Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-10-13_Ordinaria. Acta de sesión 2006/10/13_Ordinaria
Acta de sesión 2006/10/13_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/2.2006-10-13_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/10/13_Ordinaria
Data(s) 2006-10-13 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e dez minutos do día trece de outubro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. José Enrique Sotelo Villar. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14360.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 6 de outubro de 2006. ------ Folla: 2.14361.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE MM.RR. "SAN VICENTE DE PAÚL" DA ILLA DE AROUSA, Á SUBVENCIÓN PARA "CURSO DE REPOSTERÍA, CONCEDIDA POLA XUNTA DE GOBERNO EN SESIÓN DE DATA 23/06/06 Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión de 23 de xuño de 2006, a concesión dunha subvención a favor da Asoc. de MM.RR. "San Vicente de Paúl" da Illa de Arousa, por importe de 1.000,00 euros para a realización dun "Curso de Repostería" e presentándose no Rexistro Xeral o 29/09/06, escrito da devandita Asociación renunciando á subvención concedida no seu día por falta de recursos económicos por parte de dita Asociación, a Xunta de Goberno queda enterada da citada renuncia. ------ Folla: 3.14362.- ADIANTO DO 50% DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á "ASOCIACIÓN NOVAS RUTAS" DE VIGO, PARA O PROXECTO "ALEDAR", CONCEDIDA POLA XUNTA DE GOBERNO EN SESIÓN DE DATA 23/06/06 Aprobándose pola Xunta de Goberno de 23 de xuño de 2006, unha subvención por importe de 3.600,00 ¤, a favor do "Club de Lecer e Tempo Libre Novas Rutas", para discapacitados psíquicos de Vigo, para un proxecto socieducativo "Aledar" e como queira que con data 18/09/06 o devandito Club presentou escrito solicitando o anticipo do 50% da subvención concedida, con base ó informe emitido por Intervención o 11/10/06, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder o anticipo do 50% da subvención de 3.600,00 euros outorgada ó "Club de Lecer e Tempo Libre Novas Rutas" pola Xunta de Goberno de 23/06/06. ------ Folla: 4.14363.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA "ARRANXO DE VIVENDA" A FAVOR DE VARIOS VECIÑOS DO CONCELLO DE A ESTRADA Aprobadas as Bases reguladoras das subvencións para "arranxo de vivenda" ano 2006, por acordo de Xunta de Goberno de 17 de febreiro do presente ano, e á vista das solicitudes remitidas polo concello da Estrada e do informe de fiscalización emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as subvencións para "arranxo de vivenda" por importe total de 24.643,47 euros, a favor dos veciños do devandito concello que se detallan no cadro adxunto, cos importes individualizados correspondentes. Ditas subvencións son como seguen: "AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL, ANO 2006PARA CONCELLOS DE MAIS DE 20.000 Hbts. Concello Beneficiario Achegas Deputación Achegas Concello Contía a xustificar polo Concello Obxecto da Axuda Observacións A ESTRADA Carlos Moure Conde 917,65 642,35 1.560,00 Fosa séptica este concello realiza unha achega maior de 20.180,83 euros 70% 1.605,88 1.124,12 2.730,00 Cuarto de baño 2.058,82 1.441,18 3.500,00 Arranxo Cuberta 1.764,71 1.235,29 3.000,00 Reformas Interiores TOTAL 6.347,06 4.442,94 10.790,00 Rosa Fraiz Rivas 755,88 529,12 1.285,00 Instalación Eléctrica 2.058,82 1.441,18 3.500,00 Arranxo Cuberta 1.764,71 1.235,29 3.000,00 Reformas Interiores TOTAL 4.579,41 3.205,59 7.785,00 Rosa Rodríguez Collazo 1.764,71 1.235,29 3.000,00 Reformas Interiores Laudelina Coto Rivadulla 2.058,82 1.441,18 3.500,00 Arranxo Cuberta Mª Aurora García García 657,65 460,35 1.118,00 Fosa séptica 729,41 510,59 1.240,00 Instalación Eléctrica 1.459,41 1.021,59 2.481,00 Cuarto de baño 2.058,82 1.441,18 3.500,00 Arranxo Cuberta 1.764,71 1.235,29 3.000,00 Reformas Interiores TOTAL 6.670,00 4.669,00 11.339,00 María Sanmartin Moimenta 2.058,66 1.441,06 3.499,72 Arranxo Cuberta Emilia Ermitas Tenoira Otero 441,18 308,82 750,00 Instalación Eléctrica 723,63 506,54 1.230,17 Reformas Interiores TOTAL 1.164,81 815,36 1.980,17 Totais A ESTRADA 24.643,47 17.250,42 41.893,89 ------ Folla: 5.14364.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A EMPRESA DE TRANSFORMACIÓN AGRARIA, S.A. (TRAGSA) E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A TRAVÉS DO SERVIZO AGRARIO (ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO) PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO DE I+D "OBTENCIÓN DE MATERIAIS DE BASE DE CASTAÑO RESISTENTES A PHYTOPHTHORA CINNAMOMI. PRODUCIÓN A GRAN ESCALA DE MATERIAIS DE PRODUCIÓN DE CASTAÑO DE CATEGORÍA CUALIFICADO" Resultando que a Xunta de Goberno de data 28 de xaneiro de 2005 aproba o Acordo de Colaboración entre a Empresa de Transformación Agraria, S.A. (TRAGSA) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a través do Servizo Agrario (Estación Fitopatolóxica do Areeiro) para a realización do Proxecto de I+D: "Selección e multiplicación de exemplares de castaño residentes á tinta. Caracterización de fontes de resistencia mediante o uso de Marcadores Moleculares", asinado o 1 de febreiro de 2005 e por un importe de duración dun ano. Dada conta da petición de prórroga do Anexo Convenio de Colaboración entre a empresa de Transformación Agraria, S.A. (TRAGSA) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a través do Servizo Agrario (Estación Fitopatolóxica do Areeiro) para a realización do Proxecto de I+D: "Obtención de materiais de base de castaño resistentes a Phytophthoura cinnamomi produción a gran escala de materiais de produción de castaño de categoría cualificado", formulada por D. Manuel López, Subdirector de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica do Grupo TRAGSA. Visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director do Servizo Agrario de 27 de setembro de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á prórroga do Convenio de Colaboración entre a empresa de Transformación Agraria, S.A. (TRAGSA) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a través do Servizo Agrario (Estación Fitopatolóxica do Areeiro) para a realización do proxecto de I+D: "Obtención de materiais de base de castaño resistentes a Phytophthora cinnamomi produción a gran escala de materiais de produción de castaño de categoría cualificado", ata o 31 de decembro de 2006, e segundo o cal Tragsa aboara á Excma. Deputación a cantidade de 11.750,00 ¤ incluído. ------ Folla: 6.14365.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a intervención desta Deputación de data 6 de outubro de 2006, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores de Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200600000926 e que conten sesenta e oito facturas, sendo a primeira de El Cafetín-Concecionario SERGALSA, por importe de 1.072,68 ¤ e a derradeira de Telefónica de España, S.A., por importe de 8.577,41 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 193.377,55 ¤ Descontos do IRPF 0,00 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 0,00 ¤ Total líquido 193.377,55 ¤ ------ Folla: 7.14366.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.14367.- AMPLIACIÓN DE DATOS DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 29/09/06 SOBRE APROBACIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO ENMARCADAS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS ESPECIALIZADOS, ANO 2006 Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de Pontevedra de 29 de setembro de 2006, un segundo grupo de subvencións para Asociacións de Servizos Especializados, ano 2006, por importe total de 38.469,00 euros, con cargo á partida 06/313.313.480.02, e omitíndose no cadro indicativo das devanditas subvencións, o número de horas de cada actividade, así coma valoración acadada por cada Asociación beneficiaria, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a subsanación de dita omisión, incorporando os datos que non figuran no citado cadro, con arranxo o informe da Traballadora Social obrante no expediente administrativo da súa razón, que se xunta. Concello Nº Asociación Actividade Nº H Euros Observacións Moaña 1 Asoc. "AFAMO" C. de atenc. e coidad. na enferm Alzheimer 250 3.600 3.1. Nigrán 1 Asoc. de pais do Centro Castro Navas Educación vial e socialización 72 844 2.1.+ c.v. Ponteareas 1 Asoc. Disc. Condado & Paradanta ADAPTA Asistencia Domicil. e terapias mellora de saude 300 Pte. documentación Sanxenxo 1 Asoc. AVANTE Curso de formación de Xardinería +300 4.425 1.1. Tomiño 1 Asoc. de discap. do Baixo Miño VONTADE Taller de coiro +300 4.425 1.1. © Vigo 11 Asoc. Bulímicos y Anoréxicos de Pontevedra ABAP Prox. piloto de investigación 300 3.600 6 SODIM Tureiva: Turismo para todos 2.100 4 ASEM GALICIA VAVI: vida autónoma, vida independiente 160 1.720 2.1.+ c.v. Asoc. pais de minusv. de Pontevedra APAMP Curso: Deseño Gráfico +300 4.425 1.1. Asoc. Parkinson - Vigo Campaña de prevención e divulgación 250 Pte. Documentación FUNDAI Mesas de sensibilización +300 870 4 X orzamento APA MENELA Curso de iniciación á xardinería 2006 144 1.688 2.1.+ c.v. Asoc. cidadá para a prevenc. da violencia ALIAR Prevención e tratamento de condutas violentas +300 Pte. Documentación Fundación IGUAL ARTE Activid. de prevenc., sensib., divulgación 150 2.100 4 ASPAYM GALICIA Programa TITOR 300 3.600 2.1. © - s/j Fundación Alba Torres Carrera Sen proxecto Non se pode valorar Confed. Galega de minusválidos COGAMI C. de ofimática básica 244 532 Axuda complem. Vilanova 2 Asoc. Tratamiento Autismo BATA Unidade de apoio ambulatorio +300 3.600 2.1. © Asoc. de pais do centro "Os Mecos" Prog. de ocio e tempo libre 120 940 2.1. Nº Solicitudes 18 TOTAL 38.469 ------Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.14368.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 30 DA OBRA DE "AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO" Visto o informe favorable de Intervención, de data 11 dos correntes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da certificación nº 30 da obra de "Ampliación do Museo de Pontevedra e Rehabilitación do Edificio Sarmiento", debendo librarse o seu importe con cargo á partida 06/432.451.622.01.2005 con arranxo ó seguinte detalle: EUROS DRAGADOS, S.A. (Achega Ministerio de Educación) 160.245,48 DRAGADOS, S.A. (Achega Consellería de Cultura) 34.338,32 DRAGADOS, S.A. (Achega Deputación de Pontevedra) 48.073,64 Total 242.657,44 Descontos sobre o importe bruto da certificación: Taxa Dirección de Obra 8.322,30 Control de calidade 6.275,62 Seguridade e saúde Total descontos 14.597,92 Importe neto para a Empresa 228.059,52 Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os de Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.14369.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE "MELLORA DA SEGURIDADE VIAL E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA AVDA. DE CAMBADOS ENLACE CON E.P. 9402 MOSTEIRO-BARRANTES" Aprobándose polo Pleno, en sesión celebrada o día 27 de setembro pasado, un convenio de colaboración co Concello de Meis para a execución da obra "Mellora da seguridade vial e dotación de servizos na Avda. de Cambados enlace con E.P. 9402 Mosteiro-Barrantes" cun orzamento de 1.681.024,46 ¤, IVE incluído; visto o proxecto redactado ó efecto, que foi supervisado polo Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras; e, visto o informe emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de "Mellora da seguridade vial e dotación de servizos na Avda. de Cambados enlace con E.P. 9402 Mosteiro-Barrantes", por importe de 1.681.024,46 ¤, IVE incluído. A obra financiarase con arranxo á seguinte distribución por anualidades, de acordo co informe emitido ó efecto por Intervención: Anualidades 2006 2007 2008 Total Deputación 59.829,09 598.290,83 538.461,74 1.196.581,66 Concello Meis 41.634,34 239.356,84 203.451,62 484.442,80 Total 101.463,43 837.647,67 741.913,36 1.681.024,46 A achega da Deputación correspondente a 2006 financiarase con cargo á partida 06/511.511.662.03. As anualidades de 2007 e 2008 contabilizaranse con cargo á partida correspondente dos seus respectivos orzamentos, quedando condicionadas á aprobación dos mesmos. A achega do Concello finánciase nun 50 % con cargo ó PAM 2006, segundo a distribución por anualidades que aprobou a Xunta de Goberno en sesión ordinaria de 7 de Abril de 2006, e o 50 % restante con cargo a fondos propios. Dita achega xerará crédito na partida 06/511.511.662.03 unha vez se produza o acto formal de compromiso firme de achega ou de recoñecemento do dereito. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.14370.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A - A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de 5.768,00 euros, para responder do contrato do LOTE 45 PARA O SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005, que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/06/2005 co número de operación 200500061560. sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A - A constituída en valores,mediante aval de SOGARPO por importe de 1.648,00 euros, para responder do contrato de 2ª AMPLIACIÓN LOTE 45 SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005, que foi depositada na o Tesourería Provincial o día 24/10/2005 co número de operación 200500097513, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A - A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de 784,00 euros, para responder do contrato da AMPLIACIÓN LOTE 45 PARA O SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005, que foi depositado na Tesourería Provincial o día 24/10/2005 co número de operación 200500097512, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A - A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de 1.224,00 euros, para responder da 1º AMPLIACIÓN LOTE 38 DO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 05/07/2005 co número de operación 200500066859, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A - A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de 720,00 euros para responder DE 2ª AMPLIACIÓN LOTE 38 PARA O SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005 e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 24/10/2005, co número de operación 200500097514, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. CONSTRUCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A - A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de 10.000,00 euros para responder do a 1ª AMPLIACIÓN DO LOTE 55 DO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005 e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 14/06/2005, con número de operación 200500061562, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. CONSTRUCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A - A constituída en valores, mediante aval de 4.000,00 euros para responder de 2ª AMPLIACIÓN LOTE 55 PARA O SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005 e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 24/10/2005, co número de operación 200500097511, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. CANTEROS DE PORRIÑO REUNIDOS, S.A - A constituída en metálico, por importe de 2.430,00 euros, para responder do contrato da 1ª AMPLIACIÓN LOTE 51 SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005 e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 06/06/2005 co número de operación 200500057891, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PRODUCTOS ASFÁLTICOS, S.A - A constituída en valores, mediante aval do Banco Santander, por importe de 1.058,40 euros da 1ª AMPLIACIÓN DO LOTE 39 PARA O SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005 e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 16/06/2005, co número de operación 200500062186, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. PRODUCTOS ASFÁLTICOS, S.A - A constituída en valores, mediante aval do banco Santander C.Hispano, por importe de 756,00 euros, para responder da 2ª AMPLIACIÓN DO LOTE 39 PARA O SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005, e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 26/10/2005, co número de operación 200500098384, sendo indispensable para retirala presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. PRODUCTOS ASFÁLTICOS, S.A - A constituída en valores mediante aval do banco SANTANDER C.HISPANO, por importe de 1.736,20 euros para responder DE 1ª AMPLIACIÓN DO LOTE 41 DO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005, e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 16/06/2005, co número de operación 200500062187, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. PRODUCTOS ASFÁLTICOS S.A - A constituída en valores, mediante aval do banco SANTANDER C.HISPANO, por importe de 1.041,72 euros para responder de 2ª AMPLIACIÓN DO LOTE 41 DE SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005 e que foi depositada en tesourería Provincial o día 26/06/2005, co número de operación 200500098385, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. PROBISA TECNOLOGÍA Y CONSTRUCIONES, S.A - A constituída en valores, mediante aval do CESCE, por importe de 1.178,40 euros, para responder de 1ª AMPLIACIÓN DO LOTE 44 PARA O SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005, e que foi depositada en lle Tesourería Provincial o día 15/06/2005, co número de operación 2000500061699, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. EXPLOTACIÓN MINERA DE CAMPOMARZO, S.A - A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de 1.500,00 euros para responder da 1ª AMPLIACIÓN DO LOTE 48 PARA O SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005, e que foi depositada na Tesourería provincial o día 13/06/2005, co número de operación 200500060657, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. EXPLOTACIÓN MINERA DE CAMPOMARZO, S.A - A constituída en metálico, por importe de 66,90 euros para responder da 2ª AMPLIACIÓN DO LOTE 48 DO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DELA ANO 2005, e que foi depositada Tesourería provincial o día 10/11/2005, co número 200500102255, sendo indispensable para retirala a presentación da carta e o selo da empresa. GRANITOS Y ÁRIDOS DE ATIOS, S.L - A constituída en valores, mediante aval do BANCO SIMEON, por importe de 2.937,00 euros, para responder da 1ª AMPLIACIÓN DO LOTE 49 PARA O SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005 e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 09/06/2005, co número de operación 200500059260, sendo indispensable para retirala a presentación da carta e o selo da empresa. GRANITOS Y ARIDOS DE ATIOS, S.L - A constituída en valores, mediante aval do BANCO SIMEON, por importe de 1.201,50 euros para responder da 2ª AMPLIACIÓN DO LOTE 49 PARA O SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005, e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 21/10/2005, co número 200500096938, e sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. CANTEIRAS DEL ARENAL, S.L - A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de 1.620,00 euros para responder da 1ª AMPLIACIÓN DO LOTE 53 PARA O SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005 e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 24/06/2005, co número de operación 200500064120, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e selo da empresa. CANTEIRAS DEL ARENAL, S.L - A constituída en valores mediante aval de CAIXANOVA, por importe de 1.355,00 euros para responder DA 1ª AMPLIACIÓN DO LOTE 50 PARA O SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005, e que foi depositada Tesourería Provincial o día 24/06/2005, co número de operación 200500064119. sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e selo da empresa. CANTEIRAS DEL ARENAL, S.L - A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de 1.219,50 euros,, para responder da 2ª AMPLIACIÓN DO LOTE 50 PARA O SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2005, e que foi depositada en Tesourería Provincial o día 24/06/2005, co número de operación 200500064119, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento e o selo da empresa. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.14371.- PRÓRROGA DE DÚAS BOLSAS DE INVESTIGACIÓN PARA O SERVIZO AGRARIO: MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA a) De conformidade coa proposta efectuada pola directora da Misión Biolóxica de Galicia, e tendo en conta o satisfactorio labor que vén desempeñando a bolseira no seu traballo de investigación na Misión Biolóxica de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do establecido nas Bases da convocatoria publicada no BOP nº 164, de 27 de agosto de 2.003, prorrogar esta bolsa a Dona MARLENE PÉREZ BARBEITO, con efectos 01 de novembro de 2.006 e ata o 31 de outubro de 2.007. A dotación económica desta bolsa ascende a 841,41 ¤/mes, o cal supón un custo, a efectos económicos e para este exercicio 2.006 dun total de 1.682,82 ¤, cantidade que se imputará á partida 06/711.711.481.02 do vixente Orzamento provincial. b) De conformidade coa proposta efectuada pola Directora da Misión Biolóxica de Galicia, e tendo en conta o satisfactorio labor que vén desempeñando a bolseira no seu traballo de investigación na Misión Biolóxica de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do establecido nas Bases das convocatorias publicadas nos BOP nº 78, de 26 de abril de 2.004, prorrogar esta bolsa a Dona SOL ANGEL ZAMUZ CASTRO, con efectos 01 de xullo de 2.006 e ata o 30 de xuño de 2.007. A dotación económica desta bolsa ascende a 841,41 ¤/mes, o cal supón un custo, a efectos económicos e para este exercicio 2.006 dun total de 5.048,46 ¤, cantidade que se imputará á partida 06/711.711.481.02 do vixente Orzamento provincial. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.14372.- ACTA DO PREMIO ENTRECULTURAS-2006 De conformidade co disposto na base 8ª da convocatoria do premio "Entreculturas 2006", aprobadas por R.P. nº 10831, de 20 de agosto de 2006, e a reunión mantida polo xurado cualificador do mesmo o pasado 30 de setembro de 2005, na que se acorda conceder o premio ás seguintes institucións: 1. 6.000,00 ¤ á "Hermandad Gallega de Venezuela" 2. 6.000,00 ¤ a "Francisco Fernández del Riego" Os citados premios achegaranse con cargo á partida 06/451.451.481.01, a Xunta de Goberno queda enterada da acta do xurado cualificador do premio "Entreculturas 2006" e que é do seguinte teor: "ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO PREMIO ENTRECULTURAS 2006 Na Sala de Xuntas desta Deputación de Pontevedra, sendo as 10,00 horas do 6 de outubro de 2006, reúnese o xurado cualificador do Premio Entreculturas 2006, presidido por José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión de Cultura, e os vogais: Nidia Mª Arévalo Gómez, deputada-presidenta da Comisión I. Servizos Sociais, Ramón Campos Durán, alcalde do Concello da Estrada, Benito Vila Tejo, ex-presidente do Fogar de Ribadumia en Bos Aires, Celia Soto Espiña, asesora lingüista, actuando como secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura e Deportes desta Deputación. Escusa a súa asistencia Dª Mª Regina de Mongiardim da Costa Flor e Almeida, decana do Corpo Consular. Aberto o acto o presidente manifesta que, convocado o referido Premio Entreculturas 2006, dotado coa cantidade de 12.000,00 ¤ e aprobadas as bases por R.P. nº 10831, de 04/08/06, rematou o prazo de presentación de candidatos/as o 20 de setembro do presente ano. Dáse conta da autocandidatura presentada por Manuel N. Sánchez Suárez, non sendo estimada esta polo xurado dado que non se axusta ás bases aprobadas e publicadas no BOP nº 155 de 14/08/06. Así mesmo, e de acordo co establecido na base 4ª da convocatoria, o xurado xa constituído propón como candidatos ó premio os seguintes: No apartado primeiro, para premiar a unha entidade ou persoa do mundo hispano e da emigración á Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas), institución que ten fins culturais, asistenciais e deportivo-recreativos en beneficio de todos os galegos emigrantes en Venezuela e que lles serve como centro de acollida a estes. No apartado segundo, para premiar a súa longa traxectoria, como unha das figuras máis relevantes do ensaio e a crítica galega e pola súa extensa obra e a súa achega a prol da cultura e a literatura galegas, a unha persoa ou entidade de ámbito galego, a Francisco Fernández del Riego, de Lourenzá (Lugo). Vistos os dossiers das dúas candidaturas e previa deliberación o xurado acorda por unanimidade dos seus membros concederlles o Premio Entreculturas 2006 á seguinte institución e personalidade: 1. Dotado coa cantidade de 6.000,00 ¤ á Hermandad Gallega de Venezuela pola súa intensa actividade a favor dos emigrantes galegos en Venezuela . 2. Dotado coa cantidade de 6.000,00¤ a Francisco Fernández del Riego polo seu extenso e dilatado labor a favor da cultura e literatura galegas. E, non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo as 10.30 horas do mencionado día, do que eu, como secretario dou fe." ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.14373.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 04/08/06, NÚM. 7.14185, EN RELACIÓN COA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA O APOIO Ó DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO (CATEGORÍA NACIONAL) Advertido erro no acordo nº 7.14185 adoptado pola Xunta de Goberno de data 4 de agosto de 2006 relativo á "Concesión de subvencións a entidades e clubs deportivos para o apoio ó deporte de competición federado (Categoría Nacional)", a Xunta de Goberno acorda por unanimidade facer a seguinte corrección: · No apartado onde figura a subvención concedida ó CLUB BERTOLA FEMININO, C.F., con CIF: G-36345023 e domicilio social no concello de Soutomaior, de figurar no "Concello de Vilaboa". deixando subsistente o acordo en todo o demais. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.14374.- CORRECCIÓN DE ERROS DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 08/09/2006, NÚM.4.14265, SOBRE O RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS DERIVADOS DAS AXUDAS CONCEDIDAS Á ASOCIACIÓN DE FESTAS SANTO CRISTO DA VICTORIA DE MOS PARA A CELEBRACIÓN DA "VII EDICIÓN DA FESTA DA ORELLA E DO RABO DE PORCO 2005" E Ó CEIP DE CABANAS-SALCEDO PARA ADQUISICIÓN DE PLANTAS NO ANO 2004 Visto o acordo da Xunta de Goberno local do día 8 de setembro de 2006, núm. 4.14265, no que se procede ó recoñecemento extraxudicial dos créditos derivados das axudas concedidas á Asociación de festas Santo Cristo da Victoria de Mos para a celebración da "VII edición da festa da orella e do rabo de porco 2005" e ó CEIP de Cabanas para adquisición de plantas no 2004; e cotexada a documentación xustificativa á que fai referencia. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade corrixir o contido do acordo do día 8 de setembro de 2006, núm. 4.14265, de xeito que: Onde di:"A Xunta de Goberno por unanimidade acorda recoñecer os créditos citados con cargo ás partidas que se relacionan a continuación e da maneira seguinte: Asunto Beneficiario Importe Partida VII Edición da Festa da Orella e do Rabo de Porco Asociación de Festas Santo Cristo da Victoria de Mos 740,00 ¤ 06/711.711.489.01.2005 Axuda para adquisición de plantas CEIP de Cabanas-Salcedo 180,00 ¤ 06/711.711.489.01.2004" Debe dicir: "A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder ó recoñecemento extraxudicial destas obrigas e declaralas de aboo do modo que segue a continuación: Asunto Beneficiario Importe Partida VII Edición da Festa da Orella e do Rabo de Porco Asociación de Festas Santo Cristo da Victoria de Mos(CIF G-36290922) 740,00 ¤ 06/711.711.489.01.2005 Axuda para adquisición de plantas CEIP de Cabanas-Salcedo(CIF Q-8655531-E) 180,00 ¤ 06/711.711.489.01.2004" ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.14375.- CORRECCIÓN DE ERROS DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DO 25/08/06, NÚM. 2.14221, SOBRE O RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE DIVERSOS CRÉDITOS CON CARGO Ó PROGRAMA DE AXUDAS Á REXENERACIÓN DE BANCOS MARISQUEIROS 2005 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 25 de agosto de 2006, núm. 2.14221, no que se procede ó recoñecemento extraxudicial de diversos créditos con cargo ó Programa de axudas á rexeneración de bancos marisqueiros 2005, e cotexada a documentación xustificativa á que fai referencia; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade corrixir o contido do mesmo no seguinte senso: Onde di: "A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer os créditos relacionados a continuación con cargo á partida 06/711.711.479.01.2005: BENEFICIARIO IMPORTE AXUDA CONFRARÍA DE PESCADORES SAN MARTÍN DE O GROVECIF G-36014744 16.500,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOSCIF G-36012847 16.000,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES SAN CIPRIANO DE ALDANCIF G-36007714 10.000,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES SAN GREGORIO DE RAXÓCIF G-36014124 4.000,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES SAN JUAN DE REDONDELACIF F-36010916 16.000,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES VIRGEN DEL ROSARIO DE VILAXOÁN CIF G-36012854 14.000,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES SAN XULIÁN DEA ILLA DE AROUSA CIF G-36049161 17.000,00 ¤" Debe dicir o seguinte: "A Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder ó recoñecemento extraxudicial das obrigas e declarar de aboo, con cargo á partida 06/711.711.479.01.2005, a favor dos beneficiarios que se enumeran, as cantidades relacionadas a continuación: BENEFICIARIO IMPORTE AXUDA CONFRARÍA DE PESCADORES SAN MARTÍN DO GROVECIF G-36014744 16.500,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOSCIF G-36012847 16.000,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES SAN CIPRIANO DE ALDANCIF F-36007714 10.000,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES SAN GREGORIO DE RAXÓCIF G-36020261 4.000,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES SAN JUAN DE REDONDELACIF F-36010916 16.000,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES VIRGEN DEL ROSARIO DE VILAXOÁN CIF G-36012854 14.000,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES SAN XULIÁN DA ILLA DE AROUSA CIF G-36014124 17.000,00 ¤" ------ Folla: 17.14376.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------
Ãrea de notas
Nota