ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2008/12/03_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/2.2008-12-03_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/12/03_Ordinaria

  • Data(s) 2008-12-03 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día tres de decembro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. José Carlos Silva Mariño, escusando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1. 16668.- MODIFICACIÓN PARCIAL DO OBXECTO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 25/06/2008, EN FAVOR DA ASOCIACIÓN “REXURDIR PROVINCIAL” Aprobada pola Xunta de Goberno do 25/06/2008 unha subvención de 5.920,00 €, en favor da Asociación Rexurdir Provincial para “Curso de Encofrador” de 300 horas de duración, concedida pola Xunta de Goberno do 27/08/2008 unha prórroga ata 31 de xaneiro de 2009 para a xustificación da subvención e comunicada por tal Asociación a imposibilidade de completar as horas do citado curso por carencia de alumnado e solicitada a transformación do mesmo en horas lectivas de Actividades Forestais, sen modificar o orzamento do curso nin o importe da subvención , a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a modificación parcial do obxecto da subvención concedida pola Xunta de Goberno de 25/06/2008, en favor da Asociación Rexurdir Provincial para “Curso de Encofrador”, no senso de que as 156 horas lectivas que non puideron levarse a cabo, coa devandita temática, pasen a converterse nun “Curso de Actividades Forestais” co mesmo orzamento previsto inicialmente e con acumulación de horas lectivas entre ámbolos dous cursos, para a xustificación da subvención. ------ Folla: 2.16669.- BASES REGULADORAS DAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROXECTO AQUELANDO 2 Con data 14 de maio de 2008 recíbese na Deputación Provincial de Pontevedra a notificación de resolución de axudas da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial pola que se concede a subvención do Fondo Social Europeo para a execución das accións do Proxecto Aquelando 2. Visto o informe-proposta de 28 de novembro de 2008 do Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios relativo á aprobación das bases reguladoras das accións formativas do Proxecto Aquelando 2. Visto que o tempo de execución das accións formativas é de 30 meses, período que transcorrerá aproximadamente entre decembro de 2008 e maio de 2011. Visto que o orzamento para as bolsas de formación correspondentes ó dito proxecto é de 841.464,00 €. Visto o informe xurídico favorable da Secretaría Xeral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra así como o informe económico do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a adopción do seguinte acordo: - Aprobación das Bases reguladoras das accións formativas do Proxecto Aquelando 2. Ditas bases son como seguen: “BASES REGULADORAS DAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROXECTO AQUELANDO 2 1. OBXECTO O Proxecto Aquelando 2 é unha iniciativa promovida pola Deputación de Pontevedra dentro do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios subvencionada polo Fondo Social Europeo no eido do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego”, a través do Ministerio de Administracións Públicas. O obxectivo é a inserción laboral das persoas demandantes de emprego da provincia de Pontevedra a través da formación ocupacional e profesional axeitada acompañada de práctica laboral mediante a realización de diferentes itinerarios de inserción reflectidos no anexo I. As presentes bases regulan o procedemento selectivo das persoas para participar nos itinerarios do mencionado proxecto. O número de persoas a seleccionar é de 475 ó longo dos 36 meses de duración do proxecto. Os/as participantes poderán ser beneficiarios/as dunha bolsa de formación como medida de fomento da formación e aptitude para o emprego. 2. CARACTERÍSTICAS DAS ACCIÓNS FORMATIVAS A formación que se vai impartir contempla distintos ámbitos de capacitación, tanto a nivel persoal como profesional, no sector de servizos de atención ás persoas. Nas accións formativas dos itinerarios 1 e 3 participarán 410 persoas e os cursos son os seguintes: Cursos Nº Edicións Nº Prazas Duración (por edición) (en horas) AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO 5 20 550 COIDADOR/A DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA E/OU PSÍQUICA 4 20 465 AUXILIAR DE COIDADO INFANTIL 3 20 449 AUXILIAR DE ENFERMERÍA EN XERIATRÍA 3 20 690 AUXILIAR DE TAREFAS DOMÉSTICAS EN CENTROS SOCIOSANITARIOS E FOGARES 4 20 525 AXENTE DE MEDIACIÓN INTERCULTURAL 2 15 425 Na acción formativa que se vai realizar no itinerario 2 participarán 65 persoas que completan o número total de 475 beneficiarios/as do proxecto. Os cursos realizaranse nos lugares que estableza o equipo técnico do proxecto atendendo ós seguintes criterios:  Actual demanda de formación nese ámbito e nese municipio.  Tipo de poboación.  Sectores de actividade e tipos de empresas do contorno.  Dispoñibilidade de recursos para a inserción. O horario da formación teórico-práctica será de 5 horas/día, de luns a venres, dependendo da dispoñibilidade das aulas de formación, dos lugares onde se realicen as prácticas e nas datas estipuladas no cronograma interno do proxecto. As prácticas levaranse a cabo unha vez que os/as alumnos/as finalicen a formación teórica, que terán diferente duración dependendo da formación cursada. Estas accións formativas levaranse a cabo nos anos 2009, 2010 e 2011. Os/as alumnos/as beneficiarios/as do proxecto que non superen o 75% de asistencia, non terán dereito ó diploma. 3. PERSOAS BENEFICIARIAS As persoas beneficiarias do Proxecto serán persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego e empadroadas nalgún concello da provincia de Pontevedra, acreditándose coa presentación da tarxeta de demandante de emprego e co certificado de empadroamento. As persoas demandantes de emprego empadroadas nos concellos de Vigo e Pontevedra só poderán ser incluídos/as no Proxecto Aquelando 2 naquelas situacións que polas súas necesidades persoais e/ou formativas fose necesario para a súa inserción laboral. As persoas beneficiarias serán prioritariamente mulleres, que pertenzan a algúns dos seguintes colectivos: • Inmigrantes e emigrantes retornados/as. • Persoas afectadas por unha minusvalía física, psíquica e/ou sensorial. • Persoas vítimas de violencia de xénero e/ou doméstica. • Persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social tales como ex toxicómanos/as, ex reclusos/as, etc. • Minorías étnicas. • Mozos/as que non superaron o ensino obrigatorio. • Coidadores/as non profesionais que non estean dados/as de alta na Seguridade Social. • Outras persoas ou grupos identificados no Plan Nacional de Inclusión Social. No caso do curso de “Axente de mediación intercultural”, os/as beneficiarios/as ademais de cumprir os requisitos anteriormente mencionados terán que estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións relacionadas coa área social: traballo social, educación social, pedagoxía, psicoloxía, psicopedagoxía, relacións laborais e/ou dereito e/ou postgrados/másters relacionados coa área social. 4. PRESENTACION DE SOLICITUDES As persoas interesadas en participar nos cursos de formación para a inserción laboral do Proxecto Aquelando 2 deberán presentar as solicitudes, segundo o modelo establecido no anexo II, onde se ubica o equipo técnico: Deputación de Pontevedra Proxecto Aquelando 2 Centro Príncipe Felipe Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios Avda. de Montecelo, 12 36161 Pontevedra Tlfn.: 986 804 135 – Ext. 378/379 Fax: 986 843 662 aquelando@depo.es Ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992 de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará no momento da publicación das presentes bases e rematará ó inicio de cada acción formativa. 5. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLOS BENEFICIARIOS As persoas beneficiarias deberán presentar xunto coa solicitude a seguinte documentación debidamente actualizada: • Certificado de empadroamento. • DNI ou NIE en vigor. • Tarxeta de Demandante de Emprego. • Certificado de Vida Laboral. • No caso de ter especiais dificultades para obter un emprego, acompañarase un informe do Servizo Público de Emprego ou de entidades que traballen na inserción socio-laboral de persoas en risco de exclusión social. • No caso de padecer algunha minusvalía, acompañar Certificado de Minusvalía, debidamente actualizado, expedido polo órgano competente. • No caso de ter a condición de emigrante retornado/a, baixa consular expedida pola oficina consular española na que está inscrito/a ou certificado de emigrante retornado/a. • Certificado das axudas que está a percibir, emitido por un organismo oficial. • Certificación bancaria, onde conste como titular ou autorizado/a dunha conta bancaria. 6. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN O equipo técnico do proxecto fará unha selección das persoas interesadas tendo en conta que cumpran os requisitos imprescindibles ós que se fai referencia no punto 3. O procedemento de selección constará de dúas fases: valoración do currículo e entrevista persoal. Para a valoración do currículo atenderase ós seguintes criterios de baremación: REQUISITO BAREMO Criterio Puntos Experiencia profesional no sector Máis de 12 meses 2 De 6 a 12 meses 1 Menos de 6 meses 0,5 Tempo en desemprego Máis de 12 meses 2 De 6 a 12 meses 1 Menos de 6 meses 0,5 Recursos económicos Se non ten ingresos propios 1 Formación relacionada Por cursos de menos de 200 horas 0,25 Por cursos de más de 200 horas 0,50 Máximo 3 A suma total da puntuación obtida nesta fase de selección non pode superar o 40% da puntuación total. O equipo técnico do proxecto realizará as entrevistas persoais de selección, nas que se valorarán, entre outras características, as seguintes: • Mobilidade xeográfica e horaria para asistir á formación. • Motivación para a súa formación teórica e práctica. • Características persoais axeitadas ó traballo con persoas. • Boa dispoñibilidade para o desenvolvemento das accións formativas e do traballo. • Inexistencia de impedimentos que lle dificulten a asistencia ó traballo. • Experiencia laboral no sector de servizos de atención a persoas. A suma total da puntuación obtida nesta fase de selección non pode superar o 60% da puntuación total. As persoas que participen neste proceso de selección serán valoradas como idóneas ou non idóneas para a súa inclusión no proxecto. O equipo técnico deseñará o itinerario personalizado para a inserción socio-laboral das persoas seleccionadas como idóneas, que será consensuado co/coa interesado/a, quen, ó mesmo tempo, asinará o documento que recolle o “Compromiso de Incorporación” ó proxecto así como os “Dereitos e Deberes” que debe cumprir ó inicio das accións formativas. Se o número de usuarios/as seleccionados/as como idóneos/as excede do número de persoas que poden participar en cada curso, pasarán a unha lista de suplentes. Estes deberán manter ata a data de inicio das accións formativas, os requisitos mínimos establecidos no punto 5 das bases. No caso de non acadar o número suficiente de persoas para iniciar as accións correspondentes en calquera dos cursos, procederase a realizar unha nova convocatoria. 7. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DA BOLSA DE FORMACION As persoas seleccionadas para participar nas accións formativas poderán percibir unha axuda cando o total de ingresos persoais non supere o 75% do Índice Público da Renda de Efectos Múltiples (IPREM). Esta axuda será compatible coa percepción da prestación ou subsidio por desemprego así como con outras axudas públicas para a mesma finalidade, se ben o conxunto das rendas percibidas polo/a beneficiario/a da axuda por estes conceptos, incluído o importe da bolsa, non poderá superar o 75% do IPREM, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. A bolsa tamén será compatible có rendemento de traballo obtido con posterioridade ó inicio das accións formativas, se ben o conxunto das rendas percibidas polo/a beneficiario/a da axuda por estes conceptos, incluído o importe da bolsa, non poderá superar o 75% da contía fixada para o IPREM excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. O importe das axudas previstas calcularase en función do IPREM previsto para o ano anterior á realización dos cursos, segundo o orzamento aprobado polo Ministerio de Administracións Públicas na redacción do proxecto, que ascende a 516,90€ para o ano 2008 e non poderá superar o 75 % da contía fixada para o mencionado indicador (387,65 €). O importe da axuda por mes concederase polo tempo que as persoas usuarias participan na formación teórica e práctica, tendo en conta os días lectivos. O número máximo de faltas de asistencia será de 3 días lectivos por mes, debendo ser xustificadas de maneira oficial, e sendo descontada da bolsa a parte proporcional correspondente ó 4º e sucesivos días de ausencia. As faltas sen xustificar non serán pagadas. Para a concesión do importe das axudas terase en conta o número de usuarios/as con dereito a bolsa. 7.1. Prazo de presentación da solicitude da axuda As persoas que sexan seleccionadas idóneas para participar nas accións formativas e desexen percibir a bolsa de formación presentaran unha solicitude conforme ó modelo establecido no Anexo III, nas dependencias que fai referencia o punto 4. O prazo de presentación de solicitudes comezará ó inicio de cada acción formativa e rematará un mes antes da finalización de cada curso. Xunto coa solicitude deberá presentarse unha declaración das axudas e/ou rendementos de traballo que teñan solicitados ou que estean a percibir conforme ó modelo que se achega no anexo IV para verificar a compatibilidade e aboar a cantidade correspondente. 7.2. Tramitación das solicitudes As solicitudes da bolsa de formación tramitaranse a través do equipo técnico do proxecto quen recompilará a totalidade de solicitudes, presentadas na forma prevista no punto 7.1. A continuación comprobará o cumprimento dos requisitos propios da axuda. No caso de que a solicitude non estivera debidamente cuberta ou non se achegara a totalidade da documentación esixida, o equipo técnico requirirá ás persoas solicitantes para que emenden a falta ou achegen os documentos preceptivos nun prazo máximo de 10 días hábiles contados dende o día seguinte ó da recepción do requirimento, de conformidade co disposto con artigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, coa indicación de que, se así non o fixesen, teríanse por desistidos/as da súa petición, despois da resolución, que deberá de ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei. A non entrega desta documentación nos prazos esixidos, leva aparellada a renuncia á bolsa de formación. 7.3. Resolución A competencia para resolver as solicitudes das axudas individuais recollidas nestas bases corresponderá ó órgano de goberno competente da Deputación de Pontevedra, a proposta do Director e do Equipo Técnico do Proxecto Aquelando 2 e logo do exame polos órganos de xestión económico-financeira respectivos, conforme ó establecido no procedemento de autorización de gastos. 7.4. Forma de pagamento O pagamento das axudas que sexan aprobadas efectuarase mediante ingreso bancario. O equipo técnico recibirá e comprobará os documentos de control de asistencia ás accións de formación teórico-práctica que achegarán as entidades responsables da execución de cada unha das accións co fin de calcular a cantidade a aboar. A axuda pagarase a mes vencido e será aboada dentro dos dous meses seguintes ó mes correspondente. 7.5. Obrigas das persoas beneficiarias As persoas beneficiarias das axudas quedarán obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación e facilitar a información que lles sexa solicitada polo equipo técnico, polo Ministerio de Administracións Públicas e polos órganos competentes da Unión Europea. 8. FINANZAMENTO O desenvolvemento destas axudas quedará supeditado ó orzamento establecido para a prestación directa de axudas no Proxecto Aquelando 2, con base á partida orzamentaria 313.327.480.01, sendo a cantidade total de 841.464,00 €, dos cales: 393.762,00 € para o 2009, 395.560,00 € para o 2010 e 52.142,00 € para o 2011. Quedando condicionadas á aprobación dos seus respectivos orzamentos. 9. COMISIÓN DE SELECCIÓN A Comisión de selección dos/as beneficiarios/as destas accións formativas estará integrada polos seguintes membros:  Presidente: Manuel Corujo Castro, Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios.  Secretario: Joaquín Lede Martínez, Director do Proxecto Aquelando 2.  Vogais: Carmen Iribarren Fernández-Rogina e Cristina González Carballa, Orientadoras Laborais do Proxecto Aquelando 2. 10. CONVOCATORIA A convocatoria para cada un dos cursos de formación publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación Provincial de Pontevedra, así como na prensa local. Estes anuncios emitiranse en función do cronograma de actuacións, indicando as datas e lugares onde se van impartir. 11. INTERPRETACIÓN DAS BASES A comisión de valoración queda facultada para resolver as dúbidas que se lle presenten, adoptar as decisións que estime oportunas para a aplicación destas bases así como para o desenvolvemento dos aspectos non previstos nas mesmas. 12. DEREITO SUPLETORIO Para o non previsto nas presentes bases contemplarase o establecido nas Bases de Execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2008, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/2003), no seu Regulamento (BOE núm. 176, de 25/07/2006), na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e nas demais disposicións vixentes que resulten de aplicación.” ------ Folla: 3.16670.- DAR CONTA DA RENUNCIA DO CONCELLO DE PONTEAREAS, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO PAM/06, PARA A OBRA NÚM. 85/77 “OBRAS COMPLEMENTARIAS E DE ACONDICIONAMENTO EXTERIOR DE ANEXO Á RESIDENCIA DA 3ª IDADE PARA CENTRO DE DÍA, 3ª FASE”, APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 07/04/06 Vista a petición do Concello de Ponteareas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a anulación da subvención de 33.628,82 euros, concedida no PAM/06 para a obra núm. 85/77, denominada “Obras complementarias e de acondicionamento exterior de anexo á residencia da 3ª idade para Centro de Día, 3ª fase”, aprobada por acordo da Xunta de Goberno núm. 17.13887, de 7 de abril de 2006, xa que dita obra está sendo realizada pola Xunta de Galicia. ------ Folla: 4.16671.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE LICENCIADO/A UNIVERSITARIO/A EN CIENCIAS BIOLÓXICAS CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora dunha Bolsa de Licenciado/a Universitario en Ciencias Biolóxicas, para a realización de tarefas de investigación na Sección de Fitopatoloxía da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, de acordo coa Convocatoria e Bases aprobadas por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 8 de outubro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar esta bolsa ó aspirante que obtivo maior puntuación, de acordo co Baremo recollido na Cláusula Sexta da Convocatoria, e que se relaciona a continuación: 1º.- D. Raúl Nicolás Torres …………………….. 6,2885 puntos. A dotación económica para a Bolsa proposta é de 1.000,00 €/mes, con efectos 16 de decembro de 2008 e polo período dun ano, podendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, á vista do informe favorable do Xefe do Servizo e por acordo da Xunta de Goberno. A cantidade total ascende a 500,00 €, para o exercicio económico 2008, que se imputarán á partida 08/714.714.481.01 do orzamento provincial. A aceptación e disfrute desta Bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó citado Organismo. ------ Folla: 5.16672.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA Mª JESÚS BERENGUER VARELA POR DANOS PERSOAIS SUFRIDOS A CONSECUENCIA DUNHA CAÍDA NA RÚA CHURRUCA DE VIGO Dada conta que con data de rexistro 26/09/08 (rex. nº 036751) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Mª Jesús Berenguer Varela, con enderezo a efectos de notificacións en rúa Rogelio Abalde nº 13-3º Izda de Vigo por danos persoais padecidos na rúa Churruca de Vigo o día 21/02/2007 e que cuantifica economicamente en 302,93 €. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a) e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial nin con actuacións que, a teor do artigo 97 da Lei de Contratos sexan de exclusiva responsabilidade da empresa, a marxe de que o suposto accidente prodúcese, segundo o informe da Policía Local, nunha tapa de rexistro, accesorio dunha infraestrutura municipal e polo tanto de estrita competencia do Concello de Vigo. Considerando.- A maiores, que con data 8 de maio de 2007, o inspector auxiliar de Vías e Obras do Concello de Vigo, D. Ricardo Lobato Cameselle informa literalmente de que “…as obras as está a realizar a empresa “SERCOYSA” para o Concello” e que, sen dúbida ningunha é a este a quen, á postre, aproveitan, benefician ou interesan ditas obras, colaborando economicamente a Deputación e non devindo, por iso mesmo, razoable facer cargar á mesma co custe da hipotética indemnización. Considerando.-Que a cláusula 15ª do prego de condicións económico administrativas que rexeron nestas obras obrigaba á empresa contratista adxudicataria a colocar toda a sinalización necesaria que garantira a plena seguridade da obra, máis a designación dun xefe responsable da mesma. Considerando.- Que a sentenza de 31/07/89 ven a dicir que cando entre a actuación administrativa e os particulares prexudicados se interpón unha organización privada que, mediante o percibo dunha contraprestación económica, realiza unha obra ou presta un servizo a medio de concesión, é a esa organización a quen lle son atribuíbles as consecuencias prexudiciais do seu actuar. Neste mesmo senso sentenzas do TS, Sala do CA Sección 3ª de 28/05/1980 e de idéntico Tribunal, de 25/02/1992. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b) da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación podendo a interesada dirixirse á empresa contratista ou ó propio Concello, contra este último incluso xa esgotada a vía administrativa, na orde xurisdicional contenciosa. ------ Folla: 6.16673.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON ANTONIO ABELAIRA ARRIANDIAGA EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON JOSE ANTONIO GONZALEZ MIGUELEZ E MAPFRE AUTOMOVILES, S.A. POR DANOS EN VEHÍCULO PADECIDOS NA E.P. 5003 (A CAÑIZA) Dada conta que con data de rexistro 28 de maio de 2008 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Antonio Abelaira Arriandiaga en nome e representación de Don Jose Antonio Gonzalez Miguelez e Mapfre Automoviles, S.A con enderezo de notificacións en rúa Enrique Dequidt, nº 10 – 1º Dcha, por danos padecidos en vehículo o día 27 de maio de 2007 na E.P. 5003 A Cañiza - Arbo e que individualiza economicamente en 1.662,49 €. Resultando.- Que con data 29 de maio de 2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 10 de xuño de 2008 co seguinte contido: 1.- El vial 5003 A Cañiza – Arbo está incluido dentro de la red provincial de carreteras. 2.- Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, irrupción de un corzo en la calzada, en fechas próximas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3.- Argumenta la parte reclamante que la responsabilidad de la Administración titular de la carretera tendría su origen en la ausencia de señalización que advirtiese del peligro de irrupción de piezas de caza, fundamentando dicho argumento en la disposición adicional 9 de la Ley 17/2005, de 19 de julio, de modificación del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, que establece en su párrafo 3º que “También podrá ser responsable el titular de la vía pública en la que se produce el accidente como consecuencia de su responsabilidad en el estado de conservación de la misma y en su señalización”. 4.- No obstante lo anterior en el escrito de reclamación presentado no se tienen en cuenta los siguientes datos: Primero. De acuerdo con lo dispuesto en el artículo 9 de la Ley 4/1997, de 25 de junio, de Caza de Galicia, “ 1. Los terrenos de carácter cinegético pueden estar sujetos a un régimen cinegético común o especial. 2. Los terrenos sujetos a régimen cinegético especial pueden pertenecer a algunas de las siguientes categorías: Reservas de caza; refugios de fauna; terrenos cinegéticamente ordenados (Tecor), terrenos cinegético deportivos o explotaciones cinegéticas. 3.- Los no comprendidos en alguna de las categorías relacionadas en el párrafo anterior quedarán sujetos al régimen cinegético común, y en los mismos el ejercicio de la caza será libre, sin mas limitaciones que las contenidas en la presente Ley y disposiciones que la desarrollen” Segundo.- Según la información recabada por este Servicio – ratificada por el propio interesado en su escrito de reclamación- el lugar donde se produjeron los daños en el punto kilométrico 7+300 de la carretera 5003 A Cañiza – Arbo está enmarcado dentro de un terreno de aprovechamiento común- zona libre de caza. Es por ello que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 23 de la Ley de Caza de Galicia, en su redacción dada por la Ley 6/2006, de 23 de octubre- Indemnizaciones por daños- “1. En accidentes de tráfico ocasionados por el atropello de especies cinegéticas los daños personales y patrimoniales se atendrán a lo dispuesto en la normativa estatal en materia de seguridad vial existente al respecto. 2. Los titulares de aprovechamientos cinegéticos de terrenos sujetos a régimen cinegético especial responderán en los demás casos de los daños ocasionados por las especies cinegéticas. La Consellería de Medio Ambiente y Desarrollo Sostenible, previa instrucción del correspondiente expediente de valoración, indemnizará los daños efectivamente producidos por las especies cinegéticas de los terrenos cinegéticos de aprovechamiento común, de los tecor autonómicos de su administración, de las reservas de caza, de los refugios de fauna y de cualquier otro terreno cuya administración y gestión le correspondan”. Es por ello que en el presente supuesto al haberse originado el accidente por la irrupción de un corzo en un terreno cinegético de aprovechamiento común, correspondería a la Consellería de Medio Ambiente- previa instrucción de un expediente de valoración- la responsabilidad por los daños producidos. Tercero. Sin perjuicio de lo dispuesto en el párrafo anterior cabe resaltar que de acuerdo con lo dispuesto en el anexo 9.9.2. de la Orden de 28 de diciembre de 1999, por la que se aprueba la norma 8.1-IC “Señalización vertical” de la Instrucción de Carreteras, en el tramo en cuestión no es necesaria la presencia de la señal P-24 “animales sueltos” ya que según dicho anexo “ La posible presencia de animales sueltos, al atravesar la carretera cotos, reservas, parques nacionales etc…, se advertirá mediante la señal P-24, complementada en su caso por un panel indicativo de la longitud afectada”, circunstancia que no concurre en este supuesto ya que el tramo de carretera en el que se produjo el accidente no atraviesa ninguno de esos lugares, que en cualquier caso tendrían la consideración de terrenos cinegéticos sujetos a un régimen especial y no común como es el caso.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a) e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que no presente expediente é obrigado unha inadmisión fundamentada do instado, e iso polos seguintes argumentos: 1º.- Como moi ben se deixa dito no informe de Vías e Obras trátase dun terreo sometido a réxime cinexético común, no que é libre o exercicio de caza, polo que a lexitimación pasiva para presentar reclamacións desta índole correspóndelle á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, isto a teor do artigo 23 de Lei de Caza de Galicia. Por iso, sorprende que xuntado co expediente conste comunicación afirmando a devandita natureza do terreo, expedido e asinado pola Xefa de Conservación da Natureza e, polo contrario, se presente perante a Deputación a reclamación, estando esta última Administración privada “ex lege” da correspondente lexitimación pasiva. 2º.- Non existe obriga algunha respecto das vías que non sexan autovías, ou autoestradas de vallalas. 3º.- A obriga de sinalización sería exixible de atravesar ou cruzar a estrada coutos, reservas ou parques nacionais, feito que non se da no suposto que é obxecto deste acordo, e iso polo establecido na orde de 28 de decembro de 1999, pola que se aprobou a norma 8.1-IC “sinalización vertical” da Instrución de estradas. 4º.- O sinal P-24, incluída dentro das sinais verticais de circulación nas de advertencia de perigo só debe ser instalada no caso, como o propio art. 149 do Regulamento Xeral de Circulación esixe, nos lugares onde FRECUENTEMENTE a estrada poida ser atravesada por animais en liberdade, feito que, coma ben razoa a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, nº 228/08 ditada nos autos de recurso contencioso-administrativo nº 204/08-P, modalidade procedemento abreviado, “…debe ser habitual” e quedar acreditado dalgún xeito, mesmo por accidentes pola mesma causa nun lapso de tempo próximo o accidente ocorrido, nembargantes no caso do presente expediente, sucede o contrario, pois no informe do Servizo de Vías e Obras deixase constancia da non ocorrencia doutros accidentes pola mesma causa. 5º.- Cumpre, asemade, lembrar que a responsabilidade establecida pola disposición adicional novena da Lei 17/2005 configurase dun xeito indirecto e subsidiario, pois no parágrafo primeiro sinala de xeito imperativo ó condutor (que, por certo, semella, sequera sexa indiciariamente, conducir con exceso de velocidade, pois non estivo en condición de aminorar ou deter o vehículo), no segundo cita ós titulares dos terreos e, insistimos, so de xeito de derradeira “ratio”, ó titular da vía. 6º.- A detentación dunha infraestrutura material, tal e como di o Supremo, no converte a Administración nunha aseguradora universal de todos os riscos. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b) da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación, servindo polo seu contido expreso, de cumprimentación á información solicitada ó abeiro do artigo 4.1-“c” e “d” da Lei 30/92, de 26 de novembro, pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite a reclamación, sinalando como Administración competente para interpoñela á Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. ------ Folla: 7.16674.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.16675.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON LUIS FERNANDEZ IGLESIAS E DONA MARÍA CRUZ SUAREZ POR DANOS EN VEHÍCULO NA AVDA. DE BOS AIRES DE PONTEVEDRA Dada conta que con data de rexistro 03/06/08 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Luis Fernandez Iglesias e Dona Maria Cruz Suarez con enderezo de notificacións na Avda. da Estación, nº 8 – 3º D de Pontevedra, por danos en accidente de circulación padecidos o día 15 de xaneiro de 2008, na Avda. de Bos Aires de Pontevedra e que individualiza economicamente en 6.491,91 €. Resultando.- Que con data 4 de xuño de 2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 17 de xullo de 2008 co seguinte contido: “1.- En la fecha del accidente – 15 de xaneiro de 2008- el tramo de la Avda. de Buenos Aires en el que se produce el accidente formaba parte de la red provincial de carreteras (hoy en día dicho vial ha sido transferido al Ayuntamiento de Pontevedra) 2.- Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros provocados por la misma causa- presencia de dos árboles en la calzada- en fechas próximas anteriores o posteriores a la que es objeto del presente informe. 3.- En cuanto al accidente de referencia es preciso hacer hincapié en el informe levantado por la policía local de Pontevedra distinguiendo los siguientes apartados: a) Causa del accidente Se indica en dicho atestado que “… cuando el turismo…circulaba de manera ordinaria por la Avda. de Buenos Aires… en ese momento, debido al fuerte viento reinante, dos árboles del margen derecho… cayeron sobre la calzada…”. La influencia del fuerte viento en la producción del siniestro se ve ratificada cuando en el apartado factores concurrentes la policía local refleja lo siguiente: Estado del firme: mojado Factores atmosféricos: viento Restricciones de visibilidad: factores atmosféricos Otros al parecer del agente: meteorología adversa La presencia de esa meteorología adversa es reconocida por la propia reclamante en su escrito al advertir que “…no se puede apreciar fuerza mayor ya que aunque existían rachas de fuerte viento el día del accidente las mismas estaban dentro del margen normal y previsible para esa época del año en Galicia…” b) Titularidad de los terrenos en los que se ubicaban los árboles Invoca la parte reclamante una sentencia del TS de fecha 10/10/1998 en la que se concluye que “… el deber de conservación de la carretera conlleva el del mantenimiento de los árboles que se encuentran en la zona de dominio público”. No obstante lo anterior en este supuesto los árboles que provocaron el accidente NO SE ENCONTRABAN EN ZONA DE DOMINIO PÚBLICO de la carretera ( que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 30 de la Ley 4/1994, de 14 de septiembre, de Estradas de Galicia está integrada por los terrenos adquiridos por título legítimo- en este supuesto calzada y aceras- por la Administración titular de la carretera para la construcción de ésta y de sus elementos funcionales), sino que dichos árboles estaban ubicados en una propiedad privada (eso sí, situada en zona de afección del vial); así en el informe de la policía local se afirma literalmente que “… posteriormente a través de los servicios técnicos del Ayuntamiento se pudo comprobar que la propiedad del terreno en el que se encontraban ubicados los árboles que cayeron a la vía pública son propiedad de la empresa Monteporreiro, S.L.”. En este sentido es preciso resaltar que el artículo 9 de la Ley 9/2002, de 30 de diciembre, de Ordenación Urbanística y Protección del Medio Rural de Galicia, establece que “ Los propietarios de toda clase de terrenos, construcciones, edificios e instalaciones deberán… mantenerlos en condiciones de funcionalidad, seguridad, salubridad, ornato público y habitabilidade según se destino…”, mientras que el artículo 199 del citado texto legal dispone además que “Los Ayuntamientos ordenarán de oficio a instancia de cualquier interesado… la ejecución de las obras necesarias para conservar aquellas condiciones… y en caso de incumplimiento de la orden de ejecución de obras la Administración municipal procederá a la ejecución subsidiaria de la misma o a la ejecución forzosa mediante la imposición de multa coercitivas.”; por su parte la Ley de Estradas de Galicia dispone que “ En las travesías le corresponde al Ayuntamiento otorgar toda clase de licenzas o autorizaciones sobre actividades que se vayan a desarrollar en terrenos contiguos a la carretearen zona de servidumbre o de afección…” 4.- Por último señalar que la velocidad en el tramo del vial en el que se produjo el accidente estaba limitada a 50 Km/hora y que el estado de conservación de la carretera era bueno.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a marxe de que ben pondera invocarse unha causa de forza maior, caracterizada pola externalidade na acción dun elemento irresistible, no presente suposto as inclemencias climatolóxicas, a marxe diso -dicíamos- é imposible descoñecer que a titularidade das árbores a detecta un particular, concretamente “Monteporreiro, S.L.” a quen incumben as labouras de coidado e mantemento en bo estado das mesmas, velando porque non produzan danos a terceiros como os que, a postre, se produciron. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a reclamación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.16676.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA SONIA PORTELA CHAPELA POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P.1102 (PONTE DE FRAGA) MOAÑA Dada conta que con data de rexistro 3 de xuño de 2008 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Maria Sonia Portela Chapela con enderezo de notificacións en Barrio Paradela, nº 30- Moaña, por danos en accidente de circulación padecidos o día 27 de marzo de 2008, na E.P.1102 e que individualiza economicamente en 3.000,00 €. Resultando.- Que con data 6 de xuño de 2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 18 de xullo de 2008 co seguinte contido: 1.- La carretera E.P. 1102 Meira – Fraga pertenece a la red provincial de carreteras. 2. Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni tampo se recibió llamada telefónica alguna poniendo en conocimiento del Servicio la existencia de gasoil en la calzada. 3.- Como prueba de lo afirmado en el párrafo anterior se remite el parte de trabajo de la brigada de la zona relativo a la semana comprendida entre el 24 y el 28 de marzo de 2008 así como de los partes de incidencias emitidos por el Servicio de Control y Vigilancia de la Diputación Provincial de Pontevedra entre el 24 y el 30 de marzo de 2008. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a forza causacional reside nun vertido de gas-oil na calzada provinte dun terceiro que, de xeito consciente ou non e que precedentemente utilizou a calzada, o derramou, polo que dificilmente se lle poden atribuír as consecuencias indemnizatorias á Deputación pola mera detentación material dunha infraestrutura, o que a convertería nunha especie de aseguradora universal de todos os riscos. Considerando.- Que os diferentes precedentes que foron sentando os tres xulgados do contencioso-administrativo de Pontevedra en supostos idénticos ou similares (outro tipo de sustancias vertidas) fan descansar o título de imputación da responsabilidade á Administración na inoperancia, inacción, renuncia ou retardo na limpeza da vía máis aló dos 45-60 minutos a partir da chamada ou aviso para limpeza da vía, feito de modo real e probado, o que non se produce no presente suposto xa que en ningún momento nin ocasión foron alertados os servizos de vixilancia ou limpeza da Deputación (vexase o informe de Vías e Obras), podendo neste senso invocarse “ad exemplum” a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra ditada nos autos de procedemento abreviado nº 301/2006. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.16677.- INFORME EN RELACIÓN CO PROXECTO SECTORIAL DE INCIDENCIA SUPRAMUNICIPAL PARA O NOVO HOSPITAL DE VIGO E INFORME DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, QUE REMITE A DIVISIÓN DE RECURSOS ECONÓMICOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DA XUNTA DE GALICIA Dada conta da comunicación da División de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, de data 30 de outubro de 2008, recibida nesta Deputación o día 4 de novembro de 2008 (Rex. de entrada núm. 37101), remitindo Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Novo Hospital de Vigo e informe de sustentabilidade ambiental, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Director de Infraestruturas, emite informe con data 1de decembro de 2008, no que literalmente di: “I.- ANTECEDENTES: La División de recursos económicos del SERGAS envía a la Diputación Provincial el expediente correspondiente al proyecto sectorial del nuevo hospital de Vigo. El expediente remitido consta de un CD que contiene dos documentos en formato “PDF”: los planos y la memoria con 97 páginas. El presente informe se limita a valorar la documentación facilitada. II.- INFORME: El nuevo hospital de Vigo se proyecta en los terrenos limitados por la autovía de acceso a Vigo (VG -20), el vial de acceso a la universidad y la denominada carretera de “A venda”. El proyecto, en lo relativo a la conexión con la red viaria existente, plantea dos conexiones principales, a través de sendas rotondas en la carretera de acceso a la universidad. La más próxima a la rotonda bajo la autovía VG – 20, se plantea como acceso de logística y de urgencias con un carril de uso exclusivo para ambulancias. Así mismo el proyecto define un acceso que denomina “secundario” (pág. 3 – 3 ) que conecta con la denominada rúa “da Benda”. En las fotografías nºs 1, 2, y 3 se puede apreciar el punto aproximado de conexión del nuevo viario con la denominada “rúa da Benda”. Ninguna de las conexiones viarias exteriores previstas afecta de manera directa a carreteras titularidad de la Diputación. No obstante de manera indirecta, la denominada rúa “da Benda” (o Venda), conecta por el norte con la E.P. 2004 Beade-Carneiras, que intersecciona a su vez con el vial de la universidad al norte del nuevo hospital. El proyecto sectorial supone la construcción de más de 110.000 m2 de edificaciones (entre usos hospitalarios, guardería, administración y hotel), así como la dotación de 4.350 plazas de aparcamiento. A pesar de estas cifras, ciertamente importantes, en el documento no se incluye ningún apartado que analice la capacidad de las rotondas de acceso, así como la incidencia de las nuevas instalaciones en la IMD del vial de la universidad (que ya hoy en día tiene un nivel de tráfico importante como consecuencia de la proximidad del parque empresarial de Valladares). Consideramos que estos aspectos se deberían abordar de manera exhaustiva al objeto de evitar que una instalación de esta envergadura plantee, en un plazo corto de tiempo, problemas de accesibilidad. Por otro lado, en lo relativo al diseño de las glorietas, el mismo debería ajustarse a la normativa existente al efecto y en concreto las mismas deberían cumplir las estipulaciones de la instrucción de acceso a las carreteras de titularidad de la Comunidad Autónoma, a no ser que el Concello de Vigo (titular del vial de la universidad) disponga de una normativa propia. En otro orden de cosas, tal y como queda acreditado en las fotografías nºs 1, 2 y 3, la “rua da venda” no tiene capacidad ni anchura suficiente para absorber un volumen de tráfico como el que va a generar el nuevo hospital, aunque se trate de un acceso secundario. En este sentido consideramos que el referido acceso debería dejar previstos los mecanismos adecuados para garantizar que servirá únicamente como acceso esporádico y de servicio. Por último, una vez analizado el documento facilitado, consideramos que se debería plantear un acceso directo desde la VG-20 hasta las nuevas instalaciones. En este sentido indicamos que el acceso desde la VG-20, para los vehículos que descienden desde Puxeiros, sería relativamente sencillo (fotografias 4 y 5), utilizando el actual ramal de acceso al parque tecnológico y logístico. Más dificultad generaría el ramal de conexión para los vehículos que salen de Vigo, por la VG – 20. No obstante consideramos que esa posibilidad se debería analizar y, en todo caso, en el peor de los casos, ejecutar al menos el movimiento por los vehículos que acceden desde Puxeiros. Fotografia 1 Fotografia 2 Fotografia 3 Fotografia 4 Fotografia 5” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión a División de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.16678.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS Ó amparo do establecido na Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a formalización do seguinte convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Deputación Provincial de Pontevedra para que os alumnos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais poidan realizar prácticas formativas no Servizo de Cooperación. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A USC E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS QUE SE RECOÑEZAN COMO CRÉDITOS NOS CURRICULUM DOS ALUMNOS REÚNENSE Dunha parte, Don Senén Barro Ameneiro, Reitor Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela (CIF Q1518001A), que actúa en nome e representación da mesma en virtude do Decreto 93/2006, de 8 de xuño, do seu nomeamento e polas facultades conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades modificada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, e o Decreto 28/2004, de 22 de xaneiro, polo que se aproban os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela. Da outra, Don Rafael Louzán Abal, con NIF número P3600000H, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Ámbalas dúas partes recoñécense con capacidade legal suficiente para outorgar o presente convenio e, para os efectos, MANIFESTAN 1.- Que a USC, como prestadora do servizo público da educación superior, realiza actividades de docencia, investigación e desenvolvemento científico e técnico. 2.- Que por iso, ten a vontade de potenciar a realización de actividades de formación práctica do alumnado da USC. 3.- Que a Deputación de Pontevedra, ten interese en colaborar no sistema de formación práctica do alumnado da USC. De acordo co anterior, a USC e a Deputación Provincial de Pontevedra acordan asinar un convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes: CLÁUSULAS 1.- Obxecto do convenio.- O presente convenio ten por obxecto establecer a colaboración entre as partes de cara a unha adecuada programación, desenvolvemento e verificación de prácticas tuteladas do alumnado da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais nas dependencias da Deputación Provincial de Pontevedra. 2.- Obxecto das prácticas.- O obxecto das prácticas é o desenvolvemento de tarefas adecuadas ó seu nivel de formación que lle sirvan para adquirir unha experiencia enriquecedora para que, unha vez finalizado o seu período de estudos, poida dispoñer dunha perspectiva que lle permita o seu engarce co mundo laboral. 3.- Número de prazas.- A Deputación de Pontevedra acollerá de 1 a 2 alumnos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela en calidade de estadía de prácticas, de acordo coas convocatorias que faga a USC. 4.- Período de realización das prácticas.- As prácticas que son obxecto deste convenio realizaranse no período que determine a Comisión de Seguimento e concretaranse nas convocatorias que faga a USC. 5.- Número de horas e créditos que se recoñecerán.- As prácticas que realicen os alumnos constarán como mínimo de 270 horas (9 créditos por período). Computarase un crédito por cada 30 horas de prácticas realizadas ó abeiro deste convenio, sen poder superar os límites que, para estes efectos, establece o plan de estudos. Estes créditos recoñeceranse como optativos ou de libre configuración curricular segundo establezan o plan de estudos. 6.-Titores/as responsables e órgano universitario responsable.- A Comisión de Seguimento nomeará, para cada un dos períodos e prazos das prácticas que se convoquen, as persoas, por parte da USC e da institución, que actuarán como coordinadores-responsables. 7.- Selección dos alumnos.- Na primeira convocatoria as prazas ofertadas asignaránselle os/as alumnos/as indicados no Anexo. En posteriores convocatorias, se as houbese, a USC seleccionará ás persoas que van realizar as prácticas consorte unha convocatoria que respectará os principios de publicidade, igualdade, obxectividade e mérito. 8.- Memoria das prácticas.- Ó remate de cada período de prácticas cada un dos alumnos deberá realizar unha memoria final sobre o traballo realizado. 9.-Procedemento de avaliación.- A avaliación das prácticas realizará a USC a través do titor/a, á vista da devandita memoria e do informe do titor/a, de prácticas da institución colaboradora. Soamente poderán ser avaliadas favorablemente se a ausencia total non excede do 15% das horas programadas. 10.- Certificación da institución.- Se a avaliación da memoria é positiva e o informe da actuación favorable, a institución colaboradora emitiralle a cada un dos alumnos que participaran con regularidade nas prácticas unha certificación na que debe constar o tempo de colaboración e as actividades, traballos de investigación ou avaliación, etc., realizados. A certificación deberá especificar que, para os efectos académicos, queda supeditada á avaliación que das prácticas realice a USC. 11.- Relación coa institución.- O feito de que o alumnado realice prácticas nunha institución colaboradora non suporá ningún tipo de relación laboral con ela nin determinará a existencia de ningunha responsabilidade pola súa parte. Aqueles que teñan menos de vinte e oito anos seguen baixo a protección do seguro escolar. 12.- Obrigas da USC.- A USC non achegará financiamento adicional polo feito de asinar este convenio. 13.- Comisión Mixta de Seguimento.- Para o seguimento do convenio establecerase unha comisión mixta na que participarán pola USC, o Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior ou persoa que designe e o responsable das prácticas do centro, por parte da institución colaboradora a dúas persoas que esta designe. Esta Comisión Mixta comprométese a cumprir os obxectivos que xustifican o asinamento deste convenio, cumprindo de modo específico as seguintes funcións: - Formular as propostas sobre o número de prazas de cada convocatoria para a realización de prácticas formativas correspondentes a cada curso académico, de acordo cos criterios e normas que se establecerán oportunamente. - Propoñer ó reitor o nomeamento tanto do titor responsable da institución, como por parte da Universidade, para cada un dos prazos ou períodos nos que se convoquen as prácticas. - Establecer os criterios de avaliación e control das prácticas tuteladas. - Interpretar e aplicar, con carácter xeral, as estipulacións deste convenio, así como controlar o seu cumprimento e resolver os conflitos entre as partes. - Propoñer addendas ou modificacións a este convenio para que sexan aprobadas polos órganos competentes. 14.- Normas de aplicación.- Ás prácticas realizadas ó abeiro deste convenio seranlles de aplicación a seguinte lexislación: - Real Decreto 1497/1981, do 19 de xuño, sobre programas de cooperación educativa, modificado por el Real Decreto 1845/1994, de 9 de setembro, que o actualiza. - Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. - Normativa de Xestión Académica aprobada por Resolución Reitoral de 12 de novembro de 1998, modificada e refundida pola Resolución Reitoral de 22 de xullo de 2007. - Resolución Reitoral de 2 de decembro de 1991 (modificada por RR do 28 de marzo de 1994) pola que se aproba o Plan de Estudos da Licenciatura en Ciencias Políticas e Sociais. 15.- Entrada en vigor e vixencia do convenio.- Este convenio entrará en vigor ó día seguinte do seu asinamento e estará vixente ata o remate do curso académico correspondente. Prorrogarase automaticamente por cursos académicos sucesivos se ningunha das dúas partes o denuncia de xeito expreso, avisando con tres meses de antelación. En calquera caso, o convenio non poderá rescindirse no caso de que haxa alumnos seleccionados para realizar un período de prácticas, namentres non rematen estas. 16.- Xurisdición.- Convén indicar que se trata dun convenio de colaboración de carácter administrativo, sendo necesaria a atribución á Xurisdición Contencioso-Administrativa da competencia de coñecer as cuestións litixiosas que poidan xurdir en execución deste convenio. Disposición transitoria.- Mentres non se realice unha convocatoria única para todas as titulacións na USC, facúltase á Comisión Mixta para facer as convocatorias que considere oportunas derivadas deste convenio. En proba de conformidade, as dúas partes asinan este convenio no lugar e na data que se indican máis abaixo. Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2008 Pola Universidade de Santiago de Compostela Pola Deputación Provincial de Pontevedra O Reitor PD RR de 31 de xullo 2007 (DOG de 19-09-07) O Vicerreitor de Ofertas Docente e Espazo Europeo de Educación Superior Asdo.: Máximo Pló Casasús Asdo.: Rafael Louzán Abal” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.16679.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á XUSTIFICACIÓN DA AXUDA PARA A DOTACIÓN DUN ESPAZO RECRETIVO E DE FORMACIÓN PARA MENORES NO PERÚ, DA “FUNDACIÓN BALMS PARA A INFANCIA” DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO COA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Aprobada pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 30/06/2008, unha subvención para a “Fundación Balms para a Infancia” para a dotación dun espazo recreativo e de formación para menores do Perú, por importe de 20.000,00 euros e solicitada polo Presidente da Fundación, D. Antonio Heredero González-Posada, con data 02/12/08, unha prórroga para a xustificación da citada subvención, toda vez que a mesma non puido rematarse a tempo; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de xuño de 2009 para a xustificación da subvención das obras para un espazo recreativo e de formación para menores do Perú, por importe de 20.000,00 euros, que aprobou a Xunta de Goberno de 30/06/08 a favor da “Fundación Balms para a Infancia”. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.16680.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA SOCIEDADE CORAL POLIFÓNICA DE PONTEVEDRA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “PARTICIPACIÓN NO DÍA DE GALICIA NO CENTRO GALEGO DE ALICANTE” APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 17/09/08 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de data 17/09/2008, unha subvención a favor da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra con CIF: G- 36.011.286, do concello de Pontevedra, por un importe de 1.171,00 euros para “Participación no Día de Galicia no Centro Galego de Alicante” con cargo á partida 08/451.451.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 27/11/08, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.16681.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOC. CULTURAL VIDENSE DO CONCELLO DAS NEVES Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ENCONTRO DE PANDERETEIRAS DO SUR DE PONTEVEDRA”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 17/09/08 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de data 17/09/2008, unha subvención a favor da Asociación Cultural Vidense con CIF: G- 36.340.123, do concello de As Neves, por un importe de 1.327,00 euros para “Encontro de Pandereteiras do Sur de Pontevedra” con cargo á partida 08/451.451.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 26/11/08, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día ante a imposibilidade económica de cumprir con todo o previsto no orzamento orixinario, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.16682.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 2 de decembro de 2008, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependentes desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas que figuran coa referencia 200800001540 e que conten cincuenta e oito facturas, sendo a primeira de Catering el Canario, S.L., por importe de 13.535,50 € e a derradeira de José Rubén Rozados Taboada e Hijos, S.L., por importe de 647,49 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total ....................................... 147.810,50 € Descontos do IPRF ............................. 900,00 € Descontos do IVE soportado deducible 230,12 € Total líquido ............................................ 147.140,62 € ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.16683.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS (SERVIZO DE CONTRATACIÓN) O Servizo de Intervención en sendos informes de fiscalización de datas 14 e 18 de novembro de 2008 proponse seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de créditos para facer fronte ás obrigas derivadas da prestación do servizo de catering para os asistentes ó “I Encontro das confrarías de pescadores da provincia de Pontevedra” e á execución da obra “Muro de contención E.P.1304 Bueu-Cela (Bueu)”. Resultando que a empresa MK Organización e Montaxe de Eventos, S.L., presenta unha factura pola prestación dos citados servizos de catering, por importe de 67.280,00 euros e que a empresa Naróm, S.L., achega a certificación número 1-final das obras mencionadas por importe de 232.892,88 euros. Considerando que a base 17ª apartado 1 correspondente á execución do orzamento para o exercicio de 2008 establece que se no proceso de fiscalización se detectase que os requisitos incumpridos implican a nulidade radical da obriga, procederase ó recoñecemento da obriga polo sistema de recoñecemento extraxudicial de crédito, asignándolle a competencia á Xunta de Goberno, por delegación da Presidencia, cando exista crédito no orzamento da Deputación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar, polo sistema de recoñecemento extraxudicial de crédito, as seguintes obrigas: 1.- Á empresa “MK Organización e Montaxe de Eventos, S.L.” (C.I.F. - B-36.531.184), con domicilio na rúa Eduardo Pondal, nº 25, 5º B de Pontevedra, a factura número 8004 de data 17 de novembro de 2008, por importe

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición