ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/05/27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/2.2005-05-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/05/27_Ordinaria

  • Data(s) 2005-05-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día vinte e sete de maio do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal e o señor deputado D. Xosé Crespo Iglesias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13059.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 20 de maio de 2005. ------ Folla: 2.13060.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA CONCEDIDA A HORSAL SOCIEDADE COOPERATIVA Visto o escrito formulado por D. José Manuel Cores Fernández, Presidente de Horsal Sociedade Cooperativa, o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade o cambio de aplicación da axuda económica por importe de 26.923,00 ¤, concedida para a adquisición dunha envolvedora PV-350-LSHIX e se destine á adquisición dunha Selladora GALAXY e equipos e aplicacións informáticas. ------ Folla: 3.13061.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CEPSA LUBRICANTES, S.A. - A constituída en valores, mediante aval de Banco Santander Central Hispano, por importe de catrocentos oito euros con sesenta e nove céntimos (408,69 ¤), para responder do contrato de subministro de lubricantes, con destino ó consumo de máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria do ano 2000, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 12-04-2000, núm. de operación 2000017743, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. LEREZ EDICIONES, S.L. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de tres mil trescentos noventa e un euros con sesenta céntimos (3.391,60 ¤), para responder da prestación de servizos de edición e imprenta no Diario de Pontevedra, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 08-10-2004, núm. de operación 200400071944, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CELESTINO ABREU E HIJOS, S.L. - A constituída en metálico, por importe de dous mil euros (2.000,00 ¤), para responder do subministro de catro furgonetas, con destino ó Servizo de Vías e Obras, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 03-07-2002, núm. de operación 200200054786, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 4.13062.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DO PAZO PROVINCIAL Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 15 de abril de 2005 polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, do Servizo de Limpeza do Pazo Provincial, por un importe anual de 108.000,00 euros, IVE incluído, a razón dun importe mensual de 9.000,00 euros/mes, IVE incluído. Resultando que o anuncio do concurso para a contratación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número, 77 e no Diario Oficial de Galicia número 79, de datas 22 e 26 de abril de 2005, respectivamente. Resultando que o acto de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas tivo lugar o día 11 de maio de 2005, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de contratación para examinar a documentación e apertura das plicas presentadas polas empresas, CARREÑO FLÓREZ, S.L.; LIMPIEZAS Y PULIMENTOS CARBALLO, S.L.; LIMPIEZAS DEL NOROESTE, S.A. (LINORSA) e CLARO SOL, S.A., as cales foron admitidas ó concurso, pasándose o expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos do Servizo de Arquitectura desta Deputación. Vista a proposta formulada pola Mesa de Contratación na reunión do día 25 de maio de 2005 para que se lle adxudique o concurso á empresa CLARO SOL, S.A. por resultar a oferta mais vantaxosa das presentadas e admitidas, en base ó informe técnico emitido polo Sr. Arquitecto Técnico Provincial-Xefe da Unidade de Mantemento do Pazo Provincial, de data 24 de maio de 2005. Acórdase por unanimidade: - Adxudicar á empresa, CLARO SOL, S.A. (CIF A-36615763), o concurso convocado para a contratación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, polo prezo anual ofertado de cento oito mil euros (108.000,00 ¤), IVE incluído, a razón de 9.000,00 euros/mes, IVE incluído. A adxudicación a favor da empresa CLARO SOL, S.A., motívase por resultar a oferta mais vantaxosa de entre as presentadas e admitidas ó obter a maior puntuación, segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e reunir os requisitos esixidos en dito concurso. O contrato terá unha duración de dous anos a contar desde o día 1 de xuño de 2005, podendo prorrogarse a vixencia por mutuo acordo das partes antes da finalización da mesma, sen que a duración total do contrato -incluídas as posibles prórrogas expresas- poida exceder de catro anos. O prezo do contrato actualizarase anualmente de acordo coa variación experimente o Índice de Prezos ó Consumo (IPC), fixado polo organismo competente, previa solicitude xustificada formulada polo contratista. A primeira actualización terá lugar unha vez transcorrera o primeiro ano de contrato e con efectos a partir de dita data, conforme á variación que experimente o Índice de Prezos ó Consumo. O pagamentoo do prezo do contrato para o período xuño-decembro de 2005 será librado no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida 05/121.121.227.00, do vixente Orzamento Provincial e o resto do prezo do contrato con cargo a exercicio futuros. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 4.320,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, acórdase por unanimidade a devolución das fianzas provisionais constituídas polos licitadores que non resultaran adxudicatarios. A fianza provisional da empresa adxudicataria será devolta unha vez teña constituída a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 121,89 euros e 218,90 euros (total 340,79 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 5.13063.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA "OBRAS NA ESTRADA DE PEITIEIROS", DO CONCELLO DE GONDOMAR, CON CARGO Ó PAM/2005 (CONVENIO) En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó concello de Gondomar unha subvención por importe de oitenta e catro mil trescentos sesenta e tres euros con dezanove céntimos (84.363,19 ¤), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2005, partida 05/911.911.762.45 para financiar as "Obras na estrada de Peitieiros", co número 205/218 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, a realizar pola Deputación Provincial mediante convenio, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión e ó convenio aprobado para a súa execución. c) O pagamentoo da subvención farase "en formalización" coa achega municipal para a expresada obra, segundo as certificacións técnicas que se vaian aprobando, remitíndose ó concello copia compulsada dos documentos contables e os seus xustificantes, ós efectos que procedan. ------ Folla: 6.13064.- APROBACIÓN DE "FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES" De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, acórdase por unanimidade aprobar as propostas de celebración das Festas da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos e datas seguintes: Concello Data Celebración CAMBADOS 01-05-05 Festa da bicicleta SALCEDA DE CASELAS 08-05-05 Festa da bicicleta TOMIÑO 29-05-05 Festa da bicicleta ROSAL 04-06-05 Festa da bicicleta BARRO 11-06-05 Marcha popular CATOIRA 11-06-05 Festa da bicicleta VILANOVA DE AROUSA 11-06-05 Festa da bicicleta O GROVE 11-06-05 Marcha popular ------ Folla: 7.13065.- CONCESIÓN DE PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTIR A CURSO a) "De conformidade ó escrito presentado o 27 de abril de 2005, polo cal o xefe do Servizo de Cultura solicita permiso e axuda económica para o funcionario D. Julio Vázquez Martínez poida asistir ó curso "Métodos estatísticos para o control da calidade dos Servizos Socioculturais" que terá lugar os próximos días 31 de maio e 1 e 2 de xuño en Madrid, acórdase por unanimidade, conceder a Don Julio Vázquez Martínez o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 545,40 euros, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: 1.- Desprazamentos (vehículo propio): Pontevedra-Madrid (ida e volta) 1.232 km 236,94 euros Peaxe autopista 30,00 euros Parking (do 30 ó 02) 30,00 euros TOTAL 296,94 euros 2.- Dietas: Día 30 (aloxamento e cea) 77,23 euros Días 31 e 1 (80% dieta) 152,90 euros Día 2 (1/2 manutención) 18,33 euros TOTAL 248,46 euros Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 05/451.451.230.01 de Dietas por importe de 248,46 euros e á partida 05/451.451.231.01 de locomoción por importe de 296,94 ¤." b) "Visto o escrito presentado no rexistro xeral desta Excma. Deputación Provincial o 7 de maio de 2005, polo cal o xefe do Servizo Agrario solicita permiso e axuda económica para a asistencia a reunión do Comité de Coordinación NEA que terá lugar os próximos días 24 ó 25 de maio en Falmouth (Reino Unido), acórdase por unanimidade, conceder a Don Carlos Bengoechea Pere o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 800,26 euros, estando desagregado por conceptos tal e como a continuación se detalla: 1.- Desprazamentos (vehículo propio): Avión: Santiago-Newquay (ida e volta) 181,59 euros TOTAL 181,59 euros 2.- Dietas: Día 23 (½manut. ESP+ ½ manut.R.U.+aloxamento)216,66 euros Días 24 e 25 (80% Dieta) 383,68 euros Día 26 (1/2 manutención España) 18,33 euros TOTAL 618,67 euros Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 05/711.711.230.01 de Dietas por importe de 618,67 euros e á partida 05/711.711.231.01 de desprazamentos por importe de 181,59 ¤." ------ Folla: 8.13066.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON ANTONIO GARCÍA RUBÍN VECIÑO DE SOUTOMAIOR, POR DANOS SUFRIDOS NO VEHÍCULO DA SÚA PROPIEDADE, NA ESTRADA DE ARCADE-AMOEDO (SOUTOMAIOR) Dada conta que con data de Rexistro 14-04-05 (Rex. nº 011289) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Antonio García Rubín con enderezo en Lourido, 59-A (Soutomaior) por danos padecidos en vehículo matrícula PO-1110-AT o día 4 de marzo de 2005, e que individualiza economicamente en 625,18 ¤. Resultando.- Que con data de 19 de abril de 2005 e con fundamento no artigo 70, en relación co 6.1, último parágrafo do R.d. 429/93, requiriuse ó reclamante para fixación da data do sinistro, comparecendo este ó 28 de abril de 2005 clarexando o extremo para o que foi requirido e achegando así mesmo informe do aparellador municipal de Soutomaior. Resultando.- Que con data 29 de abril de 2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 11 de maio de 2005 co seguinte contido: "... Se trata de la C.P. Arcade-Amoedo. El día 04 de marzo el Capataz de la zona recibe, a media mañana, una llamada de un vecino del lugar indicándole que la rejilla de un sumidero está deformada. Se persona en el sitio de inmediato y comprueba que, por efecto de paso de un vehículo pesado (como también opina en su informe el aparejador municipal) se ha producido una deformación (hundimiento parcial en su zona central) sin que existieran hierros rotos. No existen, por tanto, "hierros defectuosos colocados sobre un sumidero", sino una deformación parcial de una rejilla por exceso de peso. Esta rejilla está situada en el eje de un camino en su enlace con la carretera y no se instaló reforzada, porque la estrechez de tal camino no permite el acceso de vehículos pesados, pero si, en su enlace, tiene un sobreancho que podría permitir maniobrar a algún camión, que, sin duda, sería la causa de tal deformación. Añadir finalmente que el Capataz señalizó el sumidero, tomó medida de la rejilla y la encargó al Parque de Maquinaria. Pocos días después, en una pasada rutinaria por la zona, pudo observar que la rejilla había sido repuesta por lo que supuso lo habría realizado el Ayuntamiento. No nos consta ningún otro accidente. " Resultando.- Que con data 13 de maio de 2005 solicitouse informe complementario e aclaratorio do anterior ó Servizo de Vías e obras, contestándose por este Servizo o mesmo día co contido literal seguinte: "Si, pertenece a la C.P. Arcade-Amoedo" Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, que se produciu, de xeito certo, pola actuación dun terceiro alleo o funcionamento administrativo, cumprindo o ente local, no que lle é esixible coas actuacións desenvolvidas, é dicir, sinalización do obxecto do risco, toma de medidas da rexa e encargo da mesma o Parque de Maquinaria, actuacións por outra banda dilixentes e na procura da evitación de máis sinistros pero en todo caso innecesarios desde o punto de vista xurídico, xa que con toda probabilidade o propio Concello de Soutomaior ou o servizo encargado das concesións procederan a repoñer o accesorio, iso en cumprimento do artigo 25.2 "l" da Lei 7/85 que lle atribúe competencia para a rede de sumidoiros, subministro das augas e tratamento das residuais. O exposto resulta coherente co sustentado pola doutrina que veñen expoñendo, por exemplo, os Xulgados do Contencioso Administrativo números 3 e 2 de Pontevedra en Sentenzas de 5 de outubro de 2004 e 9 de novembro de 2004, nas que entre outros sinálase "...pero esa conducción prudente no determina necesariamente que se le deba responsabilizar a la entidad titular de la carretera de los efectos que sobre el normal tránsito viario produzca cualquier derramamiento de fluidos o la caída de objetos transportados por los vehículos, pues puede entenderse que es conforme con la conciencia social la existencia de un riesgo inherente a la utilización de las vías de circulación..." "...no es exigible que de modo inmediato la Diputación Provincial proceda a eliminar de la vía de su titularidad tan pronto surge... Por ello y so pena de constituir a las Administraciones Públicas en reparadoras universales de todo tipo de riesgos y eventos en virtud de concebir en términos muy amplios el instituto de la responsabilidad patrimonial, hay que convenir en el hecho de que, en el caso que nos ocupa, tuvo su origen en la intervención de un tercero lo que provoca la ruptura del nexo causal y por ende, exonera de responsabilidad a la Administración Provincial..." Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 9.13067.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARINA ÁLVAREZ PORTELA VECIÑA DO CONCELLO DA GUARDA, POR DANOS PADECIDOS COMO CONSECUENCIA DUNHA CAÍDA NA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, Nº 101 DA GUARDA Dada conta que con data de Rexistro 18 de xaneiro de 2005 (Rex. nº 001011) tivo entrada nesta Deputación expediente de responsabilidade patrimonial remitida polo Concello de A Guarda subscrita por Dona Marina Álvarez Portela con enderezo en rúa Rosal num. 6- 2ºDcha de A Guarda por danos padecidos como consecuencia dunha caída na rúa Concepción Arenal num. 101 de A Guarda o día 11 de novembro de 2004. Resultando.- Que con data 19 de xaneiro de 2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 6 de abril de 2005 co seguinte contido: "El acceso al Puerto de La Guardia, hoy C/Concepción Arenal, era de titularidad Provincial, el Ayuntamiento está procediendo a las labores de mantenimiento de dicho vial, concesión de permisos y licencias para obras, canalizaciones, ordenación de tráfico. " Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto a responsabilización fáctica de todo o que atinxe a rúa estábase a desenvolver, segundo se fai constar no informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, polo Concello de "A Guarda desde tempo inmemorial con coñecemento desta Deputación e por vontade do Concello. Por si non bastara, o propio informe da Policía Local é terminante en canto a que "se abriron gabias e fundiuse parte do asfalto, quedando un desnivel de poucos centímetros", o que abonda na non responsabilidade da Deputación nos supostos danos xa que, en todo caso, coma moi ben di a certificación da Secretaria do Concello xurdiría a responsabilidade da Empresa "Geo Calvario" (que executaba as obras). Cumpre para rematar, facer referencia a unha indiciaria responsabilidade exclusiva da reclamante, posto que non parece que "... un desnivel de poucos centímetros (sic) "sexa susceptible, como causa eficiente real, de provocar os danos persoais que se reclaman, sobor de todo pola ausencia doutros accidentes nese mesmo punto. Polo exposto a reclamación debe seguir o camiño da desestimación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 10.13068.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 11.13069.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE VIGO PARA UTILIZACIÓN DE SERVIZOS DA CASA DE ACOLLIDA E PISO TUTELADO DE MULLERES MALTRATADAS - ANO 2005 Dado que a Comisión informativa de Benestar Social e Muller, celebrada o día 16 de marzo de 2005, dictaminou favorablemente a aprobación do Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de Vigo para utilización dos servizos da Casa de Acollida e Piso Tutelado para Mulleres Maltratadas ano 2005, acórdase por unanimidade a aprobación do citado convenio de colaboración para atención das mulleres maltratadas e os seus fillos ou persoas dependentes e con aplicación en todo ámbito da provincia, por importe de 100.217,00 euros, dos que 56.417,00 euros/ano corresponde a axuda de mantemento da Casa de Acollida de Vigo, e 43.800,00 euros/ano ó servizo propio desta Casa e do Piso Tutelado a razón de 12 euros/praza/día, segundo informe de Intervención de data 11 de marzo de 2005, con cargo á partida 05/313.313.480.02 do vixente Orzamento provincial. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO.CONCELLO DE VIGO PARA A UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DA CASA DE ACOLLIDA E PISO TUTELADO PARA MULLERES MALTRATADAS - ANO 2005. No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra reúnese, pola Excma. Deputación, D. Rafael Louzán Abal, en calidade de Presidente, e Dª Corina Porro Martínez en calidade de Alcaldesa Presidenta do Excmo. Concello de Vigo, con código de identificación fiscal P-3605700-H. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o convenio de colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES As institucións asinantes do presente convenio ante a grave problemática que sofren as mulleres maltratadas consideran de suma importancia a utilización de recursos que contribúan a facer fronte a ditas situacións, polo que, asumindo as competencias previstas nos artigos 21 e 36 da Lei 7/85 de Bases de Réxime Local, nos artigos 15, 21 e 22 da Lei 4/93 de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia e consonte co disposto na Orde do 1 de abril de 1997 da Consellería de Familia, Muller e Xuventude pola que se regulan os requisitos específicos que deberán reunir os Centros de Acollida para mulleres víctimas de malos tratos e co "Regulamento interno da Casa de Acollida e do Piso Tutelado" e no "Prego de prescricións técnicas" que rexen a prestación do servizo da mesma, acordan establecer o presente CONVENIO, coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Lexislación aplicable. O presente Convenio estará suxeito ós principios Xerais e demais prescrición da Lei 38/03, de 17 de Novembro Xeral de Subvencións. SEGUNDA Obxecto. A Deputación de Pontevedra mediante a firma do presente Convenio, establece apoio económico para o mantemento do servizo especializado da Casa de Acollida e o Piso Tutelado, para a atención das mulleres maltratadas e dos seus fillos e persoas dependentes, en situación de emerxencia, que reúnan os requisitos esixidos, para o ingreso nestes Centros. Asemade, establecerase a reserva de 10 prazas para as usuarias dos distintos Concellos da Provincia. TERCEIRA.- Ámbito de actuación. O ámbito de actuación do presente convenio comprende a totalidade da provincia de Pontevedra. CUARTA.- Ingresos na Casa de Acollida ou Piso Tutelado, estadías e baixas. Poderán ingresar na Casa de Acollida de Vigo, as mulleres maltratadas física e psicoloxicamente, maiores de idade, con ou sen fillos que sexan capaces de valerse por si mesmas e que presenten a correspondente denuncia contra o seu agresor, tal como vén recollida na normativa da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, e no regulamento de funcionamento da Casa de Acollida, publicado no BOP do día 27 de setembro de 1999. Non poderán ingresar: _ As mulleres con problemáticas de carácter psiquiátrico grave, _ As mulleres que presenten algún tipo de adicción: alcohol, drogas,... _ As mulleres que padezan enfermidade infecto-contaxiosa. Para o ingreso na Casa de Acollida esixirase a cada usuaria a sinatura do compromiso e aceptación do Regulamento interno desta. A permanencia no centro disporase inicialmente por tres meses podendo prorrogarse a mesma de acordo á lexislación vixente. Para ingresar no Piso Tutelado darase prioridade ás usuarias da Casa de Acollida xa que supón a última fase de atención ás mulleres maltratadas antes da súa inserción socio e/ou laboral, sendo o procedemento administrativo o mesmo que o da Casa de Acollida. Tanto o concello solicitante coma o de Vigo e a Deputación comprometeranse a velar pola confidencialidade das informacións que afecten á vida das mulleres e prole. Para os ingresos, establécense dous tipos de procedementos: a) procedemento ordinario: O ingreso ordinario na Casa de Acollida solicitarase á Deputación mediante escrito do alcalde ou alcaldesa solicitante acompañado do informe da traballadora social do concello solicitante. A Deputación, oído o Concello de Vigo, disporá o ingreso con cargo ó convenio, comunicándollo ó Concello solicitante e ó de Vigo. Este notificará á Deputación a data do ingreso. b) procedemento de urxencia: No caso de ingreso de urxencia poderá procederse mediante solicitude razoada, verbal ou escrita, dos Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello solicitante ó Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller (CMIDM) de Vigo e fóra do seu horario de atención á dirección da casa de acollida. Aquel dará conta inmediatamente deste feito á Deputación seguíndose a partir deste momento o procedemento recollido no apartado anterior. O Concello de Vigo arbitrará un teléfono de urxencia que atenderá a demanda da Casa de Acollida fóra do horario do CMIDM. Calquera ingreso será provisorio durante quince días, en tanto o equipo técnico e a dirección do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, estudian a conveniencia do mesmo e, si é o caso condicións de estadía. Se o ingreso non procede, o equipo técnico do CMIDM comunicarallo ós Servizos Sociais do concello solicitante e ó concello de Vigo e á Deputación, a fin de continuar o proceso administrativo. En calquera caso, durante a permanencia das persoas acollidas no centro, e ata o momento no que se produzan as súas baixas no mesmo, a intervención farase coordinadamente entre os equipos técnicos da Casa de Acollida e o concello demandante da axuda. O Concello de Vigo comunicará a baixa á Deputación e esta ratificarallo ós dous concellos. QUINTA. VIXENCIA O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2005 rematando o 31 de decembro do mesmo ano. O convenio poderá denunciarse por calquera causa e por algunha das dúas partes , con dous meses de antelación como mínimo. SEXTA. FINANCIAMENTO A achega económica por parte da Deputación para a Casa de Acollida e Piso Tutelado será de 100.217 ¤ ó ano que se consignarán na partida 05/313-313-480.02 Dita achega estará baseada nos seguintes criterios: 1ª.- Para axuda de mantemento de gastos da Casa de Acollida Municipal, a Deputación aportará a cantidade de 56.417 euros ó ano. 2ª.- Poñer o servizo da Casa de Acollida e Piso Tutelado a disposición dos concellos da provincia, unha reserva de 10 prazas (estean ou non ocupadas ), fixando a cantidade de 12 euros praza /365 días, que ascende a un total de 43.800 euros. As cantidades correspondentes, tanto polo concepto de subvención para gastos de mantemento como o custo das prazas reservadas, experimentarán nas anualidades sucesivas o incremento determinado no índice de prezos ó consumo. A efectividade dos pagamentos establecidos neste convenio poderase materializar por vía de compensación prevista no artigo 109 da Lei 7/85 de Bases do Réxime Local. A contribución ós gastos do Centro será compatible con outras axudas públicas ou privadas, se o importe das mesmas non excede os custos anuais da actividade. SÉTIMA.-COMPROMISO DO CONCELLO DE VIGO A achega económica da Deputación ó Concello de Vigo garantirá o funcionamento permanente do servizo e atención a todos os concellos da provincia. O Concello de Vigo publicitará nos Concellos da provincia un teléfono de urxencia que funcione as 24 horas do día, atendido por persoal especializado, asegurando unha información precisa sobre o recurso da Casa de Acollida, fóra do horario do CMIDM. As mulleres que ingresen na Casa de Acollida, procedentes dos concellos da provincia beneficiaranse dos servizos e recursos que o Concello de Vigo pon a disposición das mulleres víctimas de violencia de xénero, co obxecto de proporcionarlles unha atención integral, entre outras: servizo de atención domiciliaria á infancia, un diñeiro de peto as mulleres que se atopan nunha situación económica precaria durante a súa estancia na casa, bolsas de axuda económica á saída da muller da Casa de Acollida, favorecer a inserción das mulleres no mercado laboral, etc. Asemade o Concello de Vigo comprometerase a remitir á Deputación, unha memoria anual sobre o servizo da Casa de Acollida. Por último o Concello de Vigo, comprométese a acreditar no expediente o cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 14 da Lei 38/03 de 17 de novembro Xeral de Subvencións. OITAVA.- PAGAMENTO. O pago de estas cantidades polos conceptos expresados faranse efectivos con cargo á partida orzamentaria 05/313-313-480.02 do orzamento vixente, logo da petición presentada polo Concello, en dous prazos: No primeiro trimestre do ano, farase efectiva a achega correspondente á axuda para gastos de mantemento da Casa de Acollida, e ó primeiro prazo correspondente a seis meses das prazas reservadas pola Deputación. Para facer efectivo o pago, o Concello xunto coa petición, deberá remitir informe sobre a evolución do servizo de reserva de prazas e do orzamento previsto da Casa de Acollida, para o exercicio en curso. O segundo pago do custo das prazas reservadas, poderase solicitar unha vez transcorrido o primeiro semestre do ano, remitindo igualmente á Deputación un informe sobre a evolución das prazas reservadas NOVENA.- Participación de Concellos Os Concellos interesados en que poidan ingresar mulleres na Casa de Acollida deberán adherirse a este convenio dirixindo un escrito ó Presidente da Deputación no que tamén fagan constar o seu apoio económico a aquelas familias que carezan de recursos, e así o fagan constar en informe social as/os traballadores sociais dos concellos, a fin de cubrir tanto os seus gastos de desprazamento ó Centro como os derivados da adquisición de artigos de primeira necesidade. DÉCIMA.- Comisión de seguimento Acórdase a creación dunha comisión de seguimento consistindo as súas funcións na análise e control da demanda, seguimento técnico das actuacións e adopción de pequenas medidas que poidan repercutir no desenvolvemento cotiá do centro. Dita Comisión estará integrada por: Pola Deputación : Presidenta da Comisión da Muller, un funcionario técnico do Servizo de Acción Social e por unha traballadora social. Polo Concello de Vigo: Concelleira da Muller, a técnica da Oficina da Muller, e a traballadora social do servizo de orientación da muller. A devandita Comisión de seguimento designará o seu presidente, e as reunións de dita Comisión manteranse como mínimo semestralmente ou coa periodicidade que fixen os seus membros, sendo o concello o responsable da convocatoria. UNDÉCIMA- Publicidade. A Deputación encargarase de difundir entre os concellos da provincia os termos deste convenio e principalmente entre as traballadoras sociais de atención primaria, como profesionais que canalizan e tramitan a demanda de ingreso. O Concello de Vigo comprométese a facer constar a colaboración da Deputación Provincial, Área de Servizos Sociais, en toda a publicidade que elabora da Casa de Acollida. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo da Excma. Deputación na data do encabezado da que como secretario dou fe. O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo. Rafael Louzán Abal A ALCALDESA DO EXCMO. CONCELLO DE VIGO Asdo. Corina Porro Martínez" ------ Folla: 12.13070.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VIGO SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS 1.- O Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra, subscribiron, con data 14 do pasado mes de abril, un convenio de colaboración para levar a cabo o financiamento de diversas obras por un importe total de 1.803.968,00¤. De conformidade co previsto na cláusula 4ª as obras serán executadas pola Deputación Provincial, ben directamente, ou ben a través dos pertinentes procedementos de adxudicación. 2.- Para a execución deste convenio o Concello de Vigo remitiu os seguintes proxectos, polas contías que se indican: PROXECTO IMPORTE Reparación de beirarrúas en distintas zonas da cidade a proposta da Alcaldía 211.046,00 Melloras na rúa Alfonso XIII 450.000,00 Melloras na rúa Velázquez Moreno 341.754,00 Melloras na rúa Tui, distrito de Coia 410.625,00 Melloras na rúa Manuel de Castro, distrito de Coia 218.877,25 Dado que os importes dos proxectos relativos a "Melloras na rúa Velázquez Moreno" e as relativas a "Manuel de Castro", no distrito de Coia, exceden á contía prevista no convenio en 116.754,00 ¤ e 58.634,25 ¤, respectivamente, propoñen que este exceso se detraia da cantidade prevista para a realización do proxecto de melloras na rúa Vilagarcía de Arousa, no distrito de Coia, que aínda non foi redactado. 3.- Á vista do anterior a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar o convenio de colaboración subscrito entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vigo sobre cooperación económica para o financiamento de diversas obras, modificando a cláusula 1ª, a proposta do Concello de Vigo, que queda redactada da seguinte forma e non variando o resto do convenio. "PRIMEIRA.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de Vigo, é posibilitar a realización e execución das seguintes obras: PROXECTO IMPORTE Reparación de beirarrúas en distintas zonas da cidade a proposta da Alcaldía 211.046,00 Melloras na rúa Alfonso XIII 450.000,00 Melloras na rúa Velázquez Moreno 341.754,00 Melloras na rúa Tui, distrito de Coia 410.625,00 Melloras na rúa Manuel de Castro, no distrito de Coia 218.877,25 Melloras na rúa Vilagarcía de Arousa, no distrito de Coia 171.665,75 TOTAL 1.803.968,00 Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE VIGO SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA, PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS. En Vigo, a 14 de abril de dous mil cinco REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma, e facultado para este acto polo acordo da Xunta de Goberno. E doutra a Excma. Sra. Dona Corina Porro Martínez, en calidade de Alcaldesa-Presidenta do Excmo. Concello de Vigo, e facultada para este acto polo acordo da Xunta de Goberno Local do Concello. Interveñen en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas Entidades Locais, de conformidade coas competencias atribuídas polos artigos 21.1,b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 61.1,a) e 105.1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3,c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente Convenio, no marco da cooperación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de Vigo, é posibilitar a realización e execución das seguintes obras: OBRA ORZAMENTO Reparación de beirarrúas en distintas zonas da cidade, a proposta de Alcaldía 211.046,00 ¤ Melloras na rúa Alfonso XIII 450.000,00 ¤ Melloras na rúa Velázquez Moreno 341.754,00 ¤ Melloras na rúa Tui, no distrito de Coia 410.625,00 ¤ Melloras na rúa Manuel de Castro, no distrito de Coia 218.877,25 ¤ Melloras na rúa Vilagarcía de Arousa, no distrito de Coia 171.665,75 ¤ TOTAL 1.803.968,00 ¤ SEGUNDA.- A Excma. Deputación de Pontevedra asume o financiamento das obras na contía sinalada para cada unha delas na cláusula primeira deste convenio, ascendendo o seu importe total a un millón oitocentos tres mil novecentos sesenta e oito euros (1.803.968,00 ¤), con cargo á partida 05/911.911.662.00. Así mesmo, sempre que exista acordo entre ámbalas dúas partes, poderán realizarse cambios de aplicación, respectando a cantidade existente para este fin. TERCEIRA.- O Concello de Vigo, obrígase a pór a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira. CUARTA.- As devanditas obras serán executadas pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, ben directamente, ou a través dos correspondentes procedementos de contratación. Unha vez realizadas as mesmas, procederase á súa entrega ó Concello de Vigo. QUINTA.- Unha vez recibidas ditas obras polo Concello de Vigo, este, na súa calidade de titular último, comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación das mesmas, de modo que estas se atopen en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. SEXTA.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación dándolle traslado dunha certificación do acordo adoptado ó Excmo. Concello de Vigo no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días poida pór obxección á mesma, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. SÉTIMA.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente Convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e por un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días dende a petición expresa realizada por calquera delas na Sede do organismo requirido. A resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do Convenio será resolta, a falta de entendemento na citada Comisión, dado o carácter administrativo do Convenio, pola xurisdicción contencioso administrativa. OITAVA.- O presente convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005, podendo prorrogarse sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas. NOVENA.- Serán causas de resolución as seguintes: a) O remate do prazo, con denuncia das partes, e b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. DÉCIMA.- Ámbalas dúas partes, conscientes do auxe e relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios, atribúelles a lexislación vixente como competencias locais amosan a súa firme vontade de incrementar, na medida que os seus orzamentos llelo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantir a correcta prestación integral dos servizos e actividades públicas na Cidade de Vigo. E en proba de canto antecede, as partes intervenientes asinan o presente convenio por cuadriplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Excma Deputación de Pontevedra Polo Concello de Vigo D. Rafael Louzán Abal Dna. Corina Porro Martínez" ------ Folla: 13.13071.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO, A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A CREACIÓN DUNHA GARDERÍA INFANTIL NO COMPLEXO HOSPITALARIO DE PONTEVEDRA Visto que a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o Servizo Galego de Saúde e a Deputación de Pontevedra teñen a intención de colaborar conxuntamente para levar a cabo a creación dun centro de educación infantil do Complexo Hospitalario de Pontevedra, que se situaría nas dependencias situadas dentro da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" é polo que se pretende a sinatura dun convenio de colaboración. E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario Accidental e Interventor, de data 26 de maio do ano en curso, acórdase por unanimidade Aprobar o Convenio de colaboración entre a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Servizo Galego de Saúde, e a Deputación Provincial de Pontevedra, para a creación dunha gardería infantil no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Así mesmo, facúltase o Ilmo. Sr. Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio, mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, SERVIZO GALEGO DE SAÚDE, E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A CREACIÓN DUNHA GARDERÍA INFANTIL DO COMPLEXO HOSPITALARIO DE PONTEVEDRA En Santiago de Compostela, de de 2005 R E U N I D O S Dunha parte a Excma. Sra. Dª Pilar Rojo Noguera, actuando en representación da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, en virtude do seu cargo de conselleira, para o que foi nomeada polo Decreto 18/2003, do 18 de xaneiro, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente (modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro) e o Decreto 5/2005, do 13 de xaneiro polo que se establece a estructura orgánica da Consellería. Doutra, o Excmo. Sr. D. Celso Currás Fernández, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude das facultades atribuídas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, (modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro), e no artigo 1 do Decreto 454/2003, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Doutra, o Excmo. Sr. D. José Manuel González Álvarez, conselleiro de Sanidade e presidente do Servizo Galego de Saúde en virtude das facultades atribuídas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, (modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro), e no artigo 3 do Decreto 14/2005, do 3 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica do Servizo Galego de Saúde. E doutra, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e 105.1 a) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local de Galicia. As partes asinantes recoñécense mutuamente plena lexitimación, capacidade e representación para a sinatura do presente convenio, e, para estes efectos, E X P O Ñ E N Que a Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no artigo 27.23 do Estatuto de Autonomía de Galicia, en consonancia coa habilitación competencial outorgada ás Comunidades Autónomas polo artigo 148.1.20º da Constitución Española, ten competencia exclusiva en materia de asistencia social, polo que, na súa virtude, aprobouse a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais. Que son áreas de actuación nas que se estructura o sistema de servizos sociais, segundo o artigo 5.3 b), da antedita lei, as dirixidas á familia, infancia e mocidade. Que por outra banda, polo Decreto 5/2005, do 13 de xaneiro, establécese que corresponde á Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado o exercicio das competencias e funcións en materia de familia, infancia e menores, muller, maiores e persoas con discapacidade así como en política de deportes, xuventude e voluntariado, sen prexuízo das competencias doutras Consellerías nestas materias e de acordo co establecido no Estatuto de Autonomía de Galicia e nos termos sinalados pola Constitución Española. Que, segundo o disposto no Título IV da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, e no Decreto 13/2005, do 3 de febreiro, o Servizo Galego de Saúde configúrase como un organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Sanidade, encargado do desenvolvemento das funcións determinadas no artigo 35 da Lei 7/2003 antes citada . No Servizo Galego de Saúde integranse todos os centros, servizos e establecementos sanitarios de titularidade da Administración autonómica galega, exercendo este organismo o goberno, dirección e xestión dos centros sanitarios, garantindo a provisión dos servizos e prestacións de asistencia sanitaria de cobertura pública e coordinando a xestión dos recursos humanos, materiais e financeiros que teña asignados. Segundo o disposto no Decreto 454/2003, do 26 de decembro, polo que se establece a súa estructura orgánica, á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria correspondenlle as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en toda a súa extensión. Que a Cidade Infantil Príncipe Felipe é unha Institución de carácter educativo e benéfico-social, dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, que ten como obxectivo o albergue e formación de nenos que, por unha ou outra circunstancia, cumpre acoller e protexer segundo á normativa vixente. No exercicio das competencias que lle son propias, as partes coinciden na necesidade de levar a cabo unha serie de actuacións encamiñadas a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e o apoio ás familias con fillos, mediante o fomento da construción de centros de atención á primeira infancia nos centros hospitalarios. Que sendo concorrente o interese das partes, resulta conveniente colaborar conxuntamente para levar a cabo a creación dunha gardería infantil do Complexo Hospitalario de Pontevedra, que se situaría en dependencias situadas dentro da Cidade Infantil Príncipe Felipe, polo que as partes asinantes acordan outorgar o presente convenio de colaboración en base ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA. O presente convenio ten por obxecto a creación dunha gardería infantil mediante o acondicionamento dun local sito na Cidade Infantil Príncipe Felipe. A citada gardería infantil acollerá ós fillos do persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra así como ós fillos dos traballadores da Deputación Provincial de Pontevedra. SEGUNDA. Para conseguir a finalidade de creación da gardería infantil que se ubicará, no local que actualmente está destinado a centro de educación infantil na Cidade Príncipe Felipe, será necesario realizar as seguintes obras de acondicionamento: por unha banda, do local mencionado para adaptalo á normativa vixente sobre garderías infantís e que poida ser destinado a esta finalidade, e por outra, do local ó que se trasladarán as unidades de educación infantil. Ámbolos dous locais atópanse dentro da Cidade Príncipe Felipe. TERCEIRA. Compromisos que asumen as partes: 1) A Deputación Provincial de Pontevedra levará a cabo o procedemento de contratación e adxudicación das seguintes obras: A) Acondicionamento dun local sito na Cidade Infantil Príncipe Felipe, que actualmente funciona como centro de educación infantil, para destinalo a gardería infantil. B) Acondicionamento doutro local sito igualmente na Cidade Infantil Príncipe Felipe, para trasladar as unidades do centro de educación infantil . 2) De acordo coa normativa aplicable en materia de cooperación e colaboración entre Administracións Públicas, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra financiarán as obras mencionadas do seguinte xeito: A) Obras de acondicionamento dun local sito na Cidade Infantil Príncipe Felipe, que actualmente funciona como centro de educación infantil, para destinalo a gardería infantil. Orzamento: 89.730,44 ¤ Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado: Ano 2005: 89.730,44 ¤ - Aplicación orzamentaria: 14.02.212D.760.0 B) Obras de acondicionamento dun local sito na Cidade Infantil Príncipe Felipe, para trasladar as unidades do centro de preescolar. Orzamento: 79.792,98 ¤ Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Ano 2005: 30.000 ¤ - Aplicación orzamentaria: 07.01.322A.760.0 Servizo Galego de Saúde: Ano 2005: 30.000 ¤ - Aplicación orzamentaria: 5001/2223/760.0 Deputación Provincial de Pontevedra: Ano 2005: 19.792,98 ¤ - Aplicación orzamentaria: 422-422-622.03 CUARTA. A Deputación Provincial de Pontevedra será a destinataria das achegas procedentes da Xunta de Galicia. A estes efectos a Deputación Provincial declara non ter solicitadas nin concedidas outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o mesmo fin. A suma de tódalas achegas e axudas a fondo perdido que puidera obter a Deputación provincial asinante para o mesmo concepto e finalidade establecido no presente convenio, non poderá superar o 100% do custo total do investimento. No dito suposto, a axuda outorgada polas Consellerías e organismos asinantes veríase minorada na cantidade que exceda da dita porcentaxe. QUINTA. A Deputación deberá cumprir coas obrigas establecidas no artigo 78.4 do Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia de conformidade coa nova redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, e que son, entre outras, as seguintes: a) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar calquera das Consellerías e organismos asinantes ou, se é o caso, a entidade colaboradora, así como calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais coma comunitarios, e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. b) Comunicar ás Consellerías e organismos asinantes, a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza, e en todo caso con anterioridade á xustificación da aplicación dada ós fondos percibidos. c) Así mesmo, deberá levar a cabo o procedemento de licitación e contratación das obras obxecto deste convenio e remitir ás Consellerías e organismos asinantes, a documentación acreditativa da adxudicación do contrato na que conste o importe da mesma. d) A Deputación deberá dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento do investimento obxecto de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos. SEXTA. Os pagos efectuaranse á Deputación previa xustificación do investimento realizado, (as certificacións de obra deberán ser expedidas polo facultativo director das obras), xuntándose certificación da entidade que transcriba o acordo ou resolución da súa aprobación polo órgano competente. A Deputación deberá achegar unha desagregación das contías a aboar por cada unha das entidades financiadoras. Todo isto sen prexuízo da presentación doutro tipo de documentación legal ou regulamentariamente establecida. As devanditas xustificacións de investimento realizado, deberán ser remitidas, antes do día 3 de novembro do ano 2005. Así mesmo, en cumprimento do artigo 78.4 e) do Decreto Lexislativo 1/1999 do 7 de outubro, no momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, a Deputación presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes. Non obstante o anterior, e por tratarse dunha axuda superior a 60.101,21 euros, seralle igualmente de aplicación o establecido no artigo 15.3 do citado Decreto 287/2000, respecto da comprobación por parte das Consellerías e organismos asinantes do investimento realizado, antes do pagamento total do mesmo. SÉTIMA. O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura e terá vixencia ata o cumprimento da finalidade nel establecida, que en ningún caso será posterior ó 31 de decembro do ano 2005. OITAVA. En toda a publicidade derivada da execución do presente convenio farase constar a colaboración de tódalas Consellerías e organismos asinantes. NOVENA. Para o seguimento, coordinación e a interpretación de cantas dúbidas xurdan na aplicación do convenio créase unha comisión mixta, que estará integrada polos seguintes membros: - Un representante de cada unha das Consellerías da Xunta de Galicia parte no presente convenio e outro do Servizo Galego de Saúde. - Un representante da Deputación Provincial de Pontevedra. En caso de discrepancia e, en última instancia, resolverán os órganos xurisdiccionais competentes. DÉCIMA. Son causas de resolución do presente convenio as establecidas no artigo 78.10 do Decreto Lexislativo 1/1999 do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia, de conformidade coa nova redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, e procederá, se é o caso, ó reintegro total ou parcial da axuda percibida e os intereses de demora reportados dende o momento do seu pagamento, ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro. Entre as citadas causas de resolución mencionanse as seguintes: a) O incumprimento da obriga da xustificación ou xustificación insuficiente nos termos establecidos no artigo 30 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións. b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade, do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentou a concesión da subvención. c) O incumprimento das condicións impostas ó beneficiario e as entidades colaboradoras con motivo da concesión da subvención ou da axuda pública, así como dos compromisos por estes asumidos, sempre que afecten ou se refiran ó modo no que deben acadarse os obxectivos, realizar a actividade, executar o proxecto ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención, cando diste derive a imposibilidade de verificar o emprego dado ós fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais. d) O incumprimento de calquera outra das cláusulas establecidas no presente convenio, e ou nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención. UNDÉCIMA. O presente convenio terá carácter administrativo, rexéndose, ós seus efectos, polo disposto nas cláusulas do mesmo e, no seu defecto, polos principios xerais establecidos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas xunto coas demais disposicións legais vixentes en materia de contratación administrativa. Así mesmo, en canto lle sexa de aplicación, estarase ó disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e, igualmente, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas. O tribunal competente para resolver as cuestións litixiosas que puideran xurdir, será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. E, en proba de conformidade cos termos do convenio, as partes comparecentes asínano e rubrícano por cuadriplicado exemplar no lugar e data expresados. A CONSELLEIRA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO Asdo.: Pilar Rojo Noguera O CONSELLEIRO DE SANIDADE E PRESIDENTE DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE Asdo.: José Manuel González Álvarez O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Asdo.: Celso Currás Fernández O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo.: Rafael Louzán Abal" ------ Folla: 14.13072.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO REFORMADO DO CENTRO SOCIAL E DEPORTIVO DA COMUNIDADE DE MONTES DE VERDUCIDO-XEVE (PONTEVEDRA) Visto o acordo da Comisión de Goberno, adoptado en sesión de 18-10-2001, polo que se adxudicou a OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L. a obra "Construcción de Centro Cultural e Deportivo en Verducido-Xeve", na suma de 443.899,71¤, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 13-05-2005, polo que se prestou aprobación ó proxecto reformado de dita obra por importe de 88.997,51¤; visto o escrito da empresa adxudicataria polo que presta conformidade ó proxecto reformado; visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral Accidental, en canto ó procedemento de adxudicación da obra; e visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acordase por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación, de acordo co establecido no art. 146.3 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. 3.- Adxudicar a OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L. a obra relativa ó proxecto reformado de "Construcción de Centro Social e Deportivo de Verducido-Xeve (Pontevedra)" na suma de 88.736,33 euros, IVE incluído, cantidade resultante de aplicar a baixa de adxudicación da obra inicial (0.293471218%) sobre o importe do proxecto reformado. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprise este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 15.13073.- ADXUDICACIÓN DA OBRA "PROXECTO MODIFICADO Nº1 DE ENSANCHE E MELLORA EP 5102 LAMOSA-FRANQUEIRA-ACHAS (COVELO)" Visto o acordo da Comisión de Goberno, adoptado en sesión de 07-11-2002, polo que se adxudicou a CONSTRUCCIONES E.C CASAS, S.L. a obra "Ensanche E.P.5102 Lamosa-Franqueira-Achas (Covelo)", na suma de 60.380,00¤, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 06-05-2005, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado nº 1 de dita obra por importe de 70.690,32¤; unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, e que supón un incremento sobre a mesma de 10.310,32¤, que non supera o 20% do contrato primitivo; visto o escrito da empresa adxudicataria polo que presta conformidade ó proxecto modificado; visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral Accidental, en canto ó procedemento de adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación, de acordo co establecido no art. 146.3 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. 3.- Adxudicar a CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. a obra relativa ó proxecto modificado nº 1 de "Ensanche E.P. 5102 Lamosa-Franqueira-Achas (Covelo)" na suma de 10.310,32 euros, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 16.13074.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA DE "REMODELACIÓN TOTAL DO TERREO DE XOGO DO CAMPO MUNICIPAL DA LOMBA (VILAGARCÍA) Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación da obra "Remodelación total do terreo de xogo do Campo Municipal de A Lomba (Vilagarcía)", visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, acórdase por unanimidade adxudicar a MOVEX VIAL, S.L. a obra "Remodelación total do terreo de xogo do Campo Municipal de A Lomba (Vilagarcía)" na suma de 253.550,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras por importe de 15.460,48 ¤ e un período de mantemento dun ano. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprise este requisito declarárase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeron no con

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición