ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/04/22_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/2.2009-04-22_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/04/22_Ordinaria

  • Data(s) 2009-04-22 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e dous de abril do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, D. Agustín Reguera Ocampo e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16823.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións ordinarias dos días 8 e 15 de abril do ano 2009. 2.16824.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO LOTE Nº1 DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DE REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE PENSOS E MATERIAS PRIMAS NO LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE, DURANTE O ANO 2009 A Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 27 de xaneiro de 2009 acordou declarar deserto o lote número 1 do procedemento aberto convocado para optar á adxudicación da subministración de diversos reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade. Resultando que a Xunta de Goberno na citada sesión acordou así mesmo que para poder contratar a subministración dos reactivos que figuraban no lote número 1 do citado procedemento aberto, concedésese un novo prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para a presentación de proposicións, mantendo como base os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas aprobados pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 10 de decembro de 2008. Resultando que unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 29 de data 12 de febreiro de 2009 o anuncio para contratar a subministración de reactivos para a realización de análise de pensos e materias primas no Laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2009 presentaron proposicións económicas as empresas: Comercial Hospitalaria Grupo – 3, S.L. e Cientisol, S.L. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 3 de marzo de 2009, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas citadas empresas, as cales foron admitidas ó procedemento aberto. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 18 de marzo de 2009 e en base ó informe emitido pola Sra. Xefe do Laboratorio de Mouriscade, de data 9 de marzo de 2009, formula proposta para adxudicar o referenciado lote número 1 á empresa Cientisol, S.L., motivado todo iso, por cumprir os requisitos esixidos neste procedemento aberto e por resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 18 de marzo de 2009 se lle adxudicou provisionalmente á empresa, Cientisol, S.L. (B-15869605), o lote número 1 do procedemento aberto correspondente á subministración de reactivos para a realización de análise de pensos e materias primas no Laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2009, ata a cantidade máxima de cincuenta e oito mil euros (58.000,00 €). Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 31 de marzo de 2009 e que a empresa Cientisol, S.L., presentou a documentación requirida, entre a que se atopa unha garantía definitiva por importe global de 2.500,00 euros depositada na Tesourería desta Deputación con data 03/04/2009 e número de operación 200900029505, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional do lote número 1 deste procedemento aberto. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público , no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado de 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente, á empresa Cientisol, S.L. (B-15869605), o lote número 1 do procedemento aberto correspondente á subministración de reactivos para a realización de análises de pensos e materias primas no Laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2009, ata a cantidade máxima de cincuenta e oito mil euros (58.000,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) SOLUCION ACIDA DETERXENTE RE 5 LITROS 35,34 € 5,66 € 41,00 € SOLUCION NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS 27,59 € 4,41 € 32,00 € POTASIO HIDROXIDO 0.23 N 5 LITROS SV 26,72 € 4,28 € 31,00 € SULFURICO 0.1275 M SV 5 LITROS 30,17 € 4,83 € 35,00 € SODIO HIDROXIDO 32% PA 5 LITROS 26,72 € 4,28 € 31,00 € POTASIO SULFATO PA 5 KG 69,83 € 11,17 € 81,00 € COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA 14,66 € 2,34 € 17,00 € ACIDO BORICO 4% 5 LITROS RV 31,03 € 4,97 € 36,00 € ACIDO CLORHIDRICO 0.1N SV 1 LITRO 6,90 € 1,10 € 8,00 € ACIDO SULFURICO 95-97% PA 2.5 LITROS 15,52 € 2,48 € 18,00 € ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS 47,41 € 7,59 € 55,00 € ACIDO CLORHIDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 LITROS 22,41 € 3,59 € 26,00 € CLORURO DE CESIO PA 100 G 94,83 € 15,17 € 110,00 € ACIDO CLORHIDRICO 37% 1 LITRO 8,62 € 1,38 € 10,00 € ACETONA, P. SINTESIS 5 LITROS 25,86 € 4,14 € 30,00 € ACIDO ACETICO GLACIAL, PA 1 LITRO 14,66 € 2,34 € 17,00 € ACIDO CLORHIDRICO, SOLUCION 3 mol/l (3 N), 10 LITROS 60,34 € 9,66 € 70,00 € ACIDO NITRICO MIN. 65 %, PA 10,34 € 1,66 € 12,00 € AMONIO TIOCIANATO 0,1 M (0,1 N), SV x 1 LITRO 12,07 € 1,93 € 14,00 € ETER DIETILICO, PA 5 LITROS 74,14 € 11,86 € 86,00 € FERRO (III) AMONIO SULFATO 12 HIDRATO, SOL. SATURADA, 1 LITRO 29,31 € 4,69 € 34,00 € PLATA NITRATO, 0,1 N, SV 1 LITRO 21,55 € 3,45 € 25,00 € REACTIVO CARREZ I , 5 LITROS 64,66 € 10,34 € 75,00 € REACTIVO CARREZ II, 5 LITROS 64,66 € 10,34 € 75,00 € SODIO HIDROXIDO 0,01 M (0,01 N), SV x 1 LITRO 9,48 € 1,52 € 11,00 € SODIO HIDROXIDO, SOLUCION 0,1 MOL/L (0,1), SV 1 LITRO 9,48 € 1,52 € 11,00 € SODIO SULFITO, PA 1 KG 16,38 € 2,62 € 19,00 € 2. O pagamento da subministración dos diversos reactivos incluídos no lote número 1 deste procedemento aberto efectuarase, con cargo á partida 09/712.712.221.07 do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. 3. A empresa adxudicataria Cientisol, S.L., deberá aboar na Caixa desta Deputación a cantidade de 194,18 euros en concepto de gastos do anuncio relativo á convocatoria deste procedemento aberto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 3.16825.- APROBACIÓN DA APLICACIÓN DE REMANENTES SOLICITADA POLO CONCELLO DE BAIONA, DA OBRA INCLUÍDA NO PAM/2006-08, Nº9-173-150/340 “SANEAMENTO NO MEDIO RURAL BAREDO-BELESAR E SANTA CRISTINA, 1ª, 2ª E 3ª FASE”, PARA AS OBRAS INCLUÍDAS NO PAM/08: “AMPLIACIÓN DE SANEAMENTO EN TRIGUIDO” CO Nº 276/1231, “AMPLIACIÓN SANEAMENTO EN CABREIRO-CELAVELLA” CO Nº 284/1233 E “AMPLIACIÓN DE SANEAMENTO EN ESTIVADA-FONTELOUREIRA, CO Nº 330/1232” Vista a petición do Concello de Baiona, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a aplicación de remanentes da obra incluída no PAM/2006-08, nº 9-173-150/340: “Saneamento no medio rural Baredo –Belesar e Santa Cristina, 1ª, 2ª e 3ª Fase”, para as obras incluídas no PAM/08 seguintes: “Ampliación de Saneamento no Triguido”, nº 276/1231, cunha subvención de 12.074,16 €, “Ampliación Saneamento en Cabreiro–Celavella”, co nº 284/1233, cunha subvención de 19.529,58 €, e “Ampliación Saneamento en estivada-Fonteloureira”, co nº 330/1232 e unha subvención de 10.163,26 €, con cargo á partida 09/911.911.762.45.2008 e suxeita ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno nº17.13887, do 7 de abril de 2006. 4.16826.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA ÁNGELA GARCÍA GARCÍA POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA E.P. 0011 XEVE-AMIL (PONTEVEDRA) Dada conta que con data de rexistro 14/03/09 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Ángela García García con enderezo de notificacións en Berducido, Bordel nº 57, Xeve, por danos en accidente de circulación padecidos o día 27/04/2007, na EP-0011 (Xeve-Amil) Concello de Pontevedra e que individualiza economicamente en 20.233,62 €. Resultando.- Que con data 19/05/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 26/05/2008, en relación a reclamación interposta polos mesmos feitos que os da presente, polo letrado Sr. Alonso Montenegro en representación de D. Enrique Tilve Tosar, onde entre outros di: “1. La que denominan en el escrito de reclamación E.P. 0011 Xeve-Amil es en realidad la E.P. 0011 Gato-Morto-Las Aguas-Pontillón de Castro y pertenece a la red provincial de carreteras. 2 Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, existencia de sustancias deslizantes en la calzada, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. La señalización era la adecuada para las características de la vía existiendo –sentido Xeve y por tanto afectando a la circulación del Ford Fiesta- las siguientes señales: Señal R-305 adelantamiento prohibido Señal P-13 a) Curva peligrosa hacia la derecha Señal S-7 Velocidad máxima aconsejable 60Km/hora Paneles direccionales permanentes En dirección Amil y afectando la circulación del Fiat Bravo la señalización era la siguiente: Señal R-305 adelantamiento prohibido Señal P-13 b) Curva peligrosa hacia la izquierda Señal S-7 Velocidad máxima aconsejable 60Km/hora Señal P-13 b) Curva peligrosa hacia la izquierda Señal S-7 Velocidad máxima aconsejable 60 Km/hora. B) El accidente objeto del presente informe se produce un viernes a las 19:00 horas encontrándose operativa la brigada de guardia localizada que no recibió ningún aviso del vertido, por lo que resultaba imposible proceder a la limpieza de la vía pública o a la colocación de señales que indicaran la peligrosidad del pavimento con anterioridad al siniestro. C) Otra prueba del rendimiento ofrecido por la Administración es que es que ese mismo día (según acredita el parte de trabajo que se adjunta al presente informe) la brigada de la zona llevó a cabo obras de reparación de baches existentes en la carretera provincial 0018 Xeve-Amil, habiendo recorrido previamente el vial 0011 Gato Morto ya que para acceder a la primera hay que pasar necesariamente por la vía donde se produjo el siniestro (la de Gato Morto) sin que hubiesen detectado la presencia de sustancia deslizante alguna a lo largo del vial; esta circunstancia –unida al hecho de ningún otro accidente se registró antes de las siete de la tarde- demostraría que entre la aparición del gasoil en la vía y el momento del accidente transcurrió un intervalo de tiempo tan breve que hace que dicho siniestro deba calificarse como imprevisible e inevitable” conforme a los estándares más rigurosos de prestación de los servicios de mantenimiento y conservación de las vías públicas” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois abonda documentación suficiente no expediente do seguinte: 1º.- Caso de existir a mancha de gas-oil trataríase dunha vertedura provinte dun terceiro que, conscientemente ou non e, así mesmo, de xeito neglixente ou non, a provocou, non tendo relación algunha tal feito con ningún tipo de actuación da Deputación. 2º.- Tanto a xurisprudencia do T.S. como os diferentes precedentes sentados polos Xulgados do Contencioso Administrativo de Pontevedra veñen asentando a responsabilidade da Administración nestes supostos na conduta renuente ou retardatoria na limpeza da vía, situándoa en torno os 45-60 minutos dende a chamada a Administración a cumprimentar a obriga de limpeza e repoñer o estado da vía as condicións óptimas para a rodadura dos vehículos. Polo tanto, se non houbo chamada, de nada se pode responsabilizar a Deputación, e este foi o caso. Interesa, neste senso, citar as sentenzas do T.S., Sala do Contencioso Administrativo, de data 11/02/87, poñente Garralda Valcárcel; da Audiencia Nacional, Sala do Contencioso Administrativo, Sección 8ª de data 23/6/98, Recurso 811/97; do Xulgado Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra, sentenzas números 121/04, 20/07, 140/08; do Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, sentenzas números 170/04, 212/04, 2/05 e 18/06; e, por último, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra, sentenzas números 179/04 e 74/08. 3º.- O atestado da Garda Civil e concluinte no senso de que o estado deslizante da vía “coadyuvó” (“sic”) á causa do evento lesivo, e dicir, colaborou, o que claramente suxire un exceso de velocidade pola banda da condutora do Ford Fiesta que quebrantaría o deposto nos artigos 45 e 46 do R.D. 1.428/2003, de 21 de novembro o non adaptar a velocidade as circunstancias da vía, ou sexa, tramo curvo, firme deslizante por choivas. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 5.16827.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON LAUREANO ALBERTO OTERO FERNÁNDEZ POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA E.P. 9205 (SANXENXO) Dada conta que con data de rexistro 12/09/2008 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Miguel Esteban López de Quintana en nome e representación de Don Laureano Alberto Otero Fernandez con enderezo de notificacións na rúa Eduardo Iglesias nº 4-bis-3ºB de Vigo, por danos en accidente de circulación padecidos o día 30/03/2008, na EP-9205 (Sanxenxo) e que individualiza economicamente en 4.425,63 €. Resultando.- Que con data 24/11/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en 16/12/2008 co seguinte contido: “…1. El vial 9205 Sanxenxo-Meaño está incluido en la red provincial de carreteras. 2. Por parte del Servicio de Infraestructuras sí se tuvo constancia del accidente de referencia- que se produjo a las 16:20 horas- ya que, según se refleja en el parte de trabajo que se adjunta, a las 17:10 horas del día 30 de marzo de 2008 se recibe una llamada del 112-SOS Galicia alertando de la presencia de barro en el vial provincial de referencia. La brigada de guardia de la zona norte –el accidente se produce un domingo-encargada de velar el fin de semana por el mantenimiento de unos 600 Kilómetros de red viaria, se desplaza hasta el lugar del siniestro procediendo a señalizar la vía y a limpiar el barro presente en la calzada. 3. Según informa el capataz de guardia, en el momento del siniestro las condiciones atmosféricas eran adversas, la calzada se encontraba mojada y la visibilidad estaba restringida debido a los factores atmosféricos existentes. El propio atestado de la guardia civil pone de manifiesto que la meteorología adversa fue un “factor concurrente” en la producción del siniestro, circunstancia que el conductor del ciclomotor debería haber tenido en cuenta adecuando la velocidad del mismo a las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación existentes ese día (artículo 19 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo) 4. Por otro lado cabe resaltar que el accidente se produce a las 16:20 horas de un domingo por lo que la brigada de guardia localizada –que recibe la llamada a las 17:10 horas- tenía bajo su supervisión más de 600 Kilómetros de la red viaria comprendidos en Ayuntamientos tan diversos como los de Moraña, Campolameiro, Cotobade, Barro, Portas, Bueu, Cangas, O Grove, Sanxenxo o Meaño entre otros, siendo imposible que con los medios disponibles se procediese a la limpieza y/o señalización del vial con carácter previo al accidente (recordemos que éste se produce por la presencia de barrillo en la calzada según el atestado de la Guardia Civil). 5.- Por último indicar que no se ha tenido constancia de otros accidentes provocados por la misma causa en fechas próximas, anteriores o posteriores, a la del siniestro objeto del presente informe.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois dunha análise detida dos antecedentes expedientais tírase o seguinte: 1º.-Non se produciron máis accidentes pola mesma causa, sendo polo tanto razoable pensar que os restantes usuarios da vía foron quen deberían adaptar a velocidade ás circunstancias da mesma, e sendo por este mesmo razoamento, a “sensu contrario”, lóxico concluír que o accidentado non adoptou a velocidade ás circunstancias climatolóxicas concorrentes, artigos 45 e 46 da Lei de Tráfico e Seguridade Víal. 2º.-No razoamento anterior incide o recollido no atestado levantado pola Garda Civil de Tráfico, pois apreciaron, e así consta “…superficie mojada, vía restringida por factores atmosféricos, lloviznando, meteorología adversa y con luminosidad de pleno día”, o que remite claramente a posibilidade de que, pudendo preverse racionalmente algún factor adverso, debeuse minorar a velocidade incluso ata o punto de poder deter o vehículo na presenza do barrillo, pois é claro que o resto de utilizantes da vía así o fixeron. Polo tanto, na base do evento lesivo atópase a práxis neglixente na condución do ciclomotor. 3º.- Por riba de todo isto debe terse en conta que, segundo o documento nº 37 do expediente administrativo instruído, a chamada á Deputación produciuse entre as 17,05 h. e as 17,10 h., empregándose na labor de limpeza 4 horas, o que sendo o momento da finalización -coma consta no parte- ás 21,30 horas, sitúa con aproximación o inicio dos traballos nas 17,30 horas, e dicir, dentro do estándar medio de rapidez e prontitude na resposta administrativa para reposición da vía ás óptimas condicións de rodaxe esixido de consuno pola xurisprudencia (30 ou 60 minutos) polo que non pode, tampouco, facérselle reproche por responsabilidade patrimonial por renuencia, mora ou desatención á Excma. Deputación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 6.16828.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.16829.- CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE RODEIRO DA OBRA INCLUÍDA NO PAM/2006-08, ANUALIDADE 2007-08 NÚM. 361-321/1208: “CONSTRUCIÓN DE LOCAL SOCIAL EN SANTA MARIÑA”, PARA A OBRA Nº 363-332/1235: “REFORZAMENTO PAVIMENTO TRAMO RÚA “A” E EMBOCADURA DA PISCINA DE RODEIRO” Vista a petición do Concello de Rodeiro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra nº 361-321/1208: “Construción de local social en Santa Mariña”, incluída no PAM/2006-08, Anualidades 2007-08, para a obra nº 363-332/1235: “Reforzo pavimento tramo rúa “A” e embocadura da rúa da piscina de Rodeiro”, coa mesma subvención que a anterior de 6.000,00 euros na anualidade 2007 e 12.000,00 euros na anualidade 2008, con cargo ás Partidas 09/911.911.762.45.2007 e 09/911.911.762.45.2008, quedando suxeita ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril de 2006. 8.16830.- CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE RODEIRO DA OBRA INCLUÍDA NO PAM/2006-08, ANUALIDADE 2007-08 NÚM. 362-322/1218: “CONSTRUCIÓN E ACONDICIONAMENTO DOS LOCAIS SOCIAIS DE GUILLAR, ARNEGO E PEDROSO”, PARA A OBRA Nº 364-333/1234: “REHABILITACIÓN DA ANTIGA CASA-ESCOLA DO LUGAR DE MOURIGÁS (ARNEGO) PARA CENTRO DE FORMACIÓN VECIÑAL, 1ª FASE E ACONDICIONAMENTO DO CAMPO DA FESTA DA PARROQUIA DE GUILLAR” Vista a petición do Concello de Rodeiro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra nº 362-322/1218: “Construción e acondicionamento dos locais sociais de Guillar, Arengo e Pedroso”, incluída no PAM/2006-08, anualidades 2007-08, para a obra nº 364-333/1234: “Rehabilitación da antiga Casa-Escola do Lugar de Mourigás (Arengo) para Centro de Formación Veciñal, 1ª fase e acondicionamento do campo da festa da parroquia de Guillar”, coa mesma subvención que a anterior de 12.000,00 euros na anualidade 2007 e 40.000,00 euros na anualidade 2008, con cargo ás partidas 09/911.911.762.45.2007 e 09/911.911.762.45.2008, quedando suxeita ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril de 2006. 9.16831.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DE SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS, PARA A REALIZACIÓN DA ACTUACIÓN Nº 25, DENOMINADA “REDACCIÓN DO PLAN DE REFORMA INTERIOR DA LSA UA-2”, INCLUÍDA NO PROGRAMA DE PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL-2006 Dada conta da solicitude de aboo da xustificación remitida polo Concello de Salceda de Caselas, correspondente a actuación núm. 25 denominada “Redacción Plan de Reforma Interior de la LSA UA-2” incluída no Programa de Planeamento Urbanístico Xeral-2006, e á vista do informe de Intervención de data 16 de abril de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de catro mil trescentos vinte e sete euros con noventa e catro céntimos (4.327,94 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do Concello de Salceda de Caselas. - Declarar o aboo a cantidade de catro mil trescentos vinte e sete euros con noventa e catro céntimos (4.327,94 €), con cargo a partida 09/911.911.462.09-2006, como pago da subvención concedida ó Concello de Salceda de Caselas para a realización da actuación núm. 25, denominada “Redacción do Plan de Reforma Interior da LSA UA-2”, incluída no Programa de Planeamento Urbanístico Xeral-2006. 10.16832.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DE SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE VILA DE CRUCES NO PAM/08, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 212/671, DENOMINADA “ACCESOS A NÚCLEOS DE POBOACIÓN: BRANDARIZ-AÑOBRE, PASTORIZA-CARBIA, PORTO DE MOUROS-ARXE E OUTROS” Dada conta da solicitude de aboo da certificación núm. dous/final, correspondente ó investimento núm. 212/671 denominado “Accesos a núcleos de poboación: Brandariz-Añobre, Pastoriza-Carbia, Porto de Mouros-Arxe e outros” presentada polo Concello de Vila de Cruces, á vista do informe de Intervención de data 16 de abril de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar e recoñecer a obriga de cento cincuenta e catro mil trescentos oitenta e dous euros con oitenta e catro céntimos (154.382,84 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do Concello de Vila de Cruces. - Declarar de aboo a cantidade de cento cincuenta e catro mil trescentos oitenta e dous euros con oitenta e catro céntimos (154.382,84 €), con cargo á partida 09/911.911-762.45.2008, como pago da subvención concedida ó Concello de Vila de Cruces para a obra nº 212/671 denominada “Acceso a núcleos de poboación: Brandariz-Añobre, Pastoriza-Carbia, Porto de Mouros-Arxe e Outros”, incluída no Plan de Acción Municipal 2006/08, anualidade 2008. 11.16833.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DE BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 2º TRIMESTRE DO ANO 2009 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento das Comarcas de Baixo Miño, Condado e Louriña CIF: P-3.600.027-A, pola que interesa se proceda ó aboo da achega desta Deputación, que ascende a 95.969,91 € para gastos de funcionamento do 2º trimestre do ano 2009, e á vista do informe de intervención de data 20 de abril de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 95.969,91 € como achega da Deputación, para o ano 2009, ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña durante o segundo trimestre. 2. Declarar de aboo a favor do citado Consorcio a cantidade de 95.969,91€ con cargo á partida 09/911.223.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 200900028575. 12.16834.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 1º TRIMESTRE DO ANO 2009 Vista a solicitude que formula o Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo CIF: P-3.600.027-E, pola que interesa se proceda ó aboo da achega desta Deputación, que ascende a 92.985,00 € para gastos de funcionamento do 1º trimestre do ano 2009, e á vista do informe de intervención de data 20 de abril de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 92.985,00 € como achega da Deputación, ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo para o primeiro trimestre do ano 2009. 2. Declarar de aboo a favor do citado Consorcio a cantidade de 92.985,00€ con cargo á partida 09/911.223.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 200900033130. 13.16835.- RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DE VALORACIÓN DE SOLICITUDES DO PLAN DE CONSERVACIÓN E LIMPEZA DE ESPAZOS NATURAIS No Boletín Oficial da Provincia n.º 64 de data 3 de abril de 2009 publicouse a convocatoria do “Plan de Conservación e Limpeza de espazos naturais para o ano 2009”, en réxime de concorrencia competitiva, para o acondicionamento, limpeza e mellora das zonas medio ambientais, así como a reposición, recuperación e adecuación das praias e areais do litoral, mediante a contratación laboral temporal por obra ou servizo determinado de 110 peóns de limpeza ou forestais, por un período de seis meses. Dentro do prazo establecido nas bases da convocatoria presentáronse un total de 21 solicitudes. Conforme ó disposto na base sexta da convocatoria, de entre as solicitudes que cumpran os requisitos farase unha selección co obxecto de efectuar a distribución do número total de traballadores a contratar para cada concello, que se levará a cabo tendo en conta os seguintes criterios: a) Interese provincial da actividade a desenvolver, que se valorará ata 20 puntos. b) Taxa de desemprego no municipio, que se valorará ata 10 puntos. c) Superficie das zonas de actuación en bens de uso público, que se valorará ata 10 puntos. d) Proposta de contratación de traballadores desempregados pertencentes a algún dos colectivos con especiais dificultades de inserción laboral (reserva dalgún posto a persoas diminuídas), que se valorará ata 5 puntos. Por Resolución Presidencial de data 15 de abril de 2009 designáronse os membros da Comisión de Valoración que terán que informar as solicitudes presentadas. Unha vez examinadas as solicitudes e documentación achegada polos concellos que participan nesta convocatoria, dita Comisión valorou os proxectos e o traballo a desenvolver en cada Concello conforme ós criterios sinalados no apartado anterior. Polo exposto, considerando a escala e criterios de valoración indicados anteriormente, ó abeiro do disposto na base sétima da convocatoria, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade asignar ós Concellos que a continuación se relacionan os seguintes traballadores para a realización de traballos de conservación, limpeza e mellora en distintos municipios da provincia. CONCELLO nº trab. solicitados Interese provincial Taxa desemprego Densidade poboación Colectivos especiais TOTAL Trab. contratar BAIONA 12 20 6,23 7 0 32,23 8 BUEU 3 10 6,44 8 0 24,44 3 CAMBADOS 10 12 5,68 9 3 29,68 6 CANGAS 6 11 5,1 9 0 25,1 4 ESTRADA, A 6 15 7,65 3 0 25,65 4 GUARDA, A 8 12 6,19 9 0 27,19 5 GONDOMAR 6 15 5,62 5 0 25,62 4 GROVE, O 10 16 4,5 9 0 29,5 6 LALÍN 10 19 10 2 0 31 7 MARÍN 10 12 6,42 10 0 28,42 5 MOS 8 17 5,24 7 0 28,24 6 NIGRÁN 6 11 7,28 9 0 27,28 5 POIO 10 12 6,79 8 0 26,79 4 PONTEAREAS 22 20 4,84 5 0 29,84 6 PORRIÑO 4 13 4,24 6 0 23,24 3 REDONDELA 6 15 6,17 7 0 28,17 5 SANXENXO 40 20 6,88 7 0 33,88 8 TOMIÑO 4 13 4,7 4 0 21,7 2 TUI 10 18 5,09 6 0 29,09 6 VILAGARCIA 20 15 5,57 10 0 30,57 6 VILANOVA 14 18 6 7 0 31 7 14.16836.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS DE A LANZADA PARA O VERANO DO ANO 2009 A Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” a través de escrito de data 18 de marzo de 2009, no que figura o conforme da Diputada Delegada do Centro, solicita que se proceda a contratar os servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos de verán 2009 no Centro de Vacacións A Lanzada, cuxo custo se estima en 125.000,00 euros, elaborando para iso, con data 18 de marzo de 2009, o correspondente prego de prescricións técnicas onde se detallan os diversos servizos a prestar durante a celebración das dez quendas de campamentos que están previstas realizar dende o día 24 de xuño ó 5 de setembro de 2009. Resultando que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC de data 31 de marzo de 2009, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 125.000,00 euros para facer fronte ás obrigas derivadas deste contrato, con cargo á partida 09/452.452.227.20 do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que terán que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 14 de abril de 2009. Resultando que con data 15 de abril de 2009, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación dos servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos de verán 2009 no Centro de Vacacións A Lanzada. Resultando que con data 21 de abril de 2009, polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 10 tipifica a este contrato como “de servizos” ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referenciada Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta o Ilustrísimo Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, dos servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2009, pola cantidade máxima de cento vinte e cinco mil euros (125.000,00 €), IVE incluído, a razón dun prezo unitario máximo de 12.500,00 euros, IVE incluído, por cada quenda de campamento realizado e de acordo á seguinte desagregación: ORZAMENTO LICITACIÓN: PREZO UNITARIO CAMPAMENTO: Prezo contrato………… 116.822,43 € Prezo contrato…………… 11.682,24 € IVE (7%)……………… 8.177,57 € IVE (7%)………………… 817,76 € Os campamentos desenvolveranse en dez quendas cun máximo de 200 menores por quenda e nas datas que se detallan a continuación. UBICACIÓN INICIO-FIN PERSOAS DÍAS PRAZAS 1º Campamento 24-06-09 ó 30-06-09 200 7 200 2º Campamento 01-07-09 ó 07-07-09 200 7 200 3º Campamento 08-07-09 ó 14-07-09 200 7 200 4º Campamento 16-07-09 ó 22-07-09 200 7 200 5º Campamento 23-07-09 ó 29-07-09 200 7 200 6º Campamento 01-08-09 ó 07-08-09 200 7 200 7º Campamento 08-08-09 ó 14-08-09 200 7 200 8º Campamento 16-08-09 ó 22-08-09 200 7 200 9º Campamento 23-08-09 ó 29-08-09 200 7 200 10º Campamento 30-08-09 ó 05-09-09 200 7 200 TOTAL........... 2.000 1. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito procedemento aberto. 2. Autorizar o gasto polo importe máximo de 125.000,00 euros, con cargo á partida 09/452.452.227.20 do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. 3. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación dos servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2009, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2 da citada Lei 30/2007. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN DO ANO 2009. 1.- OBXECTO.- A prestación do servizo de asistencia técnico educativa dos campamentos de verán 2009 no Centro de Vacacións “A Lanzada”, de acordo cun proxecto lúdico e educativo que inclúa a programación e desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, xogos de sala, artísticas e todas aquelas encamiñadas a lograr un desenvolvemento persoal e social que favoreza ó tempo a comunicación e o dinamismo multicultural dos nenos que van participar dos campamentos. Estes servizos inclúen o recibimento dos menores, asignación de grupos e ubicación, organización de actividades diarias deportivas, lúdicas e educativas para os menores con idades incluídas entre 8 e 13 anos, utilizando os recursos e o entorno de que dispón o Centro de Vacacións da Lanzada, excursións e clausura de cada campamento co recibimento dos familiares das menores ou persoas encargadas da súa educación. A empresa adxudicataria dos servizos deberá contar con todos os requisitos establecidos polo Decreto 50/2000, da Xunta de Galicia polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de mocidade publicado no Diario Oficial de Galicia Nº 49 de 10 de marzo de 2000. Os servizos de alimentación, limpeza e lavandería correrán a cargo da Deputación Provincial de Pontevedra, así como as instalacións e tendas en onde se desenvolvan as actividades e se aloxen os menores e persoal da empresa encargada. A empresa deberá achegar, ademais do persoal relacionado na proposta da Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” que se une como anexo ó presente prego, o material técnico funxible necesario para a realización das actividades. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 09/452.452.227.20 do orzamento prorrogado de 2008 ó 2009. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo dos servizos efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas debidamente conformadas que se presentarán acompañadas da memoria resumo das actividades desenvolvidas, unha vez finalizado cada unha das quendas de campamentos. 4.- DURACIÓN DO CONTRATO.- A asistencia técnico educativa terá lugar dende o día 24 de xuño ó 5 de setembro do ano 2009 e efectuarase de acordo cun proxecto educativo que inclúa as actividades a realizar, metodoloxía, recursos dispoñibles e a programación de cada quenda de campamento. Os campamentos desenvolveranse en dez quendas cun máximo de 200 menores por quenda e nas datas que se detallan a seguir. UBICACIÓN INICIO-FIN PERSOAS DÍAS PRAZAS 1º Campamento 24-06-09 ó 30-06-09 200 7 200 2º Campamento 01-07-09 ó 07-07-09 200 7 200 3º Campamento 08-07-09 ó 14-07-09 200 7 200 4º Campamento 16-07-09 ó 22-07-09 200 7 200 5º Campamento 23-07-09 ó 29-07-09 200 7 200 6º Campamento 01-08-09 ó 07-08-09 200 7 200 7º Campamento 08-08-09 ó 14-08-09 200 7 200 8º Campamento 16-08-09 ó 22-08-09 200 7 200 9º Campamento 23-08-09 ó 29-08-09 200 7 200 10º Campamento 30-08-09 ó 05-09-09 200 7 200 TOTAL........... 2.000 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato que servirá de base á adxudicación fíxase na cantidade máxima de cento vinte e cinco mil euros (125.000,00 €) IVE incluído, en función dun prezo unitario máximo de 12.500,00 euros, IVE incluído, por cada quenda de campamento realizado e de acordo á seguinte desagregación: ORZAMENTO LICITACIÓN: PREZO UNITARIO CAMPAMENTO: Prezo contrato………… 116.822,43 € Prezo contrato…………… 11.682,24 € IVE (7%)……………… 8.177,57 € IVE (7%)………………… 817,76 € 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 66 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Os licitadores interesados en participar na adxudicación deste contrato quedan dispensados da constitución da garantía provisional en consonancia co disposto no artigo 91 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles contados a partir do seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no parágrafo anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN. 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), en horario de 9 a 13 horas, durante un prazo de quince días naturais (artigos 143.2 da LCSP), contado dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO RELATIVO Á CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICO EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN DO ANO 2009. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada neste procedemento aberto, polo que no mesmo deberá figurar a seguinte documentación: 1. Proposición económica. -Axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2. Actividades e programas educativos a desenvolver. 3. Melloras ofertadas. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das devanditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO RELATIVO Á CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICO EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN DO ANO 2009 Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado. 3. Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 4. Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Experiencia na organización e realización de actividades formativas en entidades públicas nos tres últimos exercicios. c) Declaración do material, instalacións e equipo técnico do que dispoña o empresario para a realización do contrato. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos apartados anteriores (do punto 1, 2 e 5) poderase realizar mediante a certificación, orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.-Estará integrada da seguinte maneira: • PRESIDENTE: - O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. • VOGAIS: - O Secretario Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra. - O Interventor da Deputación Provincial de Pontevedra. - A Directora de Xestión da Deputación Provincial de Pontevedra. • SECRETARIO: - O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación Provincial de Pontevedra. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A seguir, en acto público, o Presidente da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios que servirán de base para a adxudicación deste procedemento aberto, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1. Menor prezo ofertado, ata un máximo de cinco puntos. 2. Actividades e programas educativos a desenvolver, ata un máximo de tres puntos. 3. Melloras ofertadas ás características mínimas esixidas, ata un máximo de dous puntos. A valoración do apartado 1 efectuarase aplicando a seguinte fórmula. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, á vista da proposta da mesa de contratación, clasificará as proposicións presentadas e admitidas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra (www.depo.es) ou no Boletín Oficial da Provincia. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación de Pontevedra difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 18.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista queda obrigado ó cumprimento estrito de cantas disposicións lexislativas estean en vigor ou que se diten durante a vixencia do contrato, incluído o convenio colectivo do sector, no que se refire ó pagamento de xornais mínimos por categorías profesionais, cotas da Seguridade Social, Mutualismo Laboral, etc. O contratista deberá observar as disposicións vixentes en materia laboral e de Seguridade Social. O contratista deberá observar as disposicións vixentes en materia de seguridade e hixiene no traballo, e prevención de riscos laborais. 19.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 206 e 284 da LCSP. 20.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, no que fai á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 21.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don....................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa.......................con C.I.F.- número........................ e domicilio en ......................, teléfono.................... fax………….segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Estando interesado en tomar parte no procedemento aberto con multiplicidade de criterios convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra para a prestación de “Servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2009, fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas económicas-administrativas e técnicas que rexe dito contrato e que se compromete a realizalo con suxeición ó mesmo, de acordo ó seguinte detalle: • Polo prezo global seguinte: (En letra e número) A) Prezo do contrato euros B) IVE 7%) euros C) Total (A +B) euros A razón do seguinte prezo unitario por cada quenda de campamento: D) Prezo do contrato euros E) IVE (7%) euros F) Total (A +B) euros • Melloras ofertadas. (Relacionar e valorar as mesmas). • Actividades e programas educativos a desenvolver (Relacionar e detallar os mesmos). (Data e sinatura do propoñente).” 15.16837.- APROBACIÓN DE EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA OBRA DE “ENSANCHE E MELLORA E.P. 1009 ACCESO PRAIA DE MENDUIÑA (CANGAS)” (EXPTE. D09/0042) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 08/04/2009, prestou aprobación ó proxecto de “Ensanche e mellora E.P. 1009 acceso praia de Menduíña (Cangas)”, por importe de 203.900,39 €, (orzamento de 175.776,20 €, máis 28.124,19 € correspondentes ó IVE). Resultando que por Intervención se emitiu informe relativo á existencia de saldo de crédito axeitado e suficiente para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato na partida 09/511.511-612.02. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, se confeccionou o prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. Resultando que o Sr. Secretario Xeral emite informe relativo ó prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá a contratación da obra, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. Resultando que polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector publico, no artigo 111 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 6, 155, d) e 161.2 da LCSP. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2008, concretamente na Base 16ª, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, para a execución da obra de “Ensanche e mellora E.P. 1009 acceso praia de Menduíña (Cangas)”, por importe de 203.900,39 €, (orzamento de 175.776,20 €, máis 28.124,19 € correspondentes ó IVE). 2.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento negociado. 3.- Autorizar o gasto por importe de 203.900,39 €, con cargo á partida 09/511.511-612.02. 4.- Dar traslado deste acordo, acompañado dunha copia do prego de condicións económico-administrativas, a tres empresas para invitalas a presentar, no caso de estar interesadas, as correspondentes proposicións económicas para optar á adxudicación deste contrato. Dito Prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DA OBRA “ENSANCHE E MELLORA E.P. 1009 ACCESO PRAIA DE MENDUIÑA (CANGAS)” (EXPTE. D09/0042). CPV 45230000 1.- OBXECTO.- A execución da obra “Ensanche e mellora E.P. 1009 acceso Praia de Menduíña (Cangas)” (Expte. D09/0042), cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno en sesión de 08/04/2009. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrado polos documentos enumerados no artigo 107 do LCSP, e artigos 125 a 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- A obra obxecto deste contrato conta cun orzamento de 203.900,39 € (175.776,20 € máis 28.124,19 € correspondentes ó IVE). O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1.-Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72% do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2.-Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO.- A obra financiarase con cargo á partida 09/511.511-612.02. do vixente orzamento provincial. 4. -PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia será de seis meses, a contar dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que considere o desenvolvemento das unidades de obra que van realizar en cada prazo. O contratista esta obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que conleva a modificación. 5. -INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo optar a administración entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 € do prezo de adxudicación, podendo facerse efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizada o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, por proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 65 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art.º 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art.º 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no BOP ou no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1 º.- Lugar e Prazo de Presentación. - As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais a contar dende o día seguinte á recepción do convite a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4 º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2 º. -Formalidades. - As proposicións presentaranse en sobre pechado, que poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; debendo conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA (especificar nome da obra). Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das devanditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva ningunha. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. -Proposta económica e técnica que servirá de base para que o órgano contratación avalíe e negocie os termos estipulados na cláusula 9. Así mesmo, deberase establecer a porcentaxe que se aplicará ó control de calidade, que deberá ser expresada con dous decimais e será aplicado sobre o orzamento de execución material da obra. 2.- Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, no seu caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 3.- Poder debidamente bastanteado. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.- Acreditación da solvencia económico financeira, polos seguintes medios: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro Oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros Oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Declaración sobre o volume global de negocios e, no seu caso, sobre o volume de negocios no ámbito de actividades correspondente ó obxecto do contrato, referido como máximo ós tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario, na medida que se dispoña das referencias do devandito volume de negocios. 6. -Acreditación da solvencia técnica, polos seguintes medios: a) Declaración indicando os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras, especialmente os responsables do control de calidade, acompañada dos documentos acreditativos correspondentes. b) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación estendida dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifesta as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo do cal o órgano de contratación poida, se o considera conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 9.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- -Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato. -Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado. -Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. -Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. 10.- MESA DE CONTRATACION.- Estará integrada do seguinte xeito: PRESIDENTE: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario. -O Interventor. -O Enxeñeiro Director de Infraestruturas. SECRETARIO: O Técnico Adxunto ó servizo de Contratación. 11.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas e negociados os aspectos técnicos e económicos clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. Cando o único criterio a considerar sexa o prezo, entenderase que a oferta economicamente máis vantaxosa é a que incorpora o prezo máis baixo. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión nesta de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 12.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte o da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución deste. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 14.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia abondo para representar o contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo das obras. 17.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, e no seu caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia (art.º 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar o contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art.º 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato (art.º 198.1 LCSP). 18.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se encontran insertados na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación de mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra. No caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 19.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, para os efectos de inventario. 20.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se achegará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 21.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado destas fóra favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, se aboará a cantidade debida ó contratista. 22.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación das deterioracións producidas pola defectuosa execución destas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndoo un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade ningunha por ampliación do prazo de garantía. 23.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 24.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 25.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 26.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- D. ________________________________ (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº___________________, en nome propio (ou en representación de __________________), con domicilio, para os efectos de notificacións, en __________________________, decatado da decisión da Deputación Provincial de Pontevedra, de executar a obra (especificar denominación da obra), comprométese a realizar as obras comprendidas no Proxecto polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: % sobre o orzamento de execución material destinado a control de calidade: (Data e sinatura do propoñente).” 16.16838.- APROBACIÓN DE EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA OBRA DE “AFIRMADO E.P. 1301 PORTELA- BELUSO (TRAMO PORTELA- POLÍGONO (BUEU)” (EXPTE. D09/0046) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 08/04/2009, prestou aprobación ó proxecto de “Afirmado E.P. 1301 Portela-Beluso (tramo Portela-Polígono) (Bueu)”, por importe de 70.800,50 €, (orzamento de 61.034,91 €, máis 9.765,59 € correspondentes ó IVE. Resultando que por Intervención se emitiu informe relativo que a obra se financiará con cargo á partida 09/511.511-612.02, quedando condicionada á aprobación do orzamento provincial para 2009. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. Resultando que o Sr. Secretario Xeral emite informe relativo ó prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá a contratación da obra, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. Resultando que polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector publico, no artigo 111 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 6, 155, d) e 161.2 da LCSP. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2008, concretamente na Base 16ª, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, para a execución da obra de “Afirmado E.P. 1301 Portela-Beluso (tramo Portela-Polígono) (Bueu)”, por importe de 70.800,50€, (orzamento de 61.034,91 €, máis 9.765,59 € correspondentes ó IVE). 2.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento negociado. 3.- Autorizar o gasto por importe de 70.800,50 €, con cargo á partida 09/511.511-612.02 quedando condicionado á aprobación do orzamento provincial de 2009. 4.- Dar traslado deste acordo, acompañado dunha copia do prego de condicións económico-administrativas, a tres empresas para convidalas a presentar, no caso de estar interesadas, as correspondentes proposicións económicas para optar á adxudicación deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DA OBRA “AFIRMADO E.P. 1301 PORTELA-BELUSO (TRAMO PORTELA-POLÍGONO) (BUEU)” (EXPEDIENTE D09/0046). CPV 45230000 1.- OBXECTO.- A execución da obra “Afirmado E.P. 1301 Portela-Beluso (tramo Portela-Polígono) (Bueu)” (Expte. D09/0046), cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno en sesión de 08/04/2009. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrado polos documentos enumerados no artigo 107 do LCSP, e artigos 125 a 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- A obra obxecto deste contrato conta cun orzamento de 70.800,50 € (61.034,91€ máis 9.765,59 € correspondentes ó IVE). O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO.- O financiamento da obra realizarase con cargo á partida 09/511.511.612.02, quedando condicionada á aprobación do Orzamento Provincial de 2009. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia será de tres meses, a contar dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obra que van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que conleva a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización por danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no BOP ou no perfil de contratante do órgano de contratación. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederáselle a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais a contar dende o día seguinte á recepción do convite a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións presentaranse en sobre pechado, que poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; debendo conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA “(especificar nome da obra)”. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das devanditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Proposta económica e técnica que servirá de base para que o órgano contratación avalíe e negocie os termos estipulados na cláusula 9. Así mesmo, deberase establecer a porcentaxe que se aplicará ó control de calidade, que deberá ser expresado con dous decimais e será aplicado sobre o orzamento de execución material da obra. 2.-Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, no seu caso, a súa representación. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 3.- Poder debidamente bastanteado. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.- Acreditación da solvencia económico financeira, polos seguintes medios: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro Oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros Oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Declaración sobre o volume global de negocios e, se é o caso, sobre o volume de negocios no ámbito de actividades correspondente ó obxecto do contrato, referido como máximo ós tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario, na medida en que se dispoña das referencias de dito volume de negocios. 6.-Acreditación da solvencia técnica, polos seguintes medios: a) Declaración indicando os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras, especialmente os responsables do control de calidade, acompañada dos documentos acreditativos correspondentes. b) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se xuntará a documentación acreditativa pertinente. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia a executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación estendida dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifesta as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 9.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- -Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato. -Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado. -Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. -Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. 10.- MESA DE CONTRATACION.-Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario. - O Interventor. - O Enxeñeiro Director de Infraestruturas. SECRETARIO: O Técnico Adxunto ó Servizo de Contratación. 11.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas e negociados os aspectos técnicos e económicos clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. Cando o único criterio a considerar sexa o prezo, entenderase que a oferta economicamente máis vantaxosa é a que incorpora o prezo máis baixo. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 12.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 14.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a dirección da obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo das obras. 17.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, no seu caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato (art. 198.1 LCSP). 18.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se atopan insertadas na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra,etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra. En caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 19.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase a seguir á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se atopan no momento da recepción, para os efectos de inventario. 20.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se xuntará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 21.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado das mesmas fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 22.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos deterioros producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 23.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 24.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 25.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 26.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- D. ________________________________ (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº___________________, en nome propio (ou en representación de __________________), con domicilio, para os efectos de notificacións, en __________________________, informado da decisión da Deputación Provincial de Pontevedra, de executar a obra (especificar denominación da obra), comprométese a realizar as obras comprendidas no Proxecto polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: % sobre o orzamento de execución material destinado a control de calidade: (Data e sinatura do propoñente)” 17.16839.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA OBRA DE “E.P. 1104 MOAÑA- COIRO (CANGAS- MOAÑA)” (EXPTE. D09/0040) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 08/04/2009, prestou aprobación ó proxecto de “E.P. 1104 Moaña- Coiro (Cangas-Moaña)”, por importe de 219.215,08 €, (orzamento de 188.978,52 €, máis 30.236,56 € correspondentes ó IVE. Resultando que por Intervención se emitiu informe relativo á existencia de saldo de crédito axeitado e suficiente para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato na partida 09/511.511-612.02. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, se confeccionou o prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. Resultando que o Sr. Secretario Xeral emite informe relativo ó prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá a contratación da obra, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. Resultando que polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector publico, no artigo 111 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 6, 155, d) e 161.2 da LCSP. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2008, concretamente na Base 16ª, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, para a execución da obra de “E.P. 1104 Moaña-Coiro (Cangas-Moaña)”, por importe de 219.215,08 €, (orzamento de 188.978,52 €, máis 30.236,56 € correspondentes ó IVE). 2.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento negociado. 3.- Autorizar o gasto por importe de 219.215,08 €, con cargo á partida 09/511.511-612.02. 4.- Dar traslado deste acordo, acompañado dunha copia do prego de condicións económico-administrativas, a tres empresas para invitalas a presentar, no caso de estar interesadas, as correspondentes proposicións económicas para optar á adxudicación deste contrato. Dito Prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DA OBRA “E.P. 1104 MOAÑA- COIRO (CANGAS-MOAÑA) “ (EXPTE. D09/0040). CPV 45230000 1.- OBXECTO.- A execución da obra “E.P. 1104 Moaña-Coiro (Cangas-Moaña)” (Expte. D09/0040), cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno en sesión de 08/04/2009. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrado polos documentos enumerados no artigo 107 do LCSP, e artigos 125 a 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- A obra obxecto deste contrato conta cun orzamento de 219.215,08 € (188.978,52 € máis 30.236,56 € correspondentes ó IVE). O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72% do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO.- A obra financiarase con cargo á partida 09/511.511-612.02. do vixente Orzamento Provincial. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia será de seis meses, a contar dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obra que van realizar en cada prazo. O contratista esta obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que conleva consigo a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo optar a administración entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 euros do prezo de adxudicación, podendo facerse efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizada o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 65 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art.º 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art.º 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no BOP ou no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN. – 8.1 º. -Lugar e Prazo de Presentación. - As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais a contar dende o día seguinte á recepción do convite a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4 º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2 º. -Formalidades. - As proposicións presentaranse en sobre pechado, que poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; debendo conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA “(especificar nome da obra)”. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade de ditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. -Proposta económica e técnica que servirá de base para que o órgano de contratación avalíe e negocie os termos estipulados na cláusula 9. Así mesmo, deberase establecer a porcentaxe que se aplicará ó control de calidade, que deberá ser expresada con dous decimais e será aplicado sobre o orzamento de execución material da obra. 2. -Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, no seu caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 3.- Poder debidamente bastanteado. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.- Acreditación da solvencia económico financeira, polos seguintes medios: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro Oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros Oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Declaración sobre o volume global de negocios e, no seu caso, sobre o volume de negocios no ámbito de actividades correspondente ó obxecto do contrato, referido como máximo ós tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario, na medida que se dispoña das referencias de dito volume de negocios. 6. -Acreditación da solvencia técnica, polos seguintes medios: a) Declaración indicando os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras, especialmente os responsables do control de calidade, acompañada dos documentos acreditativos correspondentes. b) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación estendida dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifesta que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo do cal o órgano de contratación poida, se o considera conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 9.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- -Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato. -Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado. -Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. -Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. 10.- MESA DE CONTRATACION.-Estará integrada do seguinte xeito: PRESIDENTE: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario. - O Interventor. - O Enxeñeiro Director de Infraestruturas. SECRETARIO: O Técnico Adxunto ó servizo de Contratación. 11.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas e negociados os aspectos técnicos e económicos clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. Cando o único criterio a considerar sexa o prezo, entenderase que a oferta economicamente máis vantaxosa é a que incorpora o prezo máis baixo. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión nesta de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 12.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e sexa constituído a garantía definitiva. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte o da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución deste. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 14.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a dirección de obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar o contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo das obras. 17.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, e no seu caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia (art.º 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar o contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art.º 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato (art.º 198.1 LCSP). 18.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se atopan insertados na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra. No caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 19.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se atopan no momento da recepción, para os efectos de inventario. 20.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se achegará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 21.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado destas fóra favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 22.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación das deterioracións producidas pola defectuosa execución destas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 23.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 24.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 25.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 26.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- D. ___________(nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº_________, en nome propio (ou en representación de ________), con domicilio, para os efectos de notificacións, en ____________, decatado da decisión da Deputación Provincial de Pontevedra, de executar a obra (especificar denominación da obra). Comprométese a realizar as obras comprendidas no Proxecto polo prezo de _______ (en letra e número) euros, máis _______ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: % sobre o orzamento de execución material destinado a control de calidade: (Data e sinatura do propoñente).” 18.16840.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTION, ORGANIZACIÓN E DESENVOLEVEMENTO DO PROGRAMA ENGLISH SUMMER CAMP Visto o escrito do Xefe do Servizo de Acción Social participando que a Deputación, coa finalidade de afianzar e mellorar o nivel de inglés dos escolares, así como potenciar a cooperación e o traballo en equipo e potenciar valores de tolerancia e respecto entre os escolares, entre outras, pretende levar a cabo o programa de campamentos de inglés para escolares de entre 10 e 15 anos de idade, denominado “English Summer Camp”, cuxo custo se estima na cantidade máxima de sesenta mil euros, 60.000,00 €, IVE incluído. Visto o informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que terá que rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto do servizo de xestión, organización e desenvolvemento do programa “English Summer Camp”, que se levará a cabo nas instalacións da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” desenvolvéndose en catro quendas: -1 º quenda: do 21 ó 29 de xullo. -2 º quenda: do 30 de xullo ó 7 de agosto. -3 º quenda: do 8 ó 16 de agosto. -4 º quenda: do 17 ó 25 de agosto. O orzamento que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de cen euros/persoa (100,00 €), IVE incluído, dos que 93,46 € corresponden ó prezo do contrato e 6,54 € corresponden ó IVE, ata unha cantidade máxima de 60.000,00 €. Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Autorizar o gasto por importe de 60.000,00 € para financiar o citado programa, con cargo á partida 09/313.313.227.09 do Orzamento Provincial prorrogado do ano 2008 ó 2009. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para a devandita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito Prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “ENGLISH SUMMER CAMP” 1.- OBXECTO.- A xestión, organización, programación e desenvolvemento das actividades do programa social “English Summer Camp”, sobre a base dun proxecto lúdico e educativo que inclúa a programación e desenvolvemento de actividades deportivas, obradoiros, excursións, xogos, actividades nocturnas, etc., de forma que se compatibilice o ocio coa aprendizaxe do inglés, dirixido a nenos/ás de entre 10 e 15 anos. A empresa adxudicataria achegará o persoal necesario para o desenvolvemento do programa, especialistas en actividades de tempo libre bilingües ou nativos, así como o material funxible didáctico necesario para as diferentes actividades, contando coas instalacións deportivas e de recreo da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. Os servizos de alimentación, limpeza e lavandaría correrán a cargo da Deputación de Pontevedra, así como as instalacións onde se desenvolvan as actividades e se aloxen os menores e persoal da empresa. 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo á partida 09/313.313.227.09 do orzamento provincial prorrogado do ano 2008 ó 2009. A Deputación procederá ó pagamento da factura que presente a empresa adxudicataria unha vez se preste a conformidade por parte do Servizo de Acción Social. A factura deberá recoller unha relación de todas as persoas beneficiarias do programa. 3.- PRAZO DE EXECUCIÓN E LUGAR DE CELEBRACIÓN.- O Programa levarase a cabo nas instalacións da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, desenvolvéndose en catro quendas: -1 ª quenda: do 21 ó 29 de xullo. -2 ª quenda: do 30 de xullo ó 7 de agosto. -3 ª quenda: do 8 ó 16 de agosto. -4 ª quenda: do 17 ó 25 de agosto. Cada quenda terá unha duración de 9 días, no que participarán un máximo de 150 nenos, de entre 10 e 15 anos, dos que 80 estarán en réxime interno e 70 en réxime externo. A Deputación non se compromete a contratar un número mínimo de prazas, xa que dependerá do número de solicitudes presentadas ó programa. 4.- TIPO DE LICITACIÓN E ORZAMENTO.- O orzamento que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de cen €/persoa (100,00 €), IVE incluído, dos que 93,46 € corresponden ó prezo do contrato e 6,54 € corresponden ó IVE, ata unha cantidade máxima de 60.000,00 €. 5.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da LCSP. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopenincursas nalgunha das prohibicións que contempla o art.º 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA. – O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art.º 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso concederáselle a este un prazo de dez días hábiles para cumprir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN. – 8.1 º. -Lugar e prazo de presentación. – Lugar e prazo de presentación. - As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, (Sede Pontevedra, luns a sábado; Vigo, luns a venres), durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4 º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do RD 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2 º. -Formalidades. - As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA E TÉCNICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “ENGLISH SUMMER CAMP” Dito sobre deberá conter a seguinte documentación cun índice: 1.- Proposición económica. Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2. -Memoria do programa educativo e actividades a desenvolver. 3. -Melloras ofertadas (Enumeradas e valoradas economicamente). Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS A PRESENTAR NO PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “ENGLISH SUMMER CAMP” Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. -A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constasen as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, logo de acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentara a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3. -Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se efectúe a mesma. 4. -Para as empresas estranxeiras declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo do cal o órgano de contratación poida, se o considera conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 9- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: -O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Xefa do Servizo de Acción Social SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación.- 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores no sobre B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, en acto público, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos Sobres A, dando lectura ás proposicións económicas formuladas e trasladando as ofertas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios que servirán de base para a adxudicación, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: - Menor prezo, ata un máximo de 5 puntos. - Actividades e programas educativos a desenvolver, ata un máximo de 3 puntos. - Melloras ofertadas ás características mínimas esixidas, ata un máximo de 2 puntos. Valoraranse entre outras as seguintes melloras: -Maior número de monitores que o mínimo establecido nos pregos. -Obsequios para os participantes. -Realización de excursións. -Disposición de monitores en posesión do título de socorrismo acuático. -Realización dunha memoria audiovisual ou fotográfica para os participantes e para a Deputación Outras melloras O apartado 1 será valorado aplicando a seguinte fórmula: 12. -ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e se publicará no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 13.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e sexa constituída a garantía definitiva. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución deste. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 15.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 16.- MODIFICACIÓNS DO CONTRATO.- Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación poderá introducir modificacións neste por razóns de interese público e para atender causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. Estas modificacións rexeranse polas mesmas condicións do contrato inicial. 17.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre B de Documentos dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxesen reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 18.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 19.-RESPONSABILIDADE DE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución destes Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, no seu caso, penalmente polos danos causados á Administración contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 284 da LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 22. -MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con enderezo en............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de.....................con domicilio en..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo de XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “ENGLISH SUMMER CAMP” comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, polo seguinte prezo: Prezo contrato:……………………………………. € IVE (7%): …………………………………………. € Total: ……………………………………………… € Data e sinatura do propoñente” 19.16841.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA OBRA DE “BANCADA, PECHES DE REDE E ALUMEADO EN CAMPOS DE FÚTBOL DE ANGOARES, RIBADELOURO E PORTAS” (EXPTE. D09/0038) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 08/04/2009, prestou aprobación ó proxecto de “Bancada, peches de rede e alumeado en campos de fútbol de Angoares, Ribadelouro e Portas”, por importe de 204.058,15 €, (orzamento de 175.912,20 €, máis 28.145,95 € correspondentes ó IVE. Resultando que por Intervención se emitiu informe relativo á existencia de saldo de crédito adecuado e suficiente para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato na partida 09/123.452-662.00. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. Resultando que o Sr. Secretario Xeral emite informe relativo ó prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá a contratación da obra, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. Resultando que polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector publico, no artigo 111 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 6, 155, d) e 161.2 da LCSP. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2008, concretamente na Base 16ª, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, para a execución da obra de “Bancada, peches de rede e alumeado en campos de fútbol de Angoares, Ribadelouro e Portas”, por importe de 204.058,15 €, (orzamento de 175.912,20 €, máis 28.145,95 € correspondentes ó IVE). 2.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento negociado. 3.- Autorizar o gasto por importe de 204.058,15 €, con cargo á partida 09/123.452-662.00. 4.- Dar traslado deste acordo, acompañado dunha copia do prego de condicións económico-administrativas, a tres empresas para convidalas a presentar, no caso de estar interesadas, as correspondentes proposicións económicas para optar á adxudicación deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DA OBRA “BANCADA, PECHES DE REDE E ALUMEADO EN CAMPOS DE FUTBOL DE ANGOARES, RIBADELOURO E PORTAS” (EXPEDIENTE D09/0038). CPV 45230000 1.- OBXECTO.- A execución da obra “Bancada, peches de rede e alumeado en campos de fútbol de Angoares, Ribadelouro e Portas” (Expte. D09/0038), cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno en sesión de 01/04/2009. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrado polos documentos enumerados no artigo 107 do LCSP, e artigos 125 a 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- A obra obxecto deste contrato conta cun orzamento de 204.058,15 € (175.912,20 € máis 28.145,95 € correspondentes ó IVE). O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO.- A obra financiarase con cargo á partida 09/123.452-662.00.do vixente Orzamento Provincial. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia será de dous meses, a contar dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obra que van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que comporta a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización por danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no BOP ou no perfil de contratante do órgano de contratación. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais a contar dende o día seguinte á recepción do convite a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións presentaranse en sobre pechado, que poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; debendo conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA “(especificar nome da obra)”. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade de ditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Proposta económica e técnica que servirá de base para que o órgano contratación avalíe e negocie os termos estipulados na cláusula 9. Así mesmo, deberase establecer a porcentaxe que se aplicará ó control de calidade, que deberá ser expresado con dous decimais e será aplicado sobre o orzamento de execución material da obra. 2.-Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 3.- Poder debidamente bastanteado. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.- Acreditación da solvencia económico financeira, polos seguintes medios: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro Oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros Oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Declaración sobre o volume global de negocios e, se é o caso, sobre o volume de negocios no ámbito de actividades correspondente ó obxecto do contrato, referido como máximo ós tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario, na medida en que se dispoña das referencias de dito volume de negocios. 6.-Acreditación da solvencia técnica, polos seguintes medios: a) Declaración indicando os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras, especialmente os responsables do control de calidade, acompañada dos documentos acreditativos correspondentes. b) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se xuntará a documentación acreditativa pertinente. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia a executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación estendida dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifesta que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 9.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- -Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato. -Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado. -Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. -Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. 10.- MESA DE CONTRATACION.-Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario. - O Interventor. - O Enxeñeiro Director de Infraestruturas. SECRETARIO: O Técnico Adxunto ó Servizo de Contratación. 11.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas e negociados os aspectos técnicos e económicos clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. Cando o único criterio a considerar sexa o prezo, entenderase que a oferta economicamente máis vantaxosa é a que incorpora o prezo máis baixo. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 12.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 14.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a dirección da obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo das obras. 17.-EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, no seu caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato (art. 198.1 LCSP). 18.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se atopan insertados na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra. En caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 19.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado do dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase a seguir á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se atopan no momento da recepción, para os efectos de inventario. 20.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se xuntará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 21.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado das mesmas fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 22.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos deterioros producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 23.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 24.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 25.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 26.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- D. ________________________________(nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº___________________, en nome propio (ou en representación de __________________), con domicilio, para os efectos de notificacións, en __________________________, informado da decisión da Deputación Provincial de Pontevedra, de executar a obra (especificar denominación da obra). Comprométese a realizar as obras comprendidas no Proxecto polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas os seus partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: % sobre o orzamento de execución material destinado a control de calidade: (Data e sinatura do propoñente).” 20.16842.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA OBRA DE “CONSTRUCIÓN DE BANCADA NO CAMPO DE FÚTBOL DE ALDÁN (CANGAS)” (EXPTE. D09/0041) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 08/04/2009, prestou aprobación ó proxecto de “Construción de bancada en campo de fútbol de Aldán (Cangas)”, por importe de 231.814,62 €, (orzamento de 199.840,19 €, máis 31.974,43 € correspondentes ó IVE. Resultando que por Intervención se emitiu informe relativo á existencia de saldo de crédito adecuado e suficiente para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato na partida 09/123.452-662.00. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o prego de condicións administrativas que terán que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. Resultando que o Sr. Secretario Xeral emite informe relativo ó prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá a contratación da obra, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. Resultando que polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector publico, no artigo 111 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 6, 155 d) e 161.2 da LCSP. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2008, concretamente na Base 16ª, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, para a execución da obra de “Construción de bancada en campo de fútbol de Aldán (Cangas)”, por importe de 231.814,62 €, (orzamento de 199.840,19 €, máis 31.974,43 € correspondentes ó IVE. 2.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá no devandito procedemento negociado. 3.- Autorizar o gasto por importe de 231.814,62 €, con cargo á partida 09/123.452-662.00. 4.- Dar traslado deste acordo, acompañado dunha copia do prego de condicións económico-administrativas, a tres empresas para convidalas a presentar, no caso de estar interesadas, as correspondentes proposicións económicas para optar á adxudicación deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLAUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DA OBRA “CONSTRUCION DE BANCADA EN CAMPO DE FUTBOL DE ALDAN (CANGAS)” (EXPEDIENTE D09/0041). CPV 45230000 1.- OBXECTO.- A execución da obra “Construción de bancada en campo de fútbol de Aldán (Cangas)” (Expte. D09/0041), cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno en sesión de 08/04/2009. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrado polos documentos enumerados no artigo 107 do LCSP, e artigos 125 a 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- A obra obxecto deste contrato conta cun orzamento de 231.814,62 € (199.840,19 € máis 31.974,43 € correspondentes ó IVE). O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27-02-98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO.- O financiamento da obra realizarase con cargo á partida 09/123.452.662.00. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia será de tres meses, contado dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obra que van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que leva a cabo a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización por danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da Lcsp. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no BOP ou no perfil de contratante do órgano de contratación. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederáselle a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais contado dende o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións presentaranse en sobre pechado, que poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; debendo conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA “(especificar nome da obra)” Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das devanditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Proposta económica e técnica que servirá de base para que o órgano contratación avalíe e negocie os termos estipulados na cláusula 9. Así mesmo, deberase establecer a porcentaxe que se aplicará ó control de calidade, que deberá ser expresado con dous decimais e será aplicado sobre o orzamento de execución material da obra. 2.-Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 3.- Poder debidamente bastanteado. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.- Acreditación da solvencia económico financeira, polos seguintes medios: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro Oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros Oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Declaración sobre o volume global de negocios e, se é o caso, sobre o volume de negocios no ámbito de actividades correspondente ó obxecto do contrato, referido como máximo ós tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario, na medida en que se dispoña das referencias do devandito volume de negocios. 6.-Acreditación da solvencia técnica, polos seguintes medios: a) Declaración indicando os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras, especialmente os responsables do control de calidade, acompañada dos documentos acreditativos correspondentes. b) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se xuntará a documentación acreditativa pertinente. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia a executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación estendida dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifesta as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 9.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- -Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato. -Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado. -Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior cualidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. -Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. 10.- MESA DE CONTRATACION.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: - O titular da Corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario. - O Interventor. - O Enxeñeiro Director de Infraestruturas. SECRETARIO: - O Técnico Adxunto ó Servizo de Contratación. 11.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas e negociados os aspectos técnicos e económicos clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. Cando o único criterio a considerar sexa o prezo, entenderase que a oferta economicamente máis vantaxosa é a que incorpora o prezo máis baixo. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 12.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 14.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola Lcsp ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a dirección de obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará o acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 17.-EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 Lcsp). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato. (art. 196.1 Lcsp). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato. (art. 198.1 Lcsp). 18.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se atopan insertados na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra…etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección de obra; En caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 19.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase a continuación á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se atopan no momento da recepción, para os efectos de inventario. 20.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se xuntará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 21.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado das mesmas fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 22.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ANO dende o día seguinte á data de formalización do acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos deterioros producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 23.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 24.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 25.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 26.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- D. ________________________________. (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº___________________, en nome propio (ou en representación de __________________), con domicilio, para os efectos de notificacións, en __________________________, informado da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar a obra (especificar denominación da obra) comprométese a realizar as obras comprendidas no Proxecto polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: % sobre o orzamento de execución material destinado a control de calidade: (Data e sinatura do propoñente)” 21.16843.- APROBACIÓN DO PROXECTO “E.P. 9701 BAIÓN- ANDRÁS L/ DE SERANTES (VILANOVA DE AROUSA)” Despois de redactarse polo Servizo de Infraestruturas o proxecto relativo á obra de “E.P. 9701 Baión-András, lugar de Serantes (Vilanova de Arousa)”, cuxo importe ascende á suma de 622.014,43 € (orzamento de 536.219,34 € máis 85.795,09 € correspondentes ó IVE), que ten por obxecto o ensanche da explanación, con derrubamento e construción de muros e peches en nova aliñación, incluso muros de sostemento e contención, a mellora da drenaxe, e o afirmado da zona ensanchada, así como a sinalización horizontal e vertical. E, á vista do Informe emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto conforme á seguinte distribución por anualidades: Anualidade 2009 Anualidade 2010 Anualidade 2011 Total 270.441,06 € 189.308,74 € 162.264,63 € 622.014,43 € O gasto correspondente á anualidade 2009 financiarase con cargo á partida 09/511.511-612.02 quedando condicionado á aprobación do orzamento provincial de 2009. As anualidades de 2010 e 2011 contabilizaranse nas partidas correspondentes dos seus respectivos orzamentos, quedando condicionadas á aprobación destes. 22.16844.- ADXUDICACIÓN DA OBRA DO PROXECTO MODIFICADO Nº1 ENSANCHE E MELLORA DE TRAZADO E.P. ARCADE- AMOEDO (PAZOS DE BORBÉN) Visto o acordo adoptado polo Pleno, en sesión celebrada o día 28/01/2004, polo que se aprobou definitivamente o proxecto de “Ensanche e mellora de trazado E.P. Arcade-Amoedo (Pazos de Borbén) 3ª fase”, por un importe de 1.575.715,47 € (orzamento de execución por contrata 1.413.452,85 € e expropiacións 162.262,62 €). Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 15/07/2005, polo que se adxudicou a Construcciones Crespo, S.A. a referida obra na suma de 1.163.836,08 €, IVE incluído. Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 01/04/2009, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado nº 1 da devandita obra, redactado polo Servizo de Infraestruturas como consecuencia de que durante a execución da obra, circunstancias imprevistas inicialmente, aconsellan ou determinan a introdución dalgunhas modificacións que afectan ós capítulos de ensanche da estrada, drenaxes e execución de muros de mampostería, ascendendo o seu importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, á suma de 1.396.595,75 €, supoñendo un incremento sobre o contrato primitivo de 232.759,67 €. Visto o escrito de Construcciones Crespo, S.A., adxudicataria da obra inicial, no que manifesta a súa conformidade ás medicións e orzamento do proxecto modificado. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral, no que manifesta que, á vista do art. 146.2 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño (aplicable ó caso de conformidade coa disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, de 30 de outubro), é posible adxudicar a realización da obra ó contratista da obra inicial, e iso por canto non supera o 20% do importe do contrato primitivo. E, á vista do informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Construcciones Crespo, S.A. a obra comprendida no proxecto modificado nº 1 de “Ensanche e mellora de trazado E.P. Arcade-Amoedo (Pazos de Borbén) 3ª fase” na suma de 232.759,67 €, IVE incluído. A empresa adxudicataria deberá constituír unha garantía definitiva do 4% do prezo de adxudicación, debendo depositala na Caixa da Deputación Provincial no prazo de quince días naturais (art 36 do R.d.l. 2/2000), contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, a Administración declarará deserto o contrato. 23.16845.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA OBRA “INSTALACIÓN ELÉCTRICA EN (L/ DE BARRO E SAN LORENZO- L/ DE SORREGO) E.P. XEVE- AMIL- ESPEDREGUEIRA (MORAÑA)” (EXPTE. D09/0006) Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 11 de marzo, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra “Instalación eléctrica en (L/de Barro e San Lorenzo – L/de Sorrego) E.P. 0018 Xeve – Amil – Espedregueira (Moraña)”, cun orzamento de 74.022,93 IVE incluído. Resultando que se remitiu escrito ás empresas Setga, S.L.U., Agronaves Intalaciones Técnicas, S.L., Indeleco, por medio do que as convidaba a presentar ofertas para a execución de dita obra, presentándoas no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que polo Director de Infraestruturas se emitiu informe relativo ás ofertas presentadas estimando a oferta formulada por Setga, S.L.U. como a máis vantaxosa, de acordo cos aspectos económicos e técnicos a negociar que figuran no prego de condicións económico – administrativas que rexeu no procedemento de contratación da obra. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 21 de abril á vista do informe emitido polo director de Infraestruturas, formula proposta de adxudicación a obra a favor de Setga, S.L.U. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Setga, S.L.U. a obra de “Instalación eléctrica en (L/de Barro – San Lorenzo – L/de Sorrego) E.P. Xeve – Amil – Espedregueira (Moraña)”, na suma de 63.493,81 € máis 10.159,01 € correspondentes o IVE, que oferta un prazo de execución dun mes. 2.-Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presenta a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 3.174,69 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, se elevara a definitiva esta adxudicación por este mesmo órgano. 24.16846.- PETICIÓNS DE CAMBIO DE TIPO DE VEHÍCULO OUTORGADO POLA XUNTA DE GOBERNO Ó CLUBE DE REMO VILA DE CANGAS E Ó CLUBE CICLISTA RÍAS BAIXAS 1.- A Xunta de Goberno desta Deputación provincial, en sesión celebrada o día 14 do pasado mes de xaneiro, acordou conceder, o Club de Remo Vila de Cangas unha axuda para a adquisición do vehículo Citröen Jumper Combi Cf Hdi 12033L2H2, por importe de 29.200,00 euros, dentro da convocatoria efectuada de acordo ó Convenio subscrito con Caixanova e Citröen España, S.A. Así mesmo, en sesión celebrada o día 24 de febreiro concedeu ó Club Ciclista Rías Baixas una axuda para a adquisición do vehículo Citröen Jumper Cf 30L1H1120, con aire acondicionado e banqueta 3ª fila de asentos, por importe de 29.490,00 euros. Ambas Entidades deportivas solicitan, por circunstancias diversas, que se autorice o cambio de vehículo, en concreto o Club de Remo Vila de Cangas por un Jumper Combi Cf Hdi 12033L2H2, con 3º fila de asentos, por importe de 29.838,00 euros. En consecuencia a cantidade a aboar pola Entidade Beneficiaria unha vez efectuado o desconto de Citröen será de 6.892,58 euros. O Club Ciclista Rías Baixas solicita que se lle conceda un modelo Jumper Combi Club 30L1H1120, con aire acondicionado, por un importe de 31.785,00 euros. A cantidade a achegar, unha vez efectuado o desconto de Citröen do 30,7%, será de 7.342,34 euros. 2.- Visto o informe do Servizo de Contratación, o cambio solicitado supón un incremento na achega da Deputación de 147,38 euros no vehículo concedido ó Club de Remo Vila de Cangas, e de 530,15 euros o concedido ó Club Ciclista Rías Baixas, existindo consignación orzamentaria para elo, o non ter esgotado o crédito, como consecuencia da súa ampliación mediante a subscrición dunha addenda ó primitivo Convenio, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder a petición formulada polo Club de Remo Vila de Cangas e Club Ciclista Rías Baixas no sentido de que as axudas que se conceden son para os seguintes vehículos: -CLUB DE REMO VILA DE CANGAS: Jumper Combi Cf Hdi 12033L2H2, con banqueta 3ª fila de asentos, por un importe de 29.838,00 euros. A cantidade a achegar unha vez efectuado o desconto de 30,7 % será de 6.892,58 euros. -CLUB CICLISTA RÍAS BAIXAS: Jumper Combi Club 30L1H1120, con aire acondicionado, por un importe de 31.785,00 euros. A cantidade a achegar unha vez efectuado o desconto do 30,7 % será de 7.342,34 euros. 25.16847.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 16 DO PROXECTO “MODIFICADO MELLORA E.P. 4202 RUBIÓS-CARRASQUEIRA (AS NEVES) (EXPTE. D02/894) Vista a certificación nº 16 relativa as obras do proxecto “Modificado Mellora E.P. 4202 Rubiós – Carrasqueira (As Neves)” adxudicada no seu día á Empresa Construcciones obras y Viales, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 16 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2009, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 09/511.511-612.02.2003 09/511.511-612.02 (Deputación) 226.380,96 € SUBTOTAL 226.380.96 € Dirección de obra (4%) 6.559,87 € Control de Calidade (0.28%) 459,19 € Seguridade e saúde (0.72%) 1.180,78 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 218.181,12 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 26.16848.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL NO ACORDO NÚM 13.16999 DA XUNTA DE GOBERNO DE 11/03/09 Advertido erro material no acordo núm. 13.16999 adoptado na Xunta de Goberno de 11 de marzo de 2009 relativo á aprobación da inclusión de grupos no Plan Cultural 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade facer a seguinte corrección: - Na relación de grupos incluír os que se relacionan de seguido: TIPO GRUPO REPRESENTANTE CONCELLO ANIMACIÓN INFANTIL PAYASO POPIN SHOW JUAN ADOLFO MAGUNA STRASSER VIGO BANDAS DE GAITAS BANDA DE GAITAS NOVOS AIRES DE COUSO ASOC. NOVOS AIRES DE COUSO GONDOMAR BANDAS DE MÚSICA: (C) DIVISIÓN MUSICAL ORQUESTRA DO IES A XUNQUEIRA 1 ASOC. CULTURAL A TEMPO ESCOLA DE MÚSICA PONTEVEDRA GRUPOS DE GAITAS GRUPO DE GAITAS OS ANTIGUOS CRUCEIROS A.C. OS ANTIGUOS CRUCEIROS VILANOVA DE AROUSA GRUPOS FOLCLÓRICOS: (A) GRUPO FOLCLÓRICO NOS DE SOBRADELO ASOC. CULTURAL NOS DE SOBRADELO VILAGARCÍA DE AROUSA GRUPOS FOLCLÓRICOS: (B) GRUPO FOLCLÓRICO CENTRO CULTURAL DE CEDEIRA C.S.C.R. DE CEDEIRA REDONDELA GRUPO DE BAILE SEMENTE DA ARTE GALEGA DO CSCR DE BEADE ASOC. DE VECINOS DE BEADE DE VIGO VIGO GRUPOS FOLK GRUPO FOLK NOITAREGA ASOC. NOITAREGA TOMIÑO MASAS CORAIS: (B) OBRADOIRO VOCAL A VILA ASOC. MUSICAL E CULT. OBRADOIRO VOCAL A VILA PONTEAREAS sendo válido o contido restante do acordo. 27.16849.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición