán Abal. ------ Folla: 12.12675.- APROBACIÓN DE PROXECTOS Vistos os proxectos que máis adiante se detallan; e emitidos por Intervención documentos RC nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible nas partidas 04/911.911.662.00, 04/123.452.622.01 e 04/422.422.622.03 do vixente presuposto provincial, acórdase por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxctos: 1.- "Proxecto de execución de Actuación no entorno da Capela de Santa Marta (Vilanova)", por importe de 69.264,00 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 04/911.911.662.00. 2.- "Proxecto de execución de Actuación no entorno do río Umia e do muíño da ponte (Ribadumia)", por importe de 94.881,79 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 04/911.911.662.00. 3.- Presuposto técnico de "Liquidación de Pavillón Polideportivo Municipal en Sisán (Ribadumia)", por importe de 41.700,52 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 04/123.452.622.01. 4.- Presuposto técnico de "Obras complementarias de ampliación de edificio multiusos na Cidade Infantil Príncipe Felipe", por importe de 40.687,29 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 04/422.422.622.03. ------ Folla: 13.12676.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DAS ASISTENCIAS TÉCNICAS PARA A REDACCIÓN DOS PROXECTOS DE OBRA CIVIL PARA INSTALACIÓN DE CADA UNHA DAS PLANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS, INCLUÍDAS NO "PROYECTO DEPUTRANS", ASÍ COMO A ELABORACIÓN DE FICHAS DE CARACTERIZACIÓN DOS NÚCLEOS DE ACTUACIÓN Acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, das asistencias técnicas para a redacción de proxectos de obra civil para a instalación de cada unha das plantas depuradoras incluídas no "Proyecto Deputrans", cun prezo global de licitación de 131.200,00 euros, IVE incluído. O número total de proxectos é de 35, establecéndose 4 zonas de actuación debido á dispersión dos núcleos e a limitación dos prazos para a súa execución. O concurso comprende, así mesmo, a elaboración das fichas de caracterización dos núcleos de actuación e a dirección das obras correspondentes a cada unha das depuradoras. Apróbanse os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán o concurso e autorízase o gasto de 131.200,00 euros, IVE incluído. ------ Folla: 14.12677.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición