Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2007-10-03_Ordinaria. Acta de sesión 2007/10/03_Ordinaria
Acta de sesión 2007/10/03_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/3.2007-10-03_Ordinaria
Título Acta de sesión 2007/10/03_Ordinaria
Data(s) 2007-10-03 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e dez minutos do día tres de outubro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Xosé Crespo Iglesias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15434.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de setembro de 2007. ------ Folla: 2.15435.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A XUNTA DE GALICIA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA 2007 A Excma. Deputación de Pontevedra, tras a súa adhesión no ano 1998 ó Convenio Marco de 1993 subscrito entre o IMSERSO e a FEMP, e do Convenio entre a Xunta de Galicia e a Deputación do ano 1999, ven desenvolvemento dende hai anos ó Programa de Teleasistencia Domiciliaria, garantindo a atención de persoas que viven soas, ou con enfermidades crónicas ou minusvalías, e dado que se pretende nesta anualidade 2007, subscribir un novo Convenio de Colaboración coa Xunta de Galicia, neste senso, e á vista dos informes de 6 de xullo e 28 de setembro de 2007, emitidos polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor, e practicadas as correccións oportunas sinaladas en tales informes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para o desenvolvemento do programa de Teleasistencia Domiciliaria 2007, cun custo total de 373.632,00 €, dos que a Vicepresidencia da Xunta de Galicia achegará o 15%, o IMSERSO o 65% e o 20% restante entre Deputación, Concello e usuario, imputándose o gasto da Deputación á partida 07/313.313.227.20, onde existe unha retención de crédito de 130.771,00 euros. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA En Santiago de Compostela, REUNIDOS Dunha parte: A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, representada pola Sra. D.ª María Jesús Lago Vilaboa, Secretaria Xeral do Benestar, en virtude do seu nomeamento polo Decreto 360/2005, do 18 de agosto, e do disposto polo Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade do Benestar, e pola orde de 19 de setembro de 2005, sobre delegación de competencias no Secretario Xeral e de Relacións Institucionais e noutros órganos da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e no exercicio das facultades atribuídas no artigo 34 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de marzo de 1991. Doutra parte: A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, representada polo seu Presidente, O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, actuando en virtude das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. As partes intervenientes recoñécense reciprocamente competencia e capacidade suficiente para a formalización do presente convenio con base no principio de liberdade de pactos e de colaboración entre as distintas Administracións Públicas e, a estes efectos. EXPOÑEN Primeiro.- A Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no artigo 27.23 do Estatuto de Autonomía de Galicia, en consonancia coa habilitación competencial outorgada ás Comunidades Autónomas polo artigo 148.1.20º da Constitución Española, ten competencia exclusiva en materia de asistencia social, polo que, na súa virtude, aprobouse a Lei 4/1993, do 14 de abril, de Servizos Sociais. De conformidade coa distribución competencial que a citada norma establece, á Administración Autonómica correspóndelle a competencia de planificación e programación xeral dos servizos, ordenando e coordinando a súa actuación cos distintos organismos e demais entidades prestadoras de servizos sociais coa finalidade de atender de forma global e ordenada as necesidades dos cidadáns, procurando un maior rendemento dos recursos dispoñibles, acadando a cobertura total no territorio autonómico, evitando os desequilibrios territoriais. De conformidade co disposto no Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, este é o departamento da Xunta de Galicia ó que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia de acción social. Segundo.- A estrutura do estado autonómico deseñada na Constitución Española supón a garantía de autonomía de todas as Administracións Públicas Territoriais, solidariedade e mailo funcionamento coordenado de todas elas. Recollendo este principio, e de conformidade co disposto pola Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, establece como competencias propias das Deputacións Provinciais a garantía da prestación integral e axeitada na totalidade do territorio provincial dos servizos sociais de atención primaria municipais, proporcionando apoio ós concellos para o funcionamento de ditos servizos sociais, especialmente ós de menos de 20.000 habitantes, así como a colaboración coa Administración Autonómica no exercicio das facultades de planificación, programación e asesoramento técnico e financeiro nos distintos equipamentos e programas. Terceiro.- Para o cumprimento dos seus obxectivos, segundo o Decreto 240/1995, do 28 de xullo, regulador dos servizos sociais de atención primaria, estes executarán programas básicos de actuación, entre os que se atopa o de axuda no fogar, que presta unha serie de actuacións ós cidadáns no seu propio domicilio, facilitando a permanencia no seu contorno de convivencia nos casos nos que se teña limitada a autonomía persoal. Cuarto.- A Teleasistencia Domiciliaria é un servizo, dentro do programa de axuda no fogar, que a través da liña telefónica e cun equipamento de comunicacións e informático específico, persegue o obxectivo fundamental de contribuír a lograr a permanencia de persoas vulnerables no seu medio habitual de vida. Facilitando o contacto co seu entorno socio-familiar e asegurando a intervención inmediata en crises persoais, sociais ou médicas, evitando ingresos innecesarios en centros residenciais. Quinto.- O Instituto do Maior e de Servizos Sociais (IMSERSO) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) asinaron un convenio marco no ano 1993 para o desenvolvemento dun Programa de Teleasistencia Domiciliaria, ó que subscribiu a súa adhesión a Deputación Provincial de Pontevedra mediante un acordo asinado no ano 1998 para financiar e xestionar a súa aplicación nos concellos da provincia, a solicitude das Corporacións Locais interesadas. Sexto.- No deseño e a posta en marcha deste programa de teleasistencia domiciliaria entre a administración estatal, representada polo IMSERSO, e as administracións locais, representadas pola FEMP, obviouse o feito de que as competencias en materia de asistencia social lles corresponden con carácter exclusivo ás comunidades autónomas, de conformidade co artigo 148.1.20 da Constitución Española e o establecido nos diferentes Estatutos de Autonomía (art. 27.23 do Estatuto de Autonomía de Galicia). No obstante, no pasado exercicio 2006 a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, para os fins de garantir a continuidade do programa de teleasistencia domiciliaria e evitar danos ás persoas usuarias, acordou darlle continuidade á liña de colaboración financeira coas Deputacións Provinciais que, mediante a sinatura de convenios, ven desenvolvendo a Xunta de Galicia dende o ano 1999 para o financiamento do 15% do custo total anual do desenvolvemento do programa de teleasistencia domiciliaria. Sétimo.- O custo total por persoa e mes desta prestación técnica incluída no programa de axuda no fogar ascende a 22,24 euros, dos que o IMSERSO viña asumindo o 65 %, a Xunta de Galicia ( a través da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar) un 15 %, e o 20 % restante a Deputación Provincial, os concellos e os usuarios do servizo. Oitavo.- No presente ano 2007 a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar está a tramitar a posta en marcha dun programa autonómico de teleasistencia con cobertura para todo o territorio galego, coa idea de reconducir o actual programa “provincial” de teleasistencia ó reparto de competencias en materia de servizos sociais establecido na normativa vixente, superando un sistema dos convenios IMSERSO-FEMP-Deputación que vulnera as competencias autonómicas na materia. No obstante, respectando os principios de responsabilidades, de lealdade institucional, de boa fe e de confianza lexítima que deben inspirar as actuacións das administracións públicas, segundo se deduce dos artigos 9.3 e 103 da Constitución e 3 e 4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, esta administración autonómica non vai suprimir subitamente a colaboración financeira coas deputacións provinciais galegas para o desenvolvemento da teleasistencia domiciliarias, senón que para os efectos de garantir a continuidade na prestación deste servizo, en tanto non entre en funcionamento o novo programa autonómico de teleasistencia (o que está previsto ó longo do presente exercicio orzamentario), a Vicepresidencia mantén a referida colaboración financeira durante o exercicio orzamentario 2007, de conformidade cos dous seguintes criterios: • En ningún caso se vai financiar máis do 15% do custo total do desenvolvemento do programa para o ano 2007 segundo o establecido na correspondente prórroga do convenio IMSERSO-FEMP-Deputación. • En ningún caso se vai superar a contía achegada a cada deputación para esta finalidade o pasado exercicio 2006, toda vez que tampouco ten sentido fomentar o crecemento dun sistema articulado sen base competencial e que se pretende cambiar a curto prazo. Con base nas consideracións expostas as partes intervenientes, co obxecto de instrumentar a súa colaboración, formalizan o presente convenio consonte ás seguintes, CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Obxecto. Este convenio ten por obxecto establecer os termos de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Deputación Provincial de Pontevedra, para o desenvolvemento do programa de Teleasistencia Domiciliaria na provincia de Pontevedra. SEGUNDA.- Contido. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Deputación Provincial de Pontevedra consideran necesario garantir a cobertura de atención do programa de Teleasistencia Domiciliaria, tendo en conta as demandas recibidas e os excelentes resultados que reporta a atención, en casos de emerxencia, ás persoas que estean todo ou a maior parte do tempo soas e teñan a súa autonomía persoal limitada, para que se poidan manter o maior tempo posible no seu propio contorno social. Dese xeito, poden preverse os factores de risco en colectivos especialmente vulnerables, como son as persoas maiores, con discapacidades e limitacións funcionais, e os enfermos crónicos, entre outros. TERCEIRA.- Presuposto. Tendo en conta o importante labor que se está a desenvolver a través do programa de Teleasistencia Domiciliaria, e para o fin de garantir a súa continuidade, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar comprométese, para o ano 2007, a colaborar coa Deputación Provincial de Pontevedra no financiamento deste programa pola contía de 56.044,80 €, con cargo a aplicación orzamentaria 05.31.313C.460.2, sen superar en ningún caso o 15% do custo total do desenvolvemento do programa para o ano 2007 segundo o establecido na correspondente prórroga do convenio IMSERSO-FEMP-Deputación e sen superar a contía achegada a cada deputación para esta finalidade no pasado exercicio 2006, segundo o reflectido na seguinte táboa: Nº máximo de terminais nos 12 meses 16.800 terminais Custo total en 2007 (22,24 euros por terminal) 373.632,00 euros Achega da Vicepresidencia para 2007 (15%) 56.044,80 euros O importe restante correspondente ó custo total do desenvolvemento do programa (85%) será cofinanciado polo IMSERSO e a Deputación (podendo participar tamén concellos e usuarios), segundo os acordos que se establezan polas ditas entidades públicas. CUARTA.- Rexistro de subvencións e publicidade. A Deputación Provincial de Pontevedra autoriza, coa formalización do presente convenio, que se inclúan e fagan públicos os datos relativos á achega económica outorgada por medio do presente convenio nos rexistros públicos regulado polo Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2006, de conformidade coas previsións normativas de publicidade establecidas pola Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na administración autonómica galega. A deputación provincial tamén queda obrigada a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas. QUINTA.- Pagamentos. Respecto á forma de pagamento, estarase ó disposto na Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e presuposto de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. A Dirección Xeral de Acción Social librará a súa achega á Deputación Provincial, previa xustificación mediante a correspondente certificación do gasto. A dita certificación acreditará debidamente os gastos realizados durante o período correspondente, e terá que acompañarse da certificación do órgano correspondente da Vicepresidencia, relativa ó cumprimento do obxecto do convenio. Ata o 80 % da contía total concedida, o pagamento poderá facerse efectivo mediante libramentos parciais a conta da liquidación definitiva, a medida en que a Deputación Provincial xustifique os gastos realizados na forma prevista anteriormente. Antes de facer efectivo o 20 % restante a entidade deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas (tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto, obxecto deste convenio) das distintas Administracións Públicas competentes ou de calquera dos seus organismos. Así mesmo, deberá presentar certificación do cumprimento das actividades obxecto do convenio, sen prexuízo da presentación doutro tipo de documentación regulamentariamente establecida de acordo coa normativa sinalada. SEXTA.- Vixencia. O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, estendendo os seus efectos dende o día 1 de xaneiro de 2007, e terá vixencia ata o 31 de decembro do mesmo ano, prevíndose un número de 1.400 usuarios mensuais no programa de teleasistencia domiciliaria no ano 2007. SÉTIMA.- Causas de resolución. Serán causas de resolución do presente convenio que darán lugar, no seu caso, ó reintegro das cantidades indebidamente percibidas, incrementadas co interese legal do diñeiro de acordo coa normativa vixente: - O incumprimento dalgunha das estipulacións contidas nas cláusulas do mesmo. - A aplicación dos fondos outorgados no convenio para fins distintos dos que motivaron a súa concesión. - A falta de xustificación do emprego das cantidades recibidas. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. OITAVA.- Natureza. O presente convenio terá carácter administrativo, rexéndose os seus efectos polo establecido nas cláusulas do mesmo, e no seu defecto, polos principios xerais establecidos polo texto refundido da Lei de contratos das Administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de conformidade co establecido no artigo 3.2, e, no que sexa aplicable polo Texto refundido da Lei de Réxime financeiro e orzamentario (artigos 78 e 79), aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e polo previsto na normativa básica da Lei estatal 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. En virtude da súa natureza administrativa, as cuestións litixiosas que xurdan na aplicación, interpretación e cumprimento do presente convenio será competencia da xurisdición contencioso administrativa. En proba de conformidade de canto antecede, asinan o presente convenio as partes intervenientes no lugar e data sinalada no seu encabezamento. A Secretaria Xeral do Benestar O Presidente da Excma. Deputación (P. D. Orde do 19 de setembro de 2005) Provincial de Pontevedra Asdo. Dona Mª Jesús Lago Vilaboa Asdo. Don Rafael Louzán Abal” ------ Folla: 3.15436.- APROBACIÓN DUNHA SUBVENCIÓN A FAVOR DA ONGD “INTI” DE GONDOMAR, PARA O PROXECTO “SENSIBILIZACIÓN E FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO”, DENTRO DA CONVOCATORIA 2007 DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS Aprobado pola Xunta de Goberno de 26 de xaneiro de 2007, as Bases Reguladoras das Subvencións para Asociacións de Servizos Sociais Especializados, publicadas as mesmas no B.O.P. nº28 de 08/02/07, aprobadas as subvencións desta tipoloxía pola Xunta de Goberno de 22/07/07 cun importe total de 215.226,00 €, e presentada solicitude o 24/07/07 pola O.N.G.D. “INTI” de Gondomar para o proxecto “Sensibilización e Formación do Voluntariado”, á vista do informe de 30 de agosto do presente ano emitido pola Traballadora social e con arranxo o ditame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a subvención de 2.100,00 €, a favor da O.N.G.D. “INTI” de Gondomar, para o Proxecto “Sensibilización e Formación do Voluntariado”, con cargo á partida 07/313.313.480.02 do vixente presuposto, dentro da Convocatoria de Subvencións para Asociacións de Servizos Sociais Especializados, ano 2007. ------ Folla: 4.15437.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: ESMALTES HERNÁNDEZ, S.L. (NIF 00.029.216- Y) • A constituída en metálico, por importe de mil oitocentos setenta e seis euros con catro céntimos (1.876,04 €), para responder do subministro de 28 colares corporativos para entregar ós membros da nova corporación provincial, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30/05/2007 con número de operación 200700045801, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TALLERES FONTIÑAS, S.L. (NIF B- 36.234.979) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento noventa euros con corenta céntimos (1.190,40 €), para responder do subministro e colocación de 24 farois para a iluminación do parque e anexos do castelo de Soutomaior, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/05/2006 con número de operación 200600045938, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GESTIFOR GALICIA, S.L. (NIF B- 36.497.949) • A constituída en metálico, por importe de catro mil trescentos trinta e sete euros con sesenta céntimos (4.337,60 €), para responder da organización e impartición das actividades do programa social “Pensa en ti”, zonas 2 e 3, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/04/2007 con número de operación 200700031323, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MONTES, S.L.- COMERCIAL TÉCNICA DE OFICINAS (NIF B- 36.045.151). • A constituída en valores, mediante aval de BANCO SABADELL, por importe de mil seiscentos sesenta e un euros con vinte e cinco céntimos (1.661,25 €), para responder do subministro de mobiliario para o centro integral de atención de emigrantes retornados e emigrantes do “Proxecto Cidade +”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/06/2006 con número de operación 200600054690, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L. (NIF B- 36.290.963) • A constituída en valores, mediante aval de HCC EUROPE, por importe de tres mil cincocentos corenta e nove euros con corenta e cinco céntimos (3.549,45 €), para responder do reformado do centro social e deportivo da comunidade de montes de Berducido-Xeve (Pontevedra), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/06/2005 con número de operación 200500064508, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS Y CONSTRUCCIONES SISAN, S.L. (NIF B- 36.360.501) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de catro mil setecentos setenta e dous euros con noventa e sete céntimos (4.772,97 €), para responder do reformado e ampliación de laboratorios na finca Areeiro, correspondente á parte da empresa OCS, S.L., e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/03/2004 con número de operación 200400019145, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ALVAC, S.A. (NIF A- 40.015.851) • A constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de mil cento noventa e nove euros con sesenta céntimos (1.199,60 €), para responder da redacción do proxecto de pavimentación e mellora da variante de Prado (Lalín), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 26/03/2004 con número de operación 200400023953, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ELAYCO, S.L. (NIF B- 82.008.640) • A constituída en valores, mediante aval de ACC, por importe de mil trescentos vinte euros (1.320,00 €), para responder da asistencia técnica para a redacción dos proxectos de obra civil para instalar depuradoras de augas residuais incluídas no proxecto Deputrans correspondentes á zona núm. 2 (As Neves, Covelo e Mos), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/04/2005 con número de operación 200500038328, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 5.15438.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE ARCOS DA CONDESA (CALDAS DE REIS), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “CONSTRUCIÓN CEMITERIO PÚBLICO LOCAL (FORMACIÓN LOUSA-CIMENTACIÓN DE NICHOS), INCLUÍDA NO PAM/06 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude da Entidade Menor de Arcos da Condesa (Caldas de Reis), pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/06, co núm. 248/460, denominada “Construción cemiterio público local (formación de lousa-cimentación de nichos)”, subvencionada con 30.000,00 euros. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2008, con carácter improrrogable. ------ Folla: 6.15439.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE CUNTIS, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “SANEAMENTO DE BRAGAÑA E VELAI”, INCLUÍDA NO PAM/06 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do concello de Cuntis, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAM/06, co núm. 27/446, denominada “Saneamento de Bragaña e Velai”, subvencionada con 84.196,45 euros. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2008, con carácter improrrogable. ------ Folla: 7.15440.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE CUNTIS, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “INSTALACIÓN DE ESTACIÓN DEPURADORA NO NÚCLEO RURAL DE FONTECOVA”, INCLUÍDA NO PSA/06 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a solicitude do concello de Cuntis, pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PSA/06, co núm. 6/819, denominada “Instalación de estación depuradora no núcleo rural de Fontecova”, subvencionada con 20.116,63 euros. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2008, con carácter improrrogable. ------ Folla: 8.15441.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 28 de setembro de 2007, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200700000926 e que conten trinta e nove facturas, sendo a primeira de Talleres Fernández Franco, S.L. por importe de 2.457,03 euros e a derradeira de Pafotráns, S.L. por importe de 3.324,88 euros, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 61.946,73 € Descontos do IRPF 0 € Descontos do IVE soportado deducible 0 € Total líquido 61.946,73 € ------ Folla: 9.15442.- COMUNICACIÓNS Queda enterada do escrito do Secretario da Comisión Territorial da Consellería de Cultura e Deporte, Delegación Provincial de Pontevedra, rexistro de entrada 32925 de data 28/09/07, polo que se manifesta, de conformidade co art. 4.2. do Decreto 39/2007, que o representante da Deputación na Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra será convocado sempre que a citada comisión trate calquera asunto promovido pola Deputación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.15443.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS: “BEIRARRÚAS EN TOMIÑO, 2ª FASE” E “BEIRARRÚAS EN O CASTRO (SILLEDA)” Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de Diversas obras; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Técnico do Servizo de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu o concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. - Adxudicar a XESTION AMBIENTAL DE CONTRATAS, S.L. a obra de “Dotación de beirarrúas en O Castro E.P. 6502 Silleda-Castro-Merza (Silleda)” na suma de 117.512,76 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución dun mes e quince días, melloras valoradas en 6.000,00 €, un período de mantemento de corenta e oito meses e o 3 % do presuposto de execución material para control de calidade. 2. - Adxudicar a NAROM, S.L. a obra de “Beirarrúas en Tomiño, 2ª fase” na suma de 406.299,24 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 34.328,24 €, un período de mantemento de corenta e oito meses e o 3% do presuposto de execución material para control de calidade. Así mesmo, de acordo co referido informe técnico, a adxudicataria da obra nº 1 depositará unha garantía definitiva por importe do 20% do prezo da adxudicación, de acordo co establecido no art. 36.4 do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, toda vez que, aínda que a súa oferta alcanza a máxima puntuación, incorre en baixa temeraria. O adxudicatario da obra nº 2 constituirá unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que depositará na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non se cumprir este requisito declararase resolto o contrato. Cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 98,84 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G. que ascendeu un total de 414,42 €. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.15444.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS, SERVIZOS E ALUMEADO E.P. 8503 CORDEIRO-SENIN (VALGA)” Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación da obra “Dotación de beirarrúas, servizos e alumeado en E.P. 8503 Cordeiro-Senín (Valga)”; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Técnico do Servizo de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu o concurso e no que propón a adxudicación da obra a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A., empresa que con XESTIÓN AMBIENTAL DE CONTRATAS, S.L., ELSAMEX, S.A. E CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. atópase na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas, e que aínda que non alcanza a máxima puntuación está na actualidade a executar traballos de ensanche e mellora de trazado na devandita estrada, coñece toda a problemática relacionada coa cesión de terreos por parte dos propietarios afectados, e que sería a única empresa que está en condicións de axustar os traballos das dúas obras, evitando interferencias, rozamentos, discusións, paróns, etc. que se producirían en caso de adxudicarse a outra empresa distinta que, en definitiva, repercutiría nunha peor calidade da obra así como unha ampla demora no prazo de execución; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra de “Dotación de beirarrúas, servizos e alumeado en E.P. 8503 Cordeiro-Senín (Valga)” na suma de 436.496,75 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 33.378,07 €, un período de mantemento de trinta e oito meses e o 2,00% do presuposto de execución material para control de calidade. O adxudicatario constituirá unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que depositará na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non se cumprir este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, a empresa adxudicataria debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 367,60 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.15445.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA “ACCESO DE UMA A E.P. 4304 MEIROL-ENLACE AUTOVIA (SALVATERRA DE MIÑO) Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación da obra “Acceso de Uma a E.P. 4304 Meirol-Enlace Autovía (Salvaterra de Miño)”; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Técnico do Servizo de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu o concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a NAROM, S.L. a obra de “Acceso de Uma a E.P. 4304 Meirol-Enlace Autovía (Salvaterra de Miño)” na suma de 190.606,17 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 14.591,68 €, un período de mantemento de trinta e oito meses e o 3,00% do presuposto de execución material para control de calidade. Así mesmo, de acordo co referido informe técnico, a adxudicataria depositará unha garantía definitiva por importe do 20% do prezo da adxudicación, de acordo co establecido no art. 36.4 do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, toda vez que, aínda que a súa oferta alcanza a máxima puntuación, incorre en baixa temeraria. A empresa adxudicataria debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 369,34 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.15446.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DE “DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE SANXENXO” Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de Diversas obras a executar mediante convenio co Concello de Sanxenxo; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Técnico do Servizo de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu o concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar a SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. a obra de “Urbanización rúa Sanxenxo” na suma de 1.352.221,93 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de cinco meses, melloras valoradas en 159.990,61 €, un período de mantemento de corenta e oito meses e o 2,50% do presuposto de execución material para control de calidade. 2.- Adxudicar a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra de “Mellora de trazado e capa de rodadura E.P. 9201 Sanxenxo-Bordóns” na suma de 3.147.467,61 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de seis meses, melloras valoradas en 157.243,57 €, un período de mantemento de corenta e oito meses e o 3% do presuposto de execución material para control de calidade. A adxudicación e execución das referidas obras queda condicionada a que pola Xunta de Galicia se decrete a urxente ocupación dos terreos necesarios para a súa realización. Os adxudicatarios constituirán unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que depositará na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non se cumprir este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario deberá ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 207,21 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G. que ascendeu un total de 414,42 €. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.15447.- PRÓRROGA DE DÚAS BOLSAS DE INVESTIGACIÓN PARA O SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO De conformidade coas propostas de data 13 de setembro de 2007 do Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, e tendo en conta o satisfactorio labor que veñen desempeñando as bolseiras nos seus traballos de investigación en dito Servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do establecido nas Bases das convocatorias publicadas no BOP nº 153, de 10 de agosto de 2005, prorrogar estas bolsas a Dna MARTA LUCIO GÓMEZ e Dna. MARÍA ROMINA BLANCO GONZÁLEZ, con efectos 16 de outubro de 2007 e ata o 15 de outubro de 2008. A dotación económica destas bolsas ascenden a 841,41 €/mes cada unha, o cal supón un custo, a efectos económicos e para este exercicio 2007 dun total de 4.234,12 €, cantidade que se imputará á partida 07/454.451.481.01 do vixente presuposto provincial. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.15448.- MODIFICACIÓN DO ORZAMENTO DA OBRA “ABASTECEMENTO DE AUGA DOS NÚCLEOS DE ARANTEI, CABREIRA E ALXÉN”, DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO, INCLUÍDA NO PSA/2006-08, APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE 21 DE ABRIL DE 2006 Vista a petición do Concello de Salvaterra de Miño, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar o presuposto da obra nº98-101-94 “Abastecemento de auga dos núcleos de Arantei, Cabreira e Alxén”, incluída no PSA/06-08, cun presuposto de 28.800,00 €, sendo o importe do novo presuposto de 29.816,64, quedando suxeita ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno nº12.13922, de 21 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas ó Concello de Salvaterra de Miño con cargo ó PSA/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006 Orzam. Subv. Orzam. Subv. Orzam. Subv. -2008 TOTAL TOTAL TOTAL Total Subv. Abastecemento de augas do núcleo de Lodeiro 11.352,06 2.277,81 4.336,75 1.303,37 7.917,93 Abastecemento de augas do núcleo de Fornelos 27.750,00 4.555,62 8.673,44 7.653,72 20.882,78 Abastecemento de augas do núcleo de Meder 26.910,00 4.555,62 8.673,44 6.813,72 20.042,78 Abastecemento de augas dos núcleos de Arantei, Cabreira e Alxén 29.816,64 4.555,62 8.673,44 8.703,72 21.932,78 Abastecemento de augas do núcleo de Castelo 28.800,00 4.555,61 8.673,44 8.703,72 21.932,77 124.628,70 20.500,28 39.030,51 33.178,25 92.709,04 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.15449.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº39.15293 DA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07 Aprobado pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 18/07/07 ó Convenio de colaboración entre Deputación de Pontevedra e Cruz Vermella para o desenvolvemento do Programa “Sen Violencia-Convivencia, ano 2007”, para educación de alumnos de 5º e 6º de primaria e 2º e 3º da E.S.O., nos valores da convivencia pacífica e da tolerancia, cun presuposto de 30.000,00 € e comprobado o erro no citado acordo en relación coa designación da partida orzamentaria destinada a tal gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade corrixir o erro no acordo nº 39.15293 da Xunta de Goberno de 18/07/07, sobre aprobación do Convenio entre Deputación de Pontevedra e Cruz Vermella para desenvolvemento do Programa “Sen Violencia-Convivencia, ano 2007”, no senso de que onde di: “cunha dotación orzamentaria provincial de 30.000,00 €, con cargo á partida 07/313.313.462.05”, debe dicir “cunha dotación orzamentaria provincial de 30.000,00 €, con cargo á partida 07/313.313.480.02”. ------ Folla: 17.15450.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------
Ãrea de notas
Nota