ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2008/02/05_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/1.2008-02-05_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/02/05_Ordinaria

  • Data(s) 2008-02-05 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día cinco de febreiro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a señora deputada Dona Mª Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15827.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 23 de xaneiro de 2008. ------ Folla: 2.15828.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: ALBINO GONZÁLEZ, S.L. (CONFECCIONES STORY) (CIF B- 36.233.542) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos cincuenta e nove euros con oitenta e oito céntimos (859,88 €), para responder do contrato de subministro de diverso vestiario para as brigadas e vixiantes so Servizo de Vías e Obras (ano 2007), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/09/2007 con número de operación 200700074107, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRUPO NORTE MCA, S.L. (CIF B- 36.220.135) • A constituída en metálico, por importe de mil cento noventa e catro euros (1.194,00 €), para responder do VII Certame Provincial de Bandas de Música de Pontevedra, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 9/08/2007 con número de operación 200700068220, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRUPO DE COMUNICACIÓN GALICIA EN EL MUNDO, S.A. (CIF A- 36.757.789) • A constituída en metálico, por importe de setecentos vinte euros (720,00 €), para responder do contrato de prestación de servizos de publicidade no periódico Galicia en el Mundo, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/11/2006 con número de operación 200600100743, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 3.15829.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº15 RELATIVA Á OBRA DO “MODIFICADO DE REHABILITACIÓN DO EDIFICIO PARA ARQUIVO PROVINCIAL (PONTEVEDRA) Vista a certificación núm. 15 relativa á obra do “MODIFICADO DE REHABILITACIÓN DO EDIFICIO PARA ARQUIVO PROVINCIAL (PONTEVEDRA)”, adxudicada no seu día a Empresa FEYJU GALICIA, S.L., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 22 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: FEYJU GALICIA, S.L. (CIF. B-36.620.383) DEPUTACIÓN (08/432-451-622.03.2007) 182.599,78 € SUBTOTAL ………. 182.599,78 € Taxa Técnicos Directores 5.291,22 € Control de calidade Seguridade e saúde TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR ….. 177.308,56 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por cando trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 4.15830.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº24 RELATIVA Á OBRA “ENSANCHE E MELLORA DE TRAZADO E.P. ARCADE – AMOEDO (PAZOS DE BORBÉN) 3ª FASE” Vista a certificación núm. 24 relativa á obra do “ENSANCHE E MELLORA DE TRAZADO E.P. ARCADE – AMOEDO (PAZOS DE BORBÉN) 3ª FASE”, adxudicada no seu día a Empresa CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 21 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do Orzamento provincial 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF. A-36.614.691) DEPUTACIÓN (08/511-511-612.02.2005) 181.160,44 € SUBTOTAL ………. 181.160,44 € Taxa Técnicos Directores 5.249,51 € Control de calidade 656,19 € Seguridade e saúde 656,19 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR …. 174.598,55 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por cando trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 5.15831.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DA CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE GONDOMAR NO PAM/05, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA 286/571, DENOMINADA “TUBERÍA DE AUGA POTABLE EN A PASAXE”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación un/liq., do Concello de Gondomar, á vista do informe de Intervención de data 25 de xaneiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de trinta mil euros (30.000,00 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911.911.762.45.2005, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº286/571, denominada “Tubería de Auga potable en A Pasaxe”, incluída no PAM/05. ------ Folla: 6.15832.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á “COMUNIDADE DE AGUAS VECINALES SANTA CATALINA (VILAGARCÍA DE AROUSA)” NO PAC/06, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº43/1101, DENOMINADA “RENOVACIÓN DE TUBERÍAS DE AUGA”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación única, da Comunidad de Aguas Vecinales Santa Catalina (Vilagarcía de Arousa), á vista do informe de Intervención de data 28 de decembro de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de dezanove mil euros (19.000,00 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor da Comunidad de Aguas Vecinales Santa Catalina e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.514.789.07.2006, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº43/1101, denominada “Renovación de tuberías de auga”, incluída no PAC/06. ------ Folla: 7.15833.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. NICANOR BALTASAR GONZÁLEZ, POR DANOS SUFRIDOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE RIBADELOURO (PORRIÑO) Dada conta que con data de rexistro 24 de novembro de 2007 (rex. nº 039101) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don NICANOR BALTASAR GONZALEZ, veciño de Porriño e con domicilio a efectos de notificacións en Pontellas – Quintela, nº1 por danos padecidos en ciclomotor matrícula C-8957-BFG na estrada Ribadelouro o día 16 de novembro de 2006 e que cuantifica economicamente en 5.721,56 €. Resultando.- Que con data 17 de xaneiro de 2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 25 de xaneiro de 2008 co seguinte contido: “Una vez girada visita de inspección al lugar del accidente por parte de personal adscrito al Servicio de Vías y Obras -visita realizada el día 24 de enero de 2008 junto al reclamante- pongo en su conocimiento que dicho tramo de vial no pertenece a la red provincial de carreteras sino que se trata de un camino local asfaltado de competencia municipal”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 8.15834.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. PABLO RODRÍGUEZ LORENZO, POR DANOS SUFRIDOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA PO-402 SALVATERRA – VILLASOBROSO (SALVATERRA) Dada conta que con data de rexistro 18 de xaneiro de 2008 (rex. nº 001515) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don PABLO RODRIGUEZ LORENZO, veciño de Salvaterra e con domicilio a efectos de notificacións en Lodeiro, nº 2 por danos padecidos en vehículo matrícula PO-9667-BL na estrada PO-402 Salvaterra – Villasobroso, Pk 4 o día 29 de agosto de 2007 e que cuantifica economicamente en 1.046,74 €. Resultando.- Que con data 21 de xaneiro de 2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 28 de xaneiro de 2008 co seguinte contido: “pongo en su conocimiento que el citado vial no pertenece a la red de carreteras provinciales”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 9.15835.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA DEL PILAR SOTO NORES POR DANOS PERSOAIS A CONSECUENCIA DUNHA CAÍDA POLA EXISTENCIA DUN SOCAVÓN NA ESTRADA PROVINCIAL (VIGO) Dada conta que con data de rexistro 10 de outubro de 2007 (rex. nº 034185) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona MARIA DEL PILAR SOTO NORES con enderezo de notificacións en Avda. de Madrid, nº 42 -1º B, por danos persoais padecidos o día 4 de xuño de 2007, na Estrada Provincial (Vigo). Resultando.- Que con data 5 de novembro de 2007 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 19 de decembro de 2007 co seguinte contido: “ 1.- •El punto referenciado en el croquis que se adjunta a la reclamación se encuentra ubicado en la carretera provincial de Vigo cuya titularidad corresponde a la Diputación Provincial de Pontevedra. 2.- Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia del accidente de referencia; tampoco se ha tenido conocimiento de la existencia de otros accidentes provocados por la misma causa-existencia de un socavón de grandes dimensiones en la calzada- en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. 3.- Girada la visita de inspección al lugar del accidente se ha podido comprobar que en el mismo no existe ningún socavón y mucho menos de “grandes dimensiones”, pudiéndose apreciar únicamente la existencia de una pequeña descarnadura en la capa de rodadura. Consultados los archivos de esta Unidad Administrativa no se conoce actuación alguna en dicha zona en el último año, siendo la última de la que se tiene constancia una zanja abierta por GAS GALICIA hace aproximadamente un año y medio. 4.- Por último es importante resaltar que no existe- o no se ha aportado- atestado levantado por la policía local respecto del presunto accidente y que personal adscrito al Servicio de Vías y Obras ha preguntado a vecinos de la zona sobre los hechos denunciados sin que nadie haya tenido constancia de lo ocurrido. “ Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo. A obriga da reclamante de achegar o expediente algún mínimo principio de proba ou indicio non foi satisfeita no presente suposto, quebrándose así o principio fundamental da carga da actividade probatoria atribuída a parte que insta, quebra que supón un soslaiamento dunha consolidada e inventariada doutrina xurisprudencial que pode resumirse en que quen alega debe probar, e no caso presente non se achega atestado da Garda Civil de Tráfico ou informe da Policía Local, fotos ou información testifical que mova a esta Deputación a crenza certa e obxectiva de que o suposto accidente se produxo do xeito que a reclamante expón, pero moito menos que exista vinculo inmediato, directo e exclusivo algún entre o evento e o actuar da Deputación, polo que a reclamación debe ser rexeitada. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 10.15836.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA OLALLA DOMÍNGUEZ PEREIRA, POR DANOS PRODUCIDOS EN VEHÍCULO PADECIDOS NA E.P.2702 AMOEDO A OS VALOS (PAZOS DE BORBÉN) Dada conta que con data de Rexistro 19/12/07 (rex. nº 41994) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona OLALLA DOMINGUEZ PEREIRA con enderezo en Albite nº 9 da parroquia de Nespereira en Pazos de Borbén, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca Opel Corsa e matrícula PO-5728-BL na estrada de Amoedo a Los Valos en dirección a este último, o día 25/07/2007 e que individualiza economicamente en 295,80 €. Resultando.- Que con data 20/12/07 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 22/01/08 co seguinte contido: “Primero.-La E.P. 2702 Amoedo-Os Valos está incluida dentro de la red de carreteras provinciales. Segundo.- Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, “existencia de una tapa de alcantarilla suelta en la calzada”, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe; no obstante lo anterior el capataz de la zona ha podido averiguar que operarios del Ayuntamiento de Pazos de Borbén han procedido a reparar las alcantarillas existentes en el tramo del vial en distintas ocasiones. Tercero.- En consecuencia y como quiera que los daños denunciados fueron provocados por una alcantarilla en mal estado de conservación y dado que el servicio de alcantarillado es de competencia municipal, según lo previsto en la letra f, del párrafo 2º, del artículo 25 de la Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases de Régimen Local, el Ayuntamiento sería responsable no sólo del mantenimiento del citado servicio- como prueba el hecho de las distintas reparaciones efectuadas por operarios municipales- sino también de los posibles daños que el mismo ocasione, salvo en el supuesto de existir un contrato de concesión administrativa de gestión del servicio público, en cuyo caso l responsabilidad recaería sobre la empresa concesionaria (artículo 161.c) del Real Decreto Legislativo 2/2000, de 16 de junio, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas cuando señala, dentro de las obligaciones generales del concesionario del contrato de gestión de servicios públicos, que “El contratista estará sujeto al cumplimiento de las siguientes obligaciones, con carácter general... c)Indemnizar los daños que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera el desarrollo del servicio, excepto cuando el daño sea producido por causas imputables a la Administración.....”; en el mismo sentido con carácter general el artículo 97 del Real Decreto Legislativo 2/2000, de 16 de junio, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas en relación con lo dispuesto en el párrafo 2º del artículo 121 de la Ley de Expropiación Forzosa)”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois o deber de policía e inspección que fai xurdir a imputabilidade sobre a culpa “ in vigilando” atribúese en virtude do artigo 25.2 “l” da Lei 7/85 o Concello de Pazos de Borbén, quedando a salvo a posibilidade deste para dirixirse a empresa concesionaria do servizo. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que no presente acordo se cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 11.15837.- DAR CONTA DO AUTO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº3 DE PONTEVEDRA, DITADO EN PEZA SEPARADA DE MEDIDAS CAUTELARES 65/07, DIMANANTE DO RECURSO PROMOVIDO POR CAJA RURAL DE NAVARRA, CONTRA ACORDO DO IPESPO SOBRE DEVOLUCIÓN DE FIANZA (P.O. 376/07) Dada conta que con data 24 de xaneiro de 2008 tivo entrada nesta Deputación Auto do Xulgado do Contencioso nº 3 de Pontevedra, ditado en Peza Separada de Medidas Cautelares 65/07, dimanante do recurso promovido por CAJA RURAL DE NAVARRA contra acordo do IPESPO sobre devolución de fianza (P.O. 376/07), no que se desestima a petición de suspensión cautelar solicitada pola actora, atendendo así as alegacións formuladas pola Asesoría Xurídica desta Deputación, que leva a dirección letrada do contencioso. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable de dito Auto. ------ Folla: 12.15838.- DAR CONTA DE SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº1 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO 257/2007 PROMOVIDOS POR D. ÁLVARO CASANOVA BARREIRO POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA RÚA TUI DE VIGO Dada conta que con data 22 de xaneiro de 2008 tivo entrada nesta Deputación Sentenza de data 18 de xaneiro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, recaída en recurso procedemento abreviado 257/07 promovidos por D. Álvaro Casanova Barreiro contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por importe de 4.897,21 € por danos en accidente de tráfico na rúa Tui de Vigo o día 21 de abril de 2006, pola que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. ------ Folla: 13.15839.- DAR CONTA DE SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº2 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO122/07 PROMOVIDOS POR DNA. FLORA AIDO DÍAZ POR DANOS PADECIDOS EN VILANOVA DE AROUSA Dada conta que con data 21 de xaneiro de 2008 tivo entrada nesta Deputación Sentenza de data 28 de decembro de 2007, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en recurso procedemento ordinario 122/07 promovidos por Dna. Flora Aido Díaz contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por importe de 18.770,20 €, por danos padecidos como consecuencia dunha caída no cruce de A Burra (Vilanova de Arousa) o día 21 de febreiro de 2006, pola que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. ------ Folla: 14.15840.- PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES SAN JOSÉ DE CANGAS DENTRO PROGRAMA DE AXUDAS A ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA O ANO 2007 Dada conta da solicitude da Confraría de Pescadores San José de Cangas, CIF núm. G36014389, para ampliar o prazo da xustificación da axuda que se lle concedeu pola Xunta de Goberno do 08/06/2007 con cargo ó “Programa de axudas para adquisición de semente – 2007”, e vistos os informes da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do xefe do Servizo Agrario e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o prazo para xustificar esta axuda por un período máximo de tres meses a contar dende a data da notificación do presente acordo. ------ Folla: 15.15841.- PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES SAN CIPRIANO DE ALDÁN-HÍO DENTRO PROGRAMA DE AXUDAS A ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA O ANO 2007 Dada conta da solicitude da Confraría de Pescadores San Cipriano de Aldán-Hío, CIF núm. F36007714, para ampliar o prazo da xustificación da axuda que se lle concedeu pola Xunta de Goberno do 08/06/2007 con cargo ó “Programa de axudas para adquisición de semente – 2007”, e vistos os informes da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do xefe do Servizo Agrario e da Intervención e o ditame da Comisión Informativa de Pesca e Asuntos Mariños, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o prazo para xustificar esta axuda por un período máximo de tres meses a contar dende a data da notificación do presente acordo. ------ Folla: 16.15842.- PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES A PASTORIZA DE VILANOVA DE AROUSA DENTRO PROGRAMA DE AXUDAS A ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA O ANO 2007 Dada conta da solicitude da Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa, CIF núm. G36013597, para ampliar o prazo da xustificación da axuda que se lle concedeu pola Xunta de Goberno do 08/06/2007 con cargo ó “Programa de axudas para adquisición de semente – 2007”, e vistos os informes da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do xefe do Servizo Agrario e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o prazo para xustificar esta axuda por un período máximo de tres meses a contar dende a data da notificación do presente acordo. ------ Folla: 17.15843.- PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES SAN JOSÉ DE CANGAS DENTRO PROGRAMA DE AXUDAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES PARA O ANO 2007 Dada conta da solicitude da Confraría de Pescadores San José de Cangas, CIF núm. G36014389, para ampliar o prazo da xustificación da axuda que se lle concedeu pola Xunta de Goberno do 11/05/2007 con cargo ó “Programa de axudas para confrarías de pescadores – 2007”, e vistos os informes da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do xefe do Servizo Agrario e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o prazo para xustificar esta axuda por un período máximo de tres meses a contar dende a data da notificación do presente acordo. ------ Folla: 18.15844.- PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES SAN CIPRIANO DE ALDÁN-HÍO DENTRO PROGRAMA DE AXUDAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES PARA O ANO 2007 Dada conta da solicitude da Confraría de Pescadores San Cipriano de Aldán-Hío, CIF núm. F36007714, para ampliar o prazo da xustificación da axuda que se lle concedeu pola Xunta de Goberno do 11/05/2007 con cargo ó “Programa de axudas para confrarías de pescadores – 2007”, e vistos os informes da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do xefe do Servizo Agrario e da Intervención e o ditame da Comisión Informativa de Pesca e Asuntos Mariños, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o prazo para xustificar esta axuda por un período máximo de tres meses a contar dende a data da notificación do presente acordo. ------ Folla: 19.15845.- PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES A PASTORIZA DE VILANOVA DE AROUSA DENTRO PROGRAMA DE AXUDAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES PARA O ANO 2007 Dada conta da solicitude da Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa, CIF núm. G36013597, para ampliar o prazo da xustificación da axuda que se lle concedeu pola Xunta de Goberno do 11/05/2007 con cargo ó “Programa de axudas para confrarías de pescadores – 2007”, e vistos os informes da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do xefe do Servizo Agrario e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o prazo para xustificar esta axuda por un período máximo de tres meses a contar dende a data da notificación do presente acordo. ------ Folla: 20.15846.- COMUNICACIÓNS Queda enterada da comunicación do Enxeñeiro Xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento, de data 15/01/08 (nº Rex. entrada 001194, de 16/01/08), enviando Resolución da Excma. Sra. Ministra pola que se aproba o expediente de Información Pública e definitivamente o Estudo Informativo “Autovía A-57. Circunvalación de Pontevedra”. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 21.15847.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIRÓS-TERRA DE MONTES, RELATIVA Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL Ó ORZAMENTO DO CITADO CONSORCIO CORRESPONDENTE Ó 3º E 4º TRIMESTRE DO ANO 2007 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 168.222,34 € para gastos de funcionamento correspondente ó terceiro e cuarto trimestre do ano 2007, e o informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a cantidade de 168.222,34 €, como achega da Deputación para o ano 2007 ó Consorcio durante o terceiro e cuarto trimestre. 2. Aprobar o pago de 168.222,34 € con cargo a la partida 08/911.223.467.01 na que existe crédito reservado a tal fin mediante R.C. núm. 200800003972. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 22.15848.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNES, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 4º TRIMESTRE DO ANO 2007 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés CIF: G-36.362.440, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Excma. Deputación, que ascende a 127.700,00 € para gastos de funcionamento do 4º trimestre do ano 2007, e o informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a cantidade de 127.700,00 €, como achega da Deputación para o ano 2007 ó Consorcio durante o cuarto trimestre. 2. Declarar de aboo a favor do Consorcio a cantidade de 127.700,00 € con cargo á partida 08/911.223.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 200800003965. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 23.15849.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CANGAS NO PAM/05, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº209/146, DENOMINADA “PLAN DE CONTENERIZACIÓN SOTERRADA”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación tres/final, do concello de Cangas, á vista do informe de Intervención de data 30 de xaneiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 8.453,43 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911.911-762.45.2005, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº 209/146, denominada “Plan de contenerización soterrada”, incluída no PAM/05. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 24.15850.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS a) De conformidade coa proposta de data 18 de xaneiro de 2008, da asesora de Urbanismo, Dona María Encarnación Rivas Díaz, adscrita ó Servizo da Presidencia solicita permiso e axuda económica para poder asistir ó “Curso Superior de Expertos en Ordenación do Territorio, Medio Ambiente, Protección do Litoral e Urbanismo galego” convocado pola Revista de Dereito Urbanístico e que terá lugar do 14 de xaneiro ó 12 de maio de 2008 en Santiago de Compostela, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das facultades que lle confire o artigo 61.12 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, e o artigo 105 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, conceder a Dona María Encarnación Rivas Díaz o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 3.862,50 €, co carácter de “a xustificar”, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Inscrición: 2.850,00 € Desprazamentos: (coche propio) Pontevedra- Santiago-Pontevedra: (120 Km.) x 15 días 342,00 € Peaxe autoestrada: (15 días) 240,00 € Aparcamento (15 días) 150,00 € TOTAL: 732,00 € Dietas: ½ Manutención Grupo II (15 días) 280,50 € TOTAL: 280,50 € Ditas cantidades imputaránselle con cargo á partida 08/112.111.231.01 de Desprazamentos por importe de 732,00 €; á 08/112.111.230.01 de Dietas por importe de 280,50 € e á partida 08/122.314.162.00 de Inscrición ó curso por importe de 2.850,00€. Para a subscrición das indemnizacións que puidesen corresponder e ó abeiro da norma 14ª do acordo nº 9.14880 de data de 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, a referida funcionaria deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento do curso e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, a asistencia co correspondente certificado ou diploma. b) De conformidade coa proposta de data 22 de xaneiro de 2008, o Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios solicita permiso e axuda económica, co carácter de “a xustificar”, para que Dona Rebeca Domínguez Pérez, Coordinadora do Proxecto Mercurio poida asistir, á presentación da nova área de comercio en FITUR, que se celebrará o próximo día 30 de xaneiro de 2008 en Madrid, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dona Rebeca Domínguez Pérez o permiso solicitado e unha axuda económica, co carácter de “a xustificar”, por importe total de 156,10 euros, estando desgregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: (Saída o día 30 antes das 14:00 horas e regreso día 30 despois das 22:00 horas) Desprazamentos: Coche propio: Pontevedra-Aeroporto Vigo-Pontevedra: (60 km.) 11,40 € Autoestrada (ida e volta): 6,00 € Aparcamento aeroporto: 20,00 € Taxi/Metro: 100,00 € TOTAL DESPRAZAMENTOS: 137,40 € Dietas: Día 30: (1/2 manutención) Cea 18,70 € TOTAL DIETAS: 18,70 € Ditas cantidades imputaranse ás partidas 08/313.623.231.01 de locomoción por importe de 137,40 € e á 08/313.623.230.01 de dietas por importe de 18,70 € do vixente Orzamento provincial. c) De conformidade coa proposta de data 16 de xaneiro de 2008, o Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios solicita permiso e axuda económica para que Dona Marta Iglesias Bueno, Axente de Desenvolvemento Local e Dona Nidia María Arévalo Gómez Coordinadora de Proxectos Europeos, poidan asistir, en representación deste Organismo Provincial, á presentación e iniciación do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza organizado pola Dirección Xeral de Fondos Comunitarios, que se celebrará os días 6 e 7 de febreiro de 2008 en Badajoz, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dona Marta Iglesias Bueno e a Dona Nidia María Arévalo Gómez o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 1.228,11 euros, co carácter de “a xustificar”, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: MARTA IGLESIAS BUENO: (Saída día 6 de febreiro antes das 14:00 horas e regreso día 7 de febreiro posterior ás 22:00 horas) DESPRAZAMENTOS: Avión: (Vigo-Badajoz-Vigo) 450,00 € Coche propio (Vigo-Aeroporto-Vigo) 7,00 € Aparcamento Aeroporto 75,00 € TOTAL DESPRAZAMENTOS: 532,00 € DIETAS: Aloxamento: Día 6: Hotel 65,97 € Manutención: Día 6: (1 manutención) Grupo II 37,40 € Día 7: (1 manutención) Grupo II 37,40 € TOTAL DIETAS: 140,77 € NIDIA ARÉVALO GÓMEZ: (Saída día 6 de febreiro antes das 14:00 horas e regreso día 7 de febreiro posterior ás 22:00 horas) DESPRAZAMENTOS: Avión: (Vigo-Badajoz-Vigo) 450,00 € TOTAL DESPLAZAMIENTOS: 450,00 € DIETAS: Aloxamento: Día 6: Hotel 48,92 € Manutención: Día 6: (1 manutención) Grupo III 28,21 € Día 7: (1 manutención) Grupo III 28,21 € TOTAL DIETAS: 105,34 € Ditas cantidades imputaranse ás partidas 313-313.231.01 de locomoción por importe de 982,00 € e 313-313.230.01 de dietas por importe de 246,11 € do vixente Orzamento provincial. d) De conformidade coa proposta de data 23 de xaneiro de 2008, a Xefe do Servizo de Fiscalización Dona Inés Vereterra-Gutiérrez Maturana, adscrita ó Servizo de Intervención solicita permiso e axuda económica para poder asistir ó curso “A nova Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público” convocado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e que terá lugar do 3 ó 10 de marzo de 2008 en Santiago de Compostela, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das facultades que lle confire o artigo 61.12 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro e o artigo 105 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, conceder a Dona Inés Vereterra-Gutiérrez Maturana o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 339,60 euros, co carácter de “a xustificar”, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Desprazamentos: (coche propio) Pontevedra- Santiago-Pontevedra: (140 Km.) x 6 días 159,60 € Peaxe autoestrada: 60,00 € Aparcamento: 120,00 € TOTAL: 339,60 € Ditas cantidades imputaránselle con cargo á partida 08/611.611.231.01 de Desprazamentos por importe de 339,60 €. Para a subscrición das indemnizacións que puidesen corresponder e ó abeiro da norma 14ª do acordo nº 9.14880 de data de 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, a referida funcionaria deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento do curso e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, a asistencia co correspondente certificado ou diploma. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 25.15851.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS a) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 4 de febreiro de 2008, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200800000076 e que conten setenta e tres facturas, sendo a primeira de Talleres Regalade Beleda López, S.L., por importe de 488,72 € e a derradeira de Ces Rolofal, S.L. por importe 2.299,12 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 56.686,29 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 56.686,29 € b) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 4 de febreiro de 2008, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200800000081 e que conten sesenta e seis facturas, sendo a primeira de Publicidade Terceiro Milenio, S.L., por importe de 19.997,56 € e a derradeira de Servicios Galicia, S.A., por importe 2.990,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 91.949,34 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 91.949,34 € ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 26.15852.- INFORME EN RELACIÓN CO PROXECTO DE TRAZADO E ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA AMPLIACIÓN DE CAPACIDADE DA PO-531 PONTEVEDRA-VILAGARCÍA, TREITO PONTEVEDRA-CURRO, REMITIDO POLA DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES DA XUNTA DE GALICIA Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, de data 10 de decembro de 2007, recibida nesta Deputación o día 17 de decembro de 2007 (Rex. de entrada núm. 41737), remitindo proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da ampliación da capacidade da PO-531 Pontevedra, Vilagarcía, treito: Pontevedra-Curro, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Servizo de Vías e Obras, emite informe con data 28 de decembro de 2007, no que manifesta, entre outros: “...Que el trazado propuesto, a la altura del punto 7+500, entronca con una vía de servicio lateral con el inicio de la E.P. 0508 (Curro-San Amaro), por lo que, siguiendo con el criterio establecido en otras actuaciones semejantes, y a fin de establecer una solución que permita acondicionar en su día la mencionada E.P. de acuerdo con los parámetros usuales en este Servicio, se hace necesario que el abanico de conexión de la mencionada E.P. 0508 con la vía de servicio lateral, contemple un ancho de la primera de 14 metros. Por otra parte, en la zona próxima a la glorieta proyectada, existe dos yacimientos arqueológicos registrados en las correspondientes fichas de la Dirección Xeral de Patrimonio Cultural bajo los epígrafes GA36002006 y GA36002008 los cuales corresponden al Castro de Curro/Os Castros y al yacimiento romano de la Iglesia Parroquial de Curro. Teniendo en cuenta este condicionante, y en aplicación de la legislación sectorial vigente en materia de patrimonio cultural, se hace preceptivo el informe y autorización de la Consellería de Cultura y Deportes del citado proyecto.” Resultando que o Enxeñeiro Director de Vías e Obras, emite informe con data 11 de xaneiro de 2008, no que manifesta, entre outros: “...examinado el expediente se puede constatar que la carretera proyectada es un conjunto de diferentes concepciones de secciones que, independientemente de suponer una merma en las condiciones de seguridad vial por cuanto el conductor se va a encontrar ante escenarios cambiantes con muy pocos nexos de continuidad, queda por definir lo que supone en aumento de capacidad de la mencionada carretera, dada la complejidad anteriormente señalada. La situación que se encontraría desde su inicio es como sigue: • Arranca con 4 carriles separados por una mediana central sin vías de servicio laterales. • A partir del P.K. 0+600 la carretera cuenta con una vía de servicio a la derecha. • A partir del P.K. 0+840 la carretera cuenta con vía de servicio a la derecha y a la izquierda. • En el P.K. 1+400 desaparecen las vías de servicio hasta el P.K. 1+600. • A partir del P.K. 1+600 desaparece la mediana para disponer de 2 carriles y 2 vías de servicio con aceras y bandas de aparcamiento a derecha e izquierda. • Sobrepasada la Glorieta de Campañó y hasta el P.K. 2+600, se mantiene la sección anterior para desaparecer la vía de servicio hasta el P.K. 2+800 donde se adopta una sección de 2 carriles, separados por una mediana, más 2 vías de servicio a derecha e izquierda. • A partir del P.K. 3+0402 (Glorieta de Sindin) se vuelve a adoptar la sección de 4 carriles con mediana y vía de servicio a la derecha y vía de servicio a la izquierda con acera y banda de aparcamiento. • A partir del P.K. 3+500 desaparece la acera de la vía de servicio de la izquierda y su banda de aparcamiento. • En el P.K. 3+800 se vuelve a disponer de acera en la vía de servicio de la izquierda junto con una banda de aparcamiento. • En el P.K. 3+900 desaparece el camino de servicio de la derecha que discurría en un plano por debajo de la rasante de la carretera principal. • En el P.K. 4+180 desaparece la acera y la banda de aparcamiento de la vía de servicio de la izquierda • En el P.K. 4+400 la carretera pasa a disponer de 4 carriles sin vías de servicio. • En el P.K. 4+700 se habilita una vía de servicio a la derecha con acera y banda de aparcamiento y vía de servicio de la izquierda que empieza a disponer de acera y banda de aparcamiento a partir del P.K. 4+900. • Entre los P.Ks. 4+700 y 5+200, la parte izquierda de la carretera cuenta con un carril, mientras que la derecha cuenta con dos. Ambas partes se separan con una mediana. • Desde el P.K. 5+220 (Glorieta Devesa) hasta el P.K. 5+500, la carretera cuenta con 3 carriles, sin mediana de ningún tipo, con aceras, disponiendo la de la izquierda, de banda de aparcamiento. • A partir del P.K. 5+500 se vuelve a disponer de 4 carriles separados por una mediana sin ninguna vía de servicio. • A partir del P.K. 6+100 desaparece un carril en la izquierda y aparece una vía de servicio con acera. • A partir del P.K. 6+200, aparece una vía de servicio a la derecha con acera. • A partir del P.K. 6+300 la vía de servicio de la izquierda dispone de acera y banda de aparcamiento. • En el P.K. 6+400 desaparece la vía de servicio de la derecha. • En el P.K. 6+500 desaparece la acera de la vía de servicio de la izquierda. • A partir del P.K. 6+700 (Glorieta Aspera) se pasa a 2 carriles sin mediana con vías de servicio a derecha e izquierda. • A partir del P.K. 7+200 se vuelve a la sección de 2 carriles a la derecha y 1 carril a la izquierda, separados por una mediana. • A partir del P.K. 7+300 se vuelve a disponer de aceras en las vías de servicio de derecha e izquierda. • A partir del P.K. 7+700 (Glorieta Bretoña) se vuelve a disponer de 2 carriles sin mediana disponiendo de vías de servicio con aceras y banda de aparcamiento en la vía de servicio de la izquierda, manteniéndose esta sección hasta el final, salvo en el P.K. 8+060 en donde la vía de servicio de la derecha dispone de un pequeño espacio con bandas de aparcamiento. Cabe señalar que en los P.Ks. 1+700, 2+640 y 8+040, existen unos pasos elevados para peatones. Ante tal variedad de secciones tipo se mantiene la duda de si realmente se aumenta la capacidad de la actual PO-531 y, cuando menos, quedan serias dudas acerca del nivel de seguridad vial que presenta dicha carretera, para un usuario, antes de conocerlo en profundidad.” Resultando que a Técnica de Medio Ambiente, emite informe con data 31 de xaneiro de 2008, no que manifesta, entre outros: “Se observa que en la zona objeto de estudio no hay espacios naturales protegidos aunque sí existen zonas húmedas catalogadas dentro del Inventario de zonas húmedas de Galicia (Xunqueira de Alba, Xunqueira de Lérez…) así como hábitats de interés comunitario (bosques aluviales residuales, carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robar y Quercus Pyrenaica). Las afecciones a estos espacios están contempladas en el Estudio de impacto ambiental así como las medidas protectoras y correctoras que los atenuan. El aspecto más importante a destacar es que existe un impacto de intensidad muy alta sobre el medio socioeconómico, mucho mayor que el impacto sobre el medio físico: el efecto barrera sobre la permeabilidad territorial en una zona tan poblada y un importante impacto sobre los cultivos (entre ellos el de la vid) y las edificaciones. A esto habría que añadir la interferencia de la construcción de la infraestructura en el planeamiento de los municipios afectados (Barro y Pontevedra). Ante la magnitud del impacto socioeconómico cabe concluir que no está claro que los beneficios que se pueden obtener del aumento de la capacidad de la actual PO-531 (cuestión también puesta en duda en el informe del Ingeniero Director de Vías y Obras) vayan a compensar el impacto negativo en la zona afectada por la infraestructura.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ós citados informes, e a súa remisión á Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 27.15853.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE BAIONA Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Baiona, de data 14 de decembro de 2007 (rexistro de entrada núm. 42179, de data 20/12/07), pola que se remite copia do expediente sobre Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Baiona, a efectos de informe, por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 1 de febreiro de 2008, no que manifesta, entre outros: “...dado que las limitaciones establecidas para las carreteras pertenecientes a la Red Provincial se ajustan a lo establecido en la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las carreteras provinciales de 16 de enero de 1996, actualmente en vigor, debiendo establecerse una distancia entre líneas de edificación de 14 m. en aquellos tramos de carretera provincial con calificación de suelo urbano”. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de Baiona. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 28.15854.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL Nº19027 RELATIVA Á PRÓRROGA POR UN ANO DO CONTRATO DA PÓLIZA DE RESPONSABILIDADE CIVIL-PATRIMONIAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A ANUALIDADE DE 2008 Vista a Resolución Presidencial número 19027, de data 27 de decembro de 2007, prorrogando por un ano o contrato da póliza de responsabilidade civil-patrimonial que foi adxudicado pola Xunta de Goberno, en sesión 5 de xaneiro de 2005, á empresa Caja de Seguros Reunidos, Cía de Seguros y Reaseguros, S.A. (C.I.F. A-28.013.050). Por Intervención certifícase a existencia de consignación orzamentaria para facer fronte ó gasto, para o período comprendido entre o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2008, con cargo á partida 08/511.511.224.08. Considerando o apartado segundo da base 17 para a execución do orzamento provincial para o exercicio 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Ratificar a Resolución Presidencial nº 19027 relativa á prorroga por un ano do contrato da póliza de responsabilidade civil-patrimonial da Deputación de Pontevedra para a anualidade do 2008, que se trasunta tal e como segue: “A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dita a seguinte RESOLUCIÓN. A Xunta de Goberno, en sesión de 5 de xaneiro de 2005, adxudicou á empresa Caja de Seguros Reunidos, Cía de Seguros y Reaseguros, S.A. (C.I.F. A-28.013.050) o contrato dunha póliza de seguro de responsabilidade civil-patrimonial da Deputación Provincial de Pontevedra por un importe anual de 67.606,80 € Ive incluído. Na base 4 do Prego de Condicións Económico-Administrativas que rexeu o concurso e na cláusula quinta do contrato definíase que a duración do mesmo sería dun ano, podendo prorrogarse a súa vixencia por mutuo acordo das partes sen que a duración total do contrato poida exceder de catro anos. En sesión de 29 de decembro de 2006, a Xunta de Goberno acordou prorrogar o contrato da póliza de responsabilidade civil patrimonial para cubrir o risco durante o ano 2007. Vista a oferta da empresa para prorrogar o contrato, así como o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, e de conformidade co estipulado no artigo 198.1 do RDL 2/2000, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, RESOLVÍN: Prorrogar por un ano o contrato da póliza de responsabilidade civil-patrimonial da Deputación de Pontevedra durante o ano 2008 coa empresa Caja de Seguros Reunidos, Cía de Seguros y Reaseguros, S.A. (C.I.F. A-28.013.050) pola cantidade de setenta e seis mil catrocentos quince euros con vinte e cinco céntimos (76.415,25 €), IVE incluído. A prorroga queda condicionada á aprobación definitiva e entrada en vigor do orzamento para o exercicio de 2008, autorizándose dito gasto con cargo á partida 08/511.511.224.08 O contrato terá efectos a partir do día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2008.” Así mesmo, acórdase autorizar dito gasto con cargo á partida 08/511.511.224.08. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 29.15855.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “REPARACIÓNS NO EDIFICIO DA SEDE DA DEPUTACIÓN EN VIGO” Visto o proxecto, redactado polo Servizo de Arquitectura, para a execución da obra de “Reparacións no Edificio na Sede da Deputación Provincial en Vigo”, cuxo importe ascende á suma de 124.576,93 €, IVE incluído; e, visto o informe emitido por Intervención relativo ó financiamento da obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto con cargo á partida 08/432.432.622.03.2007, quedando condicionada a mesma á incorporación de remanentes do exercicio 2007. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 30.15856.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A INSTALACIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL DE ÚLTIMA XERACIÓN NO CAMPO DE FUTBOL DE ANGOARES Visto que a Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base pretende instalar campos de herba artificial en diversos concellos, o que mellorará e ampliará as infraestruturas deportivas da provincia, ten a intención de asinar un convenio de colaboración co concello de Ponteareas para a instalación de céspede artificial de última xeración no campo de Angoares. Considerando o art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que sinala que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese subscribir un Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a instalación dun campo de fútbol de herba artificial. Vistos así mesmo, os Informes emitidos polo Sr. Secretario e Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol de ANGOARES. Facúltase ó Presidente para que formalice o mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FUTBOL DE ANGOARES No Concello de Ponteareas, a de de REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Salvador González Solla, Alcalde-Presidente do Concello de Ponteareas, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPONEN I.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. II.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. III.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol de Angoares, no concello de Ponteareas. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica con arranxo a un proxecto tipo. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: • Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). • Dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles (4 unidades). • Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). • Bancos de suplentes (2 unidades). • Un marcador. • Bancadas (200 unidades). Ambas fases serán coordinadas por técnicos especialistas. Segunda.- O importe da realización destas dúas fases para un campo de fútbol de 100x65 m, de acordo co proxecto base, cífrase na contía máxima de 368.000,00 euros, incluíndo o 25% achegado polo concello, que serán aboados pola Deputación ás empresas adxudicatarias, con cargo á partida 08/123.452.662.08.2007 do orzamento provincial. Terceira.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.- O Concello de Ponteareas comprométese as seguintes obrigas: 1.- Achegar para a realización das obras de infraestrutura e da instalación do céspede artificial a cantidade de 92.000,00 euros, financiándose dita cantidade en dúas anualidades. O Concello obrigase a ingresar na Deputación, antes do comezo das obras e na anualidade 2008, a cantidade de 23.000,00 euros, e a restante, 69.000,00 euros, antes do segundo trimestre do ano 2009, e en todo caso, unha vez notificado, nos prazos de pago que establece o artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de falta de ingreso desta cantidade ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. 2.- Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol que se reflicten no anexo ó convenio. Estas obras de adecuación serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un Técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. 3.- Dar a adecuada publicidade da subvención obtida en tódolos ámbitos de actuación deste convenio. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producida por unha modificación do proxecto inicial, financiarase, polas entidades subscribintes deste convenio, nas mesmas porcentaxes estipuladas nas cláusulas anteriores. Sexta.- Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial farase entrega ó concello, formalizándose mediante unha acta de entrega. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello, aboando os custos que supoñan anualmente na mesma porcentaxe que o financiamento da súa construción, o 75% a Institución Provincial e o 25% o Concello, que se farán efectivas na forma que se determine. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2009. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvención, R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do protocolo. E en proba de canto anteced

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición