Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2005-09-30_Ordinaria. Acta de sesión 2005/09/30_Ordinaria
Acta de sesión 2005/09/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/3.2005-09-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/09/30_Ordinaria
Data(s) 2005-09-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día trinta de setembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13359.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 23 de setembro de 2005. ------ Folla: 2.13360.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN PARA O FOMENTO DA RIQUEZA FORESTAL DE GALICIA. AFRIFOGA Dada conta da remisión pola Asociación para o fomento da riqueza forestal de Galicia do citado Convenio, Resultando que AFRIFOGA é unha asociación sen ánimo de lucro con implantación rexional pero con especial actividade na provincia de Pontevedra; que agrupa a propietarios forestais e Comunidades de Montes Veciñais, e que os seus fins principais son a extensión de técnica de xestión sostible nos montes e fomentar a compatibilidade dos seus usos, Resultando o interese e beneficio que a finalidade do Convenio supón para os habitantes da Provincia de Pontevedra e en especial para os seus montes, Resultando que a achega desta Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ó mencionado Convenio supón unha cantidade de 60.000,00 ¤ segundo a cláusula quinta. Vistos os informes do Secretario accidental de data 23/08/05, do Interventor accidental con data 22/09/05 con retencións de crédito con números de operación 200500088457 por importe de 57.000,00¤ e 200500088622 por importe de 3.000,00 ¤ con cargo á partida 05/711.711.489.01 e o do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario de data 12/09/05, acórdase por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación para o fomento da riqueza forestal de Galicia. AFRIFOGA para a loita contra os incendios forestais nos montes veciñais en man común da provincia de Pontevedra a través da Planificación e o desenvolvemento sustentable. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN PARA O FOMENTO DA RIQUEZA FORESTAL DE GALICIA. AFRIFOGA A loita contra os incendios forestais nos montes veciñais en man común da provincia de pontevedra a través da planificación e o desenvolvemento sustentable. Planificación compatible de usos nos Montes Veciñais en Man Común da Montaña de Pontevedra e Formación das Comunidades no eido da Xestión Sustentable coa elaboración das ferramentas didácticas propias. REUNIDOS De unha parte o Excmo. Sr. D. RAFAEL LOUZÁN ABAL, Presidente da Deputación de Pontevedra, actuando no seu nome e representación segundo dispón o art. 34 da Lei 7/85 de 2 de abril das Bases de Réxime Local. E doutra, D. MARIANO SCOLA FERNÁNDEZ, secretario Xeral da Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia AFRIFOGA (C.I.F. Nº G-36.028.603). Interveñen en función dos seus respectivos cargos e no exercicio das facultades que para convir en nome das Entidades que representan teñen conferidas e, EXPOÑEN 1º.- Que a DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA considera accións necesarias impulsar a riqueza forestal da provincia, todas as medidas encamiñadas á loita contra os incendios forestais, así como o coñecemento da potencialidade dos seus recursos silvícolas, principalmente nos Montes Veciñais en Man Común. Tamén considera de interese o coñecemento das materias primas de orixe forestal, o fomento do asociacionismo no eido dos montes, a divulgación de técnicas de xestión forestal sustentable, o pulo da multifuncionalidade dos bosques, e, de xeito particular, as técnicas e ferramentas de prevención dos lumes forestais na provincia de Pontevedra. 2º.- Que AFRIFOGA é unha asociación sen ánimo de lucro con implantación rexional pero con especial actividade e sede na provincia de Pontevedra; que agrupa a propietarios forestais e Comunidades de Montes Veciñais en Man Común. Os fins principais da Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia son a extensión de técnicas de xestión sustentable nos montes, fomentar a compatibilidade entre usos, o fomento de iniciativas de mellora das estructuras forestais (agrupacións de predios, xestión conxunta, etc.) e o asesoramento e divulgación a Comunidades de Montes e a colaboración coas distintas Administracións públicas na mellora do medio rural. OBXECTIVOS DO CONVENIO Obxectivo xeral: O obxectivo final do convenio é contribuír á reducción do número de lumes forestais nos montes da montaña de Pontevedra, mediante a planificación de usos nos montes, despois da análise e definición de estratexias feitas previamente e encamiñadas ao desenvolvemento sustentable e estable das zonas rurais. Esta fase, sucede e forma parte imprescindible dunha primeira xa rematada (realizada no ano 2004), baseada no estudo do medio natural, socioeconómico e legal da demarcación territorial "Montaña de Pontevedra" e no diagnóstico DAFO complementario, apoiado cartográficamente, segundo o cal se estableceron as capacidades de acollida do medio que servirán agora para unha planificación multifuncional e sustentable que evite conflictos e diminuia o número de lumes. Unha parte fundamental do proxecto e sobre todo nesta segunda fase (aparte do gran contido técnico) é a faceta divulgativa e extensiva das medidas definidas primeiramente. Polo tanto, á planificación concisa dos usos débese engadir agora unha campaña divulgativa apoiada con ferramentas didácticas axeitadas que servan para estender entre as comunidades de montes as medidas aplicables do proxecto. Obxectivos específicos: · Estudar e establecer un modelo piloto para a aplicación das técnicas de sustentabilidade de cara á planificación de usos, multifuncionalidade e prevención de lumes. · Estender entre as Comunidades de Montes de Pontevedra, con conflictos de usos agroforestais, as medidas de xestión compatible dos montes, a través dunha campaña de divulgación. · Crear ferramentas didácticas orientadas á xestión sostible do monte, por parte dos órganos xestores comunais. Concretamente, a elaboración e edición dun manual técnico práctico de manexo sustentable para Comunidades de Montes. ESTIPULACIÓNS Primeira: As actividades a desenvolver pola Asociación AFRIFOGA no marco do presente Convenio son: 1. Estudar e establecer un modelo-guía para a aplicación das técnicas de sustentabilidade de cara á planificación de usos, multifuncionalidade e prevención de lumes. Realizarase nunha Comarca concreta e servirá polas súas características de aplicación ó resto da provincia. 2. Estender entre as Comunidades de Montes de Pontevedra, con conflictos de usos agroforestais, as medidas de xestión compatible dos montes, a través dunha campaña de divulgación. 3. Crear as ferramentas didácticas orientadas á xestión sustentable do monte, por parte dos órganos xestores. Concretamente, a elaboración e edición dun manual técnico de manexo e xestión sostible para Comunidades de Montes. Segunda: O traballo e actividades do presente convenio realizaranse na provincia de Pontevedra. Terceira: Para a realización das actividades, AFRIFOGA disporá do persoal técnico, equipamentos e instalacións, de tal xeito que dende a súa Central e os puntos de atención que estime oportunos na Provincia, se preste a atención que estas actuacións requiren. Do mesmo xeito, AFRIFOGA deberá pedir ou contratar o asesoramento específico que se precise naqueles temas que requiran unha especialidade tecnolóxica elevada. Cuarta: A duración do presente Convenio será de cinco meses. O Convenio entrará en vigor ó día seguinte da sinatura arriba estipulada. Quinta: A achega da Deputación de Pontevedra a este Convenio ascende á cantidade de sesenta mil euros (60.000 ¤) con cargo a partida 05/711.711.489.01 que se reparten por accións do seguinte xeito: TRABALLO FINANCIAMENTODeputación de Pontevedra Estudo e establecemento dun modelo-guía para a aplicación das técnicas de sustentabilidade de cara á planificación de usos, multifuncionalidade e prevención de lumes. 21.000 Impartición de 20 Accións Divulgativas, con entrega de material didáctico. 24.000 Elaboración e edición de un Manual Técnico de manexo práctico de xestión sustentable para Comunidades de Montes. 15.000 60.000 Sexta: O pagamento das cantidades efectuarase da seguinte maneira: Un 40 % da cantidade sinalada na cláusula anterior no momento da firma do Convenio. O 60 % restante á entrega da documentación xustificativa final e dos productos rematados. Estas cantidades que se veñen de referir anteriormente efectuaranse previo cumprimento do sinalado na cláusula sétima. Sétima: Para o trámite dos pagamentos, AFRIFOGA remitirá á Deputación de Pontevedra a seguinte documentación: a) Un informe acumulativo das actuacións realizadas ó abeiro do Convenio, dende o seu comezo ata o remate das accións, que deberá ser aprobado polo órgano competente. b) Exemplares do estudo, traballos, diagnósticos, conclusións ou cartografía correspondentes. c) Os xustificantes acreditativos dos gastos efectuados pola propia AFRIFOGA para o desenvolvemento das actividades contempladas no Convenio. d) As facturas ou recibos dos pagos feitos a terceiros, necesarios para o desenvolvemento do Convenio. A Deputación de Pontevedra procederá ós devanditos pagamentos a través de transferencia a conta bancaria. Oitava: No caso de que as cantidades xustificadas non acadasen os importes citados nas cláusulas quinta e sexta, certificarase polo órgano competente da Deputación de Pontevedra unicamente a cantidade xustificada. En caso de incumprimento das obrigas asumidas AFRIFOGA procederá ó reintegro das cantidades percibidas. Novena: A Deputación de Pontevedra poderá solicitar en calquera momento información sobre o estado e cumprimento dos obxectivos sinalados. Décima: Para o seguimento e control do traballo programado establécese unha Comisión formada por: · O Deputado do Servizo ou Departamento con competencias forestais ou persoa na que este delegue, en representación da Deputación de Pontevedra. · O seu Secretario xeral ou persoa na que este delegue, en representación da Asociación para o Fomento da Riqueza Forestal de Galicia - AFRIFOGA. Décimoprimeira: As cláusulas e demais termos do presente Convenio poderán ser revisados ou modificados a instancia de calquera das dúas partes, de mutuo acordo, sendo obrigatoria a revisión con ocasión da promulgación de normas de calquera rango que alteren substancialmente os supostos fundamentais nos que se basea o presente Convenio. Décimosegunda: O presente Convenio ten carácter administrativo e rexerase polas estipulacións que na xurisdicción se conteñen, sendo competente para entender dos litixios que puidesen xurdir, a xurisdición contencioso-administrativa. Ademais serán de aplicación o art. 88 e demais concordantes da Lei 30/92 do 26 de novembro (LRJAP y PAC), o art. 3 e concordantes do R.d.l. 2/2002 do 16 de xuño (TRLCAP) e a lei 38/2003 do 17 do novembro Xeral de Subvencións Décimoterceira: Serán causas de resolución do presente Convenio: A) A denuncia de calquera das partes con tres meses de antelación á súa finalización. B) O incumprimento das cláusulas do Convenio. C) O mutuo acordo das partes. Décimocuarta: A difusión ou publicación en calquera medio dos traballos suxeitos a Convenio implicará a mención expresa da Deputación de Pontevedra como institución patrocinadora. Se os traballos desenvoltos foran obxecto de publicacións deberase incluír no interior e nas contraportadas das mesmas os logotipos e os nomes de AFRIFOGA e da Deputación de Pontevedra. Décimoquinta: AFRIFOGA sométese ás actuacións de comprobación que respecto da xestión dos fondos do presente convenio pode efectuar a Deputación de Pontevedra e ós procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de conformidade co disposto no artigo 6.5 d) do Decreto Lexislativo 8/1999 do 30 de decembro que modifica o Decreto Lexislativo 1/1999. Décimosexta: A alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. Como proba de conformidade do ata aquí exposto, os comparecentes conveñen e asinan o presente documento por triplicado, no lugar e data que no seu encabezamento se expresa. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Asdo: D. Rafael Louzán Aval Presidente da D. de Pontevedra Por AFRIFOGA, Asdo: Mariano Scola Fernández Secretario Xeral de AFRIFOGA" ------ Folla: 3.13361.- MODIFICACIÓN DAS TARIFAS DE DIVERSOS PREZOS PÚBLICOS Vistos os expedientes tramitados a proposta do Servizo de Intervención desta Deputación para a modificación dos acordos reguladores de diversos prezos públicos provinciais e do Padroado de Turismo "Rías Baixas", coa finalidade, segundo consta nas memorias da Presidencia de cada expediente, de actualizar as tarifas dos mesmos para o exercicio 2006, cunha proposta de incremento en termos nominais do 2%, de acordo coa variación estimada para o IPC, en dito exercicio. Vistos os informes de Intervención que constan nos respectivos expedientes, a "Xunta de Goberno", de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: -Aprobar as modificacións dos acordos reguladores dos diversos prezos públicos que se relacionan a continuación co obxecto de actualizar as tarifas dos mesmos para o exercicio de 2006. ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA VENDA DE MAPAS. ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Mapas en relevo, cada un 33,92 ¤ B. Mapas plastificados, cada un 7,53 ¤ C. Mapas en papel sen pregar, cada un 3,76 ¤ D. Mapas en papel pregado con funda, cada un 4,51 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NA IMPRENTA PROVINCIAL ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Pola confección de traballos de imprenta esixirase: A.1. Por hora de traballo manual 20,08 ¤ A.2. Por hora de máquina MINERVA 17,06 ¤ A.3. Por hora de máquina automática 20,08 ¤ A.4. Por hora de encadernación 12,07 ¤ B. Ós traballos urxentes aplicaráselles un recargo do 50 % Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN COA MÁQUINA FITOSANITARIA ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Por hora de servizo 105,65 ¤ B. No caso de traballos urxentes aplicarase un recargo do 50 % Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ANÁLISE NA FINCA DE AREEIRO ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Por análise rutineira 15,09 ¤ B. Por análise de invernadoiro 24,13 ¤ C. Secuenciación do ADN 10,20 ¤ D. Análise molecular de armillaria: D.1. Por cada árbore ou unidade 18,00 ¤ D.2. Por hectárea 32,00 ¤ E. No caso de urxencia aplicarase un recargo do 50 % Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS DE FORMACIÓN QUE SE PRESTAN POLO CPAM. ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Cursos a grupos con material informático individual, por hora e alumno 6,04 ¤ B. Cursos a grupos con material informático para dúas persoas, por hora e alumno 5,30 ¤ C. Cursos a grupos sen material informático, por hora e alumno 5,30 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA. ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA 1. Residencia: 1.1. Sen prestación de servizos, por persoa e día 3,59 ¤ 1.2. Con prestación de servizos, por persoa e día 10,82 ¤ 1.3. Por utilización da residencia, sen pernocta, por persoa e día 2,18 ¤ 1.4. Por utilización do espazo do contorno da residencia, sen pernocta e para calquera actividade, por persoa e día 2,18 ¤ 1.5. Por utilización da cociña e comedores por grupos, por cada día 39,28 ¤ 1.6. Por utilización da lavandería, por cada grupo e día 50,00 ¤ 2. Campamento (só en temporada de verán): 2.1. Organizados pola Deputación, en períodos de 10 días, con prestación de servizos, por persoa 94,26 ¤ 2.2. Non organizados pola Deputación, sen prestación de servizos, con supervisión da montaxe e desmontaxe das tendas: 2.2.1. Por cada tenda e día 4,37 ¤ 2.2.2. Por persoa e día 2,18 ¤ 3. Utilización de bungalows: 3.1. Por cada persoa e día 10,00 ¤ 3.2. Por cada bungalows e día 50,00 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ANÁLISES NA FINCA DE MOURISCADE ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA I. Liña de identificación de xermes en mamite: 1. Cooperativas e asociacións de gandeiros: 1.1. Identificación de xerme, por cada mostra 1,55 ¤ 1.2. Antibiograma 1,55 ¤ 2. Particulares, industrias, etc.: 2.1. Identificación, cada mostra 4,10 ¤ 2.2. Identificación con antiograma, cada mostra 5,10 ¤ II. Liña de alimentación animal: ANÁLISES QUÍMICAS 1. Cooperativas e asociacións de gandeiros: 1.1. Ensilado (herba, millo), cada mostra 4,10 ¤ 1.2. Pensos e materias primas, cada mostra 7,15 ¤ 2. Particulares, industrias, etc.: 2.1. Ensilado (herba, millo): 2.1.1. De 1 a 200 mostras, cada mostra 7,65 ¤ 2.1.2. De 201 a 400 mostras, cada mostra 6,10 ¤ 2.1.3. De 401 a 600 mostras, cada mostra 5,10 ¤ 2.1.4. A partir de 601 mostras, cada mostra 4,10 ¤ 2.2. Pensos e algunhas materias primas, por cada mostra 13,25 ¤ 2.3. Materias primas ordinarias, cada mostra 7,65 ¤ ANÁLISES MICROBIOLÓXICAS 1. Determinación de E. Coli, Salmonella spp, Estafilococcus, cada mostra 13,25 ¤ 2. Determinación, ademais do anterior, : Clostridium, mofos e levaduras, cada mostra 21,40 ¤ 3. Calquera determinación individual, cada mostra 6,10 ¤ ANÁLISES DE MINERAIS 1. Determinación de calcio, fósforo, sodio, potasio e magnesio, cada mostra 22,45 ¤ 2. Calquera determinacion individual, cada mostra 6,10 ¤ ANÁLISES DE AUGAS Opción 1: Ph, conductividade, turbidez, amonio, nitratos, nitritos e coli, coliformes totais, aerobios, enterococcus, pseudomonas, clostridium perfringens, cada mostra 25,50 ¤ Opción 2: E. Coli, coliformes totais e enterococcus, cada mostra 12,25 ¤ OUTROS SERVIZOS DE ANÁLISES 1. Micrografía de pensos, cada mostra 55,10 ¤ 2. Homoxeneidade de mesturas, cada mostra 51,00 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA VENDA DE MAPAS DO PADROADO DE TURISMO "RÍAS BAIXAS". ANEXO I CONCEPTOS NOVA TARIFA A. Por mapa 0,75 ¤ B. Pedidos de 50 ou máis mapas, cada un 0,39 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. Os anexos dos acordos reguladores dos diversos prezos públicos, nos que figuran as novas tarifas publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e, tal como consta nas memorias da Presidencia de cada expediente, entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2006. ------ Folla: 4.13362.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos ------ Folla: 5.13363.- PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DA ESTRADA PARA A EXECUCIÓN E XESTIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o protocolo de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o concello da Estrada para a execución e xestión do Plan Xeral de Ordenación Municipal cuxo texto é o seguinte: "PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DA ESTRADA PARA A EXECUCIÓN E XESTIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL" En A Estrada, a 30 de setembro de dous mil cinco REUNIDOS O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal. O Ilmo. Sr. D. Ramón Campos Durán, Alcalde do Concello de A Estrada. INTERVEÑEN O primeiro, actuando en nome e representación da Excma. Deputación de Pontevedra, en virtude do artigo 34.1 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. O segundo, na súa condición de Alcalde do Concello da Estrada, en virtude das atribucións que lle confiren os artigos 21.1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local; e 61.1ª, da Lei de 22 de xullo de Administración Local de Galicia. EXPOÑEN PRIMEIRO.- As Administracións Públicas poden celebrar convenios de colaboración coas corporacións locais ou con outros entes de dereito público e con outros entes de dereito público e con persoas físicas ou xurídicas suxeitas ó dereito privado ó abeiro do disposto no art. 6 da lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común. SEGUNDO.- Os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos, segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. TERCEIRO.- Entre as competencias de colaboración e cooperación que, no relativo ás relacións coas entidades locais galegas, corresponden á Deputación Provincial, de conformidade co artigo 36 e concordantes da lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local que deu nova redacción a varios artigos da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, atópase a axuda financeira e a subscrición de convenios. CUARTO.- O concello da Estrada atópase actualmente en fase de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal, xa aprobado inicialmente con data 16.08.04, e próximo á súa aprobación provisoria, entre as actuacións previstas no mesmo proxéctase a materialización das circunvalacións sur e norte presupostadas polo equipo redactor e pola oficina técnica municipal en 6.219.980,10 euros, actuación, que resulta imprescindible para o cumprimento dos estándares de calidade de vida e cohesión social previstos na lei 9/2002 de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección de medio rural de Galicia, e as modificacións derivadas da lei 15/2004, do 29 de decembro. Por todo esto e ó fin de establecer as condicións de colaboración necesarias e acadar o fin proposto, a Excma. Deputación de Pontevedra e o Concello da Estrada acordan subscribir o presente protocolo de colaboración segundo as seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente protocolo é fixar as bases que rexerán a colaboración financeira da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra co concello da Estrada, para a materialización das circunvalacións Sur e Norte. SEGUNDA.- A colaboración da Deputación Provincial consistirá no financiamento desta actuación, por importe máximo que non excederá o 100% do seu orzamento. Esta colaboración financeira que asume a entidade provincial revestirá o carácter de conformidade previsto no artigo 60.3 da Lei 9/2002 de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. TERCEIRA.- As condicións e concrecións das actuacións a realizar, así como o seu financiamento, serán fixadas no correspondente convenio de colaboración a asinar entre a Excma. Deputación de Pontevedra e o concello da Estrada. O financiamento efectuarase con cargo ós Plans Provinciais correspondentes ós exercicios 2005 a 2012, sempre que estos existan, distribuíndose en anualidades que serán desagregadas no correspondente cadro anexo ó convenio de colaboración. CUARTA.- As axudas previstas neste Protocolo son incompatibles coas que perciba o Concello da Estrada da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes con cargo ó programa "un Concello, unha praza", e/ou de calquera outra administración pública. En proba de conformidade, asinan o presente convenio protocolo de colaboración, por triplicado exemplar, no lugar e data indicados no encabezamento. O PRESIDENTE DA EXCMA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. Asdo. Rafael Louzán Abal O ALCALDE DO CONCELLO DA ESTRADA. Asdo. Ramón Campos Durán" ------ Folla: 6.13364.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O BORA-CAMPOLONGO, C.F. Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do convenio de colaboración co Bora Campolongo CF, co obxecto da urxencia na mellora das instalacións deportivas situadas en "O Campiño" que neste momento non reúnen as condicións necesarias para o desenvolvemento da súa actividade, mediante a achega de cento vinte mil oito euros con setenta e dous céntimos (120.008,72 ¤), e con cargo á partida 05/451.451.789.04 do vixente Orzamento, acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O BORA-CAMPOLONGO C.F. Na cidade de Pontevedra a de de dous mil cinco REUNIDOS Dunha parte, D. Rafael Louzán Abal, presidente desta Excma. Deputación Provincial, actuando na súa representación, e Doutra parte, D. José Ramón Crespo López, en calidad de presidente do Bora Campolongo CF, con CIF G-36362846 e domicilio social en Pza. Campolongo 30-baixo, do Concello de Pontevedra , Bora- Campolongo (36003) EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra leva a cabo un importante e decisivo labor en apoio do deporte da provincia de Pontevedra e dos seus clubes como factor fundamental, tratando con isto de mellorar a capacidade de xestión dos recursos humanos e económicos das entidades, e da divulgación e promoción da actividade deportiva en xeral, apoiando de xeito decidido a aqueles clubes que fagan da difusión e práctica do deporte o seu obxectivo principal. Que o Bora Campolongo CF necesita con urxencia a mellora das instalacións deportivas situadas en "O Campiño" que neste momento non reúnen as condicións necesarias para o desenvolvemento da súa actividade e para a asistencia, dos afeccionados a este deporte, os encontros a celebrar polo clube na liga de fútbol. ESTIPULACIÓNS PRIMEIRA.-O presente Convenio ten por obxecto financiar as obras que se realizarán nas instalacións deportivas de "O Campiño", facendo as reformas necesarias nos vestiarios que faciliten a práctica deste deporte. SEGUNDA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra achegará a cantidade de CENTO VINTE MIL OITO EUROS CON SETENTA E DOUS CÉNTIMOS (120.008,72¤) ,con cargo á partida 05/451.451.789.04 TERCEIRA.- Será de responsabilidade e competencia exclusiva do Clube a adxudicación e contratación das obras referidas . CUARTA.- En tódalas obras colocaranse carteis anunciadores onde figure enxerido o patrocinio das mesmas por parte da Deputación Provincial. Así mesmo manterase dita publicidade institucional da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, unha vez rematadas as obras no estadio de "O Campiño". QUINTA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, poderá dispor das instalacións do campo de fútbol de "O Campiño" en seis datas a elixir ó ano para o desenvolvemento de actividades deportivas, sempre de acordo co Clube e non interferindo na súa programación deportiva. SEXTA.- A Excma. Deputación de Pontevedra comprométese a librar a cantidade, a favor do Bora Campolongo CF, de CENTO VINTE MIL OITO EUROS CON SETENTA E DOUS CÉNTIMOS, que se ingresarán na conta núm. 2100.2188.86.0200184416, unha vez rematadas as obras e previa xustificación dos gastos coas correspondentes facturas. Poderán, non obstante, realizarse achegas, a medida que se vai executando as obras e se xustifiquen as mesmas. Así mesmo, o Clube deberá presentar xunto coa xustificación a seguinte documentación: o Certificación e factura das obras executadas e supervisadas polos técnicos provinciais. o Xustificación da publicidade dada da axuda concedida e dos demais compromisos asumidos no convenio. o Declaración responsable de que os gastos e ingresos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron ó desenvolvemento da actividade obxecto deste convenio. o Xustificación dos ingresos: con declaración responsable dos ingresos obtidos e de que as subvencións ou axudas obtidas non superan o custo da actividade. SÉTIMA.-Este convenio terá vixencia ata o 31 de outubro de 2006. OITAVA.- Este convenio non comporta ningunha relación laboral, contractual ou de calquera tipo entre o Bora Campolongo CF e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de forma que non se poderá esixir ningunha responsabilidade, directa, indirecta ou subsidiaria polos actos ou feitos acaecidos no seu desenvolvemento. As partes acordan a sumisión do presente convenio á orde xudicial contencioso-administrativo e expresamente ós xulgados do contencioso de Pontevedra. En proba de conformidade, asínase o presente Convenio no lugar e data antes citados. O PRESIDENTE DA EXCMA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. Asdo. Rafael Louzán Abal. O PRESIDENTE DO CLUBE, Asdo. José R. Crespo López" ------ Folla: 7.13365.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE "REMODELACIÓN DA ALA SURESTE NA PLANTA PRIMEIRA DO PAZO PROVINCIAL Visto o proxecto de remodelación da ala sureste na planta primeira do Pazo Provincial, redactado polo Servizo de Arquitectura, e cuxo importe ascende á suma de 116.938,74¤, IVE incluído; e, visto o documento RC, emitido por Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/432.432-622.03, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto. ------ Folla: 8.13366.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DUN COMPACTADOR DE PNEUMÁTICOS PARA O PARQUE DE MAQUINARIA Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 10 de xuño de 2005 polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro dun compactador de pneumáticos para o Parque de Maquinaria, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP número 119 e no DOGA número 121 de datas 22 e 24 de xuño de 2005, respectivamente. Resultando que o acto de cualificación da documentación xeral tivo lugar o día 14 de xullo de 2005, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación de ESTUDIOS COMERCIALES E INDUSTRIALES DE MAQUINARIA, S.A. (EMSA), única empresa presentada ó concurso, observando que entre a mesma non figuraba o poder bastanteado da persoa que representaba á mencionada empresa, omisión que foi subsanada dentro do prazo concedido ó efecto, polo que o día 21 de xullo de 2005, reuniuse a mesa de contratación para proceder á apertura da plica presentada pola empresa ESTUDIOS COMERCIALES E INDUSTRIALES DE MAQUINARIA, S.A. (EMSA), pasándose o expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos do Parque de Maquinaria desta Deputación. Vista a proposta formulada pola mesa de contratación na reunión do día 29 de setembro de 2005 para que se lle adxudique o concurso á empresa ESTUDIOS COMERCIALES E INDUSTRIALES DE MAQUINARIA, S.A. (EMSA), en base ó informe técnico emitido polo Sr. Xefe xeral do Parque de Maquinaria desta Deputación de data 26 de setembro de 2005. Acórdase por unanimidade: -Adxudicar á empresa, ESTUDIOS COMERCIALES E INDUSTRIALES DE MAQUINARIA, S.A. (EMSA) (C.I.F. A-79244471), o concurso convocado para efectuar o SUBMINISTRO DUN COMPACTADOR DE PNEUMÁTICOS PARA O PARQUE DE MAQUINARIA, pola cantidade global de OITENTA E SETE MIL CENTO CINCUENTA EUROS (87.150,00 ¤), IVE incluído. A adxudicación a favor da empresa, ESTUDIOS COMERCIALES E INDUSTRIALES DE MAQUINARIA, S.A. (EMSA), motívase por resultar a única oferta presentada e admitida e por reunir os requisitos esixidos en dito concurso. O pago do subministro do compactador de pneumáticos efectuarase no seu día á empresa adxudicataria, con cargo á partida 05/511.511.623.01, do vixente Orzamento Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 3.486,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo acórdase que a fianza provisional da empresa adxudicataria será devolta unha vez teña constituída a fianza definitiva O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 110,36 euros e 199,00 (total 309,36 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 9.13367.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE DOUS ROLOS COMPACTADORES-VIBRADORES E DÚAS CARGADORAS RETROESCAVADORAS 4X4 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 10 de xuño de 2005 polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro de dous rolos compactadores-vibradores (lote número 1) e dúas cargadoras retroescavadoras 4x4 (lote número 2), por importe global máximo de douscentos sesenta e un mil catrocentos euros (261.400,00 ¤), IVE e gastos de matriculación incluídos naquelas máquinas que o precisen e de acordo ó seguinte detalle: Lote nº 1 -Dous rolos compactadores-vibradores con tambor dianteiro e dous pneumáticos traseiros para todas as estacións, a razón de 60.100,00 euros cada rolo..................................................................... 120.200,00 ¤ Lote nº 2 -Dous cargadoras retroescavadoras 4x4, a razón de 70.600,00 euros cada cargadora retroescavadora....................................141.200,00 ¤ Total............... 261.400,00 ¤ Resultando que o anuncio do concurso foi publicado no BOP número 119 e no DOGA número 121 de datas 22 e 24 de xuño de 2005, respectivamente. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura de plicas tivo lugar o día 14 de xullo de 2005, a cuxo efecto se reuniu a mesa de contratación para examinar a documentación e apertura das plicas presentadas polas empresas, COMERCIAL CUSTODIO, S.L.; EUROPACTOR, S.L. e COMOPLESA-LEBRERO, S.A., das cales foron admitidas as presentadas por COMERCIAL CUSTODIO Y COMOPLESA-LEBRERO para o lote nº 1 correspondente ó subministro de dous rolos compactadores-vibradores, e as presentadas polas empresas; FINANZAUTO, S.A.; COMERCIAL CUSTODIO,S.L.; MOTIVO JCB GALICIA, S.A.; MAQUINARIA REY, S.A.; TALLERES OVIDIO, S.L. e TARENOR, S.A.L., para o lote nº 2 correspondente ó subministro de dúas cargadoras retroescavadoras 4x4, as cales foron admitidas, pasándose ó expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos do Parque de Maquinaria desta Deputación. Vista a proposta formulada pola mesa de contratación na reunión do día 29 de setembro de 2005 para que se lle adxudique os lotes números 1 e 2 do concurso á empresa COMERCIAL CUSTODIO, S.L., por resultar as ofertas máis vantaxosas das presentadas e admitidas, en base ós informes técnicos emitidos para cada un dos lotes citados, polo Sr. Xefe xeral do Parque de Maquinaria desta Deputación, ambos de data 26 de setembro de 2005. Acórdase por unanimidade: -Adxudicar o LOTE NÚMERO 1 do concurso á empresa COMERCIAL CUSTODIO, S.L. (CIF B-36137099), para efectuar o SUBMINISTRO DE DOUS ROLOS COMPACTADORES-VIBRADORES, pola cantidade global de CENTO VINTE MIL CENTO SETENTA E SEIS EUROS (120.176,00 ¤), IVE e gastos de matriculación incluídos, a razón de 60.088,00 euros por cada rolo compactador-vibrador. -Adxudicar o LOTE NÚMERO 2 do concurso á empresa COMERCIAL CUSTODIO, S.L. (CIF B-36137099), para efectuar o SUBMINISTRO DE DÚAS CARGADORAS RETROESCAVADORAS 4X4, pola cantidade global de CENTO VINTE E DOUS MIL CATROCENTOS NOVENTA E SEIS EUROS (122.496,00 ¤), IVE e gastos de matriculación incluídos, a razón de 61.248,00 euros por cada cargadora retroescavadora 4x4. A adxudicación dos lotes números 1 e 2 do concurso a favor da empresa, COMERCIAL CUSTODIO, S.L., motívase, en ambos casos, por resultar as ofertas máis vantaxosas de entre as presentadas e admitidas ó obter a maior puntuación, segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e reunir os requisitos esixidos en dito concurso. O pago do subministro dos rolos compactadores-vibradores (lote número 1) e das dúas cargadoras retroescavadoras 4x4 (lote numero 2 ) efectuarase no seu día á empresa adxudicataria, con cargo á partida 05/511.511.662.09, do vixente Orzamento Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 4.807,04 euros no caso do lote número 1 e de 4.899,84 euros no caso do lote número 2, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo acórdase a devolución das fianzas provisionais constituídas polos licitadores que non resultaron adxudicatarios. A fianza provisional da empresa adxudicataria será devolta unha vez teña constituída a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 130,13 euros e 298,50 (total 428,63 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 10.13368.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE DÚAS MOTONIVELADORAS Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 10 de xuño de 2005 polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro de dúas motoniveladoras, por importe global máximo de trescentos sesenta mil seiscentos euros (360.600,00 ¤), IVE e gastos de matriculación incluídos, a razón de 180.300,00 euros por cada motoniveladora. Resultando que o anuncio do concurso foi envíado para a súa publicación no suplemento ó Diario Oficial das Comunidades Europeas, o día 17 de xuño de 2005, aparecendo publicado no suplemento do citado Diario o 21 de xuño de 2005, así mesmo o anuncio de licitación foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 121 de data 24 de xuño de 2005, no Diario Oficial de Galicia número 137 do18 de xullo de 2005 e no Boletín Oficial do Estado número 156 do 1 de xullo de 2005. Resultando que o acto de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas tivo lugar o día 11 de agosto de 2005, a cuxo efecto se reuniu a mesa de contratación para examinar a documentación e apertura das plicas presentadas polas empresas: COMERCIAL CUSTODIO, S.L. e BERAUTO MOTOR, S.L., as cales foron admitidas ó concurso, pasándose o expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos do Parque de Maquinaria desta Deputación. Vista a proposta formulada pola mesa de contratación na reunión do día 29 de setembro de 2005 para que se lle adxudique o concurso á empresa BERAUTO MOTOR, S.L. (CIF B-36872042), ó considerar que resulta a oferta más vantaxosa en base ó informe técnico emitido polo Sr. Xefe xeral do Parque de Maquinaria desta Deputación, de data 26 de setembro de 2005. Acórdase por unanimidade: -Adxudicar á empresa, BERAUTO MOTOR, S.L. (CIF B-36872042), o concurso convocado para efectuar o subministro de dúas motoniveladoras, pola cantidade global de TRESCENTOS DEZANOVE MIL EUROS (319.000,00 ¤), IVE e gastos de matriculación incluídos, a razón de 159.500,00 euros por cada motoniveladora. A adxudicación a favor da empresa, BERAUTO MOTOR, S.L., motívase por considerala máis vantaxosa, ó adaptarse mellor a maquinaria ofertada ás necesidades do traballo a realizar en relación ás características das vías públicas e por reunir os requisitos esixidos en dito concurso. O pago do subministro das dúas motoniveladoras efectuarase no seu día á empresa adxudicataria, con cargo á partida 05/511.511.662.09, do vixente Orzamento Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 12.760,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo acórdase a devolución das fianzas provisionais constituídas polos licitadores que non resultaran adxudicatarios. A fianza provisional da empresa adxudicataria será devolta unha vez teña constituída a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 112,01 euros, 99,60 euros e 828,62 (total 1.040,23 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia, Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial do Estado, respectivamente. ------ Folla: 11.13369.- ADXUDICACIÓN DA AMPLIACIÓN DE 37 LOTES DO "ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE" E DE "17 LOTES DO SUBMINISTRO DE MATERIAIS" DO CONCURSO CONVOCADO PARA O ANO 2005 Vista a proposta formulada polo Xefe Xeral do Parque de Maquinaria de data 14 de setembro de 2005 para a contratación da ampliación de 37 lotes de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" e de 17 lotes do "Subministro de materiais" do concurso do ano 2005, con motivo de estar esgotándose os mesmos e ante a necesidade de continuar efectuando traballos de infraestructuras, bens naturais e outras obras que se lle demandan que realice o Parque de Maquinaria durante o ano en curso. Visto o documento Rc, expedido por Intervención de data 22/09/2005, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto previsto por importe global de 1.287.280,88 euros. Visto o informe emitido polo Xefe do Servizo de Contratación de data 26/09/2005, propoñendo a adxudicación da ampliación de ditos lotes ás mesmas empresas adxudicatarias do concurso do ano 2005, polos mesmos prezos unitarios ofertados, así como os informes favorables do Secretario Accidental de data 27/09/2005 e o de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 28 de setembro de 2005. De conformidade co disposto no artigo 189 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, acórdase por unanimidade: -Prestar aprobación á contratación da ampliación dos lotes que a continuación se relacionan do concurso de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" e "subministro de materiais", adxudicados pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o 21 de xaneiro de 2005, polas seguintes cantidades e ás empresas que se indican: ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE. LOTE ADXUDICATARIO Nº HORAS PREZOHORA TOTAL EUROS 1 CONSTRUCCIONES ENRIQUE CARRO CASAS, S.L. (C.I.F.- B-36147429) Polo alugamento de motoniveladora de 125 C.V. 350 45,32 15.862,00 2 OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (C.I.F.- B-36371227) Por alugamento de motoniveladora de 125 C.V. 350 49,50 17.325,00 3 CONSTRUCCIONES CALDEVERGAZO, S.L. (C.I.F.- B-36133916) Por alugamento de motoniveladora de 125 C.V. 375 46,40 17.400,00 4 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Por alugamento de rolo vibrador de 10 Tm 600 28,60 17.160,00 5 GRANITOS MÉNDEZ Y CONSTRUCCIONES, S.L.(B-36050185) Por alugamento de rolo vibrador de 10 Tm 500 29,00 14.500,00 6 OBRAS Y CONSTRUCCIONES DIOS, S.A. (A-36028082) Por alugamento de rolo vibrador de 10 Tm 500 28,30 14.150,00 7 OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (C.I.F.- B-36371227) Por alugamento de compactador pneumático con depósito auga 12 Tm. 400 37,00 14.800,00 8 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (B-36123800) Por alugamento de retro pala 4x4 de 70 C.V.325 26,075 8.474,38 9 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Por alugamento de retro pala 4x4 de 70 C.V. 450 28,39 12.775,50 10 MOREIRA GÓMEZ, S.L. (B-36267649) Por alugamento de retro pala 4x4 de 70 C.V. 325 27,55 8.953,75 11 EULOGIO PUCEIRO RODIÑO. (N.I.F.- 76868427-N) Por alugamento de retro pala 4x4 de 70 C.V. 525 27,00 14.175,00 12 OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (C.I.F.- B-36371227) Por alugamento de retro pala (con martelo) 500 29,00 14.500,00 13 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) Por alugamento de retro (1 m3 cazo) de 100 C.V. 400 37,00 14.800,00 14 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Por alugamento de retro excavadora con martelo de 150 CV 500 44,40 22.200,00 15 SERVICIOS AGROFORESTALES Y OBRAS PÚBLICAS FERTAF. C.B. (E-36343143) Por alugamento de cortamalezas hidráulica 1.400 31,37 43.918,00 16 EXPLOTACIONES AGROPECUARIAS DEL DEZA, S.C. (G-36418952) Por alugamento de cortamalezas hidráulica 1.400 32,02 44.828,00 17 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) Por alugamento de cortamalezas hidráulica 1.400 25,00 35.000,00 18 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) Por alugamento de cortamalezas hidráulica 1.400 34,20 47.880,00 19 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Por alugamento de pala rodas (2 m3 cazo 130 C.V.) 500 27,84 13.920,00 20 CONSTRUCCIONES CALDEVERGAZO, S.L. (C.I.F.- B-36133916) Por alugamento de pala de cadeas de 130 C.V. 300 34,80 10.440,00 21 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) Por alugamento de camión 2 ó 3 traccións de 14 Tm. 500 31,00 15.500,00 22 PEDREIRA BATAN, S.L. N.E. (B-36439644) Por alugamento de camión 2 ó 3 traccións de 14 Tm. 350 30,80 10.780,00 23 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) Por alugamento de camión 2 ó 3 traccións de 14 Tm. 450 30,00 13.500,00 24 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) Por alugamento de camión 2 ó 3 traccións de 14 Tm. 325 31,97 10.390,25 25 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Por alugamento de camión 2 eixos de 12 Tm. 450 28,42 12.789,00 26 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Por alugamento de camión 2 eixos de 12 Tm. 400 28,13 11.252,00 CELSO OUBIÑA ABAL. (N.I.F.-35459644-S) Por alugamento de camión 2 eixos de 12 Tm. 350 27,84 9.744,00 28 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) Por alugamento de camión 2 eixos de 12 Tm. 200 28,95 5.790,00 29 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Por alugamento de camión 2 eixos de 12 Tm. 550 28,89 15.889,50 30 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Por alugamento de cisterna asfáltica de 8 Tm. 550 33,98 18.689,00 31 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Por alugamento de camión góndola de 20 Tm. 550 39,90 21.945,00 32 TRANEMAS, S.L. (C.I.F.-B-36.256.071) Por alugamento de camión articulado 4 eixos 24 Tm. 200 40,60 8.120,00 33 MANUEL PAZ GUIMIL (N.I.F.- 35445788-M) Por alugamento de camión articulado 4 eixos de 24 Tm. 650 39,88 25.922,00 34 TRANSPORTES AMANCIO BLANCO E HIJOS, S.L. (B-36439404) Por alugamento de camión articulado 4 eixos de 24 Tm. 450 42,00 18.900,00 35 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Por alugamento de camión articulado 4 eixos de 24Tm. 400 41,18 16.472,00 36 ÁRIDOS Y TRANSPORTES MANUEL CRISÓSTOMO, S.L. (B-36248169) Por alugamento de camión articulado 4 eixos de 24Tm. 850 42,70 36.295,00 37 PEDREIRA BATAN, S.L. N.E. (B-36439644) Por alugamento de camión articulado 4 eixos de 24Tm. 600 42,50 25.500,00 TOTAL AMPLIACIÓN DE 37 LOTES DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE................. 680.539,38 ¤ SUBMINISTRO DE MATERIAIS LOTE ADXUDICATARIO CANTIDADE PREZO TOTAL ¤ 38 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA). (A-36008886) Por subministro de emulsión ECM-1 100 180,00 18.000,00 39 PRODUCTOS ASFÁLTICOS, S.A. (CEPSA) (A-28072809) Por subministro de emulsión ECM-1 100 189,00 18.900,00 40 PRODUCTOS BITUMINOSOS DE GALICIA , S.A. (A-32226037) Por subministro de emulsión ECM-1 100 196,35 19.635,00 41 PRODUCTOS ASFÁLTICOS, S.A. (CEPSA) (A-28072809) Por subministro de emulsión ECR-2 150 173,62 26.043,00 42 REPSOL YPF LUBRICANTES Y ESPECIALIDADES, S.A. (A-28201523)Por subministro de emulsión ECR-2 150 178,64 26.796,00 43 REPSOL YPF LUBRICANTES Y ESPECIALIDADES, S.A. (A-28201523)Por subministro de emulsión ECR-2 150 178,64 26.796,00 44 PROBISA, TECNOLOGÍA Y CONSTRUCCIÓN , S.A. (A-28.105.120) Por subministro de emulsión especial 150 196,40 29.460,00 45 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA). (A-36008886)- Por subministro de emulsión ECM especial 200 206,00 41.200,00 Por subministro de árido 0/6 en betún quente 800 24,50 19.600,00 46 EXPLOTACIÓN MINERA DE COMPOMARZO, S.A. (A-28279214) Por subministro de árido 0/6 150 11,15 1.672,50 47 ÁRIDOS PUENTEAREAS, S.L. (B-36011419) Por subministro de árido 3/6 ó 6/12 2.250 13,40 30.150,00 49 GRANITOS Y ÁRIDOS DE ATIOS, S.L. (B-36023133) Por subministro de árido 3/6 ó 6/12 2.250 13,35 30.037,50 50 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) Por subministro de árido 3/6 ó 6/12 2.250 13,55 30.487,50 51 CANTEIROS DO PORRIÑO REUNIDOS, S.A. (A-36027480) Por subministro de árido 40/70 3.000 13,50 40.500,00 52 FOMENTO DE ÁRIDOS Y OBRAS, S.L. (B-36285765) Por subministro de árido 40/70 5.000 12,99 64.950,00 54 ÁRIDOS PUENTEAREAS, S.L. (B-36011419) Por subministro de zahorra Z-2 5.500 7,80 42.900,00 55 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA). (A-36008886) Por subministro de mezcla bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico 4.000 25,00 100.000,00 60 SEÑALIZACIONES DE LA CRUZ, S.L. (B-36891372) Por subministro de pintura sinalización horizontal ancho de banda 0,15 35.000 0,4756 16.646,00 Por subministro de pintura sinalización horizontal ancho de banda 0,10 20.000 0,3828 7.656,00 Por subministro de pintura premarcaje 50.000 0,1044 5.220,00 Por subministro de pintura cebreados, simboloxía, stop, etc. 500 20,184 10.092,00 TOTAL AMPLIACIÓN 17 LOTES SUBMINISTRO DE MATERIAIS.......... 606.741,50 ¤ -Así mesmo apróbase o gasto por importe global de 1.287.280,88 euros para facer fronte a ditas adxudicacións, con cargo á partida 05/511.511.210.00 do vixente Orzamento Provincial. -Ditas ampliacións efectuaranse conforme ó previsto nas bases polas que se rexeu o concurso e que foron publicadas no BOP nº 240 do 15-12-2004, para poder atender ás previsións de traballos a realizar correspondentes a infraestructuras, bens naturais e outras obras. -As empresas adxudicatarias deberán constituír fianza definitiva do 4% do prezo de adxudicación, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación do acordo de adxudicación, cuxa fianza será ingresada na Tesourería desta Deputación. Caso de non cumprirse este requisito, declararase resolto o contrato. ------ Folla: 12.13370.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS DO POL E PPC 2005" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras do POL e PPC 2005"; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola mesa de contratación, acórdase por unanimidade: 1. Adxudicar a Construccións, Obras e Viais, S.A. a obra "Ensanche e mellora EP 0506 Curro-Portela (Barro)(POL 2005)" na suma de 347.270,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 38.795,45 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. 2. Adxudicar a Pavimentos de Meaño, S.L. a obra "Ensanche e mellora EP 1001 Cangas-Coiro (Cangas)(POL 2005)" na suma de 317.850,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de catro meses, melloras valoradas en 24.847,95 ¤ e un período de mantemento de trinta e catro meses. 3. Adxudicar a Construccións, Obras e Viais, S.A. a obra "E.P. 9703 Vilanova-Pontearnelas, vte. Pontearnelas (Vilanova)(POL 2005)" na suma de 190.806,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 11.027,88 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. 4. Adxudicar a Construccións Crespo, S.A. a obra "E.P. 4201 Ribarteme-Vide (As Neves) POL 2005)" na suma de 112.437,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 6.110,00 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. 5. Adxudicar a Construccións, Obras e Viais, S.A. (COVSA) a obra "Terminación mellora e ensanche E.P. 8004 Vilanoviña-Caldas (Meis-Portas)(POL 2005)" na suma de 97.417,43 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de un mes, melloras valoradas en 8.985,24 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. 6. Adxudicar a Construcciones Rafer, S.L. a obra "Terminación ensanche e mellora E.P. 6010 As Lamas-Moimenta-Ventosa (Lalín-Agolada)(PPC 2005)" na suma de 164.000,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 16.250,00 ¤ e un período de mantemento de trinta e tres meses. 7. Adxudicar a Construcciones Taboada y Ramos, S.L. a obra "E.P. 2909 Arcade-Viso (Soutomaior)(PPC 2005)" na suma de 222.785,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 19.625,00 ¤ e un período de mantemento de trinta e cinco meses. 8. Adxudicar a Dago, S.A. a obra "E.P. 7204 Soutelo-Ratel (Forcarei)(PPC 2005)" na suma de 225.460,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 28.547,00 ¤ e un período de mantemento de trinta meses. 9. Adxudicar a Construciones Taboada y Ramos, S.L. a obra "Mellora capa de rodaxe E.P. 6303 Agolada-Cruces (Agolada)(PPC 2005)" na suma 179.567,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución dun mes, melloras valoradas en 46.000,00 ¤ e un período de mantemento de trinta e cinco meses. 10. Adxudicar a Construcciones Rafer, S.L. a obra "Ensanche e mellora E.P. 7016 Estrada-Vinseiro-As Casetas (A Estrada) 1ª fase (PPC 2005)" na suma de 130.500, 00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 16.000,00 ¤ e un período de mantemento de trinta e tres meses. A adxudicación da obra "Terminación mellora e ensanche EP 8004 Vilanoviña-Caldas (Meis-Portas) (POL 2005)" queda condicionada a que pola Xunta de Galicia se decrete a ocupación dos bens e terreos necesarios para a súa execución. As adxudicatarias das obras nº 5, 6, 7, e 8, constituirán, de acordo co establecido no art. 36.4 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, unha garantía definitiva por importe do 20% do prezo de adxudicación toda vez que, segundo o manifestado e no referido informe técnico, aínda que alcanzan a máxima puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu o concurso, incorren en baixa temeraria. As demais adxudicatarias constituirán unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.c.p.a. As fianzas serán depositadas na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contado a partir da notificación desta Resolución, Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, os adxudicatarios deben ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, as cantidades que máis adiante se detallan, correspondentes á publicación de anuncios do concurso no B.O.P. e D.O.G. que ascendeu a un total de 561,74 ¤: Construccións, Obras e Viais, S.A. a suma de 168,51 ¤; Construccións Taboada e Ramos, S.L. e Construccións Rafer, S.L. a suma de 112,34 ¤, respectivamente; e, os restantes adxudicatarios a suma de 56,17 ¤. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (arts. 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-administrativo de Pontevedra, ou ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos arts. 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo eso no prazo establecido no art. 46 da citada Lei. Todo isto sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 13.13371.- EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE "REFORMA E AMPLIACIÓN DO AUDITORIO DO ROSAL" E "CENTRO SOCIO-CULTURAL E XUVENIL SANTA EULALIA (RIBADUMIA)" Vistos os acordos adoptados pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 10 de xuño pasado, polos que se prestou aprobación ós convenios de colaboración entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, esta Deputación e o Concello de O Rosal para a reforma e ampliación do Auditorio, e entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, esta Deputación e o Concello de Ribadumia para o remate do Auditorio Municipal; establecéndose en ditos convenios as achegas das administracións colaboradoras; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 16-9-2005, polo que se ratificou o convenio subscrito entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e esta Deputación para a execución das obras de "Ampliación do Centro Multiusos-Auditorio de O Rosal" e para a "Construcción do Centro Socio-Cultural Xuvenil e da 3ª Idade de Ribadumia"; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 23 dos correntes polo que se prestou aprobación ós proxectos de "Reforma e Ampliación do Auditorio (O Rosal)" e "Centro Socio-Cultural e xuvenil Santa Eulalia (Ribadumia)" cuxos importes ascenden á suma de 574.932,42 ¤ e 986.729,47 ¤, respectivamente, con cargo á partida 05/451.451-662.10 nas anualidades de 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009; vistos os informes emitidos polo Enseñeiro Director de Vías e Obras e o Arquitecto Técnico do Concello de O Rosal, nos que recomendan dar ó expediente de contratación tramitación de urxencia, toda vez que ambas obras afectan ás cubertas de ambos edificios o que fai conveniente a súa execución con anterioridade á época de choivas; visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor Acctal., a Xunta de Goberno acorda aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das seguintes obras: 1.- Reforma e ampliación do Auditorio de O Rosal 574.932,42¤ 2.- Centro Socio-Cultural e Xuvenil Santa Eulalia (Ribadumia) 986.729,47¤ A obra nº 1 financiarase con cargo á partida 05/451.451-662.10 nas anualidades de 2005 (294.932,42 ¤), 2006 (68.000,00 ¤), 2007 (126.000,00 ¤), 2008 (15.000,00 ¤) e 2009 (71.000,00 ¤). A obra nº 2 financiarase con cargo á partida 05/451.451-662.10 nas anualidades de 2005 (586.729,47 ¤), 2006 (128.000,00 ¤), 2007 (186.000,00 ¤), 2008 (15.000,00 ¤) e 2009 (71.000,00 ¤). Así mesmo, expoñense ó público os proxectos obxecto do concurso polo prazo de quince días, a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRAMITE DE URXENCIA, DAS OBRAS DE "REFORMA E AMPLIACIÓN DO AUDITORIO DE O ROSAL (O ROSAL)" E "CENTRO SOCIO-CULTURAL E XUVENIL SANTA EULALIA (RIBADUMIA)" 1ª.- Obxecto: A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, das referidas obras, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran os proxectos. 2ª.- Financiamento das obras: A obra nº 1 financiarase con cargo á partida 05/451.451-662.10 nas anualidades de 2005 (294.932,42 ¤), 2006 (68.000,00 ¤), 2007 (126.000,00 ¤), 2008 (15.000,00 ¤) e 2009 (71.000,00 ¤). A obra nº 2 financiarase con cargo á partida 05/451.451-662.10 nas anualidades de 2005 (586.729,47 ¤), 2006 (128.000,00 ¤), 2007 (186.000,00 ¤), 2008 (15.000,00 ¤) e 2009 (71.000,00 ¤) 3ª.- Orzamento tipo de licitación: Os orzamentos tipo de licitación son os que máis adiante se detallan, IVE incluído, entendéndose comprendidos no mesmo todo xénero de gastos, incluída a Dirección Técnica das obras que será do 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o 27-2-98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo a conta dos adxudicatarios, ós que lle será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do orzamento de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 1.- Reforma e ampliación do Auditorio de O Rosal 574.932,42¤ 2.- Centro Socio-Cultural e Xuvenil Santa Eulalia (Ribadumia) 986.729,47¤ 4ª.- Prazo de execución: O prazo para a execución e terminación de todas as obras incluídas no proxecto será: de vinte e catro meses para cada obra, contados a partir da comprobación do replanteo. 5ª.- Prazo de garantía: Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir da terminación e recepción das mesmas. 6ª.- Fianzas: Definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do RDL 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pago: O pago efectuarase pola Tesourería Provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo Técnico Director das mesmas e á certificación-liquidación deberá acompañarse a acta de recepción se as obras terminasen no prazo sinalado indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñer ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no
Ãrea de notas
Nota