ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/12/02_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/1.2005-12-02_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/12/02_Ordinaria

  • Data(s) 2005-12-02 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 135 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día dous de decembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 135 1.13528.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día vinte e cinco de novembro de 2005. ------ Folla: 135 2.13529.- AXUDAS ECONÓMICAS A EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS Resultando que pola Xunta de Goberno en sesión ordinaria do día 29 de abril de 2005, aprobáronse as Bases Reguladoras de axudas económicas a Embarcacións Tradicionais. Vistos os informes do enxeñeiro director do Servizo Agrario, o da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e o Dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de 23 de novembro de 2005. A Xunta de Goberno por unanimidade acorda a concesión das axudas económicas que figuren no listado adxunto por importe de setenta e dous mil euros (72.000,00), con cargo á partida 05/711.771.779.02. Ditas axudas son como seguen: "AXUDAS ECONÓMICAS A EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS Asociación/Obxecto/Orzamento/Axuda: -FASQUIA (ILLA) 1ª FASE CONSTRUCCIÓN DORNA DE TOPE 22.342,47 5.000 -RABANDEIRA (VILANOVA) REPARACIÓN CASCO 2.500 2.000 -GAMELEIROS (VIGO) VELAS, PALOS, TIMON 1.192,44 950 -OS GALOS (BUEU) VELAS, LONAS 3.929,73 2.500 REPARACIÓN BARCOS 4.561,12 3.000 -MAR DA PEDRA (CANGAS) RECUPERACIÓN TRAIÑA DO XEITO 6.210 4.900 MANTENIMIENTO GAMELAS (VELA, CARPINTERÍA) 900 720 -AMIGOS DEL VIENTO Y LA MAR(CANGAS) 4ª FASE RECUPERACIÓN BENIGNITO (CARPINTERÍA INTERIOR, ARBOLADURA) 7.500 5.000 -CLUBE MARIÑO SALNES (CAMBADOS) 2ª FASE CONSTRUCCIÓN DORNA DE TOPE 21.030,80 5.000 - RELINGA (VILANOVA) 3ª FASE CONSTRUCCIÓN DORNA DE TOPE 29.271,18 5.000 -C.P. SANTA TECLA (A GUARDA) CONSTRUCCIÓN GAMELA 9.000 5.000 -MARINEROS ARTESANALES SAN MIGUEL DE BOUZAS (VIGO) 3ª FASE CONSTRUCCIÓN LANCHA XEITEIRARACU 8.169,59 4.500 -A.C.D. DORNA (ILLA) 2ª FASE CONSTRUCCIÓN DORNA DE TOPE 16.828,34 5.000 -NAUTICO ILLA DE AROUSA (ILLA) 2ª FASE CONSTRUCCIÓN DORNA DE TOPE 16.828,34 5.000 -UNICORNIO AZUL (CAMBADOS) EQUIPAMIENTO UNICORNIO (VELA, TIMON...) 2.350,74 1.880 2ª FASE CONSTRUCCIÓN GAMELAS 911,95 720 -CRAC DE CORUXO (VIGO) 1ª FASE CONSTRUCCIÓN VONLANTEIRO DA CALZOA 17.300 5.000 -MARITIMA CULTURAL VILAXOAN 1ª FASE CONSTRUCCIÓN DORNA DE TOPE 7.500 5.000 -ACD VIONTA (VILANOVA) RECUPERACIÓN EMBARCACIÓN SANDIA (REPARACIÓN CASCO) 1.044 830 -CLUBE MARIÑO A REIBOA (POIO) 1ª FASE CONSTRUCCIÓN DORNA DE TOPE 21.030,80 5.000 TOTAL: 72.000" ------ Folla: 136,138 3.13530.- AXUDAS ECONÓMICAS A FLOTA ARTESANAL E DE BAIXURA. Resultando que no Boletín Oficial da Provincia do día 14 de xullo publícanse as Bases Reguladoras de Axudas Económicas á Pesca Costeira Artesanal. Vistos os informes do enxeñeiro director do Servizo Agrario, o da Bióloga da Sección de Pesca e cultivos Mariños e o Dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de 23 de novembro. A Xunta de Goberno por unanimidade acorda a concesión das axudas económicas que figuran no listado adxunto por importe de cincuenta e oito mil seiscentos trece euros con doce céntimos (58.613,12) Euros, con cargo á partida 05/711.711.779.02 Ditas axudas son como seguen: "AXUDAS ECONÓMICAS A FLOTA ARTESANAL DE BAIXURA CONFRARÍA\REMITENTE\OBJETO\AYUDA\BARCO: *A GUARDA - JOSÉ ADROVER PÉREZ/ GPS-SONDA / 740,00 €/ ERICA SEGUNDA *ALDÁN - MANUEL ÁNGEL LORENZO GRAÑA/ SONDA-GPS-MAT. SALVAMENTO/ 326,54 ¤/ MELI *ARCADE - FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ BRIÓN/ SONDA-HÉLICE/ 503,79 ¤/ BRIÓN *BAIONA - ANTONIO GARRIDO POUSA/ HALADOR/ 818,00 ¤/ VENTO II - DARIO GIRÁLDEZ PÉREZ/ VHF-HALADOR/ 482,00 ¤/ PAZ *BUEU - MANUEL GABRIEL PÉREZ LÓPEZ/ GPS-SONDA-MAT. SALVAMENTO/ 1.354,20 ¤/ MARÍA TERESA - FERNANDO GÓMEZ OGANDO/ MAT. SALVAMENTO/ 487,12 ¤/ TRES MARINOS - JOSÉ AGULLA GRAÑA- JOSÉ AGULLA PORTO/ RADAR/ 700,00 ¤/ RAYA *CAMBADOS - JOSÉ RAMÓN TRIGO GALIÑANES/ VHF-GPS/ 784,00 ¤/ DA RUA SEGUNDO *CANGAS - JUSTO FERNANDO GARCÍA LEMOS/ GPS/ 324,00 ¤/ GOLONDRINA DOS - JOSÉ BASTÓN TOMÉ/ VHF/ 160,00 ¤/ NADIA Y DARIO - JOSÉ ANTONIO COYA OTERO/ GPS-SONDA/ 805,77 ¤/ DIANA CUARTA - ALVARO PRIETO GONZÁLEZ/ GPS-MAT. SALVAMENTO/ 103,20 ¤/ RAQUEL - BERNARDO REFOJOS PAREDES/ TIMÓN EXTERIOR/ 737,43 ¤/ RAQUEL DAVID DOS - JESÚS MARTÍNEZ ÁLVAREZ/ SONDA-GPS/ 590,80 ¤/ ALEXANDERSCUOT - JUAN JOSÉ VENTOSIÑOS PIÑEIRO/ SONDA-GPS-VHF-RADAR/ 1.814,00 ¤ / LA JARETA - ALFONSO FERNÁNDEZ MARTÍNEZ/ HALADOR-RADAR/ 1.541,52 ¤/ BRUN *ILLA AROUSA - JUAN JOSÉ DIZ CASTRO/ VHF-HALADOR/ 1.165,60 ¤/ DIZ - AMADOR SUÁREZ DIOS/ VHF/ 284,40 ¤/ NAVI - JUAN MANUEL RIVAS TORRADO/ GPS/ 500,00 ¤/ EUSKADI DOS - DIEGO POZA CHAVES/ VHF-GPS/ 368,80 ¤/ MARÍA TERESA - JOSÉ GÓMEZ PAZ/ VHF-GPS/ 744,80 ¤/ PURA - JUAN ANDRÉS IGLESIAS OTERO / GPS-RADAR/ 1.132,00 ¤/ LUCIA - MANUEL RODRÍGUEZ RIAL/ GPS/ 500,00 ¤/ IRENE - JOSÉ MANUEL MOROÑO SUÁREZ/ HALADOR/ 1.000,00 ¤/ MILA - RODRIGO SUÁREZ DA SILVA/ HALADOR-TORRETA/ 1.000,00 ¤/ CHANTADA - JUAN MOROÑO SUÁREZ/ HALADOR/ 1.000,00 ¤/ OTRA COSA - CELSO OTERO OTERO/ HALADOR/ 1.000,00 ¤/ DANI SEGUNDO - ALFONSO POZA OTERO/ SONDA-GPS/ 975,00 ¤/ MAITE G *MOAÑA - OSCAR BARCIA PIDRE/ HALADOR-GPS-SONDA-VHF/ 1.730,00 ¤ / FERVENZA - Mª. COVADONGA ESTRELLA DURÁN CALVO/ HALADOR/ 880,00 ¤ / PLEAMAR - JOSÉ MARTÍNEZ DEL RIO/ VHF/ 143,72 ¤/ LOLA - JOSÉ CURRÁS CHAPELA/ VHF/ 102,40 ¤/ SUSI - PABLO PAZ COLLAZO/ HALADOR / 961,60 ¤/ APOLO - VANESA, C.B./ HALADOR/ 961,60 ¤/ VANESA - BEATRÍZ GONZÁLEZ HERMELO/ HALADOR/ 913,20 ¤/ MARÍA DEL CARMEN - JOSÉ CASAS CORDEIRO/ HALADOR/ 880,00 ¤/ MARÍA OLIVITA - ENRIQUE MANUEL CURRÁS DEL RIO/ GPS/ 500,00 ¤/ MÓNICA - FRANCISCO JAVIER DEL RIO SANTIAGO/ GPS/ 500,00¤/ DOS HERMANOS *O GROVE - JOSÉ LUIS CASAL CASTRO, VHF-GPS, 694,00 ¤, MELIA DOS - MARCELINO ESTÉVEZ VÁZQUEZ, SONDA, 589,24 ¤, CAROL - MARIO CASTRO DOMÍNGUEZ, VHF-GPS-HALADOR, 1.673,74 ¤, MARIO - ROBERTO AFONSO DADÍN, HALADOR, 1.000,00 ¤, ANA ROSA - CASTOR CAMIÑA ABALO, VHF, 120,51 ¤, EMI - JUAN JOSÉ SANTOS FALCÓN, VHF-GPS-SONDA, 1.130,00 ¤, LIBRE ZONA - GERARDO GARCÍA IGLESIAS, SONDA, 585,24 ¤, TERY DOS - JOAQUÍN ALBERTO LAMELAS NORAT, GPS, 444,80 ¤ - JOSE ANTONIO RIAL BUEZAS, HALADOR, 1.000,00 ¤, BEAMA - JOSÉ CARLOS VIDAL ÁLVAREZ, SONDA, 264,80 ¤, JOSÉ Y ELISA - MANUEL DOMÍNGEZ FREILE, SONDA-GPS, 794,11 ¤, MARIA ELISA - JOAQUÍN FERNÁNDEZ CAMBADOS, SONDA, 144,40 ¤, E MIÑA *PONTEVEDRA - JUAN JOSÉ PEÓN PRIETO/ SONDA-GPS/ 975,50 ¤/ CISNE DE PLATA DOS - OLEGARIO UZAL MIGUENS/ GPS-SONDA/ 990,00 ¤/ ROCIO DEL MAR - JOSÉ TOURIÑO PEREIRA/ GPS/ 417,20 ¤/ PELOURIÑO PRIMERO - MODESTO MARTÍNEZ CASÁS/ VHF-SONDA-GPS/ 893,90¤/ MODESTO UNO - RAMÓN PAZOS LUBIÁN/MAT. / SALVAMENTO / 138,12 ¤/ NOVA ANDREA - GERARDO PAZOS LUBIÁN / RADAR-GPS/ 1.200,00 ¤/ MARISOL - ADOLFO PAZOS LUBIÁN/ MOTOR 20 HP/ 3.600,00 ¤/ ARIETE DOS - CÁNDIDO SILVA ROSALES/ HALADOR/ 500,00 ¤/ DOS HERMANAS - ANGEL PAZOS LUBIÁN/ GPS/ 500,00 ¤/ ANXO P *PORTONOVO - JOAQUÍN BESADA FERNÁNDEZ/ VHF-GPS/ 437,60 ¤/ NUEVO DORA - PRUDENCIO CARBALLA PADÍN/ SONDA/ 461,50 ¤/ VENTO DOS *RAXÓ - PEIXES E MARISCOS "A PALLOTA"/ GPS/ 500,00 ¤/ EVA MARÍA SEGUNDA - RAMÓN PORTELA CARBALLA/ VHF-GPS/ 800,00 ¤/ JUANA *REDONDELA - FELIX CRESPO BOUZÓN/ HALADOR/ 843,10 ¤/ PASTORA - MANUEL CABALEIRO FONTAN/ SONDA/ 400,00 ¤/ ANITA - JOSÉ MANUEL SOBRAL BOUZÓN/ HALADOR/ 886,37 ¤/ ALBA - ANGEL DARROZA FERREIRA / HALADOR/ 720,00 ¤/ PALOMITA - J. ALBERTO Y J. LUIS PEREIRA PÉREZ / VHF-SONDA/ 852,00 ¤/ BEATRIZ - MANUEL CARRERA RODRÍGUEZ/ RADAR/ 640,00 ¤/ EL QUE QUIERA - JOSÉ MANUEL COVELO RODRÍGUEZ/ VHF/ 258,40 ¤/ SERENA - JESÚS CABALEIRO TABOADA/ HALADOR/ 843,10 ¤/ DORA *VIGO - JOSÉ LUIS SOBRAL DURÁN/ HALADOR/ 800,00 ¤/ DIANA *VILAXOÁN - FRANCISCO JOSÉ REY DORREGO/ HALADOR/ 1.000,00 ¤/ SANCHEZ - LUÍS ORDÁS OTERO/ HALADOR/ 1.000,00 ¤/ LO QUE CREA - JUAN GALVÁN PLATIS/ HALADOR/ 1.000,00 ¤/ HIMA SUMA TOTAL --> 58.613,12 ¤" ------ Folla: 138 4.13531.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: SEBAGASA, SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA (CIF A36617942) - A constituída en valores,mediante aval de CRÉDITO E CAUCIÓN, por importe de mil oitocentos vinte e catro euros con corenta e nove céntimos (1.824,49 ¤), para responder de "Reposición sinalización obra brigada de Ponteareas", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/XI/2003 segundo núm.de operación 200300086119, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ATLÁNTICA DE CONSTRUCCIÓN Y MEDIO AMBIENTE,S.L. (CIF.B15849722) - A constituída en valores,mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de tres mil seiscentos nove euros con corenta céntimos (3.609,40 ¤), para responder de "Urbanización rúa Outeiro (Silleda)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/06/2003 segundo núm. de operación 200300046946, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L.. (CIF B36147429) - A constituída en valores,mediante aval de BANESTO, por importe de doce mil catrocentos euros (12.400,00 ¤), para responder de "Proxecto modificado de E.P. 8505 Ferreiros-Vilar (Valga), pertencentes a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/01/2003, segundo núm. 200300004830 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIÓNS OBRAS E VIAIS,S.A. (COVSA) (CIF A36008886) -A constituída en valores,mediante aval de CAJA MADRID, por importe de dous mil oitenta euros (2.080,00 ¤), para responder de "Terminación travesia EP 9702 As Sinas (Vilanova)", pertencentes a Fondos Propios 2004, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/06/2004, segundo núm. 200400038460 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de BANCO ESPIRITU SANTO, por importe de cinco mil cento vinte e tres euros con trinta e un céntimos (5.123,31 ¤), para responder de "Colector e Pozo de bombeo no Grove (Pontevedra), pertencentes a Fondos Propios de 2004, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/06/2004, segundo núm.200400042058 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de MAPFRE, por importe de tres mil novecentos vinte con trinta e oito céntimos (3.920,38 ¤), para responder de "EP 0406 Vilanova - Tenorio (Cotobade)", pertencentes a Fondos Propios de 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/04/2003, segundo núm. 200300027987 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de MAPFRE, por importe de nove mil seiscentos cincuenta e seis euros con vintedous céntimos (9.656,22 ¤), para responder de "Terminación EP 5101 Maceira-A Graña (Covelo), pertencentes a Fondos Propios de 2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/12/2002, segundo núm.de operación 200200103059, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 138,139 5.13532.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Vistos os informes de Intervención de datas 25 e 30 de novembro de 2005 en relación a diversas facturas, emitidas durante o año 2005, pola empresa Darzal Consultoría e Prevención, S.L., correspondentes a traballos de consultoría e asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras de construcción e conservación da Deputación Provincial de Pontevedra, por un importe global de 132.944,93 euros, e ó recibo número 4.160.582 da Compañía "Patria Hispana, S.A., de Seguros e Reaseguros" para cobertura de riscos da póliza número 157.682, durante o período comprendido entre o 04-10-2005 ó 04-10-2006, por importe de 23.964,55 euros, no que se deixa constancia de que existe crédito suficiente para atender ó gasto correspondente ás facturas da empresa Darzal Consultoría e Prevención, S.L., na conta non orzamentaria 559.02 e ó recibo da Compañía "Patria Hispana, S.A., de Seguros e Reaseguros", na vinculación xurídica da partida 05/122.314.162.05, procede incoar o oportuno expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do Orzamento de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento das obrigas seguintes: -Á empresa DARZAL CONSULTORÍA e PREVENCIÓN, S.L. (C.I.F.- B-82270190), con domicilio na rúa Príncipe número 16, 3º A de Madrid, as facturas que a continuación se relacionan, correspondentes a traballos de consultoría e asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras de construcción e conservación da Deputación Provincial de Pontevedra , cuxas cantidades serán libradas no seu día con cargo á conta non orzamentaria 559.02. Nº Factura Data Importe 08/2005 11/01/2005 15.273,77 ¤ 49/2005 03/02/2005 3.479,07 ¤ 67/2005 28/02/2005 19.419,63 ¤ 149/2005 10/04/2005 6.805,41 ¤ 184/2005 03/05/2005 3.144,68 ¤ 250/2005 20/06/2005 18.258,62 ¤ 297/2005 18/07/2005 12.286,60 ¤ 324/2005 30/07/2005 8.166,74 ¤ 349/2005 05/08/2005 7.195,07 ¤ 472/2005 31/10/2005 10.341,43 ¤ 431/2005 30/09/2005 28.573,91 ¤ TOTAL................ 132.944,93 ¤ - Á Compañía "PATRIA HISPANA, S.A. DE SEGUROS e REASEGUROS" (C.I.F.- A-28007649), con domicilio na rúa Serrano nº 12 de Madrid, o recibo número 4.160.582, por importe de vinte e tres mil novecentos sesenta e catro euros con cincuenta e cinco céntimos (23.964,55 ¤), correspondente á cobertura de riscos da póliza de accidentes número 157.682 que ampara os riscos de morte e incapacidade permanente do persoal da Deputación Provincial de Pontevedra, durante o período do 04/10/2005 ó 04/10/2006, cuxo importe será librado con cargo á partida 05/122.314.162.05 do vixente Orzamento Provincial. ------ Folla: 139 6.13533.- INFORME EN RELACIÓN COA EXENCIÓN DE POSTOS RESERVADOS A FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL POR PARTE DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO Vista a petición da Presidenta do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, de data 17/11/05, na que solicita a emisión, por parte da Deputación, dun informe previo á tramitación do expediente de exención da obriga de manter postos propios reservados a funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional do Consorcio e unha vez emitido o mesmo polo Secretario Xeral, que literalmente di: "En relación coa petición do informe do Xefe do Servizo do CPAM sobre solicitude da Presidenta do Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, respecto á tramitación do expediente de exención de postos propios reservados a funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional do Consorcio, a efectos de dar cumprimento ó art. 4 do R.d. 1732/1994, de 29 de xullo, que regula a provisión de postos de traballo reservados a ditos funcionarios, maniféstase: O consorcio, de conformidade cos artigos 2 e 149.2 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración de Galicia, é unha Entidade Local. Por conseguinte como tal, deberá dispoñer de funcionarios para que presten as funcións públicas necesarias establecidas no apartado 3 a) e b) do art. 92 da Lei 7/85, de 2 de abril, estando esta responsabilidade administrativa reservada a funcionarios con habilitación de carácter nacional. A exención de ditas funcións está prevista no art. 4 do R.d. 1732/1994, de 29 de xullo, e as mesmas poden ser exercitadas polos funcionarios que presten ditos servizos no municipio que ostente, en cada momento, a Presidencia e iso ó amparo do art. 31 da citada disposición, sempre que estes funcionarios pertenzan á categoría superior dentro da súa subescala", a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó mesmo e remitilo ó citado Consorcio. ------ Folla: 139,140 7.13534.- PROPOSTA DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A CONSERVATORIOS DE MUSICA NON DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, aprobar e declarar de aboamento a proposta de subvencións para Conservatorios públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se relacionan en anexo aparte, por un total de 152.200,00 ¤, con cargo á partida 05/451.422.462.04 -RC 200500095920. En función do disposto na base 24.7 das de execución do vixente Orzamento provincial, para a xustificación das subvencións incondicionadas concedidas para o funcionamento de Institucións ou Entidades, deberá remitirse por parte do Concello "Certificado acreditativo da toma de razón na contabilidade do Ente beneficiario". Ditas subvencións son como seguen: "PROPOSTA DE AXUDAS ÓS CONSERVATORIOS DE MÚSICA PÚBLICOS NON DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA PETICIONARIO SUBVENCIÓN CONCELLO DE CANGAS 13.318 ¤ P-3600800A CONCELLO DE CAMBADOS 10.152 ¤ P-3600600E CONCELLO da ESTRADA 14.900 ¤ P-3601700B CONCELLO da GUARDA 12.678 ¤ P-3602300J CONCELLO DE GONDOMAR 9.512 ¤ P-3602100D PATRONATO CULT. DE Lalín 20.608 ¤ G-36160752 CONCELLO DE PONTEAREAS 22.192 ¤ P-3604200J CONSERV. MPAL REDONDELA 18.081 ¤ G-36062958 CONCELLO DE TUI 14.900 ¤ P- 3605500B CONCELLO DE VILAGARCÍA 15.859 ¤ P- 3605500B TOTAL 152.200 ¤" ------ Folla: 140,141 8.13535.- PROPOSTA DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, aprobar e declarar de aboamento a proposta de subvencións para Escolas de Música Municipais, oficialmente recoñecidas pola Xunta de Galicia que se relacionan en anexo aparte, por un total de 150.000,00 ¤, con cargo á partida 05/451.422.462.06 -RC 200500095921. En función do disposto na base 24.7 das de execución do vixente Orzamento provincial, para a xustificación das subvencións incondicionadas concedidas para o funcionamento de Institucións ou Entidades, deberá remitirse por parte do Concello "Certificado acreditativo da toma de razón na contabilidade do Ente beneficiario". Ditas subvencións son como seguen: "PROPOSTA DE AXUDAS ÁS ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS. CURSO 2005/2006 PETICIONARIO SUBVENCIÓN CONCELLO DE AGOLADA 5.670 ¤ P-3602000F CONCELLO DE BAIONA 6.765 ¤ P-3600300B CONCELLO DE CALDAS 9.060 ¤ P-3600500G CONCELLO DE CAMBADOS 8.460 ¤ P-3600600E CONCELLO DE CANGAS 11.010 ¤ P-3600800A CONCELLO DE CATOIRA 6.525 ¤ P-3601000G CONCELLO da ESTRADA 10.155 ¤ P-3601700B CONCELLO DE MARIN 8.460 ¤ P-3602600C CONCELLO DE AS NEVES 8.640 ¤ P-3603400G CONCELLO DE PORRIÑO 9.735 ¤ P-3603900F CONSERV. MPAL. REDONDELA 7.365 ¤ G-36062958 ORG. AUT. TERRA DE 9.315 ¤ SANXENXO P-3600021D CONCELLO DE SILLEDA 7.200 ¤ P-3605200I CONCELLO DE TUI 7.200 ¤ P-3605500B CONCELLO DE VALGA 6.345 ¤ P-3605600J CONCELLO DE VIGO 11.010 ¤ P-3605700H CONCELLO DE VILA DE 6.345 ¤ CRUCES P-3605900D CONCELLO DE VILAGARCIA 10.740 ¤ P-3606000B TOTAL 150.000,00 ¤ ------ Folla: 141 9.13536.- PROPOSTA DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, aprobar e declarar de aboamento a proposta de subvencións para Escolas de Música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro, oficialmente recoñecidas pola Xunta de Galicia que se relacionan en anexo aparte, por un total de 50.000,00 ¤, con cargo á partida 05/451.422.489.09 -RC 200500095922. Ditas subvencións son como seguen: "PROPOSTA DE AXUDAS ÁS ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO. CURSO 2005/2006 PETICIONARIO SUBVENCIÓN BANDA CULTURAL DE Lalín G-36041515 3.965 CENTRO RECREATIVO E CULTURAL DE TORROSO G-36028827 5.900 BANDA DE MÚSICA DE RUBIOS G-36109270 3.375 BANDA DE MUSICA UNIÓN DE GULANS G-36104768 3.795 BANDA DE MUSICA XUVENIL DE XINZO G-36034148 3.965 AGRUP. MUSICAL DE O ROSAL G-36027928 5.650 ASOC. AMIGOS DA MÚSICA DE SALCEDA G-36123313 4.800 ASOCIACION MUSICAL ARTISTICA DE ARCADE G-36033850 3.375 UNION MUSICAL DE CORUXO G-36634137 4.215 SOC. CULTURAL DEPORTIVA ATLANTIDA DE MATAMA G-36620854 5.060 BANDA-ESCOLA DE MUSICA DE BEADE G-36647055 5.900 TOTAL 50.000,00 ¤ ------ Folla: 141,142 10.13537.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES PARA A PROMOCIÓN DO LIBRO GALEGO Visto a proposta do Servicio de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa Asociación Galega de Editores, para a promoción do libro galego, mediante a achega de corenta mil euros (40.000,00 ¤), e con cargo á partida 05/451.451.489.05 do vixente Orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES PARA A PROMOCIÓN DO LIBRO GALEGO No Pazo Provincial desta Deputación Provincial de Pontevedra, a de novembro de 2005 R E U N I D O S D. Rafael Louzán Abal, presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando no seu nome e representación, segundo dispón o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985 de 2 de abril que regula as bases de Réxime Local, e D. Miguel Anxo Fernán Vello, con DNI nº 33.840.509-B, en representación da ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES con CIF: G-15.130.594 e domicilio social na rúa Xoaquín Yáñez, 6-E de Vigo. Os comparecentes teñen capacidade plena para obrigarse, que mutuamente se recoñecen e especialmente para subscribir o presente CONVENIO PARA A PROMOCIÓN DO LIBRO GALEGO, e E X P O Ñ E N Que a Deputación Provincial de Pontevedra, consciente do valor cultural universal do libro e desde fai uns anos, vén colaborando cos editores desta provincia na promoción do libro galego, para a súa posterior divulgación e entrega nas bibliotecas populares de asociacións culturais, centros docentes, etc., contribuíndo desta maneira a que as principias editoriais conten cun apoio para que non morra o labor tan importante de difusión do noso idioma e dos escritores e autores que utilizan a nosa lingua. Animados por este estímulo de colaboración, establecen as seguintes C L Á U S U L A S 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra destinará CORENTA MIL EUROS (40.000,00 ¤), consignados na partida orzamentaria 05/451.451.489.05, para a adquisición de exemplares do Libro Galego ás editoriais desta provincia que así o soliciten e sexan membros da Asociación Galega de Editores, quen presentará a proposta conxunta de títulos editados. 2ª.- Os títulos ofertados contarán cun mínimo de 64 páxinas (agás as publicacións de carácter infantil e xuvenil, que poderán ter menos, dadas as súas especiais características); serán primeiras edicións ou reedicións que leven máis de dez anos descatalogadas, ou acheguen novidades substanciais, e o seu depósito legal terá data desde o 1 de setembro de 2004 ata o 30 de setembro de 2005. 3ª.- Non poderán acollerse a estas axudas os libros de texto, fixándose o tope máximo de 200 exemplares e de 1.500,00 ¤ por cada título (IVE engadido). 4ª.- As obras seleccionadas, deberán enviarse á Deputación Provincial, coa factura correspondente e o desconto do 15% sobre o prezo de cada unha sen IVE, no prazo dun mes a contar desde a rúbrica do presente Convenio, requisito indispensable para que a Deputación libre os fondos correspondentes. 5ª.- Non poderán acollerse a estas subvencións as editoriais dependentes de organismos públicos. E así o din e outorgan, no que se afirman e ratifican, rubricando o presente documento, por duplicado, no lugar e data do encabezado. Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- Miguel Anxo Fernán Vello" ------ Folla: 142,143 11.13538.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTIR A CURSO De conformidade co escrito presentado o 31 de outubro de 2005, polo cal o Xefe do Servizo Agrario solicita permiso e axuda económica para que a funcionaria interina Dona Rosa Pérez Otero, poida asistir á "XXII Reunión del grupo de traballo de forestais, parques y xardíns", que terá lugar os próximos días 8 ó 10 de novembro en Lloret de Mar (Girona) e onde presentaranse diversos traballos realizados na Finca Areeiro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade convalidar o acto e conceder a Dona Rosa Pérez Otero o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 684,79 ¤, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: A) Desprazamentos : Avión: (Santiago-Barcelona-Santiago) 250,00 ¤ Taxi (Pontv.-Santiago-Pontev.) 140,00 ¤ Tren (Barcelona-Blanes-Barcelona) 8,00 ¤ Taxi (Blanes-Lloret de Mar-Blanes) 20,00 ¤ TOTAL 418,00 ¤ B) Dietas: Día 07 (Aloxamento e manutención) 95,56 ¤ Día 08 e 09 (80% Dieta) 152,90 ¤ Día 10 ( ½ manutención) 18,33 ¤ TOTAL 266,79 ¤ Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 05/711.711.230.01 de Dietas por importe de 266,79 ¤; 05/711.711.231.01 de locomoción por importe de 418,00 ¤, para o aboamento das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 13ª do acordo nº 20.172 de data de 18 de novembro de 1983, adoptado pola Comisión de Goberno, a funcionaria interina deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da reunión e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, coa suxeición á normativa establecida, os gastos solicitados. ------ Folla: 143 12.13539.- INFORME EN RELACIÓN COA MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DO CONSORCIO DO CASCO VELLO DE VIGO Dada conta da comunicación do Presidente do Consorcio do Casco Vello de Vigo, de data 7 de novembro de 2005 (Rex. Entrada nº34966, de 23-11-05), pola que achega certificación das modificacións estatutarias aprobadas inicialmente polo Consello de Administración do citado consorcio, con data 6 de outubro de 2005, ós efectos de informe por parte desta Deputación. Considerando o disposto no artigo 140.1, en relación co 151.1 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, vistos os informes favorables de Secretaría e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade emitir informe favorable en relación coas citadas modificacións. ------ Folla: 143 13.13540.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 143 14.13541.- PRESTAR CONFORMIDADE Á ACTA DE CONCESIÓN DO PREMIO "CARMEN FERRO 2005", NA SÚA CONSECUENCIA CONCÉDESE O PREMIO Ó CONCELLO DE BAIONA Unha vez estudiados e valorados os distintos traballos presentados de acordo ás Bases da Convocatoria do Premio, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade á Acta de data 28 de outubro de 2005 de concesión do Premio "Carmen Ferro 2005" na que todos os membros do Xurado por unanimidade conceden dito Premio ó Concello de Baiona, polo seu traballo "Plan de Igualdade de oportunidades", dotado cunha contía de 6.000,00 euros. Dita Acta é como segue: "ACTA DE CONSTITUCIÓN DO XURADO DO PREMIO "CARMEN FERRO" Na Sala de Comisións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as dez cincuenta e cinco horas do día 28 de outubro de 2005, reúnese o Xurado Cualificador do Premio "Carme Ferro", sobre Plan de Igualdade de Oportunidades, composto polas seguintes persoas: Presidente Suplente: -D. José Juan Durán Hermida, en representación da Deputada Delegada de Benestar Social Dona Nidia Arévalo Gómez. Vocais: -Dona Clara Millán González, Deputada designada polo BNG (ausente). -Dona Belén Sío Lourido, Deputada designada polo PSOE (ausente). -D. José Juan Durán Hermida, Deputado designado polo PP. -Dona Ángeles Fernández Lago, Directora do Centro de Información á Muller do Excmo. Concello de Ponteareas. Secretaria: -Dona Marta Corrochano Santos, Xefa do Servizo de Acción Social. Aberto o acto pola Presidencia, dáse conta do que se pretende ó crear este Premio, para enxalzar e conmemorar a memoria da que foi Deputada e primeira muller preocupada por temas sociais neste Organismo. Así mesmo procedeuse a entregar copias dos traballos presentados a cada un dos membros do Xurado, para o seu estudo, fixándose como data para o fallo o 24 de novembro de 2005, as 11:00 horas da mañá. E non habendo máis asuntos que tratar, dáse por concluída a reunión, sendo as 11:45 do día indicado." ------ Folla: 144 15.13542.- RENUNCIA DA "ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE XÓVENES EMPRESARIOS" DE PONTEVEDRA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA EN XUNTA DE GOBERNO DE 22/07/05 PARA "CURSO DE FORMACIÓN EMPRESARIAL Vista a notificación da "Asociación Provincial de Jóvenes Empresarios de Pontevedra" de data 16 de novembro, na que renuncia á subvención concedida pola Xunta de Goberno de 22 de xullo de 2005 para "Curso de formación empresarial" por importe de 1.700,00 euros, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aceptación da renuncia de dita subvención. ------ Folla: 144 16.13543.- CORRECCIÓN DE ERRO PADECIDO NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO Nº2.13433 POLO CAL SE APROBA O CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN NACIONAL DE FABRICANTES DE CONSERVAS (ANFACO), PARA A REALIZACIÓN DO TRABALLO DENOMINADO "ESTUDO DE DETECCIÓN E DIFERENCIACIÓN DE RESTOS DE ANIMAIS TERRESTRES NAS FARIÑAS DE PESCADO POR PCR" Visto, acordo 2.13433 que adoptou a Xunta de Goberno en sesión ordinaria de data 28 de outubro de 2005 polo cal apróbase o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO), para a realización do traballo denominado, "Estudo de detección e diferenciación de restos de animais terrestres nas fariñas de pescado por PCR". Visto o texto do Convenio, na cláusula segunda "Compromisos da Deputación" no seu apartado 2 a partida orzamentaria deberá ser a 711.711.479.01 e non á 711.711.489.01 como se establece, e visto, así mesmo, o informe do enxeñeiro director de data 28/11/05, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- A corrección de erro en relación co Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO), para a realización do traballo denominado "Estudo de detección e diferenciación de restos de animais terrestres na fariñas de pescado por PCR", que afecta ó seguinte: Na cláusula Segunda - apartado 2: - Onde di "... á partida 711.711.489.01 do vixente Orzamento provincial ..." debe dicir "...á partida 711.711.479.01 do vixente Orzamento provincial...." ------ Folla: 144,149 17.13544.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A CAPTACIÓN, ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DO PROGRAMA DE CAPACITACIÓN E CONSOLIDACIÓN PARA EMPRENDEDORES DENTRO DO PROGRAMA CIDADE + Visto o expediente tramitado a instancia da Sra. Xefa do Servizo de Acción Social para a contratación da asistencia técnica para a captación, organización e impartición do programa de capacitación e consolidación de emprendedores, co fin de dar a coñecer as ferramentas, metodoloxía e tecnoloxías existentes na actualidade, cuxo custo estímase en 65.000,00 euros, IVE incluído. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitidos por Intervención. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, a asistencia técnica para a captación, organización e impartición do programa de capacitación e consolidación para emprendedores dentro do Programa Cidade + Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Autorizar dito gasto con cargo á partida 05/422.323.227.02 do vixente Orzamento Provincial. -Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e de cláusulas técnicas que rexerán o concurso. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A CAPTACIÓN DE EMPRENDEDORES EMIGRANTES/INMIGRANTES E A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DO PROGRAMA DE CAPACITACIÓN E DE CONSOLIDACIÓN PARA EMPRENDEDORES DENTRO DO PROXECTO CIDADE + 1.- OBXECTO.- A iniciativa comunitaria Interreg III-A, subprograma Galicia-Norte de Portugal, desenvolve un programa denominado Cidade+. Este proxecto pretende mellorar o sistema de atención e información ós inmigrantes e emigrantes retornados na cidade de Pontevedra e Melgaço. Co obxecto de facilitar o proceso de creación de empresas, dentro do colectivo de emigrantes/inmigrantes, preténdese contratar unha "Asistencia técnica para a captación de emprendedores emigrantes/inmigrantes e a organización e impartición do programa de capacitación e de consolidación para emprendedores para informar, dar a coñecer as ferramentas, metodoloxías e tecnoloxías existentes na actualidade" A empresa adxudicataria deberá colaborar con equipo de Cidade + no proceso de captación de beneficiarios dos dous programas a desenvolver, un dirixido a emprendedores que se encontren nun proceso de maduración da súa idea de empresa (Capacitación para emprendedores) e outro dedicado a persoas con experiencia empresarial (Programa de Consolidación), dunha duración total de 300 horas, e que se dividirán en cinco accións formativas. Así mesmo, a empresa adxudicataria deberá ter unha actitude motivadora cos participantes coa finalidade de que terminen a súa acción formativa. 1) O programa de capacitación para emprendedores, constará dunha acción formativa de 100 horas de duración, e deberá recoller os seguintes contidos mínimos: · Análises do entorno. · Primeiro análise da rendibilidade. · Deseño do negocio. · Deseño do soporte da nova empresa. · O Plan Director: sínteses do deseño da nova empresa. · Os Plans funcionais. · Axenda para a creación de empresas. 2) O Programa de consolidación, constará de catro accións formativas, de cincuenta horas de duración cada unha, e conterá os seguintes conceptos: a) Ferramentas de xestión e análises financeiros: · Os estados financeiros básicos. O análise da rendibilidade e o equilibrio financeiro · Inversión e financiamento · As posibilidades financeiras para a Pyme. Os productos financeiros, o seu custo e a súa adecuación á empresa. · Técnicas e instrumentos básicos para unha correcta xestión da tesourería. · A negociación coas entidades financeiras: como negociar cos bancos. b) Ferramentas de marketing e comercial: · Fundamentos e políticas de marketing · O plan de marketing · Satisfacción e fidelización de clientes · Técnicas de venta. No prego de prescricións técnicas, recóllese de forma mais detallada os obxectivos da asistencia técnica a contratar, as obrigas de captación, así como o contido do Proxecto Cidade+. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/422.323.227.02 do vixente Orzamento provincial para 2005. 3.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN. O programa de capacitación para emprendedores realizarase nunha acción formativa, de cen horas de duración, a celebrar na cidade de Pontevedra ou Vigo durante os meses de xaneiro e febreiro do ano 2006. En canto ó programa de consolidación, levaranse dúas accións formativas na Cidade de Pontevedra e outras dúas en Vigo, cada unha dunha duración de cincuenta horas, durante os meses de febreiro e marzo do ano o 2006. 4.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación de dúas facturas, unha por cada programa, unha vez finalizada as accións formativas e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento que servirá de base de licitación fíxase na cantidade total de sesenta e cinco mil euros (65.000,00 ¤), IVE incluído, sendo o prezo por hora da acción formativa de douscentos dezaseis euros con sesenta e seis céntimos (216,66 ¤/hora da acción formativa). Nota aclaratoria: O custo estimado para o programa de capacitación para emprendedores (100 horas) é de 21.666,00 ¤, mentres que para o programa de consolidación (4 accións formativas de 50 horas cada unha) é de 43.332,00 ¤, a 10.833,00 ¤ cada acción formativa. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 desta norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración e nomearán ante ela a un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto realizaren actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva será ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 8.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- A proposición constará de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. a) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A CAPTACIÓN DE EMPRENDEDORES EMIGRANTES/INMIGRANTES E A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DO PROGRAMA DE CAPACITACIÓN Y DE CONSOLIDACIÓN PARA EMPRENDEDORES DENTRO DO PROXECTO CIDADE + Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1- Proposición económica Que deberá axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego, podendo ser excluída a oferta no caso de non cumprir este requisito. 2.-Descrición da metodoloxía de traballo e contidos. 3.-Proposta e metodoloxía para a captación de emprendedores 4.-Outras melloras plantexadas. Cada licitador so poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A CAPTACIÓN DE EMPRENDEDORES EMIGRANTES/INMIGRANTES E A ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DO PROGRAMA DE CAPACITACIÓN Y DE CONSOLIDACIÓN PARA EMPRENDEDORES DENTRO DO PROXECTO CIDADE + Dito sobre conterá a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso, os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a autoridade xudicial, administrativa, notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, o seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades balance ou extractos de balances. c) Declaración que indique o termo medio anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os tres últimos anos. d) Declaración de material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. f) Relación dos principais traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 9 .- MESA DE CONTRATACIÓN Estará composta por : PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario xeral da Corporación. O interventor da Corporación. A directora de xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". A Xefa do Servizo de Acción Social. SECRETARIO: O xefe de Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en sábado se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o informe preceptivo. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1) Proposta metodolóxica e de contidos, ata 4 puntos. 2) Proposta e método de captación de emprendedores, ata 3 puntos. 3) Outras melloras, ata 2 puntos. 4) Menor prezo, ata 1 punto. 12.- ADXUDICACIÓN O órgano de contratación recibida a proposta da mesa de contratación e elaborados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación notificaráselles ós participantes no concurso. Ó notificarlle a adxudicación do contrato ó adxudicatario, este será requirido para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 7ª. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; este documento é título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.-CONDICIÓN SUSPENSIVA DA ACCIÓN FORMATIVA E PENALIZACIÓNS. A) CONDICIÓNS SUSPENSIVA.- As accións formativas só se levarán a cabo no caso de que houbese un número mínimo de 12 participantes en cada unha. No caso contrario, suspenderase a acción formativa que non chegue a dita cifra, descontándose do importe total do contrato a parte correspondente da acción formativa non realizada, en función do prezo ofertado polo adxudicatario e tendo en conta que o tipo de licitación máximo por hora é de 216,66 ¤. B) PENALIZACIÓNS.- No caso de que unha vez comezada a acción formativa se reduza o número de participantes a menos de 12, penalizarase á empresa adxudicataria cunha reducción porcentual no prezo por hora ofertado, tendo en conta que o tipo máximo do prezo por hora é de 216,66 ¤, e afectando unicamente a esa acción formativa. A táboa de penalización porcentuais aplicables sobre o prezo por hora da acción formativa ofertada polo adxudicatario é o seguinte: Número de participantes Penalización porcentual a aplicar Prezo de acción formativa con reducción da penalidade sobre o tipo de licitación Menos de 12 20% 173,33 ¤ Entre 9 e 6 40 % 130,00 ¤ Menores de 6 60 % 86,67 % Nota importante: A dirección do Proxecto Cidade + resérvase o dereito de poder alterar o número de acción formativas dun programa a outro en función da demanda existente, sendo sempre cinco o número total de accións formativas a levar a cabo. 15.- GASTOS POR CONTA DO ADXUDICATARIO Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outro que xere o expediente que se orzamenten na contía máxima de seiscentos (600,00) euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia da execución do contrato e non poidan imputarse á Administración. 17.- RESOLUCIÓN DEL CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 18.- RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l.- 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 19.- XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos será resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso-administrativo, a teor da Lei de dita xurisdicción. 20.- MODELO DE PROPOSICIÓN D...., maior de idade, veciño de..., con enderezo en..., titular do DNI núm . . . , expedido na data... , actuando en nome propio ou en representación de..., con enderezo en..., teléfono... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente á "Contratación da asistencia técnica para a captación de emprendedores emigrantes/inmigrantes e a organización e impartición do programa de capacitación e de consolidación para emprendedores dentro do Proxecto Cidade+", comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo seguinte prezo máximo: · Prezo total do contrato ................. (prezo de licitación 65.000,00 ¤), IVE incluído. · Prezo por hora de acción formativa ( prezo de licitación 216,66 ¤/hora) (*) · As melloras que se ofertan son as seguintes: (enumerar) (*) O prezo por hora da acción formativa inclúe tamén o proceso de captación e motivación dos participantes. (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 149 18.13545.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL POLA QUE SE ADXUDICA O CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA DE "ENSANCHE E MELLORA EP 9213 GRANXA-DORRON (SANXENXO) (REMANENTES - POL 2005) Vista a Resolución Presidencial, de data 29 dos correntes, dictada con carácter de urxencia dado que a obra deberá estar contratada antes do día 1 de decembro próximo, pola que se adxudica, a proposta da Mesa de Contratación, previo informe do enxeñeiro director de Vías e Obras, o concurso convocado pola Deputación Provincial para a contratación das obras de "Ensanche e Mellora E.P. 9213 Granxa-Dorrón (Sanxenxo)(Remanentes PO.L 2005)", a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar a referida Resolución cuxo texto é o seguinte: "Vista a Acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación da obra "Ensanche e mellora E.P. 9213 Granxa-Dorrón (Sanxenxo) (Remanentes POL 2005)"; visto o informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condiciones económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, resolvín adxudicar a referida obra a a UTE BRUES Y FERNANDEZ CONSTRUCCIONES, S.A.-C.O.V.S.A. na suma de 509.805,54 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 76.270,55 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do importe de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da L.C.A.P., que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11 do prego de condiciones económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 324,79 ¤ correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente." A presente Resolución que se dicta con carácter de urxencia, toda vez que a obra deberá estar contratada antes do día 1 de decembro próximo, xa que de non ser así se perderá a subvención concedida por el MAP, haberá de ser ratificada pola Xunta de Goberno. ------ Folla: 149,152 19.13546.- APROBACIÓN DO CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA MEDIANA E PEQUENA EMPRESA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Visto o convenio marco de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE), para o desenvolvemento de accións formativas durante o año 2005. Resultando que neste convenio se recolle o compromiso desta Deputación de financiar as actuacións previstas no mesmo coa achega de 18.030,00 euros e por parte da Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE), de levar a cabo o perfeccionamento e actualización de todos aqueles profesionais interesados no desenvolvemento da actividade empresarial ou que aspiran a iniciarse nela como tales, así como aqueles que requiran algún tipo de axuda de carácter xeral na continuidade da PYME. Vistos os informes do Sr. Secretario Accidental de data 20 de outubro de 2005 e o de Intervención de data 21 de novembro de 2005, no que se deixa constancia de que existe crédito suficiente na partida 05/121.622.471.02 do vixente Orzamento Provincial, emitíndose o documento RC número 200500105392 por importe de 18.030,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o convenio marco de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE) para o desenvolvemento de actividades correspondentes ó ano 2005, así como o anexo I do mesmo en onde figuran relacionadas as actividades. 2. Facultar ó Ilmo. Sr. Presidente desta Deputación para levar a cabo a sinatura deste convenio e de cantas outras actuacións sexan necesarias en relación ás condicións establecidas no mesmo. Dito convenio é como segue: "CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA MEDIANA E PEQUENA EMPRESA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (AEMPE) Reunidos en Pontevedra, na Sala de Xuntas da Excma. Deputación de Pontevedra, o día ........ de ............... de 2005 Dunha parte o Excmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra. Doutra o Sr. D. José Mª. Rodríguez Rodríguez, Presidente da Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE), en virtude das competencias que lle outorgan os Estatutos da Entidade. Ambas partes recoñécense capacidade xurídica e legal suficiente para formalizar o presente convenio marco de colaboración. E X P O N E N PRIMEIRO.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, representa á totalidade dos Municipios da Provincia no seu conxunto e ten como un dos seus obxectivos a promoción e desenvolvemento económico da Provincia de forma global. SEGUNDO.- A Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE), aglutina no seu seno e representa os intereses xerais das PYMES. TERCEIRO.- A Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE), e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, atópanse interesadas en elevar o desenvolvemento e a formación integral dos pequenos e medianos empresarios, como base fundamental do despegue económico provincial. CUARTO.- Tomando como base o anterior, a Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE), comprométese a levar a cabo o perfeccionamento e actualización de todos aqueles profesionais interesados no desenvolvemento da actividade empresarial ou que aspiran a iniciarse nela como tales. Tamén aqueles que requiran algún tipo de axuda de carácter xeral na continuidade da PYME. QUINTO.- A Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra entenden que para entrar no mercado global nun grao de igualdade, son aspectos fundamentais o dinamismo e a competitividade, que se adquiren cunha información clara, así como un coñecemento e unha formación técnica adecuada. C L Á U S U L A S PRIMEIRA.- a Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra comprométense no ámbito de las cláusulas expositivas a desenvolver o presente convenio marco, mediante accións que se levarán a cabo no presente exercicio económico de 2005, concretamente a que aparece reflectida no ANEXO I. SEGUNDA.- Dentro do ámbito do convenio marco de colaboración que a Excma. Deputación de Pontevedra e a Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE) acordan, desenvolveranse as seguintes accións e temas con carácter xeral: . Accións destinadas a apoiar ós emprendedores. . Accións formativas para empresarios que exercen na actualidade ou programen no futuro unha actividade empresarial. . Accións de información dirixidas ó ámbito da empresa. . Accións de divulgación no entorno empresarial. . Outras accións que así se acorden. TERCEIRA.- Entre as accións formativas que se van a desenvolver, encóntranse en primeiro lugar as de carácter xeral para todos aqueles profesionais que pretendan iniciar a súa actividade no ámbito empresarial. En segundo lugar se levarán a cabo accións formativas concretas para aqueles grupos de empresarios ou sectores económicos interesados ou inmersos nunha problemática concreta. Do mesmo modo se realizarán las accións necesarias de información para un coñecemento legal técnico e práctico nos diversos sectores empresariais que se vaian consolidando. Considérase tamén necesario elaborar traballos, levar a cabo estudos e propoñer proxectos de investigación de sectores e áreas económicas en ámbitos concretos, que posúan un peso específico propio en a economía provincial ou que poidan telo nun futuro. Finalmente tamén poderán ser obxecto de desenvolvemento deste convenio, todas aquelas accións que sendo de interese mutuo xurdan ó largo da vixencia do presente convenio marco de colaboración. Todas estas accións concretaranse de forma pormenorizada nos diversos anexos ó presente convenio marco. CUARTA.- Co fin de impulsar e concretar as accións propostas que se derivan do presente convenio marco, AEMPE informará de todas as actuacións levadas a cabo, e agradecerá toda suxestión por parte da Excma. Deputación. QUINTA.- O presente convenio, cuxo ámbito de aplicación esténdese a toda a provincia de Pontevedra, terá una vixencia inicial, para a execución do ANEXO I, ata o trinta e un de decembro de dos mil cinco. En conformidade e aceptación asínase o presente convenio marco por duplicado no lugar e data indicados. Por a Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresada Provincia de Pontevedra(AEMPE) asdo. José Mª. Rodríguez Rodríguez Presidente Por a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra asdo. Rafael Louzán Abal Presidente ANEXO I Ó Convenio Marco de Colaboración entre a Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2005 sobre: Promoción dun departamento de creación de empresas e campañas publicitarias para a consolidación de empresas xa creadas. A asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra, con CIF; G-36011278, de acordo co establecido nas cláusulas normativas segunda e terceira do convenio marco de colaboración asinado entre ambas institucións establecen as cláusulas normativas no seguinte anexo. PRIMEIRA: A acción que se leva a cabo no presente anexo está incluída na parte expositiva do convenio marco asinado entre ambas Institucións. SEGUNDA: A Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE) comprométese a elaborar unha publicación sobre as actividades e accións de información ou formación. Este servizo está considerado como elemento de información para a empresa, posto que se abordan aspectos concretos para o desenvolvemento integral de toda actividade empresarial. TERCEIRA: O traballo que levará a cabo a Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE) en relación cas mencionadas accións e a colaboración externa que se requira de empresas ou consultings, incluirá entre outros os seguintes temas: · Requisitos administrativos, lexislativos, laborais e fiscais da empresa. · Accións destinadas a apoiar ós emprendedores. · Aspectos e formas de colaboración empresarial. · Normas sobre axudas, subvencións e organismos que as prestan. · Aspectos financeiros, comerciais e de exportación dirixidos á pequena e mediana empresa. · A Unión Europea e a súa incidencia directa nas PYMES. · Campañas promocionais de apoio ó comercio. CUARTA: A Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE) facilitará á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra o soporte documental do esquema resumen da publicación. QUINTA: As accións realizadas pola Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE) irán dirixidas a emprendedores e ós que participen nas accións formativas que se establezan no ano 2005. SEXTA: En todas as actividades que leve a cabo, así como en todas as publicacións que emita, AEMPE comprométese a dar a coñecer que se realizan co financiamento da

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición