ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2006/02/10_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/2.2006-02-10_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/02/10_Ordinaria

  • Data(s) 2006-02-10 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 82 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día dez de febreiro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. José Enrique Sotelo Villar e D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13705.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 3 de febreiro de 2006. ------ Folla: 82 2.13706.- APROBACIÓN DA PRÓRROGA DO CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE ... PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS (MÓDULOS TRANSVERSAIS), DENTRO DO PROXECTO "INTERREG CIDADE+" Como queira que dentro do marco do Proxecto Interreg "Cidade +", está prevista a realización de accións formativas de interese xeral (módulos transversais) para emigrantes retornados e inmigrantes, dentro do ámbito temático de ofimática, busca de emprego, internet e introducción a lingua e cultura española, elabórase a prórroga do Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de ... para o desenvolvemento de tales accións formativas, comprometéndose os Concellos que a el se adhiran, a facilitar o lugar e impartición das accións e sendo a selección dos participantes conxuntamente realizada por técnicos dos Concellos e do "Cidade +" e a vista do informe emitido o 18 de xaneiro de 2006, polo Sr. Interventor Accidental desta Deputación, constatando a existencia de crédito dispoñible para facer fronte a dito gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar ata o 31 de decembro de 2006, o Convenio Marco de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello ..... para o desenvolvemento de accións formativas de interese xeral (módulos transversais) dentro do Proxecto Interreg "Cidade +". ------ Folla: 82,85 3.13707.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A EMPRESA ... PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS TENDENTES Á INSERCIÓN LABORAL DE EMIGRANTES RETORNADOS E INMIGRANTES Ó ABEIRO DO PROXECTO "INTERREG CIDADE+" O abeiro do Proxecto Interreg III-A "Cidade +", preténdese subscribir un Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Empresa ....... para o desenvolvemento de accións formativas para inserción laboral de emigrantes retornados e inmigrantes, co compromiso de contratación polo menos do 50% das persoas participantes nas accións formativas, cunha vixencia ata o 31 de decembro de 2006, e como queira que o 11/01/06, o Sr. Secretario Xeral informa que tal Convenio é xuridicamente correcto e á vista do informe de 16/01/06 do Sr. Interventor Accidental confirmando a existencia de crédito dispoñible, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a empresa ..... para o desenvolvemento de accións formativas tendentes a inserción laboral de emigrantes retornados e inmigrantes, dentro do ámbito do Proxecto "Cidade +", e con cargo á Partida 06/422.323.481.01 Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A EMPRESA ..................... PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS TENDENTES Á INSERCIÓN LABORAL DE EMIGRANTES RETORNADOS E INMIGRANTES O ABEIRO DO PROXECTO INTERREG CIDADE+ Pontevedra, ............... de ..................... do 2006 R E U N I D O S Por unha parte, D. Rafael Louzán Abal, Presidente de Excma. Deputación de Pontevedra, actuando en nome e representación da mesma consonte ás facultades que lle son atribuídas no artigo 34.1-b da Lei 7/85 e no artigo 105.1-a da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia . Doutra, D/Dna............................, actuando en calidade de .............................. da empresa ................................................., con poder dabondo para comprometerse neste acto ó abeiro das facultades que ten conferidas e que se elevaron a escritura pública na notaría.... diante do Notario do Ilustre Colexio de ......................, Don/Dna.................................... o día .......................... , o seu protocolo ...................... E X P O Ñ E N PRIMEIRO.- Que a Deputación de Pontevedra é a promotora do proxecto Cidade+, proxecto de colaboración transfronteiriza que se enmarca dentro da iniciativa Interreg III-A, orientada a mellorar a atención dos emigrantes retornados e inmigrantes en Pontevedra e Melgaço. As actuacións comúns e básicas desta iniciativa perseguen mellorar o sistema de atención e información a estes emigrantes retornados e inmigrantes e promover o coñecemento do fenómeno do retorno e da inmigración, o traveso de traballos de documentación e divulgación. Así mesmo, o proxecto contempla a rehabilitación de infraestructuras destinadas a albergar os servizos de atención a este colectivo: aulas de formación, centro de servizos e viveiro de empresas. En Pontevedra estas actuacións compleméntanse cun programa de formación integral e de promoción do emprego destinado a facilitar a integración sociolaboral deste colectivo. SEGUNDO.- Que España pasou a ser receptora activa de fluxos migratorios no que destaca o retorno dos nosos emigrantes e o incremento do número de inmigrantes. Que neste contexto de progresivo incremento dos fluxos migratorios e ante as especiais dificultades que este colectivo atopa na súa inserción sociolaboral, polas peculiaridades da súa problemática, a formación constitúese como unha das bases para a súa integración social ó poderlle facilitar o acceso ó emprego, reducindo, con iso, os riscos que os poden levar a unha indesexable situación de exclusión social. TERCEIRO.- Que esta formación, desde a óptica teórica e práctica, constitúese como elemento fundamental para a idónea incorporación dos colectivos migratorios ó noso mercado laboral. A consecución dos niveis de inserción previstos no proxecto, pasan por atopar novas vías de colaboración público privada, que faciliten a inserción laboral posterior ó desenvolvemento da acción formativa CUARTO.- Que a Excma. Deputación de Pontevedra ten entre as súas competencias e prioridades o desenvolvemento de actuacións tendentes a reforzar o desenrolo local na provincia, prestando especial atención a loita contra o desemprego e a atención ós colectivos con especiais dificultades de inserción. En virtude das manifestacións precedentes, e no exercicio das competencias que lles son propias, as partes intervenientes están interesadas en subscribir o presente convenio de colaboración consonte as seguintes C L Á U S U L A S PRIMEIRA.- OBXECTO O obxecto do presente convenio de colaboración é establecer o marco de colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e a Empresa .............. para facilitar a formación e inserción laboral do colectivo de emigrantes retornados asentados en Galicia, así como do colectivo de inmigrantes en xeral, no marco do proxecto Cidade+. Serán polo tanto de obrigado cumprimento, a normativa vixente de xestión de programas Interreg III-A consonte o Programa da Iniciativa e Complemento de Programa, así coma en xeral a normativa de xestión de programas e operacións financiados con fondos europeos que sexa aplicable. Esta colaboración artíllase mediante a posta en marcha e execución dun programa de formación e inserción laboral que se concreta mediante o desenvolvemento das accións formativas que se xuntan ó presente convenio (ANEXO I). Para o desenvolvemento de novas accións formativas, o abeiro do presente convenio, poderán engadirse novos Anexos, previa aprobación dos mesmos, seguindo o modelo establecido de ANEXO I. SEGUNDA.- BENEFICIARIOS Serán beneficiarios das accións recollidas no presente convenio os emigrantes retornados que acrediten que non transcorreron máis de cinco anos do seu retorno- e os familiares ó seu cargo (con vínculo de consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao ou adopción e que dependan economicamente do retornado). Tamén serán beneficiarios das accións recollidas no presente convenio os inmigrantes en situación regular en España e/ou en Portugal. Terán carácter preferente aqueles que estiveran inscritos como demandantes de emprego nas oficinas dos Servizos de Colocación autonómicos ou do INEM, e os residentes na provincia de Pontevedra. A selección dos beneficiarios realizarase de forma conxunta entre a Excma. Deputación de Pontevedra e a empresa ......................, e en base ás solicitudes formuladas. TERCEIRA.- CARACTERÍSTICAS DAS ACCIÓNS FORMACIÓN A parte de formación do obxecto do presente convenio será realizada pola empresa ..................... e a mesma axustarase as seguintes condicións: As características das accións formativas xunto co orzamento da acción obxecto do presente documento, incorpóranse como parte integrante do mesmo como Anexos (ANEXO I), pudendo ampliarse o número de accións formativas engadindo novos anexos. Cada acción formativa estará dirixida a un total de 15 persoas, non podendo iniciarse ou continuar a mesma con menos de 10 persoas. Se algunha delas causara baixa poderase substituír sempre que non se impartira máis dun tercio do módulo formativo en cuestión. Durante a execución desta fase os alumnos gozarán dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, contratado pola empresa .................. con cargo ó orzamento deste convenio. A Excma. Deputación de Pontevedra, ó abeiro do presente convenio, establece unha axuda económica ós beneficiarios, en concepto de gastos de desprazamento, por día lectivo ó que efectivamente asista, conforme ó seguinte: Residencia a menos de 12 km: 12 euros por día de asistencia (contía máxima 240 ¤ ) Residencia a mais de 12 km: 18 euros por día de asistencia (contía máxima 360 ¤ ) A documentación a presentar para ter dereito a percepción das axudas será o certificado ou volante de empadroamento e o informe de distancia emitido polo Concello onde residan as persoas participantes das accións formativas. INSERCIÓN LABORAL A empresa ................... asume o compromiso de contratar alomenos ó 50% das persoas participantes nas accións á finalización do proceso de formación e no prazo máximo de 3 meses desde o remate da acción formativa. O contrato, a xornada parcial ou completa, terá unha duración de alomenos catro meses. O contrato a tempo parcial non poderá ser inferior o 50% da xornada habitual a tempo completo. Quedan excluídas as modalidades de contratación en aprendizaxe e contratos en prácticas. No caso de que o beneficiario contratado ó abeiro do Programa causara baixa por motivo xustificado, deberá ser substituído por outro alumno ata a finalización do tempo pactado no contrato subscrito. En todo caso, a empresa ....................... garante un mínimo efectivo de contratacións de participantes nas accións formativas. A realización da práctica laboral por parte do beneficiario do programa de formación e inserción laboral terá lugar no centro de traballo da empresa e, en ningún caso, dita práctica suporá substitución do persoal con relación laboral da mesma, nin a diminución do número total de traballadores. CUARTA.- DA EXECUCIÓN DO ORZAMENTO E DO LIBRAMENTO DA ACHEGA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A execución do obxecto do presente convenio e do seu orzamento axustarase ó establecido no Anexo I, que se incorpora ó presente convenio como parte integrante do mesmo. O financiamento da parte que lle corresponde executar a empresa ................... realizarase con cargo ó orzamento do presente convenio e, a tales efectos, o aboo da achega da Deputación de Pontevedra a dito financiamento realizarase á empresa ..................... previa presentación, por esta, dos documentos xustificativos que se establecen no Anexo I ó presente documento, achegándose a dita xustificación declaración da empresa de que se atopa ó corrente nas súas obrigas fiscais, tributarias e coa seguridade social así como declaración doutras axudas solicitadas, e no seu caso concedidas, que teñan por obxecto a subvención ou bonificación das accións incentivadas ó abeiro do presente Programa. O sistema de pagamento establecido é o seguinte: l O 100% do custo contra a realización do 100% das horas lectivas, teóricas e prácticas, á presentación dos documentos xustificativos relacionados no Anexo I así como á presentación dos contratos laborais do 50% dos/as beneficiarios/as da acción formativa por parte da empresa. A empresa ..................... facilitaralle á Deputación de Pontevedra toda a información que lle sexa requirida en relación ó presente convenio, ós efectos de posible fiscalización da Intervención. O financiamento do presente convenio por parte da Deputación de Pontevedra, realizarase con cargo á partida 06/422.323.227.02 cun importe máximo de 175.000 euros y para as becas de desprazamento das persoas participantes nas accións formativas con cargo ó programa Interreg III-A Cidade+. QUINTA.- COMISIÓN PARITARIA MIXTA DE SEGUIMENTO E CONTROL E PARA DETERMINACIÓN DE BENEFICIARIOS Coa finalidade de realizar a coordinación e o seguimento do presente convenio de colaboración, e para velar pola súa correcta aplicación e desenvolvemento, constituirase unha Comisión Mixta Paritaria de Seguimento e Control integrada por dous representantes de cada unha das partes, que serán designados pola Deputación e pola empresa asinante deste documento. Esta Comisión a presidirá un representante da Deputación e actuará coma secretario un dos seus representantes. A Comisión resolverá as dúbidas que xurdan sobre o seu cumprimento, sendo os acordos adoptados, neste sentido, inmediatamente executivos. A Comisión, así mesmo, será competente para proceder á selección dos beneficiarios do programa obxecto do presente convenio. Dita selección farase por consenso de todos os compoñentes da Comisión Paritaria e de non acadarse o mesmo, por maioría simple. SEXTA.- XURISDICCIÓN As cuestións litixiosas que xurdan na aplicación do presente convenio de colaboración, non resoltas pola Comisión Mixta Paritaria de Seguimento e Control, serán resoltas pola xurisdicción contencioso-administrativa. SÉTIMA.- CAUSAS DE RESOLUCIÓN O incumprimento dalgunha das cláusulas deste convenio será causa da súa resolución, coa obriga de devolución do ingresado por parte da Empresa, sempre que o incumprimento fose imputable á mesma. OITAVA.- DA PROTECCIÓN DE DATOS As partes comprométense a manter a confidencialidade dos datos persoais que manexen en execución do presente convenio consonte ó determinado na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal sen que este compromiso afecte ás obrigas de comunicación de datos establecidas no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, da Xunta de Galicia, polo que se desenvolve ó réxime de axudas públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. NOVENA.- VIXENCIA A vixencia do presente convenio é ata a finalización da execución do programa Cidade+, e polo tanto ata o 31 de decembro de 2006, sen prexuízo das posibles prórrogas que se poidan establecer na execución daquel. E en proba de conformidade de todo o anterior as partes asinan o presente convenio de colaboración en duplicado exemplar no lugar e data indicados no encabezamento. POLA DEPUTACIÓNAsdo. Rafael Louzán Abal POLA EMPRESA Asdo...................................................." ------ Folla: 85,86 4.13708.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE DENOMINACIÓN DA OBRA Nº 283/666 SUBVENCIONADA CON CARGO Ó PAM/2005 DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR Vista a solicitude presentada polo concello de Soutomaior, interesando o cambio de denominación da obra "pavimentación, saneamento e adecuación exterior do Centro Multiusos Arcade", subvencionada con 70.000,00 euros con cargo ó PAM/05, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder ó solicitado sendo a denominación da nova actuación "urbanización do Centro Multiusos, 1ª fase", permanecendo invariable o financiamento, proxecto e as condicións establecidas no acordo de concesión da Xunta de Goberno, de data 21 de decembro de 2005, relacionadas a continuación: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboamento da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que terá que axustarse estrictamente ás bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servizos técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificación, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. ------ Folla: 86 5.13709.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade devolución das seguintes garantías: DALONGA, S.A. (CIF A-36.011.112) - A constituída en metálico, por importe de mil cen euros (1.100,00 ¤), para responder do subministro dun vehículo para o parque móbil, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 30/07/2004, núm. de operación 200400054548, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en metálico, por importe de mil cento oitenta euros (1.180,00 ¤), para responder do subministro dun vehículo para o parque móbil, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 02/07/2004, núm. de operación 200400047253, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en metálico, por importe de mil cento catro euros con sesenta e oito céntimos (1.104,68 ¤), para responder do subministro dun vehículo - furgoneta para o parque móbil, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 15/04/2004, núm. de operación 200400027804, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 86,90 6.13710.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE GASÓLEO A PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA Visto o escrito do xefe xeral do Parque de Maquinaria participando a necesidade de contratar o subministro de gasóleo para abastecer as máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria, cuxo custo estímase 225.400,00 euros, IVE incluído. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas economico-administrativas particulares que rexerá na contratación , e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o subministro de gasóleo A para o abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria, ata unha cantidade máxima de douscentos vinte e cinco mil catrocentos euros (225.400,00 ¤), IVE e impostos incluídos. Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Autorizar dito gasto con cargo á partida 06/511.511.221.03 do vixente Orzamento provincial. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o concurso como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO GASÓLEO A PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA 1.- OBXECTO.- O subministro de gasóleo A para o abastecemento das máquinas e vehículos asignados ó Parque de Maquinaria da Deputación de Pontevedra. A Deputación de Pontevedra non se compromete a solicitar unha cantidade mínima de gasóleo, senón que realizará as peticións en función das súas necesidades ata a cantidade máxima estipulada na cláusula sexta de 225.400,00 ¤, IVE e impostos incluídos. No Prego de prescricións técnicas que se une como anexo se desenvolve con máis detalle o obxecto do contrato. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 06/511.511.221.03, do vixente Orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase tras a presentación das correspondentes facturas e unha vez prestada conformidade por esta Deputación Provincial. As facturas deberán desagregar os índices aplicables da fórmula sinalada na cláusula sexta. 4.- LUGAR E PRAZO DE ENTREGA.- A empresa adxudicataria realizará a descarga do gasóleo no depósito instalado no Parque de Maquinaria da Deputación na cidade de Pontevedra, sendo os gastos de transporte e descarga por conta do adxudicatario. A entrega deberá ser efectuada no prazo máximo de 24 horas a contar desde a solicitude do subministro polo Parque de Maquinaria. 5.- DURACIÓN DO CONTRATO.- O contrato terá unha duración dun ano, a contar desde o día seguinte á formalización do contrato, sempre que non se esgote antes a cantidade estimada de 225.400,00 ¤ que finalizaría o mesmo. Así mesmo, poderá ser prorrogado ata un ano máis por mutuo acordo das partes. 6.- TIPO DE LICITACIÓN.- Os licitadores terán que realizar a súas ofertas en función do parámetro DELTA da fórmula que se indica a continuación, sendo o importe a pagar por factura o resultado de dita fórmula. A oferta do parámetro DELTA será efectuada en función dos euros/litro. CIxCDxDxDELTA+I,I.E.E.+IVE Sendo: CI: Cotización Internacional ALTA GORGOES CIF NWE, BASIS ARA, concretamente a media aritmética das cotizacións válida a semana anterior (de luns a venres) en que se realiza o subministro. O período de vixencia de cada prezo semanal será por conseguinte de sábado ás 00:00 horas ó venres seguinte (PLATTS EUROPEAN MARKETSCAN). CD: O valor de cambio de divisas (euros/US Dólar) en base á media aritmética da semana anterior en que realiza o subministro. D: Densidade do tipo de carburante correspondente. DELTA: Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenamento, transporte tanto primario como capilar, gastos xerais, etc. I.I.E.E.: Impostos especiais. I.V.E: Valor en cada momento. 7.- ORZAMENTO.- O contrato orzaméntase ata a cantidade máxima de douscentos vinte e cinco mil catrocentos euros (225.400,00 ¤), IVE e impostos incluídos. 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Terá que constituírse por importe do 2% do orzamento total de licitación. Poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o artigo 35 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. Terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. O incumprimento deste requisito será causa de exclusión do concurso. 10.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4 % do prezo de adxudicación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva terá que ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación . 11 PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN; 11.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 11.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, O SUBMINISTRO DE GASÓLEO A PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA. Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1.- Proposta Económica. Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.- Proposta de apoio técnico do subministro. Infraestructura e servizos, horarios, formas de petición, persoal que realizará o subministro, etc. 3.- Melloras. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se xa se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE GASÓLEO A PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade Mercantil debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se esta incursa nalgunha das prohibicións para contratar que conten o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000, de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Declaración das cifras de negocios globais dos tres últimos exercicios. c) Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas. d) Relación dos principais subministros realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 5.- Resgardo acreditativo de ter depositado na caixa da Deputación a garantía provisional. 12 .- MESA DE CONTRATACIÓN. Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario xeral da Corporación O interventor da Corporación. O xefe xeral do Parque de Maquinaria. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 13 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN E APERTURA DE PLICAS. A Mesa de Contratación, ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo ou en sábado se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 14.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1. Menor prezo ofertado, ata 5 puntos. 2. Outras melloras, ata 2 puntos. 3. Apoio técnico ó subministro, 2 puntos. 4. Prazo de entrega, ata 1 punto. 15.- ADXUDICACIÓN. O Órgano de contratación recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación, será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 10ª. 16- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e demais que xere o expediente, que se orzamentarán na contía máxima de 600,00 euros. Así mesmo, serán a cargo do adxudicatario os gastos de transporte e descarga do subministro. 18.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA. O Contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á Administración. 19.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO. O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 20.- RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 21.- XURISDICCIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía contencioso administrativa, a teor da Lei de dita xurisdición. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN. D ..., maior de idade, veciño de ..., con enderezo en ..., titular do DNI ..., expedido na data ..., actuando en nome propio ou en representación de ..., con enderezo en ...,teléfono ... segundo acredito con poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio para adxudicar mediante Concurso o contrato correspondente á CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE GASÓLEO A PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas: · Polo prezo do parámetro DELTA, en función da formula indicada na cláusula 6, de...........................................................................................Euros/Litro. · O prazo máximo de entrega sera de…………………………. Horas (non poderá superar o estipulado na cláusula 4) · Ofértase como melloras ós contidos expostos no Prego de condicións: (Enumerar) (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 90 7.13711.- ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS DE LICENCIADOS EN CIENCIAS DO MAR, BIOLOXÍA, BIOQUÍMICA, QUÍMICA, FARMACIA E VETERINARIA CON DESTINO Ó INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS De conformidade coa proposta da Comisión seleccionadora de dúas bolsas de estudos de licenciados en Ciencias do Mar, Bioloxía, Química, Farmacia e Veterinaria con destino ó Instituto de Investigacións Mariñas, aprobadas por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 18 de Novembro de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, adxudicar estas bolsas de estudos a Dona Ana Massanet Maio e Ana Cristina Sánchez Díaz, por importe de 841,41 ¤/mes, con efectos 01 de Marzo de 2006 e por un período dun ano, podendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, a petición do responsable do Instituto de Investigacións Mariñas e á vista do informe favorable do xefe do Servizo Agrario e por acordo da Xunta de Goberno. Ditas cantidades imputaranse á partida 06/711.711.481.02 do Orzamento provincial. A aceptación e aproveitamento desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó citado Organismo. ------ Folla: 90,91 8.13712.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JOSÉ SANTIAGO SÁNCHEZ OLIVEIRA EN NOME E REPRESENTACIÓN DE RIOBO Y ROUCO, S.L., POR DANOS EN VEHÍCULO DA SÚA PROPIEDADE NA RÚA DOCTOR JOSÉ ABAL RÚA (MOAÑA) Dada conta que con data de rexistro 16/01/06 (Rex. nº 000942) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. José Santiago Sánchez Oliveira en nome e representación de RIOBO Y ROUCO, S.L. con enderezo de notificacións en rúa Magallanes nº 7-3ºE de Vigo por danos padecidos en vehículo de súa propiedade matrícula PO-0510-BC o día 14/08/2003, e que individualiza economicamente en 681,27 ¤. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do propio teor literal da instancia comprensiva da reclamación dedúcense varios extremos que fan desaconsellable a estimación da pretensión, a saber: a) O dano cáusao un terceiro alleo a esta Deputación, concretamente un ciclista que se empotra contra o vehículo dos reclamantes, polo que non se albisca reproche que lle pode facer a título de funcionamento anormal a esta Deputación. b) Ningunha das expresións contidas no escrito de reclamación se formula de xeito categórico, senón dubitativo, sirvan como exemplos "...al parecer el ciclista se salió de la vía", "pudiera resultar responsable de los daños la Diputación", todas elas demostrativas da falla de convencemento para dirixir acción ningunha nin na vía administrativa nin na xudicial contra a Deputación. c) O atestado achegado non se refire a unha dilixencia de investigación referida ou instruída en relación cos reclamantes, senón a Don Euxenio Currás González, conductor da bicicleta. d) Queda clara a acción que podería competer ós reclamantes neste concreto procedemento que por este acordo se resolve, na utilización do artigo 1902 do Código Civil contra o conductor da bicicleta, incluso en vía de repetición se no seu día a Deputación na orde contenciosa se vise obrigada o pago de calquera indemnización ó conductor da bicicleta de reclamarlle este a aquela. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 91 9.13713.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MANUEL CASTRO RIAL EN NOME E REPRESENTACIÓN HERMANOS CASAL, C.B., POR DANOS SUFRIDOS EN VEHÍCULO NO LUGAR DE ORGODOMONTE (POIO) Dada conta que con data de rexistro 24/10/2005 (Rex. nº 032056) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Manuel Castro Rial Abad en nome e representación de HERMANOS CASAL, C.B. con enderezo de notificación en rúa Eduardo Pondal, nº 10-1ºA de Pontevedra por danos padecidos en automóbil matrícula 8294-CBW, no lugar de Orgodomonte (Poio) o día 29/11/2004, e que individualiza economicamente en 321,26 ¤. Resultando.- Que con data 02/11/2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Concello de Poio, que o emitiu con data 22/12/2005 co seguinte contido: "... A Xunta de Goberno Local por unanimidade e en exercicio das atribucións delegadas pola alcaldía, por Decreto de 26 de decembro de 2003, de conformidade co disposto no art. 21 da Lei 7/85, de 2 de abril, (modificada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro), acordou comunicar ó interesado que ten que presentar a reclamación directamente na empresa concesionaria do servizo, que xa non é "FERROSER", senón que é "HELGUINA, S.A." (aclarándolle que a partir do 1 de 12 de 2005 a nova concesionaria do servizo de augas e saneamento é "AQUAGEST, S.A.", a cal se subroga en tódolos dereitos e obrigas que tivera a concesionaria anterior "HELGUINA, S.A."), acompañando a documentación correspondente, que entregou na Subdelegación do Goberno e cuxos orixinais obran na Unidade de Sinistros do Concello de Poio, e pasados tres meses sen que a concesionaria do servizo resolva a súa reclamación enténdese denegada e podendo interpor entón recurso de alzada ante este Concello contra a resolución desestimatoria expresa ou por silencio e será entón o Concello o que poida estimar ou non o seu recurso de alzada respecto á reclamación presentada, sendo sempre a responsabilidade a cargo da empressa concesionaria e non do Concello." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela a presente reclamación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 92,93 10.13714.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON CARLOS FONTÁN DOMÍNGUEZ EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON JESÚS TREINTA OCHOA, POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA PO-3201 TOMIÑO-SABARÍS (BAIONA) Dada conta que con data de rexistro 16/09/05 (Rex. nº 028382) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Carlos Fontán Domínguez en nome e representación de D. JESÚS TREINTA OCHOA con enderezo de notificacións en rúa Urzáiz núm. 11-2º de Vigo, por danos padecidos en vehículo matrícula PO-4203-BK o día 6 de febreiro de 2005, e que individualiza economicamente en 2.699,90 ¤. Resultando.- Que con data 07/10/2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 17/10/2005 co seguinte contido: " La Carretera Tomiño-Sabarís pertenece a la red provincial. Efectivamente tal como refleja el reclamante en su declaración y el informe de la Guardia Civil de tráfico, personal afecto a este Servicio se presentó en la zona que describen sobre las 11.30 de la mañana, pero no por falta de la diligencia exigible en el cumplimiento de la obligación de mantenimiento de la Vía Pública, como expone el reclamante, sino porque tiene a su cargo una red de unos 300-350 Km, con un 50-60% en zona montañosa, con problemas de helada, por lo que lógicamente, es imposible atender todas las necesidades al mismo tiempo. No nos constaban más accidentes en ese día y lugar hasta que hemos recibido esta reclamación, que adjunta informe de tráfico que indica que hubo más." Resultando.- Que con data de 19/10/2005 solicitouse informe complementario e aclaratorio ó Servizo de Vías e Obras, no senso de clarexar se no lugar do accidente existía o día do accidente unha placa de xeo duns cen metros aproximadamente, o cal foi emitido en 21/10/2005 co seguinte contido: "El mencionado punto hace referencia a la existencia, o no, de una placa de hielo de unos cien metros de longitud en la C.P. Tomiño-Sabarís. Como se informó en el escrito de fecha 17 de octubre, en la zona de referencia personal de este Servicio, tiene a su cargo el mantenimiento de una red de unos 300/350 Km, con un 60% de zona montañosa que implica la existencia de placas de hielo. Aunque por razones de trabajo, dicha brigada acudió a la zona alrededor de las 11,30 hrs., de los informes recabados se puede deducir que había placas de hielo en la zona, aunque en el momento de la intervención del personal estuviesen prácticamente deshechas." Considerando.- Que con data 31/10/2005 solicitouse novo informe complementario e aclaratorio ó Servizo de Vías e Obras cunha única pregunta que textualmente di "...Se o sinistro referido, no que su aparente causa eficiente o foi a capa de xeo, é compatible cun exceso de velocidade.", contestándose por dito Servizo en 03/11/2005 no seguinte senso: "Efectivamente, el exceso de velocidad, en una carretera con placas de hielo, puede influir en la causa de los daños" Considerando.- Que con data 31/10/2005 solicitouse informe a Comandancia da Guarda Civil de Tomiño o cal foi recibido nesta Secretaria Xeral-Asesoría Xurídica en 27/12/05 co seguinte contido literal: "...1º.- Por parte de la central de servicios se nos pasa comunicado, en el sentido de que en la PO-3201, a la altura de la localidad de Pinzas, de este término municipal, una curva presentaba una gran placa de hielo, que casi hacía imposible, la libre circulación de vehículos por el lugar. 2º.- Desplazados al lugar, se tiene que reseñar, que se pudo apreciar de primera mano, lo reseñado con anterioridad, ya que incluso el vehículo oficial con el que se circulaba, tardó varios metros en parar, motivado a la placa de hielo del lugar. Se añade igualmente, que el mismo no circulaba a gran velocidad y que incluso al bajarse la pareja de servicio, no se daba caminado por la calzada. Todo ello motivado a que estaba metido en la cuneta un Renault Clío, de color blanco que se había salido y pretendía auxiliar a su conductor. 3º.- En vista de lo apreciado en el lugar se procede por parte de ambos agentes, a situarse uno en cada lado de la zona afecta y proceder a indicar a los usuarios de la vía de la presencia de la placa de hielo, que era y me reitero de gran tamaño y muy peligrosa, dado el grosor del mismo. Así mismo se solicita a la central de servicio que con carácter urgente y previsión de males mayores solicita personal específico al organismo que competa, en la vía en cuestión, para que traten de desplazar medios o material para quitar el hielo. Los que se presentaron en el lugar con un camión con sal y varios efectivos humanos si bien tardaron sobre unas dos horas y media. 3º.- El total de vehículos que se salieron de la vía, en presencia de la pareja de servicio se contabiliza en tres. En ningún momento se pueden atribuir a un exceso de velocidad, ya que como se indica en el punto tres, se indicaba a los conductores el reducir la velocidad, si bien al tomar la curva, los mismos no eran capaces de dirigir los coches y se precipitaban hacia el muro de tierra de la cuneta, es de destacar que todas las colisiones se realizaron en sentido de la marcha hacia Tomiño (PO) añadiendo a este dato que la curva se tomaba en sentido hacia la izquierda. 4º.- Los daños no se ocasionaron por que los neumáticos de los vehículos estuviesen en mal estado, o su banda de rodadura y dibujo desgastados. Únicamente se pueden atribuir a juicio del agente informante a la placa de hielo presente en ese momento. 5º.- En relación a las Diligencias que se confeccionaron en esta unidad, únicamente se tiene constancia, de una denuncia formulada por uno de los conductores de los vehículos afectados. 6º.- La placa de hielo para su conocimiento, ocupaba los dos carriles, ida y vuelta, y una superficie total tomando como referencia metros de largo, unos 40...//...continuación. 7º.- En resumen y a juicio del agente informante, se entiende que este tipo de placa de hielo, se debe a que el lugar de la vía en cuestión, es sombrío durante todo el día, dado que a que por el desnivel del terreno, no le da el sol en ningún momento y, se van acumulando las heladas de varios días, lo que creó una zona muy peligrosa..." Considerando.- Que en 30/12/2005 solicitouse ó Sarxento-Comandante de Posto da Garda Civil de Tomiño informe co seguinte contido: "...Se considerando o informe do Enxeñeiro Xefe da Zona Sur desta Deputación, que manifesta que o exceso de velocidade nunha estrada con placas de xeo pode influir na causa dos danos, así como que os vehículos que saíron da vía foron tres, e, obviamente, os que circularon foron máis, ¿É posible que de terse respetado -como é obrigado- os artigos 45 e 46 do R.d. 1428/03 (".,, se circulará a veolidad moderada y, si PRECISO FUERA, SE DETENDRÁ EL VEHÍCULO (...) ESPECIALMENTE EN LOS SIGUIENTES CASOS (...) AL CIRCULAR POR PAVIMENTO DESLIZANTE...) non se houbera producido o accidente obxecto de informe?; o cal foi recibido nesta Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica en 24/01/06 co seguinte contido: "Por el Cabo Comandante de Puesto Accidental que suscribe, se informa, en relación a lo interesado de los siguientes extremos: 1º.- Por el Jefe de Unidad no se puede emitir informe o valoración sobre lo peticionado ya que no presencio ni actuó en los hechos objeto del presente. 2º.-Consultados los Agentes de esta Unidad que actuaron en dichos hechos y que en su momento emitieron el informe interesado (que obra en poder de esa Diputación) se participa lo siguiente: ...en relación a la amplitud y conocimiento técnico -de la que se cita a la hora de elaborar el informe- que se dispone NO se puede informar o valorar lo peticionado, ya que los citados Agentes pertenecen a la especialidad de SEGURIDAD CIUDADANA, y no a la Agrupación de Tráfico de la Guardia Civil (que si dispone de dicha titulación y conocimiento técnico), careciendo por lo tanto de conocimientos técnicos en la materia o especialización sobre la misma que les pueda servir para emitir un informe de valoración debidamente contrastado por medio de dichos conocimientos, puesto que como se reitera se carece de dicha titulación." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto de térense respectado os artigos 45 e 46.g do Regulamento Xeral de Circulación o accidente non se tería producido, xa que tales artigos din o seguinte: "Art. 45 "Adecuación de la velocidad a las circunstancias (23).-Todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta, además, sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación, y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad de su vehículo a las mismas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse (artículo 19, número 1,del texto articulado)." "Art. 46 "Moderación de la velocidad. Casos.-1. Se circulará a velocidad moderada y, si fuera preciso, se detendrá el vehículo, cuando las circunstancias lo exijan, especialmente en los casos siguientes"(...) "46 g) Al circular por pavimento deslizante o cuando puedan salpicarse o proyectarse agua, gravilla u otras materias a los demás usuarios de la vía". Considerando.- Que a maiores, o atestado non se elaborou por axentes especializados en tráfico, senón, coma se aclara no informe de 24/01/06, por AGENTES PERTENECIENTES A LA ESPECIALIDAD DE SEGURIDAD CIUDADANA, o que desvirtúa o valor probatorio do citado documento ó carecer dunha das características esenciais, tal é a especialidade, que xunto coas de neutralidade e presunción de veracidade son esixidas por unha conteste xurisprudencia do Tribunal Constitucional para elevar o transcrito polos axentes á categoría de proba plena, quedando evidenciado que dificilmente puidera apreciarse "presunción de veracidade se o instruído non o foi por axentes especializados". Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 93,95 11.13715.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS a) A Xunta de Goberno queda enterada de Autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, de data 16 de xaneiro de 2006, polos que se acepta o desestimento de D. Antonio López Iglesias no recurso contencioso- Procedemento Abreviado 329/ 2005 así como na Peza Separada de Suspensión 76/ 2005, interpostos contra desestimación por silencio administrativo de recurso contra o acordo de necesidade de ocupación de finca para as obras de ensanche e acondicionamento da estrada S. Vicente do Mar-O Grove. O recorrinte formulou desestimento unha vez asinado acordo de terminación convencional, de data 29 de decembro de 2005, no que se estipula a reposición de valo e peche da finca a expropiar e pago da finca segundo a regulación xeral establecida na Lei de Expropiación Forzosa. A tramitación do expediente foi levada a cabo polos Servizos Xurídicos e de Vías e Obras desta Deputación. b) Resultando que por Dª María del Rosario e Dª María del Carmen Afonso Martínez promovéronse ambos recursos contencioso-administrativos contra esta Deputación perante os Xulgados do Contencioso núms. 1 e 3 de Pontevedra, respectivamente, por ocupación de terreos da súa propiedade a consecuencia das obras de "Acondicionamento da Travesía EP 0005 e 0003 nas rúas Camposanto e Pintor Laxeiro" de Pontevedra, reclamando unha indemnización total de 35.987,93¤. Resultando que con data 1 de xuño de 2005 polos Servizos Xurídicos desta Deputación presentouse solicitude de acumulación de ambos recursos, baseándose en que derivan das mesmas obras en virtude de Convenio entre o Concello de Pontevedra e esta Deputación, dictándose Auto polo Xulgado do Contencioso nº 1 con data 21 de xullo de 2005 declarando procedente a solicitude de acumulación formulada. Resultando que a xuízo dos Servizos Xurídicos desta Deputación debía emprazarse no Procedemento ó Concello de Pontevedra dado que en virtude do Convenio antes citado correspóndelle a este -cláusula 5ª- a posta a disposición dos terreos necesarios para o desenvolvemento das obras, acórdase dito emprazamento, dando traslado do mesmo ó Xulgado. Resultando que a instancia das recorrentes tramitouse Peza Separada de Suspensión na que novamente os Servizos Xurídicos desta Deputación alegaron en contra da mesma, obtendo Auto favorable á non suspensión e, polo tanto, contrario ós intereses das mesmas. Resultando que con data 16 de novembro de 2005 procédese polos Servizos Xurídicos desta Deputación ó cumprimento do trámite de contestación á demanda, na que se formulaba a excepción de falta de lexitimación pasiva, ó tempo que se insta ó Concello e á representación das demandantes ó inicio de xestións para acadar un acordo extraxudicial que permita o desenvolvemento das obras e a satisfacción dos dereitos das recorrentes. Resultando que celebrada reunión entre as partes nas dependencias da Secretaría Xeral á que asisten o representante legal dos recorrentes, o letrado asesor e o enxeñeiro municipal por parte do Concello e o secretario xeral, o asesor xurídico e o enxeñeiro técnico-xefe de zona por parte da Deputación, conclúese que por parte do Concello se propoña acordo que permita ás propietarias a retirada dos recursos e a continuación das obras, o que se materializa cursándose escrito pola representación das recorrentes ó Xulgado do Contencioso nº 1 desistindo da acción. Resultando que con data 11 de xaneiro de 2006 ten entrada no Rexistro Xeral Auto do Xulgado do Contencioso nº 1 de Pontevedra polo que se declara rematado o Procedemento e na súa consecuencia ordénase o arquivo das actuacións. Considerando que o acordo extraxudicial establece que a satisfacción dos dereitos das recorrentes é atribuíble ó Concello de Pontevedra polo que a Deputación non resulta obrigada a ningunha contraprestación polo desestimento dos recursos, A Xunta de Goberno queda enterada do citado Auto favorable ós intereses desta Deputación, acordando se dea conta do mesmo ó Servizo de Vías e Obras. c) Dada conta de que con data 9 de decembro de 2005 notifícase sentenza dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recaída en recurso nº 02/ 4908/ 2002 promovido por Dona Mariana Abizanda Losada contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada de San Cibrán a Sabarís, Parroquia de Borreiros (Gondomar) o día 21 de outubro de 2001, valorados en 9.298,94 ¤, e na que se estima en parte o recurso condenando á Deputación ó pago dunha indemnización por importe de 5.251,77 ¤ mailos xuros legais desde a data de reclamación en vía administrativa. Resultando que en virtude da póliza subscrita no seu día coa aseguradora AXA, a defensa desta Deputación no referido recurso foi levada a cabo polos letrados do despacho Quesada Avogados de A Coruña. Resultando que con data 9 de xaneiro de 2006 a aseguradora comunica que xa procedeu ó ingreso da cantidade recoñecida na sentenza, é dicir, 5.251,77 ¤ en concepto de principal, máis 886,04 ¤ en concepto de xuros, na conta de consignacións do Tribunal Superior. Resultando que en virtude das condicións económicas da devandita póliza á Deputación correspóndelle asumir unicamente o importe establecido na mesma como franquía que é de 601,01 ¤. Visto o documento RC de Intervención, de data 02/02/06 sobre existencia de crédito na partida 06/511.511.210.00, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo con cargo á partida orzamentaria 06/511.511.210.00 á aseguradora AXA AURORA IBÉRICA, S.A. a cantidade de 601,01 ¤ (seiscentos un euros con un céntimo) en concepto de parte da indemnización recoñecida a Dª Mariana Abizanda Losada na sentenza dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en autos de recurso núm. 02/4908/2002, promovido contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico o día 21 de outubro de 2001 na estrada provincial de San Cibrán a Sabarís, Parroquia de Borreiros (Gondomar), que debe asumir esta Deputación en concepto de franquía establecida na póliza subscrita no seu día coa aseguradora AXA AURORA IBÉRICA, S.A., e unha vez que dita aseguradora procedeu ó ingreso da cantidade recoñecida na sentenza, é dicir, 5.251,77 ¤ en concepto de principal, máis 886,04 ¤ en concepto de xuros, na conta de consignacións do Tribunal Superior. Segundo.- A realización do pago efectivo da citada cantidade queda sometido á condición suspensiva de remisión por parte da aseguradora de copia do CIF e de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria onde efectuar o ingreso. Terceiro.- Dar traslado do presente acordo ós efectos oportunos a AXA AURORA IBÉRICA, S.A. con enderezo en Vigo, Praza de América 1-2ª planta, á Intervención e á Tesourería, así como á Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, para o seu coñecemento. ------ Folla: 95 12.13716.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 95 13.13717.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JOSÉ DOMÍNGUEZ LINO EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DONA MARÍA EMILIA RODRÍGUEZ REGUERA, POR DANOS EN VIVENDAS COMO CONSECUENCIA DE OBRAS NA ESTRADA C-550 (VILABOA) Dada conta que con data de rexistro 05/01/2006 (nº 000363) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Jose Domínguez Lino en nome e representación de Dona Maria Emilia Rodríguez Reguera, con enderezo de notificacións na rúa Benito Corbal, nº 17- 2ºdereita de Pontevedra por danos padecidos en vivendas da súa propiedade, a consecuencia das obras na estrada C-550 (Vilaboa), e que individualiza economicamente en 4.390,37 ¤. Resultando.- Que a estrada C-550 non é vía provincial e as obras nº 33-PO-2970 de referencia eran levadas a cabo polo Ministerio de Fomento Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que ó contido do seu escrito de reclamación e do informe pericial achegado impide entrar sequera a valorar as circunstancias da mesma, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 96 14.13718.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE APERTURA E URBANIZACIÓN DE DOUS TRAMOS DE RÚAS, DE PECHE DE CUARTEIRÓN, ENTRE A RÚA DOS EIDOS E A RÚA PROLONGACIÓN DO CAMPO DAS REDES DO CONCELLO DE REDONDELA Dada conta da comunicación do Concello de Redondela, de data 18 de xaneiro de 2006 (rexistro de entrada núm. 001786, de data 24/01/06), pola que se remite copia do expediente sobre Proxecto de apertura e urbanización de dous tramos de rúas, de peche de cuarteirón, entre a rúa dos Eidos e a rúa prolongación do Campo das Redes do Concello de Redondela, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición