ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.395
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/01/26_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/3.2007-01-26_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/01/26_Ordinaria

  • Data(s) 2007-01-26 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e dez minutos do día vinte e seis de xaneiro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14740.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 19 de xaneiro de 2007. ------ Folla: 2.14741.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA MELLORA DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE DAS VIVENDAS, ANO 2007 Como queira que a Deputación de Pontevedra, en colaboración cos concellos da Provincia, pretende convocar un ano mais as subvencións para mellorar as condicións de habitabilidade da vivenda, destinando a tal fin unha dotación orzamentaria de 288.000,00 €, dos cales 282.000,00 € serán propiamente ditos para tales axudas e 6.000,00 € para catástrofes, sendo beneficiarias aquelas familias que precisen adaptar, reformar ou mellorar a súa vivenda en propiedade e cuxos ingresos se axusten ó baremo previsto ó efecto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases reguladoras das Subvencións para mellora das condicións de habitabilidade da vivenda ano 2007, que contará nesta convocatoria cunha dotación orzamentaria de 288.000,00 e con cargo á partida 07/313.313.780.01. Ditas bases son como seguen: “BASES REGULADORAS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS ÚNICAS E COMPLEMENTARIAS PARA A MELLORA DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE DA VIVENDA ANO 2007 A política de vivenda constitúe uns dos principais elementos dunha política de benestar. A Deputación de Pontevedra, sensibilizada cos colectivos máis desfavorecidos, quere contribuír a facer realidade, o dereito de todos os cidadáns a unha vivenda digna, recoñecido no artigo 47 da Constitución Española de 1.978, por isto en colaboración cos Concellos da provincia interesados, convoca un ano máis, axudas para acondicionamento de vivendas, destinadas a persoas cuxos recursos resultan insuficientes para facer fronte a gastos específicos, de carácter extraordinario, necesarios para previr, evitar ou paliar situacións de marxinación e exclusión social. Ten un carácter finalista, destinándose soamente ó obxecto para o que foi concedida. Poden ser complementarias con outras prestacións nos casos que se considere oportuno, tendo en conta a situación socio-económica e familiar reflectido nos informes pertinentes. A súa natureza é de subvención condicionada ás dispoñibilidades económicas determinadas en cada exercicio orzamentario. BASES DA CONVOCATORIA PRIMEIRA. OBXECTO.- As presentes bases teñen por obxecto establecer para o ano 2007, en réxime de concorrencia competitiva por parte da Deputación de Pontevedra axudas únicas ou complementarias para a mellora da habitabilidade da vivenda, compatibilizando con outras axudas e colaborando cos gastos que ocasionen as reformas, adaptacións, reparacións e acondicionamento da mesma. SEGUNDA. FINALIDADE.- A finalidade destas axudas é incidir en aquelas condicións da vivenda que poidan producir efectos acumulativos de risco que agudicen a situación de dependencia o illamento, posibilitando o mantemento dunhas condicións mínimas de salubridade e hixiene, eliminación de barreiras arquitectónicas, e facilitar a mobilidade interior, así como o aumento da seguridade no entorno doméstico, eliminando o risco de accidentes. TERCEIRA. FINANZAMENTO.- A cantidade consignada para este fin na Partida 07/313-313-780.01 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 288.000,00 euros, desta cantidade poderase destinar ata un máximo de 6.000,00 € para situacións específicas de catástrofe (incendios, inundacións, etc.) que poidan presentarse durante o ano entre os meses de xaneiro ata o 15 de outubro, sempre e cando o Concello de referencia achegue unha cantidade equivalente, mediante acordo da Xunta de Goberno ou Decreto de Alcaldía e sempre que os ingresos económicos dos damnificados se axusten o baremo de ingresos establecidos nas presentes bases. No caso de non utilizarse este diñeiro revertiríase a fondo perdido nos concellos de menos de 20.000 habitantes que fixeran maior achega e que teñan solicitudes en lista de espera. CUARTA. DESTINATARIOS.- Poderán solicitar estas axudas, os Concellos da Provincia que acorden asumir as Bases, como entidades colaboradoras, para os seus beneficiarios que reúnan os requisitos establecidos nas mesmas. Para os Concellos que teñan menos de 20.000 habitantes, destinaranse inicialmente 222.498,00 euros, e para os que teñan de 20.000 en diante, 59.502,00 euros. No suposto de existir sobrantes poderá ser destinado ós Concellos que o soliciten con independencia do seu número de habitantes. Unha vez realizada a totalidade do reparto, e no suposto de que non se esgotase todo presuposto, a Deputación de Pontevedra seguindo ó artigo 109 da Lei de Administración Local de Galicia e ó artigo 22 da Lei 4/93 de Servizos Sociais de Galicia (apoiar prioritariamente ós Concellos de menos capacidade económica) financiará ó cen por cen, as seguintes: a.Persoas ou unidades familiares pertencentes a Concellos que fixeron unha maior achega e obtiveran maior puntuación. b.Que quedarán en lista de espera por falta de capacidade orzamentaria e non puideran completar a totalidade da obra pola mesma causa. c.Que teñan presentada a documentación esixida para todos os solicitantes. As solicitudes en lista de espera resolveranse a criterio do técnico/a, en función, os requisitos expostos. QUINTA. TIPOS DE AXUDAS.- 1.Axudas únicas ou complementarias para acondicionamento da vivenda que non reúna condicións de habitabilidade por falta ou deterioro de: Instalación eléctrica, auga, servizos hixiénicos, fosa séptica, cuberta e outras reformas que impidan o amoreamento e posibiliten o mantemento dunhas condicións básicas de hixiene e salubridade, proporcionando seguridade no entorno doméstico. 2.Axudas únicas ou complementarias para equipamento básico de primeira necesidade para a vivenda habitual por un importe máximo igual o 200% do salario mínimo interprofesional prorrateado do ano 2006. (1.262,1 euros). 3.Adaptación da vivenda para uso de persoas dependentes e eliminación de barreiras. SEXTA. REQUISITOS.- 1) Dos Concellos. Os Concellos participantes na presente convocatoria deberán achegar unha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a achega inicial máxima da Deputación, segundo os seguintes criterios: (Ver cadro). Concellos/Nº Habitantes Achega inicial máxima da Deputación Achega Concello De menos de 5.000 4.009,80 € 30 % = 1.202,94 € De 5.001 a 10.000 4.194,82 € 40 % = 1.677,92 € De 10.001 a 20.000 4.490,00 € 50 % = 2.245,00 € De 20.001 a 50.000 6.375,20 € 70 % = 4.462,64 € De máis de 50.000 7.437,75 € 100 %= 7.437,75 € As solicitudes resolveranse a partir da achega inicial máxima fixada pola Deputación, e no caso de non esgotarse o presuposto total da Convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior achega e así o fixeran constar no Acordo remitido á Deputación, seleccionándose aquelas solicitudes que obtiveran unha maior puntuación. 2) Dos beneficiarios das axudas. Poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas familias, que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos Concellos da Provincia adheridos a estas bases, e que reúnan os seguintes requisitos: a) Que a vivenda para a que se solicita a axuda (primeira vivenda) sexa propiedade do solicitante e do seu cónxuxe ou parella, dos pais dos mesmos, cando formen unha unidade de convivencia, ou cando exista un contrato de usufruto a favor dos solicitantes. b) Non ter dereito a outras axudas oficiais establecidas para o mesmo fin, salvo que se acorde establecer a como complementaria debendo quedar reflectido no informe da traballadora social. c) Que os seus ingresos se axusten ó baremo recollido nestas Bases. (apartado 3 ). 3) Dos Ingresos da Unidade Familiar. Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo tendo en conta os seus ingresos por tódolos conceptos, durante o ano 2006, descontando gastos derivados de enfermidade crónica, discapacidades que xeren gastos extraordinarios, créditos hipotecarios ata 300 euros e gastos derivados de situacións de emerxencia. Se superan este baremo no terán dereito a axuda. Nº de membros da familia Ingres. netos anuais (ingr. Netos medios mensuais) “ 1 membro ata 7.572,60 (631,05 euros/mes) “ 2 membros ata 10.601,64 (883,47 euros/mes) “ 3 membros ata 13.251,60 (1.104,3 euros/mes) “ 4 membros ata 15.239,28 (1.269,94 euros/mes) “ 5 membros ata 16.763,16 (1.396,93 euros/mes) “ 6 membros ata 18.439,44 (1.536,62 euros/mes) “ 7 membros ata 20.283,36 (1.690,28 euros/mes) “ 8 membros ata 22.311,60 (1.859,3 euros/mes) Nota: A partires de nove membros incrementarase un 5%. Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección dos fillos solteiros do solicitante menores de vinte e seis anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria. Considerase unidade de convivencia a formada por tódolos membros, incluída a unidade familiar, que convive no mesmo domicilio. A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestación, rendas, rendementos por actividades profesionais. 4) Valoracións das solicitudes. A teor do previsto no Artigo 17.3.e da Lei 38/03 Xeral de Subvencións, respecto os criterios de outorgamento das axudas e ponderación das mesmas e tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con escasos recursos económicos ás situación que se valorarán serán as seguintes: número de membros que compoñen a unidade familiar e características dos mesmos, ingresos da unidade familiar, ingresos da unidade de convivencia, características da vivenda e problemática social, puntuándose estes datos segundo baremo establecido que se fará chegar os Traballadores Sociais de Atención Primaria. No caso de que o número das solicitudes que reúnan os requisitos esixidos supere o importe destinado ás mesmas, darase prioridade ás daquelas familias que obteñan unha maior puntuación con independencia do Concello ó que pertenzan. SÉTIMA. TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E PRAZOS.- 1.A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución do procedemento ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. 2.Na tramitación de expedientes, deberán acreditarse polos beneficiarios das axudas o cumprimento dos requisitos previstos no Artigo 14 da Lei 38/03, Xeral de Subvencións así como achega dunha declaración de no estar incursos en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de beneficiario. 3.O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, transcorrido o cal, se non se notificou a resolución lexitima os interesados, entenderase desestimada por silencio administrativo, a solicitude de concesión, como aparece recollida no punto 5 do articulo 25 da Lei xeral de subvencións. 4.Os Concellos interesados en participar nesta Convocatoria terán que remitir á Deputación ata ó 30 de abril inclusive, os seguintes documentos. a.Certificado do Acordo do Órgano de Goberno Competente, facendo constar expresamente a aceptación das bases e especificando a cantidade que están dispostos a achegar. b.Proposta da resolución de axudas, por orden de puntuación e que poidan ser asumidas polo Concello, especificando a contía total da axuda e os conceptos. c.Proxecto económico segundo o anexo 1. d.Fotocopia da solicitude segundo o modelo adxunto. e.Declaración de axudas segundo modelo adxunto. f.Informe Social Individual, anexo 3, emitido pola Traballadora Social de Atención Primaria, no que se faga constar con amplitude no apartado da Proposta, os motivos que xustifican a concesión da axuda. g.Presuposto das obras polo importe real que se quere solicitar. h.Estadillo 1. i.Estadillo 2. (en caso de que houbese lista de espera, ou persoas pendentes de completar as obras, por falta de capacidade orzamentaria). 5) As solicitudes das familias presentaranse no Rexistro dos Concellos correspondentes que se adhiran ás Bases da presente Convocatoria, no prazo sinalado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumprimentar o expediente. 6) As propostas dos Concellos serán resoltas pola Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. OITAVA. PUBLICIDADE.- O abeiro do artigo 31 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, en toda a publicidade que elabore o Concello sobre a presente convocatoria deberá facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social, sendo suficiente a declaración responsable de ter feita tal publicidade. NOVENA. PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN.- Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos, estes xustificarán a obra nun prazo máximo de tres meses dende a súa finalización nos termos do art. 30 da Lei 38/03, Xeral de subvencións, e como máximo ata o 15 de decembro, prorrogable por outro mes e medio, en conformidade co artigo 70.1 do devandito regulamento. A citada xustificación acreditará o cumprimento das condicións impostas e a consecución dos obxectos previstos como obxecto da concesión da subvención. Dita acreditación realizarase cos seguintes documentos: a)Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas e demais documentos de valor probatorio con equivalente validez, no tráfico xurídico mercantil, detallando material, prezo unitario, traballos por administración (man de obra ). b)Informe do Técnico municipal correspondente, do remate das obras, e no seu defecto informe da Traballadora Social. c)No caso de percibir outras axudas para a mesma finalidade, deberan achegar unha declaración responsable de que os ingresos e recursos alleos obtidos, non superan o custo da finalidade subvencionada. As subvencións concedidas entre os meses de novembro e decembro de 2007 deberán ser xustificadas no prazo de 6 meses dende a súa comunicación. d) Memoria do Concello sobre o cumprimento das condicións impostas a obra obxecto da subvención, con arranxo ó artigo 75 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións. Con carácter excepcional e por resolución motivada, poderá autorizarse un anticipo ata o 50% nos casos que teñan que efectuarse pagos inmediatos sempre que se estableza a garantía de constituírse a favor da Deputación Provincial de Pontevedra sobre os fondos adiantados. Para o pago da subvención teranse en conta o seguinte: 1º) No caso de que se xustifique o gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. 2º) No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% aboarase a parte proporcional da subvención. O pagamento efectuarase por transferencia ó Concello. DÉCIMA. REINTEGRO.- No caso de incumprir as presentes bases, ó beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos dende a súa concesión. UNDÉCIMA. CONTROL.- Os beneficiarios someteranse as actuacións de control financeiro que efectúe a Deputación Provincial. DUODÉCIMA.- En todo o non previsto nestas bases reguladas, será de aplicación a Lei 38/2003, de 7 de novembro, Xeral de Subvencións. DECIMOTERCEIRA.- O órgano competente para aprobación das Bases reguladoras destas subvencións é a Xunta de Goberno o abeiro das Bases 16.2 é 25.15 de Execución do Presuposto 2007. Asemade en conformidade co artigo 18 da Lei Xeral de Subvencións (38/2003 de 17 de novembro) farase publica no BOP a relación das subvencións concedidas.” Os anexos son como seguen: ANEXO 1 “PROXECTO MUNICIPAL PARA SOLICITAR A DEPUTACION AXUDAS DE MELLORA DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE DE VIVENDA ANO 2007 CONCELLO: Nº de HABITANTES: 1.-PORCENTAXE E CONTIA QUE LLE CORRESPONDE EN RELACIÓN COA ACHEGA MÁXIMA DA DEPUTACION. Sinalar cunha cruz a que lle corresponde no seguinte cadro: Concellos/nº Habitantes Achega Máxima da Deputación Achega Concello% De menos de 5.000 4.009,80 € 30%= 1.202,94 € De 5001 a 10.000 4.194,82 € 40%= 1.677,92 € De 10.001 a 20.000 4.490,00 € 50%= 2.245,00 € De 20.001 a 50.000 6.375,20 € 70%= 4.462,64 € De mais de 50.000 7.437,75 € 100%=7.437,75 € Se o Concello estivese disposto a facer unha maior achega pasar ó apartado seguinte. 2.- ACHEGA SUPERIOR DA DEPUTACION E DO CONCELLO. No caso de que a Deputación puidese conceder unha cantidade superior á fixada no cadro anterior, e os concellos quixeran facer unha maior achega, deberán refritilo no Acordo da Xunta de Goberno, Decreto de Alcaldía ou Certificado de Acordo do Pleno, respectando os porcentaxes establecidos. FINANCIAMENTO CONCELLO:…………………………………………. (Incluída a contía que lle corresponde segundo cadro do apartado 1 ) 3.- ESPECIFICAR PRAZOS DA CONVOCATORIA NO CONCELLO Dende o día ………. De ………….. ata o día ………… de ……………….. ………………………… a ……….. de ………………………. 200 Sinatura do/a Responsable Técnico e selo do Concello” ANEXO 2 “BAREMO PARA A VALORACION DAS SOLICITUDES DE ARRANXO DE VIVENDA. ANO 2007 I/AVALIACION DA SITUACION ECONOMICA DA UNIDADE FAMILIAR 1.Base de Calculo: Para avaliar a situación económica tanto da unidade familiar como a da unidade de convivencia partirase do Salario Interprofesional correspondente ó ano 2.006: 631,05 €/mes (prorrateadas pagas extraordinarias) considerándose este como Base de Cálculo 2.Puntuación: A Base de Cálculo terá un valor constante de 50 puntos. Para efectos de contabilidade da puntuación partirase dos ingresos netos medios mensuais da unidade familiar. ( Ver Base 3ª apartado C) da Convocatoria das axudas). 2.1.- Os ingresos inferiores á Base de Cálculo, contados a partir dela de forma consecutiva e en sentido decrecente, computaranse por tramos de 6,00 euros. A cada tramo daráselle un valor de 2 puntos. Exemplo: para unha familia cuns ingresos netos medios mensuais de 631,05 euros, temos: Base de Cálculo: 631,05, euros………… 50 puntos Primeiro Tramo: ata 625,05 euros………… 2 “ Segundo Tramo: ata 619,05 euros………… 2 “ Terceiro Tramo: ata 613,05 euros………… 2 “ Cuarto Tramo: ata 607,05 euros………… 2 “ Quinto Tramo: ata 601,05 euros………… 2 “ _______________ PUNTUACION TOTAL: 60 PUNTOS 2.2.- No caso de que os ingresos superen a Base de Cálculo daráselles unha puntuación de -1 punto por cada tramo de 12,00 euros. Exemplo: Para unha familia cuns ingresos netos medios de 598,50 euros, temos: Base de Cálculo. 631,05 euros…............ 50 puntos Primeiro Tramo: ata 643,05 euros………… -1 “ Segundo Tramo: ata 655,05 euros………… -1 “ Terceiro Tramo: ata 667,05 euros………… -1 “ _______________ PUNTUACIÓN TOTAL: 47 PUNTOS II/ AVALIACION ECONOMNICA DOS OUTROS MEMBROS DA UNIDADES DE CONVIVENCIA QUE NON CONSTITUEN A UNIDADE FAMILIAR Partindo dos seus ingresos netos medios mensuais ( ver Base 3ª apartado C) da Convocatoria das axudas) daráselle unha puntuación decrecente por tramos de ingresos, de acordo ó seguinte cadro: Ingresos totais dos outros membros Puntuación Ata 351,81 euros (P.N.C. ano 2006) - 5 puntos De 351,82 a 631,05 euros - 10 puntos De 631,06 a 751,06 euros - 15 puntos De 751,07 a 871,07 euros - 20 puntos Os ingresos superiores a 871,07 euros computaranse por tramos de 120,00 euros dándoselle a cada tramo un valor de – 5 puntos que se sumarán ós de o tramo anterior. III/ AVALIACION DA UNIDADE DE CONVIVENCIA A cada membro da unidade de convivencia daráselle 1 punto positivo. A suma de todos eles será a puntuación total. IV/ AVALIACION POR MEMBROS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA QUE CURSEN ESTUDOS Daráselle un valor positivo a cada un dos membros da unidade de convivencia que estean escolarizados ou cursen estudos no curso 2006-2007 segundo a táboa seguinte: Nº de Membros estudantes Puntuación 1 1 punto 2 5 puntos 3 10 puntos 4 15 puntos 5 20 puntos 6 25 puntos 7 30 puntos 8 35 puntos A partir de 8 membros incrementaranse 10 puntos por cada membro estudante que se sumarán ós puntos anteriores (Ex.: Para 9 membros 35 + 10 puntos ) V/ AVALIACIÓN DA VIVENDA Por este concepto pódense sumar ata un total de 60 puntos. O baremo para valorar as circunstancias concorrentes ou simultáneas é o seguinte: Condicións da Vivenda Puntuación 1. Sen instalación eléctrica ou deficitaria 10 2. Sen instalación de auga 10 3. Sen fosa séptica ( se é o caso ) 10 4. Sen carto de baño 10 5. Cuberta en malas condicións 5 6. Inadecuación de espazos 5 7. Con colaboración por parte de familiares, veciños, etc 5 8. Outros (especificar) 5 VI/ AVALIACION TÉCNICA DA PROBLEMÁTICA SOCIAL Esta puntuación será a que resulte de considerar a posible concorrencia de determinadas circunstancias subxectivas dentro da unidade de convivencia, que deben ser valoradas por canto poidan incidir no grao de necesidade. Representa unha valoración adicional feita pola Traballadora Social dos Servizos Sociais de Atención Primaria que non pode sobrepasar os 60 puntos O baremo para valorar as circunstancias concorrentes ou simultáneas é o seguinte: Problemática Social Puntuación 1.Familias incluídas no Programa de intervención social no ámbito dos Servizos Sociais de Atención Primaria 10 puntos 2. Familias beneficiarias de RISGA e Prestacións de Apoio Familiar 10 puntos 3. Familias de intervención incluídas noutros programas de Servizos Sociais 10 puntos 4.Familias nas que algún/s membro/s estean afectados por algunha minusvalía legalmente cualificada ou enfermidade crónica e ocasione situacións de dependencia acreditada. 5 puntos 5.Familias desestruturadas 10 puntos 6. Ausencias de medios propios de subsistencia da unidade familiar 5 puntos 7. carencia de achega económica por parte dalgún/s membro/s da unidade de convivencia 5 puntos 8. Ausencia de ingresos fixos 5 puntos” ANEXO 3 “INFORME SOCIAL DE AVALIACIÓN DAS SOLICITUDES DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL” “BAREMO PARA CALCULAR OS PUNTOS QUE LLE CORRESPONDEN AS FAMILIAS EN FUNCION DOS INGRESOS ECONOMICOS DA UNIDADE FAMILIAR. PARA INGRESOS INFERIORES O PARA INGRESOS SUPERIORES O S.M.I. PRORRATEADO.ANO 2006 S.M.I. PRORRATEADO.ANO 2006 INGRESOS Ptos INGRESOS Ptos INGRESOS Ptos INGRESOS Ptos 631,05 50 337,05 148 631,05 50 1.171,05 5 625,05 52 331,05 150 643,05 49 1.183,05 4 619,05 54 325,05 152 655,05 48 1.195,05 3 613,05 56 319,05 154 667,05 47 1.207,05 2 607,05 58 313,05 156 679,05 46 1.219,05 1 601,05 60 307,05 158 691,05 45 1.231,05 0 595,05 62 301,05 160 703,05 44 1.243,05 -1 589,05 64 295,05 162 715,05 43 1.255,05 -2 583,05 66 289,05 164 727,05 42 1.267,05 -3 577,05 68 283,05 166 739,05 41 1.279,05 -4 571,05 70 277,05 168 751,05 40 1.291,05 -5 565,05 72 271,05 170 763,05 39 1.303,05 -6 559,05 74 265,05 172 775,05 38 1.315,05 -7 553,05 76 259,05 174 787,05 37 1.327,05 -8 547,05 78 247,05 176 799,05 36 1.339,05 -9 541,05 80 241,05 178 811,05 35 1.351,05 -10 535,05 82 235,05 180 823,05 34 1.363,05 -11 529,05 84 229,05 182 835,05 33 1.375,05 -12 523,05 86 223,05 184 847,05 32 1.387,05 -13 517,05 88 217,05 186 859,05 31 1.399,05 -14 511,05 90 211,05 188 871,05 30 1.411,05 -15 505,05 92 205,05 190 883,05 29 1.423,05 -16 499,05 94 199,05 192 895,05 28 1.435,05 -17 493,05 96 193,05 194 907,05 27 1.447,05 -18 487,05 98 187,05 196 919,05 26 1.459,05 -19 481,05 100 181,05 198 931,05 25 1.471,05 -20 475,05 102 175,05 200 943,05 24 1.483,05 -21 469,05 104 169,05 202 955,05 23 1.495,05 -22 463,05 106 163,05 204 967,05 22 1.507,05 -23 457,05 108 157,05 206 979,05 21 1.519,05 -24 451,05 110 151,05 208 991,05 20 1.531,05 -25 445,05 112 145,05 210 1.003,05 19 1.543,05 -26 439,05 114 139,05 212 1.015,05 18 1.555,05 -27 433,05 116 133,05 214 1.027,05 17 1.567,05 -28 427,05 118 127,05 216 1.039,05 16 1.579,05 -29 421,05 120 121,05 218 1.051,05 15 1.591,05 -30 415,05 122 115,05 220 1.063,05 14 1.603,05 -31 409,05 124 109,05 222 1.075,05 13 1.615,05 -32 403,05 126 103,05 224 1.087,05 12 1.627,05 -33 397,05 128 97,05 226 1.099,05 11 1.639,05 -34 391,05 130 91,05 228 1.111,05 10 1.651,05 -35 385,05 132 85,05 230 1.123,05 9 1.663,05 -36 379,05 134 79,05 232 1.135,05 8 1.675,05 -37 373,05 136 73,05 234 1.147,05 7 1.687,05 -38 367,05 138 67,05 236 1.159,05 6 361,05 140 61,05 238 355,05 142 55,05 240 349,05 144 49,05 242 343,05 146 43,05 244 37,05 246 31,05 248 25,05 250 19,05 252 13,05 254 7,05 256 0 258” ------ Folla: 3.14742.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS, ANO 2007 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente da problemática da inserción socio-laboral das persoas máis desfavorecidas e vulnerables, pretende un ano máis proceder á apertura da convocatoria 2007 de subvencións para asociacións sen fins de lucro, enmarcadas no ámbito dos Servizos Sociais Especializados, coa finalidade de potenciar a integración na sociedade destes colectivos, contribuír a facilitar a información e formación dos familiares coidadores e axentes sociais, previr e sensibilizar á poboación sobre as doenzas ou discapacidades destas persoas, destinándose a tal fin unha dotación orzamentaria de 225.000,00 euros, polo que seguindo o criterio de concorrencia competitiva e á vista dos informes de 11 e 19 de xaneiro de 2007, emitidos polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases reguladoras das subvencións dirixidas á Asociacións sen fins de lucro enmarcadas no ámbito dos Servizo Sociais Especializados, cuxa convocatoria contará na presente anualidade, cunha dotación económica de 225.000,00 € e con cargo á partida 07/313.313.480.02. Ditas bases son como seguen: “BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO QUE REPRESENTEN A COLECTIVOS QUE ESTEAN INCLUÍDOS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2007 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, preocupada polos temas da inserción social e laboral, fundamentalmente a da poboación máis vulnerable e desfavorecida, un ano mais convoca axudas destinadas a subvencionar actuacións desenvoltas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados (Lei 4/1993, de 14 de abril), e que vaian dirixidas basicamente á formación de cara a súa integración social /e ou laboral, segundo as seguintes C L Á U S U L A S PRIMEIRA. Actividades a subvencionar. Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes soamente poderán ser financiadas aquelas actuacións que se desenvolvan no ano 2007 promovidas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados. As actividades obxecto de subvención desenvolveranse en función dos seguintes apartados: 1.Formación e integración laboral dirixida ós colectivos incluídos nos servizos sociais especializados e máis concretamente daqueles de maior vulnerabilidade. Estarían incluídos neste apartado os talleres, cursos ou actividades de carácter formativo, primándose segundo se recolle no ANEXO 3 aqueles que contemplen a integración laboral do alumno e inclúan no programa módulos de orientación laboral, prácticas en empresas ou conten en estas con acompañamento técnico. Tamén se apoiará a posta en marcha de novas fórmulas de emprego (como as cooperativas ...) e o autoemprego. 2.Formación e integración socio-familiar. Actividades ou cursos de carácter socioeducativo e formativo dirixidas ós colectivos incluídos nos ámbitos dos SS.SS. Especializados que terán como fin a participación social dos colectivos afectados facilitándolles o acceso a tódolos recursos, actividades que levarían consigo a maior autonomía dos afectados e en definitiva unha mellora da calidade de vida tanto destes como a das súas familias. Neste apartado tamén se contempla a recollida de diminuídos para cursos ou actividades de tipo formativo en transporte adaptado. 3.Familia, coidadores e outros axentes sociais. Este ámbito ten unha dobre finalidade: cubrir as necesidades dos colectivos mais vulnerables e ó mesmo tempo desenvolver unha bolsa de traballo de profesionais cualificados e dotar á figura do coidador da formación necesaria para o coidado óptimo do afectado mellorando deste xeito a calidade de vida de ambos Neste apartado estarían incluídos os cursos ou actividades onde se fomente o aprendizaxe de habilidades sociais, coidados, características da enfermidade ou problemática que vai ser atendida, etc. 4.1. Prevención, sensibilización e divulgación: dirixida a tódolos ámbitos de actuación, axentes provedores de recursos (profesionais), poboación en xeral, colectivos afectados, familiares, etc. 4.2. Xornadas, Congresos ou Simposios: deberán versar sobre temas específicos da Asociación dirixidos ós propios afectados ou interesados. Non se contemplarán as celebracións de menos de catro horas, nin aquelas actuacións que non formen parte da programación formativa ou informativa, como comidas, excursións, etc. Tampouco entrarán aquelas actividades que traten temas eminentemente sanitarios. 4.3. Estudos de investigación: Terán que ser sobre temas específicos da Asociación que solicita a subvención e non terán cabida temas especificamente sanitarios. Federacións ou Confederacións de Asociacións. Subvencionaranse programas específicos, de carácter supramunicipal, que leven a cabo itinerarios persoais de inserción laboral para persoas xa formadas ou experiencia en ditos temas. Tamén poderán subvencionarse aqueles programas que se recollen nos apartados anteriores, sempre que teñan carácter supramunicipal. Non serán obxecto de subvención: As peticións dirixidas ó pago dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación. As actividades socioeducativas, informativas ou formativas que forman parte da actividade xeral da Asociación ó longo do ano. As actividades dirixidas á 3ª idade que estean incluídas no catálogo de actividades do Programa “Ti tamén contas” da Deputación: áreas de desenvolvemento persoal e saúde, arte e manualidades, cultura tradicional e informática. Aquelas Asociacións que xa teñan outra subvención ou vaian a ser subvencionadas dentro do servizo de Acción Social durante o ano 2007. SEGUNDA. Financiamento.- A contía consignada para este fin na Partida 07/313.313.480.02 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial ascende a 225.000,00 €, contía que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a esta convocatoria de axudas, mentres non se amplíe o crédito da partida. No caso de que o importe das solicitudes das axudas supere o presuposto destinado ás mesmas, darase prioridade a aquelas solicitudes, que reunindo tódolos requisitos, completaran antes toda a documentación e se atopen incluídas no apartado 1 da cláusula primeira. En caso de empate, terase en conta o número do rexistro de entrada na Deputación. TERCEIRA. Requisitos.- 1.Nin a Asociación nin a súa representante legal poden atoparse incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. 2.As Asociacións desenvolverán a súa actividade, ou polo menos parte dela na Provincia de Pontevedra e deberán estar debidamente recoñecidas ou inscritas como tales na Xunta. 3.Cada Asociación só poderá presentar un proxecto que ha de conter cada un dos apartados que se sinalan no “ANEXO 2”. No caso de que presente varios, a Deputación elixirá o máis viable segundo as bases da convocatoria. 4.No caso de elixir un curso formativo como actividade a desenvolver, este irá dirixido a un só grupo de persoas polo que se computarán as horas dun só grupo. 5.No caso das Federacións ou Confederacións de asociacións axustaranse ó referido ás mesmas na Cláusula 1ª. 6.Considéranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de persoas, como norma xeral non superior a 15, que realizarán as horas que a Asociación fai constar no proxecto do curso que presenta. 7.Só se subvencionarán cursos de 80 horas en adiante. 8.Deberase facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social, en toda a publicidade que se faga da actividade. 9.Na realización dos cursos, a partir de 300 horas a contía da axuda non se verá incrementada. CUARTA. Concesións.- 1. Non se concederán axudas a aquelas asociacións que non tiveran xustificada ou rexeitada por escrito a actividade subvencionada pola Deputación en anos anteriores no momento da concesión das axudas do 2007. 2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndollela instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. 3. O prazo máximo para resolver a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, esgotando a devandita Resolución á vía administrativa. QUINTA. Documentación.- As solicitudes, no modelo oficial adxunto “ANEXO 1” ou similar, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial, ou nos rexistros e lugares ós que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos: 1.Proxecto da actividade debidamente asinado e selado, no que consten os epígrafes do “ANEXO 2” especificando presuposto detallado da actividade. 2.Fotocopia compulsada do DNI do representante legal da Asociación, así como a acreditación do seu cargo a través dunha certificación do/a secretario/a da entidade. 3.CIF compulsado da entidade. 4.As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial feito polo/a Técnico/a Local de Emprego. 5.Declaración, en ANEXO 4, do/a presidente/a da Asociación no que constan: A relación de axudas solicitadas pola Asociación ou xa concedidas. Que nin a citada Asociación nin o declarante atópanse incursos en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. Que autoriza á Deputación para obter as certificacións de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Tesourería X. da Seguridade Social e coa Facenda do Estado De non presentarse a documentación solicitada, as deficiencias poderán ser subsanadas segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo, modificada pola Lei 4/1999, de 6 de xaneiro concedéndose, a tenor do indicado precepto legal, un prazo de 10 días para que se repare a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que si así non o fixera, entenderase que rexeita á petición. NOTAS: 1.Tódalas Asociacións, aínda as de carácter estatal, terán que ter CIF propio, individual. 2.Sempre que se produzan cambios na xunta directiva ou na dirección da Asociación haberá que comunicalos ós Servizos Sociais da Deputación. SEXTA. Prazos.- O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais a partires do día seguinte ó da publicación das Bases no BOP. SÉTIMA. Contía.- Sempre que haxa solicitudes que reúnan os requisitos esixidos na presente convocatoria, concederanse axudas ata que se esgote o presuposto seguindo os criterios expostos no ANEXO 3, tendo en conta que as contías máximas a subvencionar serán as seguintes: 1.Para proxectos formativos dirixidos á integración laboral dos colectivos afectados: 4.425,00 €. Excepcionalmente e dentro desta contía, poderán atenderse actividades de carácter asistencial, ata 600,00 euros, sempre e cando estas sexan complementarias para o desenvolvemento do proxecto de formación. Para a posta en marcha de algunha fórmula de emprego: ata un máximo, que estará en función do proxecto, de 7.200,00 euros. Esta axuda terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula ou os gastos de persoal. 2. Para actividades de formación e integración socio-familiar: 3.600,00 € 3.Proxectos formativos de familiares, coidadores e outros axentes sociais: - Para cursos formativos dirixidos á inserción laboral: 3.600,00 € - Para actividades de información-formación, apoio etc.: 2.100,00 € 4.Para actividades de Prevención, Sensibilización e Divulgación: 2.100,00 € 5.Para a celebración de Xornadas, Congresos ou Simposios: 2.100,00 € En ningún caso a contía de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá superar o custo total da actividade. OITAVA. Xustificación e Pagamento.- As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustificar a actividade de acordo co establecido no Artigo 30 da Lei 38/03, Xeral de Subvencións, nos tres meses seguintes a súa realización, e en todo caso por motivos xustificados ata o 10 de decembro (inclusive) de 2007, salvo situacións excepcionais de prórroga. Xustificación da subvención. Para xustificar o cumprimento e posterior pagamento da subvención é necesario presentar: 1.Memoria, asinada e selada, explicativa da actividade indicando ademais do seu nome, a súa repercusión social e se se cumpriron os obxectivos propostos. No caso da realización de cursos a memoria debe recoller ademais do nome do proxecto a descrición do curso, nº de horas impartidas, prácticas laborais e expectativas laborais do alumnado, nome e D.N.I. do monitor. Tamén se fará constar que a relación de participantes e o seu D.N.I. consta nos arquivos da Asociación a disposición da Deputación se así o requirise. 2.Xustificación das obrigas impostas (difusión publicitaria da axuda etc.) Xustificación de gastos: 1.Conta xustificativa de gastos, “ANEXO 5”, polo importe do presuposto total da actividade presentado pola Asociación na súa solicitude. 2.Xustificación dos gastos, por importe da subvención concedida pola Deputación, con facturas, recibos e demais documentos fidedignos que reúnan os requisitos legais segundo o R.d. 1496/03 de 28 de novembro, sobre confección de facturas e recibos, especificando gastos por conceptos e sinalando por cada un deles prezos unitarios e prezo total do concepto. Xustificación dos ingresos: 1.Conta xustificativa de ingresos (detalle por entidades, organismos, particulares etc.). 2.Recursos propios utilizados. 3.Declaración responsable de que os ingresos ou recursos alleos non superan o custo ou gasto da actividade, proxecto etc. subvencionado. Certificación de datos bancarios Na realización de cursos terá que respectarse o número de horas aprobadas pola Deputación en base ó proxecto presentado pola Asociación. A redución do número de horas no momento da xustificación, levará consigo a redución da axuda segundo baremo establecido no ANEXO 3 para a determinación da contías das subvencións. Cando a actividade consista na celebración de Cursos os monitores que pertenzan á Asociación demandante da axuda, non poderán percibir ningunha remuneración con cargo á subvención que outorga a Deputación. NOVENA. Reintegro.- No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modificar a finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Cláusulas fixadas na presente Convocatoria, o beneficiario deberá reintegrar a cantidade percibida á Deputación. Infraccións e sancións. Aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. DÉCIMA. Control.- Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control financieino que leve a cabo a Deputación Provincial e ás previstas na lexislación do Consello de Contas, tendo que facilitar toda a información que lles sexa requirida. DÉCIMO PRIMEIRA. Dereito Supletorio.- En todo o que non prevea as presentes bases, estarase ó disposto na Lei 38/03 Xeral de Subvencións. DÉCIMO SEGUNDA. Órgano Competente.- O Órgano competente para a aprobación destas Bases é a Xunta de Goberno, segundo se establece na base 16.2 das de Execución do Presuposto desta Deputación para 2007. Publicación no BOP. Darase cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei Xeral de Subvencións en canto á publicación no BOP das subvencións concedidas ó amparo destes programas.” Os anexos son como seguen: “ANEXO 1 SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS FORMADAS POR COLECTIVOS ENMARCADOS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2007 ANEXO 2 PROXECTO PARA AS ASOCIACIÓNS FORMADAS POR COLECTIVOS ENMARCADOS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2007. ANEXO 3 CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ASOCIACIÓNS ENMARCADAS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2007 CRITERIOS PARA A DETERMINACIÓN DA CONTÍA ECONÓMICA DAS SUBVENCIÓNS Para a valoración económica das subvencións dos proxectos presentados polas distintas asociacións enmarcadas no ámbito dos servizos sociais especializados e tendo en conta que ningunha axuda poderá superar a contía máxima establecida na cláusula sétima, aplicarase os seguintes criterios a fin de determinar tanto o apartado ó que se acollen así como a contía que lles corresponde en función do baremo a aplicar: Clasificación das actividades Contía Formación e integración laboral 1.1. Cursos e talleres de formación para integración laboral (de 60 a 300 h.) ..... Baremo nº 1 1.2. Para posta en marcha dalgunha fórmula de emprego ......................................... 7.200 euros 1.3. Cursos nos que se realicen prácticas en empresas engadiranse por cada hora de prácticas .. 2 euros 1.4. Idem anterior con apoio técnico na empresa, engadiranse por cada hora .................. 4 euros 1.5. Cursos nos que se inclúa orientación laboral engadiranse por cada hora de 2 euros orientación ..... Formación e integración socio-familiar 2.1.Cursos ou actividades de formación e integración social (de 60 a 300 h.) ............. Baremo nº 2 2.2. Servicios especiais: recollida de escolares en transporte adaptado ............... 3.000 euros Familia, coidadores e outros axentes sociais 3.1. Cursos formativos para familiares, coidadores e outros profesionais dirixidos á integración laboral ..................................................................................................... Baremo nº 2 3.2. Actividades de información-formación, apoio para familiares, coidadores e outros profesonais.............................................................................................................. Baremo nº 3 Prevención, sensibilización e divulgación 4.1 Actividades de prevención, sensibilización, divulgación.......................................... 2.100 euros 4.2. Xornadas, Congresos ou Simposios (a partir de 4 h).............................................. Baremo nº 4 Nos eventos organizados a nivel autonómico ou estatal incrementarase por día... 300 euros 4.3. Estudos de investigación......................................................................................... Baremo nº 5 Colectivos vulnerables(*): incrementarase cada hora das actividades ou cursos dirixidos ós afectados ............................................................................................................... 2 euros (*) NOTA: Considéranse colectivos de maior vulnerabilidade os diminuídos físicos e psíquicos, os drogodependentes, os ludópatas e os inmigrantes. Baremo 1: De a Euros De a Euros 60 70 975,00 181 190 2.775,00 71 80 1.125,00 191 200 2.925,00 81 90 1.275,00 201 210 3.075,00 91 100 1.425,00 211 220 3.225,00 101 110 1.575,00 221 230 3.375,00 111 120 1.725,00 231 240 3.525,00 121 130 1.875,00 241 250 3.675,00 131 140 2.025,00 251 260 3.825,00 141 150 2.175,00 261 270 3.975,00 151 160 2.325,00 271 280 4.125,00 161 170 2.475,00 281 290 4.275,00 171 180 2.625,00 291 300 e mais 4.425,00 Baremo 2: Nº HORAS EUROS 60-120 700,00 121-180 1.400,00 181-240 2.100,00 241-300 e mais 3.600,00 Baremo 3: Nº HORAS Euros 60-120 600,00 121-180 1.000,00 181-240 1.550,00 241-300 e mais 2.100,00 Baremo 4: CLASIFICACIÓN EUROS ½ día (mínimo 4 horas) 600 Primeiro día 1.200 seguintes 600 Baremo 5: a) Base ....................................................................................... 1.200 € b) Ámbito estudo: Local Municipal Comarcal Provincial 1 2 3 4 c) Repercusión estudo: Local Municipal Comarcal Provincial C. Autónoma 1 2 3 4 5 d) Dificultade do estudo para a obtención dos datos: Datos existentes Sen desprazamento Con desprazamento 1 2 3 Valor do punto: 200,00 €. Axuda máxima: 3.600 € ANEXO 4 DECLARACIÓN ANEXO 5 CONTA XUSTIFICATIVA DE GASTOS” ------ Folla: 4.14743.- APROBACIÓN DA PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, FEMP E O IMSERSO, PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA, ANO 2007 Como queira que a Deputación Provincial de Pontevedra ven prestando dende fai algúns anos o Servizo de Teleasistencia Domiciliaria, que se puxo en marcha ó abeiro do Convenio de Colaboración subscrito en 1998 entre o IMSERSO, a FEMP e a Deputación Provincial de Pontevedra, sendo os beneficiarios do mesmo as persoas que viven soas ou con escasa autonomía persoal, motivada pola súa discapacidade física ou psíquica, ou mesmo polas súas enfermidades, dado o importante crecemento deste Servizo que chegou a cuadruplicar o número de usuarios nos últimos catro anos, e coa finalidade de promovelo no ano 2007 cunha dotación orzamentaria provincial de 130.771,20 euros con cargo á partida 07/313.313.227.20, e á vista dos informes de 17 e 22 de xaneiro de 2007, emitidos polo Sr. Secretario e o Sr. Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga do Convenio de Colaboración entre o IMSERSO, a FEMP e a Deputación Provincial de Pontevedra, para o desenvolvemento do Programa de Teleasistencia Domiciliaria no ano 2007. ------ Folla: 5.14744.- RENUNCIA DA “ASOCIACIÓN DE MULLERES EMPRENDEDORAS ULLA-UMIA” DE CATOIRA, Á SUBVENCIÓN PARA CURSO DE “LICORES CASEIROS”, APROBADA NO SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 23 DE XUÑO DE 2006 Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión de 23/06/06 unha subvención a favor da “Asociación de Mulleres Rurais Emprendedoras Ulla-Umia” de Catoira, por importe de 1.500,00 euros para a realización do curso de “licores caseiros” e presentándose no Rexistro Xeral, o 23/01/07 escrito da devandita Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada da citada renuncia. ------ Folla: 6.14745.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE A LAMA, DA OBRA INCLUÍDA NO PSA 2006-08, ANUALIDADE 2006, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DEPÓSITO REGULADOR EN SUCASTRO” PARA A OBRA “CONSTRUCIÓN DEPÓSITO REGULADOR EN ANTAS”, COA MESMA SUBVENCIÓN QUE A ANTERIOR Vista a petición do concello de A Lama, de 3 de xaneiro actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra incluída no PSA 2006-08, anualidade 2006, denominada “Construción depósito regulador en Sucastro” para a obra “Construción depósito regulador en Antas”, coa mesma subvención que a anterior de 22.201,98 €, e un presuposto de 29.602,64 euros, e suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 12.13922, de 21 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó concello de A Lama con cargo ó PSA/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se detalla: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto Subv. Presuposto Subv. Presuposto Subv. Total Subvención total total total Construción depósito regulador en Antas 29.602,64 22.201,98 22.201,98 Construción depósito regulador e rede distribución de Gaxate 31.000,00 23.250,00 23.250,00 Rede de distribución en Pigarzos 25.360,49 19.020,37 19.020,37 Rede de distribución en Casalitoi e Fontecoba 29.909,76 22.432,32 22.432,32 Construción Depósito regulador e rede distribución en Igrexa (Gaxate) 18.000,00 13.500,00 13.500,00 29.602,64 22.201,98 56.360,49 42.270,37 47.909,76 35.932,32 100.404,67 ------ Folla: 7.14746.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE CANGAS DA OBRA INCLUÍDA NO PAM 2006-08, DENOMINADA “PASEO ALAMEDA NOVA”, PARA “EXECUCIÓN DE PASEO MARÍTIMO NA PRAIA DO SINAL”, COA MESMA SUBVENCIÓN QUE A ANTERIOR Vista a petición do concello de Cangas, de 26 de outubro pasado, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra incluída no PAM 2006-08, denominada “Paseo Alameda Nova” para a obra “Execución de paseo marítimo na praia do Sinal”, coa mesma subvención que a anterior de 40.000,00 € na anualidade 2006, 90.000,00 € na anualidade 2007 e 80.000,00 € na do 2008, ascendendo o presuposto a 210.000,00 euros, e suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó concello de Cangas con cargo ó PAM 06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006 Presuposto Subvención Presuposto Subvención Presuposto Subvención -2008 TOTAL TOTAL TOTAL Total Subv. Pavimentación barrio do Forte e dotación dos servizos 380.606,29 57.184,70 113.815,16 91.490,82 262.490,68 Execución paseo marítimo na praia do Sinal 210.000,00 40.000,00 90.000,00 80.000,00 210.000,00 Construción Pavillón no CEIP de O Hío 243.005,91 43.436,95 94.763,08 82.298,57 220.498,60 Adquisición vehículo de brigada de obras 16.097,00 16.097,00 16.097,00 849.709,20 156.718,65 298.578,24 253.789,39 709.086,28 ------ Folla: 8.14747.- APROBACIÓN DE BASES DO PLAN CULTURAL 2007 De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases do Plan Cultural – 2007, que son do seguinte teor: B A S E S 1.- OBXECTO.- A Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, agrupacións, entidades e asociacións culturais, destina a cantidade de 400.000,00 €, na partida 07/451.451.226.11 do presuposto provincial, para retribuír ós grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ó longo do presente exercicio. 2.- DESTINATARIOS.- Poderanse acoller a estas axudas as seguintes agrupacións da provincia: Bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, música tradicional, música clásica, teatro, etc. 3.- PRAZO DE INCLUSIÓN.- Os interesados cubrirán a solicitude de inclusión neste plan, que presentarán no rexistro xeral deste organismo dende ó día seguinte ó da súa publicación no BOP deica o 17 de febreiro de 2007, no modelo oficial que facilitará o departamento de Cultura, acompañada da documentación prevista na base 8. As agrupacións interesadas na súa inclusión e carentes de CIF achegarán unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e a certificación da conta bancaria aberta a nome do grupo. 4.- SELECCIÓN.- A selección e inclusión dos grupos peticionarios levaraa a cabo a Comisión Informativa de Cultura da Deputación, que poderá interesar o asesoramento necesario, a través de informes de técnicos e profesionais expertos en cada unha das materias que avaliarán os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ó órgano competente a súa aprobación definitiva. 5.- RETRIBUCIÓN.- Cada actuación retribuirase cos seguintes importes: Grupo Importe/Euros Bandas de música: Grupo A 600 Grupo B 500 Grupo C 450 Masas corais: Grupo A 270 Grupo B 240 Grupos folclóricos: Grupo A 270 Grupo B 210 Grupo C 170 Música tradicional: Bandas de gaitas 240 Grupos de gaitas 170 Roldas 240 Folk 270 Música clásica: Grupo A 240 Grupo B 210 Orquestras 340 Teatro: Grupo A 500 Grupo B 375 Maxia 300 Grupos varios: Ballet e danza 240 Humoristas 210 Outros.... 210 6.- PAGAMENTO.- O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura debidamente cuberto, facilitado polo departamento de Cultura e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días, a contar dende a data de actuación, quedando sen efectos transcorrido o dito prazo. Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións, estas deberán ser emitidas polo titular que figura no CIF emitido por Facenda. Os solistas e agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente (R.d.l. 3/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) e a lexislación de desenvolvemento. 7.- OBRIGA.- As agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executaren as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia, e soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedarán exentas do dito convenio. 8.- DOCUMENTACIÓN.- Para seren incluídos nos respectivos epígrafes presentarán como documentación: a.- Fotocopia do CIF da entidade. b.- Certificación da conta bancaria. c.- Relación nominal de compoñentes e DNI. De conformidade co establecido no art. 35.f) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a documentación sinalada nos apartados anteriores non terá que ser presentada se xa se presentou en anos anteriores, e non houbo variación nela. 9.- CLASIFICACIÓN.- As agrupacións incluídas no plan clasificaranse da seguinte maneira: 1.- BANDAS DE MÚSICA: as que teñan: a.- un mínimo de 70 membros e unha escola de música. b.- un mínimo de 50 membros. c.- un mínimo de 35 membros. Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Relación de alumnos e profesorado da escola de música facendo constar, se procede, o seu recoñecemento oficial. 2.- MASAS CORAIS: as que teñan a.- un mínimo de 50 membros. b.- un mínimo de 30 membros. 3.- GRUPOS FOLCLÓRICOS: os que teñan a.- 30 membros, grupo instrumental propio, escola de baile e acrediten mediante documento a realización de actividades de investigación, etnografía, etc. b.- 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile. c.- 16 membros e grupo instrumental propio. Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Relación nominal dos compoñentes do grupo folclórico co seu DNI. - Relación nominal dos compoñentes do grupo instrumental co seu DNI. - Relación de alumnos da escola de baile. - Breve historial da agrupación. 4.- TEATRO Para ser incluídos neste epígrafe, ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Programación para desenvolver e custo de montaxe. - Breve historial da agrupación. 5.- MÚSICA CLÁSICA, MÚSICA TRADICIONAL E VARIOS Música clásica: a.- Grupo A: grupos de cámara. b.- Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos. d.- Orquestras: as que teñan a distribución instrumental orquestral (corda e vento). Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Relación de compoñentes co seu DNI. - Breve historial da agrupación. 10.- SOLICITANTES DAS ACTUACIÓNS.- As entidades solicitantes, como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto coas agrupacións acollidas a este Plan Cultural para: concretar a data de actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou escenificación da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectuar a súa actuación sen impedimento ningún. 11.- PRAZO DE SOLICITUDES.- As peticións para actuacións destes grupos solicitaranse cunha antelación superior ós 30 días da data da súa celebración. Os adxudicatarios de cada actuación están obrigados a facer mención na propaganda e publicidade oral e escrita que confeccionen do patrocinio no acto da Deputación Provincial de Pontevedra, obriga que, de non cumprirse, deixaría sen efectos a concesión realizada. 12.- SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS ACTUACIÓNS.- A selección das actuacións determinarase aplicando os seguintes criterios: - Adecuación da actuación ó interese provincial 40% - Importancia e magnitude do ciclo ou acto a desenvolver 20% - Número posible de beneficiarios do evento 20% - Dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizar a actuación 20% 13.- VIXENCIA.- O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 2007, condicionado á existencia de consignación orzamentaria.” ------ Folla: 9.14748.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS A) De conformidade coa proposta presentada o 4 de xaneiro de 2007, polo cal a xefa do Servizo de Acción Social solicita permiso e axuda económica para que D. Antonio Torrón Casal, Coordinador do proxecto Vías Atlánticas, poida asistir, en comisión de servizo e representando a este Organismo Provincial, á “Presentación do referido proxecto na Feira Internacional de Turismo (FITUR)” que se celebrará o 31 de xaneiro de 2007 en Madrid, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das facultades que lle confire o artigo 61.12 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro e o artigo 105 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, conceder a D. Antonio Torrón Casal o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 74,80 euros, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación de detalla: Desprazamento: Saída e regreso o día 31 Pontevedra-Vigo-Pontevedra:.......... (coche propio) 11,40 € Autoestrada (ida e volta) 6,00 € Aparcamento aeroporto: 20,00 € TOTAL DESPRAZAMENTOS: 37,40 € Dietas: Día 31: (1 manutención) 37,40 € TOTAL DIETAS: ........... 37,40 € Ditas cantidades imputáranse á partida 07/911.453.230.01/05 de dietas por importe de 37,40 € e á 07/911.453.231.01/05 de locomoción por importe de 37,40 €, do vixente Presuposto provincial. B) De conformidade coa proposta de data 10 de xaneiro de 2.007, polo cal o xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico solicita permiso e axuda económica para que a funcionaria Dona Celia Soto Espiña poida asistir, representando a esta Excma. Deputación Provincial, ás Xornadas de traballo do Servizo de Tradución da Unión Europea, que terá lugar os próximos días 2 ó 10 de febreiro de 2.007 en Bruxelas (Bélxica), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dona Celia Soto Espiña o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 2.001,44 euros, co carácter de “a xustificar”, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación sinálase: (Saída 2 pola mañá e regreso día 10 antes 22:00 horas) Desprazamento: Pontevedra-Santiago-Pontevedra: (120 Km.) coche propio- 22,80 € Peaxe autoestrada: 10,00 € Avión: 300,00 € Taxi: (Aeroporto-Hotel-aeroporto) 100,00 € TOTAL DESPRAZAMENTO: 432,80 € Dietas: (coa consideración de Residencia Eventual) Día 02 (1 manutención + aloxamento: Bélxica) 231,39 € Días 03 ó 09 (80% dieta Bélxica): 7 días 1.295,78 € Día 10 (½ manutención Bélxica): 41,47 € TOTAL DIETAS. 1.568,64 € Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 07/454.451.230.01 de dietas por importe de 1.568,64 € e 07/454.451.231.01 de locomoción por importe de 432,80 € do vixente Presuposto provincial. ------ Folla: 10.14749.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO REFORMADO DO ESTUDO DE DETALLE “FINCA DO CARBALLO” CONCELLO DE REDONDELA Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Redondela, de data 15 de decembro de 2006 (rexistro de entrada 40261, de 20/12/06), na que remite, coas puntualizacións propostas, os planos núms. 6 e 8 en relación co proxecto reformado de urbanización do estudo de detalle “Finca do Carballo” do Concello de Redondela, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e Resultando que con data 17 de xullo de 2006 (rexistro de entrada núm. 25406, de 24/07/06), remítese o citado proxecto. Resultando que con data 3 de agosto (rexistro de saída núm. 10974, de 07/08/06) polo Servizo de Vías e Obras, remítese escrito ó citado concello no que fai diversas puntualizacións o citado proxecto. Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 12 de xaneiro de 2006, que literalmente di: “Recibidos para informe los planos núms. 6 y 8 del “Proyecto reformado del estudio de detalle Finca do Carballo-Redondela” y revisados los mismos, entendemos que contemplan las condiciones impuestas en el escrito de fecha 3 de agosto de 2006, por lo que se emite informe favorable”. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de Redondela. ------ Folla: 11.14750.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.14751.- APROBACIÓN DO BAREMO DO PROGRAMA PROVINCIAL DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA 2007 Como queira que o Servizo de Teleasistencia Domiciliaria, nacido dun Convenio de Colaboración subscrito en 1999 entre a FEMP, o IMSERSO e a Deputación de Pontevedra, é un dos instrumentos fundamentais da atención ás persoas dependentes, que contará cunha dotación orzamentaria no exercicio 2007 de 130.771,00 euros, dado que o servizo chegou a cuadruplicar o número de usuarios do mesmo nos catro últimos anos, excedendo xa a demanda xurdida da cobertura orzamentaria, e á vista do traballo de baremaxe do citado servizo, levado a cabo polo departamento de acción social coa finalidade de priorizar, con criterios obxectivos, as solicitudes máis apremiantes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Baremo do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria que presta esta Deputación Provincial, en base ós seguintes criterios: a)Índice das actividades da vida diaria. b)Situación Sociofamiliar. c)Condicións físicas do entorno. d)Situación Sanitaria. e)Situación psicolóxica. f)Idade. g)Situacións especiais distintas das enumeradas nos apartados anteriores, cuxo cadro de puntuación se acompaña no expediente. Os cadros de puntuación son os seguintes: “REQUISITOS ECONÓMICOS PARA SER BENEFICIARIO/A DO PROGRAMA DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA CONVIVENCIA INGRESOS TOTAIS Marcar cunha (descontando o pago de aluguer da vivenda ou amortización) X Persoa que vive soa. Inferiores ou iguais ó 120% do SMI mensual vix

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición