ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/05/13_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/2.2005-05-13_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/05/13_Ordinaria

  • Data(s) 2005-05-13 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día trece de maio do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Xosé Crespo Iglesias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13020.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 6 de maio de 2005. ------ Folla: 2.13021.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: INTERNATIONAL BUSINESS MACHINES, S.A. (IBM) - A constituída en metálico, por importe de cincocentos oitenta e tres euros con noventa céntimos (583,90), para responder do contrato de mantemento do ordenador AS/400 instalado nesta Deputación Provincial, ano 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 08-07-2004, núm. de operación 200400050148, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PUBLICIDAD GALICIA, S.L. - A constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de cincocentos trinta e oito euros con cinco céntimos (538,05), para responder do contrato da campaña publicitaria para conmemorar o Día da Muller Traballadora, 2004, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 02-06-2004, núm. de operación 200400038625, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. IBINCO, IBÉRICA DE INGENIERÍA Y CONTROL, S.L. - A constituída en metálico, por importe de cincocentos cincuenta e seis euros con trinta e catro céntimos (556,34), para responder do cálculo de estructuras e instalacións para a redacción do proxecto e rehabilitación do edificio para Arquivo Provincial, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 11-12-2003, núm. de operación 200300091782, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 3.13022.- APROBACIÓN DO ORZAMENTO DE CAMBIO DE UNIDADES EN "EP 9407 GOULLA-PORRANS (MEIS-PORTAS-BARRO)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 10-04-2005, polo que se adxudicou a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra "EP 9407 Goulla-Porráns (Meis-Portas-Barro)" na suma de 281.270,56 ¤, IVE incluído, tendo a obra un presuposto de 309.088,53 ¤; e, visto o presuposto de cambio de unidades de dita obra, cuxo importe ascende á suma de 309.088,53 ¤, redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de que realizado o replanteo da obra e vistas as necesidades reais da mesma, así como as demandas de veciños e concello, plantéase recoller pequenas modificacións sen variar o presuposto inicial da obra, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó presuposto de Cambio de Unidades en "EP 9407 Goulla-Porráns (Meis-Portas-Barro)" por importe de 309.088,53 ¤, IVE incluído, toda vez que non se varía o presuposto inicial da obra e mantendo o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de Construcións, Obras e Viais, S.A." ------ Folla: 4.13023.- APROBACIÓN DO ORZAMENTO DE CAMBIO DE UNIDADES EN "EP C-550-IGREXA DE VILALONGA (SANXENXO)" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 18-01-2001, polo que se adxudicou a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra "EP C-550-Igrexa de Vilalonga (Sanxenxo)" na suma de 33.150.000 pesetas (199.235,51 ¤), IVE incluído, tendo a obra un presuposto de 35.000.000 pesetas (210.354,24 ¤); e, visto o presuposto de cambio de unidades de dita obra, cuxo importe ascende á suma de 210.354,24 ¤, redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de que realizado o replanteo da obra prodúcense unha serie de pequenas modificacións co fin de adaptar as distintas unidades de obra ás que realmente se executaran sen variar o presuposto inicial da obra, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó presuposto de Cambio de Unidades en "EP C-550-Igrexa de Vilalonga (Sanxenxo)" por importe de 210.354,24 ¤, IVE incluído, toda vez que non se varía o presuposto inicial da obra e mantendo o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de Construcións, Obras e Viais, S.A." ------ Folla: 5.13024.- APROBACIÓN DO ORZAMENTO DE CAMBIO DE UNIDADES EN "EP 7007 COUSO-SAN MIGUEL DE BARCALA (A ESTRADA) Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 10-04-2005, polo que se adxudicou a [COVSA] Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra "EP 7007 Couso-San Miguel de Barcala (A Estrada)" na suma de 375.147,78 €, IVE incluído, tendo a obra un presuposto de 428.740,32 €; e, visto o presuposto de cambio de unidades de dita obra, cuxo importe ascende á suma de 428.740,32 ¤, redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de que realizado o replanteo da obra e unha vez iniciados os traballos, prodúcense unha serie de pequenas modificacións sen variar o presuposto inicial da obra, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó presuposto de Cambio de Unidades en "EP 7007 Couso-San Miguel de Barcala (A Estrada)" por importe de 428.740,32 €, IVE incluído, toda vez que non se varía o presuposto inicial da obra e mantendo o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de Construcións, Obras e Viais, S.A." ------ Folla: 6.13025.- RECOÑECEMENTO DE SERVIZOS De conformidade co disposto na Lei 70/78, de 26 de decembro, de Recoñecemento de servicios previos na Administración Pública e Real Decreto 1461/82, de 25 de xuño, polo que se dictan normas de aplicación da Lei 70/78, de 26 de decembro, acórdase por unanimidade recoñecer ó funcionario D. José Alfonso Lugo Iglesias, 1 ano, 5 meses e 20 días de servizos prestados nesta Excma. Deputación Provincial como Peón Camiñeiro, contratado laboral, no Servizo de Vías e Obras, Grupo E, do 14-07-03 ó 31-12-04 con efectos 01-05-05, retrotraendo a súa antigüidade ó 14-07-03. ------ Folla: 7.13026.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JOSÉ ROSALES PIÑEIRO E DONA ELVIRA ROSALES FRANCO POR DANOS EN PARCELAS DA SÚA PROPIEDADE NO LUGAR DE POUSADA, PARROQUIA DE CELA, TERMO MUNICIPAL DE BUEU Resultando que con data 17 de febreiro de 2005 ten entrada nesta Deputación, Servizo de Vías e Obras, instancia asinada por Don José Rosales Piñeiro e Dona Elvira Rosales Franco, veciños de Bueu, na que manifestan a invasión de tres parcelas de monte coñecido por Miranda, no lugar de Pousada para obras de apertura de explanación do camiño. Resultando que con data 14 de marzo de 2005 remítese escrito pola Presidencia ó Parque de Maquinaria, dando traslado da referida instancia. Resultando que con data 30 de marzo de 2004 emítese informe polo responsable do Parque de Maquinaria no que manifesta que dito Centro colaborou co Concello de Bueu no acondicionamento do camiño, segundo o establecido en documento que se acompaña de data 3 de febreiro de 2005 asinado pola Sra. Alcaldesa de Bueu, polo que entende que dita reclamación debe dirixirse ó Concello de Bueu. Resultando que no citado documento asinado pola Sra. Alcaldesa de Bueu solicítase a esta Deputación a concesión de axuda con maquinaria para ampliación-explanación do camiño para facilitar acceso e unión da zona de Torre/Pousada, facéndose responsable o Concello dos traballos a realizar polo que respecta á ocupación de terreos particulares e á reposición de bens afectados, entre outros. Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no posible evento lesivo, por canto do informe do responsable do Parque de Maquinaria así como do documento anexo dedúcese claramente que a Deputación o único que fixo foi colaborar co Concello de Bueu con maquinaria, facéndose cargo expresamente o mesmo dos posibles prexuízos que se causaran. Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 8.13027.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 9.13028.- RECOÑECEMENTO ESTRAXUDICIAL DA FACTURA CORRESPONDENTE A GASTOS ORIXINADOS POLO PROXECTO INTERREG III-A "VÍAS ATLÁNTICAS" Dada conta da factura VAT01/2005 de data 14-01-05 por importe de 8.352,00 euros (IVE incluído) emitida pola empresa Ayuntanet Asesores Locales S.L. relativa ó servizo de asistencia técnica para a elaboración, preparación e presentación do Proxecto Interreg III-A "Vías Atlánticas". Visto o informe que formula o Servizo de Intervención de data 22 de abril do ano actual para o recoñecemento extraxudicial da obriga do gasto efectuado correspondente á citada factura, e o informe da Xefa do Servizo de Acción Social xustificativo para a realización do pago da mesma (ó cal xúntanse copias dos certificados da Administración Tributaria solicitados), en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do Presuposto de 2005, acórdase por unanimidade aprobar e declarar de aboo: A factura VAT01/2005 de data 14-01-05, por importe de 8.352,00 euros (IVE incluído) emitida pola empresa Ayuntanet Asesores Locales, S.L., relativa ó servizo de asistencia técnica para elaboración, preparación e presentación do Proxecto Interreg III-A "Vías Atlánticas". ------ Folla: 10.13029.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA Vistos os proxectos redactados polo Servizo de Arquitectura, que mais adiante se detallan, e, vistos os documentos RC, emitidos por Intervención, nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible nas partidas 05/123.463.622.00 e 05/711.442.662.04, acórdase por unanimidade aprobar os seguintes proxectos: 1.- "Proxecto reformado do Centro Social e Deportivo da Comunidade de Montes de Berducido-Xeve (Pontevedra)" por importe de 88.997,51 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 05/123.463.622.00. 2.- "Acondicionamento e melloras en Mirador de Cotoredondo (Vilaboa)" por importe de 109.742,25 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 05/711.442.662.04. ------ Folla: 11.13030.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE 6.000 TM DE MESTURA BITUMINOSA EN QUENTE DE COMPOSICIÓN DENSA TIPO D-12 Visto o expediente tramitado a instancia do Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, para a contratación do subministro de 6.000 Tm de mestura bituminosa en quente de composición densa tipo D-12, con árido granítico, estendido e compactado, incluído rego de adherencia 1 kg/m2 de ECR-1 de 98% de ensaio Masball, cun custo estimado de 246.000,00 ¤, a razón dun prezo máximo de 41,00 euros/Tm. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental de data 12 de maio de 2005 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación de dito subministro e vistos así mesmo, o documento RC de data 12-05-2005, polo que se certifica a existencia de crédito na partida 05/511.511.210.00 por importe de 246.000,00 euros e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 12 de maio de 2005. Acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para adxudicación mediante concurso, procedemento aberto, do subministro de 6.000 Tm de mestura bituminosa en quente de composición densa tipo D-12, con árido granítico, estendido e compactado, incluído rego de adherencia 1 kg/m2 de ECR-1 de 98% de ensaio Masball, por importe de 246.000,00 euros, IVE incluído, a razón un prezo unitario máximo de 41,00 euros/Tm, IVE incluído. 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso. 3.- Autorizar o gasto por importe máximo de 246.000,00 euros, con cargo á partida 05/511.511.210.00. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE 6.000 TM DE MESTURA BITUMINOSA EN QUENTE DE COMPOSICIÓN DENSA TIPO D-12 1.- OBXECTO.- O subministro de ata un máximo de 6.000 Tm de mestura bituminosa en quente de composición densa tipo D-12, con árido granítico, estendido e compactado, incluído rego de adherencia 1kg/m2 de ECR-1 de 98% de ensaio Masball, de conformidade coas prescricións técnicas que figuran na proposta do Sr. Xefe do Parque de Maquinaria de data 11 de maio de 2005 que se une como anexo a este prego. Esta cantidade poderá ser ampliada sempre que exista consignación no vixente Presuposto e informe favorable de Intervención, previa autorización do Órgano de Contratación, mantendo o prezo de adxudicación por concurso. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/511.511.210.00. do vixente Presuposto provincial para 2005. 3.- PAGO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado o subministro e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- CUMPRIMENTO DO CONTRATO.- O subministro efectuarase durante o ano 2005 segundo as necesidades de cada momento en calquera punto da provincia e nun prazo non superior ás 24 horas. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 190.1 do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto do contrato que servirá de base á adxudicación fíxase na cantidade máxima douscentos corenta e seis mil euros (246.000,00), IVE incluído, polo subministro de 6.000 Tm. de mestura bituminosa en quente de composición densa tipo D-12, con árido granítico, extendido e compactado, incluído rego de adherencia 1kg/m2 de ECR-1 de 98% de ensaio Masball, a razón dun prezo máximo de 41,00 euros/Tm. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 desta norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único. Estas empresas deberán ter por obxecto realizaren actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Constituirase por importe do 2% do presuposto total de licitación. Poderá constituírse en calquera das formas que contempla o artigo 35 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva será ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 9.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. a) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego no que se incluirán e detallarán todos os aspectos relativos ós criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE 6.000 TM DE MESTURA BITUMINOSA EN QUENTE DE COMPOSICION DENSA TIPO D-12 Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE 6.000 TM DE MESTURA BITUMINOSA EN QUENTE DE COMPOSICION DENSA TIPO D-12 Este sobre conterá a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso, os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha de elas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a autoridade xudicial, administrativa, notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Descrición do equipo técnico e unidades técnicas participantes no contrato, estean ou non integradas directamente na empresa do contratista, especialmente dos responsables do control de calidade. e) Declaración que indique o termo medio anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os últimos tres anos. f) Declaración de material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 10 .- MESA DE CONTRATACIÓN Estará composta por : PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario xeral da Corporación. O interventor da Corporación. O xefe xeral do Parque de Maquinaria. SECRETARIO: O xefe de Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en sábado se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o informe preceptivo. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Número de plantas de mestura asfáltica en quente dispoñibles, situación xeográfica, capacidade de subministro (Tm/h) no día para servir á Deputación e descrición da maquinaria a utilizar, ata 4 puntos. 2) Menor prezo ofertado, ata 2 puntos. 3) Melloras que se poidan ofertar, ata 2 puntos. 13.- ADXUDICACIÓN Unha vez que o órgano de contratación reciba a proposta da Mesa de Contratación e elaborados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación notificaráselles ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; este documento é título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 15.- GASTOS POR CONTA DO ADXUDICATARIO Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outro que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de seiscentos (600,00) euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia de perdidas, avarías ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto de entrega, salvo que a Administración houbera incorrido en mora ó recibilos. 17.- PRAZO DE GARANTÍA Establécese como prazo de garantía o de un ano. 18.- REVISIÓN DE PREZOS Non procede. 19.- RESOLUCIÓN DEL CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 20.- RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l.- 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 21.- XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora desta xurisdición. 19.- MODELO DE PROPOSICIÓN D. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., maior de idade, veciño de. . . . . . . . . . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . . . . . . . . ., titular do DNI núm . . . . . . . . . . . . . , expedido na data . . . . . . . . . . . . . . , actuando en nome propio ou en representación de . . . . . . . . . .. . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . . . . . . . ., teléfono . . . .. . . . . . . segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato de "Subministro de ata un máximo de 6.000 Tm de mestura bituminosa en quente de composición densa tipo D-12", comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo co seguinte detalle: q Polo prezo total de .............. euros, IVE incluído, a razón de .......... euros/Tm. q Número de plantas de mestura asfáltica en quente dispoñibles, situación xeográfica, capacidade de subministro (Tm/h) no día para servir á Deputación e descrición da maquinaria a utilizar (relacionar as mesmas). q Melloras ofertadas (relacionar as mesmas). (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 12.13031.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA INTEGRAL Ó PROXECTO CIDADE + Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 18 de marzo de 2005, aprobouse o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da consultoría e asistencia técnica integral ó Proxecto Cidade+, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP número 63 e no DOG número 62, de datas 4 e 1 de abril de 2005, respectivamente. Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 22 de abril de 2005, deuse traslado ós Servizos Técnicos para o seu informe. Visto o informe emitido pola Directora Xerente da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" e a proposta da Mesa de Contratación, de data 11 de maio do ano en curso, acórdase por unanimidade: - Adxudicar á empresa, ESTRATEGIA Y ORGANIZACIÓN, S.A. (EOSA), CIF A-36.196.418, o concurso correspondente á contratación da consultoría e asistencia técnica integral ó Proxecto Cidade+, pola cantidade de sesenta e seis mil cincuenta euros (66.050,00 euros), IVE incluído. O pago do servizo efectuarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida, 05/422.323.227.02, do vixente Presuposto provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 2.642,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 69,18 euros e 189,05 euros (258,23 euros), por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 13.13032.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL, A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DO PORRIÑO PARA A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO CONTRAINCENDIOS E DE SALVAMENTO, E DE EQUIPAMENTO PARA O CONSORCIO COMARCAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA Visto que a Deputación de Pontevedra participa no Proxecto COFROEM encadrado dentro do programa INTERREG III-A, financiado pola Unión Europea para o fomento e optimización dos servizos de emerxencia e de salvamento, co obxectivo de implantar estes servizos nas zonas transfronterizas de Galicia e Norte de Portugal, e sendo a dotación financeira asignada a este proxecto europeo insuficiente para acometer a totalidade das actuacións necesarias preténdese subscribir un convenio de colaboración entre diferentes entidades. E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario Accidental e Intervención, de datas 10 e 12 de maio do ano en curso, respectivamente. Acórdase por unanimidade aprobar o CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL, A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DO PORRIÑO PARA A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO CONTRAINCENDIOS E DE SALVAMENTO, E DE EQUIPAMENTO PARA O CONSORCIO COMARCAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA. Así mesmo, facultase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL, DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DO PORRIÑO PARA A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO CONTRAINCENDIOS E DE SALVAMENTO E DE EQUIPAMENTO PARA O CONSORCIO COMARCAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO DE LAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA En Santiago, a………………….. de 2005 REUNIDOS O Excmo. Sr. D. Xesús Carlos Palmou Lorenzo, Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, O Excmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, O Sr. D. Raúl Francés Rodríguez, Alcalde-Presidente do concello de O Porriño. EXPOÑEN PRIMEIRO.- Que as partes recoñécense plena capacidade para levar a cabo o presente convenio. SEGUNDO.- Que a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, establece que os municipios, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, entre as que se atopan a seguridade en lugares públicos e a protección civil e extinción de incendios, poderán promover toda clase de actividades e prestar tódolos servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños. Desde esa perspectiva, a protección civil e a extinción de incendios teñen que considerarse como un servizo público organizado de forma coordinada polas distintas Administracións con competencias nesa materia. TERCEIRO.- Que o Decreto 226/2003, de 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, modificado por Decreto 16/2004, do 15 de xaneiro, encoméndalle á Dirección Xeral de Administración local a planificación e coordinación dos plans e programas dos servizos contra incendios e salvamento local, sen prexuízo das competencias que lles correspondan á Dirección Xeral de Interior e Protección Civil no relativo á función operativa da protección civil, así como das atribuídas por Lei ás Administracións Locais. Deste xeito, entre as competencias que no relativo ás relacións coas entidades locais galegas corresponden a Xunta de Galicia, de conformidade cos artigos 194 e 195 da Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administración Local de Galicia, está a de colaboración e cooperación económica e poderase levar a cabo mediante a subscrición de convenios. CUARTO.- Que, de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 7/85 de 2 de abril, o artigo 109 da Lei 5/97 de 22 de xullo, e o artigo 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, as Deputacións Provinciais teñen atribuídas as competencias de cooperación e asistencia ós concellos, garantindo a prestación integral e adecuada dos servizos que estes teñen encomendados pola Lei, especialmente naqueles con menor capacidade económica e de xestión; entre estes servizos atópanse a seguridade en lugares públicos e actuación en servizos de emerxencia que pola súa propia natureza e complexidade demandan, para a súa axeitada prestación por parte dos concellos unha especial colaboración das Administracións encargadas da cooperación e asistencia dos mesmos. Neste marco se incardinan as actuacións encamiñadas a asegurar a posta ó servizo ós cidadáns dos medios axeitados para dispoñer de servizos contra incendios e de salvamento, co fin de garantir a súa integridade física e preservar o seu patrimonio e bens. QUINTO.- Que, o proxecto europeo COFROEM / SPI.E42 (Fomento y Optimización de Recursos Materiales y de Formación de los Servicios de Emergencia y de Salvamento) ten como obxectivo implantar este servizo en zonas transfronteirizas de Galicia-Norte de Portugal, sendo o parque das comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña un dos parques de bombeiros que se van a implantar en base a este proxecto, encadrado dentro do programa INTERREG III A. Por outra banda, dado que a dotación financeira asignada a este proxecto europeo resulta insuficiente para acometer a totalidade das actuacións necesarias para a construción e equipamento dun parque comarcal contra incendios e de salvamento, faise necesario adquirir, ó marxe do proxecto de INTERREG, un vehículo contraincendios e diverso equipamento para o Parque comarcal contraincendios das comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña, de xeito que poida cumprir os obxectivos para que o servizo foi concibido. Por todo isto, e a fin de establecer as condicións de colaboración necesarias e acadar o fin proposto, a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, a Deputación de Pontevedra e o concello do Porriño acordan subscribir o presente convenio de execución segundo as seguintes condicións: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Considerando o servizo de extinción de incendios e de salvamento como un servizo básico e esencial para os cidadáns, independentemente do lugar en que teñan a súa residencia, e entendendo que a súa potenciación no ámbito concreto ó que se refire o presente convenio favorecería o cumprimento dos obxectivos que no mesmo se reflicten, proponse a sinatura dun convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e concello do Porriño para a adquisición dun vehículo contra incendios e equipamento para o Parque Comarcal Contraincendios das Comarcas Do Baixo Miño, Condado e Louriña. SEGUNDA.- As actuacións que se levarán a cabo consistirán na adquisición dun camión vehículo contraincendios, así como equipamento para o servizo de intervención do consorcio creado ó efecto; todo isto, de acordo coas características técnicas que se determinen nos correspondentes pregos de prescricións técnicas que sirvan de base ás licitacións necesarias para acometer as actuacións que se recollen no presente convenio. Os importes máximos destas actuacións serán os seguintes: ü Adquisición dun vehículo nodriza: Importe 192.000,00 ¤ ü Adquisición de equipamento: Importe 76.666,67 ¤ TERCEIRA.- O financiamento das actuacións sinaladas na cláusula anterior realizaranse polas Administracións asinantes, de acordo coas ratios de participacións seguintes e os importes máximos que se indican a continuación: Xunta de Galicia................40%............................ 107.466,67¤. Deputación Provincial.......40%............................ 107.466,67¤. Concellos..........................20%........................... 53.733,33¤. CUARTA.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local cooperará na execución das actuacións que se sinalan na cláusula primeira, mediante a achega a favor da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, das cantidades sinaladas, de acordo co correspondente ó 40% dos custos das actuacións, que en ningún caso será superior a cento sete mil catrocentos sesenta e seis euros, con sesenta e sete céntimos (107.466,67¤.) que se farán efectivos, no seu día, con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.760.3, programa 123A, dos vixentes presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Unha vez recepcionados os subministros obxecto deste convenio, a Deputación, deberá remitir actas de recepción e facturas dos mesmos. O libramento da achega da Xunta de Galicia farase previa remisión pola Deputación de Pontevedra dos xustificantes dos investimentos (facturas e actas de recepción), de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Réxime financeiro e orzamentario de Galicia. QUINTA.- O concello do Porriño aportará a cantidade correspondente ao 20% dos custos das actuacións, de acordo coas ratios e os importes máximos que se indican a continuación: Concello do Porriño................ 20% ................... 53.733,33 ¤. O libramento da achega do concello, a favor da Deputación, efectuarase unha vez sexa asinado o convenio. SEXTA.- Caso de producirse xuros de demora, por retrasos nas achegas nas que viñera obrigada algunha das Administracións asinantes do presente convenio, estes deberán ser asumidos pola Administración que os tivera provocado. No suposto de producirse baixas de licitación, as cantidades que resulten sobrantes serán devoltas ás distintas Administracións asinantes en proporción ás achegas efectuadas por cada unha delas. SÉTIMA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra levará a cabo a execución material dos trámites necesarios para a licitación da actuacións obxecto deste convenio; así mesmo, realizará tódalas xestións que, no desenvolvemento do proceso de adxudicación sexan procedentes, axustándose ás prescricións contidas na lexislación sobre contratación administrativa das entidades locais, a normativa referente ós fondos Feder, así como no financiamento do 40% das actuacións, achegando un máximo de cento sete mil catrocentos sesenta e seis euros, con sesenta e sete céntimos (107.466,67 ¤) En tódolos trámites, publicacións e actuacións realizadas, farase constar expresamente que estas actuacións contan coa cofinanciación de fondos europeos-FEDER, co obxecto de dar cumprimento ó sinalado no Regulamento (C) nº 1159/2000 da Comisión, sobre actividades de información e publicidade. OITAVA.- Para o seguimento e coordinación das accións previstas no presente CONVENIO, así como da resolución das controversias que poidan xurdir na interpretación das cláusulas previstas no mesmo, créase unha Comisión Mixta que estará integrada polos seguintes membros: -Pola Xunta de Galicia: O Ilmo Sr Director Xeral de Administración Local - Pola Excma Deputación Provincial de Pontevedra: O Sr. Secretario da Deputación - Polo Concello: Un representante do concello do Porriño. NOVENA.- O presente Convenio estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro do ano 2005, prorrogándose automaticamente, por anos naturais, ou ata a finalización das actuacións, de non mediar denuncia expresa, formulada por algún dos obrigados polo presente documento, cunha antelación mínima de tres meses á finalización do período inicial ou de cada unha das súas prórrogas. DÉCIMA.- Este convenio ten carácter administrativo, quedando as partes asinantes suxeitas á xurisdición Contencioso-administrativa para a resolución de calquera conflicto que puidese xurdir na súa aplicación. E para que conste e produza os efectos oportunos, asínase o presente Convenio por quintuplicado exemplar no lugar e datas arriba sinalado. O CONSELLEIRO DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMÓN. LOCAL Asdo.: Xesús C.Palmou Lorenzo O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo.: Rafael Louzán Abal O ALCALDE-PRESIDENTE DOCONCELLO DO PORRIÑO Asdo.: Raúl Francés Rodríguez" ------ Folla: 14.13033.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E OS CONCELLOS DE BUEU, CANGAS E MOAÑA PARA A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO CONTRAINCENDIOS E A REALIZACIÓN DE OBRAS COMPLEMENTARIAS NA SEDE DO PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS DO MORRAZO Visto o convenio de colaboración subscrito pola Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e os concellos de Bueu, Cangas e Moaña, cuxas actuacións previstas non puideron ser executadas na súa totalidade, e dada a intención de contemplar esta actuacións, así como a realización dunhas obras de adaptación de espazos, resulta necesario a subscrición dun novo acordo. E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario Accidental e Intervención, de datas 10 e 12 de maio do ano en curso, respectivamente. Acórdase por unanimidade aprobar o CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E OS CONCELLOS DE BUEU, CANGAS E MOAÑA PARA A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO CONTRAINCENDIOS E A REALIZACIÓN DE OBRAS COMPLEMENTARIAS NA SEDE DO PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS DO MORRAZO. Así mesmo, facultase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E OS CONCELLOS DE BUEU, CANGAS E MOAÑA PARA A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO CONTRAINCENDIOS E A REALIZACIÓN DE OBRAS COMPLEMENTARIAS NA SEDE DO PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS DO MORRAZO. En Santiago de Compostela a de de dous mil cinco REUNIDOS O Excmo. Sr. D. Xesús Carlos Palmou Lorenzo, Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia. O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. O Sr. D. Tomás Barreiro Sotelo, Alcalde-Presidente do Concello de Bueu. O Sr. José Enrique Sotelo Villar, Alcalde-Presidente do Concello de Cangas. O Sr. D. Javier Barreiro Tenorio, Alcalde-Presidente do Concello de Moaña. INTERVEÑEN O Excmo. Sr. Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, actuando en nome e representación da Xunta de Galicia, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 2º da Resolución de 8 de abril de 1991, pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta de 27 de marzo de 1991, e 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro. O segundo, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Os restantes, na súa condición de Alcaldes dos Concellos da comarca do Morrazo, en virtude das atribucións que lle confiren os artigos 21.1b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local, e 61.1a) da Lei de 22 de xullo de Administración Local de Galicia. EXPOÑEN PRIMEIRO.- Que as Administracións Públicas poden celebrar Convenios de Colaboración coas Corporacións Locais ou con outros entes de Dereito Público e con persoas físicas ou xurídicas suxeitas ó dereito privado ó abeiro do disposto no art. 6 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común . SEGUNDO.- Que, segundo dispón o artigo 198 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Galicia e as entidades locais poderán subscribir convenios de cooperación entre si para a máis eficaz xestión e prestación de servizos da súa competencia. TERCEIRO.- Que, de acordo co Decreto 226/2003, de 11 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, modificado por Decreto 16/2004, do 15 de xaneiro, correspóndelle á Dirección Xeral de Administración local a planificación e coordinación dos plans e programas dos servizos contraincendios e salvamento local, sen prexuízo das competencias que lles correspondan á Dirección Xeral de Interior e Protección Civil no relativo á función operativa da protección civil, así como das atribuídas por Lei ás administracións locais. CUARTO.- Que, segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os Municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños, e entre estes a seguridade en lugares públicos e a intervención en emerxencias. QUINTO.- Que, de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 7/85 de 2 de abril, o artigo 109 da Lei 5/97 de 22 de xullo, e o artigo 30 do R.d.l. 781/86 de 18 de abril, as Deputacións Provinciais teñen atribuídas as competencias de cooperación e asistencia ós concellos, garantindo a prestación integral e adecuada dos servizos que estes teñen encomendados pola Lei, especialmente naqueles con menor capacidade económica e de xestión; entre estes servizos atópanse a seguridade en lugares públicos e actuación en servizos de emerxencia que pola súa propia natureza e complexidade demandan, para a súa axeitada prestación por parte dos concellos unha especial colaboración das Administracións encargadas da cooperación e asistencia ós mesmos. SEXTO.- Que, con data 9 de abril de 2003 se asinou un convenio de colaboración entre todas as partes asinantes de este convenio, que tiña como finalidade fixar as liñas de colaboración da Xunta de Galicia, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e os concellos de Bueu, Cangas e Moaña para a "Construcción, dotación e equipamento do parque contraincendios e salvamento da comarca do Morrazo". Estas actuacións foron executadas practicamente na súa totalidade, a excepción da adquisición do Camión primeira intervención, que tralas correspondentes licitacións non foi posible adxudicar a ningunha empresa, polo que quedou sen executar a devandita actuación. Do mesmo xeito faise necesario acometer a realización dunha serie de obras de adaptación de espacios no interior do parque, coa finalidade de dar unha maior operatividade ó servicio contraincendios, tanto no referente ós efectivos humanos como a disposición in situ dos medios técnicos cos que contará este parque comarcal. A estes efectos, a Deputación provincial de Pontevedra, con data 31 de decembro de 2004 aprobou a Resolución de devolución das cantidades correspondentes á Xunta de Galicia na adquisición do vehículo non adxudicado ó abeiro do convenio inicial. SÉTIMO.- Así, e co fin de cooperar cos concellos de Bueu, Cangas e Moaña, na prestación do servizo contraincendios e de intervención en emerxencias e salvamento, e completar as actuacións iniciadas co convenio asinado no seu día, así como executar as novas actuacións previstas neste convenio, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e os mencionados concellos, acordan subscribir o presente convenio con suxeición a canto se establece nas seguintes cláusulas: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente CONVENIO é establecer as liñas de colaboración da Xunta de Galicia, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e os concellos de Bueu, Cangas e Moaña para a "adquisición dun camión de primeira intervención e o financiamento das obras complementarias de acondicionamento interior das instalacións do parque contraincendios e salvamento da comarca do Morrazo". A necesidade das actuacións xustifícase plenamente nos beneficios que tódolos veciños dos concellos de Bueu, Cangas e Moaña obterían ó poder dispoñer dun servizo coa capacidade e disposición necesarias para atender as intervencións en emerxencias e contraincendios e así poder realizar unhas actuacións que garantan a seguridade das persoas e dos bens dos veciños deses concellos, destinatarios do servizo. SEGUNDA.- As actuacións que se levarán a cabo consistirán na adecuación dos accesos ó parque, o acondicionamento e peche da súa parcela, e a mellora das instalacións xa construídas, así como a adquisición dun Camión primeira intervención que prestará servizo neste consorcio; todo isto, de acordo coas características técnicas que se determinen nos correspondentes pregos de prescricións técnicas que sirvan de base ás licitacións necesarias para acomete-las actuacións que se recollen no presente convenio. Os importes máximos destas actuacións serán os seguintes: ü Actuacións en infraestructuras: 60.000,00 ¤ ü Camión primeira intervención: 216.000,00 ¤ TERCEIRA.- O financiamento das actuacións sinaladas na cláusula anterior realizaranse polas Administracións asinantes, de acordo coas ratios de participacións seguintes e os importes máximos que se indican a continuación: Xunta de Galicia................40%................................ 110.400,00 ¤ Deputación Provincial.......40%.................................110.400,00 ¤ Concellos..........................20%.................................. 55.200,00 ¤ CUARTA.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local cooperará na execución das actuacións que se sinalan na cláusula primeira, mediante a achega a favor da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, das cantidades sinaladas, de acordo co correspondente ó 40% dos custos das actuacións, que en ningún caso será superior a cento dez mil catrocentos Euros (110.400,00 ¤) que se farán efectivos, no seu día, con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.760.3, programa 123A, dos vixentes presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Unha vez recepcionadas as obras e subministros obxecto deste convenio, a Deputación, deberá remitir actas de recepción do edificio e as correspondentes certificacións de obra, así como actas de recepción e facturas dos subministros O libramento da achega da Xunta de Galicia farase previa remisión pola Deputación de Pontevedra dos xustificantes dos investimentos (facturas e actas de recepción), de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. QUINTA.- Os concellos de Bueu, Cangas e Moaña, achegarán as cantidades correspondentes ó 20% dos custos das actuacións, de acordo coas ratios e os importes máximos que se indican a continuación: Concello de Bueu 23,24%............. 12.828,48¤. Concello de Cangas 43,83%............. 24.194,16¤. Concello de Moaña 32,93%............. 18.177,36¤. O libramento das achegas dos concellos, a favor da Deputación, efectuarase unha vez asinado o convenio. SEXTA.- Caso de producirse xuros de demora, por retrasos nas achegas nas que viñera obrigada algunha das Administracións asinantes do presente convenio, estes deberán ser asumidos pola Administración que os tivera provocado. No suposto de producirse baixas de licitación, as cantidades que resulten sobrantes serán devoltas ás distintas administracións asinantes en proporción ás achegas efectuadas por cada unha delas. SÉTIMA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra levará a cabo a execución material dos trámites necesarios para a licitación das actuacións obxecto deste convenio; así mesmo, realizará tódalas xestións que, no desenvolvemento do proceso de adxudicación sexan procedentes, axustándose ás prescricións contidas na lexislación sobre contratación administrativa das entidades locais, así como no financiamento do 40% das actuacións, achegando un máximo de cento dez mil catrocentos Euros (110.400,00 ¤) En tódolos trámites, publicacións e actuacións realizadas, farase constar expresamente que estas actuacións contan coa cofinanciamento de fondos europeos-FEDER, co obxecto de dar cumprimento ó sinalado no Regulamento (C) nº 1159/2000 da Comisión, sobre actividades de información e publicidade. OITAVA.- Para o seguimento e coordinación das accións previstas no presente CONVENIO, así como da resolución das controversias que poidan xurdir na interpretación das cláusulas previstas no mesmo, créase unha Comisión Mixta que estará integrada polos seguintes membros: -Pola Xunta de Galicia: O Ilmo Sr Director Xeral de Administración Local -Pola Excma Deputación Provincial de Pontevedra: O Sr. Secretario da Deputación - Polos Concellos: Un representante de cada un deles. NOVENA.- O presente Convenio estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro do ano 2005, prorrogándose automaticamente, por anos naturais, ou ata a finalización das actuacións, de non mediar denuncia expresa, formulada por algún dos obrigados polo presente documento, cunha antelación mínima de tres meses á finalización do período inicial ou de cada unha das súas prórrogas. DÉCIMA.- Este convenio ten carácter administrativo, quedando as partes asinantes suxeitas á xurisdicción Contencioso-administrativa para a resolución de calquera conflicto que puidese xurdir na súa aplicación. E para que conste e produza os efectos oportunos, asínase o presente Convenio por quintuplicado exemplar no lugar e datas arriba sinalado. O CONSELLEIRO DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL Asdo.: Xesús C.Palmou Lorenzo O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo.: Rafael Louzán Abal O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE BUEU Asdo.: Tomás Barreiro Sotelo O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CANGAS Asdo.: José Enrique Sotelo Villar O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MOAÑA Asdo.: Javier Barreiro Tenorio" ------ Folla: 15.13034.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE BAIONA DE AUTORIZACIÓN PARA LEVAR A CABO POLO SISTEMA DE ADMINISTRACIÓN A OBRA Nº64 "PAV. SAN R/PUERTA DE LA VILLA-FUENTE ZETA", INCLUÍDA NO PPC/05 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do concello de "Baiona", pola que interesa autorización para levar a cabo polo sistema de administración a obra nº64 "Pav. San r/Puerta de la Villa-Fuente Zeta", por importe de 45.000,00 euros, incluída no PPC/05, dado que compre os requisitos establecidos no artigo 152 do Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba a Lei de contratos das Administracións Públicas. ------ Folla: 16.13035.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 11 de maio do ano actual, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para execución do Presuposto de 2005, acórdase por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: - A relación de facturas, que figuran ca referencia 200500000444 e que contén noventa e nove facturas, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 64.334,42 ¤ Descontos do IRPF 117,20 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 1.083,01 ¤ TOTAL LÍQUIDO 65.300,23 ¤ ------ Folla: 17.13036.- CONCESIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESE ATA A CONTÍA DE SEIS MIL EUROS Resultando: A Xunta de Goberno en sesión celebrada o 11 de febreiro de 2005 aprobou as bases que regulan a concesión dos préstamos sen interese de ata a contía de seis mil euros para o ano 2005. Resultando: Que unha vez finalizado o prazo de presentación de instancias se cumprimentou o expediente coa achega por parte dos interesados de toda a documentación esixida nas bases. Considerando: Que a Comisión Paritaria Mixta en reunión celebrada o 9 de maio de 2005 informou favorablemente a concesión destes préstamos a aqueles funcionarios que reúnen os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. De conformidade co previsto nos artigos 77 e 78 do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo de 8 de xaneiro de 2001, acórdase por unanimidade conceder o préstamo sen interese de seis mil euros ó persoal que a continuación se relaciona, debéndoselles aplicar o desconto correspondente a partir da primeira nómina do mes seguinte á data en que se efectúe o ingreso: Apelidos e nome Préstamo Amortización Desconto/mes Corrochano Santos, Marta 6.000,00 ¤ 48 m. 125,00 ¤ Gago Pardilla, Mª Jesús 6.000,00 ¤ 48 m. 125,00 ¤ Pérez-Santamarina Feijoo, 6.000,00 ¤ 48 m. 125,00 ¤ Lourdes Vilar García, Fernando 6.000,00 ¤ 48 m. 125,00 ¤ De acordo co disposto na base III da convocatoria, transcorrido o prazo máximo de seis meses desde a data de adxudicación destes préstamos, deberá presentarse a través do Rexistro Xeral da Deputación Provincial, segundo corresponda, a seguinte documentación: a) A factura ou facturas correspondentes nas que figure o IVE e o NIF das empresas que realizan ou subministren a obra ou na que adquiran os mobles. b) Xustificante de haber amortizado o préstamo bancario correspondente. c) Documento público de adquisición do garaxe, ou licencia municipal no caso de construción acompañada das facturas correspondentes na que figure o IVE e o NIF da empresa que realice a obra. d) Factura de compra do vehículo particular debidamente cumprimentada. Nos casos de construción ou adquisición de vivenda presentarase documento público ou privado de adquisición ou construción no prazo dun ano. Si transcorridos estes prazos máximos de seis ou doce meses non se achegaron as facturas ou xustificantes, a Deputación Provincial descontará en nómina o 30% do salario mensual do/a peticionario/a ata detraer a cantidade total concedida. Neste suposto o/a funcionario/a non poderá optar á concesión dun novo préstamo sen interese ata que transcorra un prazo de vinte anos. Estas cantidades imputaranse á partida 05/122.314.830.07. ------ Folla: 18.13037.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición