ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2006/11/03_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/2.2006-11-03_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/11/03_Ordinaria

  • Data(s) 2006-11-03 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as oito horas e trinta minutos do día tres de novembro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Ramón Campos Durán, escusando a súa asistencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14427.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de outubro de 2006. ------ Folla: 2.14428.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA FORMULADA POLA SOCIEDAD COOPERATIVA CAMPODEZA PARA A XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS ECONÓMICAS CONCEDIDAS NOS ANOS 2004 E 2005 Dada conta da petición de prórroga formulada pola Sociedad Cooperativa Campodeza en relación coas axudas económicas concedidas para a realización de distintas obras na Cooperativa. Resultando que a Xunta de Goberno de data 23 de decembro de 2004 aproba a axuda económica por importe de 10.000,00 ¤ para local de fitosanitarios, pintura nave e forxado. Resultando que a Xunta de Goberno de data 16 de setembro de 2005 aproba unha axuda económica por importe de 8.237,00 ¤ para reforma e ampliación de nave. Visto o informe emitido polo enxeñeiro director do Servizo Agrario de 30 de outubro de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar ata o 30 de abril de 2007 a xustificación das xudas económicas concedidas pola Xunta de Goberno de 23 de decembro de 2004 e 16 de setembro de 2005, respectivamente, á Sociedade Cooperativa Campodeza. ------ Folla: 3.14429.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Vista a Resolución Presidencial 15662/05, na que se concede unha axuda de 2.500,00 ¤ á Asociación de amigos da mazá e da sidra de Santomé, con CIF G36382695 e domicilio no lugar de Iglesario, núm. 11, CP 36914 do concello de Marín, para a celebración da "VII edición da festa da mazá e da sidra" sobre un presuposto previsto de 27.297,00 ¤, o que supón que a Deputación financia o 9,15 % dos gastos programados; vista a documentación xustificativa dos gastos por un importe total de 3.208,56 ¤ e presentada fóra do prazo establecido; visto o informe emitido pola Intervención o 10 de xullo de 2006 no que manifesta que o importe máximo a percibir ascende a 293,58 ¤ (o 9,15 % de 3.208,56 ¤) e a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do xefe do Servizo Agrario do 31 de outubro de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer extraxudicialmente e declarar de aboo esta obriga por un importe total de douscentos noventa e tres euros con cincuenta e oito céntimos (293,58 ¤) a favor da Asociación de amigos da mazá e da sidra de Santomé imputables á partida 06/711.711.489.01.2005 do vixente Presuposto Provincial. ------ Folla: 4.14430.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS PARA O APOIO Ó DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO (CATEGORÍA BASE) De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións dirixidas a apoiar o deporte de competición federado-categoría base ano 2006, ós Clubs que se relacionan, por un total de 6.500,00 ¤, con cargo á partida 06/451.452.489.20: CONCELLO DE MEIS G36114056 AGRUPACION DEPORTIVA CHAN DO FENTO 2.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado (Golf). TOTAL CONCELLO DE MEIS (1) 2.000,00 ¤ CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO G36395788 ESCUDERIA SURCO 2.500,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado (automobilismo). TOTAL CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO (1) 2.500,00 ¤ CONCELLO DE VIGO G36933331 HALCONES DE VIGO BEISBOL 2.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado (Béisbol). TOTAL CONCELLO DE VIGO (1) 2.000,00 ¤ ------ Folla: 5.14431.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS PARA O APOIO Ó DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO (CATEGORÍA NACIONAIS) De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións dirixidas a apoiar o deporte de competición federado-categoría nacionais, ós Clubs que se relacionan, por un total de 105.000,00 ¤, con cargo á partida 06/451.452.489.20: CIF / ASOCIACIÓN / CONCEPTO CONCEDIDO CONCELLO DE POIO G36327153 GRUPO DEPORTIVO SUPERMERCADOS FROIZ 25.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado (ciclismo). TOTAL CONCELLO DE POIO (1) 25.000,00 ¤ CONCELLO DE VIGO G36692317 CLUB DEPORTIVO BOSCO 50.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado (Baloncesto). G36907384 SOCIEDAD DEPORTIVA OCTAVIO VIGO 30.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado (Balonmán). TOTAL CONCELLO DE VIGO (2) 80.000,00 ¤ ------ Folla: 6. 14432.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS DEPORTIVOS PARA O APOIO Ó DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO (CATEGORÍA NÁUTICOS) De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións dirixidas a apoiar o deporte de competición federado-categoría náuticos, ós Clubs que se relacionan, por un total de 20.000,00 ¤, con cargo á partida 06/451.452.489.20: CIF / ASOCIACIÓN / CONCEPTO CONCEDIDO CONCELLO DE PONTEVEDRA G36113827 ESCUELA DE PIRAGÜISMO CIDADE DE PONTEVEDRA 2.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado (piragüismo). TOTAL CONCELLO DE PONTEVEDRA (1) 2.000,00 ¤ CONCELLO DE TUI G36034999 CLUB REMO DO MIÑO 6.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado (remo olímpico). TOTAL CONCELLO DE TUI (1) 6.000,00 ¤ CONCELLO DE VIGO G36612752 REAL CLUB NÁUTICO DE VIGO 6.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado (vela). G36612752 REAL CLUB NÁUTICO DE VIGO 6.000,00 Solicita axuda ó deporte de competición federado (remo). TOTAL CONCELLO DE VIGO (2) 12.000,00 ¤ ------ Folla: 7. 14433.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE RODEIRO PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA DE PAVIMENTACIÓN CAMIÑO RODEIRO-A VEIGA (SAN XOAN DE CAMBA), INCLUÍDA NO PAM/05 Á vista da solicitude do concello de Rodeiro, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 114/721, denominada "Pavimentación camiño Rodeiro-A Veiga (S. Xoán Camba)", subvencionada con 15.000,00 ¤, por Resolución Presidencial de 31/12/05, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a citada prórroga. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2007, con carácter improrrogable. ------ Folla: 8.14434.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE AGOLADA, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA DE PAVIMENTACIÓN, SANEAMENTO E ADQUISICIÓN DE TERREOS ENTORNO PRAZA PÚBLICA DE AGOLADA, INCLUÍDA NO PAM/05 Á vista da solicitude do concello de Agolada, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/05, co núm. 97/663, denominada "Pavimentación, saneamento e adquisición de terreos entorno praza pública en Agolada", subvencionada con 50.240,00 ¤, por Resolución Presidencial de 19/12/05, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a citada prórroga. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2007, con carácter improrrogable. ------ Folla: 9.14435.- ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS DE ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA, PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INVESTIGACIÓN A DESENVOLVER NA COOPERATIVA HORSAL E NA COOPERATIVA HORTUMIA E MODIFICACIÓN DAS SÚAS BASES Retírase da orde do día expediente relativo á "Adxudicación de dúas bolsas de Enxeñeiro Técnico Agrícola, para a realización de tarefas de investigación a desenvolver na cooperativa Horsal e na cooperativa Hortumia e modificación das súas bases". ------ Folla: 10.14436.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.14437.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A DICOCESE DE TUI De conformidade co acordo da Xunta de Goberno de data 30 de xuño de 2006 no que se concede unha subvención de 90.000,00 ¤ á Diocese de Tui-Vigo, dando complemento ó mesmo asínase un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Diocese de Tui-Vigo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do mesmo, e que é do seguinte teor: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A DIOCESE DE TUI Pontevedra, 17 de outubro de 2006 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e O Excmo. e Rvdmo. Sr. Bispo da Diocese Tui-Vigo, D. José Diéguez Reboredo, no nome e representación da mesma, con CIF Q-3600056-J, e domicilio en Dr. Corbal, 90, do concello de Vigo (36207). Ambas partes recoñécense plena capacidade para levaren adiante o presente convenio, e PREÁMBULO No marco xurídico configurado pola vixente Constitución española de 1978, a Lei de Liberdade Relixiosa, e pola lexislación vixente aplicable en materia de réxime local, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente dos intereses comúns na promocións dos servizos necesarios que cumpran cunha clara función social, especialmente nas zonas rurais con menos posibilidades económicas así como na conservación, restauración e rehabilitación do patrimonio histórico da parte correspondente da provincia, e sen prexuízo do carácter non confesional do Estado e as súas Institucións, consideran conveniente establecer, mediante o presente convenio, as bases para unha máis eficaz e coordinada colaboración na promoción destes servizos, e na posible canalización de axudas e subvencións con cargo ós presupostos da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en obras de reparación ou mellora promovidas pola Diocese de Tui-Vigo. E, para instrumentalizar esta cooperación, aproban e asinan o presente convenio de acordo coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- A Diocese de Tui-Vigo considera prioritario, no presente ano dous mil seis, realizar as seguintes obras: Cesantes (Redondela): Rehabilitación da igrexa parroquial de S. Pedro Presuposto.................................... 60.000,00 ¤ A Lamosa (Covelo): Rehabilitación da igrexa parroquial de S. Bartolomeu Presuposto.................................... 30.000,00 ¤ Mouriscados (Mondariz): Rehabilitación da igrexa parroquial de S. Cibrán Presuposto.................................... 30.000,00 ¤ Freixo (Crecente): Rehabilitación da teitume do presbiterio da igrexa parroquial de S. Roque do Freixo. Presuposto.................................... 12.000,00 ¤ San Cibrán de Ribarteme (As Neves): Remodelación do entorno da igrexa parroquial de S. Cibrán. Presuposto.................................... 48.000,00 ¤ TOTAL ORZAMENTO ......................................... 180.000,00 ¤ SEGUNDA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra achegará a cantidade de noventa mil euros (90.000,00 ¤) correspondente ó 50 % do presuposto global, con cargo á partida 06/451.451.789.04, correspondéndolle o outro 50 % do presuposto (90.000,00 ¤) á Diocese de Tui, e que se distribuirá do seguinte xeito: Cesantes (Redondela): - Rehabilitación da igrexa parroquial de S. Pedro.................. 30.000,00 ¤ A Lamosa (Covelo): - Rehabilitación da igrexa parroquial de S. Bartolomeu......... 15.000,00 ¤ Mouriscados (Mondariz): - Rehabilitación da igrexa parroquial de S. Cibrán................. 15.000,00 ¤ Freixo (Crecente): - Rehabilitación da teitume do presbiterio da igrexa parroquial de S. Roque do Freixo ........................................................... 6.000,00 ¤ San Cibrán de Ribarteme (As Neves): - Remodelación entorno da igrexa parroquial de S. Cibrán.... 24.000,00 ¤ TERCEIRA.- Será de responsabilidade e competencia exclusiva da Diocese a adxudicación e contratación das obras referidas na cláusula primeira. CUARTA.- En todas as obras colocaranse carteis anunciadores onde figure insertado o patrocinio das mesmas por parte da Deputación Provincial. QUINTA.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a librar, a favor da Diocese de Tui-Vigo a cantidade de noventa mil euros (90.000,00 ¤) que se ingresarán na conta nº 2080-0000-76-0040028664, unha vez rematadas as obras e previa xustificación dos gastos coas correspondentes facturas. Poderán, non obstante, realizarse achegas parciais, a medida que se vaian executando as obras e se xustifiquen as mesmas. SEXTA.- Este convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2006. SÉTIMA.- Este convenio non comporta ningunha relación laboral, contractual ou de calquera tipo entre a Diocese de Tui-Vigo e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de forma que non se poderá esixir ningunha responsabilidade, directa, indirecta ou subsidiaria polos actos ou feitos acaecidos no seu desenvolvemento. OITAVA.- O presente convenio terá carácter administrativo, quedando ámbalas partes suxeitas á xurisdición contencioso-administrativa para a resolución de calquera conflito que puidese xurdir na súa aplicación. Así o din e outorgan, no que se afirman e ratifican, asinando o presente convenio no lugar e data do encabezado. O PRESIDENTE DADEPUTACIÓN DE PONTEVEDRAAsdo.- Rafael Louzán Abal O EXCMO. E REVDMO. SR. BISPO DE TUI - VIGOAsdo.- José Diéguez Reboredo" ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.14438.- DAR CONTA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, CAIXANOVA E O LICEO CASINO DE VILAGARCÍA DE AROUSA De conformidade co convenio marco de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e Caixanova aprobado en Xunta de Goberno de 7 de abril de 2006, e de acordo co establecido na cláusula sexta na que se destina a cantidade de 150.000,00 ¤ para o desenvolvemento de diversas actividades socio culturais, asínase un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra, Caixanova e o Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, quedando enterada a Xunta de Goberno do mesmo, e que é do seguinte teor: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, CAIXANOVA E O LICEO CASINO DE VILAGARCÍA DE AROUSA, PARA O PATROCINIO DUN CERTAME AUDIOVISUAL, EN VILAGARCIA DE AROUSA. En Pontevedra a 17 de outubro de dous mil seis. COMPARECEN D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, con C.I.F.:3600000-H. D. Antonio Gómez Rivera, Subdirector Xeral da Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra -CAIXANOVA- con C.I.F.: G-36600369. D Alvaro Paz Tarrio, Presidente do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, con C.I.F. G36010577. Tódalas partes recoñécense expresa e mutuamente capacidade legal para asinar o presente convenio e, na súa virtude, EXPOÑEN I.- A institución pública e a entidade de aforro asinantes do presente convenio teñen, entre as súas finalidades, o fomento da actividade cultural en todas as súas posibles manifestacións, incluíndo os certames audiovisuais. II.- Que o Liceo Casino de Vilagarcía pretende organizar nos meses de outubro e novembro de 2006 un Certame Audiovisual, na cidade de Vilagarcía de Arousa. III.- Que é vontade expresa da Deputación Provincial de Pontevedra e da entidade de aforro CAIXANOVA, asinantes do presente convenio financiar parcialmente os custos do citado Certame. Como consecuencia de todo o anterior ACORDAN 1.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a entidade de aforro Caixanova teñen asinado con data 22 de maio de 2006 un convenio de colaboración cultural no que se contemplan actividades como a que aquí se expón, e na súa consecuencia farase a achega de seis mil euros (6.000,00 ¤) para a celebración do Certame Audiovisual organizado polo Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa. 2.- Caixanova transferirá a cifra de 6.000,00 ¤ a conta corrente que indique O LICEO CASINO DE VILAGARCÍA DE AROUSA, sempre que polo citado Liceo se xustifiquen os pagos que se correspondan co citado certame audiovisual. En proba de conformidade, as partes asinan o presente convenio no lugar e data arriba indicado. Pola EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo. Rafael Louzán Abal Por CAIXANOVA Asdo. Antonio Gomez Rivera Polo LICEO CASINO DE VILAGARCÍA DE AROUSA Asdo.: Alvaro Paz Tarrio" ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.14439.- APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A OBRA SOCIAL DE CAIXA GALICIA PARA CANALIZACIÓN DOS MICROCRÉDITOS DE CARÁCTER SOCIAL ÓS EMPRENDEDORES Con data de 28 de outubro de 2005 e de acordo co procedemento establecido, a Xunta de Goberno aprobou fóra da orde do día, e previa declaración de urxencia, borrador de convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Caixa Galicia (Obra Social), para a canalización dos microcréditos de carácter social ós emprendedores dentro do ámbito do proxecto Cidade +. Para esta aprobación, o Secretario Xeral Accidental da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra emitiu informe de data 3 de outubro de 2005, no senso de manifestar que o Convenio era correcto xuridicamente para os fins propostos. Así mesmo, o Interventor Accidental emitía informe de fiscalización con data 13 de outubro de 2005, no senso de que non supoñía desembolso económico ningún para esta Deputación Provincial. O Convenio ten por obxecto financiar os proxectos viables que fomenten o autoemprego; sendo os seus beneficiarios/as persoas con especiais dificultades de inserción, sen carácter exhaustivo: as persoas desempregadas de longa duración, as persoas con emprego precario, os/as inmigrantes, os/as emigrantes retornados/as, os/as discapacitados/as, os/as exreclusos/as e os/as exdrogodependentes, e as mulleres con cargas familiares non compartidas. Visto que as actividades do proxecto Cidade + concluíron a día 31 de setembro de 2006 sen que o convenio fose asinado, aínda que no marco doutros proxectos de carácter social como o proxecto Convive + ou o proxecto Aquelando existen unha serie de actividades orientadas ó autoemprego que necesitan dun marco xurídico no que ampararse a través deste tipo de convenios. Considerando que o borrador de convenio aprobado non incluía os anexos que forman parte integrante do mesmo, nin especificaba a entidade asinante, usando a forma xenérica de "entidade colaboradora". Tampouco concretaba os fins institucionais da Deputación de Pontevedra do expositivo número V. Toda vez que o convenio non sufriu modificacións substanciais, senón que se achegan os anexos correspondentes ó mesmo, e que xa se atopaba informado polo Secretario Xeral e polo Interventor da Deputación Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Completar o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a obra social de Caixa Galicia para a canalización dos microcréditos de carácter social ós emprendedores aprobado pola Xunta de Goberno desta Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria de 3 de novembro de 2005, de forma que o novo texto rezará no sentido seguinte: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CAIXA GALICIA PARA O FINANACIAMENTO DO PROGRAMA PILOTO DE MICROCRÉDITOS En Pontevedra, __de __ de 2006 REUNIDOS Dunha parte, o Sr. D. Manuel Aguilar López, en calidade de Director de Obra Social, que comparece en nome e representación de CAJA DE AHORROS DE GALICIA (en adiante, Caixa Galicia), actuando a mesma no ámbito da súa Obra Benéfico-Social, cuxo domicilio radica na cidade da Coruña, Rúa Nova, 30. Doutra parte, o Sr. D. Rafael Louzán Abal, en calidade de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (en adiante DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA), que comparece en nome e representación desta Entidade, cuxo domicilio radica na cidade de Pontevedra, Pazo Provincial, Avda. Montero Ríos s/n. No concepto no que interveñen, ambas partes recoñécense, mutua e reciprocamente, a capacidade legal necesaria e representación bastante para asinar o presente convenio de colaboración, e, ó efecto, EXPOÑEN I. - Que CAIXA GALICIA, de acordo co disposto no ordenamento xurídico, realiza as actividades correspondentes ó ámbito da súa obra benéfico-social inherente á súa mesma natureza, por medio de obras benéfico-sociais concretas, propias ou en colaboración, entre as que está a denominada "Socialia", aprobada pola súa asemblea xeral de data 27 de xuño de 2001. Un dos obxectivos de Socialia é o de fomentar a cohesión social a través do apoio a entidades e a realización de proxectos que persigan como obxectivo o fomento da igualdade de oportunidades para a plena integración social, económica e cultural de colectivos vulnerables ou en risco de exclusión. II.- Que CAIXA GALICIA é consciente da conveniencia de poñer en marcha, experimentar e avaliar fórmulas innovadoras de intervención, co fin de poñer a disposición dos axentes sociais novas ferramentas de apoio á inserción socioeconómica cunha alta sostenibilidade financeira e capacidade de reutilización dos recursos sociais. Así mesmo, considera que o acceso ó financiamento por parte daquelas persoas máis desfavorecidas, con dificultades de acceso ó financiamento bancario e promotoras de proxectos viables de autoemprego, pode ser unha medida que, complementada con outras actuacións, permita a estes colectivos autoempregarse e crear postos de traballo, á vez que posibilite a consolidación de pequenas empresas. III.- Que, de acordo co reseñado no expositivo anterior, CAIXA GALICIA, actuando no ámbito da súa obra benéfico - social, puxo en marcha un Programa Piloto de Microcréditos destinado a apoiar iniciativas de autoemprego e a creación de microempresas promovidas por colectivos con dificultades de acceso ó financiamento bancario. IV.- Que a Comisión Delegada da Obra Social de Caixa Galicia, na súa reunión do 19 de xuño de 2003, acordou a sinatura de convenios de colaboración con entidades colaboradoras para a execución do Programa ó que fai referencia o expositivo anterior. V.- Que a DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ten entre os seus fins institucionais, entre outros, o desenvolvemento socioeconómico da provincia, o fomento do emprego e o favorecemento da inserción sociolaboral de aquelas persoas e colectivos con maiores dificultades de acceso ó mercado de traballo. VI.- Que neste contexto de colaboración entre institucións para avanzar na inserción sociolaboral de colectivos con especiais dificultades, ambos comparecentes, na condición na que respectivamente comparecen, subscriben o presente convenio de colaboración de acordo ás seguintes CLAÚSULAS I. - OBXECTO O obxecto do presente convenio é definir os termos e condicións de colaboración entre a DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA e CAIXA GALICIA, actuando no ámbito da súa obra benéfico-social, no marco do Programa Piloto de Microcréditos de forma que permita o financiamento daqueles proxectos viables que conduzan ó autoemprego e á creación de microempresas, promovidos por persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos, con dificultades de acceso ó financiamento bancario por carecer de garantías e avales. II. - CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA PILOTO DE MICROCRÉDITOS As características básicas deste programa de microcréditos son as seguintes: § Beneficiarios Finais: Serán considerados Beneficiarios Finais con carácter xeral as persoas pertencentes a colectivos vulnerables con dificultades de acceso ó financiamento bancario por carecer de garantías ou avales. Terán a consideración de grupos beneficiarios sen carácter exhaustivo: os desempregados de longa duración ou persoas con emprego precario, mulleres con cargas familiares non compartidas, inmigrantes, emigrantes retornados, persoas discapacitadas sen recursos, ex-reclusos e ex- drogodependentes. § Finalidade: O financiamento concedido a través do Programa Piloto de Microcréditos será destinado ó fomento do autoemprego e/ou microempresas. § Condicións dos microcréditos: Serán as establecidas no anexo I, que se incorpora a este convenio como parte integrante do mesmo. § Forma xurídica: O financiamento de cada proxecto efectuarase baixo a fórmula dun contrato formalizado entre CAIXA GALICIA, actuando no ámbito da súa obra benéfico - social, e cada beneficiario final. III.- ACTUACIÓNS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 3.1.- A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA realizará as seguintes actuacións: § Actuar de interlocutora entre CAIXA GALICIA e o solicitante durante a tramitación e resolución da solicitude. § Certificar a pertenza do solicitante ós colectivos ós que fai referencia a cláusula segunda do presente convenio de colaboración. § Levar a cabo o análise de viabilidade de proxectos, prestando especial atención ó plan de negocio, o estudo do impacto local do proxecto na área na que vai ter lugar e se o medio ambiente é favorable para o desenvolvemento do proxecto. § Enviar os proxectos viables, baixo os seus criterios, a CAIXA GALICIA. § Proporcionar asesoramento e asistencia técnica ós Beneficiarios Finais. § Elaborar informes de seguimento para presentalos a CAIXA GALICIA. 3.2.- A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA determinará a idoneidade ou non do solicitante, segundo o seu bo criterio, baseándose no cumprimento da definición que de Beneficiario Final se proporciona na cláusula segunda do presente convenio de colaboración. 3.3.- A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA estudará a viabilidade e garantía de éxito do proxecto, facilitando asistencia técnica ó solicitante para a elaboración da súa solicitude que constará dos documentos que se achegan como anexos ó presente convenio e que son: Anexo II: Formulario de Solicitude. Anexo III: Plan de Empresa. Anexo IV: Autorización para solicitude de informe á Central de Información de Riscos (C.I.R.) Unha vez determinada a viabilidade do proxecto, a DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA presentará a CAIXA GALICIA o expediente de solicitude integrado polos anexos ós que fai referencia o parágrafo anterior, acompañándoo dunha comunicación na que fará constar o seu visto bo ó solicitante e ó proxecto. Esta comunicación asinada pola DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, servirá de testemuño sobre a confianza no cumprimento das obrigas financieiras que asumirá o Beneficiario Final. Esta documentación poderá ir acompañada de calquera outra que a DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA considere de interese para o apoio da solicitude. IV.- ACTUACIÓNS DE CAIXA GALICIA 4.1.- CAIXA GALICIA asumirá o financiamento dos microcréditos que sexan concedidos ó amparo do presente convenio de colaboración con cargo á dotación orzamentaria asignada pola Obra Social de Caixa Galicia ó Programa Piloto de Microcréditos e co límite establecido na mesma. 4.2.- CAIXA GALICIA, actuando no ámbito da súa obra benéfico-social recibirá as solicitudes de financiamento presentadas pola DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, analizará a operación financeira proposta e decidirá en consecuencia a formalización ou non formalización da mesma, non estando obrigada a aceptar ó Beneficiario Final presentado pola DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. 4.3.- CAIXA GALICIA formalizará, no seu caso, os contratos de microcréditos cos beneficiarios. 4.4.- CAIXA GALICIA xestionará os microcréditos ata a cancelación dos mesmos. En cumprimento do disposto polo artigo 3º.1 do Decreto do Consello da Xunta de Galicia 261/1999, de 17 de setembro, polo que se desenvolve a regulación da obra benéfico-social das caixas de aforro galegas, este convenio sométese expresamente á normativa de control e fiscalización aplicables á obra benéfico-social. V.- ACTUACIÓNS CONXUNTAS CAIXA GALICIA - DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CAIXA GALICIA actuando no ámbito da súa obra social e a DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA procederán a establecer o mecanismo operativo oportuno, no que se comprometen a efectuar durante toda a vida da operación a asistencia técnica necesaria, así como o seguimento desta, tanto para o bo fin da mesma como para evitar operacións erradas, debendo remitir DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA a CAIXA GALICIA informes de seguimento periódicos. Para o seguimento e a avaliación das operacións formalizadas, constituirase unha comisión mixta composta por dous representantes de CAIXA GALICIA e outros dous da DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, que levarán a cabo a coordinación e avaliación das accións obxecto do presente convenio. Naqueles proxectos que presenten un maior risco empresarial, esta comisión mixta manterá un seguimento exhaustivo e constante do proxecto coa finalidade de minimizar o risco da operación errada. VI. - DIRECCIÓNS As notificacións e comunicacións que houberan de ser cursadas por unha parte á outra en relación co presente convenio de colaboración, remitiranse, baixo pena de nulidade, ás direccións consignadas nas comparecencias. CAIXA GALICIA expresamente sinala como dirección postal a todos os efectos do desenvolvemento deste convenio a seguinte: Rúa Nova 30-32, 15003 da Coruña e a DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA expresamente sinala como dirección postal a todos os efectos do desenvolvemento deste convenio a seguinte: Pazo Provincial, Avda. Montero Ríos s/n, 36071 de Pontevedra. Calquera modificación das anteditas direccións non será válida ata tanto non fose comunicada á outra parte contratante e recibida por esta de forma fidedigna. VII.- ANEXOS DO PRESENTE CONVENIO DE COLABORACIÓN Forman parte integrante do presente convenio de colaboración os anexos que se detallan a continuación: Anexo I : Condicións da liña de microcréditos. Anexo II : Formulario de solicitude. Anexo III : Plan de Empresa. Anexo IV : Autorización para solicitude de informe á Central de Información de Riscos (C.I.R.). VIII. - DURACIÓN O presente convenio de colaboración terá vixencia ata o 31 de decembro de 2007, podendo ser renovado por vontade expresa das partes por períodos anuais sucesivos, sen prexuízo da xestión dos microcréditos que se estenderá ata a cancelación dos mesmos. IX.- CAUSAS DE RESOLUCIÓN Serán causas de resolución do presente convenio o incumprimento dalgunha das estipulacións contidas nas cláusulas do mesmo. X. - RÉXIME XURÍDICO DO CONTRATO Todas as cuestións que se susciten entre as partes contratantes a teor do presente convenio de colaboración, así como a súa formación e validez, rexeranse integramente polo ordenamento xurídico español. As partes de mutuo acordo renuncian de forma expresa ó foro xudicial que puidese corresponderlles e sométense á xurisdición dos Xulgados ou Tribunais da Coruña. Así o conveñen e asinan as partes en tres orixinais, no lugar e data indicados no encabezamento. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRAD. Rafael Louzán Abal CAIXA GALICIAD. Manuel Aguilar López ANEXO I CONDICIÓNS DA LIÑA DE MICROCRÉDITOS ANEXO II FORMULARIO DE SOLICITUDE PROGRAMA PILOTO DE MICROCRÉDITOS DATOS DO/A SOLICITANTE ANEXO III PROGRAMA PILOTO DE MICROCRÉDITOS PLAN DE EMPRESA ANEXO IV AUTORIZACIÓN PARA SOLICITUDE DE INFORME Á CENTRAL DE INFORMACIÓN DE RISCOS (C.I.R.) AUTORIZACIÓN Á ENTIDADE DECLARANTE PARA SOLICITAR INFORME Á C.I.R. (Persoas físicas)". ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.14440.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESEÑO, PLANIFICACIÓN, EXECUCIÓN E AVALIACIÓN DUN PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN AMBIENTAL PARA O CURSO 2006-2007 Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 1 de setembro de 2006, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da consultoría e asistencia técnica para o deseño, planificación, execución e avaliación dun programa de actividades de educación ambiental para o curso 2006/2007, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 179, 18/09/06) e no DOGA (nº 180, 18/09/06). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 6 de outubro de 2006, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario, e a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación da consultoría e asistencia técnica para o deseño, planificación, execución e avaliación dun programa de actividades de educación ambiental para o curso 2006-2007 á empresa Hidria, Ciencia, Ambiente y Desarrollo, S.L. (CIF B-36.974.988) polo prezo ofertado de sesenta e oito mil euros (68.000,00 ¤), IVE incluído, por ser a empresa que obtén a maior valoración de acordo cos criterios de adxudicación sinalados no prego de condicións, ademais de reunir os requisitos esixidos en devandito concurso. O pago do contrato efectuarase no seu día ó adxudicatario en dous anualidades unha parte no ano 2006, por importe de 30.000,00 euros con cargo á partida 06/711.442.227.07 do vixente Presuposto Provincial e a parte restante no ano 2007, por importe de 38.000,00 euros con cargo á mencionada partida correspondente ó ano 2007. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 2.720,00 ¤ que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 251,25 euros, por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Chegado este momento e sendo as 9:20 horas o Presidente suspende temporalmente a Xunta de Goberno para continuar despois da sesión extraordinaria do Pleno. Sendo as 10:10 horas retómase a presente sesión. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.14441.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE VIGO Vista a acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras a executar mediante convenio co Concello de Vigo"; visto o informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar a MOVEX VIAL, S.L. a obra "Humanización rúa República Argentina entre Urzaíz e García Barbón" na suma de 430.419,00 ¤ IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses e unha semana, melloras valoradas en 19.233,54 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. 2.- Adxudicar a SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. a obra "Repavimentación rúas Gravina e Churruca" na suma de 435.898,86 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses e medio, melloras valoradas en 27.188,42 ¤ e un período de mantemento de corenta meses. 3.- Adxudicar a SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A., a obra "Humanización rúa Rogelio Abalde" na suma de 275.784,42 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de sete semanas, melloras valoradas en 18.839,64 ¤ e un período de mantemento de 40 meses. 4.- Adxudicar a CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra "Pavimentación da Praza da Independencia" na suma de 144.402,40 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 5.264,58 ¤ e un período de mantemento de trinta e oito meses. Os adxudicatarios, constituirán unha garantía definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que establecerán na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, as cantidades que máis adiante se detallan, correspondentes á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G., que ascendeu a un total de 405,53 ¤: SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. a suma de 202.76 ¤; os demais adxudicatarios a suma de 101,38 ¤. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.14442.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE "MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NAS SEGUINTES ESTRADAS: 1003 RODEIRO-BOUBETA; 1001 CANGAS-COIRO-MAGDALENA, AVDA. DE LUGO" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 20 de outubro pasado, polo que se prestou aprobación ó Convenio de Colaboración co Concello de Cangas para a realización de obras en diversas estradas, cun presuposto de 589.325,07 ¤. Visto o proxecto de "Mellora da seguridade vial nas seguintes estradas: 1003 Rodeiro-Boubeta; 1001 Cangas-Coiro-Magdalena, Avda. de Lugo", cuxo importe ascende á suma de 589.325,07 ¤, IVE incluído. E, visto o informe emitido por Intervención relativo, entre outros aspectos, ó financiamento da obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de "Mellora da seguridade vial nas seguintes estradas: 1003 Rodeiro-Boubeta; 1001 Cangas-Coiro-Magdalena, Avda. de Lugo", por importe de 589.325,07 ¤, IVE incluído, que será financiado de acordo coa seguinte distribución por anualidades. Anualidades 2006 2007 2008 Total Deputación 179.359,80 125.551,87 107.615,88 412.527,55 Conc. Cangas 76.868,49 53.807,94 46.121,09 176.797,52 Total 256.228,29 179.359,81 153.736,97 589.325,07 A achega da Deputación na anualidade de 2006 finánciase con cargo á partida 06/511.511.612.02 na que existe crédito para facer fronte ó gasto. As anualidades de 2007 e 2008 contabilizaranse con cargo á partida correspondente dos seus respectivos presupostos, quedando condicionadas á aprobación dos mesmos. A achega do Concello xerará crédito na partida 06/511.511.612.02, unha vez se produza o acto formal do compromiso firme da achega ou do recoñecemento do dereito. ------ Folla: 17.14443.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición