Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-09-01_Ordinaria. Acta de sesión 2006/09/01_Ordinaria
Acta de sesión 2006/09/01_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/1.2006-09-01_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/09/01_Ordinaria
Data(s) 2006-09-01 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 2.14245.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER DA COMARCA DO MORRAZO "AFAMO" Para facer fronte ás necesidades que provoca a enfermidade do Alzheimer, e de manter un certo equilibrio entre a correcta atención dos enfermos/as, e a realización das actividades laborais e persoais dos familiares que os coidan, a "Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo" AFAMO, quere por en marcha un "Programa de Respiro familiar de fin de semana" e uns "Obradoiros interxeneracionais" cos que pretende colaborar esta Excma. Deputación Provincial, mediante unha achega económica de 20.000 euros polo que á vista dos informes emitidos polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor Accidental respectivamente, o 9 e o 29 de agosto de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a "Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo" AFAMO, para a posta en marcha do "Programa de Respiro Familiar de fin de semana" e dos "Obradoiros interxeracionais" cunha achega económica provincial de 20.000 euros con cargo á partida 06/313.313.480.02 do vixente presuposto provincial. Dito Convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER DO MORRAZO AFAMO. ANO 2006. No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra reúnense o ........................ de ............................ do 2006, por un lado o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal na súa calidade de Presidente da Deputación de Pontevedra, no exercicio das competencias que lle atribúe o art. 34.1,b da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local, e por outra banda Dona Josefa Cancelas Pérez, na súa calidade de Presidenta da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo, con CIF G-36368488 As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o Convenio de Colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES As institucións asinantes do presente convenio, ante o problema derivado da enfermidade de Alzheimer nos/as propios/as afectados/as e nas súas familias e co fin de manter, por unha banda, o equilibrio entre a correcta atención do/a enfermo/a e a realización das actividades laborais e persoais dos/as coidadores/as e por outra, sensibilizar e/ou eliminar a marxinación social que sofren os/as enfermos/as, consideran fundamental a posta en marcha do Programa "Respiro familiar de fin de semana" e o desenvolvemento de "Obradoiros Interxeracionais". Para conseguir estes obxectivos a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ó amparo da Lei 4/1993 de 14 de abril Reguladora dos Servizos Sociais de Galicia e da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, pretende colaborar economicamente coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo co fin de que poida levar a cabo ditos proxectos. En base ás anteriores consideracións, ámbalas dúas partes acordan suscribir o presente Convenio, coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto. Colaboración económica da Deputación á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo "AFAMO", para que esta poida levar a cabo o Proxecto de "Respiro Familiar de fin de semana" e os "Obradoiros interxeracionais", co fin de apoiar ás familias para que poidan ter os seus momentos de descanso do coidado do/a enfermo/a e manter a este nun ambiente óptimo para o seu coidado no caso do Proxecto e mellorar a comunicación entre maiores e nenos/as, intercambiando experiencias e fomentando valores no caso dos Obradoiros Interxeracionais. Tanto o Proxecto "Respiro Familiar de fin de semana" como os "Obradoiros Interxeracionais" serán xestionados pola Asociación "AFAMO". SEGUNDA. Institucións participantes. A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo AFAMO, quen xestionará o Programa e os Obradoiros sinalados na cláusula anterior, remitindo á Deputación un informe trimestral sobre a evolución e desenvolvemento de ambos. TERCEIRA. Beneficiarios. Os beneficiarios dos programas serán os socios da Asociación, tanto enfermos como familiares, e máis en concreto: - No Programa "Respiro Familiar de fin de semana": anciáns con demencia-Alzheimer que presentan deterioro leve e moderado e cunha puntuación na escala Mini-Exame Cognitivo (MEC) inferior ou igual a 23. - Nos "Obradoiros interxeracionais": serán beneficiarios anciáns con demencia-Alzheimer que presentan un deterioro leve e moderado e presenten unha puntuación, na escala Mini-Exame Cognitivo (MEC), inferior ou igual a 23 e nenos/as con idades comprendidas entre os 8 e os 10 anos cuxos avós padezan dita enfermidade. CUARTA. Condicións e financiamento. A duración do Convenio establécese para un ano natural con independencia da data da súa sinatura, entrando en vigor polo tanto o 1º de xaneiro e rematando o 31 de decembro do ano en curso. A achega económica da Deputación elévase a VINTE MIL EUROS (20.000,00 ¤) consignados na partida 06/313.313.480.02. Debido á dificultade económica por parte da Asociación para adiantar o importe dos gastos que suporía a realización das actividades contempladas neste convenio e polo tanto a imposibilidade de levalas a cabo se non conta con medios, o pago da achega económica da Deputación, segundo o artigo 34.4 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e da base 25ª.11ª das Bases de Execución do Presuposto da Deputación, poderá facerse efectivo anticipando o 50% da subvención despois da sinatura do convenio e o resto conforme se vaian xustificando os gastos mediante facturas que cumpran os requisitos legais. QUINTA. Participación das institucións. As obrigas da Deputación e da Asociación no desenvolvemento dos proxectos serán as seguintes: DEPUTACIÓN: Achega económica e apoio técnico para o estudo e seguimento das actividades. A súa función principal será a supervisión xeral do proxecto e obradoiros interxeracionais. ASOCIACIÓN: É o organismo responsable da xestión dos proxectos. Cederá o local acondicionado para a realización das actividades e responsabilizarase da constitución dos grupos de maiores e de nenos/as, cando corresponda, da contratación do persoal necesario para levar a cabo os obradoiros e da avaliación e memoria de ambos proxectos. SEXTA. Publicidade. A Deputación conforme ó artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, procederá a publicar a subvención concedida. A Asociación comprométese a facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social en toda a publicidade que elabore sobre os proxectos subvencionados. SÉTIMA. Causas de Terminación das Actuacións. As actuacións derivadas do presente Convenio, terminarán por expiración do prazo de vixencia do mesmo ou por resolución do Convenio por algunha das causas enumeradas na cláusula anterior. OITAVA. Causas de Resolución do Convenio. Serán causas de resolución do presente Convenio, o incumprimento por algunha das partes asinantes do contido do Convenio, así como o incumprimento da xustificación da subvención por parte do beneficiario da mesma. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo da Excma. Deputación na data do encabezado O ILMO. SR. PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRAAsdo. D. Rafael Louzán Abal A PRESIDENTA DA ASOC. DE FAMILIARES DO MORRAZO "AFAMO"Asdo. Dona Josefa Cancelas Pérez" ------ Folla: 3.14246.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS DE GALICIA "AFAGA" A grave problemática social dos enfermos/as de Alzheimer e doutras demencias ou do seu entorno familiar, demanda cada vez un maior número de recursos dirixidos a paliar os devastadores efectos desta enfermidade, entre os cales a "Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia" AFAGA, vén desenvolvendo o "Programa GAM" (Grupo de Axuda Mutua) e os "Obradoiros Paralelos", onde se traballan as facultades cognitivas dos enfermos, e se presta apoio psicolóxico ós familiares; por todo o cal e á vista dos informes de 31 de xullo de 2006 do Sr. Secretario Xeral e de 30 de agosto do ano en curso do Sr Interventor Accidental respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a "Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia" AFAGA, para o desenvolvemento do programa GAM de "Axuda Mutua", e dos "Obradoiros Paralelos", cunha vixencia dun ano e unha achega económica desta Deputación Provincial de 20.000 euros con cargo á partida 06/313.313.480.02 do vixente presuposto provincial. Dito Convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS DE GALICIA "AFAGA" DE VIGO. ANO 2006. No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra, reúnense o ......................... de ................... do 2006, por un lado o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa calidade de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, no exercicio das competencias que lle atribúe o art. 34.1,b da Lei 7/85, de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, e por outra banda D. Xoán Carlos Rodríguez Bernárdez en calidade de Presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia AFAGA de Vigo, con CIF G-36776920. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o Convenio de Colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES A grave problemática dos enfermos/as de Alzheimer e doutras demencias, e do seu entorno familiar, demanda cada vez un maior número de recursos dirixidos a apoiar a estes enfermos/as e ás súas familias a paliar as limitacións que impón esta enfermidade. Por este motivo e dende o ano 1.994 a Asociación "AFAGA" ven desenvolvendo unha serie de actividades e programas dirixidos a tal fin. Máis en concreto, e co fin de ofrecer apoio psicolóxico e emocional ós familiares, desde o ano 1998 comezou a desenvolver o Programa GAM (Grupo de Axuda Mutua), pero ante a dificultade de non ter con quen deixar ós enfermos/as mentres asisten ós GAM nacen os "OBRADOIROS PARALELOS", que basicamente consisten nunha prolongación dos Grupos de Axuda Mutua, onde acoden xuntos enfermos/as e familiares. A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sensible a esta problemática, e ó amparo da Lei 4/1993 de 14 de abril Reguladora dos Servizos Sociais de Galicia e da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, pretende colaborar economicamente coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia co fin de desenvolver ditos programas, GAM e "OBRADOIROS PARALELOS", e desta forma lograr unha maior calidade de vida dos/as afectados/as e das súas familias. En base ás anteriores consideracións, ámbalas dúas partes acordan subscribir o presente Convenio, coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto. A Excma. Deputación de Pontevedra colaborará economicamente coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA) para que poida levar a cabo os Programas GAM e "OBRADOIROS PARALELOS", co fin de apoiar, por unha parte, ás familias para que poidan acudir ós Grupos de Axuda Mutua (GAM) onde se levan a cabo técnicas de relaxación, afrontamento de conflitos, resolución de situación de crise, etc, e por outra ós/ás enfermos/as, que de forma simultánea, reciben atención por parte dunha psicóloga nun espazo diferenciado, onde se traballa a estimulación cognitiva e funcional a nivel individual e en grupo. SEGUNDA. Institucións participantes. A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia AFAGA, quen xestionará os Programas sinalados na cláusula anterior, remitindo un informe trimestral sobre a evolución e desenvolvemento dos mesmos. TERCEIRA. Beneficiarios. Os beneficiarios dos programas serán os socios da Asociación, tanto enfermos/as como familiares. CUARTA. Condicións e financiamento. A duración do Convenio establécese para un ano natural con independencia da data da súa sinatura, entrando en vigor polo tanto o 1º de xaneiro e rematando o 31 de decembro do ano en curso. A achega económica da Deputación elévase a VINTE MIL EUROS (20.000,00 ¤) consignados na partida 06/313.313.480.02. Debido á dificultade económica por parte da Asociación para adiantar o importe dos gastos que suporía a realización das actividades contempladas neste convenio e polo tanto a imposibilidade de levalas a cabo se non se conta con medios, o pago da achega económica da deputación, segundo o artigo 34.4 da Lei 38/2003, de 17 de Novembro, Xeral de Subvencións e da Base 25ª.11ª das Bases de Execución do Presuposto da Deputación, poderá facerse efectivo anticipando o 50% da subvención despois da sinatura do convenio e o resto conforme se vaian xustificando os gastos mediante facturas que cumpran os requisitos legais. QUINTA. Participación das institucións. As obrigas da Deputación e da Asociación no desenvolvemento dos proxectos serán as seguintes: DEPUTACIÓN: Por unha banda, a achega económica dirixida a cubrir os gastos de persoal (Traballadora Social, Psicóloga, Administración e Xestión) e dos gastos correntes derivados da realización dos Programas descritos (electricidade, auga, teléfono, combustible, etc) e por outra apoio técnico para o estudo e seguimento das actividades. A súa función principal será a supervisión xeral dos programas. ASOCIACIÓN: É o organismo responsable da xestión dos programas. Cederá o local acondicionado para a realización das actividades e responsabilizarase da constitución dos grupos de familiares e de maiores, da contratación do persoal necesario para levar a cabo os obradoiros e da avaliación e memoria dos Programas. SEXTA. Publicidade. A Deputación conforme ó artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, procederá a publicar as subvencións concedidas. A Asociación comprométese a facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social en toda a publicidade que elabore sobre os programas subvencionados. SÉTIMA. Causas de Terminación das Actuacións. As actuacións derivadas do presente Convenio, terminarán por expiración do prazo de vixencia do mesmo ou por resolución do Convenio por algunha das causas enumeradas na cláusula anterior. OITAVA. Causas de Resolución do Convenio. Serán causas de resolución do presente Convenio, o incumprimento por algunha das partes asinantes do contido do Convenio, así como o incumprimento da xustificación da subvención por parte do beneficiario da mesma. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo da Excma. Deputación na data do encabezado O ILMO. SR. PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRAAsdo. Rafael Louzán Abal O PRESIDENTE DA ASOC. DE FAMILIARES DE ALZHEIMER DE GALICIA "AFAGA".VIGOAsdo. Xoán Carlos Rodríguez Bernárdez" ------ Folla: 4.14247.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER DE PONTEVEDRA "AFAPO" Co fin de paliar, na medida do posible, as limitacións que a enfermidade de Alzheimer impón a quen a sofren, polo grave deterioro progresivo das súas facultades neurolóxicas, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, pretende apoiar un programa de atención fisoterapeútica e xeriátrica a domicilio, que ten en marcha a "Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra" (AFAPO), en aras a mellorar a súa calidade de vida e a do seu entorno familiar, por todo a cal ó abeiro da lei 4/1993 de 14 de abril de Servizos Sociais de Galicia, e a lei 38/2003 de 17 de novembro Xeral de Subvencións e en base ós informes de 9 e 29 de agosto de 2006 emitidos polo Sr. Secretario Xeral e o Sr. Interventor Accidental, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a "Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra" (AFAPO), por importe de 20.000 euros con cargo á partida 06/313.313.480.02 para o "Plan continuo de atención individualizada ó enfermo de Alzheimer e ó seu entorno inmediato". Dito Convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS DE PONTEVEDRA "AFAPO". ANO 2006. No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra reúnense o .............. de ...................... do 2006 por unha banda D. Rafael Louzán Abal na súa calidade de Presidente da Deputación de Pontevedra, no exercicio das competencias que lle atribúe o art. 34.1,b da Lei 7/85, de 2 de Abril Reguladora de Bases de Réxime Local, e por outra, Dona María José Magdaleno Varela na súa calidade de Presidenta da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra "AFAPO, con CIF-36461697 As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o Convenio de Colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES A grave problemática dos enfermos/as de Alzheimer e doutras demencias, e do seu entorno familiar, demanda cada vez un maior número de recursos dirixidos a apoiar a estes enfermos/as e ás súas familias a fin de paliar as limitacións que impón esta enfermidade. Por este motivo e dende o ano 2.004 a Asociación dedica os seus esforzos á información, formación, apoio e representación do colectivo afectado por esta enfermidade. Neste intre a Asociación "AFAPO" conta cun "Plan continuo de atención individualizada co enfermo de Alzheimer e máis co seu entorno inmediato" que leva consigo a atención fisioterapéutica e máis a axuda xeriátrica no fogar o que redunda en beneficio tanto dos enfermos como dos seus familiares proporcionándolle unha mellor atención e, en consecuencia, unha mellor calidade de vida a todos eles, razón pola que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, ó amparo da Lei 4/1993 de 14 de abril Reguladora dos Servizos Sociais de Galicia e da Lei 38/2003 de 17 de novembro Xeral de Subvencións, pretende colaborar coa Asociación de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra AFAPO para o desenvolvemento de dito Plan continuo de atención individualizada. En base ás anteriores consideracións, ámbalas dúas partes acordan subscribir o presente Convenio, coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto. A Excma. Deputación de Pontevedra colaborará economicamente coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias "AFAPO" para levar a cabo o "Plan continuo de atención individualizada co enfermo de Alzheimer e o seu entorno inmediato (familiar/coidador)" con dous obxectivos: cubrir as necesidades de asistencia no fogar demandadas polos familiares dos enfermos e aumentar a calidade de vida tanto dos afectados como a dos seus familiares, achegando todas as estratexias e ferramentas do tratamento e trato por parte do fisioterapeuta. SEGUNDA. Institucións participantes. A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer de Pontevedra "AFAPO", quen xestionará o "Plan continuo de atención individualizada co enfermo de Alzheimer e o seu entorno inmediato", remitindo á Deputación un informe trimestral sobre a evolución do mesmo. TERCEIRA. Beneficiarios. Os beneficiarios do presente convenio serán os socios da Asociación, tanto enfermos/as como familiares. CUARTA. Condicións e financiamento. A duración do Convenio establécese para un ano natural con independencia da data da súa sinatura, entrando en vigor polo tanto o 1º de xaneiro e rematando o 31 de decembro do ano en curso. A achega económica da Deputación elévase a VINTE MIL EUROS (20.000,00 ¤) consignados na partida 06/313.313.480.02. Debido á dificultade económica por parte da Asociación para adiantar o importe dos gastos que suporía a realización das actividades contempladas neste convenio, o pago da achega económica da Deputación, segundo o artigo 34.4 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e da Base 25.11 das Bases de Execución do Presuposto da Deputación, poderá facerse efectivo anticipando o 50% da subvención despois da sinatura do convenio e o resto conforme se vaian xustificando os gastos mediante facturas que cumpran os requisitos legais. QUINTA. Participación das institucións. As responsabilidades da Deputación e da Asociación no desenvolvemento dos proxectos serán as seguintes: DEPUTACIÓN: A achega económica e apoio técnico para o seguimento das actividades. A súa función principal será a supervisión xeral do "Plan continuo de atención individualizada co enfermo de Alzheimer e o seu entorno inmediato (familiar/coidador)." ASOCIACIÓN: É o organismo responsable da xestión de dito Plan continuo de atención individualizada, da avaliación e memoria do mesmo e da xustificación correspondente. SEXTA. Publicidade. A Deputación conforme ó artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, procederá a publicar as subvencións concedidas. A Asociación comprométese a facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social en toda a publicidade que elabore. SÉTIMA. Causas de Terminación das Actuacións. As actuacións derivadas do presente Convenio, terminarán por expiración do prazo de vixencia do mesmo ou por resolución do Convenio por algunha das causas enumeradas na cláusula anterior. OITAVA. Causas de Resolución do Convenio. Serán causas de resolución do presente Convenio, o incumprimento por algunha das partes asinantes do contido do Convenio, así como o incumprimento da xustificación da subvención por parte do beneficiario da mesma. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo da Excma. Deputación na data do encabezado. O ILMO. SR. PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PCIAL. DE PONTEVEDRAAsdo. D. Rafael Louzán Abal A PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN E FAMILIARES DE ALZHEIMER DE PONTEVEDRA "AFAPO" Asdo. Dona Mª José Magdaleno Varela" ------ Folla: 5.14248.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E VARIOS CONCELLOS DA PROVINCIA PARA A EXECUCIÓN DOS LABORES DE LIMPEZA, SINALIZACIÓN E INTERVENCIÓNS ARQUEOLÓXICAS DOS TRAMOS DA VÍA ROMANA XIX DENTRO DO MARCO DO PROXECTO INTERREG III-A "VÍAS ATLÁNTICAS" Dado que a Deputación de Pontevedra atópase xestionando en calidade de Xefe de Fila o Proxecto Interreg III-A "Vías Atlánticas" que ten como obxectivo principal a recuperación e posta en valor do percorrido da Vía Romana XIX que unía Bracara Augusta (actual Braga - Portugal) con Lucus Augusti (actual Lugo) como un roteiro cultural transfronteirizo; Dada a intención da Deputación de Pontevedra de levar a cabo as actuacións de limpeza, sinalización e intervencións arqueolóxicas dos tramos posibles deste roteiro ó seu paso pola provincia de Pontevedra, e á vista dos estudos arqueolóxicos realizados que determinan que nesta provincia a Vía Romana XIX pasaba polos concellos de Tui, Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures; Vistos os informes do Sr. Secretario Xeral desta Deputación Provincial e o do Sr. Interventor Accidental do 9 e 25 de agosto de 2006 respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia de Pontevedra por onde transcorría a Vía Romana XIX para a execución dos labores de limpeza, sinalización e intervencións arqueolóxicas en varios tramos deste roteiro dentro do marco do proxecto Interreg III-A "Vías Atlánticas". Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E OS CONCELLOS DE TUI, PORRIÑO, MOS, REDONDELA, SOUTOMAIOR, VILABOA, PONTEVEDRA, BARRO, PORTAS, CALDAS DE REIS, VALGA E PONTECESURES PARA A EXECUCIÓN DOS LABORES DE LIMPEZA, SINALIZACIÓN E INTERVENCIÓNS ARQUEOLÓXICAS DO PERCORRIDO DA VíA ROMANA XIX E O SEU MANTEMENTO FUTURO, DENTRO DAS ACTUACIÓNS PREVISTAS NO MARCO DO PROXECTO INTERREG III-A "VÍAS ATLÁNTICAS: SP6.11/02" En Pontevedra, a ______de _________________ de 2006 REUNIDOS Por unha banda, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en adiante Deputación, con CIF 3600000-H e sede social en Montero Ríos s/n, actuando en nome e representación de dita entidade. Por outra banda, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, Alcalde do Concello de Tui, con CIF P-3605500-B e sede social en Praza do Concello 1 (Tui), actuando en nome e representación de dita entidade. D. Raúl Francés Rodríguez, Alcalde do Concello de Porriño, con CIF P-3603900-F e sede social en c/ Antonio Palacios 1 (Porriño), actuando en nome e representación de dita entidade. Dña. Mª Jesús Escudeiro Lago, Alcaldesa do Concello de Mos, con CIF P-3603300-I e sede social en Rexenxo-Petelos 1, actuando en nome e representación de dita entidade. D. Xaime Rey Barreiro, Alcalde do Concello de Redondela, con CIF P-3604500-C e sede social en Alfonso XII, 2 (Redondela), actuando en nome e representación de dita entidade. D. Agustín Reguera Ocampo, Alcalde do Concello de Soutomaior, con CIF P-3605300-G e sede social en Alexandre Bóveda 8 (Soutomaior), actuando en nome e representación de dita entidade. D. José Luís Poceiro Martínez, Alcalde do Concello de Vilaboa, con CIF P-3605800-F e sede social en Toural 1 (Vilaboa), actuando en nome e representación de dita entidade. D. Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde do Concello de Pontevedra, con CIF P-3603800-H e sede social en Praza de España 1 (Pontevedra), actuando en nome e representación de dita entidade. D. José Antonio Landín Eirín Alcalde do Concello de Barro, con CIF P-3600200-D e sede social en San Antoniño - Perdecanai (Barro), actuando en nome e representación de dita entidade. D. Roberto Vázquez Souto, Alcalde do Concello de Portas, con CIF P-3604000-D e sede social en A Rapeira s/n (Portas), actuando en nome e representación de dita entidade. D. Jose María Tobío Barreira, Alcalde do Concello de Caldas de Reis, con CIF P-3600500-G e sede social en Ferreira 1 (Caldas de Reis) , actuando en nome e representación de dita entidade. D. Jose María Bello Maneiro, Alcalde do Concello de Valga, con CIF P-3605600-J e sede social en Avda. da Coruña 14 (Valga), actuando en nome e representación de dita entidade. D. Manuel Luís Álvarez Angueira, Alcalde do Concello de Pontecesures, con CIF P-3604300-H e sede social en Avda. Da Cidade de Vigo 2 (Pontecesures), actuando en nome e representación de dita entidade. Actuando todos eles ó abeiro dos artigos 34.1-"a" e "b" e 21.1-"a" e "b" da Lei 7/85 e 61 atribucións 1,2 e, 11 e 41, atribucións 1,2 e 12 do RD 2568/86 que aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Corporacións Locais, EXPOÑEN Primeiro: Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do RDL 2/2000 de 16 de xuño polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, 57 da Lei 7/85 de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97 de 22 de xullo de Administración Local de Galicia. Segundo: O Subcomité de Xestión do Subprograma Galicia-Norte de Portugal, por resolución de data 14 de xullo de 2004 e no marco do programa da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A España-Portugal, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) acordou a concesión dunha axuda de 1.253.000,00 euros para a execución do proxecto "Vías Atlánticas" financiado a través desta Iniciativa Comunitaria presentado pola Deputación Provincial de Pontevedra, en calidade de Xefe de Fila e figurando como socios os seguintes: 1) Deputación Provincial de Pontevedra 2) Deputación Provincial de A Coruña 3) Excmo. Concello de Lugo 4) Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) 5) Universidade de Santiago de Compostela 6) Universidade de Minho 7) Cámara Municipal de Braga 8) Cámara Municipal de Vila Verde 9) Cámara Municipal de Ponte de Lima 10) Cámara Municipal de Paredes de Coura 11) Cámara Municipal de Valença 12) Consejo Superior de Investigaciones Científicas Terceiro: O presuposto total do proxecto está distribuído entre socios de acordo co cadro seguinte: ENTIDADE ACHEGA FEDER (75%) ACHEGAPROPIA (25%) TOTAL ORZAMENTO DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 180.000,00 60.000,00 240.000,00 CÁMARA MUNICIPAL DE BRAGA 40.000,00 13.330,00 53.330,00 CÁMARA MUNICIPAL DE VILA VERDE 70.000,00 23.330,00 93.330,00 MUNICIPIO DE PONTE DE LIMA 40.000,00 13.330,00 53.330,00 MUNICIPIO DE PAREDES DE COURA 70.000,00 23.330,00 93.330,00 MUNICIPIO DE VALENÇA 70.000,00 23.330,00 93.330,00 INLUDES 150.000,00 50.000,00 200.000,00 DEPUTACION PROVINCIAL DE A CORUÑA 270.000,00 90.000,00 360.000,00 CONCELLO DE LUGO 270.000,00 90.000,00 360.000,00 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 50.000,00 16.660,00 66.660,00 UNIVERSIDADE DE MINHO 25.000,00 8.330,00 33.330,00 CSIC 18.000,00 6.000,00 24.000,00 TOTAL 1.253.000,00 417.640,00 1.670.640,00 Cuarto: O obxectivo principal deste proxecto consiste na recuperación, promoción e maila difusión dun roteiro turístico-cultural de carácter transnacional da calzada romana XIX segundo o itinerario de Antonino que unía as cidades de Brácara Augusta (Braga) e Lucus Augusti (Lugo). Esta infraestructura de comunicación atravesaba o territorio de cinco Cámaras municipais portuguesas (Braga, Vila Verde, Ponte de Lima, Paredes de Coura e Valença) e tres provincias galegas (Pontevedra, A Coruña e Lugo). O roteiro, conformado por estes territorios, inclúe espazos de innegable valor patrimonial, cultural e ambiental, e ademais esta vía de comunicación unía importantes núcleos administrativos, financeiros e relixiosos da antigüidade romana. Co proxecto "Vías Atlánticas" intégranse nunha proposta conxunta os valores arqueolóxico-patrimoniais e os medioambientais e ecolóxicos, para crear unha oferta turístico-cultural dun patrimonio de gran valor que é preciso conservar, protexer e promover. Quinto: O Proxecto "Vías Atlánticas" estrutúrase en catro fases: 1-Xestión e Coordinación, 2.-Científica, 3.- Limpeza e Conservación e 4.-Promocional. Sexto: A fase 2 (Científica) comprende o traballo de prospección arqueolóxica superficial intensiva da traza da Vía XIX segundo o itinerario de Antonino, traballo que debe ser asumido por cada socio do proxecto dentro do seu respectivo ámbito territorial de actuación. Neste senso a Deputación de Pontevedra contratou a elaboración do estudo "Proxecto de prospección arqueolóxica superficial intensiva: traza da vía militar romana número XIX, segundo o itinerario de Antonino ó longo do seu percorrido pola provincia de Pontevedra" no que se determinou que a vía XIX ó seu paso pola provincia de Pontevedra transcorría polos seguintes concellos: Tui, Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures. Sétimo: Detállase no anexo 1 os tramos polos que transcorre a vía XIX correspondentes a cada un dos concellos. Oitavo: Unha vez rematada a fase 2 e dentro da fase 3 (Limpeza e Conservación) o proxecto prevé un traballo de limpeza, sinalización e conservación dos tramos da Vía XIX ó seu paso polos distintos municipios por onde transcorría a mesma, traballo que debe ser asumido por cada socio do proxecto dentro do seu respectivo ámbito territorial de actuación. Neste senso, a Deputación de Pontevedra ten encomendada a tarefa de delimitación, limpeza, sinalización e mantemento do tramo da vía XIX que transcorre ó longo da provincia de Pontevedra e que afecta ós concellos enumerados no apartado 6 do presente convenio. Noveno: O presuposto establecido dentro do proxecto Vías Atlánticas por parte da Deputación de Pontevedra para a realización das actuacións de limpeza, intervencións arqueolóxicas e sinalización é de 104.610,15 ¤. Décimo: Para a determinación das actuacións a realizar en materia de limpeza e intervencións arqueolóxicas do tramo da Vía XIX correspondente á provincia de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra baseouse no documento "informe valorativo da prospección arqueolóxica superficial intensiva" e estableceu as actuacións que se detallan no anexo 2 de acordo co presuposto establecido no punto 9 do presente convenio. Por outra banda, para a determinación das actuacións a realizar en materia de sinalización a Deputación de Pontevedra seguiu os criterios establecidos na proposta de sinalización conxunta elaborada polo coordinador científico do proxecto Vías Atlánticas para todos os socios do mesmo. Undécimo: Con fundamento en canto queda exposto, e en aras de executar as tarefas de limpeza, sinalización e intervencións arqueolóxicas no ámbito do proxecto "Vías Atlánticas" que se sinalan no anexo 2, así como as posteriores accións de promoción e difusión do roteiro turístico-cultural de carácter transnacional da calzada romana XIX que se pretende recuperar, poñer en valor e promocionar con este proxecto ó seu paso polos concellos enumerados no punto 6 do presente convenio, as partes acordan subscribir o presente convenio de colaboración con suxeición ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto da colaboración O presente Convenio ten por obxecto a colaboración entre a Deputación de Pontevedra e os concellos de Tui, Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures para a realización das actuacións de limpeza, sinalización, intervencións arqueolóxicas, promoción e mantemento do roteiro turístico-cultural de carácter transnacional da calzada romana XIX segundo o itinerario de Antonino no tramo correspondente á provincia de Pontevedra que se pretende recuperar, poñer en valor e promocionar a través do financiamento obtido por medio do proxecto Interreg III-A "Vías Atlánticas" liderado pola Deputación de Pontevedra como xefe de fila do mesmo, así como garantir o mantemento no futuro de ditas actuacións. Segunda. Obrigas das partes: Por unha banda, a Deputación de Pontevedra comprométese ó financiamento e execución das actuacións relacionadas co proxecto "Vías Atlánticas" no tramo da vía XIX correspondente á provincia de Pontevedra que se detallan a continuación: A) Actuacións de limpeza do roteiro da vía XIX na provincia de Pontevedra. B) Actuacións de sinalización do roteiro da vía XIX na provincia de Pontevedra. C) Intervencións arqueolóxicas da vía XIX na provincia de Pontevedra. A) ACTUACIÓNS DE LIMPEZA DO ROTEIRO DA VÍA XIX NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA A.1- ACTUACIÓNS DE LIMPEZA PROPOSTAS: A.1.1 - Limpeza do tramo "Pedra Picada" (San Salvador de Lérez - Pontevedra) Actuacións a executar: ü Eliminación de vexetación e retirado de lixos. ü Superficie: 40.000 m2. A.1.2- Limpeza do tramo "Lombo da Maceira" (Barro - Pontevedra) Actuacións a executar: ü Eliminación de vexetación e retirado de lixos. ü Superficie: 30.000 m2. A.2 - ORZAMENTO TOTAL ASIGNADO PARA ACTUACIÓNS DE LIMPEZA: ü 30.000,00 ¤ (IVE incluído) B) ACTUACIÓNS DE SINALIZACIÓN DO ROTEIRO DA VÍA XIX NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Estas actuacións consisten na adquisición e instalación por parte da Deputación de Pontevedra de diferentes sinais que indicarán a dirección da vía XIX e os lugares de interese arqueolóxico ó longo de todo o seu percorrido ó seu paso polos diferentes concellos da provincia de Pontevedra. B.1.- TIPOS DE SINAIS: Os sinais a instalar nos concellos poden ser de tres tipos diferentes: Sinal tipo A: sinalización de lugar de interese arqueolóxico. Sinal tipo B: sinalización de dirección. Sinal tipo C: sinalización urbana. Sinal tipo A: sinalización de lugar de interese arqueolóxico. a) Descrición do sinal: anexo 2. b) Nº de unidades a instalar en todo o percorrido: 9. c) Lugares de ubicación dos sinais: anexo 2. d) Custo de adquisición e instalación unitario: 2.450,00 ¤ (IVE incluído) Sinal tipo B: sinalización de dirección grande (entornos rurais). a) Descrición do sinal: anexo 2. b) Nº de unidades a instalar en todo o percorrido: 33. c) Lugares de ubicación dos sinais: anexo 2. d) Custo de adquisición e instalación unitario: 655,00 ¤ (IVE incluído). Sinal tipo C: sinalización urbana (entornos urbanos). a) Descrición do sinal: anexo 2. b) Nº de unidades a instalar en todo o percorrido: 31. c) Lugares de ubicación dos sinais: anexo 2. d) Custo de adquisición e instalación unitario: 375,00 ¤ (IVE incluído) Sinal tipo D: sinalización de dirección pequena (entornos rurais). a) Descrición do sinal: anexo 2. b) Nº de unidades a instalar en todo o percorrido: 40. c) Lugares de ubicación dos sinais: anexo 2. d) Custo de adquisición e instalación unitario: 183,00 ¤ (IVE incluído) B.2. - LOCALIZACIÓN DOS SINAIS EN CADA CONCELLO No anexo 2 ó presente convenio especifícanse por cada un dos concellos o tipo de sinal a instalar, a súa codificación correlativa, e o punto xeográfico exacto de ubicación de cada un deles (coordenadas UTM). A elección dos lugares de ubicación para os sinais nos diferentes lugares da provincia de Pontevedra ten a súa xustificación científica-arqueolóxica no informe "Proposta de itinerario da Vía XIX segundo o itinerario de Antonino pola provincia de Pontevedra" elaborado polo arqueólogo Antonio Castro Rozados así como na aprobación polo comité científico do proxecto "Vías Atlánticas" de dita proposta de distribución. B.3 - ORZAMENTO TOTAL ASIGNADO PARA ACTUACIÓNS DE SINALIZACIÓN: ü 62.610,15 ¤ (IVE incluído) C) INTERVENCIÓNS ARQUEOLÓXICAS DO ROTEIRO DA VÍA XIX NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA C.1.- Intervención arqueolóxica nas inmediacións do Miliario de Santiaguiño de Antas (Mos). Actuacións a executar: ü Sondaxes arqueolóxicas avaliativas para comprobar a existencia da traza da Vía XIX. ü Superficie a intervir: 36 m2 C.2.- Intervención arqueolóxica no Miliario Salcedo (San Martiño de Salcedo - Pontevedra) Actuacións a executar: ü Sondaxe arqueolóxica avaliativa para comprobar a existencia dun posible miliario relacionado coa Vía XIX. ü Superficie a intervir: 6 m2 C.4.- Intervención arqueolóxica no Lugar de Lombo da Maceira (Barro). Actuacións a executar: ü Sondaxes arqueolóxicas avaliativas para comprobar a existencia da traza da Vía XIX e estudo dun "agger" detectado na zona. ü Control e seguimento arqueolóxico da limpeza do tramo de "agger" documentado na zona. ü Superficie a intervir: 35 m2 Presuposto total asignado para intervencións arqueolóxicas: 12.000,00 ¤ (IVE incluído). Por outra banda, os concellos de Tui, Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures comprométense, por unha banda, a facilitar á Deputación de Pontevedra, dentro dos seus respectivos ámbitos territoriais competentes, as autorizacións, permisos e licenzas que sexan necesarios para levar a cabo as actuacións mencionadas no apartado anterior nos terreos seleccionados que sexan de titularidade municipal dos respectivos concellos, así como ofrecer á Deputación de Pontevedra toda a colaboración que sexa necesaria para levar a cabo estas actuacións. Esta colaboración materialízase na axilización por parte do concello correspondente dos trámites e informes municipais que sexan necesarios para levar a cabo as actuacións e intervencións arqueolóxicas suscitadas no ámbito sectorial correspondente. Así mesmo comprométense a responsabilizarse do mantemento e conservación futuro, dentro dos seus respectivos ámbitos territoriais competentes, dos lugares e tramos da Vía XIX sometidos a actuacións de limpeza así como dos instrumentos de sinalización instalados no marco do proxecto "Vías Atlánticas". Todos os concellos implicados comprométense, ademais do citado no apartado anterior, a levar a cabo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, a promoción e difusión do roteiro cultural nos seus respectivos ámbitos territoriais competentes. Terceira. Presuposto e financiamento. O Presuposto para a realización das actuacións obxecto do presente convenio é de 104.610,00 ¤ que se aboarán con cargo ás partidas 06/911-453-227.07/2005 e 06/911-453-662.02/2005 do vixente presuposto provincial. Cuarta.- Ámbito de aplicación. O presente Convenio e as decisións tomadas con base no mesmo vinculan exclusivamente ás instancias e entidades territoriais outorgantes. Quinta.- Prazo de vixencia. O presente convenio ten un prazo de vixencia de dous anos e entrará en vigor o día seguinte ó da súa sinatura. Sexta.- Denuncia e cesación de vixencia. 1 - Calquera outorgante pode denunciar anticipadamente o presente convenio, no que a el respecta, en tanto que comunique á outra parte a súa intención de facelo, cunha antelación mínima de 3 meses. 2 - A cesación de vixencia do presente convenio non afectará ás medidas de cooperación xa adoptadas e executadas ou que estean en execución, debendo constituírse, neste último caso, un Comité Paritario coa finalidade de asegurar a conclusión da execución de tales medidas, de acordo co calendario e demais condicións nelas previstas. Sétima.- Resolución de conflitos. O presente convenio ten carácter administrativo e corresponderalle ás partes asinantes, previo ó nomeamento dun representante pola Deputación de Pontevedra e os concellos asinantes, a interpretación das dúbidas que puidesen xurdir sobor da interpretación do mesmo. SINATURA DO CONVENIO En proba de conformidade, asinan o presente Convenio por cuadriplicado exemplar e a un só efecto. Pola Deputación de PontevedraAsdo: Rafael Louzán Abal Polo Concello de TuiAsdo: Antonio Feliciano Fernández Rocha Polo Concello de O PorriñoAsdo: Raúl Francés Rodríguez Polo Concello de MosAsdo: Mª Jesús Escudero Lago Polo Concello de RedondelaAsdo: Xaime Rey Barreiro Polo Concello de SoutomaiorAsdo: Agustín Reguera Ocampo Polo Concello de VilaboaAsdo: José Luís Poceiro Martínez Polo Concello de PontevedraAsdo: Miguel Anxo Fernandez Lores Polo Concello de BarroAsdo: José Antonio Landín Eirín Polo Concello de PortasAsdo: Roberto Váquez Souto Polo Concello de Caldas de ReisAsdo: José Mª Tobío Barreira Polo Concello de ValgaAsdo: José Mª Bello Maneiro Polo Concello de PontecesuresAsdo: Manuel Luís Alvarez Angueira ------ Folla: 6.14249.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESEÑO, PLANIFICACIÓN, EXECUCIÓN E AVALIACIÓN DUN PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN AMBIENTAL PARA O CURSO 2006-2007 Visto o escrito do Sr. Enxeñeiro Director do Servizo Agrario, de data 19 de xullo de 2006, polo que solicita que se leven a cabo os trámites necesarios para formalizar un contrato de asistencia técnica para o deseño, planificación, execución e avaliación dun Programa de actividades de educación ambiental, dirixido ós alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria e primeiro curso de Bacharelato da provincia, a desenvolver durante o curso 2006-2007. Visto o Documento RC expedido por Intervención de data 26/07/2006 e num. operación 200600064542 por importe de 30.000 euros e o documento RCFUT con num. de operación 200664543, por importe de 40.000 euros, mediante os que se certifica a existencia de crédito para facer fronte ó gasto; vistos así mesmo os informes do Sr. Secretario Xeral sobre o prego de condicións e o informe de fiscalización do expediente emitido por intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto, da asistencia técnica para o deseño, planificación, execución e avaliación dun Programa de actividades de Educación Ambiental dirixido ós alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria e primeiro curso de Bacharelato da provincia, a desenvolver durante o curso 2006-2007, por un importe máximo de 70.000 euros, IVE incluído. - Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso. - Autorizar o gasto por importe máximo de 70.000 euros, que se financiará en dúas anualidades unha parte no ano 2006, por importe de 30.000 ¤, con cargo á partida 06/711.442.227.07 do vixente Presuposto Provincial e a parte restante no ano 2007, por importe de 40.000 ¤ con cargo á mencionada partida correspondente ó ano 2007. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da referida asistencia técnica, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, a contar dende o seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESEÑO, PLANIFICACIÓN, EXECUCIÓN E AVALIACIÓN DUN PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN AMBIENTAL PARA O CURSO 2006-2007. 1.- OBXECTO.- A contratación da consultoría e asistencia técnica para o deseño, planificación e execución dun programa de actividades de educación ambiental, dirixidas ós alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria e 1º de Bacharelato da provincia, que se desenvolverán ó longo do curso 2006-2007. No prego de prescricións técnicas recóllense de forma detallada, as características do programa e as actividades a desenvolver pola empresa adxudicataria así como os obxectivos finais que se pretenden conseguir co mesmo. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase en dúas anualidades unha parte no ano 2006, por importe de 30.000 ¤, con cargo á partida 06/711.442.227.07 do vixente Presuposto Provincial e a parte restante no ano 2007, por importe de 40.000 ¤ con cargo á mencionada partida correspondente ó ano 2007. 3.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas e unha vez prestada a conformidade por esta Deputación Provincial 4.-PRAZO DE EXECUCIÓN.- O contrato desenvolverase dende setembro do 2006 ata xuño de 2007, ambos incluídos. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima SETENTA MIL EUROS (70.000 ¤), IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rdl 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de devandita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizada a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do RD 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESEÑO, PLANIFICACIÓN, EXECUCIÓN E AVALIACIÓN DUN PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN AMBIENTAL PARA O CURSO 2006-2007. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposición económica. Que axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.-Descrición da metodoloxía de traballo en relación ós obxectivos do proxecto. 3.-Descrición dos produtos resultantes da observación. 4.-Outras melloras suscitadas. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESEÑO, PLANIFICACIÓN, EXECUCIÓN E AVALIACIÓN DUN PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN AMBIENTAL PARA O CURSO 2006-2007. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas RDL 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas RDL 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, na súa falta seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración que indique o promedio anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os tres últimos anos. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. f) Relación dos principais traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 9-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Enxeñeiro Director do Servizo Agrario SECRETARIO: O técnico adxunto ó Xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1. Metodoloxía, orixinalidade e adecuación ó programa, ata 40 puntos. 2. Adecuación dos materiais ó programa, ata 20 puntos. 3. Outras melloras, ata 20 puntos. 4. Mellor prezo ofertado, ata 20 puntos. 12.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 7ª. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente, que se orzamenten na contía máxima de 600 Euros. 15.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á administración. 16.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do TR da LCAP. 17.-RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no RDL- 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 18.-XURISDICIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo órgano de contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso-Administrativa, a teor da Lei de dita xurisdición. 19.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio / ou en representación de .....................con domicilio en ..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante Concurso o contrato correspondente á CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESEÑO, PLANIFICACIÓN, EXECUCIÓN E AVALIACIÓN DUN PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN AMBIENTAL PARA O CURSO 2006-2007. , comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, polo prezo máximo de ...........................................................................................Euros, IVE incluído. ------ Folla: 7.14250.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE DO ANO 2006 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desa Excma. Deputación, que ascende a 123.293,78 ¤ para gastos de funcionamento do 3º trimestre do ano 2006, e o informe de intervención, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a cantidade de 123.293,78 ¤, como achega da Deputación para o ano 2006 ó Consorcio durante o terceiro trimestre. 2.- Declarar de aboamento a favor do Consorcio a cantidade de 123.293,78 ¤ con cargo á partida 06/911.223.467.01. ------ Folla: 8.14251.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 28 de agosto de 2006, para o recoñecemento extraxudicial de obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran coa referencia 200600000785 e que contén corenta e dúas facturas sendo a primeira de Construcciones Fernández y Hermida, S.L. por importe de 2.952,20 ¤ e a derradeira de Espina y Delfín S.L. por importe de 3.820,08 ¤ obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 160.155,00 ¤ Descontos do IRPF 617,25 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 0 ¤ Total líquido 159.537,75 ¤ ------ Folla: 9.14252.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.14253.- CORRECCIÓN DE ERRO EXISTENTE NO ORZAMENTO DA OBRA Nº134, DENOMINADA "ABASTECEMENTO DE AUGA EN PAREDES" DO CONCELLO DE VILABOA, SUBVENCIONADA CON CARGO Ó PAM/2006-08, ANUALIDADE 2006 Detectado un erro no cadro de distribución de subvencións, concedidas ó concello de Vilaboa con cargo ó PAM/06-08, anualidade 2006, da Xunta de Goberno do 7 de abril actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a súa rectificación, debendo figurar o importe de 798.009,14 ¤ de presuposto total na obra 134 denominada "Abastecemento de auga en Paredes ", en vez de 56.548,34 ¤ que figuraba anteriormente. A relación de obras subvencionadas ó concello de Vilaboa con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL SUBV. Presuposto TOTAL SUBV. Presuposto TOTAL SUBV. Total Subv. Abastecemento de auga en Paredes 798.009,14 55.008,39 55.008,39 Saneamento, parque infantil e adpt. local social 107.735,13 107.735,13 107.735,13 Saneamento e xogos infantís 91.574,10 91.574,10 91.574,10 798.009,14 55.008,39 107.735,13 107.735,13 91.574,10 91.574,10 254.317,62 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.14254.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON FERMÍN MONTES ARAUJO POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA 2908 ARCADE-AMOEDO Dada conta que con data de rexistro 26/06/2006 (rex. nº 022801) tivo entrada nesta Deputación Resolución da Secretaría da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes de data 15/06/06 pola que se inadmitía a trámite a reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por D. Fermín Montes Araujo por danos en vehículo matrícula 6175-BLD o 31/10/2005 a consecuencia da existencia de gasoil na estrada 2908 Arcade-Amoedo, e que individualizaba economicamente en 2.500,00 ¤, ó ser dita vía de titularidade desta Deputación. Resultando.- Que con data 10/07/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 3/08/2006 co seguinte contido: "...1.-La carretera 2908 Arcade-Amoedo es de titularidad provincial. 2. Según información facilitada por el capataz de la zona ( Sr. José Antonio Pintos Martínez), el día 31 de octubre de 2005, entre las 20:00 y las 21:00 horas, recibe una llamada alertando de la existencia de una mancha de gasoil en un punto de la carretera provincial Arcade-Amoedo, acudiendo miembros de la brigada a dicho lugar al objeto de proceder a la limpieza de la calzada. 3. No existe constancia de otros accidentes por idénticas causas en fechas coincidentes, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. 4. A la vista del atestado instruido por la Guardia Civil, en el que se indica "Accidente de circulación ocurrido sobre las 18:10 horas del día 31 de octubre de 2005, en el p.k. 3,500 de la carretera E.P. 2908 (Arcade-Amoedo), consistente en salida de vía por gasoil en vía", cabe señalar lo siguiente: a) En primer lugar resaltar que la carretera provincial 2908 Arcade-Amoedo, en la zona del accidente, reúne, entre otras, las siguientes características: Calzada: Tipo de calzada: única, doble sentido. Anchura de la calzada: 7 metros. Estado de conservación: Bueno. Firme: Aglomerado Asfáltico. Configuración de la calzada: curva fuerte/curva señalizada. -Señalización: Horizontal: separación carriles y bordes. Vertical: peligro curvas. b) En segundo lugar cabe matizar que el día del accidente llovía con intensidad, tal y como ha informado el capataz de la zona y ratifica el atestado realizado por la guardia civil (vid. apartado condiciones atmosféricas) y que provocaron que el estado del firme estuviese "húmedo/mojado" (vid. apartado estado del firme). En consecuencia la suma de las circunstancias relativas a las
Ãrea de notas
Nota