ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/08/19_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/3.2005-08-19_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/08/19_Ordinaria

  • Data(s) 2005-08-19 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta minutos do día dezanove de agosto do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. Xosé Crespo Iglesias e D. José Juan Durán Hermida. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13264.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión ordinaria, do día 12 de agosto de 2005. ------ Folla: 2.13265.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: TRABEDOURO, S.L. ARQUITECTURA (CIF: B-36308526) A constituída en valores, mediante aval da Caixa, por importe de mil cento trece euros con sesenta céntimos (1.113,60 ¤), parar responder do Proxecto da: "Remodelación de comedores C.I. Príncipe Felipe para adecuación a Centro de Formación emigrantes", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02-03-2005, segundo número 200500011324 de operación , sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 3.13266.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA EUGENIA VELASCO PAZOS, EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON JOSÉ RODRÍGUEZ MARTINEZ E MAPFRE MUTUALIDADE DE SEGUROS E REASEGUROS, POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA REBORDANS A MOSENDE (CONCELLO DE TUI) Dada conta que con data de Rexistro 15-06-05 (rex. nº 019062) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Eugenia Velasco Pazos no nome e representación de DON JOSE RODRÍGUEZ MARTINEZ e MAPFRE MUTUALIDAD DE SEGUROS con enderezo de notificacións en Rúa La Tablada, 6-bajo dcha. de Pontevedra por danos padecidos en vehículo matrícula PO-1996-AT o día 8 de novembro de 2004, e que individualiza economicamente en 2.774,34 ¤. Resultando.- Que con data 17-06-2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, que emitiu en data 27-06-2005 co seguinte contido: "Efectuadas las averiguaciones pertinentes ha podido conocerse que se trata de la C.P. Tui -Rebordáns, localizándose el almacén de materiales de construcción aproximadamente en el P.Km 1800-1900, dentro del tramo de obra adjudicado a Construcciones Crespo en Diciembre de 2002, habiéndose comenzado las obras en los primeros meses del año 2003. El tramo es de 2.700 mts. Y desde el comienzo de las obras existió señalización completa en el inicio de tramo, pero no evidentemente, en cada curva. Durante el proceso de construcción es natural que en algunos puntos y momentos puedan aparecer restos de gravilla, material de excavación, etc que suelen limpiarse cuando, advertida su presencia, se estima peligrosa para la circulación. No se tuvo constancia de ese accidente, ni de cualquier otro en esos días." Resultando.- Que á vista do anterior informe en data de 04-07-05 acordouse dar audiencia a entidade CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. a fin de que alegara o que tivera por conveniente. Ditas alegacións foron recibidas nesta Deputación o 07-07-05 co seguinte contido: "...Primero.- Esta empresa tuvo noticia del citado siniestro por los vecinos de la zona, además la Cía. MAPFRE se puso en contacto telefónico con nosotros para informarse sobre el accidente. Segundo.- Como ya manifestamos en su día a la Cía. aseguradora el accidente tuvo lugar en un tramo de obras adjudicadas a CNES. Crespo, S.A., pero esta empresa finaliza ese tramo de las obras, el día 21 de julio de 2004. Se interrumpió la obra debido a los trabajos de saneamiento que Augas de Galicia adjudicó a la empresa NECSO, S.A. Tercero.- Se acompañan fotografías del estado en que quedó ese tramo de la C.P. Tui-Rebordans en el momento que se entregó a Augas de Galicia, donde se aprecia perfectamente que esta carente de gravilla o cualquier otro obstáculo peligroso para la circulación viaria. Cuarto.- Como consecuencia de lo expuesto, cuando ocurrió el citado siniestro, nuestra representada no estaba trabajando en ese tramo de carretera, era NECSO la que procedía con los trabajos de saneamiento Quinto.- Construcciones Crespo, S.A., comenzó a trabajar nuevamente en ese tramo la C.P. Tui-Rebordans en enero de 2005, una vez terminada la obra contratada por Augas de Galicia. Por todo ello no nos consideramos en modo alguno responsables del citado siniestro y solicitamos de la Excma. Diputación de Pontevedra la admisión del presente escrito, teniendo por hechas las manifestaciones oportunas". Resultando.- Que con data 08-07-05, solicitouse informe aclaratorio o Servizo de Vías e Obras en relación as alegacións vertidas por Construcciones Crespo, S.A. no anterior informe, o cal foi emitido en data 13-07-05 co seguinte contido: "...hemos de comunicar que, efectivamente NECSO, S.A. realizó los trabajos de saneamiento señalados para "Augas de Galicia". No podemos precisar con exactitud las fechas de inicio o término de la obra, pero sí se puede afirmar que el transcurso de la misma coincide sensiblemente con los datos aportados por Construcciones Crespo" Resultando.- Que con data 23-07-05 deuse audiencia por dez días a entidade mercantil NECSO, S.A. e o organismo AUGAS DE GALICIA a fin de que emitiran as alegacions que tiveran por convenientes as cales foron emitidas en 29-07-05 e 02-08-05, respectivamente, e co seguinte contido: "...PRIMERA.- Mi representada resultó adjudicataria en el mes de junio de 2005 de las obras de "Recuperación integrada da Bacía Hidrográfica do Río Miño. Saneamento de Tui 2ª Fase. Tui (Pontevedra), promovidas por la Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos de la Consellería de Medio Ambiente de la Xunta de Galicia. SEGUNDA.- Como parte integrante de la referida obra, una fracción del trazado del colector C-2 San Bartolomeu de Rebordáns (conducción de PVC de 315 mm de diámetro) discurre, en el momento de su construcción, por los márgenes de la carretera provincial PO-342 Tui Rebordans (cuya titular es la Excma. Diputación Provincial) y sólo puntualmente bajo la calzada de la misma. El tramo de colector situado bajo los márgenes (o puntualmente bajo la calzada) de la mencionada carretera se sitúa entre los PK 0+900 y 1+600, tomando como PK 0+000 el cruce de la PO-342 con la carretera N-550. TERCERA.- Las obras de ejecución del colector C-2 de San Bartolomeu de Rebordáns (como de todos los colectores de la obra), se mantuvo la correspondiente señalización de obra de acuerdo al Plan de Seguridad y Salud de la obra y dando estricto cumplimiento a la normativa vigente en materia de seguridad y salud y de señalización de obras. CUARTA.- Durante la ejecución de las obras del colector C-2 de San Bartolomeu de Rebordans (como de todos los colectores de la obra), se mantuvo la correspondiente señalización de obra de acuerdo al Plan de Seguridad y Salud de la obra y dando estricto cumplimiento a la normativa vigente en materia de seguridad y salud y de señalización de obras. QUINTA.- De acuerdo al informe de la Asesoría Jurídica de esa Excma. Diputación Provincial, la reclamación patrimonial se refiere a un accidente producido en el PK 1+800 -1+900 de la CP Tui-Rebordans. Puesto que como se ha mencionado en la alegación segunda, el colector ejecutado por mi representada discurre por los márgenes (o puntualmente bajo la calzada) de dicha carretera hasta el PK + 600, entendemos que no existe ningun tipo de relación entre la obra realizada por mi representada y el accidente..." "... De conformidade co disposto no artigo 97 do texto refundido da lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, a indemnización dos danos e prexuízos que se causen a terceiros deberán ser indemnizados pola entidade mercantil adxudicataria da obra. So será responsable a Administración Pública contratante cando os devanditos danos sexan consecuencia inmediata e directa dunha orde súa ou se estes derivan de vicios do proxecto que a Administración elaborase. Tendo en conta que no oficio remitido non se fai referencia ningunha a unha posible orde inmediata e directa nin a un posible vicio do proxecto elaborado pola Administración e, polo contrario, coñécese a entidade mercantil contratista das obras; debe declararse a falta de responsabilidade deste organismo autónomo en relación coa reclamación de responsabilidade patrimonial que nos ocupa." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto basta con transcribir, respectivamente, os parágrafos capitais dos informes do Enxeñeiro Técnico Zona Sur, "Construcciones Crespo, S.A." e "Necso", así: - Enxeñeiro Técnico Zona Sur; "... desde el comienzo de las obras existió señalización completa" - " Construcciones Crespo, S.A."; "... en el momento en que se entregó a "Augas de Galicia (...) se aprecia perfectamente que está carente de gravilla" - E por fin, "NECSO"; "...se mantuvo la correspondiente señalización de obra" Ante tan clarificadores informes esta Deputación non pode atender a petición de practicar proba testifical, pois na súa facultade entende que nada aportaría o sentido do acordo, e é ben sabido que na laboura de instrucción non está obrigada a Administración a practicar máis que aquelas probas que entenda determinantes para a resolución do suposto controvertido. O certo e verdade é que o sinistro so puido deberse a un incumprimento do precepto do Código de Circulación que obriga ó conductor a adaptar a súa velocidade as circunstancias da vía (artigo 46 do R.d. 1428/2003) extremo este que no caso que nos ocupa non se cumprimentou. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d, 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 4.13267.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARIA CARMEN DOMÍNGUEZ CASTRO, POR DANOS EN VEHÍCULO NA EP 9205 CASAL NANTES (CONCELLO DE SANXENXO) Dada conta que con data de Rexistro 18-06-2005 (Rex. nº 019539) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Maria del Carmen Domínguez Castro, con enderezo a efecto de notificacións en rúa Cristino Alvarez, nº 1 - 3ª planta de A Coruña (Mapfre Mutualidad) por danos padecidos no vehículo matrícula 2198-DDJ o día 8 de febreiro de 2005, na EP-9205 á altura do nº 23 no lugar de Casal-Nantes (Sanxenxo), e que individualiza economicamente en 136,93 ¤. Resultando.- Que con data 23-06-2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, que emitiu en data 08-07-2005 co seguinte contido: " Adjunto remito copia de escrito de Construcciones E.C. CASAS, S.L., a través del cual informa sobre incidente ocurrido en la E.P. 9205 Meaño-Sanxenxo a la altura del número 23 de Nantes y comunicando que la empresa SEVIA, S.L. fue la encargada de realizar el maracaje del eje mediante pintura reflexiva. " Resultando que dito informe da Empresa Construcciones E.C. Casas, S.L. dirixido o enxeñeiro técnico de Obras da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra de data 04-07-05 di o que segue: "La empresa SEVIA, S.L. fue la encargada de realizar el marcaje del eje mediante pintura reflexiva en amarillo. Durante la ejecución de los trabajos, dicha empresa no recibió ninguna notificación de daño alguno; y la secuencia de dichos trabajos fue la siguiente: El 07-02-05, se realiza el premarcaje de la línea de eje con pintura blanca. El 08-02-05, por la mañana, se procede a pintar dicha línea con pintura amarilla. A las 10:00 h. dicha pintura está totalmente seca, no pudiendo producir ninguna salpicadura a vehículos, como indica el informe de atestados. La mancha de pintura blanca fue derramada no por la empresa (según ésta indica); y con posterioridad a la amarilla como se observa todavía en la calzada" Resultando que con data 28-07-05 solicitouse informe a empresa SEVIA, S.L. o fin de que emitira informe o cal foi remitido en 03-08-05 co seguinte contido: "BENITO NOGUEIRA SANTORUM en calidad de gerente de empresa "SEVIA, S.L." expone lo siguiente: La empresa E.C. CASAS, S.L. nos contrató los servicios de pintado del eje de la carretera D.P. 9205 MEAÑO-SANXENXO, haciendo el premarcaje el día 7 de febrero y pintado el eje el día 8 por la mañana. Según el informe de la policía local de SANXENXO los incidentes ocurridos fueron el día 8 de febrero sobre las 10:00 horas, por lo tanto la empresa SEVIA había abandonado el lugar de los incidentes siete horas antes, quiero aclarar con esto que no puede haber sido pintura de nuestra empresa. La pintura fue derramada después de que nosotros abandonáramos la obra, pues nosotros pintamos el eje de la calzada de color amarillo de obras y la pintura derramada era de color blanco. Además si no nos encontrábamos en la obra ya hacía siete horas no hay ninguna pintura que tarde tanto en secar, por lo cual no podemos ser los autores de los hechos que se nos imputan" Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois abonda con transcribir literalmente os parágrafos esenciais dos tres informes emitidos a saber: Enxeñeiro Xefe Zona Norte: "... La empresa "Sevia" fue la encargada de realizar el marcaje del eje mediante pintura reflexiva" "Construcciones E.C. CASAS": "...La empresa "Sevia" fue la encargada de realizar el marcaje del eje mediante pintura reflexiva en amarillo (...) dicha empresa no recibió ninguna notificación de daño alguno (...) el 08-02-05, por la mañana, se procede a pintar dicha línea con pintura amarilla. A las 10,00 dicha pintura está totalmente seca, no pudiendo producir ninguna salpicadura a vehículos (...) la mancha de pintura blanca fue derramada no por la empresa y con posterioridad a la amarilla". "SEVIA": "...haciendo el premarcaje el día 07 de febrero (...) no puede haber sido pintura de nuestra empresa. La pintura fue derramada después de que nosotros abandonáramos la obra, pues nosotros pintamos el eje de la calzada de color amarillo y la pintura derramada era de color blanco". A Deputación cumpriu coa obriga de abrir trámite de alegacións a aqueles que puideran ter relación activa co percance, por acción ou omisión ("Construcciones Casas" e "Sevia"), argumentando as mesmas as razóns polas que non se lle podía imputar a causa do dano. Por iso e o tenor do artigo 97 da LCC.AA.PP. (R.d. Lexislativo 2/2000) é obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato, polo que a Deputación, salvo facer partícipes no expediente as devanditas empresas, nada pode facer nin asumir, iso sen prexuízo das accións que no ámbito civil poidan corresponder o reclamante contra as empresas. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 5.13268.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA ANA MARIA DIZ MARTÍNEZ NO SEU NOME OU NO DO SEU FILLO DON GIOVANNI CUSTODIA DIZ, POR DANOS SUFRIDOS EN CICLOMOTOR NA ZONA DE CANELAS EN VILANOVA DE AROUSA (CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA) Dada conta que con data de Rexistro 30-06-05 (rex. nº 021283) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Ana Maria Diz Martínez no seu nome e no de seu fillo Don Giovanni Custodia Diz, veciña de Vilagarcía de Arousa na rúa San Roque, 32 - 2ºB; por danos padecidos en ciclomotor da súa propiedade, na zona de Canelas en Vilanova de Arousa o día 1 de xullo de 2004, e que individualiza economicamente en 9.325,50 ¤. Resultando.- Que con data 05-07-2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu con data 29-07-2005 co seguinte contido: "... El lugar que indican, no es Vía Provincial". Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 6.13269.- RECLAMANCIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARIA DEL ALBA FILGUEIRA POUSADA, POR DANOS PERSOAIS A CONSECUENCIA DUNHA CAÍDA NA ESTRADA DE BEMBRIVE Á ALTURA DO NUM. 70 (CONCELLO DE VIGO) Dada conta que con data de Rexistro 02-08-05 (rex. nº 024552) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita Dona Mª del Alba Filgueira Posada con enderezo en estrada de Bembrive num. 57 de Vigo por danos persoais padecidos a consecuencia dunha caída na estrada de Bembrive á altura do núm. 70 de Vigo o día 9 de xuño de 2004, e que individualiza economicamente en 18.482,24 ¤. Resultando.- Que con data 04-08-2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, que emitiu en data 08-08-2005 co seguinte contido: "La que denominan Estrada de Bembrive, es la C.P. Calvario-Vincios. En la fecha que citan estaba en obras. Según su propia declaración la acera estaba dotada del bordillo y de la capa de hormigón, previa a la instalación de las baldosas, y que es posible que no estuviese perfectamente pulida pues para una mejor adherencia se suele dejar en cierto modo rugosa, pero de ahí a presentar numerosos agujeros me parece exagerado. Desconocemos si había tubos eléctricos en algún lado de la acera, pero nos cuesta creer que obstruyeran totalmente el paso por la misma. Evidentemente, para la instalación de las farolas por el Ayuntamiento de Vigo, con cargo a la obra en marcha se colocaron los pernos de sujeción de las mismas que, normalmente, suelen rodearse de la cinta habitual de defensa de obras sin que, en buena lógica, podamos precisar si tal situación era la existente en el momento del accidente. Es asimismo posible que en ese día, si como dice en su reclamación, se procedía al asfaltado de la carretera, ésta pudiese presentar restos de gravilla, pues como es conocido, no se adhiere con el líquido (emulsión asfáltica) el 100% de la misma. Pero no había tierra. No se tenía conocimiento de ese accidente ni de cualquier otro en esa fecha y en esa zona." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois dos testemuños fotográficos unidos o expediente achégase un en concreto que reflicte o sinal de obra advertindo precisamente os vehículos e viandantes do estado da estrada e das beirarrúas. Por outra banda os tubos que se sinalan coma causantes do tropezón son non so altos dabondo para seren apreciados incluso por unha persoa con deficiencias visuais -situación na que non consta se atópase a reclamante- senón tamén de cor vermello, o que os facía claramente perceptibles. A máis, alégase pola reclamante que o tropezar cos tubos trastabillou e o apoiar o pe na calzada esbarou na gravilla: volvemos o anterior argumento, e dicir, certa gravilla solta e concebible e inevitable nunha obra non rematada, polo que a citada concausa non se pode atribuír a un mal funcionamento da Administración Provincial, que cumpría dilixentemente coa sinalización advertindo dunha obra que ten coma finalidade mellorar a vía e, por ende, as condicións de circulación dos veciños. Por outra banda non se achega -a marxe da propia manifestación subxectiva da interesada- ningún outro medio de proba, por exemplo testifical, polo que a Deputación, lamentado profundamente o percance, non pode facerse cargo das súas consecuencias económicas, pois sen prexuízo das accións que a reclamante estime pertinentes, a causa eficiente daquel soamente pode atribuírse o despiste ou falla de atención da interesada. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 7.13270.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 8.13271.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DE INVESTIGACIÓN NA AREA DE EDAFOLOXÍA DO SERVIZO AGRARIO De conformidade co establecido nas bases da convocatoria dunha bolsa de investigación no área de Edafoloxía para o laboratorio da finca Areeiro do Servizo Agrario, publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 141 de data 24 de Xullo de 2002, acórdase por unanimidade, a proposta do Xefe do Servizo Agrario, prorrogar esta bolsa a Dona Saleta González Pimentel, con efectos 1 setembro de 2005 e ata o 31 de agosto de 2006. A dotación económica desta bolsa ascende a 841,41 ¤/mes, o cal supón un custo, a efectos económicos e para este exercicio 2005 dun total de 3.365,64 ¤, cantidade que se imputara á partida 05/711.711.481.01 do vixente orzamento provincial. ------ Folla: 9.13272.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA Redactándose polo Servizo de Vías e Obras diversos proxectos de obras incluídas no POL e PPC 2005, que máis adiante se detallan; e emitíndose por Intervención informes relativos á existencia de consignación nas partidas 05/911.511.611.03 e 05/911.511.611.09, acórdase por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos: 1.-"Terminación, ensanche e mellora E.P. 0507 Portela-Valiñas-Portas (Barro-Portas)" (POL2005) por importe de 151.283,28 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 05/911.511.611.03. 2.-"Ensanche e mellora E.P. 6202 Rodeiro-Osera (Rodeiro)" (PPC 2005) por importe de 170.000,00 ¤ IVE incluído, con cargo á partido 05/911.511.611.09. 3.-"E.P. 0307 Peso-Caroi (A Lama)"(PPC 2005) por importe de 280.000,00 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 05/911.511.611.09" ------ Folla: 10.13273.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE VIGO Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación o concurso convocado para a contratación das obras de "Diversas obras a executar mediante convenio có Concello de Vigo"; vistos os informes emitidos polo enxeñeiro director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, acórdase por unanimidade: 1.- Adxudicar a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra de "Humanización Rúa Afonso XIII" na suma de 372.195,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de mes e medio, melloras valoradas en 27.070,89 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. 2.- Adxudicar a CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. a obra de "Humanización Rúa Velázquez Moreno (Tramo Príncipe-Policarpo Sanz)" en la suma 289.397,29¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución dun mes e medio, melloras valoradas en 17.087,70 ¤, e un período de mantemento de trinta meses. 3.- Adxudicar a CONTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. a obra de "Mellora de Beirarrúas na Rúa Manuel de Castro" na suma 187.687,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución dun mes, melloras valoradas en 26.000,00 ¤, e un período de mantemento de trinta e tres meses. Os adxudicatarios constituirán unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.c.a.p., que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario ingresará na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 87,49 ¤, correspondente á publicación de anuncios do concurso no B.O.P. e D.O.G. que ascendeu a un total de 437,47 ¤ Contra este acordo que pon fin a vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo e reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (arts, 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de Xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ou ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos arts. 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción contencioso-administrativa, e todo iso no prazo establecido no art. 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 11.13274.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA "REDACCIÓN DE PROXECTO E EXECUCIÓN DA OBRA DO PARQUE COMARCAL CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA (PORRIÑO) Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación o concurso convocado para a contratación da "Redacción do proxecto e execución da obra do Parque Comarcal Contraincendios e Salvamento das Comarca do Baixo Miño, O Condado e Louriña (Porriño)"; visto o informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, acórdase por unanimidade adxudicar a DICSA (DECORACIÓN, INSTALACIONES Y CONSTRUCCIONES, S.A.U.) a "Redacción de proxecto e execución da obra do Parque Comarcal Contraincendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, O Condado e Louriña (Porriño)" na suma de 530.000,00 ¤ IVE incluído. O adxudicatario constituirá unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.c.a.p. , que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario ingresará na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 336,39 ¤, correspondente á publicación de anuncios do concurso no B.O.P. e D.O.G. Contra este acordo que pon fin a vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo e reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (arts, 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ou ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos arts. 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción contencioso-administrativa, e todo iso no prazo establecido no art. 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 12.13275.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA O SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO AUTOBOMBA NODRIZA PESADA PARA O CONSORCIO COMARCAL CONTRA INCENDIOS DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 17 de xuño de 2005, aprobando o expediente para a contratación , mediante concurso por procedemento aberto, do subministro dun vehículo autobomba nodriza pesada, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 123, 28-06-05) e no DOGA (nº124,29-06-05). Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas admitida ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 18 de xullo de 2005 deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Vistos os informes emitidos polos técnicos e a proposta da Mesa de Contratación, de data 18 de xuño do ano en curso, acórdase por unanimidade: - Adxudicar o Subministro dun vehículo autobomba nodriza pesada para o Consorcio Comarcal Contraincendios das comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña, á empresa INCIPRESA, S.A.(C.I.F. A-36.633.600) polo prezo ofertado de cento setenta e nove mil oitocentos noventa euros (179.890,00 ¤), IVE incluído e matriculado. O pago do subministro efectuaranse no seu día ós adxudicatarios, con cargo á partida, 05/911.223.662.03 do vixente Orzamento Provincial. O adxudicatario constituirá unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación por importe de 7.195,60 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no art. 36 do R.d.l 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da L.c.a.p., no prazo de quince días naturais, contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Os adxudicatarios deberán ingresar, cada un, na Caixa desta Deputación a cantidade de trescentos trinta e catro euros con trinta e tres céntimos (334,33 ¤) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia (95,53 ¤) e no Diario Oficial de Galicia (238,80 ¤). ------ Folla: 13.13276.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA O SUBMINISTRO DUN CAMIÓN DE PRIMEIRA INTERVENCIÓN PARA O PARQUE DE BOMBEIROS DO MORRAZO Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 17 de xuño de 2005, aprobando o expediente para a contratación , mediante concurso por procedemento aberto, do subministro dun camión de primeira intervención para o Parque de Bombeiros do Morrazo, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 123, 28-06-05) e no DOGA (nº124, de data 29-06-05). Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas admitida ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 18 de xullo de 2005 deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Vistos os informes emitidos polos técnicos e a proposta pola Mesa de Contratación, de data 18 de xuño do ano en curso, acórdase por unanimidade: - Adxudicar o subministro dun camión de primeira intervención para o Parque de Bombeiros do Morrazo, á empresa ROSENBAUER ESPAÑOLA, S.A. (CIF A-28.859.833) polo prezo ofertado de douscentos quince mil novecentos noventa e dous euros (215,992 €), IVE incluído e matriculado. O pago do subministro efectuarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida, 05/911.223.662.05 do vixente Orzamento Provincial. O adxudicatario constituirá unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 8.639,68 €, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no art. 36 do R.d.l 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Os adxudicatarios deberán ingresar, cada un, na Caixa desta Deputación a cantidade de trescentos doce euros con setenta e nove céntimos(312,79¤), por gastos de anuncios no Boletín Oficial de Pontevedra (93,89 ¤) e no Diario Oficial de Galicia (218,90 ¤). ------ Folla: 14.13277.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación o concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras"; visto o informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; propoñendo que os adxudicatarios constitúan unha garantía definitiva por importe do 20% do prezo de adxudicación toda vez que, anque ambas empresas alcanzan a máxima puntuación incorren en baixa temeraria; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, acórdase por unanimidade : 1.- Adxudicar a PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. a obra de "E.P. Barrantes-Armenteira-Busto (Meis)" na suma de 112.000,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 11.404,96 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. 2.- Adxudicar a DAGO, S.A. a obra de "Mellora trazado e pavimento E.P. 2909 Arcade-Viso (Soutomaior)" na suma 136.142,00 ¤ IVE, incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 15.690,00 ¤, e un período de mantemento de vinte e catro meses. Os adxudicatarios segundo o establecido no art. 36.4 do R.d.l 2/2000 , de 16 de xuño, constituirán unha garantía definitiva por importe do 20% do prezo de adxudicación toda vez que, segundo o manifestado no referido informe técnico, aínda que ambas empresas alcanzan a máxima puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración que figuran no prego de condicións economico-administrativas que rexeu no concurso, incorren en baixa temeraria. Así mesmo, o adxudicatario ingresará na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 174,82 ¤, IVE incluído, correspondente á publicación de anuncios do concurso no B.O.P. e D.O.G. que ascendeu a un total de 349,63 ¤. Contra este acordo que pon fin a vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo e reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (arts, 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ou ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos arts. 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción contencioso-administrativa, e todo iso no prazo establecido no art. 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 15.13278.- PETICIÓN DE APOIO DE ALDEAS INFANTILES SOS DE GALICIA Á CANDIDATURA Ó PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DA CONCORDIA 2005 Dada conta da comunicación da Presidenta de Aldeas Infantiles SOS de Galicia, Rosa Freire Pichín, de data 1 de agosto de 2005 (rexistro de entrada núm. 024769, de data 04-08-05), pola que se remite unha petición de apoio á candidatura de Aldeas Infantiles SOS de España ó premio Príncipe de Asturias da Concordia 2005, presentada dita candidatura por D. José María Rodríguez Pomatta, Presidente da Mutua Madrileña. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade e apoio a dita candidatura e acorda a remisión do escrito de apoio á Fundación Príncipe de Asturias. ------ Folla: 16.13279.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 18 de agosto de 2005, para o recoñecemento extraxudicial de obrigas, de gasto efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2005, acórdase por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200500000854 e que conten cento dezaoito facturas, sendo a primeira a referida a Canal Dous Multimedia, S.L.U. por importe de 580,00 ¤ e a derradeira a Paz Güimil Manuel por importe 3.190,37 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 250.983,40 ¤ Descontos IRPF 0 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 0 ¤ Total líquido 250.983,40 ¤ ------ Folla: 17.13280.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, mostrar o seu máis fondo pesar polo pasamento dos dezasete soldados finados en Afganistán, trasladando as súas sentidas condolencias as familias, pola súa altruísta labor a prol da paz e da democracia e do servizo desinteresado ós demais. Por iso, fixéronse acredores do tributo respecto, admiración e cariño que lle renderán por sempre todos os cidadáns da Provincia de Pontevedra, de Galicia e de toda España. ------ Folla: 18.13281.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición