Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2007-11-28_Ordinaria. Acta de sesión 2007/11/28_Ordinaria
Acta de sesión 2007/11/28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/3.2007-11-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2007/11/28_Ordinaria
Data(s) 2007-11-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e cinco minutos do día vinte e oito de novembro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal e o señor deputado D. Xosé Crespo Iglesias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15604.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 21 de novembro de 2007. ------ Folla: 2.15605.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07, A FAVOR DE DONA Mª LUZ CERDEIRA DURÁN, VECIÑA DO CONCELLO DE A LAMA Aprobada pola Xunta de Goberno de 18/07/2007 unha subvención de 4.008,25 €, en favor de Dona Mª Luz Cerdeira Durán, veciña do concello de A Lama, para arranxo da súa cociña, dentro da convocatoria 2007 de subvencións para mellora das condicións de habitabilidade das vivendas, e solicitada pola citada beneficiaria, unha prórroga, ante a imposibilidade de rematar obras no tempo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 29 de febreiro de 2008, para a subvención de arranxo de vivenda, aprobada pola Xunta de Goberno de 18/07/2007, en favor de Dona Mª Luz Cerdeira Durán, veciña do concello de A Lama, polo importe de 4.008,25 €. ------ Folla: 3.15606.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07, A FAVOR DE DONA Mª JESÚS GÓMEZ ALONSO, VECIÑA DO CONCELLO DE A LAMA Aprobada pola Xunta de Goberno de 18/07/2007 unha subvención polo importe de 3.692,31 €, en favor de Dona Mª Jesús Gómez Alonso, veciña do concello de A Lama, para arranxo de tellado na súa casa, e solicitada o 16/11/2007 pola citada beneficiaria da subvención, unha prórroga ante a imposibilidade de rematar a obra no prazo previsto por causas alleas a súa vontade, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 29 de febreiro de 2008, para a subvención de arranxo de vivenda, que polo importe de 3.692,31 € aprobou a Xunta de Goberno de 18/07/2007, en favor de Dona Mª Jesús Gómez Alonso, veciña do concello de A Lama. ------ Folla: 4.15607.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07, A FAVOR DE DONA PILAR VARELA CARMUEGA, VECIÑA DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS Aprobada pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial unha subvención polo importe de 3.935,71 €, en favor de Dona Mª Pilar Varela Carmuega, veciña do concello de Ponte Caldelas, para construción dun cuarto de baño e dunha fosa séptica para a súa vivenda; e solicitada, o 15/11/2007 pola citada beneficiaria da subvención, unha prórroga pola imposibilidade de rematar obras no prazo previsto por causas alleas a súa vontade, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata ó 31 de maio de 2008, respecto á subvención para arranxo de vivenda, que aprobou a Xunta de Goberno de 18/07/2007, polo importe de 3.935,71 € en favor de Dona Mª Pilar Varela Carmuega, veciña do concello de Ponte Caldelas. ------ Folla: 5.15608.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07, A FAVOR DE DONA SONIA GONZÁLEZ PÉREZ, VECIÑA DO CONCELLO DE SANXENXO Aprobada pola Xunta de Goberno de 18/07/2007 unha subvención de 2.533,07 €, en favor de Dona Sonia González Pérez, veciña do Concello de Sanxenxo, para arranxo da súa vivenda; e comunicada pola citada beneficiaria unha solicitude de prórroga, ante a imposibilidade de rematar as obras no presente ano, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga ata o 28 de febreiro de 2008, da subvención para arranxo de vivenda, concedida en favor de Dona Sonia González Pérez do concello de Sanxenxo, polo importe de 2.553,07 €. ------ Folla: 6.15609.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 22/06/07, A FAVOR DA “FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DE GALICIA” (FADENGA) E APROBACIÓN DO ANTICIPO DO 50% DA SUBVENCIÓN Aprobada pola Xunta de Goberno de 22/06/07 unha subvención de 1.625,00 €, en favor da Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia “FADENGA”, para unha actividade de apoio á incorporación ó mercado laboral de tales persoas; e solicitada por tal Federación unha prórroga para a execución das actividades, así coma un adianto do 50% da subvención, a vista dos informes emitidos pola Intervención e a Traballadora Social o 15/11/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de xaneiro de 2008, para a subvención de 1.625,00 €, en favor de FADENGA, e a aprobación do adianto do 50% da subvención concedida de acordo coas Bases de execución do presuposto provincial. ------ Folla: 7.15610.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICACIÓN DAS ACTUACIÓNS DO CONVENIO DE COLABORACIÓN APROBADO POLA XUNTA DE GOBERNO DE 20/04/07, A FAVOR DA ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN “XUNTOS” DE PONTEVEDRA, PARA PROXECTO DE LOGOPEDIA Aprobado pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación de Pontevedra do 20/04/07 o Convenio de Colaboración coa Asociación Síndrome de Down Xuntos Pontevedra para o desenvolvemento dun proxecto de logopedia dirixido a persoas co citado síndrome, cunha dotación orzamentaria de 15.000,00 € con cargo á partida 07/313.313.480.02, subscrito o mesmo o 16 de maio do ano en curso, e solicita o 14/11/2007 pola devandita asociación unha prórroga para a xustificación de tal convenio, pola imposibilidade de rematar a mesma no prazo establecido, á vista do informe emitido pola Xefa do Servizo de Acción Social, o 23/11/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 15 de xaneiro de 2008, para a realización das actuacións inherentes ó Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Síndrome de Down Xuntos Pontevedra, dirixido ó desenvolvemento dun proxecto de logopedia para persoas con Síndrome de Down, que fora aprobado pola Xunta de Goberno de 20/04/2007. ------ Folla: 8.15611.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A CONSERVATORIOS DE MÚSICA NON DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E DE TITULARIDADE PÚBLICA De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento a proposta de subvencións para Conservatorios públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitarias que se relacionan en anexo aparte, por un importe total de 152.194,00 €, con cargo á partida 07/451.422.462.04 – RC 200700049276. En función do disposto na base 25ª.8ª.2f das de execución do vixente presuposto provincial, para a xustificación das subvencións incondicionadas concedidas para o funcionamento de Institucións ou Entidades, deberá remitirse por parte do Concello “Certificado acreditativo da toma de razón na contabilidade do Ente beneficiario”. Ditas subvencións son as que se relacionan a continuación: CIF / ASOCIACIÓN / CONCEPTO Concedido CONCELLO DE CAMBADOS P3600600E CONCELLO DE CAMBADOS 10.406,00 Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música TOTAL CONCELLO DE CAMBADOS (1) 10.406,00 CONCELLO DE CANGAS P3600800A CONCELLO DE CANGAS 15.285,00 Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música TOTAL CONCELLO DE CANGAS (1) 15.285,00 CONCELLO DA ESTRADA P3601700B CONCELLO DA ESTRADA 13.658,00 Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música TOTAL CONCELLO DA ESTRADA (1) 13.658,00 CONCELLO DE GONDOMAR P3602100D CONCELLO DE GONDOMAR 9.756,00 Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música TOTAL CONCELLO DE GONDOMAR (1) 9.756,00 CONCELLO DA GUARDA P3602300J CONCELLO DA GUARDA 16.260,00 Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música TOTAL CONCELLO DA GUARDA (1) 16.260,00 CONCELLO DE LALÍN G36160752 PATRONATO CULTURAL DE LALÍN 21.138,00 Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música TOTAL CONCELLO DE LALÍN (1) 21.138,00 CONCELLO DE PONTEAREAS P3604200J CONCELLO DE PONTEAREAS 19.512,00 Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música TOTAL CONCELLO DE PONTEAREAS (1) 19.512,00 CONCELLO DE REDONDELA G36062958 CONSERVATORIO MUNICIPAL DE MÚSICA DE REDONDELA 13.008,00 Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música TOTAL CONCELLO DE REDONDELA (1) 13.008,00 CONCELLO DE TUI P3605500B CONCELLO DE TUI 15.285,00 Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música TOTAL CONCELLO DE TUI (1) 15.285,00 CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA P3606000B CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA 17.886,00 Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música TOTAL CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA (1) 17.886,00 ------ Folla: 9.15612.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ESCOLAS DE MÚSICAS PÚBLICAS De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento a proposta de subvencións para Escolas de Música Públicas, oficialmente recoñecidas pola Xunta de Galicia que se relacionan en anexo aparte, por un importe total de 149.989,00 €, con cargo á partida 07/451.422.462.06 – RC 200700049275. En función do disposto na base 25ª.8ª.2f das de execución do vixente presuposto provincial, para a xustificación das subvencións incondicionadas concedidas para o funcionamento de Institucións ou Entidades, deberá remitirse por parte do Concello “Certificado acreditativo da toma de razón na contabilidade do Ente beneficiario”. Ditas subvencións son as que se relacionan a continuación: CIF / ASOCIACIÓN / CONCEPTO Concedido CONCELLO DE BAIONA P3600300B CONCELLO DE BAIONA 7.505,00 Gastos de funcionamento da Escola de Música TOTAL CONCELLO DE BAIONA (1) 7.505,00 CONCELLO DE CALDAS DE REIS P3600500G CONCELLO DE CALDAS DE REIS 8.314,00 Gastos de funcionamento da Escola de Música TOTAL CONCELLO DE CALDAS DE REIS (1) 8.314,00 CONCELLO DE CAMBADOS P3600600E CONCELLO DE CAMBADOS 8.083,00 Gastos de funcionamento da Escola de Música TOTAL CONCELLO DE CAMBADOS (1) 8.083,00 CONCELLO DE CANGAS P3600800A CONCELLO DE CANGAS 9.237,00 Gastos de funcionamento da Escola de Música TOTAL CONCELLO DE CANGAS (1) 9.237,00 CONCELLO DE CATOIRA P3601000G CONCELLO DE CATOIRA 4.272,00 Gastos de funcionamento da Escola de Música TOTAL CONCELLO DE CATOIRA (1) 4.272,00 CONCELLO DA ESTRADA P3601700B CONCELLO DA ESTRADA 6.928,00 Gastos de funcionamento da Escola de Música TOTAL CONCELLO DA ESTRADA (1) 6.928,00 CONCELLO DE FORCAREI P3601800J CONCELLO DE FORCAREI 4.849,00 Gastos de funcionamento da Escola de Música TOTAL CONCELLO DE FORCAREI (1) 4.849,00 CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES P3601900H CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES 3.464,00 Gastos de funcionamento da Escola de Música TOTAL CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES (1) 3.464,00 CONCELLO DE AGOLADA P3602000F CONCELLO DE AGOLADA 4.272,00 Gastos de funcionamento da Escola de música TOTAL CONCELLO DE AGOLADA (1) 4.272,00 CONCELLO DE MARÍN P3602600C CONCELLO DE MARÍN 6.928,00 Gastos de funcionamento da Escola de Música TOTAL CONCELLO DE MARÍN (1) 6.928,00 CONCELLO DE MOAÑA P3602900G CONCELLO DE MOAÑA 5.773,00 Gastos de funcionamento da Escola de Música TOTAL CONCELLO DE MOAÑA (1) 5.773,00 CONCELLO DE MONDARIZ P3603000E CONCELLO DE MONDARIZ 5.196,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE MONDARIZ (1) 5.196,00 CONCELLO DE MORAÑA P3603200A CONCELLO DE MORAÑA 4.272,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE MORAÑA (1) 4.272,00 CONCELLO DAS NEVES P3603400G CONCELLO DE AS NEVES 6.004,00 Gastos de funcionamento da Escola de Música TOTAL CONCELLO DAS NEVES (1) 6.004,00 CONCELLO DO PORRIÑO P3603900F CONCELLO DO PORRIÑO 9.237,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DO PORRIÑO (1) 9.237,00 CONCELLO DE PONTEAREAS P3604200J CONCELLO DE PONTEAREAS 8.083,00 Gastos de funcionamento da Escola de Música TOTAL CONCELLO DE PONTEAREAS (1) 8.083,00 CONCELLO DE REDONDELA G36062958 CONSERVATORIO MUNICIPAL DE MÚSICA DE REDONDELA 10.046,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE REDONDELA (1) 10.046,00 CONCELLO DE SANXENXO P3600021D CONCELLO DE SANXENXO 9.237,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE SANXENXO (1) 9.237,00 CONCELLO DE SILLEDA P3605200I CONCELLO DE SILLEDA 7.505,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE SILLEDA (1) 7.505,00 CONCELLO DE TUI P3605500B CONCELLO DE TUI 9.237,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE TUI (1) 9.237,00 CONCELLO DE VALGA P3605600J CONCELLO DE VALGA 5.196,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE VALGA (1) 5.196,00 CONCELLO DE VILA DE CRUCES P3605900D CONCELLO DE VILA DE CRUCES 6.351,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE VILA DE CRUCES (1) 6.351,00 ------ Folla: 10.15613.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de subvencións para Escolas de Música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro, oficialmente recoñecidas pola Xunta de Galicia que se relacionan en anexo aparte, por un importe total de 49.994,00 €, con cargo á partida 07/451.422.489.09 – RC 200700049265. En función do disposto na base 25ª.8ª.2f das de execución do vixente presuposto provincial, para a xustificación das subvencións incondicionadas concedidas para o funcionamento de Institucións ou Entidades, deberá remitirse por parte do Concello “Certificado acreditativo da toma de razón na contabilidade do Ente beneficiario”. Ditas subvencións son as que se relacionan a continuación: CIF / ASOCIACIÓN / CONCEPTO Concedido CONCELLO DE LALÍN G36041515 BANDA DE MÚSICA DE LALÍN 3.283,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE LALÍN (1) 3.283,00 CONCELLO DE MOS G36028827 CENTRO RECREATIVO E CULTURAL DE TORROSO 5.628,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE MOS (1) 5.628,00 CONCELLO DE PONTEVEDRA G36060796 ASOC. MÚSICO CULTURAL SAN MARTIÑO 5.159,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE PONTEVEDRA (1) 5.159,00 CONCELLO DE PONTEAREAS G36034148 BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE XINZO 3.470,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE PONTEAREAS (1) 3.470,00 CONCELLO DO ROSAL G36027928 AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL 5.816,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DO ROSAL (1) 5.816,00 CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS G36123313 ASOC. AMIGOS DE LA MÚSICA 4.221,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS (1) 4.221,00 CONCELLO DE SOUTOMAIOR G36033850 ASOC. MUSICAL ARTÍSTICA DE ARCADE 3.001,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE SOUTOMAIOR (1) 3.001,00 CONCELLO DE VIGO G36647055 ASOC. BANDA ESCOLA DE MÚSICA DE BEADE 5.628,00 Gastos de funcionamento da escola de música G36620854 SOCIEDAD CULTURAL Y DEPORTIVA ATLÁNTIDA DE MATAMÁ 6.097,00 Gastos de funcionamento da escola de música G36634137 UNIÓN MUSICAL DE CORUXO 3.470,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE VIGO (3) 15.195,00 CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA G36536373 ASOC. PRO-ESCOLA DE MÚSICA DO CONCELLO DE VILANOVA 4.221,00 Gastos de funcionamento da escola de música TOTAL CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA (1) 4.221,00 ------ Folla: 11.15614.- BASES DE CONCESIÓN DE “PREMIOS A DEPORTISTAS-2007” – GALA DO DEPORTE 2007 De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes e Xuventude, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de concesión de “Premios a deportistas 2007”-Gala do Deporte 2007, que son do seguinte teor: “BASES DE CONCESIÓN DE PREMIOS A DEPORTISTAS 2007 PRIMEIRA: Cada Delegación Provincial das distintas Federacións Deportivas Galegas, ou, no seu caso, as propias Federacións ou Clubs, proporán ós/ás dous/dúas candidatos/as que, ó seu criterio, sexan acredores da distinción a nivel provincial. Á proposta achegarán unha memoria explicativa dos méritos deportivos, valores humanos e outros de interese, que concorran en cada candidato/a, e todas aquelas outras circunstancias que, a nivel deportivo ou persoal, aconsellen efectuar a mesma. SEGUNDA: Poderán ser propostos/as, como candidatos/as, tódolos/tódalas deportistas naturais da provincia de Pontevedra. Os/as candidatos/as poderán ser tanto persoas físicas como Clubs. TERCEIRA: As distintas Delegacións Provinciais, ou no seu caso as Federacións ou Clubs, presentarán no Rexistro Xeral da Deputación, ata o día 28 de febreiro do 2008, a proposta dos/as candidatos/as, xunto co currículo de méritos de cada un deles/as e a memoria explicativa no que basee a súa proposta. CUARTA: Para designar ó/á Deportista máis destacado/a, nomearase un Xurado que estará integrado polos seguintes membros: Presidente: O titular da Deputación ou deputado no que delegue. Vogais: Oito representantes da Asociación de Prensa Deportiva. Seis Deputados/as provinciais, en representación dos Grupos da Corporación, na seguinte proporción: tres do Partido Popular, dous/dúas do PSOE e un/unha do BNG. Un/unha representante das Federacións Deportivas. Un/unha representante do Servizo de Deportes da Deputación Provincial de Pontevedra. Secretario: O titular da Corporación ou funcionario/a en quen delegue. A resolución do Xurado, así como a composición das persoas que o integran, farase público o mesmo día da súa celebración darase a coñecer a través dos medios de comunicación social e participaráselles ás diversas Federacións, ós/ás candidatos/as e ós/ás deportistas premiados/as. QUINTA: Á parte das nominacións formuladas polas Federacións e Clubs, o Xurado terá a facultade de propoñer nominacións. SEXTA: O Xurado designará, así mesmo, de entre os/as deportistas seleccionados/as ó que, polos seus méritos, considere como máis destacado/a do ano 2007, nomeando/a “DEPORTISTA PROVINCIAL DO ANO”. SÉTIMA: O Xurado designará “un premio especial” á Entidade ou Empresa que pola súa colaboración e axuda á promoción do deporte provincial sexa merecedora do mesmo. OITAVA: A entrega de distincións efectuarase no transcurso da “FESTA PROVINCIAL DO DEPORTE”, que, a tal fin, organizará a Deputación Provincial de Pontevedra, facéndose público, durante a mesma, o nome dos/as premiados/as.” ------ Folla: 12.15615.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE PONTE CALDELAS NO PAM/05, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº50/47, DENOMINADA “MELLORA EQUIPAMENTO PARQUES PÚBLICOS, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Vista a solicitude de aboo da certificación un/final do Concello de Ponte Caldelas, e á vista do informe de informe de intervención de data vinte e un do presente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de tinta e seis mil douscentos vinte e oito euros con noventa e tres céntimos (36.228,93 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911-762.45.2005, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº 50/47, denominada “Mellora equipamentos Parques Públicos”, incluída no PAM/05. ------ Folla: 13.15616.- MODIFICACIÓN DO ORZAMENTO DA OBRA “SANEAMENTO EN SAN MARTÍN”, DO CONCELLO DE O GROVE, INCLUÍDA NO PSA/2006-08, ANUALIDADE 2008, APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE 14/07/06 Vista a petición do concello de O Grove, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a modificación do presuposto da obra nº56 “Saneamento en San Martín”, incluída no PSA/06-08, anualidade 2008, cun presuposto de 63.044,75 €, sendo o importe do novo presuposto de 86.132,52 €, e quedando suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 12.13922, de 21 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas ó concello de O Grove con cargo ó PSA/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Orzam. Subv. Orzam. Subv. Orzam. Subv. Total Subvención Saneamento Terra de Porto 63.044,95 17.710,94 17.710,94 Rede de pluviais en terra de Porto 44.959,83 33.719,87 33.719,87 Saneamento en San Martín 86.132,52 28.663,89 28.663,89 63.044,95 17.710,94 44.959,83 33.719,87 86.132,52 28.663,89 80.094,70 ------ Folla: 14.15617.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DAS OBRIGAS DERIVADAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS 2006, A FAVOR DA AA.VV. BOUREANTE E DA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA DORNA “A MECA” Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 23 de febreiro de 2007, no que se conceden varias axudas económicas dentro do programa de axudas a embarcacións tradicionais – 2006, entre as que se atopan unha axuda económica por importe de 3.475,00 € a favor da Asociación de Veciños de Boureante, con CIF núm. G36178432 e domicilio na rúa 1ª Travesía A Seara, nº 23, CP 36994, do Concello de Poio, para instalación de motor no Galeón “Luisa”; e outra, por importe de 1.071,00 €, a favor da Asociación de Amigos da dorna “A Meca”, con CIF núm. G36200806 e domicilio na Avda. Hermanos Otero Goday, nº 13, CP 36980, do Concello do Grove, para motorización da dorna “Meca”. Visto o documento RC núm. de operación 200700003515 e os documentos D núm. 200747437 (por importe de 3.475,00 €, para instalación de motor no Galeón “Luisa”) e 200700047451 (por importe de 1.071,00 €, para motorización da dorna “Meca”); vistos os informes emitidos pola Intervención, do 19 de outubro de 2007, nos que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial destas obrigas pola Xunta de Goberno por xustificarse fóra de prazo; vistos os informes da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños, do 10/10/2007, e do enxeñeiro director do Servizo Agrario, do 23/10/2007; e vista a restante documentación xustificativa dos gastos que obra nos expedientes. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboo polo procedemento extraxudicial de crédito as seguintes obrigas, correspondentes ó Programa de Axudas ás Embarcacións Tradicionais do ano 2006, con cargo á partida 07/711.711.779.02.2006, documento RC núm. 200700003515 e documentos D núm. 200747437 (AA.VV. Boureante) e núm. 200700047451 (Asociación de Amigos da dorna “A Meca”): BENEFICIARIO CIF FINALIDADE Importe AA.VV. Boureante G36178432 Instalación de motor no Galeón “Luisa” 3.745,00 € Asociación de Amigos da dorna “A Meca” G36200806 Motorización da dorna “Meca 1.071,00 € ------ Folla: 15.15618.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DA OBRIGA DERIVADA DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA PARA OBRAS DE REHABILITACIÓN DO TELLADO DA SEDE SOCIAL DA CONFRARÍA DE PESCADORES “VIRGEN DEL ROSARIO” DE VILAXOAN Vista a Resolución Presidencial de 21 de decembro de 2006, na que se concede unha axuda de 38.000,00 € á Confraría de Pescadores “Virgen del Rosario” de Vilaxoan, con CIF núm. G36012854 e domicilio na rúa Rafael Pazos, nº 16, CP 36611 Concello de Vilagarcía de Arousa, para obras de rehabilitación do tellado da sede social da confraría, vista a documentación xustificativa do gasto; e visto o informe emitido pola Intervención, do 29 de outubro de 2007, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno por xustificarse fóra de prazo. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboo polo procedemento extraxudicial de crédito a obriga derivada da concesión dunha axuda á Confraría de Pescadores “Virgen del Rosario” de Vilaxoán, con CIF núm. G36012854, para obras de rehabilitación do tellado da sede social da confraría, por un importe global de trinta e oito mil euros (38.000,00 €) con cargo á partida 07/711.711.779.02.2006. ------ Folla: 16.15619.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE DIVERSAS OBRIGAS DERIVADAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2006 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 27 de outubro de 2006, no que se conceden as axudas correspondentes ó “Programa de axudas á pesca costeira artesanal 2006”. Vista a documentación xustificativa do gasto dos seguintes expedientes: Beneficiario / (CIF/NIF) / Dirección / Concepto /Axuda concedida / Axuda xustificada: José Manuel Otero Durán / (36036364X) / Avda. Camelias, 89 - 4ºD 36211 Vigo /Adquisición deVHF, sonda, radar e piloto / 2.206,00 € / 1.506,00 € José García Torres / (35199811J) / Lugar Costa, 10 - Campelo - Poio /Adquisición GPS-Plotter e unha grúa hidráulica / 2.387,32 € /2.387,32 € Alberto Martínez Casas / (35324597R) / Lugar Banda do Río, 7 - Campelo Poio / Adquisición GPS-Plotter / 500,00 € / 500,00 € José Manuel Agulla Piñeiro / (52493157G) / Castuelo - Cela, 57 Bueu / Adquisición de material de salvamento /476,40 € / 476,40 € Agulla y Agulla CB / (E-36360733) / Rúa Nova de Arriba, 95 - Beluso Bueu / Adquisición GPS-Plotter e material de salvamento / 649,20 € / 649,20 € Peniche Mar SL / (B-36453082) / Castuelo-Cela, 57 Bueu / Adquisición GPS-Plotter, radar, sonda e material de salvamento / 2.079,12 € / 2.079,12 € José Luis Piñeiro Patiño / (52496667H) / Costa de Figueiron, 2 - Beluso Bueu /Adquisición equipos auxiliares e material de salvamento / 1.491,20 € /1.491,20 € Estrella Porto Otero / (52498613D) / Sar, 14B - Beluso Bueu /Adquisición GPS-Plotter, VHF, un radar e unha sonda / 1.503,20 € / 1.422,00 € José M. Mascato Guillén / (35446011K) /Borreiros, 5 O Grove / Adquisición dun estibador de redes e un radar /1.900,00 € / 700,00 € Vistos os informes emitidos pola Intervención que fiscalizan o recoñecemento das obrigas relacionadas; e vistos os informes da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do enxeñeiro director do Servizo Agrario, ambos do 10/10/2007, así coma o ditame da Comisión Informativa de Pesca e Asuntos Mariños celebrada o 17 de outubro de 2007, nos que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno por xustificarse fóra de prazo. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboo polo procedemento extraxudicial de crédito as obrigas derivadas da concesión das axudas relacionadas a continuación, correspondentes ó “Programa de axudas á pesca costeira artesanal 2006”, con cargo á partida 07/711.711.779.02.2006 e nas condicións seguintes: Beneficiario / Concepto / finalidade (ADQUISICIÓN) / IMPORTE A PAGAR / Observacións José Manuel Otero Durán / (36.036.364-X) / VHF, sonda, radar e piloto / 1.506,00 € /Descóntanse 700 € porque non presenta factura da compra dun radar José García Torres / (35.199.811-J) / GPS-Plotter e unha grúa hidráulica / 2.387,32 € Alberto Martínez Casas / (35.324.597-R) / GPS-Plotter / 500,00 € José Manuel Agulla Piñeiro / (52.493.157-G) / Material de salvamento / 476,40 € Agulla y Agulla, C.B. / (E-36360733) / GPS-Plotter e material de salvamento / 649,20 € Peniche Mar, S.L. / (B-36453082) / GPS-Plotter, radar, sonda e material de salvamento / 2.079,12 € José Luis Piñeiro Patiño / (52.496.667-H) /Equipos auxiliares e material de salvamento / 1.491,20 € Estrella Porto Otero / (52.498.613-D) /GPS-Plotter, VHF, un radar e unha sonda / 1.422,00 € / Descóntanse 83,20 € porque non presenta factura da compra de material de salvamento José M. Mascato Guillén / (35.446.011-K) / Estibador de redes e un radar / 700,00 € Descóntanse 1.200,00 € porque non presenta factura da compra dun estibador de redes ------ Folla: 17.15620.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DA OBRIGA RELATIVA Á CERTIFICACIÓN 1 – FINAL DO PROXECTO DE “REPOSICIÓN DE PONTÓN E PAVIMENTOS E.P. 0205 ACCESO A MIRÓN (PONTE CALDELAS)” Visto o informe de Intervención, de data 15/11/2007, relativo á certificación nº 1 – Final de ESCAVACIONES – CONSTRUCIONES CALDEVERGAZO, S.L. correspondente á “Reposición de pontón e pavimentos E.P. 0205 acceso a Mirón (Ponte Caldelas)”, cuxo importe ascende á suma 44.874,83 €, no que se pon de manifesto a existencia de crédito suficiente na partida 07/511.511.612.01 para facer fronte ó gasto, e dado que non se seguiu o procedemento de contratación legalmente establecido, procede o recoñecemento extraxudicial da obriga, e de acordo coa base 17 – 1 das de execución do Presuposto Provincial de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: Á empresa ESCAVACIONES Y CONSTRUCIONES CALDEVERGAZO, S.L. (CIF B-36133916), con domicilio para os efectos de notificación, en Pontevedra, Caritel, 5 (Ponte Caldelas), a certificación nº 1 – Final por importe de 44.874,83 €, correspondente a “Reposición de pontón e pavimentos E.P. acceso a Mirón (Ponte Caldelas)”, cantidade que será librada con cargo á partida 07/511.511.612.01, con arranxo ó seguinte detalle: Euros EXCAVACIONES – CONSTRUCCIONES CALDEVERGAZO (CIF B-36133916) 44.874,83 € Subtotal 44.874,83 € Taxa dirección de obra 1.300,34 € Total descontos 1.300,34 € Importe líquido a percibir pola empresa 43.574,49 € ------ Folla: 18.15621.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 6 RELATIVA A OBRA “PROXECTO MODIFICADO DE MELLORA DE RODAXE E DOTACIÓN DE SERVIZOS E.P. ACCESO CEÁN (NIGRÁN) Vista a certificación núm. 6 relativa as obras do “PROXECTO MODIFICADO DE MELLORA DE RODAXE E DOTACIÓN DE SERVIZOS E.P. ACCESO A CEÁN (NIGRÁN)”, adxudicada no seu día a Empresa CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 16 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A.36.008.886) 07/511.511-612.02.2005 07/511-511-612.02.2006 (Deputación) 267.755,48 € CONCELLO 115.738,47 € SUBTOTAL ………. 383.493.95 € Taxa Técnicos Directores 11.112,55 € Control de calidade 1.389,07 € Seguridade e Saúde 1.389,07 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR …….. 369.603,26 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por cando trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 19.15622.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 3 RELATIVA A OBRA “MODIFICADO Nº1 INSTALACIÓN PARA KARTING (FORCAREI)” Vista a certificación núm. 3 relativa as obras do “MODIFICADO Nº1 INSTALACIÓN PARA KARTING (FORCAREI)”, adxudicada no seu día a Empresa CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 16 do mes de novembro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF. B-36.052.876) 07/123.452.622.01.2006 (Deputación) 171.607,96 € CONCELLO FORCAREI 42.901,99 € SUBTOTAL ………. 214.509,95 € Taxa Técnicos Directores Control de calidade Seguridade e Saúde TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR ……….. 214.509,95 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por cando trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 20.15623.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: ÁRIDOS DE CURRO (ARICUR), S.L. (NIF B- 36.010.205) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento oitenta e seis euros con oitenta céntimos (1.186,80 €), para responder do subministro de 4.300m3 de material seleccionado de préstamo para o concurso de materiais do ano 2006, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/08/2006 con número de operación 200600070411, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ESTRATEXIA PLUS, S.L. (NIF B- 36.395.317) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento noventa e catro euros (1.194,00 €), para responder do contrato para a prestación dos servizos de promoción e difusión do proxecto Nea, incluído no programa Interreg-III-B, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/05/2007 con número de operación 200700040629, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TEÓFILO COMUNICACIÓN, S.L. (NIF B- 36.298.099) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento noventa e cinco euros con sesenta céntimos (1.195,60 €), para responder do servizo de reedición de 1.500 exemplares do libro “Vilaxoán, A Coral, O San Martín e o C. Pantera”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 02/07/2007 con número de operación 200700054442, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BARCLAYS BANK, por importe de nove mil seiscentos euros (9.600,00 €), para responder do subministro de 6.000 Tm. de mestura bituminosa en quente D-12, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12/07/2005 con número de operación 200500067978, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de mil cento noventa e seis euros con trinta e catro céntimos (1.196,34 €), para responder do contrato para o aluguer de 517h dun camión cisterna con quentamento de aceite térmico, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 03/08/2005 con número de operación 200500075230, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de mil cento oitenta e un euros con trinta e catro céntimos (1.181,34 €), para responder do subministro de 725 Tm. de mestura bituminosa en quente de composición densa tipo D-12 con árido granítico, estendido e compactado, incluído rego de adherencia 1 kg/m2 de ERC-1 de 98% de ensaio Masball para traballos a realizar polo Parque de Maquinaria, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/06/2005 con número de operación 200500061559, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de mil cento sesenta e seis euros con dez céntimos (1.166,10 €), para responder do aluguer dun equipo de estendido e compactado de 1.950 Tm. de mestura en quente, incluído rego de adherencia, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/06/2005 con número de operación 200500063949, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de mil cento noventa e seis euros con trinta e catro céntimos (1.196,34 €), para responder do subministro de 132 Tm. de emulsión tipo ECI do Plan de Inversións do ano 2005, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 03/08/2005 con número de operación 200500075231, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DICSA (Decoración, Instalaciones y Construcción, S.A.U.) (NIF A- 36.011.047) • A constituída en valores, mediante aval de SANTANDER CENTRAL HISPANO, por importe de cinco mil seiscentos euros (5.600,00 €), para responder da fase 1 de rehabilitación da antiga reitoral de Alcabre-Vigo, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/01/2006 con número de operación 200600002766, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 21.15624.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENZA A CURSO Resultando que por Resolución Presidencial de data 30 de outubro de 2006 concedeuse á funcionaria Dona Pilar Piñón Esteban, Técnico en Programación de Ensaios Vexetais adscrita á Finca Areeiro, permiso para asistir ás “III Jornadas Ibéricas de Plantas Ornamentales”, que tiveron lugar en Almería do 27 ó 30 de novembro de 2006. Resultando que mediante escrito de data 13 de agosto de 2007, o Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro informa que en ditas xornadas presentáronse as novas investigación e técnicas en materia de Fruticultura e ornamentais desenvoltas por outros Laboratorios peninsulares, ademais dos proxectos que se levaron a cabo no noso Centro titulados: “Selección de descritores agromorfolóxicos para a diferenciación de cultivares antigos de Camelia xapónica” e “Diferencia no período de floración de cultivares de Camelia Xapónica na provincia de Pontevedra”. Resultando que para poder intervir nestas Xornadas resulta necesario que a funcionaria que vaia a expoñer os proxectos se inscriba nas mesmas como participante, debendo aboar os gastos de matrícula establecidos ó efecto. Considerando que segundo consta no informe do Xefe do Servizo, os gastos que derivan da asistencia a estas xornadas poderíanse imputar ás partidas 711.712.230.01, 711.712.231.01, 711.712.226.19 do proxecto de investigación do ano 2007, código PGIDITO06RAG26103PR. Considerando que como nese expediente incumpríronse os requisitos establecidos nas normas que regulan a asistencia a cursos, congresos, seminarios, xornadas, reunión e outros, á vista do disposto no informe de Intervención de data 31 de outubro de 2007, procede o recoñecemento extraxudicial de crédito xustificado, ó amparo do establecido no artigo 60 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, polo que se desenvolve o capítulo I da Lei Reguladora de Facendas Locais e Base 17 de Execución do presuposto provincial. En virtude das facultades que me confire o artigo 61.12 do Real 2568/86, de 28 de novembro, e ó amparo do disposto no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento a favor de Dona Pilar Piñón Esteban as seguintes indemnizacións por participar nas referidas xornadas na representación da Estación Fitopatolóxica do Areeiro: - Inscrición: 125,00 € - Dietas: 254,16 € - Desprazamentos: 124,38 € ------ Folla: 22.15625.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 23.15626.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA DE “MELLORA DE TRAZADO E PAVIMENTO E.P. PONTE DO VAL - BARCIADEMERA (MONDARIZ-COVELO)” (REMANENTES PPC 2007) Vista a acta de cualificación da documentación e apertura das diversas ofertas económicas presentadas ó concurso para a contratación da obra de “Mellora de trazado e pavimento E.P. Ponte do Val-Barciademera (Mondariz-Covelo)” (Remanentes PPC 2007); visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras relativo ás ofertas presentadas de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación da mesa de contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a NAROM, S.L. a obra de “Mellora de trazado e pavimento E.P. Ponte do Val-Barciademera (Mondariz-Covelo)” (Remanentes PPC 2007) na suma de 202.711,52 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 19.185,92 € e o 3 % do presuposto de execución material para control de calidade. O adxudicatario constituirá unha garantía definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que depositará na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, a empresa adxudicataria debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 36,54 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 24.15627.- ADXUDICACIÓN, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DO CONTRATO PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA EMISORA TV SALNÉS-BARBANZA Visto o escrito do Xefe do Gabinete de Prensa de data 23 de outubro de 2007, polo que solicita que se proceda a contratar a prestación de servizos de publicidade coa empresa Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L., para efectuar as seguintes actuacións publicitarias na emisora TV Salnés-Barbanza: • Emisión de 660 cuñas publicitarias de 25 segundos de duración. • 54 emisións do programa denominado “Axenda Cultural”, que estarán dedicados á promoción cultural en todas súas formas, primando aqueles actos que se desenvolven coa colaboración da Deputación na comarca do Salnés e a súa área de influencia. Gravaranse 18 programas que se emitirán tres veces. • Emisión de 24 programas de “Agro-cultura”, que estarán dedicados á promoción do mundo da horticultura, agro, forestal, etc., efectuando un seguimento das actividades que se desenvolven na Estación Fitopatolóxica do Areeiro e Finca de Mouriscade, así como as actividades promovidas polo Servizo Agrario da Deputación sobre temas medioambientais, agrarios e pesqueiros. • Emisión de 20 programas de “Gaceta Informativa” no que se resuman as principais actuacións e actividades informativas do 2007, con atención especial á actividade realizada pola Deputación de Pontevedra e a información xerada por esta institución. • Felicitación institucional de Nadal e Fin de Ano, con mensaxe do Presidente da Deputación e imaxes do Pazo Provincial e Palacete das Mendoza, coa decoración navideña. Esta gravación emitirase 20 veces durante o período navideño. Resultando que na proposta do Sr. Xefe do Gabinete de Prensa figura que a empresa Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L., é a única empresa que pode realizar o contrato por razóns técnicas e que o custo da emisión dos citados programas en “Telesalnés-Barbanza” ascende á suma de 90.480,00 euros. Considerando o establecido no artigo 34. 1 apartado k) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 117 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 210, apartado b), do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas no referente á utilización do procedemento negociado sen publicidade para a adxudicación dos contratos de servizos que celebre a Administración. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto provincial para 2007, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a autorización e disposición dos gastos precisos para efectuar contratos de servizos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. Visto o Documento RC expedido por Intervención de data 29/10/2007, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto; vistos así mesmo os informes do Sr. Secretario Xeral sobre o prego de condicións e o de fiscalización emitido polo Sr. Interventor e vista a proposta de adxudicación de data 26/11/2007 efectuada polo Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente co seu correspondente prego de condicións económico-administrativas e técnicas para contratar coa empresa Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L., a prestación de servizos de publicidade na emisora TV Salnés-Barbanza, por importe de 90.480,00 euros, así como autorizar o gasto por dito importe con cargo á partida 07/111.111.226.20 número de operación 200700086970 do vixente presuposto provincial. 2. Adxudicar mediante procedemento negociado sen publicidade, á empresa, Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L. (C.I.F.- B-36.223.600), o contrato para prestación de servizos de publicidade en TV Salnés-Barbanza, polo prezo de noventa mil catrocentos oitenta euros (90.480,00 €) IVE incluído e de acordo ó seguinte detalle por prezos unitarios: -660 spots publicitarios de 25 segundos a razón de 42,00 € cada un................... 27.720,00 € -18 emisións do programa “Axenda Cultural” a razón de 620,00 € cada un......... 11.160,00 € -24 emisións do programa “Agro-cultura” a razón de 870,00 € cada uno........... 20.880,00 € -20 emisións programa “Gaceta Informativa” a razón de 1.036,00 € ................. 20.720,00 € -20 emisións programa Felicitación institucional Nadal e fin de ano .................. 10.000,00 € Total...................................................................................................................... 90.480,00 € A adxudicación motívase por ser a única empresa que pode realizar o contrato de acordo ó informe do Xefe do Gabinete da Prensa, así como por cumprir as condicións esixidas no prego. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 3.619,20 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados a partir da notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 25.15628.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A SUBVENCIÓN APROBADA EN FAVOR DA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE FAMILIARES E ENFERMOS MENTAIS DE GALICIA, E APROBACIÓN DO ADIANTO DO 50% DA SUBVENCIÓN Aprobada pola Xunta de Goberno do 22/06/2007 unha subvención polo importe de 3.147,00 € en favor da Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia, para “Curso de Alfabetización Informática”, solicitada o 13/11/2007 pola devandita Federación unha prórroga para a xustificación da subvención, así coma o adianto do 50% da contía da mesma, e aprobada por unanimidade, na Comisión Informativa de Benestar Social e Muller do 21/11/2007 tal solicitude, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de marzo de 2008, para a subvención por importe de 3.147,00 €, aprobada pola Xunta de Goberno do 22/06/2007, en favor da Federación de Asociación de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia; así coma a aprobación do adianto do 50% da contía da subvención. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 26.15629.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A SUBVENCIÓN APROBADA EN FAVOR DA ASOCIACIÓN GALEGA DE APOIO Ó DESENVOLVEMENTO DO INMIGRANTE E EMIGRANTE RETORNADO “AZO”, E APROBACIÓN DO ADIANTO DO 50% DA SUBVENCIÓN Aprobada pola Xunta de Goberno do 22/06/2007 unha subvención polo importe de 4.425,00 €, en favor da Asociación Galega de Apoio ó Desenvolvemento do Inmigrante e Emigrante Retornado “AZO” de Vigo; solicitada o 3 de novembro do presente ano pola citada Asociación unha prórroga para a xustificación da subvención e o adianto do 50% do importe, e aprobada por unanimidade na Comisión Informativa de Benestar Social e Muller do 21/11/2007, tales solicitudes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 31 de decembro de 2007, para a subvención aprobada pola Xunta de Goberno de 22/06/2007, en favor da Asociación Galega de Apoio ó Desenvolvemento do Inmigrante e Emigrante Retornado, polo importe de 4.425,00 €, así coma aprobación do adianto do 50% da contía de tal subvención, en conformidade coas Bases de Execución do presuposto provincial. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 27.15630.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOC. CULTURAL CORO DE CÁMARA THALASSA DE MARÍN RESPECTO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE VESTIARIO”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 18/07/2007 unha subvención a favor da Asoc. Cultural Coro de Cámara Thalassa de Marín por un importe de 209,00 € para “Adquisición de vestiario” con cargo á partida 07/451.451.489.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 21/11/2007, da citada asociación renunciando á subvención concedida no seu día ante a imposibilidade de afrontar a totalidade do gasto previsto, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 28.15631.- MODIFICACIÓN DO ACORDO Nº 12.15113 DA XUNTA DE GOBERNO DE 11/05/07 EN RELACIÓN CO “CONVENIO DE COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA A REALIZACIÓN DE ATLAS DIXITAIS INTERACTIVOS DOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA” Dada conta que no acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión de 11 de maio de 2007, sobre aprobación do Convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para a realización de atlas dixitais interactivos dos Concellos da provincia de Pontevedra, omitiuse o texto do Anexo I, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar o referido acordo, engadíndolle o seguinte: “ANEXO I CARACTERÍSTICAS DOS TRABALLOS Preténdese realizar os atlas dixitais interactivos (en formato PDF de Acrobat) de todos os concellos da provincia de Pontevedra. Os atlas inclúen todos os núcleos de poboación da provincia en ortofoto a cor actualizada, a escalas 1:3.000/1:4.000, e, ademais, a información dos seus habitantes segundo os últimos valores publicados polo Instituto Nacional de Estatística. A presentación no atlas de cada concello farase segundo o modelo dos atlas que foron publicados en 2005 e 2006 dos que se entregaron varias copias na Deputación Provincial de Pontevedra. En concreto, o atlas seguiría o seguinte modelo: 1. Presentación de todos os núcleos do concello, incluídos no Padrón do ano 2006 publicado polo Instituto Nacional de Estatística, en ortofoto a cor. A escala permite ver de modo uniforme todos os asentamentos e os elementos do espazo xeográfico que enmarcan calquera núcleo no territorio. Cada concello foi subdividido en polígonos parroquiais nos que se integran os núcleos que compoñen cada parroquia segundo criterios xeográficos para ver da forma máis clara posible a localización relativa. 2. Cada ortofoto dun núcleo vai acompañada de mapas que indican a posición relativa en Europa, a do concello ó que pertence o núcleo, a parroquia na que está incluído dentro do seu concello e a do lugar respecto do resto dos da parroquia. 3. Preséntanse tres listas cos lugares. Os núcleos por orde alfabética no concello, ordenados no concello segundo o efectivo de habitantes, e ordenados por parroquias. 4. A obra baséase nas imaxes dixitais ráster de fotogramas (en formato ECW) do século XXI do FOGGA, co traballo individualizado de xeorreferenciación de todos os núcleos de poboación coas correspondentes bases de datos e outros arquivos de formatos vectoriais. 5. Toda a información dixital debe ser procesada para presentala en formato PDF de Acrobat de forma interactiva a partir de individualizacións das imaxes núcleo a núcleo. Todas as páxinas teñen botóns de navegación para a interactividade entre elas para ir á vista anterior, á vista seguinte, á páxina anterior, á páxina seguinte, á primeira páxina, á última páxina ou saír da visión do atlas. Un botón permite a acción de busca de calquera nome en todo o atlas, e outro a activación ou desactivación do índice interactivo de toda a obra. ORZAMENTO O presuposto para realizar os atlas de toda a provincia de Pontevedra ten un valor medio de 360 euros por concello, e un total 22.320 euros. RESULTADOS E DIFUSIÓN A USC entregará 5 orixinais en CD de cada un dos concellos, incluídos: depósito legal, ISBN e copyright © do autor e da Deputación Provincial. Pódese facer unha difusión gratuíta a través de internet. No caso de ser de interese realizar copias en algunha das empresas consultadas (para a súa difusión gratuíta) os prezos de cada CD serían: 3,00 € por cada unha das 100 copias de cada concello 2,50 € por cada unha das 250 copias de cada concello 2,00 € por cada unha das 500 copias de cada concello ACTUALIZACIÓN DO ATLAS De ser necesario actualizar as ortofotos de alta resolución para o ano 2007 (ou cun máximo de seis meses de antigüidade) a cantidade necesaria para a compra de todas as ortofotos da provincia de Pontevedra ascendería a unha cantidade superior a 300.000 euros.” Así mesmo, vistos os informes da Secretaría e da Intervención, modifícase a cláusula Sexta no sentido seguinte: onde di “ ... salvo prórroga por mutuo acordo das partes...” debe dicir “... salvo prórroga expresa das partes ...”. ------ Folla: 29.15632.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------
Ãrea de notas
Nota