Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2008-01-16_Ordinaria. Acta de sesión 2008/01/16_Ordinaria
Acta de sesión 2008/01/16_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/1.2008-01-16_Ordinaria
Título Acta de sesión 2008/01/16_Ordinaria
Data(s) 2008-01-16 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día dezaseis de xaneiro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela e D. José Carlos Silva Mariño. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Jesús Vázquez Almuíña. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15781.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 9 de xaneiro de 2008. ------ Folla: 2.15782.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1-FINAL DA OBRA “PAVIMENTACIÓN DA TRAVESÍA DE VIGO ENTRE BAILÉN E NUMANCIA (VIGO)” Vista a certificación núm. 1 - FINAL relativa á obra da “Pavimentación da travesía de Vigo entre Bailén e Numancia (VIGO)”, adxudicada no seu día a Empresa SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A, e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 29 de outubro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pagamento da mesma co detalle seguinte: SERCOYSA, PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF. A-36.319.622) 07/911.911-662.00 (Deputación) 1 88.942,00 € SUBTOTAL ………. 188.942,00 € Taxa Técnicos Directores 5.474,99 € Control de calidade 4.174,68 € Seguridade e Saúde 985,50 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR ………… 178.306,83 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por cando trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 3.15783.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “ENSANCHE E MELLORA DA ESTRADA PO-400 AS NEVES” Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras que se detalla, e visto o documento RC emitido por Intervención no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 07/511.511.612.02, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó seguinte proxecto: Proxecto modificado da obra “Ensanche e mellora da estrada PO-400 de As Neves”, por importe de oitenta e tres mil seiscentos sesenta euros con trinta e oito céntimos (83.660,38 €), IVE incluído. ------ Folla: 4.15784.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE”, ANO 2008 Visto o escrito da Directora Xerente da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” participando a necesidade de contratar o subministro de produtos alimenticios para o servizo de comedor durante o ano 2008, ó finalizar o contrato que estaba vixente, e cuxo custo se estima en 257.198,18 euros, IVE incluído. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Aprobar o expediente de contratación para adxudicar, mediante concurso por procedemento aberto, o subministro de produtos alimenticios para a Cidade Infantil “Príncipe Felipe” durante o ano 2008, ata unha cantidade máxima de douscentos cincuenta e sete mil cento noventa e oito euros con dezaoito céntimos (257.198,18 €), IVE incluído. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: • Autorizar dito gasto con cargo á partida 08/422.422.221.05 do vixente Orzamento provincial. • Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como Lei fundamental. • Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE ANO 2008 1.- OBXECTO.- O subministro de produtos alimenticios necesarios para cubrir o servizo de alimentación da Cidade Infantil Príncipe Felipe de acordo cos menús elaborados polos servizos médicos dietéticos do Centro. A relación de produtos a subministrar atópase desagregado no anexo 1, distribuíndose os mesmos en catro grupos: - Produtos de almacén e despensa. - Cárnicos. - Lácteos, embutidos, conxelados e bolería. - Froitas e verduras. O servizo de alimentación da Cidade Infantil Príncipe Felipe resérvase o dereito de realizar os pedidos que estime oportunos de calquera produto que se atope no Anexo 1, sen exceder a cantidade máxima total sinalada na base quinta deste prego. Así mesmo, este servizo non se compromete a realizar un número mínimo de pedidos, senón que llos realizará en función da necesidade existente no servizo de comedor. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 08/422.422.221.05. do vixente Orzamento Provincial. 3.- DURACIÓN.- O contrato terá vixencia durante o ano 2008, quedando automaticamente prorrogado durante os tres primeiros meses do ano seguinte no caso de que non se adxudicara o concurso correspondente ó subministro de produtos alimenticios para a Cidade Infantil “Príncipe Felipe” do ano 2009. O adxudicatario queda obrigado a subministrar estes produtos durante o prazo máximo de tres meses mantendo os prezos ofertados para o ano 2008. 4.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado o subministro e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 5.- ENTREGA.- A entrega dos produtos alimenticios encargados polo servizo de alimentación da Cidade Infantil Príncipe Felipe efectuarase nun prazo máximo de 24 horas na Despensa Xeral do citado Centro. A temporalidade do subministro dos produtos será a seguinte: - Carnes: 3 días/semana. - Produtos lácteos: 1 día/semana. - Froitas e verduras: 3/4 días/semana. - Produtos de almacén: 1 día/semana. - Conxelados: 2 días/semana. Os produtos subministrados deberán cumprir todos os controis sanitarios e hixiénicos esixidos pola normativa vixente sendo o seu cumprimento a cargo do adxudicatario que deberá responder en caso de incumprimento. En caso defecto, mal estado ou incumprimento dos requisitos sanitarios fixados, a mercancía será devolta, debendo o adxudicatario responder coa reposición inmediata de novos produtos alimenticios. Mentres non se convoque o concurso correspondente ó subministro de produtos alimenticios para a Cidade Infantil Príncipe Felipe correspondente ó ano 2009, o adxudicatario queda obrigado a subministrar estes produtos durante un prazo máximo de tres meses, mantendo o prezo de adxudicación do concurso. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario. 6.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato que servirá de base de licitación fíxase para o ano 2008 na cantidade máxima de douscentos cincuenta e sete mil cento noventa e oito euros con dezaoito céntimos (257.198,18 €), IVE incluído, e de conformidade cos prezos unitarios máximos que se recollen no anexo1. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizada a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Terá que constituírse por importe do 2% do orzamento total de licitación. Poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o artigo 35 do T.R. da Lei de contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. O incumprimento deste requisito será causa de exclusión do concurso. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do Prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 15 días naturais seguintes á última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 10.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” ANO 2008 Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1. Proposición Económica que se axustará ó modelo contido na cláusula final. 2. Memoria de calidades sobre os produtos a subministrar. 3. Proposta de distribución dos produtos (Formas e centros de distribución). Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado DOCUMENTOS deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” ANO 2008 Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a. Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a representación pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b. Poder debidamente bastanteado. c. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.R. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a. Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, na súa falta seguro de indemnización por riscos profesionais. b. Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c. Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d. Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e. Descricións e calidades dos produtos a subministrar. 11.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O secretario xeral da Corporación. - O interventor da Corporación. - A directora de xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. SECRETARIO: - O técnico adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 12.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 13.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Menor prezo ofertado, ata 4 puntos. 2) Calidade dos produtos, ata 4 puntos. 3) Prazo de entrega do subministro, ata 1 punto. 4) Proximidade xeográfica dos centros de distribución para facilitar a provisión, ata 1 punto. 14.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 8ª. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. No obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 16.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600,00 euros. 17.- OFERTAS.- A Deputación poderá beneficiarse de toda baixa nos prezos unitarios ofertados inicialmente como consecuencia das ofertas existentes no mercado. 18.- REVISIÓN DE PREZOS.- Non procede de conformidade ó estipulado no artigo 103 do TR da LCAP. 19.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías, ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrese en mora ó recibilos. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do TR da LCAP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no Rdl 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 22.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a via xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don .............., maior de idade, veciño de ......., con domicilio en ............ titular do DNI..........., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de ..............con domicilio en ..........., teléfono ......... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Informado do anuncio, para adxudicar mediante Concurso o contrato correspondente ó SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” ANO 2008, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas durante o ano 2008, e de acordo cos seguintes prezos unitarios máximos: LOTE 1: ALMACÉN E DESPENSA Artigos Unidades Prezo unitario (con IVE 2008) Aceite xirasol 5 Lt Un Aceite xirasol 1 Lt Un Aceite Oliva 1 Lt 1º Un Aceite oliva 5 Lt 1º Un Oliva S/o galón, 5 kg Un Olivas 600 gr s/o Un Auga plástico 1,5 Lt Un Auga plástico ½ Lt Un Aquarius lt. Un Albahaca lata Un Alubia ril extra kg Un Arroz redondo extra, 1 kg Un Atún lata 1 kg Un Azucre kg Un Azucarillo sobre, 8 gr Kg Cacao po kg Un Café descafeinado sobre Un Café moído mestura 250 gr Un Caldo carne 12 pastillas Un Caramelos sugus, kg Un Cereais choco 375 gr Un Cereais choco 500 gr Un Cereais corn fl 375 gr Un Cereais corn fl 500 gr Un Champiñón laminado 3 kg Un Chocolate á cunca 500 gr Un Coca cola 2 lt Un Coca cola lata Un Cocktail froitas 3 kg Un Cola Cao 800 gr Un Colorante est. 100 sobres Est Marmelada 25 gr porc. meloc Un Marmelada 25 gr porc. fresa Un Marmelada 25 gr porc. ameixa Un Espaguete 0,5 kg Un Espaguete, 5 kg Un Espárrago 17/24 1 kg Un Espárrago tallo 3 kg Un Fanta 2 lt limón Un Fanta 2 lt laranxa Un Fanta lata limón Un Fanta lata laranxa Un Flanin sobre Un Galleta Príncipe 177 gr Un Galleta Cuétara surtido 700 gr Un Garavanzo nacional 1ª kg Un Fariña, Quilo Un Fariña saco 50 kg Kg Leche desnatada brik litro Un Leche enteira brik litro Un Leche semidesnatada brik litro Un Lentella castelá 1 kg Un Levedo Royal - 4 sobres Un Macarrón 5 kg Un Macarrón 1 Kg Un Millo 3 kg Un Maizena 700 gr Un Manzanilla 100 s Un Maonesa 3,7 kg Un Margarina barra 500 gr Un Margarina porción 12 gr Un Melocotón xarope 3 kg Un Menta poexo, 100 un. Un Nocilla 475 gr Un Ourego lata Un Pasta paxariños 500 lata Un Pasta lasaña ½ Un Pasta, sopa 5 kg Un Pera xarope, 3 kg Un Pemento doce 500 gr Un Pemento doce 1 kg Un Pemento 3 kg lata Un Piña xarope 3 kg Un Queixo caserio 8 porc Un Sacarina po porción, estoxo Un Sal fina kg Un Sal gorda kg Un Te, 100 un Un Tila, 10 un. Un Tomate enteiro pelado 5 kg Un Tomate frito 3 kg Un Tomate triturado, 3 kg lata Un Tomate triturado, 5 kg Un Vinagre 1 litro Un Vino albariño botella Un Vino brik branco/tinto Un Vino rioxa botella Un Cenoria raiada 3 kg Un Zume Brik mazá, litro Un Zume Brik Melocot, litro Un Zume Brik Laranxa, litro Un Zume Brik Piña, litro Un Turrón alacante (duro), 300 gr Un Turrón chocolate, pastilla Un Turrón froitas, 300 gr Un Turrón Xixona (brando), 300 gr Un Torta imperial, 200 gr Un Polvoróns amendoados, 300 gr Un Mazapán figuriñas, 200 gr Un Peladillas, bolsa 150 gr Un Galletas danesas, lata Un LOTE 2: CÁRNICOS Artigos Unidades Prezo unitario (con IVE 2008) Tenreira Albóndega fresca Kg Carne picada mestura Kg Filetes/bisté, 1ª (160 gr) Kg Hamburg. Mixta 160 gr Kg Hamburguesa, 160 gr Kg Xarrete Kg Man (asar) Kg Ragout 1º Kg Agulla sen óso Kg Cotela fresca Kg Chuleta Kg Solombo Kg Brocheta parrilleira Kg Faldra sen óso Kg Porco Agulla desh.-cabeza lombo Kg Chourizo guiso Kg Chuleta cortada Kg Cinta lombo fresca enteira Kg Costela fresca tiras Kg Costela salgada, tiras Kg Espiñazo salgado Kg Filetes o bisté de xamón (160 gr) Kg Lacón salgado Kg Maza traseira, (asar) Kg Lingua salgada Kg Morro salgado Kg Orellas salgadas Kg Touciño con febra salgada Kg Patas salgadas Kg Rabo salgado Kg Solombo Kg Pincho moruno Kg Lombo adobado Kg Unto salgado Kg Aves, Caza Coello pequeno Kg Cordeiro, perna Kg Polo, coxas Kg Pavo, redondo (Rotti) Kg Pavo, xamonciños Kg Polo limpo eviscerado (1,9-2,0 Kg) Kg Polo, peituga s/óso enteira Kg Ovo fresco "M" Doc Pavo peituga filete Kg Pavo estofar Kg Pizza sabores (Tarradellas) Un LOTE 3: LACTEOS, EMBUTIDOS, CONXELADOS, ...ETC. Lácteos Artigos Unidades Prezo unitario (con IVE 2008) Cacaolat Un Flan ovo Un Flan vainilla Un Nata liquida 1 lt Un Cremas, terrina Un Petit suise natural Un Petit suise sabores Un Queixo barra Un Iogur desnatado natural Un Iogur desnatado sabores Un Iogur natural Un Iogur natural con azucre Un Iogur sabores Un Iogur bio liquido natural Un Embutidos Artigos Unidades Prezo unitario (con IVE 2008) Chourizo vela 1ª Kg Friame paleta cocida 11*11 Kg Xamón serrano centro sen óso. Kg Mortadela italiana Kg Paleta cocida 1ª Kg Peituga pavo cocida Kg Salchicha frankfurt 7 unid Kg Salchichón barra 1ª Kg Salchichón extra Kg Xamón cocido sen sal Kg Conxelados Artigos Unidades Prezo unitario (con IVE 2008) Pescado conxelado Aros lura, granel Kg Bacallao lombos Kg Choco grande limpo Kg Gamba pelada 100/200 Kg Calamar C Kg Pescada, lombos Kg Pescada rosada, toro Kg Fletán negro, s/c Kg Pescada 3 Austral Kg Pescada 4 Sudafrica Kg Pescada, Filete C/p extra 5 Kg Pescada, Filete C/p sudafrica Kg Paus de mar Kg Solla 3 conxelada Kg Pota vaina Kg Polbo c/cabeza 2-3 kg Kg Salmón enteiro Kg Precociñados Chulas conx. Kg Churros conx. Kg Xeado cometa 4 un. Un Vasiño de xeado Un Croquetas sabor Bacallao Kg Croquetas sabor xamón Kg Croquetas sabor Polo Kg Croqueton sabor Kg Empanadillas granel Kg Gamba rebozada Kg San Xacobo 2 Un Kg Variñas pescada Kg Verdura conxelada Acelga conx.. Kg Kg Coliflor conx. Kg Kg Ensalada rusa, kg Kg Espinaca conx , kg Kg Chícharo común, kg Kg Xudia verd. Plana tallada Kg Xudia verd. Redonda tallada Kg Minestra sen alcachofa Kg Pataca prefritida granel Kg Preparado paella, granel Kg Cenoria dado Kg Bolos, froitos secos e outros Artigos Unidades Prezo unitario (con IVE 2008) Bolos variados granel envasada Kg Galleta María 5 un. Un. Biscottes c/s s/s 2 un. Un. Améndoa salgada 100 g Un. Cacahuetes salgados 100 g Un. Rufinos millo 28-34 gr Un. Patacas fritas 170 g Un. Gusanitos 100 g Un Pistacho 100 g Un Goody (bollycao) 8 un. Un Pan molde, Hostaleira Unid LOTE 4 : FROITAS E VERDURAS Artigos Unidades Prezo unitario (con IVE 2008) FROITAS Ameixa branca 1ª Kg Ameixa negra 1ª Kg Clementina Kg Fresa Kg Kiwi 1ª , 70-90 gr Kg Limón 1ª, Nº 4 ó 5 Kg Mandarina 1ª Kg Mazá golden 70-75 Kg Melocotón 1ª Kg Melón sapo cal 4-5 Kg Laranxa mesa nac cal 4-5 Kg Laranxa zume cal. 6-8 Kg Nectarina 1ª Kg Pera limoeira 1ª Kg Pera conferencia 1ª Kg Plátano extra Kg Plátano primeira Kg Sandía Kg Uva branca Kg Uva negra Kg VERDURAS Acelga mollo Mll Allo 1ª, 5 kg Un Cebola 1ª , saco 15 kg Kg Cabaciña Kg Champiñón Kg Espinaca mollo Mll Grelo mollo Mll Leituga lisa, 800-1000 gr unidad Un Pataca branca 1ª granel, saco 25 kg Kg Pemento roxo 1ª Kg Pemento verde 1ª Kg Porro mollo 1ª Mll Repolo rizo Kg Tomate 1ª ( 100-120 gr) Kg Cenoria 1ª bolsa 5 kg Kg O prazo de entrega dos produtos será de...................................... Non poderá superar o prazo máximo de 24 horas estipulado na cláusula cuarta. (Data e sinatura do propoñente).” ------ Folla: 5.15785.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. (NIF. B.36.147.429) • A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de dous mil trescentos setenta e seis euros con vinte céntimos (2.376,20 €), para responder de “obras de eliminación pasos estreitos E.P. Tomiño-Sabaris (Baiona)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 3/08/2006 segundo núm.200600066654 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de dous mil catrocentos quince euros con vinte céntimos (2.415,20 €), para responder da “Obra de proxecto modificado núm. 1 de ensanche E.P. 5102 Lamosa-Franqueira-Achas (O Covelo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/12/2002 segundo núm.200200106908 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de dous mil vinte euros (2.020,00 €), para responder de “Obras de remate rodadura e complementarias en E.P. Viso-Alxán (Soutomaior)”, pertencentes a (Fondos Propios de 2006, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/03/2006 segundo núm.200600030868 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores,mediante aval de Banesto, por importe de mil douscentos sesenta euros (1.260,00 €), para responder de “Obras de mellora da seguridade vial P.K. 19,550 E.P.3102 Tomiño-Sabarís (Baiona)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 3/08/2006 segundo núm. 200600066652 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES MANUEL PÉREZ PORTELA, S.L.(NIF. B.36.239.861) • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de once mil seiscentos sesenta e un euros con noventa e catro euros (11.661,94 €), para responder de “Obras de urbanización E.P. acceso a Arealonga (Avda.de San Telmo Redondela)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/02/2005 segundo núm.200500006384 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. NAROM, S.L. (N.I.F. B-36.163.418) • A constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de dous mil trescentos cincuenta e sete euros con sesenta e oito céntimos (2.357,68 €), para responder da “Obra de Formación ensanche e plataforma en Barreiro E.P. 4201 Vide – San Cipriano (As Neves)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/01/2006 segundo núm.200600003640 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de dous mil trescentos cincuenta e tres euros con trinta e nove céntimos (2.353,39 €), para responder de “Terminación E.P. 5106 Covelo-Barciademera (Covelo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 4/08/2006 segundo núm.200600066966 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA). (NIF. A.36.008.886) • A constituída en valores,mediante aval del Banco Pastor, por importe de dous mil trescentos cincuenta e catro euros con noventa e nove céntimos (2.354,99€), para responder de “Obras de adicional de mellora EP 2304 Donas-Mañufe Puente Rio Miñor (Gondomar)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/08/2003 segundo núm. 200300058693 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Deutsche Bank, por importe de catro mil catrocentos cincuenta e cinco euros con setenta e nove céntimos (4.455,79€), para responder de “Obras de renovación acceso a Sta. Negra (A Guarda)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/02/2003 segundo núm. 200300008432 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de mil cincocentos seis euros con cincuenta e nove céntimos (1.506,59 €), para responder de “Obras de muros de contención e sostemento de EP 2304 Sabaris-Belesar (Baiona)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 4/06/2003 segundo núm.200300039985 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de dous mil douscentos oitenta e un euros con sesenta e dous céntimos (2.281,62 €), para responder de “Obras de remate de beirarrúas da marxen dereita EP Puxeiros-Meixoeiro-Cuvi (Mos)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 4/04/2003 segundo núm.200300022631 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Mapfre caución y crédito, por importe de setenta e cinco mil cento trinta e nove euros con cincuenta e tres céntimos (75.139,53 €), para responder de “Obras de enlace EP Arbo-Barcela a Polígono de Arbo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/11/2003 segundo núm.200300085545 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de dous mil douscentos vinte e nove euros con sesenta céntimos (2.229,60 €), para responder de “Obras de adecuación intersección EP Peinador-Guizán (Mos)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/07/2006 segundo núm.200600062913 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil catrocentos setenta e nove euros con corenta e nove céntimos (1.479,49 €), para responder de “Obras de retranqueo muros e peches EP Porriño-Mosende P.K. 2+900 a 4+000”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/08/2003 segundo núm.200300061255 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos sesenta e sete euros con setenta e tres céntimos (2.367,73 €), para responder de “Obra de muros de contención e sostemento EP 4301 Riofrio-Borbén (Pazos de Borbén)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/08/2003 segundo núm.200300061251 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos corenta e oito euros con oitenta e cinco céntimos (2.348,85 €), para responder de “Obra de excavacions, drenaxes e reposición de servizos na EP 4301 Riofrio-Borbén (Pazos de Borbén)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/08/2003 segundo núm.200300061249 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos vinte e catro euros con oitenta e dous céntimos (2.324,82 €), para responder de “Obras de reposición e peches en Redondo EP Hermida-Barciademera (Covelo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/08/2003 segundo núm.200300061248 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil cento trinta euros con corenta e un céntimos (2.130,41 €), para responder de “Obras de beirarrúas e reposición de servizos EP 2303 Gondomar-Vilaza (Gondomar)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/08/2003 segundo núm.200300061247 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos sesenta e sete euros con sete céntimos (2.367,07 €), para responder de “Obras de drenaxe e seguridade vial EP Nigrán – Vincios (Nigrán)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/08/2003 segundo núm.200300061246 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil douscentos cincuenta e nove euros con vinte céntimos (2.259,20 €), para responder de “Obras de variante de Oia-Torroña P.K. 8+740 a 8+910 (Oia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 7/07/2006 segundo núm.200600060547 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de dous mil douscentos catorce euros con vinte e sete céntimos (2.214,27 €), para responder de “Obras de drenaxe e mellora EP 2304 Donas-Mañufe (Gondomar)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/07/2003 segundo núm.200300054705 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de mil setecentos vinte e catro euros (1.724,00), para responder de “Obras de variante en Cristelos EP 3101 Tebra-Cristelos (Tomiño)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/06/2004 segundo núm.200400038454 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de dous mil trescentos noventa e seis euros (2.396,00 €), para responder de “Obras de pavimentación no ramal de Souto da EP Areas-Pexegueiro (Tui)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 2/06/2004 segundo núm.200400038453 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. • A constituída en valores,mediante aval de Cesce, por importe de mil catrocentos corenta euros (1.440,00), para responder de “Obras de retranqueo de muros e peches en Urgal (Baiona)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 2/06/2004 segundo núm.200400038457 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 6.15786.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.15787.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE ARBO NO PAM/06, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 261/944 DENOMINADA “REPARACIÓN MERCADO DE ABASTOS” POLO RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Vista a solicitude do aboo da certificación un/final do concello de Arbo, á vista do informe de Intervención de data 28 de decembro de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de tres mil oitocentos setenta e tres euros con trinta céntimos (3.873,30 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito Concello e declarar aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911-762.45.2006, como pago da subvención concedida ó mesmo para a obra nº 261/944, denominada “Reparación mercado de abastos”, incluída no PAM/06. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.15788.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE BARRO NO PAM/05, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 3/140 DENOMINADA “ESCOLA INFANTIL DE CATRO UNIDADES EN BARRO - CONSTRUCIÓN GARDERÍA INFANTIL 1ª FASE” POLO RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Vista a solicitude do aboo da certificación sete do concello de Barro, á vista do informe de Intervención de data 28 de decembro de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de dous mil setecentos sesenta e catro euros con oitenta e nove céntimos (2.764,89 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito Concello e declarar aboo de dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911-762.45.2005, como pago da subvención concedida ó mesmo para a obra nº 3/140, denominada “Escola infantil da catro unidades en Barro - Construción gardería infantil, 1ª fase”, incluída no PAM/05. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.15789.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE BARRO NO PAM/05, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2/11 DENOMINADA “CONSTRUCIÓN GARDERÍA INFANTIL 2ª FASE” POLO RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Vista a solicitude do aboo da certificación sete do concello de Barro, á vista do informe de Intervención de data 28 de decembro de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de tres mil noventa e dous euros con vinte e catro céntimos (3.092,24 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito Concello e declarar aboo de dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911-762.45.2005, como pago da subvención concedida ó mesmo para a obra nº 2/11, denominada “Construcción gardería infantil, 2ª fase”, incluída no PAM/05. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.15790.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE PONTEAREAS NO PAM/05, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 30/70 DENOMINADA “REFORMA DE GARDERÍA INFANTIL E EQUIPAMENTO” POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Vista a solicitude do aboo da certificación un do concello de Ponteareas, á vista do informe de Intervención de data 21 de novembro de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de vinte e catro mil catrocentos cincuenta e seis euros (24.456,00 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito Concello e declarar aboo de dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911-762.45.2005, como pago da subvención concedida ó mesmo para a obra nº 30/70, denominada “Reforma da Gardería Infantil e equipamento”, incluída no PAM/05. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.15791.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE PONTEAREAS NO PAM/05, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 329/738 DENOMINADA “REPARACIÓN PRAZA DE ABASTOS, 3ª FASE” POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Vista a solicitude do aboo da certificación un/final, do concello de Ponteareas, á vista do informe de Intervención de data 28 de decembro de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de dezasete mil cento corenta e dous euros con corenta céntimos (17.142,40 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito Concello e declarar aboo de dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911-762.45.2005, como pago da subvención concedida ó mesmo para a obra nº 329/738, denominada “Reparación praza de abastos , 3ª fase”, incluída no PAM/05. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.15792.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN PARROQUIAL SANTA MARÍA DE CEQUERIL DE “CUNTIS” INCLUÍDA NO PAC/2005, PARA REALIZACIÓN DA OBRA Nº 149/442 DENOMINADA “RESTAURACIÓN DOS RETABLOS INTERIORES DA IGREXA” POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Vista a solicitude do aboo da xustificación única da Asociación Parroquial Santa María de Cequeril de Cuntis, á vista do informe de Intervención de data 20 de decembro de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de mil catrocentos euros (1.400,00 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor da devandita Asociación e declarar aboo de dita cantidade, con cargo á partida 07/911.514-789.07, como pago da subvención concedida á mesma para a obra nº 149/442, denominada “Restauración de retablos interiores da igrexa”, incluída no PAC/05. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.15793.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E PRESTACIÓN DUNHA VIAXE Á ESTACIÓN DE SKI DE SAN ISIDRO PARA OS ESTUDANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DENTRO DO PROGRAMA DE SEMANA BRANCA DA DEPUTACIÓN. ANO 2008 A Xunta de Goberno, en sesión 5 de decembro de 2007, acordou a aprobación do expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, da xestión, organización e prestación dunha viaxe á estación de ski de San Isidro para os estudantes da provincia de Pontevedra dentro do programa de “Semana Branca” da Deputación, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 238, 11/12/2007) e no DOGA (nº 242, 17/12/2007). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola mesa de contratación con data 10 de xaneiro de 2008, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe da Xefa do servizo de Acción social, de data 11 de xaneiro de 2008, e a proposta da mesa de contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación da xestión, organización e prestación dunha viaxe á estación de Ski de San Isidro para os estudantes da provincia de Pontevedra dentro do programa de Semana Branca da Deputación ano 2008, á empresa VIAJES MARSANS, S.A. (CIF A-08.018.921) polo prezo de douscentos oitenta e cinco, (285,00 €/persoa), IVE incluído. A adxudicación motívase por ser a oferta máis vantaxosa segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións, e reunir todos os requisitos esixidos no Concurso. O prezo da viaxe financiarase da seguinte maneira: • A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 90,00 euros por persoa participante. • Os Concellos interesados en participar neste programa deberán contribuír cunha cantidade de 30,00 euros/persoa. • As persoas beneficiarias aboarán unha cantidade máxima de 165,00 euros. O pagamento da parte correspondente á Deputación irá con cargo á partida 08/313.313.227.09 do vixente Orzamento Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva por importe de 11.400,00 euros que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados a partir da notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 369,58 por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.15794.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “HUMANIZACIÓN DA TRAVESÍA DE PONTEARNELAS (VILANOVA DE AROUSA)” Visto o proxecto de “Humanización da Travesía de Pontearnelas (Vilanova de Arousa)”, redactado por E.F. INGENIEROS, S.L., e que ten un orzamento de 470.000,00 €, IVE incluído. E, visto o informe emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto de “Humanización da Travesía de Pontearnelas (Vilanova de Arousa)”, por importe de 470.000,00 €, IVE incluído, con cargo á partida 511.511-612.02 con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidade 2008 Anualidade 2009* Total 276.470,59 193.529,41 470.000,00 Na partida 08/511.511-612.02 existe crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto relativo á anualidade de 2008. A anualidade de 2009 contabilizarase na partida 09/511.511-612.02 quedando condicionada á aprobación do orzamento de 2009. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.15795.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXPLOTACIÓN E ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE INFORMACIÓN TERRITORIAL GEOPISTA IMPLANTADO NOS MUNICIPIOS DA PROVINCIA O Ministerio de Administracións Públicas e a Deputación de Pontevedra coa intención de impulsar a administración electrónica están levando a cabo un proxecto denominado Geopista que pretende mellorar a calidade do servizo que os concellos prestan ós seus cidadáns, así como mellorar a súa xestión interna permitindo o intercambio de información de maneira máis sinxela e eficaz entre os axentes participantes. Para unha mellor consolidación e difusión de Geopista resulta necesario contratar unha asistencia técnica que realice unha formación, mantemento e actuacións de desenvolvemento que permitan implementar novas funcionalidades que o complementen e permitan a súa mellor integración nos sistemas de xestión municipais existentes, cuxo custo se estima en 201.467,00 €. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, os documentos RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente para a contratación mediante concurso, procedemento aberto, da explotación e actualización do sistema de información territorial Geopista implantado nos municipios da provincia. Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda: -Autorizar o gasto de 201.467,00 euros, imputándose a cantidade de 61.188,00 euros á partida 08/911.911.662.07.2007, e a cantidade restante, 140.279,00 euros, á partida 08/911.911.662.07 do vixente Orzamento provincial. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como Lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE, COMO LEI FUNDAMENTAL DO CONTRATO, REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A EXPLOTACIÓN E ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE INFORMACIÓN TERRITORIAL GEOPISTA IMPLANTADO NOS MUNICIPIOS DA PROVINCIA I.- Obxecto do contrato. O desenvolvemento e implantación dunha serie de melloras ó sistema de información territorial baseado no Sig Geopista, desenvolvido pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, en concellos da provincia de Pontevedra e na Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Os traballos a realizar atópanse desenvolvidos no prego de prescricións técnicas que se une como anexo, os cales enuméranse a seguir: • Actuacións para unha mellor consolidación e difusión de Geopista en Pontevedra: -Formación. -Soporte e mantemento. -Difusión. • Actuacións de desenvolvemento que permitan implementar novas funcionalidades dentro do Geopista que o complementen e permitan a súa mellor integración nos sistemas de xestión municipais existentes: -Ferramenta para a realización de copias de seguridade individuais para cada municipio en instalacións compartidas. -Ferramenta para a xeración personalizada de informes. II.- Financiamento. O contrato financiarase con cargo á partida 08/911.911.662.07.2007 do vixente Orzamento Provincial a cantidade de 61.188,00€, e con cargo á partida 08/911.911.662.07, a cantidade de 140.279,00 €. III.- Pagamento. O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez prestada a conformidade pola Deputación. Permitirase a emisión de facturas parciais tralo remate de cada actuación particular previa certificación desta. Anticiparase o pagamento correspondente á adquisición de hardware unha vez fornecido esta á Deputación. IV.- Prazo.-O prazo para a realización do contrato será de DÍEZ MESES contado a partir da data de formalización do contrato. As probas e seguimento realizaranse durante os seis meses seguintes a que o concello teña en marcha o sistema. V.- Tipo de licitación. O orzamento que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de DOUSCENTOS UN MIL CATROCENTOS SESENTA E SETE EUROS (201.467,00 €), IVE incluído. VI.- Capacidade para contratar. Están capacitados para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar ou acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos dos arts. 16 e 18 do texto refundido do R.d.l. da LCAP e non estean afectados por ningunha das circunstancias que enumera o art. 20 como prohibitivas para contratar. VII.- Garantía provisional.- Será equivalente ó 2% do orzamento de licitación e poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o art. 35 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación VIII.- Garantía definitiva. A garantía definitiva será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse de calquera das formas previstas no art. 38 do texto refundido 2/2000, da LCAP. Dita fianza terá que ingresarse exclusivamente na Caixa desta Deputación. A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse dentro dos 15 días naturais seguintes á notificación da adxudicación do concurso. IX.- Presentación de proposicións: Lugar e prazo de presentación, formalidades e documentación. 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial, das 9 ás 13 horas, durante un prazo de cincuenta e dous días naturais, a partir da data do envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de plicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986804126) ou telegrama no mesmo día. 9.2. Formalidades. As proposicións constarán de dous sobres pechados denominados A e B e en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, e o nome do licitador. A) Sobre A, denominado proposición económica, que se presentará pechado, podendo ser lacrado e precintado, a petición do interesado e deberá ter a seguinte inscrición: Proposición económica para o concurso para a contratación da EXPLOTACIÓN E ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE INFORMACIÓN TERRITORIAL GEOPISTA IMPLANTADO NOS MUNICIPIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1. Proposta Económica. Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2. Cadro resumo da proposta, tal e como indica a cláusula quinta do prego de prescricións técnicas. 3. Descrición dos proxectos e das actuacións a levar a cabo. 4. Outras melloras. B) Sobre B, denominado de documentos, expresará a inscrición de: Documentos xerais para o concurso da contratación da EXPLOTACIÓN E ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE INFORMACIÓN TERRITORIAL GEOPISTA IMPLANTADO NOS MUNICIPIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, e conterá a documentación que sinala o art.79 do texto refundido do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, da L.C.A.P., e en todo caso, a seguinte: 1. Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación, no seu caso, do asinante da proposición, consistentes: 1.1. Documento Nacional de Identidade do licitador cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, por fotocopia compulsada por quen ostente a representación pública administrativa, ou Escritura de constitución da Sociedade Mercantil, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fóra persoa xurídica. 2. Poder debidamente bastanteado. Cando a licitador non actuei en nome propio ou trátese dunha sociedade ou persoa xurídica, deberá acompañarse poder notarial para representar á persoa ou entidade en cuxo nome concorre diante da administración contratante. Deberase verificar as facultades da persoa que concorre en nome da empresa polo secretario da corporación, notario ou calquera outra persoa lexitimada para certificar a suficiencia do poder, sendo igualmente válido o bastanteo da suficiencia co que se concorra a calquera licitación na administración publica nos últimos doce meses. Esta verificación será recabada a instancias do licitador que incluirá, posteriormente, o poder bastanteado no sobre A. 1.3. No caso de concorrer á licitación varias empresas, constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou Entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión diante da Administración. 1.4. As empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea, de Estados signatarios de acordo sobre o Espazo Económico Europeo e restantes empresas estranxeiras deberán acreditar a súa capacidade de obrar na forma prevista na LCAP e demais normativa vixente. Todas as empresas estranxeiras, comunitarias ou non, deberán presentar unha declaración de sometemento á xurisdición dos tribunais e xulgados españois. 2.- Declaración do licitador, facendo constar que non se atopa incursa en ningunha das prohibicións para contratar enumeradas no art. 20 e concordantes do texto refundido do R.d.l.2/2000 da LCAP. 3.- Documentos que acrediten atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. 6.- Declaración das cifras de negocios globais de subministracións realizados nos tres últimos exercicios. 7.- Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade . X.- Mesa de Contratación. A Mesa de Contratación estará integrada ou constituída do modo seguinte: PRESIDENTE, que serao o da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O secretario. - O interventor. - O enxeñeiro director do Servizo de Vías e Obras SECRETARIO: O técnico adxunto do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. XI.- Cualificación da documentación e apertura de proposicións. A Mesa de Contratación, en acto, que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, se este fóra sábado o primeiro día hábil seguinte, procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando ós licitadores excluídos as causas da súa exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A seguir, en acto público, o Secretario da Mesa procederá á apertura dos sobres A e dará lectura das proposicións económicas formuladas e elevaraas ós Servizos Técnicos correspondentes para os efectos de que emitan o preceptivo informe. XII.- Criterios base para a adxudicación.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán: a) Características técnicas das actuacións propostas polo licitador que mellor se adapten ó proxecto, ata un máximo de 4 puntos. b) Outras melloras, ata un máximo de 3 puntos. c) Menor prezo ofertado, ata un máximo de 2 puntos. d) Prazo, ata 1 punto. XIII.- Adxudicación definitiva. O Órgano de Contratación, recibida a proposta da mesa de contratación e avaliados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, calquera que sexa o procedemento seguido e a forma de contratación empregada, será notificada ós participantes na licitación. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma indicadas na cláusula VIII. XIV.- Formalización do contrato.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato de adxudicación do subministro en Documento Administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó de notificación da adxudicación, constituíndo título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, dito contrato administrativo poderá elevarse a Escritura Pública a petición do contratista e á súa costa. XV.- Gastos a cargo do adxudicatario. Serán de conta do adxudicatario os gastos dos anuncios e demais que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600,00 euros. XVI.- Revisión de prezos. Dada a duración do contrato non é aplicable ó mesmo a revisión de prezos. XVII.- Resolución do contrato. O contrato poderá extinguirse por algunha das causas de resolución anunciadas nos arts. 111 e 214 do texto refundido do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, da LCAP. XVIII.- Réxime xurídico. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. XIX.- Xurisdición competente. As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo Órgano de Contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso Administrativa, a teor da Lei de dita xurisdición. XX.- MODELO DE PROPOSICIÓN. Don ................................. maior de idade, veciño de ................................., con domicilio en ................................., titular do DNI nº .................................expedido con data .................................., en nome propio (ou en representación de ................................. con domicilio en ................................., conforme acredito con Poder Bastanteado). Informado do anuncio publicado no ________ nº...do día.....para adxudicar mediante Concurso, a contratación da EXPLOTACIÓN E ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE INFORMACIÓN TERRITORIAL GEOPISTA IMPLANTADO NOS MUNICIPIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA comprométese a realizalo, con suxeición ó Prego de Cláusulas Particulares e de Prescricións Técnicas, polo prezo máximo de................................(En letra e número)................euros. Ofértanse como melloras ós contidos expostos no prego de condicións: (Enumerar) A valoración económica das melloras é de________________ (Data e sinatura do propoñente)” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e pr
Ãrea de notas
Nota